SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
TEMA 5
AS CIDADES E O MUNDO URBANO
1. O POBOAMENTO URBANO
1.1. CONCEPTO DE CIDADE
• O poboamento é o tipo de asentamento humano que se da nun territorio. Este pode
ser rural (pobos e aldeas) ou urbano (cidades).
• Os criterios para definir cidade son:
◦ O número de habitantes. En España, defínese como cidade a todo núcleo de
poboación que supere os 10000 habitantes. Nos países escandinavos unha
cidade é unha concentración de máis de 200 habitantes.
◦ A actividade económica dos seus residentes. Deben predominar as actividades
dos sectores secundario (industria) e terciario (servizos).
◦ A súa forma ou morfoloxía. As cidades contan con espazos densamente
habitados e urbanizados, con predominio de vivendas en altura, unha extensa
rede de vías públicas e infraestruturas de transporte (estación de buses,
ferrocarrís, aeroportos, conexións con autoestradas,...).
◦ Os hábitos e costumes dos seus habitantes: ritmo de vida máis estresante,
relacións persoais máis individualistas, maior consumo e gasto, xente de distinta
procedencia, maior oferta cultural...
1.2. FUNCIÓNS URBANAS
• As funcións urbanas son as actividades que fixeron desenvolver as cidades e
cambian co tempo:
◦ Residencial: é a que ocupa máis solo urbano.
◦ Comercial e financeira: o comercio leva de seu outras actividades paralelas
(bancos, hoteis…).
◦ Administrativa e política: as cidades constitúen centros da administración e do
poder político, moitas son capitais de Estado: Washington, Moscú, París,...
◦ Industrial: moitas cidades medraron impulsadas pola industrialización e hoxe gran
parte das industrias sitúanse na periferia das mesmas.
◦ Algunhas cidades destacan por ter unha función principal que pode ser relixiosa
(A Meca, Roma, Xerusalén), cultural (Florencia), turística (Ibiza), universitaria
(Oxford),...
2. O CRECEMENTO URBANO ACTUAL
2.1. A EXPLOSIÓN URBANA
• En 1800 soamente o 3% da poboación mundial vivía en cidades. Hoxe en día, uns
catro mil millóns de persoas (54%) viven en espazos urbanos. É máis da metade
da poboación mundial. A poboación urbana non adiantou á rural ata 2005.
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1
ANOS POBOACIÓN MUNDIAL EN MILLÓNS POBOACIÓN URBANA POBOACIÓN RURAL
1800 978 3% 97%
1900 1.650 15% 85%
2000 6.070 47% 53%
2014 7.204 54% 46%
2050 9.600 66% 34%
Fonte: United Nations Population Division
• As sociedades preindustriais eran sociedades rurais. Nos países desenvolvidos, a
industrialización iniciada a mediados do século XVIII provocou que moitos
campesiños se trasladasen ás cidades (éxodo rural) co conseguinte crecemento
urbano. Nun principio ese fenómeno reducíase ás cidades occidentais pero, desde o
final da II Guerra Mundial (1945), as cidades do terceiro mundo protagonizaron o
proceso de urbanización e non paran de crecer.
• Nas sociedades do primeiro mundo viven en cidades tres de catro persoas. Esa
proporción crece a pouca velocidade. mesmo algunhas perden poboación, desde
finais do século XX, porque o transporte privado permite que moitas persoas residan
no campo e traballen na cidade. Asia e África son responsables do incremento da
poboación urbana nas últimas décadas: as cidades son vistas como lugar de
oportunidades e exercen unha gran atracción sobre a poboación rural.
2.2. AS AGLOMERACIÓNS URBANAS
• No 2015, trinta e catro aglomeracións urbanas no mundo eran megacidades, é dicir,
superaban os 10 millóns de habitantes, a maior parte en Asia. Á fronte de todas
elas atopamos a área urbana xaponesa de Tokio-Yokohama coa espectacular cifra
de case 38 millóns de habitantes.
• As cidades, ao medrar, forman grandes áreas urbanas como:
◦ Área metropolitana: abrangue unha gran cidade e a zona urbana que a rodea:
Madrid.
◦ Conurbación: fórmase cando varias áreas metropolitanas crecen e chegan a
unirse formando un continuo urbano: Rotterdam-Amsterdam
◦ Megalópole: é o conxunto de varias conurbacións enlazadas. Bos-Was.
2.3. A XERARQUÍA URBANA
• Unha rede urbana é un conxunto de cidades relacionadas entre si, entre as que se
establece unha xerarquía urbana, é dicir, o nivel de importancia que ten unha
cidade respecto ás demais, que depende do tamaño, da cantidade de funcións e da
extensión da área de influencia que ten.
• Os niveis básicos da xerarquía urbana mundial son:
◦ Metrópoles globais: exercen unha influencia mundial. Son sedes de empresas
multinacionais, principais bancos e bolsas e organismos internacionais. Tokio,
Londres, Nova York.
◦ Metrópoles mundiais: teñen proxección internacional. Adoitan ser sedes de
multinacionais: París, Moscova, Pekín...
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 2
◦ Metrópoles nacionais: adoitan ser capitais de Estado. Concentran numerosas
funcións e servizos. Lisboa, Madrid,...
◦ Metrópoles rexionais: son cidades que exercen influencia sobre unha rexión:
Lyon, Milán, Valencia...
3. A MORFOLOXÍA URBANA
3.1. O PLANO URBANO
• Denomínase morfoloxía urbana á forma e organización espacial da cidade. É por
iso que a morfoloxía urbana estuda a distribución de rúas e edificios e queda
reflectida no seu plano. A morfoloxía urbana está moi condicionada polo
emprazamento ou espazo físico sobre o que se asenta a cidade. Algunhas cidades
foron construídas sobre un outeiro, xunto a un río ou fronte ao mar, o que condiciona
o seu desenvolvemento espacial.
• O plano urbano é a representación gráfica, a escala, dunha cidade onde se
representa o trazado das súas rúas e prazas, edificios, zonas verdes, monumentos,
infraestruturas e vías de comunicación. Os tipos de plano máis frecuentes son:
◦ Plano irregular. É propio de zonas urbanas que medraron de xeito espontáneo,
sen planificación. As rúas son estreitas e tortuosas e a súa disposición é
anárquica. É moi típico das cidades medievais europeas e das cidades musulmás.
◦ Plano ortogonal: Responde a unha planificación realizada en forma de
cuadrícula. As rúas son rectas e córtanse perpendicularmente. É propio das
cidades gregas e romanas da antigüidade, e sobre todo dos barrios que xurdiron
nas cidades europeas a partir século XIX (ensanches). Para ir dun extremo da
cidade ao outro deseñáronse avenidas diagonais. Ex.: Barcelona.
◦ Plano radiocéntrico. Planifícase desde un núcleo central, tradicionalmente
ocupado por unha praza,a partir do que saen rúas como se fosen raios dunha
bicicleta que son cortadas por outras rúas ou roldas, formando círculos
concéntricos. Ex. Moscú.
3.2. A ESTRUTURA URBANA
• Xeralmente, as grandes cidades adoitan ter un plano complexo no que, debido a
sucesivas ampliacións, combínanse planos diferentes. Por iso, pódense distinguir
nas cidades as seguintes áreas ou zonas, cunha trama urbana diferenciada:
◦ Casco antigo ou histórico, corresponde ao centro histórico da cidade, o plano é
irregular. Alberga os monumentos e edificios máis antigos, adoita incluír
importantes actividades comerciais. No centro dalgunhas cidades, e na áreas
urbanas de recente desenvolvemento, como é o caso das cidades
norteamericanas, parte do casco histórico foi substituído por barrios de negocios
onde abundan rañaceos. Estes barrios chámanse polas siglas inglesas CBD ou
Central Business District ou Downtown (centro das cidades en EE.UU.).
◦ Ensanche, son áreas planificadas e edificadas a partir do século XIX, que amplían
a extensión da cidade máis aló dos centros históricos. Os seus planos poden ser
radiocéntricos e ortogonales. Están formadas por bloques de vivendas de varios
pisos, polo que cumpren unha función residencial, aínda que tamén albergan
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 3
numerosas actividades comerciais e de servizos.
