CONCELLOS: Dodro Padrón e Rois
A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste.
A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o seu esteiro.
Concellos: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
Está situada no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e Enciña da Lastra.
O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.
CONCELLOS: Carballedo, Chantada e Taboada.
A comarca de Chantada está situada no suroeste da provincia de Lugo, entre as serras da Dorsal (Martiñá, Faro, Farelo e Vacaloura), que lle serven de linde con Pontevedra e Ourense polo oeste, e o val do río Miño, ao leste, lindando coas Terras de Lemos. No territorio desta comarca distínguense claramente tres unidades: as serras, con altitudes superiores aos 1.000 m, a superficie de aplanamento de Chantada e o encaixado val do Miño, con paredes que nalgúns lugares acadan os 400 m de altura.
As serras e o río Miño son os grandes protagonistas da natureza da comarca e neles atópanse paisaxes e espazos naturais de gran beleza e valor ecolóxico.
Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.
É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.
A comarca de Sarria está situada no centro-sur da provincia de Lugo, entre o val do Miño e as serras orientais galegas. No territorio diferéncianse tres unidades claras. O centro está ocupado pola depresión de Sarria, o leste e sur polas serras de Albela, Oribio, Lóuzara e Trapa, e o oeste polos restos dunha penichaira moi erosionada na que o Miño escavou a súa canle e na que se ergue a serra do Páramo.
Os ríos forman parte da cunca do Miño (Neira-Sarria) e do Sil (Cabe-Mao, Lóuzara).
CONCELLOS: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.
O macizo de Trevinca está formado por cinco serras que conflúen en Pena Trevinca: Eixe, Mina, Cabreira, Calva e Segundeira, compartidas entre Ourense (Galiza), Zamora e León (Castela-León). Unha área dun grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico.

Concellos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.
CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
CONCELLOS: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A comarca do Deza está situada no centro de Galiza, ao nordeste da provincia de Pontevedra.
O territorio é moi diverso en canto ao relevo e á paisaxe, desde as terras baixas nos arredores do Ulla ata os cumes do Faro. Está rodeada polo leste e sur polas serras da Dorsal Galega e forma parte por completo da cunca do Ulla e os seus dous afluentes principais na comarca, o Arnego e o Deza.
Ten áreas dun grande valor natural incluídas en diferentes espazos protexidos.
CONCELLOS: A Estrada e Forcarei
A comarca de Tabeirós-Terra de Montes está situada ao norte da provincia de Pontevedra, separada da Coruña polo río Ulla e de Ourense e a comarca do Deza polas serras da Dorsal que a limitan polo leste. É unha comarca cun relevo moi variado na que se diferencian tres áreas con características específicas. Ao norte as terras máis, baixas, no Val do Ulla, no centro terras de media altura e no sur e leste serras que acadan ata máis de 1.000 m de altitude.
A rede fluvial é tamén diversa e está estruturada arredor do Ulla, o Umia e o Lérez que, xunto cos seus afluentes forman multitude de vales.
A riqueza paisaxística e de espazos naturais é un dos importantes atractivos desta comarca na que se atopan varios espazos protexidos.
Tradicionalmente Cerdedo e Forcarei formaron a comarca coñecida como Terra de Montes.
Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
O LIC “Ancares-Courel” é un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales e que acolle importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.
Este primeiro traballo está dedicado aos Ancares, o terreo situado na contorna da serra dos Ancares e o val do río Navia.
Un espazo de montaña que comprende a Serra do Candán, os Montes do Testeiro e o curso alto do Deza e os seus afluentes Candán, Grobas e Asneiro, e un pequeno tramo do curso do Lérez.
É unha área de elevada pluviosidade que conserva bosques e especies de flora e fauna pouco abundantes en Galiza. Os seus cumes, como os de grande parte do territorio galego, están marcados pola presenza de aeroxeradores.
CONCELLOS: Silleda, Forcarei, Lalín, Beariz e O Irixo.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira
A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil.
É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes.
Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e está formado polas serras Serras (Laboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao) e os vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes. É unha área dun grande interesse natural e cultural.
Concellos: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
Comprende os concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. Desde o punto de vista natural ten varias zonas claramente diferenciadas: as depresións de Maceda e unha pequena parte da Limia, o val do Arnoia e as serras que a limitan polo leste (Meda, San Mamede), onde se atopan as maiores alturas, en terreos dos concellos de Xunqueira de Espadañedo e Maceda. É unha comarca dunha gran riqueza natural, en especial na contorna dos ríos e serras; histórica, artística e etnográfica.
