O CONDADO
A NATUREZA
O Miño nas Neves
A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río
Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as
estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur;
flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os
montes de Budiño. A inclinación do val e a disposición dos montes que o rodean fai que
existan variacións climáticas que se reflicten nos cultivos. Así, na metade sur, de escasa
altitude, e nas abas máis soleadas o cultivo máis extendido e a viña mentras que no resto do
territorio predominan os terreos forestais.
Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se
poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
SUPERFICIE: 341km2
POBOACIÓN: 42.286
habitantes (2014)
CONCELLOS: Mondariz,
Mondariz Balneario, As
Neves, Ponteareas e
Salvaterra.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Río Tea” e “Baixo
Miño”.
CLIMA
Atlántico húmido, con veráns cálidos. Nas zonas dos vales ten matices mediterrános o que
favorece o cultivo das vides.
ACTIVIDADES
As principais actividades económicas da comarca xiran arredor da industria e os servizos,
aínda que mantén unha certa importancia o sector agrícola fevorecido polo pulo que recibiu
nos últimos tempos o cultivo da vide acollido a D.O. Rías Baixas.
PATRIMONIO
Pedra de San Pedro (Mondariz-Balneario
Toda a comarca estivo poboada desde tempos moi antigos e acolle importantes mostras de
patrimonio: petróglifos, castros, igrexas, pontes, castelos, núcleos tradicionais... e unha rica
mostra de tradicións.
Castro de Troña (en Pías-Ponteareas) no que se poden ver
as vivendas, os muros defensivos e varios petróglifos.
Igrexa de Setados (As Neves) Capela de Santa Mariña (As Neves)
Igrexa de Angoares (Ponteareas)
Igrexa de Cumiar (Ponteareas)
Igrexa de Padróns (Ponteareas)
Igrexa de San Cibrán de Paredes (Ponteareas)
Porta do Pazo da Inquisición (Corzán, Salvaterra)
Cruceiro e peto de ánimas en Vide (As Neves)
Cruceiro en Ribadetea (Ponteareas
Castelo de Sobroso. Na actualidade é propiedade do concello de
Ponteareas e acolle un centro de recuperación de cultura
popular cunha exposición sobre indumentaria tradicional.
Fortaleza
de
Salvaterra
Furnas en Ribadeira. Escavacións na rocha empregadar como cortes ou para gardar aparellos.
Dúas antigas telleiras en Salvaterra do Miño: A Roda e Nogueiró.
CONCELLOS
SUPERFICIE: 85 km2
POBOACIÓN: 4.742 habitantes
(2014).
PARROQUIAS: Frades, Gargamala,
Lougares, Meirol, Mondariz,
Mouriscados, Queimadelos, Riofrío,
Sabaxáns, Toutón, Vilar e
Vilasobroso.
MONDARIZ
Está situado ao nordeste da comarca, na parte alta do val do Tea, que atravesa o concello de
leste a oeste, entre as derradeiras estribacións cara ao suroeste da serra do Suído, ao norte, e
os montes da Picaraña e a Paradanta, ao sur. O territorio é irregular, con vales estreitos e
fortes pendentes sobre todo polo norte desde onde baixan ao Tea os ríos Alén ou de Barcia
de Mera , Aboal e outros regueiros, e con horizontes máis amplos polo sur onde se atopa o val
do Xabriña.
Ponte medieval sobre o
Tea en Cernadela
As principais actividades son a
agrogandaría, as actividades forestais, a
industria, e os servizos.
O patrimonio cultural está representado
por pontes, muíños, núcleos tradicionais,
igrexas...
Dentro de Mondaríz atópanse
protexidos, no LIC “Río Tea”, os ríos Tea,
Alén e Xabriña.
Praia fluvial no Tea
Vista dos edificios do Gran
Hotel, a Casa da Auga e a
Fonte da Gándara. O edificio
do Gran Hotel foi destruído
por un incendio e
recentemente rehabilitado.
Na actualidade Mondariz
Balneario é un importante
centro turístico e de lecer e
conta con modernas
instalacións balnearias.
MONDARIZ-BALNEARIO
Mondariz Balneario ocupa unha pequena superficie (é o concello máis pequeno de Galiza) na
marxe esquerda do val na confluencia dos ríos Tea e Xabriña.
No territorio diferéncianse dúas zonas, a pendente, orientada cara ao norte, na que so se fai
aproveitamento forestal e as beiras do río, de aproveitamento agrícola.
SUPERFICIE: 2,3 km2
POBOACIÓN: 682
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Mondariz
Balneario
Interior da fonte da Gándara.
O manancial da Gándara foi descuberto por
Enrique Peinador, que instalou ao seu carón a
planta embotelladora e o Gran Hotel.
As principais actividades son os servizos e outras actividades xeradas arredor do
aproveitamento das augas mineiro-medicinais da zona.
Acolle un importante patrimonio cultural: fontes medicinais, núcleos históricos, pontes,
igrexas...
Os ríos Tea e Xabriña están protexidos dentro do LIC Río Tea.
Fonte de Troncoso á beira do Tea, o primeiro manancial
de augas mineiro-mediciñais de Mondariz descuberto en
1862 polo cura párroco.
As augas son carbogasosas e conteñen bicarbonato
cálcico e minerais de ferro, indicadas especialmente para
trastornos metabólicos (vías urinarias, aparello
respiratorio...)
San Cibrán de
Ribarteme e A
Paradanta á luz da
tardiña.
SUPERFICIE: 65,5 km2
POBOACIÓN: 4.121
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Batalláns
(Santa Eulalia e San
Pedro), Cerdeira, Liñares,
As Neves, Ribarteme (San
Cibrán, San Xosé e
Santiago).
AS NEVES
Está situado ao surdeste da comarca. A meirande parte do territorio do concello atópase
entre a serra da Paradanta, que ocupa a parte norte e leste, e o río Miño, que marca os lindes
polo sur, polo que presenta unha inclinación cara ao sur e ao oeste que favorece a exposición
ao sol e é aproveitada para mellorar o rendemento dos cultivos. No relevo destacan os
cumes da Paradanta, a elevación do monte San Nomedio (689 m) que, pola súa situación
illada, ofrece amplas panorámicas de toda a contorna; e os vales dos ríos Xuliana e Termes,
de curto percorrido, que verten as súas augas no Miño.
As principais actividades son os servizos, na agricultura, principalmente no cultivo da vide, na
construción e na industria.
Acolle un rico patrimonio natural,asociado aos ríos, e cultural (pontes, pesqueiras, igrexas...)
O canón do Miño e parte do río Termes están protexidos dentro do LIC Baixo Miño.
Reloxo de sol con doble indicador. Está situado
sobre un fuste no adro da igrexa de Vide. Este
reloxo era empregado para fixar as quendas de rega
nunha antiga levada que percorre a parroquia de
Casa da antiga rectoral de Vide
onde está instalado o museo
“Casa da Auga”.
Vista panorámica de Ponteareas desde o Monte da Picaraña.
Detrás da vila aparecen os montes de San Cibrán e Guláns.
PONTEAREAS
Ocupa o leste e o centro da comarca. O relevo está definido polo val do Tea, que recibe aquí
aos principais afluentes, enmarcado entre os montes da Picaraña polo leste e a serra do
Galleiro e os montes de Budiño polo oeste. Desde todos os montes da zona, aos que se pode
acceder, contémplanse excelentes panorámicas do territorio porque gaña altitude con moita
rapidez.
