O ISLAM E AL-ANDALUS
2º ESO
R.P.V.
LIÑAS DO TEMPO DO ISLAM E AL-ANDALUS
1.- MAHOMA DIFUNDE UNHA NOVA RELIXIÓN
● A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en Oriente Medio.
● Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, o arcanxo Gabriel
anuncioulle que era o novo profeta elixido por Alá (Deus en árabe) para predicar unha nova relixión:
o Islam. As autoridades perseguírono polas súas ideas.
● No ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiouse na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou
fuxida, e esta data marca o comezo da era musulmá (Equivalente ao nacemento de Cristo). O
profeta conquistou A Meca e á súa morte (632), a relixión islámica expandírase por toda Arabia.
● As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súa morte, no
Corán, o libro sagrado dos musulmáns.
● Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas (xefes relixiosos e
políticos). Os seguidores de Mahoma dividíronse en dúas grandes tendencias: Sunismo e
Xiismo.
● Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición. Estas normas,
conforman a lei islámica ou sharia.
● Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam: a profesión de fe en Alá
como único Deus, o rezo diario cinco veces ao día, a esmola, o xaxún no mes do Ramadán e a
peregrinación á Meca (onde de atopa a Kaaba). Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas
alcohólicas e carne de porco. Permítese a poligamia.
● O Islam non ten sacerdotes, pero existen directores de oracións (imáns).
● O edifico relixioso dos musulmáns é a mesquita que ten unha serie de partes: minarete, patio
descuberto, sala de oracións, quibla, mihrab.
OS CINCO PIARES DO ISLAM
KAABA
MESQUITA
MESQUITA DE KAIROUÁN (TÚNEZ)
2.- A EXPANSIÓN DO ISLAM E A ADMINISTRACIÓN DO TERRITORIO
● A expansión do Islam continuou baixo o goberno dos catro primeiros
califas (632- 661) cara a Exipto, Siria e Iraq.
● Os califas da dinastía Omeia (661-750) estableceron a capital en Damasco
(Califato de Damasco),ocuparon o Norte de África e cruzaron a Península
Ibérica (711) pero foron freados no seu avance cara o norte de Europa, na
batalla de Poitiers (732). Cara ao leste, ocuparon Irán e Afganistán, e chegaron
a Asia central e ao actual Paquistán.
● No 750, a familia dos Abasís de Bagdad derrotou aos Omeias e conseguiu o
Califato. (Califato de Bagdad)
● En 1258, o saqueo de Bagdad polos mongois púxolle fin á dinastía abasí.
● En 1453, tras a toma de Constantinopla (actual Estambul) polos turcos, o
Imperio otomán ou turco exerceu o seu dominio no mundo islámico ata o
século XIX.
A EXPANSIÓN DO ISLAM
2.- A EXPANSIÓN DO ISLAM E A ADMINISTRACIÓN DO TERRITORIO
● Os califas, para gobernar, axudábanse do visir ou primeiro ministro.
● Cada provincia estaba gobernada por un emir ou valí. Ademais, había un
cadí ou xuíz que administraba xustiza.
● Os pobos conquistados (cristiáns e xudeus) podían manter a súa relixión
a cambio do pago dun tributo, pero moitos convertéronse ao Islam, pois os
musulmáns tiñan vantaxes sociais e económicas.
3.- O ISLAM NA PENÍNSULA IBÉRICA: AL-ANDALUS
● Os exércitos musulmáns cruzaron o estreito de Xibraltar no ano 711,
derrotaron aos visigodos na batalla de Guadalete, o rei Rodrigo morreu, e en
poucos anos controlaron toda a Península, coa excepción das zonas máis
montañosas ou despoboadas do norte.
● Algúns nobres e cregos hispanovisigodos, xunto cunha pequena parte da
poboación, refuxiáronse na zona asturiana, que resistiu aos invasores.
Dende aí comezará a Reconquista.
● A conquista foi rápida polas loitas internas entre a nobreza visigoda e
porque a maioría da poboación hispanovisigoda apenas se resistiu. A nobreza
estableceu pactos cos conquistadores para conservar as súas terras e o seu
poder.
