SlideShare a Scribd company logo
1
RENOVACIÓN E CRISE NO MUNDO FEUDAL
INTRODUCIÓN
● A partires do século XI teñen lugar importantes transformacións no mundo agrario.
● O comercio reactívase.
● As cidades renacen e a burguesía vai ter cada vez máis importancia.
● Fortalécese o poder dos reis.
● Nos séculos XIV e XV prodúcese unha gran crise: fame, peste, conflitos bélicos e sociais.
● Aparición dos gremios.
1.- RENOVACIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO
● Desde finais do século XI produciuse unha mellora na agricultura en Europa occidental que permitiron
aumentar a produtividade agrícola:
 Ampliouse o espazo cultivado: transformación de bosques en campos de cultivo, desecamento de
zonas pantanosas, construción de diques e canles (Polders nos Países Baixos).
 Emprego de novas técnicas de cultivo como a rotación trienal que alternaba o barbeito con cereais
de inverno e primavera.
 Aplicación de avances tecnolóxicos: arado normando, uso do cabalo como animal de tiro, emprego
de muíños de auga e vento para moer o gran.
● Produciuse un aumento da poboación en Europa entre os séc. XII (45 millóns) e XIV (75 millóns) debido
ao incremento da produción agrícola que permitiu unha mellor alimentación e, polo tanto, maior
resistencia ás enfermidades.
● Orixináronse importantes cambios na sociedade feudal:
 Os campesiños que se instalaron nas novas terras cultivadas fóronse liberando do dominio señorial,
xurdindo novas vilas de campesiños libres chamadas francas ou novas (Vilafranca do Bierzo,
Vilanova das Infantas,…)
 As condicións de vida dos servos melloraron porque os señores exercían menos presión sobre o
campesiñado sobre o pago das rendas.
 Os pagos con diñeiro foron cada vez máis habituais, substituíndo aos tributos en especie, polo que
os lazos de dependencia dos servos debilitáronse e moitos puideron mercar a súa liberación con
diñeiro.
 Para atraer campesiños, os señores ofrecían condicións de traballo cada vez máis vantaxosas,
situación que contribuíu á progresiva eliminación da servidume.
2
2.- O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL
● A mellora da agricultura estimulou o comercio, xerándose excedentes agrícolas que se intercambiaban
por outros produtos.
● Desenvolveuse un comercio local nas vilas e cidades e outro a longa distancia con mercadorías exóticas e
de luxo.
● Aumentou a circulación monetaria de ouro e prata que facilitaba os pagos. Tamén xurdiron novos
sistemas de pago en Italia, como a letra de cambio, un instrumento mercantil que permitía devolver o
diñeiro prestado ao cabo dun tempo no lugar e data fixada por escrito.
● En Europa occidental destacaron dúas zonas comerciais:
 Os portos italianos de Pisa, Xénova e Venecia que controlaban o mercado do Mediterráneo e que
exploraron novas rutas cara o Extremo Oriente (Marco Polo, século XIII).
 As cidades do norte de Europa, onde destacou a Hansa, unha agrupación de comerciantes do Mar
do Norte de do Báltico. Destacaron as cidades de Bruxas, Lübeck e Hamburgo.
● Xurdiron os mercados, lugares de intercambio entre os produtos do campo e as manufacturas elaboradas
nos obradoiros urbanos e que se celebraban todos os días ou só unha vez á semana, e as feiras, reunións
periódicas celebradas unha vez ao ano ás que acudían comerciantes de lugares moi afastados. As feiras
francesas de Champagne foron das máis importantes.
● Melloraron os sistemas de transporte tanto por terra como por mar, e apareceron outros novos: a
carreta de catro rodas; as cocas e as carracas para a navegación polo Mediterráneo e as carabelas polo
Atlántico; o astrolabio e o compás permitían orientarse e os portolanos eran mapas que sinalizaban as
costas e os portos; abríronse canais entre os ríos navegables.
3.- O RENACER URBANO
● Dende o século XI prodúcese un renacemento das cidades debido á renovación agraria, ao crecemento
da poboación e á reactivación do comercio.
● Revitalizáronse as cidades xa existentes e apareceron os burgos: novas poboacións xunto a castelos e
abadías ou barrios situados nos arrabaldes das cidades. Os seus habitantes denominábanse burgueses e
eran comerciantes e artesáns.
● Os reis impulsaron a fundación de novas cidades e a concesión de privilexios (Cartas de privilexios) ás xa
existentes. As xentes que lograban trasladarse dende as zonas rurais ás cidades gozaban de maior liberdade
e librábanse da servidume dos señores feudais.
● As cidades co paso do tempo foron adquirindo o dereito de gobernarse por si mesmas:
 Ao principio organizáronse en Comunas ou asembleas de todos os veciños.
 Posteriormente xurdiron os primeiros Concellos integrados por maxistrados (concelleiros) dirixidos
por un burgomestre ou alcalde que exercían o poder por delegación dos cidadáns.
 O goberno das cidades foi quedando en mans das familias burguesas máis ricas, o patriciado
urbano, o que provocou revoltas do resto da poboación urbana.
3
● O crecemento das cidades axudou a transformar a sociedade feudal, facéndoa máis dinámica. Os novos
burgos acolleron a persoas dedicadas ao traballo artesanal e ao comercio que non dependían de ningún
señor feudal, formándose un novo grupo social, a burguesía:
 A base da súa riqueza era o diñeiro pola venta de produtos e os beneficios dos negocios.
 Grupos:
o Alta burguesía: grandes comerciantes, empresarios e banqueiros.
o Pequena burguesía: mestres artesáns e pequenos comerciantes.
 A riqueza das cidades atraeu a nobres e eclesiásticos que construíron palacios, conventos e
