SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
TEMA 9. O SECTOR SECUNDARIO
O sector secundario comprende as actividades económicas dedicadas a transformar as materias
primas noutros produtos que poden satisfacer as necesidades humanas. Comprende a industria, a
minería, a produción de enerxía, e a construción.
1. AS MATERIAS PRIMAS
As materias primas son os recursos naturais que a industria transforma en produtos elaborados ou
semielaborados. As materias primas naturais clasifícanse segundo a súa orixe en animais, vexetais e
minerais.
• As materias primas de orixe animal: proceden da gandaría (la, peles) ou do peixe (aceites,
conservas...).
• As materias primas de orixe vexetal: poden ser produtos agrícolas como o algodón, ou
produtos forestais, como a madeira e o caucho.
• As materias primas de orixe mineral: extráense do subsolo. Clasifícanse en:
◦ Minerais metálicos: hematita (ferro), bauxita (aluminio), ouro, prata…
◦ Minerais non metálicos: sal, xofre…
◦ As rochas son de orixe mineral, algunhas úsanse na construción.
◦ Minerais enerxéticos: carbón, petróleo, uranio.
A produción concéntrase nuns poucos países: Canadá, Australia, Rusia, Brasil, Sudáfrica
-coñecidos como CARBS-, China e Estados Unidos ou os países de Oriente Medio (petróleo).
O consumo céntrase en Europa Occidental, Xapón, Estados Unidos, China e India.
2. FONTES DE ENERXÍA
2.1 CLASIFICACIÓN
As fontes de enerxía son recursos naturais que proporcionan a forza necesaria para levar a cabo o
proceso de transformación industrial das materias primas.
• Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía poden ser:
◦ Renovables: son case inesgotables e non contaminan, coma o Sol, o vento, a auga…
◦ Non renovables: son as que se atopan en cantidades limitadas e poden chegar a
esgotarse, son contaminantes coma o carbón, o petróleo, o gas natural ou o uranio.
• Segundo a súa importancia económica, as fontes de enerxía poden ser:
◦ Tradicionais: son as máis utilizadas; destaca o carbón, o petróleo, o gas natural, a
enerxía hidráulica ou a enerxía nuclear.
◦ Alternativas: utilízanse menos, pois aínda están en fase de investigación e
desenvolvemento. As máis importantes son a enerxía solar, a eólica, a xeotérmica e a
mareomotriz.
2.2 FONTES DE ENERXÍA TRADICIONAIS
O carbón é abundante, sobre todo en China, India, Estados Unidos, Indonesia, Australia e Rusia.
Úsase para producir electricidade en centrais térmicas ou para fabricar ferro e aceiro na industria
Departamento de Xeografía e Historia 1 IES Pedregal de Irimia (Meira)
siderúrxica.
O petróleo é a principal fonte de enerxía. Concéntrase nuns poucos países; como en Oriente Medio
(Arabia Saudita, Irak, Irán,...), Estados Unidos e Rusia. Proporciona combustibles, pintura,
plástico,...
O gas natural encóntrase sobre todo en Oriente Medio, Estados Unidos, Rusia e Canadá. Úsase
para obter electricidade en centrais térmicas, gas canalizado para calefaccións e cociñas, …
A enerxía nuclear obtense da separación ou fisión de átomos de uranio. Os principais produtores
son Estados Unidos, Francia, China, Xapón e Rusia. Úsase para obter electricidade en centrais
nucleares.
A enerxía hidroeléctrica obtense a partir da auga embalsada nunha presa. Os principais produtores
son Canadá, Estados Unidos, Brasil, China e Rusia. Úsase para producir electricidade en centrais
hidroeléctricas.
2.3 FONTES DE ENERXÍAALTERNATIVAS
Son enerxías renovables e están consideradas enerxías limpas ou verdes, pois non contaminan e
non xeran residuos.
A enerxía solar procede da luz e a calor do Sol, que se concentran mediante paneis, e proporciona
calor ou electricidade. Os principais produtores son EE.UU, Canadá e Australia. O seu principal
problema é a irregularidade.
A enerxía eólica procede do vento, que move aeroxeradores e proporciona electricidade. Os
principais produtores son Alemaña, España e Estados Unidos. Entre os seus problemas destacan a
irregularidade do vento e o impacto visual e acústico que producen os aeroxeradores.
A enerxía xeotérmica procede da calor interna da Terra e aprovéitase para quentar auga, para a
calefacción e para producir electricidade. Os principais produtores son Estados Unidos, Filipinas e
Indonesia. A súa produción encóntrase moi localizada en zonas de actividade volcánica ou sísmica.
A enerxía mareomotriz procede da forza das mareas ou das ondas do mar e úsase para producir
electricidade. Os principais países produtores son Francia, Reino Unido e Canadá. Os seus
