A DORSAL
GALEGA
É unha cadea montañosa de 210 km de lonxitude
que se estende de norte a sur, desde Estaca de
Bares ao Miño, na raia con Portugal. Marca a
linde entre as provincias de A Coruña e
Pontevedra (ao oeste) coas de Lugo e Ourense
(ao leste).
É un bloque que se elevou a finais do Período
Terciario sobre montañas anteriores moi
erosionadas.
A DORSAL GALEGA
Vista desde os montes de Bares
cara ás serras da Dorsal
SERRA DA CORISCADA
Comeza en Estaca de Bares. Con orientación norte-sur, no linde entre os
concellos de Mañón e Ortigueira. no seu tramo norte inicial ás veces é
chamada serra de Solleiro. Polo leste da serra circula o río Sor.
ALTURAS DESTACADAS: Coriscada (523 m).
ROCHAS: lousas, cuarcitas, xistos e unha
banda do gneis “ollo de sapo”.
Estaca de Bares
Serra de Solleiro e a Estaca de Bares
Río Sor
SERRA DA FALADOIRA
Esténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira e
pecha polo norte a Depresión das Pontes.
É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura.
As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera, Rola,
Valeo e Esteiro da Loiba.
ALTURAS DESTACADAS: Caxado (756 m), A Faladoira (605 m).
ROCHAS: bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de
sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas
de granitos e cuarcitas.
Carballeiras, fervenzas
Alto da Faladoira (601 m)
Monte Caxado
Cruz da Faladoira
SERRA DA PANDA. Unha derivación da serra da Faladoira que se estende
paralela a ela, da que a separan os vales dos ríos San Miguel e Lombao,
cabeceiras do Baleo.
MONTES DE TRAS DA SERRA, unha prolongación ao leste da Faladoira. Están
rodeados polo vales do rego de Tras da Serra e o seu afluente o Batán.
SERRA DA LOBA
É unha serra de relevo suave que se estende con dirección N-S, facendo de linde
entre as provincias de Lugo e A Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as
cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste) e Labrada (leste) que a separan da Cordal de
Montouto. Fai de divisoria de augas entre a conca do Miño e as do Lambre e
Mandeo.
ALTURAS DESTACADAS: Pena Verde (709 m)
ROCHAS: granito de dúas micas, gneis “ollo de
sapo”, xistos, migmatíticos e granito intrusivo.
Parque eólico Experimental de Sotavento.
CORDAL DE MONTOUTO
Serra de relevos aplanados con orientación N-S, que fai de divisoria entre A
Coruña (Aranga) e Lugo (Gutiriz). Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na
oeste do Mandeo.
ALTURAS DESTACADAS: Pena da Uce (734 m)
Fragas do Barranco da Loba e rego da
Palanca, fervenzas.
Unión dos regos Palanca e Barranco da Loba
ALTURAS DESTACADAS: Pico da Cova, con 841 m.
ROCHAS: granitos de dúas micas, gneis “ollo de
sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos.
Pena da Cova da Serpe
Vista desde o Pico da Cova cara a Lugo
SERRA DA COVA DA SERPE
Esténdese con dirección N-S no linde entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol)
e A Coruña (Curtis e Sobrado). Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na
oeste do Mandeo.
Vista desde Friol
SERRA DE CORNO DE BOI
Pequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A
Coruña). Na vertente oeste nace o río Mandeo e na leste afluentes do Narla (Miño).
ALTURAS DESTACADAS: Campelo (803 m)
bosques
Campelo
MONTES DO BOCELO
Situados entre Toques e Sobrado, perpendicularmente, polo oeste, ao Corno de
Boi e Careón, con orientación SO-NO.
Fai de divisoria das concas do Ulla e do Tambre.
ALTURAS DESTACADAS: Pico do Pilar (803 m)
ROCHAS: granitos de mica negra
formacións graníticas, dolmes
Pena da Moura
SERRA DO CAREÓN
Esténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de A Coruña
e Lugo.
Nela nacen afluentes do Miño (Narla) e do Ulla (Pambre, Seco, Furelos...).
ALTURAS DESTACADAS: Careón (798 m)
ROCHAS: granitos de dúas micas e intrusivos,
gneis “ollo de sapo”, xistos, e no sector sudoeste
afloramentos de rochas ultrabásicas
(serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas,
gabros, anfibolitas, xistos verdes...).
rochas, flora específica
SERRA DE LIGONDE
Pequena serra, prolongación da Dorsal con dirección NO-SE, situada entre os
concellos de Monterroso e Portomarín. Fai de divisoria de augas entre O Miño e o
Ulla.
ALTURAS DESTACADAS: Pena da Lebre (747 m)
ROCHAS: lousas, cuarcitas, gneises
rochas, vistas
Cumes de Ligonde coroados de cuarcitas
Serra de Ligonde vista desde a Vacaloura
SERRA DA VACALOURA
Esténdese con dirección norte-sur, prolongación da Dorsal. Fai linde entre o
concello de Monterroso e os de Taboada (Comarca de Chantada) e Portomarín
(comarca de Lugo).
