Presentación sobre o Renacemento, movemento artístico e cultural europeo dos ss. XV e XVI, que impuxo un modo de vida e pensamento que fluíu desde Italia cara a todo o continente.
O paso do século XV ao XVI foi unha época de grandes cambios; por iso, este momento histórico marca o inicio dunha nova etapa na historia da humanidade, a Idade Moderna.
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
Tema teórico que analiza a revolución agraria e demográfica, as características das revolucións industriais, a aparición do capitalismo e da sociedade de clases e o nacemento do movemento obreiro
Titorial que explica paso a paso como calquera lugar da superficie terrestre pode ser referenciado pola intersección dun paralelo e un meridiano, é dicir, polo sistema de coordenadas xeográficas, un método que referencia calquera punto da superficie terrestre e que utiliza para iso dúas coordenadas angulares, latitude (norte ou sur) e lonxitude (leste ou oeste)
2. INTRODUCIÓN
● Co afundimento do Imperio romano no
século V, fragmentouse a unidade do
Mediterráneo.
● Na zona occidental, o Imperio romano
desapareceu por mor das invasións
bárbaras e xurdiron numerosos reinos
xermánicos.
● O Imperio romano de Oriente, ao que lle
chamamos Bizantino, tamén sufriu as
invasións, pero os seus emperadores
resistiron o empuxe dos bárbaros e perviviu
case mil anos máis
● Carlomagno, rei dos francos, intentou no
século IX reconstruír o Imperio de
Occidente.
● Na Península Ibérica os visigodos crearon
o reino de Toledo, os suevos controlaron o
territorio da antiga Gallaecia e os
bizantinos o Sueste peninsular.
● O cristianismo e a Igrexa foron o único
elemento de cohesión cultural entre o
mundo antigo e o novo mundo medieval.
4. A FORMACIÓN DE NOVOS REINOS
Coa caída do Imperio romano de Occidente (476),
os pobos xermánicos formaron reinos
independentes (reinos xermánicos):
– O reino ostrogodo ocupaba a península Itálica
e Dalmacia.
– O reino visigodo estendeuse polo Sur da Galia
e Hispania.
– O reino franco e o burgundio ocupaban o
Norte e o Nordés da Galia, respectivamente.
– O reino dos alamanos formouse ao redor do
río Rin.
– O reino anglosaxón espallouse por Inglaterra.
5. AS MONARQUÍAS XERMÁNICAS
● Os pobos xermánicos tiñan un sistema monárquico de goberno.
● Conservaron a moeda imperial e foron asimilando a súa lexislación á romana. O
latín continuou a ser a lingua oficial e o cristianismo acabou por se impoñer como
relixión oficial.
● A Igrexa foi gañando importancia e poder.
● Para asesorar o monarca nos asuntos políticos e impartir xustiza existía un
Consello real.
● A cultura quedou en mans de clérigos e monxes.
6. A RURALIZACIÓN DE OCCIDENTE
● Coa desaparición do Imperio romano
iniciouse un período de inseguridade en
Occidente.
● A irrupción dos pobos xermánicos deu
lugar a frecuentes razzias e saqueos e a
un clima de terror entre a poboación.
● Diminución do comercio e da artesanía.
● As cidades despoboáronse.
● A agricultura converteuse na actividade
dominante.
● A poboación refuxiouse nas aldeas rurais.
Ante o clima de inseguridade creado polas grandes e frecuentes
invasións xermánicas, a maioría da poboación buscou refuxio nas
extensas propiedades agrícolas, onde se agruparon en pequenas
aldeas rodeadas de cercados. Estas aldeas convertéronse en
lugares onde a poboación se sentía segura e protexida. Os seus
habitantes vivían do traballo do campo e do coidado de animais
domésticos.
8. A ÉPOCA DE XUSTINIANO
● O Imperio romano de Oriente, tamén denominado Imperio bizantino ou Bizancio, logrou
frear as invasións xermánicas e sobreviviu case mil anos (ata o 1453).
● A súa capital foi Constantinopla (actual Estambul)
● A época de maior esplendor coincidiu co reinado de Xustiniano (527-565), que se propuxo
restaurar o Imperio romano expandíndose polo Mediterráneo occidental.
