OURENSE
A NATUREZA
Río Miño
A comarca de Ourense está situada ao norte da provincia.
O territorio está formado por unha superficie afundida, a depresión de Ourense, e unhas serie
de pequenas elevacións que a rodean, entre as que destacan ao leste as estribacións da
Cabeza de Meda, onde se atopan as maiores alturas (Mallada Vella con 1.179 m), e ao norte a
serra de Martiñá. Está drenada polo Miño, que percorre a comarca de NE a SO e os seus
afluentes que forman numerosos vales aproveitando as fracturas do terreo.
É a comarca ourensá que concentra maior densidade de poboación, sobre todo na capital e a
súa contorna.
SUPERFICIE:
623,1 km2
POBOACIÓN:
144.000 habitantes
CONCELLOS:
Amoeiro, Barbadás,
Coles, Esgos, Nogueira
de Ramuín, Ourense,
O Pereiro de Aguiar, A
Peroxa, San Cibrao
das Viñas, Toén,
Vilamarín e
Taboadela.
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
LIC “Canón do Sil”.
CLIMA
Oceánico con matices continentais con picos de calor, no verán, e frío, no inverno, e unha
acusada seca estival.
Néboas no Canón do Sil
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos, a industria, a construción e o cultivo da vide.
Parque Tecnolóxico no Polígono Industrial de San Cibrao
Viñedos en Coles
PATRIMONIO
Acolle importantes valores naturais, asociados fundamentalmente aos ríos Miño e Sil, e un
rico e variado patrimonio histórico-artístico e etnográfico de tódalas épocas.
Hórreos na Bergueira (Trasalba, Amoeiro)
Hórreos en Amoeiro
Hórreo en Torán
(A Seara, Taboadela)
Campo de mámoas das Cabanas (Nogueira de Ramuín).
Un conxunto de sete enterramentos datados entre o 4500 e 2000 a.C.
Capela do Formigueiro
(Amoeiro). Na fachada está
incluído un relevo castrexo.
Pedra das Ferraduras
Amoeiro acolle importantes
restos arqueolóxicos da idade do
ferro e da cultura castrexa:
estación solar, petróglifos,
castros... Destaca a parroquia de
Trasalba onde se atopan os
petróglifos de Tras do Mollón, a
Pedra da Ferradura o Abrigo do
Raposo, o Abrigo da Zarra, o
castro de Formigueiros...
Castro de San Tomé (Ourense). Habitado desde a prehistoria ata a época tardorromana
Casas entre os penedos
Nogueira (Nogueira de Ramuín)
Catedral de Ourense, de transición entre o románico e o gótico, con engadidos do renacemento, neoclásicos e barrocos
Mosteiro de San Francisco, do século XIV.
A igrexa foi trasladad ao Parque de San
Lázaro.
Igrexa de Castro de Beiro (Ourense)
Mosteiro de Santa Comba de Naves (Palmés,
Ourense). Fundado no século IX e ampliado en anos
posteriores. Foi abandoado no século XIX.
Igrexa de Santa Olaia de Beiro
(Ourense), orixinaria do século XII.
Seixalbo, declarado Núcleo
de Interese Etnográfico
Fonte da Alameda, procedente
do mosteiro de Oseira
Praza do Ferro (século XIII), procedente
do Mosteiro de Ribas de Sil
Dúas fontes monumentais en Ourense
Fonte das Burgas (Ourense)
Igrexa da Fontefría
(Amoeiro)
Igrexa de Cornoces (Amoeiro)
Igrexa de Santa María
de Amoeiro
San Pedro de Trasalba (Amoeiro)
Gustei (Coles)
Igrexa de Ucelle (Coles)Igrexa de Pazos de San Clodio (San Cibrao)
Igrexa de Feá (Toén) Igrexa de Sobrado do Bispo (Barbadás)
Igrexa de San Martiño de Nogueira
(Nogueira de Ramuín)
Capela de Santa Eulalia (Nogueira de Ramuín)
Igrexa de San Xurxo de
Touza (Taboadela)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 39,65 km2
POBOACIÓN: 2.274
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Abruciños,
Amoeiro, Bóveda de
Amoeiro, Cornoces,
Fontefría, Parada de
Amoeiro, Rouzós e
Trasalba.
Paisaxe de Cornoces
AMOEIRO
Coñecido tamén co nome de Chaos de Amoeiro, en referencia ao seu característico releve
chan elevado sobre as bocarribeiras do Miño e protexido polas estribacións da serra da
Martiñá. Está atravesado polo río Formigueiro, e no noroeste, o Barbantiño serve de linde coa
comarca do Ribeiro.
Pazo de Trasalba, a que foi a casa matriz de Otero
Pedrayo e que acolle o seu museo.
É un concello eminentemente rural cunha baixa densidade de poboación e moi dependente
da cidade de Ourense. As principais ocupacións son os servizos e a industria e, en menor
medida, a agrogandaría e forestal.
Acolle importantes valores naturais (carballeiras, bosques de ribeira, fervenzas), históricos
(castros, petróglifos, vías romanas, igrexas, pontes...) e etnográficos (muíños, hórreos,
eiras...).
San Miguel do Priorato (Bóveda). Mosteiro feminino dos
séculos X e XII, actualmente propiedade privada.
SUPERFICIE: 30,22 km2
POBOACIÓN: 10.463
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Barbadás,
Bentraces, Loiro, Piñor,
Sobrado do Bispo, e A
Valenzá.
Casas no núcleo antigo de Barbadás
BARBADÁS
Situado ao suroeste da comarca. O territorio do concello está situado entre as cuncas do Miño
e do Barbaña e forma parte da depresión de Ourense. Vai gañando altura cara ao sur ata
acadar a cota máxima no Monte do Castro, con 635 m.
Está atravesado polo río Barbaña e os seus afluentes que circulan con dirección S-N, e no
norte linda cun pequeno tramo do río Miño.
É un concello estreitamente unido ao de Ourense
e San Cibrao das Viñas nos que os seus habitantes
desenvolven a maioría das actividades nos
servizos e as industrias. Unha grande parte do
terreo é forestal (65%) con dominancia de
plantación de piñeiros, e nas ladeiras soleadas
cultívanse vides.
Neste concello hai varias rutas sinalizadas que
chegan a San Bieito de Cova da Loba e percorren
varios castros.
Detalle da decoración da fachada da
igrexa románica de San Martiño de
Loiro, mandada construír a comezos
do século XII por Alfonso VII.
Pazo de Piñor, do século XV
SUPERFICIE: 38,09 km2
POBOACIÓN: 3.150
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Albán,
A Barra, Cambeo, Coles,
Gueral, Gustei, Melias,
Ribela, Santa Mariña de
Albán, Santo Eusebio da
Peroxa e Ucelle.
Barra de Miño
COLES
Situado no centro da comarca, nun territorio que descende suavemente desde altitudes de
ata 700 m cara ao río Miño.
Ademáis do Miño, que linda co concello polo leste e o sur, encorado en Velle, os ríos de maior
entidade son o Barra (nos lindes coa Peroxa) e o Gustei, que circulan con dirección NO-SE.
Pazo de Fontefiz. Acolle o
Centro de Recursos
Zooxenéticos de Galiza, onde
se traballa pola conservación e
desenvolvemento das razas
autóctonas.
Coles é un concello eminentemente rural
moi influído pola proximidade da cidade
de Ourense, o que se aprecia nas
principais ocupacións da poboación nas
actividades industriais, no comercio e
outros servizos. A capital do concello
está en Vilarchao.
Os principais valores naturais están
asociados ao río Miño e aos penedos
graníticos que abondan no concello e
forman parte dunha das rutas de
sendeirismo sinalizadas.
Igrexa de Gustei
SUPERFICIE: 37,76 km2
POBOACIÓN: 1.220
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Esgos,
Loña do Monte, Os
Pensos, Rochas, Santa
Olaia de Esgos, Triós e
Vilar de Ordelles.
Territorio de Esgos desde a Biduíza
ESGOS
Situado no sur-leste da comarca. O relevo é moi irregular, con altitudes que varían desde case
os 1.000 m nos contrafortes do Monte Meda e no Biduíza ata as partes máis baixas ocupadas
polos afluentes do Loña.
As rochas dominantes son os granitos que nalgúns lugares forman curiosas paisaxes
acasteladas onde abondan os penedos verticais e os os grandes bolos.
Mosteiro de San Pedro de Rochas. Fundado no século VI. É o único
eremitorio da Alta Idade Media galego que tivo continuidade posterior como
cenobio e mosteiro. Chama a atención por estar en parte escavado na rocha.
O conxunto está formado por unha Igrexa románica do século XIII, o edificio
do mosteiro, do século XVII (actualmente acolle o Centro de Interpretación
da Ribeira Sacra) e a fonte de San Bieito, que segundo a tradición ten
propiedades curativas.
É un concello eminentemente rural escasamente poboado. As principais actividades son a
agrogandaría, a forestal, as industrias, a construción e os servizos (estas últimas asociadas á
proximidade das áreas industriais de Ourense e Maceda).
Acolle importantes valores naturais, nas montañas e nos ríos, onde se poden facer rutas para
gozar das vistas ou percorrer sendeiros entre muíños.
SUPERFICIE: 98,28 km2
POBOACIÓN: 2.124
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Armariz,
A Carballeira, Cerreda,
Faramontaos, Loña do
Monte, Luíntra (onde se
atopa a capital municipal),
Moura, Nogueira de Ramuín,
San Miguel do Campo, Santa
Cruz de Rubiacós, Santo
Estevo de Ribas de Sil, Vilar
de Cerreda e Viñoás.
O encoro de Santo Estevo permite a navegabilidade nun longo tramo do
curso do Sil, que en Nogueira de Ramuín é aproveitado como recurso
turístico para percorrer e gozar das impresionantes formacións do Canón.
NOGUEIRA DE RAMUÍN
Situado ao nordeste da comarca, rodeada polos canóns do Sil (ao norte) e do Miño (ao oeste).
