TERRA DE TRIVES
A NATUREZA
Cumes do Macizo Central en Manzaneda
A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense.
Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas
no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro
e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na
Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos
dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que
desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.
É unha comarca dun grande valor ambiental que acolle impresionantes paisaxes de
alta montaña e profundos canóns fluviais, pegadas das glaciacións, árbores
monumentais e unha rica flora e fauna con mestura de especies atlánticas e
mediterráneas.
Val do Bibei no Larouco
SUPERFICIE:
431,7 km2
POBOACIÓN:
habitantes 4.608
habitantes (2015)
CONCELLOS:
Chandrexa de Queixa,
Manzaneda, A Pobra
de Trives e San Xoán
de Río.
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
-LICs Macizo Central e
Pena Trevinca
-PAISAXE PROTEXIDA
“Canón do Navea”
CLIMA
Oceánico de montaña e con matices mediterráneos nas zonas baixas dos vales dos
ríos, onde se cultivan viñedos.
ACTIVIDADES
A principal actividade son os servizos, seguida da agro-gandaría, a industria e a
construcción.
Casteligo, en Chandrexa de Queixa
Viñedos no val do Bibei
PATRIMONIO
A comarca conserva unha grande variedade de mostras histórico-artísticas e
etnográficas de todas as épocas: castros, vías e pontes romanas, igrexas románicas e
barrocas, núcleos e casas tradicionais, castelos, pazos, pontes, muíños…
Casa en Chandrexa de QueixaIgrexa de Sobrado de Trives
Miliarios no Larouco
Cubeiros (Placín-Manzaneda)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 171,75 km2
POBOACIÓN: 528
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Caldeliña,
O Candedo, Casteligo,
Casteloais, Celeiros,
Chandrexa, Chaveán,
Drados, Fitoiro, Fonteita,
Forcadas, Parada Seca,
Parafita, Queixa, Rabal,
Requeixo, San Cristovo e
Vilar.
CHANDREXA DE QUEIXA
Está situado no sur-leste da comarca lindando coas comarcas de Monterrei polo sur e Terra de
Caldelas polo leste. O territorio ten dúas áreas moi diferenciadas. No leste e sur está ocupado
polas serras do Burgo, Altos do Samión e Queixa, onde se atopan os cumes máis alto do
concello, o Toleiros, o Sixtil Branco, e o Seixo, que superan os 1.700 m. No centro está
atravesado polo río Navea e os seus afluentes Casteligo e Rabal que forman vales encaixados.
Celeiros, capital municipal de Chandrexa,
ao pé do encoro no río Navea.
Pontella sobre o
río Casteligo.
As principais actividades son a agro-gandaría e
os servizos.
É un concello con importantes valores naturais
incluídos no LIC Macizo Central que protexe as
áreas de montaña e parte do val do río Navea.
Tamén conserva un rico patrimonio
etnográfico.
En Chandrexa pódese visitar o “Centro de
Identidade Galega” onde se amosan aparellos
e obxectos da vida da zona.
Fitoiro, na aba da
serra do Burgo.
SUPERFICIE: 114,55 km2
POBOACIÓN: 975
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Cernado,
Cesuris, Manzaneda,
Paradela, Placín,
Reigada, Requeixo, san
Martiño de Manzaneda,
San Miguel de Bidueira
e Soutipedre.
Vista da vila de Manzaneda
MANZANEDA
Situado no sur-leste da comarca, entre o Macizo Central e o val do Bibei. O territorio ten tres
áreas diferenciadas: as grandes alturas da serra de Queixa, co cume en Cabeza Grande de
Manzaneda (1.782 m), situadas no leste, sur e centro do concello; un terreo de transición de
alturas medias (1.200 a 800 m) e moi excavado polos ríos; e o val do Bibei, ao leste, un terreo
de fortes pendentes e características mediterránes onde se cultivan os viñedos en socalcos.
Os ríos máis importantes son o Bibei, que fai de linde do concello polo leste e norte, os os
seus afluentes San Lázaro, Tintín, San Miguel, Cernado e Cenza-Conso (cabeceira).
Cernado, nas abas de Bustofrío (serra de Queixa)
As principais actividades son os servizos, a
agrogandeiría e pequenas industrias.
É un concello dun grande interese natural e
cultural. Unha grande parte do seu
territorio está incluído no LIC Macizo
Central, e ademáis unha zona protexida no
LIC Pena Trevinca.
Porta da Vila. Unha das partes que se conservan da
antiga muralla que rodeaba Manzaneda con orixe
no século XII.
SUPERFICIE: 84,14 km2
POBOACIÓN: 2.245
habitantes (2015).
PARROQUIAS: Barrio, O
Castro, Cotarós, Cova, A
Encomenda, Mendoia,
Navea, Pareisás, Pena
Folenche, Pena Petada,
Piñeiro, A Pobra de Trives,
San Lourenzo de Trives, San
Mamede de Trives, Sobrado,
Somoza, Trives, Vilanova e
Xunqueira.
A POBRA DE TRIVES
Está situado no centro-norte da comarca. O Territorio está inclinado cara ao norte. As maiores
alturas sitúanse ao sur na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no linde co concello de
Manzaneda. No centro hai unha pequena superficie de aplanamento de 700 a 900 m de
altitude e ao norte e leste está limitada polos vales do río Bibei e o seu afluente principal na
comarca, o Navea.
Os ríos principais son o Bibei o e os seus afluentes o Navea, no linde con San Xoán de Río, e o
San Lázaro, no linde con Manzaneda.
Pazo na Pobra de Trives
Ponte romana sobre o Bibei,
entre Trives e Quiroga.
Construída entre os anos 114 a
119 para dar paso á Vía Nova.
Declarado Monumento Artístico
As principais actividades son os servizos a
agrogandaría (gando vacún e ovino, cultivo
de vides e castiñeiros) e pequenas industrias
derivadas.
Ten importantes valores naturas asociados á
montaña e aos vales dos ríos. Destaca a
presenza de numerosos soutos con
exemplares monumentais. Unha parte do
seu territorio está incluída no LIC Macizo
Central.
Tamén conserva un rico patrimonio
histórico, artístico e etnográfico: vías e
pontes romanas, igrexas románicas, casas,
pazos...
Igrexa de Sobrado Trives
SUPERFICIE: 61,12 km2
POBOACIÓN: 860
habitantes (2015)
PARROQUIAS: As Cabanas,
castrelo, cerdeira, Medos,
San Silvestre de Argas, San
Xoán de Río, san Xurxo,
Seoane de Argas e Vilardá.
Aula da Natureza en
San Xoán de Río.
