SlideShare a Scribd company logo
1 of 118
TERRA DE SONEIRA
A NATUREZA
Cabo Vilán
A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa da
Morte) costa protexida (Ría de Camariñas) vales fluviais (Val de Soneira -cunca do río Grande-,
curso alto do río Castro e encoro da Fervenza no Xallas) e pequenas serras( Serra da Pena
Forcada, serra de Santiago, Faro da Fontefría, estribacións de Buxantes e montes de Santa
Bárbara ) que sen chegar aos cincocentos m de altura ondulan a paisaxe, enriquécenna e
súrtena, segundo a súa estrutura e composición, de atractivas formas.
SUPERFICIE: de 372 km2
POBOACIÓN: 18.241 (2014)
habitantes
CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Zas.
ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Costa da Morte” e PAISAXE
PROTEXIDA “Penedos de Pasarela e Traba”
CLIMA
Oceánico, máis suave na costa que no interior, e con precipitacións abondosas.
ACTIVIDADES
En Camariñas e na comarca hai máis de 2.000 mulleres dedicadas
á elaboración de encaixes. Esta actividade artesanal importada
dos Países Baixos no século XVI, hoxe é unha importante fonte
de recursos e atractivo desta zona.
As principais son a agro-gandeira e a pesca, a minería e un sector servizos e turístico que
medran cada vez máis.
Hai unha importante actividade de elaboración de encaixes, no que destacan as palilleiras de
Camariñas.
Palilleiras no castelo de Vimianzo
Porto de Camariñas
PATRIMONIO
Vimianzo: hórreo e Torres do Cereixo
É unha comarca cun rico patrimonio de todas as épocas: castros, mámoas e dolmes, igrexas,
pazos, castelos... e importantes representación de elementos etnográficos (casas, muíños,
batáns...).
Hórreos nas Torres do Allo (Zas)
Hórreo en
Carreira
Hórreo en
Vimianzo
OS DOLMES
Son construcións funerarias que aparecían cubertas de terra formando un túmulo ou mámoa. Moitos
deles están aínda sen excavar e permanecen soterrados e outros foron destruídos ao facer diferentes
obras, por descoñecemento ou desinterés. A maioría foron construídos do 3500 ao 3000 a.C e están
formados por unha cámara poligonal e un corredor.
Dolme de Pedra Cuberta en Treos (Vimianzo). Foi
estudado polo arqueólogo alemán G. Leisner en
1934 que atopou pinturas no seu interior.
Na comarca podemos visitar:
A Mina, en Carantoña (Vimianzo)
Pedra Cuberta en Treos (Vimianzo)
Pedra da Moura e Pedra da Lebre en Serramo (Vimianzo)
Casota de Freáns en Berdoias (Vimianzo)
Arca da Piosa en Muíño (Zas)
Arca da Piosa, na parroquia de Muíño (Zas).
É unha das antas máis grandes de Galiza.
O Concello de Vimianzo ten editado un folleto e sinalizada unha Ruta dos Dolmes que ten unha duración
aproximada de 2,5 horas. Comeza en Bamiro e remata en Berdoias. Permite ver os dolmes de Pedra
Cuberta en Treos, Pedra da Moura e Pedra da Lebre en Serramo, A Arca da Piosa en Muíño (Zas), a Pedra
da Arca nas proximidades de Baíñas (no linde con Dumbría) e a Casota de Freáns en Berdoias.
Pedra Moura en Serramo (Vimianzo)
Pedra da Lebre en Serramo (Vimianzo)
Capela de Virxe do Monte (Camariñas)
Igrexa de Xaviña (Camariñas)
Igrexa de Santiago de Cereixo (Vimianzo)
Tímpano de coa respresentación do traslado do Apóstolo
Igrexa de Santo Antoíño de Baíñas (Vimianzo)
Igrexa e sartegos en Tines (Vimianzo)
Igrexa de Treos (Vimianzo)
Capela de San Roque nos montes da Meda en Mira (Zas)
Castelo de Vimianzo
Torres do Cereixo
Cruceiro no cimeterio
de Tines (Vimianzo)
O LIÑO
O cultivo do liño e todo o proceso artesanal de transformación e elaboración de tecidos e prendas de
vestir tivo unha grande importancia noutros tempos na comarca Terras de Soneira. A mediados do século
XVIII aparece citado como cultivo xeralizado en todas as parroquias xunto co trigo, millo e hortalizas. A
actividade foi decaendo por diversas causas (competencia doutras zonas, suba de aranceis para importar
liño de fora, introdución doutros tecidos máis económicos como o algodón....) e practicamente
desapareceu ata que en 1992 a asociación O Santiaguiño, de Carreira (Zas) recuperou a tradición do seu
cultivo e da elaboración de tecidos.
Na actualidade dúas asociacións (O Santiaguiño de Carreira e Amigos do Liño de Vimianzo) traballan na
recuperación do oficio e na divulgación da cultura relacionada co liño.
Só se cultiva en algunhas parcelas da parroquia de Carreira e en Baio celebran o Albaroque das Fías, festa
que recolle a tradición da entrega de mazarocas de liño por parte das fiadoras.
Durante todo o ano podemos visitar, no castelo de Vimianzo, unha sala onde as tecedeiras elaboran panos
de liño e expoñen pezas feitas con eles. Pódense mercar directamente ou encargalas a medida.
Plantación de liño. Foto Cedida pola Asociación de Amigos do Liño
CONCELLOS
SUPERFICIE: 52 km2
POBOACIÓN: 5.774
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Camariñas,
Camelle, Ponte do Porto e
Xaviña.
Vista do porto e vila
de Camariñas
CAMARIÑAS
O territorio está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta
polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. O relevo está marcado
pola serra da Pena Forcada con cumes de pouca altura (menos de 250 m) que ao caeren
directamente ao mar confírenlle á costa un perfil recortado e agreste e cara ao sur descende
suavemente e acolle amplas zonas arboradas e as áreas cultivables.
Santa Mariña
A principal actividade é a pesca. O porto de Camariñas acolle barcos do cerco e artes de
baixura. Destaca tamén a elaboración de encaixes.
É un concello cun importante patrimonio natural, protexido no LIC Costa da Morte, e cutural:
igrexas, castelos,
Palilleira en Arou (imaxe de 1979)
Na vila de Camariñas hai un museo do encaixe
e obradoiros para formar ás mozas.
Vista do val de Vimianzo desde
o monte de San Bartolo
SUPERFICIE: 187 km2
POBOACIÓN: 7.565
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Baíñas,
Bamiro, Berdoias, Calo,
Cambeda, Carantoña,
Carnés, Castrelo, Cereixo,
Salto, Serramo, Tines, Treo e
Vimianzo.
VIMIANZO
O territorio ocupa, na súa maior parte, o núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-
chegando ao mar polo norte nun único punto, a caída ao mar da Pena da Águia de 166 m, e
outro pequeno tramo do interior da Ría de Camariñas e polo sur ata o encoro da Fervenza, no
río Xallas. O relevo presenta as maiores alturas no sur onde está a serra de Santiago e as
estribacións da serra de Buxantes e desde alí vai perdendo altura cara ao río Grande por onde
baixan as augas dos afluentes Castro, Vimianzo, Mouzo e Carnés.
As principais actividades económicas son a gandaría e a produción forestal. Tamén é de ter en
conta a actividade mineira de extracción de caolín.
O concello de Vimianzo é rico en restos arqueolóxicos e monumentos de todas as épocas:
dolmes, castelos, igrexas, torres, pazos, pontes...
Conserva un rico patrimonio natural no LIC “Costa da Morte” e ne PAISAXE PROTEXIDA
“Penedos de Pasarela e Traba”.
O castelo de Vimianzo acolle a oficina de información turística e
obradoiros artesáns dos diferentes oficios da comarca: cerámica,
canteiría, tecido, maquetismo, palilleiras...
Vista de Zas desde o
monte de San Roque
SUPERFICIE: 133 km2
POBOACIÓN: 4.902
habitantes (2014).
PARROQUIAS: O Allo,
Baio, Brandomil,
Brandoñas, Carreira,
Castro, Gándara, Lamas,
Loroño, Meanos, Mira,
Muíño, Pazos, Roma,
Vilar e Zas.
ZAS
Ocupa o leste da comarca. O territorio ten as maiores alturas polo sur, onde os montes da
Piosa fan de divisoria das augas que van ao Xallas e as que van ao río Grande, e polo leste a
Serra de Soneira, onde o monte Meda (560 m) marca a máxima altitude. O resto do territorio
inclínase cara ao norte e ao oeste por onde corren os ríos de Baio, de Zas- que recolle as augas
do Meanos, o Mira e o Sisto- e de Vilar, principais fluentes do río Grande.
Torres do Allo, do século XVI. Acollen unha
exposición sobre a vida no castelo e un centro
de interpretación turística, para coñecer o
concello de Zas e a Costa da Morte en xeral.
