SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
TEMA 5
O MUNDO ENTRE GUERRAS
1. A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
O 28 de xuño de 1914 un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo o príncipe Francisco Fernando,
herdeiro do imperio austrohúngaro. Produciuse unha reacción en cadea polo sistema de alianzas
militares establecido, e a maioría dos países entraron en guerra (moi poucos permaneceron neutrais,
entre eles España) dando lugar á maior guerra vivida ata ese momento en Europa (Gran Guerra). A
implicación na guerra das colonias dos países europeos, e tamén os EE UU e Xapón, deulle unha
dimensión mundial.
1.1 CAUSAS DA GRAN GUERRA
Aínda que a causa inmediata foi o chamado atentado de Saraxevo, os historiadores coinciden en
sinalar outras causas máis profundas:
• Tensións nos Balcáns, os turcos foran expulsados desta zona e os novos países que xurdiron
enfrontáronse por cuestións fronteirizas e territoriais (Guerras balcánicas). Alí tamén existían
reivindicacións nacionalistas, especialmente serbias, que ameazaban ao imperio
austrohúngaro coa súa disgregación.
• Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias: Austria-Hungría e Rusia polo control
dos Balcáns; Francia e Alemaña por Alsacia e Lorena; Inglaterra e Alemaña pola supremacía
naval e comercial...
• Carreira de armamentos, que motivou un incremento do gasto militar das grandes potencias
europeas (“paz armada”) e a diplomacia secreta, pactando alianzas en previsión dunha
guerra. Esas alianzas configuraron dous bloques antagónicos: a Triple Alianza (Alemaña,
Imperio austrohúngaro e Italia) e a Triple Entente (Francia, Gran Bretaña e Rusia).
• O nacionalismo agresivo que consideraba a guerra como medio lexítimo para resolver os
conflitos entre as nacións.
1.2. FASES DA GUERRA (1914-1918)
A Gran Guerra enfrontou aos Imperios Centrais (Alemaña e Austria-Hungría, aos que se sumarían
despois o Imperio Turco e Bulgaria) contra os Aliados (Serbia, Rusia, Francia, Bélxica, Gran Bretaña e
Montenegro, aos que se uniron Xapón, Italia, Portugal, Romanía, EE UU e Grecia. Desenvolveuse ao
longo de catro anos nos que se poden diferenciar catro fases:
1) Guerra de movementos: 1914. Formáronse dúas frontes:
◦ Fronte occidental: os alemáns, atravesando Bélxica, invaden Francia ata cerca de París.
Contraataque francés que detén os alemáns no Marne.
◦ Fronte oriental: os alemáns deteñen ós rusos en Tannemberg e nos Lagos Masurianos.
Nos Balcáns as tropas austro-alemanas ocupan Serbia.
2) Guerra de posicións: 1915-1916
◦ Fronte occidental: imponse a construción de trincheiras. Grandes batallas de Verdún e do
Somme (1916)
◦ No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo aliado cos submarinos.
◦ Fronte leste: o fracaso das ofensivas rusas permite ás tropas alemañas e os seus aliados
ocupar extensas zonas do imperio ruso, Serbia e Romanía.
3) A crise de 1917: a duración excesiva do conflito e as enormes perdas en vidas humanas,
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 1
provoca unha crise xeral que afecta a tódolos contendentes. Non obstante, hai que sinalar dous
feitos de gran transcendencia: a entrada dos EE UU na guerra a favor dos aliados e a
Revolución rusa que provoca a retirada deste país.
4) Fin do conflito. 1918: Os aliados unifican o seu mando militar no xeneral Foch que leva a
cabo unha serie de grandes ofensivas vitoriosas. O 9 de novembro estala en Berlín unha
revolución que obriga a fuxida do Kaiser Guillermo II e a proclamación da República. O 11
de novembro Alemaña asina un armisticio. É o fin da guerra e a derrota das potencias
centrais.
1.3. AS NOVAS FORMAS DE GUERRA
A Gran Guerra foi un enfrontamento diferente aos anteriores debido ao número de contendentes e ás
novidades que se introduciron no combate:
• Grandes exércitos, formados por centos de miles de soldados recrutados polo sistema do
servizo obrigatorio.
• Emprego de novo armamento como metralladoras, canóns de largo alcance, granadas,
submarinos, avións de combate, gases asfixiantes e novas formas de loita: a trincheira, os
bombardeos aéreos e a guerra submarina.
• Nos países contendentes, os gobernos estableceron a economía de guerra que priorizaba a
produción de armas sobre as necesidades da poboación civil ou o recurso a propaganda e á
censura de noticias para fortalecer a moral.
1.4. OS TRATADOS DE PAZ E A SOCIEDADE DE NACIÓNS
Na Conferencia de Paz de París (iniciada en 1919) asinouse un tratado diferente con cada un dos
países vencidos; o máis significativo foi o Tratado de Versalles con Alemaña (1919) que establecía
que:
• Alemaña era acusada de ser principal responsable da guerra, polo que tiña que pagar
cuantiosas indemnizacións polos danos causados.
• Debía suprimir o servizo militar obrigatorio e desarmar o seu exército.
• Era obrigada a ceder territorios a Francia (Alsacia e Lorena), Bélxica, Dinamarca e Polonia e
perdía as súas colonias.
Os alemáns asinaron o tratado pero sempre o consideraron inxusto (“Diktat”). Será un dos motivos do
auxe do nazismo e do estalido da Segunda Guerra Mundial.
Co obxectivo de evitar a guerra e velar pola paz mundial, creouse a Sociedade de Nacións.
Formada polos países vencedores (agás EE UU, Wilson foi o impulsor da idea) e neutrais aos que se
engadirían outros con posterioridade. Resultou ineficaz e non logrou evitar o estalido da Segunda
Guerra Mundial. Foi disolta, sendo sucedida pola ONU.
1.5. CONSECUENCIAS DA GRAN GUERRA
• Grandes perdas demográficas: 8 millóns de mortos e uns 20 millóns de feridos e mutilados.
A poboación civil pasou grandes privacións e a súa debilidade favoreceu a expansión de
epidemias (gripe española de 1918 que matou entre 50 e 100 millóns de persoas entre 1918 e
1919).
• Modificacións territoriais que cambiaron o mapa europeo: desaparición dos imperios
alemán, austrohúngaro, ruso e turco. Naceron novos Estados como Finlandia, Estonia, Letonia,
Lituania, Polonia, Checoslovaquia e Iugoslavia.
• Repercusións ideolóxicas: a guerra facilitou o triunfo da revolución comunista en Rusia, e o
medo ao comunismo levou a burguesía a apoiar gobernos e autoritarios e ao auxe do
fascismo.
• Consecuencias socioeconómicas. As perdas económicas foron incalculables. Europa perdeu
a primacía económica e industrial, sendo substituída polos EE UU. A perda en homes e a súa
incorporación aos exércitos favoreceu a incorporación das mulleres ao mercado laboral.
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 2
2. A REVOLUCIÓN RUSA E A FORMACIÓN DA URSS
En 1917 triunfou en Rusia unha revolución que puxo fin ao imperio dos tsares, e que tivo unha gran
repercusión no resto dos países, especialmente entre as masas proletarias. Lenin e Stalin organizaron o
novo Estado soviético.
2.1. A RUSIA TSARISTA
A comezos do século XX Rusia era un xigante territorial, pero cunhas estruturas políticas e
socioeconómicas atrasadas “un xigante cos pés de barro”:
• O réxime ruso era autocrático: o tsar (emperador ruso) exercía o poder absoluto. Gobernaba
sobre un inmenso imperio con moitos pobos con linguas, costumes erelixións diferentes. A
pesares da represión, formáronse, dende finais do XIX, partidos e organizacións clandestinas
que pretendían acabar co tsarismo:
◦ Uns pretendían establecer un sistema liberal-burgués: Partido Constitucional Demócrata
ou Kadet
◦ Outros, defensores da ideoloxía marxista ou anarquista, pretendían unha revolución social:
Partido Socialrevolucionario ou eserita e o PartidoSocialdemócrata Ruso (menxeviques e
bolxeviques)
• A economía era basicamente agraria e atrasada: o 80% da poboación eran campesiños
pobres que traballaban as terras da nobreza e do clero (réxime case feudal). Nas principais