◦ Barrios periféricos, xurdiron durante o século XX, formados por grandes
bloques de vivendas (con alta densidade de poboación) ou cidades-xardín
(zonas residenciais de vivendas unifamiliares, cun maior nivel de servizos e
poboación de maior poder adquisitivo). Con frecuencia, nas proximidades destas
áreas localízanse polígonos industriais e grandes centros comerciais para
abastecer á poboación.
◦ O casco antigo e o ensanche forman hoxe o centro urbano, mentres que a
periferia, que forma parte do crecemento da cidade polo territorio, ten límites
imprecisos entre o rural e o urbano (área periurbana) polo que se fala de cidade
difusa.
4. O PROCESO DE URBANIZACIÓN
• O proceso de urbanización é o desenvolvemento, crecemento e concentración da
poboación en cidades. Iniciouse na antigüidade e continúa na actualidade.
Distínguense tres etapas: preindustrial, industrial e postindustrial ou actual.
4.1. A CIDADE PREINDUSTRIAL
• É a parte dunha cidade dende as súas orixes ata o século XIX.
• As primeiras cidades teñen milenios de antigüidade e orixináronse en
Mesopotamia.
• Coas civilizacións clásicas de Grecia e Roma as cidades adquiren gran relevancia
e, en moitos caso, son a orixe de cidades actuais. As cidades gregas tiñan un plano
ortogonal e contaban con espazos públicos como a ágora. As cidades romanas tiñan
un trazado regular, contaban cunha praza principal (o foro), dúas rúas principais (o
cardus e o decumanus), canalizacións, pavimentos,...
• Na Idade Media, as cidades eran pequenas, rodeadas por unha muralla, de plano
irregular con rúas estreitas e curtas, sucias, sen rede de sumidoiros nin auga potable.
Tiñan funcións económicas, relixiosas, políticas e lugar de refuxio. Era frecuente a
existencia de barrios nos que se agrupaban as xentes por relixión (xudería, mourería)
ou por oficio (gremios). O centro da cidade adoitaba estar ocupado por unha praza,
onde se situaba a catedral e o mercado. Nesta época xorden novos barrios
chamadas burgos. Moitas cidades europeas conservan nos seus centros históricos a
pegada medieval no seu plano e nas edificacións.
• Durante a Idade Moderna, as cidades experimentaron importantes melloras. O plano
das cidades do Renacemento, do Barroco e da Ilustración recuperou os ideais de
planificación, simetría e orde. Edificáronse grandes palacios e templos.
Embelecéronse con prazas, xardíns, fontes e abríronse novas rúas. Melloraron as
condicións hixiénicas e sanitarias coa construción de redes de sumidoiros,
pavimentación das rúas, lavadoiros,...
4.2. A CIDADE INDUSTRIAL
• É a parte dunha cidade que corresponde ao crecemento provocado pola revolución
industrial, durante os séculos XIX e XX.
• Paralelamente á instalación das fábricas nas cidades, estas experimentan unha
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 4
serie de cambios:
◦ Rápido crecemento no número de habitantes debido ao éxodo rural e ao propio
crecemento demográfico o que obriga a derrubar as murallas.
◦ Configuráronse novas áreas residenciais diferenciadas por clases sociais:
▪ Os ensanches, cerca do primitivo centro urbano, ocupados pola burguesía,
con confortables vivendas e un trazado regular.
▪ Na periferia, xurdiron os barrios obreiros, con vivendas que, en moitos
casos, non reunían as mínimas condicións de hixiene e salubridade.
◦ Progresiva dotación de servizos urbanos como rúas pavimentadas e
iluminadas, auga corrente nas vivendas, recollida do lixo, e rede de transporte
público urbano (tranvía, tren, autobuses)... Destas melloras beneficiábanse o
centro e os ensanches burgueses, case nunca os barrios obreiros da periferia.
4.3. A CIDADE POSTINDUSTRIAL OU ACTUAL
• É a parte da cidade que corresponde á expansión producida a partires da segunda
metade do século XX. O sector terciario predomina sobre calquera outra
actividade. Destaca o continuo crecemento e expansión polas áreas próximas.
4.3.1. AS CIDADES DOS PAÍSES DESENVOVÍDOS. CARACTERÍSTICAS
▪ As cidades grandes frearon o seu crecemento, as medianas non.
▪ Os cascos antigos sufriron un progresivo abandono e deterioro, por iso,
moitos países levan a cabo políticas urbanísticas de recuperación e
rehabilitación destes espazos.
▪ A periferia urbana experimenta unha enorme expansión dando orixe ás áreas
metropolitanas nas que se inclúen as cidades dormitorio. Os límites entre o
urbano e o rural desaparece e pásase ao que se chama cidade difusa ou
área rururbana.
▪ A dispersión da poboación dá como resultado a creación de diversas áreas na
periferia:
• Os polígonos industriais nos que se instalan fábricas e industrias
afastadas do núcleo urbano, pero unidos a este por boas vías de
comunicación, e os parques tecnolóxicos onde se instalan industrias
punteiras (telecomunicacións, biotecnoloxía,...)
• Áreas de equipamento: centros comerciais, complexos deportivos,
hospitais, campus universitarios,... Infraestruturas de comunicacións:
avenidas, roldas periféricas, aeroportos,...
• Os barrios residenciais. A escaseza de solo edificable nas zonas céntricas
encarece o prezo das vivendas, de modo que xorden barrios de diversos
tipos: barrios de infravivendas (chabolas en España), barrios de vivendas
en altura (torres de pisos) ou de forma horizontal (vivendas unifamiliares).
4.3.2. AS CIDADES DOS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS. CARACTERÍSTICAS
▪ O crecemento urbano é moi alto debido á chegada masiva de xente do
campo e á alta natalidade. Proliferan as infravivendas ou chabolas de
autoconstrución.
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 5
▪ Diferenciación clara entre a cidade e o rural.
▪ Fortes contrastes entre as luxosas residencias e a míseras autoconstrucións
que ocupan barrios enteiros (favelas, slums,...).
▪ Caos urbanístico e de tráfico polo crecemento desordenado e a escaseza de
infraestruturas.
5. PROBLEMAS DAS GRANDES CIDADES
• Problemas de vivenda para os grupos máis desfavorecidos.
• Problemas de tráfico e de circulación: atascos, falta de estacionamentos,...
• Problemas de equipamento e infraestruturas de certos barrios.
• Problemas de delincuencia e marxinación social.
• A especulación urbanística que incrementa o prezo das vivendas.
• Contaminación atmosférica xerada pola emisión dos vehículos, calefaccións e
industrias.
• Contaminación acústica debido ao ruído dos vehículos, das fábricas, da maquinaria
ou dos locais comerciais e de ocio.
• Contaminación polos residuos tanto sólidos como líquidos que contaminan as
augas, os solos e degradan a vexetación.
• Gran consumo de enerxía non renovable (petróleo, gas natural).
6. AS CIDADES EUROPEAS
6.1. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN URBANA EN EUROPA
• Europa foi un dos primeiros continentes do mundo en industrializarse e, por tanto,
en gañar poboación urbana. A inicios do século XIX só o 15% da poboación de
Europa Occidental vivía en cidades. En 1900 a poboación urbana da Europa máis
rica, a occidental, aproximábase xa ao 50%. Na actualidade viven en cidades case o
75% dos europeos.
6.2. AS CIDADES EUROPEAS SEGUNDO O SEU TAMAÑO
• As cidades europeas concéntranse no eixo que une Manchester, no Reino Unido,
con Milán, no norte de Italia.
• París, Londres, Moscova teñen en Europa a categoría de megacidades.
• A rede urbana de Europa distínguese da do resto do mundo polo predominio das
cidades de menos dun millón de habitantes.
6.3. A XERARQUÍA URBANA EUROPEA
• As cidades globais son aquelas que teñen un peso político, económico e
demográfico tan forte que as fai capaces de influír en todo o planeta. Londres sería a
única cidade europea nesa categoría.
• París e Moscova, cun peso político e demográfico é considerable, poden ser
