SlideShare a Scribd company logo
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
TEMA 3
AAGRICULTURA, A GANDARÍA, A PESCA E A
SILVICULTURA
INTRODUCIÓN
● O sector primario abrangue as actividades relacionadas coa obtención e produción de alimentos.
Estas actividades son: a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación dos bosques.
● Nos países ricos, a agricultura ten unha elevada produtividade grazas, entre outros motivos, á
tecnoloxía e á automatización de moitos procesos, mentres que nos países pobres, as colleitas son
escasas e irregulares.
● Desde un punto de vista económico, distínguese entre agricultura e gandaría de subsistencia,
orientada preferentemente ao abastecemento familiar, e agricultura de mercado, que dirixe a
produción á venda.
● A pesca actual presenta diversos problemas, debido á sobreexplotación das especies e á falta de
caladoiros. Esta situación obrigou a regular as capturas e as zonas pesqueiras.
1.- AAGRICULTURA
● Agricultura: conxuntos de actividades económicas e técnicas relacionadas co tratamento do chan
e o cultivo da terra para a produción de alimentos.
● Na actualidade, o 33,5% da poboación mundial traballa neste sector, pero cando esta cifra se
analiza por continentes, danse grandes diferenzas.
● O seu desenvolvemento está moi condicionado por factores físicos e humanos:
– O clima: Cada cultivo precisa unhas condicións climáticas, de temperatura e de humidade,
para o seu crecemento.
– O relevo. A agricultura adoita localizarse nas chairas e nos fondos dos vales máis amplos.
Ás veces, para aproveitar o terreo das ladeiras das montañas construíronse terrazas ou
socalcos.
– A textura do solo condiciona a retención de auga, e a acidez, que limita a súa fertilidade.
– O aumento da poboación: demanda maior produción de alimentos, polo que é necesario
dispor de terreos agrícolas.
– Os medios técnicos e o destino final das colleitas: no mundo atopamos a agricultura de
subsistencia e a agricultura de mercado.
– As políticas agrarias dos países para mellorar o desenvolvemento agrícola.
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
● Chamámoslle paisaxe agraria á paisaxe natural modificada co fin de obter produtos da natureza.
1
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
● Os elementos que caracterizan as paisaxes agrarias son as:
A) As parcelas.
B) Os sistemas de cultivo
C) O poboamento.
A) AS PARCELAS:
● Unha parcela ou leira é unha división do solo agrario, isto é, un anaco de solo dedicado ao
cultivo.
● As parcelas diferéncianse unhas doutras
– polo tamaño: grandes ou pequenas.
– pola forma: regulares ou irregulares.
– polos límites: cerradas ou abertas.
● Segundo estes criterios podemos distinguir dous tipos de paisaxes agrarias:
– A paisaxe de campos cerrados ou bocage, que se caracteriza por parcelas cerradas
por muros ou sebes. Este tipo de paisaxe dáse na Europa atlántica.
– A paisaxe de campos abertos ou openfield, formada por leiras abertas. Este tipo de
paisaxe é característica de Europa Central.
B) OS SISTEMAS DE CULTIVO
● Segundo a variedade de produtos que se cultivan nunha zona, distínguese entre:
– O policultivo, o espazo agrario divídese en moitas parcelas ou leiras de pequeno tamaño
para cultivar especies vexetais distintas.
– O monocultivo, o espazo agrario especialízase no cultivo dun só produto (cereal, oliveira...).
● Segundo os sistemas de rega dos cultivos, as paisaxes pódense diferenciar entre regadíos e
secaños:
– Nas paisaxes de regadío, parte da rega faise de forma artificial, extráese do subsolo ou de
encoros e, a través de canles, aceas, aspersores, etc., condúcese ata os campos.
– Nas paisaxes de secaño, os cultivos só reciben a auga procedente da chuvia. Non obstante, é
frecuente utilizar técnicas de regadío en paisaxes tradicionalmente de secaño.
● Segundo o tipo de aproveitamento do solo, a agricultura pode ser intensiva ou extensiva:
– A agricultura intensiva: Prodúcese a maior cantidade de produtos no mínimo espazo posible.
Empréganse todo tipo de máquinas e recursos. Utilízanse fertilizantes e sementes
seleccionadas.
– A agricultura extensiva: A súa finalidade é obter a un prezo baixo grandes cantidades dos
produtos cultivados. As máquinas realizan gran parte do traballo. Para non ter que usar
fertilizantes practícase o barbeito.
C) O POBOAMENTO
● O poboamento rural é a parte do espazo rural habitado polas persoas. Pode ser:
