A MONARQUÍA HISPÁNICA:
A ÉPOCA DOS REIS
CATÓLICOS E DOS AUSTRIAS
3º ESO
1
A MONARQUÍA AUTORITARIA:
OS REIS CATÓLICOS
1.1. A UNIÓN DINÁSTICA
● En 1469 uníronse en matrimonio o príncipe Fernando, fillo de Xoán II, rei da Coroa
de Aragón, e a princesa Isabel, irmá de Enrique IV, rei de Castela.
● En 1479 Fernando converteuse en rei da Coroa de Aragón. Ese mesmo ano,
Isabel impúxose como raíña de Castela, tras unha guerra civil pola sucesión ao
trono (1475-1479) que a enfrontou á súa sobriña Xoana, chamada a Beltranexa.
● A unión de Isabel e Fernando non implicou a creación dun único reino, senón que
foi só unha unión dinástica (dinastía Trastámara): cada reino (Castela e Aragón)
mantivo as súas fronteiras, monarca, moeda, leis, costumes, institucións e
idioma.
● Os Reis Católicos impuxeron formas de goberno e de actuacións conxuntas (política
exterior e conquistas militares), polo que comezaron a ser coñecidos
internacionalmente como reis de España.
A Península no século XV
1.2. A INTEGRACIÓN TERRITORIAL
● Durante o seu reinado (1479-1516), os Reis
Católicos pretenderon unir todos os territorios
peninsulares baixo a súa autoridade, mediante
a seguinte política de expansión territorial:
 Conquistaron o reino de Granada(1492),
rematando así a Reconquista. Boabdil, o
derradeiro monarca nazarí, rendeuse.
 Desenvolveron unha política de enlaces
matrimoniais con Portugal. Dúas das
súas fillas, Isabel e María, casaron cos
monarcas portugueses. Estes enlaces
deron froito anos máis tarde, cando Filipe
II (neto dos RR.CC) herdou o reino de
Portugal e o incorporou á Coroa.
 En 1512, o Reino de Navarra quedou
incorporada a Castela, pero conservando
as súas leis (fueros) e institucións.
1.3. A POLÍTICA EXTERIOR
● Os Reis Católicos e orientaron a súa política internacional nas
seguintes direccións:
– Cara ao Mediterráneo:
● A Coroa de Aragón recuperou os condados do Rosellón e da
Cerdaña (1493).
● En 1504, e tras varias guerras con Francia, un exército dirixido
por Gonzalo Fernández de Córdoba (o Gran Capitán) conquistou
o reino de Nápoles.
● Conquista dos portos de Melilla (1497), Orán e Buxía (1509).
– Cara ao Atlántico:
● Apoiaron o proxecto de Cristovo Colón, que permitiu a chegada
en 1492 a América.
● Castela iniciou a súa expansión cara ao Atlántico, que concluíu
en 1496 co remate da conquista das illas Canarias.
– En Europa pretenderon illar a Francia, a través de alianzas
matrimoniais.
UNIÓNS, ANEXIÓNS E CONQUISTAS DOS REIS CATÓLICOS
UNIÓNS, ANEXIÓNS E CONQUISTAS DOS REIS CATÓLICOS
1.4. MONARQUÍA AUTORITARIA
● Os Reis Católicos propuxéronse impoñer a autoridade do rei en todos os
territorios e sobre todos os grupos sociais (monarquía autoritaria).
● En cada un dos reinos nomeouse un vicerrei, como delegado do rei.
● Na Coroa de Castela Isabel recortou o poder da nobreza e mais da Igrexa e
introduciu unha serie de reformas para reforzar a autoridade real que deron
comezo ao ESTADO MODERNO:
 Creación da Santa Irmandade (1476), un corpo armado encargado de
perseguir malfeitores e criminais, e dun exército profesional, formado por
mercenarios.
 Instauración de Consellos, formados por xuristas escollidos e pagados polo rei,
para asesoralo. (Ex. Consello Real).
 Creación da Real Audiencia para controlar a xustiza.
 Reforzamento do sistema de recadación de impostos mediante a Contadoría
Real de Facenda.
● Nomeamento de corrixidores, funcionarios reais que presidían os concellos
(“concejos”) e exercían funcións de goberno.
● Na Coroa de Aragón, mantivéronse as institucións medievais (Cortes,
Generalitat,...). Para gobernar, Fernando continou co pactismo (pactar leis e
impostos cos grupos privilexiados representados nas Cortes de cada reino).
INSTITUCIÓNS DE GOBERNO
1.5. A DEFENSA DO CATOLICISMO
● Os Reis Católicos destacaron pola defensa da
relixión católica:
– En 1478, estableceron o Tribunal da
Inquisición encargado de perseguir aos
herexes.
– No 1492 ordenaron a expulsión dos xudeos
que non se bauizasen. Os que se
converteron ao cristianismo foron
chamados conversos. Os seus descendentes
son os actuais sefarditas (Sefarad=España)
– O Papa Alejandro VI concedeulles o título de
Reis Católicos en 1496 pola defensa que
fixeron da relixión católica.