cidades, San Petersburgo ou Moscova, produciuse un forte crecemento industrial estimulado
polo Estado e o capital estranxeiro que provocou o crecemento do proletariado que percibía
salarios miserables.
2.2. A CAÍDA DO TSARISMO
A participación na Gran Guerra foi o factor decisivo que propiciou a caída do tsarismo e o triunfo
da revolución (en 1905 xa houbera unha revolución falida). As continuas derrotas aumentaron o
descontento entre os soldados. Ademais, a poboación civil sufría a insuficiencia e carestía dos
produtos básicos.
En febreiro de 1917 (Revolución de febreiro) a poboación de Petrogrado (San Petersburgo)
protestou pola falta de alimentos e esixía a retirada da Gran Guerra. As sucesivas manifestacións
non foron reprimidas polos soldados, que se uniron a elas. Falto de apoio o tsar, Nicolás II abdicou
(en 1918 o Tsar e a súa familia serán fusilados polos bolxeviques), proclamándose a República.
Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e presidido por Kerenski, que
pretendía instaurar un réxime liberal (democracia parlamentaria). O novo goberno decidiu continuar
a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación.
2.3. O TRIUNFO DA REVOLUCIÓN BOLXEVIQUE
Desde o comezo das protestas, as organizacións de esquerda crearon os Consellos obreiros ou
soviets (formados por dirixentes que representaban a obreiros, soldados e campesiños). Nos soviets foi
medrando a influencia dos bolxeviques (socialistas marxistas partidarios da revolución=comunistas)
dirixidos por Lenin. O seu programa era poñer fin a guerra, confiscar a propiedade privada (que
debía pasar a mans do Estado), e converter os soviets na única autoridade que debía exercer o poder.
En outubro de 1917 (Revolución de outubro), Lenin e os bolxeviques organizan unha insurrección
armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques e dirixida por Trotski,
asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros do goberno provisional. Un
Congreso dos soviets asume o poder e crea un goberno obreiro presidido por Lenin (Consello de
Comisarios do Pobo). A revolución esténdese por toda Rusia.
2.4. A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS
Unha vez conquistado o poder, os bolxeviques tomaron medidas para transformar as estruturas sociais,
económicas e políticas e facer fronte aos seus inimigos:
1) Os bolxeviques promulgaron os decretos de outubro de 1917 para lograr a socialización dos
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 3
medios de produción: Desaparición da propiedade privada polo que a terra pasa a mans do
Estado. A produción industrial nas fábricas será controlada polos obreiros. Nacionalización da
banca e do comercio exterior.
2) A paz con Alemaña, tras asinar o Tratado de Brest-Litovsk (1918) polo que Rusia obtiña a
paz a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia,Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína,
Polonia, Besarabia e a Transcaucasia).
3) Guerra civil (1918-1921): os bolxeviques, grazas á creación por Trotski dun exército
disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron aos antibolxeviques (exército
branco), que se opoñían á revolución e que estaba formado por antigos oficiais tsaristas e
apoiado polas potencias occidentais. A oposición interior foi esmagada e a familia real
executada.
4) Os trastornos da guerra civil e a escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova
Política Económica (NEP) que permitía unha volta parcial ao mercado libre capitalista para
incentivar a produción.
5) Creación da URSS: en 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética.
Posteriormente coa incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia, creouse en 1922 a
Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (Disolveuse en 1991). O poder estaba en mans
dos soviets controlados polo partido comunista (antigo partido bolxevique).
6) Fundación da Terceira Internacional (Moscova 1919) co obxectivo de derrocar o
capitalismo. Só podían pertencer a ela os partidos que aceptasen denominarse comunistas e
seguir as directrices do Partido Comunista da URSS.(PCUS)
2.5. A ERA DE STALIN (1927-1953)
Tras a morte de Lenin (1924) desatouse unha dura loita polo poder. O país estivo dirixido por unha
troika ou triunvirato, ata que en 1927 Stalin logra facerse co poder. Gobernará con man de ferro ata
1953. Destacan os seguintes aspectos desta época:
• A concentración do poder na persoa de Stalin que o exerceu de xeito ditatorial. Non estaba
permitida ningunha crítica; a persecución, a deportación e eliminación física dos opositores
foi unha práctica habitual (purgas stalinistas, terror vermello).Creáronse os Gulag (campos de
prisioneiros cheos de opositores ao réxime estalinista). Culto á súa personalidade.
• A planificación económica. A partir de 1928 a economía estivo planificada e controlada polo
Estado (fin da NEP),que elaboraba plans quinquenais para organizar a produción agrícola e
industrial. Tivo prioridade a industria de base, de armamento, así como as fontes de enerxía,
deixando nun segundo plano as industrias de bens de consumo. Con estas medidas a URSS
converteuse nunha gran potencia industrial e militar.
• A colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a entregar as súas terras ás
granxas colectivas (koljós) e a traballar de forma comunitaria; unicamente conservaban a súa
casa e un pequeno horto. Ademais creáronse granxas estatais (sovjós)
3. O FASCISMO. A ITALIA DE MUSSOLINI
Despois do remate da Primeira Guerra Mundial, Europa viviu unha grave crise que favoreceu o
desenvolvemento dos fascismos e das ditaduras militares en prexuízo da democracia.
3.1. CARACTERÍSTICAS DO FASCISMO
O fascismo foi creado por Benito Mussolini en Italia. Os trazos principais son:
• Primacía do Estado por riba dos dereitos do individuo.
• Concentración do poder en mans dun único líder (Duce, Führer, Caudillo), que é obxecto de
veneración polo pobo (culto á personalidade e obediencia).
• Existencia dun único partido, estando prohibidos e perseguidos todos os demais. (sistema
antidemocrático, ditatorial e anticomunista).
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 4
• Militarismo e nacionalismo agresivo que aspiraba á expansión territorial.
• Rexeitamento da igualdade das persoas e dos pobos, defendendo a supremacía duns
individuos sobre os outros, dos homes sobre as mulleres, dun país sobre outro.
• Forte control ideolóxico e policial, empregando a propaganda para a exaltación dos valores
fascistas e a violencia para eliminar calquera crítica ou oposición.
• Intervencionismo do Estado na economía, buscando a autosuficiencia fronte aos estranxeiros
(autarquía). A propiedade privada é respectada, pero as actividades económicas deben estar
sometidas aos intereses do Estado. Os sindicatos e as folgas son suprimidas.
3.2. A ITALIA DE POSTGUERRA
Despois de finalizada a Primeira Guerra Mundial, Italia viviu unha grave crise política, social e
económica.
• Existía un forte resentimento cos aliados, acentuado polos excombatentes porque, a pesar de
formar parte do bando vencedor, nos acordos de paz non se conseguiran territorios veciños
que consideraban como propios.
• Forte tensión social causada polo desemprego, folgas, ocupación de terras e fábricas por
parte dos obreiros. Temor a unha revolución social como a acontecida en Rusia por parte das
clases conservadoras.
• Os gobernos liberais amosáronse inestables e non lograron facer fronte aos problemas.
3.3. O NACEMENTO DO FASCISMO
En 1919, nesa situación de crise, Mussolini creou en Milán os fascios, grupos de combate
(uniformados e identificados pola camisa negra) que se dedicaban a rebentar as folgas e a perseguir