– Espallado: as vivendas están illadas unhas das outras
2
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
– Concentrado: as vivendas están agrupadas.
3.- AAGRICULTURA NO MUNDO
3.1.- AAGRICULTURA DE SUBSISTENCIA
● A agricultura de subsistencia está orientada a producir todo o necesario para a supervivencia, isto
é, para o autoconsumo dos propios agricultores.
● As técnicas de cultivo son rudimentarias. O campesiño traballa coas súas propias mans e con
poucas ferramentas, como a aixada ou o arado con animais.
● O rendemento é moi baixo e produce poucos excedentes para a súa venda.
● Tipos:
– A agricultura itinerante por cremación (rozas), que se practica en África (cunca do río
Congo), América do Sur (cunca do río Amazonas) e nalgunhas zonas illadas de Asia.
– A agricultura extensiva de secaño, que ten lugar nas zonas secas de África.
– A agricultura irrigada do arroz, na Asia monzónica.
3.1.1.- Agricultura itinerante por queima:
• Os campos de cultivo obtéñense a partir da queima dunha parte do bosque ou da sabana. As
cinzas serven de fertilizante. Os campos só se manteñen fértiles tres ou catro anos, polo que
son abandonados. Logo, cortánse e quéimanse novas terras.
• Cultivos: tubérculos, mandioca, sorgo,...
• Lugares: África, America do Sur, zonas de Asia.
3.1.2.- Agricultura extensiva de secaño:
• Usa o barbeito para deixar repousar unha parte da terra, así coma os fertilizantes que
proporciona o gando asegurando así a fertilidade do solo.
• As parcelas seguen unha rotación trienal de cultivos.
• Lugares: clima tropical: África, Asia, América do Sur.
3.1.3.- Agricultura irrigada do arroz:
• Lugares: Propia das rexións monzónicas (sueste de Asia), con chuvias abundantes.
• É moi intensiva, produtiva e usa moita man de obra.
3.2.- AAGRICULTURA DE MERCADO
● A agricultura de mercado practícase principalmente en América do Norte, gran parte de Europa,
Xapón, Nova Zelandia e nalgunhas zonas de Australia, Arxentina e Brasil.
● A agricultura de mercado persegue aumentar as vendas e reducir os custos, mediante:
– A mecanización do campo e a aplicación de modernas técnicas de cultivo, que aforra man de
obra, aumenta a produción e permite reducir os prezos dos produtos agrícolas.
– A especialización da produción en poucos cultivos, que permite aumentar a produción con
menos investimento.
3
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
– Unha áxil e rápida comercialización dos produtos agrarios con transportes adecuados a cada
tipo de produto.
● Exemplos:
– Agricultura cerealista extensiva.
– Agricultura de plantación.
– Agricultura mediterránea.
3.2.1.- A agricultura cerealista extensiva:
• Zonas: Chairas de Estados Unidos, Canadá ou Australia.
• Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (trigo, millo, algodón, etc.).
• Moi mecanizada, esixe pouca man de obra.
• Aplica técnicas e coñecementos avanzados para seleccionar sementes, loitar contra as
pragas, etc.
• Obtéñense grandes cantidades de produtos de calidade que se exportan.
3.2.2.- A agricultura de plantación:
• Lugares: zonas tropicais de África, Asia e América.
• Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (café, té, cacao, azucre, algodón, etc.).
• Utiliza moita man de obra porque os produtos non admiten a mecanización.
• As explotacións pertencen a empresas estranxeiras.
3.2.3.- A agricultura mediterránea moderna:
• Introduciu técnicas (irrigación, fertilizantes...) que permiten cultivar, ademais dos produtos
mediterráneos, plantas doutras zonas do mundo (tropicais ou subtropicais)
• Os cultivos de secaño, polo xeral de baixo rendemento, como a vide, a oliveira e o trigo.
• Os cultivos de regadío, máis rendibles, que producen gran variedade de froitas e hortalizas.
• Os cultivos de invernadoiro, que proporcionan produtos como piñas, aguacates e mangos,
ademais de froitas e hortalizas.
4.- A GANDARÍA NO MUNDO
● A gandaría consiste na cría de animais para obter alimentos, materias primas, forza de traballo e
fertilizantes naturais.
● Os tipos de gando máis numerosos no mundo son: bovino, ovino e porcino, ademais do caprino e
do equino.
4.1.- A GANDARÍA TRADICIONAL
● A gandaría tradicional consiste en obter produtos de orixe animal para o autoconsumo.
● Contan con pequenos rabaños que proporcionan carne, leite ou la, tamén se emprega como forza
de traballo e fertilizantes para o campo.
4