SAN XOÁN DE RÍO
Situado ao noroeste da comarca, no linde coa Terra de Caldelas e O Courel-Quiroga. O
territorio é moi irregular con alternancia de granitos e lousas. As máximas alturas sitúanse ao
norte, na serra da Cabanas, co monte Cerengo como máximo cume (1286 m). No sur-leste
atópase a serra do Burgo, no linde coa Terra de Caldelas, e entre esta e a das Cabanas unha
aliñación de montañas de media altura que separan as concas do Navea e do Edo e delimitan
unha pequena penichaira de 800 a 900 m de altitude con inclinación cara ao surleste,
atravesada polos regos de San Fitoiro e da Cruz (afluentes do Edo).
É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. As principais
actividades son os servizos, a agro-gandaría e pequenas industrias.
Parte do seu territorio (val do Navea) está incluído no LIC Macizo Central.
Acolle importantes valores naturais (canón do Navea, fragas autóctonas) e culturais (calzada,
ponte e minas romanas).
Ponte Navea, construción
medieval entre Trives e
San Xoán de Río
Miliario romano da Vía
Nova ou Vía XVIII do
itinerario de Antonino
ao seu paso por San
Xoán de Río.
RELEVO
Cumes do Macizo Central
O territorio da comarca de Trives ten un relevo moi irregular con grandes contrastes de
altitude entre cumes que acadan máis dos 1.700 m e os vales do río Bibei. As serras dominan
o centro, leste e sur, e ao norte quedan os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida
polos vale fluviais, cunha altitude media de 800-1.000 m.
As serras máis importantes son as que forman parte do chamado Macizo Central Ourensán:
ao leste a serra do Burgo, e ao sur os Altos do Samión e Queixa. No noroeste atópase a serra
das Cabanas, que se prolonga cara ao sur ata case tocar coa do Burgo en elevacións de menor
importancia.
Granitos nos cumes de Manzaneda
As rochas son moi variadas: granitos, lousas,
cuarcitas, areíscas...
Un dos aspectos de maior interese natural
destas serras son as pegadas da actividade
glaciaria.
Lousas fracturadas pola acción do xeo
Vexetación no altos do Samión.
Cumes de mato e bosques nas abas avesías.
A vexetación dominante nos cumes é o mato formado por carqueixas, uces, carpazas, xestas,
piornos, arandeiras, silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Nas partes máis altas
hai pasteiros naturais e na zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo,
tomelos... Hai numerosas áreas repoboadas con piñeiros e eucaliptos.
Por riba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por
cerquiños, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboación hai
soutos, algúns moi antigosde e con castiñeiros de bo porte.
Carqueixas e breixos
Crocus serotinus
Eryngium duriaei, un endemismo ibérico que se atopa
nalgunhas serras orientais e do sur e no Macizo Central.
Na fauna están representados os
animais de montaña, de espazos
abertos e de bosques.
Xabarín (Sus scrofa)
Cotovía (Galerida cristata)
Bolboreta (Polyommatus icarus)
O Macizo Central desde O Courel
MACIZO CENTRAL
É un conxunto de serras cos cumes aplanados situado na zona centro occidental da provincia
de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo excavada
polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil,
polo norte, os vales do Camba e Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e a
depresión da Limia polo oeste. O núcleo comprende as serras da Queixa, San Mamede, O
Burgo, Fial das Corzas, Altos do Samión e Invernadeiro. A máxima altitude é a Cabeza Grande
de Manzaneda, con 1.782 m, na serra da Queixa.
Rochas rotas pola acción do xeo. Ao conxelarse a auga nas
fendas produce un efecto cuña que parte a rocha.
A rocha dominante é o granito de dúas micas agás no sur onde abondan os xistos e as
cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e
rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina. Durante o Cuaternario estivo cuberta de
glaciares, dos que se atopan numerosas pegadas en toda a zona.
Vista pola mañán cara a Trevinca.
Desde os cumes do Macizo Central abránguese unha extensísima panorámica.
O Macizo Central ten un grande interese xeolóxico, biolóxico, histórico e etnográfico. Ao ser
unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos tanto
de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico, aínda que está moi degradada polas
queimas e os bosques están reducidos a pequenas superficies no fondo dos vales e nas abas
dalgunhas montañas.
Unha grande parte está incluída no LIC “Macizo Central”.
Serra de Queixa desde San Mamede
SERRA DA QUEIXA
Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis
altos: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de Manzaneda (1.777 m) e
Os Toleiros (1.734 m) . Nos cumes do Seixo conflúe coa serra de Fial das Corzas e O
Invernadeiro.
Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas micas.
O relevo deste macizo é de formas suaves e redondeadas, aplanadas polos glaciares e
nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas.
Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou
Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con
grandes desniveis.
Accedese desde Pobra de Trives ou Manzaneda. Desde o cume sae unha pista de terra que
percorre as partes alta da serra da Queixa e Fial das Corzas e remata en Camba.
Cumes aplanados da Serra da Queixa, con coa
serra de San Mamede ao fondo.
Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou
Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con
grandes desniveis.
Accedese desde Pobra de Trives ou Manzaneda. Desde o cume sae unha pista de terra que percorre as
partes alta da serra da Queixa e Fial das Corzas e remata en Camba.
Cumes da serra de Queixa (cabeza Grande de
Manzaneda). Ao Fondo o Macizo de Trevinca.
Panorámica da Serra de Queixa en primavera.
Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda,
no cume da Cabeza Pequena de Manzaneda.
Panorámica da Serra de Queixa en primavera.
Altos do Samión desde Fial das
Corzas. No primeiro termo o val do
río das Casas, afluente do Queixa,
nas cabeceiras do Navea.
ALTOS DO SAMIÓN
É unha pequena serra con orientación NE-S situada entre a Serra de San Mamede, Fial das
Corzas e serra de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. Os puntos máis altos son o
Xistral, con 1.596 m e o Penedo de Samión, con 1.348 m. Nas súas abas nacen varios afluentes
do Navea.
Accedese desde As Taboazas ou desde Requeixo. Pódense facer rutas de sendeirismo polos cumes con
vistas espectaculares
Altos de Samión desde San Mamede.
Ao fondo a Cabeza de Manzaneda.
A disposición dos estratos aparece resaltada polas faixas de cuarcita
que sobresa dos xistos, cubertos pola vexetación.
Vista xeral da serra do Burgo co val do Navea á dereita
SERRA DO BURGO
É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a
separa o río Navea polo leste. Os picos máis altos son A Pena da Cruz, con 1.289 m e O Serro,
con 1.211 m. A rocha dominante é o granito de dúas micas. Os cumes desta serra marcan o
límite oeste da comarca, coa de Terra de Caldelas. Na vertente leste nacen afluentes do
Navea.
Os cumes están ocupados por un parque eólico.
Accedese desde Chandrexa de Queixa por Fitoiro e Drados, e polas pistas do parque eólico.
