TEMA 1: O ISLAM E AL-ANDALUS 
1.- MAHOMA DIFUNDE UNHA NOVA RELIXIÓN 
● A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en Oriente Medio. 
● Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, o arcanxo Gabriel anuncioulle que era o novo profeta elixido por Alá (Deus en árabe) para predicar unha nova relixión: o Islam. As autoridades perseguírono polas súas ideas. 
● No ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiouse na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou fuxida, e esta data marca o comezo da era musulmá (Equivalente ao nacemento de Cristo). O profeta conquistou A Meca e á súa morte (632), a relixión islámica expandírase por toda Arabia. 
● As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súa morte, no Corán, o libro sagrado dos musulmáns. 
● Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas (xefes relixiosos e políticos). Os seguidores de Mahoma dividíronse en dúas grandes tendencias: Sunismo e Xiismo. 
● Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición. Estas normas, conforman a lei islámica ou sharia. 
● Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam: a profesión de fe en Alá como único Deus, o rezo diario cinco veces ao día, a esmola, o xaxún no mes do Ramadán e a peregrinación á Meca (onde de atopa a Kaaba). Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de porco. Permítese a poligamia. 
● O Islam non ten sacerdotes, pero existen directores de oracións (imáns). 
● O edifico relixioso dos musulmáns é a mesquita que ten unha serie de partes: minarete, patio descuberto, sala de oracións, quibla, mihrab. 
2.- A EXPANSIÓN DO ISLAM 
● A expansión do Islam continuou baixo o goberno dos catro primeiros califas (632- 661) cara a Exipto, Siria e Iraq. 
● Os califas da dinastía Omeia (661-750)estableceron a capital en Damasco (Califato de Damasco), ocuparon o Norte de África e cruzaron a Península Ibérica (711) pero foron freados no seu avance cara o norte de Europa, na batalla de Poitiers (732). Cara ao leste, ocuparon Irán e Afganistán, e chegaron a Asia central e ao actual Paquistán. 
● Cada provincia estaba gobernada por un emir ou valí. 
● No 750, a familia dos Abasís de Bagdad derrotou aos Omeias e conseguiu o Califato. (Califato de Bagdad) 
● En 1258, o saqueo de Bagdad polos mongois púxolle fin á dinastía abasí. 
● En 1453, tras a toma de Constantinopla polos turcos, o Imperio otomán ou turco exerceu o seu dominio no mundo islámico ata o século XIX. 
● Os pobos conquistados (cristiáns e xudeus) podían manter a súa relixión a cambio do pago dun tributo, pero moitos convertéronse ao Islam, pois os musulmáns tiñan vantaxes sociais e económicas.
3.- O ISLAM NA PENÍNSULA IBÉRICA: AL-ANDALUS 
● Os exércitos musulmáns cruzaron o estreito de Xibraltar no ano 711, derrotaron aos visigodos na batalla de Guadalete, o rei Rodrigo morreu, e en poucos anos controlaron toda a Península, coa excepción das zonas máis montañosas ou despoboadas. 
● Algúns nobres e cregos hispanovisigodos, xunto cunha pequena parte da poboación, refuxiáronse na zona asturiana, que resistiu aos invasores. Dende aí comezará a Reconquista. 
● A conquista foi rápida polas loitas internas entre a nobreza visigoda e porque a maioría da poboación hispanovisigoda apenas se resistiu. A nobreza estableceu pactos cos conquistadores para conservar as súas terras e o seu poder. 
● O territorio peninsular pasou a chamarse Al-Andalus e converteuse nun Emirato (provincia) dependente do Califato Omeia de Damasco, con capital en Córdoba. 
● Tras a caída dos Omeias de Damasco, o omeia Abd al- Rahmán I estableceuse en Al-Andalus e declarouse emir independente de Bagdad (756-929), fundando o Emirato de Córdoba. 
4.- DO CALIFATO DE CÓRDOBA AOS REINOS DE TAIFAS 
● O emir Abd al-Rahman III no ano 929 independizouse da autoridade relixiosa de Bagdad e proclamouse califa de Al-Andalus. Nacía deste xeito o Califato de Córdoba. 
● O Califato foi a época de máximo esplendor de Al-Andalus. A isto contribuíron as vitoriosas expedicións militares contra os reinos cristiáns do Norte que organizou al- Mansur (Almanzor), a finais do século X. 
● Entre o 1031 e o 1238 Al-Andalus fragmentouse en máis de 25 taifas ou reinos independentes. 