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
● Esta gandaría practícase en rexións intertropicais, e nalgunhas áreas mediterráneas.
● Nas zonas moi secas domina a gandaría nómade (camelos, ovellas, cabras).
4.2.- A GANDARÍA COMERCIAL
● Na gandaría comercial, o seu obxectivo é vender a produción no mercado e obter o máximo
beneficio: lógrase coa selección de razas, a automatización dos procesos produtivos, as melloras na
alimentación, etc.
4.2.1.- A gandaría intensiva
● A gandaría intensiva practícase en explotacións especializadas ás que se destinan grandes
investimentos, en instalacións e alimentos para o gando. Pode ser:
– Gandaría estabulada: os animais críanse en cortellos ou granxas.
– Gandaría semiestabulada: combínase a súa alimentación cos pastos.
– Localízase en Canadá, Estados Unidos, Europa Atlántica,...
4.2.2.- A gandaría extensiva
● A gandaría extensiva practícase en lugares que dispoñen de grandes extensións de pastos para
alimentar rabaños moi numerosos, como acontece no Oeste de Estados Unidos, na Pampa e na
Patagonia arxentina, Australia Suráfrica. Require pouca man de obra.
5.- A PESCA
5.1.- TIPOS DE PESCA
● A pesca baséase no aproveitamento dos recursos animais que ofrecen os ríos, lagos, mares e
océanos.
● Pódense diferenciarse dous tipos de pesca:
– A pesca tradicional ou artesanal realízase preto da costa. Esta modalidade de pesca emprega
a forza humana e aparellos de pesca de doado manexo, como por exemplo arcos, frechas e
arpóns ou trampas como nasas, anzois e redes. A pesca artesanal é propia de rexións pouco
desenvolvidas.
– A pesca industrial ou comercial persegue obter un gran volume de capturas. Necesita:
recursos económicos, unha tecnoloxía avanzada e infraestruturas portuarias.
● Segundo o lugar onde se practica a pesca distinguimos:
• A pesca de baixura: utiliza barcos pequenos que pescan preto da costa e as súas capturas
están descendendo pola sobreexplotación do fondo mariño. Duración inferior ao día.
• A pesca de altura: empréganse barcos grandes e ben equipados (radares, sonares,
instalacións de frío) que permanecen en alta mar semanas ou meses.
• A gran pesca, practicada por países que teñen barcos que pescan en augas moi afastadas
xunto a grandes buques factoría onde o peixe se clasifica, conxela ou se envasa para
conservas.
● As capturas de pescado son máis abundantes en determinados lugares denominados caladoiros.
Os máis importantes sitúanse en:
5
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
• As zonas onde a plataforma continental é extensa. Destacan os caladoiros do mar do Norte e
mar do Xapón.
• As zonas de contacto entre correntes mariñas cálidas e frías. Destacan os caladoiros do mar
do Xapón e os das costas de Terranova.
• As zonas costeiras próximas ás correntes mariñas frías, levan moito plancto vexetal, que
serve de alimento aos peixes. Destacan as do norte de Chile, o sur de Perú, e o suroeste de
África.
5.2.- PROBLEMAS DA PESCA
● Os principais problemas da pesca débense a:
• A sobreexplotación é unha consecuencia do uso de técnicas eficaces e grandes flotas,
poñendo en perigo a reprodución de moitas especies.
• A falta de caladoiros é consecuencia da ampliación das augas xurisdicionais (200 millas-370
km.), que impuxo o dominio dos Estados sobre os caladoiros.
• A contaminación é debida a verquidos industriais e mareas negras.
● Aínda que os océanos son unha importante reserva alimentaria, os seus recursos son limitados:
• É imprescindible asegurar unha explotación sustentable dos recursos mariños, que regule as
capturas e permita a recuperación dos caladoiros.
• A acuicultura tamén podería ser unha solución; consiste na cría de de animais e plantas
mariñas en piscinas, estanques ou zonas ben delimitadas e cercadas.
6.- A EXPLOTACIÓN FORESTAL
● A explotación dos bosques é unha actividade económica moi espallada no planeta. Relacionada
con ela está a silvicultura, é dicir, o cultivo dos bosques para a súa explotación dunha forma
sostible.
● Dos bosque obtense principalmente madeira. A madeira emprégase como fonte de enerxía,
construción de vivendas, fabricación de mobles, para a obtención de celulosa,...
● Os bosques tamén se explotan para obter alimentos e tamén medicinas, sobre todo nos países
subdesenvolvidos. Nos países desenvolvidos, o uso alimenticio dos produtos do bosque está unido á
gastronomía (castañas, cogomelos, trufas...son prezados alimentos).
