TEMA 0:
A HISTORIA: FONTES,
ETAPAS E CRONOLOXÍA
1. A HISTORIA E AS SÚAS FONTES
● A historia é a ciencia encargada do estudo do pasado da humanidade.
Para coñecer ese pasado é preciso recompilar información de épocas
anteriores, e iso é posible grazas ao achado de testemuñas: son as
coñecidas como fontes históricas. Tipos de fontes:
– Segundo a súa orixe:
● Fontes primarias: son contemporáneas aos feitos que informan.
● Fontes secundarias: son posteriores aos feitos que informan.
– Segundo o seu soporte:
● Orais: entrevistas, discursos,...
● Escritas: documentos, prensa, correspondencia, diarios, obras
literarias,...
● Materiais: utensilios, ferramentas, moedas,...
● Cartográficas: mapas,...
CLASIFICA ESTAS FONTES HISTÓRICAS
2. PREHISTORIA E HISTORIA
A aparición da escritura a finais do IV milenio a. C. supuxo un dos fitos máis
importantes da humanidade; tanto foi así, que a nosa evolución dividiuse en
dous grandes bloques en función da escritura: a Prehistoria e a Historia.
HISTORIA
3. PREHISTORIA.
QUE É?
É un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e
remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3000 a. C.).
As fontes empregadas para o estudo da Prehistoria son fundamentalmente restos
materiais: ferramentas, armas, utensilios, esqueletos, pinturas, restos de lugares de
habitación e enterramento.
A maioría destes restos atópanse enterrados, razón pola cal aparecen dúas ciencias
para o seu estudo: a Arqueoloxía e a Paleontoloxía.
Como a maioría dos restos conservados son utensilios, os historiadores dividiron a
Prehistoria en tres etapas, atendendo ao material co que ditos utensilios foron
fabricados: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais
3. PREHISTORIA
ETAPAS
● Paleolítico (2,5 Ma - 8000 a. C.)
– Paleolítico significa 'pedra vella' ou 'pedra tallada'. Os seres humanos
vivían da caza e da recolección. Esta etapa pode subdividirse en:
● Paleolítico Inferior.
● Paleolítico Medio.
● Paleolítico Superior.
● Neolítico (8000 - 5000 a. C.)
– Significa 'pedra nova' ou 'pedra pulida'. Aparece a agricultura, a
gandaría e a cerámica. Os pobos fanse sedentarios.
● Idade dos Metais (5000 - 1000 a. C.)
– Nesta época comezaron a elaborarse útiles de diferentes materiais:
primeiro cobre, logo bronce e finalmente ferro. Nalgúns lugares
(Mesopotamia e Exipto) a invención da escritura produciuse durante a
Idade de Bronce, pero na maioría a escritura non se xeneralizou ata o I
milenio a. C. Nalgún deses lugares coñecían a escritura (estaban na
historia), pero aínda non coñecían o ferro.
CORTE ESTRATIGRÁFICO
4. A HISTORIA
QUE É?
A Historia é o periodo que abrangue
desde a aparición da escritura (3000
a. C.) ata a actualidade.
As fontes empregadas para o estudo
da Historia son moi variadas, pero
destacan as fontes escritas
(hemerográfica ou prensa,
documentos de arquivo...), ademais
das materiais (monumentos, moedas,
utensilios...), as orais (discursos,
entrevistas...) e as gráficas ou
audiovisuais (pinturas, filmes...).
4. A HISTORIA
ETAPAS DA HISTORIA:
● Idade Antiga (3000 a. C. - 476 d. C.)
– Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes
civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.
● Idade Media (476 d. C. - 1492 d. C.)
– Tras a caída do Imperio romano de Occidente, Europa fragméntase en
diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos
xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova
organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada
feudalismo.
● Idade Moderna (1492 d. C. - 1789 d. C.)
– Comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución Francesa. É a
época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta, das guerras de
relixión e das monarquías absolutas.
● Idade Contemporánea (1789 d. C. ata a actualidade)
– Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os
acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución
industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, esténdense as
formas democráticas de goberno e teñen lugar as grandes guerras mundiais.
