Download free for 30 days
Sign in
Upload
Language (EN)
Support
Business
Mobile
Social Media
Marketing
Technology
Art & Photos
Career
Design
Education
Presentations & Public Speaking
Government & Nonprofit
Healthcare
Internet
Law
Leadership & Management
Automotive
Engineering
Software
Recruiting & HR
Retail
Sales
Services
Science
Small Business & Entrepreneurship
Food
Environment
Economy & Finance
Data & Analytics
Investor Relations
Sports
Spiritual
News & Politics
Travel
Self Improvement
Real Estate
Entertainment & Humor
Health & Medicine
Devices & Hardware
Lifestyle
Change Language
Language
English
Español
Português
Français
Deutsche
Cancel
Save
Submit search
EN
Uploaded by
rubempaul
733 views
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema teórico sobre a república e a ditadura de Franco en España
Education
◦
Related topics:
Historia de España
•
Read more
1
Save
Share
Embed
Embed presentation
Download
Downloaded 16 times
1
/ 7
2
/ 7
3
/ 7
4
/ 7
5
/ 7
6
/ 7
7
/ 7
More Related Content
ODP
Tema 5 O mundo entre guerras
by
rubempaul
PDF
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
by
rubempaul
ODP
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
by
rubempaul
ODP
República e ditadura en España
by
rubempaul
PPT
Tema 4. España no século XIX
by
rubempaul
ODP
Tema 2 As revolucións burguesas
by
rubempaul
PDF
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
by
rubempaul
ODP
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
by
rubempaul
Tema 5 O mundo entre guerras
by
rubempaul
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
by
rubempaul
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
by
rubempaul
República e ditadura en España
by
rubempaul
Tema 4. España no século XIX
by
rubempaul
Tema 2 As revolucións burguesas
by
rubempaul
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
by
rubempaul
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
by
rubempaul
What's hot
PDF
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
by
rubempaul
PDF
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
by
rubempaul
PPT
Liberalismo e Nacionalismo
by
Agrela Elvixeo
PPT
Transición e democracia en España
by
Agrela Elvixeo
PDF
Tema 7
by
aialo1
PPTX
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
by
Antía Sanmarco
PPT
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
by
Agrela Elvixeo
PPT
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
by
Agrela Elvixeo
PPT
Unidade 10.España en democracia
by
Agrela Elvixeo
PPT
T E M A 1 Antigo RéXime
by
camposseijo
PPT
Unidade 9. España no franquismo
by
Agrela Elvixeo
PDF
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
by
rubempaul
PPT
Bipolarización. Guerra Fría
by
Agrela Elvixeo
PPT
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
by
Agrela Elvixeo
PPT
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
by
Agrela Elvixeo
PDF
Tema 9. O Franquismo
by
Dudas-Historia
PPT
A Revolución Rusa
by
Dudas-Historia
DOC
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
by
Dudas-Historia
PPTX
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
by
rubempaul
ODT
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
by
Dudas-Historia
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
by
rubempaul
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
by
rubempaul
Liberalismo e Nacionalismo
by
Agrela Elvixeo
Transición e democracia en España
by
Agrela Elvixeo
Tema 7
by
aialo1
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
by
Antía Sanmarco
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
by
Agrela Elvixeo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
by
Agrela Elvixeo
Unidade 10.España en democracia
by
Agrela Elvixeo
T E M A 1 Antigo RéXime
by
camposseijo
Unidade 9. España no franquismo
by
Agrela Elvixeo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
by
rubempaul
Bipolarización. Guerra Fría
by
Agrela Elvixeo
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
by
Agrela Elvixeo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
by
Agrela Elvixeo
Tema 9. O Franquismo
by
Dudas-Historia
A Revolución Rusa
by
Dudas-Historia
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
by
Dudas-Historia
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
by
rubempaul
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
by
Dudas-Historia
Viewers also liked
ODP
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
by
rubempaul
ODT
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
by
rubempaul
PDF
A poboación mundial
by
rubempaul
PDF
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
by
rubempaul
ODT
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
by
rubempaul
PDF
Renovación e crise no mundo feudal
by
rubempaul
PDF
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
by
rubempaul
DOCX
A Europa feudal
by
rubempaul
ODT
A arte renacentista (3º ESO)
by
rubempaul
PDF
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
by
rubempaul
PDF
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
by
rubempaul
PDF
A civilización grega (1º ESO)
by
rubempaul