As principais actividades do concello son a agricultura e a gandaría. O patrimonio histórico
artístico máis importante está representado polas Torres do Allo e varios dolmes e igrexas.
Os espazos naturais de maior interese están asociados ao río Grande.
RELEVO
Cume do Chan da Lagoa, no límite con Dumbría.
Ao fondo a explotación de caolín de Vimianzo.
O territorio da Terra de Soneira é unha zona de transición entre os cantís da costa da morte e
as chairas interiores da Coruña.
Distínguense tres zonas diferenciadas. Na metade sur o releve é irregular, con montes que
non acadan os 500 m (Faro de Vimianzo, Serra de Santiago, montes de Pedrido e Matanza e
estribacións do macizo de Buxantes, A Piosa e serra de Soneira (que ten o punto máis alto da
comarca no Pico de Meda, con 560 m. A metade norte está ocupada polo val do río Grande
limitado por pequenas lombas que marcan a divisoria coa comarca de Bergantiños; e, na
costa, a Serra da Pena Forcada.
Penedos de Pasarela, Val de
Vimianzo e monte Faro ao fondo.
Granitos en Pasarela
As rochas dominantes son os granitos que dan lugar a formas acasteladas e bolos, e algunhas
bandas de xistos.
Breixo
As partes altas están cubertas de mato onde dominan o toxo e os breixos. Nas abas dominan
as plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Só nalgunhas pequenas áreas se conservan
carballeiras autóctonas.
Inflorescencias masculinas nun salgueiro enano (Salix
repens). Unha árbore que non pasa de 1 m de altura que se
atopa en áreas costeiras húmidas, como nalgúns puntos da
serra da Pena Forcada onde se acumula a auga.
Saltón verde
(Tettigonia viridissima)
A fauna máis representativa son as especies de espazos abertos: aves, insectos, lagartos...
Laverca (Alauda arvensis)
Penedos na caída ao mar da serra da Pena Forcada, entre Camelle e Santa Mariña
SERRA DE PENA FORCADA
É unha serra de pequenas alturas que se estende paralela á costa, con direción E-O, desde as
proximidades de Laxe ata a Punta do Boi. Nunha grande parte está formada por granito
vermello con curiosas formacións de penedos, bolos, e pías. O punto máis alto nesta comarca
é o Cotón do Cabrón, con 260 m.
Toda a serra ten un enorme interese xeolóxico e paisaxístico e numerosos lugares
interesantes: Penedos de Traba e Pasarela, Arou, Santa Mariña, Pena Maior, Petón da
Santiña, Monte Corveiro...
Accedese desde a estrada de Vimianzo a Camariñas e a Laxe, ou pola que percorre a costa
entre Cabo Vilán e Camelle.
Serra da Pena Forcada vista desde o alto do Faro de Vimianzo
Vista xeral dos Penedos de Pasarela
PENEDOS DE PASARELA E TRABA
No extremo oriental da serra da Pena Forcada, entre os concellos de Vimianzo e Laxe a erosión deixou ao
descuberto grandes penedos, bolos, formas acasteladas e e penas do equilibrio que, en moitos casos
forman curiosas figuras aos que a xente do lugar lles ten posto nome: Pedra da Barca, A Cachucha, a Pedra
da Man...
Accedese desde Pasarela, no lugar do Penedo, por unha pista de terra que pasa preto dunha canteira
abandoada.
Penedos de Pasarela
Monte Corveiro, na costa entre Cabo Vilán e Camelle. Esta zona está moi castigada polos incendios e as rochas que están
ao descuberto destacan pola súa cor vermella.
Monte Corveiro
Rochas na zona de Arou
Foxo do lobo, no monte Pena Maior, nas proximidades da praia de Area Longa. Ao fondo o monte Home do Corveiro que
remata no Cabo do Trece.
Os foxos son construcións formadas por dúas paredes altas que conflúen nun foxo. Empregáronse ata hai uns cen anos
para cazar aos lobos. O método consistía en conducilos (por medio de berros e ruídos) cara á entrada da construción ata
conseguir que cairan no foxo.
Curro no que se celebra desde 1998, no mes de xullo,
a Rapa das Bestas de Vimianzo
FARO DA FONTEFRÍA OU DE VIMIANZO
Un pequeno macizo que separa o val de Vimianzo dos vales do rego de Santa Cristina e
Carnés. Acada a súa cota máis alta no monte Faro con 438 m. Desde os cumes hai boas vistas
da ría de Camariñas, da serra de Pena Forcada e do Val de Vimianzo.
Os cumes están cubertos de matogueira e herbas das que se alimentan os cabalos que se
crían en libertade. O resto do terreo está ocupado por plantacións forestais.
Accedese desde a estrada de Vimianzo a Camariñas, pola subida ao parque eólico.
Vista do Faro desde o cume dos Penedos de Traba
SERRA DE SANTIAGO
Prolongación cara ao norte dos montes de Buxantes. Ten as maiores alturas no linde con
Dumbría (Alto da Cruz, 539 m) e descende suavemente cara ao norte, e preto do seu remate,
ao pé de Vimianzo atópase o monte de San Bartolo, con 402 m de altura.
Accedese desde a estrada que vai de Vimianzo a Serramo e a Baíñas.
Vista de Baio desde o cume de San Bartolo
Monte de San Bartolo, coroado por unha ermida á que se pode acceder desde Vimianzo tomando, na estrada de Coruña,
un desvío en fronte da estación de servicio.
Rochas no cume de San Bartolo. Ao fondo Serramo.
Montes do Pedrido e monte Roma, desde a serra de Santiago
Os montes do sur da comarca forman a vertente norte da meseta do Xallas na que sobresaen
como pequenas elevacións do terreo os cumes do MONTE DE ROMA (472 m), O PEDRIDO ou
TOURADO (437 m) e a PENA DO CHAN ou MONTE DA PIOSA (401 m).
Monte Meda desde a parroquia de Carreira (Zas).
Para subir aos cumes da serra hai que coller a estrada do parque eólico na estrada de Zas a Santa Comba.
No leste, a SERRA DE SONEIRA, unha ringleira de montes entre Brandomil e O Sisto que van
gañando altura ara ao norte, serven de divisoria de augas entre o río Grande e o Xallas, e de
fronteira natural entre as comascas Terra de Soneira e Xallas. Acadan a maior altura no Pico
da Meda, con 560 m.
OS RÍOS
Río Castro serpeando polo val antes de se xuntar ao río Grande
A rede fluvial da terra de Soneira articúlase arredor do río Grande e os seus afluente, ríos con
bastante caudal, pero sen pendentes, agás nas cabeceiras, polo que teñen uns cursos
meandrifrmes ao longo do val ata o mar.
Outro río importante é o Xallas que limita o sur da comarca no encoro da Fervenxa, ao que
van varios regos que nacen nos montes próximos. Tamén forman parte desta comarca as
cabeceiras do río Castro, que se forman no Faro de Vimianzo (rego Alvelo) e na Serra de
Santiago (regos Berdoias e Castrelo).
O sistema fluvial complétase cuns pequenos regos que baixan da serra das Forcadas á ría de
Camariñas (Lamastredo, que desemboca na ría do Porto, na praia de Area Grande e Trasteiro,
que desemboca na enseada da Basa).
Bosque de galería no río Grande, en Baio
Ao longo do curso do río consérvanse bosques de galería con amieiras, salgueiros, sabugueiros, sanguiños,
carballos... Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas
húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos,
salgueiriño, amenta de auga, amarelle, oucas, pe de boi, adelfiña...
Dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), un
fento moi abundante nos ríos desta comarca.
Senecio nemorensis
Femia de lavanco real (Anas platyrrhynchos), unha das
aves máis abundantes nas áreas de augas calmas dos
ríos. En contraste co corido dos machos, as femias teñen
cores que lles permiten pasaren desapercibidas
facilitando a súa supervivencia, xa que elas soas son as
encargadas de coidar as postas e as crías.
A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, anguía...), reptis (cobra sapeira, cobra de
colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros,
percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga... Nas beiras viven aves de
ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos...
No esteiro e nas praias abondan os vermes, os moluscos, as aves acuáticas, pequenos peixes...
Candil curvado (Onychogonphus uncatus)
O río Grande na área de lecer de
Pena Vixía.
Unha ruta permite percorrer as
beiras do río entre Baio e a área de
lecer de Pena Vixía.
RÍO GRANDE
O río Grande, que tamén se coñece como o Río do Porto, fórmase pola unión do Mira, Sixto e
Baio que baixan da serra de Soneira. Drena os concellos de Zas e Vimianzo, e recibe achegas
menores de regatos procedentes de Cabana, Laxe e Camariñas. Desemboca na ría de
Camariñas despois de 39 km de percorrido. É un río de abundante caudal case todo o ano, con
augas altas en xaneiro e febreiro e pequena estiaxe en agosto e setembro. Os afluentes máis
importantes son Zas, Castro, Vimianzo e Santa Cristina (pola esquerda).