7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA
● En España, o 4,2 % da poboación traballa no sector primario.
● As explotacións agrarias:
– Os latifundios, explotacións de grandes dimensións (máis de 100 ha.), nos que se practica a
agricultura extensiva, predominan en Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía.
– Os minifundios, explotacións de pequenas dimensións (menos de 10 ha), predominan na
metade Norte peninsular e nos arquipélagos.
● A produción agrícola:
– A agricultura española presenta características dunha agricultura modernizada. Entre os
principais cultivos predominan:
6
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
– Cultivos de secaño: trigo, vide e oliveira (triloxía mediterránea) nas dúas Mesetas.
– Cultivos de regadío: cítricos, froitas de pebida e de carabuña e hortalizas prodúcense na
zona mediterránea.
● A gandaría: España é o segundo país da UE pola sua importancia. O gando avícola, o porcino, o
ovino e o bovino son os máis destacados.
● España é unha gran potencia pesqueira dentro da UE.
● As rexións pesqueiras son:
– Noroeste: O primeiro porto pesqueiro de España é Vigo.
– Cantábrica: Bermeo, Donostia, Xixón.
– Tramontana, Levantina, Surmediterránea e Balear: No Mediterráneo.
– Suratlántica: Cádiz, Huelva, Alxeciras.
– Canarias: Os portos máis importantes son As Palmas e Arrecife.
● Na actualidade a pesca en España ten graves problemas:
– O esgotamento dalgúns caladoiros pola sobreexplotación e a contaminación das augas.
– As cotas que impón a UE.
– As restricións que establecen determinados países a pescar nas augas de control exclusivo.
– A necesidade de renovación e modernización da frota pesqueira.
– A carestía dos combustibles.
● A explotación forestal:
– As especies máis abundantes nos bosques españois son as frondosas (castiñeiro, chopo,
eucalipto, carballo e faia) e as coníferas (piñeiro).
– Obtense madeira, resina e cortiza.
– O maior inimigo dos bosques en España son os incendios forestais.
8.- AS PAISAXES AGRARIAS EN ESPAÑA
8.1.- A PAISAXE AGRARIA OCEÁNICA OU ATLÁNTICA
• Tipo de hábitat: disperso en casaríos ou aldeas.
• A propiedade agraria: minifundio, con pequenas parcelas separadas entre si. Tamén zonas de
concentración parcelaria.
• Agricultura: Presenza do policultivo para o autoconsumo, prados e cultivos de forraxe para o
gando.
• Gandaría: Especializada en gando vacún destinado á produción de carne e leite.
• Explotación forestal: Importante pola abundancia de árbores (carballo, castiñeiro, piñeiro e
eucalipto).
7
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
8.2.- A PAISAXE AGRARIA MEDITERRÁNEA
• Tipo de hábitat: conviven o hábitat disperso co concentrado.
• A propiedade agraria: As explotacións son de tamaño medio, aínda que en Andalucía
predomina o latifundio.
• Agricultura: Secaño (cereais, vide e oliveira) no val do Guadalquivir, froitas e hortalizas no
Levante e tropicais en invernadoiros (Almería).
• Gandaría: Gandaría ovina e caprina extensiva, abundante en terras de secaño; bovino e
porcino criado en granxas.
• Explotación forestal: o bosque mediterráneo encóntrase nun grave estado de degradación.
8.3.- A PAISAXE AGRARIA DO INTERIOR PENINSULAR
• Tipo de hábitat: concentrado
• A propiedade agraria: Nas zonas do val do Douro, pequenas e medianas explotacións,
latifundios nas zonas de secaño.
• Agricultura: Secaño (cereais, vide e oliveira) na Meseta; nas veigas do ríos explotacións
hortofrutícolas de regadío.
• Gandaría: Predomina o gando ovino sobre o porcino e o bovino.
• Explotación forestal: ten pouca importancia pola escaseza do arbolado.
8.4.- A PAISAXE AGRARIA DE MONTAÑA
• Tipo de hábitat: disperso e escaso.
• A propiedade agraria: Pequena.
• Agricultura: no fondo dos vales cultivo de horta; a máis altura pastos e forraxes.
• Gandaría: Bovina, ovina e caprina en réxime extensivo.
• Explotación forestal: Obtención de leña e resina de piñeiros, faia e castiñeiros.
8.5.- A PAISAXE AGRARIA DAS ILLAS CANARIAS (SUBTROPICAL)
• Tipo de hábitat: Concentrado e escaso.
• A propiedade agraria: conviven a pequena e mediana explotación coa grande.
• Agricultura: O primeiro produto é o plátano, seguido do tomate; outros: pataca, vide, piña,
aguacate.
• Gandaría: Escasa, destaca a ovina e a caprina.
• Explotación forestal: é mínima. O bosque de piñeiro canario e laurisilva está protexido.
8

