TEMA 4
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
4º ESO
1. GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA
CARLOS IV E A CRISE DA MONARQUÍA ESPAÑOLA
Reinado de Carlos IV: 1788-1808. Marcado por:
• Temor ao contaxio revolucionario de Francia.
• Ambición de poder por parte de Manuel Godoy, home de
confianza do rei.
• Relacións con Francia:
• Ata 1796: enfrontamento coa Francia
revolucionaria.
• Despois: alianza hispano-francesa contra
Inglaterra.
• Abdicación de Carlos IV: 1808.
• Godoy permitélle a Napoleón atravesar España.
(Tratado de Fontainebleau, 1807).
• Motín de Aranjuez (marzo de 1808): contra Godoy
por parte dos partidarios do príncipe Fernando.
Carlos IV abdica no seu fillo Fernando VII.
CARLOS IV
GODOY
MOTÍN DE ARANJUEZ, 1808
TRATADO DE FONTAINEBLEAU, 1807
• Napoleón media no conflito familiar entre Carlos IV e Fernando VII:
• Abdicacións de Baiona (Francia): Cesión da Coroa de España
a Napoleón e este nomea rei a seu irmán Xosé I.
• A maioría da poboación española oponse á presenza francesa.
• Levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid: inicio da
Guerra de Independencia.
GUERRA CONTRA NAPOLEÓN (1808-1814)
● Guerra de Independencia (1808-1814):
– Superioridade militar francesa e dominio inicial.
– Guerra de guerrillas: grupos reducidos de paisanos que atacaba as tropas
francesas (emboscadas), apoiados pola poboación.
– Líderes: o Empecinado ou Agustina de Aragón.
– Os españois, axudados polos ingleses expulsaron aos franceses en 1814.
• A guerra en Galicia.
• Galicia foi ocupada polas tropas francesas de en xaneiro de 1809
tras expulsar as tropas inglesas. Na batalla de Elviña (16/01/1809)
faleceu o seu dirixente Moore. A resistencia popular e as partidas
de guerrilleiros (Cachamuíña), conseguiron que tras reconquistar
Vigo (28/03/1809) e gañar a batalla de Ponte Sampaio (xuño de
1809), os franceses abandonasen Galicia.
BATALLA DE ELVIÑA
• Nas zonas sublevadas contra os franceses formáronse Xuntas, que exerceron
funcións de goberno, organizando a defensa e a guerra.
• Para coordinalas creouse a Xunta Suprema Central que convocou unhas
Cortes extraordinarias para que elaborasen novas leis e un novo modelo
político para o país, que desmantelase o Antigo Réxime.
• Reunidas en Cádiz (Cortes de Cádiz) en 1810, redactaron a Constitución de
1812 que recollía os principios Redacción da Constitución de Cádiz (1812):
Primeira constitución da Hª de España.
–Recollía principios liberais:
– Soberanía nacional.
– División de poderes.
– Dereitos e liberdades individuais.
– Sufraxio universal masculino indirecto.
- Forma de goberno: monarquía.
- Relixión oficial: catolicismo.
As CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812
MONUMENTO Á CONSTITUCIÓN DE CADIZ
2. O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833)
FASES
Finalizada a guerra da Independencia, Fernando VII retornou a España en 1814.
No seu reinado, diferéncianse tres períodos:
• Sexenio absolutista (1814-1820). Impuxo o absolutismo, derrogou a
Constitución de Cádiz e todas as leis liberais. Era a volta ao Antigo Réxime.
Algúns liberais exiliáronse e outros trataron de restaurar o liberalismo
mediante pronunciamentos ou sublevacións.
• Trienio liberal (1820-1823). En 1820, o coronel Rafael Riego sublevouse e
proclamou o restablecemento da Constitución de 1812, de modo que o rei se
viu obrigado a xurala. Os novos gobernos liberais restableceron tamén todas as
leis reformistas. En 1823, a Santa Alianza enviou a España os Cen mil fillos de
San Luís, un exército que restableceu a Fernando VII como rei absoluto.
• Década ominosa ou absolutista (1823-1833). O rei volveu a derrogar a
constitución e perseguiu brutalmente aos liberais. En 1830, Fernando VII
promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a Lei Sálica e proclamou
herdeira á súa filla Isabel. Isto non foi aceptado polo seu irmán Carlos María
Isidro, orixinándose un grave problema dinástico á morte de Fernando VII que
desencadeou a primeira guerra carlista en 1833.
A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA
• Entre 1808 e 1824 (Batalla de Ayacucho) tivo lugar o proceso de
independencia da maioría das colonias españolas en América. Causas:
• A extensión das ideas liberais e nacionalistas e o exemplo da
independencia dos Estados Unidos.
• Os cambios de réxime acontecidos en España (invasión napoleónica,
revolución liberal...), que favoreceron as ansias de establecer un goberno
propio.
• Os desexos das minorías crioulas, que vían na independencia un medio
de liberarse do dominio de España.
• O proceso deu orixe a diversas guerras:
• En América do sur, os líderes (libertadores) foron: Bolívar (Colombia,
Venezuela, Ecuador), San Martín (Arxentina e Chile) ou Sucre (Bolivia).
• En América central e do norte destacou Agustín de Itúrbide (México).
• As consecuencias para España:
• Perdeu o seu papel de potencia internacional.
• Quedou sen os recursos procedentes da colonias.
• O dominio español quedou limitado a Cuba, Porto Rico e Filipinas.
SIMÓN BOLÍVAR
3. O REINADO DE ISABEL II (1833-1868)
Durante o seu reinado consolidáronse as reformas liberais pero tamén foron
constantes os enfrontamentos entre os liberais moderados e os
progresistas, liderados por xefes militares coñecidos como espadóns.
