SlideShare a Scribd company logo
1 of 111
ESPAZOS NATURAIS
LIC OS ANCARES-O COUREL
1-OS ANCARES
O LIC “Ancares-Courel” é un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas
tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras
do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo
abrupto, no que se suceden serras e vales e que acolle importantes valores
xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e
ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes
dunha protección de maior nivel.
SITUACIÓN: No surleste da provincia
de Lugo, nas comarcas dos Ancares,
Quiroga, Sarria e Terra de Lemos.
Localidades de referencia: A Proba de
Navia, San Román de Cervantes,
Becerreá, As Nogais, Pedrafita do
Cebreiro, Triacastela, Samos, A Cruz do
Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do
Brollón, Quiroga.
SUPERFICIE: 102.635 ha
CONCELLOS:
Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá
As Nogais, Triacastela, Pedrafita do
Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do
Courel, A Pobra de Brollón Quiroga
Ribas do Sil.
VALORES NATURAIS: fragas,
brañas, pegadas glaciarias, ríos, bosques
de ribeira, fervenzas, pregamentos,
paisaxe e unha rica flora e fauna.
PROTECCIÓN
-LIC (29 de decembro de 2004)
-ZEC (31 de marzo de 2014)
-RESERVA DA BIOSFERA “Os
Ancares Lucenses e Terras de
Navia e Becerreá” (27 de outubro
de 2006)
-Zona de Especial Protección para
as Aves (ZEPA) Ancares.
-Reserva Nacional de Caza
-Zona de Protección do Oso Pardo
-A área correspóndese
parcialmente coa IBA 009 Serra
dos Ancares, incluída no
inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Monumento Natural
“Pregamento xeolóxico de
Campodola e Leixazós”.
CLIMA
Oceánico de montaña, con precipitacións abondantes, invernos longos e temperaturas
contrastadas, máis suavizadas nos vales.
A área coñecida como Os Ancares situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da
provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña
onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa a
comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e
ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
1-OS ANCARES
XEOLOXÍA/RELEVO
O territorio encádrase dentro das Serras Orientais galegas.
A combinación entre a composición das rochas e as forzas oroxénicas, que deron lugar a
fracturas e pregamentos, conformou unha paisaxe variada de vales abruptos, cavorcos e
cumes que foron logo desgastados ou escavados polos ríos e o xeo ata conformar o aspecto
actual. As rochas máis comúns son as lousas, os xistos e, en menor medidas os granitos, as
cuarcitas e as calcárias.
A serra máis importante é a dos Ancares, que
fai de linde, na liña de cumes con orientación
norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o
val do Navia esténdese unha sucesión de serras
menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal,
Grandas de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e
Escrita.
SERRA DOS ANCARES
A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de dirección NE SO que
segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias. Son as derradeiras estribacións
cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do
Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur.
Os Ancares desde Becerreá.
A altitude dos Ancares, ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia
de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
En territorio galego a serra dos Ancares forma unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30
km de lonxitude entre os portos dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro.
O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o
Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.
Vista da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane; desde o Miravalless, á esquerda, ata Penarrubia, á dereita..
O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de
Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.
O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León No centro da imaxe.
O Mostallar.
O cume máis alto da serra na parte galega (na fronteira), con 1.924 m.
Tres Bispos, Serra do Pando e Penarubia.
Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza
(bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.
GLACIARISMO
Na partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales
de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes
mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de
artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en
Piornedo, Cancelada, Suárbol...
Corte do solo onde se aprecian os distintos
materiais transportados en períodos de xeo-
desxeo.
Rochas desgastadas pola
acción do xeo no val de
Piornedo.
Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar
de Piornedo. No val de Piornedo (val de
Bous) houbo un glaciar de 6 km de
lonxitude e 180 m de espesor.
Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do
Ortigal, afluente do Ser.
Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe
conflúen Galiza, Asturias e León.
SERRA DE SURCIO
No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río
Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes
verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con
1.456 m.
A serra do Barreiro está cuberta
de mato agás nos fondos dos
vales e nas proximidades dos
lugares habitados.
SERRA DO BARREIRO
Situada no límite de Navia de Suarna
con Asturias, con orientación NO-SE,
formada por lousas e cuarcitas.
A máxima altura é o Dangoleo, con
1.181 m. Na vertente sur nacen
pequenos ríos afluentes do Rao.
SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL
Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o
Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.
Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo.
Penedo de Murias
de Rao, con 1.027
m de altura. Este
impresionante
penedo de
cuarcitas sobresae
á beira do camiño
de Murias de Rao
ás Brañas de Pan
de Zarco.
SERRA DE GRANDAS DE ARROXO
E VILAR
Esténdese con dirección SO-NO entre os ríos
de Quindous e Ser. O cume máis alto acada
1.278 m no contacto coa serra da Fiosa.
Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.
SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS
Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos
regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca
con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.
Morrenas nas abas da serra
do Agulleiro.
Vista da serras da Fiosa e a
Cortella (ao fondo) no primeiro
plano Xantes, na aba da serra do
Agulleiro.