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa o espazo de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
CONCELLOS: Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Padrón, Ames, Brión, Rois, Dodro e Rianxo (A Coruña). Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Pontecesures, Valga e Catoira (Pontevedra).
Abrangue o curso do Ulla desde a Ponte de Remesquide (entre as parroquias de Ribeira-Touro, e Obra-Vila de Cruces) ata a desembocadura, na punta das Tres Cruces (Entre Rianxo e Catoira), e parte do curso de varios afluentes: Deza (co Toxa), Liñares, Vea, Pereiro, Santa Lucía e Sar.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico.
Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
Concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense. Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.
Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
CONCELLOS: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
A comarca da Ulloa está situada na zona suroriental da provincia de Lugo a carón das serras da Dorsal Galega que lle fan de linde polo leste e sur. Ocupa un territorio chan resto dunha antiga superficie de erosión formada por bloques afundidos, con suaves ondulacións e moi incidido pola erosión dos ríos. Está rodeado en todo o seu contorno por serras de formas suaves e alturas que non sobrepasan os 800 m. O río principal é o Ulla que lle da nome á comarca e ten nela o seu curso alto e parte do medio. Acolle espazos de grande valor natural: a Serra do Careón, o canón do Ulla e en xeral todos os cursos dos ríos e as serras.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Inclúe o curso do río Sor e as súas cabeceiras coas serras que o rodean: Faladoira, Tras da Serra, Veiga do Xunco... Únese polo nordeste co LIC “Costa da Mariña Occidental” na desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro, e polo suroeste co LIC “Río Baleo”, na serra da Faladoira. CONCELLOS: As Pontes e Mañón (A Coruña), Muras, Ourol e O Vicedo (Lugo).

Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un macizo.
É unha serra que acolle importantes valores naturais, en especial as turbeiras.
CONCELLOS: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra
A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra.
O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica en parques e xardíns, tanto públicos como privados.
A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur; flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os montes de Budiño. Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
CONCELLOS: Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra.
CONCELLOS: Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.
A comarca de Noia está situada no suroeste da provincia de A Coruña, con fronte ao centro e sur da ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas Galegas. É unha comarca de paisaxes asociados ao mar e ás serras, onde as estreitas chairas costeiras están rodeadas en toda a súa contorna por aliñacións de cumes que van do Tremuzo, ao norte, ata o Barbanza, ao sur. O río Tambre é a principal arteria da comarca e forma o maior esteiro que ocupa o fondo da ría.
As áreas de maior interese natural atópanse ao longo de toda a costa onde hai numerosas praias e cantís de grande valor ecolóxico, e no esteiro do Tambre.
A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
A comarca dos Ancares inclúe os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.
CONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
CONCELLOS: A Baña e Negreira
A comarca de a Barcala está situada no centro-oeste da provincia da Coruña.
O territorio está formado por unha sucesión de vales amplos e cumes de formas suaves e redondeadas con poucas diferenzas de altitude.
O río máis importante é o Tambre que percorre o linde sur e leste e o seu principal afluente é o Barcala que lle da nome á comarca.
A maior parte do territorio está ocupado por pasteiros e cultivos forraxeiros e por piñeiros e eucaliptos. Os espazos de maior interese natural atópanse na contorna dos ríos, sobre todo ao longo do percorrido do Tambre.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Val do Ulla e do Sar e vila de Padrón desde o monte Meda
A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do
último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de
contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas
superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste.
A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o
seu esteiro.
5. ACTIVIDADES
Padrón
As principais actividades son os servizos, a industria, a construción, a agricultura, a pesca e as
explotacións forestais. Destaca a produción do Pemento de Herbón que conta cunha
Indicación Xeográfica Protexida e cunha festa de exaltación no mes de agosto.
8. PATRIMONIO
A comarca do sar acolle un rico e variado patrimonio histórico-artístico, moi asociado ás
tradicións xacobeas. En Padrón conflúen a coñecida como Ruta da Translación ou Ruta
Marítimo-fluvial Xacobea do Mar de Arousa e o Camiño Portugués que ven desde Pontevedra.