Move dúas minicentrais e abastece unha piscifactoria. Noutros tempos fixo funcionar
numerosos muíños e batáns.
O Río Grande en Baio, na área de lecer da Carballeira
A ruta dos muíños e un sendeiro circular que comeza e finaliza na Ponte do Porto e percorre 5 kilómetros. Parte do
traxecto faise sobre a calzada romana coñecida como Camiño Real. No camiño vense vellos muíños de granito, cotos
troiteiros e áreas de lecer. A xexetación de ribeira acompaña todo o percorrido.
Vista do conxunto do
Mosquetín. Está
montado de tal xeito
que a segunda fileira
aproveita a auga que fai
funcionar a primeira.
O CONXUNTO ETNOGRÁFICO DO MOSQUETÍN
Está situado na marxe dereita do río Grande na parroquia de de Salto (Vimianzo). Está formado por sete
muíños e tres batáns dos que xa hai referencias no Catastro de Ensenada de 1753.
O ano 1997 a Deputación da Coruña mercounos e restaurounos e na actualidade pódense visitar como
museo etnográfico. Na contorna hai unha área de lecer. Accedese pola estrada de Vimianzo a Baio, desde
varios puntos indicados á esquerda
Interior dos Batáns de
Mosquetín. Os batáns
usábanse para mazar os
tecidos de la. Os panos,
despois de tecidos,
colocábanse en pías con
auga onde eran golpeados
polos mazos para estreitar
e enlear as febras e darlles
corpo e suavidade.
Muíños do Mosquetín
Ponte sobre o río Grande en Torelo, nas proximidades do Mosquetín
O río Grande na Furaqueira
Ponte do Porto, no comezo do esteiro do río Grande
Antigo muíño no río de Zas en Zas. Nas proximidades hai unha carballeira onde se celebra unha festa.
RÍO DE ZAS
Xunto co de Mira e o do Sisto son as cabeceiras do Río Grande. Nace en Muíño e no seu comezo chámase
río de Meanos e xúntase ao río Grande na Cacharosa (Baio).
Río de Carnés no Cereixo, preto da desembocadura.
Un paseo indicado percorre o último tramo do río e permite achegarse á desembocadura e ao muíño de mareas.
RÍO DE CARNÉS
Chamado tamén rego de Santa Cristina (ao comezo) e río de Cereixo (na desembocadura). Nace na Pena
do Frade e únese ao río Grande no esteiro da Ponte do Porto.
Muíño de marea na desembocadura do río de Carnés. Foi construído no século XVII polos señores das Torres do Cereixo.
Encoro da Fervenza visto desde o cume do Chan da
Lagoa. É un dos encoros máis extensos Galiza no que se
poden atopar gran variedade de aves acuáticas.
Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil.
RÍO XALLAS
Percorre un pequeno tramo desta comarca facendo linde coa de Xallas (en Mazaricos) e a de
Fisterra (en Dumbría). A maior parte do percorrido forma parte do encoro da Fervenza.
Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil (Zas)
A COSTA
O mar da Costa da Morte, unha zona onde os protagonistas son as rochas (maiormente granitos vermellos), o mar e o
vento.
O nome desta costa é debido aos numerosos naufraxios que tiveron lugar en todos os tempos, debido á perigosidade da
zona, con poucos abrigos e abundantes baixos que resultan perigosos para a navegación.
A Terra de Soneira ten un pequeno tramo de costa, en proporción á súa superficie, pero un
dos máis ricos e variados de Galiza. Desde a enseada de Camelle ata a desembocadura do río
Grande do Porto podemos atopar costa exposta con altos cantís (cabo Vilán, A Pedrosa, Costa
das Cabras, Pedra do Sal...), areais expostos ou abrigados (praias de Camelle, Arou, Lobeiras,
Santa Mariña, O Trece, Reira, Area Longa, Pedrosa, Lago do Norte...), sistemas dunares (O
Trece, Reira, Pedrosa)...) boleiras (cabo Tosto), pequenas enseadas (Camelle, Arou, O Colludo,
Arneliña...) e rías abrigadas como a parte norte da de Camariñas.
Cabo Vilán, en Camariñas, un dos puntos máis emblemáticos da costa da Terra de Soneira
A maior parte da costa, desde a Punta de Lobeiras, en Camelle, ata a punta do Castelo, en
Camariñas, está incluída no espazo protexido LIC “Costa da Morte” que inclúe tamén unha
faixa mariña entre punta da Pedrosa e punta do Castelo.
Os liques soportan as condicións ambientais máis adversas, pero moi mal a contaminación ambiental do aire
Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa,
dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros... nos que habitan moitas especies de
interese.
A vexetación de cantís, dunas e marismas está moi especializada e pódense atopar numerosas especies e
subespecies endémicas da zona. Destaca a presencia de Omphalodes littoralis subsp. gallaecia, Linaria
polygalifolia subsp. aguillonensis (endemismos da provincia da Coruña).
Cardo cuco (Carlina corymbosa).
Florece durante todo o verán no mato entre os toxos e
breixos dos cantís. Aguanta ben a seca e soporta as duras
condicións dos hábitats rochosos.
Paxariños amarelos
(Linaria polygalifolia).
Florece durante a primavera e
verán nos areais da costa atlántica
entre Lisboa e Bares.
Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus). Un
exemplo perfecto das adaptacións para vivir nos
areais.
Anxélica (Angelica pachycarpa)
nos cantís de Camariñas
Camariña (Corema album) unha planta moi escasa en
Galiza que só se atopa en Cíes e na praia do Trece.
As dunas e coídos do Trece conservan a principal
poboación de Galiza de camariñas, unha planta que na
actualidade está case extinguida, pero debeu abondar
noutros tempos xa que deu lugar a topónimos como
Camariñas ou Pobra do Caramiñal.
Gaivota patiamarela (Larus cachinnans). Esta
gaivota é a ave máis común da costa e
atópase en expansión debido á facilidade con
que atopa alimento en calquera parte.
En canto á fauna hai que destacar a gran riqueza dos hábitats costeiros e o número de aves
acuáticas, moitas delas invernantes que se concentran nos cantís e nas zonas húmidas.
Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
Lagarta galega (Podarcis bocagei)
Polobo (Octopus vulgaris).
O litoral rochos ofrece as características axeitadas
para que o polbo atope alimento e refuxio.
Percebe (Pollicipes cornucopia). A colleita de percebe
é unha das principais actividades dos habitantes das
vilas desta costa.
Ourizos. Viven en zonas rochosas de augas limpas e
riqueza de algas das que se alimentan.
Foron recollidos noutros tempos para fertilizar as terras e
na actualidade para consumo humano, unha actividade
importante para os mariscadores e as mariscadoras de
Camariñas.
Vista da enseada e vila de Camelle desde a praia
CAMELLE
Vila pesqueira instalada na enseada do mesmo nome, ao abrigo das puntas do Boi e A Falsa.
Non se pode falar de Camelle sen falar de “Man”, Manfred, un alemán que se instalou nunha cabana entre as rochas e
realizou numerosas esculturas con pedras e outros materiais recollidos das praias. Despois da súa morte, coincidindo
coa marea negra do Prestige, o seu legado queda como un atractivo máis desta costa.
Peirao de Camelle nun día de forte ondada
AROU
Arou, vila mariñeira situada no fondo da enseada do mesmo nome, separado de Camelle polo contraforte
rochoso da Punta Percebeira. No fondo da enseada conta con dúas pequenas praias, a de Arou e a de
Braña do Lazo.
Vista de Arou desde o Alto da Cruz. Ao fondo o Petón de Borrallas e a praia de Traba
Punta e peirao de Santa Mariña desde o alto do Monte Branco
Rochas en Santa Mariña
SANTA MARIÑA
É unha pequena vila asentada nas abas do monte da Cruz. O seu porto está construído entre rochas
vermellas nunha paraxe dunha beleza espectacular rodeada penedos traballados polo mar e o vento.
Rochas en
Santa Mariña
Cabo Veo
Vista da praia do Trece desde o alto do Home do Corveiro
O TRECE
A praia do Trece está situada entre os cabos Tosto e Veo, cunha lonxitude de 1.260 m. Ten un bo sistema
dunar onde se conservan especies pouco comúns noutras zonas da costa, como as camariñas. Os fortes
ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan unha grande cantidade de area nas abas
próximas á costa. A area forma placas que se manteñen sobre as pendentes grazas á humidade e á
fixación das plantas.
Monte Branco, onde a area
empurrada polos fortes ventos
forma unha duna remontante de
grande altura
Praia do Trece e Cabo Tosto desde o mirador do Alto da Gruita
Cimeterio dos Ingleses no cabo do Trece, onde están soterradas os 172 náufragos do Serpent, buque-escola da mariña
británica que afundeu nas rochas desta costa.
Vista panorámica desde a Punta do Boi áo Cabo Veo, coa praia do Trece e o Monte Branco
Boleira ou Coído en Cabo Tosto.