igrexas.
 Outros grupos: oficiais, aprendices, criados, xornaleiros,mendigos… (xente humilde)
 Minorías relixiosas: xudeus que vivían en barrios separados, as xuderías. Eran artesáns,
prestamistas ou médicos.
 A burguesía foi desprazando en poder e categoría á nobreza, e conseguiu algúns privilexios.
● O traballo urbano organizábase en gremios, asociación de artesáns que exercían o mesmo oficio
(ferreiros, zapateiros, panadeiros,…).
 Os traballadores dividíanse en tres categorías: Aprendiz, aprendía o oficio durante un tempo no
que vivía co mestre ao que pagaba pola aprendizaxe; Oficial, recibía un salario polo seu traballo;
Mestre artesán: accedía a esta condición despois de realizar unha obra mestra, era o dono dun
obradoiro.
 Normas: Ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, todos os artesáns
debían traballar as mesmas horas e usar o mesmo tipo de ferramentas, controlaban a cantidade,
calidade e prezo final dos artigos.
 Os artesáns dun mesmo oficio agrupábanse en rúas: prateiros, curtidores,…
● As cidades medievais :
 Estaban rodeadas por murallas e o plano urbano era moi irregular. No centro estaba a praza
principal rodeada dos edificios máis importantes: concello, mercado, lonxa, catedral e palacios. No
resto do espazo urbano: vivendas, hospitais, hospedarías e edificios relixiosos.
 As casas agrupábanse por barrios: xudaría, gremios, etc.
 As rúas eran estreitas, sucias e sen rede de sumidoiros o que facía que abundaran as enfermidades
pola falta de hixiene (cólera, tifo, peste) e foran frecuentes os incendios.
4.- O AFIANZAMENTO DAS MONARQUÍAS
● A partir do século XII a autoridade dos monarcas refórzase con medidas como: o sometemento da
nobreza, a constitución dun exército propio formado por mercenarios (soldados profesionais a soldo) e
dirixido por nobres e mediante a creación dun corpo de funcionarios directamente ás ordes dos reis.
● Xorden as Cortes ou Parlamentos que establecían medidas de control á actuación dos monarcas. Neles, o
rei reuníase con representantes dos tres estamentos. Os reis tiñan que contar coa súa aprobación para
cuestións como o establecemento de novos impostos.
● Os señores feudais viron recortados os seus privilexios a favor do poder real e, en moitos caos,
opuxéronse. En Francia, a dinastía dos Capetos logrou derrotar e someter aos nobres que desafiaban a súa
autoridade. En Inglaterra, a dinastía dos Plantagenet tivo que pactar cos grupos sociais con máis poder e
4
recoñecerlles certos privilexios que recortaban o poder dos monarcas. Quedaron redactados nun
documento coñecido como Carta Magna (1215).
● Cando os monarcas precisaban de apoio para controlar aos nobres, os burgueses acudían na súa axuda
facilitándolles aos reis recursos económicos (diñeiro, soldados,...) e apoio político. A cambio recibían
protección e certos privilexios.
5.- A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA: SÉCULOS XIV E XV
● Desde comezos do século XIV, produciuse en Europa unha sucesión de malas colleitas que provocaron
escaseza de alimentos, fame e desnutrición. A isto hai que engadirlle a aparición da Peste Negra, unha
enfermidade que a partires de 1347 asolou Europa provocando uns 25 millóns de mortos, a paralización do
comercio e a redución das rendas señoriais, facendo que os señores trataran de recuperalas aumentando
as dos campesiños superviventes e endurecendo as condicións de servidume.
● Nos séculos XIV e XV tiveron lugar numerosos conflitos bélicos: Guerras entre estados que contribuíron a
aumentar o sentimento nacional, como a Guerra dos Cen Anos (1337-1453) que enfrontou a Francia e
Inglaterra. O pretexto da guerra foi o intento do rei inglés de ocupar o trono de Francia, que estaba
vacante, decisión que foi protestada por outros candidatos a ocupalo. Inicialmente, a guerra foi favorable
aos ingleses, pero finalmente a vitoria foi para os franceses (fazañas de Juana de Arco); Guerras civís, entre
candidatos do mesmo país para ocupar o trono: exemplo a Guerra das Dúas Rosas (1455-1485) en
Inglaterra entre os partidarios da casa de Lancaster (rosa vermella) e os partidarios da de York (rosa
branca).
● Foron numerosas as revoltas sociais tanto nas cidades como no campo:
 En distintos lugares de Europa houbo revoltas urbanas que enfrontaron aos artesáns e ao
patriciado urbano debido ás desigualdades económicas e políticas existentes entre os habitantes
das cidades, e ás masas empobrecidas coa burguesía acomodada que, nalgúns casos, rematou con
actos violentos contra os xudeus (pogroms) aos que se acusaba das desgrazas colectivas.
 Tamén houbo revoltas antiseñoriais que enfrontaron aos campesiños contra os señores polo
endurecemento do réxime feudal, xa que moitos señores para compensar a diminución de ingresos
por rendas aumentáronlles os impostos aos servos e endureceron as condicións de servidume
“malos usos”. A Jacquerie en Francia, o levantamento de Wat Tyler en Inglaterra ou o movemento
irmandiño en Galicia son claros exemplos destas revoltas.
6.- CARA A FIN DUNHA EPOCA
● O conxunto de cambios que tiveron lugar nos séculos XIV e XV contribuíron á decadencia do feudalismo:
 O dominio do mundo rural deu paso ao rexurdimento da vida urbana e á aparición da
burguesía.
 A nobreza sufriu a crise económica e viu como diminuían as súas rendas.
 As monarquías reforzaron o seu poder fronte aos señores feudais e puxéronse as bases
dos Estados modernos.
 Escritores, artistas, pensadores e navegantes contribuíron ao cambio de mentalidade.