AS REXENCIAS (1833-1843)
Á morte de seu pai, en 1833, Isabel tiña tres anos, o que produciu un período de
rexencias:
• A primeira rexente foi súa nai, María Cristina (1833-1840). Inicialmente
apoiouse nos moderados. Deu comezo a primeira guerra carlista (1833-
39), entre os partidarios de Isabel II e os do seu tío Carlos. Os carlistas
defendían o absolutismo e as leis forais (“Deus, Patria, Rei e Fueros”). A
guerra rematou coa sinatura do Convenio de Vergara (1839). María
Cristina tomou diversas medidas que supuxeron o triunfo do liberalismo
en España:
• Concesión de amnistía para os liberais exiliados
• Nova organización de España en provincias (1833).
• Entre 1835 e 1836, os progresistas fixéronse co poder e puxeron en
marcha:
• A desamortización eclesiástica (Mendizábal) dos bens do clero
regular.
• A constitución de 1837, de carácter progresista que establecía
unha monarquía constitucional e un sufraxio censatario amplo.
• En 1840, asumiu a rexencia o xeneral Espartero, progresista pero que
gobernou de forma autoritaria. A rexencia acabou tras a sublevación de
1843, liderada polo xeneral moderado Narváez.
Convenio de Vergara
O REINADO PERSOAL DE ISABEL II (1843-1868)
En 1843 Isabel II foi declarada raíña con 13 anos e comezou o seu reinado persoal.
Gobernou case sempre apoiándose en políticos moderados coma os xenerais
Narváez e O’Donnell. No seu reinado distínguense varias etapas:
• A década moderada (1844-1854). Gobernos liberais moderados dirixidos por
Narváez. Promulgouse a constitución de 1845 (moderada), que establecía a
soberanía compartida entre a raíña e as cortes, recortaba liberdades e restrinxía o
sufraxio censatario. Creouse a Garda Civil (1844). En 1849, a radicalización dun
sector dos progresistas deu orixe aos demócratas.
• O bienio progresista (1854-1856). En 1854 triunfou un pronunciamento progresista,
o pronunciamento de Vicálvaro, e Espartero presidiu novamente o goberno.
Destacan dúas leis reformistas de 1855: a Lei de desamortización xeral de Madoz
(bens da Igrexa, concellos,...) e a Lei de ferrocarrís.
• A década moderada-unionista e a fin do reinado (1856-1868). Neste período
alternaron no poder os unionistas –Unión Liberal- (centro) de O’Donnell e os
moderados de Narváez. A partir de 1866 o descontento popular foi en aumento pola
política autoritaria da raíña. Nese ano progresistas, demócratas e republicanos
asinaron o Pacto de Ostende no que acordaron derrocar a Isabel II. En 1868 a
revolución gloriosa expulsou a Isabel II do trono.
GARDA CIVIL
DÉCADA MODERADA
BIENIO PROGRESISTA
ALTERNANCIA ENTRE MODERADOS E UNIONISTAS
MODERADOS PROGRESISTAS DEMÓCRATAS
•A soberanía reside no rei e
nas Cortes
•Preeminencia do rei sobre
as Cortes
•Dereito de voto moi
restrinxido
•Catolicismo como relixión
oficial
•Dereitos e liberdades
restrinxidos
•Centralización
administrativa
•Defensa dos intereses dos
notables e da alta burguesía
•A soberanía reside na
nación representada nas
Cortes.
•Limitación do poder do rei
sobre as Cortes.
•Dereito de voto máis amplo
•Liberdade de culto privado
•Maior amplitude dos
dereitos e liberdades
•Descentralización
administrativa municipal
•Defensa dos intereses das
clases medias
•A soberanía reside no pobo
•Preeminencia das Cortes
•Sufraxio universal
masculino
•Liberdade de culto
•Dereitos e liberdades
amplos
•Descentralización ou
federalismo
•Monarquía democrática ou
república
•Defensa dos intereses das
clases medias e populares
Diferenzas entre liberais moderados, progresistas e demócratas:
A DESAMORTIZACIÓN
• Foi o conxunto de medidas tomadas polos gobernos liberais progresistas
para que o Estado puidese expropiar e vender terras amortizadas (non se
podían vender e pertencían á Igrexa e aos concellos). Destacaron tres leis:
• A desamortización eclesiástica de Mendizabal (1836), que afectaba
os bens de conventos e mosteiros (clero regular).
• A desamortización de Espartero (1841), sobre os bens do clero
secular.
• A desamortización xeral de Madoz (1855), que poñían en venda bens
do Estado e dos concellos (bens comunais, propios e baldíos).
• Os obxectivos eran:
• Modificar o réxime de propiedade da terra, de modo que toda ela
puidese ser unha propiedade privada.
• Conseguir recursos para o Estado.
• Incrementar os partidarios da causa liberal.
• Os máis beneficiados das vendas foron: nobres terratenentes, burgueses
e campesiños ricos.
Propiedade amortizada, vinculada ou de mans mortas É a propiedade que non pode ser
alleada (vendida) polo seu titular, ao estar vinculada a determinadas institucións (Iglesia,
Municipios, obras de beneficencias, etc.) ou colectivos (como no caso dos morgados
ligados ás liñaxes nobiliarias).
4. O SEXENIO REVOLUCIONARIO (1868-1874)
• En setembro de 1868 estala unha nova
revolución, A Gloriosa, na que militares
e liberais progresistas (Serrano e Prim)
lideran un pronunciamento que se inicia
en Cádiz provocando a expulsión de
Isabel II.
