SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
TEMA 10
O SECTOR TERCIARIO
1. OS ESPAZOS TERCIARIOS
1.1 AS ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO
É o sector económico que abrangue as actividades que non obteñen materias primas nin as
transforman en bens materiais, senón que prestan servizos á poboación ou aos outros sectores,
incluíndo un gran número de actividades como a sanidade, a educación, os transportes, o comercio,
o turismo, etc. É o sector predominante nos países desenvolvidos.
1.2 A DIVERSIDADE DO SECTOR TERCIARIO
Como dixemos, o sector servizos inclúe unha gran cantidade de actividades. Actualmente segue
crecendo e fálase da revolución do terciario coa xeneralización da sociedade da información, que
comporta o desenvolvemento técnico e científico, mundialización da economía, etc.
Mesmo se fala de terciario superior ou cuaternario para referirse ás actividades vinculadas coa
técnica e a ciencia como a microelectrónica, a informática, a bioxenética, a industria espacial, etc.
Pero tamén se inclúen neste sector cuaternario a prestación de servizos a empresas (xestión, control
de calidade, publicidade, etc). Os traballadores deste sector cuaternario están especializados e moi
cualificados, e reciben salarios elevados. O sector terciario banal incorpora traballos que requiren
pouca preparación e están mal pagados: servizos domésticos e de limpeza, venda ambulante, etc.
1.3 OS SERVIZOS E OS CAMBIOS SOCIAIS RECENTES
Os cambios sociais recentes provocaron unha maior demanda de servizos:
• O aumento da esperanza de vida esixe unha serie de servizos relacionados co coidado das
persoas maiores, por exemplo residencias.
• A incorporación da muller ao mundo laboral fai urxente a creación de servizos que
faciliten o traballo doméstico, como garderías.
• A redución da xornada laboral ou as vacacións pagadas explican o auxe do turismo.
2. O SECTOR TERCIARIO NO MUNDO ACTUAL
2.1 CARACTERÍSTICAS
As actividades do sector terciario caracterízanse por:
1
• Ser moi heteroxéneas: pola gran variedade de servizos, pola diversidade na cualificación
dos traballadores e polo tamaño das empresas.
• Ser intanxibles e inmateriais.
• Ser imposibles de almacenar e estar cerca do consumidor.
• Ser actividades en expansión en todo o mundo.
• Estar desigualmente repartidas no mundo.
2.2 CLASIFICACIÓN
As actividades terciarias pódense clasificar do seguinte xeito:
• Servizos sociais: administración, educación, sanidade, etc. Moitos destes servizos son
públicos, é dicir, que a administración os organiza e financia a partir dos impostos, pero
tamén hai servizos sociais privados como negocio.
• Servizos de distribución: circulación de persoas, de bens e de información, como os
transportes, as telecomunicacións, etc.
• Servizos ás empresas: publicidade, investigación, banca, seguros, asesoramento xurídico e
fiscal, etc.
• Servizos ao consumidor: comercio ao detalle, hostalería, lecer, reparacións, servizos
individuais, etc.
3. AS ACTIVIDADES COMERCIAIS
3.1 O COMERCIO E OS SEUS ELEMENTOS
O comercio consiste na compra e venda de mercadorías para satisfacer as necesidades da
poboación. Elementos que interveñen:
• A oferta e a demanda: o vendedor que oferta o ben ou servizo e o comprador interesado en
adquirilo.
• As mercadorías: bens e servizos cos que se comercia.
• O pagamento: antigamente usábase o troco. Na actualidade diñeiro, cheques, tarxetas de
crédito,...
• Mercado: lugar onde se realiza a compravenda. Pode ser un lugar concreto, se a mercadoría
está presente, ou un mercado abstracto, como a Bolsa, onde a mercadoría non está presente.
3.2 O COMERCIO INTERIOR
2
3.2.1 TIPOS
É o que se realiza dentro das fronteiras dun país. Pode ser:
• O comercio por xunto, ou almacenista. Compra directamente aos produtores grandes
cantidades de mercadorías, que logo vende a outros comerciantes ou empresas.
• O comercio polo miúdo, ou minorista. Vende directamente aos consumidores en diversos
establecementos comerciais (tendas especializadas, mercados municipais e mercadillos ou
supermercados, hipermercados, grandes almacéns e centros comerciais).
3.2.2 OS ESPAZOS COMERCIAIS
• Nas cidades, o comercio instálase en diferentes espazos:
◦ O centro urbano adoita acoller ao comercio tradicional en pequenas tendas situadas ao
longo de certas rúas e prazas, que actúan tamén como centro de encontro e de relación
social.
◦ A periferia urbana adoita albergar grandes superficies comerciais.
• Nas áreas rurais, os comercios localízanse nos baixos comerciais das casas.
3.3 O COMERCIO EXTERIOR
É aquel que se realiza entre países. Comprende a compra de bens no estranxeiro, ou importación; e
a venda de bens ao estranxeiro, ou exportación. Ambas rexístranse nun documento chamado
