SlideShare a Scribd company logo
1 of 98
MACIZO CENTRAL
OURENSÁN
É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de
Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo
escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está
rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de
Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.
O núcleo comprende as serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas,
Altos do Samión e Invernadeiro.
Nos arredores, e con menor altitude atópanse os Montes de Correchouso e as Serras
de Urdiñeira, Entirlos e Seca (no Sur), e Cabeza de Meda e Serra das Cabanas (no
Norte).
Vista do Macizo Central desde o Alto do Boi (O Courel)
Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na
Terciaria pola Oroxenia Alpina. Durante o Cuaternario estivo cuberta de glaciares, dos que se
atopan numerosas pegadas en toda a zona (circos glaciares, morrenas, vales en artesa...)
Vista do Macizo Central desde o Covel. No centro Manzaneda e debaixo o val glaciar de Lamas-Requeixo
Granitos en Manzaneda
A rocha dominante é o granito de dúas micas salvo no sector sur onde abondan os xistos, as
lousas e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e
rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina.
Bandas de xistos e cuarcitas en Fial das Corzas
Lousas na serra da Queixa
SERRA DA QUEIXA
Ocupa a parte central do macizo, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos. Na
vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle,
Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro.
ALTURAS DESTACADAS: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza
Pequena de Manzaneda (1.777), Os Toleiros (1.734 m).
ROCHAS: Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o
granito de dúas micas.
formacións graníticas, pegadas glaciarias, fragas, flora e fauna,
etnografía. Protexida no LIC “MACIZO CENTRAL OURENSÁN”.
Serra da Queixa desde San Mamede
Cabeza de Manzaneda, cume da Serra da Queixa e do Macizo Central
Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda
Val de Requeixo e Altos do Samión desde os Cumes da serra de Queixa
ALTOS DO SAMIÓN
É unha pequena serra con orientación NE-S situado entre a Serra de San Mamede e Fial das
Corzas, no concello de Chandrexa de Queixa. Nela nacen varios afluentes do Navea.
ALTURAS DESTACADAS: Penedo de Samión (1.348 m).
ROCHAS: xistos, granitos
bosques, flora, fauna.
Altos do Samión desde San Mamede
SERRA DO FIAL DAS CORZAS
Situada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. Na súa vertente occidental
nace o río Camba que logo rodea a serra e vai cara ao leste a xuntarse co Bibei, no sur o Trez,
un afluente do Támoga, e no leste varios afluentes do Navea.
ALTURAS DESTACADAS: Cabeza da Veiga do Fial (1.552 m)
ROCHAS: areíscas e lousas
pegadas glaciarias, fragas, flora e fauna, etnografía.
Protexida no LIC “MACIZO CENTRAL OURENSÁN”.
Serra do Fial das Corzas
MONTES DO INVERNADEIRO
Esténdense, con orientación NO-SE, desde a confluencias das serras de Fial das Corzas e
Queixa (Pico do Seixo, con 1.707 m) ata o Val do río Camba.Están limitados polos ríos Ribeira
Pequena e Conso que excavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das
Portas.As rochas máis comúns son os xistos, as lousas e as cuarcitas. Nas súas abas nacen os
ríos Ribeira Grande, Ribeira Pequena e varios afluentes do Conso. A parte entre os ríos Conso
e Ribeira Grande coñécese tamén co nome de serra da Pena.
ALTURAS DESTACADAS: Pico do Seixo (1.707 m) e Castrelo
Grande (1.613 m).
ROCHAS: xistos, lousas e cuarcitas
pegadas glaciarias, fervenzas, fragas, flora e fauna.
Protexido como Parque Natural e LIC.
As Hedradas, na aba
leste do Invernadeiro
Montes do Invernadeiro desde A Gudiña
SERRA DE SAN MAMEDE
Domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia. Na vertente sur nace o río Arnoia e
varios dos seus afluentes e no norte o Mao e varias cabeceiras do Navea.
ALTURAS DESTACADAS: San Mamede (1.619 m)
ROCHAS: xistos, areíscas e granitos de dúas micas.
formacións rochosas, fragas (LIC Bidueiral de
Montederramo), flora e fauna.
San Mamede desde as Brañas de Calvelo en Baños de Molgas
CABEZA DE MEDA
Pequena serra de cumes redondeados que se pode considerar como uha prolongación cara ao
noroeste (ata o canón do Sil) da de San Mamede, da que a separa o Alto do Rodicio.
ALTURAS DESTACADAS: Cabeza de Meda, con 1.323 m
ROCHAS: xistos, granitos.
vistas sobre o Canón do Sil e a Depresión de Maceda.
Vista do Canón do Sil e a Depresión de Monforte desde o alto de Cabeza de Meda.
SERRA DA BURGO
É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a
separa o río Navea polo leste. Na vertente oeste nace o río Edo e varios regatos afluentes do
Mao e na leste afluentes do Navea.
ALTURAS DESTACADAS: O Serro (1.211 m) e O Valisco (1.203 m).
ROCHAS: granito de dúas micas
formacións graníticas, fragas, etnografía.
A serra do Burgo e o val do
Navea no inverno.
Serra do Burgo
Serra do Burgo
SERRA DAS CABANAS
Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación
SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Na vertente norte nacen pequenos afluentes do Sil,
e ba sur nacen varios afluentes do Edo e do Navea (tributarios do Sil).
Vista da serra das Cabanas desde O Courel,
co Cerengo no centro
ALTURAS DESTACADAS: Cerengo (1.235 m).
ROCHAS: xistos, granitos, cuarcitas.
bosques, flora e fauna, vistas panorámicas sobre o
Courel e o val do Sil.
Vertente lete do cerengo desde o Mouzón (en primeiro plano a depresión de Valdeorras
MONTES DE CORRECHOUSO
É a prolongación da Serra de San Mamede cara ao SE.
Na vertente sur nacen varios afluentes do Támega.
ALTURAS DESTACADAS: Alto do Baroncello (1.406 m)
ROCHAS: granitos e xistos.
flora e fauna
Val do río Correchouso (Trez-Témega) entre os Montes de Correchoiso e Fial das Corzas
GLACIARISMO
Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo
ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares
de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales
glaciares, morrenas, rochas con marcas do xeo...
Val glaciar do Cenza
Os glaciares máis importantes foron:
-Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata
Chagoazoso.
-Cabeza Pequena de Manzaneda
-Marmentelo (SO de Cabeza de Manzaneda).
-As Lamas: polo que corre o rego das Lamas,
chamado máis abaixo Requeixo e San Miguel.
-San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de
Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro.
-Cerveira, no SO da serra de Queixa, no linde
coa do Invernadeiro.
-Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza
Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do río
Grande.
-O Figueiro, nas nacentes do río Ribeira
Grande, no interior do Parque Natural do
Invernadeiro.
Por todos estes vales glaciares pódense facer
rutas a pé para percorrelos e apreciar a
formas dos vales e os distintos tipos de
depósitos rochosos. O de máis doado acceso
é o do Cenza, ao que se pode chegar pola
estrada do encoro.
Rochas coas pegadas da acción do xeo
Depósitos glaciares en Mormentelos