No cabo Tosto ou do Trece o intenso traballo do mar formou unha rasa de abrasión que remata na punta do Boi e na que
se acumulan bolos de granito desgastado polas ondas que forman os coídos ou boleiras.
Enseada de Vilán desde o miradoiro da Pedrosa (vista cara ao norte). Pódense apreciar as praias da Pedrosa, Balea,
Arealonga e Reira, a Punta Forcadas e o Monte Home do Corveiro
Praia de Area Longa. As praias desde tramo costeiro son moi expostas e con poucas condicións para o baño, pero a
cambio ofrecen o encanto da tranquilidade e a beleza dunha paisaxe case virxe.
Moitas das rochas desta costa teñen formas suxerentes que inspiraron á xente a porlle nomes
Os Amantes
Pedra do Oso
O Caudillo
O faro de Cabo Vilán inaugurado en 1854 e posteriormente renovado, foi o primeiro de España en ter luz eléctrica
CABO VILÁN
É un farallón formado na súa maior parte por rochas graníticas de cor vermella (granito de dúas micas)
acompañado de xistos e cuarcitas con cantís de ata 80 m de altura. No extremo do cabo atópanse os
illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Foi declarado SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL en 1933.
A pesar de ser un dos espazos protexidos máis emblemáticos de Galiza sufriu algunhas alteracións pouco
axeitadas ao seu valor natural e paisaxístico como a construción dun parque eólico e unha piscifactoría.
Curiosa rocha en Cabo Vilán coñecida co nome da Moaillotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra
Nos cantís de Cabo Vilán atópanse especies vexetais de grande interese, algunhas pouco común como
Silene scabriflora, subsp. gallaecia (endemismo das costas das provincias da Coruña e Pontevedra), Rumex
acetosa subsp. biformis, Iberis procumbens subsp. procumbens, Armeria pubigera, Echium rosulatum,
Jasione crispa subsp. maritima, Jasione montana subsp. montana var. imbricans...
As plantas que viven nos cantís protéxense da acción do vento e o sal
que transporta desenvolvendo formas compactas e rastreiras.
Arao dos cons (Uria aalge). O baixo nivel de
reprodución (só poñen un ovo cada ano), a
dificultade para conseguir alimento e a presión
humana levouno a piques de se extinguir en
Galiza.
No cabo e nos illotes de Vilán
de Terra e Vilán de Fóra aniña
unha colonia de gaivota
tridáctila (Rissa tridactyla), o
corvo mariño cristado
(Phalacrocorax aristotelis) e
as poucas parellas de arao
dos cons (Uria aalge), que
quedan en Galiza, número
que aínda se veu reducido
polos efectos da marea negra
do Prestige.
Piscifactoría no Cabo Vilán, mirando cara a Camariñas
RUTA CAMARIÑAS CAMELLE
É unha das rutas máis completas e interesantes da costa da morte e unha das máis fermosas de Galiza, na que podemos
gozarde todo o explendor da costa exposta típica desta comarca e das curiosas formas rochosas que o mar, o vento e o
tempo forxaron nos granitos rosas da serra de Pena Forcada.
Un sendeiro sinalizado para percorrer a pé, cunha lonxitude de 22 km comeza no Castelo do Soberano, en Camariñas, e
remata en Santa Mariña, no miradoiro do Alto da Gruita. Ao longo do percorrido pásase por Cabo Vilán, Cabo Tosto,
Praia e dunas do Trece e hai numerosos sendeiros que conducen a pequenas praias, enseadas e miradoiros. Tamén se
poden ver a mámoa de Reira e o foxo do Lobo na caída do monte de Pena Maior.
Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na que se levanta a ermida da Virxe do Monte.
Neste punto comeza unha a ruta que vai pola costa ata Camelle.
Desde o alto do monte Farelo hai unha boas vistas da costa. Accedese por un desvío sinalizado a 2 km da estrada de
Camariñas a Cabo Vilán, polo que tamén se chega á pequena praia de Lago.
Ría de Camariños e peirao desde a Punta do Castelo
RÍA DE CAMARIÑAS
Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande
que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e
Fisterra. No seu interior ábrese a enseadas da Vasa, na desembocadura do rego de Trasteiro.
Castelo do Soberano, ou Batería do Soberano, unha
fortificacións construída no século XVIII na punta do
castelo para defender a costa.
Hai un miradoiro sobre a ría de Camariñas e a costa
exterior.
Vista da ría con Camariñas ao fondo
Detalle da ría de Camariñas desde o
Fondo do esteiro do río do Porto.
Enseada da Basa
Punta Sandría
Praia de Area Branca ou Ariño, vista desde a outra banda da ría do Porto, no fondo da Ría de Camariñas. É unha praia
tranquila, abrigada e de area fina á que se accede desde a estrada de Ponte do Porto a Camariñas, un desvío á altura de
Tasaraño.
Praia de Mozogordón
Vista do esteiro coas Torres do Cereixo á esquerda
Esteiro do río Grande ou do Porto
AS ÁRBORES
Carballeira de Baio. Situada nas beiras do río
Grande en Baio, empregada como lugar de lecer.
Nesta comarca consérvanse poucos bosques autóctonos en estado natural xa que é unha
zona moi explotada con especies forestais, en especial os piñeiros. Aparte dalgunhas
pequenas carballeiras naturais que se atopan nos vales menos accesibles son de destacar
algunhas plantacións ou árbores illadas que mececen a consideración de ben patrimonial a
protexer.
Carballos das Torres do Allo. As árbores forman un
fermoso tunel que cubre a estrada de acceso ás Torres.
Carballo da capela de San Fins (Cambeda-Vimianzo).
A trdición atribúelle poderes curativos para moitas
enfermidades, en especial dos neno e nenas. Para
curarse hai que dar voltar arredor do carballo,
despois romper unha ponla e facer pasar ao enfermo
por debaixo dela. Logo métese a ponla en barro e
envólvese nun pano. Se prende o enfermo cura
Carballo de Santiago do Cereixo. Unha árbore de grande porte arredor do que se celebra a procesión de Santiago.
LIC COSTA DA MORTE
É un espazo de 11.885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo.
Na comarca terreos dos concellos de Camariñas e Vimianzo.
Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa,
costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos
que habitan moitas especies de interese.
Costa do Cabo Tosto
ESPAZOS PROTEXIDOS
ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES)
COSTA DA MORTE
Nesta comarca inclúe a costa de Vimianzo e Camariñas ata pasado o Cabo Vilán (Punta
Esperillo). Destaca a presenza de aves acuáticas, especialmente invernantes que se refuxian
nos cantís e marismas.
Corvo mariño cristado (Phalacrcorax aristotelis)
Píllara riscada (Arenaria interpres)
ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE
É unha das ZEPA mariñas de maior superficie, con 316.283,05 ha. Localízase en augas do
Océano Atlántico, fronte á costa da Morte, desde a punta das Ondas (Caión) ata cabo
Touriñán, adentrándose no mar máis de 20 millas náuticas. A partir do cabo Touriñán la ZEPA
apártase da liña litoral, arredor de 2 millas náuticas, en dirección sur asta a altura de Muros.
Inclúe a contorna mariña das illas Sisargas e os illotes do cabo Vilán. Linda coa ZEPA marítimo-
terrestre Costa da Morte Norte e coa contorna costera incluida no LIC Costa da Morte, coa que
tamén solapa parcialmente no seu ámbito mariño.
É unha importante zona de paso migratorio e alimentación de numerosas aves marinas.
Arao (Uria aalge)
LIC RÍO GRANDE
O espazo abrangue o curso do río Grande desde Baio (Zas) ata a súa desembocadura,
incluíndo o esteiro, a enseada da Basa e o fondo da Ría de Camariñas entre a punta da Basa e
a praia da Barreira.
SUPERFICIE: 385,8 ha (148,5 terrestres e 237,3 acuáticas)
CONCELLOS: Camariñas, Muxía, Vimianzo e Zas
TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona
especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
O río Grande en Vadalama
PAISAXE PROTEXIDA PENEDOS DE PASARELA E TRABA
Espazo de 212 ha que forma parte da serra de Pena Forcada, situado entre os concellos de
Laxe e Vimianzo. É unha paisaxe de pequenos cumes graníticos nos que a erosión creou
curiosas figuras. Cun pequeno esforzo de imaxinación podemos atopar formas suxerentes en
cada pedra que cambian coa nosa posición, coa luz e a orientación.