problemas son os altos custos de produción, a variabilidades das ondas do mar e o impacto visual.
A enerxía da biomasa procede de residuos agrícolas, gandeiros e forestais que, ao queimarse,
producen calor ou electricidade. Os principais produtores son Reino Unido, Francia e Finlandia. O
gran problema é a emisión de CO2 durante a combustión.
3. A INDUSTRIA
3.1 DEFINICIÓN E ELEMENTOS
A industria é a actividade económica que emprega e transforma os recursos naturais (materias
primas e fontes de enerxía), nas fábricas para producir produtos semielaborados que se empregarán
para fabricar outros produtos, ou produtos elaborados listos para o consumo.
Os principais elementos do proceso industrial son os seguintes:
• As materias primas.
• As fontes de enerxía.
• Factores de produción: traballadores (man de obra); capital (cartos, instalacións...) e a
tecnoloxía (maquinaria, técnicas e materiais).
Departamento de Xeografía e Historia 2 IES Pedregal de Irimia (Meira)
3.2 EVOLUCIÓN DA INDUSTRIA
3.2.1 A INDUSTRIAARTESANAL
Abarca desde o principio da historia do home ata o século XVIII. Presentaba as seguintes
características:
• O traballo realizábase de maneira manual empregando tecnoloxía moi rudimentaria.
• Fabricábase en pequenos talleres.
• A produción resultante era escasa, única, orixinal e diferente do anteriormente fabricado.
• A localización dos obradoiros era moi dispersa. Moitos artesáns preferiron asentarse nas
cidades onde se organizaban en gremios por oficios.
3.2.2 A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
A Primeira Revolución Industrial tivo lugar entre finais do século XVIII e finais do século XIX e
supuxo un enorme cambio no modo de producir manufacturas:
• O traballo industrial pasou a realizarse con máquinas movidas por fontes de enerxía máis
potentes (máquina de vapor que funcionaba con carbón).
• A fabricación concentrouse en fábricas ou factorías.
• Apareceu a división do traballo.
• A produción era abundante, barata e homoxénea.
• As industrias localizábanse preto das zonas mineiras ou das fontes de enerxía, nos portos e
nas cidades.
Estes cambios producíronse por primeira vez en Inglaterra desde onde se estenderon ao resto do
mundo.
3.2.3 A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
A Segunda Revolución Industrial desenvolveuse entre 1870 e mediados do século XX.
Caracterizouse por:
• Novas máquinas máis eficaces movidas por petróleo e electricidade.
• Novas formas de organización empresarial: cartel, trust, holding.
• Novos métodos de organización do traballo: extensión do traballo en cadea e da
produción en serie.
• Novos produtos: automóbil, avión,...
• Varios sectores destacados son o motor do crecemento: siderúrxico, petroquímico, eléctrico.
Esta Segunda Revolución Industrial estivo protagonizada por Estados Unidos, Alemaña e Xapón.
3.2.4 A INDUSTRIAACTUAL
A Terceira Revolución Industrial, iniciada a mediados do século XX e na que actualmente nos
atopamos, foi tamén denominada Revolución Científico-Técnica ou Revolución da Intelixencia,
pola importancia que a tecnoloxía e as comunicacións tiveron e teñen na transformación da
industria.
• A industria actual reduciu a man de obra mediante a automatización dos procesos e fabrica
unha gran diversidade de produtos.
Departamento de Xeografía e Historia 3 IES Pedregal de Irimia (Meira)
• Novas fontes de enerxía: nuclear
• Os espazos industriais son diversos. Os máis importantes son:
◦ Polígonos industriais: organizados en parcelas con naves industriais e dotados de
servizos, infraestruturas e transportes.
◦ Parques industriais: combinan industrias e oficinas.
◦ Parques tecnolóxicos: situados nas proximidades das cidades máis dinámicas,
localízanse as industrias de alta tecnoloxía, contan con boas infraestruturas e servizos
avanzados e onde traballan traballadores cualificados.
4. CLASIFICACIÓN DAS INDUSTRIAS
As industrias actuais son tan variadas que se poden clasificar con diferentes criterios.
• Destino final dos produtos:
◦ Industrias de base. Son aquelas que fabrican produtos semielaborados. Entre elas
atópanse a siderurxia, que fabrica ferro e aceiro; ou a petroquímica, que produce
produtos químicos.
◦ Industrias de bens de equipo. Fabrican produtos necesarios para o funcionamento
doutras industrias e do transporte. Exemplos destacados son as de maquinaria, as de
equipos industriais, e as de material ferroviario, naval e de construción.
◦ Industrias de uso e consumo. Fabrican produtos elaborados, destinados directamente