5. TEMPO CRONOLÓXICO E TEMPO HISTÓRICO
● O tempo cronolóxico refírese á medición do tempo secuencial, é dicir, ao
transcorrer dun momento a outro: días, meses, anos, décadas, séculos,
milenios. Esta forma de medición do tempo permítenos situar os feitos históricos
nunha data precisa.
● Chamamos feito histórico a un suceso do pasado que o historiador considera
relevante, caracterizado por ser de curta duración (horas, días, semanas). Os
feitos históricos están situados nun tempo (cando) e nun espazo (onde),
ademais hai protagonistas ou suxeitos do feito (quen). Exemplo: atentado ás
torres xemelgas de Nova York (11 de setembro de 2001)
● O tempo histórico remite a procesos de formación de estruturas políticas,
económicas, sociais e mentais que non ocorren nunha data determinada, senón
que se van xestando e formando en períodos de maior ou menor extensión.
Divídese en idades ou etapas. Exemplo: Paleolítico, Neolítico, Idade dos
Metais.
● A diacronía é a forma en que os acontecementos ocorren ao longo do
tempo nun mesmo espazo, é dicir unha sucesión. Poñamos como exemplo as
distintas épocas da humanidade: á Idade Antiga segue a Idade Media, a esta a
Idade Moderna, etc.
● A sincronía é unha coincidencia de feitos no mesmo tempo en distintos
espazos.
5. TEMPO CRONOLÓXICO E TEMPO HISTÓRICO
A CRONOLOXÍA. MEDIDAS
● A cronoloxía permítenos contar e ordenar o
TEMPO. Utilizamos, para iso, medidas
diversas:
● O segundo, o minuto, a hora permítennos
controlar o tempo moi curto, o da vida
diaria.
● O día, a semana, o mes agrupan tempos
vividos, que permanecen máis ou menos
na memoria individual ou colectiva.
Contemplámolo e xestionamos a través do
calendario.
● O ano (365 días), o lustro (5 anos.) a
década (10 anos.) son aínda abarcables
desde a memoria individual, pero
conforman máis claramente tempos
colectivos, sociais.
● O século (100 anos) ou o milenio (1.000
anos) só podemos entendelos desde a
memoria histórica.
5. TEMPO CRONOLÓXICO E TEMPO HISTÓRICO
DATAR UN ACONTECEMENTO HISTÓRICO
● Aínda que existen diferentes formas de medir o tempo dependendo da cultura, na
actualidade a datación dos anos baseada na Era Cristiá é a máis estendida, e é a
que utiliza a maioría dos organismos internacionais.
● Na nosa civilización occidental tomamos como ano de referencia o nacemento de
Cristo, polo que dicimos que os anos anteriores atópanse “antes de Cristo” (a.C.) e
os posteriores “despois de Cristo” (d.C.). As datas anteriores ao ano 1 ordénanse
de forma decrecente (imos contando cara atrás) e as posteriores de forma normal.
● Para saber a que século corresponde unha data determinada obsérvase a cifra
correspondente ás centenas e súmaselle 1 (Ano 476...súmaselle 1...Século V; Ano
729...súmalle 1...Século VIII). Este método non se aplica para os anos terminados
en 00. Neles a cifra ou cifras que preceden aos dous ceros indican o século. Así,
o ano 100 pertence ao século 1, e o ano 2000 ao século XX. Exemplos:
– Século III, do ano 201 ao ano 300
– Século XI, do ano 1001 ao ano 1100
– Século XX, do ano 1901 ao 2000
– Século XXI, do ano 2001 ao ano 2100
5. TEMPO CRONOLÓXICO E TEMPO HISTÓRICO
NORMAS PARA O MANEXO DA CRONOLOXÍA
A marxe das diferentes eras, existen unha serie de normas para o manexo da cronoloxía:
● Os séculos e milenios escríbense en números romanos e os anos, en numeración indo-
arábiga (exemplo: 711, 1492, 2016,...). Equivalencias dos números romanos:
I=1 V=5 X=10
L=50 C=100 D=500 M=1000
● Se o ano, século ou milenio é anterior a Cristo especifícase engadindo a.C., (antes de
Cristo) de non facelo, enténdese que é posterior.
● O ano 0 non existe: por tanto, o primeiro século vai desde o ano 1 ao 100; por iso, os anos
terminados en dous ou máis ceros pertencen ao século ou milenio que termina (Ano
2000: século XX, milenio II), ou ao que empeza, no caso de anos ou milenios de antes de
Cristo (ano 1000 a.C: século X a.C. e milenio I a.C.).