ALTURAS DESTACADAS: San Cristovo, 830 m.
ROCHAS: granitos, xistos, cuarcitas e gneises.
formacións rochosas, vistas Cume de San Cristovo, no linde
entre Taboada e Monterroso.
Cuarcitas coroando os cumes
erosionados da Vacaloura
SERRA DO FARELO
Situada no nordeste da provincia de Pontevedra e ao suroeste da de Lugo, unida
á serra do Faro, con orientación NO-SE.
Na vertente leste nacen varias cabeceiras do Ulla.
ALTURAS DESTACADAS: (956 m)
ROCHAS: granito de dúas micas e migmatitas na
parte norte e pelitas e migmatitas na oriental.
formacións graníticas
O Farelo
SERRA DO FARO
Fai límite entre as provincias de Pontevedra (concello de Rodeiro) e Lugo
(concellos de Chantada e Carballedo), con orientación NE-SO, e prolóngase cara
ao oeste pola Pena de Francia.
Serve de divisoria a dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla.
Dela baixan numerosos ríos: Arenteiro (afluente do Miño), Deza e Arnego
(afluentes do Ulla).
ALTURAS DESTACADAS: Faro (1.187 m)
ROCHAS: granitos porfídicos no norte e granitos de
dúas micas no sur, separados por unha banda de
migmatitas
flora e fauna, bosques. Protexida como LIC/ZEC.
Capela no cume do Faro
Vistas desde a Pena de Francia
SERRA DE MARTIÑÁ
Con dirección N-SO, situada ao sur da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo
e Ourense. Na vertente leste nace o Bubal, na Oeste o Oseira e o Mirela e na Sur o
Barbantiño, todos da cunca do Miño.
ALTURAS DESTACADAS: Castro ou Martiñá (1.042 m)
ROCHAS: granitos
flora e fauna, formacións graníticas. Protexida como LIC/ZEC.
O Castro
SERRA DO CANDÁN
Con orientación N-S, de perfil suave, e vales profundos.
Recolle unhas precipitacións anuais moi elevadas que dan lugar á formación de
brañas no seu interior e aos mananciais que serven de nacemento a numerosos
ríos e regueiros: afluentes do Avia; Deza e os seus afluentes Candán, Grovas e
Asneiro; Lérez e Umia.
ALTURAS DESTACADAS: San Bento (1.017 m)
ROCHAS: xistos, anfibolitas, ortogneis e paragneis.
flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, etnografía,
mosteiro de Acibeiro. Protexida como LIC/ZEC.
San Bento do Candán
MONTES DO TESTEIRO
Con orientación NE-SO, fan de linde natural entre as comarcas do Deza, ao norte
e Carballiño, ao sur. Son montes con formas vigorosas delimitados por unha
fractura con direción NNE-SSO e moi diseccionados pola erosión dos ríos. Na
vertente leste nacen afluentes do Viñao e na oeste afluentes do Deza.
ALTURAS DESTACADAS: Uceiro (1.003 m)
ROCHAS: granitos e xistos.
flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, etnografía.
Protexida como LIC/ZEC.
SERRA DO CANDO. MONTE SEIXO
Ten orientación N-S. Ocupa terreos nos concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei
e A Lama (Pontevedra) e Beariz (Ourense). Está unida ao Candán polos montes da
Costoia. Nas súas vertentes nace o río Verdugo.
ALTURAS DESTACADAS: Outeiro do Couto (1.017 m)
ROCHAS: granitos
flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, penedos,
etnografía. Protexida como LIC/ZEC.
O Cando e a Ría de Pontevedra
ALTURAS DESTACADAS: Coto da Puza con 1.027 m
ROCHAS: xistos e cuarcitas ao leste e granito de
dúas micas de gran groso no oeste.
flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, penedos,
etnografía.
SERRA DO SUÍDO
Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de
formas suaves con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val
do río Tea e da serra do Cando polo alto val do río Verdugo. Na vertente oriental
nace o río Avia e os seus afluentes Baluga, Couso, Cubela, Folosa e Cardelle, e na
occidental varias cabeceiras do Oitavén e o Tea.
É unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2).
Carballeira do Xesta
Val de Tielas, nas cabeceiras do Tea, entre o Suído e o Faro
SERRA DO FARO DE AVIÓN
Con orientación N-S, situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polos vales
dos ríos Avia e Tea. Fai de linde entre as provincias de Pontevedra (concellos de O
Covelo e A Cañiza) e Ourense (Melón, Carballeda de Avia e Avión).
Nela nacen varios afluentes do Miño: Cortella, Cerves, Brul, Deva, Tea...
ALTURAS DESTACADAS: Faro de Avión (1.155 m), Coto do Xuíz
(1.087 m), Coto do Paso (1.082 m) e Coto Agudo (1.077 m).
ROCHAS: Granitos e algunhas bandas de gneis
pegadas glaciarias, flora, fauna, penedos.
