SlideShare a Scribd company logo
TEMA 3
RESTAURACIÓN, LIBERALISMO E NACIONALISMO
1. A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA
Tras a derrota de Napoleón, en toda Europa foron restauradas as monarquías absolutas.
Pero, a pesar da súa persecución, as forzas liberais loitaron por abolir o absolutismo.
1.1. A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA
Os reinos vencedores de Napoleón (Austria, Prusia, Rusia e Gran Bretaña), reunidos nun
Congreso en Viena (1814-1815), restableceron as formas políticas do Antigo Réxime e
modificaron o trazado das fronteiras de Europa baseándose en tres principios:
• Lexitimismo, que establece que só poidan reinar as dinastías tradicionais e lexítimas
• Absolutismo, que derogaba as leis e reformas liberais;
• Equilibrio internacional, para impedir que un reino sexa moito máis poderoso que os
demais.
Para asegurar a nova situación Austria, Prusia e Rusia asinaron o Tratado da Santa Alianza
(1815), polo que se comprometían a prestarse axuda e a intervir militarmente a favor dun rei
que estivese presionado polos liberais.
A figura clave da Restauración foi o chanceler austríaco Metternich.
1.2. AS VAGAS REVOLUCIONARIAS LIBERAIS
A pesar da restauración do absolutismo, as ideas liberais continuaron espallándose por
Europa. Os liberais co apoio da burguesía subleváronse contra os monarca absolutos,
dando orixe a tres vagas revolucionarias arredor dos anos 1820, 1830 e 1848.
• As revolucións de 1820 iniciáronse en España, espallándose a Nápoles, Portugal ou
Grecia, que proclama a independencia de Turquía en 1822.
• As revolucións de 1830 comezaron en Francia e estendéronse a Bélxica, que logrou a
independencia dos Países Baixos, e Polonia, estados italianos e alemáns.
• A vaga revolucionaria de 1848 partiu de Francia, onde se proclamou a Segunda
República, e tamén afectou a Prusia, Austria e territorios alemáns e italianos.
A mediados do século XIX, os procesos revolucionarios só lograron eliminar o Antigo
Réxime en Europa Occidental. En cambio, en Europa Central púxose de manifesto a forza
crecente dos nacionalismos.
2. FERNANDO VII E A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA
2.1. A ESPAÑA DE FERNANDO VII
Finalizada a guerra da Independencia contra os franceses, Fernando VII retornou a España
en 1814. Foi recibido con xúbilo polo pobo (o “Desexado”) e contando co apoio dos nobres e da
Igrexa, impuxo o seu poder absoluto, derrogando a Constitución de Cádiz e todas as leis
liberais. No seu reinado, diferéncianse tres períodos:
• Sexenio absolutista (1814-1820). A restauración do absolutismo non foi aceptada
polos liberais. Dada a súa inferioridade, recorreron á conspiración e ao
pronunciamento. Todos, neste período, fracasaron. Cabe destacar o de Porlier na
Coruña (1815)
• Trienio liberal (1820-1823). En 1820 Rafael Riego sublevouse e proclamou o
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 1
restablecemento da Constitución de 1812, de modo que o rei se viu obrigado a xurala.
Os novos gobernos liberais restableceron a constitución e todas as leis reformistas. O
medo á extensión da revolución fixo que as potencias absolutistas europeas
decidisen intervir en España para restaurar o absolutismo. A invasión, en 1823, dun
exército francés (os Cen mil fillos de San Luís) restableceu no poder absoluto a
Fernando VII.
• Década ominosa ou absolutista (1823-1833). O rei volveu a derrogar a constitución
e perseguiu duramente aos liberais: moitos foron executados e outros marcharon ao
exilio.
En 1830, Fernando VII promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a Lei Sálica e
proclamou herdeira á súa filla Isabel. Isto non foi aceptado polo seu irmán Carlos María
Isidro, orixinándose un grave problema dinástico que provocou a primeira guerra carlista.
2.2. A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA
Entre 1808 e 1824 (Batalla de Ayacucho) tivo lugar o proceso de independencia da maioría
das colonias españolas en América. As principais causas:
• A extensión das ideas liberais, que moitos libertadores asociaron a idea da
independencia.
• Os cambios de réxime acontecidos en España (invasión napoleónica, revolución
liberal...), que debilitaron os lazos de dependencia coa metrópole e favoreceron as
ansias de establecer un goberno propio.
• Os desexos das minorías crioulas, que vían na independencia un medio de liberarse
do dominio dos peninsulares e do control económico de España.
Na meirande parte dos casos o proceso foi violento, dando orixe a diversas guerras:
• En América do sur, a independencia contou con destacados líderes como Bolívar, San
Martín ou Sucre, creándose a maioría das repúblicas que coñecemos hoxe.
• En América central e do norte foron as propias autoridades as que proclamaron a
independencia, sendo menores os enfrontamentos.
As consecuencias foron moi graves para España:
• Perdeu o seu papel de potencia internacional.
• Quedou sen os recursos económicos procedentes da colonias.
O dominio español quedaba limitado a Cuba, Porto Rico e Filipinas.
3. O REINADO DE ISABEL II (1833-1868)
Durante o seu reinado consolidáronse as reformas liberais pero tamén foron constantes os
enfrontamentos entre os liberais moderados e os progresistas, liderados por xefes militares
coñecidos como espadóns.
3.1. AS REXENCIAS DE MARÍA CRISTINA DE BORBÓN E DE ESPARTERO
Á morte de seu pai, en 1833, Isabel tiña tres anos, polo que actuou de rexente a súa nai,
María Cristina (1833-1840) e despois o xeneral progresista Baldomero Espartero (1840-
1843). Neste período cómpre destacar:
• A primeira guerra carlista (1833-39), entre os partidarios de Isabel II e os do seu tío
Carlos. Os carlistas defendían a orde tradicional, o absolutismo e as leis forais, polo que
contaban con apoios nas provincias vascas, Navarra e Cataluña. En Galicia, o carlismo
tivo escasos seguidores, a maioría clérigos e fidalgos. A guerra rematou coa sinatura
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 2
do Convenio de Vergara (1839).
• O triunfo da revolución liberal. Para atraerse aos liberais, María Cristina tomou
diversas medidas entre as que destacaron: a concesión de amnistía para os exiliados
e a nova organización de España en provincias (1833). Entre 1835 e 1836, os
progresistas fixéronse co poder e puxeron en marcha: a desamortización eclesiástica
dos bens do clero regular ou a constitución progresista de 1837 que establecía unha
monarquía constitucional e un sufraxio censatario amplo.