● O territorio peninsular pasou a chamarse Al-Andalus e converteuse nun
Emirato (provincia) dependente do Califato Omeia de Damasco, con capital
en Córdoba.
● Tras a caída dos Omeias de Damasco, o omeia Abd al- Rahmán I
estableceuse en Al-Andalus e declarouse emir independente de Bagdad (756-
929), fundando o Emirato de Córdoba.
CONQUISTA MUSULMÁ DA PENÍNSULA IBÉRICA
4.- DO CALIFATO DE CÓRDOBA AOS REINOS DE TAIFAS
● O emir Abd al-Rahman III no ano 929 independizouse da autoridade relixiosa
de Bagdad e proclamouse califa de Al-Andalus. Nacía deste xeito o Califato de
Córdoba.
● O Califato foi a época de máximo esplendor de Al-Andalus. A isto
contribuíron as vitoriosas expedicións militares contra os reinos cristiáns do
Norte que organizou al- Mansur (Almanzor), a finais do século X.
● Entre o 1031 e o 1238 Al-Andalus fragmentouse en máis de 25 taifas ou
reinos independentes.
● A fragmentación política debilitou militarmente Al-Andalus. Malia a axuda
dos exércitos musulmáns procedentes do Norte de África, almorábides e
almohades, no século XIII, os reis cristiáns ocuparon case todos os territorios
de Al- Andalus.
● O único territorio andalusí que sobreviviu ao avance dos reinos cristiáns foi o
reino nazarí de Granada ata o 1492, ano no que foi conquistado polos Reis
Católicos.
O CALIFATO DE CÓRDOBA NO SÉCULO X
REINOS DE TAIFAS NO SÉCULO XI
REINO NAZARÍ DE GRANADA NO SÉCULO XV
5.- ECONOMÍA E SOCIEDADE EN AL-ANDALUS
● O centro económico no mundo musulmán era a cidade (desenvolvíanse
actividades comerciais e artesanais) que posuía un núcleo amurallado ou
medina, onde se encontraba a mesquita, o zoco ou mercado, e o alcázar.
● A agricultura ocupaba a maior parte da poboación. Os musulmáns
introduciron novas técnicas como o regadío e novos cultivos (o arroz, os
cítricos...).
● A sociedade en Al-Andalus estaba formada por:
– Os árabes, que eran a minoría gobernante. (Musulmáns)
– Os bérberes, chegados do Norte de África, un grupo de extracción
humilde. (Musulmáns)
– Os muladís, hispanovisigodos convertidos ao Islam. (Musulmáns)
– A poboación non musulmá: Os mozárabes (hispanovisigodos cristiáns)
e os xudeus.
CIDADE MUSULMÁ
NORAS MUSULMÁS
A SOCIEDADE DE AL-ANDALUS
6.- CULTURA E ARTE ISLÁMICAS
● Entre os séculos VIII e XII, a civilización islámica destacaba polo seu
esplendor, mentres a Europa feudal padecía un gran empobrecemento
económico e cultural.
● Desenvolveron os estudos matemáticos, a medicina (Avicena), a cirurxía e
a astronomía. Tamén houbo importantes filósofos como Maimónides e
Averroes.
● A arte islámica reúne moitas influencias pero tamén mantén uns trazos
homoxéneos, como a importancia das súas artes decorativas con motivos
caligráficos (textos relixiosos con escritura árabe), xeométricos, arabescos e
vexetais, a raíz da prohibición de representar imaxes sagradas.
● En arquitectura destacan edificios como a mesquita, a alcazaba ou os
palacios. Construíanse en ladrillo, utilizando arcos de ferradura, de medio
punto e lobulados, e cúpulas. Posuían unha gran riqueza decorativa no
interior, non así no exterior.
● En España consérvanse dous dos edificios máis destacados da arquitectura
musulmá medieval: a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.