balanza comercial: diferenza entre as exportacións e as importacións dun país, cuxo saldo pode ser
positivo ou negativo, segundo superen ou non as exportacións ás importacións.
3.3.1 O COMERCIO INTERNACIONALACTUAL
O comercio internacional move enormes cantidades de produtos moi diferentes, usando medios de
transporte de gran capacidade e eficacia a prezos razoables.
O comercio creou unha rede de relacións comerciais de ámbito mundial que ten estas
características:
• Ocupa a moita poboación activa.
• Concéntrase nun número reducido de empresas.
• Expandiuse moito nas últimas décadas do século XX.
Os intercambios comerciais de maior volume e valor dánse entre a Unión Europea, Xapón, China,
Asia oriental e Estados Unidos.
O comercio entre os países membros da Unión Europea tamén ten unha grande importancia.
O resto dos países ten un menor peso na actividade comercial mundial. Exportan materias primas,
produtos agrarios e manufacturas.
3.3.2 A ORGANIZACIÓN DO COMERCIO EXTERIOR
3
Na actualidade, para facilitar o comercio exterior existen:
• Institucións internacionais como a Organización Mundial do Comercio (OMC), que
pretende eliminar ou reducir os aranceis comerciais; perseguir o comercio desleal; e arbitrar
as disputas comerciais entre os seus membros.
• Os bloques comerciais: son agrupacións de países destinadas a favorecer o comercio entre
os seus membros, como a Unión Europea ou MERCOSUR.
4. OS TRANSPORTES
4.1 FUNCIÓNS
O transporte é a actividade mediante a que unha persoa ou mercadoría se traslada dun lugar a
outro.
• Os sistemas de transporte que permiten os desprazamentos son o aéreo, o terrestre e o
marítimo.
• Para que circulen os medios de transporte (camións, trens, avións) son necesarias unhas
infraestruturas (estradas, vías férreas, portos e aeroportos).
4.2 A REVOLUCIÓN DOS TRASPORTES
A revolución dos transportes, nos últimos cincuenta anos, supuxo importantes cambios, como:
• O aumento da tonelaxe e da velocidade dos vehículos.
• A intermodalidade. Permite coordinar diferentes medios de transporte.
• A mellora das infraestruturas.
• Maior seguridade.
• A redución do prezo dos desprazamentos.
4.3 AS REDES DE TRANSPORTE
A organización e explotación dun territorio necesita boas redes de transporte, un conxunto de
infraestruturas por onde poidan circular os vehículos.
• As redes de transporte están formadas por eixes ou liñas que unen dous ou máis puntos,
están dispostas en forma dunha malla ou rede. Os lugares centrais destas redes son os nós
de transporte
• As redes estrutúranse de forma desigual no mundo: nos países desenvolvidos as redes
adoitan ser densas, mentres que nos países pobres adoitan ser pouco densas e mal
estruturadas.
4.4 O TRANSPORTE TERRESTRE
É o maioritario a nivel mundial. Os transportes terrestres. Debuxan no espazo dúas redes
diferenciadas: a de estradas e a de ferrocarrís.
4.4.1 O TRANSPORTE POR ESTRADA
4
O transporte por estrada é o máis usado para o traslado de pasaxeiros e mercadorías a distancias
medias e curtas.
As súas vantaxes son o acceso directo desde o punto de partida ao de chegada, e a flexibilidade
horaria.
Os seus inconvenientes son a súa escasa capacidade de carga, tanto de persoas como de
mercadorías, a alta densidade do tráfico, o que conleva o risco de accidentes e a contaminación.
Na rede de estradas hai un gran diferenza entre os países desenvolvidos e os subdesenvolvidos.
4.4.2 O TRANSPORTE POR FERROCARRIL
O transporte por ferrocarril úsase para o traslado de pasaxeiros e mercadorías a distancias curtas e
medias. As novas melloras técnicas son os trens de alta velocidade (TAV) que compiten co avión en
distancias medias, e os trens rápidos (TR).
As súas vantaxes son a súa elevada capacidade de carga, a súa seguridade, a súa rapidez e a escasa
contaminación se está electrificado.
Os inconvenientes son a rixidez do trazado e o elevado custo de construción e mantemento das
liñas.
4.5 O TRANSPORTE MARÍTIMO
O transporte por barco é idóneo para trasladar grandes cantidades de mercadorías (petróleo, cereais,
carbón...) a moita distancia.
As vantaxes son a gran capacidade de carga e o baixo prezo do transporte. Compleméntase, ás
veces, co transporte fluvial.
Os seus inconvenientes son a lentitude e o risco de contaminación das augas.
4.6 O TRANSPORTE AÉREO
Realízase en avión, que se utiliza para o transporte de pasaxeiros a longa distancia e para o
transporte de mercadorías perecedoiras, urxentes ou de pouco volume e alto valor.
As súas vantaxes son a rapidez e a seguridade, e os seus inconvenientes son os altos gastos de
explotación e de mantemento, o elevado prezo e consumo de combustible e a contaminación
acústica e atmosférica que provoca.