Depósitos glaciares no val do Cenza
No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse
as mellores mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado puídas e
estriadas polo xeo, unha lagoa estacional...
Morrena de Chaguazoso. É unha morrena lateral que se atopa na marxe esquerda do val do río Cenza, a mellor
conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos.
Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)
Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
REDE FLUVIAL
Macizo Central da lugar a unha ampla rede fluvial que forma parte das concas do Miño e
Douro. Verte ao Sil (polo sur, norte e leste) e ao Támega e Arnoia (polo sur). O principal río
deste espazo é o Bibei e os seus afluentes Camba (co Ribeira Pequena, Ribeira Grande, Conso
e Cenza), San Miguel, Xares, San Lazaro e Queixa-Navea.
RÍO SIL
É o principal afluente do Miño e o que achega maior caudal. Recolle augas do sur da
Cordilleira Cantábrica e das serras dos Ancares, Oribio e das Penas pola dereita; e dos Montes
de León e as serras de Teleno, Cabreira, Segundeira, Canizo, San Mamede e Monte Meda,
pola esquerda.
Nace na Cordilleira Cantábrica (La Cueta-León), ao pé de Peña Orniz, e xúntase co Miño nos
Peares. Limita o Macizo central polo norte e recolle as augas do Bibei, Edo e Mao.
Canón do Sil desde o monte Meda
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desde Viana do Bolo (a 733
m de altura) ata que se une co Sil en Montefurado (a 290 m de altura) discorre por un canón
de 40 m de lonxitude, ata 500 m de profundidade e unha pendente media do 50%, escavado
en granitos, xistos e gneis. Os principais afluentes son o Xares e rego da Porriñeira (pola
dereita) e o Camba, Conso, San Miguel, San Lázaro e Navea (pola esquerda).
O Bibei nas As Ermidas (O Bolo). Nas zonas orientadas ao sur hai socalcos nos que
se cultivan vides, en grande parte abandonados.
O Bibei no encoro do Vao
O Bibei no Larouco
Río Camba
Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán e bótase no Bibei en
Viana do Bolo.
Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena, o Conso e o Cenza.
O Camba no encoro das Portas, ao fondo os montes do Invernadeiro
Río Ribeira Grande
Fórmase pola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da Vela, Teixeiroá,
Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis alonxada (río Casarello) nace
debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).
Río Ribeira Pequena
Nace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.
Río Conso
Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do
Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte
para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o
Cenza.
O Conso entre Pradoalvar e As Hedradas
Fervenza no Conso en Pradoalvar
Fervenza nun afluente do
Conso nas Hedradas
Fervenzas en afluentes do Conso que baixan do Invernadeiro (As Hedradas)
Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na
parroquia de Sabuguido, no regato Veigas
de Camba que desemboca no Conso. Un
salto en lousas de aproximadamente 20 m
de altura.
Río Cenza
Fórmase no antigo circo glaciar do
Corvo do Cavalo, na vertente leste de
Cabeza de Manzaneda e ten un
percorrido curto antes de ser
encorado no seu curso alto. No seu
val consérvanse interesantes
representacións de turbeiras de
montaña e de pegadas glaciarias.
Encoro no tramo alto do Cenza. Asolagou o mellor val glaciar de Galiza
e interesantes representacións de turbeiras de montaña
Salto da Cenza en Castiñeiras (Vilariño de
Conso). O río salva un desnivel en rochas
graníticas de máis de 100 m de altura (é a
fervenza máis alta de Galiza). Antes do salto o
río forma un pequeno canón con varios saltos
máis pequenos, pozas e rápidos.
Rego de San Miguel
Fórmase coa unión dos regos que drenan os
vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente
leste de Cabeza de Manzaneda. Xúntase ao Bibei
augas abaixo do encoro do Vao.
Rego de Prado, un
afluente do San Miguel
Río San Lázaro
Nace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de
A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con
grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal
afluente é o Tintín, no que hai un encoro.
O río San Lázaro entrando no Bibei na área
recreativa do Caneiro (Manzaneda)
Fervenza no rego de San Miguel
entre Manzaneda e Trives
Río Navea
O río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa,
Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo
circula entre as Serra do Burgo e Queixa. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil.
Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais importantes pola dereita
son o rego do Acerral, o río Grande e o río de Casteligo. Pola esquerda o regueiro do Marco, o rego de
Rabal e o das Cabanas.
Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas
autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
Encoro de Chandrexa de Queixa
Val do Navea no inverno.
Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande
interese ecolóxico e paisaxístico.
Unha das cabeceiras do río Grande, entre os Altos do Samión e a serra de Queixa
Río Dorelle ou Casteligo
Nace en Cabeza de Manzaneda e despois dun curto percorrido con bastante desnivel xúntase ao Navea na
parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).
Fervenza de Casteligo, na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa.
RÍO EDO
Nace na Serra do Burgo e ten un percorrido curto polo concello de Castro Caldelas ata
xuntarse co Sil na zona dos canóns.
Fervenza do Cachón Río de Caldelas (Edo)
Río Mao (Mau)
Recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do Burgo, percorre a
penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco con rápidos e
fervenzas.
Gorxa do Mao
A Teixeira-Parada de Sil
Rego da Senra (Mao)
Parada de Sil
Corga da Tella (Mao)
Gabín (Montederramo)
RÍO TÁMEGA
Nace no monte Talariño (Alberguería) baixa nun primeiro tramo de fortes pendentes,
remánsase polas veigas de Laza e a depresión de Monterrei e continúa por Chaves (Portugal),
despois de percorrer 51 km por territorio galego. Desemboca no Douro, en Portugal. Varios
dos seus afluentes nacen no Macizo Central: Portas, Barxa (Avilleira) e Correchouso (Trez ou,
Ribeira).
RÍO TREZ ou RIBEIRA
Fórmase pola confluencia
de varios regos que baixan
dos Montes de Correchouso
(río Correchouso ou das
Cabras) e Cabeza da
Cántara (Cereixo). Xúntase
co Támega en Laza.
Fervenza dos Muíños, no
Trez. Está modificada pola
presa dun muíño.
Rego do Corno (Correchouso ou das Cabras-
Trez-Támega) en Toro (Laza)
Rego da Profita (Cereixo-Támega)
Toro (Laza)
Rego de Auga Alta (Cereixo-
Támega)
RÍO ARNOIA
Nace na serra de San Mamede pola unión dos regos Bouzas, Canadas e Busteiro; na parroquia
de Rebordechao (Vilar de Barrio-Ourense). Percorre terras dos concellos de Vilar de Barrio,
Xunqueira de Ambía, Allariz, Cartelle e Arnoia. Desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia.
Nacentes do Arnoia en Rebordechao
Vides no val do Bibei
CLIMA
Oceánico de montaña, con trazos de clima continental. Os veráns son calorosos e secos,
denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, e os invernos bastantes fríos. As
precipitacións son moi abundantes, en parte en forma de neve.
Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.
Neve en Manzaneda
FLORA
Nestas serras mestúranse característica atlánticas e mediterráneas, o que, unido as distintas condicións
ambientais (altitude, orientación, pendente, composición do terreo) da lugar a un grande número de
hábitats, desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.
A vexetación dominante na serra son os pasteiros e o mato formado por carqueixas, uces, carpazas,
xestas, piornos, arandeiras silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Na zona máis degradada hai
toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos...
Carqueixas e uces
Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación mediterránea
formada por sobreiras, aciñeiras, érbedos, cantroxos, estevas... Por enriba dos 600 m de altura hai bosque
mixto de carácter eurosiberiano formado por rebolos, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas
proximidades das poboacións hai soutos, algúns moi antigos.
Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións forestais.
As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica),
o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa localización máis sudoccidental en
Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex
aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o
teixo (Taxus baccata), o cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o
abruñeiro (Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo
(Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...
Bidueiros
Podemos atopar un grande número de
plantas endémicas e raras en Galiza:
Allium victorialis, Festuca elegans,
Festuca graniticola (exclusiva do Macizo
Central ourensán), Festuca
summilusitanica, Hieracium rupicolum,
Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus
asturiensis, Serratula legionensis,
Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata,
Ornithogalum concinnum, Dianthus
langeanus...
Armeria ciliata
Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco comúns, como
Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha, Arenaria tetraquetra, Silene Foetida,
Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula legionensis... ou o ameazado
Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Anémona (Anemone trifolia)
As matogueiras predominantes son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis,
caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con
dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica
arborea e as xesteiras de Genista florida subsp. polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus).
Uz vermella (Erica australis).Uz, urce (Erica arborea)
Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de rochas
dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana);
nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista
micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados modifican a
composición de especies, chegando en último termo á formación de turbeiras.
Xunca de algodón (Eriosphorum angustifolium). Vive en lugares
húmidos con solos acedos a certa altitude.
ÁRBORES SENLLEIRAS
As serras acollen exemplares
monumentais de de árbores, en
especial castiñeiros.
Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en
Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis
de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento
natural no 1995.
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
Carballos (Querqus robur)
-Figueiro (Montes do Invernadeiro)
Cerquiño ou rebolo
(Quercus pyrenaica)
Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda).
-17 m de altura e 4 m de perímetro.
FAUNA
Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Hai 176 especies de vertebrados e numerosos
invertebrados, entre os que se atopan algunhas raras en Galiza.
Lesma
Vacaloura
Bolboreta (Polyommatus icarus)
Ra patilonga
(Rana iberica)
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
Víbora de Seoane
(Vipera seoanei)
Entre as aves destacan as especies propias de áreas de matogueira
e rochedos, e en particular as aves de rapina e paxaros.
Cotovía (Galerida cristata)
Águia real
(Aquila chrysaetos)
Corzo (Capreolus capreolus).
Lebre ibérica (Lepus granatensis).
Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable no
Invernadeiro.
Estas serras acollen importantes poboacións
de mamíferos pouco comúns noutras zonas
do país: leirón, lobo, gato bravo, marta,
armiño, tourón, lontra, lobo, corzo, lebre
ibérica...
Cabeza de Manzaneda
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica...
Ponte romana de Larouco sobre o Bibei
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A zona estivo poboada desde tempos moi antigos, especialmente nas áreas de clima máis
benigno dos vales.
Consérvanse elementos etnográficos de interes e monumentos histórico-artísticos.
Miliarios en Larouco
Ponte romana sobre o Conso en Pradoalvar
PROBLEMAS
-Incendios, repoboación con especies foráneas, encoros, especies invasoras, abandono das
actividades e dos asentamentos
Erosión despois dos lumes
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC MACIZO CENTRAL
SUPERFICIE: 46.986 ha
CONCELLOS: O Bolo, Chandrexa de
Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra
de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de
Conso, Larouco e Montederramo
(Ourense) e Quiroga (Lugo).
Cabeza de Manzaneda
Castiñeiro de Pumbariños no
inverno
MONUMENTO NATURAL
“SOUTO DE ROZAVALES”
Pequeno espazo de 1,79 ha en San
Martiño de Arriba, no concello de
Manzaneda. É un souto formado por
castiñeiros moi antigos entre os que
destaca o castiñeiro de Pumbariños.
Vista dos Montes de Invernadeiro desde o Fial das Corzas
PARQUE NATURAL SERRA DO INVERNADEIRO
Situado no Surleste do Macizo Central, cunha superficie de 5.722 ha, no concello de Vilariño
de Conso. É un espazo de alta montaña con cumes que acadan máis de 1.700 m e profundos
vales fluviais formados polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena que desembocan no
Camba no encoro das Portas.
LIC BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO
Espazo que inclúe terreos de monte baixo e bosques (1.949 ha) situados nas abas orientadas
cara ao Oeste da Serra de San Mamede, nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.
O bidueiral está situado no extremo norte deste espazo. Distínguese pola altitude á que está
situado entre os 1.619 e os 1.000 m, e por ser un dos bidueirais situados máis ao sur de Galiza.
LIC CANÓN DO SIL
Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Chandrexa e Pinol, e o canón do Cabe,
desde Canaval ata a unión co Sil. O maior interese desta zona reside na espectaculidade das
paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande
interese cultural.
CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín, Pantón, Sober.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Decembro 2016