SUPERFICIE: 125,5 km2
POBOACIÓN: 23.115
habitantes 2014
PARROQUIAS: Angoares,
Arcos, Areas, Arnosos,
Bugarín, Celeiros, Cristiñade,
Cumiar, Fontenla, Fózara,
Guillade, Guláns, Moreira,
Nogueira, Oliveira, Padróns,
Paredes, Pías, Ponteareas,
Prado, Ribadetea, San
Lourenzo de Oliveira, San
Mateo de Oliveira e Xinzo.
O río Tea e a ponte medieval dos Remedios en Ponteareas
As principais actividades son a industria, os servizos, a agrogandaría e o sector forestal.
No patrimonio cultural destaca o castro de Troña, pontes, igrexas, núcleos tradicionais...
En Ponteareas atópanse protexidos, dentro do LIC “Río Tea”, todo o curso do río Tea, o río
Borbén e parte do curso do río Uma.
Detalle dun canzorro da igrexa
románica de Angoares
O Castelo. Fortaleza de Salvaterra a carón do Miño
SUPERFICIE: 62,5 km2
POBOACIÓN: 9.626 habitantes
(2014).
PARROQUIAS: Alxén, Arantei,
Cabreira, Corzáns, Fiolledo,
Fornelos, Leirado, Lira,
Lourido, Meder, Oleiros,
Pesqueiras, Porto, Salvaterra,
Soutolobre, Uma e Vilacova.
SALVATERRA DE MIÑO
Está situado ao suroeste da comarca. Ocupa, en case toda a súa superficie, terreos de pouca
altitude con inclinación cara ao sur, ao río Miño, nos tramos finais dos cursos dos ríos Tea e
Caselas e as cuncas doutros pequenos regos; agás as parroquias de Uma e Vilacova que se
atopan a unha e outra beira do río Uma, separadas entre sí e do resto do territorio do
concello, situadas (Vilacova) nas abas do noroeste do monte San Nomedio e (Uma ) nas abas
do leste das estribacións da Paradanta onde se acada a maior altitude do territorio, con 573
m, no Chan do Couto.
O Tea debaixo da ponte de Fillaboa
As principais actividades son a industria, a
construción, os servizos, a explotación de
canteiras e o cultivo da vide (acollido á DO Ría
Baixas).
Acolle un importante patrimonio cultural:
pontes, castelos, pazos, igrexas, muíños...
En Salvaterra están protexidos os ríos Miño,
dentro do LIC “Baixo Miño”, e Tea, dentro do
LIC “Río Tea”.
Parque e paseo fluvial á beira
do Miño. Nesta zona atópase
unha extensa área recreativa
con parques, xardíns,
piscinas e instalacións
deportivas e un longo paseo
que se prolonga polas marxes
do Miño.
RELEVO
A Paradanta desde Ribarteme. O val do Termes, entre o monte San Nomedio e A Paradante.
Está organizado arredor do val do río Tea e os montes que o circundan polo norte, leste e
oeste; ábrese e presenta unha lixeira pendente cara ao sur, pola que corre o río para
desaguar no Miño. As maiores altitudes atópanse no norte, no Coto de Eiras, nas estribacións
máis ao suroeste da serra do Suído, con 881 m; nos cumes do Galleiro, no noroeste, con 742
m e na Paradanta, ao surleste, que no Chan do Rei acada os 956 m.
Vista desde o cume de San Cibrán.
Esta imaxe reflicte claramente a estrutura da comarca. Un grande espazo intermedio, con pequenas irregularidades
polas que corren os ríos, entre dúas fileiras de montes: O Galleiro e San Cibrán, e en fronte a Paradanta.
As rochas dominantes son os granitos que forman grandes masas e penedos que destacan,
sobre todo, nos cumes dos montes.
Monte de San Cibrán
Penedo Grande de San Cibrán.
Está partido por varias varias diaclasas.
OS PENEDOS
As formas creadas pola erosión nas rochas graníticas son comúns en toda a comarca do
Condado. A acción da auga, os cambios de temperatura e os fenómenos químicos dan lugar a
numerosas formas que reciben distintos nomes: bolos (grandes bloques esféricos), penedos
(masas voluminosas e compactas), pedras cabaleiras (grandes bloques montados sobre
outros)... Algunhas destas formacións, polo seu tamaño, composición, beleza ou
singularidade merecen ser protexidas. Arredr dalgunha hai lendas e crenzas.
Na comarca hai unha ruta dos penedos, sinalizada, que leva polos máis salientables: Pena do Equilibrio,
Pena dos Enamorados, Castelo de Cans e Pena de San Cibrán, en Ponteareas; e a ermida do Castelo en
Fiolledo (Salvaterra).
Pena do equilibrio. Na subida de Arcos ao monte
da Picaraña en Ponteareas.
PENA DOS NAMORADOS
En Arcos (Ponteareas)
A lenda fala dos amores furtivos de Aldina e
Tristán. Ela era a filla do señor do castelo do
Sobroso, el un humilde labrego que se deixou
tentar por un amor imposible, segundo as
comenencias sociais da época.
Aldina, saía cada tarde co pretexto de dar un
paseo a cabalo para atoparse co seu amado
Tristán. Víanse ás agochadas nestas pedras. Don
Álvaro, descúbreos e cheo de carraxe mata a
Tristán. Aldina volve tres días en busca del e
descubre que está morto. Chea de pena péchase
na torre do castelo e morre.
RITO DAS TRES PEDRAS:
Os namorados que queren saber o seu futuro
colócanse de costas á pena dos namorados e
tiran tres pedras por riba do seu ombreiro. Se
quedan as tres pedras sobre a rocha casarán en
menos dun ano; se quedan dúas, entre un e
dous; se queda unha máis de dous anos e se non
queda ninguna non casarán.
Ermida do Castelo en Salvaterra
A vexetación dos montes está formada maiormente por mato de toxos e breixos e
plantacións de piñeiros e eucaliptos. Só quedan pequenas manchas de carballeiras entre as
que se atopan sobreiras nas zonas máis cálidas.
A sobreira, unha especie tipicamente
mediterránea, é habitual como elemento residual
dos antigos bosques, nos montes da comarca.
Aproveita a protección que lle ofrece a cortiza e
sobrevive en lugares onde outras especies foron
arrasadas polo lume.
Carballo (Quercus robur) a
árbore máis común nos bosques
naturais da comarca.
Flores de Lotus corniculatus, un trebo rastreiro que
meda por todas partes aproveitando os espazos
que aparecen en terreos degradados.
Brión (Polytrichum commune)
Tollemerendas (Merendera montana).
Florece nos montes, nos claros do mato e ás beiras dos camiños, ao remate do verán.
Carriza (Troglodytes troglodytes)
Vacaloura pequena (Dorcus parallelipipedus)
As larvas desde escaravello aliméntanse de
madeira morta.
Lagartiña dos penedos (Podarcis hispanica)
Vista do Galleiro desde os montes de San Nomedio
SERRA DO GALLEIRO
Serra de 12 km de lonxitude con orientación NE-SO limitada polas concas do Tea, ao noroeste
e do Louro, ao surleste. Está formada por rochas graníticas que nos cumes están espidas
formando bolos e penedos. O punto máis alto é Coto de Cales, con 742 m. A maior parte está
ocupada por piñeiros, eucaliptos e toxeiras
Accedese por unha estrada desde a Lomba (Ponteareas).
O Galleiro desde Ponteareas. Estes montes son repetidamente castigados polo lume polo que están moi erosionados e
teñen unha vexetación moi degradada.