A aparición das compañías de baixo custo (low cost) revolucionou e popularizou o transporte aéreo.
5. O TURISMO
O turismo é o desprazamento temporal de persoas (de 24 horas a un ano) desde o seu lugar de
residencia cara a outros lugares con fins, xeralmente, de lecer.
5.1 CAUSAS DO DESENVOLVEMENTO DO TURISMO
5
As causas do desenvolvemento do turismo son:
• O aumento de tempo libre, debido á xeneralización da semana laboral de cinco días e ás
vacacións pagadas.
• A existencia das pensións de invalidez e vellez garantidas pola sociedade do benestar.
• A xeneralización do uso do automóbil e das viaxes en avión.
5.2 AS MODALIDADES TURÍSTICAS
No mundo actual, a actividade turística está moi diversificada:
• O turismo de bordo de auga. É hoxe maioritario; e inclúe o turismo de sol e praia, o
turismo náutico e o turismo de balneario.
• O turismo de montaña. Inclúe a práctica do esquí, e de actividades deportivas e de
aventura.
• O turismo rural. Permite coñecer actividades agrarias tradicionais e ecosistemas de gran
valor (agroturismo).
• Outras formas de turismo. Son o turismo cultural; o turismo de negocios; congresos e
convencións; e o turismo relixioso.
5.3 AS ÁREAS TURÍSTICAS
As principais áreas emisoras e receptoras de turismo mundial son:
• Europa, Estados Unidos e Xapón.
• Outros destinos turísticos internacionais son os países do leste de Europa; México e o
Caribe; China, India, Tailandia e Nepal; Exipto, Marrocos e Túnez e Kenia.
• Os países menos desenvolvidos teñen un peso menor no turismo internacional.
5.4 EFECTOS DO TURISMO
O enorme crecemento do turismo de masas provoca efectos positivos e negativos:
• Económicos: crea emprego; e unha das principais fontes de ingresos de moitos países e
estimula outras actividades económicas (construción, agricultura, transporte e comercio).
Repercusións negativas: empregos temporais, encarecemento dos prezos, especulación do
solo.
• Demográficos e sociais: atrae poboación e colabora na modernización das formas de vida
tradicionais das áreas receptoras; favorece o coñecemento doutras culturas. Negativas: a
afluencia de visitantes pode saturar os servizos; pode causar a perda da propia identidade e
costumes.
• Ambientais: favoreceu a rehabilitacións dalgunhas áreas. Negativas: as infraesrtruturas
alteran a paisaxe; o turismo masivo produce contaminación, incrementa os residuos e
sobreexplota a auga e o solo.
6
Na actualidade, as políticas turísticas tratan de fomentar o turismo sostible, que compatibiliza o
desenvolvemento económico co mantemento da natureza e dos valores culturais.
6. O SECTOR TERCIARIO EN ESPAÑA
O sector terciario é o máis importante na economía española e tamén na de Galicia.
6.1 COMERCIO
O comercio interior predominante en España é o pequeno comercio tradicional. Este sofre a
competencia das grandes superficies comerciais.
O comercio exterior realízase, sobre todo, con outros países da Unión Europea; séguenlle Estados
Unidos, Xapón ou China. Impórtanse bens de equipo e produtos enerxéticos, e expórtanse bens de
equipo, automóbiles e alimentos. A balanza comercial é deficitaria.
6.2 TRANSPORTES
Efectuáronse grandes investimentos para modernizar a rede de transportes. Aumentaron moito os
quilómetros das vías de alta capacidade (autoestradas e autovías)
O transporte por estrada ten os inconvenientes da elevada densidade, a contaminación e os
accidentes.
A rede de ferrocarrís está en proceso de mellora. Destacan os investimentos en alta velocidade
(AVE).
O transporte marítimo úsase para o comercio exterior e o tráfico de viaxeiros ás illas, Ceuta e
Melilla. Concéntrase nos portos de Alxeciras, Barcelona e Valencia.
O transporte aéreo predomina para o tráfico internacional de pasaxeiros. Os aeroportos principais
son os de Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca.
6.3 TURISMO
A partir de 1960, o turismo en España converteuse nun fenómeno de masas. A este turismo
estranxeiro, de sol e praia, engadiuse o turismo interior español. España é, xunto con Estados
Unidos e Francia, unha das principais potencias turísticas do mundo.
En España mantense o modelo de turismo baseado nunhas vacacións masivas a prezos accesibles
concentrado no litoral mediterráneo ou nas illas. Con todo, incrementouse o turismo en temporada
baixa, o turismo rural e o cultural.
Os países de orixe do turismo exterior son Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, EUA e Portugal.
Os principais destinos turísticos son Cataluña, Canarias, Illas Baleares, Andalucía e Comunidade
Valenciana, onde está a maior infraestrutura hoteleira.
Existe unha gran mobilidade da poboación do propio país, o que favorece novas formas de ocio:
deportes de aventura, esquí, golf, turismo rural...
7