Cumes da Serra do Burgo
cara a San Mamede desde o
alto da Pena da Cruz
Refuxio de pastores construído
aproveitando un penedo.
Os cumes da serra do Burgo están
coroados por penedos graníticos de
curiosas formas.
Vista da serra das Cabanas desde a
Pena da Cruz: o planalto de San
Xoán de Río no que sobresaen os
cumes da Moa e o Cerengo.
SERRA DAS CABANAS OU DA MOA
Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación
SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Nas abas que dan a San Xoán de Río son suaves e de
pouco desnivel e na as que caen ao Sil e o Navea son moi abruptas.
Na vertente sur nacen varios afluentes do Edo, tributario do Sil. O cume máis alto é o
Cerengo, con 1.235 m da altura. As rochas dominantes son xistos e cuarcitas.
Accedese desde San Xoán de Río. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca
de Trives cara ao sur e a de Quiroga cara ao leste e norte.
Antigas explotacións romanas para extraer ouro en
Cabanas, nas abas do Cerengo (San Xoán de Río).
Cume do Cerengo e caída cara ao
Navea. Nas abas orientadas ao leste
as casas de Navea (Pobra de Trives).
A Moa, o segundo cume
da serra das Cabanas.
Cume do Cerengo e caída cara ao Navea
Circo glaciar do Cenza.
No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse
as melloras mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar en forma de funil, morrenas laterais, rochas de aspecto
aborregado pulimentadas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional de orixe glaciar, turbeiras...
PEGADAS DA ACTIVIDADE GLACIAR
Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo
ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares
de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales
glaciares, morrenas, rochas con marca do xeo...
Os glaciares máis importantes foron:
-Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata
Chagoazoso.
-Cabeza Pequena de Manzaneda
-Marmentelo (SO de Cabeza de
Manzaneda).
-As Lamas: polo que corre o rego das
Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e
San Miguel.
-San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de
Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro.
-Cerveira, no SO da serra de Queixa, no
linde coa do Invernadeiro.
-Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza
Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do
río Grande.
Por todos estes vales glaciares pódense facer
rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas
dos vales e os distintos tipos de depósitos
rochosos. O de máis doado acceso é o do Cenza,
ao que se pode chegar pola estrada do encoro.
Val do Requeixo, desde os cumes da serra de Queixa. Nas
cabeceiras do río Grandes consérvanse tres circos
glaciares situados entre 1.600 e 1.400 m de altitude.
Rochas coas pegadas da acción do xeo.
Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)
Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)
RÍOS
A maioría dos ríos da comarca son afluentes do Bibei. Este corre arredor do Macizo Central e
recibe os seus afluentes dos seus cumes.
O o Bibei marca o límite da comarca polo leste, e o Navea atravésaa de SO a NE. Polo
noroeste da comarca, en San Xoán do Río, corren varios afluentes do Edo (San Fitoiro,
Ferreiros). En xeral son ríos de réxime pluvio-nival, con augas altas na primavera.
Encoro de Chandrexa, nas cabeceiras do Navea
Arredor dos ríos consérvanse importantes masas arbóreas de bosques de ribeira e reboleiras
cunha gran biodiversidade.
Parcela de viñedo no val do río San Lázaro. Nas abas orientadas ao sol dos vales do Bibei e os seus afluentes aparece
unha vexetación de tipo mediterráneo como os érvedos e as sobreiras. Desde tempos moi antigos cultivanse as vides en
socalcos.
Cáncaro (Primula acaulis)
Viburnum opulus. Unha especie pouco común que aparece
nas beiras dalgúns ríos galegos.
Donceliña (Coenagrion ...)
Garza real (Ardea cinerea)
Ra verde camuflada na vexetación do río
O Bibei encaixado
entre As Ermidas
(O Bolo) e
Manzaneda. Nas
zonas orientadas
ao sur hai socalcos
nos que se cultivan
vides, en gran
parte abandoados.
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Percorre os concellos de
Viana do Bolo, o Bolo, Manzaneda, Pobra de Trives e fai a divisoria entre Ribas de Sil e
Quiroga. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado.
Na comarca de Trives fai fronteira, na súa marxe esquerda ao longo de todo o seu percorrido
entre os concellos de Manzaneda e Pobra de Trives cos do Bolo, Larouco e Quiroga. Discorre
por un canón que acada nalgúns puntos ata 500 m de profundidade excavado en granitos,
xistos e gneis. Os seus afluentes pola esquerda son o Cernado, San Miguel ou Requeixo, San
Lázaro, Cabalar, Fiscaíño e Navea.
O Bibei e o Navea preto da desembocadura no Sil
O Bibei e o Navea preto da
desembocadura no Sil
O Bibei entre Pobra de Trives e Quiroga
Encoro de Chandrexa de Queixa, situado na vertente occidental de Cabeza de Manzaneda, no río Queixa-Navea.
Arredor hai bosques ben conservados de rebolos, bidueiros, acivros, capudres...
RÍO NAVEA
O río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa,
Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo
circula entre as Serra do Burgo e Queixa facendo fronteira en grande parte do seu percorrido entre A
Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa
desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais
importantes pola dereita son o rego do Acerral, o río Grande, que se forma co rego das Forcadas e o Rego
de Requeixo, que desembocan no encoro preto de Chandrexa; e o río de Casteligo. Pola esquerda o
regueiro do Marco, o rego de Rabal e o das Cabanas.
Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas
autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
O Navea na área do encoro de Guístolas no inverno
Canón do Navea en San Xoán de Río
Canón do Navea en San Xoán de Río
Río de Queixa, unha das cabeceiras máis
importantes do Navea que recibe, antes de ser
retido no encoro de Chandrexa o rego de Figueiras e
río das Casas.
Bosques no Canón do Navea, entre San Xoán de Río e A Pobra de
Trives. En grande parte do seu percorrido o Navea excava un
profundo canón no que se conservan bosques de grande
biodiversidade. Varias rutas permiten percorrer os bosques na
contorna do encoro de Guístolas ou na zona de San Xoán de Río.
Fervenza de Corvido, nun pequeno afluente
do Navea case na súa desembocadura. Vese
á esquerda da estrada que vai á central do
Bibei e a Montefurado.
Paredes do Canón do Navea
Central eléctrica no Navea, situada ao pé da súa desembocadura no Bibei.
Na estrada que vai da Pobra de Trives a Montefurado hai varios miradoioos desde os que se poden contemplar unhas
vistas espectaculares do Monte Cerengo e os vales do Navea e o Bibei, así como varios pregamentos nas rochas das
paredes do canón.
Río Dorelle en Casteligo
RÍO DORELLE OU CASTELIGO
Nace en Cabeza de Manzaneda, na zona onde conflúen os concellos de Manzaneda, Pobra de Trives e
Chandrexa de Queixa e, despois dun curto percorrido con bastante desnivel, xúntase ao Navea na
parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).