SERRA DA CORTELLA
Pequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume
máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude.
SERRA DA FIOSA
Esténdese con orientación N-S, con
prolongación cara á serra da Cortella, ao
oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese
desde San Román de Cervantes ou
Quindous. O punto máis alto é o Monte da
Fiosa, con 1.422 m.
Monte da Fiosa (á esquerda)
e Pena do Santo.
Vista da serra da
Fiosa desde o
alto de
Boixecide, a
carón do
Albergue dos
Ancares.
Serra das Maseiras despois
dunha nevada. Detrás vese
Penarrubia.
SERRAS DO PANDO
E MASEIRAS
É un sistema montañoso que se pode
considerar como unha das estribacións dos
Ancares, con orientación NE-SO. O punto
máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con
1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e
Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes).
Serra do Pando. Ao fondo
Tres Bispos (á esquerda) e
Penarrubia (á dereita).
Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara
desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse
unhas das fragas máis importantes dos Ancares.
Cereixido e detrás a serra
do Pando.
Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita.
Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. Ao fondo á esquerda o
monte Carballeda (1.392 m) da serra do Piornal. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m.
REDE FLUVIAL
Unha densa rede de regatos e regos que baixan das numerosas serras e se articulan arredor
do Navia (Río das Casas ou Doiras, Narón, Ser, Rao). Son ríos que salvan fortes desniveis e
circulan por profundos vales onde son frecuentes as fervenzas, coñecidas no Courel no nome
de pincheiras.
Rego das Pasadas,
afluente do Ser.
Río Piornedo ou de
Bous ao pé do
Mostallar.
En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e
percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e
fervenzas (coñecidas no Courel co nome de pincheiras). Na súa contorna consérvanse espazos
naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros,
mazos...
Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).
Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val
limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira,
Chan de Pereira e A Escrita, á dereita.
RÍO NAVIA
Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km
por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior
parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas
das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con
constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Ten un forte caudal de augas
procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos
picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.
AFLUENTES DO NAVIA
NA ZONA:
Pola dereita: Valdeparada,
Cervantes (Casas ou
Cancelada-Toural, Noceda,
Brego, Vara-), Quindós, Ser
ou Ortigal, Vilapardín,
Canlorcia, Rúa, Rao ou
Valouta.
Pola esquerda: Bullón
(Refuxiados), Narón ou
Ferreiros, Calamouco,
Vilaiz, Donsal, Bullán,
Gueizán, Mosteiro e
Suarna (Lamas- Castelo,
Córneas, Castosa,
Ransinde-).
O Navia en Agüeira (Becerreá)
“Ponte Vella” sobre o Navia na Pobra de Navia de Suarna.
RÍO SER. Fórmase con numerosos regos que baixan dos
Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase
rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.
Val do Ser
Fervenza no rego de Boixecide, un afluente do Ortigal.
Salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous
saltos
RÍO ORTIGAL.
É unha das cabeceiras do Ser (Navia). Ten un
percorrido con numerosos rápidos e fervenzas.
FERVENZA DAS PONTES. Parroquia de
Donís (Cervantes). No rego de
Piornedo, pouco antes de xuntarse co
río das Pontes (Ser). Desde Donís
atravésase o lugar ata o río.
O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace
ao pé do Mostallar e desemboca no río
das Pontes (afluente do Ser que á súa vez
vai ao Navia). En todo o seu percorrido
forma varias fervenzas de pequeno
tamaño, pozas e rápidos.
Pontella sobre o río Piornedo
no camiño do Mostallar.
O RAO fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase
ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso.
PESQUEIRA DE LASTROA.
En Murias (Rao-Navia de Suarna).
No rego de Campos, unha das
cabeceiras do Murias, afluente do
Rao. A fervenza vese xusto en
fronte do penedo de Murias..Canon do Rao
(Navia de Suarna),
entre Murias e
Valouta.
Canón do Rao
Rego das Pasadas, afluente do Ser
RÍO CERVANTES (RÍO DAS CASAS OU
CANCELADA)
Fórmase coa unión de numerosas
cabeceiras (Vara, Brego e Nocedo,
Toural...)
Xúntase co Navia nas Pontes de Gatín.
Río Cervantes debaixo da
Ponte de Gatín
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-
Nanojuncetea
-Lagos e estanques distróficos naturais
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais alpinos e boreais
-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas
montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Prados de sega de montaña
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
-Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori-
petraeae ou Ilici-Fagenion)
-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion
-Turbeiras boscosas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
-Bosques mediterráneos de Taxus baccata
-Soutos
-Acevedos
Viola arvensis
FLORA
A amplitude do espazo, a variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto
coa súa situación no punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e
mediterránea fan que a variedade florística sexa impresionante, coa presenza de formacións
vexetais de grande valor ecolóxico (fragas, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco
comúns.
Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces,
piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas,
que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións
hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están
repoboadas con piñeiros
Fraga de Cabana Vella, un dos maiores bosques dos Ancares. Está situada no val do rego da Vara. Conserva exemplares
monumentais de carballos e acivros.