aos líderes políticos e sindicais da esquerda revolucionaria. O incremento do seu número deu lugar á
formación, en 1921, do Partido Nacional Fascista (PNF).
Contando coa pasividade das autoridades e co agrado de empresarios e terratenentes, en outubro
de 1922 Mussolini organizou a marcha sobre Roma para forzar o establecemento dun goberno forte
dirixido por el. Ante esta demostración de forza, o rei Víctor Manuel III nomeou a Mussolini xefe
do goberno.
3.4. A ITALIA FASCISTA
• Mussolini implanta en 1925 un réxime totalitario fascista: Converteuse no Duce, exercendo a
ditadura persoal, suprimindo a oposición, ilegalizando os partidos políticos e sindicatos
(agás o fascista), establecendo a censura e o control sobre os medios de comunicación. O novo
Estado recibe o nome de Estado Corporativo, porque se organiza a través de corporacións
por oficios coas que se pretendía evitar o enfrontamento entre clases sociais.
• Desenvolvemento de accións populistas e de exaltación nacionalista mediante programas de
apoio á produción agrícola e industrial, a construción de obras públicas (vías férreas,
autoestradas, edificios públicos, monumentos...), e a redución do desemprego, aseguraron a
Mussolini un amplo apoio popular.
• Normalización das relacións coa Igrexa católica mediante os Pactos de Letrán (1929) que
lle poñen fin á “Cuestión Romana” e polos que Italia recoñecía a soberanía do Estado do
Vaticano.
• Ampliación do imperio colonial italiano. Rematou a ocupación de Libia e conquistou
Abisinia, desobedecendo os mandatos da Sociedade de Nacións.
• Alianza con Hitler. Xuntos apoiaron a Franco na Guerra Civil española. En 1939 asinou o
Pacto de Aceiro, un tratado de alianza e axuda mutua con Alemaña. Na Segunda Guerra
Mundial formou parte do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón).
3.5. A FIN DE MUSSOLINI
En 1943, tras a conquista de Sicilia polos Aliados e a sucesión de derrotas italianas, o rei Víctor
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 5
Manuel III, a petición do Gran Consello Fascista, destitúe a Mussolini. Foi preso e posteriormente
liberado por paracaidistas nazis, e organizou a República Social italiana (República de Saló) baixo a
protección de Alemaña no norte de Italia. En marzo de 1945 foi detido polos partisanos (membros da
resistencia antifascista) e executado.
4. A CRISE DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN
En 1929 afundiuse a Bolsa de Nova York (Wall Street) provocando unha grave crise mundial.
4.1. OS FELICES ANOS VINTE
En EE UU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade, converténdose na primeira potencia
económica mundial:
• O consumo de masas aumentou, estimulado polas facilidades de compra a prazos.
• A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de
Nova York. Moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos para
mercar accións.
• Ao mesmo tempo, os capitais norteamericanos serviron para financiar a reconstrución da
economía europea trala gran guerra, converténdose nos principais acredores do mundo.
• Comeza o “American way of life” (modelo de vida americano) baseado no consumo e no
desenvolvemento dos medios de comunicación que se empregaron como medio de
publicidade e de adoutrinamento social, e que se converterá en modelo para todo o mundo.
4.2. O CRAC DA BOLSA DE NOVA YORK
O 24 de outubro de 1929 (xoves negro) produciuse o afundimento do mercado de valores de Nova
York. O pánico fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións. Moitos norteamericanos
arruináronse en cuestión de minutos.
• Entre as causas da crise destacan:
◦ A especulación bolsista: aumento do valor das accións pola enorme demanda, que non
tiña nada que ver co valor real das empresas .
◦ A superprodución: oferta de produtos superior a demanda o que orixinou unha gran
acumulación de stocks que puñan en risco de quebra as empresas.
• Os efectos da crise foron:
◦ Os bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais e moitos quebraron, quedando
as familias sen aforros.
◦ As empresas, por falta de vendas, tiveron que pechar ou reducir persoal, enviando ao
paro a millóns de traballadores.
4.3. A GRAN DEPRESIÓN
As consecuencias do crac alcanzaron a todas as economías capitalistas (Europa, en particular),
debido á situación de dependencia que tiñan coa banca norteamericana. Á felicidade dos anos 20
sucedía a Gran Depresión dos anos 30.
• As empresas arruínanse, as fábricas pechan, a produción industrial e agrícola descende.
Como consecuencia, aumenta o paro e a miseria entre os traballadores e empeora a situación
das clases medias.
• A tensión social favorece o auxe das protestas e dos intentos de revolución, pero tamén das
ditaduras militares e dos fascismos, especialmente en Europa. O liberalismo queda
desprestixiado e nas relacións internacionais remata o clima de concordia.
4.4. AS SOLUCIÓNS Á CRISE
• A maioría dos países recorreron ao proteccionismo e á autarquía.
• En EE UU xurdiron novas ideas, desenvolvidas polo economista John M. Keynes, que
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 6
supuxeron o abandono do liberalismo clásico e unha maior implicación do Estado como motor
económico, estimulando o consumo e aumentando os investimentos públicos en obras e
servizos.
• En Estados Unidos, o presidente Frankin Delano Roosevelt, puxo en marcha unha serie de
medidas coñecidas como New Deal (1933), que consistían nun conxunto de reformas
inspiradas no keynesianismo para mellorar a economía e reducir o desemprego (subsidios
agrícolas, salario mínimo, construción de grandes obras públicas...). A súa política, contou cun
gran apoio popular e logrou unha importante reactivación económica nos anos seguintes.
5. O NAZISMO. AALEMAÑA DE HITLER
5.1. CARACTERÍSTICAS DO NAZISMO
Foi obra e creación de Adolf Hitler, quen recolleu o seu pensamento no libro titulado Mein Kampf (A
miña loita, 1925). Comparte características co fascismo, pero engade dúas importantes matizacións:
• O racismo, defendendo a superioridade da raza aria (alemá) fronte aos demais pobos, e o
antisemitismo (odio aos xudeus), considerados como raza inferior e causantes de todos os
males que padecían os alemáns. A defensa da pureza da raza aria xustificará a eliminación dos
enfermos mentais, a prohibición dos matrimonios mixtos, e o intento de exterminio das razas
inferiores (xudeus, xitanos, eslavos...).
• O espazo vital, espazo polo que Alemaña se debía estender coa anexión de novas terras no
leste de Europa.
5.2. O ASCENSO DOS NAZIS AO PODER
Finalizada a Primeira Guerra Mundial, en Alemaña instaurouse a República de Weimar, que tivo
quefacer fronte ás fortes tensións provocadas polo resentimento da derrota, ao pagamento das
indemnizacións de guerra, á reconstrución económica e á axitación política de comunistas e
nacionalistas. A posguerra representou para Alemaña anos de crise económica, miseria e paro.
• En 1920 fundouse o Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista (nazi), do que Hitler foi
elixido líder. O programa nazi esixía a revisión do tratado de paz de Versalles, reivindicaba a
unión de todos os alemáns nunha gran Alemaña e rexeitaba a xudeus e estranxeiros.
• En 1923 en Múnic, os nazis intentaron co apoio dalgúns xefes militares dar un golpe de estado
(push da cervexería), pero fracasaron; Hitler foi encarcerado e o partido nazi prohibido.
• En 1925 Hitler refundou o partido e reforzou a mensaxe nazi, pero seguía sendo un partido
minoritario: desprezo pola democracia, odio ao comunismo e antisemitismo.
• A crise de 1929 afectou duramente a Alemaña, causando un enorme incremento do paro con
millóns de desempregados. O fracaso dos gobernos provocou unha desilusión coa
democracia e un crecente apoio aos nazis. Hitler deseñou a estratexia a seguir para tomar o