Torquemada,
inquisidor general
2
O IMPERIO DOS AUSTRIA
AUSTRIAS MAIORES AUSTRIAS MENORES
CRONOLOXÍA DOS AUSTRIAS E FEITOS IMPORTANTES
2.1. O IMPERIO UNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556)
● Carlos I de España e V de Alemaña, o
primeiro monarca da dinastía dos Austria,
era fillo de Xoana de Castela, herdeira dos
Reis Católicos, e do príncipe alemán Filipe de
Habsburgo. Recibiu unha grande herdanza:
 Por parte materna: Castela, Navarra, a
Coroa de Aragón e as posesións en
América e Italia.
 Por parte paterna: os Países Baixos,
Luxemburgo e o Franco Condado; e ao
morrer o seu avó, Austria, o Sur de
Alemaña e o título de emperador do
Sacro Imperio Romano Xermánico
(1519), recoñecido como Carlos V de
Alemaña.
 O seu obxectivo principal foi dirixir o Imperio
cristián universal que debía reunir baixo a
súa autoridade, a todos os gobernantes para
a defensa da cristiandade.
HERDANZA
O IMPERIO EUROPEO DE CARLOS I
2.1. O IMPERIO UNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556)
PROBLEMAS INTERNOS
● Durante o seu reinado enfrontouse a
revoltas sociais en Castela e Aragón:
– A revolta das Comunidades en
Castela (1520-1521), xuntas
municipais que se opoñían a súa
política económica e a falta de
respecto ás leis do reino. Rematou
coa derrota dos comuneiros en
Villalar
– Xermanías en Valencia e Mallorca
(1521-1523), unha revolta de
campesiños e artesáns contra a
opresión señorial.
2.1. O IMPERIO UNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556)
PROBLEMAS EXTERNOS
● Tamén mantivo conflitos internacionais:
– Frecuentes guerras con Francia polo
dominio de territorios italianos e a
supremacía en Europa.
– Loita contra o Imperio turco: este pobo de
relixión musulmá, avanzaba sobre Europa,
converténdose nunha gran ameaza para os
reinos cristiáns.
– A rebelión protestante no Imperio alemán:
moitos príncipes alemáns apoiaban a
doutrina luterana e opoñíanse á autoridade
política do emperador. Isto ocasionou as
guerras de relixión. Coa Paz de
Augsburgo (1555), Carlos V recoñeceu a
relixión luterana e concedeu a liberdade
relixionsa nos Estados alemáns.
● No 1556 abdicou e dividiu as súas posesións
entre o seu irmán Fernando e o seu fillo Felipe.
Morreu no mosteiro de Yuste (1558).
Carlos I na batalla de Mühlberg (1547)
2.2. O IMPERIO HISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598)
● Felipe II herdou do seu pai todos os
territorios, agás as posesións
austríacas e o título de emperador. Por
iso, gobernou en función dos intereses
hispánicos.
● O rei converteu Madrid en capital
(1561) e gobernou persoalmente
axudado por funcionarios (burocracia):
aumentou o seu poder, acentuou a
centralización, ampliou o sistema de
Consellos e reforzou a figura do
corrixidor. Durante o seu reinado, os
dominios americanos alcanzaron a
súa máxima expansión.
COMPARACIÓN ENTRE OS DOMINIOS EUROPEOS DE CARLOS I E DE FELIPE II
2.2. O IMPERIO HISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598)
NOS DOMINIOS DE FELIPE II “NON SE POÑÍA O SOL”
2.2. O IMPERIO HISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598)
● Filipe II foi un firme defensor da imposición do catolicismo e da Contrarreforma:
impulsou a loita contra o protestantismo,
– Fomentou a actuación da Inquisición perseguindo calquera desviación da
doutrina católica.
– Impuxo a limpeza de sangue que impedía ter cargos a quen tivera antepasados
xudeos ou musulmáns.
– Perseguiu aos xudeus conversos e aos mouriscos (musulmáns convertidos
ao catolicismo) granadinos o que provocou a sublevación das Alpujarras
(1568-71).
FELIPE II
● Para manter a súa hexemonía en Europa:
– Loitou contra Francia (vitoria de San Quintín, 1557),
– Freou ao Imperio turco (Formación da Liga Santa e vitoria de Lepanto, 1571)
– Tentou dominar Inglaterra para acabar co cisma anglicano, cortar o apoio
inglés aos protestantes dos Países Baixos e impedir os ataques dos barcos
corsarios. A gran armada, enviada para conquistar Inglaterra foi un fracaso:
derrota da Armada Invencible (1588).
– O maior conflito foi a rebelión protestante en Flandres, que acabou nunha
sublevación (dirixida por Guillermo de Orange) e na división en dúas zonas
dos Países Baixos: o norte protestante e o sur católico baixo dependencia
española, a pesares da presenza dos terzos dirixidos polo duque de Alba
(lenda negra).
– O seu maior éxito foi a anexión de Portugal (1581), grazas aos enlaces
matrimoniais entre ambas as dúas familias reais.