As Laceiras
Abrigo no Coto do Xuiz
MONTES DA PARADANTA
Esténdense desde a Serra do Faro de Avión (Concellos de O Covelo, Arbo e As
Neves) ata o río Miño.
Ten orientación N-S e vai perdendo altura cara ao val do río Miño.
Na Paradanta nacen varios afluentes do Deva, Tea e Miño (Cea, Termes).
ALTURAS DESTACADAS: Chan do Rei (956 m)
ROCHAS: granitos hercínicos e xistos
flora e fauna, etnografía.
Vista desde Salvaterra
En xeral son serras de relevo suave, de
pendentes moderadas e cumes achairados.
XEOLOXÍA
As rochas que as forman
son variadas, con
predominio das silíceas:
xistos, cuarcitas, granitos,
gneises, peridotitas...
OLLO DE SAPO: un gneis con nome galego.
O gneis ollo de sapo é a máis característica das
rochas metamórficas galegas. Formouse hai uns
500 millóns de anos por metamorfización dos
sedimentos que enchían unha fisura que ía
desde a illa Coelleira (O Vicedo) ata Viana do
Bolo e o Sistema Central Ibérico.
Está formado por cristais de seixo azulados e corroídos
e feldespatos (ás veces moi grandes) dentro dunha
matriz filítica.
O nome de “ollo de sapo” é debido aos grandes cristais
de feldespato que sobresaen da rocha cando se
erosiona. Destaca a presenza dunha proporción
elevada de circonita.
Serpentinas no Careón
Xistos na Faladoira
Os cortes para facer a estrada permiten apreciar as capas nas rochas (xistos na Faladoira)
Erosión na lousas
Granitos no Bocelo
Nas construcións tradicionais podemos ver una mostra das rochas da contorna;
cuarcitas, xistos, lousas…
CLIMA
Atlántico, máis húmido na vertente oeste e máis frío nos cumes
A Dorsal Galega actúa como unha barreira climática entre o Atlántico e as terras
interiores. Nas súas vertentes orientadas ao mar, en especial no sur, dase a maior
pluviosidade de Galiza.
As serras da dorsal alimentan un importante número de ríos que desaugan
no Atlántico ou no Cantábrico e percorren una boa parte do país:
VERTENTES DO LESTE:
Baleo (Mera)
Frei Bermúdez (Eume)
Mandeo
Tambre
Furelos, Arnego, Pambre (Ulla)
Umia
Lérez
Verdugo e Oitavén
Tea (Miño)
VERTENTES DO OESTE:
Sor
Bravos ( Landro)
Labrada, Parga, Asma,
Arenteiro, Avia, Deva (Miño)
Río Sor en Ambrosores
RÍOS
Río Xesta (Verdugo) na serra do Suído Río Furelos (Ulla) na serra do Careón
Rego da Fraga (Avia-Miño)
na serra do Suído
FLORA
A vexetación é moi variada. Nos cumes mato de toxos, xestas e uces, e pasteiros.
Nas abas de menor desnivel plantacións de piñeiros e eucaliptos e nos vales máis
escarpados grandes áreas de bosque atlántico.
As partes altas da serra, chans e co fondo rochoso, almacenan auga en numerosas
brañas nas que abondan os brións, os xuncos, as violetas…
Sedum e brións, as primeiras especies que colonizan as rochas
Liques
Breixos e toxos
Distintos tipos de breixos
Toxos na serra do Faro
Xensá (Gentiana pneumonanthe)
Safrán bravo (Crocus autumnalis)
Na Serra do Careón e nas Gándaras de Melide aparecen endemismos típicos de terreos
serpentínicos, algunhas especies únicas desta zona.
Ten relevancia no ámbito galego polo grande número de endemismos serpentinícolas e
taxóns raros na Comunidade Autónoma e por acoller algunhas plantas que, ademais de ser
endemismos estritos desta zona, están claramente ameazadas a escala estatal.
Sagina Merinoi,
endemismo da
Serra do Careón.
Santolina melidensis, endemismo do Careón
en grave perigo de extinción.
Fraga no Barranco da Loba no Cordal de Montouto
Carballeira da Xesta na serra do Suído
Nos bosques atópanse amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, pradairos, loureiros, carballos...
e unha grande variedade de plantas de sotobosque e de beirais.
Fraga atlántica residual na serra da Faladoira
Carballeira en Cervicol na serra da Faladoira
Castiñeiros e carballos Castiñeiro
Bidueiro, unha especie autóctona
común nas abas húmidas das serras
Piñeiro rubio (Pinus sylvestris),
resto das antigas repoboacións
forestais
Froitos de pereira brava (Pyrus cordata)
Estripo (Crataegus monogyna)
Molinia caerulea
Os ríos conservan nas súas augas e nas súas beiras ricos ecosistemas nos que
hai unha variada flora acuática e de ribeira.