As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou
menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e
muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias,
carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos...
O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talose
madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval.
Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.
Souto da Saencia (Rao)
Castiñeiro (Castanea sativa). Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta
do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
Bidueiros (Betula celtiberica)
Bosque de acivros na Cabana Vella. A escuridade que hai no interior destes
bosques impide o desenvolvemento de calquera outro vexetal.
Os acivros (Ilex aquifolium) son importantes para o mantemento da vida na zona.
A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen
na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento
do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.
Arandeiras (Vaccinium myrtillus)
Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e
sérvenlle de refuxio á fauna.
Xesta (Cytisus multiflorus)
Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)
Abruñeiro
(Prunus
spinosa)
Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia)
Mostallo (Sorbus aria)
Lirio (Iris latifolia)
Lilium martagon
Nos Ancares atópanse 20
endemismos da área cantábrica
Campanula cantabrica,
Gentiana lutea, subsp.
aurantiaca, Iris latifolia,
Juniperus nana, Vaccinium
uliginosum...)
Xensá (Gentiana lutea)
Narcisos (Narcissus pseudonarcissus) no Campo Formoso (Val do Ortigal)
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Festuca elegans
Festuca summilusitanica
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus ssp.nobilis
Santolina semidentata
Narcissus pseudonarcissus Narcissus asturiensis
Pinguicola vulgaris, unha pequena planta carnívora
que vive en zonas moi húmidas.
Saxifraga spathularis
Herba do gando (Helleborus foetidus)
Amorodos (Fragaria vesca).
Atópanse habitualmente nos
límites do bosque, en zonas
húmidas.
Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium).
Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga.
No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.
Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)
Liques
ÁRBORES SENLLEIRAS
Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)
CARBALLO (Quercus robur)
Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella.
(Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande
porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P)
Río Ortigal (P)
Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)
CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)
Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes).
Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares, os de máis porte
acadan os 10,30 m de perímetro.
As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)
Avesedo de Donís (Cervantes)
Varios exemplares de ata 6,40 m de
perímetro.
Río Ortigal
Teso das Valiñas (Piornedo)
As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
Cerquiño (Quercus pyrenaica) da
Praza do Campo. Quindous
(Cervantes). Mide 18 m de altura e
supera os 100 anos.
REBOLO/CERQUIÑO
(Quercus pineraica)
Avesedo de Donís (Cervantes)
Quercus x rosacea
(híbrido de carballo e carba)
Praza do Campo.
(Quindous- Cervantes)
-20,4 m de altura e 6,37 m de
perímetro. (P)
Rebolos no Teso das Valiñas
(Piornedo, Cervantes)
CASTIÑEIRO
(Castanea
sativa)
Aucella (Cervantes)
Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .
A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m
de perímetro.
Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro.
Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro.
Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no
souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de
perímetro.
Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)
-10, 30 m de perímetro.
Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do
Seixo, Cervantes)
-7 m de perímetro.
Verdello de Cereixedo
Castelo de Frades
Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
FAIA (Fagus sylvatica)
-Pintinidoira
(Vilaspasantes-Cervantes)
(P)
-Faias de Pintinidoira (P)
BIDUEIRO / BIDO
(Betula celtiberica)
-Monte dos Acebais (Piornedo,
Cervantes). Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
-Avesedo de Donís (Cervantes).
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
-Val do río Ortegal (Cervantes): varios
exemplares
Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
Avesedo de Donís (Cervantes).
Val do río Ortigal (Cervantes)
CAPUDRE (Sorbus aucuparia)
Val do río Ortigal (Cervantes)
Fraga da Cabana Vella
ACIVRO/XARDÓN
(Ilex aquifolium)
Fraga da Cabana Vella
(Cereixedo-Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte.
Avesedo de Donís (Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte de
ata 3,20 m de perímetro.
Avesedo de Donís
TEIXO
(Taxus Bacata)
-Fraga da Cabanavella (Cervantes).
Varios exemplares de ata 2,8 m de
perímetro.
-Piornedo - 4,60 m de perímetro
Teixo de
Piornedo
Donicela
(Mustela nivalis)
FAUNA
A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso
pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela..
MAMÍFEROS:
Lobo, raposo, gato bravo,
algaria, martaraña, garduña,
armiño, donicela, lontra,
teixugo, porco bravo, corzo,
rebezo, ourizo cacho, toupa
cega, rato de almizcle,
furafollas (grande, ibérico e
pequeño), murgaño
patibranco, leirón rilón, corta
rubia, trilladeira nival, rato
mouro, lebre, esquio,
morcegos...
Xabarín
(Sus
scrofa)
AVES:
Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor, gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno,
lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho común, avelaiona, curuxa común, pombo
torcaz, pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común, laverca, cotovía (pequena e dos camiños),
andoriña (dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa, merlo rieiro, martiño peixeiro,
picanzo (vermello e real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas, ferreiriños, escribentas,
papamoscas, choias...