2.2. O IMPERIO HISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598)
BATALLA DE LEPANTO (1571)
DERROTA ARMADA INVENCIBLE (1588)
REBELIÓN DOS PAÍSES BAIXOS
TERZOS
2.3. ECONOMÍA E SOCIEDADE HISPÁNICA NO SÉCULO XVI
● No século XVI produciuse unha gran demanda de produtos agrícolas para América, que non
podía ser cuberta coa produción hispánica.
● A escaseza de produtos e a gran chegada de ouro e prata das minas americanas provocaron
a suba dos prezos (revolución dos prezos) o que provocou o empobrecemento das clases
populares.
● Para poder acometer as guerras e proxectos imperiais de impoñer o catolicismo no mundo,
Carlos I precisaba moito ouro. Recurriu en numerosas ocasións aos empréstitos de
banqueiros, especialmente os alemáns Fugger. España quedou hipotecada durante os 100
anos seguintes e sufriu varias bancarrotas.
● A industria téxtil debilitouse pola competencia estranxeira, especialmente a de Flandres.
● O comercio, especialmente polo Atlántico experimentou un gran desenvolvemento. O porto
de Sevilla tiña o monopolio do comercio con América.
● No século XVI houbo un crecemento demográfico, sobre todo en Castela.
● A sociedade do século XVI seguía sendo estamental, dominada pola nobreza (Grandes de
España, cabaleiros e fidalgos) e polo clero, propietarios da maioría das terras e que non
pagaban impostos, mentres os non privilexiados, basicamente campesiños (máis do 80% da
poboación), pagaban moitos impostos e tiñan numerosas obrigas. Tamén existían grupos
diferenciados, como os mouriscos e os xudeus conversos, aos que se marxinaba e
perseguía.
SOCIEDADE
ECONOMÍA
PORTO DE SEVILLA
CENSO DE1591
Comarcas de A Fonsagrada – Os Ancares
2.4. A MONARQUÍA HISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO
IMPERIO
FELIPE III
● A partir de Felipe III, os reis delegaron o goberno en validos, persoas que gozaban
de plena confianza do rei e gobernaban no seu nome.
● O reinado de Felipe III (1598-1621) e o seu valido, o duque de Lerma, foi bastante
pacífico (tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas). O feito máis destacado foi a
expulsión dos mouriscos (1609).
DUQUE DE LERMA EXPULSIÓN DOS MOURISCOS
FELIPE IV: PROBLEMAS EXTERNOS
● Baixo Felipe IV (1621-1665) e o seu valido, o conde-duque de Olivares, España participou na Guerra
dos Trinta Anos (1618-1648), que comezou sendo un conflito relixioso e remantou sendo unha loita pola
hexemonía europea debido ao interese de moitos Estados en rematar co poder dos Habsburgo:
– Iniciouse en 1618 coa rebelión dos protestantes checos contra o futuro emperador alemán
Fernando II (católico), que pediu axuda ao seu parente español, Felipe III e aos príncipes católicos
alemáns. Venceron as tropas imperiais. Os protestantes alemáns, preocupados polo poder do
emperador solicitaron axuda a outros estados protestantes europeos, formándose dous bandos:
● O bando dos católicos estaba formado polos Habsburgo de Viena e Madrid, o Papa e príncipes
alemáns católicos.
● Os protestantes: príncipes alemáns protestantes apoiados por Dinamarca, Inglaterra, Holanda e
Suecia.
– Francia, aínda que era un país católico, aliouse cos protestantes e entrou no conflito en 1635
porque desexaba converterse nunha nación con poder en Europa.
– A guerra rematou coa Paz de Westfalia (1648) que para España significou a fin da súa hexemonía en
Europa.
– Consecuencias: España tivo que recoñecer a independencia das Provincias Unidas dos Países
Baixos (Holanda); a Confederación Helvética (Suíza) e Austria sepáranse do Imperio, recoñécese o
principio de tolerancia relixiosa en Europa, o Imperio alemán fragméntase .
● Felipe IV continou loitando contra Francia pola hexemonía europea, asinándose a Paz dos Pirineos
(1659) que significou a entrega aos franceses dalgúns territorios en Flandres, do Rosellón e parte da
Cerdaña.
2.4. A MONARQUÍA HISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO
IMPERIO
FELIPE IV CONDE-DUQUE DE OLIVARES
PAZ DE WESFALIA E DOS PIRINEOS
VELÁZQUEZ: A RENDICIÓN DE BREDA
2.4. A MONARQUÍA HISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO
IMPERIO
FELIPE IV: PROBLEMAS INTERNOS
● Por iniciativa do seu valido Olivares,
Felipe IV intentou eliminar os
privilexios forais dos distinto reinos
que formaban a Monarquía. Este
proxecto foi coñecido como Unión de
Armas (1624) e pretendía establecer
en todos os territorios peninsulares as
leis de Castela e crear un exército
permanente no que participasen
todos os reinos. Foi rexeitado nos
territorios que gozaban de privilexios
forais e non se levou a cabo.
● A participación de España na Guerra
dos Trinta Anos, incrimentou a
necesidade de homes e diñeiro e
desembocou na crise de 1640, con
levantamentos en Cataluña (apoiada
por Francia) e en Portugal, que se
independizou (1668).