Narciso (Narcissus triandrus)
Trevo acedo (Oxalis acetosella)
Na sombra dos bosques de
ribeira medra unha grande
diversidade de brións
Polytrichum
FAUNA
É a típica dos matos e espazos abertos das serras (coellos, lavercas, picas,
papuxas, rapinas...), dos ríos (anfibios, cabalos do demo, troitas, lontras...), dos
bosques de ribeira (aves insectívoras, lesmas, saramaganta...).
Nos montes críase gando en libertade.
Lobo (Canis lupus)
Coello (Oryctolagus cuniculus)
Esquío (Sciurus vulgaris)
Laberca común (Alauda arvensis). Un paxaro común en toda Galiza que se pode ver en
campos abertos. Aliméntase de sementes, froitos e pequenos invertebrados.
Papuxa montesa (Sylvia undata)
Lagarteiro (Falco tinnunculus)
Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)
Lagarta rabuda (Psammodromus manuelae)
Saltón (Omocestus viridulus)
Carricanta (Ephippigera ephippiger)
Bolboreta Brintesia circe
Bolboreta, cola de andoriña, galo
ou voíña (Papilio machaon)
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC/ZEC:
-SERRA DO CAREÓN
-MONTE FARO
-PENA VEIDOSA
-SERRA DO CANDÁN
-SERRA DO CANDO
NOVAS PROPOSTAS
-SERRA DO SUÍDO
-SERRA DA COVA DA SERPE
Serra do Candán
ACTIVIDADES
Agrogandaría, xeración de enerxía eólica, explotacións forestais, lecer...
Cabras
Cabalos
A produción de carne, leite e derivados é una das
actividades importantes das serras.
Camiñando pola serra da Faladoira
Parque eólico. A xeración de enerxía eléctrica coa enerxía do vento é unha
das actividades que ocupan boa parte das serras.
Cume do Faro, onde se atopa un miradoiro, a torre de vixilancia de
incendios e o centro de interpretación do parque eólico.
Parque eólico experimental de SOTAVENTO. Ademais dun centro de produción é un lugar
onde podemos entrar en contacto de xeito activo coa enerxía do vento e otras enerxías
renovables. Conta cunha casa ecolóxica e un museo de rochas,
SITUACIÓN: Serra da Loba nos lindes entre Lugo (Xermade) e A Coruña (Monfero).
PATRIMONIO CULTURAL
As serras foron habitadas desde tempos moi antigos como testemuñan as
numerosas mámoas, castros e petróglifos. Moitos lugares continúan habitados e
conservan mostras do patrimonio de interese histórico-artístico (capelas, igrexas,
cruceiros...) e etnográfico (asentamentos tradicionais, hórreos, foxos do lobo,
neveiros, chozos, abrigos, curros,...). As xentes das serras conservan tamén un
importante patrimonio inmaterial (lendas, cantigas, música, rituais...)
Dolme da Moruxosa na serra do Bocelo
Sartego antropomorfo na ermida da Xestosa, na serra do Faro de Avión
Igrexa de san Pedro de Vilanova en Dozón, na Pena de Francia
Santuario da Franqueira
na Paradanta
Santa María de Acibeiro nas abas do Candán
Ermida da Xestosa, na serra do Faro de Avión
Case todos os
cumes
destacados
contan coas
súas capelas e
as súas
romerías
Os neveiros, neveiras ou casas
da neve eran construcións para
o almacenamento e
conservación da neve para a
súa posterior comercialización,
convertida en xeo.
Neveiros de Fixó (Millerada, Forcarei) Noutros tempos
foi importante a explotación dos neveiros dependentes
do mosteiro de Acibeiro (Forcarei). Habíaos en Masgalán
(perdidos ao facer a estrada) e Millerada, onde os
acondicionaron as comunidades de montes de Fixó e
Portela.
Nas serras facíanse construccións para controlar e eliminar aos enemigos
do gando, dos que entre todos destacan, polo seu labor, tamaño e
curiosidade, os foxos do lobo.
Vista xeral do foxo de Portela das Travesas,
coñecido tamén como A Forca do lobo.
Chozos e cortellas en Mangüeiro, no alto do Suído.
Na Serra do Suído consérvase un importante grupo de chozos,
construcións empregadas polos pastores no verán. As construcións
máis grandes (chozos) servían de vivenda para os pastores. As máis
pequenas (cortellos) estaban destinadas á protección dos becerros.
Cernedo, A Lama, nas abas da serra do Cando
Canastro en Vicenzo (Melón), na aba leste do Faro de Avión
PORTALÉN, no monte Seixo (serra do Cando)
Unha formación de rochas cun oco a xeito de porta. Segundo a crenza, esta porta permite o paso ao reino
dos mortos. Para falar con eles hai que cruzar de leste a oeste e volver desandando o mesmo camiño, ou
do contrario a alma da persoa quedaría atrapada no outro lado. Hai que levarlles unha ofrenda en forma
de pan, viño ou candeas. As experiencia vividas non se non se deben contar, ou pódese quedar rouco
para toda a vida.
PROBLEMAS
-Incendios forestais, parques eólicos, deforestación, plantacións de especies
invasoras...