consideradas metrópoles internacionais.
• Como xa dixemos, en Europa predominan as cidades de mediano e pequeno
tamaño. Estas cidades son metrópoles nacionais, porque condicionan a actividade
económica dos Estados dos que forman parte. Berlín, Madrid, Bruxelas.
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 6
• A fortaleza de moitas cidades pequenas está no sector financeiro (bancos):
Xenebra e Zúrich Frankfurt. Noutras cidades o sector turístico ten unha gran
relevancia: Florencia. Outras basean a súa fortaleza na súa condición de eixos de
comunicación: portos de Marsella, Xénova, Liverpool ou Hamburgo rexistran
enormes movementos de mercadorías.
6.4. O MODELO DE CIDADES MEDIAS E PEQUENAS DE EUROPA
• A rede urbana europea era xa moi densa en tempos do Imperio romano (do século I
a.C. ao V d.C.). A densidade urbana acrecentouse durante a Plena Idade Media,
etapa na que xurdiron un gran número de cidades en Europa.
• O moderado tamaño das cidades europeas permítelles manter unha boa calidade
de vida: centros de atención médica e servizos educativos, densas redes de
transporte público e a ampla presenza de espazos verdes.
• Con todo moitas cidades europeas padecen serios problemas de desemprego, en
especial entre a poboación nova.
• En Europa a pobreza urbana e os fenómenos de chabolismo son menos acusados
que nas cidades doutros continentes. Con todo, o desemprego fixo aumentar a
desigualdade social nas cidades europeas. Certos barrios das grandes cidades
convertéronse en guetos de inmigrantes e poboación marxinal. A segregación
está detrás de moitos episodios de violencia e criminalidade que ameazan a
convivencia nas cidades europeas.
7. AS CIDADES ESPAÑOLAS E GALEGAS
7.1. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN URBANA EN ESPAÑA E EN GALICIA
• A poboación urbana en España segue unha evolución parella á do conxunto de
Europa. A inicios do século XIX a poboación urbana en España andaba polo 10% da
poboación total, e medra sen descanso ata 1980, ano no que vivían en espazos
urbanos o 70% dos españois. No 2015 achegábase ao 80%.
• En Galicia o proceso aseméllase, se ben a porcentaxe de poboación urbana é
sempre algo menor. No 2015 só o 70% dos galegos vivían en municipios de máis de
10 000 habitantes.
7.2. O PROCESO DE URBANIZACIÓN
• A cidade preindustrial:
◦ Moitas cidades españolas teñen unha orixe romana (Barcelona, Mérida, Lugo,...).
Os musulmáns tamén fundaron algunha como Madrid. As cidades cristiás na
Idade Media viviron un importante crecemento e en Galicia naceron cidades como
Santiago ou Pontevedra. Na Idade Moderna algunhas cidades experimentaron un
importante crecemento como Valladolid, Madrid ou Ferrol.
◦ As cidades eran pequenas e estaban rodeadas de murallas. O plano urbano
máis frecuente era o irregular con trama compacta e pechada.
◦ O casco histórico das cidades españolas e galegas é desta fase. Nalgúns casos
están sendo rehabilitados e recuperando poboación.
• A cidade industrial:
◦ A industrialización e o éxodo rural favoreceron o crecemento urbano.
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 7
◦ En moitas cidades derrubáronse as murallas e construíronse novos barrios: o
ensanche era o barrio residencial burgués (Barcelona, A Coruña,...), cun plano en
cuadrícula; os barrios obreiros situábanse na periferia, estaban mal deseñados e
as edificacións era de mala calidade.
• A cidade postindustrial ou actual:
◦ A industria perdeu importancia como factor de desenvolvemento urbano en favor
das actividades do sector terciario.
◦ As grandes cidades frearon o seu crecemento en favor das cidades medias e
pequenas.
◦ Nesta etapa postindustrial ten un gran desenvolvemento a periferia urbana, na
que se poden diferenciar varias áreas:
▪ Área residenciais: barrios de chabolas, vivendas de protección oficial, barrios
de promoción privada.
▪ Áreas industriais: é onde se instalan os polígonos industriais, os parques
empresariais e os parques tecnolóxicos.
▪ Áreas de equipamento e servizos: grandes superficies comerciais, campus
universitarios, hospitais, instalacións deportivas,...
7.3. O SISTEMA URBANO ESPAÑOL
• Un grupo de cidades conforma unha rede urbana cando mantén estreitas relacións
de tipo económico ou social. En España diferéncianse os seguintes eixes urbanos:
◦ O eixe atlántico galego: esténdense pola consta galega e destacan Vigo e A
Coruña como cidades principais.
◦ O eixe cantábrico: espállase pola costa do Cantábrico, desde Asturias ata o País
Vasco. Destaca Bilbao como cidade principal, ademais de Xixón, Donostia ou
Santander.
◦ O eixe do val do Ebro: serve de corredor que une as cidades do Cantábrico coas
do Mediterráneo. Ten como centro máis importantes Zaragoza.
◦ O eixe Mediterráneo: Esténdese por toda a costa oriental, desde Cataluña ata
Murcia. Contén unha cidade de gran tamaño e unha forte posición internacional,
Barcelona. Outras cidades importantes nesta área son Valencia, Murcia ou
Alacante.
◦ O eixe andaluz:Corre polo val do Guadalquivir e a costa de Andalucía, con Sevilla
e Málaga como cidades destacadas. Tanto nesta rede como na anterior, son
cidades que dependen en boa medida do turismo e da industria agrícola.
7.4. A XERARQUÍA URBANA ESPAÑOLA
• O sistema urbano español está constituído por un conxunto de cidades de diferente
importancia e influencia. Nelas distínguese a seguinte xerarquía:
◦ Metrópoles nacionais: Madrid e Barcelona superan os 4 millóns de habitantes
coas súas áreas metropolitanas. Exercen influencia sobre todo o territorio e actúan
como enlace con outras cidades do mundo. Nelas están as principais sedes
políticas, financeiras e de empresas multinacionais.
◦ Metrópoles rexionais: Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga e Bilbao. Exercen
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 8
unha influencia rexional e contan con numerosos servizos. Teñen unha poboación
que supera os 500.000 habitantes.
◦ Metrópoles subrexionais: Valladolid, Murcia, Vigo, A Coruña,... exercen unha
influencian nas súas comunidades autónomas. Dispoñen de servizos
especializados e unha rede metropolitana menor. Teñen unha poboación entre os
200.000 e os 500.000 habitantes.
◦ Cidades medias: son a maioría das restantes cidades que son capitais de
provincia. Desempeñan funcións menos especializadas e a súa área de influencia
e provincial. Teñen entre 50.000 e 200.000 habitantes.
◦ Cidades pequenas ou vilas: Son localidades dotadas de equipamentos e
infraestruturas básicas cunha influencia comarcal. A súa poboación oscila entre os
10.000 e os 50.000 habitantes.
7.5. A XERARQUÍA E A REDE URBANA DE GALICIA
• A xerarquía das cidades galegas diferenza tres categorías:
◦ Dúas cidades destacadas: Vigo e A Coruña con influencia en toda a
Comunidade. Son metrópoles subrexionais e contan con áreas metropolitanas en
continua expansión.
◦ Cinco cidades de tamaño medio: Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e
Ferrol.
◦ Numerosas cidades pequenas e vilas: Vilalba, Monforte, Lalín, Carballo,
Betanzos, Verín... que actúan como cabeceiras de comarca.
• Para a súa localización diferéncianse dous conxuntos:
◦ Eixe urbano atlántico, unha franxa costeira que se estende dende Ferrol á
fronteira portuguesa e no que destaca a rexión urbana de Vigo-Pontevedra e a da
Coruña-Ferrol.
◦ O interior, no que destacan Lugo e Ourense e os centros comarcais.
• As cidades galegas xunto coas do norte de Portugal conforman o Eixo Atlántico.
Este grupo de cidades comezaría en Ferrol e prolóngase ata Oporto (Portugal) e
pretenden fomentar a colaboración entre elas e acadar obxectivos comúns.
Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 9