2.4. A MONARQUÍA HISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO
IMPERIO
CARLOS II
● O último Austria, Carlos II (1665-1700) representou o final da dinastía dos
Habsburgo españois, pola súa incapacidade, pola corrupción e pola grave crise
económica e política. A súa morte sen descendencia produciu un conflito sucesorio,
a guerra de sucesión, entre os candidatos á Coroa española: Carlos de Austria
(apoiado por Austria, Inglaterra e Holanda) e Felipe de Borbón (apoiado por Francia)
e designado como herdeiro por Carlos II, que finalmente foi o que venceu.
2.5. CRISE ECONÓMICA E SOCIAL DO SÉCULO XVII
● No século XVII sufriuse unha grave crise demográfica debido ás migracións cara a
América, ás guerras, á expulsión dos mouriscos e ás pestes e epidemias.
● Tamén se viviu unha profunda crise económica:
– A marcha dos mouriscos e a suba de impostos empeoraron a agricultura e a
gandaría. Moitos campesiños marcharon ás cidades e malviviron como pícaros
ou mendigos.
– A competencia estranxeira, os impostos sobre os intercambios e a redución da
demanda americana afundiron aínda máis a industria e o comercio.
– As finanzas públicas tamén empeoraron a causa do aumento dos gastos da
Coroa, das guerras e do esgotamento das minas de ouro de prata. O Estado tivo
que declararse en bancarrota.
● As riquezas de América empregáronse para sufragar as guerras de relixión e
enriquecer á nobreza e non estimularon a produción. Consolidouse un modelo
social rendista no que se aspiraba a vivir de rendas ou a enriquecerse no novo
continente, despreciábase o traballo manual. En cambio, campesiños, artesáns e
comerciantes empobrecéronse.
● Na Coroa de Aragón, marxinada da aventura americana, a crise foi menos intensa e
creáronse compañías comerciais e manufacturas.
PODEROSO CABALLERO ES DON DINERO
Madre, yo al oro me humillo,
Él es mi amante y mi amado,
Pues de puro enamorado
De continuo anda amarillo.
Que pues doblón o sencillo
Hace todo cuanto quiero,
Poderoso caballero
Es don Dinero.
Nace en las Indias honrado,
Donde el mundo le acompaña;
Viene a morir en España,
Y es en Génova enterrado.
Y pues quien le trae al lado
Es hermoso, aunque sea fiero,
Poderoso caballero
Es don Dinero.
Francisco de Quevedo
● O reino de Galicia integrouse no novo Estado creado polos Reis Católicos e os seus
sucesores da casa de Austria. Xeralizouse o uso do castelán e o idioma galego quedou
relegado ao ámbito familiar. Creáronse novas institucións, que permitiron levar a
autoridade dos Reis a todo o país:
 A principal institución foi a Real Audiencia do Reino de Galicia cuxas funcións eran:
administrar xustiza, controlar a orde pública e solucionar preitos de rendas ou foros de
terras.
 Máis tarde creouse o cargo de gobernador ou Capitán Xeneral, que presidía a
Audiencia e que posteriormente tivo un carácter exclusivamente militar, e o corrixidor,
máxima autoridade das vilas e cidades.
 No ano 1528 creouse unha institución especificamente galega, con poucas funcións e
formada por representantes das sete provincias de Galicia: a Xunta do Reino de
Galicia
 A nobreza galega foi sometida á autoridade dos Reis Católicos: “doma y castra de
Galicia”.
3.1. A ACTUACIÓN DOS REIS CATÓLICOS EN GALICIA
3. GALICIA NOS SÉCULOS XVI E XVII
MAPA DE GALICIA NA IDADE MODERNA
● Ao iniciarse a Idade Moderna, a maioría da poboación galega vivía no campo, en pequenas
parroquias con poucos habitantes.
● A finais do século XVI reduciuse o número de habitantes en Galicia a consecuencia das
fames, as epidemias e a participación nos conflitos europeos.
● A sociedade galega presentaba grandes diferenzas:
 O clero era moi poderoso e dispuña de extensas propiedades de terras que lle
proporcionaban rendas. Tamén percibía o décimo (diezmo)
 A alta nobreza pasou a residir na Corte (Madrid). Esta ausencia permitiu o auxe da
fidalguía ou baixa nobreza, encargada de cobrar os foros que gravaban as terras que
traballaba o campesiñado con este sistema de contrato agrario. Os fidalgos lograban dos
grandes propietarios (Alta nobreza, Igrexa) a concesión de parcelas de terreo en foro, que, á
súa vez, subaforaban a campesiños, quedándose cunha parte das rendas. Os pazos
simbolizaban o seu poder.
 Os campesiños representaban o 80% da poboación e pagaban diversos impostos e rendas.
● A gran maioría das familias galegas vivían da agricultura, da venda de viño, de centeo ou de
produtos de gando vacún.
● O millo, procedente de América, introduciuse a comezos do século XVII e en pouco tempo
converteuse nun cultivo básico do campo galego; a pataca tardou un século máis en afianzar o
seu desenvolvemento. Os novos cultivos favoreceron o crecemento da poboación.