● A fragmentación política debilitou militarmente Al-Andalus. Malia a axuda dos exércitos musulmáns procedentes do Norte de África, almorábides e almohades, no século XIII, os reis cristiáns ocuparon case todos os territorios de Al- Andalus. 
● O único territorio andalusí que sobreviviu ao avance dos reinos cristiáns foi o reino nazarí de Granada ata o 1492, ano no que foi conquistado polos Reis Católicos. 
5.- ECONOMÍA E SOCIEDADE EN AL-ANDALUS 
● O centro económico no mundo musulmán era a cidade (desenvolvíanse actividades comerciais e artesanais) que posuía un núcleo amurallado ou medina, onde se encontraba a mesquita, o zoco ou mercado, e o alcázar. 
● A agricultura ocupaba a maior parte da poboación. Os musulmáns introduciron novas técnicas como o regadío e novos cultivos (o arroz, os cítricos...). 
● A sociedade en Al-Andalus estaba formada por: 
● Os árabes, que eran a minoría gobernante. (Musulmáns) 
● Os bérberes, chegados do Norte de África, un grupo de extracción humilde. (Musulmáns) 
● Os muladís, hispanovisigodos convertidos ao Islam. (Musulmáns) 
● A poboación non musulmá: Os mozárabes (hispanovisigodos cristiáns) e os xudeus.
6.- CULTURA E ARTE ISLÁMICAS 
● Entre os séculos VIII e XII, a civilización islámica destacaba polo seu esplendor, mentres a Europa feudal padecía un gran empobrecemento económico e cultural. 
● Desenvolveron os estudos matemáticos, a medicina (Avicena), a cirurxía e a astronomía. Tamén houbo importantes filósofos como Maimónides e Averroes. 
● A arte islámica reúne moitas influencias pero tamén mantén uns trazos homoxéneos, como a importancia das súas artes decorativas con motivos caligráficos (textos relixiosos con escritura árabe), xeométricos, arabescos e vexetais, a raíz da prohibición de representar imaxes sagradas. 
● En arquitectura destacan edificios como a mesquita, a alcazaba ou os palacios. Construíanse en ladrillo, utilizando arcos de ferradura, de medio punto e lobulados, e cúpulas. Posuían unha gran riqueza decorativa no interior, non así no exterior. 
● En España consérvanse dous dos edificios máis destacados da arquitectura musulmá medieval: a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.

O Islam e Al-Andalus

  • 1.
    TEMA 1: OISLAM E AL-ANDALUS 1.- MAHOMA DIFUNDE UNHA NOVA RELIXIÓN ● A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en Oriente Medio. ● Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, o arcanxo Gabriel anuncioulle que era o novo profeta elixido por Alá (Deus en árabe) para predicar unha nova relixión: o Islam. As autoridades perseguírono polas súas ideas. ● No ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiouse na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou fuxida, e esta data marca o comezo da era musulmá (Equivalente ao nacemento de Cristo). O profeta conquistou A Meca e á súa morte (632), a relixión islámica expandírase por toda Arabia. ● As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súa morte, no Corán, o libro sagrado dos musulmáns. ● Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas (xefes relixiosos e políticos). Os seguidores de Mahoma dividíronse en dúas grandes tendencias: Sunismo e Xiismo. ● Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición. Estas normas, conforman a lei islámica ou sharia. ● Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam: a profesión de fe en Alá como único Deus, o rezo diario cinco veces ao día, a esmola, o xaxún no mes do Ramadán e a peregrinación á Meca (onde de atopa a Kaaba). Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de porco. Permítese a poligamia. ● O Islam non ten sacerdotes, pero existen directores de oracións (imáns). ● O edifico relixioso dos musulmáns é a mesquita que ten unha serie de partes: minarete, patio descuberto, sala de oracións, quibla, mihrab. 2.- A EXPANSIÓN DO ISLAM ● A expansión do Islam continuou baixo o goberno dos catro primeiros califas (632- 661) cara a Exipto, Siria e Iraq. ● Os califas da dinastía Omeia (661-750)estableceron a capital en Damasco (Califato de Damasco), ocuparon o Norte de África e cruzaron a Península Ibérica (711) pero foron freados no seu avance cara o norte de Europa, na batalla de Poitiers (732). Cara ao leste, ocuparon Irán e Afganistán, e chegaron a Asia central e ao actual Paquistán. ● Cada provincia estaba gobernada por un emir ou valí. ● No 750, a familia dos Abasís de Bagdad derrotou aos Omeias e conseguiu o Califato. (Califato de Bagdad) ● En 1258, o saqueo de Bagdad polos mongois púxolle fin á dinastía abasí. ● En 1453, tras a toma de Constantinopla polos turcos, o Imperio otomán ou turco exerceu o seu dominio no mundo islámico ata o século XIX. ● Os pobos conquistados (cristiáns e xudeus) podían manter a súa relixión a cambio do pago dun tributo, pero moitos convertéronse ao Islam, pois os musulmáns tiñan vantaxes sociais e económicas.