ao consumidor. É o caso das industrias alimentarias, téxtiles ou químicas, entre outras.
• Peso da materia prima:
◦ Industria pesada: traballan con grandes cantidades de materia prima que converten en
produtos semielaborados, por exemplo a siderurxia, unha industria de base.
◦ Industria semipesada: traballan con produtos semielaborados, polo que o seu peso é
menor. Adoitan ser as industrias de bens de equipo, isto é a fabricación de maquinaria,
automoción, ou outras.
◦ Industria lixeira: o peso da materia prima coa que traballan é reducido, facilitando así a
súa transformación. Entre este tipo de industria podemos clasificar as téxtiles, químicas,
calzado, e en xeral todas aquelas que producen bens de consumo.
• Grao de desenvolvemento:
◦ Industrias punta: son aquelas industrias que están en plena expansión. Son as
relacionadas coa informática, telecomunicacións e electrónica en xeral.
◦ Industrias maduras: son aquelas industrias que chegaron ao seu máximo
desenvolvemento e se estancaron. Adoitan ser as pesadas, tales como as metalúrxicas,
estaleiros, etc.
• Segundo o número de traballadores que emprega:
◦ Pequenas: menos de 50.
◦ Medianas: entre 50 e 250.
◦ Grandes: mais de 250.
Departamento de Xeografía e Historia 4 IES Pedregal de Irimia (Meira)
5. FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
• Factores Físicos:
◦ Proximidade ás materias primas:supón o abaratamento dos custos de transporte.
◦ Proximidade ás fontes de enerxía: do mesmo xeito que no caso anterior a proximidade
ás fontes de enerxía supuxo un factor de abaratamento dos custos produtivos.
◦ Topografía: os lugares chairos, ou a proximidade a portos mariños ou fluviais facilitan o
acceso das materias primas, e a distribución cara aos mercados.
• Factores humanos:
◦ Man de obra: existencia de abundante man de obra, que sexa barata, que teña a
cualificación adecuada á industria correspondente. Este factor explica a recolocación a
escala mundial das industrias que necesitan moita man de obra, que trasladan os seus
centros de produción a países subdesenvolvidos que lles ofrecen mellores condicións
laborais que nos países desenvolvidos (deslocalización)
◦ Mercados próximos: a proximidade da demanda implica menor custo de transporte dos
produtos elaborados cara ao mercado, polo que moitas industrias decídense a instalarse
xunto a grandes aglomeracións urbanas.
◦ Capital: a necesidade de grandes investimentos para instalar algunhas industrias, fai que
estas se localicen xunto aos posibles inversionistas, bancos, bolsas de valores, etc.
◦ Transporte e redes de comunicación: a facilidade de acceso das materias primas e de
evacuación das mercadorías debido á existencia de redes de transporte ben estruturadas e
rápidas favorece a instalación das industrias xunto a portos, ferrocarril, ou autoestradas.
◦ Políticos: os Estados adoitan apoiar de maneira directa (mediante empresas públicas,) ou
indirecta (subvencións, impostos, facilitando chan industrial, desenvolvendo lexislacións
laborais flexibles, etc.) a localización de industrias en determinados lugares.
6. AS ÁREAS INDUSTRIAIS DO MUNDO
As principais rexións industriais son:
• Os polos industriais históricos: Europa, sobre todo desde o Reino Unido, pasando pola
conca do Ruhr, ata chegar ao Norte de Italia; Estados Unidos (costa Noroeste e California) e
Xapón.
• Os países emerxentes: encabezados polo grupo dos BRICS (Brasil, Rusia, India, China e
Suráfrica).
• Outras rexións industriais importantes atópanse en México, o sueste de Australia, Nova
Zelandia, sueste de Asia e Corea do Sur.
As áreas menos industrializadas localízanse nos países máis pobres de Terra, como os situados na
África subsahariana.
7. AS ACTIVIDAIS INDUSTRIAIS EN ESPAÑA
As principais industrias españolas son: a siderúrxica (en recesión), a metalúrxica de
transformación, a naval (afectada), a do automóbil (moi ben implantada); a química, a alimentaria
(en todo o país) e a de alta tecnoloxía. Ademais destacan os sectores téxtil, de coiro e calzado, ou o
Departamento de Xeografía e Historia 5 IES Pedregal de Irimia (Meira)
papel e as artes gráficas.
A industria española concéntrase en catro grandes áreas industriais (Cataluña, Madrid, País
Vasco e Comunidade Valenciana) e varios núcleos industriais (Zaragoza, Xixón, Sevilla, Vigo...).
Todos eles forman eixes industriais coma o do Ebro e o Mediterráneo.
Departamento de Xeografía e Historia 6 IES Pedregal de Irimia (Meira)