Destaca a Colexiata de Iria Flavia, o santuario da Escravitude, o convento de Herbón e
numerosas igrexas e capelas parroquiais, así como cruceiros, pontes, pazos e casas
tradicionais.
O Pedrón, unha ara romana dedicada a Neptuno.
Gárdase debaixo do altar maior da Igrexa de
Santiago en Padrón.
Pódese ler a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se
interpreta como: "A Neptuno, os habitantes do foro
de Iria, colocaron esta ara ás súas expensas".
A tradición cristiá da Traslatio Xacobea, recollida
no Libro III do Códice Calixtino, relata que os
discípulos do apóstolo Santiago amarraron no
Pedrón a barca que portaba o corpo do santo.
17. CONCELLOS
SUPERFICIE:
36,08 km2
POBOACIÓN:
2.882 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
Dodro, Laíño e San
Xoán de Laíño.
Laíño e o esteiro do Ulla
DODRO
Está situado no sur da comarca. Non ten núcleos importantes de poboación e a capital
municipal sitúase en Tallós.
No territorio distínguense dúas áreas. Ao sur o val do Ulla que percorre o linde de nordeste a
suroeste abríndose nun amplo esteiro de grande valor ecolóxico no que se atopan as marismas
das Avesedas e as brañas de Laíño, Lestrove e Dodro. Os principais afluentes son o Vigo e o
Manselle. Polo noroeste circula o Devesa, un afluente do Té. Ao norte e oeste os últimos
contrafortes da Muralla cos cumes máis destacados no Lomba da Poza (567 m), Morouzos (316
m) e Caldebarcos (312 m).
18. Eira de hórreos en Imo
As principais actividades son a agricultura, o sector forestal, os servizos e a industria, aínda
que unha grande parte da poboación desprázase a traballar fora do concello.
Os lugares de maior interese natural atópanse no esteiro do Ulla, protexido no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”, e nos montes da Muralla onde se poden facer rutas de sendeirismo e gozar
de vistas espectaculares.
No patrimonio histórico-artístico destacan os pazos de Lestrove e Hermida e as igrexas de
Dodro, San Xoán de Laíño e San Xiao de Laíño.
Cruceiro nas Paxareiras, onde hai unha área
de lecer e unha ruta de sendeirismo
19. Padrón desde o monte Meda
SUPERFICIE:
48,32 km2
POBOACIÓN:
8.643 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Carcacía, Cruces,
Herbón, Iria Flavia e
Padrón.
PADRÓN
Situado na zona oeste da comarca. A maior parte do territorio do concello forma parte da
Depresión Meridiana que aquí acada 12 m de ancho e está ocupada polo fértil val do Sar
(veiga de Padrón). No leste unha aliñación de cumes que van desde o Ulla ata o linde norte:
Meda (451 m), Lapido, Pena de Cruz, e o Castro, ao sur do Ulla.
O río Ulla, o principal curso do concello, discorre con dirección leste-oeste facendo
parcialmente de linde coa provincia de Pontevedra. Recibe ao Sar na vila de Padrón, preto da
desembocadura.
20. Casa-Museo de Rosalía de Castro
As actividades máis importantes son os servizos, a industria (transformados do aluminio,
taboleiros, ferros, curtidos, conservas...) os servizos e a agricultura. Destaca o cultivo dos
pementos de Herbón.
Os espazos de maior interese natural atópanse no val do Ulla, protexido no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”. De grande valor botánico é o Xardín Artístico.
Ten un importante patrimonio histórico artístico: conventos de Herbón e do Carme, colexiata
de Iria Flavia, santuario da Escravitude, ermida de Santiaguiño do Monte, fontes, pontes,
pazos, casas tradicionais...
Tamén conta con varios museos: casa de Rosalía de Castro, Casa de Camilo José Cela.
A Escravitude
21. Rois, cos montes do Oleirón ao fondo
SUPERFICIE:
22,59 km2
POBOACIÓN:
4.767 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Augasantas, Buxán, Costa,
Ermedelo, Herbogo, Leroño,
Oín, Ribasar, Rois, Seira,
Sorribas e Urdilde.