3.2. O REINADO PERSOAL DE ISABEL II
En 1843 Isabel II foi declarada maior de idade e comezou o seu reinado persoal. Gobernou
case sempre apoiándose en políticos moderados entre os que destacaron os xenerais
Narváez e O’Donnell. Os progresistas quedaron desprazados do sistema e recorreron aos
pronunciamentos para poder gobernar. No seu reinado, distínguese:
• A década moderada (1844-1854). Gobernos do liberais moderados dirixidos por
Narváez. Promulgouse a constitución moderada de 1845, que ampliaba os poderes
da raíña, recortaba liberdades e restrinxía o sufraxio censatario. Para manter a orde
pública crearon a Garda Civil (1844). As medidas restritivas e o constante fraude
electoral provocaron as protestas dos progresistas, que realizaron diversos
pronunciamentos, todos fracasados. En 1849, a radicalización dun sector dos
progresistas deu orixe a unha nova familia liberal: os demócratas.
• O bienio progresista (1854-1856). En 1854 triunfou un pronunciamento progresista e
Espartero presidiu novamente o goberno. Entre as reformas progresistas destacan
dúas leis de 1855: a Lei de desamortización xeral e a Lei de ferrocarrís.
• A década moderada-unionista e a fin do reinado (1856-1868). Neste período
alternaron no poder os unionistas (moderados e progresistas de centro) de O’Donnell
e os moderados de Narváez. A partir de 1866 o descontento popular foi en aumento
pola política autoritaria da raíña. En 1868 a revolución expulsou a Isabel II do trono.
Diferenzas entre liberais moderados, progresistas e demócratas:
MODERADOS PROGRESISTAS DEMÓCRATAS
• A soberanía reside no rei e
nas Cortes
• Preeminencia do rei sobre
as Cortes
• Dereito de voto moi
restrinxido
• Catolicismo como relixión
oficial
• Dereitos e liberdades
restrinxidos
• Centralización administrativa
• Defensa dos intereses dos
notables e da alta burguesía
• A soberanía reside na
nación representada nas
Cortes.
• Limitación do poder do rei
sobre as Cortes.
• Dereito de voto máis amplo
• Liberdade de culto privado
• Maior amplitude dos dereitos
e liberdades
• Descentralización
administrativa municipal
• Defensa dos intereses das
clases medias
• A soberanía reside no pobo
• Preeminencia das Cortes
• Sufraxio universal masculino
• Liberdade de culto
• Dereitos e liberdades
amplos
• Descentralización ou
federalismo
• Monarquía democrática ou
república
• Defensa dos intereses das
clases medias e populares
3.3. A DESAMORTIZACIÓN
Foi o conxunto de medidas tomadas polos gobernos liberais progresistas para que o Estado
puidese liberar e vender terras amortizadas (non se podían vender e pertencían á Igrexa e
aos concellos). As terras afectadas primeiro eran declaradas bens nacionais e despois
expropiadas, sen indemnización, para poñelas deseguido á venda en pública poxa.
Destacaron tres leis:
• A desamortización eclesiástica de Mendizabal (1836), que afectaba os bens de
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 3
conventos e mosteiros (clero regular).
• A desamortización de Espartero (1841), sobre os bens do clero secular.
• A desamortización xeral de Madoz (1855), que poñían en venda bens do Estado e
dos concellos (bens comunais, propios e baldíos).
Os obxectivos eran:
• Modificar o réxime de propiedade da terra, de modo que toda ela puidese ser unha
propiedade privada explotada con criterios capitalistas.
• Conseguir recursos para o Estado para pagar a débeda pública e financiar a guerra
carlista ou a construción do ferrocarril.
• Incrementar os partidarios da causa liberal.
Os máis beneficiados das vendas foron as xentes con recursos (nobres terratenentes,
burgueses e campesiños ricos).
En Galicia, como a maioría das terras eran explotadas con contratos de foro e o
campesiñado non podía ser expulsado das terras que traballaba, o que se realizou foi a venda
das rendas que cobraban mosterios e igrexas.
3.4. A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL EN ESPAÑA
O proceso industrializador comezou en España nas décadas iniciais do século XIX, pero
este proceso este proceso foi lento e afectou só a determinadas zonas. As principais zonas
industriais foron:
• Cataluña. Foi a principal zona industrial de España. Destacaron o sector téxtil
(algodón).
• Andalucía e o Levante. A industrialización estivo ligada ao sector siderúrxico e téxtil.
A importante minería de chumbo e cobre foi explotada por compañías inglesas.
• Asturias e o País Vasco. Predominou a explotación das minas de carbón e ferro.
En canto ao ferrocarril, o seu desenvolvemento fose moi lento. A primeira liña inaugurada
en 1848 cubría o traxecto entre Barcelona e Mataró. En 1855 (Lei de ferrocarrís) iniciouse a
construción das principais vías, cun ancho superior ao europeo e cun deseño radial a
partir de Madrid. O ferrocarril contribuíu pouco ao desenvolvemento industrial, pois gran parte
dos capitais e do material proviña do estranxeiro.
4. O SEXENIO REVOLUCIONARIO (1868-1874)
4.1. A REVOLUCIÓN DE 1868
En setembro de 1868 estala unha nova revolución (A Gloriosa) na que militares e liberais
progresistas se sublevan en Cádiz provocando a expulsión de Isabel II. Formouse un
goberno provisional que puxo en marcha moitas reformas. As novas Cortes elaboraron a
Constitución democrática de 1869 que mantiña como forma de goberno a monarquía e
recollía numerosos dereitos e liberdades e establecía o sufraxio universal masculino. O
xeneral Serrano foi nomeado rexente ata encontrar un novo rei. O candidato escollido foi
Amadeo de Savoia.
4.2. A MONARQUÍA DEMOCRÁTICA DE AMADEO I DE SABOIA (1871-1873)
O seu reinado foi breve (1871-1873) estivo cheo de dificultades e contou con escasos
apoios. A aristocracia rexeitábao por estranxeiro; a Igrexa por admitir a liberdade de cultos; o
pobo pola falta de carisma; os monárquicos por consideralo ilexítimo e os republicanos por que
querían instaurar a república. A guerra de Cuba; o rebrote da guerra carlista e a morte do seu
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 4
principal valedor –o xeneral Prim- fixeron que en 1873 Amadeo I abdicase.