More Related Content

What's hot

A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrialRosacidgalante
 
Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Rev. industrial (rafael fernández alonso)Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Rev. industrial (rafael fernández alonso)IESVilalonga
 
T E M A 2 Rev Industrial
T E M A 2  Rev  IndustrialT E M A 2  Rev  Industrial
T E M A 2 Rev Industrialcamposseijo
 
Tema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos IndustriaisTema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos Industriaisluis gomez amoedo
 
Tema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade IndustrialTema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade IndustrialRosacidgalante
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades pablokatt
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreirovelazquezturnesnieves
 
A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrialRosacidgalante
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
Tema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrialTema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrialagreloroberto
 
Actividades industriais
Actividades industriaisActividades industriais
Actividades industriaismasinisa
 

What's hot (19)

A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrial
 
4º historia temas 2 e 3 primeira parte
4º historia temas 2 e 3 primeira parte4º historia temas 2 e 3 primeira parte
4º historia temas 2 e 3 primeira parte
 
Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Rev. industrial (rafael fernández alonso)Rev. industrial (rafael fernández alonso)
Rev. industrial (rafael fernández alonso)
 
T E M A 2 Rev Industrial
T E M A 2  Rev  IndustrialT E M A 2  Rev  Industrial
T E M A 2 Rev Industrial
 
Tema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos IndustriaisTema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos Industriais
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
Tema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade IndustrialTema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade Industrial
 
Revolución industrial
Revolución industrialRevolución industrial
Revolución industrial
 
Presentación de Sociales
Presentación de SocialesPresentación de Sociales
Presentación de Sociales
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
 
Tema3
Tema3Tema3
Tema3
 
A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrial
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrialTema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrial
 
Actividades industriais
Actividades industriaisActividades industriais
Actividades industriais
 

Similar to 3º ESO. Tema 9: O sector secundario (20)

Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografíaTema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografía
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9.
Tema 9.Tema 9.
Tema 9.
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Sector secundario
Sector secundarioSector secundario
Sector secundario
 
Tema 9 - Xeografía.
Tema 9 - Xeografía.Tema 9 - Xeografía.
Tema 9 - Xeografía.
 
A enerxía e a industria
A enerxía e a industriaA enerxía e a industria
A enerxía e a industria
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Ud5 3eso
Ud5 3esoUd5 3eso
Ud5 3eso
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
O sector secundario e terciario
O sector secundario e terciarioO sector secundario e terciario
O sector secundario e terciario
 
Presentacion sociales
Presentacion socialesPresentacion sociales
Presentacion sociales
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriaisTema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriais
 
Tema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriaisTema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriais
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 