• Formouse un goberno provisional
(1868-69) que puxo en marcha moitas
reformas. As novas Cortes elaboraron a
Constitución democrática de 1869 que
mantiña como forma de goberno a
monarquía e recollía numerosos dereitos
e liberdades e establecía o sufraxio
universal masculino. O xeneral Serrano
foi nomeado rexente (1869-71) ata
encontrar un novo rei .
A REVOLUCIÓN DE 1868
Revista La Flaca (1869). A caricatura móstranos ao xeneral Serrano poxando a
Coroa española, flanqueado por Prim, quen guiña un ollo, e Topete, malhumorado e
serio.
A MONARQUÍA DEMOCRÁTICA DE AMADEO I DE SABOIA (1871-1873)
O candidato escollido foi Amadeo de
Savoia. O seu reinado foi breve (1871-
1873) estivo cheo de dificultades e contou
con escasos apoios.
• A aristocracia rexeitábao por
estranxeiro.
• A Igrexa por admitir a liberdade de
cultos.
• O pobo pola falta de carisma.
• Os monárquicos por consideralo
ilexítimo.
• Os republicanos por que querían
instaurar a república.
Durante o seu reinado estalou a guerra de
Cuba e a terceira guerra carlista. Incapaz
de afrontar estes problemas, en 1873
Amadeo I abdicou.
Mentres Amadeo I viaxaba a Madrid para tomar posesión do seu cargo, o xeneral Juan
Prim, o seu principal valedor, morreu o 30 de decembro polas feridas sufridas nun
atentado tres días antes na rúa do Turco en Madrid.
A PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-1874)
O 11 de febreiro de 1873, as Cortes proclamaron a República (só durou nove
meses). A inestabilidade política foi constante. Sucedéronse varios gobernos
de curta duración presididos por Figueras. Pi i Margall, Salmerón e Castelar
que tiveron que facer fronte a varios problemas:
• O estalido do movemento cantonalista: O cantonalismo propoñía a
organización territorial de España como unha república federal de
17 “Estados”.
• A guerra de Cuba, onde os sublevados eran apoiados por Estados
Unidos.
• A terceira guerra carlista promovida polo pretendente carlista Carlos
VII.
Nesta situación, o 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía disolveu as Cortes. O
poder da República foi asumido polo xeneral Serrano. Pero o 29 de
decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos realizou un pronunciamento
en Sagunto a favor do restablecemento da monarquía dos Borbóns na
persoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II. Iníciase un novo período coñecido como
a Restauración borbónica.
PRESIDENTES DA I REPÚBLICA ESPAÑOLA
Sobre un fondo que parece representar a fachada do Congreso figuran no seu centro 4
bandeiras de España e diante un estandarte co título República Española 1873. Centrando a
viñeta aparece a alegoría da 1ª República representada como a nena bonita, unha muller nova
con gorro frixio e túnica branca. A ambos os dous lados debúxanse políticos da República,
podendo identificarse á súa dereita a Castelar e Pi i Margall e á súa esquerda a Figueras.
Debaixo da escalinatas do Congreso móstranse unha serie de bandeiras e personaxes que
simbolizan a unha serie de países uns a favor e outros dando as costas á República española.
PROXECTO DE CONSTITUCIÓN
VIÑETA SATÍRICA: O CLERO APOIANDO AO PRETENDENTE CARLISTA CARLOS VII
Viñeta crítica con Pavía
Martínez Campos “restaura” o cadro da monarquía
5. A ESPAÑA DA RESTAURACIÓN
Entre 1875 e 1923 o réxime político existente en España
coñécese co nome da Restauración borbónica:
• Reinado de Alfonso XII (1875-85)
• Rexencia de María Cristina de Habsburgo
(1885-1902).
• Período constitucional de Alfonso XIII (1902-23).
O REINADO DE ALFONSO XII (1875-1885)
Tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos que puxo
fin a 1ª República, foi restaurada a monarquía con Afonso XII de
Borbón. O seu reinado caracterizouse por:
• A pacificación do reino, coa fin das guerras carlistas e a
derrota dos rebeldes de Cuba.
• A principal figura política da Restauración foi Antonio
Cánovas del Castillo como presidente do goberno.
Durante o seu goberno aprobouse a Constitución de 1876,
de carácter conservador, que establecía unha monarquía
constitucional con amplos poderes para o rei (soberanía
compartida, nomeamento dos ministros, xefatura do exército)
e a relixión católica como a oficial do Estado.
• O sistema implicaba a necesidade de manipular as
eleccións (pucherazo). Para facelo recorría ao fraude
electoral e ao caciquismo. Os demais partidos -carlista,
republicano e socialista, entre outros-, quedaron á marxe do
sistema.
MANIPULACIÓN DO CENSO ELECTORAL
CARICATURA SOBRE A FRAUDE ELECTORAL
A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA DE HABSBURGO (1885-1902)
En 1885 morreu Afonso XII. En 1886 naceu Afonso XIII e
ata a súa maioría de idade exerceu a rexencia a súa nai,
María Cristina. Deste período destaca:
• A consolidación da alternancia no poder ou quenda
pacífica (Pacto do Pardo,1885) entre os dous partidos
monárquicos: o Partido Conservador liderado por
Cánovas del Castillo, e o Partido Liberal, progresista,
por Sagasta.
• O desastre de 1898 coa perda de Cuba, Puerto Rico
e Filipinas, consecuencia da derrota na guerra contra
EE UU. Desaparecía así o imperio colonial español.