3. GALICIA NOS SÉCULOS XVI E XVII
3.2. A GALICIA DOS FIDALGOS E FOREIROS
FIN

Os Reis católicos e os Austrias

  • 1.
    A MONARQUÍA HISPÁNICA: AÉPOCA DOS REIS CATÓLICOS E DOS AUSTRIAS 3º ESO
  • 2.
  • 3.
    1.1. A UNIÓNDINÁSTICA ● En 1469 uníronse en matrimonio o príncipe Fernando, fillo de Xoán II, rei da Coroa de Aragón, e a princesa Isabel, irmá de Enrique IV, rei de Castela. ● En 1479 Fernando converteuse en rei da Coroa de Aragón. Ese mesmo ano, Isabel impúxose como raíña de Castela, tras unha guerra civil pola sucesión ao trono (1475-1479) que a enfrontou á súa sobriña Xoana, chamada a Beltranexa. ● A unión de Isabel e Fernando non implicou a creación dun único reino, senón que foi só unha unión dinástica (dinastía Trastámara): cada reino (Castela e Aragón) mantivo as súas fronteiras, monarca, moeda, leis, costumes, institucións e idioma. ● Os Reis Católicos impuxeron formas de goberno e de actuacións conxuntas (política exterior e conquistas militares), polo que comezaron a ser coñecidos internacionalmente como reis de España.
  • 4.
    A Península noséculo XV
  • 5.
    1.2. A INTEGRACIÓNTERRITORIAL ● Durante o seu reinado (1479-1516), os Reis Católicos pretenderon unir todos os territorios peninsulares baixo a súa autoridade, mediante a seguinte política de expansión territorial:  Conquistaron o reino de Granada(1492), rematando así a Reconquista. Boabdil, o derradeiro monarca nazarí, rendeuse.  Desenvolveron unha política de enlaces matrimoniais con Portugal. Dúas das súas fillas, Isabel e María, casaron cos monarcas portugueses. Estes enlaces deron froito anos máis tarde, cando Filipe II (neto dos RR.CC) herdou o reino de Portugal e o incorporou á Coroa.  En 1512, o Reino de Navarra quedou incorporada a Castela, pero conservando as súas leis (fueros) e institucións.
  • 6.
    1.3. A POLÍTICAEXTERIOR ● Os Reis Católicos e orientaron a súa política internacional nas seguintes direccións: – Cara ao Mediterráneo: ● A Coroa de Aragón recuperou os condados do Rosellón e da Cerdaña (1493). ● En 1504, e tras varias guerras con Francia, un exército dirixido por Gonzalo Fernández de Córdoba (o Gran Capitán) conquistou o reino de Nápoles. ● Conquista dos portos de Melilla (1497), Orán e Buxía (1509). – Cara ao Atlántico: ● Apoiaron o proxecto de Cristovo Colón, que permitiu a chegada en 1492 a América. ● Castela iniciou a súa expansión cara ao Atlántico, que concluíu en 1496 co remate da conquista das illas Canarias. – En Europa pretenderon illar a Francia, a través de alianzas matrimoniais.
  • 7.
    UNIÓNS, ANEXIÓNS ECONQUISTAS DOS REIS CATÓLICOS
  • 8.
    UNIÓNS, ANEXIÓNS ECONQUISTAS DOS REIS CATÓLICOS
  • 9.
    1.4. MONARQUÍA AUTORITARIA ●Os Reis Católicos propuxéronse impoñer a autoridade do rei en todos os territorios e sobre todos os grupos sociais (monarquía autoritaria). ● En cada un dos reinos nomeouse un vicerrei, como delegado do rei. ● Na Coroa de Castela Isabel recortou o poder da nobreza e mais da Igrexa e introduciu unha serie de reformas para reforzar a autoridade real que deron comezo ao ESTADO MODERNO:  Creación da Santa Irmandade (1476), un corpo armado encargado de perseguir malfeitores e criminais, e dun exército profesional, formado por mercenarios.  Instauración de Consellos, formados por xuristas escollidos e pagados polo rei, para asesoralo. (Ex. Consello Real).  Creación da Real Audiencia para controlar a xustiza.  Reforzamento do sistema de recadación de impostos mediante a Contadoría Real de Facenda. ● Nomeamento de corrixidores, funcionarios reais que presidían os concellos (“concejos”) e exercían funcións de goberno. ● Na Coroa de Aragón, mantivéronse as institucións medievais (Cortes, Generalitat,...). Para gobernar, Fernando continou co pactismo (pactar leis e impostos cos grupos privilexiados representados nas Cortes de cada reino).
  • 10.
  • 11.
    1.5. A DEFENSADO CATOLICISMO ● Os Reis Católicos destacaron pola defensa da relixión católica: – En 1478, estableceron o Tribunal da Inquisición encargado de perseguir aos herexes. – No 1492 ordenaron a expulsión dos xudeos que non se bauizasen. Os que se converteron ao cristianismo foron chamados conversos. Os seus descendentes son os actuais sefarditas (Sefarad=España) – O Papa Alejandro VI concedeulles o título de Reis Católicos en 1496 pola defensa que fixeron da relixión católica. Torquemada, inquisidor general
  • 12.