Tordo (Turdus philomelos) Miñato (Buteo buteo)
Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
RÉPTILES:
Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da
serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos,
lagartixa galega, esgonzo común, escáncer
común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira
meridional, cobra lagarteira común, cobra de
colar, cobra viperina, víbora de Seoane...
Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)
Rá patilonga (Rana iberica)
Sapo común (Bufo bufo)
ANFIBIOS:
Ra vermella, ra patilonga, pintafontes
común, pintafontes palmado, pintafontes
verde, píntega común, saramaganta,
sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo
común, sapo corriqueiro...
Abellon sobre flores de
Eryngium duriaei.
INSECTOS
Aparecen especies de
bolboretas raras en
Galiza: Plebejus
thersites, Parnassius
apollo asturiensis,
Lycaena hippothoe.
Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis).Cicindela campestris. Este chamativo
escarabello é un carnívoro que caza, á carreira,
arañas e larvas de insectos.
Bolboreta (Nymphallis antiopa)
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Invertebrados
Austropotamobius pallipes
Cerambyx cerdo
Lucanus cervus
Euphydryas aurinia
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Margaritifera margaritifera
Peixes
Chondrostoma polylepis
Rutilus arcasii
Anfibios
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Réptiles
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi
Mamíferos
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Miniopterus schreibersii
Myotis emarginatus
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Barbastella barbastellus
Ursus arctos
Caracol (Elona quimperiana)
Lesma (Geomalacus maculosus)
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, turismo...
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Estas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan petroglifos,
mámoas, castros e outros achádegos arqueolóxicos.
De todas as épocas consérvase un rico patrimonio histórico-artístico (castros, petróglifos,
igrexas, pontes, pazos, castelos...) e etnográfico (núcleos de poboación, pallozas, hórreos,
pontellas, muíños, mazos, ferrerías, fornos de cal, ouriceiras, albarizas, aparellos...)
Castro de Santa María (Cervantes)
Hórreo en
Piornedo.
Igrexa de Donís
Cabanas na Alzada de Pan de Zarco. As Alzadas eran lugares de pastoreo no verán. As cabanas estaban acondicionadas
para residir na tempada de verán mentres se coidaba do gando na montaña. Son comuns nos Ancares.
Os habitantes dos Ancares conservaron unha forma de vida tradicional e unha arquitectura herdada da
cultura castrexa, considerada a máis antiga de Galiza e unha das máis antigas de Europa.
A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos
Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel.
É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha
unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-
gandeira: corte, forno, almacén...
AS PALLOZAS
A planta pode ser redonda, elíptica, oval,
rectangular-redondeada...
A construción está realizada cos materiais da
contorna aplicando técnicas elementais. Nas
paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de
castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e
palla centea para a cuberta.
Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas
de calor.
O interior está dividido en dúas partes por unha
parede que separa a zona do gando (estravariza) da
das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división
horizontal (barra) que serve de almacén de herba e
palla para o inverno, e como dormitorio no verán.
O piso é terreo agás na zona da lareira que vai
enlousado.
Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira
para delimitar un cuarto de durmir.
A altura do cume serve para darlle inclinanción á
cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir
que o fume se eleve.
A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para
protexerse dos ventos e íllase da humidade cun
rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a
neve.
Pallozas-museo
en Piornedo.
Palloza en Piornedo.
Pallozas en Piornedo (arredor de 1977).
O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A
Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou
palleiras.
ESPAZOS PROTEXIDOS
RESERVA DA BIOSFERA
OS ANCARES LUCENSES
53.664 ha nos concellos de Navia de
Suarna, Cervantes e Becerreá cunha
poboacións duns 4.900 habitantes.
Está situada en plenas serras orientais
galegas, ao leste da provincia de Lugo, no
linde con León. É un territorio
eminentemente de montaña de relevo
accidentado con son áreas habitadas desde
a prehistoria como o atestiguan os
numerosos restos arqueolóxicos atopados.
Na actualidade conserva importantes
valores naturais e culturais.
ZEPA OS ANCARES
Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se
corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de
SEO/BirdLife (2012).
A grande riqueza de aves de diferentes hábitats, tanto sedentarias como migratorias, motivou
esta declaración.
Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Voutre
(Gyps fulvus)
Castelo de Doiras
CERVANTES
•Piornedo: núcleo tradicional:
pallozas, hórreos...
•Museo dos Ancares (Cervantes)
•Castelos de Doiras e Quindous
•Castro de Santa María
•Igrexas: Donís, Piornedo, Dorna,
•Fervenzas: río Ortigal, río Piornedo,
As Pontes
•Serra dos Ancares: vales glaciares do
Ortigal (Tres Bispos), Piornedo, cumes
do Mostallar, Penarrubia...
•Abesedo de Cereixedo ou de Donís
•Fraga da Cabanavella
•Carballos, acivros e bidueiros:
Abesedo de Donís, Cabana Vella
•Faial de Pintinidoira.
Aula da Natureza, en Degrada
Seceda
FOLGOSO DO COUREL
•Minas: A Toca, Torubio Oeste e Torubio
Leste, Romeor
•Bosques: Romeor, O Faro,
Fonteformosa (faias), O Sixto, Liñares,
Riocereixa, aciñeiral de Campelo;
devesas da Rogueira, A Escrita, O
Cervo...