More Related Content

What's hot

LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancaresmonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerêsmonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- monadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Silmonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 

What's hot (20)

LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Trevinca
TrevincaTrevinca
Trevinca
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancares
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerês
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 

Viewers also liked

Markaðarnir garðar svavarsson
Markaðarnir   garðar svavarssonMarkaðarnir   garðar svavarsson
Markaðarnir garðar svavarssonFIFIsland
 
Landsvirkjun einar mathiesen
Landsvirkjun  einar mathiesenLandsvirkjun  einar mathiesen
Landsvirkjun einar mathiesenFIFIsland
 
Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...
Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...
Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...VENDOPOR Inmobiliarias
 
EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES.
EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES. EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES.
EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES. Aje Región de Murcia
 
Staying focused summer school
Staying focused summer schoolStaying focused summer school
Staying focused summer schoolmjloftin
 
Desarrollo del espiritu emprendedor
Desarrollo del espiritu emprendedorDesarrollo del espiritu emprendedor
Desarrollo del espiritu emprendedorHâîDêr ÊSpîtiâ
 
deel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleiding
deel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleidingdeel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleiding
deel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleidingAnn Deraedt
 
Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017
Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017
Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017ACom Comunicação Integrada
 
Presentation Curatron PEMFT devices
Presentation Curatron PEMFT devicesPresentation Curatron PEMFT devices
Presentation Curatron PEMFT devicesBen Philipson
 
Centurion slides natural healing of pemf
Centurion slides   natural healing of pemfCenturion slides   natural healing of pemf
Centurion slides natural healing of pemfMichel Gareau, CD
 
Aula de imersão linguagem, língua e fala
Aula  de  imersão  linguagem, língua e falaAula  de  imersão  linguagem, língua e fala
Aula de imersão linguagem, língua e falaRenato Oliveira
 
Présentation de TEKTOLAB - Bâtiment Mutant
Présentation de TEKTOLAB - Bâtiment MutantPrésentation de TEKTOLAB - Bâtiment Mutant
Présentation de TEKTOLAB - Bâtiment MutantNovabuild
 