More Related Content

What's hot

Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
rubempaul
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Media
rubempaul
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
rubempaul
 
Tema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medievalTema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medieval
rubempaul
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
rubempaul
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalus
camposseijo
 

What's hot (20)

Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Media
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Tema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medievalTema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medieval
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península IbéricaOs pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalus
 
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
 
O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus
 
A Plena Idade Media
A Plena Idade MediaA Plena Idade Media
A Plena Idade Media
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
 

Viewers also liked

A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
rubempaul
 

Viewers also liked (18)

Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 

Similar to Renovación e crise no mundo feudal

04c a consolidación dos reinos europeos
04c a consolidación dos reinos europeos04c a consolidación dos reinos europeos
04c a consolidación dos reinos europeos
roberto
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
aggcoruxo
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade media
danielvereavazquez
 
Tema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medievalTema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medieval
Santi Pazos
 
Tema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudalTema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudal
rubempaul
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
pablokatt
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
mttq
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
camposseijo
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
rubempaul
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
lolaen
 
5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA
5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA
5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA
Fhistoria
 

Similar to Renovación e crise no mundo feudal (20)

A europa medieval entre os séculos xi e xv.
A europa medieval entre os séculos xi e xv.A europa medieval entre os séculos xi e xv.
A europa medieval entre os séculos xi e xv.
 