More Related Content

What's hot

UD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaUD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaEvaPaula
 
Tema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión EuropeaTema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión Europearubempaul
 
Tema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiaTema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiapablokatt
 
U N I D A D E 7 Servizos Mac
U N I D A D E 7  Servizos MacU N I D A D E 7  Servizos Mac
U N I D A D E 7 Servizos Maccamposseijo
 
Tema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historiaTema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historiapablokatt
 
Vocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciarioVocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciariodosideza
 
09 as cidades
09 as cidades09 as cidades
09 as cidadesroberto
 

What's hot (13)

TEMA 10
TEMA 10TEMA 10
TEMA 10
 
Sector Terciario
Sector TerciarioSector Terciario
Sector Terciario
 
UD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaUD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía española
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión EuropeaTema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión Europea
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiaTema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografia
 
U N I D A D E 7 Servizos Mac
U N I D A D E 7  Servizos MacU N I D A D E 7  Servizos Mac
U N I D A D E 7 Servizos Mac
 
Tema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historiaTema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historia
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Vocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciarioVocabulario sector terciario
Vocabulario sector terciario
 
09 as cidades
09 as cidades09 as cidades
09 as cidades
 

Similar to Tema 10. O sector terciario

Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformaciónTema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformaciónRosacidgalante
 
Xeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpointXeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpointsilvanarisitas
 
Xeografía servizos
Xeografía servizosXeografía servizos
Xeografía servizosmasinisa
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESOaialo1
 
XEO2-Economia de servizos transportes
XEO2-Economia de servizos transportesXEO2-Economia de servizos transportes
XEO2-Economia de servizos transportesaialo1
 
Tema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizosTema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizosRosacidgalante
 
Tema 11. Un mundo de cidades
Tema 11. Un mundo de cidadesTema 11. Un mundo de cidades
Tema 11. Un mundo de cidadesDudas-Historia
 
O sector terciario na UE, España e Galicia
O sector terciario na UE, España e GaliciaO sector terciario na UE, España e Galicia
O sector terciario na UE, España e GaliciaRosacidgalante
 