Gunnar pálsson fíf 2015
Gunnar pálsson   fíf 2015Gunnar pálsson   fíf 2015
Gunnar pálsson fíf 2015FIFIsland
 
Year of Favor, 12/11/16
Year of Favor, 12/11/16Year of Favor, 12/11/16
Year of Favor, 12/11/16CLADSM
 

Viewers also liked (20)

Markaðarnir garðar svavarsson
Markaðarnir   garðar svavarssonMarkaðarnir   garðar svavarsson
Markaðarnir garðar svavarsson
 
MP of HPH 2A G2
MP of HPH 2A G2MP of HPH 2A G2
MP of HPH 2A G2
 
Apresentação Buffet Casal Garcia - 10 minutos
Apresentação Buffet Casal Garcia - 10 minutosApresentação Buffet Casal Garcia - 10 minutos
Apresentação Buffet Casal Garcia - 10 minutos
 
Landsvirkjun einar mathiesen
Landsvirkjun  einar mathiesenLandsvirkjun  einar mathiesen
Landsvirkjun einar mathiesen
 
Dev_In_Id
Dev_In_IdDev_In_Id
Dev_In_Id
 
Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...
Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...
Los 4 Hábitos Vitales para Tener Éxito - Coaching Crecimiento Personal Empren...
 
EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES.
EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES. EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES.
EMPRENDEDORES CREATIVOS: TRANSFORMANDO SUEÑOS EN REALIDADES.
 
Tp13
Tp13Tp13
Tp13
 
Staying focused summer school
Staying focused summer schoolStaying focused summer school
Staying focused summer school
 
Desarrollo del espiritu emprendedor
Desarrollo del espiritu emprendedorDesarrollo del espiritu emprendedor
Desarrollo del espiritu emprendedor
 
Hi. I'm Whitney.
Hi. I'm Whitney.Hi. I'm Whitney.
Hi. I'm Whitney.
 
deel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleiding
deel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleidingdeel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleiding
deel 1: Hoe word je een goede timemanager met outlook: handleiding
 
Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017
Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017
Apresentação ACom Comunicação Integrada - 2016/2017
 
Misterios
MisteriosMisterios
Misterios
 
Presentation Curatron PEMFT devices
Presentation Curatron PEMFT devicesPresentation Curatron PEMFT devices
Presentation Curatron PEMFT devices
 
Centurion slides natural healing of pemf
Centurion slides   natural healing of pemfCenturion slides   natural healing of pemf
Centurion slides natural healing of pemf
 
Aula de imersão linguagem, língua e fala
Aula  de  imersão  linguagem, língua e falaAula  de  imersão  linguagem, língua e fala
Aula de imersão linguagem, língua e fala
 
Présentation de TEKTOLAB - Bâtiment Mutant
Présentation de TEKTOLAB - Bâtiment MutantPrésentation de TEKTOLAB - Bâtiment Mutant
Présentation de TEKTOLAB - Bâtiment Mutant
 
Gunnar pálsson fíf 2015
Gunnar pálsson   fíf 2015Gunnar pálsson   fíf 2015
Gunnar pálsson fíf 2015
 
Year of Favor, 12/11/16
Year of Favor, 12/11/16Year of Favor, 12/11/16
Year of Favor, 12/11/16
 

Similar to Macizo Central Ourensán (serras galegas)

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candánmonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerêsmonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miñomonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiromonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 

Similar to Macizo Central Ourensán (serras galegas) (18)

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candán
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miño
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiro
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Macizo Central Ourensán (serras galegas)