    2 O IMPERIO DOSAUSTRIA AUSTRIAS MAIORES AUSTRIAS MENORES
  • 14.
    CRONOLOXÍA DOS AUSTRIASE FEITOS IMPORTANTES
  • 15.
    2.1. O IMPERIOUNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556) ● Carlos I de España e V de Alemaña, o primeiro monarca da dinastía dos Austria, era fillo de Xoana de Castela, herdeira dos Reis Católicos, e do príncipe alemán Filipe de Habsburgo. Recibiu unha grande herdanza:  Por parte materna: Castela, Navarra, a Coroa de Aragón e as posesións en América e Italia.  Por parte paterna: os Países Baixos, Luxemburgo e o Franco Condado; e ao morrer o seu avó, Austria, o Sur de Alemaña e o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1519), recoñecido como Carlos V de Alemaña.  O seu obxectivo principal foi dirixir o Imperio cristián universal que debía reunir baixo a súa autoridade, a todos os gobernantes para a defensa da cristiandade. HERDANZA
  • 16.
    O IMPERIO EUROPEODE CARLOS I
  • 17.
    2.1. O IMPERIOUNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556) PROBLEMAS INTERNOS ● Durante o seu reinado enfrontouse a revoltas sociais en Castela e Aragón: – A revolta das Comunidades en Castela (1520-1521), xuntas municipais que se opoñían a súa política económica e a falta de respecto ás leis do reino. Rematou coa derrota dos comuneiros en Villalar – Xermanías en Valencia e Mallorca (1521-1523), unha revolta de campesiños e artesáns contra a opresión señorial.
  • 18.
    2.1. O IMPERIOUNIVERSAL: CARLOS I (1516-1556) PROBLEMAS EXTERNOS ● Tamén mantivo conflitos internacionais: – Frecuentes guerras con Francia polo dominio de territorios italianos e a supremacía en Europa. – Loita contra o Imperio turco: este pobo de relixión musulmá, avanzaba sobre Europa, converténdose nunha gran ameaza para os reinos cristiáns. – A rebelión protestante no Imperio alemán: moitos príncipes alemáns apoiaban a doutrina luterana e opoñíanse á autoridade política do emperador. Isto ocasionou as guerras de relixión. Coa Paz de Augsburgo (1555), Carlos V recoñeceu a relixión luterana e concedeu a liberdade relixionsa nos Estados alemáns. ● No 1556 abdicou e dividiu as súas posesións entre o seu irmán Fernando e o seu fillo Felipe. Morreu no mosteiro de Yuste (1558). Carlos I na batalla de Mühlberg (1547)
  • 19.
    2.2. O IMPERIOHISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598) ● Felipe II herdou do seu pai todos os territorios, agás as posesións austríacas e o título de emperador. Por iso, gobernou en función dos intereses hispánicos. ● O rei converteu Madrid en capital (1561) e gobernou persoalmente axudado por funcionarios (burocracia): aumentou o seu poder, acentuou a centralización, ampliou o sistema de Consellos e reforzou a figura do corrixidor. Durante o seu reinado, os dominios americanos alcanzaron a súa máxima expansión.
  • 20.
    COMPARACIÓN ENTRE OSDOMINIOS EUROPEOS DE CARLOS I E DE FELIPE II
  • 21.
    2.2. O IMPERIOHISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598)
  • 22.
    NOS DOMINIOS DEFELIPE II “NON SE POÑÍA O SOL”
  • 23.
    2.2. O IMPERIOHISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598) ● Filipe II foi un firme defensor da imposición do catolicismo e da Contrarreforma: impulsou a loita contra o protestantismo, – Fomentou a actuación da Inquisición perseguindo calquera desviación da doutrina católica. – Impuxo a limpeza de sangue que impedía ter cargos a quen tivera antepasados xudeos ou musulmáns. – Perseguiu aos xudeus conversos e aos mouriscos (musulmáns convertidos ao catolicismo) granadinos o que provocou a sublevación das Alpujarras (1568-71). FELIPE II
  • 24.
    ● Para mantera súa hexemonía en Europa: – Loitou contra Francia (vitoria de San Quintín, 1557), – Freou ao Imperio turco (Formación da Liga Santa e vitoria de Lepanto, 1571) – Tentou dominar Inglaterra para acabar co cisma anglicano, cortar o apoio inglés aos protestantes dos Países Baixos e impedir os ataques dos barcos corsarios. A gran armada, enviada para conquistar Inglaterra foi un fracaso: derrota da Armada Invencible (1588). – O maior conflito foi a rebelión protestante en Flandres, que acabou nunha sublevación (dirixida por Guillermo de Orange) e na división en dúas zonas dos Países Baixos: o norte protestante e o sur católico baixo dependencia española, a pesares da presenza dos terzos dirixidos polo duque de Alba (lenda negra). – O seu maior éxito foi a anexión de Portugal (1581), grazas aos enlaces matrimoniais entre ambas as dúas familias reais. 2.2. O IMPERIO HISPÁNICO: FELIPE II (1556-1598)
  • 25.