More Related Content

What's hot

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
Luisa Márquez Rodríguez
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
velazquezturnesnieves
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteEvaPaula
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en España
guest417724e2c
 
A agricultura no mundo novo
A agricultura no mundo novoA agricultura no mundo novo
A agricultura no mundo novo
¡oijhbvcx pkjhbv
 
Tema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primarioTema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primario
Tere Nécega Rodriguez
 
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
Pablo González Paz
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos rurais
aialo1
 
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
Pablo González Paz
 

What's hot (20)

Tema 8.
Tema 8.Tema 8.
Tema 8.
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parte
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en España
 
A agricultura no mundo novo
A agricultura no mundo novoA agricultura no mundo novo
A agricultura no mundo novo
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 3. LeccióN 5
Tema 3. LeccióN 5Tema 3. LeccióN 5
Tema 3. LeccióN 5
 
Tema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primarioTema 3. o sector primario
Tema 3. o sector primario
 
Tema 8 sociales
Tema 8 socialesTema 8 sociales
Tema 8 sociales
 
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 2 - 3º E.S.O.
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos rurais
 
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
UNIDADE 2 - 3º E.S.O (parte 2)
 

Similar to O sector primario

Sector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.pptSector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.ppt
castroalvarezolga25
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
Agrela Elvixeo
 
Tema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESOTema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESO
Dudas-Historia
 
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pescapablokatt
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografiamssl1998
 
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfSECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
Lili90208
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaRosacidgalante
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
masinisa
 

Similar to O sector primario (15)

Sector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.pptSector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.ppt
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESOTema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESO
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografia
 
Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8
 
Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8
 
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfSECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Traballo xeografia 8
Traballo xeografia 8Traballo xeografia 8
Traballo xeografia 8
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
 
Tema 8. leccións 1 3
Tema 8. leccións 1 3Tema 8. leccións 1 3
Tema 8. leccións 1 3
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
rubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
rubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
rubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
rubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
rubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
rubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
rubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
rubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
rubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
rubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
rubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
rubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
rubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
rubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
rubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
rubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 