O territorio ocupa unha superficie de aplanamento cunha altitude media de 600 a 800 m na
que o Sil e o Miño escavaron profundos canóns aproveitando as fracturas. As máximas
elevacións sitúanse nunha cadea montañosa paralela ao val do Sil, co punto máis alto no
Mallada Vella, con 1.179 m.
Mosteiro de Santo
Estevo de Ribas de
Sil. Fundado no
século X e ampliado e
reformado
posteriormente.
Foi un dos centros
monacais máis
importante da
Ribeira Sacra. Na
actualidade acolle un
parador.
As principais actividades son os servizos e, en menor cantidade, a agricultura, en viñedos que
miran cara ao val do Miño. Moitos dos habitantes traballan na cidade de Ourense e nas
industrias da comarca.
É un concello que acolle importantes valores naturais e histórico-artísticos. Todo o percorrido
do Sil está protexido no LIC “Canón do Sil”.
SUPERFICIE: 84,50 Km2
POBOACIÓN: 106.905 habitantes (2014).
PARROQUIAS: Arrabaldo, Beiro, Canedo, O Castro de Beiro, Ceboliño, Cudeiro, Montealegre,
Ourense, Palmés, Rairo, Reza, Santa Mariña do Monte, Seixalbo, Trasalba, Untes, Velle, Vilar
de Astrés e Vista Fermosa.
A cidade de Ourense,
con aproximadamente
100.000 habitantes, é a
terceira de Galiza. Está
situada nunha zona
natural de paso e nó de
comunicacións.
Conserva un interesante
casco antigo e
importantes mostras
histórico-artísticas.
OURENSE
O concello de Ourense está situado no centro-oeste da comarca ocupando o fondo da
depresión pola que circula o río Miño. O territorio ocupa as distintas terrazas fluviais do Miño,
os cursos baixos do Loña e o Barbaña e algunhas pequenas elevacións que rodean a
depresión, entre as que destaca o Montealegre, con 474 m de altura. Esa situación no fondo
da depresión, rodeada de elevacións determina un microclima extremado. O estancamento
das masas de aire, frías ou quentes, segundo o caso, da lugar a picos de temperaturas moi
baixas algúns días de inverno e moi altas no verán.
Vista de Ourense desde Naves
Soportais na parte antiga da cidade
Unha gran parte do concello está ocupado pola cidade de Ourense, capital do concello, da
comarca e da provincia, onde se concentran a maioría dos servizos e das industrias.
As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e a construción.
Os valores naturais concéntranse nas beiras do río Miño onde se conservan bosques de
ribeira e está acondicionado un paseo que permite facer rutas completas pasando polos
diferentes puntos de termalismo e varias áreas de lecer.
Pórtico do Paraíso na catedral de Ourense
SUPERFICIE: 60,87 km2
POBOACIÓN: 6.319
habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Calvelle, Chaodarcas,
Covas, A Lamela,
Melias, Moreiras (San
Martiño, San Xoán e
Santa Marta),
Prexigueiró, Sabadelle,
Tribiás, Triós e
Vilariño.
Pereiro de Aguiar
O PEREIRO DE AGUIAR
Situado no centro da comarca na ribeira esquerda do río Miño que limita o noroeste do
concello encorado en Velle. O territorio do concello é de relevo irregular e está moi
fragmentado polos vales do río Loña e os seus afluentes. As máximas altitudes (arredor dos
688 m) atópanse ao leste, no linde con Esgos.
Paseo do río Loña, preto do encoro de Cachamuíña
É un concello eminentemente rural moi
dependente da cidade de Ourense e das áreas
industriais do contorno. Actúa como área
residencial da capital.
As principais actividades son os servizos e a
industria.
Os valores naturais están asociados aos cursos
dos ríos Miño e Loña.
Igrexa de Santa Marta de Moreiras
SUPERFICIE: 54,49 km2
POBOACIÓN: 2.038 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Armental, San Cibrao de Armental, Beacán, Carracedo, Celaguantes, Graíces,
Gueral, Mirallos, Os Peares, San Xés da Peroxa, A Peroxa, O Souto, Toubes e Vilarrubín.
A PEROXA
Está situado ao norte da comarca, na marxe dereita do Miño e lindando con Lugo (comarca de
Chantada) polo norte. O relevo é irregular coas maiores alturas (arredor de 700 m) ao norte e
oeste. Descende cara ao leste nos vales do Miño e o Búbal e cara ao sur ao val do río da Barra,
que fai fronteira con Coles en parte do seu percorrido.
Os Peares, entre os río Miño, Sil e Búbal
Castelo da Peroxa. Posibelmente
construído no ano 793, durante o reinado
de Alfonso II, con posteriores reformas.
Sufríu o asedio dos árabes e, segundo conta
unha lenda, o Apóstolo Santiago voou co
seu cabalo, desde o monte que hai
enfronte, onde deixou as pegadas, para
axudar aos cristiáns.
As principais actividades son a agricultura e os
servizos. Moitos dos seus habitantes desenvolven as
súas actividades na cidade de Ourense ou nos
polígonos industriais da contorna.
A Peroxa conserva importantes restos históricos
artísticos: castelos, pazos, igrexas... Os valores naturais
están asociados ao curso do río Miño e os seus
afluentes.
Vides na Peroxa. O cultivo das vides desta zona está
acollido á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, dentro
da subzona Val do Miño.
SUPERFICIE: 39,45 km2
POBOACIÓN: 5.036
habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Gargantós, Noalla,
Pazos de San Clodio,
Rante, San Cibrao das
Viñas, Santa Cruz da
Rabeda e Soutopenedo.
Casas no núcleo antigo de San Cibrao
SAN CIBRAO DAS VIÑAS
Situado no sur da comarca. O territorio do concello ten as maiores alturas no sur e vai
descendendo progresivamente cara á depresión de Ourense. Está fragmentado polos vales
dos ríos Barbañiña, Barbaña e Soutolongo.
Igrexa
románica de
San Cibrán
das Viñas
Ata hai uns anos foi un concello eminentemente rural no que a actividade principal era a
agrogandaría. A construción do Polígono Industrial determinou un cambio nas actividades e
na estrutura dos asentamentos e, na actualidade, a principal actividade é a industria.
Cruceiro no
adro de San
Cibrán das
Viñas
SUPERFICIE:
25,17 km2
POBOACIÓN:
1.514 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
O Mesón de Calvos,
Santiago da Rabeda,
Soutomaior,
Taboadela, Torán e
A Touza.
Vista de Taboadela e parte do val da Rabeda desde a área recreativa do Alto do San
Xoán que acolle unha capela, un parque, un miradoiro e un monumento á familia, do
escultor Xosé Cid.
TABOADELA
Atópase ao sur da comarca nun terreo ocupado en gran parte polo chamado val da Rabeda,
unha estensa chaira areosa de orixe lacustre de 400 m de altitude media. As maiores alturas
sitúanse no sur na serra de Boa (693 m). A parte norte está atravesada polo río Barbaña.
O Barbaña no linde entre Taboadela,
Paderne e Allariz.
Os ríos desta comarca acusan unha forte
seca estival.
É un concello rural con pequenos núcleos de
poboación moi influído pola proximidade de
Ourense e os polígonos industriais, nos que traballa
unha parte da poboación. Outras actividades
importantes son a agrogandaría, especializada na
avicultura.
Torre de Torán
SUPERFICIE: 58,26 km2
POBOACIÓN: 2.426
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Alongos,
Feá, Moreiras,
Mugares, Puga, Toén,
Trelle e Xestosa.
Viñedos en Alongos
TOÉN
Situado no suroeste da comarca, na marxe esquerda do río Miño. No territorio municipal
distínguense dúas zonas: o val do Miño, con desniveis de 100 a 200 m, e unha superficie de
aplanamento elevada arredor dos 500 m que ocupa o sur do concello. A máxima altitude é o
Monte do Castro con 653 m, situado na confluencia dos concellos de Toén, Cartelle, Barbadás
e A Merca.
É un concello rural onde as principais actividades son os servizos e a industria (na cidade de
Ourense) a avicultura e o cultivos dos viñedos, en especial no norte do concello, nos lindes
coa comarca do Ribeiro.
Ademais do Mió, que linda co concello polo norte, está percorrido polo rego de Puga, que o
separa de Castrelo de Miño (O Ribeiro).
Os valores naturais está asociados ás ribeiras do río Miño.
Igrexa de San Pedro de Moreiras
Torre de Puga (Olivar)
VILAMARÍN
Situado ao norte da comarca, lindando coa de Carballiño e a provincia de Lugo.
O territorio está inclinado cara ao sur e está ocupado, na súa maior parte, por un antiplán de
550 m de altitude media. As maiores elevacións atópanse no linde coa provincia de Lugo
(Baínte, con 774 m).
Os ríos máis importantes son o Barbantiño, no linde con San Cristovo de Cea e os seus
afluentes Orbán e rego de Auga.
SUPERFICIE: 56,05 km2
POBOACIÓN: 2.056
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Boimorto, Pazos do
Monte, León, Orbán,
Reádigos, O Río,
Sobreira, Tamallancos
e Vilamarin.
Castelo-pazo de Vilamarín. É un dos pazos máis importantes da provincia de Ourense,
actualmente propiedade da Deputación. No concello de Vilamarín
atópanse ademais os pazos de Tamallancos e Sobreira.
As principais actividades son a forestal, a gandaría (vacún) e pequenas industrias do sector da
madeira. Unha grande parte dos habitantes desenvolven o seu traballo na cidade de Ourense.
Acolle importantes valores naturais, asociados ao río Barbantiño; histórico-artísticos e
etnográficos.
Ponte Sobreira sobre o río Barbantiño.
Por ela pasa o Camiño de Santiago que conduce de
Sobreira (Vilamarín) a Faramontaos (Cea).
Escudo do pazo de Arbor na
parroquia de Sobreira
RELEVO
A comarca de Ourense ten un releve moi irregular, accidentado e fracturado. A parte central
está ocupada por un terreo afundido e atravesado polo río Miño que aproveita as fallas para
escavar o seu leito, desde o que se eleva en todas as direccións sen formar serras definidas
nin acadar grandes cotas. Na contorna aparecen numerosas elevacións. Ao leste, nos lindes
coa comarca de Allariz-Maceda e ata o Canón do Sil atópanse o Alto do Couso e o Outeiro,
que forman parte das estribacións de Cabeza de Meda. Ao norte os últimos montes da serra
da Martiñá, e ao sur O Castro, facendo linde coa comarca de Celanova.