  • 2. É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.
  • 3. O núcleo comprende as serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas, Altos do Samión e Invernadeiro. Nos arredores, e con menor altitude atópanse os Montes de Correchouso e as Serras de Urdiñeira, Entirlos e Seca (no Sur), e Cabeza de Meda e Serra das Cabanas (no Norte). Vista do Macizo Central desde o Alto do Boi (O Courel)
  • 4.
  • 5. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina. Durante o Cuaternario estivo cuberta de glaciares, dos que se atopan numerosas pegadas en toda a zona (circos glaciares, morrenas, vales en artesa...) Vista do Macizo Central desde o Covel. No centro Manzaneda e debaixo o val glaciar de Lamas-Requeixo
  • 6. Granitos en Manzaneda A rocha dominante é o granito de dúas micas salvo no sector sur onde abondan os xistos, as lousas e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina.
  • 7. Bandas de xistos e cuarcitas en Fial das Corzas
  • 8. Lousas na serra da Queixa
  • 9. SERRA DA QUEIXA Ocupa a parte central do macizo, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos. Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. ALTURAS DESTACADAS: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de Manzaneda (1.777), Os Toleiros (1.734 m). ROCHAS: Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas micas. formacións graníticas, pegadas glaciarias, fragas, flora e fauna, etnografía. Protexida no LIC “MACIZO CENTRAL OURENSÁN”.
  • 10. Serra da Queixa desde San Mamede
  • 11. Cabeza de Manzaneda, cume da Serra da Queixa e do Macizo Central
  • 12. Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda
  • 13. Val de Requeixo e Altos do Samión desde os Cumes da serra de Queixa
  • 14. ALTOS DO SAMIÓN É unha pequena serra con orientación NE-S situado entre a Serra de San Mamede e Fial das Corzas, no concello de Chandrexa de Queixa. Nela nacen varios afluentes do Navea. ALTURAS DESTACADAS: Penedo de Samión (1.348 m). ROCHAS: xistos, granitos bosques, flora, fauna.
  • 15. Altos do Samión desde San Mamede
  • 16. SERRA DO FIAL DAS CORZAS Situada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. Na súa vertente occidental nace o río Camba que logo rodea a serra e vai cara ao leste a xuntarse co Bibei, no sur o Trez, un afluente do Támoga, e no leste varios afluentes do Navea. ALTURAS DESTACADAS: Cabeza da Veiga do Fial (1.552 m) ROCHAS: areíscas e lousas pegadas glaciarias, fragas, flora e fauna, etnografía. Protexida no LIC “MACIZO CENTRAL OURENSÁN”.
  • 17. Serra do Fial das Corzas
  • 18. MONTES DO INVERNADEIRO Esténdense, con orientación NO-SE, desde a confluencias das serras de Fial das Corzas e Queixa (Pico do Seixo, con 1.707 m) ata o Val do río Camba.Están limitados polos ríos Ribeira Pequena e Conso que excavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas.As rochas máis comúns son os xistos, as lousas e as cuarcitas. Nas súas abas nacen os ríos Ribeira Grande, Ribeira Pequena e varios afluentes do Conso. A parte entre os ríos Conso e Ribeira Grande coñécese tamén co nome de serra da Pena. ALTURAS DESTACADAS: Pico do Seixo (1.707 m) e Castrelo Grande (1.613 m). ROCHAS: xistos, lousas e cuarcitas pegadas glaciarias, fervenzas, fragas, flora e fauna. Protexido como Parque Natural e LIC.
  • 19. As Hedradas, na aba leste do Invernadeiro
  • 20. Montes do Invernadeiro desde A Gudiña
  • 21. SERRA DE SAN MAMEDE Domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia. Na vertente sur nace o río Arnoia e varios dos seus afluentes e no norte o Mao e varias cabeceiras do Navea. ALTURAS DESTACADAS: San Mamede (1.619 m) ROCHAS: xistos, areíscas e granitos de dúas micas. formacións rochosas, fragas (LIC Bidueiral de Montederramo), flora e fauna.
  • 22. San Mamede desde as Brañas de Calvelo en Baños de Molgas
  • 23. CABEZA DE MEDA Pequena serra de cumes redondeados que se pode considerar como uha prolongación cara ao noroeste (ata o canón do Sil) da de San Mamede, da que a separa o Alto do Rodicio. ALTURAS DESTACADAS: Cabeza de Meda, con 1.323 m ROCHAS: xistos, granitos. vistas sobre o Canón do Sil e a Depresión de Maceda.
  • 24. Vista do Canón do Sil e a Depresión de Monforte desde o alto de Cabeza de Meda.
  • 25. SERRA DA BURGO É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a separa o río Navea polo leste. Na vertente oeste nace o río Edo e varios regatos afluentes do Mao e na leste afluentes do Navea. ALTURAS DESTACADAS: O Serro (1.211 m) e O Valisco (1.203 m). ROCHAS: granito de dúas micas formacións graníticas, fragas, etnografía. A serra do Burgo e o val do Navea no inverno.
  • 28. SERRA DAS CABANAS Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Na vertente norte nacen pequenos afluentes do Sil, e ba sur nacen varios afluentes do Edo e do Navea (tributarios do Sil). Vista da serra das Cabanas desde O Courel, co Cerengo no centro ALTURAS DESTACADAS: Cerengo (1.235 m). ROCHAS: xistos, granitos, cuarcitas. bosques, flora e fauna, vistas panorámicas sobre o Courel e o val do Sil.
  • 29. Vertente lete do cerengo desde o Mouzón (en primeiro plano a depresión de Valdeorras
  • 30. MONTES DE CORRECHOUSO É a prolongación da Serra de San Mamede cara ao SE. Na vertente sur nacen varios afluentes do Támega. ALTURAS DESTACADAS: Alto do Baroncello (1.406 m) ROCHAS: granitos e xistos. flora e fauna
  • 31. Val do río Correchouso (Trez-Témega) entre os Montes de Correchoiso e Fial das Corzas
  • 32. GLACIARISMO Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con marcas do xeo... Val glaciar do Cenza
  • 33. Os glaciares máis importantes foron: -Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata Chagoazoso. -Cabeza Pequena de Manzaneda -Marmentelo (SO de Cabeza de Manzaneda). -As Lamas: polo que corre o rego das Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e San Miguel. -San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro. -Cerveira, no SO da serra de Queixa, no linde coa do Invernadeiro. -Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do río Grande. -O Figueiro, nas nacentes do río Ribeira Grande, no interior do Parque Natural do Invernadeiro. Por todos estes vales glaciares pódense facer rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas dos vales e os distintos tipos de depósitos rochosos. O de máis doado acceso é o do Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do encoro. Rochas coas pegadas da acción do xeo Depósitos glaciares en Mormentelos