O desastre orixinou unha corrente intelectual de
crítica ao sistema e aos males do país
(rexeneracionismo), destacando o aragonés Joaquín
Costa.
• O inicio dos movementos rexionalistas e
nacionalistas en Cataluña (Prat de la Riba), País
Vasco (Sabino Arana, PNV) e Galicia (Murguía, Alfredo
Brañas).
VIÑETA CRÍTICA CO TURNISMO
DESASTRE DO 98. BUQUE ESPAÑA AFUNDIDO EN CUBA
PROPAGANDA ANTIESPAÑOLA NA PRENSA DOS EE.UU
6. A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL EN ESPAÑA
O proceso industrializador comezou en España nas décadas iniciais do
século XIX, pero este proceso este proceso foi lento e afectou só a
determinadas zonas. As principais zonas industriais foron:
• Cataluña. Foi a principal zona industrial de España. Destacaron o sector
téxtil (algodón).
• Andalucía e o Levante. A industrialización estivo ligada ao sector
siderúrxico e téxtil. A importante minería de chumbo e cobre foi
explotada por compañías inglesas.
• Asturias e o País Vasco. Predominou a explotación das minas de
carbón e ferro.
En canto ao ferrocarril, o seu desenvolvemento fose moi lento. A primeira
liña inaugurada en 1848 cubría o traxecto entre Barcelona e Mataró. En 1855,
coa Lei de ferrocarrís, iniciouse a construción das principais vías, cun
ancho superior ao europeo e cun deseño radial a partir de Madrid. O
ferrocarril contribuíu pouco ao desenvolvemento industrial, pois gran parte dos
capitais e do material proviña do estranxeiro.
7. GALICIA NO SÉCULO XIX
• Durante a Guerra da Independencia española (1808-1814), de forma
análoga ao resto de España, creouse a Xunta Suprema do Reino de
Galicia o 30 de maio de 1808, na Coruña, para dirixir a loita contra os
franceses e manter a orde pública.
• Durante o reinado de Fernando VII na Coruña tiveron lugar dous
pronunciamentos liberais: o de Porlier (1815) e o de Acevedo (1820).
• Durante a Rexencia de María Cristina, en 1833, Galicia deixaba de ter a
titulación de reino (tivéraa dende a Idade Media) e quedaba dividida en
catro provincias.
• Durante o reinado de Isabel II produciuse en Lugo o pronunciamento de
Miguel Solís (1846) contra o goberno de Narváez, que rematou co
fusilamento dos seus dirixentes en Carral (Mártires de Carral).
• A política e a sociedade desta época están marcadas polo caciquismo
baseado no intercambio de votos por favores políticos e económicos.
Unhas poucas familias (Montero Ríos, Gasset, Bugallal, González Besada),
membros da fidalguía ou de sectores profesionais e comerciais, controlaban
o poder político.
A POLÍTICA
EUGENIO MONTERO RÍOS MONUMENTO AOS MÁRTIRES DE CARRAL
SOCIEDADE E ECONOMÍA
• A sociedade galega continuou sendo maioritariamente
campesiña e dominada pola fidalguía que vivía nos pazos.
Mantívose o sistema foral, aínda que os beneficiarios das
rendas a raíz da desamortización foron os fidalgos e os
burgueses.
• Economicamente, Galicia mantívose estancada cun
predominio da agricultura e do minifundio no rural. As
cidades de Vigo e Coruña experimentaron un forte
crecemento. A primeira liña de ferrocarril inaugurouse en
1873 entre Santiago e Carril. O sector máis dinámico foi a
fabricación de conservas.
• Durante o século XIX comezou a emigración masiva dos
galegos/as sobre todo a América.
O GALEGUISMO E O REXURDIMENTO
Durante o século XIX xurdiu o galeguismo, unha corrente de
pensamento baseada na conciencia do carácter diferencial de
Galicia no conxunto de España. Fases:
• Os alicerces do galeguismo remóntanse a á década de 1840,
cando aparecen as primeiras reivindicacións políticas e culturais
como o provincialismo de Antolín Faraldo e o Rexurdimento
no eido cultural. Intelectuais como Rosalía de Castro, Eduardo
Pondal, Curros Enríquez contribuíron a prestixiar a lingua e
vincularon o pasado de Galicia co celtismo.
• O rexionalismo galego. A partir da década de 1880, Murguía
e Alfredo Brañas defenderon a descentralización e a
autonomía de Galicia.
8. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
• Un dos grandes xenios da pintura universal.
• Non se pode encadrar nun estilo determinado.
• Innovador e renovador da pintura.
• Serviu de referente a varios movementos pictóricos posteriores.
• A súa obra é extensa e variada:
• Cartóns para tapices: esceas costumbristas, estética neoclásica.
• Retratos: foi pintor de cámara de Carlos IV.
• Cadros de tema histórico: invasión napoleónica.
• Pinturas negras: cambio de estética provocada por unha enfermidade que o
deixou xordo. Cores escuras, fondos neutros, expresionismo na luz, temas
macabros.
• Precursor do impresionismo: exilio en Francia polas súas ideas liberais.
Autorretrato, 1815
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
CARTÓNS PARA TAPICES
A nevada
O parasol
A pita cega
A vendima
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
RETRATOS
Jovellanos A familia de Carlos IV
A maja vestida A maja espida
Duquesa de Alba
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
CADROS DE TEMA HISTÓRICO
A carga dos mamelucos Os fusilamentos do 3 de maio
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
DESASTRES DA GUERRA
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
PINTURAS NEGRAS
Dous vellos comendo sopas
Aquelarre
Saturno devorando a un fillo
Loita a garrotazos
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
EXILIO EN FRANCIA
A leiteira de Burdeos
FIN

Tema 4. España no século XIX

  • 1.