Río Dorelle na parroquia de Casteligo.
Fervenza de Casteligo
Na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa.
O río Casteligo, afluente do Navea encáixase nun pequeno canón
con pozas e rápidos e pouco antes de desembocar no Navea
forma unha fermosa fervenza entre rochas graníticas. Está
rodeada de bidueiros, amieiras, salgueiros e rebolos.
COMO CHEGAR: Na estrada que vai de Chandrexa de Queixa a
Pobra de Trives crúzase o río e pódese seguir o seu curso. A
fervenza vese desde a estrada antes de chegar ao encoro de
Chandrexa de Queixa.
Fervenza de Casteligo, na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa.
O río encáixase nun pequeno canón con pozas e rápidos e pouco antes de desembocar no Navea forma unha fermosa
fervenza entre rochas graníticas. Está rodeada de bidueiros, amieiras, salgueiros e rebolos.
Val do río San Lázaro
RÍO SAN LÁZARO
Nace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de
A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con
grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal
afluente é o Tintín, no que hai un encoro.
Formación rochosa na unión do Bibei
e San Lázaro na área recreativa do
Caneiro (Manzaneda).
O río San Lázaro entrando no Bibei
Fervenza do río San Lázaro
Na parroquia e concello de Manzaneda.
Hai varios saltos sucesivos pero o maior e máis
visible ten uns 15 m de altura.
Accedese desde Mendoia.
Turbeiras no val do Cenza
RÍO CENZA
Fórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda e ten un
percorrido curto por esta comarca antes de ser encorado no seu curso alto. No seu val consérvanse
interesantes representacións de turbeiras de montaña.
Curso alto no Cenza na vertente
leste da serra da Queixa.
Rego de San Miguel na
proximidades de Requeixo.
REGO DE SAN MIGUEL
Fórmase coa unión dos regos que drenan os vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente leste de Cabeza
de Manzaneda. Xúntase ao Bibei augas abaixo do encoro do Vao.
Rego de Prada, ao pé da aldea abandonada do mesmo
nome, asentada no fondo chan do val glaciar.
AS ÁRBORES
Fraga no val do Navea
Na comarca de Trives atópanse representantes de especies arbóreas atlánticas (carballo,
bidueiro, pradairo, capudre...) e mediterráneas (rebolos, érvedos) e unha gran superficie
dedicada ao cultivo de castiñeiros, co algúns exemplares monumentais. Nas áreas de media
altura de menos pendente hai tamén plantacións de piñeiros.
Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica)
Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda).
-17 m de altura e 4 m de perímetro. Atópase no
interior da propiedade do pazo, ao pé da estrada
de Manzaneda a Rozabales.
ÁRBORES SENLLEIRAS
O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore
de orixe mediterránea, probablEmente do sur
de Europa. En Galiza atopáronse restos de hai
3.000 anos, aínda que o seu cultivo foi
extendido na época romana.
Do castiñeiro aprovéitase a madeira, moi
apreciada en ebanistería por ser dura e
resistente á couza e a rela e ter un bo
acabado. As castañas como alimento de
persoas e animais e as follas e ourizos secos
como cama para o gando e adubo para as
terras. A castaña supuxo unha fonte de
alimentación fundamental en Galiza ata que
se introducíu a pataca.
O CASTIÑEIRO
Os soutos son plantacións de castiñeiros que veñen sendo explotadas polo ser humano desde tempos moi
antigos. En Galiza constitúen ecosistemas de grande interese porque ademais da súa utilización polo ser
humano para obter madeira e castañas, acollen unha flora e fauna moi interesantes, especialmente
fungos, liques, aves e insectos.
O número e a superficie de soutos diminueu moito en Galiza pola tala para madeira e, sobre todo, polo
mal da tinta producido por un fungo (Phytophtora cinnamoni) que lle afectou gravemente aos castiñeiros.
Na actualidade estase a introducir variedades híbridas resistentes.
Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis de 12
m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995.
Castiñeiro da Regadiña. Mendoia.
(Pobra de Trives). O toro ten un
grande oco e a copa está moi
mermada. Supera os 500 anos e ten
11 m de perímetro.
No souto de Cernado, que se atopa á entrada da poboación, á esquerda da estrada, hai algúns castiñeiros de bo porte. O
máis grande, na imaxe, sobrepasa os 9 m.
A Fraga (San Xoán de Río)
-No canón do río Navea. Varios exemplares de bo porte.
Navea
(A Pobra de Trives)
Pazo de Barbeirón
(Sobrado, A Pobra de Trives)
Cubeiros (Placín, Manzaneda)
-9,45 m de perímetro. Incluído no
Catálogo de Árbores Senlleiras
da Xunta de Galiza.
Bidueiro (Betula celtiberica)
Bidueiro en Mendoia. (Pobra de Trives)
ESPAZOS PROTEXIDOS
Charrela (Perdix perdix hispaniensis).
O Macizo Central acolle unha gran biodiversidade, con
máis de 900 especies vexetais, entre as que se atopan
arredor de cen endemismos ibéricos (Arenaria
tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani,
Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula
legionensis...), 176 especies de vertebrados (águia real,
lobo, charrela, corzo, bufo real, papoazul, abellaruco...) e
numerosos invertebrados.
LIC MACIZO CENTRAL
É o segundo espazo protexido máis extenso de Galiza, 45.196 ha nos concellos de O Bolo,
Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso,
Larouco e Montederramo (Ourense) e Quiroga (Lugo). Inclúe o Macizo Central e parte do
curso do río Bibei e os seus afluentes pola esquerda. Inclúese ademais o curso do Navea entre
os encoros de Chandrexa e Guistolas.
Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos
tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico. A zona ten un grande interese
xeolóxico e biolóxico. As paisaxes de montaña, os canóns dos ríos e as fervenzas son
espectaculares e algúns bosques conservan exemplares de árbores centenarios.
Castiñeiro de Pumbariños no Outono
MONUMENTO NATURAL “SOUTO DE ROZAVALES”
Pequeno espazo de 1,79 ha en San Martiño
de Arriba, no concello de Manzaneda. É un
souto formado por castiñeiros moi antigos
entre os que destaca o castiñeiro de
Pumbariños con máis de 500 anos de idade
e 12 m de perímetro.
PAISAXE PROTEXIDA “VAL DO NAVEA”
Un espazo de 691 ha nos concellos de San Xoán de Río e A Proba de Trives (3 de decembro de
2008) que inclúe o Val do río Navea desde un pouco máis adiante do remate do encoro de
Guístolas ata a altura de Navea, un pouco antes do encoro da Ponte Nova.