  • 34. Depósitos glaciares no val do Cenza No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse as mellores mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado puídas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional...
  • 35. Morrena de Chaguazoso. É unha morrena lateral que se atopa na marxe esquerda do val do río Cenza, a mellor conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos.
  • 36. Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)
  • 37. Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
  • 38. Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
  • 39. REDE FLUVIAL Macizo Central da lugar a unha ampla rede fluvial que forma parte das concas do Miño e Douro. Verte ao Sil (polo sur, norte e leste) e ao Támega e Arnoia (polo sur). O principal río deste espazo é o Bibei e os seus afluentes Camba (co Ribeira Pequena, Ribeira Grande, Conso e Cenza), San Miguel, Xares, San Lazaro e Queixa-Navea.
  • 40. RÍO SIL É o principal afluente do Miño e o que achega maior caudal. Recolle augas do sur da Cordilleira Cantábrica e das serras dos Ancares, Oribio e das Penas pola dereita; e dos Montes de León e as serras de Teleno, Cabreira, Segundeira, Canizo, San Mamede e Monte Meda, pola esquerda. Nace na Cordilleira Cantábrica (La Cueta-León), ao pé de Peña Orniz, e xúntase co Miño nos Peares. Limita o Macizo central polo norte e recolle as augas do Bibei, Edo e Mao.
  • 41. Canón do Sil desde o monte Meda
  • 42. RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desde Viana do Bolo (a 733 m de altura) ata que se une co Sil en Montefurado (a 290 m de altura) discorre por un canón de 40 m de lonxitude, ata 500 m de profundidade e unha pendente media do 50%, escavado en granitos, xistos e gneis. Os principais afluentes son o Xares e rego da Porriñeira (pola dereita) e o Camba, Conso, San Miguel, San Lázaro e Navea (pola esquerda). O Bibei nas As Ermidas (O Bolo). Nas zonas orientadas ao sur hai socalcos nos que se cultivan vides, en grande parte abandonados.
  • 43. O Bibei no encoro do Vao
  • 44. O Bibei no Larouco
  • 45. Río Camba Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán e bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena, o Conso e o Cenza. O Camba no encoro das Portas, ao fondo os montes do Invernadeiro
  • 46. Río Ribeira Grande Fórmase pola confluencia de numerosos regos: Augacenza ou Corga do Figueiro, Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza e xúntase co Camba no encoro das Portas. A fonte máis alonxada (río Casarello) nace debaixo do Monte do Bidual (Serra de Queixa).
  • 47. Río Ribeira Pequena Nace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.
  • 48. Río Conso Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o Cenza. O Conso entre Pradoalvar e As Hedradas
  • 49. Fervenza no Conso en Pradoalvar
  • 50. Fervenza nun afluente do Conso nas Hedradas
  • 51. Fervenzas en afluentes do Conso que baixan do Invernadeiro (As Hedradas)
  • 52. Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na parroquia de Sabuguido, no regato Veigas de Camba que desemboca no Conso. Un salto en lousas de aproximadamente 20 m de altura.
  • 53. Río Cenza Fórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda e ten un percorrido curto antes de ser encorado no seu curso alto. No seu val consérvanse interesantes representacións de turbeiras de montaña e de pegadas glaciarias.
  • 54. Encoro no tramo alto do Cenza. Asolagou o mellor val glaciar de Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña
  • 55. Salto da Cenza en Castiñeiras (Vilariño de Conso). O río salva un desnivel en rochas graníticas de máis de 100 m de altura (é a fervenza máis alta de Galiza). Antes do salto o río forma un pequeno canón con varios saltos máis pequenos, pozas e rápidos.
  • 56. Rego de San Miguel Fórmase coa unión dos regos que drenan os vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda. Xúntase ao Bibei augas abaixo do encoro do Vao. Rego de Prado, un afluente do San Miguel
  • 57. Río San Lázaro Nace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro. O río San Lázaro entrando no Bibei na área recreativa do Caneiro (Manzaneda) Fervenza no rego de San Miguel entre Manzaneda e Trives
  • 58. Río Navea O río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa, Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo circula entre as Serra do Burgo e Queixa. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais importantes pola dereita son o rego do Acerral, o río Grande e o río de Casteligo. Pola esquerda o regueiro do Marco, o rego de Rabal e o das Cabanas. Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico. Encoro de Chandrexa de Queixa
  • 59. Val do Navea no inverno. Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
  • 60. Unha das cabeceiras do río Grande, entre os Altos do Samión e a serra de Queixa
  • 61. Río Dorelle ou Casteligo Nace en Cabeza de Manzaneda e despois dun curto percorrido con bastante desnivel xúntase ao Navea na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).
  • 62. Fervenza de Casteligo, na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa.
  • 63. RÍO EDO Nace na Serra do Burgo e ten un percorrido curto polo concello de Castro Caldelas ata xuntarse co Sil na zona dos canóns. Fervenza do Cachón Río de Caldelas (Edo)
  • 64. Río Mao (Mau) Recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do Burgo, percorre a penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco con rápidos e fervenzas.
  • 65. Gorxa do Mao A Teixeira-Parada de Sil
  • 66. Rego da Senra (Mao) Parada de Sil Corga da Tella (Mao) Gabín (Montederramo)
  • 67. RÍO TÁMEGA Nace no monte Talariño (Alberguería) baixa nun primeiro tramo de fortes pendentes, remánsase polas veigas de Laza e a depresión de Monterrei e continúa por Chaves (Portugal), despois de percorrer 51 km por territorio galego. Desemboca no Douro, en Portugal. Varios dos seus afluentes nacen no Macizo Central: Portas, Barxa (Avilleira) e Correchouso (Trez ou, Ribeira). RÍO TREZ ou RIBEIRA Fórmase pola confluencia de varios regos que baixan dos Montes de Correchouso (río Correchouso ou das Cabras) e Cabeza da Cántara (Cereixo). Xúntase co Támega en Laza. Fervenza dos Muíños, no Trez. Está modificada pola presa dun muíño.
  • 68. Rego do Corno (Correchouso ou das Cabras- Trez-Támega) en Toro (Laza)
  • 69. Rego da Profita (Cereixo-Támega) Toro (Laza) Rego de Auga Alta (Cereixo- Támega)