Bidueiros rodeados de eucaliptos
Despois dun incendio
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Agosto 2016

A Dorsal Galega

  • 1.
  • 2.
    É unha cadeamontañosa de 210 km de lonxitude que se estende de norte a sur, desde Estaca de Bares ao Miño, na raia con Portugal. Marca a linde entre as provincias de A Coruña e Pontevedra (ao oeste) coas de Lugo e Ourense (ao leste). É un bloque que se elevou a finais do Período Terciario sobre montañas anteriores moi erosionadas. A DORSAL GALEGA
  • 3.
    Vista desde osmontes de Bares cara ás serras da Dorsal
  • 4.
    SERRA DA CORISCADA Comezaen Estaca de Bares. Con orientación norte-sur, no linde entre os concellos de Mañón e Ortigueira. no seu tramo norte inicial ás veces é chamada serra de Solleiro. Polo leste da serra circula o río Sor. ALTURAS DESTACADAS: Coriscada (523 m). ROCHAS: lousas, cuarcitas, xistos e unha banda do gneis “ollo de sapo”. Estaca de Bares
  • 5.
    Serra de Solleiroe a Estaca de Bares
  • 6.
  • 7.
    SERRA DA FALADOIRA Esténdesecon dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha polo norte a Depresión das Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura. As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera, Rola, Valeo e Esteiro da Loiba. ALTURAS DESTACADAS: Caxado (756 m), A Faladoira (605 m). ROCHAS: bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas. Carballeiras, fervenzas Alto da Faladoira (601 m)
  • 8.
  • 9.
  • 10.
    SERRA DA PANDA.Unha derivación da serra da Faladoira que se estende paralela a ela, da que a separan os vales dos ríos San Miguel e Lombao, cabeceiras do Baleo.
  • 11.
    MONTES DE TRASDA SERRA, unha prolongación ao leste da Faladoira. Están rodeados polo vales do rego de Tras da Serra e o seu afluente o Batán.
  • 12.
    SERRA DA LOBA Éunha serra de relevo suave que se estende con dirección N-S, facendo de linde entre as provincias de Lugo e A Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste) e Labrada (leste) que a separan da Cordal de Montouto. Fai de divisoria de augas entre a conca do Miño e as do Lambre e Mandeo. ALTURAS DESTACADAS: Pena Verde (709 m) ROCHAS: granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, migmatíticos e granito intrusivo. Parque eólico Experimental de Sotavento.
  • 13.
    CORDAL DE MONTOUTO Serrade relevos aplanados con orientación N-S, que fai de divisoria entre A Coruña (Aranga) e Lugo (Gutiriz). Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo. ALTURAS DESTACADAS: Pena da Uce (734 m) Fragas do Barranco da Loba e rego da Palanca, fervenzas.
  • 14.
    Unión dos regosPalanca e Barranco da Loba
  • 15.
    ALTURAS DESTACADAS: Picoda Cova, con 841 m. ROCHAS: granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Pena da Cova da Serpe Vista desde o Pico da Cova cara a Lugo SERRA DA COVA DA SERPE Esténdese con dirección N-S no linde entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol) e A Coruña (Curtis e Sobrado). Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo.
  • 16.
  • 17.
    SERRA DE CORNODE BOI Pequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A Coruña). Na vertente oeste nace o río Mandeo e na leste afluentes do Narla (Miño). ALTURAS DESTACADAS: Campelo (803 m) bosques
  • 18.
  • 19.
    MONTES DO BOCELO Situadosentre Toques e Sobrado, perpendicularmente, polo oeste, ao Corno de Boi e Careón, con orientación SO-NO. Fai de divisoria das concas do Ulla e do Tambre. ALTURAS DESTACADAS: Pico do Pilar (803 m) ROCHAS: granitos de mica negra formacións graníticas, dolmes
  • 20.
  • 21.
    SERRA DO CAREÓN Esténdese,con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo. Nela nacen afluentes do Miño (Narla) e do Ulla (Pambre, Seco, Furelos...). ALTURAS DESTACADAS: Careón (798 m) ROCHAS: granitos de dúas micas e intrusivos, gneis “ollo de sapo”, xistos, e no sector sudoeste afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...). rochas, flora específica
  • 23.
    SERRA DE LIGONDE Pequenaserra, prolongación da Dorsal con dirección NO-SE, situada entre os concellos de Monterroso e Portomarín. Fai de divisoria de augas entre O Miño e o Ulla. ALTURAS DESTACADAS: Pena da Lebre (747 m) ROCHAS: lousas, cuarcitas, gneises rochas, vistas Cumes de Ligonde coroados de cuarcitas
  • 24.
    Serra de Ligondevista desde a Vacaloura
  • 25.
    SERRA DA VACALOURA Esténdesecon dirección norte-sur, prolongación da Dorsal. Fai linde entre o concello de Monterroso e os de Taboada (Comarca de Chantada) e Portomarín (comarca de Lugo). ALTURAS DESTACADAS: San Cristovo, 830 m. ROCHAS: granitos, xistos, cuarcitas e gneises. formacións rochosas, vistas Cume de San Cristovo, no linde entre Taboada e Monterroso.