As beiras da falla pola que corre o Miño vense desde o río como unha ringleira de elevación
que limitan o planalto no que se asentan os concellos do norte da comarca de Ourense.
Montes de Nogueira de Ramuín
As rochas dominantes son os granitos, que aparecen coroando os montes e forman bolos e
penedos.
Penedos nos montes da Biduíza
OS PENEDOS
O traballo erosivo dos axentes
xeolóxicos durante milleiros de anos
puxo ao descuberto e modelou as masas
rochosas que forman o cerne das
montañas creando, en moitas delas,
formas monumentais ou curiosas
merecentes de ser coñecidas e
conservadas.
Pena cabaleira en San Bieito da Coba do Lobo
Penedo na localidade de A Pena (Vilamarín)
Penedo do Trigo (Nogueira de Ramuín)
Pedra Longa (Nogueira de Ramuín) Penedo en Nogueira de Ramuín
A maioría dos montes están cubertos de
plantacións de piñeiros e mato de xestas,
carqueixas e uces. Só, nalgúns lugares afastados
e nalgunhas ladeiras e vales aparecen pequenas
manchas de bosques autóctonos nos que
conviven especies atlánticas (carballos,
castiñeiros, bidueiros) e mediterráneas (rebolos,
caxigos, érvedos, sobreiras...).
Caxigo (Quercus faginea). Unha das
poucas áreas de Galiza onde se pode
atopar en na comarca de Ourense.
Landras de sobreiras (Quercus suber).
As sobreiras aparecen en pequenos grupos ou como
exemplares illados nas áreas de máis acentuadas
características mediterráneas por toda a comarca de
Ourense.
As mimosas (na imaxe, de cor verde-gris) invaden as explotacións abandoadas
e os terreos da beira do bosque das áreas máis soleadas.
O outono é unha moi boa época para
gozar dos pequenos detalles e da infinda
variedade das cores.
Froitos de érvedo (Arbutus unedo). Nestas montes,
ademais das plantacións de piñeiros, as especies máis
comúns son as sobreiras, os rebolos os érvedos e as
Lique Usnea florida
Montes de Esgos, nos que a erosión deixa ao descuberto as rochas graníticas
CABEZA DE MEDA MONTES DE ESGOS
As últimas estribacións cara ao oeste da serra de Cabeza de Meda esténdense paralelas ao
Canón do Sil e polo concello de Esgos ata San Pedro de Rochas. Os picos máis altos atópanse
no límite da comarca: Mallada Vella (1.179 m), Outeiro de Aigas (1.032 m), Alto do Coto (962).
Accedese desde Esgos ou Nogueira de Ramuín. En San Pedro de Rochas hai unha ruta
sinalizada.
Estribacións da Cabeza de Meda desde o alto da Biduíza
Edificio do mosteiro de
San Pedro de Rochas
Tragaluz da igrexa de San Pedro
de Rochas. A parte máis antiga
deste mosteiro foi escavada na
rocha e aproveita ou integra os
penedos na construción.
Montes de Nogueira de Ramuín desde Coles, na outra banda do Miño
MONTES DE NOGUEIRA DE RAMUÍN
Esténdense ao longo do Sil e do Miño e separan os dous vales. O punto máis alto é o Túas, nas
proximidades de Luíntra, con 746 m.
Nas abas que dan aos canóns do Sil e do Miño consérvanse fragas e soutos de grande valor
biolóxico e etnográfico.
Santo Estevo de Ribas de Sil desdo o río
Montes de Nogueira de Ramuín
desde Carballedo, preto dos Peares
Souto en Santo Estevo de Ribas de Sil
Sequeiros para as castañas en
Santo Estevo de Ribas de Sil.
Refuxio na Moura (Nogueira de Ramuín)
ALTO DA BIDUÍZA
Forma parte da liña de montes que separan a comarca da depresión de Maceda. Desde o alto
da Biduíza, ao que se accede desde Esgos, abránguense amplas panorámicas da comarca ata a
cidade de Ourense.
MONTE DO CASTRO
Situado entre Cartelle, A Merca, Toén e Barbadás. Acada os 635 m.
MONTES DE BARBADÁS
Nos arredores de San Bieito de Cova da Loba. No cume a pedra do Tangaraño, coñecida
tradicionalmente polo seu efecto sanador.
Serra da Martiñá desde Vilamarín
SERRA DA MARTIÑÁ
O territorio do concello de Vilamarín chega as estribacións do sur-leste desta serra. O punto
máis alto nesta comarca é o Baínte, con 774 m.
MONTE DE SANTA ÁGUEDA
No cume deste monte (687 m) conflúen os concellos de Vilamarín, Coles e A Peroxa. Está
coroado por un castro. Unha gran parte está repoboado por piñeiros entre os que se
conservan gran cantidade de carballos. Accedese desde Reádegos (Vilamarín).
Croa do castro do cume de Santa Águeda.
Pódense apreciar os foxos defensivos e as defensas.
Todo o castro está cuberto dunha carballeira.
RÍOS
O Miño entre a presa de Velle e a cidade de Ourense
Toda a comarca de Ourense forma parte da cunca do Miño, o principal río e arteria da
comarca que percorre o fondo da depresión ourensá, de nordeste a suroeste, aproveitando
unha falla do terreo, e recibe ao Sil e outros afluentes de curto percorrido e cursos con fortes
desniveis.
Agás o Miño e o Sil, que están retidos en varios encoros, os ríos teñen augas baixas no verán,
chegando, en casos a secar case totalmente.
Arredor dos cursos
fluviais consérvanse
bosques de ribeira
con amieiras,
salgueiros e
bidueiros. Unha boa
parte está colonizada
por mimosas, árbores
de orixe australiana
que se estenden con
moita facilidade e
ocupan grandes
superficies.
O Miño entre A Acea
e Outariz
Salgueiro nodoso (Salix salvifolia). Un salgueiro
tipicamente mediterráneo que se atopa á beira do Miño
Chopos na área recreativa do
Amieiral en Alongos (Toén)
Lidoiro ou
virgondoiro (Celtis
australis), unha
árbore que só se
atopa silvestre ás
beiras do Miño na
comarca de Ourense
e no Ribeiro.
Lavandeira (Motacilla alba). Un paxaro insectívoro, e polo
tanto protexido, habitual nas beiras dos ríos.
Garza real (Ardea cinerea)
Acea de Velle.
As aceas do Miño son un exemplo de
adaptación ás forzas do río. De
construción sólida, cunha forma aguda
enfrentada á corrente para desviala
sen sofrir os seus efectos, e cuberta
plana de pedra para soportar as
enchentas que en ocasións as
asolagaban por completo.
Asociados aos cursos fluviais
consérvase un rico patrimonio
cultural: pontes e pasais, muíños
e aceas, portos...
A Acea
RÍO MIÑO
O Miño nace na serrra de Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. Entra na
comarca de Ourense nos Peares, no punto en que se xunta co seu principal afluente, o Sil.
Desde antes de Ourense ata despois de Ribadavia a canle do Miño acomódase a unha foxa
tectónica da que son testemuña distintas fontes de augas termais: Burgas, Laias, Barbantes...
O val estréitase e afonda cando atravesa as zonas graníticas e agrándase e ábrese nas zonas
de rochas metamórficas. O medio natural está alterado polos encoros de Velle e Castrelo do
Miño que cambiaron a fisonomía do val do río.
Os principais afluentes nesta comarca son: pola dereita o Búbal, Barra, Porto e Barbantiño; e
pola esquerda o Sil, Loña e Barbaña.
Os Peares: entrada do Miño na comarca
e encontro co Sil O Miño retido no encoro de Velle
Club naútico de Ribela (Coles), nunha das
enseadas que forma o encoro de Velle.
O río entre A Peroxa, Coles e Nogueira de Ramuín.
Presa de Velle e acea. Dúas formas de aproveitar a enerxía da auga
Área de lecer de Oiras desde Velle
Aula da Natureza na área
de lecer de Oiras
Ponte vella de ourense. De orixe romana e posterior reforma medieval.
A máis antiga das pontes que cruzan o Miño na cidade de Ourense.
Ponte do Milenio, a de máis recente construción sobre o
Miño. Suma ao seu aspecto utilitario o aspecto lúdico co
paseo que ao longo do seu curioso anel permite
percorrela e integrala no circuito de rutas de
sendeirismo que complementan os atractivos da cidade.
O Miño desde o alto de San Trocado
O Miño en Coles
Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoas e
desde o barco turístico. A viaxe en barco polo
Canón achega un novo punto de vista.
RÍO SIL
Ten na comarca a última parte do seu percorrido antes de xuntarse ao Miño nos Peares,
facendo fronteira entre o concello de Nogueira de Ramuín e a comarca Terra de Lemos.
Todo o seu percorrido entre terras de Ourense e Lugo vai encaixado nun canón en rochas
graníticas que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. A formación deste canón tivo a
súa orixe a finais do Período Terciario e comezos do Cuaternario cando a chaira erosionada se
ergueu verticalmente e obrigou ao río a aproveitar as fracturas que racharon o terreo.
O curso do río está retido polos encoros de Santo Estevo e San Pedro. Recibe varios afluentes
de curto percorrido como o Portocarros, Lamacela, Ponticela, San Miguel e Biduedo.
Encoro de Santo Estevo, construído en 1955 e embarcadoiro do catamarán turístico.
Presa e encoro de San Pedro (1959)
Canón do Sil desde o miradoiro dos Chancís (Sober)
Canón do Sil desde o
miradoiro de Pena
Pombeira (Pantón)
Canón do Sil desde Boqueiriño ou Cotarro 2 (Sober)
Canón do Sil na zona de Cerreda (Nogueira de Ramuín) desde A Cividade ou Cotarro 1 (Sober).