•Formacións calcárias: Taro Branco
•Ferrería de Seoane
•Seceda, aldea declarada “adea típica e
conxunto etnográfico de interese
turístico” Decreto 201/1997 do 3 de
xullo.)
•Castros: A Torre, Brigo
•Soutos: Miraz, Vilar, Ferramulín,
Outeiro...
•Museos: Vilar
Castelo da Pobra
de Navia
NAVIA DE SUARNA
•Pobra de Navia: castelo, ponte medieval
•Rao: souto da Saencia, miradoiro
•Penedo de Murias
•Brañas de Pan de Zarco
•Canón do Rao
•Fervenzas: pesqueira de Lastroa (Rao)
Torre de Doncos, á beira
do río Navia
AS NOGAIS
•Torre de Doncos
•Área de lecer do río Navia
•Serra da Escrita
PROBLEMAS
-Abandono do medio rural
-Incendios forestais
-Repoboacións con especies alóctonas...
-Apertura de pistas
-Presión turística
-Furtivismo
Vilar (Cervantes)
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Debuxos: Mon Daporta
Abril 2017

More Related Content

What's hot

LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastramonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurésmonadela
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerêsmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Silmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- monadela
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eumemonadela
 

What's hot (20)

LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastra
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerês
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
 

Similar to LIC Os ancares O Courel-1-Ancares

Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerêsmonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncubertamonadela
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxíamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoiramonadela
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estelorenaamarelle
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candánmonadela
 

Similar to LIC Os ancares O Courel-1-Ancares (18)

Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Trevinca
TrevincaTrevinca
Trevinca
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncuberta
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxía
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candán
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

LIC Os ancares O Courel-1-Ancares

  • 1. ESPAZOS NATURAIS LIC OS ANCARES-O COUREL 1-OS ANCARES
  • 2. O LIC “Ancares-Courel” é un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales e que acolle importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas). A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.
  • 3. SITUACIÓN: No surleste da provincia de Lugo, nas comarcas dos Ancares, Quiroga, Sarria e Terra de Lemos. Localidades de referencia: A Proba de Navia, San Román de Cervantes, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, A Cruz do Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga. SUPERFICIE: 102.635 ha CONCELLOS: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón Quiroga Ribas do Sil. VALORES NATURAIS: fragas, brañas, pegadas glaciarias, ríos, bosques de ribeira, fervenzas, pregamentos, paisaxe e unha rica flora e fauna.
  • 4. PROTECCIÓN -LIC (29 de decembro de 2004) -ZEC (31 de marzo de 2014) -RESERVA DA BIOSFERA “Os Ancares Lucenses e Terras de Navia e Becerreá” (27 de outubro de 2006) -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ancares. -Reserva Nacional de Caza -Zona de Protección do Oso Pardo -A área correspóndese parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998). -Monumento Natural “Pregamento xeolóxico de Campodola e Leixazós”.
  • 5. CLIMA Oceánico de montaña, con precipitacións abondantes, invernos longos e temperaturas contrastadas, máis suavizadas nos vales.
  • 6. A área coñecida como Os Ancares situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas). 1-OS ANCARES
  • 7.
  • 8. XEOLOXÍA/RELEVO O territorio encádrase dentro das Serras Orientais galegas. A combinación entre a composición das rochas e as forzas oroxénicas, que deron lugar a fracturas e pregamentos, conformou unha paisaxe variada de vales abruptos, cavorcos e cumes que foron logo desgastados ou escavados polos ríos e o xeo ata conformar o aspecto actual. As rochas máis comúns son as lousas, os xistos e, en menor medidas os granitos, as cuarcitas e as calcárias.
  • 9. A serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Grandas de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita.
  • 10. SERRA DOS ANCARES A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias. Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur. Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares, ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
  • 11. En territorio galego a serra dos Ancares forma unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre os portos dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro. O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m. Vista da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane; desde o Miravalless, á esquerda, ata Penarrubia, á dereita..
  • 12. O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.
  • 13. O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León No centro da imaxe.
  • 14. O Mostallar. O cume máis alto da serra na parte galega (na fronteira), con 1.924 m.
  • 15. Tres Bispos, Serra do Pando e Penarubia.
  • 16. Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.
  • 17. GLACIARISMO Na partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol... Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo- desxeo. Rochas desgastadas pola acción do xeo no val de Piornedo.
  • 18. Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor.
  • 19. Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.
  • 20. Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León. SERRA DE SURCIO No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m.
  • 21. A serra do Barreiro está cuberta de mato agás nos fondos dos vales e nas proximidades dos lugares habitados. SERRA DO BARREIRO Situada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE, formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura é o Dangoleo, con 1.181 m. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao.
  • 22. SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m. Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo. Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.
  • 23. SERRA DE GRANDAS DE ARROXO E VILAR Esténdese con dirección SO-NO entre os ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto acada 1.278 m no contacto coa serra da Fiosa.