3º ESO. Tema 9: O sector secundario

  • 1. TEMA 9. O SECTOR SECUNDARIO O sector secundario comprende as actividades económicas dedicadas a transformar as materias primas noutros produtos que poden satisfacer as necesidades humanas. Comprende a industria, a minería, a produción de enerxía, e a construción. 1. AS MATERIAS PRIMAS As materias primas son os recursos naturais que a industria transforma en produtos elaborados ou semielaborados. As materias primas naturais clasifícanse segundo a súa orixe en animais, vexetais e minerais. • As materias primas de orixe animal: proceden da gandaría (la, peles) ou do peixe (aceites, conservas...). • As materias primas de orixe vexetal: poden ser produtos agrícolas como o algodón, ou produtos forestais, como a madeira e o caucho. • As materias primas de orixe mineral: extráense do subsolo. Clasifícanse en: ◦ Minerais metálicos: hematita (ferro), bauxita (aluminio), ouro, prata… ◦ Minerais non metálicos: sal, xofre… ◦ As rochas son de orixe mineral, algunhas úsanse na construción. ◦ Minerais enerxéticos: carbón, petróleo, uranio. A produción concéntrase nuns poucos países: Canadá, Australia, Rusia, Brasil, Sudáfrica -coñecidos como CARBS-, China e Estados Unidos ou os países de Oriente Medio (petróleo). O consumo céntrase en Europa Occidental, Xapón, Estados Unidos, China e India. 2. FONTES DE ENERXÍA 2.1 CLASIFICACIÓN As fontes de enerxía son recursos naturais que proporcionan a forza necesaria para levar a cabo o proceso de transformación industrial das materias primas. • Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía poden ser: ◦ Renovables: son case inesgotables e non contaminan, coma o Sol, o vento, a auga… ◦ Non renovables: son as que se atopan en cantidades limitadas e poden chegar a esgotarse, son contaminantes coma o carbón, o petróleo, o gas natural ou o uranio. • Segundo a súa importancia económica, as fontes de enerxía poden ser: ◦ Tradicionais: son as máis utilizadas; destaca o carbón, o petróleo, o gas natural, a enerxía hidráulica ou a enerxía nuclear. ◦ Alternativas: utilízanse menos, pois aínda están en fase de investigación e desenvolvemento. As máis importantes son a enerxía solar, a eólica, a xeotérmica e a mareomotriz. 2.2 FONTES DE ENERXÍA TRADICIONAIS O carbón é abundante, sobre todo en China, India, Estados Unidos, Indonesia, Australia e Rusia. Úsase para producir electricidade en centrais térmicas ou para fabricar ferro e aceiro na industria Departamento de Xeografía e Historia 1 IES Pedregal de Irimia (Meira)
  • 2. siderúrxica. O petróleo é a principal fonte de enerxía. Concéntrase nuns poucos países; como en Oriente Medio (Arabia Saudita, Irak, Irán,...), Estados Unidos e Rusia. Proporciona combustibles, pintura, plástico,... O gas natural encóntrase sobre todo en Oriente Medio, Estados Unidos, Rusia e Canadá. Úsase para obter electricidade en centrais térmicas, gas canalizado para calefaccións e cociñas, … A enerxía nuclear obtense da separación ou fisión de átomos de uranio. Os principais produtores son Estados Unidos, Francia, China, Xapón e Rusia. Úsase para obter electricidade en centrais nucleares. A enerxía hidroeléctrica obtense a partir da auga embalsada nunha presa. Os principais produtores son Canadá, Estados Unidos, Brasil, China e Rusia. Úsase para producir electricidade en centrais hidroeléctricas. 2.3 FONTES DE ENERXÍAALTERNATIVAS Son enerxías renovables e están consideradas enerxías limpas ou verdes, pois non contaminan e non xeran residuos. A enerxía solar procede da luz e a calor do Sol, que se concentran mediante paneis, e proporciona calor ou electricidade. Os principais produtores son EE.UU, Canadá e Australia. O seu principal problema é a irregularidade. A enerxía eólica procede do vento, que move aeroxeradores e proporciona electricidade. Os principais produtores son Alemaña, España e Estados Unidos. Entre os seus problemas destacan a irregularidade do vento e o impacto visual e acústico que producen os aeroxeradores. A enerxía xeotérmica procede da calor interna da Terra e aprovéitase para quentar auga, para a calefacción e para producir electricidade. Os principais produtores son Estados Unidos, Filipinas e Indonesia. A súa produción encóntrase moi localizada en zonas de actividade volcánica ou sísmica. A enerxía mareomotriz procede da forza das mareas ou das ondas do mar e úsase para producir electricidade. Os principais países produtores son Francia, Reino Unido e Canadá. Os seus problemas son os altos custos de produción, a variabilidades das ondas do mar e o impacto visual. A enerxía da biomasa procede de residuos agrícolas, gandeiros e forestais que, ao queimarse, producen calor ou electricidade. Os principais produtores son Reino Unido, Francia e Finlandia. O gran problema é a emisión de CO2 durante a combustión. 