Accedese desde Pasarela (Vimianzo)
Avión, man...
segundo se mire
Cachucha
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
maio 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costaMonContos
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiromonadela
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindomonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costaMonContos
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de CamariñasMonContos
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costaMonContos
 
Ria de Cedeira
Ria de CedeiraRia de Cedeira
Ria de Cedeiramonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerêsmonadela
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Mortemonadela
 

What's hot (20)

Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiro
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
 
Ria de Cedeira
Ria de CedeiraRia de Cedeira
Ria de Cedeira
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerês
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 

Similar to Comarca Terra de Soneira

Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Espazo natural Río Grande
Espazo natural Río GrandeEspazo natural Río Grande
Espazo natural Río Grandemonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de VigoMonContos
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega monadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna iesasorey
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Dumbría, A Costa
Dumbría, A CostaDumbría, A Costa
Dumbría, A CostaMonContos
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambremonadela
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de CorcubionMonContos
 
Lic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-MandeoLic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-Mandeomonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costamonadela
 

Similar to Comarca Terra de Soneira (20)

Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Espazo natural Río Grande
Espazo natural Río GrandeEspazo natural Río Grande
Espazo natural Río Grande
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de Vigo
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Dumbría, A Costa
Dumbría, A CostaDumbría, A Costa
Dumbría, A Costa
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambre
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de Corcubion
 
Lic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-MandeoLic Betanzos-Mandeo
Lic Betanzos-Mandeo
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzosmonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 

Comarca Terra de Soneira

  • 2. Cabo Vilán A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa da Morte) costa protexida (Ría de Camariñas) vales fluviais (Val de Soneira -cunca do río Grande-, curso alto do río Castro e encoro da Fervenza no Xallas) e pequenas serras( Serra da Pena Forcada, serra de Santiago, Faro da Fontefría, estribacións de Buxantes e montes de Santa Bárbara ) que sen chegar aos cincocentos m de altura ondulan a paisaxe, enriquécenna e súrtena, segundo a súa estrutura e composición, de atractivas formas.
  • 3. SUPERFICIE: de 372 km2 POBOACIÓN: 18.241 (2014) habitantes CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Zas. ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Costa da Morte” e PAISAXE PROTEXIDA “Penedos de Pasarela e Traba”
  • 4. CLIMA Oceánico, máis suave na costa que no interior, e con precipitacións abondosas.
  • 5. ACTIVIDADES En Camariñas e na comarca hai máis de 2.000 mulleres dedicadas á elaboración de encaixes. Esta actividade artesanal importada dos Países Baixos no século XVI, hoxe é unha importante fonte de recursos e atractivo desta zona. As principais son a agro-gandeira e a pesca, a minería e un sector servizos e turístico que medran cada vez máis. Hai unha importante actividade de elaboración de encaixes, no que destacan as palilleiras de Camariñas. Palilleiras no castelo de Vimianzo
  • 7. PATRIMONIO Vimianzo: hórreo e Torres do Cereixo É unha comarca cun rico patrimonio de todas as épocas: castros, mámoas e dolmes, igrexas, pazos, castelos... e importantes representación de elementos etnográficos (casas, muíños, batáns...).
  • 8. Hórreos nas Torres do Allo (Zas) Hórreo en Carreira Hórreo en Vimianzo
  • 9. OS DOLMES Son construcións funerarias que aparecían cubertas de terra formando un túmulo ou mámoa. Moitos deles están aínda sen excavar e permanecen soterrados e outros foron destruídos ao facer diferentes obras, por descoñecemento ou desinterés. A maioría foron construídos do 3500 ao 3000 a.C e están formados por unha cámara poligonal e un corredor. Dolme de Pedra Cuberta en Treos (Vimianzo). Foi estudado polo arqueólogo alemán G. Leisner en 1934 que atopou pinturas no seu interior. Na comarca podemos visitar: A Mina, en Carantoña (Vimianzo) Pedra Cuberta en Treos (Vimianzo) Pedra da Moura e Pedra da Lebre en Serramo (Vimianzo) Casota de Freáns en Berdoias (Vimianzo) Arca da Piosa en Muíño (Zas) Arca da Piosa, na parroquia de Muíño (Zas). É unha das antas máis grandes de Galiza.
  • 10. O Concello de Vimianzo ten editado un folleto e sinalizada unha Ruta dos Dolmes que ten unha duración aproximada de 2,5 horas. Comeza en Bamiro e remata en Berdoias. Permite ver os dolmes de Pedra Cuberta en Treos, Pedra da Moura e Pedra da Lebre en Serramo, A Arca da Piosa en Muíño (Zas), a Pedra da Arca nas proximidades de Baíñas (no linde con Dumbría) e a Casota de Freáns en Berdoias. Pedra Moura en Serramo (Vimianzo) Pedra da Lebre en Serramo (Vimianzo)
  • 11. Capela de Virxe do Monte (Camariñas)
  • 12. Igrexa de Xaviña (Camariñas)
  • 13. Igrexa de Santiago de Cereixo (Vimianzo) Tímpano de coa respresentación do traslado do Apóstolo
  • 14. Igrexa de Santo Antoíño de Baíñas (Vimianzo)
  • 15. Igrexa e sartegos en Tines (Vimianzo)
  • 16. Igrexa de Treos (Vimianzo)
  • 17. Capela de San Roque nos montes da Meda en Mira (Zas)
  • 20. Cruceiro no cimeterio de Tines (Vimianzo)
  • 21. O LIÑO O cultivo do liño e todo o proceso artesanal de transformación e elaboración de tecidos e prendas de vestir tivo unha grande importancia noutros tempos na comarca Terras de Soneira. A mediados do século XVIII aparece citado como cultivo xeralizado en todas as parroquias xunto co trigo, millo e hortalizas. A actividade foi decaendo por diversas causas (competencia doutras zonas, suba de aranceis para importar liño de fora, introdución doutros tecidos máis económicos como o algodón....) e practicamente desapareceu ata que en 1992 a asociación O Santiaguiño, de Carreira (Zas) recuperou a tradición do seu cultivo e da elaboración de tecidos. Na actualidade dúas asociacións (O Santiaguiño de Carreira e Amigos do Liño de Vimianzo) traballan na recuperación do oficio e na divulgación da cultura relacionada co liño. Só se cultiva en algunhas parcelas da parroquia de Carreira e en Baio celebran o Albaroque das Fías, festa que recolle a tradición da entrega de mazarocas de liño por parte das fiadoras. Durante todo o ano podemos visitar, no castelo de Vimianzo, unha sala onde as tecedeiras elaboran panos de liño e expoñen pezas feitas con eles. Pódense mercar directamente ou encargalas a medida. Plantación de liño. Foto Cedida pola Asociación de Amigos do Liño
  • 22. CONCELLOS SUPERFICIE: 52 km2 POBOACIÓN: 5.774 habitantes (2014) PARROQUIAS: Camariñas, Camelle, Ponte do Porto e Xaviña. Vista do porto e vila de Camariñas CAMARIÑAS O territorio está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. O relevo está marcado pola serra da Pena Forcada con cumes de pouca altura (menos de 250 m) que ao caeren directamente ao mar confírenlle á costa un perfil recortado e agreste e cara ao sur descende suavemente e acolle amplas zonas arboradas e as áreas cultivables.
  • 23. Santa Mariña A principal actividade é a pesca. O porto de Camariñas acolle barcos do cerco e artes de baixura. Destaca tamén a elaboración de encaixes. É un concello cun importante patrimonio natural, protexido no LIC Costa da Morte, e cutural: igrexas, castelos, Palilleira en Arou (imaxe de 1979) Na vila de Camariñas hai un museo do encaixe e obradoiros para formar ás mozas.
  • 24. Vista do val de Vimianzo desde o monte de San Bartolo SUPERFICIE: 187 km2 POBOACIÓN: 7.565 habitantes (2015) PARROQUIAS: Baíñas, Bamiro, Berdoias, Calo, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Salto, Serramo, Tines, Treo e Vimianzo. VIMIANZO O territorio ocupa, na súa maior parte, o núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande- chegando ao mar polo norte nun único punto, a caída ao mar da Pena da Águia de 166 m, e outro pequeno tramo do interior da Ría de Camariñas e polo sur ata o encoro da Fervenza, no río Xallas. O relevo presenta as maiores alturas no sur onde está a serra de Santiago e as estribacións da serra de Buxantes e desde alí vai perdendo altura cara ao río Grande por onde baixan as augas dos afluentes Castro, Vimianzo, Mouzo e Carnés.
  • 25. As principais actividades económicas son a gandaría e a produción forestal. Tamén é de ter en conta a actividade mineira de extracción de caolín. O concello de Vimianzo é rico en restos arqueolóxicos e monumentos de todas as épocas: dolmes, castelos, igrexas, torres, pazos, pontes... Conserva un rico patrimonio natural no LIC “Costa da Morte” e ne PAISAXE PROTEXIDA “Penedos de Pasarela e Traba”. O castelo de Vimianzo acolle a oficina de información turística e obradoiros artesáns dos diferentes oficios da comarca: cerámica, canteiría, tecido, maquetismo, palilleiras...