● Xustiniano recompilou as leis romanas (Código de Xustiniano), e embeleceu Constantinopla
con novas construcións, como a basílica de Santa Sofía (537 d.C.).
● O Imperio bizantino gozou nesta etapa dunha gran prosperidade económica, e
Constantinopla converteuse no principal porto do Mediterráneo.
10. UN IMPERIO CRISTIÁN E ORIENTAL
● Entre os séculos VII e IX, Bizancio repregouse sobre a súa zona oriental e o grego
converteuse en lingua oficial.
● Nos séculos seguintes recuperou a prosperidade. O emperador (basileus) gozaba dun poder
absoluto e era considerado o xefe do mundo romano e da cristiandade.
● O Papa de Roma non aceptaba a autoridade relixiosa do emperador bizantino e no 1054
rompeuse a unidade do cristianismo (Cisma de Oriente). Os cristiáns de Oriente
denomináronse ortodoxos, e os cristiáns de Occidente, católicos. (perdura na actualidade)
● O Imperio descompúxose como resultado dos constantes ataques dos exércitos turcos ás
súas fronteiras. A capital, Constantinopla, foi conquistada no ano 1453 e o Imperio bizantino
desapareceu.
12. A CREACIÓN DO REINO DE TOLEDO
● No ano 409 penetraron en Hispania unha serie de pobos bárbaros: suevos,
vándalos e alanos.
● No 416 os visigodos, aliados de Roma, acudiron á Península e expulsaron os
vándalos e alanos cara ao Norte de África, e acantoaron os suevos en Galicia.
● A mediados do século V, os visigodos formaron o reino de Tolosa formado polo
Sur da Galia e parte de Hispania.
● Os francos derrotaron aos visigodos (batalla de Vouillé, 507) e expulsáronos ao
Sur dos Pireneos.
● Os visigodos espalláronse por Hispania e organizaron un reino, que no ano 544
fixou a súa capital en Toledo (Reino de Toledo)
● Máis tarde, o rei visigodo Leovixildo conseguiu controlar todo o territorio
peninsular: expulsou os suevos (585), conquistoulles numerosos territorios aos
bizantinos que ocuparan o Sur peninsular (572-624) e detivo os francos polo
Norte.
13. EVOLUCIÓN DO REINO VISIGODO
Reino visigodo de Tolosa
Mediados do século V
Reino de Toledo, século VI
14. A MONARQUÍA VISIGODA
● O rei Atanagildo fixou a capital do reino visigodo de Toledo (567)
● Os reis converteron en hereditaria a coroa (deixou de ser electiva).
● Propuxéronse unir a todos os seus súbditos, fosen visigodos ou
hispanorromanos, baixo unha mesma lei e relixión.
– Leovigildo derrogou unha lei que prohibía os matrimonios mixtos.
– Recaredo conseguiu a unidade relixiosa ao se converter ao catolicismo (589),
xunto a un bo número de nobres visigodos.
– Recesvinto , no 654, estableceu unha única lexislación para todo o seu reino:
o Liber Iudiciorum.
● A comezos do século VIII as disputas nobiliarias facilitaron que un exército
musulmán, procedente do norte de África, invadise a Península Ibérica (711) e
derrotase o derradeiro monarca visigodo (don Rodrigo).
15. A SOCIEDADE VISIGODA
● A economía hispánica en tempos dos visigodos foi agrícola e de subsistencia
● Os visigodos, pouco numerosos (200.000) dominaron aos hispanos (4.000.000) e
repartiron entre eles as dúas terceiras partes das terras peninsulares.
● A nobreza visigoda converteuse no grupo social privilexiado.
● Ante a inseguridade da época, moitos campesiños encomendáronse a un señor
para obter protección e convertéronse en colonos ou servos. (inicio do
feudalismo).
17. A CHEGADA DOS SUEVOS
● No ano 409 os pobos suevos,
vándalos e alanos penetraron na
Península Ibérica.
● No ano 411, os visigodos
acantoaron os suevos na Galicia
actual e mais no Norte de Portugal.