As abruptas ladeiras aparecen cubertas na actualidade por herbazais, matogueiras e amplas
áreas dominadas por bosques autóctonos, que se corresponden con diversos tipos de hábitats
de interese comunitario.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Decembro 2016

Comarca Terra de Trives

  • 1.
  • 2.
    Cumes do MacizoCentral en Manzaneda A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense. Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.
  • 3.
    É unha comarcadun grande valor ambiental que acolle impresionantes paisaxes de alta montaña e profundos canóns fluviais, pegadas das glaciacións, árbores monumentais e unha rica flora e fauna con mestura de especies atlánticas e mediterráneas. Val do Bibei no Larouco
  • 4.
    SUPERFICIE: 431,7 km2 POBOACIÓN: habitantes 4.608 habitantes(2015) CONCELLOS: Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. ESPAZOS PROTEXIDOS: -LICs Macizo Central e Pena Trevinca -PAISAXE PROTEXIDA “Canón do Navea”
  • 5.
    CLIMA Oceánico de montañae con matices mediterráneos nas zonas baixas dos vales dos ríos, onde se cultivan viñedos.
  • 6.
    ACTIVIDADES A principal actividadeson os servizos, seguida da agro-gandaría, a industria e a construcción. Casteligo, en Chandrexa de Queixa
  • 7.
  • 8.
    PATRIMONIO A comarca conservaunha grande variedade de mostras histórico-artísticas e etnográficas de todas as épocas: castros, vías e pontes romanas, igrexas románicas e barrocas, núcleos e casas tradicionais, castelos, pazos, pontes, muíños… Casa en Chandrexa de QueixaIgrexa de Sobrado de Trives
  • 9.
    Miliarios no Larouco Cubeiros(Placín-Manzaneda)
  • 10.
    CONCELLOS SUPERFICIE: 171,75 km2 POBOACIÓN:528 habitantes (2015) PARROQUIAS: Caldeliña, O Candedo, Casteligo, Casteloais, Celeiros, Chandrexa, Chaveán, Drados, Fitoiro, Fonteita, Forcadas, Parada Seca, Parafita, Queixa, Rabal, Requeixo, San Cristovo e Vilar. CHANDREXA DE QUEIXA Está situado no sur-leste da comarca lindando coas comarcas de Monterrei polo sur e Terra de Caldelas polo leste. O territorio ten dúas áreas moi diferenciadas. No leste e sur está ocupado polas serras do Burgo, Altos do Samión e Queixa, onde se atopan os cumes máis alto do concello, o Toleiros, o Sixtil Branco, e o Seixo, que superan os 1.700 m. No centro está atravesado polo río Navea e os seus afluentes Casteligo e Rabal que forman vales encaixados. Celeiros, capital municipal de Chandrexa, ao pé do encoro no río Navea.
  • 11.
    Pontella sobre o ríoCasteligo. As principais actividades son a agro-gandaría e os servizos. É un concello con importantes valores naturais incluídos no LIC Macizo Central que protexe as áreas de montaña e parte do val do río Navea. Tamén conserva un rico patrimonio etnográfico. En Chandrexa pódese visitar o “Centro de Identidade Galega” onde se amosan aparellos e obxectos da vida da zona. Fitoiro, na aba da serra do Burgo.
  • 12.
    SUPERFICIE: 114,55 km2 POBOACIÓN:975 habitantes (2015) PARROQUIAS: Cernado, Cesuris, Manzaneda, Paradela, Placín, Reigada, Requeixo, san Martiño de Manzaneda, San Miguel de Bidueira e Soutipedre. Vista da vila de Manzaneda MANZANEDA Situado no sur-leste da comarca, entre o Macizo Central e o val do Bibei. O territorio ten tres áreas diferenciadas: as grandes alturas da serra de Queixa, co cume en Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), situadas no leste, sur e centro do concello; un terreo de transición de alturas medias (1.200 a 800 m) e moi excavado polos ríos; e o val do Bibei, ao leste, un terreo de fortes pendentes e características mediterránes onde se cultivan os viñedos en socalcos. Os ríos máis importantes son o Bibei, que fai de linde do concello polo leste e norte, os os seus afluentes San Lázaro, Tintín, San Miguel, Cernado e Cenza-Conso (cabeceira).
  • 13.
    Cernado, nas abasde Bustofrío (serra de Queixa) As principais actividades son os servizos, a agrogandeiría e pequenas industrias. É un concello dun grande interese natural e cultural. Unha grande parte do seu territorio está incluído no LIC Macizo Central, e ademáis unha zona protexida no LIC Pena Trevinca. Porta da Vila. Unha das partes que se conservan da antiga muralla que rodeaba Manzaneda con orixe no século XII.
  • 14.
    SUPERFICIE: 84,14 km2 POBOACIÓN:2.245 habitantes (2015). PARROQUIAS: Barrio, O Castro, Cotarós, Cova, A Encomenda, Mendoia, Navea, Pareisás, Pena Folenche, Pena Petada, Piñeiro, A Pobra de Trives, San Lourenzo de Trives, San Mamede de Trives, Sobrado, Somoza, Trives, Vilanova e Xunqueira. A POBRA DE TRIVES Está situado no centro-norte da comarca. O Territorio está inclinado cara ao norte. As maiores alturas sitúanse ao sur na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no linde co concello de Manzaneda. No centro hai unha pequena superficie de aplanamento de 700 a 900 m de altitude e ao norte e leste está limitada polos vales do río Bibei e o seu afluente principal na comarca, o Navea. Os ríos principais son o Bibei o e os seus afluentes o Navea, no linde con San Xoán de Río, e o San Lázaro, no linde con Manzaneda. Pazo na Pobra de Trives
  • 15.
    Ponte romana sobreo Bibei, entre Trives e Quiroga. Construída entre os anos 114 a 119 para dar paso á Vía Nova. Declarado Monumento Artístico As principais actividades son os servizos a agrogandaría (gando vacún e ovino, cultivo de vides e castiñeiros) e pequenas industrias derivadas. Ten importantes valores naturas asociados á montaña e aos vales dos ríos. Destaca a presenza de numerosos soutos con exemplares monumentais. Unha parte do seu territorio está incluída no LIC Macizo Central. Tamén conserva un rico patrimonio histórico, artístico e etnográfico: vías e pontes romanas, igrexas románicas, casas, pazos... Igrexa de Sobrado Trives
  • 16.