ROIS
Está situado no norte da comarca. O territorio do concello ten dúas áreas diferenciadas. Ao
leste os montes que se estenden desde A Muralla, cos cumes máis destacados no Pedregal
(609 m), Ricovo (576 m) e As Cavadiñas (518 m). De norte a sur, separado dos anteriores polo
val do río Valeirón ou Liñares, os montes do Oleirón, co cume máis alto no Santa Cecia, con
420 m. No leste os terreos chans que forman parte da Depresión Meridiana, na marxe dereita
do río Sar e no val do seu afluente, o Rois. A zona noroeste do territorio verte en regos
afluentes do Soñora que vai á Ría de Noia.
22. Acceso ao pazo do Farramello, onde
estivo instalada a primeira fábrica de
papel de Galiza.
As principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais e os servizos. A capital
municipal é Os Dices.
As zonas de maior interese natural atópanse no río sar, protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-
Deza”, e nos montes da Muralla onde hai unha impresionantes vistas panorámicas de toda a
comarca.
O patrimonio histórico artístico está reppresentado polas igrexas de San Vicente de
Augasantas, Leroño, San Miguel da Costa e San Mamede de Rois, os pazos do Faramello,
Angueira de Castro e Antequeira e algúns cruceiros (Vilachán, Soñora, Carrais, Vilariño...).
Río Sar en Rois
23. RELEVO
A Depresión Meridiana, o esteiro do Ulla e a Ría de Arousa desde a Pena da Grela
O territorio da comarca do Sar é moi irregular e de grandes contrastes. A Depresión Meridiana,
un bloque tectónico afundido por un sistema de fallas que atravesa Galiza de norte a sur, cruza
o centro-leste da comarca e forma, xunto coa acción dos ríos a chamada “Veiga de Padrón”,
unha zona baixa e achairada cuberta de sedimentos. As terras baixas continúan polos vales
dos afluentes do Sar e no esteiro do Ulla, na prolongación da ría de Arousa.
Ao leste atópanse os montes da Muralla, co cume máis destacado no Pedregal, con 609 m. No
centro, separando os vales do Sar e o Rois os montes de Oleirón, e no leste unha serie de
cumes que van desde o Ulla ata o linde coa comarca de Santiago.
25. Granitos con grandes cristais de feldespatos nos cumes da serra do Oleirón
Os rochas máis abundantes son os granitos que nos montes dan lugar a unha paisaxe
dominada por penedos.
26. A vexetación máis extendida nos montes son o mato de toxos e breixos e as plantacións de
piñeiros e eucaliptos, moi afectados polos incendios nos últimos anos.
Vista desde o cume da Muralla sobre Rois
27. Os toxos son os arbustos máis abundantes no
mato que cobre os cumes da comarca.
Uvas de lagarto (Sedum...). Instálanse aproveitando a
humidade e o pouco solo que se forma nas fendas das
pedras e sobre terreos degradados.
28. Lagarto Arnal (Timon lepidus)
A fauna é a típica das matogueiras e de espazos cultivados, en especial as aves.
Chasco (Saxicola torquata)
29. A Muralla desde o cume de Santa Cecia
A MURALLA
Esténdese con direción norte-sur entre a serra de Barbanza e a Depresión Meridiana, nos
lindes das comarcas do Sar, Barbanza e Noia. Os cumes máis altos nesta comarca son o
Pedregal (609 m), Ricovo (576 m) e As Cavadiñas (518 m).
Na aba leste nacen algúns afluentes do Sar e na oeste regos das cabeceiras do Soñora.
Accedese desde Rois, por Augasantas ou Ermedelo e desde Dodro. Desde os cumes hai unhas
vistas espectaculares sobre a ría de Arousa e os vales do Ulla e Sar.
32. Vista dos cumes da Muralla cara ao norte, en terreos de Rois
33. SERRA DO OLEIRÓN
Esténdese de norte a sur por terreos do concello de Rois e fai de divisoria de augas entre os
ríos Sar e o Rois, co seu afluente o Liñares. O cume máis destacado é o Santa Cecia, con 420 m.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre as comarcas de Sar e Santiago.
Accedese por estrada asfaltada desde Macedos (Urdilde-Rois). Unha pista forestal sube desde
Cornes. A combinación das dúas permite facer unha travesía de Norte a Sur.
35. Cumes do Lapido e Pena da Agrela desde o Meda, cara ao norte
Unha serie de cumes esténdense con dirección norte-sur polo leste da comarca, no linde dos
concellos de Padrón e Teo.