    TEMA 4 ESPAÑA NOSÉCULO XIX 4º ESO
  • 2.
    1. GUERRA EREVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA CARLOS IV E A CRISE DA MONARQUÍA ESPAÑOLA Reinado de Carlos IV: 1788-1808. Marcado por: • Temor ao contaxio revolucionario de Francia. • Ambición de poder por parte de Manuel Godoy, home de confianza do rei. • Relacións con Francia: • Ata 1796: enfrontamento coa Francia revolucionaria. • Despois: alianza hispano-francesa contra Inglaterra. • Abdicación de Carlos IV: 1808. • Godoy permitélle a Napoleón atravesar España. (Tratado de Fontainebleau, 1807). • Motín de Aranjuez (marzo de 1808): contra Godoy por parte dos partidarios do príncipe Fernando. Carlos IV abdica no seu fillo Fernando VII. CARLOS IV GODOY
  • 3.
    MOTÍN DE ARANJUEZ,1808 TRATADO DE FONTAINEBLEAU, 1807
  • 4.
    • Napoleón mediano conflito familiar entre Carlos IV e Fernando VII: • Abdicacións de Baiona (Francia): Cesión da Coroa de España a Napoleón e este nomea rei a seu irmán Xosé I. • A maioría da poboación española oponse á presenza francesa. • Levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid: inicio da Guerra de Independencia. GUERRA CONTRA NAPOLEÓN (1808-1814)
  • 7.
    ● Guerra deIndependencia (1808-1814): – Superioridade militar francesa e dominio inicial. – Guerra de guerrillas: grupos reducidos de paisanos que atacaba as tropas francesas (emboscadas), apoiados pola poboación. – Líderes: o Empecinado ou Agustina de Aragón. – Os españois, axudados polos ingleses expulsaron aos franceses en 1814.
  • 9.
    • A guerraen Galicia. • Galicia foi ocupada polas tropas francesas de en xaneiro de 1809 tras expulsar as tropas inglesas. Na batalla de Elviña (16/01/1809) faleceu o seu dirixente Moore. A resistencia popular e as partidas de guerrilleiros (Cachamuíña), conseguiron que tras reconquistar Vigo (28/03/1809) e gañar a batalla de Ponte Sampaio (xuño de 1809), os franceses abandonasen Galicia.
  • 10.
  • 11.
    • Nas zonassublevadas contra os franceses formáronse Xuntas, que exerceron funcións de goberno, organizando a defensa e a guerra. • Para coordinalas creouse a Xunta Suprema Central que convocou unhas Cortes extraordinarias para que elaborasen novas leis e un novo modelo político para o país, que desmantelase o Antigo Réxime. • Reunidas en Cádiz (Cortes de Cádiz) en 1810, redactaron a Constitución de 1812 que recollía os principios Redacción da Constitución de Cádiz (1812): Primeira constitución da Hª de España. –Recollía principios liberais: – Soberanía nacional. – División de poderes. – Dereitos e liberdades individuais. – Sufraxio universal masculino indirecto. - Forma de goberno: monarquía. - Relixión oficial: catolicismo. As CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812
  • 14.
  • 15.
    2. O REINADODE FERNANDO VII (1814-1833) FASES Finalizada a guerra da Independencia, Fernando VII retornou a España en 1814. No seu reinado, diferéncianse tres períodos: • Sexenio absolutista (1814-1820). Impuxo o absolutismo, derrogou a Constitución de Cádiz e todas as leis liberais. Era a volta ao Antigo Réxime. Algúns liberais exiliáronse e outros trataron de restaurar o liberalismo mediante pronunciamentos ou sublevacións. • Trienio liberal (1820-1823). En 1820, o coronel Rafael Riego sublevouse e proclamou o restablecemento da Constitución de 1812, de modo que o rei se viu obrigado a xurala. Os novos gobernos liberais restableceron tamén todas as leis reformistas. En 1823, a Santa Alianza enviou a España os Cen mil fillos de San Luís, un exército que restableceu a Fernando VII como rei absoluto. • Década ominosa ou absolutista (1823-1833). O rei volveu a derrogar a constitución e perseguiu brutalmente aos liberais. En 1830, Fernando VII promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a Lei Sálica e proclamou herdeira á súa filla Isabel. Isto non foi aceptado polo seu irmán Carlos María Isidro, orixinándose un grave problema dinástico á morte de Fernando VII que desencadeou a primeira guerra carlista en 1833.
  • 19.
    A INDEPENDENCIA DAAMÉRICA ESPAÑOLA • Entre 1808 e 1824 (Batalla de Ayacucho) tivo lugar o proceso de independencia da maioría das colonias españolas en América. Causas: • A extensión das ideas liberais e nacionalistas e o exemplo da independencia dos Estados Unidos. • Os cambios de réxime acontecidos en España (invasión napoleónica, revolución liberal...), que favoreceron as ansias de establecer un goberno propio. • Os desexos das minorías crioulas, que vían na independencia un medio de liberarse do dominio de España. • O proceso deu orixe a diversas guerras: • En América do sur, os líderes (libertadores) foron: Bolívar (Colombia, Venezuela, Ecuador), San Martín (Arxentina e Chile) ou Sucre (Bolivia). • En América central e do norte destacou Agustín de Itúrbide (México). • As consecuencias para España: • Perdeu o seu papel de potencia internacional. • Quedou sen os recursos procedentes da colonias. • O dominio español quedou limitado a Cuba, Porto Rico e Filipinas.