    SUPERFICIE: 61,12 km2 POBOACIÓN:860 habitantes (2015) PARROQUIAS: As Cabanas, castrelo, cerdeira, Medos, San Silvestre de Argas, San Xoán de Río, san Xurxo, Seoane de Argas e Vilardá. Aula da Natureza en San Xoán de Río. SAN XOÁN DE RÍO Situado ao noroeste da comarca, no linde coa Terra de Caldelas e O Courel-Quiroga. O territorio é moi irregular con alternancia de granitos e lousas. As máximas alturas sitúanse ao norte, na serra da Cabanas, co monte Cerengo como máximo cume (1286 m). No sur-leste atópase a serra do Burgo, no linde coa Terra de Caldelas, e entre esta e a das Cabanas unha aliñación de montañas de media altura que separan as concas do Navea e do Edo e delimitan unha pequena penichaira de 800 a 900 m de altitude con inclinación cara ao surleste, atravesada polos regos de San Fitoiro e da Cruz (afluentes do Edo).
  • 17.
    É un concelloeminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. As principais actividades son os servizos, a agro-gandaría e pequenas industrias. Parte do seu territorio (val do Navea) está incluído no LIC Macizo Central. Acolle importantes valores naturais (canón do Navea, fragas autóctonas) e culturais (calzada, ponte e minas romanas). Ponte Navea, construción medieval entre Trives e San Xoán de Río Miliario romano da Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino ao seu paso por San Xoán de Río.
  • 18.
    RELEVO Cumes do MacizoCentral O territorio da comarca de Trives ten un relevo moi irregular con grandes contrastes de altitude entre cumes que acadan máis dos 1.700 m e os vales do río Bibei. As serras dominan o centro, leste e sur, e ao norte quedan os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos vale fluviais, cunha altitude media de 800-1.000 m. As serras máis importantes son as que forman parte do chamado Macizo Central Ourensán: ao leste a serra do Burgo, e ao sur os Altos do Samión e Queixa. No noroeste atópase a serra das Cabanas, que se prolonga cara ao sur ata case tocar coa do Burgo en elevacións de menor importancia.
  • 19.
    Granitos nos cumesde Manzaneda As rochas son moi variadas: granitos, lousas, cuarcitas, areíscas... Un dos aspectos de maior interese natural destas serras son as pegadas da actividade glaciaria. Lousas fracturadas pola acción do xeo
  • 20.
    Vexetación no altosdo Samión. Cumes de mato e bosques nas abas avesías. A vexetación dominante nos cumes é o mato formado por carqueixas, uces, carpazas, xestas, piornos, arandeiras, silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Nas partes máis altas hai pasteiros naturais e na zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos... Hai numerosas áreas repoboadas con piñeiros e eucaliptos. Por riba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por cerquiños, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboación hai soutos, algúns moi antigosde e con castiñeiros de bo porte.
  • 21.
    Carqueixas e breixos Crocusserotinus Eryngium duriaei, un endemismo ibérico que se atopa nalgunhas serras orientais e do sur e no Macizo Central.
  • 22.
    Na fauna estánrepresentados os animais de montaña, de espazos abertos e de bosques. Xabarín (Sus scrofa) Cotovía (Galerida cristata) Bolboreta (Polyommatus icarus)
  • 23.
    O Macizo Centraldesde O Courel MACIZO CENTRAL É un conxunto de serras cos cumes aplanados situado na zona centro occidental da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo excavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, os vales do Camba e Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e a depresión da Limia polo oeste. O núcleo comprende as serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas, Altos do Samión e Invernadeiro. A máxima altitude é a Cabeza Grande de Manzaneda, con 1.782 m, na serra da Queixa.
  • 24.
    Rochas rotas polaacción do xeo. Ao conxelarse a auga nas fendas produce un efecto cuña que parte a rocha. A rocha dominante é o granito de dúas micas agás no sur onde abondan os xistos e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina. Durante o Cuaternario estivo cuberta de glaciares, dos que se atopan numerosas pegadas en toda a zona.
  • 25.
    Vista pola mañáncara a Trevinca. Desde os cumes do Macizo Central abránguese unha extensísima panorámica. O Macizo Central ten un grande interese xeolóxico, biolóxico, histórico e etnográfico. Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico, aínda que está moi degradada polas queimas e os bosques están reducidos a pequenas superficies no fondo dos vales e nas abas dalgunhas montañas. Unha grande parte está incluída no LIC “Macizo Central”.
  • 26.
    Serra de Queixadesde San Mamede SERRA DA QUEIXA Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de Manzaneda (1.777 m) e Os Toleiros (1.734 m) . Nos cumes do Seixo conflúe coa serra de Fial das Corzas e O Invernadeiro. Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas micas. O relevo deste macizo é de formas suaves e redondeadas, aplanadas polos glaciares e nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas. Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con grandes desniveis. Accedese desde Pobra de Trives ou Manzaneda. Desde o cume sae unha pista de terra que percorre as partes alta da serra da Queixa e Fial das Corzas e remata en Camba.
  • 27.
    Cumes aplanados daSerra da Queixa, con coa serra de San Mamede ao fondo. Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con grandes desniveis. Accedese desde Pobra de Trives ou Manzaneda. Desde o cume sae unha pista de terra que percorre as partes alta da serra da Queixa e Fial das Corzas e remata en Camba.
  • 28.
    Cumes da serrade Queixa (cabeza Grande de Manzaneda). Ao Fondo o Macizo de Trevinca.
  • 29.
    Panorámica da Serrade Queixa en primavera.
  • 30.
    Estación de montañade Cabeza de Manzaneda, no cume da Cabeza Pequena de Manzaneda. Panorámica da Serra de Queixa en primavera.
  • 31.
    Altos do Samióndesde Fial das Corzas. No primeiro termo o val do río das Casas, afluente do Queixa, nas cabeceiras do Navea. ALTOS DO SAMIÓN É unha pequena serra con orientación NE-S situada entre a Serra de San Mamede, Fial das Corzas e serra de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. Os puntos máis altos son o Xistral, con 1.596 m e o Penedo de Samión, con 1.348 m. Nas súas abas nacen varios afluentes do Navea. Accedese desde As Taboazas ou desde Requeixo. Pódense facer rutas de sendeirismo polos cumes con vistas espectaculares
  • 32.
    Altos de Samióndesde San Mamede. Ao fondo a Cabeza de Manzaneda.
  • 33.
    A disposición dosestratos aparece resaltada polas faixas de cuarcita que sobresa dos xistos, cubertos pola vexetación.
  • 34.
    Vista xeral daserra do Burgo co val do Navea á dereita SERRA DO BURGO É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a separa o río Navea polo leste. Os picos máis altos son A Pena da Cruz, con 1.289 m e O Serro, con 1.211 m. A rocha dominante é o granito de dúas micas. Os cumes desta serra marcan o límite oeste da comarca, coa de Terra de Caldelas. Na vertente leste nacen afluentes do Navea. Os cumes están ocupados por un parque eólico. Accedese desde Chandrexa de Queixa por Fitoiro e Drados, e polas pistas do parque eólico.
  • 35.