More Related Content

What's hot

Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Mediarubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Tema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbanoTema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbanorubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
O sector secundario en españa
O sector secundario en españaO sector secundario en españa
O sector secundario en españaMaribel Iglesias
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernorubempaul
 
Sector terciario
Sector terciarioSector terciario
Sector terciarioMANEIRO
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andaluscamposseijo
 
UD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª parteUD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª partexeografiando
 
Tema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medievalTema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medievalSanti Pazos
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galiciarubempaul
 
O poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidadesO poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidadesRosacidgalante
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medievalaggcoruxo
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medievalicoico1
 

What's hot (20)

Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Media
 
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Tema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbanoTema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbano
 
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
UNIDADE 2 - 2º E.S.O.
UNIDADE 2 - 2º E.S.O.UNIDADE 2 - 2º E.S.O.
UNIDADE 2 - 2º E.S.O.
 
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
 
O sector secundario en españa
O sector secundario en españaO sector secundario en españa
O sector secundario en españa
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
 
Sector terciario
Sector terciarioSector terciario
Sector terciario
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalus
 
UD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª parteUD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª parte
 
Tema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medievalTema 3: A cidade medieval
Tema 3: A cidade medieval
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
O poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidadesO poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidades
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 

Viewers also liked

A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaul
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalusrubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial rubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíarubempaul
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)rubempaul
 

Viewers also liked (20)

A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 

Similar to As cidades e o mundo urbano (2º ESO)

As cidades e o urbano
As cidades e o urbanoAs cidades e o urbano
As cidades e o urbanoicoico1
 
UNIDADE 8: Poboamento Urbano
UNIDADE 8: Poboamento UrbanoUNIDADE 8: Poboamento Urbano
UNIDADE 8: Poboamento Urbanocamposseijo
 
UD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª parteUD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª partexeografiando
 
Unidade 9 poboamento urbano
Unidade 9 poboamento urbanoUnidade 9 poboamento urbano
Unidade 9 poboamento urbanocamposseijo
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesXeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesDavid Barrán Ferreiro
 