Canón do Sil desde o miradoiro da Pedra Longa
Canón do Sil entre Nogueira de Ramuín e Pantón
O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico e paisaxístico, polas impresionantes
formacións rochosas do canón que se aprecian desde diferentes lugares; e ecolóxico pola
mestura de especies atlánticas e mediterráneas, a presenza de bosques de ribeiras e zonas
remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna. Ademais de
interese histórico e etnográfico.
Todo o percorrido do Sil nesta comarca está protexido no espazo “Canóns do Sil”.
Barcos turísticos navegando polo Sil
Os Peares
O Sil, que presenta un réxime pluvio-
nival, acada o seu maior caudal en
febreiro, sendo agosto e setembro os
meses de estiaxe. Na súa confluencia
co Miño nos Peares cúmprese o
refrán “O Sil leva a auga (184 m3
/s) e
o Miño (102m3
/s) a fama”
REGO DA PONTICELA
Nace nos montes de Loureiro e xúntase co Sil na
Reigada (Nogueira de Ramuín).
Está encorado pouco antes da súa desembocadura e forma
varios rápidos e fervenzas que en total superan os 100 m
entre rochas graníticas, pero son difíciles de ver pola
vexetación e a falla de acceso.
RÍO LOÑA
O río Loña ou Lonia nace no monte
da Moura (Loña do Monte-
Nogueira de Ramuín). Baña terras
dos concellos de Nogueira de
Ramuín, Pereiro de Aguiar e
Ourense e desemboca no Miño en
Velle. Os seus afluentes son A Boca,
Vernaus, Prado e Grande pola
dereita; e Triós, O Grañal e Graxela,
pola esquerda.
Desembocadura do
Loña no Miño.
Encoro de Cachamuíña, en Pereiro de Aguiar
Paseo do Barbaña en Ourense
RÍO BARBAÑA
Baixa desde as proximidades de Nevoeiro
(Figueroa-Paderne de Allariz) e conflúe co
Miño en Ourense, despois de 25 km de
percorrido polos concellos de Paderne de
Allariz, Taboadela, San Cibrao das Viñas e
Ourense. Recibe pola esquerda o
Cerdeiriño, Pazos, Taboadela, San Bieito e
Barbañiña ou Barbadás.
Ponte Noalla sobre o Barbaña
en San Cibrao das Viñas.
Val encaixado do Búbal, entre A Peroxa e e desembocadura
no Miño a carón da confluencia co Sil.
RÍO BÚBAL
Baixa da serra da Martiñá, percorre terreos de Carballedo e bótase no Miño nos Peares,
facendo límite entre A Peroxa (Ourense) e Carballedo (Lugo).
RÍO DA BARRA
Drena o concello da Peroxa e
continúa o seu percorrido
facendo de linde entre entre os
concellos de A Peroxa e Coles.
Ponte sobre o Barbantiño, entre Cornoces (Amoeiro) e Mandrás (Cea).
RÍO BARBANTIÑO
Nace en Orbán (Vilamarín-Ourense) e recolle as augas da serra da Martiñá. Percorre terreos
dos concellos de Vilamarín, Cea, Amoeiro e Ourense, e xúntase co Miño en Barbantes.
Fervenza do Río Barbantiño,
entre Amoeiro e Punxín.
A erosión do río nas rochas graníticas
forma rápidos, pozas e fervenzas de gran
beleza. A máis alta mide uns 10 m en
varios saltos. A carón dela hai un grupo
de 3 muíños en serie.
Na estrada de Amoeiro a Punxín, antes
de pasar a ponte hai unha rota de
senderismo (2 km) que remata na
fervenza e nos muíños.
Na metade norte e oeste da comarca de
Ourense as árbores predominantes son os
piñeiros en grandes plantacións que ocupan as
partes altas dos montes. As formacións
autótonas máis representadas son as
carballeiras nas que hai mesturados carballos,
rebolos, sobreiras, érvedos, algúns bidueiros
nas zonas máis húmidas e castiñeiros. Nas
proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras,
chopos, freixos, lidoiros e ailantos.
Próximos aos ríos e nas zonas máis secas hai
grandes estensión de mimosas. Arredor das
poboacións, en especial no val do Sil, hai
soutos que se cultivan para aproveitar as
castañas. Nos parques e xardín das cidades e
nos pazos atópanse exemplares destacados de
especies exóticas.
AS ÁRBORES
Carballeira na Peroxa. Nas partes expostas ao sol a
vexetación presenta características mediterráneas, nas
que aparecen rebolos, sobreiras e érvedos.
Bosque no Canón do Sil. Nas zonas
umbrías os bosques da comarca
conservan as características típicas da
flora atlántica nos que aparecen
bidueiros, carballos, castiñeiros...
Carballo (Quercus robur)
Carballo da capela dos Gozos (O Pereiro de Aguiar).
Mide 4,10 m de perímetro.
Carballos na área recreativa de Tarreirigos (Esgos)
ao pé da estrada de Ourense a Trives. O máis
grande é un exemplar con nórregas de 6,30 m de
contorno (no pé 3,40). Hai outro de 4 m.
Carballos de Albán (Coles). Atópanse ao pé da igrexa de San Paio de Albán, á dereita da estrada de Coles á Peroxa.
Miden 4,50 e 4,40 m de perímetro.
Carballo de Cepedo (Vilamarín). Mide 5,40 de
perímetro. Atópase en Cepedo (parroquia de
León), nunha propiedade á esquerda da estrada
que vai a Vilamarín.
Carballo do Pazo-castelo de Vilamarín. Mide 4,45
m de perímetro. Na zona atópanse varios
carballo de porte semellante.
- 4,24 m de perímetro.-6,42 m de perímetro.
Carballos na Feira de Bouzas (Vilamarín)
Carballo do pazo de San Damián, na parroquia de Abruciños (Amoeiro).
-7 m de perímetro. Está situado ao pé da estrada na propiedade do pazo que actualmente é unha Casa Rural. No
recinto atópanse bos exemplares de carballos e castiñeiros.
Carballo en Trasalba (Amoeiro) - 4,34 m de perímetro.
Carballo en Parada (Amoeiro).
Ten 5,10 m de perímetro e forma parte dun pequeno
grupo que se atopa ao pé da estrada a carón do pazo.
Carballo na capela de Santa Eulalia
(Nogueira Ramuín)
-4,66 m de perímetro
Sobreira (Quercus suber)
Sobreiras do Seminario (Ourense)
Sobreira de Loña (Santo Cristo de Lonia, Ourense)
INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Castiñeiro do souto da Ramigoa (Armariz, Nogueira de
Ramuín). O máis grande acada os 8,60 m de perímetro.
Castiñeiro (Castanea sativa)
Lidoiro de Oiras (Ourense).
-2,90 de perímetro.
Lidoiro (Celtis australis)
Piñeiro bravo do Seminario
(Ourense)
Piñeiro bravo (Pinus pinaster)
Sóforas (Sophora japonica). A máis
grande mide 20 m de altura e máis de
3 m de perímetro.
XARDÍNS DO POSÍO (Ourense)
Washingtonia robusta Árbores botella
(Brachychiton populneus).
Oliveira na igrexa de
Santa Olaia de Beiro
(Ourense)
Plátano a área recreativa do
Amieiral en Alongos (Toén), a
carón do Miño. Mide 4,60 m de
perímetro.
Área recreativa O Amieiral
en Alongos (Toén):
-plátanos
-chopos
Pinsapo (Abies pinsapo) do Pazo de
Trasalba (Amoeiro).
O pai de Otero Pedrayo plantou un
pinsapo na Casa Grande de Trasalba ao
nacer o escritor, e unha tormenta acabou
con el en 1972, catro anos antes da
morte do mesmo. En 1976, logo da morte
de Pedrayo, os responsables da
Fundación que leva o seu nome
plantaron unha nova árbore no mesmo
lugar que foi de novo abatida por un
temporal en 2009.
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC CANÓN DO SIL
Espazo compartido coa provincia de Lugo (Terra de Lemos). Nesta comarca inclúe a ribeira do
Canón do Sil en terreos do concello de Nogueira de Ramuín.
O maior interese desta área reside no valor xeolóxico e paisaxístico do Canón do Sil que
nalgúns puntos da zona acada os 500 m de altura, con paredes case verticais e escarpes
rochosos nos que se suxeitan as árbores con dificultade. Ten ademais un grande interese
cultural e etnográfico ligado á Ribeira Sacra.
Na proximidade de Ourense, ao longo das fallas polas que corren os ríos, atópanse numerosas
surxencias de augas termais que son aproveitadas para o baño (con fins lúdicos ou curativos)
e como fonte de enerxía nas piscinas municipais.
Preto do río Barbaña están as Burgas, a Casa de Baños e os Baños do Outeiro. No Loña, os
Baños de Mende. Na beira do Miño as Burgas da Chabasqueira, O Tinteiro, os Baños de
Santiago das Caldas, a Fonte Santa de Reza, a Burga do Muíño e as Burgas de Outariz.
A presenza de augas termais
débese a que existe unha
infiltración de augas superficiais
que chega a focos térmicos
internos onde quecen para
xurdiren logo chegando á
superficie cunha temperatura
superior á do ambiente.
A partires das análises do contido
en Tritio (que ten unha vida media
-o que tarda en diminuír a súa
concentración á metade- de 12,26
anos) calculouse que algunhas das
augas termais de Galiza, entre as
que se atopan as de Ourense
permaneceron mais de 28 anos no
interior da terra antes da súa
surxencia.
AS AUGAS TERMAIS
foco térmico
infiltración
surxencia
As Burgas. Ourense.
As augas, alcalinas de mineralización media,
bicarbonatado-sódicas, fluoradas e litínicas saen a
64-68ºC (as de maior temperatura de Galiza)
Os galaicos-romanos rendían culto ás Ninfas das
augas nas fontes das Burgas
Burgas da Acea
Burgas de Outariz
Áreas de lecer creadas arredor das surxencias
termáis ao pé do río Miiño en Ourense.
A Chavasqueira
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta
Xaneiro 2017

Comarca Ourense

  • 1.
  • 2.