04c a consolidación dos reinos europeos
04c a consolidación dos reinos europeos04c a consolidación dos reinos europeos
04c a consolidación dos reinos europeos
 
Tema 3. la ciudad medieval
Tema 3.  la ciudad medievalTema 3.  la ciudad medieval
Tema 3. la ciudad medieval
 
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
 
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 
03 o desenvolvemento das cidades na idade media
03 o desenvolvemento das cidades na idade media03 o desenvolvemento das cidades na idade media
03 o desenvolvemento das cidades na idade media
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade media
 
Tema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medievalTema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medieval
 
Tema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudalTema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudal
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 
5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA
5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA
5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 

More from rubempaul

2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 

More from rubempaul (18)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 

Renovación e crise no mundo feudal

  • 1. 1 RENOVACIÓN E CRISE NO MUNDO FEUDAL INTRODUCIÓN ● A partires do século XI teñen lugar importantes transformacións no mundo agrario. ● O comercio reactívase. ● As cidades renacen e a burguesía vai ter cada vez máis importancia. ● Fortalécese o poder dos reis. ● Nos séculos XIV e XV prodúcese unha gran crise: fame, peste, conflitos bélicos e sociais. ● Aparición dos gremios. 1.- RENOVACIÓN AGRARIA E CRECEMENTO DEMOGRÁFICO ● Desde finais do século XI produciuse unha mellora na agricultura en Europa occidental que permitiron aumentar a produtividade agrícola:  Ampliouse o espazo cultivado: transformación de bosques en campos de cultivo, desecamento de zonas pantanosas, construción de diques e canles (Polders nos Países Baixos).  Emprego de novas técnicas de cultivo como a rotación trienal que alternaba o barbeito con cereais de inverno e primavera.  Aplicación de avances tecnolóxicos: arado normando, uso do cabalo como animal de tiro, emprego de muíños de auga e vento para moer o gran. ● Produciuse un aumento da poboación en Europa entre os séc. XII (45 millóns) e XIV (75 millóns) debido ao incremento da produción agrícola que permitiu unha mellor alimentación e, polo tanto, maior resistencia ás enfermidades. ● Orixináronse importantes cambios na sociedade feudal:  Os campesiños que se instalaron nas novas terras cultivadas fóronse liberando do dominio señorial, xurdindo novas vilas de campesiños libres chamadas francas ou novas (Vilafranca do Bierzo, Vilanova das Infantas,…)  As condicións de vida dos servos melloraron porque os señores exercían menos presión sobre o campesiñado sobre o pago das rendas.  Os pagos con diñeiro foron cada vez máis habituais, substituíndo aos tributos en especie, polo que os lazos de dependencia dos servos debilitáronse e moitos puideron mercar a súa liberación con diñeiro.  Para atraer campesiños, os señores ofrecían condicións de traballo cada vez máis vantaxosas, situación que contribuíu á progresiva eliminación da servidume.
  • 2. 2 2.- O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL ● A mellora da agricultura estimulou o comercio, xerándose excedentes agrícolas que se intercambiaban por outros produtos. ● Desenvolveuse un comercio local nas vilas e cidades e outro a longa distancia con mercadorías exóticas e de luxo. ● Aumentou a circulación monetaria de ouro e prata que facilitaba os pagos. Tamén xurdiron novos sistemas de pago en Italia, como a letra de cambio, un instrumento mercantil que permitía devolver o diñeiro prestado ao cabo dun tempo no lugar e data fixada por escrito. ● En Europa occidental destacaron dúas zonas comerciais:  Os portos italianos de Pisa, Xénova e Venecia que controlaban o mercado do Mediterráneo e que exploraron novas rutas cara o Extremo Oriente (Marco Polo, século XIII).  