Os espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri PérezOs espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri Pérezpuribouzas
 
As cidades e o urbano
As cidades e o urbanoAs cidades e o urbano
As cidades e o urbanoicoico1
 
Organización política e económica das sociedades
Organización política e económica das sociedadesOrganización política e económica das sociedades
Organización política e económica das sociedadesAgrela Elvixeo
 
As tecnoloxías da información e da comuncación
As tecnoloxías da información e da comuncaciónAs tecnoloxías da información e da comuncación
As tecnoloxías da información e da comuncaciónAaronRua
 

Similar to Tema 10. O sector terciario (20)

Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformaciónTema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
 
3eso ud7
3eso ud73eso ud7
3eso ud7
 
Xeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpointXeografia 2 powerpoint
Xeografia 2 powerpoint
 
Xeografía servizos
Xeografía servizosXeografía servizos
Xeografía servizos
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESO
 
XEO2-Economia de servizos transportes
XEO2-Economia de servizos transportesXEO2-Economia de servizos transportes
XEO2-Economia de servizos transportes
 
Tema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizosTema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizos
 
Tema 11. Un mundo de cidades
Tema 11. Un mundo de cidadesTema 11. Un mundo de cidades
Tema 11. Un mundo de cidades
 
13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.
 
O sector terciario na UE, España e Galicia
O sector terciario na UE, España e GaliciaO sector terciario na UE, España e Galicia
O sector terciario na UE, España e Galicia
 
ud6
ud6ud6
ud6
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
A Cidade
A CidadeA Cidade
A Cidade
 
Os espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri PérezOs espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri Pérez
 
Tema 5.
Tema 5.Tema 5.
Tema 5.
 
Tema 5- Xeografía.
Tema 5- Xeografía.Tema 5- Xeografía.
Tema 5- Xeografía.
 
As cidades e o urbano
As cidades e o urbanoAs cidades e o urbano
As cidades e o urbano
 
Organización política e económica das sociedades
Organización política e económica das sociedadesOrganización política e económica das sociedades
Organización política e económica das sociedades
 
As tecnoloxías da información e da comuncación
As tecnoloxías da información e da comuncaciónAs tecnoloxías da información e da comuncación
As tecnoloxías da información e da comuncación
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 