  • 70. RÍO ARNOIA Nace na serra de San Mamede pola unión dos regos Bouzas, Canadas e Busteiro; na parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio-Ourense). Percorre terras dos concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Allariz, Cartelle e Arnoia. Desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia. Nacentes do Arnoia en Rebordechao
  • 71. Vides no val do Bibei CLIMA Oceánico de montaña, con trazos de clima continental. Os veráns son calorosos e secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, e os invernos bastantes fríos. As precipitacións son moi abundantes, en parte en forma de neve. Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas. Neve en Manzaneda
  • 72. FLORA Nestas serras mestúranse característica atlánticas e mediterráneas, o que, unido as distintas condicións ambientais (altitude, orientación, pendente, composición do terreo) da lugar a un grande número de hábitats, desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales. A vexetación dominante na serra son os pasteiros e o mato formado por carqueixas, uces, carpazas, xestas, piornos, arandeiras silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Na zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos...
  • 74. Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, érbedos, cantroxos, estevas... Por enriba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por rebolos, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboacións hai soutos, algúns moi antigos. Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións forestais.
  • 75. As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro (Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo (Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...
  • 77. Podemos atopar un grande número de plantas endémicas e raras en Galiza: Allium victorialis, Festuca elegans, Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán), Festuca summilusitanica, Hieracium rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus asturiensis, Serratula legionensis, Teesdaliopsis conferta, Armeria ciliata, Ornithogalum concinnum, Dianthus langeanus... Armeria ciliata
  • 78. Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha, Arenaria tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula legionensis... ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum. Eryngium duriaei subsp. juresianum. Anémona (Anemone trifolia)
  • 79. As matogueiras predominantes son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa (Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp. polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus). Uz vermella (Erica australis).Uz, urce (Erica arborea)
  • 80. Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp. reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados modifican a composición de especies, chegando en último termo á formación de turbeiras. Xunca de algodón (Eriosphorum angustifolium). Vive en lugares húmidos con solos acedos a certa altitude.
  • 81. ÁRBORES SENLLEIRAS As serras acollen exemplares monumentais de de árbores, en especial castiñeiros. Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 82. Carballos (Querqus robur) -Figueiro (Montes do Invernadeiro)
  • 83. Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica) Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda). -17 m de altura e 4 m de perímetro.
  • 84. FAUNA Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Hai 176 especies de vertebrados e numerosos invertebrados, entre os que se atopan algunhas raras en Galiza. Lesma Vacaloura Bolboreta (Polyommatus icarus)
  • 85. Ra patilonga (Rana iberica) Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
  • 86. Entre as aves destacan as especies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina e paxaros. Cotovía (Galerida cristata) Águia real (Aquila chrysaetos)
  • 87. Corzo (Capreolus capreolus). Lebre ibérica (Lepus granatensis). Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable no Invernadeiro. Estas serras acollen importantes poboacións de mamíferos pouco comúns noutras zonas do país: leirón, lobo, gato bravo, marta, armiño, tourón, lontra, lobo, corzo, lebre ibérica...
  • 88. Cabeza de Manzaneda ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica...
  • 89.
  • 90. Ponte romana de Larouco sobre o Bibei HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zona estivo poboada desde tempos moi antigos, especialmente nas áreas de clima máis benigno dos vales. Consérvanse elementos etnográficos de interes e monumentos histórico-artísticos. Miliarios en Larouco
  • 91. Ponte romana sobre o Conso en Pradoalvar
  • 92. PROBLEMAS -Incendios, repoboación con especies foráneas, encoros, especies invasoras, abandono das actividades e dos asentamentos Erosión despois dos lumes
  • 93. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC MACIZO CENTRAL SUPERFICIE: 46.986 ha CONCELLOS: O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Larouco e Montederramo (Ourense) e Quiroga (Lugo). Cabeza de Manzaneda
  • 94. Castiñeiro de Pumbariños no inverno MONUMENTO NATURAL “SOUTO DE ROZAVALES” Pequeno espazo de 1,79 ha en San Martiño de Arriba, no concello de Manzaneda. É un souto formado por castiñeiros moi antigos entre os que destaca o castiñeiro de Pumbariños.
  • 95. Vista dos Montes de Invernadeiro desde o Fial das Corzas PARQUE NATURAL SERRA DO INVERNADEIRO Situado no Surleste do Macizo Central, cunha superficie de 5.722 ha, no concello de Vilariño de Conso. É un espazo de alta montaña con cumes que acadan máis de 1.700 m e profundos vales fluviais formados polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena que desembocan no Camba no encoro das Portas.
  • 96. LIC BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO Espazo que inclúe terreos de monte baixo e bosques (1.949 ha) situados nas abas orientadas cara ao Oeste da Serra de San Mamede, nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio. O bidueiral está situado no extremo norte deste espazo. Distínguese pola altitude á que está situado entre os 1.619 e os 1.000 m, e por ser un dos bidueirais situados máis ao sur de Galiza.
  • 97. LIC CANÓN DO SIL Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Chandrexa e Pinol, e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil. O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande interese cultural. CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín, Pantón, Sober.
  • 98. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016