PENA DAS CRUCES (372 m), PENA DA AGRELA (409 m), CASTELO (382 m), LAPIDO (432 m) e
MEDA (448 m). Están formados por rochas graníticas que destacan no terreo en forma de
bolos e penedos. Nas abas do oeste nacen varios regos que desaugan no Sar.
Accedese desde a estrada de Herbón a Carcacía (Padrón).
Desde os cumes hai unhas boas vistas dos vales do Ulla e Sar e das comarcas limítrofes.
38. MONTE DO CASTRO VALENTE
Situado ao sur do Ulla, no linde entre Padrón e A Estrada. O cume acada os 398 m de altura.
Accédese desde Bandín ou Morono
Monte do Castro desde o Meda
39. OS RÍOS
O Ulla en Herbón
O principal curso fluvial da comarca é o Ulla que atravesa parte do concello de Padrón de leste
a oeste e fai de linde natural coa comarca de Pontevedra no seu último tramo, no esteiro no
fondo da ría de Arousa. O Sar é o afluente máis importante que circula de norte a sur
aproveitando a Depresión Meridiana e recibe numerosos afluentes que baixan das serras que
limitan a comarca polo leste e oeste.
A zona noroeste do concello de Rois verte en regos afluentes do Soñora que vai á Ría de Noia.
En xeral os cursos dos ríos son de pouco desnivel e forman vales amplos e abertos, agás o Ulla
que se encaixa na súa entrada na comarca entre bloques graníticos elevados.
40. Na contorna dos ríos consérvanse diversos ecosistemas (bosques de ribeira, esteiros,
marismas) nos que hai unha rica flora e fauna. O Ulla e o Sar están protexidos en todo o seu
percorrido pola comarca.
41. Carrizos (Phragmites communis).
Cubren grandes superficies nos esteiros ata onde
chegan as augas salobres.
Xunco (Juncus maritimus). Os xuncos dos esteiros
reteñen materiais en suspensión na auga, límpana
de resíduos e contribúen a formar solo.
42. Nas zonas pouco fondas dos remansos enraízan ou aboian un gran número de
plantas que gostan da auga: herba salgueira, espadanas, lentellas de auga...
44. Mosca Eristalis tenax sobre flores de Pé de boi,
planta pezoñenta moi común á beira de ríos e lugares
húmidos. As larvas desta mosca (eirugas de cola de
rata) viven en augas ricas en resíduos orgánicos,
mentres que os adultos aliméntanse de pole e néctar
das flores.
Ra verde (Pelophyllax perezi). A máis abondosa
e coñecida das ras galegas está presente en
todas as augas quedas ou de corrente lenta.
45. Garzota (Egretta garzetta). É un visitante
invernal que busca nos esteiros lugares para
descansar e alimentarse.
Lamprea (Petromyzom marinus). Péscase nos cursos
baixos dos ríos cando remonta para desovar. A boca está
adaptada para suxeitarse a outros animais e alimentarse
do seu sangue.
46. O Ulla en Dodro
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros
(Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e
Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na
ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km de percorrido.
Recibe pola dereita o Sar e varios regos pequenos (Vigo, Manselle, Devesa).
Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Rois, Dodro e Padrón.
Na súa entrada en terras de Padrón encáixase entre os montes do Castro e Meda e logo ábrese
nun amplo esteiro antes de morrer na ría de Arousa.
Está protexido no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”
56. AS PESQUEIRAS
Son os lugares ou as construcións para a captura de lamprea. Están formadas por unha serie de muros
separados por boquetes que arrancan das beiras e cruzan o río no sentido perpendicular á corrente. Nos
ocos sitúanse os aparellos para a pesca da lamprea chamados cangallos.
Están documentadas desde o século IX e foron moi abondosas na Idade Media.
57. Barca e pesqueiras da lamprea en Herbón Detalle dun boquete dunha pesqueira en Carcacía
58. O Sar no Faramello (Brión)
RÍO SAR
Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela) e xúntase ao Ulla en Padrón. Circula primeiro con
dirección leste-oeste e despois norte-sur aproveitando a Depresión Meridiana.
Na comarca drena os concellos de Rois e Padrón e recibe pola dereita o Rois (co Liñares ou Valeirón) e
numerosos regos de pequeno tamaño.