ODT
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
by
rubempaul
PDF
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
by
rubempaul
DOCX
A civilización romana
by
rubempaul
PDF
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
by
rubempaul
PDF
O sector primario
by
rubempaul
ODT
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
by
rubempaul
PDF
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
by
rubempaul
PDF
O Islam e Al-Andalus
by
rubempaul
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
by
rubempaul
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
by
rubempaul
A poboación mundial
by
rubempaul
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
by
rubempaul
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
by
rubempaul
Renovación e crise no mundo feudal
by
rubempaul
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
by
rubempaul
A Europa feudal
by
rubempaul
A arte renacentista (3º ESO)
by
rubempaul
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
by
rubempaul
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
by
rubempaul
A civilización grega (1º ESO)
by
rubempaul
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
by
rubempaul
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
by
rubempaul
A civilización romana
by
rubempaul
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
by
rubempaul
O sector primario
by
rubempaul
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
by
rubempaul
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
by
rubempaul
O Islam e Al-Andalus
by
rubempaul
Similar to Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
PPT
Tema 10
by
Alberto Rivas
PPTX
Tema 10
by
Antía Sanmarco
PPTX
Tema 10
by
yasminajamardo
PPTX
Tema 10
by
CarlotaAbuin
PPTX
Tema 10
by
katrinacosta
ODP
Tema10
by
silvanarisitas
ODP
Tema10
by
silvanarisitas
PPTX
Tema 10
by
Carla Vicente
ODP
Tema 10
by
Lara Raris Frois
PPTX
Tema 10 historia
by
Verena Vieites Fernandes
PPT
Tema7- II República e Guerra Civil
by
aialo1
PPTX
Tema 10 historia
by
pablokatt
PPTX
Tema 10 – tempos de confrontación en españa
by
sergiocesures
PPT
Fabio raris
by
Fabioraris
PPTX
Tema 10
by
pyston_69
PPT
España e Galiza.
by
franbragado
PPT
Tema 10
by
ahia5
PPT
Tema 10
by
ahia5
PPT
Tema10 ESPAÑA E GALICIA Principio de S. XX
by
Jose Carlos García Pérez
ODP
Historia, tema 10
by
rosamariacienciassociais
Tema 10
by
Alberto Rivas
Tema 10
by
Antía Sanmarco
Tema 10
by
yasminajamardo
Tema 10
by
CarlotaAbuin
Tema 10
by
katrinacosta
Tema10
by
silvanarisitas
Tema10
by
silvanarisitas
Tema 10
by
Carla Vicente
Tema 10
by
Lara Raris Frois
Tema 10 historia
by
Verena Vieites Fernandes
Tema7- II República e Guerra Civil
by
aialo1
Tema 10 historia
by
pablokatt
Tema 10 – tempos de confrontación en españa
by
sergiocesures
Fabio raris
by
Fabioraris
Tema 10
by
pyston_69
España e Galiza.
by
franbragado
Tema 10
by
ahia5
Tema 10
by
ahia5
Tema10 ESPAÑA E GALICIA Principio de S. XX
by
Jose Carlos García Pérez
Historia, tema 10
by
rosamariacienciassociais
More from rubempaul
PPT
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
by
rubempaul
PPT
Tema 7. A época do Renacemento
by
rubempaul
PPT
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
by
rubempaul
PPTX
Tema 6. O mundo entre guerras
by
rubempaul
PPT
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
by
rubempaul
PDF
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
by
rubempaul
PDF
Tema 10. O sector terciario
by
rubempaul
PPT
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
by
rubempaul
PDF
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
by
rubempaul
PDF
3º ESO. Tema 8: O sector primario
by
rubempaul
PDF
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
by
rubempaul
PDF
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
by
rubempaul
PPTX
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
by
rubempaul
PPTX
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
by
rubempaul
PPTX
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
by
rubempaul
PPT
A civilización grega
by
rubempaul
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
by
rubempaul
Tema 7. A época do Renacemento
by
rubempaul
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
by
rubempaul
Tema 6. O mundo entre guerras
by
rubempaul
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
by
rubempaul
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
by
rubempaul
Tema 10. O sector terciario
by
rubempaul
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
by
rubempaul
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
by
rubempaul
3º ESO. Tema 8: O sector primario
by
rubempaul
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
by
rubempaul
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
by
rubempaul
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
by
rubempaul
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
by
rubempaul
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
by
rubempaul
A civilización grega
by
rubempaul
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
1.