    Río Miño A comarcade Ourense está situada ao norte da provincia. O territorio está formado por unha superficie afundida, a depresión de Ourense, e unhas serie de pequenas elevacións que a rodean, entre as que destacan ao leste as estribacións da Cabeza de Meda, onde se atopan as maiores alturas (Mallada Vella con 1.179 m), e ao norte a serra de Martiñá. Está drenada polo Miño, que percorre a comarca de NE a SO e os seus afluentes que forman numerosos vales aproveitando as fracturas do terreo. É a comarca ourensá que concentra maior densidade de poboación, sobre todo na capital e a súa contorna.
  • 3.
    SUPERFICIE: 623,1 km2 POBOACIÓN: 144.000 habitantes CONCELLOS: Amoeiro,Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela. ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Canón do Sil”.
  • 4.
    CLIMA Oceánico con maticescontinentais con picos de calor, no verán, e frío, no inverno, e unha acusada seca estival. Néboas no Canón do Sil
  • 5.
    ACTIVIDADES As principais actividadesson os servizos, a industria, a construción e o cultivo da vide. Parque Tecnolóxico no Polígono Industrial de San Cibrao Viñedos en Coles
  • 6.
    PATRIMONIO Acolle importantes valoresnaturais, asociados fundamentalmente aos ríos Miño e Sil, e un rico e variado patrimonio histórico-artístico e etnográfico de tódalas épocas. Hórreos na Bergueira (Trasalba, Amoeiro) Hórreos en Amoeiro Hórreo en Torán (A Seara, Taboadela)
  • 7.
    Campo de mámoasdas Cabanas (Nogueira de Ramuín). Un conxunto de sete enterramentos datados entre o 4500 e 2000 a.C.
  • 8.
    Capela do Formigueiro (Amoeiro).Na fachada está incluído un relevo castrexo. Pedra das Ferraduras Amoeiro acolle importantes restos arqueolóxicos da idade do ferro e da cultura castrexa: estación solar, petróglifos, castros... Destaca a parroquia de Trasalba onde se atopan os petróglifos de Tras do Mollón, a Pedra da Ferradura o Abrigo do Raposo, o Abrigo da Zarra, o castro de Formigueiros...
  • 9.
    Castro de SanTomé (Ourense). Habitado desde a prehistoria ata a época tardorromana
  • 10.
    Casas entre ospenedos Nogueira (Nogueira de Ramuín)
  • 11.
    Catedral de Ourense,de transición entre o románico e o gótico, con engadidos do renacemento, neoclásicos e barrocos
  • 12.
    Mosteiro de SanFrancisco, do século XIV. A igrexa foi trasladad ao Parque de San Lázaro.
  • 13.
    Igrexa de Castrode Beiro (Ourense) Mosteiro de Santa Comba de Naves (Palmés, Ourense). Fundado no século IX e ampliado en anos posteriores. Foi abandoado no século XIX.
  • 14.
    Igrexa de SantaOlaia de Beiro (Ourense), orixinaria do século XII.
  • 15.
    Seixalbo, declarado Núcleo deInterese Etnográfico
  • 16.
    Fonte da Alameda,procedente do mosteiro de Oseira Praza do Ferro (século XIII), procedente do Mosteiro de Ribas de Sil Dúas fontes monumentais en Ourense
  • 17.
  • 18.
    Igrexa da Fontefría (Amoeiro) Igrexade Cornoces (Amoeiro) Igrexa de Santa María de Amoeiro
  • 19.
    San Pedro deTrasalba (Amoeiro) Gustei (Coles)
  • 20.
    Igrexa de Ucelle(Coles)Igrexa de Pazos de San Clodio (San Cibrao)
  • 21.
    Igrexa de Feá(Toén) Igrexa de Sobrado do Bispo (Barbadás)
  • 22.
    Igrexa de SanMartiño de Nogueira (Nogueira de Ramuín)
  • 23.
    Capela de SantaEulalia (Nogueira de Ramuín)
  • 24.
    Igrexa de SanXurxo de Touza (Taboadela)
  • 25.
    CONCELLOS SUPERFICIE: 39,65 km2 POBOACIÓN:2.274 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abruciños, Amoeiro, Bóveda de Amoeiro, Cornoces, Fontefría, Parada de Amoeiro, Rouzós e Trasalba. Paisaxe de Cornoces AMOEIRO Coñecido tamén co nome de Chaos de Amoeiro, en referencia ao seu característico releve chan elevado sobre as bocarribeiras do Miño e protexido polas estribacións da serra da Martiñá. Está atravesado polo río Formigueiro, e no noroeste, o Barbantiño serve de linde coa comarca do Ribeiro.
  • 26.
    Pazo de Trasalba,a que foi a casa matriz de Otero Pedrayo e que acolle o seu museo. É un concello eminentemente rural cunha baixa densidade de poboación e moi dependente da cidade de Ourense. As principais ocupacións son os servizos e a industria e, en menor medida, a agrogandaría e forestal. Acolle importantes valores naturais (carballeiras, bosques de ribeira, fervenzas), históricos (castros, petróglifos, vías romanas, igrexas, pontes...) e etnográficos (muíños, hórreos, eiras...). San Miguel do Priorato (Bóveda). Mosteiro feminino dos séculos X e XII, actualmente propiedade privada.
  • 27.
    SUPERFICIE: 30,22 km2 POBOACIÓN:10.463 habitantes (2015) PARROQUIAS: Barbadás, Bentraces, Loiro, Piñor, Sobrado do Bispo, e A Valenzá. Casas no núcleo antigo de Barbadás BARBADÁS Situado ao suroeste da comarca. O territorio do concello está situado entre as cuncas do Miño e do Barbaña e forma parte da depresión de Ourense. Vai gañando altura cara ao sur ata acadar a cota máxima no Monte do Castro, con 635 m. Está atravesado polo río Barbaña e os seus afluentes que circulan con dirección S-N, e no norte linda cun pequeno tramo do río Miño.
  • 28.
    É un concelloestreitamente unido ao de Ourense e San Cibrao das Viñas nos que os seus habitantes desenvolven a maioría das actividades nos servizos e as industrias. Unha grande parte do terreo é forestal (65%) con dominancia de plantación de piñeiros, e nas ladeiras soleadas cultívanse vides. Neste concello hai varias rutas sinalizadas que chegan a San Bieito de Cova da Loba e percorren varios castros. Detalle da decoración da fachada da igrexa románica de San Martiño de Loiro, mandada construír a comezos do século XII por Alfonso VII. Pazo de Piñor, do século XV
  • 29.
    SUPERFICIE: 38,09 km2 POBOACIÓN:3.150 habitantes (2014) PARROQUIAS: Albán, A Barra, Cambeo, Coles, Gueral, Gustei, Melias, Ribela, Santa Mariña de Albán, Santo Eusebio da Peroxa e Ucelle. Barra de Miño COLES Situado no centro da comarca, nun territorio que descende suavemente desde altitudes de ata 700 m cara ao río Miño. Ademáis do Miño, que linda co concello polo leste e o sur, encorado en Velle, os ríos de maior entidade son o Barra (nos lindes coa Peroxa) e o Gustei, que circulan con dirección NO-SE.
  • 30.
    Pazo de Fontefiz.Acolle o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galiza, onde se traballa pola conservación e desenvolvemento das razas autóctonas. Coles é un concello eminentemente rural moi influído pola proximidade da cidade de Ourense, o que se aprecia nas principais ocupacións da poboación nas actividades industriais, no comercio e outros servizos. A capital do concello está en Vilarchao. Os principais valores naturais están asociados ao río Miño e aos penedos graníticos que abondan no concello e forman parte dunha das rutas de sendeirismo sinalizadas. Igrexa de Gustei
  • 31.
    SUPERFICIE: 37,76 km2 POBOACIÓN:1.220 habitantes (2015) PARROQUIAS: Esgos, Loña do Monte, Os Pensos, Rochas, Santa Olaia de Esgos, Triós e Vilar de Ordelles. Territorio de Esgos desde a Biduíza ESGOS Situado no sur-leste da comarca. O relevo é moi irregular, con altitudes que varían desde case os 1.000 m nos contrafortes do Monte Meda e no Biduíza ata as partes máis baixas ocupadas polos afluentes do Loña. As rochas dominantes son os granitos que nalgúns lugares forman curiosas paisaxes acasteladas onde abondan os penedos verticais e os os grandes bolos.
  • 32.
    Mosteiro de SanPedro de Rochas. Fundado no século VI. É o único eremitorio da Alta Idade Media galego que tivo continuidade posterior como cenobio e mosteiro. Chama a atención por estar en parte escavado na rocha. O conxunto está formado por unha Igrexa románica do século XIII, o edificio do mosteiro, do século XVII (actualmente acolle o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra) e a fonte de San Bieito, que segundo a tradición ten propiedades curativas. É un concello eminentemente rural escasamente poboado. As principais actividades son a agrogandaría, a forestal, as industrias, a construción e os servizos (estas últimas asociadas á proximidade das áreas industriais de Ourense e Maceda). Acolle importantes valores naturais, nas montañas e nos ríos, onde se poden facer rutas para gozar das vistas ou percorrer sendeiros entre muíños.
  • 33.
    SUPERFICIE: 98,28 km2 POBOACIÓN:2.124 habitantes (2015) PARROQUIAS: Armariz, A Carballeira, Cerreda, Faramontaos, Loña do Monte, Luíntra (onde se atopa a capital municipal), Moura, Nogueira de Ramuín, San Miguel do Campo, Santa Cruz de Rubiacós, Santo Estevo de Ribas de Sil, Vilar de Cerreda e Viñoás. O encoro de Santo Estevo permite a navegabilidade nun longo tramo do curso do Sil, que en Nogueira de Ramuín é aproveitado como recurso turístico para percorrer e gozar das impresionantes formacións do Canón. NOGUEIRA DE RAMUÍN Situado ao nordeste da comarca, rodeada polos canóns do Sil (ao norte) e do Miño (ao oeste). O territorio ocupa unha superficie de aplanamento cunha altitude media de 600 a 800 m na que o Sil e o Miño escavaron profundos canóns aproveitando as fracturas. As máximas elevacións sitúanse nunha cadea montañosa paralela ao val do Sil, co punto máis alto no Mallada Vella, con 1.179 m.