  • 26. Vista de Zas desde o monte de San Roque SUPERFICIE: 133 km2 POBOACIÓN: 4.902 habitantes (2014). PARROQUIAS: O Allo, Baio, Brandomil, Brandoñas, Carreira, Castro, Gándara, Lamas, Loroño, Meanos, Mira, Muíño, Pazos, Roma, Vilar e Zas. ZAS Ocupa o leste da comarca. O territorio ten as maiores alturas polo sur, onde os montes da Piosa fan de divisoria das augas que van ao Xallas e as que van ao río Grande, e polo leste a Serra de Soneira, onde o monte Meda (560 m) marca a máxima altitude. O resto do territorio inclínase cara ao norte e ao oeste por onde corren os ríos de Baio, de Zas- que recolle as augas do Meanos, o Mira e o Sisto- e de Vilar, principais fluentes do río Grande.
  • 27. Torres do Allo, do século XVI. Acollen unha exposición sobre a vida no castelo e un centro de interpretación turística, para coñecer o concello de Zas e a Costa da Morte en xeral. As principais actividades do concello son a agricultura e a gandaría. O patrimonio histórico artístico máis importante está representado polas Torres do Allo e varios dolmes e igrexas. Os espazos naturais de maior interese están asociados ao río Grande.
  • 28. RELEVO Cume do Chan da Lagoa, no límite con Dumbría. Ao fondo a explotación de caolín de Vimianzo. O territorio da Terra de Soneira é unha zona de transición entre os cantís da costa da morte e as chairas interiores da Coruña. Distínguense tres zonas diferenciadas. Na metade sur o releve é irregular, con montes que non acadan os 500 m (Faro de Vimianzo, Serra de Santiago, montes de Pedrido e Matanza e estribacións do macizo de Buxantes, A Piosa e serra de Soneira (que ten o punto máis alto da comarca no Pico de Meda, con 560 m. A metade norte está ocupada polo val do río Grande limitado por pequenas lombas que marcan a divisoria coa comarca de Bergantiños; e, na costa, a Serra da Pena Forcada.
  • 29. Penedos de Pasarela, Val de Vimianzo e monte Faro ao fondo.
  • 30. Granitos en Pasarela As rochas dominantes son os granitos que dan lugar a formas acasteladas e bolos, e algunhas bandas de xistos.
  • 31. Breixo As partes altas están cubertas de mato onde dominan o toxo e os breixos. Nas abas dominan as plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Só nalgunhas pequenas áreas se conservan carballeiras autóctonas. Inflorescencias masculinas nun salgueiro enano (Salix repens). Unha árbore que non pasa de 1 m de altura que se atopa en áreas costeiras húmidas, como nalgúns puntos da serra da Pena Forcada onde se acumula a auga.
  • 32. Saltón verde (Tettigonia viridissima) A fauna máis representativa son as especies de espazos abertos: aves, insectos, lagartos... Laverca (Alauda arvensis)
  • 33. Penedos na caída ao mar da serra da Pena Forcada, entre Camelle e Santa Mariña SERRA DE PENA FORCADA É unha serra de pequenas alturas que se estende paralela á costa, con direción E-O, desde as proximidades de Laxe ata a Punta do Boi. Nunha grande parte está formada por granito vermello con curiosas formacións de penedos, bolos, e pías. O punto máis alto nesta comarca é o Cotón do Cabrón, con 260 m. Toda a serra ten un enorme interese xeolóxico e paisaxístico e numerosos lugares interesantes: Penedos de Traba e Pasarela, Arou, Santa Mariña, Pena Maior, Petón da Santiña, Monte Corveiro... Accedese desde a estrada de Vimianzo a Camariñas e a Laxe, ou pola que percorre a costa entre Cabo Vilán e Camelle.
  • 34. Serra da Pena Forcada vista desde o alto do Faro de Vimianzo
  • 35. Vista xeral dos Penedos de Pasarela PENEDOS DE PASARELA E TRABA No extremo oriental da serra da Pena Forcada, entre os concellos de Vimianzo e Laxe a erosión deixou ao descuberto grandes penedos, bolos, formas acasteladas e e penas do equilibrio que, en moitos casos forman curiosas figuras aos que a xente do lugar lles ten posto nome: Pedra da Barca, A Cachucha, a Pedra da Man... Accedese desde Pasarela, no lugar do Penedo, por unha pista de terra que pasa preto dunha canteira abandoada.
  • 37. Monte Corveiro, na costa entre Cabo Vilán e Camelle. Esta zona está moi castigada polos incendios e as rochas que están ao descuberto destacan pola súa cor vermella.
  • 39. Rochas na zona de Arou
  • 40. Foxo do lobo, no monte Pena Maior, nas proximidades da praia de Area Longa. Ao fondo o monte Home do Corveiro que remata no Cabo do Trece. Os foxos son construcións formadas por dúas paredes altas que conflúen nun foxo. Empregáronse ata hai uns cen anos para cazar aos lobos. O método consistía en conducilos (por medio de berros e ruídos) cara á entrada da construción ata conseguir que cairan no foxo.
  • 41. Curro no que se celebra desde 1998, no mes de xullo, a Rapa das Bestas de Vimianzo FARO DA FONTEFRÍA OU DE VIMIANZO Un pequeno macizo que separa o val de Vimianzo dos vales do rego de Santa Cristina e Carnés. Acada a súa cota máis alta no monte Faro con 438 m. Desde os cumes hai boas vistas da ría de Camariñas, da serra de Pena Forcada e do Val de Vimianzo. Os cumes están cubertos de matogueira e herbas das que se alimentan os cabalos que se crían en libertade. O resto do terreo está ocupado por plantacións forestais. Accedese desde a estrada de Vimianzo a Camariñas, pola subida ao parque eólico.
  • 42. Vista do Faro desde o cume dos Penedos de Traba
  • 43. SERRA DE SANTIAGO Prolongación cara ao norte dos montes de Buxantes. Ten as maiores alturas no linde con Dumbría (Alto da Cruz, 539 m) e descende suavemente cara ao norte, e preto do seu remate, ao pé de Vimianzo atópase o monte de San Bartolo, con 402 m de altura. Accedese desde a estrada que vai de Vimianzo a Serramo e a Baíñas.
  • 44. Vista de Baio desde o cume de San Bartolo
  • 45. Monte de San Bartolo, coroado por unha ermida á que se pode acceder desde Vimianzo tomando, na estrada de Coruña, un desvío en fronte da estación de servicio.
  • 46. Rochas no cume de San Bartolo. Ao fondo Serramo.
  • 47. Montes do Pedrido e monte Roma, desde a serra de Santiago Os montes do sur da comarca forman a vertente norte da meseta do Xallas na que sobresaen como pequenas elevacións do terreo os cumes do MONTE DE ROMA (472 m), O PEDRIDO ou TOURADO (437 m) e a PENA DO CHAN ou MONTE DA PIOSA (401 m).
  • 48. Monte Meda desde a parroquia de Carreira (Zas). Para subir aos cumes da serra hai que coller a estrada do parque eólico na estrada de Zas a Santa Comba. No leste, a SERRA DE SONEIRA, unha ringleira de montes entre Brandomil e O Sisto que van gañando altura ara ao norte, serven de divisoria de augas entre o río Grande e o Xallas, e de fronteira natural entre as comascas Terra de Soneira e Xallas. Acadan a maior altura no Pico da Meda, con 560 m.
  • 49. OS RÍOS Río Castro serpeando polo val antes de se xuntar ao río Grande A rede fluvial da terra de Soneira articúlase arredor do río Grande e os seus afluente, ríos con bastante caudal, pero sen pendentes, agás nas cabeceiras, polo que teñen uns cursos meandrifrmes ao longo do val ata o mar. Outro río importante é o Xallas que limita o sur da comarca no encoro da Fervenxa, ao que van varios regos que nacen nos montes próximos. Tamén forman parte desta comarca as cabeceiras do río Castro, que se forman no Faro de Vimianzo (rego Alvelo) e na Serra de Santiago (regos Berdoias e Castrelo). O sistema fluvial complétase cuns pequenos regos que baixan da serra das Forcadas á ría de Camariñas (Lamastredo, que desemboca na ría do Porto, na praia de Area Grande e Trasteiro, que desemboca na enseada da Basa).
  • 50. Bosque de galería no río Grande, en Baio Ao longo do curso do río consérvanse bosques de galería con amieiras, salgueiros, sabugueiros, sanguiños, carballos... Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, oucas, pe de boi, adelfiña...