TEMA 6 REPÚBLICA E
DITADURA EN ESPAÑA 1. A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA 1.1 A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA. 1923-1930 O 13 de setembro de 1923, o xeneral Miguel Primo de Rivera deu un golpe de Estado que poñía fin ao réxime constitucional da Restauración. Foi xustificado pola inestabilidade política, os fracasos militares (desastre de Annual), os ataques ao Rei e a conflitividade social en España. Contou co apoio do Rei, do exército e a indiferenza popular. No seu goberno diferéncianse dous períodos: ● Directorio militar (1923-1925): goberno formado só por militares. As Cortes foron disoltas, a constitución do 1876 suspendida, e todas as autoridades foron substituídas por persoas adictas á Unión Patriótica. O seu maior éxito foi a finalización da guerra de Marrocos tras o vitorioso desembarco de Alhucemas (1925). ● Directorio civil (1925-1930): goberno formado maioritariamente por civís vinculados a Unión Patriótica no que destacou Calvo Sotelo. Primo de Rivera pretendeu instaurar un réxime político autoritario similar ao de Mussolini. En Galicia, a Lei de Redención dos foros (1926) permitiu aos campesiños rescatar as rendas forais e quedarse coa propiedade da terra. A comezos de 1930, perdido o apoio do exército, Primo de Rivera presentoulle a dimisión ao Rei. 1.2. A FIN DA MONARQUÍA1930-1931 Tras a dimisión de Primo de Rivera, Alfonso XIII encargou ao xeneral Dámaso Berenguer a formación dun novo goberno. Medra a oposición á monarquía, a axitación popular e a idea dunha España republicana. En agosto de 1930, republicanos, nacionalistas cataláns e socialistas asinan o Pacto de San Sebastián, comprometéndose a derrocar a monarquía e establecer a república. A comezos de 1931, un novo goberno, presidido por Juán Bautista Aznar, convocou eleccións municipais para o 12 de abril que os republicanos gañaron nas cidades máis importantes. O 14 de abril de 1931 proclamouse a república (Segunda República Española) e Alfonso XIII abandonou España. 2. A SEGUNDA REPÚBLICA. 1931-1936 2.1. O BIENIO REFORMISTA. A REPÚBLICA DE ESQUERDAS. 1931-1933 Tras a proclamación da República formouse un goberno provisional presidido por Niceto Alcalá Zamora e formado por republicanos e socialistas co fin de organizar eleccións a Cortes constituíntes. En decembro de 1931, as Cortes aprobaron a Constitución republicana, de carácter progresista. Alcalá Zamora foi nomeado presidente da República e Manuel Azaña xefe do goberno formado por republicanos de esquerda e socialistas. Durante este período, púxose en marcha unha ambiciosa política de reformas que chocaron cos intereses dos empresarios, terratenentes, militares e eclesiásticos: Xeografía e Historia ©RPV 1
2.