    Cumes da Serrado Burgo cara a San Mamede desde o alto da Pena da Cruz Refuxio de pastores construído aproveitando un penedo. Os cumes da serra do Burgo están coroados por penedos graníticos de curiosas formas.
  • 36.
    Vista da serradas Cabanas desde a Pena da Cruz: o planalto de San Xoán de Río no que sobresaen os cumes da Moa e o Cerengo. SERRA DAS CABANAS OU DA MOA Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Nas abas que dan a San Xoán de Río son suaves e de pouco desnivel e na as que caen ao Sil e o Navea son moi abruptas. Na vertente sur nacen varios afluentes do Edo, tributario do Sil. O cume máis alto é o Cerengo, con 1.235 m da altura. As rochas dominantes son xistos e cuarcitas. Accedese desde San Xoán de Río. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca de Trives cara ao sur e a de Quiroga cara ao leste e norte.
  • 37.
    Antigas explotacións romanaspara extraer ouro en Cabanas, nas abas do Cerengo (San Xoán de Río). Cume do Cerengo e caída cara ao Navea. Nas abas orientadas ao leste as casas de Navea (Pobra de Trives). A Moa, o segundo cume da serra das Cabanas.
  • 38.
    Cume do Cerengoe caída cara ao Navea
  • 39.
    Circo glaciar doCenza. No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse as melloras mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar en forma de funil, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado pulimentadas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional de orixe glaciar, turbeiras... PEGADAS DA ACTIVIDADE GLACIAR Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con marca do xeo...
  • 40.
    Os glaciares máisimportantes foron: -Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata Chagoazoso. -Cabeza Pequena de Manzaneda -Marmentelo (SO de Cabeza de Manzaneda). -As Lamas: polo que corre o rego das Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e San Miguel. -San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro. -Cerveira, no SO da serra de Queixa, no linde coa do Invernadeiro. -Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do río Grande. Por todos estes vales glaciares pódense facer rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas dos vales e os distintos tipos de depósitos rochosos. O de máis doado acceso é o do Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do encoro. Val do Requeixo, desde os cumes da serra de Queixa. Nas cabeceiras do río Grandes consérvanse tres circos glaciares situados entre 1.600 e 1.400 m de altitude. Rochas coas pegadas da acción do xeo.
  • 41.
    Circo glaciar deLamas (Requeixo-Manzaneda)
  • 42.
    Depósitos do glaciarde Lamas (Requeixo-Manzaneda)
  • 43.
    Circo glaciar dePrada (Requeixo-Manzaneda)
  • 44.
    RÍOS A maioría dosríos da comarca son afluentes do Bibei. Este corre arredor do Macizo Central e recibe os seus afluentes dos seus cumes. O o Bibei marca o límite da comarca polo leste, e o Navea atravésaa de SO a NE. Polo noroeste da comarca, en San Xoán do Río, corren varios afluentes do Edo (San Fitoiro, Ferreiros). En xeral son ríos de réxime pluvio-nival, con augas altas na primavera.
  • 45.
    Encoro de Chandrexa,nas cabeceiras do Navea Arredor dos ríos consérvanse importantes masas arbóreas de bosques de ribeira e reboleiras cunha gran biodiversidade.
  • 46.
    Parcela de viñedono val do río San Lázaro. Nas abas orientadas ao sol dos vales do Bibei e os seus afluentes aparece unha vexetación de tipo mediterráneo como os érvedos e as sobreiras. Desde tempos moi antigos cultivanse as vides en socalcos.
  • 47.
    Cáncaro (Primula acaulis) Viburnumopulus. Unha especie pouco común que aparece nas beiras dalgúns ríos galegos.
  • 48.
    Donceliña (Coenagrion ...) Garzareal (Ardea cinerea) Ra verde camuflada na vexetación do río
  • 49.
    O Bibei encaixado entreAs Ermidas (O Bolo) e Manzaneda. Nas zonas orientadas ao sur hai socalcos nos que se cultivan vides, en gran parte abandoados. RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Percorre os concellos de Viana do Bolo, o Bolo, Manzaneda, Pobra de Trives e fai a divisoria entre Ribas de Sil e Quiroga. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado. Na comarca de Trives fai fronteira, na súa marxe esquerda ao longo de todo o seu percorrido entre os concellos de Manzaneda e Pobra de Trives cos do Bolo, Larouco e Quiroga. Discorre por un canón que acada nalgúns puntos ata 500 m de profundidade excavado en granitos, xistos e gneis. Os seus afluentes pola esquerda son o Cernado, San Miguel ou Requeixo, San Lázaro, Cabalar, Fiscaíño e Navea.
  • 50.
    O Bibei eo Navea preto da desembocadura no Sil O Bibei e o Navea preto da desembocadura no Sil O Bibei entre Pobra de Trives e Quiroga
  • 51.
    Encoro de Chandrexade Queixa, situado na vertente occidental de Cabeza de Manzaneda, no río Queixa-Navea. Arredor hai bosques ben conservados de rebolos, bidueiros, acivros, capudres... RÍO NAVEA O río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa, Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo circula entre as Serra do Burgo e Queixa facendo fronteira en grande parte do seu percorrido entre A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais importantes pola dereita son o rego do Acerral, o río Grande, que se forma co rego das Forcadas e o Rego de Requeixo, que desembocan no encoro preto de Chandrexa; e o río de Casteligo. Pola esquerda o regueiro do Marco, o rego de Rabal e o das Cabanas. Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
  • 52.
    O Navea naárea do encoro de Guístolas no inverno Canón do Navea en San Xoán de Río Canón do Navea en San Xoán de Río Río de Queixa, unha das cabeceiras máis importantes do Navea que recibe, antes de ser retido no encoro de Chandrexa o rego de Figueiras e río das Casas.
  • 53.
    Bosques no Canóndo Navea, entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives. En grande parte do seu percorrido o Navea excava un profundo canón no que se conservan bosques de grande biodiversidade. Varias rutas permiten percorrer os bosques na contorna do encoro de Guístolas ou na zona de San Xoán de Río. Fervenza de Corvido, nun pequeno afluente do Navea case na súa desembocadura. Vese á esquerda da estrada que vai á central do Bibei e a Montefurado.
  • 54.
  • 55.
    Central eléctrica noNavea, situada ao pé da súa desembocadura no Bibei. Na estrada que vai da Pobra de Trives a Montefurado hai varios miradoioos desde os que se poden contemplar unhas vistas espectaculares do Monte Cerengo e os vales do Navea e o Bibei, así como varios pregamentos nas rochas das paredes do canón.
  • 56.
    Río Dorelle enCasteligo RÍO DORELLE OU CASTELIGO Nace en Cabeza de Manzaneda, na zona onde conflúen os concellos de Manzaneda, Pobra de Trives e Chandrexa de Queixa e, despois dun curto percorrido con bastante desnivel, xúntase ao Navea na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).