INTERIOR DA MESQUITA DE CÓRDOBA
EXTERIOR DA MESQUITA DE CÓRDOBA
ALHAMBRA DE GRANADA
VISTA EXTERIOR DA ALHAMBRA
DECORACIÓN ALHAMBRA DE GRANADA
PATIO DOS ARRAYANES
PATIO DOS LEÓNS
TORRE DEL ORO - SEVILLA GIRALDA - SEVILLA
FIN

O islam e Al-andalus

  • 1.
    O ISLAM EAL-ANDALUS 2º ESO R.P.V.
  • 2.
    LIÑAS DO TEMPODO ISLAM E AL-ANDALUS
  • 3.
    1.- MAHOMA DIFUNDEUNHA NOVA RELIXIÓN ● A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en Oriente Medio. ● Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, o arcanxo Gabriel anuncioulle que era o novo profeta elixido por Alá (Deus en árabe) para predicar unha nova relixión: o Islam. As autoridades perseguírono polas súas ideas. ● No ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiouse na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou fuxida, e esta data marca o comezo da era musulmá (Equivalente ao nacemento de Cristo). O profeta conquistou A Meca e á súa morte (632), a relixión islámica expandírase por toda Arabia. ● As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súa morte, no Corán, o libro sagrado dos musulmáns. ● Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas (xefes relixiosos e políticos). Os seguidores de Mahoma dividíronse en dúas grandes tendencias: Sunismo e Xiismo. ● Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición. Estas normas, conforman a lei islámica ou sharia. ● Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam: a profesión de fe en Alá como único Deus, o rezo diario cinco veces ao día, a esmola, o xaxún no mes do Ramadán e a peregrinación á Meca (onde de atopa a Kaaba). Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de porco. Permítese a poligamia. ● O Islam non ten sacerdotes, pero existen directores de oracións (imáns). ● O edifico relixioso dos musulmáns é a mesquita que ten unha serie de partes: minarete, patio descuberto, sala de oracións, quibla, mihrab.
  • 4.
  • 5.
  • 6.
  • 7.
  • 8.
    2.- A EXPANSIÓNDO ISLAM E A ADMINISTRACIÓN DO TERRITORIO ● A expansión do Islam continuou baixo o goberno dos catro primeiros califas (632- 661) cara a Exipto, Siria e Iraq. ● Os califas da dinastía Omeia (661-750) estableceron a capital en Damasco (Califato de Damasco),ocuparon o Norte de África e cruzaron a Península Ibérica (711) pero foron freados no seu avance cara o norte de Europa, na batalla de Poitiers (732). Cara ao leste, ocuparon Irán e Afganistán, e chegaron a Asia central e ao actual Paquistán. ● No 750, a familia dos Abasís de Bagdad derrotou aos Omeias e conseguiu o Califato. (Califato de Bagdad) ● En 1258, o saqueo de Bagdad polos mongois púxolle fin á dinastía abasí. ● En 1453, tras a toma de Constantinopla (actual Estambul) polos turcos, o Imperio otomán ou turco exerceu o seu dominio no mundo islámico ata o século XIX.
  • 9.
  • 10.
    2.- A EXPANSIÓNDO ISLAM E A ADMINISTRACIÓN DO TERRITORIO ● Os califas, para gobernar, axudábanse do visir ou primeiro ministro. ● Cada provincia estaba gobernada por un emir ou valí. Ademais, había un cadí ou xuíz que administraba xustiza. ● Os pobos conquistados (cristiáns e xudeus) podían manter a súa relixión a cambio do pago dun tributo, pero moitos convertéronse ao Islam, pois os musulmáns tiñan vantaxes sociais e económicas.
  • 11.
    3.- O ISLAMNA PENÍNSULA IBÉRICA: AL-ANDALUS ● Os exércitos musulmáns cruzaron o estreito de Xibraltar no ano 711, derrotaron aos visigodos na batalla de Guadalete, o rei Rodrigo morreu, e en poucos anos controlaron toda a Península, coa excepción das zonas máis montañosas ou despoboadas do norte. ● Algúns nobres e cregos hispanovisigodos, xunto cunha pequena parte da poboación, refuxiáronse na zona asturiana, que resistiu aos invasores. Dende aí comezará a Reconquista. ● A conquista foi rápida polas loitas internas entre a nobreza visigoda e porque a maioría da poboación hispanovisigoda apenas se resistiu. A nobreza estableceu pactos cos conquistadores para conservar as súas terras e o seu poder. ● O territorio peninsular pasou a chamarse Al-Andalus e converteuse nun Emirato (provincia) dependente do Califato Omeia de Damasco, con capital en Córdoba. ● Tras a caída dos Omeias de Damasco, o omeia Abd al- Rahmán I estableceuse en Al-Andalus e declarouse emir independente de Bagdad (756- 929), fundando o Emirato de Córdoba.