● Constitución de
1931: establecía a soberanía nacional, a separación da Igrexa e do Estado, autonomía de municipios e rexións e numerosos dereitos individuais e sociais (liberdade de opinión, divorcio, culto, asociación, reunión, voto feminino, etc.) ● Laicismo e limitación do poder da Igrexa: extinción do orzamento do clero, prohibición ás ordes relixiosas de ensinar, expulsión dos xesuítas,... ● Reforma do exército: reduciuse o número de oficiais e creouse a Garda de Asalto para controlar a orde pública. ● Reforma agraria: as leis autorizaban a expropiación de terras para entregalas aos campesiños e aos xornaleiros que as traballaban. ● Reforma educativa: construíronse numerosas escolas nas que se impartía o ensino primario obrigatorio, gratuíto e laico. ● Aprobación da autonomía catalá que permitiu a Cataluña ter o goberno da Generalitat desde 1932 presidido por Macià. O goberno tivo que afrontar graves problemas: ● En agosto de 1932, ao intento de golpe de estado do xeneral Sanjurjo, apoiado por monárquicos e latifundistas. ● Prodúcense folgas, queimas de igrexas e conventos e ocupacións de fincas no campo. ● Os anarquistas realizaron protestas reprimidas con dureza, destacando a exercida contra os xornaleiros de Casas Viejas (Cádiz, 1933). ● Produciuse a reorganización das forzas de dereita: fundáronse a Falanxe Española (José Antonio Primo de Rivera); Renovación Española (José Calvo Sotelo); CEDA -Confederación Española de Dereitas Autónomas- (José María Gil Robles). ● Azaña dimite e convócanse novas eleccións xerais para o mes de novembro de 1933. 2.2 O BIENIO RECTIFICADOR OU DE DEREITAS. 1933-1936 As eleccións xerais de novembro de 1933 foron gañadas polas forzas de dereitas. O novo xefe de Goberno foi Alejandro Lerroux, do Partido Republicano Radical, que contou co apoio da CEDA. Neste período destaca: ● A política rectificadora que supuxo a paralización da maior parte das reformas da etapa anterior. Este feito produciu a radicalización das esquerdas. ● A revolución de outubro de 1934: tivo a súa orixe na dereitización do réxime coa entrada no Goberno de Gil Robles, xefe da CEDA, á que as forzas de esquerda reaccionan con violencia: ✔ O 5 de outubro ten lugar en todo o país unha folga xeral. ✔ En Cataluña, a Generalitat proclama o Estado catalán dentro da República Federal Española. ✔ En Asturias, as forzas obreiras protagonizaron unha insurrección armada que foi duramente reprimida polo Goberno grazas ás tropas de África mandadas por Franco. ● O desprestixio de Lerroux: a represión debilitouno. A finais de 1935 dimitiu debido ao escándalo do estraperlo (ruleta trucada nos casinos no que estaban implicados familiares seus). Alcalá Zamora (presidente da República) convoca novas eleccións xerais para febreiro de 1936. As forzas políticas acudiron agrupadas: as dereitas no Bloque Nacional, e as esquerdas na Fronte Popular. 2.3. A FRONTE POPULAR. Febreiro de 1936-xullo de 1936 Nas eleccións triunfou o Fronte Popular. Manuel Azaña foi nomeado presidente da República e Santiago Casares Quiroga, xefe do Goberno. Xeografía e Historia ©RPV 2
3.
Principais feitos: ● Reinicio
da reformas: amnistía para os presos políticos e retomouse a política reformista e autonomista: realizouse o plebiscito do Estatuto de Galicia. ● Aumentou a tensión social entre os extremistas de dereitas (Falanxe) e os de esquerdas (Anarquistas, comunistas, parte dos socialistas). A violencia, os atentados as folgas e a desorde pública foi en aumento. ● A conspiración militar: para acabar co goberno de esquerdas, os grupos conservadores acudiron ao exército. Dirixidos polo xeneral Emilio Mola, os conxurados organizaron un plan que consistía en que se sublevase o exército de África, secundado logo por levantamentos na Península. O 12 de xullo a extrema dereita asasinou o tenente da Garda de Asalto José Castillo. Como represalia, un grupo de Gardas de Asalto asasinaron a José Calvo Sotelo. O 17 de xullo de 1936, as tropas do Marrocos español sublévanse contra o goberno da República e o 18 de xullo fixérono na Península. Era o inicio da Guerra civil. 3. GALICIA DURANTE A SEGUNDA REPÚBLICA 3.1. A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA EN GALICIA E A DIVERSIDADE POLÍTICA En 1929, fundouse por Santiago Casares Quiroga e Antón Vilar Ponte, a Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) coa finalidade de loitar pola república e por Galicia. En 1930, no Pacto de Lestrove, creouse a Federación Republicana Galega, unindo a todas as forzas republicanas. Nas eleccións municipais de abril de 1931, os republicanos, sós ou en alianza cos socialistas, alcanzaron o triunfo en todas a cidades (agás Lugo). A ORGA, transformada en 1932 no Partido Republicano Galego, acabou integrándose no partido de Izquierda Republicana fundado por Azaña. A finais de 1931, fúndase en Pontevedra o Partido Galeguista, no que destacou Castelao. 