Tema 10. O sector terciario

  • 1. TEMA 10 O SECTOR TERCIARIO 1. OS ESPAZOS TERCIARIOS 1.1 AS ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO É o sector económico que abrangue as actividades que non obteñen materias primas nin as transforman en bens materiais, senón que prestan servizos á poboación ou aos outros sectores, incluíndo un gran número de actividades como a sanidade, a educación, os transportes, o comercio, o turismo, etc. É o sector predominante nos países desenvolvidos. 1.2 A DIVERSIDADE DO SECTOR TERCIARIO Como dixemos, o sector servizos inclúe unha gran cantidade de actividades. Actualmente segue crecendo e fálase da revolución do terciario coa xeneralización da sociedade da información, que comporta o desenvolvemento técnico e científico, mundialización da economía, etc. Mesmo se fala de terciario superior ou cuaternario para referirse ás actividades vinculadas coa técnica e a ciencia como a microelectrónica, a informática, a bioxenética, a industria espacial, etc. Pero tamén se inclúen neste sector cuaternario a prestación de servizos a empresas (xestión, control de calidade, publicidade, etc). Os traballadores deste sector cuaternario están especializados e moi cualificados, e reciben salarios elevados. O sector terciario banal incorpora traballos que requiren pouca preparación e están mal pagados: servizos domésticos e de limpeza, venda ambulante, etc. 1.3 OS SERVIZOS E OS CAMBIOS SOCIAIS RECENTES Os cambios sociais recentes provocaron unha maior demanda de servizos: • O aumento da esperanza de vida esixe unha serie de servizos relacionados co coidado das persoas maiores, por exemplo residencias. • A incorporación da muller ao mundo laboral fai urxente a creación de servizos que faciliten o traballo doméstico, como garderías. • A redución da xornada laboral ou as vacacións pagadas explican o auxe do turismo. 2. O SECTOR TERCIARIO NO MUNDO ACTUAL 2.1 CARACTERÍSTICAS As actividades do sector terciario caracterízanse por: 1
  • 2. • Ser moi heteroxéneas: pola gran variedade de servizos, pola diversidade na cualificación dos traballadores e polo tamaño das empresas. • Ser intanxibles e inmateriais. • Ser imposibles de almacenar e estar cerca do consumidor. • Ser actividades en expansión en todo o mundo. • Estar desigualmente repartidas no mundo. 2.2 CLASIFICACIÓN As actividades terciarias pódense clasificar do seguinte xeito: • Servizos sociais: administración, educación, sanidade, etc. Moitos destes servizos son públicos, é dicir, que a administración os organiza e financia a partir dos impostos, pero tamén hai servizos sociais privados como negocio. • Servizos de distribución: circulación de persoas, de bens e de información, como os transportes, as telecomunicacións, etc. • Servizos ás empresas: publicidade, investigación, banca, seguros, asesoramento xurídico e fiscal, etc. • Servizos ao consumidor: comercio ao detalle, hostalería, lecer, reparacións, servizos individuais, etc. 3. AS ACTIVIDADES COMERCIAIS 3.1 O COMERCIO E OS SEUS ELEMENTOS O comercio consiste na compra e venda de mercadorías para satisfacer as necesidades da poboación. Elementos que interveñen: • A oferta e a demanda: o vendedor que oferta o ben ou servizo e o comprador interesado en adquirilo. • As mercadorías: bens e servizos cos que se comercia. • O pagamento: antigamente usábase o troco. Na actualidade diñeiro, cheques, tarxetas de crédito,... • Mercado: lugar onde se realiza a compravenda. Pode ser un lugar concreto, se a mercadoría está presente, ou un mercado abstracto, como a Bolsa, onde a mercadoría non está presente. 3.2 O COMERCIO INTERIOR 2
  • 3. 3.2.1 TIPOS É o que se realiza dentro das fronteiras dun país. Pode ser: • O comercio por xunto, ou almacenista. Compra directamente aos produtores grandes cantidades de mercadorías, que logo vende a outros comerciantes ou empresas. • O comercio polo miúdo, ou minorista. Vende directamente aos consumidores en diversos establecementos comerciais (tendas especializadas, mercados municipais e mercadillos ou supermercados, hipermercados, grandes almacéns e centros comerciais). 3.2.2 OS ESPAZOS COMERCIAIS • Nas cidades, o comercio instálase en diferentes espazos: ◦ O centro urbano adoita acoller ao comercio tradicional en pequenas tendas situadas ao longo de certas rúas e prazas, que actúan tamén como centro de encontro e de relación social. ◦ A periferia urbana adoita albergar grandes superficies comerciais. • Nas áreas rurais, os comercios localízanse nos baixos comerciais das casas. 3.3 O COMERCIO EXTERIOR É aquel que se realiza entre países. Comprende a compra de bens no estranxeiro, ou importación; e a venda de bens ao estranxeiro, ou exportación. Ambas rexístranse nun documento chamado balanza comercial: diferenza entre as exportacións e as importacións dun país, cuxo saldo pode ser positivo ou negativo, segundo superen ou non as exportacións ás importacións. 