poder: triunfar nas eleccións e empregar a violencia nas rúas (accións das organizacións
paramilitares do partido nazi: SA, SS e a Gestapo).
• En 1933, os nazis convertéronse na forza maioritaria no Parlamento, sendo Hitler nomeado
xefe do goberno (chanceler) o 30 de xaneiro, sendo Hindenburg o presidente.
5.3. AALEMAÑA NAZI
• Supresión da oposición: entre 1933 e 1934, Hitler transformou Alemaña nun Estado
totalitario e ditatorial. Os comunistas (acusados de queimar o Reichstag –Parlamento-) os
sindicatos e demais partidos foron prohibidos, e os seus líderes encarcerados; moitos
membros do partido nazi foron asasinados (noite dos coitelos longos); os xudeus foron
perseguidos.
• Concentración de poderes: en 1934, tras a morte do presidente da República, Hitler
convértese no führer (xefe, guía) e chanceler do III Reich.
• No ámbito económico, durante o seu goberno reduciuse o paro grazas á política de rearme
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 7
militar e de obras públicas, que reactivaron a produción industrial e deron traballo a
milleiros de persoas. Hitler aplicou medidas proteccionistas e de autarquía.
• Engrandecemento de Alemaña: Hitler incumpriu o Tratado de Versalles e desafiou á
comunidade internacional. Entre 1935 e 1939:
◦ Ampliou Alemaña: incorporou o Sarre, Renania, anexionou Austria e parte de
Checoslovaquia.– decretou o servizo militar obrigatorio e o rearme.
◦ Enviou axuda militar a Franco na guerra civil española (1936-1939), afianzou a alianza
coa Italia fascista e buscou pactos coa URSS para modificar as fronteiras europeas.
◦ O 1 de setembro de 1939 invadiu Polonia, acto co que se iniciou a II Guerra Mundial.
• A derrota alemá puxo fin á guerra e tamén a Hitler, que se suicidou en abril de 1945.
6. A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (1939-1945)
6.1. CAUSAS DA GUERRA
• Entre as causas xerais destacan:
◦ A idea de desquite que produciu a Primeira Guerra Mundial.
◦ O auxe das ideoloxías totalitarias.
◦ Ás dificultades económicas derivadas das consecuencias da crise de 1929.
◦ O desenvolvemento de políticas agresivas expansionistas e militaristas.
• Entre as causas inmediatas sobresaen:
◦ Entre 1935 e 1939 prodúcese a expansión territorial dos estados fascistas:
▪ Alemaña reclama a anexión das terras habitadas por alemáns: consegue a anexión de
Austria e parte de Checoslovaquia (Sudetes) (1938-39), pero nos seus plans está
ampliar o seu dominio cara ao leste (espazo vital).
▪ Italia ataca e conquista Abisinia (1935-36) e colabora con Hitler na guerra civil
española.
▪ Xapón reinicia a guerra contra China (1937) para ampliar os seus dominios na zona.
Estes países asinan unha serie de alianzas que culminan na creación do Eixe Berlín-
Roma-Toquio.
◦ A ineficacia da Sociedade de Nacións pois carecía de medios para aplicar as sancións
aos estados agresores. As potencias democráticas ou practicaron unha política de
illamento (EE. UU), ou foron partidarias do apaciguamento tratando de evitar a guerra
(Gran Bretaña, Francia).
6.2. INICIO E FASES DA GUERRA
Inicio da guerra: En agosto de 1939 Hitler asinou un tratado de neutralidade coa URSS de Stalin
(pacto xermano-soviético), establecendo un acordo para repartirse os territorios do leste de Europa.
O 1 de setembro de 1939, Hitler ordenou a invasión de Polonia; como resposta, Francia e Gran
Bretaña declararon a guerra a Alemaña. Comezaba a Segunda Guerra Mundial na que loitarán
dous bandos: as potencias do Eixe e os Aliados.
En canto ás fases, podemos distinguir varios períodos:
• Os triunfos do Eixe, (1939-1940). Nunha guerra lóstrego, o exército alemán ocupa Polonia,
Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica e gran parte de Francia. En colaboración cos italianos,
ocupan Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. A URSS, mantendo o acordo con Hitler,
ocupa o leste de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bucovina e Besarabia. A batalla de
Inglaterra foi o único fracaso para Alemaña. No Extremo Oriente, Xapón avanza en China,
ocupa as colonias francesas, e ataca as posesións inglesas.
• A extensión da guerra e a entrada da URSS e de EE UU, (1941-1942). En 1941 Hitler rompe
o acordo con Stalin e invade a URSS. No Pacífico, Xapón ataca por sorpresa a base
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 8
norteamericana de Pearl Harbour provocando a entrada do EE.UU na guerra.
• O cambio de signo e a contraofensiva aliada (1942-1943). Entre finais de 1942 e comezos de
1943, os Aliados (Gran Bretaña, EE UU e a URSS ) logran conter o avance inimigo en todas
as frontes. Os anglo-norteamericanos desembarcan no norte de África, derrotan as tropas do
Eixe e despois conquistan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos derrotan aos alemáns en
Stalingrado e fannos recuar nas chairas rusas. No Pacífico, EE UU contraataca, impedindo o
avance xaponés.
• A vitoria dos aliados (1944-1945). En xuño de 1944 produciuse o desembarco de
Normandía, nos meses sucesivos os anglonorteamericanos avanzan cara ao Rin; no leste, os
soviéticos ocupan os Balcáns, Polonia e Hungría. O 30 de abril Hitler suicídase no seu búnker
berlinés. O 4 de maio Alemaña capitula. Remataba a guerra en Europa. No Pacífico, EE.
UU recupera as Filipinas e conquista Iwo Jima e Okinawa; o 6 de agosto de 1945 lanza unha
bomba atómica sobre Hiroshima e tres días despois outra sobre Nagasaki; o 2 de setembro
Xapón asina a rendición. Era a fin da guerra.
6.3. AS NOVAS FORMAS DA GUERRA
A guerra alcanzou enormes dimensións. Calcúlase uns 55 millóns de mortos e 35 millóns de feridos.
Gran número de cidades, industrias e vías de comunicacións quedaron destruídas.
Como novidades destacaron:
• Novas armas e estratexias de combate. En terra destacaron os vehículos acoirazados. No aire
a aviación que permitiu o bombardeo masivo das cidades e centros industriais. No mar, os
portaavións foron pezas clave nos combates navais e nos desembarcos. Destaca o enorme
potencial destrutor das bombas (a atómica e as convencionais). Nos países ocupados xurdiron
grupos de resistencia e de partisanos que realizaron accións de sabotaxe e espionaxe a favor
dos aliados.
• Os campos de concentración, de traballos forzados e de exterminio. No caso alemán foron
creados para explotar man de obra ou exterminar os seus ocupantes (mediante cámaras de gas).
Calcúlase nuns 20 millóns os deportados; uns dez millóns morreron neles, dos cales seis
millóns eran xudeus (Holocausto).
6.4. O DESEÑO DA PAZ E A FUNDACIÓN DA ONU
En 1945, houbo varias reunións entre os líderes dos países Aliados para:
• Impoñerlles as condicións da paz aos vencidos. Na Conferencia de Ialta e na de Postdam
tomáronse os principais acordos:
◦ Alemaña e a súa capital Berlín foron divididas en catro zonas administradas polos
vencedores (EE.UU, Francia, Reino Unido e URSS) e o mesmo sucedeu con Austria.
◦ Eliminación do nazismo sendo os seus dirixentes xulgados e condenados (xuízos de
Nuremberg).
◦ Establecemento de sistemas democráticos.
◦ Xapón pasa a ser administrado polos EE UU.
• Modificacións territoriais.
◦ Reduciuse o tamaño de Alemaña que perde entre outros territorios, Prusia oriental.
◦ A URSS mantén a posesión nas Repúblicas Bálticas e anexiona a Rutenia e a zona
oriental polaca.
• Fundación da ONU (1945). A finalidade é manter a paz e a seguridade internacionais. Os
seus principais organismos son a Asemblea xeral, con sede en Nova York; o Consello de
Seguridade, formado por 15 membros, 5 con dereito a veto (EE.UU, URSS, China, Francia e o
Reino Unido); a Secretaría Xeral e o Tribunal Internacional de Xustiza con sede na Haia
(Holanda).
Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 9

