Inclúe as serras do Eixe, A Mina, Calva e unha pequena parte da Segundeira, unha parte da do Canizo, os montes do Covelo e varios tramos do val do Bibei.
Linda co Parque Natural “Lago de Sanabria e arredores” (Zamora) e o Monumento Natural Lago da Baña (León).
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición dunha grande diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.