  • 57.
    Río Dorelle naparroquia de Casteligo. Fervenza de Casteligo Na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa. O río Casteligo, afluente do Navea encáixase nun pequeno canón con pozas e rápidos e pouco antes de desembocar no Navea forma unha fermosa fervenza entre rochas graníticas. Está rodeada de bidueiros, amieiras, salgueiros e rebolos. COMO CHEGAR: Na estrada que vai de Chandrexa de Queixa a Pobra de Trives crúzase o río e pódese seguir o seu curso. A fervenza vese desde a estrada antes de chegar ao encoro de Chandrexa de Queixa. Fervenza de Casteligo, na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa. O río encáixase nun pequeno canón con pozas e rápidos e pouco antes de desembocar no Navea forma unha fermosa fervenza entre rochas graníticas. Está rodeada de bidueiros, amieiras, salgueiros e rebolos.
  • 58.
    Val do ríoSan Lázaro RÍO SAN LÁZARO Nace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro. Formación rochosa na unión do Bibei e San Lázaro na área recreativa do Caneiro (Manzaneda).
  • 59.
    O río SanLázaro entrando no Bibei Fervenza do río San Lázaro Na parroquia e concello de Manzaneda. Hai varios saltos sucesivos pero o maior e máis visible ten uns 15 m de altura. Accedese desde Mendoia.
  • 60.
    Turbeiras no valdo Cenza RÍO CENZA Fórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda e ten un percorrido curto por esta comarca antes de ser encorado no seu curso alto. No seu val consérvanse interesantes representacións de turbeiras de montaña. Curso alto no Cenza na vertente leste da serra da Queixa.
  • 61.
    Rego de SanMiguel na proximidades de Requeixo. REGO DE SAN MIGUEL Fórmase coa unión dos regos que drenan os vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda. Xúntase ao Bibei augas abaixo do encoro do Vao. Rego de Prada, ao pé da aldea abandonada do mesmo nome, asentada no fondo chan do val glaciar.
  • 62.
    AS ÁRBORES Fraga noval do Navea Na comarca de Trives atópanse representantes de especies arbóreas atlánticas (carballo, bidueiro, pradairo, capudre...) e mediterráneas (rebolos, érvedos) e unha gran superficie dedicada ao cultivo de castiñeiros, co algúns exemplares monumentais. Nas áreas de media altura de menos pendente hai tamén plantacións de piñeiros.
  • 63.
    Cerquiño ou rebolo(Quercus pyrenaica) Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda). -17 m de altura e 4 m de perímetro. Atópase no interior da propiedade do pazo, ao pé da estrada de Manzaneda a Rozabales. ÁRBORES SENLLEIRAS
  • 64.
    O castiñeiro (Castaneasativa) é unha árbore de orixe mediterránea, probablEmente do sur de Europa. En Galiza atopáronse restos de hai 3.000 anos, aínda que o seu cultivo foi extendido na época romana. Do castiñeiro aprovéitase a madeira, moi apreciada en ebanistería por ser dura e resistente á couza e a rela e ter un bo acabado. As castañas como alimento de persoas e animais e as follas e ourizos secos como cama para o gando e adubo para as terras. A castaña supuxo unha fonte de alimentación fundamental en Galiza ata que se introducíu a pataca. O CASTIÑEIRO Os soutos son plantacións de castiñeiros que veñen sendo explotadas polo ser humano desde tempos moi antigos. En Galiza constitúen ecosistemas de grande interese porque ademais da súa utilización polo ser humano para obter madeira e castañas, acollen unha flora e fauna moi interesantes, especialmente fungos, liques, aves e insectos. O número e a superficie de soutos diminueu moito en Galiza pola tala para madeira e, sobre todo, polo mal da tinta producido por un fungo (Phytophtora cinnamoni) que lle afectou gravemente aos castiñeiros. Na actualidade estase a introducir variedades híbridas resistentes.
  • 65.
    Castiñeiro de Pumbariños,no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995.
  • 66.
    Castiñeiro da Regadiña.Mendoia. (Pobra de Trives). O toro ten un grande oco e a copa está moi mermada. Supera os 500 anos e ten 11 m de perímetro.
  • 67.
    No souto deCernado, que se atopa á entrada da poboación, á esquerda da estrada, hai algúns castiñeiros de bo porte. O máis grande, na imaxe, sobrepasa os 9 m.
  • 68.
    A Fraga (SanXoán de Río) -No canón do río Navea. Varios exemplares de bo porte.
  • 69.
  • 70.
    Pazo de Barbeirón (Sobrado,A Pobra de Trives)
  • 71.
    Cubeiros (Placín, Manzaneda) -9,45m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 72.
    Bidueiro (Betula celtiberica) Bidueiroen Mendoia. (Pobra de Trives)
  • 73.
    ESPAZOS PROTEXIDOS Charrela (Perdixperdix hispaniensis). O Macizo Central acolle unha gran biodiversidade, con máis de 900 especies vexetais, entre as que se atopan arredor de cen endemismos ibéricos (Arenaria tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula legionensis...), 176 especies de vertebrados (águia real, lobo, charrela, corzo, bufo real, papoazul, abellaruco...) e numerosos invertebrados. LIC MACIZO CENTRAL É o segundo espazo protexido máis extenso de Galiza, 45.196 ha nos concellos de O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Larouco e Montederramo (Ourense) e Quiroga (Lugo). Inclúe o Macizo Central e parte do curso do río Bibei e os seus afluentes pola esquerda. Inclúese ademais o curso do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas. Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico. A zona ten un grande interese xeolóxico e biolóxico. As paisaxes de montaña, os canóns dos ríos e as fervenzas son espectaculares e algúns bosques conservan exemplares de árbores centenarios.
  • 74.
    Castiñeiro de Pumbariñosno Outono MONUMENTO NATURAL “SOUTO DE ROZAVALES” Pequeno espazo de 1,79 ha en San Martiño de Arriba, no concello de Manzaneda. É un souto formado por castiñeiros moi antigos entre os que destaca o castiñeiro de Pumbariños con máis de 500 anos de idade e 12 m de perímetro.
  • 75.
    PAISAXE PROTEXIDA “VALDO NAVEA” Un espazo de 691 ha nos concellos de San Xoán de Río e A Proba de Trives (3 de decembro de 2008) que inclúe o Val do río Navea desde un pouco máis adiante do remate do encoro de Guístolas ata a altura de Navea, un pouco antes do encoro da Ponte Nova. As abruptas ladeiras aparecen cubertas na actualidade por herbazais, matogueiras e amplas áreas dominadas por bosques autóctonos, que se corresponden con diversos tipos de hábitats de interese comunitario.
  • 76.
    MONTAXE E FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016