Penedo de Cans e o Galleiro desde o Carucho
MONTES DE SAN CIBRÁN
Forman unha liña case paralela polo leste dos montes de Budiño, aos que se atopan unidos no
monte Carucho (437 m), o cume máis alto da serra, onde confluen os concellos de O Porriño,
Salceda de Casela e Ponteareas. A aliñación de montes (San Cibrán, Alto do Padrón e Coto da
Cruz) separa os concellos de Pontereas e Salceda de Caselas e as comarcas de Vigo e O
Condado. Sos cumes desgastados pola erosión nos que aparecen grandes masas de granito,
algunhas de formas curiosas.
Accedese desde a estrada de Guláns a Porriño, ou seguindo o sendeiro das Greas ou a ruta
dos Penedos.
Desde o alto de San Cibrán hai excelentes panorámicas
sobre O Condado e o val do Miño, no que se acada a ver
os cumes do Tegra.
No cume da San Cibrán (429 m de altitude), hai unha
ampla área de lecer con diferentes puntos panorámicos
e unha capela. Varias pistas permiten facer percorridos
panorámicos sobre a comarca.
Pena Grande de San Cibrán.
Un gran penedo granítico de 20 m de diámetro.
Coto Eiras desde o Montouto
COTO EIRAS
O límite norte da comarca do Condado, no concello de Mondariz, sinálao unha sucesión de
cumes situados ao oeste das derradeiras estribacións da serra do Suído, das que o separa a
falla pola que corre o río Alén. As maiores elevacións son o Coto de Eiras (881 m), Seixiños
Brancos (848 m) e Coto de Corno (802m).
As rochas dominantes son os granitos que aparecen espidos nos cumes formando
acumulacións de penedos.
Vista xeral de Mondariz co Coto de Eiras ao fondo
Vista dos montes da Paradanta desde Ribarteme
MONTES DA PARADANTA
Pódense considerar a derradeira serra da Dorsal Galega. Están situados ao Sur da Serra do
Faro do Avión e rematan no val do Miño. Na comarca fan de linde entre o concello das Neves
e os da Cañiza e Arbo. As rochas dominantes son granitos hercínicos e xistos moi afectadas
por fracturas orixinadas polos movementos hercínicos e alpinos. O cume máis alto é Chan do
Rei con 956 m. Na Paradanta nacen varios afluentes do Miño e os principais do Tea.
Ten unhas expléndidas vistas sobre o val do Miño, as comarcas do Condado e A Paradanta e
as serras de Leboreiro. Accedese desde Mondariz, pola estrada da Franqueira, ou desde As
Neves pola estrada de Cerdeira ou Batalláns.
Vista dos montes da Paradanta desde Portugal
Vista do monte de san Nomedio desde a estrada de Salvaterra á Neves
SAN NOMEDIO
Cume illado dunha estribación cara ao oeste da Paradanta. É un punto panorámico
excepcional sobre toda a comarca.
Pódese acceder pola estrada das Neves a Mondariz, ou a Batalláns.
Vita desde o monte de San Nomedio
Vista desde San Cibrán dos Montes da Picaraña e Ponteareas
MONTES DA PICARAÑA
Un pequeno grupo de montes situados no centro da comarca entre Mondariz e Ponteareas. O
cume máis alto é o monte Landín (450 m). Nestas montes atópase o castro de Troña e o
castelo de Sobroso, e moi preto varios penedos de interese.
Desde Ponteareas hai unha ruta de sendeirismo que percorre os lugares máis interesantes
destes montes.
OS RÍOS
Río Miño
Os ríos son os protagonistas da comarca do Condado. Modelan o relevo e achegan os
sedimentos onde se asentan os principais cultivos, son a vía ao longo da que se sitúan as
principais poboacións. Ademáis son fonte de recursos pesqueiros, en especial a lamprea e o
eixo arredor do que se desenvolven a maioría das actividades de lecer.
O Miño percorre a comarca polo sur, facendo de linde e unión con Portugal e o Tea e o
Termes percórrena de norte a sur abrindo os principais vales.
Arredor dos ríos desta comarca consérvanse importantes monumentos etnográficos
(pesqueiras, muíños) e artísticos, sobre todo pontes.
Pasal no río Tea
Arredor dos ríos desta comarca consérvanse importantes monumentos etnográficos
(pesqueiras, muíños) e artísticos, sobre todo pontes.
Restos dun antigo muíño en Ponteareas
Embarcacións tradicionais en Guláns (As Neves)
Praia na área do Couto de Pesca de Ponteareas
Vexetación no río: plantas acuáticas, de ribeira e bosque de galería
Nos vales dos ríos, a maioría protexidos, consérvase unha flora e fauna moi variada. Nos
bosques de ribeira dominan as amieiras e os salgueiros. Tamén se atopan freixos,
sabugueiros, bidueiros (nas zonas máis altas) abelairas, sanguiños e carballos. No sotobosque
valdeba, saltasebes, silvas, hedra, herba salgueira, salgueiriño, amenta de auga, amarelle...
Nas augas e nas beiras hai Myriophylum, oucas, espigas de auga, herba das ras (nas partes
remansadas), bricios, eneas, carrizos, violetas, espadainas, adelfiñas, herba pulgueira...
Nas beiras do Miño hai unha importante área invadida polas mimosas.
Salgueiriño (Lytrum salicaria), unha planta
común á beira dos ríos que se desenvolve ben
entre os seixos dos lombos de area e grava.
Xunco (carex paniculata)
Froito de salgueiro nodoso
(Salix salvifolia), un especie de
salgueiro de ambiente
mediterráneo. Os froitos
ábrense e déixan saír as
sementes, rodeadas de
peliños, que se dispersan coa
axuda do vento.
Botóns florais do freixo (Fraxinus
angustifolia), unha árbore común na
beira do río. Como na maioría das
grandes árbores, as flores, pouco
aparentes, pasan desapercibidas para a
maioría das persoas.
Callitriche stagnalis
Candil tenazado (Onychogomphus uncatus)
As augas son ricas en troitas, lampreas, anguías... As aves máis representativas son o merlo
rieiro, o picapeixes, as lavandeiras, as garzas... Abondan os réptiles (cobra sapeira, cobra de
colar), os anfibios (ra patilonga, verde e vermella, estroza, saramaganta, limpafontes,...) e os
insectos (patinadores, libeliñas, gaiteiros, escarabellos de auga, escarabellos muiñeiros,
tabáns, efémeras, perlas...) Entre os mamíferos destacan a lontra e a rata de auga.
Lontra, un mamífero protexido que
se pode atopar nos ríos limpos.
Troita (Salmo trutta...) o peixe máis coñecido
dos ríos, común no río Tea.
Lamprea (Petromyzon marinus), un peixe de
estrutura primitiva que se alimenta parasitando a
outras especies. Nace nos río, desenvólvese como
adulto no mar, e volve aos ríos a desovar, onde
morre. Péscase cando remonta os ríos.
Entre As Neves e Portugal o Miño discorre encaixado
formando un canón entre paredes de granito.
RÍO MIÑO
Percorre o sur da comarca, en terreos de As Neves, onde vai encaixado nun canón rochoso de
pouca aultura, e Salvaterra, onde comeza a ensancharse e discorrer mainamente.
Recibe como afluentes o Termes, O Xuliana, O Tea e o Caselas e outros regos de menor
entidade.
As amplas terrazas na zona de Salvaterra son aproveitadas como terreos de cultivo e por
explotacións de areas e gravas. No tempo dos romanos extraíase ouro e aínda na actualidade
se atopa este mineral en pequenas proporcións mesturado coas areas, que é aproveitado
nunha graveira da zona.
O Miño entrando nas Neves. Na beira,
entre a vexetación, atópanse varios
antigos postos de pesca da lamprea.
A Lagoa. Pequena depresión entre rochas á beira do Miño, na que hai referencias da presenza de sapoconchos.
Accedese desde Setados ou Vide.