  • 34.
    Mosteiro de Santo Estevode Ribas de Sil. Fundado no século X e ampliado e reformado posteriormente. Foi un dos centros monacais máis importante da Ribeira Sacra. Na actualidade acolle un parador. As principais actividades son os servizos e, en menor cantidade, a agricultura, en viñedos que miran cara ao val do Miño. Moitos dos habitantes traballan na cidade de Ourense e nas industrias da comarca. É un concello que acolle importantes valores naturais e histórico-artísticos. Todo o percorrido do Sil está protexido no LIC “Canón do Sil”.
  • 35.
    SUPERFICIE: 84,50 Km2 POBOACIÓN:106.905 habitantes (2014). PARROQUIAS: Arrabaldo, Beiro, Canedo, O Castro de Beiro, Ceboliño, Cudeiro, Montealegre, Ourense, Palmés, Rairo, Reza, Santa Mariña do Monte, Seixalbo, Trasalba, Untes, Velle, Vilar de Astrés e Vista Fermosa. A cidade de Ourense, con aproximadamente 100.000 habitantes, é a terceira de Galiza. Está situada nunha zona natural de paso e nó de comunicacións. Conserva un interesante casco antigo e importantes mostras histórico-artísticas. OURENSE O concello de Ourense está situado no centro-oeste da comarca ocupando o fondo da depresión pola que circula o río Miño. O territorio ocupa as distintas terrazas fluviais do Miño, os cursos baixos do Loña e o Barbaña e algunhas pequenas elevacións que rodean a depresión, entre as que destaca o Montealegre, con 474 m de altura. Esa situación no fondo da depresión, rodeada de elevacións determina un microclima extremado. O estancamento das masas de aire, frías ou quentes, segundo o caso, da lugar a picos de temperaturas moi baixas algúns días de inverno e moi altas no verán.
  • 36.
    Vista de Ourensedesde Naves
  • 37.
    Soportais na parteantiga da cidade Unha gran parte do concello está ocupado pola cidade de Ourense, capital do concello, da comarca e da provincia, onde se concentran a maioría dos servizos e das industrias. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e a construción. Os valores naturais concéntranse nas beiras do río Miño onde se conservan bosques de ribeira e está acondicionado un paseo que permite facer rutas completas pasando polos diferentes puntos de termalismo e varias áreas de lecer. Pórtico do Paraíso na catedral de Ourense
  • 38.
    SUPERFICIE: 60,87 km2 POBOACIÓN:6.319 habitantes (2015) PARROQUIAS: Calvelle, Chaodarcas, Covas, A Lamela, Melias, Moreiras (San Martiño, San Xoán e Santa Marta), Prexigueiró, Sabadelle, Tribiás, Triós e Vilariño. Pereiro de Aguiar O PEREIRO DE AGUIAR Situado no centro da comarca na ribeira esquerda do río Miño que limita o noroeste do concello encorado en Velle. O territorio do concello é de relevo irregular e está moi fragmentado polos vales do río Loña e os seus afluentes. As máximas altitudes (arredor dos 688 m) atópanse ao leste, no linde con Esgos.
  • 39.
    Paseo do ríoLoña, preto do encoro de Cachamuíña É un concello eminentemente rural moi dependente da cidade de Ourense e das áreas industriais do contorno. Actúa como área residencial da capital. As principais actividades son os servizos e a industria. Os valores naturais están asociados aos cursos dos ríos Miño e Loña. Igrexa de Santa Marta de Moreiras
  • 40.
    SUPERFICIE: 54,49 km2 POBOACIÓN:2.038 habitantes (2015) PARROQUIAS: Armental, San Cibrao de Armental, Beacán, Carracedo, Celaguantes, Graíces, Gueral, Mirallos, Os Peares, San Xés da Peroxa, A Peroxa, O Souto, Toubes e Vilarrubín. A PEROXA Está situado ao norte da comarca, na marxe dereita do Miño e lindando con Lugo (comarca de Chantada) polo norte. O relevo é irregular coas maiores alturas (arredor de 700 m) ao norte e oeste. Descende cara ao leste nos vales do Miño e o Búbal e cara ao sur ao val do río da Barra, que fai fronteira con Coles en parte do seu percorrido. Os Peares, entre os río Miño, Sil e Búbal
  • 41.
    Castelo da Peroxa.Posibelmente construído no ano 793, durante o reinado de Alfonso II, con posteriores reformas. Sufríu o asedio dos árabes e, segundo conta unha lenda, o Apóstolo Santiago voou co seu cabalo, desde o monte que hai enfronte, onde deixou as pegadas, para axudar aos cristiáns. As principais actividades son a agricultura e os servizos. Moitos dos seus habitantes desenvolven as súas actividades na cidade de Ourense ou nos polígonos industriais da contorna. A Peroxa conserva importantes restos históricos artísticos: castelos, pazos, igrexas... Os valores naturais están asociados ao curso do río Miño e os seus afluentes. Vides na Peroxa. O cultivo das vides desta zona está acollido á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, dentro da subzona Val do Miño.
  • 42.
    SUPERFICIE: 39,45 km2 POBOACIÓN:5.036 habitantes (2015) PARROQUIAS: Gargantós, Noalla, Pazos de San Clodio, Rante, San Cibrao das Viñas, Santa Cruz da Rabeda e Soutopenedo. Casas no núcleo antigo de San Cibrao SAN CIBRAO DAS VIÑAS Situado no sur da comarca. O territorio do concello ten as maiores alturas no sur e vai descendendo progresivamente cara á depresión de Ourense. Está fragmentado polos vales dos ríos Barbañiña, Barbaña e Soutolongo.
  • 43.
    Igrexa románica de San Cibrán dasViñas Ata hai uns anos foi un concello eminentemente rural no que a actividade principal era a agrogandaría. A construción do Polígono Industrial determinou un cambio nas actividades e na estrutura dos asentamentos e, na actualidade, a principal actividade é a industria. Cruceiro no adro de San Cibrán das Viñas
  • 44.
    SUPERFICIE: 25,17 km2 POBOACIÓN: 1.514 habitantes (2015) PARROQUIAS: OMesón de Calvos, Santiago da Rabeda, Soutomaior, Taboadela, Torán e A Touza. Vista de Taboadela e parte do val da Rabeda desde a área recreativa do Alto do San Xoán que acolle unha capela, un parque, un miradoiro e un monumento á familia, do escultor Xosé Cid. TABOADELA Atópase ao sur da comarca nun terreo ocupado en gran parte polo chamado val da Rabeda, unha estensa chaira areosa de orixe lacustre de 400 m de altitude media. As maiores alturas sitúanse no sur na serra de Boa (693 m). A parte norte está atravesada polo río Barbaña.
  • 45.
    O Barbaña nolinde entre Taboadela, Paderne e Allariz. Os ríos desta comarca acusan unha forte seca estival. É un concello rural con pequenos núcleos de poboación moi influído pola proximidade de Ourense e os polígonos industriais, nos que traballa unha parte da poboación. Outras actividades importantes son a agrogandaría, especializada na avicultura. Torre de Torán
  • 46.
    SUPERFICIE: 58,26 km2 POBOACIÓN:2.426 habitantes (2015) PARROQUIAS: Alongos, Feá, Moreiras, Mugares, Puga, Toén, Trelle e Xestosa. Viñedos en Alongos TOÉN Situado no suroeste da comarca, na marxe esquerda do río Miño. No territorio municipal distínguense dúas zonas: o val do Miño, con desniveis de 100 a 200 m, e unha superficie de aplanamento elevada arredor dos 500 m que ocupa o sur do concello. A máxima altitude é o Monte do Castro con 653 m, situado na confluencia dos concellos de Toén, Cartelle, Barbadás e A Merca.
  • 47.
    É un concellorural onde as principais actividades son os servizos e a industria (na cidade de Ourense) a avicultura e o cultivos dos viñedos, en especial no norte do concello, nos lindes coa comarca do Ribeiro. Ademais do Mió, que linda co concello polo norte, está percorrido polo rego de Puga, que o separa de Castrelo de Miño (O Ribeiro). Os valores naturais está asociados ás ribeiras do río Miño. Igrexa de San Pedro de Moreiras Torre de Puga (Olivar)
  • 48.
    VILAMARÍN Situado ao norteda comarca, lindando coa de Carballiño e a provincia de Lugo. O territorio está inclinado cara ao sur e está ocupado, na súa maior parte, por un antiplán de 550 m de altitude media. As maiores elevacións atópanse no linde coa provincia de Lugo (Baínte, con 774 m). Os ríos máis importantes son o Barbantiño, no linde con San Cristovo de Cea e os seus afluentes Orbán e rego de Auga. SUPERFICIE: 56,05 km2 POBOACIÓN: 2.056 habitantes (2014) PARROQUIAS: Boimorto, Pazos do Monte, León, Orbán, Reádigos, O Río, Sobreira, Tamallancos e Vilamarin. Castelo-pazo de Vilamarín. É un dos pazos máis importantes da provincia de Ourense, actualmente propiedade da Deputación. No concello de Vilamarín atópanse ademais os pazos de Tamallancos e Sobreira.
  • 49.
    As principais actividadesson a forestal, a gandaría (vacún) e pequenas industrias do sector da madeira. Unha grande parte dos habitantes desenvolven o seu traballo na cidade de Ourense. Acolle importantes valores naturais, asociados ao río Barbantiño; histórico-artísticos e etnográficos. Ponte Sobreira sobre o río Barbantiño. Por ela pasa o Camiño de Santiago que conduce de Sobreira (Vilamarín) a Faramontaos (Cea). Escudo do pazo de Arbor na parroquia de Sobreira
  • 50.