  • 26.
    Cuarcitas coroando oscumes erosionados da Vacaloura
  • 27.
    SERRA DO FARELO Situadano nordeste da provincia de Pontevedra e ao suroeste da de Lugo, unida á serra do Faro, con orientación NO-SE. Na vertente leste nacen varias cabeceiras do Ulla. ALTURAS DESTACADAS: (956 m) ROCHAS: granito de dúas micas e migmatitas na parte norte e pelitas e migmatitas na oriental. formacións graníticas
  • 28.
  • 29.
    SERRA DO FARO Failímite entre as provincias de Pontevedra (concello de Rodeiro) e Lugo (concellos de Chantada e Carballedo), con orientación NE-SO, e prolóngase cara ao oeste pola Pena de Francia. Serve de divisoria a dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla. Dela baixan numerosos ríos: Arenteiro (afluente do Miño), Deza e Arnego (afluentes do Ulla). ALTURAS DESTACADAS: Faro (1.187 m) ROCHAS: granitos porfídicos no norte e granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitas flora e fauna, bosques. Protexida como LIC/ZEC.
  • 30.
  • 31.
    Vistas desde aPena de Francia
  • 32.
    SERRA DE MARTIÑÁ Condirección N-SO, situada ao sur da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Na vertente leste nace o Bubal, na Oeste o Oseira e o Mirela e na Sur o Barbantiño, todos da cunca do Miño. ALTURAS DESTACADAS: Castro ou Martiñá (1.042 m) ROCHAS: granitos flora e fauna, formacións graníticas. Protexida como LIC/ZEC. O Castro
  • 34.
    SERRA DO CANDÁN Conorientación N-S, de perfil suave, e vales profundos. Recolle unhas precipitacións anuais moi elevadas que dan lugar á formación de brañas no seu interior e aos mananciais que serven de nacemento a numerosos ríos e regueiros: afluentes do Avia; Deza e os seus afluentes Candán, Grovas e Asneiro; Lérez e Umia. ALTURAS DESTACADAS: San Bento (1.017 m) ROCHAS: xistos, anfibolitas, ortogneis e paragneis. flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, etnografía, mosteiro de Acibeiro. Protexida como LIC/ZEC.
  • 35.
    San Bento doCandán
  • 36.
    MONTES DO TESTEIRO Conorientación NE-SO, fan de linde natural entre as comarcas do Deza, ao norte e Carballiño, ao sur. Son montes con formas vigorosas delimitados por unha fractura con direción NNE-SSO e moi diseccionados pola erosión dos ríos. Na vertente leste nacen afluentes do Viñao e na oeste afluentes do Deza. ALTURAS DESTACADAS: Uceiro (1.003 m) ROCHAS: granitos e xistos. flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, etnografía. Protexida como LIC/ZEC.
  • 38.
    SERRA DO CANDO.MONTE SEIXO Ten orientación N-S. Ocupa terreos nos concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei e A Lama (Pontevedra) e Beariz (Ourense). Está unida ao Candán polos montes da Costoia. Nas súas vertentes nace o río Verdugo. ALTURAS DESTACADAS: Outeiro do Couto (1.017 m) ROCHAS: granitos flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, penedos, etnografía. Protexida como LIC/ZEC.
  • 39.
    O Cando ea Ría de Pontevedra
  • 40.
    ALTURAS DESTACADAS: Cotoda Puza con 1.027 m ROCHAS: xistos e cuarcitas ao leste e granito de dúas micas de gran groso no oeste. flora e fauna, fragas, brañas, fervenzas, penedos, etnografía. SERRA DO SUÍDO Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val do río Tea e da serra do Cando polo alto val do río Verdugo. Na vertente oriental nace o río Avia e os seus afluentes Baluga, Couso, Cubela, Folosa e Cardelle, e na occidental varias cabeceiras do Oitavén e o Tea. É unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2).
  • 41.
  • 42.
    Val de Tielas,nas cabeceiras do Tea, entre o Suído e o Faro
  • 43.
    SERRA DO FARODE AVIÓN Con orientación N-S, situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polos vales dos ríos Avia e Tea. Fai de linde entre as provincias de Pontevedra (concellos de O Covelo e A Cañiza) e Ourense (Melón, Carballeda de Avia e Avión). Nela nacen varios afluentes do Miño: Cortella, Cerves, Brul, Deva, Tea... ALTURAS DESTACADAS: Faro de Avión (1.155 m), Coto do Xuíz (1.087 m), Coto do Paso (1.082 m) e Coto Agudo (1.077 m). ROCHAS: Granitos e algunhas bandas de gneis pegadas glaciarias, flora, fauna, penedos.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
    MONTES DA PARADANTA Esténdensedesde a Serra do Faro de Avión (Concellos de O Covelo, Arbo e As Neves) ata o río Miño. Ten orientación N-S e vai perdendo altura cara ao val do río Miño. Na Paradanta nacen varios afluentes do Deva, Tea e Miño (Cea, Termes). ALTURAS DESTACADAS: Chan do Rei (956 m) ROCHAS: granitos hercínicos e xistos flora e fauna, etnografía. Vista desde Salvaterra
  • 48.