  • 24. Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno. SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.
  • 25. Morrenas nas abas da serra do Agulleiro.
  • 26. Vista da serras da Fiosa e a Cortella (ao fondo) no primeiro plano Xantes, na aba da serra do Agulleiro. SERRA DA CORTELLA Pequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude.
  • 27. SERRA DA FIOSA Esténdese con orientación N-S, con prolongación cara á serra da Cortella, ao oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese desde San Román de Cervantes ou Quindous. O punto máis alto é o Monte da Fiosa, con 1.422 m. Monte da Fiosa (á esquerda) e Pena do Santo. Vista da serra da Fiosa desde o alto de Boixecide, a carón do Albergue dos Ancares.
  • 28. Serra das Maseiras despois dunha nevada. Detrás vese Penarrubia. SERRAS DO PANDO E MASEIRAS É un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes). Serra do Pando. Ao fondo Tres Bispos (á esquerda) e Penarrubia (á dereita).
  • 29. Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares. Cereixido e detrás a serra do Pando.
  • 30. Val do Navia, limitado pola dereita por un grupo de pequenas serras: Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita. Polas abas destas serras discorren as vías de comunicación de A Coruña e Lugo coa meseta. Ao fondo á esquerda o monte Carballeda (1.392 m) da serra do Piornal. A altitude máxima é o Chao de Pereira con 1.256 m.
  • 31. REDE FLUVIAL Unha densa rede de regatos e regos que baixan das numerosas serras e se articulan arredor do Navia (Río das Casas ou Doiras, Narón, Ser, Rao). Son ríos que salvan fortes desniveis e circulan por profundos vales onde son frecuentes as fervenzas, coñecidas no Courel no nome de pincheiras. Rego das Pasadas, afluente do Ser. Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar.
  • 32. En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas, rápidos e fervenzas (coñecidas no Courel co nome de pincheiras). Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos... Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).
  • 33. Val do Navia desde O Cebreiro. O río, a pouco do seu nacemento, corre por un val limitado pola serra do Piornal, á esquerda e polas serras Travesa, Pintinidoira, Chan de Pereira e A Escrita, á dereita. RÍO NAVIA Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Aínda que a maior parte da cunca se extende por Asturias, este río recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera. AFLUENTES DO NAVIA NA ZONA: Pola dereita: Valdeparada, Cervantes (Casas ou Cancelada-Toural, Noceda, Brego, Vara-), Quindós, Ser ou Ortigal, Vilapardín, Canlorcia, Rúa, Rao ou Valouta. Pola esquerda: Bullón (Refuxiados), Narón ou Ferreiros, Calamouco, Vilaiz, Donsal, Bullán, Gueizán, Mosteiro e Suarna (Lamas- Castelo, Córneas, Castosa, Ransinde-).
  • 34. O Navia en Agüeira (Becerreá) “Ponte Vella” sobre o Navia na Pobra de Navia de Suarna.
  • 35. RÍO SER. Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto. Val do Ser
  • 36. Fervenza no rego de Boixecide, un afluente do Ortigal. Salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous saltos RÍO ORTIGAL. É unha das cabeceiras do Ser (Navia). Ten un percorrido con numerosos rápidos e fervenzas.
  • 37. FERVENZA DAS PONTES. Parroquia de Donís (Cervantes). No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das Pontes (Ser). Desde Donís atravésase o lugar ata o río.
  • 38. O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace ao pé do Mostallar e desemboca no río das Pontes (afluente do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos. Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.
  • 39. O RAO fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso. PESQUEIRA DE LASTROA. En Murias (Rao-Navia de Suarna). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao. A fervenza vese xusto en fronte do penedo de Murias..Canon do Rao (Navia de Suarna), entre Murias e Valouta.
  • 41. Rego das Pasadas, afluente do Ser
  • 42. RÍO CERVANTES (RÍO DAS CASAS OU CANCELADA) Fórmase coa unión de numerosas cabeceiras (Vara, Brego e Nocedo, Toural...) Xúntase co Navia nas Pontes de Gatín. Río Cervantes debaixo da Ponte de Gatín
  • 43. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto- Nanojuncetea -Lagos e estanques distróficos naturais -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p. -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais alpinos e boreais -Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental) -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Prados de sega de montaña -Turbeiras altas activas -'Mires' de transición -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)
  • 44. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Faiais acidófilos atlánticos con sotobosque de Ilex e ás veces de Taxus (Quercion robori- petraeae ou Ilici-Fagenion) -Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Turbeiras boscosas -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica -Bosques mediterráneos de Taxus baccata -Soutos -Acevedos
  • 45. Viola arvensis FLORA A amplitude do espazo, a variedade litolóxica, morfolóxica, altitudinal e de orientación, xunto coa súa situación no punto de contacto entre as áreas eurosiberiana ou atlántica e mediterránea fan que a variedade florística sexa impresionante, coa presenza de formacións vexetais de grande valor ecolóxico (fragas, faiais...) e numerosas especies únicas ou pouco comúns. Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces, piornos, xestas, carqueixas, xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas, que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Nas proximidades das poboacións hai soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira e algunhas zonas están repoboadas con piñeiros
  • 46. Fraga de Cabana Vella, un dos maiores bosques dos Ancares. Está situada no val do rego da Vara. Conserva exemplares monumentais de carballos e acivros. As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos...