  • 51. Dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), un fento moi abundante nos ríos desta comarca. Senecio nemorensis
  • 52. Femia de lavanco real (Anas platyrrhynchos), unha das aves máis abundantes nas áreas de augas calmas dos ríos. En contraste co corido dos machos, as femias teñen cores que lles permiten pasaren desapercibidas facilitando a súa supervivencia, xa que elas soas son as encargadas de coidar as postas e as crías. A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, anguía...), reptis (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga... Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos... No esteiro e nas praias abondan os vermes, os moluscos, as aves acuáticas, pequenos peixes... Candil curvado (Onychogonphus uncatus)
  • 53. O río Grande na área de lecer de Pena Vixía. Unha ruta permite percorrer as beiras do río entre Baio e a área de lecer de Pena Vixía. RÍO GRANDE O río Grande, que tamén se coñece como o Río do Porto, fórmase pola unión do Mira, Sixto e Baio que baixan da serra de Soneira. Drena os concellos de Zas e Vimianzo, e recibe achegas menores de regatos procedentes de Cabana, Laxe e Camariñas. Desemboca na ría de Camariñas despois de 39 km de percorrido. É un río de abundante caudal case todo o ano, con augas altas en xaneiro e febreiro e pequena estiaxe en agosto e setembro. Os afluentes máis importantes son Zas, Castro, Vimianzo e Santa Cristina (pola esquerda). Move dúas minicentrais e abastece unha piscifactoria. Noutros tempos fixo funcionar numerosos muíños e batáns.
  • 54. O Río Grande en Baio, na área de lecer da Carballeira
  • 55. A ruta dos muíños e un sendeiro circular que comeza e finaliza na Ponte do Porto e percorre 5 kilómetros. Parte do traxecto faise sobre a calzada romana coñecida como Camiño Real. No camiño vense vellos muíños de granito, cotos troiteiros e áreas de lecer. A xexetación de ribeira acompaña todo o percorrido.
  • 56. Vista do conxunto do Mosquetín. Está montado de tal xeito que a segunda fileira aproveita a auga que fai funcionar a primeira. O CONXUNTO ETNOGRÁFICO DO MOSQUETÍN Está situado na marxe dereita do río Grande na parroquia de de Salto (Vimianzo). Está formado por sete muíños e tres batáns dos que xa hai referencias no Catastro de Ensenada de 1753. O ano 1997 a Deputación da Coruña mercounos e restaurounos e na actualidade pódense visitar como museo etnográfico. Na contorna hai unha área de lecer. Accedese pola estrada de Vimianzo a Baio, desde varios puntos indicados á esquerda
  • 57. Interior dos Batáns de Mosquetín. Os batáns usábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde eran golpeados polos mazos para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.
  • 59. Ponte sobre o río Grande en Torelo, nas proximidades do Mosquetín
  • 60. O río Grande na Furaqueira
  • 61. Ponte do Porto, no comezo do esteiro do río Grande
  • 62. Antigo muíño no río de Zas en Zas. Nas proximidades hai unha carballeira onde se celebra unha festa. RÍO DE ZAS Xunto co de Mira e o do Sisto son as cabeceiras do Río Grande. Nace en Muíño e no seu comezo chámase río de Meanos e xúntase ao río Grande na Cacharosa (Baio).
  • 63. Río de Carnés no Cereixo, preto da desembocadura. Un paseo indicado percorre o último tramo do río e permite achegarse á desembocadura e ao muíño de mareas. RÍO DE CARNÉS Chamado tamén rego de Santa Cristina (ao comezo) e río de Cereixo (na desembocadura). Nace na Pena do Frade e únese ao río Grande no esteiro da Ponte do Porto.
  • 64. Muíño de marea na desembocadura do río de Carnés. Foi construído no século XVII polos señores das Torres do Cereixo.
  • 65. Encoro da Fervenza visto desde o cume do Chan da Lagoa. É un dos encoros máis extensos Galiza no que se poden atopar gran variedade de aves acuáticas. Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil. RÍO XALLAS Percorre un pequeno tramo desta comarca facendo linde coa de Xallas (en Mazaricos) e a de Fisterra (en Dumbría). A maior parte do percorrido forma parte do encoro da Fervenza.
  • 66. Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil (Zas)
  • 67. A COSTA O mar da Costa da Morte, unha zona onde os protagonistas son as rochas (maiormente granitos vermellos), o mar e o vento. O nome desta costa é debido aos numerosos naufraxios que tiveron lugar en todos os tempos, debido á perigosidade da zona, con poucos abrigos e abundantes baixos que resultan perigosos para a navegación. A Terra de Soneira ten un pequeno tramo de costa, en proporción á súa superficie, pero un dos máis ricos e variados de Galiza. Desde a enseada de Camelle ata a desembocadura do río Grande do Porto podemos atopar costa exposta con altos cantís (cabo Vilán, A Pedrosa, Costa das Cabras, Pedra do Sal...), areais expostos ou abrigados (praias de Camelle, Arou, Lobeiras, Santa Mariña, O Trece, Reira, Area Longa, Pedrosa, Lago do Norte...), sistemas dunares (O Trece, Reira, Pedrosa)...) boleiras (cabo Tosto), pequenas enseadas (Camelle, Arou, O Colludo, Arneliña...) e rías abrigadas como a parte norte da de Camariñas.
  • 68. Cabo Vilán, en Camariñas, un dos puntos máis emblemáticos da costa da Terra de Soneira A maior parte da costa, desde a Punta de Lobeiras, en Camelle, ata a punta do Castelo, en Camariñas, está incluída no espazo protexido LIC “Costa da Morte” que inclúe tamén unha faixa mariña entre punta da Pedrosa e punta do Castelo.
  • 69. Os liques soportan as condicións ambientais máis adversas, pero moi mal a contaminación ambiental do aire Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros... nos que habitan moitas especies de interese. A vexetación de cantís, dunas e marismas está moi especializada e pódense atopar numerosas especies e subespecies endémicas da zona. Destaca a presencia de Omphalodes littoralis subsp. gallaecia, Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis (endemismos da provincia da Coruña).
  • 70. Cardo cuco (Carlina corymbosa). Florece durante todo o verán no mato entre os toxos e breixos dos cantís. Aguanta ben a seca e soporta as duras condicións dos hábitats rochosos. Paxariños amarelos (Linaria polygalifolia). Florece durante a primavera e verán nos areais da costa atlántica entre Lisboa e Bares.
  • 71. Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus). Un exemplo perfecto das adaptacións para vivir nos areais. Anxélica (Angelica pachycarpa) nos cantís de Camariñas
  • 72. Camariña (Corema album) unha planta moi escasa en Galiza que só se atopa en Cíes e na praia do Trece. As dunas e coídos do Trece conservan a principal poboación de Galiza de camariñas, unha planta que na actualidade está case extinguida, pero debeu abondar noutros tempos xa que deu lugar a topónimos como Camariñas ou Pobra do Caramiñal.
  • 73. Gaivota patiamarela (Larus cachinnans). Esta gaivota é a ave máis común da costa e atópase en expansión debido á facilidade con que atopa alimento en calquera parte. En canto á fauna hai que destacar a gran riqueza dos hábitats costeiros e o número de aves acuáticas, moitas delas invernantes que se concentran nos cantís e nas zonas húmidas. Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
  • 74. Lagarta galega (Podarcis bocagei) Polobo (Octopus vulgaris). O litoral rochos ofrece as características axeitadas para que o polbo atope alimento e refuxio.
  • 75. Percebe (Pollicipes cornucopia). A colleita de percebe é unha das principais actividades dos habitantes das vilas desta costa. Ourizos. Viven en zonas rochosas de augas limpas e riqueza de algas das que se alimentan. Foron recollidos noutros tempos para fertilizar as terras e na actualidade para consumo humano, unha actividade importante para os mariscadores e as mariscadoras de Camariñas.
  • 76. Vista da enseada e vila de Camelle desde a praia CAMELLE Vila pesqueira instalada na enseada do mesmo nome, ao abrigo das puntas do Boi e A Falsa.
  • 77. Non se pode falar de Camelle sen falar de “Man”, Manfred, un alemán que se instalou nunha cabana entre as rochas e realizou numerosas esculturas con pedras e outros materiais recollidos das praias. Despois da súa morte, coincidindo coa marea negra do Prestige, o seu legado queda como un atractivo máis desta costa.
  • 78. Peirao de Camelle nun día de forte ondada
  • 79. AROU Arou, vila mariñeira situada no fondo da enseada do mesmo nome, separado de Camelle polo contraforte rochoso da Punta Percebeira. No fondo da enseada conta con dúas pequenas praias, a de Arou e a de Braña do Lazo. Vista de Arou desde o Alto da Cruz. Ao fondo o Petón de Borrallas e a praia de Traba
  • 80. Punta e peirao de Santa Mariña desde o alto do Monte Branco Rochas en Santa Mariña SANTA MARIÑA É unha pequena vila asentada nas abas do monte da Cruz. O seu porto está construído entre rochas vermellas nunha paraxe dunha beleza espectacular rodeada penedos traballados polo mar e o vento.
  • 83. Vista da praia do Trece desde o alto do Home do Corveiro O TRECE A praia do Trece está situada entre os cabos Tosto e Veo, cunha lonxitude de 1.260 m. Ten un bo sistema dunar onde se conservan especies pouco comúns noutras zonas da costa, como as camariñas. Os fortes ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan unha grande cantidade de area nas abas próximas á costa. A area forma placas que se manteñen sobre as pendentes grazas á humidade e á fixación das plantas.