    RELEVO A comarca deOurense ten un releve moi irregular, accidentado e fracturado. A parte central está ocupada por un terreo afundido e atravesado polo río Miño que aproveita as fallas para escavar o seu leito, desde o que se eleva en todas as direccións sen formar serras definidas nin acadar grandes cotas. Na contorna aparecen numerosas elevacións. Ao leste, nos lindes coa comarca de Allariz-Maceda e ata o Canón do Sil atópanse o Alto do Couso e o Outeiro, que forman parte das estribacións de Cabeza de Meda. Ao norte os últimos montes da serra da Martiñá, e ao sur O Castro, facendo linde coa comarca de Celanova. As beiras da falla pola que corre o Miño vense desde o río como unha ringleira de elevación que limitan o planalto no que se asentan os concellos do norte da comarca de Ourense.
  • 51.
  • 52.
    As rochas dominantesson os granitos, que aparecen coroando os montes e forman bolos e penedos. Penedos nos montes da Biduíza
  • 53.
    OS PENEDOS O traballoerosivo dos axentes xeolóxicos durante milleiros de anos puxo ao descuberto e modelou as masas rochosas que forman o cerne das montañas creando, en moitas delas, formas monumentais ou curiosas merecentes de ser coñecidas e conservadas. Pena cabaleira en San Bieito da Coba do Lobo Penedo na localidade de A Pena (Vilamarín) Penedo do Trigo (Nogueira de Ramuín)
  • 54.
    Pedra Longa (Nogueirade Ramuín) Penedo en Nogueira de Ramuín
  • 55.
    A maioría dosmontes están cubertos de plantacións de piñeiros e mato de xestas, carqueixas e uces. Só, nalgúns lugares afastados e nalgunhas ladeiras e vales aparecen pequenas manchas de bosques autóctonos nos que conviven especies atlánticas (carballos, castiñeiros, bidueiros) e mediterráneas (rebolos, caxigos, érvedos, sobreiras...). Caxigo (Quercus faginea). Unha das poucas áreas de Galiza onde se pode atopar en na comarca de Ourense. Landras de sobreiras (Quercus suber). As sobreiras aparecen en pequenos grupos ou como exemplares illados nas áreas de máis acentuadas características mediterráneas por toda a comarca de Ourense.
  • 56.
    As mimosas (naimaxe, de cor verde-gris) invaden as explotacións abandoadas e os terreos da beira do bosque das áreas máis soleadas.
  • 57.
    O outono éunha moi boa época para gozar dos pequenos detalles e da infinda variedade das cores. Froitos de érvedo (Arbutus unedo). Nestas montes, ademais das plantacións de piñeiros, as especies máis comúns son as sobreiras, os rebolos os érvedos e as Lique Usnea florida
  • 58.
    Montes de Esgos,nos que a erosión deixa ao descuberto as rochas graníticas CABEZA DE MEDA MONTES DE ESGOS As últimas estribacións cara ao oeste da serra de Cabeza de Meda esténdense paralelas ao Canón do Sil e polo concello de Esgos ata San Pedro de Rochas. Os picos máis altos atópanse no límite da comarca: Mallada Vella (1.179 m), Outeiro de Aigas (1.032 m), Alto do Coto (962). Accedese desde Esgos ou Nogueira de Ramuín. En San Pedro de Rochas hai unha ruta sinalizada.
  • 59.
    Estribacións da Cabezade Meda desde o alto da Biduíza
  • 60.
    Edificio do mosteirode San Pedro de Rochas Tragaluz da igrexa de San Pedro de Rochas. A parte máis antiga deste mosteiro foi escavada na rocha e aproveita ou integra os penedos na construción.
  • 61.
    Montes de Nogueirade Ramuín desde Coles, na outra banda do Miño MONTES DE NOGUEIRA DE RAMUÍN Esténdense ao longo do Sil e do Miño e separan os dous vales. O punto máis alto é o Túas, nas proximidades de Luíntra, con 746 m. Nas abas que dan aos canóns do Sil e do Miño consérvanse fragas e soutos de grande valor biolóxico e etnográfico.
  • 62.
    Santo Estevo deRibas de Sil desdo o río Montes de Nogueira de Ramuín desde Carballedo, preto dos Peares
  • 63.
    Souto en SantoEstevo de Ribas de Sil Sequeiros para as castañas en Santo Estevo de Ribas de Sil. Refuxio na Moura (Nogueira de Ramuín)
  • 64.
    ALTO DA BIDUÍZA Formaparte da liña de montes que separan a comarca da depresión de Maceda. Desde o alto da Biduíza, ao que se accede desde Esgos, abránguense amplas panorámicas da comarca ata a cidade de Ourense.
  • 65.
    MONTE DO CASTRO Situadoentre Cartelle, A Merca, Toén e Barbadás. Acada os 635 m.
  • 66.
    MONTES DE BARBADÁS Nosarredores de San Bieito de Cova da Loba. No cume a pedra do Tangaraño, coñecida tradicionalmente polo seu efecto sanador.
  • 67.
    Serra da Martiñádesde Vilamarín SERRA DA MARTIÑÁ O territorio do concello de Vilamarín chega as estribacións do sur-leste desta serra. O punto máis alto nesta comarca é o Baínte, con 774 m.
  • 68.
    MONTE DE SANTAÁGUEDA No cume deste monte (687 m) conflúen os concellos de Vilamarín, Coles e A Peroxa. Está coroado por un castro. Unha gran parte está repoboado por piñeiros entre os que se conservan gran cantidade de carballos. Accedese desde Reádegos (Vilamarín).
  • 69.
    Croa do castrodo cume de Santa Águeda. Pódense apreciar os foxos defensivos e as defensas. Todo o castro está cuberto dunha carballeira.
  • 70.
    RÍOS O Miño entrea presa de Velle e a cidade de Ourense Toda a comarca de Ourense forma parte da cunca do Miño, o principal río e arteria da comarca que percorre o fondo da depresión ourensá, de nordeste a suroeste, aproveitando unha falla do terreo, e recibe ao Sil e outros afluentes de curto percorrido e cursos con fortes desniveis. Agás o Miño e o Sil, que están retidos en varios encoros, os ríos teñen augas baixas no verán, chegando, en casos a secar case totalmente.
  • 71.
    Arredor dos cursos fluviaisconsérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros e bidueiros. Unha boa parte está colonizada por mimosas, árbores de orixe australiana que se estenden con moita facilidade e ocupan grandes superficies. O Miño entre A Acea e Outariz
  • 72.
    Salgueiro nodoso (Salixsalvifolia). Un salgueiro tipicamente mediterráneo que se atopa á beira do Miño Chopos na área recreativa do Amieiral en Alongos (Toén) Lidoiro ou virgondoiro (Celtis australis), unha árbore que só se atopa silvestre ás beiras do Miño na comarca de Ourense e no Ribeiro.
  • 73.
    Lavandeira (Motacilla alba).Un paxaro insectívoro, e polo tanto protexido, habitual nas beiras dos ríos. Garza real (Ardea cinerea)
  • 74.
    Acea de Velle. Asaceas do Miño son un exemplo de adaptación ás forzas do río. De construción sólida, cunha forma aguda enfrentada á corrente para desviala sen sofrir os seus efectos, e cuberta plana de pedra para soportar as enchentas que en ocasións as asolagaban por completo. Asociados aos cursos fluviais consérvase un rico patrimonio cultural: pontes e pasais, muíños e aceas, portos...
  • 75.
  • 76.
    RÍO MIÑO O Miñonace na serrra de Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. Entra na comarca de Ourense nos Peares, no punto en que se xunta co seu principal afluente, o Sil. Desde antes de Ourense ata despois de Ribadavia a canle do Miño acomódase a unha foxa tectónica da que son testemuña distintas fontes de augas termais: Burgas, Laias, Barbantes... O val estréitase e afonda cando atravesa as zonas graníticas e agrándase e ábrese nas zonas de rochas metamórficas. O medio natural está alterado polos encoros de Velle e Castrelo do Miño que cambiaron a fisonomía do val do río. Os principais afluentes nesta comarca son: pola dereita o Búbal, Barra, Porto e Barbantiño; e pola esquerda o Sil, Loña e Barbaña. Os Peares: entrada do Miño na comarca e encontro co Sil O Miño retido no encoro de Velle
  • 77.
    Club naútico deRibela (Coles), nunha das enseadas que forma o encoro de Velle.
  • 78.
    O río entreA Peroxa, Coles e Nogueira de Ramuín. Presa de Velle e acea. Dúas formas de aproveitar a enerxía da auga
  • 79.
    Área de lecerde Oiras desde Velle Aula da Natureza na área de lecer de Oiras
  • 80.
    Ponte vella deourense. De orixe romana e posterior reforma medieval. A máis antiga das pontes que cruzan o Miño na cidade de Ourense.
  • 81.
    Ponte do Milenio,a de máis recente construción sobre o Miño. Suma ao seu aspecto utilitario o aspecto lúdico co paseo que ao longo do seu curioso anel permite percorrela e integrala no circuito de rutas de sendeirismo que complementan os atractivos da cidade.
  • 82.
    O Miño desdeo alto de San Trocado
  • 83.
  • 84.
    Canón do Sildesde o miradoiro de Cabezoas e desde o barco turístico. A viaxe en barco polo Canón achega un novo punto de vista. RÍO SIL Ten na comarca a última parte do seu percorrido antes de xuntarse ao Miño nos Peares, facendo fronteira entre o concello de Nogueira de Ramuín e a comarca Terra de Lemos. Todo o seu percorrido entre terras de Ourense e Lugo vai encaixado nun canón en rochas graníticas que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. A formación deste canón tivo a súa orixe a finais do Período Terciario e comezos do Cuaternario cando a chaira erosionada se ergueu verticalmente e obrigou ao río a aproveitar as fracturas que racharon o terreo. O curso do río está retido polos encoros de Santo Estevo e San Pedro. Recibe varios afluentes de curto percorrido como o Portocarros, Lamacela, Ponticela, San Miguel e Biduedo.
  • 85.
    Encoro de SantoEstevo, construído en 1955 e embarcadoiro do catamarán turístico.
  • 86.
    Presa e encorode San Pedro (1959)
  • 87.
    Canón do Sildesde o miradoiro dos Chancís (Sober)
  • 88.
    Canón do Sildesde o miradoiro de Pena Pombeira (Pantón)
  • 89.
    Canón do Sildesde Boqueiriño ou Cotarro 2 (Sober) Canón do Sil na zona de Cerreda (Nogueira de Ramuín) desde A Cividade ou Cotarro 1 (Sober).