  • 47. O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talose madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.
  • 48. Souto da Saencia (Rao) Castiñeiro (Castanea sativa). Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
  • 50. Bosque de acivros na Cabana Vella. A escuridade que hai no interior destes bosques impide o desenvolvemento de calquera outro vexetal. Os acivros (Ilex aquifolium) son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.
  • 52. Piornos (Genista florida). Reteñen e enriquecen o solo e sérvenlle de refuxio á fauna.
  • 54. Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)
  • 55. Abruñeiro (Prunus spinosa) Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia) Mostallo (Sorbus aria)
  • 57. Nos Ancares atópanse 20 endemismos da área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...) Xensá (Gentiana lutea)
  • 58. Narcisos (Narcissus pseudonarcissus) no Campo Formoso (Val do Ortigal)
  • 59. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Festuca elegans Festuca summilusitanica Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissus ssp.nobilis Santolina semidentata Narcissus pseudonarcissus Narcissus asturiensis
  • 60. Pinguicola vulgaris, unha pequena planta carnívora que vive en zonas moi húmidas. Saxifraga spathularis
  • 61. Herba do gando (Helleborus foetidus) Amorodos (Fragaria vesca). Atópanse habitualmente nos límites do bosque, en zonas húmidas.
  • 62. Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium). Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga. No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galiza.
  • 63. Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)
  • 65. ÁRBORES SENLLEIRAS Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P) CARBALLO (Quercus robur) Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P) Río Ortigal (P)
  • 66. Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
  • 67. Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes) CARBA/MOURÉS (Quercus petraea) Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro. As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes) Avesedo de Donís (Cervantes) Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro. Río Ortigal Teso das Valiñas (Piornedo)
  • 68. As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
  • 69. Cerquiño (Quercus pyrenaica) da Praza do Campo. Quindous (Cervantes). Mide 18 m de altura e supera os 100 anos. REBOLO/CERQUIÑO (Quercus pineraica)
  • 70. Avesedo de Donís (Cervantes)
  • 71. Quercus x rosacea (híbrido de carballo e carba) Praza do Campo. (Quindous- Cervantes) -20,4 m de altura e 6,37 m de perímetro. (P)
  • 72. Rebolos no Teso das Valiñas (Piornedo, Cervantes)
  • 73. CASTIÑEIRO (Castanea sativa) Aucella (Cervantes) Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro . A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro. Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro. Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro. Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro. Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes) -10, 30 m de perímetro. Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro.
  • 75. Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
  • 78. BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica) -Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. -Avesedo de Donís (Cervantes). Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. -Val do río Ortegal (Cervantes): varios exemplares Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
  • 79. Avesedo de Donís (Cervantes).
  • 80. Val do río Ortigal (Cervantes)
  • 81. CAPUDRE (Sorbus aucuparia) Val do río Ortigal (Cervantes)
  • 82. Fraga da Cabana Vella ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium) Fraga da Cabana Vella (Cereixedo-Cervantes). - Varios exemplares de bo porte. Avesedo de Donís (Cervantes). - Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.
  • 84. TEIXO (Taxus Bacata) -Fraga da Cabanavella (Cervantes). Varios exemplares de ata 2,8 m de perímetro. -Piornedo - 4,60 m de perímetro Teixo de Piornedo
  • 85. Donicela (Mustela nivalis) FAUNA A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela.. MAMÍFEROS: Lobo, raposo, gato bravo, algaria, martaraña, garduña, armiño, donicela, lontra, teixugo, porco bravo, corzo, rebezo, ourizo cacho, toupa cega, rato de almizcle, furafollas (grande, ibérico e pequeño), murgaño patibranco, leirón rilón, corta rubia, trilladeira nival, rato mouro, lebre, esquio, morcegos... Xabarín (Sus scrofa)
  • 86. AVES: Miñato queimado, aguia albela, gatafornela, azor, gabián, miñato común, aguia real, falcón pequeno, lagarteiro peneireiro, bufo (real e pequeno), moucho común, avelaiona, curuxa común, pombo torcaz, pomba zura, avenoiteira cincenta, bubela común, laverca, cotovía (pequena e dos camiños), andoriña (dos penedos, de cu branco), pica patinegra montesa, merlo rieiro, martiño peixeiro, picanzo (vermello e real, perdiz (rubia e charrela), papuxas, picafollas, ferreiriños, escribentas, papamoscas, choias... Tordo (Turdus philomelos) Miñato (Buteo buteo)
  • 87. Víbora de Seoane (Vipera seoanei) RÉPTILES: Lagarto arnao, lagarto das silvas, lagartixa da serra, lagartixa da braña, lagartixa dos penedos, lagartixa galega, esgonzo común, escáncer común, cobregón, serpe riscada, cobra lagarteira meridional, cobra lagarteira común, cobra de colar, cobra viperina, víbora de Seoane... Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)
  • 88. Rá patilonga (Rana iberica) Sapo común (Bufo bufo) ANFIBIOS: Ra vermella, ra patilonga, pintafontes común, pintafontes palmado, pintafontes verde, píntega común, saramaganta, sapiño comadrón, sapiño pintoxo, sapo común, sapo corriqueiro...