O Miño en Salvaterra, desde Monçao
O Miño, en Salvaterra, divídese en dous brazos separados pola illa de Fillaboa. Un sendeiro sinalizado percorre o río ata a
desembocadura do Tea.
O Miño, en Salvaterra, na confluencia co Tea
O Miño entre a illa de Fillaboa e a desembocadura do Tea acumula unha grande cantidade de sedimentos que sobresaen
da auga e se cobren de vexetación.
O Miño en Porto (Salvaterra)
Leito do río Tea en Mondariz
RÍO TEA
Fórmase entre as serras do Suído e do Faro de Avión e toma entre elas a dirección NE-SO, que
mantén na primeira metade do seu curso, para torcer logo á esquerda e dirixirse ao Miño.
Recolle, a través dos seus afluentes, case todas as augas da comarca.
Recibe pola esquerda o Xabriña e Uma, e pola dereita o Alén, Borbén, Padrón e Xinzo.
Todo o seu curso na comarca e parte dos seus afluentes está protexido como LIC/ZEC. Desde
Mondariz e Ponteareas hai varias rutas de sendeirismo sinalizadas que percorren tramos do
río e numerosas praias naturais e acondicionadas.
O Tea en Mondariz, ao pé da ponte de Cernadela
O Tea en Mondariz, coa ponte de Riofrío
O Tea en Ribadetea, na zona do Couto de Pesca,
preto de Ponteareas.
O Tea en Fózara.
Un pouco antes da ponte hai unha praia
natural. Neste punto encáixase entre granitos e
un pouco máis adiante recibe ao río Borbén.
O Tea en Ribadetea
O Tea en Ponteareas, coa ponte medieval dos Remedios
O Tea na Bouza Vella (Ponteareas)
O Tea na Bouza Vella (Ponteareas)
Ponte sobre o Tea en Fillaboa
O Tea en Fillaboa (Salvaterra)
O Tea en Salvaterra, preto da desembocadura
RÍO XABRIÑA
Un afluente do Tea que nace na Paradanta. Fai
case todo o seu percorrido por Mondariz e está
protexido en gran parte do seu percorrido. No
linde entre Mondariz e Mondariz Balneario,
pouco antes de xuntarse co Tea ten unha área
de lecer e un paseo.
Río Uma en Ponteareas
RÍO UMA OU DA BOUZA
Nace na aba oeste da Paradanta (Covelo) e xúntase co Tea en en Ponteareas, entre as parroquias de
Angoares e Moreira.
Ponte de Cabalón sobre o Río Uma en Angoares (Ponteareas)
Río Uma na confluencia co Tea, na Bouza Vella (Ponteareas)
Fervenza A Ceña: no tramo final do río Xuliana, na
parroquia de Liñares (As Neves).
COMO CHEGAR: a 2 km das Neves en dirección a
Salvaterra, cóllese un cruce á esquerda que sinala A
Ceña, séguese a pista, crúzase por debaixo da vía do tren
e chégase á fervenza e ao río Miño.
RÍO XULIANA
Un pequeno afluente do Miño que baixa do monte de San Nomedio e na súa desembocadura cae
formando varios saltos entre rochas de granito ao pé duns muíños abandoados.
Río Termes en Pontaleira
RÍO TERMES
Afluente do Miño que drena gran parte do concello das Neves. Recolle as augas do sur da Paradanta e do
Monte de San Nomedio polo val de Ribarteme. Ten un percorrido con bastante desnivel e desemboca no
Miño en Setados. O seu curso está protexido no LIC “Río Miño” en gran parte do seu percorrido.
Río Termes
en Pontaleiras
(As Neves)
Muíño en Pontaleiras (As Neves)
Ponte da Senra sobre o Termes en Santiago de Ribarteme (As Neves)
Desembocadura do Termes no Miño. Un sendeiro que sae das últimas casas de Setados percorre o último tramo do río,
que vai moi encaixado, ata a desembocadura. Permite seguir ata A Lagoa, a beira do Miño e Vide.
Muíños de Couso
Unha ruta sinalizada permite
percorrer unha rura con varios
muíños entre os que destaca un de
roda vertical.
RÍO DE COUSO
Un afluente do Louro que nace
no monte Corucho.
AS ÁRBORES
Árbores á beira do Miño
A maior parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos.
Perviven pequenas manchas de especies autóctonas en vales de dificil acceso á beira dos ríos
e os bosques de ribeira que teñen unha presenza constante ao longo dos cursos de auga.
As árbores máis destacadas atópanse nos parques e xardíns e nos adros e áreas próximas ás
igrexas.
Carballo da Portela (Sabaxáns, Mondariz).
-35,80 m de altura e 3,75 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da
Xunta de Galiza.
Carballo á beira do Miño (As Neves)
Carballo á beira Tea (Ribadetea, Ponteareas)
-3,60 m de perímetro
Carballo da Armada (Queimadelos, Mondariz).
Atópase nunha área de lecer a carón da estrada de Mondariz a Queimadelos. -4,30 m de perímetro.
Sobreiras da igrexa de Setados (As Neves).
Un grupo de varias sobreiras. As máis destacadas
miden 3,10 e 3,90 m de perímetro.
Sobreira do Calvario. A Soledad, Santiago de Ribarteme
(As Neves). Ten arredor de 300 anos e mide 16 m de
altura e 4,84 m de perímetro.
Eucalipto de Sobroso (Ponteareas)
-7,88 m de perímetro
Eucalipto de Cruz de Outeiro (Queimadelos)
--Máis de 7 m de perímetro.
Piñeiro de Alxén (Salvaterra de Miño)
-46,1 m de altura, e case 4 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da
Xunta de Galiza.
No parque que hai na contorna do balneario de
Mondariz atópanse bos exemplares de árbores
ornamentais entre os que hai plátanos de bo porte,
criptomerias e algún acereiro.
Platano (Platanus hispanica)
Criptomeria (Cryptomeria japonica) en Mondariz-Balneario.
Mimosas da praia de Campomaior (As Neves)
Mimosa de Santa Mariña (Tortoreos, As Neves)
-2,5 m de perímetro.
Cedro do líbano da Cancela (Tortoreos, As Neves)
No Centro de Formación Rural.
-5,3 m de perímetro.
PAZO A MERCEDE (As Neves):
cedro do Líbano, faia púrpura, e
picea de Sitka
Alcanforeiros do castelo de Sobroso (Ponteareas)
ESPAZOS PROTEXIDOS
Río Tea na ponte das Partidas. O LIC Río Tea,
ademais dos valores naturais, ten importante
valores etnográficos, históricos e artísticos
LIC/ZEC RÍO TEA
A zona protexida comprende 356 ha nos Concellos de Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz,
Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
Inclúe todo o curso do Tea na comarca e partes dos seus afluentes Uma, Borbén, Xabriña e
Alén. O espazo é importante pola excelente conservación da vexetación de ribeira e pola
riqueza piscícola das súas augas.
Paseo á beira do Miño en Salvaterra
LIC/ZEC BAIXO MIÑO
É un gran espazo que inclúe todo o curso baixo do Río Miño desde Crecente ata a
desembocadura. Nesta comarca protexe a todo o curso do Miño e unha unha parte
importante do seu afluente o Termes. O tamaño deste espazo e a variedade de microclimas
fai que se atopen ecosistemas e hábitats moi diferentes desde os canóns rochosos, ata a illas
e bancos de area e grava de correntes mainas.
É un espazo dun alto valor xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e paisaxístico no que se poden
atopar unha grande diversidade de especies entre as que se inclúen moitas de tipo
mediterráneo como sobreiras e arzaias.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro,
DEBUXOS: Mon Daporta
setembro 2017

Comarca O Condado

  • 1.