4.3. A PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-1874)
O 11 de febreiro de 1873, as Cortes proclamaron a República. A inestabilidade política foi
constante e en aumento. Sucedéronse varios gobernos de longa duración presididos por
Estanislao Figueras. Francisco Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar. O 3 de
xaneiro de 1874 o xeneral Pavía disolveu as Cortes. O poder da República foi asumido polo
xeneral Serrano. Pero o 29 de decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos houbo un
pronunciamento en Sagunto a favor do restablecemento da monarquía na persoa de
Alfonso XII, fillo de Isabel II.
5. A GALICIA LIBERAL
No reinado de Fernando VII (1814-1833) os absolutistas controlaron o poder. Na Coruña
tiveron lugar dous pronunciamentos liberais: o de Porlier (1815) e o de Acevedo (1820).
En 1833, Galicia deixaba de ter a titulación de reino (tivéraa dende a Idade Media) e quedaba
dividida en catro provincias.
Durante o reinado de Isabel II produciuse en Lugo o pronunciamento de Miguel Solís (1846)
contra o goberno de Narváez, que rematou co fusilamento dos seus dirixentes en Carral
(Mártires de Carral). No sexenio destacaron os republicanos de Coruña e Ferrol.
A sociedade galega continuou sendo maioritariamente campesiña e dominada pola fidalguía
que vivía nos pazos. Mantívose o sistema foral, aínda que os beneficiarios das rendas a raíz
da desamortización foron os fidalgos e os burgueses.
Economicamente, Galicia mantívose estancada cun predominio do minifundio no rural e coa
decadencia da produción doméstica dos tecidos de liño. A primeira liña de ferrocarril
inaugurouse en 1873 entre Santiago e Carril. O sector máis dinámico foi a fabricación de
conservas.
6. NACIONALISMOS E NOVOS ESTADOS EN EUROPA
Desde finais do século XVIII, xurdiron en Europa movementos nacionalistas que deron lugar á
formación de novos Estados. O nacionalismo estendeuse, sobre todo, por territorios que
estaban sometidos a un poder estranxeiro ou por aqueles que aspiraban a formar un estado
político independente.
6.1. NACIÓN E NACIONALISMO
A revolución liberal trouxo consigo a aparición do concepto de soberanía nacional, o que
obrigou a precisar o termo:
• A nación considérase que é unha comunidade de individuos que vive nun territorio e
que ten a conciencia ou o sentimento de pertencer a un colectivo diferenciado.
Aspectos como pertencer á mesma cultura, ter a mesma lingua ou ser da mesma raza
eran básicos no nacionalismo decimonónico.
• O nacionalismo é unha corrente política que considera a propia colectividade como
unha nación, cun Estado independente, e defende os seus intereses fronte aos
demais. Pode adoptar diversas modalidades:
◦ Nacionalismo de afirmación, cando os nacionalistas loitan por conseguir que a
súa comunidade sexa considerada como unha nación e por formar un Estado
independente.
▪ Este proceso pode levar a separación dun Estado máis amplo (nacionalismo
separatista)
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 5
▪ Mediante a unión das distintas fraccións da nación repartidas entre diversos
estados (nacionalismo de unificación);
◦ Nacionalismo de consolidación ou de Estado, aqueles nacionalismos que
defenden a integridade, os valores e o engrandecemento do seu Estado-Nación
independente.
6.2. A UNIFICACIÓN ITALIANA
Tras o Congreso de Viena, a península italiana quedou dividida en sete estados: os
Estados Pontificios, gobernados polo Papa; o reino lombardo-veneto dominado por Austria ;
Módena e Toscana en mans de príncipes austríacos ; Parma e o reino das Dúas Sicilias
gobernados por membros da dinastía Borbón, e o reino de Piemonte-Sardeña no que
reinaban os Savoia, unha dinastía de orixe italiana .
O desexo de formar unha única nación estaba moi estendido e contaba co apoio de
intelectuais, políticos e artistas (Manzzini, Verdi...), pensando tamén en razóns económicas
(necesidade de unificar o norte industrial co sur agrícola).
Nas revolucións de 1820, 1830 e 1848, os liberais tentaron eliminar o absolutismo e facilitar a
unificación, pero fracasaron. Só no reino de Piemonte-Sardeña lograron establecer en
1849 unha monarquía constitucional con Víctor Manuel II. A partir de entón, o proceso de
unificación organizouse en torno a este reino e estivo dirixido polo presidente do seu
goberno, Camilo Benso, conde de Cavour.
O proceso de unificación foi rápido grazas á combinación da diplomacia internacional, as
accións do exército de Piemonte e o labor dos camisas vermellas dirixidos por Garibaldi. O
proceso realizouse en varias fases: entre 1859-1860, Víctor Manuel II incorporou Lombardía e
os ducados centrais, mentres que Garibaldi conquistaba o reino das Dúas Sicilias; en 1861
creouse o reino de Italia; en 1866 produciuse a anexión do Véneto e a unificación culmina en
1870 coa entrada en Roma das tropas de Víctor Manuel e a desaparición dos Estados
Pontificios. Comezou dende aquela a chamada “Cuestión romana”.
6.3. A UNIFICACIÓN ALEMÁ
No Congreso de Viena constituíuse a Confederación Xermánica, formada por 39 Estados,
na que destacaban o reino de Prusia e o imperio austríaco. A pesar da fragmentación, entre
os alemáns había unha forte idea de unirse nunha nación. O precedente da unión de
alfándegas (Zollverein) en 1834 axudou nese obxectivo.
As propostas de unificación chocaban coa oposición dos gobernantes e co dilema de incluír
ou non a Austria. Prusia foi o motor da unificación. En 1862, o rei Guillerme I de Prusia
nomeou chanceler a Otto von Bismarck quen foi o verdadeiro arquitecto da unificación. Para
alcanzala, emprendeu tres guerras vitoriosas:
• A primeira (1864), aliada con Austria, contra Dinamarca para anexionarse os territorios
daneses habitados por alemáns.
• A segunda (1866) contra Austria para excluíla da unificación.
• A terceira (1870) contra Francia para cohesionar aos alemáns e anexionarse os
territorios franceses de Alsacia e a Lorena.
En 1871, no palacio francés de Versalles, Guillerme I foi proclamado emperador (Káiser) de
Alemaña. Nacía o II imperio alemán.
6.4. NACIONALISMOS NA EUROPA DANUBIANA E BALCÁNICA
A comezos do século XIX, a conca do Danubio e os Balcáns estaban dominados por dous
imperios: o austríaco e o turco. Pero neses territorios vivían numerosas etnias que
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 6
desexaban crear os seus propios estados.