3.3.1 O COMERCIO INTERNACIONALACTUAL O comercio internacional move enormes cantidades de produtos moi diferentes, usando medios de transporte de gran capacidade e eficacia a prezos razoables. O comercio creou unha rede de relacións comerciais de ámbito mundial que ten estas características: • Ocupa a moita poboación activa. • Concéntrase nun número reducido de empresas. • Expandiuse moito nas últimas décadas do século XX. Os intercambios comerciais de maior volume e valor dánse entre a Unión Europea, Xapón, China, Asia oriental e Estados Unidos. O comercio entre os países membros da Unión Europea tamén ten unha grande importancia. O resto dos países ten un menor peso na actividade comercial mundial. Exportan materias primas, produtos agrarios e manufacturas. 3.3.2 A ORGANIZACIÓN DO COMERCIO EXTERIOR 3
  • 4. Na actualidade, para facilitar o comercio exterior existen: • Institucións internacionais como a Organización Mundial do Comercio (OMC), que pretende eliminar ou reducir os aranceis comerciais; perseguir o comercio desleal; e arbitrar as disputas comerciais entre os seus membros. • Os bloques comerciais: son agrupacións de países destinadas a favorecer o comercio entre os seus membros, como a Unión Europea ou MERCOSUR. 4. OS TRANSPORTES 4.1 FUNCIÓNS O transporte é a actividade mediante a que unha persoa ou mercadoría se traslada dun lugar a outro. • Os sistemas de transporte que permiten os desprazamentos son o aéreo, o terrestre e o marítimo. • Para que circulen os medios de transporte (camións, trens, avións) son necesarias unhas infraestruturas (estradas, vías férreas, portos e aeroportos). 4.2 A REVOLUCIÓN DOS TRASPORTES A revolución dos transportes, nos últimos cincuenta anos, supuxo importantes cambios, como: • O aumento da tonelaxe e da velocidade dos vehículos. • A intermodalidade. Permite coordinar diferentes medios de transporte. • A mellora das infraestruturas. • Maior seguridade. • A redución do prezo dos desprazamentos. 4.3 AS REDES DE TRANSPORTE A organización e explotación dun territorio necesita boas redes de transporte, un conxunto de infraestruturas por onde poidan circular os vehículos. • As redes de transporte están formadas por eixes ou liñas que unen dous ou máis puntos, están dispostas en forma dunha malla ou rede. Os lugares centrais destas redes son os nós de transporte • As redes estrutúranse de forma desigual no mundo: nos países desenvolvidos as redes adoitan ser densas, mentres que nos países pobres adoitan ser pouco densas e mal estruturadas. 4.4 O TRANSPORTE TERRESTRE É o maioritario a nivel mundial. Os transportes terrestres. Debuxan no espazo dúas redes diferenciadas: a de estradas e a de ferrocarrís. 4.4.1 O TRANSPORTE POR ESTRADA 4
  • 5. O transporte por estrada é o máis usado para o traslado de pasaxeiros e mercadorías a distancias medias e curtas. As súas vantaxes son o acceso directo desde o punto de partida ao de chegada, e a flexibilidade horaria. Os seus inconvenientes son a súa escasa capacidade de carga, tanto de persoas como de mercadorías, a alta densidade do tráfico, o que conleva o risco de accidentes e a contaminación. Na rede de estradas hai un gran diferenza entre os países desenvolvidos e os subdesenvolvidos. 4.4.2 O TRANSPORTE POR FERROCARRIL O transporte por ferrocarril úsase para o traslado de pasaxeiros e mercadorías a distancias curtas e medias. As novas melloras técnicas son os trens de alta velocidade (TAV) que compiten co avión en distancias medias, e os trens rápidos (TR). As súas vantaxes son a súa elevada capacidade de carga, a súa seguridade, a súa rapidez e a escasa contaminación se está electrificado. Os inconvenientes son a rixidez do trazado e o elevado custo de construción e mantemento das liñas. 4.5 O TRANSPORTE MARÍTIMO O transporte por barco é idóneo para trasladar grandes cantidades de mercadorías (petróleo, cereais, carbón...) a moita distancia. As vantaxes son a gran capacidade de carga e o baixo prezo do transporte. Compleméntase, ás veces, co transporte fluvial. Os seus inconvenientes son a lentitude e o risco de contaminación das augas. 4.6 O TRANSPORTE AÉREO Realízase en avión, que se utiliza para o transporte de pasaxeiros a longa distancia e para o transporte de mercadorías perecedoiras, urxentes ou de pouco volume e alto valor. As súas vantaxes son a rapidez e a seguridade, e os seus inconvenientes son os altos gastos de explotación e de mantemento, o elevado prezo e consumo de combustible e a contaminación acústica e atmosférica que provoca. A aparición das compañías de baixo custo (low cost) revolucionou e popularizou o transporte aéreo. 5. O TURISMO O turismo é o desprazamento temporal de persoas (de 24 horas a un ano) desde o seu lugar de residencia cara a outros lugares con fins, xeralmente, de lecer. 5.1 CAUSAS DO DESENVOLVEMENTO DO TURISMO 5