  • 20.
  • 21.
    3. O REINADODE ISABEL II (1833-1868) Durante o seu reinado consolidáronse as reformas liberais pero tamén foron constantes os enfrontamentos entre os liberais moderados e os progresistas, liderados por xefes militares coñecidos como espadóns.
  • 22.
    AS REXENCIAS (1833-1843) Ámorte de seu pai, en 1833, Isabel tiña tres anos, o que produciu un período de rexencias: • A primeira rexente foi súa nai, María Cristina (1833-1840). Inicialmente apoiouse nos moderados. Deu comezo a primeira guerra carlista (1833- 39), entre os partidarios de Isabel II e os do seu tío Carlos. Os carlistas defendían o absolutismo e as leis forais (“Deus, Patria, Rei e Fueros”). A guerra rematou coa sinatura do Convenio de Vergara (1839). María Cristina tomou diversas medidas que supuxeron o triunfo do liberalismo en España: • Concesión de amnistía para os liberais exiliados • Nova organización de España en provincias (1833). • Entre 1835 e 1836, os progresistas fixéronse co poder e puxeron en marcha: • A desamortización eclesiástica (Mendizábal) dos bens do clero regular. • A constitución de 1837, de carácter progresista que establecía unha monarquía constitucional e un sufraxio censatario amplo. • En 1840, asumiu a rexencia o xeneral Espartero, progresista pero que gobernou de forma autoritaria. A rexencia acabou tras a sublevación de 1843, liderada polo xeneral moderado Narváez.
  • 24.
  • 26.
    O REINADO PERSOALDE ISABEL II (1843-1868) En 1843 Isabel II foi declarada raíña con 13 anos e comezou o seu reinado persoal. Gobernou case sempre apoiándose en políticos moderados coma os xenerais Narváez e O’Donnell. No seu reinado distínguense varias etapas: • A década moderada (1844-1854). Gobernos liberais moderados dirixidos por Narváez. Promulgouse a constitución de 1845 (moderada), que establecía a soberanía compartida entre a raíña e as cortes, recortaba liberdades e restrinxía o sufraxio censatario. Creouse a Garda Civil (1844). En 1849, a radicalización dun sector dos progresistas deu orixe aos demócratas. • O bienio progresista (1854-1856). En 1854 triunfou un pronunciamento progresista, o pronunciamento de Vicálvaro, e Espartero presidiu novamente o goberno. Destacan dúas leis reformistas de 1855: a Lei de desamortización xeral de Madoz (bens da Igrexa, concellos,...) e a Lei de ferrocarrís. • A década moderada-unionista e a fin do reinado (1856-1868). Neste período alternaron no poder os unionistas –Unión Liberal- (centro) de O’Donnell e os moderados de Narváez. A partir de 1866 o descontento popular foi en aumento pola política autoritaria da raíña. Nese ano progresistas, demócratas e republicanos asinaron o Pacto de Ostende no que acordaron derrocar a Isabel II. En 1868 a revolución gloriosa expulsou a Isabel II do trono.
  • 27.
  • 28.
  • 29.
  • 30.
    MODERADOS PROGRESISTAS DEMÓCRATAS •Asoberanía reside no rei e nas Cortes •Preeminencia do rei sobre as Cortes •Dereito de voto moi restrinxido •Catolicismo como relixión oficial •Dereitos e liberdades restrinxidos •Centralización administrativa •Defensa dos intereses dos notables e da alta burguesía •A soberanía reside na nación representada nas Cortes. •Limitación do poder do rei sobre as Cortes. •Dereito de voto máis amplo •Liberdade de culto privado •Maior amplitude dos dereitos e liberdades •Descentralización administrativa municipal •Defensa dos intereses das clases medias •A soberanía reside no pobo •Preeminencia das Cortes •Sufraxio universal masculino •Liberdade de culto •Dereitos e liberdades amplos •Descentralización ou federalismo •Monarquía democrática ou república •Defensa dos intereses das clases medias e populares Diferenzas entre liberais moderados, progresistas e demócratas:
  • 31.
    A DESAMORTIZACIÓN • Foio conxunto de medidas tomadas polos gobernos liberais progresistas para que o Estado puidese expropiar e vender terras amortizadas (non se podían vender e pertencían á Igrexa e aos concellos). Destacaron tres leis: • A desamortización eclesiástica de Mendizabal (1836), que afectaba os bens de conventos e mosteiros (clero regular). • A desamortización de Espartero (1841), sobre os bens do clero secular. • A desamortización xeral de Madoz (1855), que poñían en venda bens do Estado e dos concellos (bens comunais, propios e baldíos). • Os obxectivos eran: • Modificar o réxime de propiedade da terra, de modo que toda ela puidese ser unha propiedade privada. • Conseguir recursos para o Estado. • Incrementar os partidarios da causa liberal. • Os máis beneficiados das vendas foron: nobres terratenentes, burgueses e campesiños ricos.
  • 32.
    Propiedade amortizada, vinculadaou de mans mortas É a propiedade que non pode ser alleada (vendida) polo seu titular, ao estar vinculada a determinadas institucións (Iglesia, Municipios, obras de beneficencias, etc.) ou colectivos (como no caso dos morgados ligados ás liñaxes nobiliarias).
  • 35.