  • 89. Abellon sobre flores de Eryngium duriaei. INSECTOS Aparecen especies de bolboretas raras en Galiza: Plebejus thersites, Parnassius apollo asturiensis, Lycaena hippothoe.
  • 90. Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis).Cicindela campestris. Este chamativo escarabello é un carnívoro que caza, á carreira, arañas e larvas de insectos.
  • 92. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Invertebrados Austropotamobius pallipes Cerambyx cerdo Lucanus cervus Euphydryas aurinia Elona quimperiana Geomalacus maculosus Margaritifera margaritifera Peixes Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii Anfibios Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta monticola Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Lutra lutra Miniopterus schreibersii Myotis emarginatus Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Barbastella barbastellus Ursus arctos Caracol (Elona quimperiana) Lesma (Geomalacus maculosus)
  • 93. ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, actividades forestais, apicultura, turismo...
  • 94. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL Estas serras están habitadas desde tempos moi antigos como o atestiguan petroglifos, mámoas, castros e outros achádegos arqueolóxicos. De todas as épocas consérvase un rico patrimonio histórico-artístico (castros, petróglifos, igrexas, pontes, pazos, castelos...) e etnográfico (núcleos de poboación, pallozas, hórreos, pontellas, muíños, mazos, ferrerías, fornos de cal, ouriceiras, albarizas, aparellos...) Castro de Santa María (Cervantes)
  • 96. Cabanas na Alzada de Pan de Zarco. As Alzadas eran lugares de pastoreo no verán. As cabanas estaban acondicionadas para residir na tempada de verán mentres se coidaba do gando na montaña. Son comuns nos Ancares.
  • 97. Os habitantes dos Ancares conservaron unha forma de vida tradicional e unha arquitectura herdada da cultura castrexa, considerada a máis antiga de Galiza e unha das máis antigas de Europa.
  • 98. A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel. É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro- gandeira: corte, forno, almacén... AS PALLOZAS
  • 99. A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais. Nas paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta. Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas de calor. O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir. A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve. A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) pola que escoa a auga ou a neve.
  • 101. Pallozas en Piornedo (arredor de 1977). O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras.
  • 102. ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES 53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns 4.900 habitantes. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña de relevo accidentado con son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Na actualidade conserva importantes valores naturais e culturais.
  • 103. ZEPA OS ANCARES Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A grande riqueza de aves de diferentes hábitats, tanto sedentarias como migratorias, motivou esta declaración. Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Voutre (Gyps fulvus)
  • 104. Castelo de Doiras CERVANTES •Piornedo: núcleo tradicional: pallozas, hórreos... •Museo dos Ancares (Cervantes) •Castelos de Doiras e Quindous •Castro de Santa María •Igrexas: Donís, Piornedo, Dorna, •Fervenzas: río Ortigal, río Piornedo, As Pontes •Serra dos Ancares: vales glaciares do Ortigal (Tres Bispos), Piornedo, cumes do Mostallar, Penarrubia... •Abesedo de Cereixedo ou de Donís •Fraga da Cabanavella •Carballos, acivros e bidueiros: Abesedo de Donís, Cabana Vella •Faial de Pintinidoira.
  • 105. Aula da Natureza, en Degrada
  • 106. Seceda FOLGOSO DO COUREL •Minas: A Toca, Torubio Oeste e Torubio Leste, Romeor •Bosques: Romeor, O Faro, Fonteformosa (faias), O Sixto, Liñares, Riocereixa, aciñeiral de Campelo; devesas da Rogueira, A Escrita, O Cervo... •Formacións calcárias: Taro Branco •Ferrería de Seoane •Seceda, aldea declarada “adea típica e conxunto etnográfico de interese turístico” Decreto 201/1997 do 3 de xullo.) •Castros: A Torre, Brigo •Soutos: Miraz, Vilar, Ferramulín, Outeiro... •Museos: Vilar
  • 107. Castelo da Pobra de Navia NAVIA DE SUARNA •Pobra de Navia: castelo, ponte medieval •Rao: souto da Saencia, miradoiro •Penedo de Murias •Brañas de Pan de Zarco •Canón do Rao •Fervenzas: pesqueira de Lastroa (Rao)
  • 108. Torre de Doncos, á beira do río Navia AS NOGAIS •Torre de Doncos •Área de lecer do río Navia •Serra da Escrita
  • 109. PROBLEMAS -Abandono do medio rural -Incendios forestais -Repoboacións con especies alóctonas... -Apertura de pistas -Presión turística -Furtivismo
  • 111. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Debuxos: Mon Daporta Abril 2017