As cidades do norte de Europa, onde destacou a Hansa, unha agrupación de comerciantes do Mar do Norte de do Báltico. Destacaron as cidades de Bruxas, Lübeck e Hamburgo. ● Xurdiron os mercados, lugares de intercambio entre os produtos do campo e as manufacturas elaboradas nos obradoiros urbanos e que se celebraban todos os días ou só unha vez á semana, e as feiras, reunións periódicas celebradas unha vez ao ano ás que acudían comerciantes de lugares moi afastados. As feiras francesas de Champagne foron das máis importantes. ● Melloraron os sistemas de transporte tanto por terra como por mar, e apareceron outros novos: a carreta de catro rodas; as cocas e as carracas para a navegación polo Mediterráneo e as carabelas polo Atlántico; o astrolabio e o compás permitían orientarse e os portolanos eran mapas que sinalizaban as costas e os portos; abríronse canais entre os ríos navegables. 3.- O RENACER URBANO ● Dende o século XI prodúcese un renacemento das cidades debido á renovación agraria, ao crecemento da poboación e á reactivación do comercio. ● Revitalizáronse as cidades xa existentes e apareceron os burgos: novas poboacións xunto a castelos e abadías ou barrios situados nos arrabaldes das cidades. Os seus habitantes denominábanse burgueses e eran comerciantes e artesáns. ● Os reis impulsaron a fundación de novas cidades e a concesión de privilexios (Cartas de privilexios) ás xa existentes. As xentes que lograban trasladarse dende as zonas rurais ás cidades gozaban de maior liberdade e librábanse da servidume dos señores feudais. ● As cidades co paso do tempo foron adquirindo o dereito de gobernarse por si mesmas:  Ao principio organizáronse en Comunas ou asembleas de todos os veciños.  Posteriormente xurdiron os primeiros Concellos integrados por maxistrados (concelleiros) dirixidos por un burgomestre ou alcalde que exercían o poder por delegación dos cidadáns.  O goberno das cidades foi quedando en mans das familias burguesas máis ricas, o patriciado urbano, o que provocou revoltas do resto da poboación urbana.
  • 3. 3 ● O crecemento das cidades axudou a transformar a sociedade feudal, facéndoa máis dinámica. Os novos burgos acolleron a persoas dedicadas ao traballo artesanal e ao comercio que non dependían de ningún señor feudal, formándose un novo grupo social, a burguesía:  A base da súa riqueza era o diñeiro pola venta de produtos e os beneficios dos negocios.  Grupos: o Alta burguesía: grandes comerciantes, empresarios e banqueiros. o Pequena burguesía: mestres artesáns e pequenos comerciantes.  A riqueza das cidades atraeu a nobres e eclesiásticos que construíron palacios, conventos e igrexas.  Outros grupos: oficiais, aprendices, criados, xornaleiros,mendigos… (xente humilde)  Minorías relixiosas: xudeus que vivían en barrios separados, as xuderías. Eran artesáns, prestamistas ou médicos.  A burguesía foi desprazando en poder e categoría á nobreza, e conseguiu algúns privilexios. ● O traballo urbano organizábase en gremios, asociación de artesáns que exercían o mesmo oficio (ferreiros, zapateiros, panadeiros,…).  Os traballadores dividíanse en tres categorías: Aprendiz, aprendía o oficio durante un tempo no que vivía co mestre ao que pagaba pola aprendizaxe; Oficial, recibía un salario polo seu traballo; Mestre artesán: accedía a esta condición despois de realizar unha obra mestra, era o dono dun obradoiro.  Normas: Ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, todos os artesáns debían traballar as mesmas horas e usar o mesmo tipo de ferramentas, controlaban a cantidade, calidade e prezo final dos artigos.  Os artesáns dun mesmo oficio agrupábanse en rúas: prateiros, curtidores,… ● As cidades medievais :  Estaban rodeadas por murallas e o plano urbano era moi irregular. No centro estaba a praza principal rodeada dos edificios máis importantes: concello, mercado, lonxa, catedral e palacios. No resto do espazo urbano: vivendas, hospitais, hospedarías e edificios relixiosos.  As casas agrupábanse por barrios: xudaría, gremios, etc.  