    BATALLA DE LEPANTO(1571) DERROTA ARMADA INVENCIBLE (1588) REBELIÓN DOS PAÍSES BAIXOS
  • 26.
  • 28.
    2.3. ECONOMÍA ESOCIEDADE HISPÁNICA NO SÉCULO XVI ● No século XVI produciuse unha gran demanda de produtos agrícolas para América, que non podía ser cuberta coa produción hispánica. ● A escaseza de produtos e a gran chegada de ouro e prata das minas americanas provocaron a suba dos prezos (revolución dos prezos) o que provocou o empobrecemento das clases populares. ● Para poder acometer as guerras e proxectos imperiais de impoñer o catolicismo no mundo, Carlos I precisaba moito ouro. Recurriu en numerosas ocasións aos empréstitos de banqueiros, especialmente os alemáns Fugger. España quedou hipotecada durante os 100 anos seguintes e sufriu varias bancarrotas. ● A industria téxtil debilitouse pola competencia estranxeira, especialmente a de Flandres. ● O comercio, especialmente polo Atlántico experimentou un gran desenvolvemento. O porto de Sevilla tiña o monopolio do comercio con América. ● No século XVI houbo un crecemento demográfico, sobre todo en Castela. ● A sociedade do século XVI seguía sendo estamental, dominada pola nobreza (Grandes de España, cabaleiros e fidalgos) e polo clero, propietarios da maioría das terras e que non pagaban impostos, mentres os non privilexiados, basicamente campesiños (máis do 80% da poboación), pagaban moitos impostos e tiñan numerosas obrigas. Tamén existían grupos diferenciados, como os mouriscos e os xudeus conversos, aos que se marxinaba e perseguía. SOCIEDADE ECONOMÍA
  • 29.
    PORTO DE SEVILLA CENSODE1591 Comarcas de A Fonsagrada – Os Ancares
  • 30.
    2.4. A MONARQUÍAHISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO IMPERIO FELIPE III ● A partir de Felipe III, os reis delegaron o goberno en validos, persoas que gozaban de plena confianza do rei e gobernaban no seu nome. ● O reinado de Felipe III (1598-1621) e o seu valido, o duque de Lerma, foi bastante pacífico (tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas). O feito máis destacado foi a expulsión dos mouriscos (1609). DUQUE DE LERMA EXPULSIÓN DOS MOURISCOS
  • 31.
    FELIPE IV: PROBLEMASEXTERNOS ● Baixo Felipe IV (1621-1665) e o seu valido, o conde-duque de Olivares, España participou na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), que comezou sendo un conflito relixioso e remantou sendo unha loita pola hexemonía europea debido ao interese de moitos Estados en rematar co poder dos Habsburgo: – Iniciouse en 1618 coa rebelión dos protestantes checos contra o futuro emperador alemán Fernando II (católico), que pediu axuda ao seu parente español, Felipe III e aos príncipes católicos alemáns. Venceron as tropas imperiais. Os protestantes alemáns, preocupados polo poder do emperador solicitaron axuda a outros estados protestantes europeos, formándose dous bandos: ● O bando dos católicos estaba formado polos Habsburgo de Viena e Madrid, o Papa e príncipes alemáns católicos. ● Os protestantes: príncipes alemáns protestantes apoiados por Dinamarca, Inglaterra, Holanda e Suecia. – Francia, aínda que era un país católico, aliouse cos protestantes e entrou no conflito en 1635 porque desexaba converterse nunha nación con poder en Europa. – A guerra rematou coa Paz de Westfalia (1648) que para España significou a fin da súa hexemonía en Europa. – Consecuencias: España tivo que recoñecer a independencia das Provincias Unidas dos Países Baixos (Holanda); a Confederación Helvética (Suíza) e Austria sepáranse do Imperio, recoñécese o principio de tolerancia relixiosa en Europa, o Imperio alemán fragméntase . ● Felipe IV continou loitando contra Francia pola hexemonía europea, asinándose a Paz dos Pirineos (1659) que significou a entrega aos franceses dalgúns territorios en Flandres, do Rosellón e parte da Cerdaña. 2.4. A MONARQUÍA HISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO IMPERIO
  • 32.
  • 33.
    PAZ DE WESFALIAE DOS PIRINEOS
  • 34.
  • 35.
    2.4. A MONARQUÍAHISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO IMPERIO FELIPE IV: PROBLEMAS INTERNOS ● Por iniciativa do seu valido Olivares, Felipe IV intentou eliminar os privilexios forais dos distinto reinos que formaban a Monarquía. Este proxecto foi coñecido como Unión de Armas (1624) e pretendía establecer en todos os territorios peninsulares as leis de Castela e crear un exército permanente no que participasen todos os reinos. Foi rexeitado nos territorios que gozaban de privilexios forais e non se levou a cabo. ● A participación de España na Guerra dos Trinta Anos, incrimentou a necesidade de homes e diñeiro e desembocou na crise de 1640, con levantamentos en Cataluña (apoiada por Francia) e en Portugal, que se independizou (1668).
  • 36.