• A formación do Imperio austrohúngaro. As ideas nacionalistas e liberais foron
espallándose polo imperio austríaco. Na revolución de 1848 os húngaros
proclamaron a súa independencia, pero foron sometidos polos austríacos. No entanto,
e tras longas negociacións, en 1867 o imperio quedou dividido en dúas partes
autónomas: unha controlada por Austria e outra por Hungría, pero mantendo un único
emperador. Nacía o imperio austrohúngaro.
• Os novos estados dos Balcáns. Na zona controlada polo imperio turco, as
reivindicacións nacionalistas e as actuacións de Austria e Rusia provocaron a
formación de principados e reinos. Dende principios do século XIX e sobre todo
dende 1878 establecéronse importantes cambios que reduciron considerablemente o
dominio turco en Europa: Montenegro, Serbia e Grecia e Romanía convertíanse en
estados independentes; Bosnia-Hercegovina pasaba a depender do Imperio
Austrohúngaro; Bulgaria convertíase en principado autónomo dependente dos
turcos ata obter a independencia no ano 1908.
7. OS INICIOS DO MOVEMENTO OBREIRO
As duras condicións de vida e de traballo do proletariado deron orixe ao movemento obreiro
para conseguir melloras salariais e laborais. Paralelamente, desenvolvéronse novas
ideoloxías que defendían cambios radicais e revolucionarios do sistema vixente: o socialismo
e o anarquismo.
7.1. AS PRIMEIRAS FORMAS DE PROTESTA E DE ORGANIZACIÓN OBREIRA
Para conseguir melloras das súas condicións de salario e de traballo, os obreiros e
xornaleiros empregaron diversos medios:
• A destrución das máquinas a quen os obreiros consideraban culpables do
empeoramento das condicións laborais e do desemprego. Estas accións reciben o nome
de ludismo.
• As sociedades obreiras. Nos primeiros momentos formaron sociedades de socorro
mutuo para axudarse en casos de paro e enfermidade. Máis tarde crearon unións de
oficio ou sindicatos (Trade Union) que agrupaban os traballadores dunha mesma
fábrica ou da mesma profesión. Posteriormente formaron sindicatos xerais nos que se
integraban obreiros de distintos oficios e de todo o país. En Inglaterra os sindicatos
legalizáronse en 1824, pero en España houbo que agardar a 1887.
• A protesta organizada. A folga ou paro masivo no traballo.
7.2. AS IDEOLOXÍAS MOVEMENTOS OBREIRO: MARXISMO E ANARQUISMO
7.2.1. MARXISMO
É o movemento ideolóxico e político que xorde como reacción ás consecuencias
negativas que provocaba a revolución industrial e a extensión do capitalismo. Os seus
creadores foron Carlos Marx e Federico Engels. As súas características básicas aparecen
recollidas no Manifesto comunista (1848):
• A industrialización provoca o triunfo e dominio da burguesía, pero tamén o
desenvolvemento do proletariado, numeroso e sometido.
• A historia da humanidade é unha historia de loita de clases, de oprimidos e
opresores. Na sociedade industrial, as clases enfrontadas son a burguesía e o
proletariado.
• Para modificar a súa situación, o proletariado debe organizarse e conquistar o poder
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 7
mediante a revolución.
• Unha vez controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado, expropiando a
propiedade privada e os medios financeiros e de produción, que pasarán ao
Estado.
• Unha vez que desaparezan as diferenzas de clase e a opresión, quedará establecida a
nova sociedade comunista, o obxectivo final dos cambios que propón o marxismo.
7.2.2. ANARQUISMO
Movemento ideolóxico e sindical que defende a eliminación de todo tipo de poder. Entre os
seus líderes destacaron Miguel Bakunin e Pedro Kropotkin. As súas características básicas
son:
• Abolición do Estado e eliminación de todo tipo de autoridade e institucións
(políticas, militares, policiais, relixiosas, económicas...).
• Eliminación da propiedade privada.
• Supresión de todo tipo de diferenza social e económica para establecer unha nova
sociedade sen clases.
• Organización da vida social en comunas ou libres asociacións de produtores e
consumidores. Todos os recursos e os traballos da comuna son patrimonio común. Na
comuna suprímese o salario ao considerarse que o traballo realizado por cada quen lle
dá dereito a satisfacer as súas necesidades nos recursos que ten a comuna.
• A educación debe de estar baseada en principios científicos e laicos.
• Formación da familia sobre a base do amor, libre de todo vínculo legal e de todo
prexuízo relixioso.
• Abolición das fronteiras e das nacións, substituídas pola federación libre de
comunas solidarias.
Para lograr esta transformación, os anarquistas rexeitaban a loita política e defendían a vía
revolucionaria, aínda que por diferentes medios; a maioría defendían a folga revolucionaria
e outros atentados contra os representantes do poder (propaganda polo feito).
7.3. A ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES
Os líderes obreiros foron conscientes de que os problemas do proletariado eran comúns en
todos os países e de que era necesario asociarse para dar máis forza ás súas
reivindicacións.
• Fundación da Primeira Internacional. Reunida en Londres en 1864 (Asociación
Internacional de Traballo - AIT) na que estaban representadas todas as tendencias.
Os seus obxectivos eran potenciar o asociacionismo obreiro e concienciar aos
traballadores para loitar unidos pola súa emancipación.
• Expansión da Internacional. Pouco a pouco fóronse sumando á AIT sindicatos e
organizacións. En España creouse, en 1870, a Federación Rexional Española (FRE) da
AIT.
• Tensión no seo da AIT. As disputas internas enfrontaron aos socialistas e
anarquistas e os seus principais líderes polo control da asociación e do movemento
obreiro internacional. As ideas marxistas de conquistar o poder e impoñer a ditadura
do proletariado chocaban frontalmente coas ideas anarquistas de desprezo da loita
política e de oposición a calquera tipo de poder.
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 8
• Escisión da AIT e do movemento obreiro. No Congreso da Haia de 1872 foron
expulsados da AIT Bakunin e os anarquistas. Paralelamente, o temor á revolución
obreira fixo que os distintos gobernos prohibisen a actividade da AIT, que acabou por
disolverse en 1876.
Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 9

More Related Content

What's hot

Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
Agrela Elvixeo
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
rubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
rubempaul
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Agrela Elvixeo
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
Agrela Elvixeo
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
aialo1
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
rubempaul
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Dudas-Historia
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
Agrela Elvixeo
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
Dudas-Historia
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
rubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
rubempaul
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
Dudas-Historia
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Agrela Elvixeo
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Agrela Elvixeo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
rubempaul
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismorubempaul
 

What's hot (20)

Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 

Similar to Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)

Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
velazquezturnesnieves
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
David Barrán Ferreiro
 
Restauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismoRestauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismo
Luisa Márquez Rodríguez
 
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Iidudashistoria
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
David Barrán Ferreiro
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
velazquezturnesnieves
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíapablokatt
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
Pablo González Paz
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
Juan Peña Barreiro
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
aialo1
 

Similar to Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO) (20)

Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
Xeografia4
Xeografia4Xeografia4
Xeografia4
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
 
Restauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismoRestauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 4 sociais
Tema 4 sociaisTema 4 sociais
Tema 4 sociais
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
rubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
rubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
rubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
rubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
rubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
rubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
rubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
rubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
rubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
rubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
rubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
rubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
rubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
rubempaul
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
rubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
rubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 

Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)

  • 1. TEMA 3 RESTAURACIÓN, LIBERALISMO E NACIONALISMO 1. A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA Tras a derrota de Napoleón, en toda Europa foron restauradas as monarquías absolutas. Pero, a pesar da súa persecución, as forzas liberais loitaron por abolir o absolutismo. 1.1. A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA Os reinos vencedores de Napoleón (Austria, Prusia, Rusia e Gran Bretaña), reunidos nun Congreso en Viena (1814-1815), restableceron as formas políticas do Antigo Réxime e modificaron o trazado das fronteiras de Europa baseándose en tres principios: • Lexitimismo, que establece que só poidan reinar as dinastías tradicionais e lexítimas • Absolutismo, que derogaba as leis e reformas liberais; • Equilibrio internacional, para impedir que un reino sexa moito máis poderoso que os demais. Para asegurar a nova situación Austria, Prusia e Rusia asinaron o Tratado da Santa Alianza (1815), polo que se comprometían a prestarse axuda e a intervir militarmente a favor dun rei que estivese presionado polos liberais. A figura clave da Restauración foi o chanceler austríaco Metternich. 1.2. AS VAGAS REVOLUCIONARIAS LIBERAIS A pesar da restauración do absolutismo, as ideas liberais continuaron espallándose por Europa. Os liberais co apoio da burguesía subleváronse contra os monarca absolutos, dando orixe a tres vagas revolucionarias arredor dos anos 1820, 1830 e 1848. • As revolucións de 1820 iniciáronse en España, espallándose a Nápoles, Portugal ou Grecia, que proclama a independencia de Turquía en 1822. • As revolucións de 1830 comezaron en Francia e estendéronse a Bélxica, que logrou a independencia dos Países Baixos, e Polonia, estados italianos e alemáns. • A vaga revolucionaria de 1848 partiu de Francia, onde se proclamou a Segunda República, e tamén afectou a Prusia, Austria e territorios alemáns e italianos. A mediados do século XIX, os procesos revolucionarios só lograron eliminar o Antigo Réxime en Europa Occidental. En cambio, en Europa Central púxose de manifesto a forza crecente dos nacionalismos. 2. FERNANDO VII E A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA 2.1. A ESPAÑA DE FERNANDO VII Finalizada a guerra da Independencia contra os franceses, Fernando VII retornou a España en 1814. Foi recibido con xúbilo polo pobo (o “Desexado”) e contando co apoio dos nobres e da Igrexa, impuxo o seu poder absoluto, derrogando a Constitución de Cádiz e todas as leis liberais. No seu reinado, diferéncianse tres períodos: • Sexenio absolutista (1814-1820). A restauración do absolutismo non foi aceptada polos liberais. Dada a súa inferioridade, recorreron á conspiración e ao pronunciamento. Todos, neste período, fracasaron. Cabe destacar o de Porlier na Coruña (1815) • Trienio liberal (1820-1823). En 1820 Rafael Riego sublevouse e proclamou o Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 1