  • 12.
    CONQUISTA MUSULMÁ DAPENÍNSULA IBÉRICA
  • 13.
    4.- DO CALIFATODE CÓRDOBA AOS REINOS DE TAIFAS ● O emir Abd al-Rahman III no ano 929 independizouse da autoridade relixiosa de Bagdad e proclamouse califa de Al-Andalus. Nacía deste xeito o Califato de Córdoba. ● O Califato foi a época de máximo esplendor de Al-Andalus. A isto contribuíron as vitoriosas expedicións militares contra os reinos cristiáns do Norte que organizou al- Mansur (Almanzor), a finais do século X. ● Entre o 1031 e o 1238 Al-Andalus fragmentouse en máis de 25 taifas ou reinos independentes. ● A fragmentación política debilitou militarmente Al-Andalus. Malia a axuda dos exércitos musulmáns procedentes do Norte de África, almorábides e almohades, no século XIII, os reis cristiáns ocuparon case todos os territorios de Al- Andalus. ● O único territorio andalusí que sobreviviu ao avance dos reinos cristiáns foi o reino nazarí de Granada ata o 1492, ano no que foi conquistado polos Reis Católicos.
  • 14.
    O CALIFATO DECÓRDOBA NO SÉCULO X
  • 15.
    REINOS DE TAIFASNO SÉCULO XI
  • 16.
    REINO NAZARÍ DEGRANADA NO SÉCULO XV
  • 17.
    5.- ECONOMÍA ESOCIEDADE EN AL-ANDALUS ● O centro económico no mundo musulmán era a cidade (desenvolvíanse actividades comerciais e artesanais) que posuía un núcleo amurallado ou medina, onde se encontraba a mesquita, o zoco ou mercado, e o alcázar. ● A agricultura ocupaba a maior parte da poboación. Os musulmáns introduciron novas técnicas como o regadío e novos cultivos (o arroz, os cítricos...). ● A sociedade en Al-Andalus estaba formada por: – Os árabes, que eran a minoría gobernante. (Musulmáns) – Os bérberes, chegados do Norte de África, un grupo de extracción humilde. (Musulmáns) – Os muladís, hispanovisigodos convertidos ao Islam. (Musulmáns) – A poboación non musulmá: Os mozárabes (hispanovisigodos cristiáns) e os xudeus.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
    A SOCIEDADE DEAL-ANDALUS
  • 21.
    6.- CULTURA EARTE ISLÁMICAS ● Entre os séculos VIII e XII, a civilización islámica destacaba polo seu esplendor, mentres a Europa feudal padecía un gran empobrecemento económico e cultural. ● Desenvolveron os estudos matemáticos, a medicina (Avicena), a cirurxía e a astronomía. Tamén houbo importantes filósofos como Maimónides e Averroes. ● A arte islámica reúne moitas influencias pero tamén mantén uns trazos homoxéneos, como a importancia das súas artes decorativas con motivos caligráficos (textos relixiosos con escritura árabe), xeométricos, arabescos e vexetais, a raíz da prohibición de representar imaxes sagradas. ● En arquitectura destacan edificios como a mesquita, a alcazaba ou os palacios. Construíanse en ladrillo, utilizando arcos de ferradura, de medio punto e lobulados, e cúpulas. Posuían unha gran riqueza decorativa no interior, non así no exterior. ● En España consérvanse dous dos edificios máis destacados da arquitectura musulmá medieval: a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.
  • 22.
  • 23.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27.
  • 28.
  • 29.
    TORRE DEL ORO- SEVILLA GIRALDA - SEVILLA
  • 30.