As rúas eran estreitas, sucias e sen rede de sumidoiros o que facía que abundaran as enfermidades pola falta de hixiene (cólera, tifo, peste) e foran frecuentes os incendios. 4.- O AFIANZAMENTO DAS MONARQUÍAS ● A partir do século XII a autoridade dos monarcas refórzase con medidas como: o sometemento da nobreza, a constitución dun exército propio formado por mercenarios (soldados profesionais a soldo) e dirixido por nobres e mediante a creación dun corpo de funcionarios directamente ás ordes dos reis. ● Xorden as Cortes ou Parlamentos que establecían medidas de control á actuación dos monarcas. Neles, o rei reuníase con representantes dos tres estamentos. Os reis tiñan que contar coa súa aprobación para cuestións como o establecemento de novos impostos. ● Os señores feudais viron recortados os seus privilexios a favor do poder real e, en moitos caos, opuxéronse. En Francia, a dinastía dos Capetos logrou derrotar e someter aos nobres que desafiaban a súa autoridade. En Inglaterra, a dinastía dos Plantagenet tivo que pactar cos grupos sociais con máis poder e
  • 4. 4 recoñecerlles certos privilexios que recortaban o poder dos monarcas. Quedaron redactados nun documento coñecido como Carta Magna (1215). ● Cando os monarcas precisaban de apoio para controlar aos nobres, os burgueses acudían na súa axuda facilitándolles aos reis recursos económicos (diñeiro, soldados,...) e apoio político. A cambio recibían protección e certos privilexios. 5.- A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA: SÉCULOS XIV E XV ● Desde comezos do século XIV, produciuse en Europa unha sucesión de malas colleitas que provocaron escaseza de alimentos, fame e desnutrición. A isto hai que engadirlle a aparición da Peste Negra, unha enfermidade que a partires de 1347 asolou Europa provocando uns 25 millóns de mortos, a paralización do comercio e a redución das rendas señoriais, facendo que os señores trataran de recuperalas aumentando as dos campesiños superviventes e endurecendo as condicións de servidume. ● Nos séculos XIV e XV tiveron lugar numerosos conflitos bélicos: Guerras entre estados que contribuíron a aumentar o sentimento nacional, como a Guerra dos Cen Anos (1337-1453) que enfrontou a Francia e Inglaterra. O pretexto da guerra foi o intento do rei inglés de ocupar o trono de Francia, que estaba vacante, decisión que foi protestada por outros candidatos a ocupalo. Inicialmente, a guerra foi favorable aos ingleses, pero finalmente a vitoria foi para os franceses (fazañas de Juana de Arco); Guerras civís, entre candidatos do mesmo país para ocupar o trono: exemplo a Guerra das Dúas Rosas (1455-1485) en Inglaterra entre os partidarios da casa de Lancaster (rosa vermella) e os partidarios da de York (rosa branca). ● Foron numerosas as revoltas sociais tanto nas cidades como no campo:  En distintos lugares de Europa houbo revoltas urbanas que enfrontaron aos artesáns e ao patriciado urbano debido ás desigualdades económicas e políticas existentes entre os habitantes das cidades, e ás masas empobrecidas coa burguesía acomodada que, nalgúns casos, rematou con actos violentos contra os xudeus (pogroms) aos que se acusaba das desgrazas colectivas.  Tamén houbo revoltas antiseñoriais que enfrontaron aos campesiños contra os señores polo endurecemento do réxime feudal, xa que moitos señores para compensar a diminución de ingresos por rendas aumentáronlles os impostos aos servos e endureceron as condicións de servidume “malos usos”. A Jacquerie en Francia, o levantamento de Wat Tyler en Inglaterra ou o movemento irmandiño en Galicia son claros exemplos destas revoltas. 6.- CARA A FIN DUNHA EPOCA ● O conxunto de cambios que tiveron lugar nos séculos XIV e XV contribuíron á decadencia do feudalismo:  O dominio do mundo rural deu paso ao rexurdimento da vida urbana e á aparición da burguesía.  A nobreza sufriu a crise económica e viu como diminuían as súas rendas.  As monarquías reforzaron o seu poder fronte aos señores feudais e puxéronse as bases dos Estados modernos.  Escritores, artistas, pensadores e navegantes contribuíron ao cambio de mentalidade.