  • 2.
    3.- O ISLAMNA PENÍNSULA IBÉRICA: AL-ANDALUS ● Os exércitos musulmáns cruzaron o estreito de Xibraltar no ano 711, derrotaron aos visigodos na batalla de Guadalete, o rei Rodrigo morreu, e en poucos anos controlaron toda a Península, coa excepción das zonas máis montañosas ou despoboadas. ● Algúns nobres e cregos hispanovisigodos, xunto cunha pequena parte da poboación, refuxiáronse na zona asturiana, que resistiu aos invasores. Dende aí comezará a Reconquista. ● A conquista foi rápida polas loitas internas entre a nobreza visigoda e porque a maioría da poboación hispanovisigoda apenas se resistiu. A nobreza estableceu pactos cos conquistadores para conservar as súas terras e o seu poder. ● O territorio peninsular pasou a chamarse Al-Andalus e converteuse nun Emirato (provincia) dependente do Califato Omeia de Damasco, con capital en Córdoba. ● Tras a caída dos Omeias de Damasco, o omeia Abd al- Rahmán I estableceuse en Al-Andalus e declarouse emir independente de Bagdad (756-929), fundando o Emirato de Córdoba. 4.- DO CALIFATO DE CÓRDOBA AOS REINOS DE TAIFAS ● O emir Abd al-Rahman III no ano 929 independizouse da autoridade relixiosa de Bagdad e proclamouse califa de Al-Andalus. Nacía deste xeito o Califato de Córdoba. ● O Califato foi a época de máximo esplendor de Al-Andalus. A isto contribuíron as vitoriosas expedicións militares contra os reinos cristiáns do Norte que organizou al- Mansur (Almanzor), a finais do século X. ● Entre o 1031 e o 1238 Al-Andalus fragmentouse en máis de 25 taifas ou reinos independentes. ● A fragmentación política debilitou militarmente Al-Andalus. Malia a axuda dos exércitos musulmáns procedentes do Norte de África, almorábides e almohades, no século XIII, os reis cristiáns ocuparon case todos os territorios de Al- Andalus. ● O único territorio andalusí que sobreviviu ao avance dos reinos cristiáns foi o reino nazarí de Granada ata o 1492, ano no que foi conquistado polos Reis Católicos. 5.- ECONOMÍA E SOCIEDADE EN AL-ANDALUS ● O centro económico no mundo musulmán era a cidade (desenvolvíanse actividades comerciais e artesanais) que posuía un núcleo amurallado ou medina, onde se encontraba a mesquita, o zoco ou mercado, e o alcázar. ● A agricultura ocupaba a maior parte da poboación. Os musulmáns introduciron novas técnicas como o regadío e novos cultivos (o arroz, os cítricos...). ● A sociedade en Al-Andalus estaba formada por: ● Os árabes, que eran a minoría gobernante. (Musulmáns) ● Os bérberes, chegados do Norte de África, un grupo de extracción humilde. (Musulmáns) ● Os muladís, hispanovisigodos convertidos ao Islam. (Musulmáns) ● A poboación non musulmá: Os mozárabes (hispanovisigodos cristiáns) e os xudeus.
  • 3.
    6.- CULTURA EARTE ISLÁMICAS ● Entre os séculos VIII e XII, a civilización islámica destacaba polo seu esplendor, mentres a Europa feudal padecía un gran empobrecemento económico e cultural. ● Desenvolveron os estudos matemáticos, a medicina (Avicena), a cirurxía e a astronomía. Tamén houbo importantes filósofos como Maimónides e Averroes. ● A arte islámica reúne moitas influencias pero tamén mantén uns trazos homoxéneos, como a importancia das súas artes decorativas con motivos caligráficos (textos relixiosos con escritura árabe), xeométricos, arabescos e vexetais, a raíz da prohibición de representar imaxes sagradas. ● En arquitectura destacan edificios como a mesquita, a alcazaba ou os palacios. Construíanse en ladrillo, utilizando arcos de ferradura, de medio punto e lobulados, e cúpulas. Posuían unha gran riqueza decorativa no interior, non así no exterior. ● En España consérvanse dous dos edificios máis destacados da arquitectura musulmá medieval: a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.