  • 2.
    O Miño nasNeves A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur; flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os montes de Budiño. A inclinación do val e a disposición dos montes que o rodean fai que existan variacións climáticas que se reflicten nos cultivos. Así, na metade sur, de escasa altitude, e nas abas máis soleadas o cultivo máis extendido e a viña mentras que no resto do territorio predominan os terreos forestais. Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
  • 3.
    SUPERFICIE: 341km2 POBOACIÓN: 42.286 habitantes(2014) CONCELLOS: Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Río Tea” e “Baixo Miño”.
  • 4.
    CLIMA Atlántico húmido, converáns cálidos. Nas zonas dos vales ten matices mediterrános o que favorece o cultivo das vides.
  • 5.
    ACTIVIDADES As principais actividadeseconómicas da comarca xiran arredor da industria e os servizos, aínda que mantén unha certa importancia o sector agrícola fevorecido polo pulo que recibiu nos últimos tempos o cultivo da vide acollido a D.O. Rías Baixas.
  • 6.
    PATRIMONIO Pedra de SanPedro (Mondariz-Balneario Toda a comarca estivo poboada desde tempos moi antigos e acolle importantes mostras de patrimonio: petróglifos, castros, igrexas, pontes, castelos, núcleos tradicionais... e unha rica mostra de tradicións.
  • 7.
    Castro de Troña(en Pías-Ponteareas) no que se poden ver as vivendas, os muros defensivos e varios petróglifos.
  • 8.
    Igrexa de Setados(As Neves) Capela de Santa Mariña (As Neves)
  • 9.
    Igrexa de Angoares(Ponteareas)
  • 10.
    Igrexa de Cumiar(Ponteareas)
  • 11.
    Igrexa de Padróns(Ponteareas)
  • 12.
    Igrexa de SanCibrán de Paredes (Ponteareas)
  • 13.
    Porta do Pazoda Inquisición (Corzán, Salvaterra)
  • 14.
    Cruceiro e petode ánimas en Vide (As Neves)
  • 15.
  • 16.
    Castelo de Sobroso.Na actualidade é propiedade do concello de Ponteareas e acolle un centro de recuperación de cultura popular cunha exposición sobre indumentaria tradicional.
  • 17.
  • 18.
    Furnas en Ribadeira.Escavacións na rocha empregadar como cortes ou para gardar aparellos.
  • 19.
    Dúas antigas telleirasen Salvaterra do Miño: A Roda e Nogueiró.
  • 20.
    CONCELLOS SUPERFICIE: 85 km2 POBOACIÓN:4.742 habitantes (2014). PARROQUIAS: Frades, Gargamala, Lougares, Meirol, Mondariz, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Toutón, Vilar e Vilasobroso. MONDARIZ Está situado ao nordeste da comarca, na parte alta do val do Tea, que atravesa o concello de leste a oeste, entre as derradeiras estribacións cara ao suroeste da serra do Suído, ao norte, e os montes da Picaraña e a Paradanta, ao sur. O territorio é irregular, con vales estreitos e fortes pendentes sobre todo polo norte desde onde baixan ao Tea os ríos Alén ou de Barcia de Mera , Aboal e outros regueiros, e con horizontes máis amplos polo sur onde se atopa o val do Xabriña.
  • 21.
    Ponte medieval sobreo Tea en Cernadela As principais actividades son a agrogandaría, as actividades forestais, a industria, e os servizos. O patrimonio cultural está representado por pontes, muíños, núcleos tradicionais, igrexas... Dentro de Mondaríz atópanse protexidos, no LIC “Río Tea”, os ríos Tea, Alén e Xabriña. Praia fluvial no Tea
  • 22.
    Vista dos edificiosdo Gran Hotel, a Casa da Auga e a Fonte da Gándara. O edificio do Gran Hotel foi destruído por un incendio e recentemente rehabilitado. Na actualidade Mondariz Balneario é un importante centro turístico e de lecer e conta con modernas instalacións balnearias. MONDARIZ-BALNEARIO Mondariz Balneario ocupa unha pequena superficie (é o concello máis pequeno de Galiza) na marxe esquerda do val na confluencia dos ríos Tea e Xabriña. No territorio diferéncianse dúas zonas, a pendente, orientada cara ao norte, na que so se fai aproveitamento forestal e as beiras do río, de aproveitamento agrícola. SUPERFICIE: 2,3 km2 POBOACIÓN: 682 habitantes (2014) PARROQUIAS: Mondariz Balneario
  • 23.
    Interior da fonteda Gándara. O manancial da Gándara foi descuberto por Enrique Peinador, que instalou ao seu carón a planta embotelladora e o Gran Hotel. As principais actividades son os servizos e outras actividades xeradas arredor do aproveitamento das augas mineiro-medicinais da zona. Acolle un importante patrimonio cultural: fontes medicinais, núcleos históricos, pontes, igrexas... Os ríos Tea e Xabriña están protexidos dentro do LIC Río Tea. Fonte de Troncoso á beira do Tea, o primeiro manancial de augas mineiro-mediciñais de Mondariz descuberto en 1862 polo cura párroco. As augas son carbogasosas e conteñen bicarbonato cálcico e minerais de ferro, indicadas especialmente para trastornos metabólicos (vías urinarias, aparello respiratorio...)
  • 24.
    San Cibrán de Ribartemee A Paradanta á luz da tardiña. SUPERFICIE: 65,5 km2 POBOACIÓN: 4.121 habitantes (2014) PARROQUIAS: Batalláns (Santa Eulalia e San Pedro), Cerdeira, Liñares, As Neves, Ribarteme (San Cibrán, San Xosé e Santiago). AS NEVES Está situado ao surdeste da comarca. A meirande parte do territorio do concello atópase entre a serra da Paradanta, que ocupa a parte norte e leste, e o río Miño, que marca os lindes polo sur, polo que presenta unha inclinación cara ao sur e ao oeste que favorece a exposición ao sol e é aproveitada para mellorar o rendemento dos cultivos. No relevo destacan os cumes da Paradanta, a elevación do monte San Nomedio (689 m) que, pola súa situación illada, ofrece amplas panorámicas de toda a contorna; e os vales dos ríos Xuliana e Termes, de curto percorrido, que verten as súas augas no Miño.
  • 25.
    As principais actividadesson os servizos, na agricultura, principalmente no cultivo da vide, na construción e na industria. Acolle un rico patrimonio natural,asociado aos ríos, e cultural (pontes, pesqueiras, igrexas...) O canón do Miño e parte do río Termes están protexidos dentro do LIC Baixo Miño. Reloxo de sol con doble indicador. Está situado sobre un fuste no adro da igrexa de Vide. Este reloxo era empregado para fixar as quendas de rega nunha antiga levada que percorre a parroquia de Casa da antiga rectoral de Vide onde está instalado o museo “Casa da Auga”.
  • 26.
    Vista panorámica dePonteareas desde o Monte da Picaraña. Detrás da vila aparecen os montes de San Cibrán e Guláns. PONTEAREAS Ocupa o leste e o centro da comarca. O relevo está definido polo val do Tea, que recibe aquí aos principais afluentes, enmarcado entre os montes da Picaraña polo leste e a serra do Galleiro e os montes de Budiño polo oeste. Desde todos os montes da zona, aos que se pode acceder, contémplanse excelentes panorámicas do territorio porque gaña altitude con moita rapidez. SUPERFICIE: 125,5 km2 POBOACIÓN: 23.115 habitantes 2014 PARROQUIAS: Angoares, Arcos, Areas, Arnosos, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fózara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea, San Lourenzo de Oliveira, San Mateo de Oliveira e Xinzo.