O sector primario

  • 1. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA TEMA 3 AAGRICULTURA, A GANDARÍA, A PESCA E A SILVICULTURA INTRODUCIÓN ● O sector primario abrangue as actividades relacionadas coa obtención e produción de alimentos. Estas actividades son: a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación dos bosques. ● Nos países ricos, a agricultura ten unha elevada produtividade grazas, entre outros motivos, á tecnoloxía e á automatización de moitos procesos, mentres que nos países pobres, as colleitas son escasas e irregulares. ● Desde un punto de vista económico, distínguese entre agricultura e gandaría de subsistencia, orientada preferentemente ao abastecemento familiar, e agricultura de mercado, que dirixe a produción á venda. ● A pesca actual presenta diversos problemas, debido á sobreexplotación das especies e á falta de caladoiros. Esta situación obrigou a regular as capturas e as zonas pesqueiras. 1.- AAGRICULTURA ● Agricultura: conxuntos de actividades económicas e técnicas relacionadas co tratamento do chan e o cultivo da terra para a produción de alimentos. ● Na actualidade, o 33,5% da poboación mundial traballa neste sector, pero cando esta cifra se analiza por continentes, danse grandes diferenzas. ● O seu desenvolvemento está moi condicionado por factores físicos e humanos: – O clima: Cada cultivo precisa unhas condicións climáticas, de temperatura e de humidade, para o seu crecemento. – O relevo. A agricultura adoita localizarse nas chairas e nos fondos dos vales máis amplos. Ás veces, para aproveitar o terreo das ladeiras das montañas construíronse terrazas ou socalcos. – A textura do solo condiciona a retención de auga, e a acidez, que limita a súa fertilidade. – O aumento da poboación: demanda maior produción de alimentos, polo que é necesario dispor de terreos agrícolas. – Os medios técnicos e o destino final das colleitas: no mundo atopamos a agricultura de subsistencia e a agricultura de mercado. – As políticas agrarias dos países para mellorar o desenvolvemento agrícola. 2.- AS PAISAXES AGRARIAS ● Chamámoslle paisaxe agraria á paisaxe natural modificada co fin de obter produtos da natureza. 1
  • 2. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ● Os elementos que caracterizan as paisaxes agrarias son as: A) As parcelas. B) Os sistemas de cultivo C) O poboamento. A) AS PARCELAS: ● Unha parcela ou leira é unha división do solo agrario, isto é, un anaco de solo dedicado ao cultivo. ● As parcelas diferéncianse unhas doutras – polo tamaño: grandes ou pequenas. – pola forma: regulares ou irregulares. – polos límites: cerradas ou abertas. ● Segundo estes criterios podemos distinguir dous tipos de paisaxes agrarias: – A paisaxe de campos cerrados ou bocage, que se caracteriza por parcelas cerradas por muros ou sebes. Este tipo de paisaxe dáse na Europa atlántica. – A paisaxe de campos abertos ou openfield, formada por leiras abertas. Este tipo de paisaxe é característica de Europa Central. B) OS SISTEMAS DE CULTIVO ● Segundo a variedade de produtos que se cultivan nunha zona, distínguese entre: – O policultivo, o espazo agrario divídese en moitas parcelas ou leiras de pequeno tamaño para cultivar especies vexetais distintas. – O monocultivo, o espazo agrario especialízase no cultivo dun só produto (cereal, oliveira...). ● Segundo os sistemas de rega dos cultivos, as paisaxes pódense diferenciar entre regadíos e secaños: – Nas paisaxes de regadío, parte da rega faise de forma artificial, extráese do subsolo ou de encoros e, a través de canles, aceas, aspersores, etc., condúcese ata os campos. – Nas paisaxes de secaño, os cultivos só reciben a auga procedente da chuvia. Non obstante, é frecuente utilizar técnicas de regadío en paisaxes tradicionalmente de secaño. ● Segundo o tipo de aproveitamento do solo, a agricultura pode ser intensiva ou extensiva: – A agricultura intensiva: Prodúcese a maior cantidade de produtos no mínimo espazo posible. Empréganse todo tipo de máquinas e recursos. Utilízanse fertilizantes e sementes seleccionadas. – A agricultura extensiva: A súa finalidade é obter a un prezo baixo grandes cantidades dos produtos cultivados. As máquinas realizan gran parte do traballo. Para non ter que usar fertilizantes practícase o barbeito. C) O POBOAMENTO ● O poboamento rural é a parte do espazo rural habitado polas persoas. Pode ser: – Espallado: as vivendas están illadas unhas das outras 2
  • 3. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA – Concentrado: as vivendas están agrupadas. 3.- AAGRICULTURA NO MUNDO 3.1.- AAGRICULTURA DE SUBSISTENCIA ● A agricultura de subsistencia está orientada a producir todo o necesario para a supervivencia, isto é, para o autoconsumo dos propios agricultores. ● As técnicas de cultivo son rudimentarias. O campesiño traballa coas súas propias mans e con poucas ferramentas, como a aixada ou o arado con animais. ● O rendemento é moi baixo e produce poucos excedentes para a súa venda. ● Tipos: – A agricultura itinerante por cremación (rozas), que se practica en África (cunca do río Congo), América do Sur (cunca do río Amazonas) e nalgunhas zonas illadas de Asia. – A agricultura extensiva de secaño, que ten lugar nas zonas secas de África. – A agricultura irrigada do arroz, na Asia monzónica. 3.1.1.- Agricultura itinerante por queima: • Os campos de cultivo obtéñense a partir da queima dunha parte do bosque ou da sabana. As cinzas serven de fertilizante. Os campos só se manteñen fértiles tres ou catro anos, polo que son abandonados. Logo, cortánse e quéimanse novas terras. • Cultivos: tubérculos, mandioca, sorgo,... • Lugares: África, America do Sur, zonas de Asia. 3.1.2.- Agricultura extensiva de secaño: • Usa o barbeito para deixar repousar unha parte da terra, así coma os fertilizantes que proporciona o gando asegurando así a fertilidade do solo. • As parcelas seguen unha rotación trienal de cultivos. • Lugares: clima tropical: África, Asia, América do Sur. 3.1.3.- Agricultura irrigada do arroz: • Lugares: Propia das rexións monzónicas (sueste de Asia), con chuvias abundantes. • É moi intensiva, produtiva e usa moita man de obra. 3.2.- AAGRICULTURA DE MERCADO ● A agricultura de mercado practícase principalmente en América do Norte, gran parte de Europa, Xapón, Nova Zelandia e nalgunhas zonas de Australia, Arxentina e Brasil. ● A agricultura de mercado persegue aumentar as vendas e reducir os custos, mediante: – A mecanización do campo e a aplicación de modernas técnicas de cultivo, que aforra man de obra, aumenta a produción e permite reducir os prezos dos produtos agrícolas. – A especialización da produción en poucos cultivos, que permite aumentar a produción con menos investimento. 3