More Related Content

What's hot

Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Agrela Elvixeo
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismorubempaul
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Agrela Elvixeo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoAgrela Elvixeo
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoAgrela Elvixeo
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaAgrela Elvixeo
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoAgrela Elvixeo
 
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do TotalitarismoA crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do TotalitarismoDudas-Historia
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerrasAgrela Elvixeo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaAgrela Elvixeo
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDudas-Historia
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaAgrela Elvixeo
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 

What's hot (20)

Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en España
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
 
O Imperialismo
O Imperialismo O Imperialismo
O Imperialismo
 
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do TotalitarismoA crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerras
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra Fría
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 

Viewers also liked

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)rubempaul
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíarubempaul
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)rubempaul
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalusrubempaul
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial rubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)rubempaul
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 

Viewers also liked (20)

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 

Similar to Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)

Similar to Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945) (20)

Tema 5. o mundo entreguerras
Tema 5.  o mundo entreguerrasTema 5.  o mundo entreguerras
Tema 5. o mundo entreguerras
 
Sociais tema 8
Sociais tema 8Sociais tema 8
Sociais tema 8
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
 
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º EsoLecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8 xeografia
Tema 8 xeografiaTema 8 xeografia
Tema 8 xeografia
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerra
 
Tema8
Tema8  Tema8
Tema8
 
Tema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasTema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto Rivas
 
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
 
T.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra MundialT.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra Mundial
 
A II Guerra Mundial
A II Guerra MundialA II Guerra Mundial
A II Guerra Mundial
 
Tema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e HistoriaTema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e Historia
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6
 
Tema 6 xeografia
Tema 6 xeografiaTema 6 xeografia
Tema 6 xeografia
 
Tema 6 xeografia e 7
Tema 6 xeografia e 7Tema 6 xeografia e 7
Tema 6 xeografia e 7
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización gregarubempaul
 

More from rubempaul (16)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización grega
 

Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)