    En xeral sonserras de relevo suave, de pendentes moderadas e cumes achairados. XEOLOXÍA As rochas que as forman son variadas, con predominio das silíceas: xistos, cuarcitas, granitos, gneises, peridotitas...
  • 49.
    OLLO DE SAPO:un gneis con nome galego. O gneis ollo de sapo é a máis característica das rochas metamórficas galegas. Formouse hai uns 500 millóns de anos por metamorfización dos sedimentos que enchían unha fisura que ía desde a illa Coelleira (O Vicedo) ata Viana do Bolo e o Sistema Central Ibérico. Está formado por cristais de seixo azulados e corroídos e feldespatos (ás veces moi grandes) dentro dunha matriz filítica. O nome de “ollo de sapo” é debido aos grandes cristais de feldespato que sobresaen da rocha cando se erosiona. Destaca a presenza dunha proporción elevada de circonita.
  • 50.
  • 51.
  • 52.
    Os cortes parafacer a estrada permiten apreciar as capas nas rochas (xistos na Faladoira)
  • 53.
  • 54.
  • 55.
    Nas construcións tradicionaispodemos ver una mostra das rochas da contorna; cuarcitas, xistos, lousas…
  • 56.
    CLIMA Atlántico, máis húmidona vertente oeste e máis frío nos cumes
  • 57.
    A Dorsal Galegaactúa como unha barreira climática entre o Atlántico e as terras interiores. Nas súas vertentes orientadas ao mar, en especial no sur, dase a maior pluviosidade de Galiza.
  • 58.
    As serras dadorsal alimentan un importante número de ríos que desaugan no Atlántico ou no Cantábrico e percorren una boa parte do país: VERTENTES DO LESTE: Baleo (Mera) Frei Bermúdez (Eume) Mandeo Tambre Furelos, Arnego, Pambre (Ulla) Umia Lérez Verdugo e Oitavén Tea (Miño) VERTENTES DO OESTE: Sor Bravos ( Landro) Labrada, Parga, Asma, Arenteiro, Avia, Deva (Miño) Río Sor en Ambrosores RÍOS
  • 59.
    Río Xesta (Verdugo)na serra do Suído Río Furelos (Ulla) na serra do Careón
  • 60.
    Rego da Fraga(Avia-Miño) na serra do Suído
  • 61.
    FLORA A vexetación émoi variada. Nos cumes mato de toxos, xestas e uces, e pasteiros. Nas abas de menor desnivel plantacións de piñeiros e eucaliptos e nos vales máis escarpados grandes áreas de bosque atlántico.
  • 62.
    As partes altasda serra, chans e co fondo rochoso, almacenan auga en numerosas brañas nas que abondan os brións, os xuncos, as violetas…
  • 63.
    Sedum e brións,as primeiras especies que colonizan as rochas
  • 64.
  • 65.
  • 66.
  • 67.
  • 68.
  • 69.
  • 70.
    Na Serra doCareón e nas Gándaras de Melide aparecen endemismos típicos de terreos serpentínicos, algunhas especies únicas desta zona. Ten relevancia no ámbito galego polo grande número de endemismos serpentinícolas e taxóns raros na Comunidade Autónoma e por acoller algunhas plantas que, ademais de ser endemismos estritos desta zona, están claramente ameazadas a escala estatal. Sagina Merinoi, endemismo da Serra do Careón.
  • 71.
    Santolina melidensis, endemismodo Careón en grave perigo de extinción.
  • 72.
    Fraga no Barrancoda Loba no Cordal de Montouto
  • 73.
    Carballeira da Xestana serra do Suído
  • 74.
    Nos bosques atópanseamieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, pradairos, loureiros, carballos... e unha grande variedade de plantas de sotobosque e de beirais. Fraga atlántica residual na serra da Faladoira
  • 75.
    Carballeira en Cervicolna serra da Faladoira
  • 76.
  • 77.
    Bidueiro, unha especieautóctona común nas abas húmidas das serras Piñeiro rubio (Pinus sylvestris), resto das antigas repoboacións forestais
  • 78.
    Froitos de pereirabrava (Pyrus cordata)
  • 79.
  • 80.
    Molinia caerulea Os ríosconservan nas súas augas e nas súas beiras ricos ecosistemas nos que hai unha variada flora acuática e de ribeira.
  • 81.
    Narciso (Narcissus triandrus) Trevoacedo (Oxalis acetosella)
  • 82.
    Na sombra dosbosques de ribeira medra unha grande diversidade de brións Polytrichum
  • 83.