  • 90.
    Canón do Sildesde o miradoiro da Pedra Longa
  • 91.
    Canón do Silentre Nogueira de Ramuín e Pantón O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico e paisaxístico, polas impresionantes formacións rochosas do canón que se aprecian desde diferentes lugares; e ecolóxico pola mestura de especies atlánticas e mediterráneas, a presenza de bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna. Ademais de interese histórico e etnográfico. Todo o percorrido do Sil nesta comarca está protexido no espazo “Canóns do Sil”. Barcos turísticos navegando polo Sil
  • 92.
    Os Peares O Sil,que presenta un réxime pluvio- nival, acada o seu maior caudal en febreiro, sendo agosto e setembro os meses de estiaxe. Na súa confluencia co Miño nos Peares cúmprese o refrán “O Sil leva a auga (184 m3 /s) e o Miño (102m3 /s) a fama”
  • 93.
    REGO DA PONTICELA Nacenos montes de Loureiro e xúntase co Sil na Reigada (Nogueira de Ramuín). Está encorado pouco antes da súa desembocadura e forma varios rápidos e fervenzas que en total superan os 100 m entre rochas graníticas, pero son difíciles de ver pola vexetación e a falla de acceso.
  • 94.
    RÍO LOÑA O ríoLoña ou Lonia nace no monte da Moura (Loña do Monte- Nogueira de Ramuín). Baña terras dos concellos de Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar e Ourense e desemboca no Miño en Velle. Os seus afluentes son A Boca, Vernaus, Prado e Grande pola dereita; e Triós, O Grañal e Graxela, pola esquerda. Desembocadura do Loña no Miño. Encoro de Cachamuíña, en Pereiro de Aguiar
  • 95.
    Paseo do Barbañaen Ourense RÍO BARBAÑA Baixa desde as proximidades de Nevoeiro (Figueroa-Paderne de Allariz) e conflúe co Miño en Ourense, despois de 25 km de percorrido polos concellos de Paderne de Allariz, Taboadela, San Cibrao das Viñas e Ourense. Recibe pola esquerda o Cerdeiriño, Pazos, Taboadela, San Bieito e Barbañiña ou Barbadás. Ponte Noalla sobre o Barbaña en San Cibrao das Viñas.
  • 96.
    Val encaixado doBúbal, entre A Peroxa e e desembocadura no Miño a carón da confluencia co Sil. RÍO BÚBAL Baixa da serra da Martiñá, percorre terreos de Carballedo e bótase no Miño nos Peares, facendo límite entre A Peroxa (Ourense) e Carballedo (Lugo).
  • 97.
    RÍO DA BARRA Drenao concello da Peroxa e continúa o seu percorrido facendo de linde entre entre os concellos de A Peroxa e Coles.
  • 98.
    Ponte sobre oBarbantiño, entre Cornoces (Amoeiro) e Mandrás (Cea). RÍO BARBANTIÑO Nace en Orbán (Vilamarín-Ourense) e recolle as augas da serra da Martiñá. Percorre terreos dos concellos de Vilamarín, Cea, Amoeiro e Ourense, e xúntase co Miño en Barbantes.
  • 99.
    Fervenza do RíoBarbantiño, entre Amoeiro e Punxín. A erosión do río nas rochas graníticas forma rápidos, pozas e fervenzas de gran beleza. A máis alta mide uns 10 m en varios saltos. A carón dela hai un grupo de 3 muíños en serie. Na estrada de Amoeiro a Punxín, antes de pasar a ponte hai unha rota de senderismo (2 km) que remata na fervenza e nos muíños.
  • 100.
    Na metade nortee oeste da comarca de Ourense as árbores predominantes son os piñeiros en grandes plantacións que ocupan as partes altas dos montes. As formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados carballos, rebolos, sobreiras, érvedos, algúns bidueiros nas zonas máis húmidas e castiñeiros. Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos, freixos, lidoiros e ailantos. Próximos aos ríos e nas zonas máis secas hai grandes estensión de mimosas. Arredor das poboacións, en especial no val do Sil, hai soutos que se cultivan para aproveitar as castañas. Nos parques e xardín das cidades e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas. AS ÁRBORES Carballeira na Peroxa. Nas partes expostas ao sol a vexetación presenta características mediterráneas, nas que aparecen rebolos, sobreiras e érvedos.
  • 101.
    Bosque no Canóndo Sil. Nas zonas umbrías os bosques da comarca conservan as características típicas da flora atlántica nos que aparecen bidueiros, carballos, castiñeiros...
  • 102.
    Carballo (Quercus robur) Carballoda capela dos Gozos (O Pereiro de Aguiar). Mide 4,10 m de perímetro. Carballos na área recreativa de Tarreirigos (Esgos) ao pé da estrada de Ourense a Trives. O máis grande é un exemplar con nórregas de 6,30 m de contorno (no pé 3,40). Hai outro de 4 m.
  • 103.
    Carballos de Albán(Coles). Atópanse ao pé da igrexa de San Paio de Albán, á dereita da estrada de Coles á Peroxa. Miden 4,50 e 4,40 m de perímetro.
  • 104.
    Carballo de Cepedo(Vilamarín). Mide 5,40 de perímetro. Atópase en Cepedo (parroquia de León), nunha propiedade á esquerda da estrada que vai a Vilamarín. Carballo do Pazo-castelo de Vilamarín. Mide 4,45 m de perímetro. Na zona atópanse varios carballo de porte semellante.
  • 105.
    - 4,24 mde perímetro.-6,42 m de perímetro. Carballos na Feira de Bouzas (Vilamarín)
  • 106.
    Carballo do pazode San Damián, na parroquia de Abruciños (Amoeiro). -7 m de perímetro. Está situado ao pé da estrada na propiedade do pazo que actualmente é unha Casa Rural. No recinto atópanse bos exemplares de carballos e castiñeiros.
  • 107.
    Carballo en Trasalba(Amoeiro) - 4,34 m de perímetro. Carballo en Parada (Amoeiro). Ten 5,10 m de perímetro e forma parte dun pequeno grupo que se atopa ao pé da estrada a carón do pazo.
  • 108.
    Carballo na capelade Santa Eulalia (Nogueira Ramuín) -4,66 m de perímetro
  • 109.
    Sobreira (Quercus suber) Sobreirasdo Seminario (Ourense)
  • 110.
    Sobreira de Loña(Santo Cristo de Lonia, Ourense) INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 111.
    Castiñeiro do soutoda Ramigoa (Armariz, Nogueira de Ramuín). O máis grande acada os 8,60 m de perímetro. Castiñeiro (Castanea sativa)
  • 112.
    Lidoiro de Oiras(Ourense). -2,90 de perímetro. Lidoiro (Celtis australis)
  • 113.
    Piñeiro bravo doSeminario (Ourense) Piñeiro bravo (Pinus pinaster)
  • 114.
    Sóforas (Sophora japonica).A máis grande mide 20 m de altura e máis de 3 m de perímetro. XARDÍNS DO POSÍO (Ourense) Washingtonia robusta Árbores botella (Brachychiton populneus).
  • 115.
    Oliveira na igrexade Santa Olaia de Beiro (Ourense)
  • 116.
    Plátano a árearecreativa do Amieiral en Alongos (Toén), a carón do Miño. Mide 4,60 m de perímetro. Área recreativa O Amieiral en Alongos (Toén): -plátanos -chopos
  • 117.
    Pinsapo (Abies pinsapo)do Pazo de Trasalba (Amoeiro). O pai de Otero Pedrayo plantou un pinsapo na Casa Grande de Trasalba ao nacer o escritor, e unha tormenta acabou con el en 1972, catro anos antes da morte do mesmo. En 1976, logo da morte de Pedrayo, os responsables da Fundación que leva o seu nome plantaron unha nova árbore no mesmo lugar que foi de novo abatida por un temporal en 2009.
  • 118.
    ESPAZOS PROTEXIDOS LIC CANÓNDO SIL Espazo compartido coa provincia de Lugo (Terra de Lemos). Nesta comarca inclúe a ribeira do Canón do Sil en terreos do concello de Nogueira de Ramuín. O maior interese desta área reside no valor xeolóxico e paisaxístico do Canón do Sil que nalgúns puntos da zona acada os 500 m de altura, con paredes case verticais e escarpes rochosos nos que se suxeitan as árbores con dificultade. Ten ademais un grande interese cultural e etnográfico ligado á Ribeira Sacra.
  • 119.
    Na proximidade deOurense, ao longo das fallas polas que corren os ríos, atópanse numerosas surxencias de augas termais que son aproveitadas para o baño (con fins lúdicos ou curativos) e como fonte de enerxía nas piscinas municipais. Preto do río Barbaña están as Burgas, a Casa de Baños e os Baños do Outeiro. No Loña, os Baños de Mende. Na beira do Miño as Burgas da Chabasqueira, O Tinteiro, os Baños de Santiago das Caldas, a Fonte Santa de Reza, a Burga do Muíño e as Burgas de Outariz. A presenza de augas termais débese a que existe unha infiltración de augas superficiais que chega a focos térmicos internos onde quecen para xurdiren logo chegando á superficie cunha temperatura superior á do ambiente. A partires das análises do contido en Tritio (que ten unha vida media -o que tarda en diminuír a súa concentración á metade- de 12,26 anos) calculouse que algunhas das augas termais de Galiza, entre as que se atopan as de Ourense permaneceron mais de 28 anos no interior da terra antes da súa surxencia. AS AUGAS TERMAIS foco térmico infiltración surxencia
  • 120.
    As Burgas. Ourense. Asaugas, alcalinas de mineralización media, bicarbonatado-sódicas, fluoradas e litínicas saen a 64-68ºC (as de maior temperatura de Galiza) Os galaicos-romanos rendían culto ás Ninfas das augas nas fontes das Burgas
  • 121.
    Burgas da Acea Burgasde Outariz Áreas de lecer creadas arredor das surxencias termáis ao pé do río Miiño en Ourense. A Chavasqueira
  • 122.
    MONTAXE E FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta Xaneiro 2017