  • 27.
    O río Teae a ponte medieval dos Remedios en Ponteareas As principais actividades son a industria, os servizos, a agrogandaría e o sector forestal. No patrimonio cultural destaca o castro de Troña, pontes, igrexas, núcleos tradicionais... En Ponteareas atópanse protexidos, dentro do LIC “Río Tea”, todo o curso do río Tea, o río Borbén e parte do curso do río Uma. Detalle dun canzorro da igrexa románica de Angoares
  • 28.
    O Castelo. Fortalezade Salvaterra a carón do Miño SUPERFICIE: 62,5 km2 POBOACIÓN: 9.626 habitantes (2014). PARROQUIAS: Alxén, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma e Vilacova. SALVATERRA DE MIÑO Está situado ao suroeste da comarca. Ocupa, en case toda a súa superficie, terreos de pouca altitude con inclinación cara ao sur, ao río Miño, nos tramos finais dos cursos dos ríos Tea e Caselas e as cuncas doutros pequenos regos; agás as parroquias de Uma e Vilacova que se atopan a unha e outra beira do río Uma, separadas entre sí e do resto do territorio do concello, situadas (Vilacova) nas abas do noroeste do monte San Nomedio e (Uma ) nas abas do leste das estribacións da Paradanta onde se acada a maior altitude do territorio, con 573 m, no Chan do Couto.
  • 29.
    O Tea debaixoda ponte de Fillaboa As principais actividades son a industria, a construción, os servizos, a explotación de canteiras e o cultivo da vide (acollido á DO Ría Baixas). Acolle un importante patrimonio cultural: pontes, castelos, pazos, igrexas, muíños... En Salvaterra están protexidos os ríos Miño, dentro do LIC “Baixo Miño”, e Tea, dentro do LIC “Río Tea”. Parque e paseo fluvial á beira do Miño. Nesta zona atópase unha extensa área recreativa con parques, xardíns, piscinas e instalacións deportivas e un longo paseo que se prolonga polas marxes do Miño.
  • 30.
    RELEVO A Paradanta desdeRibarteme. O val do Termes, entre o monte San Nomedio e A Paradante. Está organizado arredor do val do río Tea e os montes que o circundan polo norte, leste e oeste; ábrese e presenta unha lixeira pendente cara ao sur, pola que corre o río para desaguar no Miño. As maiores altitudes atópanse no norte, no Coto de Eiras, nas estribacións máis ao suroeste da serra do Suído, con 881 m; nos cumes do Galleiro, no noroeste, con 742 m e na Paradanta, ao surleste, que no Chan do Rei acada os 956 m.
  • 31.
    Vista desde ocume de San Cibrán. Esta imaxe reflicte claramente a estrutura da comarca. Un grande espazo intermedio, con pequenas irregularidades polas que corren os ríos, entre dúas fileiras de montes: O Galleiro e San Cibrán, e en fronte a Paradanta.
  • 32.
    As rochas dominantesson os granitos que forman grandes masas e penedos que destacan, sobre todo, nos cumes dos montes. Monte de San Cibrán
  • 33.
    Penedo Grande deSan Cibrán. Está partido por varias varias diaclasas. OS PENEDOS As formas creadas pola erosión nas rochas graníticas son comúns en toda a comarca do Condado. A acción da auga, os cambios de temperatura e os fenómenos químicos dan lugar a numerosas formas que reciben distintos nomes: bolos (grandes bloques esféricos), penedos (masas voluminosas e compactas), pedras cabaleiras (grandes bloques montados sobre outros)... Algunhas destas formacións, polo seu tamaño, composición, beleza ou singularidade merecen ser protexidas. Arredr dalgunha hai lendas e crenzas. Na comarca hai unha ruta dos penedos, sinalizada, que leva polos máis salientables: Pena do Equilibrio, Pena dos Enamorados, Castelo de Cans e Pena de San Cibrán, en Ponteareas; e a ermida do Castelo en Fiolledo (Salvaterra). Pena do equilibrio. Na subida de Arcos ao monte da Picaraña en Ponteareas.
  • 34.
    PENA DOS NAMORADOS EnArcos (Ponteareas) A lenda fala dos amores furtivos de Aldina e Tristán. Ela era a filla do señor do castelo do Sobroso, el un humilde labrego que se deixou tentar por un amor imposible, segundo as comenencias sociais da época. Aldina, saía cada tarde co pretexto de dar un paseo a cabalo para atoparse co seu amado Tristán. Víanse ás agochadas nestas pedras. Don Álvaro, descúbreos e cheo de carraxe mata a Tristán. Aldina volve tres días en busca del e descubre que está morto. Chea de pena péchase na torre do castelo e morre. RITO DAS TRES PEDRAS: Os namorados que queren saber o seu futuro colócanse de costas á pena dos namorados e tiran tres pedras por riba do seu ombreiro. Se quedan as tres pedras sobre a rocha casarán en menos dun ano; se quedan dúas, entre un e dous; se queda unha máis de dous anos e se non queda ninguna non casarán.
  • 35.
    Ermida do Casteloen Salvaterra
  • 36.
    A vexetación dosmontes está formada maiormente por mato de toxos e breixos e plantacións de piñeiros e eucaliptos. Só quedan pequenas manchas de carballeiras entre as que se atopan sobreiras nas zonas máis cálidas.
  • 37.
    A sobreira, unhaespecie tipicamente mediterránea, é habitual como elemento residual dos antigos bosques, nos montes da comarca. Aproveita a protección que lle ofrece a cortiza e sobrevive en lugares onde outras especies foron arrasadas polo lume. Carballo (Quercus robur) a árbore máis común nos bosques naturais da comarca.
  • 38.
    Flores de Lotuscorniculatus, un trebo rastreiro que meda por todas partes aproveitando os espazos que aparecen en terreos degradados. Brión (Polytrichum commune)
  • 39.
    Tollemerendas (Merendera montana). Florecenos montes, nos claros do mato e ás beiras dos camiños, ao remate do verán.
  • 40.
    Carriza (Troglodytes troglodytes) Vacalourapequena (Dorcus parallelipipedus) As larvas desde escaravello aliméntanse de madeira morta.
  • 41.
    Lagartiña dos penedos(Podarcis hispanica)
  • 42.
    Vista do Galleirodesde os montes de San Nomedio SERRA DO GALLEIRO Serra de 12 km de lonxitude con orientación NE-SO limitada polas concas do Tea, ao noroeste e do Louro, ao surleste. Está formada por rochas graníticas que nos cumes están espidas formando bolos e penedos. O punto máis alto é Coto de Cales, con 742 m. A maior parte está ocupada por piñeiros, eucaliptos e toxeiras Accedese por unha estrada desde a Lomba (Ponteareas).
  • 43.
    O Galleiro desdePonteareas. Estes montes son repetidamente castigados polo lume polo que están moi erosionados e teñen unha vexetación moi degradada.
  • 44.
    Penedo de Canse o Galleiro desde o Carucho MONTES DE SAN CIBRÁN Forman unha liña case paralela polo leste dos montes de Budiño, aos que se atopan unidos no monte Carucho (437 m), o cume máis alto da serra, onde confluen os concellos de O Porriño, Salceda de Casela e Ponteareas. A aliñación de montes (San Cibrán, Alto do Padrón e Coto da Cruz) separa os concellos de Pontereas e Salceda de Caselas e as comarcas de Vigo e O Condado. Sos cumes desgastados pola erosión nos que aparecen grandes masas de granito, algunhas de formas curiosas. Accedese desde a estrada de Guláns a Porriño, ou seguindo o sendeiro das Greas ou a ruta dos Penedos.