Tema 9: O espazo urbano
Tema 9: O espazo urbanoTema 9: O espazo urbano
Tema 9: O espazo urbanoRosacidgalante
 
As cidades no mundo actual
As cidades no mundo actualAs cidades no mundo actual
As cidades no mundo actualRosacidgalante
 
As cidades no mundo actual
As cidades no mundo actualAs cidades no mundo actual
As cidades no mundo actualRosacidgalante
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
09 as cidades
09 as cidades09 as cidades
09 as cidadesroberto
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanovelazquezturnesnieves
 
Vocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaisVocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaiscamposseijo
 
Vocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaisVocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaiscamposseijo
 
Proceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrialProceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrialCarlosbabilon
 
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzoO espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzopuribouzas
 

Similar to As cidades e o mundo urbano (2º ESO) (20)

As cidades e o urbano
As cidades e o urbanoAs cidades e o urbano
As cidades e o urbano
 
A Cidade
A CidadeA Cidade
A Cidade
 
UNIDADE 8: Poboamento Urbano
UNIDADE 8: Poboamento UrbanoUNIDADE 8: Poboamento Urbano
UNIDADE 8: Poboamento Urbano
 
UD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª parteUD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª parte
 
Unidade 9 poboamento urbano
Unidade 9 poboamento urbanoUnidade 9 poboamento urbano
Unidade 9 poboamento urbano
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesXeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
 
Tema 9: O espazo urbano
Tema 9: O espazo urbanoTema 9: O espazo urbano
Tema 9: O espazo urbano
 
8. O sistema urbano
8. O sistema urbano8. O sistema urbano
8. O sistema urbano
 
O Poboamento Urbano
O Poboamento UrbanoO Poboamento Urbano
O Poboamento Urbano
 
As cidades no mundo actual
As cidades no mundo actualAs cidades no mundo actual
As cidades no mundo actual
 
As cidades no mundo actual
As cidades no mundo actualAs cidades no mundo actual
As cidades no mundo actual
 
O espazo urbano
O espazo urbanoO espazo urbano
O espazo urbano
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
09 as cidades
09 as cidades09 as cidades
09 as cidades
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbano
 
Vocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaisVocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finais
 
Vocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaisVocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finais
 
Proceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrialProceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrial
 
O poboamento
O poboamentoO poboamento
O poboamento
 
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzoO espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización gregarubempaul
 

More from rubempaul (18)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización grega
 

Recently uploaded

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

As cidades e o mundo urbano (2º ESO)