3.2. AAUTONOMÍA DE GALICIA Conseguir para Galicia a autonomía foi o tema central da política galega durante a Segunda República: ● Anteproxectos de 1931: Nunha asemblea da Federación Republicana Galega, aprobáronse as Bases para o Estado Galego, nas que se declaraba Galicia como un Estado autónomo dentro da República Federal Española. Esta opción resultou incompatible coa Constitución de 1931. ● O Estatuto de Galicia de 1932: por iniciativa do concello de Santiago, realizáronse varias asembleas de concellos galegos nas que se foron debatendo e aprobando os diferentes artigos do Estatuto de Galicia. O triunfo das dereitas en 1933 paralizou todo o proceso. ● O plebiscito do Estatuto e a presentación nas Cortes de 1936: o 28 de xuño de 1936 realizouse o referendo do Estatuto de Galicia, sendo aprobado maioritariamente e presentado a Cortes. A sublevación militar impediu a súa aprobación. 4. A GUERRA CIVIL. 1936-1939 4.1. A SUBLEVACIÓN E OS BANDOS A sublevación militar contra a República foi dirixida polo xeneral Mola. Comezou o 17 de xullo en Melilla. O 18, Franco sublevouse en Canarias e a rebelión esténdese a toda a Península, aínda que non triunfou en todos os lugares. O 19 de xullo, José Giral, novo presidente do Goberno da República, entregou armas ás milicias populares. Xeografía e Historia ©RPV 3
4.
España quedou dividida
en dous bandos: ✔ Os sublevados (“nacionais”) contaban co apoio de parte do exército, da Garda civil, dos políticos conservadores,da igrexa católica (cruzada contra o comunismo) e dos propietarios agrícolas. Dende o exterior Alemaña, Italia e Portugal foron os principais apoios. ✔ Os republicanos contaban con: maioría de xefes do exército de terra e mariñeiría, a aviación e a Garda de Asalto. Masas obreiras e xornaleiros agrícolas. Do exterior, Francia, a Unión Soviética e as Brigadas Internacionais (voluntarios de todo o mundo que viñeron loitar a España contra o fascismo). 4.2. O DESENVOLVEMENTO DA GUERRA A guerra civil española tivo as seguintes fases: ● As primeiras operacións (xullo-outubro de 1936): Dende o norte, Mola avanzou cara a Madrid e o exército de África avanzou por Estremadura ● A loita por Madrid (novembro 1936-marzo 1937): A pesares de Batallas como a do Jarama e a de Guadalajara, as milicias populares lograron que os nacionais non entraran en Madrid (“no pasarán”). O goberno republicano trasladouse a Valencia. ● A campaña do norte (abril-outubro 1937): Ante a resistencia de Madrid, Franco atacou a zona republicana do Norte (Bombardeo de Guernica pola aviación alemá). ● O avance cara ao Mediterráneo (novembro 1937-novembro 1938): Os nacionais vencen aos republicanos en Teruel e chegan ao Mediterráneo, dividindo en dúas a zona republicana. A batalla do Ebro –100,000 mortos- (xullo-novembro 1938) rematou tamén co triunfo de Franco. ● A caída de Cataluña e a fin da guerra (decembro 1938- 1 abril 1939): A toma de Cataluña en febreiro de 1939 supuxo o exilio de miles de persoas e autoridades republicanas. Francia e Inglaterra recoñecían o goberno de Franco. A finais de marzo as tropas nacionais entraban en Madrid. O 1 de abril de 1939 finalizaba a guerra. 4.3. A ESPAÑA REPUBLICANA E A ESPAÑA SUBLEVADA: EVOLUCIÓN POLÍTICA Na España republicana faltou unión: ● O poder estaba fragmentado: desorganización do goberno, entrega de armas ao pobo que incrementou o poder das organizacións obreiras (CNT, UXT, POUM) e do partido comunista (PCE). Fórmanse os Comités populares. ● Experiencias no goberno: nos meses iniciais da guerra, o Goberno estivo en mans de republicanos de esquerda dirixidos por José Giral. En setembro de 1936 o Goberno presidido polo socialista Largo Caballero deu entrada a ministros comunistas e anarquistas. En maio de 1937 sucedeuno Juán Negrín, apoiado polos comunistas. ● Experiencias de revolución social: en Cataluña produciuse a colectivización de industrias e grandes propiedades. En Aragón e Andalucía aboliuse a propiedade privada e colectivizaron a terra. Na zona nacional: ● A Junta de Defensa Nacional, con sede en Burgos, nomeou a Franco Xefe do Estado e Xeneralísimo dos Exércitos (1 de outubro de 1936). ● O novo Estado nacional: Franco (“Caudillo de España”) anulou as reforma e leis republicanas. Fusionou a todas as forzas que o apoiaban (falanxistas, requetés, monárquicos) nunha única formación, Falange Española Tradicionalista y de las JONS, coñecida como Movimiento Nacional. Xeografía e Historia ©RPV 4
5.