  • 2. restablecemento da Constitución de 1812, de modo que o rei se viu obrigado a xurala. Os novos gobernos liberais restableceron a constitución e todas as leis reformistas. O medo á extensión da revolución fixo que as potencias absolutistas europeas decidisen intervir en España para restaurar o absolutismo. A invasión, en 1823, dun exército francés (os Cen mil fillos de San Luís) restableceu no poder absoluto a Fernando VII. • Década ominosa ou absolutista (1823-1833). O rei volveu a derrogar a constitución e perseguiu duramente aos liberais: moitos foron executados e outros marcharon ao exilio. En 1830, Fernando VII promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a Lei Sálica e proclamou herdeira á súa filla Isabel. Isto non foi aceptado polo seu irmán Carlos María Isidro, orixinándose un grave problema dinástico que provocou a primeira guerra carlista. 2.2. A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA Entre 1808 e 1824 (Batalla de Ayacucho) tivo lugar o proceso de independencia da maioría das colonias españolas en América. As principais causas: • A extensión das ideas liberais, que moitos libertadores asociaron a idea da independencia. • Os cambios de réxime acontecidos en España (invasión napoleónica, revolución liberal...), que debilitaron os lazos de dependencia coa metrópole e favoreceron as ansias de establecer un goberno propio. • Os desexos das minorías crioulas, que vían na independencia un medio de liberarse do dominio dos peninsulares e do control económico de España. Na meirande parte dos casos o proceso foi violento, dando orixe a diversas guerras: • En América do sur, a independencia contou con destacados líderes como Bolívar, San Martín ou Sucre, creándose a maioría das repúblicas que coñecemos hoxe. • En América central e do norte foron as propias autoridades as que proclamaron a independencia, sendo menores os enfrontamentos. As consecuencias foron moi graves para España: • Perdeu o seu papel de potencia internacional. • Quedou sen os recursos económicos procedentes da colonias. O dominio español quedaba limitado a Cuba, Porto Rico e Filipinas. 3. O REINADO DE ISABEL II (1833-1868) Durante o seu reinado consolidáronse as reformas liberais pero tamén foron constantes os enfrontamentos entre os liberais moderados e os progresistas, liderados por xefes militares coñecidos como espadóns. 3.1. AS REXENCIAS DE MARÍA CRISTINA DE BORBÓN E DE ESPARTERO Á morte de seu pai, en 1833, Isabel tiña tres anos, polo que actuou de rexente a súa nai, María Cristina (1833-1840) e despois o xeneral progresista Baldomero Espartero (1840- 1843). Neste período cómpre destacar: • A primeira guerra carlista (1833-39), entre os partidarios de Isabel II e os do seu tío Carlos. Os carlistas defendían a orde tradicional, o absolutismo e as leis forais, polo que contaban con apoios nas provincias vascas, Navarra e Cataluña. En Galicia, o carlismo tivo escasos seguidores, a maioría clérigos e fidalgos. A guerra rematou coa sinatura Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 2
  • 3. do Convenio de Vergara (1839). • O triunfo da revolución liberal. Para atraerse aos liberais, María Cristina tomou diversas medidas entre as que destacaron: a concesión de amnistía para os exiliados e a nova organización de España en provincias (1833). Entre 1835 e 1836, os progresistas fixéronse co poder e puxeron en marcha: a desamortización eclesiástica dos bens do clero regular ou a constitución progresista de 1837 que establecía unha monarquía constitucional e un sufraxio censatario amplo. 3.2. O REINADO PERSOAL DE ISABEL II En 1843 Isabel II foi declarada maior de idade e comezou o seu reinado persoal. Gobernou case sempre apoiándose en políticos moderados entre os que destacaron os xenerais Narváez e O’Donnell. Os progresistas quedaron desprazados do sistema e recorreron aos pronunciamentos para poder gobernar. No seu reinado, distínguese: • A década moderada (1844-1854). Gobernos do liberais moderados dirixidos por Narváez. Promulgouse a constitución moderada de 1845, que ampliaba os poderes da raíña, recortaba liberdades e restrinxía o sufraxio censatario. Para manter a orde pública crearon a Garda Civil (1844). As medidas restritivas e o constante fraude electoral provocaron as protestas dos progresistas, que realizaron diversos pronunciamentos, todos fracasados. En 1849, a radicalización dun sector dos progresistas deu orixe a unha nova familia liberal: os demócratas. • O bienio progresista (1854-1856). En 1854 triunfou un pronunciamento progresista e Espartero presidiu novamente o goberno. Entre as reformas progresistas destacan dúas leis de 1855: a Lei de desamortización xeral e a Lei de ferrocarrís. • A década moderada-unionista e a fin do reinado (1856-1868). Neste período alternaron no poder os unionistas (moderados e progresistas de centro) de O’Donnell e os moderados de Narváez. A partir de 1866 o descontento popular foi en aumento pola política autoritaria da raíña. En 1868 a revolución expulsou a Isabel II do trono. Diferenzas entre liberais moderados, progresistas e demócratas: MODERADOS PROGRESISTAS DEMÓCRATAS • A soberanía reside no rei e nas Cortes • Preeminencia do rei sobre as Cortes • Dereito de voto moi restrinxido • Catolicismo como relixión oficial • Dereitos e liberdades restrinxidos • Centralización administrativa • Defensa dos intereses dos notables e da alta burguesía • A soberanía reside na nación representada nas Cortes. • Limitación do poder do rei sobre as Cortes. • Dereito de voto máis amplo • Liberdade de culto privado • Maior amplitude dos dereitos e liberdades • Descentralización administrativa municipal • Defensa dos intereses das clases medias • A soberanía reside no pobo • Preeminencia das Cortes • Sufraxio universal masculino • Liberdade de culto • Dereitos e liberdades amplos • Descentralización ou federalismo • Monarquía democrática ou república • Defensa dos intereses das clases medias e populares 3.3. A DESAMORTIZACIÓN Foi o conxunto de medidas tomadas polos gobernos liberais progresistas para que o Estado puidese liberar e vender terras amortizadas (non se podían vender e pertencían á Igrexa e aos concellos). As terras afectadas primeiro eran declaradas bens nacionais e despois expropiadas, sen indemnización, para poñelas deseguido á venda en pública poxa. Destacaron tres leis: • A desamortización eclesiástica de Mendizabal (1836), que afectaba os bens de Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 3
  • 4. conventos e mosteiros (clero regular). • A desamortización de Espartero (1841), sobre os bens do clero secular. • A desamortización xeral de Madoz (1855), que poñían en venda bens do Estado e dos concellos (bens comunais, propios e baldíos). Os obxectivos eran: • Modificar o réxime de propiedade da terra, de modo que toda ela puidese ser unha propiedade privada explotada con criterios capitalistas. • Conseguir recursos para o Estado para pagar a débeda pública e financiar a guerra carlista ou a construción do ferrocarril. • Incrementar os partidarios da causa liberal. Os máis beneficiados das vendas foron as xentes con recursos (nobres terratenentes, burgueses e campesiños ricos). En Galicia, como a maioría das terras eran explotadas con contratos de foro e o campesiñado non podía ser expulsado das terras que traballaba, o que se realizou foi a venda das rendas que cobraban mosterios e igrexas. 