Inclúe unha grandeparte da Serra do Faro, desde as nacentes do rego de
Enviande (O Monte, Chantada) ata as nacentes do río Comezo, un afluente do
Asma (Furco, Carballedo); unha área que destaca polas formacións de monte
baixo, as turbeiras e as carballeiras cunha rica flora e fauna asociadas.
Terras de Chantada e a Serra do Faro
3.
SITUACIÓN: Na zonacentro-
meridional galega, no linde entre
Pontevedra e Lugo (comarcas de
Chantada e Deza). Localidades de
referencia: Santa Eulalia de Camba,
Senra, Asperelo e Couso (Rodeiro);
Requeixo e Esmeriz (Chantada);
Furco (Carballedo).
SUPERFICIE: 2.988 ha
CONCELLOS: Carballedo,
Chantada e Rodeiro.
VALORES NATURAIS: paisaxe,
fragas, monte baixo, flora e fauna...
4.
Aba oeste doFaro
PROTECCIÓN
•Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004
•Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014
Serra do Farodesde Asperelo (Rodeiro)
XEOLOXÍA/RELEVO
O espazo forma parte da Dorsal Galega e forma parte por completo da serra do
Faro. O relevo é de formas suaves e achairadas nos cumes, con abas
redondeadas e abundantes fallas que están ocupadas por ríos pouco encaixados.
7.
As rochas máiscomúns son os xistos, os granitos de dúas micas e as
granodioritas.
8.
SERRA DO FARO
Esténdesecon dirección norte-sur entre as serras do Farelo (ao norte) e a Martiñá
(ao sur). Os cumes máis destacados neste espazo son O Faro (1.187 m), o Coto
Salgueiro (1.071 m) e o Preguntoiro (1.063 m).
REDE FLUVIAL
A serrado Faro fai de divisoria de dúas concas galegas importantes, a do Miño e
a do Ulla.
Na aba oriental fórmanse as cabeceiras de varios afluentes do Miño: Enviande, A
Lama e Asma. Na aba occidental nacen numerosos afluentes do Asma (Ulla):
Albodrón (Rodeiro), As Leiras, Porto Seara, Fontao, Valbón...
21.
TIPOS DE HÁBITATSDO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-
Batrachion
-Queirogais secos europeos
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion
caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-
Veronicion dillenii
-Covas non explotadas polo turismo
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,
Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
FLORA
A maior partedo terreo está ocupado por toxos, xestas, breixos, uces e
carqueixas. Nos cumes chans e húmidos hai pasteiros e turbeiras.
Conserva bosques de bidueiros mesturados con carballos nas partes máis altas e
de carballos, rebolos, pereiras bravas, estripos e algún acivro nos vales. Nas
beiras dos ríos e regatos mantén pequenos bosques de ribeira. Unha parte está
ocupada por especies de repoboación.
Queiruga ou breixo(Daboecia
cantabrica). Endemismo do oeste
de Europa. É o breixo de flores
máis grandes.
Breixo de turbeira (Erica tetralix),
típico das zonas húmidas dos
cumes.
Breixo (Calluna vulgaris)
FAUNA
As especies máiscomúns na serra do Faro son as de espazos abertos (prados,
matogueiras), turbeiras e bosques. Destaca a variedade de aves, anfibios e
insectos.
Peto real
(Dedrocopos major).
En Galiza é bastante
común e sedentario.
37.
ESPECIES DE INTERESE
MAMÍFEROS
Barbastellabarbastellus
Canis lupus
Eptesicus serotinus
Genetta genetta
Mustela erminea
Mustela putorius
Myotis myotis
Pipistrellus pipistrellus
Pipistrellus pygmaeus
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Lobo (Canis lupus signatus).
Un mamífero habitual na serra do Faro.
38.
AVES
Accipiter gentilis
Accipiter nisus
Aegithaloscaudatus
Alauda arvensis
Alectoris rufa
Anthus spinoletta
Anthus trivialis
Apus apus
Athene noctua
Buteo buteo
Caprimulgus europaeus
Certhia brachydactyla
Circus cyaneus
Circus pygargus
Columba livia
Columba palumbus
Corvus corone
Coturnix coturnix
Cuculus canorus
Delichon urbica
Dendrocopos major
Emberiza cia
...
Polos de dous días de avenoiteira
cincenta (Caprimulgus europaeus).
Ave pouco común e menos coñecida
polos seus hábitos nocturnos.
INVERTEBRADOS
Lucanus cervus
Bacaloura (Lucanuscervus).
É o insecto galego máis grande. As mandíbulas do
macho, grandes e fortes, son a arma coa que loitan para
conseguir as femias. A súa eiruga vive durante varios
anos no interior do toro dos carballos, e outras árbores,
alimentándose de madeira. É un animal en perigo de
extinción.
Araña cangrexo nuns estalotes.
Os pequenos animais, que pasan
habitualmente desapercibidos, son
un dos atractivos dos espazos
naturais, onde podemos
contemplalos de preto.
Ermida do Faro
HISTORIA-PATRIMONIOCULTURAL
A zona estivo habitada desde tempos moi antigos e na serra atopáronse mámoas
prehistóricas.
A Ermida do Faro foi construída no século XVII sobre restos doustras anteriores
das que se descoñece a orixe. A Virxe do Faro é de moita devoción na comarca
con romerías o 15 de agosto e o 8 de setembro.
Os últimos osos exclusivamente galegos viviron ata comezos de século na serra
do Faro e no veciño val de Oseira.
48.
Fui eu, madr',em romaria a Faro com
meu amigo
e venho del namorada por quanto falou
comigo,
ca mi jurou que morria
por mi, tal bem mi queria.
Leda venho da ermida e desta vez leda serei,
ca falei com meu amigo que sempre
[muito] desejei,
ca mi jurou que morria
por mi, tal bem mi queria.
O xoglar medieval Xoán de
Requeixo dedicoulle
varias cantigas á romería
do Faro.
Carballeiras nas abas
doFaro en Chantada
PUNTOS DE INTERESE
CARBALLEDO
Nacentes do río Comezo (Asma)
CHANTADA
Ermida da Nosa Señora do Faro
Igrexa de San Miguel do Monte
Carballeiras de Requeixo, Gordón, Freán...
RODEIRO
Carballeiras do rego de Vilaxuste