4.4. AS CONSECUENCIAS
DA GUERRA Foron moi negativas: ● Perdas da guerra: ✔ Demográficas: 500.000 mortos, feridos e mutilados. 350.000 exiliados. ✔ Económicas: danos materiais en cidades, zonas industriais e redución da produción. ● Represión: ✔ Na zona republicana, as milicias populares levaron a cabo matanzas e persecucións contra persoas de dereitas e eclesiásticos (exemplo: Paracuellos). ✔ Na zona sublevada, militares e falanxistas desenvolveron unha forte represión sobre as forzas de esquerda, mediante paseos, fusilamentos e xuízos sumarísimos. Despois da guerra, os fusilamentos, os traballos forzados e as condenas de cárcere continuaron durante moitos anos. 5. A DITADURA DE FRANCO. 1939-1975 5.1. O RÉXIME POLÍTICO FRANQUISTA As bases xurídicas e políticas do réxime franquista foron recollidas en sete Leis Fundamentais. As pezas clave deste sistema foron: ● Franco, caudillo de España: o réxime foi unha ditadura e contou co apoio da Igrexa, do exército e dunha maioría da poboación. ● Unha monarquía sen rei: en 1947 quedou definida España como un reino. ● Unidade da patria e centralismo: España foi considerada como unha nación única e indivisible, sometida ao goberno central. ● Nacional-catolicismo: a lexislación, a educación e as actividades dos españois debían axustarse ás directrices da Igrexa católica, lexitimadora do réxime. ● Movemento Nacional: todas as forzas franquistas estaban unidas na única formación política autorizada, baseada na Falanxe. ● Sindicato Vertical: os sindicatos de clase foron prohibidos, sendo obrigatoria a afiliación de obreiros e patronos da mesma actividade nun sindicato único de oficio. ● Democracia orgánica: Os Concellos e as Cortes estaban formados por persoas adictas ao réxime elixidas de forma indirecta a través da familia, o sindicato e as institucións corporativas. ● Limitación dos dereitos individuais e subordinación das mulleres aos homes, adicadas ao traballo da casa e dos fillos. Creouse a Sección Feminina e o Servizo social para as mulleres e a Fronte de Xuventudes para os rapaces. A única lingua permitida era o castelán. 5.2. A POSGUERRA. 1939-1959 Características: ● Illamento internacional: ata 1955. A vinculación do réxime de Franco cos fascismos (enviou á División Azul á fronte rusa), fixo que quedara illado da comunidade internacional. O anticomunismo de Franco durante o inicio da Guerra Fría posibilitou un Concordato co Vaticano (1953) e un convenio defensivo cos Estados Unidos (instalación de bases militares a cambio de apoio económico) e o ingreso na ONU (1955). Era o fin do illamento. ● Autarquía: o goberno de Franco tentou conseguir que España fose autosuficiente pero produciuse escaseza, empobrecemento e racionamento de alimentos e mercado negro. Houbo un forte intervencionismo do Estado en todos os sectores económicos e Xeografía e Historia ©RPV 5
6.