3. A INDUSTRIA 3.1 DEFINICIÓN E ELEMENTOS A industria é a actividade económica que emprega e transforma os recursos naturais (materias primas e fontes de enerxía), nas fábricas para producir produtos semielaborados que se empregarán para fabricar outros produtos, ou produtos elaborados listos para o consumo. Os principais elementos do proceso industrial son os seguintes: • As materias primas. • As fontes de enerxía. • Factores de produción: traballadores (man de obra); capital (cartos, instalacións...) e a tecnoloxía (maquinaria, técnicas e materiais). Departamento de Xeografía e Historia 2 IES Pedregal de Irimia (Meira)
  • 3. 3.2 EVOLUCIÓN DA INDUSTRIA 3.2.1 A INDUSTRIAARTESANAL Abarca desde o principio da historia do home ata o século XVIII. Presentaba as seguintes características: • O traballo realizábase de maneira manual empregando tecnoloxía moi rudimentaria. • Fabricábase en pequenos talleres. • A produción resultante era escasa, única, orixinal e diferente do anteriormente fabricado. • A localización dos obradoiros era moi dispersa. Moitos artesáns preferiron asentarse nas cidades onde se organizaban en gremios por oficios. 3.2.2 A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL A Primeira Revolución Industrial tivo lugar entre finais do século XVIII e finais do século XIX e supuxo un enorme cambio no modo de producir manufacturas: • O traballo industrial pasou a realizarse con máquinas movidas por fontes de enerxía máis potentes (máquina de vapor que funcionaba con carbón). • A fabricación concentrouse en fábricas ou factorías. • Apareceu a división do traballo. • A produción era abundante, barata e homoxénea. • As industrias localizábanse preto das zonas mineiras ou das fontes de enerxía, nos portos e nas cidades. Estes cambios producíronse por primeira vez en Inglaterra desde onde se estenderon ao resto do mundo. 3.2.3 A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL A Segunda Revolución Industrial desenvolveuse entre 1870 e mediados do século XX. Caracterizouse por: • Novas máquinas máis eficaces movidas por petróleo e electricidade. • Novas formas de organización empresarial: cartel, trust, holding. • Novos métodos de organización do traballo: extensión do traballo en cadea e da produción en serie. • Novos produtos: automóbil, avión,... • Varios sectores destacados son o motor do crecemento: siderúrxico, petroquímico, eléctrico. Esta Segunda Revolución Industrial estivo protagonizada por Estados Unidos, Alemaña e Xapón. 3.2.4 A INDUSTRIAACTUAL A Terceira Revolución Industrial, iniciada a mediados do século XX e na que actualmente nos atopamos, foi tamén denominada Revolución Científico-Técnica ou Revolución da Intelixencia, pola importancia que a tecnoloxía e as comunicacións tiveron e teñen na transformación da industria. • A industria actual reduciu a man de obra mediante a automatización dos procesos e fabrica unha gran diversidade de produtos. Departamento de Xeografía e Historia 3 IES Pedregal de Irimia (Meira)
  • 4. • Novas fontes de enerxía: nuclear • Os espazos industriais son diversos. Os máis importantes son: ◦ Polígonos industriais: organizados en parcelas con naves industriais e dotados de servizos, infraestruturas e transportes. ◦ Parques industriais: combinan industrias e oficinas. ◦ Parques tecnolóxicos: situados nas proximidades das cidades máis dinámicas, localízanse as industrias de alta tecnoloxía, contan con boas infraestruturas e servizos avanzados e onde traballan traballadores cualificados. 