● Os suevos eran un pobo orixinario
do mar Báltico cos que o
emperador Honorio estableceu un
pacto (foedus) que lles permitía
asentarse no noroeste peninsular.
● Calcúlase que chegaron ata a
Gallaecia uns 30000 suevos,
liderados por Hermerico, e
estableceron a súa capital en
Bracara Augusta (Braga, Portugal).
18. A EVOLUCIÓN DO REINO SUEVO
● Cara ao ano 420, os suevos crearon un reino propio que mantivo a súa influencia ata finais
do século VI.
● Este reino viviu en constante tensión debido ás presións do reino visigodo de Toledo e ás
disputas relixiosas entre arrianos e católicos.
● O rei visigodo Leovixildo emprendeu unha campaña (575-586), que lle puxo fin ao reino
suevo e o incorporou ao reino visigodo.
● Os suevos profesaban o arrianismo, unha doutrina considerada herética que nega o
carácter divino de Xesucristo. Esta crenza estaba moi espallada entre os pobos xermánicos,
mentres que a maioría da poboación hispanoamericana profesaba o catolicismo.
● Co fin de combater o arrianismo, a mediados do século VI chegou a Galicia
San Martiño Dumiense, que influíu na conversión do rei Teodomiro no ano 559. Para organizar
a conversión de todo o reino suevo ao cristianismo, no ano 569 organizouse o Concilio de
Braga.
● A nivel social, os invasores integráronse con facilidade na poboación autóctona, xa moi
influída polo mundo romano.
● A agricultura e mais a gandaría seguiron a ser as actividades máis importantes e a meirande
parte da terra estaba en mans de grandes propietarios.
● Os suevos foron quen crearon unha entidade administrativa que pervive ata a actualidade: a
parroquia.
● A Igrexa foi gañando forza e prestixio social. Ao longo dos séculos VI e VII creáronse
numerosos mosteiros
20. CARLOMAGNO, REI DOS FRANCOS
● Os francos eran un pobo de orixe xermánica que
expulsou os visigodos da Galia e se instalou no
territorio da actual Francia.
● A comezos do século VIII, un nobre franco da
dinastía dos merovinxios, Carlos Martel,
enfrontouse a un exército de musulmáns que
conquistara o reino visigodo de Toledo, e
derrotounos preto de Poitiers (732).
● O seu sucesor, Pipino o Breve, converteuse en rei
dos francos e fundou unha nova dinastía, que
recibe o nome de carolinxia.
● O seu fillo Carlomagno (Carlos o Grande, 768-814)
creou un imperio que abranguía case toda a
Francia actual, o Leste de Alemaña, o Norte de Italia
e a actual Austria.
● Os seus obxectivos eran unir a toda a
cristiandade europea e reconstruír a antiga
unidade do Imperio romano de Occidente
Carlos Martel Pipino o Breve Carlomagno
21. CARLOMAGNO, EMPERADOR
● Fixou a capital en Aquisgrán.
● Dividiu o seu territorio en condados e creou unhas zonas
defensivas nas súas fronteiras, que denominou marcas (Marca
Hispánica nos Pireneos).
● Un obxectivo prioritario de Carlomagno foi a conversión ao
cristianismo de todos os pobos baixo o seu dominio: Unión entre
o poder político (Emperador) e o relixioso (Papa).
● No ano 800, Carlomagno foi coroado Emperador polo Papa
León III.
● O Imperio de Carlomagno coñeceu unha gran vitalidade cultural
(Renacemento carolinxio).
● Á súa morte, a coroa pasou ao seu fillo Ludovico Pío (Luis o
Piadoso), que máis tarde dividiu as terras do Imperio entre os
seus tres fillos (Tratado de Verdún, 843). Fracasaba así o
derradeiro intento de reconstruír a unidade do Imperio romano
de Occidente.
Luis o Xermánico
Carlomagno Ludovico Pío Carlos o Calvo
Lotario
22. TRATADO DE VERDUN
● O poder dos reis debilitouse cada
vez máis e víronse obrigados a ceder
gran parte da súa autoridade a
condes e marqueses para obter o seu
apoio, converténdose en poderosos
señores nos territorios que
administraban.
● Nace o Feudalismo.