nacionalizáronse os ferrocarrís
(creación de RENFE) e do INI (Instituto Nacional de Industria) para estimular a industrialización. ● Represión e guerrilla: Despois da Guerra continuou a represión contra o bando republicano: encarceramentos, traballos forzados (construción do Val do Caídos), fusilamentos e tamén accións armadas dos guerrilleiros (maquis) contra o réxime franquista. 5.3. O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO. 1959-1973 ● O desenvolvemento económico: o Plan de Estabilización (1959), os plans de desenvolvemento (a partires de 1964) e a creación dos Polos de Desenvolvemento industrial, permitiron un forte crecemento económico na década de 1960, á que tamén contribuíron as divisas achegadas polo turismo e as remesas de diñeiro enviadas polos emigrantes. ● Éxodo rural cara a Madrid, Cataluña, País Vasco e Valencia, e emigración a Europa: Francia, Alemaña, Suíza, Paises Baixos. ● Os cambios sociais nos costumes, vestimenta, no comportamento e na menor importancia da Igrexa, deron orixe a unha sociedade máis aberta e moderna. Aumentou a clase media, descendeu o número de fillos e a muller incorporouse ao traballo fóra do fogar de forma crecente. ● O inmobilismo político: a pesar das transformacións económicas e sociais, o réxime franquista seguiu sendo unha ditadura sen liberdades. En 1969, Franco nomea sucesor na xefatura do Estado a Juan Carlos de Borbón. ● A crecente oposición franquista: na loita sindical destacou a actuación de Comisións Obreiras (actuaba na clandestinidade); os nacionalistas vascos radicais fundaron ETA para alcanzar a independencia de Euskadi a través da loita armada; na Universidade as protestas contra o réxime foron continuas. ● As relacións exteriores: en 1956, España recoñeceu a independencia de Marrocos, entregándolles os territorios do protectorado español e, en 1969, o Ifni; Guinea Ecuatorial alcanzou a independencia en 1968. En 1962 solicitou a entrada na CEE pero foille denegada. Tamén reclamou a devolución de Xibraltar. 5.4. A FIN DO FRANQUISMO. 1973-1975 ● O asasinato do almirante Carrero Blanco, vítima dun atentado de ETA, presidente do Goberno, representaba a liña dura do réxime (o búnker, os inmobilistas). ● O Goberno de Carlos Arias Navarro, nomeado presidente do Goberno tras a morte de Carrero Blanco, tamén da liña dura do réxime. ● O incremento das forzas da oposición. Na Igrexa, no exército e no Movemento, xorden personalidades e grupos que piden reformas (aperturistas). Nas fábricas e universidades, as protestas e folgas son duramente reprimidas pola policía. Producíronse numerosos atentados de ETA, FRAP e GRAPO. Fúndase a Junta Democrática (en torno ao PCE de Carrillo) a Plataforma de Convergencia Democrática (próxima ao PSOE de Felipe González). A pena de morte continuouse aplicando. ● Morte de Franco, o 20 de novembro de 1975. ● O abandono do Sáhara: en outubro de 1975, o rei de Marrocos organizou a Marcha Verde, coa pretendía ocupar a colonia española do Sáhara. En febreiro de 1976, España acordaba abandonar o Sáhara. Desaparecían as últimas posesións do imperio colonial español. 6. GALICIA NO FRANQUISMO ● En Galicia case non houbo guerra e quedou en mans dos sublevados. Existiu unha forte Xeografía e Historia ©RPV 6
7.
represión contra os
partidarios da República. Desenvolveuse unha intensa actividade da guerrilla, alcanzando algúns guerrilleiros gran sona: Foucellas, O Piloto. Ao exilio tiveron que marchar moitos dos galegos que apoiaron á Fronte Popular. ● Durante a posguerra creáronse empresas como ASTANO, FENOSA ou Zeltia. Na Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa creáronse Polos de Desenvolvemento (Citroen en Vigo) e construíronse encoros (Os Peares, Belesar,...). Na agricultura aumentou a maquinaria e a especialización. Milleiros de galegos, ante a falta de traballo e recursos, tiveron que emigrar cara as cidades industriais españolas ou cara o estranxeiro, tanto a América como a Europa. ● Os galegos tamén protagonizaron actuacións de protesta contra a ditadura: ✔ No exterior a oposición política estivo formada por intelectuais e políticos como Castelao ou Salvador de Madariaga. ✔ Na oposición interior, destacou a Editorial Galaxia, a actuación clandestina de partidos como o PCE, o PSG ou a UPG, e a Universidade de Santiago. ✔ A protesta obreira acrecentouse nos anos 60 e inicio dos 70 con folgas e protestas, como a de Ferrol (10 de marzo de 1972) reprimida pola forzas da orde e que rematou con dous obreiros mortos. Xeografía e Historia ©RPV 7
Download