  • 1. TEMA 5 AS CIDADES E O MUNDO URBANO 1. O POBOAMENTO URBANO 1.1. CONCEPTO DE CIDADE • O poboamento é o tipo de asentamento humano que se da nun territorio. Este pode ser rural (pobos e aldeas) ou urbano (cidades). • Os criterios para definir cidade son: ◦ O número de habitantes. En España, defínese como cidade a todo núcleo de poboación que supere os 10000 habitantes. Nos países escandinavos unha cidade é unha concentración de máis de 200 habitantes. ◦ A actividade económica dos seus residentes. Deben predominar as actividades dos sectores secundario (industria) e terciario (servizos). ◦ A súa forma ou morfoloxía. As cidades contan con espazos densamente habitados e urbanizados, con predominio de vivendas en altura, unha extensa rede de vías públicas e infraestruturas de transporte (estación de buses, ferrocarrís, aeroportos, conexións con autoestradas,...). ◦ Os hábitos e costumes dos seus habitantes: ritmo de vida máis estresante, relacións persoais máis individualistas, maior consumo e gasto, xente de distinta procedencia, maior oferta cultural... 1.2. FUNCIÓNS URBANAS • As funcións urbanas son as actividades que fixeron desenvolver as cidades e cambian co tempo: ◦ Residencial: é a que ocupa máis solo urbano. ◦ Comercial e financeira: o comercio leva de seu outras actividades paralelas (bancos, hoteis…). ◦ Administrativa e política: as cidades constitúen centros da administración e do poder político, moitas son capitais de Estado: Washington, Moscú, París,... ◦ Industrial: moitas cidades medraron impulsadas pola industrialización e hoxe gran parte das industrias sitúanse na periferia das mesmas. ◦ Algunhas cidades destacan por ter unha función principal que pode ser relixiosa (A Meca, Roma, Xerusalén), cultural (Florencia), turística (Ibiza), universitaria (Oxford),... 2. O CRECEMENTO URBANO ACTUAL 2.1. A EXPLOSIÓN URBANA • En 1800 soamente o 3% da poboación mundial vivía en cidades. Hoxe en día, uns catro mil millóns de persoas (54%) viven en espazos urbanos. É máis da metade da poboación mundial. A poboación urbana non adiantou á rural ata 2005. Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 1
  • 2. ANOS POBOACIÓN MUNDIAL EN MILLÓNS POBOACIÓN URBANA POBOACIÓN RURAL 1800 978 3% 97% 1900 1.650 15% 85% 2000 6.070 47% 53% 2014 7.204 54% 46% 2050 9.600 66% 34% Fonte: United Nations Population Division • As sociedades preindustriais eran sociedades rurais. Nos países desenvolvidos, a industrialización iniciada a mediados do século XVIII provocou que moitos campesiños se trasladasen ás cidades (éxodo rural) co conseguinte crecemento urbano. Nun principio ese fenómeno reducíase ás cidades occidentais pero, desde o final da II Guerra Mundial (1945), as cidades do terceiro mundo protagonizaron o proceso de urbanización e non paran de crecer. • Nas sociedades do primeiro mundo viven en cidades tres de catro persoas. Esa proporción crece a pouca velocidade. mesmo algunhas perden poboación, desde finais do século XX, porque o transporte privado permite que moitas persoas residan no campo e traballen na cidade. Asia e África son responsables do incremento da poboación urbana nas últimas décadas: as cidades son vistas como lugar de oportunidades e exercen unha gran atracción sobre a poboación rural. 2.2. AS AGLOMERACIÓNS URBANAS • No 2015, trinta e catro aglomeracións urbanas no mundo eran megacidades, é dicir, superaban os 10 millóns de habitantes, a maior parte en Asia. Á fronte de todas elas atopamos a área urbana xaponesa de Tokio-Yokohama coa espectacular cifra de case 38 millóns de habitantes. • As cidades, ao medrar, forman grandes áreas urbanas como: ◦ Área metropolitana: abrangue unha gran cidade e a zona urbana que a rodea: Madrid. ◦ Conurbación: fórmase cando varias áreas metropolitanas crecen e chegan a unirse formando un continuo urbano: Rotterdam-Amsterdam ◦ Megalópole: é o conxunto de varias conurbacións enlazadas. Bos-Was. 2.3. A XERARQUÍA URBANA • Unha rede urbana é un conxunto de cidades relacionadas entre si, entre as que se establece unha xerarquía urbana, é dicir, o nivel de importancia que ten unha cidade respecto ás demais, que depende do tamaño, da cantidade de funcións e da extensión da área de influencia que ten. • Os niveis básicos da xerarquía urbana mundial son: ◦ Metrópoles globais: exercen unha influencia mundial. Son sedes de empresas multinacionais, principais bancos e bolsas e organismos internacionais. Tokio, Londres, Nova York. ◦ Metrópoles mundiais: teñen proxección internacional. Adoitan ser sedes de multinacionais: París, Moscova, Pekín... Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 2
  • 3. ◦ Metrópoles nacionais: adoitan ser capitais de Estado. Concentran numerosas funcións e servizos. Lisboa, Madrid,... ◦ Metrópoles rexionais: son cidades que exercen influencia sobre unha rexión: Lyon, Milán, Valencia... 3. A MORFOLOXÍA URBANA 3.1. O PLANO URBANO • Denomínase morfoloxía urbana á forma e organización espacial da cidade. É por iso que a morfoloxía urbana estuda a distribución de rúas e edificios e queda reflectida no seu plano. A morfoloxía urbana está moi condicionada polo emprazamento ou espazo físico sobre o que se asenta a cidade. Algunhas cidades foron construídas sobre un outeiro, xunto a un río ou fronte ao mar, o que condiciona o seu desenvolvemento espacial. • O plano urbano é a representación gráfica, a escala, dunha cidade onde se representa o trazado das súas rúas e prazas, edificios, zonas verdes, monumentos, infraestruturas e vías de comunicación. Os tipos de plano máis frecuentes son: ◦ Plano irregular. É propio de zonas urbanas que medraron de xeito espontáneo, sen planificación. As rúas son estreitas e tortuosas e a súa disposición é anárquica. É moi típico das cidades medievais europeas e das cidades musulmás. ◦ Plano ortogonal: Responde a unha planificación realizada en forma de cuadrícula. As rúas son rectas e córtanse perpendicularmente. É propio das cidades gregas e romanas da antigüidade, e sobre todo dos barrios que xurdiron nas cidades europeas a partir século XIX (ensanches). Para ir dun extremo da cidade ao outro deseñáronse avenidas diagonais. Ex.: Barcelona. ◦ Plano radiocéntrico. Planifícase desde un núcleo central, tradicionalmente ocupado por unha praza,a partir do que saen rúas como se fosen raios dunha bicicleta que son cortadas por outras rúas ou roldas, formando círculos concéntricos. Ex. Moscú. 3.2. A ESTRUTURA URBANA • Xeralmente, as grandes cidades adoitan ter un plano complexo no que, debido a sucesivas ampliacións, combínanse planos diferentes. Por iso, pódense distinguir nas cidades as seguintes áreas ou zonas, cunha trama urbana diferenciada: ◦ Casco antigo ou histórico, corresponde ao centro histórico da cidade, o plano é irregular. Alberga os monumentos e edificios máis antigos, adoita incluír importantes actividades comerciais. No centro dalgunhas cidades, e na áreas urbanas de recente desenvolvemento, como é o caso das cidades norteamericanas, parte do casco histórico foi substituído por barrios de negocios onde abundan rañaceos. Estes barrios chámanse polas siglas inglesas CBD ou Central Business District ou Downtown (centro das cidades en EE.UU.). ◦ Ensanche, son áreas planificadas e edificadas a partir do século XIX, que amplían a extensión da cidade máis aló dos centros históricos. Os seus planos poden ser radiocéntricos e ortogonales. Están formadas por bloques de vivendas de varios pisos, polo que cumpren unha función residencial, aínda que tamén albergan Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 3