  • 4. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA – Unha áxil e rápida comercialización dos produtos agrarios con transportes adecuados a cada tipo de produto. ● Exemplos: – Agricultura cerealista extensiva. – Agricultura de plantación. – Agricultura mediterránea. 3.2.1.- A agricultura cerealista extensiva: • Zonas: Chairas de Estados Unidos, Canadá ou Australia. • Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (trigo, millo, algodón, etc.). • Moi mecanizada, esixe pouca man de obra. • Aplica técnicas e coñecementos avanzados para seleccionar sementes, loitar contra as pragas, etc. • Obtéñense grandes cantidades de produtos de calidade que se exportan. 3.2.2.- A agricultura de plantación: • Lugares: zonas tropicais de África, Asia e América. • Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (café, té, cacao, azucre, algodón, etc.). • Utiliza moita man de obra porque os produtos non admiten a mecanización. • As explotacións pertencen a empresas estranxeiras. 3.2.3.- A agricultura mediterránea moderna: • Introduciu técnicas (irrigación, fertilizantes...) que permiten cultivar, ademais dos produtos mediterráneos, plantas doutras zonas do mundo (tropicais ou subtropicais) • Os cultivos de secaño, polo xeral de baixo rendemento, como a vide, a oliveira e o trigo. • Os cultivos de regadío, máis rendibles, que producen gran variedade de froitas e hortalizas. • Os cultivos de invernadoiro, que proporcionan produtos como piñas, aguacates e mangos, ademais de froitas e hortalizas. 4.- A GANDARÍA NO MUNDO ● A gandaría consiste na cría de animais para obter alimentos, materias primas, forza de traballo e fertilizantes naturais. ● Os tipos de gando máis numerosos no mundo son: bovino, ovino e porcino, ademais do caprino e do equino. 4.1.- A GANDARÍA TRADICIONAL ● A gandaría tradicional consiste en obter produtos de orixe animal para o autoconsumo. ● Contan con pequenos rabaños que proporcionan carne, leite ou la, tamén se emprega como forza de traballo e fertilizantes para o campo. 4
  • 5. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ● Esta gandaría practícase en rexións intertropicais, e nalgunhas áreas mediterráneas. ● Nas zonas moi secas domina a gandaría nómade (camelos, ovellas, cabras). 4.2.- A GANDARÍA COMERCIAL ● Na gandaría comercial, o seu obxectivo é vender a produción no mercado e obter o máximo beneficio: lógrase coa selección de razas, a automatización dos procesos produtivos, as melloras na alimentación, etc. 4.2.1.- A gandaría intensiva ● A gandaría intensiva practícase en explotacións especializadas ás que se destinan grandes investimentos, en instalacións e alimentos para o gando. Pode ser: – Gandaría estabulada: os animais críanse en cortellos ou granxas. – Gandaría semiestabulada: combínase a súa alimentación cos pastos. – Localízase en Canadá, Estados Unidos, Europa Atlántica,... 4.2.2.- A gandaría extensiva ● A gandaría extensiva practícase en lugares que dispoñen de grandes extensións de pastos para alimentar rabaños moi numerosos, como acontece no Oeste de Estados Unidos, na Pampa e na Patagonia arxentina, Australia Suráfrica. Require pouca man de obra. 5.- A PESCA 5.1.- TIPOS DE PESCA ● A pesca baséase no aproveitamento dos recursos animais que ofrecen os ríos, lagos, mares e océanos. ● Pódense diferenciarse dous tipos de pesca: – A pesca tradicional ou artesanal realízase preto da costa. Esta modalidade de pesca emprega a forza humana e aparellos de pesca de doado manexo, como por exemplo arcos, frechas e arpóns ou trampas como nasas, anzois e redes. A pesca artesanal é propia de rexións pouco desenvolvidas. – A pesca industrial ou comercial persegue obter un gran volume de capturas. Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxía avanzada e infraestruturas portuarias. ● Segundo o lugar onde se practica a pesca distinguimos: • A pesca de baixura: utiliza barcos pequenos que pescan preto da costa e as súas capturas están descendendo pola sobreexplotación do fondo mariño. Duración inferior ao día. • A pesca de altura: empréganse barcos grandes e ben equipados (radares, sonares, instalacións de frío) que permanecen en alta mar semanas ou meses. • A gran pesca, practicada por países que teñen barcos que pescan en augas moi afastadas xunto a grandes buques factoría onde o peixe se clasifica, conxela ou se envasa para conservas. ● As capturas de pescado son máis abundantes en determinados lugares denominados caladoiros. Os máis importantes sitúanse en: 5