  • 1. TEMA 5 O MUNDO ENTRE GUERRAS 1. A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL O 28 de xuño de 1914 un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo o príncipe Francisco Fernando, herdeiro do imperio austrohúngaro. Produciuse unha reacción en cadea polo sistema de alianzas militares establecido, e a maioría dos países entraron en guerra (moi poucos permaneceron neutrais, entre eles España) dando lugar á maior guerra vivida ata ese momento en Europa (Gran Guerra). A implicación na guerra das colonias dos países europeos, e tamén os EE UU e Xapón, deulle unha dimensión mundial. 1.1 CAUSAS DA GRAN GUERRA Aínda que a causa inmediata foi o chamado atentado de Saraxevo, os historiadores coinciden en sinalar outras causas máis profundas: • Tensións nos Balcáns, os turcos foran expulsados desta zona e os novos países que xurdiron enfrontáronse por cuestións fronteirizas e territoriais (Guerras balcánicas). Alí tamén existían reivindicacións nacionalistas, especialmente serbias, que ameazaban ao imperio austrohúngaro coa súa disgregación. • Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias: Austria-Hungría e Rusia polo control dos Balcáns; Francia e Alemaña por Alsacia e Lorena; Inglaterra e Alemaña pola supremacía naval e comercial... • Carreira de armamentos, que motivou un incremento do gasto militar das grandes potencias europeas (“paz armada”) e a diplomacia secreta, pactando alianzas en previsión dunha guerra. Esas alianzas configuraron dous bloques antagónicos: a Triple Alianza (Alemaña, Imperio austrohúngaro e Italia) e a Triple Entente (Francia, Gran Bretaña e Rusia). • O nacionalismo agresivo que consideraba a guerra como medio lexítimo para resolver os conflitos entre as nacións. 1.2. FASES DA GUERRA (1914-1918) A Gran Guerra enfrontou aos Imperios Centrais (Alemaña e Austria-Hungría, aos que se sumarían despois o Imperio Turco e Bulgaria) contra os Aliados (Serbia, Rusia, Francia, Bélxica, Gran Bretaña e Montenegro, aos que se uniron Xapón, Italia, Portugal, Romanía, EE UU e Grecia. Desenvolveuse ao longo de catro anos nos que se poden diferenciar catro fases: 1) Guerra de movementos: 1914. Formáronse dúas frontes: ◦ Fronte occidental: os alemáns, atravesando Bélxica, invaden Francia ata cerca de París. Contraataque francés que detén os alemáns no Marne. ◦ Fronte oriental: os alemáns deteñen ós rusos en Tannemberg e nos Lagos Masurianos. Nos Balcáns as tropas austro-alemanas ocupan Serbia. 2) Guerra de posicións: 1915-1916 ◦ Fronte occidental: imponse a construción de trincheiras. Grandes batallas de Verdún e do Somme (1916) ◦ No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo aliado cos submarinos. ◦ Fronte leste: o fracaso das ofensivas rusas permite ás tropas alemañas e os seus aliados ocupar extensas zonas do imperio ruso, Serbia e Romanía. 3) A crise de 1917: a duración excesiva do conflito e as enormes perdas en vidas humanas, Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 1
  • 2. provoca unha crise xeral que afecta a tódolos contendentes. Non obstante, hai que sinalar dous feitos de gran transcendencia: a entrada dos EE UU na guerra a favor dos aliados e a Revolución rusa que provoca a retirada deste país. 4) Fin do conflito. 1918: Os aliados unifican o seu mando militar no xeneral Foch que leva a cabo unha serie de grandes ofensivas vitoriosas. O 9 de novembro estala en Berlín unha revolución que obriga a fuxida do Kaiser Guillermo II e a proclamación da República. O 11 de novembro Alemaña asina un armisticio. É o fin da guerra e a derrota das potencias centrais. 1.3. AS NOVAS FORMAS DE GUERRA A Gran Guerra foi un enfrontamento diferente aos anteriores debido ao número de contendentes e ás novidades que se introduciron no combate: • Grandes exércitos, formados por centos de miles de soldados recrutados polo sistema do servizo obrigatorio. • Emprego de novo armamento como metralladoras, canóns de largo alcance, granadas, submarinos, avións de combate, gases asfixiantes e novas formas de loita: a trincheira, os bombardeos aéreos e a guerra submarina. • Nos países contendentes, os gobernos estableceron a economía de guerra que priorizaba a produción de armas sobre as necesidades da poboación civil ou o recurso a propaganda e á censura de noticias para fortalecer a moral. 1.4. OS TRATADOS DE PAZ E A SOCIEDADE DE NACIÓNS Na Conferencia de Paz de París (iniciada en 1919) asinouse un tratado diferente con cada un dos países vencidos; o máis significativo foi o Tratado de Versalles con Alemaña (1919) que establecía que: • Alemaña era acusada de ser principal responsable da guerra, polo que tiña que pagar cuantiosas indemnizacións polos danos causados. • Debía suprimir o servizo militar obrigatorio e desarmar o seu exército. • Era obrigada a ceder territorios a Francia (Alsacia e Lorena), Bélxica, Dinamarca e Polonia e perdía as súas colonias. Os alemáns asinaron o tratado pero sempre o consideraron inxusto (“Diktat”). Será un dos motivos do auxe do nazismo e do estalido da Segunda Guerra Mundial. Co obxectivo de evitar a guerra e velar pola paz mundial, creouse a Sociedade de Nacións. Formada polos países vencedores (agás EE UU, Wilson foi o impulsor da idea) e neutrais aos que se engadirían outros con posterioridade. Resultou ineficaz e non logrou evitar o estalido da Segunda Guerra Mundial. Foi disolta, sendo sucedida pola ONU. 1.5. CONSECUENCIAS DA GRAN GUERRA • Grandes perdas demográficas: 8 millóns de mortos e uns 20 millóns de feridos e mutilados. A poboación civil pasou grandes privacións e a súa debilidade favoreceu a expansión de epidemias (gripe española de 1918 que matou entre 50 e 100 millóns de persoas entre 1918 e 1919). • Modificacións territoriais que cambiaron o mapa europeo: desaparición dos imperios alemán, austrohúngaro, ruso e turco. Naceron novos Estados como Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Checoslovaquia e Iugoslavia. • Repercusións ideolóxicas: a guerra facilitou o triunfo da revolución comunista en Rusia, e o medo ao comunismo levou a burguesía a apoiar gobernos e autoritarios e ao auxe do fascismo. • Consecuencias socioeconómicas. As perdas económicas foron incalculables. Europa perdeu a primacía económica e industrial, sendo substituída polos EE UU. A perda en homes e a súa incorporación aos exércitos favoreceu a incorporación das mulleres ao mercado laboral. Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 2
  • 3. 2. A REVOLUCIÓN RUSA E A FORMACIÓN DA URSS En 1917 triunfou en Rusia unha revolución que puxo fin ao imperio dos tsares, e que tivo unha gran repercusión no resto dos países, especialmente entre as masas proletarias. Lenin e Stalin organizaron o novo Estado soviético. 2.1. A RUSIA TSARISTA A comezos do século XX Rusia era un xigante territorial, pero cunhas estruturas políticas e socioeconómicas atrasadas “un xigante cos pés de barro”: • O réxime ruso era autocrático: o tsar (emperador ruso) exercía o poder absoluto. Gobernaba sobre un inmenso imperio con moitos pobos con linguas, costumes erelixións diferentes. A pesares da represión, formáronse, dende finais do XIX, partidos e organizacións clandestinas que pretendían acabar co tsarismo: ◦ Uns pretendían establecer un sistema liberal-burgués: Partido Constitucional Demócrata ou Kadet ◦ Outros, defensores da ideoloxía marxista ou anarquista, pretendían unha revolución social: Partido Socialrevolucionario ou eserita e o PartidoSocialdemócrata Ruso (menxeviques e bolxeviques) • A economía era basicamente agraria e atrasada: o 80% da poboación eran campesiños pobres que traballaban as terras da nobreza e do clero (réxime case feudal). Nas principais cidades, San Petersburgo ou Moscova, produciuse un forte crecemento industrial estimulado polo Estado e o capital estranxeiro que provocou o crecemento do proletariado que percibía salarios miserables. 2.2. A CAÍDA DO TSARISMO A participación na Gran Guerra foi o factor decisivo que propiciou a caída do tsarismo e o triunfo da revolución (en 1905 xa houbera unha revolución falida). As continuas derrotas aumentaron o descontento entre os soldados. Ademais, a poboación civil sufría a insuficiencia e carestía dos produtos básicos. En febreiro de 1917 (Revolución de febreiro) a poboación de Petrogrado (San Petersburgo) protestou pola falta de alimentos e esixía a retirada da Gran Guerra. As sucesivas manifestacións non foron reprimidas polos soldados, que se uniron a elas. Falto de apoio o tsar, Nicolás II abdicou (en 1918 o Tsar e a súa familia serán fusilados polos bolxeviques), proclamándose a República. Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime liberal (democracia parlamentaria). O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación. 2.3. O TRIUNFO DA REVOLUCIÓN BOLXEVIQUE Desde o comezo das protestas, as organizacións de esquerda crearon os Consellos obreiros ou soviets (formados por dirixentes que representaban a obreiros, soldados e campesiños). Nos soviets foi medrando a influencia dos bolxeviques (socialistas marxistas partidarios da revolución=comunistas) dirixidos por Lenin. O seu programa era poñer fin a guerra, confiscar a propiedade privada (que debía pasar a mans do Estado), e converter os soviets na única autoridade que debía exercer o poder. En outubro de 1917 (Revolución de outubro), Lenin e os bolxeviques organizan unha insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques e dirixida por Trotski, asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros do goberno provisional. Un Congreso dos soviets asume o poder e crea un goberno obreiro presidido por Lenin (Consello de Comisarios do Pobo). A revolución esténdese por toda Rusia. 2.4. A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS Unha vez conquistado o poder, os bolxeviques tomaron medidas para transformar as estruturas sociais, económicas e políticas e facer fronte aos seus inimigos: 1) Os bolxeviques promulgaron os decretos de outubro de 1917 para lograr a socialización dos Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 3