  • 6. As causas do desenvolvemento do turismo son: • O aumento de tempo libre, debido á xeneralización da semana laboral de cinco días e ás vacacións pagadas. • A existencia das pensións de invalidez e vellez garantidas pola sociedade do benestar. • A xeneralización do uso do automóbil e das viaxes en avión. 5.2 AS MODALIDADES TURÍSTICAS No mundo actual, a actividade turística está moi diversificada: • O turismo de bordo de auga. É hoxe maioritario; e inclúe o turismo de sol e praia, o turismo náutico e o turismo de balneario. • O turismo de montaña. Inclúe a práctica do esquí, e de actividades deportivas e de aventura. • O turismo rural. Permite coñecer actividades agrarias tradicionais e ecosistemas de gran valor (agroturismo). • Outras formas de turismo. Son o turismo cultural; o turismo de negocios; congresos e convencións; e o turismo relixioso. 5.3 AS ÁREAS TURÍSTICAS As principais áreas emisoras e receptoras de turismo mundial son: • Europa, Estados Unidos e Xapón. • Outros destinos turísticos internacionais son os países do leste de Europa; México e o Caribe; China, India, Tailandia e Nepal; Exipto, Marrocos e Túnez e Kenia. • Os países menos desenvolvidos teñen un peso menor no turismo internacional. 5.4 EFECTOS DO TURISMO O enorme crecemento do turismo de masas provoca efectos positivos e negativos: • Económicos: crea emprego; e unha das principais fontes de ingresos de moitos países e estimula outras actividades económicas (construción, agricultura, transporte e comercio). Repercusións negativas: empregos temporais, encarecemento dos prezos, especulación do solo. • Demográficos e sociais: atrae poboación e colabora na modernización das formas de vida tradicionais das áreas receptoras; favorece o coñecemento doutras culturas. Negativas: a afluencia de visitantes pode saturar os servizos; pode causar a perda da propia identidade e costumes. • Ambientais: favoreceu a rehabilitacións dalgunhas áreas. Negativas: as infraesrtruturas alteran a paisaxe; o turismo masivo produce contaminación, incrementa os residuos e sobreexplota a auga e o solo. 6
  • 7. Na actualidade, as políticas turísticas tratan de fomentar o turismo sostible, que compatibiliza o desenvolvemento económico co mantemento da natureza e dos valores culturais. 6. O SECTOR TERCIARIO EN ESPAÑA O sector terciario é o máis importante na economía española e tamén na de Galicia. 6.1 COMERCIO O comercio interior predominante en España é o pequeno comercio tradicional. Este sofre a competencia das grandes superficies comerciais. O comercio exterior realízase, sobre todo, con outros países da Unión Europea; séguenlle Estados Unidos, Xapón ou China. Impórtanse bens de equipo e produtos enerxéticos, e expórtanse bens de equipo, automóbiles e alimentos. A balanza comercial é deficitaria. 6.2 TRANSPORTES Efectuáronse grandes investimentos para modernizar a rede de transportes. Aumentaron moito os quilómetros das vías de alta capacidade (autoestradas e autovías) O transporte por estrada ten os inconvenientes da elevada densidade, a contaminación e os accidentes. A rede de ferrocarrís está en proceso de mellora. Destacan os investimentos en alta velocidade (AVE). O transporte marítimo úsase para o comercio exterior e o tráfico de viaxeiros ás illas, Ceuta e Melilla. Concéntrase nos portos de Alxeciras, Barcelona e Valencia. O transporte aéreo predomina para o tráfico internacional de pasaxeiros. Os aeroportos principais son os de Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca. 6.3 TURISMO A partir de 1960, o turismo en España converteuse nun fenómeno de masas. A este turismo estranxeiro, de sol e praia, engadiuse o turismo interior español. España é, xunto con Estados Unidos e Francia, unha das principais potencias turísticas do mundo. En España mantense o modelo de turismo baseado nunhas vacacións masivas a prezos accesibles concentrado no litoral mediterráneo ou nas illas. Con todo, incrementouse o turismo en temporada baixa, o turismo rural e o cultural. Os países de orixe do turismo exterior son Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, EUA e Portugal. Os principais destinos turísticos son Cataluña, Canarias, Illas Baleares, Andalucía e Comunidade Valenciana, onde está a maior infraestrutura hoteleira. Existe unha gran mobilidade da poboación do propio país, o que favorece novas formas de ocio: deportes de aventura, esquí, golf, turismo rural... 7