4. CLASIFICACIÓN DAS INDUSTRIAS As industrias actuais son tan variadas que se poden clasificar con diferentes criterios. • Destino final dos produtos: ◦ Industrias de base. Son aquelas que fabrican produtos semielaborados. Entre elas atópanse a siderurxia, que fabrica ferro e aceiro; ou a petroquímica, que produce produtos químicos. ◦ Industrias de bens de equipo. Fabrican produtos necesarios para o funcionamento doutras industrias e do transporte. Exemplos destacados son as de maquinaria, as de equipos industriais, e as de material ferroviario, naval e de construción. ◦ Industrias de uso e consumo. Fabrican produtos elaborados, destinados directamente ao consumidor. É o caso das industrias alimentarias, téxtiles ou químicas, entre outras. • Peso da materia prima: ◦ Industria pesada: traballan con grandes cantidades de materia prima que converten en produtos semielaborados, por exemplo a siderurxia, unha industria de base. ◦ Industria semipesada: traballan con produtos semielaborados, polo que o seu peso é menor. Adoitan ser as industrias de bens de equipo, isto é a fabricación de maquinaria, automoción, ou outras. ◦ Industria lixeira: o peso da materia prima coa que traballan é reducido, facilitando así a súa transformación. Entre este tipo de industria podemos clasificar as téxtiles, químicas, calzado, e en xeral todas aquelas que producen bens de consumo. • Grao de desenvolvemento: ◦ Industrias punta: son aquelas industrias que están en plena expansión. Son as relacionadas coa informática, telecomunicacións e electrónica en xeral. ◦ Industrias maduras: son aquelas industrias que chegaron ao seu máximo desenvolvemento e se estancaron. Adoitan ser as pesadas, tales como as metalúrxicas, estaleiros, etc. • Segundo o número de traballadores que emprega: ◦ Pequenas: menos de 50. ◦ Medianas: entre 50 e 250. ◦ Grandes: mais de 250. Departamento de Xeografía e Historia 4 IES Pedregal de Irimia (Meira)
  • 5. 5. FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL • Factores Físicos: ◦ Proximidade ás materias primas:supón o abaratamento dos custos de transporte. ◦ Proximidade ás fontes de enerxía: do mesmo xeito que no caso anterior a proximidade ás fontes de enerxía supuxo un factor de abaratamento dos custos produtivos. ◦ Topografía: os lugares chairos, ou a proximidade a portos mariños ou fluviais facilitan o acceso das materias primas, e a distribución cara aos mercados. • Factores humanos: ◦ Man de obra: existencia de abundante man de obra, que sexa barata, que teña a cualificación adecuada á industria correspondente. Este factor explica a recolocación a escala mundial das industrias que necesitan moita man de obra, que trasladan os seus centros de produción a países subdesenvolvidos que lles ofrecen mellores condicións laborais que nos países desenvolvidos (deslocalización) ◦ Mercados próximos: a proximidade da demanda implica menor custo de transporte dos produtos elaborados cara ao mercado, polo que moitas industrias decídense a instalarse xunto a grandes aglomeracións urbanas. ◦ Capital: a necesidade de grandes investimentos para instalar algunhas industrias, fai que estas se localicen xunto aos posibles inversionistas, bancos, bolsas de valores, etc. ◦ Transporte e redes de comunicación: a facilidade de acceso das materias primas e de evacuación das mercadorías debido á existencia de redes de transporte ben estruturadas e rápidas favorece a instalación das industrias xunto a portos, ferrocarril, ou autoestradas. ◦ Políticos: os Estados adoitan apoiar de maneira directa (mediante empresas públicas,) ou indirecta (subvencións, impostos, facilitando chan industrial, desenvolvendo lexislacións laborais flexibles, etc.) a localización de industrias en determinados lugares. 6. AS ÁREAS INDUSTRIAIS DO MUNDO As principais rexións industriais son: • Os polos industriais históricos: Europa, sobre todo desde o Reino Unido, pasando pola conca do Ruhr, ata chegar ao Norte de Italia; Estados Unidos (costa Noroeste e California) e Xapón. • Os países emerxentes: encabezados polo grupo dos BRICS (Brasil, Rusia, India, China e Suráfrica). • Outras rexións industriais importantes atópanse en México, o sueste de Australia, Nova Zelandia, sueste de Asia e Corea do Sur. As áreas menos industrializadas localízanse nos países máis pobres de Terra, como os situados na África subsahariana. 7. AS ACTIVIDAIS INDUSTRIAIS EN ESPAÑA As principais industrias españolas son: a siderúrxica (en recesión), a metalúrxica de transformación, a naval (afectada), a do automóbil (moi ben implantada); a química, a alimentaria (en todo o país) e a de alta tecnoloxía. Ademais destacan os sectores téxtil, de coiro e calzado, ou o Departamento de Xeografía e Historia 5 IES Pedregal de Irimia (Meira)
  • 6. papel e as artes gráficas. A industria española concéntrase en catro grandes áreas industriais (Cataluña, Madrid, País Vasco e Comunidade Valenciana) e varios núcleos industriais (Zaragoza, Xixón, Sevilla, Vigo...). Todos eles forman eixes industriais coma o do Ebro e o Mediterráneo. Departamento de Xeografía e Historia 6 IES Pedregal de Irimia (Meira)