  • 4. medios de produción: Desaparición da propiedade privada polo que a terra pasa a mans do Estado. A produción industrial nas fábricas será controlada polos obreiros. Nacionalización da banca e do comercio exterior. 2) A paz con Alemaña, tras asinar o Tratado de Brest-Litovsk (1918) polo que Rusia obtiña a paz a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia,Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia). 3) Guerra civil (1918-1921): os bolxeviques, grazas á creación por Trotski dun exército disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron aos antibolxeviques (exército branco), que se opoñían á revolución e que estaba formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas potencias occidentais. A oposición interior foi esmagada e a familia real executada. 4) Os trastornos da guerra civil e a escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova Política Económica (NEP) que permitía unha volta parcial ao mercado libre capitalista para incentivar a produción. 5) Creación da URSS: en 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética. Posteriormente coa incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia, creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (Disolveuse en 1991). O poder estaba en mans dos soviets controlados polo partido comunista (antigo partido bolxevique). 6) Fundación da Terceira Internacional (Moscova 1919) co obxectivo de derrocar o capitalismo. Só podían pertencer a ela os partidos que aceptasen denominarse comunistas e seguir as directrices do Partido Comunista da URSS.(PCUS) 2.5. A ERA DE STALIN (1927-1953) Tras a morte de Lenin (1924) desatouse unha dura loita polo poder. O país estivo dirixido por unha troika ou triunvirato, ata que en 1927 Stalin logra facerse co poder. Gobernará con man de ferro ata 1953. Destacan os seguintes aspectos desta época: • A concentración do poder na persoa de Stalin que o exerceu de xeito ditatorial. Non estaba permitida ningunha crítica; a persecución, a deportación e eliminación física dos opositores foi unha práctica habitual (purgas stalinistas, terror vermello).Creáronse os Gulag (campos de prisioneiros cheos de opositores ao réxime estalinista). Culto á súa personalidade. • A planificación económica. A partir de 1928 a economía estivo planificada e controlada polo Estado (fin da NEP),que elaboraba plans quinquenais para organizar a produción agrícola e industrial. Tivo prioridade a industria de base, de armamento, así como as fontes de enerxía, deixando nun segundo plano as industrias de bens de consumo. Con estas medidas a URSS converteuse nunha gran potencia industrial e militar. • A colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a entregar as súas terras ás granxas colectivas (koljós) e a traballar de forma comunitaria; unicamente conservaban a súa casa e un pequeno horto. Ademais creáronse granxas estatais (sovjós) 3. O FASCISMO. A ITALIA DE MUSSOLINI Despois do remate da Primeira Guerra Mundial, Europa viviu unha grave crise que favoreceu o desenvolvemento dos fascismos e das ditaduras militares en prexuízo da democracia. 3.1. CARACTERÍSTICAS DO FASCISMO O fascismo foi creado por Benito Mussolini en Italia. Os trazos principais son: • Primacía do Estado por riba dos dereitos do individuo. • Concentración do poder en mans dun único líder (Duce, Führer, Caudillo), que é obxecto de veneración polo pobo (culto á personalidade e obediencia). • Existencia dun único partido, estando prohibidos e perseguidos todos os demais. (sistema antidemocrático, ditatorial e anticomunista). Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 4
  • 5. • Militarismo e nacionalismo agresivo que aspiraba á expansión territorial. • Rexeitamento da igualdade das persoas e dos pobos, defendendo a supremacía duns individuos sobre os outros, dos homes sobre as mulleres, dun país sobre outro. • Forte control ideolóxico e policial, empregando a propaganda para a exaltación dos valores fascistas e a violencia para eliminar calquera crítica ou oposición. • Intervencionismo do Estado na economía, buscando a autosuficiencia fronte aos estranxeiros (autarquía). A propiedade privada é respectada, pero as actividades económicas deben estar sometidas aos intereses do Estado. Os sindicatos e as folgas son suprimidas. 3.2. A ITALIA DE POSTGUERRA Despois de finalizada a Primeira Guerra Mundial, Italia viviu unha grave crise política, social e económica. • Existía un forte resentimento cos aliados, acentuado polos excombatentes porque, a pesar de formar parte do bando vencedor, nos acordos de paz non se conseguiran territorios veciños que consideraban como propios. • Forte tensión social causada polo desemprego, folgas, ocupación de terras e fábricas por parte dos obreiros. Temor a unha revolución social como a acontecida en Rusia por parte das clases conservadoras. • Os gobernos liberais amosáronse inestables e non lograron facer fronte aos problemas. 3.3. O NACEMENTO DO FASCISMO En 1919, nesa situación de crise, Mussolini creou en Milán os fascios, grupos de combate (uniformados e identificados pola camisa negra) que se dedicaban a rebentar as folgas e a perseguir aos líderes políticos e sindicais da esquerda revolucionaria. O incremento do seu número deu lugar á formación, en 1921, do Partido Nacional Fascista (PNF). Contando coa pasividade das autoridades e co agrado de empresarios e terratenentes, en outubro de 1922 Mussolini organizou a marcha sobre Roma para forzar o establecemento dun goberno forte dirixido por el. Ante esta demostración de forza, o rei Víctor Manuel III nomeou a Mussolini xefe do goberno. 3.4. A ITALIA FASCISTA • Mussolini implanta en 1925 un réxime totalitario fascista: Converteuse no Duce, exercendo a ditadura persoal, suprimindo a oposición, ilegalizando os partidos políticos e sindicatos (agás o fascista), establecendo a censura e o control sobre os medios de comunicación. O novo Estado recibe o nome de Estado Corporativo, porque se organiza a través de corporacións por oficios coas que se pretendía evitar o enfrontamento entre clases sociais. • Desenvolvemento de accións populistas e de exaltación nacionalista mediante programas de apoio á produción agrícola e industrial, a construción de obras públicas (vías férreas, autoestradas, edificios públicos, monumentos...), e a redución do desemprego, aseguraron a Mussolini un amplo apoio popular. • Normalización das relacións coa Igrexa católica mediante os Pactos de Letrán (1929) que lle poñen fin á “Cuestión Romana” e polos que Italia recoñecía a soberanía do Estado do Vaticano. • Ampliación do imperio colonial italiano. Rematou a ocupación de Libia e conquistou Abisinia, desobedecendo os mandatos da Sociedade de Nacións. • Alianza con Hitler. Xuntos apoiaron a Franco na Guerra Civil española. En 1939 asinou o Pacto de Aceiro, un tratado de alianza e axuda mutua con Alemaña. Na Segunda Guerra Mundial formou parte do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón). 3.5. A FIN DE MUSSOLINI En 1943, tras a conquista de Sicilia polos Aliados e a sucesión de derrotas italianas, o rei Víctor Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 5
  • 6. Manuel III, a petición do Gran Consello Fascista, destitúe a Mussolini. Foi preso e posteriormente liberado por paracaidistas nazis, e organizou a República Social italiana (República de Saló) baixo a protección de Alemaña no norte de Italia. En marzo de 1945 foi detido polos partisanos (membros da resistencia antifascista) e executado. 4. A CRISE DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN En 1929 afundiuse a Bolsa de Nova York (Wall Street) provocando unha grave crise mundial. 4.1. OS FELICES ANOS VINTE En EE UU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade, converténdose na primeira potencia económica mundial: • O consumo de masas aumentou, estimulado polas facilidades de compra a prazos. • A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de Nova York. Moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos para mercar accións. • Ao mesmo tempo, os capitais norteamericanos serviron para financiar a reconstrución da economía europea trala gran guerra, converténdose nos principais acredores do mundo. • Comeza o “American way of life” (modelo de vida americano) baseado no consumo e no desenvolvemento dos medios de comunicación que se empregaron como medio de publicidade e de adoutrinamento social, e que se converterá en modelo para todo o mundo. 4.2. O CRAC DA BOLSA DE NOVA YORK O 24 de outubro de 1929 (xoves negro) produciuse o afundimento do mercado de valores de Nova York. O pánico fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións. Moitos norteamericanos arruináronse en cuestión de minutos. • Entre as causas da crise destacan: ◦ A especulación bolsista: aumento do valor das accións pola enorme demanda, que non tiña nada que ver co valor real das empresas . ◦ A superprodución: oferta de produtos superior a demanda o que orixinou unha gran acumulación de stocks que puñan en risco de quebra as empresas. • Os efectos da crise foron: ◦ Os bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais e moitos quebraron, quedando as familias sen aforros. ◦ As empresas, por falta de vendas, tiveron que pechar ou reducir persoal, enviando ao paro a millóns de traballadores. 4.3. A GRAN DEPRESIÓN As consecuencias do crac alcanzaron a todas as economías capitalistas (Europa, en particular), debido á situación de dependencia que tiñan coa banca norteamericana. Á felicidade dos anos 20 sucedía a Gran Depresión dos anos 30. • As empresas arruínanse, as fábricas pechan, a produción industrial e agrícola descende. Como consecuencia, aumenta o paro e a miseria entre os traballadores e empeora a situación das clases medias. • A tensión social favorece o auxe das protestas e dos intentos de revolución, pero tamén das ditaduras militares e dos fascismos, especialmente en Europa. O liberalismo queda desprestixiado e nas relacións internacionais remata o clima de concordia. 4.4. AS SOLUCIÓNS Á CRISE • A maioría dos países recorreron ao proteccionismo e á autarquía. • En EE UU xurdiron novas ideas, desenvolvidas polo economista John M. Keynes, que Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 6