  • 45.
    Desde o altode San Cibrán hai excelentes panorámicas sobre O Condado e o val do Miño, no que se acada a ver os cumes do Tegra. No cume da San Cibrán (429 m de altitude), hai unha ampla área de lecer con diferentes puntos panorámicos e unha capela. Varias pistas permiten facer percorridos panorámicos sobre a comarca. Pena Grande de San Cibrán. Un gran penedo granítico de 20 m de diámetro.
  • 46.
    Coto Eiras desdeo Montouto COTO EIRAS O límite norte da comarca do Condado, no concello de Mondariz, sinálao unha sucesión de cumes situados ao oeste das derradeiras estribacións da serra do Suído, das que o separa a falla pola que corre o río Alén. As maiores elevacións son o Coto de Eiras (881 m), Seixiños Brancos (848 m) e Coto de Corno (802m). As rochas dominantes son os granitos que aparecen espidos nos cumes formando acumulacións de penedos.
  • 47.
    Vista xeral deMondariz co Coto de Eiras ao fondo
  • 48.
    Vista dos montesda Paradanta desde Ribarteme MONTES DA PARADANTA Pódense considerar a derradeira serra da Dorsal Galega. Están situados ao Sur da Serra do Faro do Avión e rematan no val do Miño. Na comarca fan de linde entre o concello das Neves e os da Cañiza e Arbo. As rochas dominantes son granitos hercínicos e xistos moi afectadas por fracturas orixinadas polos movementos hercínicos e alpinos. O cume máis alto é Chan do Rei con 956 m. Na Paradanta nacen varios afluentes do Miño e os principais do Tea. Ten unhas expléndidas vistas sobre o val do Miño, as comarcas do Condado e A Paradanta e as serras de Leboreiro. Accedese desde Mondariz, pola estrada da Franqueira, ou desde As Neves pola estrada de Cerdeira ou Batalláns.
  • 49.
    Vista dos montesda Paradanta desde Portugal
  • 50.
    Vista do montede san Nomedio desde a estrada de Salvaterra á Neves SAN NOMEDIO Cume illado dunha estribación cara ao oeste da Paradanta. É un punto panorámico excepcional sobre toda a comarca. Pódese acceder pola estrada das Neves a Mondariz, ou a Batalláns.
  • 51.
    Vita desde omonte de San Nomedio
  • 52.
    Vista desde SanCibrán dos Montes da Picaraña e Ponteareas MONTES DA PICARAÑA Un pequeno grupo de montes situados no centro da comarca entre Mondariz e Ponteareas. O cume máis alto é o monte Landín (450 m). Nestas montes atópase o castro de Troña e o castelo de Sobroso, e moi preto varios penedos de interese. Desde Ponteareas hai unha ruta de sendeirismo que percorre os lugares máis interesantes destes montes.
  • 53.
    OS RÍOS Río Miño Osríos son os protagonistas da comarca do Condado. Modelan o relevo e achegan os sedimentos onde se asentan os principais cultivos, son a vía ao longo da que se sitúan as principais poboacións. Ademáis son fonte de recursos pesqueiros, en especial a lamprea e o eixo arredor do que se desenvolven a maioría das actividades de lecer. O Miño percorre a comarca polo sur, facendo de linde e unión con Portugal e o Tea e o Termes percórrena de norte a sur abrindo os principais vales. Arredor dos ríos desta comarca consérvanse importantes monumentos etnográficos (pesqueiras, muíños) e artísticos, sobre todo pontes.
  • 54.
    Pasal no ríoTea Arredor dos ríos desta comarca consérvanse importantes monumentos etnográficos (pesqueiras, muíños) e artísticos, sobre todo pontes.
  • 55.
    Restos dun antigomuíño en Ponteareas Embarcacións tradicionais en Guláns (As Neves)
  • 56.
    Praia na áreado Couto de Pesca de Ponteareas
  • 57.
    Vexetación no río:plantas acuáticas, de ribeira e bosque de galería Nos vales dos ríos, a maioría protexidos, consérvase unha flora e fauna moi variada. Nos bosques de ribeira dominan as amieiras e os salgueiros. Tamén se atopan freixos, sabugueiros, bidueiros (nas zonas máis altas) abelairas, sanguiños e carballos. No sotobosque valdeba, saltasebes, silvas, hedra, herba salgueira, salgueiriño, amenta de auga, amarelle... Nas augas e nas beiras hai Myriophylum, oucas, espigas de auga, herba das ras (nas partes remansadas), bricios, eneas, carrizos, violetas, espadainas, adelfiñas, herba pulgueira... Nas beiras do Miño hai unha importante área invadida polas mimosas.
  • 58.
    Salgueiriño (Lytrum salicaria),unha planta común á beira dos ríos que se desenvolve ben entre os seixos dos lombos de area e grava. Xunco (carex paniculata)
  • 59.
    Froito de salgueironodoso (Salix salvifolia), un especie de salgueiro de ambiente mediterráneo. Os froitos ábrense e déixan saír as sementes, rodeadas de peliños, que se dispersan coa axuda do vento. Botóns florais do freixo (Fraxinus angustifolia), unha árbore común na beira do río. Como na maioría das grandes árbores, as flores, pouco aparentes, pasan desapercibidas para a maioría das persoas.
  • 60.
  • 61.
    Candil tenazado (Onychogomphusuncatus) As augas son ricas en troitas, lampreas, anguías... As aves máis representativas son o merlo rieiro, o picapeixes, as lavandeiras, as garzas... Abondan os réptiles (cobra sapeira, cobra de colar), os anfibios (ra patilonga, verde e vermella, estroza, saramaganta, limpafontes,...) e os insectos (patinadores, libeliñas, gaiteiros, escarabellos de auga, escarabellos muiñeiros, tabáns, efémeras, perlas...) Entre os mamíferos destacan a lontra e a rata de auga. Lontra, un mamífero protexido que se pode atopar nos ríos limpos.
  • 62.
    Troita (Salmo trutta...)o peixe máis coñecido dos ríos, común no río Tea. Lamprea (Petromyzon marinus), un peixe de estrutura primitiva que se alimenta parasitando a outras especies. Nace nos río, desenvólvese como adulto no mar, e volve aos ríos a desovar, onde morre. Péscase cando remonta os ríos.
  • 63.
    Entre As Nevese Portugal o Miño discorre encaixado formando un canón entre paredes de granito. RÍO MIÑO Percorre o sur da comarca, en terreos de As Neves, onde vai encaixado nun canón rochoso de pouca aultura, e Salvaterra, onde comeza a ensancharse e discorrer mainamente. Recibe como afluentes o Termes, O Xuliana, O Tea e o Caselas e outros regos de menor entidade. As amplas terrazas na zona de Salvaterra son aproveitadas como terreos de cultivo e por explotacións de areas e gravas. No tempo dos romanos extraíase ouro e aínda na actualidade se atopa este mineral en pequenas proporcións mesturado coas areas, que é aproveitado nunha graveira da zona.
  • 64.
    O Miño entrandonas Neves. Na beira, entre a vexetación, atópanse varios antigos postos de pesca da lamprea.
  • 65.
    A Lagoa. Pequenadepresión entre rochas á beira do Miño, na que hai referencias da presenza de sapoconchos. Accedese desde Setados ou Vide.
  • 66.
    O Miño enSalvaterra, desde Monçao
  • 67.
    O Miño, enSalvaterra, divídese en dous brazos separados pola illa de Fillaboa. Un sendeiro sinalizado percorre o río ata a desembocadura do Tea.
  • 68.
    O Miño, enSalvaterra, na confluencia co Tea
  • 69.