FIN

Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía

  • 1.
    TEMA 0: A HISTORIA:FONTES, ETAPAS E CRONOLOXÍA
  • 2.
    1. A HISTORIAE AS SÚAS FONTES ● A historia é a ciencia encargada do estudo do pasado da humanidade. Para coñecer ese pasado é preciso recompilar información de épocas anteriores, e iso é posible grazas ao achado de testemuñas: son as coñecidas como fontes históricas. Tipos de fontes: – Segundo a súa orixe: ● Fontes primarias: son contemporáneas aos feitos que informan. ● Fontes secundarias: son posteriores aos feitos que informan. – Segundo o seu soporte: ● Orais: entrevistas, discursos,... ● Escritas: documentos, prensa, correspondencia, diarios, obras literarias,... ● Materiais: utensilios, ferramentas, moedas,... ● Cartográficas: mapas,...
  • 5.
  • 6.
    2. PREHISTORIA EHISTORIA A aparición da escritura a finais do IV milenio a. C. supuxo un dos fitos máis importantes da humanidade; tanto foi así, que a nosa evolución dividiuse en dous grandes bloques en función da escritura: a Prehistoria e a Historia. HISTORIA
  • 7.
    3. PREHISTORIA. QUE É? Éun amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3000 a. C.). As fontes empregadas para o estudo da Prehistoria son fundamentalmente restos materiais: ferramentas, armas, utensilios, esqueletos, pinturas, restos de lugares de habitación e enterramento. A maioría destes restos atópanse enterrados, razón pola cal aparecen dúas ciencias para o seu estudo: a Arqueoloxía e a Paleontoloxía. Como a maioría dos restos conservados son utensilios, os historiadores dividiron a Prehistoria en tres etapas, atendendo ao material co que ditos utensilios foron fabricados: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais
  • 8.
    3. PREHISTORIA ETAPAS ● Paleolítico(2,5 Ma - 8000 a. C.) – Paleolítico significa 'pedra vella' ou 'pedra tallada'. Os seres humanos vivían da caza e da recolección. Esta etapa pode subdividirse en: ● Paleolítico Inferior. ● Paleolítico Medio. ● Paleolítico Superior. ● Neolítico (8000 - 5000 a. C.) – Significa 'pedra nova' ou 'pedra pulida'. Aparece a agricultura, a gandaría e a cerámica. Os pobos fanse sedentarios. ● Idade dos Metais (5000 - 1000 a. C.) – Nesta época comezaron a elaborarse útiles de diferentes materiais: primeiro cobre, logo bronce e finalmente ferro. Nalgúns lugares (Mesopotamia e Exipto) a invención da escritura produciuse durante a Idade de Bronce, pero na maioría a escritura non se xeneralizou ata o I milenio a. C. Nalgún deses lugares coñecían a escritura (estaban na historia), pero aínda non coñecían o ferro.
  • 9.
  • 10.
    4. A HISTORIA QUEÉ? A Historia é o periodo que abrangue desde a aparición da escritura (3000 a. C.) ata a actualidade. As fontes empregadas para o estudo da Historia son moi variadas, pero destacan as fontes escritas (hemerográfica ou prensa, documentos de arquivo...), ademais das materiais (monumentos, moedas, utensilios...), as orais (discursos, entrevistas...) e as gráficas ou audiovisuais (pinturas, filmes...).
  • 11.
    4. A HISTORIA ETAPASDA HISTORIA: ● Idade Antiga (3000 a. C. - 476 d. C.) – Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma. ● Idade Media (476 d. C. - 1492 d. C.) – Tras a caída do Imperio romano de Occidente, Europa fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo. ● Idade Moderna (1492 d. C. - 1789 d. C.) – Comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta, das guerras de relixión e das monarquías absolutas. ● Idade Contemporánea (1789 d. C. ata a actualidade) – Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, esténdense as formas democráticas de goberno e teñen lugar as grandes guerras mundiais.
  • 12.