    4. O SEXENIOREVOLUCIONARIO (1868-1874) • En setembro de 1868 estala unha nova revolución, A Gloriosa, na que militares e liberais progresistas (Serrano e Prim) lideran un pronunciamento que se inicia en Cádiz provocando a expulsión de Isabel II. • Formouse un goberno provisional (1868-69) que puxo en marcha moitas reformas. As novas Cortes elaboraron a Constitución democrática de 1869 que mantiña como forma de goberno a monarquía e recollía numerosos dereitos e liberdades e establecía o sufraxio universal masculino. O xeneral Serrano foi nomeado rexente (1869-71) ata encontrar un novo rei . A REVOLUCIÓN DE 1868
  • 37.
    Revista La Flaca(1869). A caricatura móstranos ao xeneral Serrano poxando a Coroa española, flanqueado por Prim, quen guiña un ollo, e Topete, malhumorado e serio.
  • 38.
    A MONARQUÍA DEMOCRÁTICADE AMADEO I DE SABOIA (1871-1873) O candidato escollido foi Amadeo de Savoia. O seu reinado foi breve (1871- 1873) estivo cheo de dificultades e contou con escasos apoios. • A aristocracia rexeitábao por estranxeiro. • A Igrexa por admitir a liberdade de cultos. • O pobo pola falta de carisma. • Os monárquicos por consideralo ilexítimo. • Os republicanos por que querían instaurar a república. Durante o seu reinado estalou a guerra de Cuba e a terceira guerra carlista. Incapaz de afrontar estes problemas, en 1873 Amadeo I abdicou.
  • 39.
    Mentres Amadeo Iviaxaba a Madrid para tomar posesión do seu cargo, o xeneral Juan Prim, o seu principal valedor, morreu o 30 de decembro polas feridas sufridas nun atentado tres días antes na rúa do Turco en Madrid.
  • 41.
    A PRIMEIRA REPÚBLICA(1873-1874) O 11 de febreiro de 1873, as Cortes proclamaron a República (só durou nove meses). A inestabilidade política foi constante. Sucedéronse varios gobernos de curta duración presididos por Figueras. Pi i Margall, Salmerón e Castelar que tiveron que facer fronte a varios problemas: • O estalido do movemento cantonalista: O cantonalismo propoñía a organización territorial de España como unha república federal de 17 “Estados”. • A guerra de Cuba, onde os sublevados eran apoiados por Estados Unidos. • A terceira guerra carlista promovida polo pretendente carlista Carlos VII. Nesta situación, o 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía disolveu as Cortes. O poder da República foi asumido polo xeneral Serrano. Pero o 29 de decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos realizou un pronunciamento en Sagunto a favor do restablecemento da monarquía dos Borbóns na persoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II. Iníciase un novo período coñecido como a Restauración borbónica.
  • 42.
    PRESIDENTES DA IREPÚBLICA ESPAÑOLA
  • 43.
    Sobre un fondoque parece representar a fachada do Congreso figuran no seu centro 4 bandeiras de España e diante un estandarte co título República Española 1873. Centrando a viñeta aparece a alegoría da 1ª República representada como a nena bonita, unha muller nova con gorro frixio e túnica branca. A ambos os dous lados debúxanse políticos da República, podendo identificarse á súa dereita a Castelar e Pi i Margall e á súa esquerda a Figueras. Debaixo da escalinatas do Congreso móstranse unha serie de bandeiras e personaxes que simbolizan a unha serie de países uns a favor e outros dando as costas á República española.
  • 44.
  • 46.
    VIÑETA SATÍRICA: OCLERO APOIANDO AO PRETENDENTE CARLISTA CARLOS VII
  • 47.
  • 48.
    Martínez Campos “restaura”o cadro da monarquía
  • 50.
    5. A ESPAÑADA RESTAURACIÓN Entre 1875 e 1923 o réxime político existente en España coñécese co nome da Restauración borbónica: • Reinado de Alfonso XII (1875-85) • Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902). • Período constitucional de Alfonso XIII (1902-23).
  • 51.
    O REINADO DEALFONSO XII (1875-1885) Tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos que puxo fin a 1ª República, foi restaurada a monarquía con Afonso XII de Borbón. O seu reinado caracterizouse por: • A pacificación do reino, coa fin das guerras carlistas e a derrota dos rebeldes de Cuba. • A principal figura política da Restauración foi Antonio Cánovas del Castillo como presidente do goberno. Durante o seu goberno aprobouse a Constitución de 1876, de carácter conservador, que establecía unha monarquía constitucional con amplos poderes para o rei (soberanía compartida, nomeamento dos ministros, xefatura do exército) e a relixión católica como a oficial do Estado. • O sistema implicaba a necesidade de manipular as eleccións (pucherazo). Para facelo recorría ao fraude electoral e ao caciquismo. Os demais partidos -carlista, republicano e socialista, entre outros-, quedaron á marxe do sistema.
  • 53.
  • 54.
    CARICATURA SOBRE AFRAUDE ELECTORAL
  • 55.
    A REXENCIA DEMARÍA CRISTINA DE HABSBURGO (1885-1902) En 1885 morreu Afonso XII. En 1886 naceu Afonso XIII e ata a súa maioría de idade exerceu a rexencia a súa nai, María Cristina. Deste período destaca: • A consolidación da alternancia no poder ou quenda pacífica (Pacto do Pardo,1885) entre os dous partidos monárquicos: o Partido Conservador liderado por Cánovas del Castillo, e o Partido Liberal, progresista, por Sagasta. • O desastre de 1898 coa perda de Cuba, Puerto Rico e Filipinas, consecuencia da derrota na guerra contra EE UU. Desaparecía así o imperio colonial español. O desastre orixinou unha corrente intelectual de crítica ao sistema e aos males do país (rexeneracionismo), destacando o aragonés Joaquín Costa. • O inicio dos movementos rexionalistas e nacionalistas en Cataluña (Prat de la Riba), País Vasco (Sabino Arana, PNV) e Galicia (Murguía, Alfredo Brañas).