  • 4. numerosas actividades comerciais e de servizos. ◦ Barrios periféricos, xurdiron durante o século XX, formados por grandes bloques de vivendas (con alta densidade de poboación) ou cidades-xardín (zonas residenciais de vivendas unifamiliares, cun maior nivel de servizos e poboación de maior poder adquisitivo). Con frecuencia, nas proximidades destas áreas localízanse polígonos industriais e grandes centros comerciais para abastecer á poboación. ◦ O casco antigo e o ensanche forman hoxe o centro urbano, mentres que a periferia, que forma parte do crecemento da cidade polo territorio, ten límites imprecisos entre o rural e o urbano (área periurbana) polo que se fala de cidade difusa. 4. O PROCESO DE URBANIZACIÓN • O proceso de urbanización é o desenvolvemento, crecemento e concentración da poboación en cidades. Iniciouse na antigüidade e continúa na actualidade. Distínguense tres etapas: preindustrial, industrial e postindustrial ou actual. 4.1. A CIDADE PREINDUSTRIAL • É a parte dunha cidade dende as súas orixes ata o século XIX. • As primeiras cidades teñen milenios de antigüidade e orixináronse en Mesopotamia. • Coas civilizacións clásicas de Grecia e Roma as cidades adquiren gran relevancia e, en moitos caso, son a orixe de cidades actuais. As cidades gregas tiñan un plano ortogonal e contaban con espazos públicos como a ágora. As cidades romanas tiñan un trazado regular, contaban cunha praza principal (o foro), dúas rúas principais (o cardus e o decumanus), canalizacións, pavimentos,... • Na Idade Media, as cidades eran pequenas, rodeadas por unha muralla, de plano irregular con rúas estreitas e curtas, sucias, sen rede de sumidoiros nin auga potable. Tiñan funcións económicas, relixiosas, políticas e lugar de refuxio. Era frecuente a existencia de barrios nos que se agrupaban as xentes por relixión (xudería, mourería) ou por oficio (gremios). O centro da cidade adoitaba estar ocupado por unha praza, onde se situaba a catedral e o mercado. Nesta época xorden novos barrios chamadas burgos. Moitas cidades europeas conservan nos seus centros históricos a pegada medieval no seu plano e nas edificacións. • Durante a Idade Moderna, as cidades experimentaron importantes melloras. O plano das cidades do Renacemento, do Barroco e da Ilustración recuperou os ideais de planificación, simetría e orde. Edificáronse grandes palacios e templos. Embelecéronse con prazas, xardíns, fontes e abríronse novas rúas. Melloraron as condicións hixiénicas e sanitarias coa construción de redes de sumidoiros, pavimentación das rúas, lavadoiros,... 4.2. A CIDADE INDUSTRIAL • É a parte dunha cidade que corresponde ao crecemento provocado pola revolución industrial, durante os séculos XIX e XX. • Paralelamente á instalación das fábricas nas cidades, estas experimentan unha Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 4
  • 5. serie de cambios: ◦ Rápido crecemento no número de habitantes debido ao éxodo rural e ao propio crecemento demográfico o que obriga a derrubar as murallas. ◦ Configuráronse novas áreas residenciais diferenciadas por clases sociais: ▪ Os ensanches, cerca do primitivo centro urbano, ocupados pola burguesía, con confortables vivendas e un trazado regular. ▪ Na periferia, xurdiron os barrios obreiros, con vivendas que, en moitos casos, non reunían as mínimas condicións de hixiene e salubridade. ◦ Progresiva dotación de servizos urbanos como rúas pavimentadas e iluminadas, auga corrente nas vivendas, recollida do lixo, e rede de transporte público urbano (tranvía, tren, autobuses)... Destas melloras beneficiábanse o centro e os ensanches burgueses, case nunca os barrios obreiros da periferia. 4.3. A CIDADE POSTINDUSTRIAL OU ACTUAL • É a parte da cidade que corresponde á expansión producida a partires da segunda metade do século XX. O sector terciario predomina sobre calquera outra actividade. Destaca o continuo crecemento e expansión polas áreas próximas. 4.3.1. AS CIDADES DOS PAÍSES DESENVOVÍDOS. CARACTERÍSTICAS ▪ As cidades grandes frearon o seu crecemento, as medianas non. ▪ Os cascos antigos sufriron un progresivo abandono e deterioro, por iso, moitos países levan a cabo políticas urbanísticas de recuperación e rehabilitación destes espazos. ▪ A periferia urbana experimenta unha enorme expansión dando orixe ás áreas metropolitanas nas que se inclúen as cidades dormitorio. Os límites entre o urbano e o rural desaparece e pásase ao que se chama cidade difusa ou área rururbana. ▪ A dispersión da poboación dá como resultado a creación de diversas áreas na periferia: • Os polígonos industriais nos que se instalan fábricas e industrias afastadas do núcleo urbano, pero unidos a este por boas vías de comunicación, e os parques tecnolóxicos onde se instalan industrias punteiras (telecomunicacións, biotecnoloxía,...) • Áreas de equipamento: centros comerciais, complexos deportivos, hospitais, campus universitarios,... Infraestruturas de comunicacións: avenidas, roldas periféricas, aeroportos,... • Os barrios residenciais. A escaseza de solo edificable nas zonas céntricas encarece o prezo das vivendas, de modo que xorden barrios de diversos tipos: barrios de infravivendas (chabolas en España), barrios de vivendas en altura (torres de pisos) ou de forma horizontal (vivendas unifamiliares). 4.3.2. AS CIDADES DOS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS. CARACTERÍSTICAS ▪ O crecemento urbano é moi alto debido á chegada masiva de xente do campo e á alta natalidade. Proliferan as infravivendas ou chabolas de autoconstrución. Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 5
  • 6. ▪ Diferenciación clara entre a cidade e o rural. ▪ Fortes contrastes entre as luxosas residencias e a míseras autoconstrucións que ocupan barrios enteiros (favelas, slums,...). ▪ Caos urbanístico e de tráfico polo crecemento desordenado e a escaseza de infraestruturas. 5. PROBLEMAS DAS GRANDES CIDADES • Problemas de vivenda para os grupos máis desfavorecidos. • Problemas de tráfico e de circulación: atascos, falta de estacionamentos,... • Problemas de equipamento e infraestruturas de certos barrios. • Problemas de delincuencia e marxinación social. • A especulación urbanística que incrementa o prezo das vivendas. • Contaminación atmosférica xerada pola emisión dos vehículos, calefaccións e industrias. • Contaminación acústica debido ao ruído dos vehículos, das fábricas, da maquinaria ou dos locais comerciais e de ocio. • Contaminación polos residuos tanto sólidos como líquidos que contaminan as augas, os solos e degradan a vexetación. • Gran consumo de enerxía non renovable (petróleo, gas natural). 6. AS CIDADES EUROPEAS 6.1. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN URBANA EN EUROPA • Europa foi un dos primeiros continentes do mundo en industrializarse e, por tanto, en gañar poboación urbana. A inicios do século XIX só o 15% da poboación de Europa Occidental vivía en cidades. En 1900 a poboación urbana da Europa máis rica, a occidental, aproximábase xa ao 50%. Na actualidade viven en cidades case o 75% dos europeos. 6.2. AS CIDADES EUROPEAS SEGUNDO O SEU TAMAÑO • As cidades europeas concéntranse no eixo que une Manchester, no Reino Unido, con Milán, no norte de Italia. • París, Londres, Moscova teñen en Europa a categoría de megacidades. • A rede urbana de Europa distínguese da do resto do mundo polo predominio das cidades de menos dun millón de habitantes. 6.3. A XERARQUÍA URBANA EUROPEA • As cidades globais son aquelas que teñen un peso político, económico e demográfico tan forte que as fai capaces de influír en todo o planeta. Londres sería a única cidade europea nesa categoría. • París e Moscova, cun peso político e demográfico é considerable, poden ser consideradas metrópoles internacionais. • Como xa dixemos, en Europa predominan as cidades de mediano e pequeno tamaño. Estas cidades son metrópoles nacionais, porque condicionan a actividade económica dos Estados dos que forman parte. Berlín, Madrid, Bruxelas. Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 6