    5. TEMPO CRONOLÓXICOE TEMPO HISTÓRICO ● O tempo cronolóxico refírese á medición do tempo secuencial, é dicir, ao transcorrer dun momento a outro: días, meses, anos, décadas, séculos, milenios. Esta forma de medición do tempo permítenos situar os feitos históricos nunha data precisa. ● Chamamos feito histórico a un suceso do pasado que o historiador considera relevante, caracterizado por ser de curta duración (horas, días, semanas). Os feitos históricos están situados nun tempo (cando) e nun espazo (onde), ademais hai protagonistas ou suxeitos do feito (quen). Exemplo: atentado ás torres xemelgas de Nova York (11 de setembro de 2001) ● O tempo histórico remite a procesos de formación de estruturas políticas, económicas, sociais e mentais que non ocorren nunha data determinada, senón que se van xestando e formando en períodos de maior ou menor extensión. Divídese en idades ou etapas. Exemplo: Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais. ● A diacronía é a forma en que os acontecementos ocorren ao longo do tempo nun mesmo espazo, é dicir unha sucesión. Poñamos como exemplo as distintas épocas da humanidade: á Idade Antiga segue a Idade Media, a esta a Idade Moderna, etc. ● A sincronía é unha coincidencia de feitos no mesmo tempo en distintos espazos.
  • 13.
    5. TEMPO CRONOLÓXICOE TEMPO HISTÓRICO A CRONOLOXÍA. MEDIDAS ● A cronoloxía permítenos contar e ordenar o TEMPO. Utilizamos, para iso, medidas diversas: ● O segundo, o minuto, a hora permítennos controlar o tempo moi curto, o da vida diaria. ● O día, a semana, o mes agrupan tempos vividos, que permanecen máis ou menos na memoria individual ou colectiva. Contemplámolo e xestionamos a través do calendario. ● O ano (365 días), o lustro (5 anos.) a década (10 anos.) son aínda abarcables desde a memoria individual, pero conforman máis claramente tempos colectivos, sociais. ● O século (100 anos) ou o milenio (1.000 anos) só podemos entendelos desde a memoria histórica.
  • 14.
    5. TEMPO CRONOLÓXICOE TEMPO HISTÓRICO DATAR UN ACONTECEMENTO HISTÓRICO ● Aínda que existen diferentes formas de medir o tempo dependendo da cultura, na actualidade a datación dos anos baseada na Era Cristiá é a máis estendida, e é a que utiliza a maioría dos organismos internacionais. ● Na nosa civilización occidental tomamos como ano de referencia o nacemento de Cristo, polo que dicimos que os anos anteriores atópanse “antes de Cristo” (a.C.) e os posteriores “despois de Cristo” (d.C.). As datas anteriores ao ano 1 ordénanse de forma decrecente (imos contando cara atrás) e as posteriores de forma normal. ● Para saber a que século corresponde unha data determinada obsérvase a cifra correspondente ás centenas e súmaselle 1 (Ano 476...súmaselle 1...Século V; Ano 729...súmalle 1...Século VIII). Este método non se aplica para os anos terminados en 00. Neles a cifra ou cifras que preceden aos dous ceros indican o século. Así, o ano 100 pertence ao século 1, e o ano 2000 ao século XX. Exemplos: – Século III, do ano 201 ao ano 300 – Século XI, do ano 1001 ao ano 1100 – Século XX, do ano 1901 ao 2000 – Século XXI, do ano 2001 ao ano 2100
  • 15.
    5. TEMPO CRONOLÓXICOE TEMPO HISTÓRICO NORMAS PARA O MANEXO DA CRONOLOXÍA A marxe das diferentes eras, existen unha serie de normas para o manexo da cronoloxía: ● Os séculos e milenios escríbense en números romanos e os anos, en numeración indo- arábiga (exemplo: 711, 1492, 2016,...). Equivalencias dos números romanos: I=1 V=5 X=10 L=50 C=100 D=500 M=1000 ● Se o ano, século ou milenio é anterior a Cristo especifícase engadindo a.C., (antes de Cristo) de non facelo, enténdese que é posterior. ● O ano 0 non existe: por tanto, o primeiro século vai desde o ano 1 ao 100; por iso, os anos terminados en dous ou máis ceros pertencen ao século ou milenio que termina (Ano 2000: século XX, milenio II), ou ao que empeza, no caso de anos ou milenios de antes de Cristo (ano 1000 a.C: século X a.C. e milenio I a.C.).
  • 16.