  • 84. Monte Branco, onde a area empurrada polos fortes ventos forma unha duna remontante de grande altura
  • 85. Praia do Trece e Cabo Tosto desde o mirador do Alto da Gruita
  • 86. Cimeterio dos Ingleses no cabo do Trece, onde están soterradas os 172 náufragos do Serpent, buque-escola da mariña británica que afundeu nas rochas desta costa.
  • 87. Vista panorámica desde a Punta do Boi áo Cabo Veo, coa praia do Trece e o Monte Branco
  • 88. Boleira ou Coído en Cabo Tosto. No cabo Tosto ou do Trece o intenso traballo do mar formou unha rasa de abrasión que remata na punta do Boi e na que se acumulan bolos de granito desgastado polas ondas que forman os coídos ou boleiras.
  • 89. Enseada de Vilán desde o miradoiro da Pedrosa (vista cara ao norte). Pódense apreciar as praias da Pedrosa, Balea, Arealonga e Reira, a Punta Forcadas e o Monte Home do Corveiro
  • 90. Praia de Area Longa. As praias desde tramo costeiro son moi expostas e con poucas condicións para o baño, pero a cambio ofrecen o encanto da tranquilidade e a beleza dunha paisaxe case virxe.
  • 91. Moitas das rochas desta costa teñen formas suxerentes que inspiraron á xente a porlle nomes Os Amantes Pedra do Oso O Caudillo
  • 92. O faro de Cabo Vilán inaugurado en 1854 e posteriormente renovado, foi o primeiro de España en ter luz eléctrica CABO VILÁN É un farallón formado na súa maior parte por rochas graníticas de cor vermella (granito de dúas micas) acompañado de xistos e cuarcitas con cantís de ata 80 m de altura. No extremo do cabo atópanse os illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Foi declarado SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL en 1933. A pesar de ser un dos espazos protexidos máis emblemáticos de Galiza sufriu algunhas alteracións pouco axeitadas ao seu valor natural e paisaxístico como a construción dun parque eólico e unha piscifactoría.
  • 93.
  • 94. Curiosa rocha en Cabo Vilán coñecida co nome da Moaillotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra
  • 95. Nos cantís de Cabo Vilán atópanse especies vexetais de grande interese, algunhas pouco común como Silene scabriflora, subsp. gallaecia (endemismo das costas das provincias da Coruña e Pontevedra), Rumex acetosa subsp. biformis, Iberis procumbens subsp. procumbens, Armeria pubigera, Echium rosulatum, Jasione crispa subsp. maritima, Jasione montana subsp. montana var. imbricans... As plantas que viven nos cantís protéxense da acción do vento e o sal que transporta desenvolvendo formas compactas e rastreiras.
  • 96. Arao dos cons (Uria aalge). O baixo nivel de reprodución (só poñen un ovo cada ano), a dificultade para conseguir alimento e a presión humana levouno a piques de se extinguir en Galiza. No cabo e nos illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra aniña unha colonia de gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) e as poucas parellas de arao dos cons (Uria aalge), que quedan en Galiza, número que aínda se veu reducido polos efectos da marea negra do Prestige.
  • 97. Piscifactoría no Cabo Vilán, mirando cara a Camariñas
  • 98. RUTA CAMARIÑAS CAMELLE É unha das rutas máis completas e interesantes da costa da morte e unha das máis fermosas de Galiza, na que podemos gozarde todo o explendor da costa exposta típica desta comarca e das curiosas formas rochosas que o mar, o vento e o tempo forxaron nos granitos rosas da serra de Pena Forcada. Un sendeiro sinalizado para percorrer a pé, cunha lonxitude de 22 km comeza no Castelo do Soberano, en Camariñas, e remata en Santa Mariña, no miradoiro do Alto da Gruita. Ao longo do percorrido pásase por Cabo Vilán, Cabo Tosto, Praia e dunas do Trece e hai numerosos sendeiros que conducen a pequenas praias, enseadas e miradoiros. Tamén se poden ver a mámoa de Reira e o foxo do Lobo na caída do monte de Pena Maior.
  • 99. Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na que se levanta a ermida da Virxe do Monte. Neste punto comeza unha a ruta que vai pola costa ata Camelle.
  • 100. Desde o alto do monte Farelo hai unha boas vistas da costa. Accedese por un desvío sinalizado a 2 km da estrada de Camariñas a Cabo Vilán, polo que tamén se chega á pequena praia de Lago.
  • 101. Ría de Camariños e peirao desde a Punta do Castelo RÍA DE CAMARIÑAS Ábrese entre a Punta do Costado, ao norte e Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese a enseadas da Vasa, na desembocadura do rego de Trasteiro.
  • 102. Castelo do Soberano, ou Batería do Soberano, unha fortificacións construída no século XVIII na punta do castelo para defender a costa. Hai un miradoiro sobre a ría de Camariñas e a costa exterior.
  • 103. Vista da ría con Camariñas ao fondo Detalle da ría de Camariñas desde o Fondo do esteiro do río do Porto.
  • 106. Praia de Area Branca ou Ariño, vista desde a outra banda da ría do Porto, no fondo da Ría de Camariñas. É unha praia tranquila, abrigada e de area fina á que se accede desde a estrada de Ponte do Porto a Camariñas, un desvío á altura de Tasaraño.
  • 108. Vista do esteiro coas Torres do Cereixo á esquerda
  • 109. Esteiro do río Grande ou do Porto
  • 110. AS ÁRBORES Carballeira de Baio. Situada nas beiras do río Grande en Baio, empregada como lugar de lecer. Nesta comarca consérvanse poucos bosques autóctonos en estado natural xa que é unha zona moi explotada con especies forestais, en especial os piñeiros. Aparte dalgunhas pequenas carballeiras naturais que se atopan nos vales menos accesibles son de destacar algunhas plantacións ou árbores illadas que mececen a consideración de ben patrimonial a protexer.
  • 111. Carballos das Torres do Allo. As árbores forman un fermoso tunel que cubre a estrada de acceso ás Torres. Carballo da capela de San Fins (Cambeda-Vimianzo). A trdición atribúelle poderes curativos para moitas enfermidades, en especial dos neno e nenas. Para curarse hai que dar voltar arredor do carballo, despois romper unha ponla e facer pasar ao enfermo por debaixo dela. Logo métese a ponla en barro e envólvese nun pano. Se prende o enfermo cura
  • 112. Carballo de Santiago do Cereixo. Unha árbore de grande porte arredor do que se celebra a procesión de Santiago.
  • 113. LIC COSTA DA MORTE É un espazo de 11.885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo. Na comarca terreos dos concellos de Camariñas e Vimianzo. Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos que habitan moitas especies de interese. Costa do Cabo Tosto ESPAZOS PROTEXIDOS
  • 114. ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES) COSTA DA MORTE Nesta comarca inclúe a costa de Vimianzo e Camariñas ata pasado o Cabo Vilán (Punta Esperillo). Destaca a presenza de aves acuáticas, especialmente invernantes que se refuxian nos cantís e marismas. Corvo mariño cristado (Phalacrcorax aristotelis) Píllara riscada (Arenaria interpres)
  • 115. ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE É unha das ZEPA mariñas de maior superficie, con 316.283,05 ha. Localízase en augas do Océano Atlántico, fronte á costa da Morte, desde a punta das Ondas (Caión) ata cabo Touriñán, adentrándose no mar máis de 20 millas náuticas. A partir do cabo Touriñán la ZEPA apártase da liña litoral, arredor de 2 millas náuticas, en dirección sur asta a altura de Muros. Inclúe a contorna mariña das illas Sisargas e os illotes do cabo Vilán. Linda coa ZEPA marítimo- terrestre Costa da Morte Norte e coa contorna costera incluida no LIC Costa da Morte, coa que tamén solapa parcialmente no seu ámbito mariño. É unha importante zona de paso migratorio e alimentación de numerosas aves marinas. Arao (Uria aalge)
  • 116. LIC RÍO GRANDE O espazo abrangue o curso do río Grande desde Baio (Zas) ata a súa desembocadura, incluíndo o esteiro, a enseada da Basa e o fondo da Ría de Camariñas entre a punta da Basa e a praia da Barreira. SUPERFICIE: 385,8 ha (148,5 terrestres e 237,3 acuáticas) CONCELLOS: Camariñas, Muxía, Vimianzo e Zas TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O río Grande en Vadalama
  • 117. PAISAXE PROTEXIDA PENEDOS DE PASARELA E TRABA Espazo de 212 ha que forma parte da serra de Pena Forcada, situado entre os concellos de Laxe e Vimianzo. É unha paisaxe de pequenos cumes graníticos nos que a erosión creou curiosas figuras. Cun pequeno esforzo de imaxinación podemos atopar formas suxerentes en cada pedra que cambian coa nosa posición, coa luz e a orientación. Accedese desde Pasarela (Vimianzo) Avión, man... segundo se mire Cachucha
  • 118. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta maio 2017