60. Río Liñares, afluente do Rois que vai ao Sar e baixa
entre as abas do Pedregal e o Oleirón
O Sar na Veiga de Padrón
61. O Sar ten un curso con pouco desnivel e cando as choivas son abundantes reborda con facilidade. Na vila de Padrón
construiuse unha canle para evitar as inundacións.
66. Curso alto do Te en Teaio (Dodro), nas abas da
serra da Muralla. Unha ruta de sendeirismo
permite percorrer un pequeno tramo onde hai
varios rápidos, pequenos saltos e muíños.
RÍO TE
Nace ao sur do Monte Muralla e
desemboca na ría de Arousa na enseada
Carballeira. Os principais afluentes son o
Muíño do Conde, Batán e Muíños pola
dereita; e o Devesa, pola esquerda.
67. AS ÁRBORES
Área de lecer de Santiaguiño do
Monte, en Padrón. Conta cunha
área arborada (piñeiros, carballos,
castiñeiros) e un miradoiro sobre
Padrón. Pódese acceder por unhas
escaleiras desde a rúa Santiago,
despois de cruzar a ponte sobre o
Sar, ou por estrada.
A maior parte do terreo forestal da comarca está ocupado por plantacións de piñeiros e
eucaliptos e só nalgunha áreas protexidas ou de difícil acceso se atopan pequenas masas de
carballeiras autóctonas con algunha sobreira mesturada.
Nos adros dalgunhas igrexas e mosteiros, nos parques e xardíns das vilas e dos pazos atópanse
boas representacións de especies entre as que hai varios exemplares monumentais. Destaca o
Xardín Artístico de Padrón declarado Monumento Artístico Nacional desde 1946. Tamén se
atopan bos exemplares na Casa Museo de Rosalía de Castro e no Pazo de Antequeira, en Rois
(tilleira e faia). (P): incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
68. XARDÍN ARTÍSTICO DE PADRÓN:
-Carballo fastixiado (P)
-Castiñeiro de Indias (P)
-Árbore do Amor (Coroa de Cristo) (P)
-Palmeira do Senegal (P)
-Secuoias vermellas (P)
-Calocedro
-Xenebreiro (Sombreiro de Copa)
-Plátanos
-Camelias
-Tilleira
69. Carballo “fastiguiata” (Quercus robur) do xardín de
Padrón. Mide 26 m de altura e foi plantado na segunda
metade do século XIX.
Castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum) do xardín
de Padrón. Mide arredor de 29 m de altura.
70. Palmeira do Senegal (Phoenix reclinata) do Xardín
Padrón. Mide 11 m de altura. Destaca pola gran
cantidade de talos que emite desde as raíces.
Secuoias vermellas (Sequoia sempervirens) do Xardín de
Padrón. Teñen 32 e 33 m de altura e máis de 150 anos.
71. CASA MUSEO ROSALÍA (PADRÓN)
-Árbore do Coral
-Figueira (P)
-Ombú
-Loureiro
Loureiro (Laurus nobilis)
Casa Museo Rosalía Castro. (Padrón).
Ombú (Phytolaca dioica).
Casa-museo de Rosalía de Castro (Padrón)
72. Figueira (Ficus carica) Casa Museo
Rosalía Castro. (Padrón).
Mide 6 m de altura e 1,50 de
perímetro. É unha das figueiras máis
coñecidas pola súa relación con
Rosalía de Castro.
73. Oliveiras (Olea europaea) do Cimeterio de Adina. Iria Flavia. (Padrón).
Os exemplares máis vellos teñen máis de 200 anos. (P)
74. -Palmeira datileira do MOSTEIRO DE
HERBÓN (PADRÓN) (P)Plátanos (Platanus x hispanica)
Paseo do Espolón (Padrón)
79. Loureiro a carón do Ulla (Padrón) Arcipreste de Portugal da igrexa de Iria Flavia (Padrón)
80. ESPAZOS PROTEXIDOS
Esteiro do Ulla
LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA
O espazo protexido abrangue unha extensión de 1.153 ha, o curso do Ulla desde Arzúa ata a
desembocadura, o último tramo do Deza e o Sar, desde Os Anxos. Nesta comarca terreos nos
concellos de Dodro, Padrón e Rois.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o
esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. É o único río da vertente atlántica galega no
que hai salmón. Ademais pódense atopar lampreas, troitas, sábalos, escalos, muxes...
81. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Actualizada en xullo de 2017