    FAUNA É a típicados matos e espazos abertos das serras (coellos, lavercas, picas, papuxas, rapinas...), dos ríos (anfibios, cabalos do demo, troitas, lontras...), dos bosques de ribeira (aves insectívoras, lesmas, saramaganta...). Nos montes críase gando en libertade.
  • 84.
  • 85.
  • 86.
  • 87.
    Laberca común (Alaudaarvensis). Un paxaro común en toda Galiza que se pode ver en campos abertos. Aliméntase de sementes, froitos e pequenos invertebrados.
  • 88.
  • 89.
  • 90.
    Lagarta da serra(Iberolacerta monticola)
  • 91.
  • 92.
  • 93.
  • 94.
  • 95.
    Bolboreta, cola deandoriña, galo ou voíña (Papilio machaon)
  • 96.
    ESPAZOS PROTEXIDOS LIC/ZEC: -SERRA DOCAREÓN -MONTE FARO -PENA VEIDOSA -SERRA DO CANDÁN -SERRA DO CANDO NOVAS PROPOSTAS -SERRA DO SUÍDO -SERRA DA COVA DA SERPE Serra do Candán
  • 97.
    ACTIVIDADES Agrogandaría, xeración deenerxía eólica, explotacións forestais, lecer...
  • 100.
  • 101.
  • 102.
    A produción decarne, leite e derivados é una das actividades importantes das serras.
  • 103.
  • 104.
    Parque eólico. Axeración de enerxía eléctrica coa enerxía do vento é unha das actividades que ocupan boa parte das serras.
  • 105.
    Cume do Faro,onde se atopa un miradoiro, a torre de vixilancia de incendios e o centro de interpretación do parque eólico.
  • 106.
    Parque eólico experimentalde SOTAVENTO. Ademais dun centro de produción é un lugar onde podemos entrar en contacto de xeito activo coa enerxía do vento e otras enerxías renovables. Conta cunha casa ecolóxica e un museo de rochas, SITUACIÓN: Serra da Loba nos lindes entre Lugo (Xermade) e A Coruña (Monfero).
  • 107.
    PATRIMONIO CULTURAL As serrasforon habitadas desde tempos moi antigos como testemuñan as numerosas mámoas, castros e petróglifos. Moitos lugares continúan habitados e conservan mostras do patrimonio de interese histórico-artístico (capelas, igrexas, cruceiros...) e etnográfico (asentamentos tradicionais, hórreos, foxos do lobo, neveiros, chozos, abrigos, curros,...). As xentes das serras conservan tamén un importante patrimonio inmaterial (lendas, cantigas, música, rituais...)
  • 108.
    Dolme da Moruxosana serra do Bocelo
  • 109.
    Sartego antropomorfo naermida da Xestosa, na serra do Faro de Avión
  • 110.
    Igrexa de sanPedro de Vilanova en Dozón, na Pena de Francia
  • 111.
    Santuario da Franqueira naParadanta Santa María de Acibeiro nas abas do Candán Ermida da Xestosa, na serra do Faro de Avión Case todos os cumes destacados contan coas súas capelas e as súas romerías
  • 112.
    Os neveiros, neveirasou casas da neve eran construcións para o almacenamento e conservación da neve para a súa posterior comercialización, convertida en xeo. Neveiros de Fixó (Millerada, Forcarei) Noutros tempos foi importante a explotación dos neveiros dependentes do mosteiro de Acibeiro (Forcarei). Habíaos en Masgalán (perdidos ao facer a estrada) e Millerada, onde os acondicionaron as comunidades de montes de Fixó e Portela.
  • 113.
    Nas serras facíanseconstruccións para controlar e eliminar aos enemigos do gando, dos que entre todos destacan, polo seu labor, tamaño e curiosidade, os foxos do lobo. Vista xeral do foxo de Portela das Travesas, coñecido tamén como A Forca do lobo.
  • 114.
    Chozos e cortellasen Mangüeiro, no alto do Suído. Na Serra do Suído consérvase un importante grupo de chozos, construcións empregadas polos pastores no verán. As construcións máis grandes (chozos) servían de vivenda para os pastores. As máis pequenas (cortellos) estaban destinadas á protección dos becerros.
  • 115.
    Cernedo, A Lama,nas abas da serra do Cando
  • 116.
    Canastro en Vicenzo(Melón), na aba leste do Faro de Avión
  • 117.
    PORTALÉN, no monteSeixo (serra do Cando) Unha formación de rochas cun oco a xeito de porta. Segundo a crenza, esta porta permite o paso ao reino dos mortos. Para falar con eles hai que cruzar de leste a oeste e volver desandando o mesmo camiño, ou do contrario a alma da persoa quedaría atrapada no outro lado. Hai que levarlles unha ofrenda en forma de pan, viño ou candeas. As experiencia vividas non se non se deben contar, ou pódese quedar rouco para toda a vida.
  • 118.
    PROBLEMAS -Incendios forestais, parqueseólicos, deforestación, plantacións de especies invasoras...
  • 119.
  • 120.
  • 121.
    MONTAXE E FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta Agosto 2016