    O Miño entrea illa de Fillaboa e a desembocadura do Tea acumula unha grande cantidade de sedimentos que sobresaen da auga e se cobren de vexetación.
  • 70.
    O Miño enPorto (Salvaterra)
  • 71.
    Leito do ríoTea en Mondariz RÍO TEA Fórmase entre as serras do Suído e do Faro de Avión e toma entre elas a dirección NE-SO, que mantén na primeira metade do seu curso, para torcer logo á esquerda e dirixirse ao Miño. Recolle, a través dos seus afluentes, case todas as augas da comarca. Recibe pola esquerda o Xabriña e Uma, e pola dereita o Alén, Borbén, Padrón e Xinzo. Todo o seu curso na comarca e parte dos seus afluentes está protexido como LIC/ZEC. Desde Mondariz e Ponteareas hai varias rutas de sendeirismo sinalizadas que percorren tramos do río e numerosas praias naturais e acondicionadas.
  • 72.
    O Tea enMondariz, ao pé da ponte de Cernadela
  • 73.
    O Tea enMondariz, coa ponte de Riofrío
  • 74.
    O Tea enRibadetea, na zona do Couto de Pesca, preto de Ponteareas. O Tea en Fózara. Un pouco antes da ponte hai unha praia natural. Neste punto encáixase entre granitos e un pouco máis adiante recibe ao río Borbén.
  • 75.
    O Tea enRibadetea
  • 76.
    O Tea enPonteareas, coa ponte medieval dos Remedios
  • 77.
    O Tea naBouza Vella (Ponteareas)
  • 78.
    O Tea naBouza Vella (Ponteareas)
  • 79.
    Ponte sobre oTea en Fillaboa
  • 80.
    O Tea enFillaboa (Salvaterra)
  • 81.
    O Tea enSalvaterra, preto da desembocadura
  • 82.
    RÍO XABRIÑA Un afluentedo Tea que nace na Paradanta. Fai case todo o seu percorrido por Mondariz e está protexido en gran parte do seu percorrido. No linde entre Mondariz e Mondariz Balneario, pouco antes de xuntarse co Tea ten unha área de lecer e un paseo.
  • 83.
    Río Uma enPonteareas RÍO UMA OU DA BOUZA Nace na aba oeste da Paradanta (Covelo) e xúntase co Tea en en Ponteareas, entre as parroquias de Angoares e Moreira.
  • 84.
    Ponte de Cabalónsobre o Río Uma en Angoares (Ponteareas)
  • 85.
    Río Uma naconfluencia co Tea, na Bouza Vella (Ponteareas)
  • 86.
    Fervenza A Ceña:no tramo final do río Xuliana, na parroquia de Liñares (As Neves). COMO CHEGAR: a 2 km das Neves en dirección a Salvaterra, cóllese un cruce á esquerda que sinala A Ceña, séguese a pista, crúzase por debaixo da vía do tren e chégase á fervenza e ao río Miño. RÍO XULIANA Un pequeno afluente do Miño que baixa do monte de San Nomedio e na súa desembocadura cae formando varios saltos entre rochas de granito ao pé duns muíños abandoados.
  • 87.
    Río Termes enPontaleira RÍO TERMES Afluente do Miño que drena gran parte do concello das Neves. Recolle as augas do sur da Paradanta e do Monte de San Nomedio polo val de Ribarteme. Ten un percorrido con bastante desnivel e desemboca no Miño en Setados. O seu curso está protexido no LIC “Río Miño” en gran parte do seu percorrido.
  • 88.
  • 89.
  • 90.
    Ponte da Senrasobre o Termes en Santiago de Ribarteme (As Neves)
  • 91.
    Desembocadura do Termesno Miño. Un sendeiro que sae das últimas casas de Setados percorre o último tramo do río, que vai moi encaixado, ata a desembocadura. Permite seguir ata A Lagoa, a beira do Miño e Vide.
  • 92.
    Muíños de Couso Unharuta sinalizada permite percorrer unha rura con varios muíños entre os que destaca un de roda vertical. RÍO DE COUSO Un afluente do Louro que nace no monte Corucho.
  • 93.
    AS ÁRBORES Árbores ábeira do Miño A maior parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos. Perviven pequenas manchas de especies autóctonas en vales de dificil acceso á beira dos ríos e os bosques de ribeira que teñen unha presenza constante ao longo dos cursos de auga. As árbores máis destacadas atópanse nos parques e xardíns e nos adros e áreas próximas ás igrexas.
  • 94.
    Carballo da Portela(Sabaxáns, Mondariz). -35,80 m de altura e 3,75 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 95.
    Carballo á beirado Miño (As Neves) Carballo á beira Tea (Ribadetea, Ponteareas) -3,60 m de perímetro
  • 96.
    Carballo da Armada(Queimadelos, Mondariz). Atópase nunha área de lecer a carón da estrada de Mondariz a Queimadelos. -4,30 m de perímetro.
  • 97.
    Sobreiras da igrexade Setados (As Neves). Un grupo de varias sobreiras. As máis destacadas miden 3,10 e 3,90 m de perímetro. Sobreira do Calvario. A Soledad, Santiago de Ribarteme (As Neves). Ten arredor de 300 anos e mide 16 m de altura e 4,84 m de perímetro.
  • 98.
    Eucalipto de Sobroso(Ponteareas) -7,88 m de perímetro Eucalipto de Cruz de Outeiro (Queimadelos) --Máis de 7 m de perímetro.
  • 99.
    Piñeiro de Alxén(Salvaterra de Miño) -46,1 m de altura, e case 4 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 100.
    No parque quehai na contorna do balneario de Mondariz atópanse bos exemplares de árbores ornamentais entre os que hai plátanos de bo porte, criptomerias e algún acereiro. Platano (Platanus hispanica) Criptomeria (Cryptomeria japonica) en Mondariz-Balneario.
  • 101.
    Mimosas da praiade Campomaior (As Neves) Mimosa de Santa Mariña (Tortoreos, As Neves) -2,5 m de perímetro.
  • 102.
    Cedro do líbanoda Cancela (Tortoreos, As Neves) No Centro de Formación Rural. -5,3 m de perímetro.
  • 103.
    PAZO A MERCEDE(As Neves): cedro do Líbano, faia púrpura, e picea de Sitka
  • 104.
    Alcanforeiros do castelode Sobroso (Ponteareas)
  • 105.
    ESPAZOS PROTEXIDOS Río Teana ponte das Partidas. O LIC Río Tea, ademais dos valores naturais, ten importante valores etnográficos, históricos e artísticos LIC/ZEC RÍO TEA A zona protexida comprende 356 ha nos Concellos de Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Inclúe todo o curso do Tea na comarca e partes dos seus afluentes Uma, Borbén, Xabriña e Alén. O espazo é importante pola excelente conservación da vexetación de ribeira e pola riqueza piscícola das súas augas.
  • 106.
    Paseo á beirado Miño en Salvaterra LIC/ZEC BAIXO MIÑO É un gran espazo que inclúe todo o curso baixo do Río Miño desde Crecente ata a desembocadura. Nesta comarca protexe a todo o curso do Miño e unha unha parte importante do seu afluente o Termes. O tamaño deste espazo e a variedade de microclimas fai que se atopen ecosistemas e hábitats moi diferentes desde os canóns rochosos, ata a illas e bancos de area e grava de correntes mainas. É un espazo dun alto valor xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e paisaxístico no que se poden atopar unha grande diversidade de especies entre as que se inclúen moitas de tipo mediterráneo como sobreiras e arzaias.
  • 107.
    MONTAXE E FOTOS:Adela Leiro, DEBUXOS: Mon Daporta setembro 2017