  • 7. • A fortaleza de moitas cidades pequenas está no sector financeiro (bancos): Xenebra e Zúrich Frankfurt. Noutras cidades o sector turístico ten unha gran relevancia: Florencia. Outras basean a súa fortaleza na súa condición de eixos de comunicación: portos de Marsella, Xénova, Liverpool ou Hamburgo rexistran enormes movementos de mercadorías. 6.4. O MODELO DE CIDADES MEDIAS E PEQUENAS DE EUROPA • A rede urbana europea era xa moi densa en tempos do Imperio romano (do século I a.C. ao V d.C.). A densidade urbana acrecentouse durante a Plena Idade Media, etapa na que xurdiron un gran número de cidades en Europa. • O moderado tamaño das cidades europeas permítelles manter unha boa calidade de vida: centros de atención médica e servizos educativos, densas redes de transporte público e a ampla presenza de espazos verdes. • Con todo moitas cidades europeas padecen serios problemas de desemprego, en especial entre a poboación nova. • En Europa a pobreza urbana e os fenómenos de chabolismo son menos acusados que nas cidades doutros continentes. Con todo, o desemprego fixo aumentar a desigualdade social nas cidades europeas. Certos barrios das grandes cidades convertéronse en guetos de inmigrantes e poboación marxinal. A segregación está detrás de moitos episodios de violencia e criminalidade que ameazan a convivencia nas cidades europeas. 7. AS CIDADES ESPAÑOLAS E GALEGAS 7.1. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN URBANA EN ESPAÑA E EN GALICIA • A poboación urbana en España segue unha evolución parella á do conxunto de Europa. A inicios do século XIX a poboación urbana en España andaba polo 10% da poboación total, e medra sen descanso ata 1980, ano no que vivían en espazos urbanos o 70% dos españois. No 2015 achegábase ao 80%. • En Galicia o proceso aseméllase, se ben a porcentaxe de poboación urbana é sempre algo menor. No 2015 só o 70% dos galegos vivían en municipios de máis de 10 000 habitantes. 7.2. O PROCESO DE URBANIZACIÓN • A cidade preindustrial: ◦ Moitas cidades españolas teñen unha orixe romana (Barcelona, Mérida, Lugo,...). Os musulmáns tamén fundaron algunha como Madrid. As cidades cristiás na Idade Media viviron un importante crecemento e en Galicia naceron cidades como Santiago ou Pontevedra. Na Idade Moderna algunhas cidades experimentaron un importante crecemento como Valladolid, Madrid ou Ferrol. ◦ As cidades eran pequenas e estaban rodeadas de murallas. O plano urbano máis frecuente era o irregular con trama compacta e pechada. ◦ O casco histórico das cidades españolas e galegas é desta fase. Nalgúns casos están sendo rehabilitados e recuperando poboación. • A cidade industrial: ◦ A industrialización e o éxodo rural favoreceron o crecemento urbano. Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 7
  • 8. ◦ En moitas cidades derrubáronse as murallas e construíronse novos barrios: o ensanche era o barrio residencial burgués (Barcelona, A Coruña,...), cun plano en cuadrícula; os barrios obreiros situábanse na periferia, estaban mal deseñados e as edificacións era de mala calidade. • A cidade postindustrial ou actual: ◦ A industria perdeu importancia como factor de desenvolvemento urbano en favor das actividades do sector terciario. ◦ As grandes cidades frearon o seu crecemento en favor das cidades medias e pequenas. ◦ Nesta etapa postindustrial ten un gran desenvolvemento a periferia urbana, na que se poden diferenciar varias áreas: ▪ Área residenciais: barrios de chabolas, vivendas de protección oficial, barrios de promoción privada. ▪ Áreas industriais: é onde se instalan os polígonos industriais, os parques empresariais e os parques tecnolóxicos. ▪ Áreas de equipamento e servizos: grandes superficies comerciais, campus universitarios, hospitais, instalacións deportivas,... 7.3. O SISTEMA URBANO ESPAÑOL • Un grupo de cidades conforma unha rede urbana cando mantén estreitas relacións de tipo económico ou social. En España diferéncianse os seguintes eixes urbanos: ◦ O eixe atlántico galego: esténdense pola consta galega e destacan Vigo e A Coruña como cidades principais. ◦ O eixe cantábrico: espállase pola costa do Cantábrico, desde Asturias ata o País Vasco. Destaca Bilbao como cidade principal, ademais de Xixón, Donostia ou Santander. ◦ O eixe do val do Ebro: serve de corredor que une as cidades do Cantábrico coas do Mediterráneo. Ten como centro máis importantes Zaragoza. ◦ O eixe Mediterráneo: Esténdese por toda a costa oriental, desde Cataluña ata Murcia. Contén unha cidade de gran tamaño e unha forte posición internacional, Barcelona. Outras cidades importantes nesta área son Valencia, Murcia ou Alacante. ◦ O eixe andaluz:Corre polo val do Guadalquivir e a costa de Andalucía, con Sevilla e Málaga como cidades destacadas. Tanto nesta rede como na anterior, son cidades que dependen en boa medida do turismo e da industria agrícola. 7.4. A XERARQUÍA URBANA ESPAÑOLA • O sistema urbano español está constituído por un conxunto de cidades de diferente importancia e influencia. Nelas distínguese a seguinte xerarquía: ◦ Metrópoles nacionais: Madrid e Barcelona superan os 4 millóns de habitantes coas súas áreas metropolitanas. Exercen influencia sobre todo o territorio e actúan como enlace con outras cidades do mundo. Nelas están as principais sedes políticas, financeiras e de empresas multinacionais. ◦ Metrópoles rexionais: Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga e Bilbao. Exercen Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 8
  • 9. unha influencia rexional e contan con numerosos servizos. Teñen unha poboación que supera os 500.000 habitantes. ◦ Metrópoles subrexionais: Valladolid, Murcia, Vigo, A Coruña,... exercen unha influencian nas súas comunidades autónomas. Dispoñen de servizos especializados e unha rede metropolitana menor. Teñen unha poboación entre os 200.000 e os 500.000 habitantes. ◦ Cidades medias: son a maioría das restantes cidades que son capitais de provincia. Desempeñan funcións menos especializadas e a súa área de influencia e provincial. Teñen entre 50.000 e 200.000 habitantes. ◦ Cidades pequenas ou vilas: Son localidades dotadas de equipamentos e infraestruturas básicas cunha influencia comarcal. A súa poboación oscila entre os 10.000 e os 50.000 habitantes. 7.5. A XERARQUÍA E A REDE URBANA DE GALICIA • A xerarquía das cidades galegas diferenza tres categorías: ◦ Dúas cidades destacadas: Vigo e A Coruña con influencia en toda a Comunidade. Son metrópoles subrexionais e contan con áreas metropolitanas en continua expansión. ◦ Cinco cidades de tamaño medio: Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol. ◦ Numerosas cidades pequenas e vilas: Vilalba, Monforte, Lalín, Carballo, Betanzos, Verín... que actúan como cabeceiras de comarca. • Para a súa localización diferéncianse dous conxuntos: ◦ Eixe urbano atlántico, unha franxa costeira que se estende dende Ferrol á fronteira portuguesa e no que destaca a rexión urbana de Vigo-Pontevedra e a da Coruña-Ferrol. ◦ O interior, no que destacan Lugo e Ourense e os centros comarcais. • As cidades galegas xunto coas do norte de Portugal conforman o Eixo Atlántico. Este grupo de cidades comezaría en Ferrol e prolóngase ata Oporto (Portugal) e pretenden fomentar a colaboración entre elas e acadar obxectivos comúns. Xeografía e Historia – 2º ESO ©RPV 9