    2.4. A MONARQUÍAHISPÁNICA NO SÉCULO XVII: O DECLIVE DO IMPERIO CARLOS II ● O último Austria, Carlos II (1665-1700) representou o final da dinastía dos Habsburgo españois, pola súa incapacidade, pola corrupción e pola grave crise económica e política. A súa morte sen descendencia produciu un conflito sucesorio, a guerra de sucesión, entre os candidatos á Coroa española: Carlos de Austria (apoiado por Austria, Inglaterra e Holanda) e Felipe de Borbón (apoiado por Francia) e designado como herdeiro por Carlos II, que finalmente foi o que venceu.
  • 37.
    2.5. CRISE ECONÓMICAE SOCIAL DO SÉCULO XVII ● No século XVII sufriuse unha grave crise demográfica debido ás migracións cara a América, ás guerras, á expulsión dos mouriscos e ás pestes e epidemias. ● Tamén se viviu unha profunda crise económica: – A marcha dos mouriscos e a suba de impostos empeoraron a agricultura e a gandaría. Moitos campesiños marcharon ás cidades e malviviron como pícaros ou mendigos. – A competencia estranxeira, os impostos sobre os intercambios e a redución da demanda americana afundiron aínda máis a industria e o comercio. – As finanzas públicas tamén empeoraron a causa do aumento dos gastos da Coroa, das guerras e do esgotamento das minas de ouro de prata. O Estado tivo que declararse en bancarrota. ● As riquezas de América empregáronse para sufragar as guerras de relixión e enriquecer á nobreza e non estimularon a produción. Consolidouse un modelo social rendista no que se aspiraba a vivir de rendas ou a enriquecerse no novo continente, despreciábase o traballo manual. En cambio, campesiños, artesáns e comerciantes empobrecéronse. ● Na Coroa de Aragón, marxinada da aventura americana, a crise foi menos intensa e creáronse compañías comerciais e manufacturas.
  • 38.
    PODEROSO CABALLERO ESDON DINERO Madre, yo al oro me humillo, Él es mi amante y mi amado, Pues de puro enamorado De continuo anda amarillo. Que pues doblón o sencillo Hace todo cuanto quiero, Poderoso caballero Es don Dinero. Nace en las Indias honrado, Donde el mundo le acompaña; Viene a morir en España, Y es en Génova enterrado. Y pues quien le trae al lado Es hermoso, aunque sea fiero, Poderoso caballero Es don Dinero. Francisco de Quevedo
  • 39.
    ● O reinode Galicia integrouse no novo Estado creado polos Reis Católicos e os seus sucesores da casa de Austria. Xeralizouse o uso do castelán e o idioma galego quedou relegado ao ámbito familiar. Creáronse novas institucións, que permitiron levar a autoridade dos Reis a todo o país:  A principal institución foi a Real Audiencia do Reino de Galicia cuxas funcións eran: administrar xustiza, controlar a orde pública e solucionar preitos de rendas ou foros de terras.  Máis tarde creouse o cargo de gobernador ou Capitán Xeneral, que presidía a Audiencia e que posteriormente tivo un carácter exclusivamente militar, e o corrixidor, máxima autoridade das vilas e cidades.  No ano 1528 creouse unha institución especificamente galega, con poucas funcións e formada por representantes das sete provincias de Galicia: a Xunta do Reino de Galicia  A nobreza galega foi sometida á autoridade dos Reis Católicos: “doma y castra de Galicia”. 3.1. A ACTUACIÓN DOS REIS CATÓLICOS EN GALICIA 3. GALICIA NOS SÉCULOS XVI E XVII
  • 40.
    MAPA DE GALICIANA IDADE MODERNA
  • 41.
    ● Ao iniciarsea Idade Moderna, a maioría da poboación galega vivía no campo, en pequenas parroquias con poucos habitantes. ● A finais do século XVI reduciuse o número de habitantes en Galicia a consecuencia das fames, as epidemias e a participación nos conflitos europeos. ● A sociedade galega presentaba grandes diferenzas:  O clero era moi poderoso e dispuña de extensas propiedades de terras que lle proporcionaban rendas. Tamén percibía o décimo (diezmo)  A alta nobreza pasou a residir na Corte (Madrid). Esta ausencia permitiu o auxe da fidalguía ou baixa nobreza, encargada de cobrar os foros que gravaban as terras que traballaba o campesiñado con este sistema de contrato agrario. Os fidalgos lograban dos grandes propietarios (Alta nobreza, Igrexa) a concesión de parcelas de terreo en foro, que, á súa vez, subaforaban a campesiños, quedándose cunha parte das rendas. Os pazos simbolizaban o seu poder.  Os campesiños representaban o 80% da poboación e pagaban diversos impostos e rendas. ● A gran maioría das familias galegas vivían da agricultura, da venda de viño, de centeo ou de produtos de gando vacún. ● O millo, procedente de América, introduciuse a comezos do século XVII e en pouco tempo converteuse nun cultivo básico do campo galego; a pataca tardou un século máis en afianzar o seu desenvolvemento. Os novos cultivos favoreceron o crecemento da poboación. 3. GALICIA NOS SÉCULOS XVI E XVII 3.2. A GALICIA DOS FIDALGOS E FOREIROS
  • 42.