  • 6. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA • As zonas onde a plataforma continental é extensa. Destacan os caladoiros do mar do Norte e mar do Xapón. • As zonas de contacto entre correntes mariñas cálidas e frías. Destacan os caladoiros do mar do Xapón e os das costas de Terranova. • As zonas costeiras próximas ás correntes mariñas frías, levan moito plancto vexetal, que serve de alimento aos peixes. Destacan as do norte de Chile, o sur de Perú, e o suroeste de África. 5.2.- PROBLEMAS DA PESCA ● Os principais problemas da pesca débense a: • A sobreexplotación é unha consecuencia do uso de técnicas eficaces e grandes flotas, poñendo en perigo a reprodución de moitas especies. • A falta de caladoiros é consecuencia da ampliación das augas xurisdicionais (200 millas-370 km.), que impuxo o dominio dos Estados sobre os caladoiros. • A contaminación é debida a verquidos industriais e mareas negras. ● Aínda que os océanos son unha importante reserva alimentaria, os seus recursos son limitados: • É imprescindible asegurar unha explotación sustentable dos recursos mariños, que regule as capturas e permita a recuperación dos caladoiros. • A acuicultura tamén podería ser unha solución; consiste na cría de de animais e plantas mariñas en piscinas, estanques ou zonas ben delimitadas e cercadas. 6.- A EXPLOTACIÓN FORESTAL ● A explotación dos bosques é unha actividade económica moi espallada no planeta. Relacionada con ela está a silvicultura, é dicir, o cultivo dos bosques para a súa explotación dunha forma sostible. ● Dos bosque obtense principalmente madeira. A madeira emprégase como fonte de enerxía, construción de vivendas, fabricación de mobles, para a obtención de celulosa,... ● Os bosques tamén se explotan para obter alimentos e tamén medicinas, sobre todo nos países subdesenvolvidos. Nos países desenvolvidos, o uso alimenticio dos produtos do bosque está unido á gastronomía (castañas, cogomelos, trufas...son prezados alimentos). 7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA ● En España, o 4,2 % da poboación traballa no sector primario. ● As explotacións agrarias: – Os latifundios, explotacións de grandes dimensións (máis de 100 ha.), nos que se practica a agricultura extensiva, predominan en Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía. – Os minifundios, explotacións de pequenas dimensións (menos de 10 ha), predominan na metade Norte peninsular e nos arquipélagos. ● A produción agrícola: – A agricultura española presenta características dunha agricultura modernizada. Entre os principais cultivos predominan: 6
  • 7. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA – Cultivos de secaño: trigo, vide e oliveira (triloxía mediterránea) nas dúas Mesetas. – Cultivos de regadío: cítricos, froitas de pebida e de carabuña e hortalizas prodúcense na zona mediterránea. ● A gandaría: España é o segundo país da UE pola sua importancia. O gando avícola, o porcino, o ovino e o bovino son os máis destacados. ● España é unha gran potencia pesqueira dentro da UE. ● As rexións pesqueiras son: – Noroeste: O primeiro porto pesqueiro de España é Vigo. – Cantábrica: Bermeo, Donostia, Xixón. – Tramontana, Levantina, Surmediterránea e Balear: No Mediterráneo. – Suratlántica: Cádiz, Huelva, Alxeciras. – Canarias: Os portos máis importantes son As Palmas e Arrecife. ● Na actualidade a pesca en España ten graves problemas: – O esgotamento dalgúns caladoiros pola sobreexplotación e a contaminación das augas. – As cotas que impón a UE. – As restricións que establecen determinados países a pescar nas augas de control exclusivo. – A necesidade de renovación e modernización da frota pesqueira. – A carestía dos combustibles. ● A explotación forestal: – As especies máis abundantes nos bosques españois son as frondosas (castiñeiro, chopo, eucalipto, carballo e faia) e as coníferas (piñeiro). – Obtense madeira, resina e cortiza. – O maior inimigo dos bosques en España son os incendios forestais. 8.- AS PAISAXES AGRARIAS EN ESPAÑA 8.1.- A PAISAXE AGRARIA OCEÁNICA OU ATLÁNTICA • Tipo de hábitat: disperso en casaríos ou aldeas. • A propiedade agraria: minifundio, con pequenas parcelas separadas entre si. Tamén zonas de concentración parcelaria. • Agricultura: Presenza do policultivo para o autoconsumo, prados e cultivos de forraxe para o gando. • Gandaría: Especializada en gando vacún destinado á produción de carne e leite. • Explotación forestal: Importante pola abundancia de árbores (carballo, castiñeiro, piñeiro e eucalipto). 7
  • 8. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 8.2.- A PAISAXE AGRARIA MEDITERRÁNEA • Tipo de hábitat: conviven o hábitat disperso co concentrado. • A propiedade agraria: As explotacións son de tamaño medio, aínda que en Andalucía predomina o latifundio. • Agricultura: Secaño (cereais, vide e oliveira) no val do Guadalquivir, froitas e hortalizas no Levante e tropicais en invernadoiros (Almería). • Gandaría: Gandaría ovina e caprina extensiva, abundante en terras de secaño; bovino e porcino criado en granxas. • Explotación forestal: o bosque mediterráneo encóntrase nun grave estado de degradación. 8.3.- A PAISAXE AGRARIA DO INTERIOR PENINSULAR • Tipo de hábitat: concentrado • A propiedade agraria: Nas zonas do val do Douro, pequenas e medianas explotacións, latifundios nas zonas de secaño. • Agricultura: Secaño (cereais, vide e oliveira) na Meseta; nas veigas do ríos explotacións hortofrutícolas de regadío. • Gandaría: Predomina o gando ovino sobre o porcino e o bovino. • Explotación forestal: ten pouca importancia pola escaseza do arbolado. 8.4.- A PAISAXE AGRARIA DE MONTAÑA • Tipo de hábitat: disperso e escaso. • A propiedade agraria: Pequena. • Agricultura: no fondo dos vales cultivo de horta; a máis altura pastos e forraxes. • Gandaría: Bovina, ovina e caprina en réxime extensivo. • Explotación forestal: Obtención de leña e resina de piñeiros, faia e castiñeiros. 8.5.- A PAISAXE AGRARIA DAS ILLAS CANARIAS (SUBTROPICAL) • Tipo de hábitat: Concentrado e escaso. • A propiedade agraria: conviven a pequena e mediana explotación coa grande. • Agricultura: O primeiro produto é o plátano, seguido do tomate; outros: pataca, vide, piña, aguacate. • Gandaría: Escasa, destaca a ovina e a caprina. • Explotación forestal: é mínima. O bosque de piñeiro canario e laurisilva está protexido. 8