  • 57.
  • 59.
    DESASTRE DO 98.BUQUE ESPAÑA AFUNDIDO EN CUBA
  • 60.
  • 61.
    6. A REVOLUCIÓNINDUSTRIAL EN ESPAÑA O proceso industrializador comezou en España nas décadas iniciais do século XIX, pero este proceso este proceso foi lento e afectou só a determinadas zonas. As principais zonas industriais foron: • Cataluña. Foi a principal zona industrial de España. Destacaron o sector téxtil (algodón). • Andalucía e o Levante. A industrialización estivo ligada ao sector siderúrxico e téxtil. A importante minería de chumbo e cobre foi explotada por compañías inglesas. • Asturias e o País Vasco. Predominou a explotación das minas de carbón e ferro. En canto ao ferrocarril, o seu desenvolvemento fose moi lento. A primeira liña inaugurada en 1848 cubría o traxecto entre Barcelona e Mataró. En 1855, coa Lei de ferrocarrís, iniciouse a construción das principais vías, cun ancho superior ao europeo e cun deseño radial a partir de Madrid. O ferrocarril contribuíu pouco ao desenvolvemento industrial, pois gran parte dos capitais e do material proviña do estranxeiro.
  • 63.
    7. GALICIA NOSÉCULO XIX • Durante a Guerra da Independencia española (1808-1814), de forma análoga ao resto de España, creouse a Xunta Suprema do Reino de Galicia o 30 de maio de 1808, na Coruña, para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. • Durante o reinado de Fernando VII na Coruña tiveron lugar dous pronunciamentos liberais: o de Porlier (1815) e o de Acevedo (1820). • Durante a Rexencia de María Cristina, en 1833, Galicia deixaba de ter a titulación de reino (tivéraa dende a Idade Media) e quedaba dividida en catro provincias. • Durante o reinado de Isabel II produciuse en Lugo o pronunciamento de Miguel Solís (1846) contra o goberno de Narváez, que rematou co fusilamento dos seus dirixentes en Carral (Mártires de Carral). • A política e a sociedade desta época están marcadas polo caciquismo baseado no intercambio de votos por favores políticos e económicos. Unhas poucas familias (Montero Ríos, Gasset, Bugallal, González Besada), membros da fidalguía ou de sectores profesionais e comerciais, controlaban o poder político. A POLÍTICA
  • 64.
    EUGENIO MONTERO RÍOSMONUMENTO AOS MÁRTIRES DE CARRAL
  • 65.
    SOCIEDADE E ECONOMÍA •A sociedade galega continuou sendo maioritariamente campesiña e dominada pola fidalguía que vivía nos pazos. Mantívose o sistema foral, aínda que os beneficiarios das rendas a raíz da desamortización foron os fidalgos e os burgueses. • Economicamente, Galicia mantívose estancada cun predominio da agricultura e do minifundio no rural. As cidades de Vigo e Coruña experimentaron un forte crecemento. A primeira liña de ferrocarril inaugurouse en 1873 entre Santiago e Carril. O sector máis dinámico foi a fabricación de conservas. • Durante o século XIX comezou a emigración masiva dos galegos/as sobre todo a América.
  • 66.
    O GALEGUISMO EO REXURDIMENTO Durante o século XIX xurdiu o galeguismo, unha corrente de pensamento baseada na conciencia do carácter diferencial de Galicia no conxunto de España. Fases: • Os alicerces do galeguismo remóntanse a á década de 1840, cando aparecen as primeiras reivindicacións políticas e culturais como o provincialismo de Antolín Faraldo e o Rexurdimento no eido cultural. Intelectuais como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez contribuíron a prestixiar a lingua e vincularon o pasado de Galicia co celtismo. • O rexionalismo galego. A partir da década de 1880, Murguía e Alfredo Brañas defenderon a descentralización e a autonomía de Galicia.
  • 67.
    8. FRANCISCO DEGOYA (1746-1828) • Un dos grandes xenios da pintura universal. • Non se pode encadrar nun estilo determinado. • Innovador e renovador da pintura. • Serviu de referente a varios movementos pictóricos posteriores. • A súa obra é extensa e variada: • Cartóns para tapices: esceas costumbristas, estética neoclásica. • Retratos: foi pintor de cámara de Carlos IV. • Cadros de tema histórico: invasión napoleónica. • Pinturas negras: cambio de estética provocada por unha enfermidade que o deixou xordo. Cores escuras, fondos neutros, expresionismo na luz, temas macabros. • Precursor do impresionismo: exilio en Francia polas súas ideas liberais. Autorretrato, 1815
  • 68.
    FRANCISCO DE GOYA(1746-1828) CARTÓNS PARA TAPICES A nevada O parasol A pita cega A vendima
  • 69.
    FRANCISCO DE GOYA(1746-1828) RETRATOS Jovellanos A familia de Carlos IV A maja vestida A maja espida Duquesa de Alba
  • 70.
    FRANCISCO DE GOYA(1746-1828) CADROS DE TEMA HISTÓRICO A carga dos mamelucos Os fusilamentos do 3 de maio
  • 71.
    FRANCISCO DE GOYA(1746-1828) DESASTRES DA GUERRA
  • 72.
    FRANCISCO DE GOYA(1746-1828) PINTURAS NEGRAS Dous vellos comendo sopas Aquelarre Saturno devorando a un fillo Loita a garrotazos
  • 73.
    FRANCISCO DE GOYA(1746-1828) EXILIO EN FRANCIA A leiteira de Burdeos
  • 74.