  • 7. supuxeron o abandono do liberalismo clásico e unha maior implicación do Estado como motor económico, estimulando o consumo e aumentando os investimentos públicos en obras e servizos. • En Estados Unidos, o presidente Frankin Delano Roosevelt, puxo en marcha unha serie de medidas coñecidas como New Deal (1933), que consistían nun conxunto de reformas inspiradas no keynesianismo para mellorar a economía e reducir o desemprego (subsidios agrícolas, salario mínimo, construción de grandes obras públicas...). A súa política, contou cun gran apoio popular e logrou unha importante reactivación económica nos anos seguintes. 5. O NAZISMO. AALEMAÑA DE HITLER 5.1. CARACTERÍSTICAS DO NAZISMO Foi obra e creación de Adolf Hitler, quen recolleu o seu pensamento no libro titulado Mein Kampf (A miña loita, 1925). Comparte características co fascismo, pero engade dúas importantes matizacións: • O racismo, defendendo a superioridade da raza aria (alemá) fronte aos demais pobos, e o antisemitismo (odio aos xudeus), considerados como raza inferior e causantes de todos os males que padecían os alemáns. A defensa da pureza da raza aria xustificará a eliminación dos enfermos mentais, a prohibición dos matrimonios mixtos, e o intento de exterminio das razas inferiores (xudeus, xitanos, eslavos...). • O espazo vital, espazo polo que Alemaña se debía estender coa anexión de novas terras no leste de Europa. 5.2. O ASCENSO DOS NAZIS AO PODER Finalizada a Primeira Guerra Mundial, en Alemaña instaurouse a República de Weimar, que tivo quefacer fronte ás fortes tensións provocadas polo resentimento da derrota, ao pagamento das indemnizacións de guerra, á reconstrución económica e á axitación política de comunistas e nacionalistas. A posguerra representou para Alemaña anos de crise económica, miseria e paro. • En 1920 fundouse o Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista (nazi), do que Hitler foi elixido líder. O programa nazi esixía a revisión do tratado de paz de Versalles, reivindicaba a unión de todos os alemáns nunha gran Alemaña e rexeitaba a xudeus e estranxeiros. • En 1923 en Múnic, os nazis intentaron co apoio dalgúns xefes militares dar un golpe de estado (push da cervexería), pero fracasaron; Hitler foi encarcerado e o partido nazi prohibido. • En 1925 Hitler refundou o partido e reforzou a mensaxe nazi, pero seguía sendo un partido minoritario: desprezo pola democracia, odio ao comunismo e antisemitismo. • A crise de 1929 afectou duramente a Alemaña, causando un enorme incremento do paro con millóns de desempregados. O fracaso dos gobernos provocou unha desilusión coa democracia e un crecente apoio aos nazis. Hitler deseñou a estratexia a seguir para tomar o poder: triunfar nas eleccións e empregar a violencia nas rúas (accións das organizacións paramilitares do partido nazi: SA, SS e a Gestapo). • En 1933, os nazis convertéronse na forza maioritaria no Parlamento, sendo Hitler nomeado xefe do goberno (chanceler) o 30 de xaneiro, sendo Hindenburg o presidente. 5.3. AALEMAÑA NAZI • Supresión da oposición: entre 1933 e 1934, Hitler transformou Alemaña nun Estado totalitario e ditatorial. Os comunistas (acusados de queimar o Reichstag –Parlamento-) os sindicatos e demais partidos foron prohibidos, e os seus líderes encarcerados; moitos membros do partido nazi foron asasinados (noite dos coitelos longos); os xudeus foron perseguidos. • Concentración de poderes: en 1934, tras a morte do presidente da República, Hitler convértese no führer (xefe, guía) e chanceler do III Reich. • No ámbito económico, durante o seu goberno reduciuse o paro grazas á política de rearme Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 7
  • 8. militar e de obras públicas, que reactivaron a produción industrial e deron traballo a milleiros de persoas. Hitler aplicou medidas proteccionistas e de autarquía. • Engrandecemento de Alemaña: Hitler incumpriu o Tratado de Versalles e desafiou á comunidade internacional. Entre 1935 e 1939: ◦ Ampliou Alemaña: incorporou o Sarre, Renania, anexionou Austria e parte de Checoslovaquia.– decretou o servizo militar obrigatorio e o rearme. ◦ Enviou axuda militar a Franco na guerra civil española (1936-1939), afianzou a alianza coa Italia fascista e buscou pactos coa URSS para modificar as fronteiras europeas. ◦ O 1 de setembro de 1939 invadiu Polonia, acto co que se iniciou a II Guerra Mundial. • A derrota alemá puxo fin á guerra e tamén a Hitler, que se suicidou en abril de 1945. 6. A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (1939-1945) 6.1. CAUSAS DA GUERRA • Entre as causas xerais destacan: ◦ A idea de desquite que produciu a Primeira Guerra Mundial. ◦ O auxe das ideoloxías totalitarias. ◦ Ás dificultades económicas derivadas das consecuencias da crise de 1929. ◦ O desenvolvemento de políticas agresivas expansionistas e militaristas. • Entre as causas inmediatas sobresaen: ◦ Entre 1935 e 1939 prodúcese a expansión territorial dos estados fascistas: ▪ Alemaña reclama a anexión das terras habitadas por alemáns: consegue a anexión de Austria e parte de Checoslovaquia (Sudetes) (1938-39), pero nos seus plans está ampliar o seu dominio cara ao leste (espazo vital). ▪ Italia ataca e conquista Abisinia (1935-36) e colabora con Hitler na guerra civil española. ▪ Xapón reinicia a guerra contra China (1937) para ampliar os seus dominios na zona. Estes países asinan unha serie de alianzas que culminan na creación do Eixe Berlín- Roma-Toquio. ◦ A ineficacia da Sociedade de Nacións pois carecía de medios para aplicar as sancións aos estados agresores. As potencias democráticas ou practicaron unha política de illamento (EE. UU), ou foron partidarias do apaciguamento tratando de evitar a guerra (Gran Bretaña, Francia). 6.2. INICIO E FASES DA GUERRA Inicio da guerra: En agosto de 1939 Hitler asinou un tratado de neutralidade coa URSS de Stalin (pacto xermano-soviético), establecendo un acordo para repartirse os territorios do leste de Europa. O 1 de setembro de 1939, Hitler ordenou a invasión de Polonia; como resposta, Francia e Gran Bretaña declararon a guerra a Alemaña. Comezaba a Segunda Guerra Mundial na que loitarán dous bandos: as potencias do Eixe e os Aliados. En canto ás fases, podemos distinguir varios períodos: • Os triunfos do Eixe, (1939-1940). Nunha guerra lóstrego, o exército alemán ocupa Polonia, Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica e gran parte de Francia. En colaboración cos italianos, ocupan Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. A URSS, mantendo o acordo con Hitler, ocupa o leste de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bucovina e Besarabia. A batalla de Inglaterra foi o único fracaso para Alemaña. No Extremo Oriente, Xapón avanza en China, ocupa as colonias francesas, e ataca as posesións inglesas. • A extensión da guerra e a entrada da URSS e de EE UU, (1941-1942). En 1941 Hitler rompe o acordo con Stalin e invade a URSS. No Pacífico, Xapón ataca por sorpresa a base Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 8
  • 9. norteamericana de Pearl Harbour provocando a entrada do EE.UU na guerra. • O cambio de signo e a contraofensiva aliada (1942-1943). Entre finais de 1942 e comezos de 1943, os Aliados (Gran Bretaña, EE UU e a URSS ) logran conter o avance inimigo en todas as frontes. Os anglo-norteamericanos desembarcan no norte de África, derrotan as tropas do Eixe e despois conquistan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos derrotan aos alemáns en Stalingrado e fannos recuar nas chairas rusas. No Pacífico, EE UU contraataca, impedindo o avance xaponés. • A vitoria dos aliados (1944-1945). En xuño de 1944 produciuse o desembarco de Normandía, nos meses sucesivos os anglonorteamericanos avanzan cara ao Rin; no leste, os soviéticos ocupan os Balcáns, Polonia e Hungría. O 30 de abril Hitler suicídase no seu búnker berlinés. O 4 de maio Alemaña capitula. Remataba a guerra en Europa. No Pacífico, EE. UU recupera as Filipinas e conquista Iwo Jima e Okinawa; o 6 de agosto de 1945 lanza unha bomba atómica sobre Hiroshima e tres días despois outra sobre Nagasaki; o 2 de setembro Xapón asina a rendición. Era a fin da guerra. 6.3. AS NOVAS FORMAS DA GUERRA A guerra alcanzou enormes dimensións. Calcúlase uns 55 millóns de mortos e 35 millóns de feridos. Gran número de cidades, industrias e vías de comunicacións quedaron destruídas. Como novidades destacaron: • Novas armas e estratexias de combate. En terra destacaron os vehículos acoirazados. No aire a aviación que permitiu o bombardeo masivo das cidades e centros industriais. No mar, os portaavións foron pezas clave nos combates navais e nos desembarcos. Destaca o enorme potencial destrutor das bombas (a atómica e as convencionais). Nos países ocupados xurdiron grupos de resistencia e de partisanos que realizaron accións de sabotaxe e espionaxe a favor dos aliados. • Os campos de concentración, de traballos forzados e de exterminio. No caso alemán foron creados para explotar man de obra ou exterminar os seus ocupantes (mediante cámaras de gas). Calcúlase nuns 20 millóns os deportados; uns dez millóns morreron neles, dos cales seis millóns eran xudeus (Holocausto). 6.4. O DESEÑO DA PAZ E A FUNDACIÓN DA ONU En 1945, houbo varias reunións entre os líderes dos países Aliados para: • Impoñerlles as condicións da paz aos vencidos. Na Conferencia de Ialta e na de Postdam tomáronse os principais acordos: ◦ Alemaña e a súa capital Berlín foron divididas en catro zonas administradas polos vencedores (EE.UU, Francia, Reino Unido e URSS) e o mesmo sucedeu con Austria. ◦ Eliminación do nazismo sendo os seus dirixentes xulgados e condenados (xuízos de Nuremberg). ◦ Establecemento de sistemas democráticos. ◦ Xapón pasa a ser administrado polos EE UU. • Modificacións territoriais. ◦ Reduciuse o tamaño de Alemaña que perde entre outros territorios, Prusia oriental. ◦ A URSS mantén a posesión nas Repúblicas Bálticas e anexiona a Rutenia e a zona oriental polaca. • Fundación da ONU (1945). A finalidade é manter a paz e a seguridade internacionais. Os seus principais organismos son a Asemblea xeral, con sede en Nova York; o Consello de Seguridade, formado por 15 membros, 5 con dereito a veto (EE.UU, URSS, China, Francia e o Reino Unido); a Secretaría Xeral e o Tribunal Internacional de Xustiza con sede na Haia (Holanda). Xeografía e Historia – 4º ESO ©RPV 9