3.4. A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL EN ESPAÑA O proceso industrializador comezou en España nas décadas iniciais do século XIX, pero este proceso este proceso foi lento e afectou só a determinadas zonas. As principais zonas industriais foron: • Cataluña. Foi a principal zona industrial de España. Destacaron o sector téxtil (algodón). • Andalucía e o Levante. A industrialización estivo ligada ao sector siderúrxico e téxtil. A importante minería de chumbo e cobre foi explotada por compañías inglesas. • Asturias e o País Vasco. Predominou a explotación das minas de carbón e ferro. En canto ao ferrocarril, o seu desenvolvemento fose moi lento. A primeira liña inaugurada en 1848 cubría o traxecto entre Barcelona e Mataró. En 1855 (Lei de ferrocarrís) iniciouse a construción das principais vías, cun ancho superior ao europeo e cun deseño radial a partir de Madrid. O ferrocarril contribuíu pouco ao desenvolvemento industrial, pois gran parte dos capitais e do material proviña do estranxeiro. 4. O SEXENIO REVOLUCIONARIO (1868-1874) 4.1. A REVOLUCIÓN DE 1868 En setembro de 1868 estala unha nova revolución (A Gloriosa) na que militares e liberais progresistas se sublevan en Cádiz provocando a expulsión de Isabel II. Formouse un goberno provisional que puxo en marcha moitas reformas. As novas Cortes elaboraron a Constitución democrática de 1869 que mantiña como forma de goberno a monarquía e recollía numerosos dereitos e liberdades e establecía o sufraxio universal masculino. O xeneral Serrano foi nomeado rexente ata encontrar un novo rei. O candidato escollido foi Amadeo de Savoia. 4.2. A MONARQUÍA DEMOCRÁTICA DE AMADEO I DE SABOIA (1871-1873) O seu reinado foi breve (1871-1873) estivo cheo de dificultades e contou con escasos apoios. A aristocracia rexeitábao por estranxeiro; a Igrexa por admitir a liberdade de cultos; o pobo pola falta de carisma; os monárquicos por consideralo ilexítimo e os republicanos por que querían instaurar a república. A guerra de Cuba; o rebrote da guerra carlista e a morte do seu Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 4
  • 5. principal valedor –o xeneral Prim- fixeron que en 1873 Amadeo I abdicase. 4.3. A PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-1874) O 11 de febreiro de 1873, as Cortes proclamaron a República. A inestabilidade política foi constante e en aumento. Sucedéronse varios gobernos de longa duración presididos por Estanislao Figueras. Francisco Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar. O 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía disolveu as Cortes. O poder da República foi asumido polo xeneral Serrano. Pero o 29 de decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos houbo un pronunciamento en Sagunto a favor do restablecemento da monarquía na persoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II. 5. A GALICIA LIBERAL No reinado de Fernando VII (1814-1833) os absolutistas controlaron o poder. Na Coruña tiveron lugar dous pronunciamentos liberais: o de Porlier (1815) e o de Acevedo (1820). En 1833, Galicia deixaba de ter a titulación de reino (tivéraa dende a Idade Media) e quedaba dividida en catro provincias. Durante o reinado de Isabel II produciuse en Lugo o pronunciamento de Miguel Solís (1846) contra o goberno de Narváez, que rematou co fusilamento dos seus dirixentes en Carral (Mártires de Carral). No sexenio destacaron os republicanos de Coruña e Ferrol. A sociedade galega continuou sendo maioritariamente campesiña e dominada pola fidalguía que vivía nos pazos. Mantívose o sistema foral, aínda que os beneficiarios das rendas a raíz da desamortización foron os fidalgos e os burgueses. Economicamente, Galicia mantívose estancada cun predominio do minifundio no rural e coa decadencia da produción doméstica dos tecidos de liño. A primeira liña de ferrocarril inaugurouse en 1873 entre Santiago e Carril. O sector máis dinámico foi a fabricación de conservas. 6. NACIONALISMOS E NOVOS ESTADOS EN EUROPA Desde finais do século XVIII, xurdiron en Europa movementos nacionalistas que deron lugar á formación de novos Estados. O nacionalismo estendeuse, sobre todo, por territorios que estaban sometidos a un poder estranxeiro ou por aqueles que aspiraban a formar un estado político independente. 6.1. NACIÓN E NACIONALISMO A revolución liberal trouxo consigo a aparición do concepto de soberanía nacional, o que obrigou a precisar o termo: • A nación considérase que é unha comunidade de individuos que vive nun territorio e que ten a conciencia ou o sentimento de pertencer a un colectivo diferenciado. Aspectos como pertencer á mesma cultura, ter a mesma lingua ou ser da mesma raza eran básicos no nacionalismo decimonónico. • O nacionalismo é unha corrente política que considera a propia colectividade como unha nación, cun Estado independente, e defende os seus intereses fronte aos demais. Pode adoptar diversas modalidades: ◦ Nacionalismo de afirmación, cando os nacionalistas loitan por conseguir que a súa comunidade sexa considerada como unha nación e por formar un Estado independente. ▪ Este proceso pode levar a separación dun Estado máis amplo (nacionalismo separatista) Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 5
  • 6. ▪ Mediante a unión das distintas fraccións da nación repartidas entre diversos estados (nacionalismo de unificación); ◦ Nacionalismo de consolidación ou de Estado, aqueles nacionalismos que defenden a integridade, os valores e o engrandecemento do seu Estado-Nación independente. 6.2. A UNIFICACIÓN ITALIANA Tras o Congreso de Viena, a península italiana quedou dividida en sete estados: os Estados Pontificios, gobernados polo Papa; o reino lombardo-veneto dominado por Austria ; Módena e Toscana en mans de príncipes austríacos ; Parma e o reino das Dúas Sicilias gobernados por membros da dinastía Borbón, e o reino de Piemonte-Sardeña no que reinaban os Savoia, unha dinastía de orixe italiana . O desexo de formar unha única nación estaba moi estendido e contaba co apoio de intelectuais, políticos e artistas (Manzzini, Verdi...), pensando tamén en razóns económicas (necesidade de unificar o norte industrial co sur agrícola). Nas revolucións de 1820, 1830 e 1848, os liberais tentaron eliminar o absolutismo e facilitar a unificación, pero fracasaron. Só no reino de Piemonte-Sardeña lograron establecer en 1849 unha monarquía constitucional con Víctor Manuel II. A partir de entón, o proceso de unificación organizouse en torno a este reino e estivo dirixido polo presidente do seu goberno, Camilo Benso, conde de Cavour. O proceso de unificación foi rápido grazas á combinación da diplomacia internacional, as accións do exército de Piemonte e o labor dos camisas vermellas dirixidos por Garibaldi. O proceso realizouse en varias fases: entre 1859-1860, Víctor Manuel II incorporou Lombardía e os ducados centrais, mentres que Garibaldi conquistaba o reino das Dúas Sicilias; en 1861 creouse o reino de Italia; en 1866 produciuse a anexión do Véneto e a unificación culmina en 1870 coa entrada en Roma das tropas de Víctor Manuel e a desaparición dos Estados Pontificios. Comezou dende aquela a chamada “Cuestión romana”. 6.3. A UNIFICACIÓN ALEMÁ No Congreso de Viena constituíuse a Confederación Xermánica, formada por 39 Estados, na que destacaban o reino de Prusia e o imperio austríaco. A pesar da fragmentación, entre os alemáns había unha forte idea de unirse nunha nación. O precedente da unión de alfándegas (Zollverein) en 1834 axudou nese obxectivo. As propostas de unificación chocaban coa oposición dos gobernantes e co dilema de incluír ou non a Austria. Prusia foi o motor da unificación. En 1862, o rei Guillerme I de Prusia nomeou chanceler a Otto von Bismarck quen foi o verdadeiro arquitecto da unificación. Para alcanzala, emprendeu tres guerras vitoriosas: • A primeira (1864), aliada con Austria, contra Dinamarca para anexionarse os territorios daneses habitados por alemáns. • A segunda (1866) contra Austria para excluíla da unificación. • A terceira (1870) contra Francia para cohesionar aos alemáns e anexionarse os territorios franceses de Alsacia e a Lorena. En 1871, no palacio francés de Versalles, Guillerme I foi proclamado emperador (Káiser) de Alemaña. Nacía o II imperio alemán. 6.4. NACIONALISMOS NA EUROPA DANUBIANA E BALCÁNICA A comezos do século XIX, a conca do Danubio e os Balcáns estaban dominados por dous imperios: o austríaco e o turco. Pero neses territorios vivían numerosas etnias que Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 6
  • 7. desexaban crear os seus propios estados. • A formación do Imperio austrohúngaro. As ideas nacionalistas e liberais foron espallándose polo imperio austríaco. Na revolución de 1848 os húngaros proclamaron a súa independencia, pero foron sometidos polos austríacos. No entanto, e tras longas negociacións, en 1867 o imperio quedou dividido en dúas partes autónomas: unha controlada por Austria e outra por Hungría, pero mantendo un único emperador. Nacía o imperio austrohúngaro. • Os novos estados dos Balcáns. Na zona controlada polo imperio turco, as reivindicacións nacionalistas e as actuacións de Austria e Rusia provocaron a formación de principados e reinos. Dende principios do século XIX e sobre todo dende 1878 establecéronse importantes cambios que reduciron considerablemente o dominio turco en Europa: Montenegro, Serbia e Grecia e Romanía convertíanse en estados independentes; Bosnia-Hercegovina pasaba a depender do Imperio Austrohúngaro; Bulgaria convertíase en principado autónomo dependente dos turcos ata obter a independencia no ano 1908. 7. OS INICIOS DO MOVEMENTO OBREIRO As duras condicións de vida e de traballo do proletariado deron orixe ao movemento obreiro para conseguir melloras salariais e laborais. Paralelamente, desenvolvéronse novas ideoloxías que defendían cambios radicais e revolucionarios do sistema vixente: o socialismo e o anarquismo. 7.1. AS PRIMEIRAS FORMAS DE PROTESTA E DE ORGANIZACIÓN OBREIRA Para conseguir melloras das súas condicións de salario e de traballo, os obreiros e xornaleiros empregaron diversos medios: • A destrución das máquinas a quen os obreiros consideraban culpables do empeoramento das condicións laborais e do desemprego. Estas accións reciben o nome de ludismo. • As sociedades obreiras. Nos primeiros momentos formaron sociedades de socorro mutuo para axudarse en casos de paro e enfermidade. Máis tarde crearon unións de oficio ou sindicatos (Trade Union) que agrupaban os traballadores dunha mesma fábrica ou da mesma profesión. Posteriormente formaron sindicatos xerais nos que se integraban obreiros de distintos oficios e de todo o país. En Inglaterra os sindicatos legalizáronse en 1824, pero en España houbo que agardar a 1887. • A protesta organizada. A folga ou paro masivo no traballo. 7.2. AS IDEOLOXÍAS MOVEMENTOS OBREIRO: MARXISMO E ANARQUISMO 7.2.1. MARXISMO É o movemento ideolóxico e político que xorde como reacción ás consecuencias negativas que provocaba a revolución industrial e a extensión do capitalismo. Os seus creadores foron Carlos Marx e Federico Engels. As súas características básicas aparecen recollidas no Manifesto comunista (1848): • A industrialización provoca o triunfo e dominio da burguesía, pero tamén o desenvolvemento do proletariado, numeroso e sometido. • A historia da humanidade é unha historia de loita de clases, de oprimidos e opresores. Na sociedade industrial, as clases enfrontadas son a burguesía e o proletariado. • Para modificar a súa situación, o proletariado debe organizarse e conquistar o poder Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 7
  • 8. mediante a revolución. • Unha vez controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado, expropiando a propiedade privada e os medios financeiros e de produción, que pasarán ao Estado. • Unha vez que desaparezan as diferenzas de clase e a opresión, quedará establecida a nova sociedade comunista, o obxectivo final dos cambios que propón o marxismo. 7.2.2. ANARQUISMO Movemento ideolóxico e sindical que defende a eliminación de todo tipo de poder. Entre os seus líderes destacaron Miguel Bakunin e Pedro Kropotkin. As súas características básicas son: • Abolición do Estado e eliminación de todo tipo de autoridade e institucións (políticas, militares, policiais, relixiosas, económicas...). • Eliminación da propiedade privada. • Supresión de todo tipo de diferenza social e económica para establecer unha nova sociedade sen clases. • Organización da vida social en comunas ou libres asociacións de produtores e consumidores. Todos os recursos e os traballos da comuna son patrimonio común. Na comuna suprímese o salario ao considerarse que o traballo realizado por cada quen lle dá dereito a satisfacer as súas necesidades nos recursos que ten a comuna. • A educación debe de estar baseada en principios científicos e laicos. • Formación da familia sobre a base do amor, libre de todo vínculo legal e de todo prexuízo relixioso. • Abolición das fronteiras e das nacións, substituídas pola federación libre de comunas solidarias. Para lograr esta transformación, os anarquistas rexeitaban a loita política e defendían a vía revolucionaria, aínda que por diferentes medios; a maioría defendían a folga revolucionaria e outros atentados contra os representantes do poder (propaganda polo feito). 7.3. A ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES Os líderes obreiros foron conscientes de que os problemas do proletariado eran comúns en todos os países e de que era necesario asociarse para dar máis forza ás súas reivindicacións. • Fundación da Primeira Internacional. Reunida en Londres en 1864 (Asociación Internacional de Traballo - AIT) na que estaban representadas todas as tendencias. Os seus obxectivos eran potenciar o asociacionismo obreiro e concienciar aos traballadores para loitar unidos pola súa emancipación. • Expansión da Internacional. Pouco a pouco fóronse sumando á AIT sindicatos e organizacións. En España creouse, en 1870, a Federación Rexional Española (FRE) da AIT. • Tensión no seo da AIT. As disputas internas enfrontaron aos socialistas e anarquistas e os seus principais líderes polo control da asociación e do movemento obreiro internacional. As ideas marxistas de conquistar o poder e impoñer a ditadura do proletariado chocaban frontalmente coas ideas anarquistas de desprezo da loita política e de oposición a calquera tipo de poder. Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 8
  • 9. • Escisión da AIT e do movemento obreiro. No Congreso da Haia de 1872 foron expulsados da AIT Bakunin e os anarquistas. Paralelamente, o temor á revolución obreira fixo que os distintos gobernos prohibisen a actividade da AIT, que acabou por disolverse en 1876. Departamento de Xeografía e Historia Tema 3 9