TEMA 7
O NACEMENTO DO MUNDO MODERNO


                         2º ESO
INTRODUCIÓN
●   A expansión económica dos séculos XV e XVI estivo acompañada do xurdimento
    dunha nova forma de comprender o mundo: o Humanismo.
●   Criticouse a corrupción e os abusos da Igrexa. Isto deu orixe á Reforma, un
    movemento relixioso que dividiu Europa entre protestantes e católicos.
●   Os artistas inspíranse en novos modelos baseados no clasicismo e na mitoloxía
    grecorromana. A palabra Renacemento foi creada precisamente para facer evidente
    o inicio duns tempos novos.
1
   A RECUPERACIÓN ECONÓMICA DO SÉCULO XV
Na segunda metade do século XV, Europa superou a grave crise de finais da Idade
Media e iniciou unha fase de crecemento económico, de enriquecemento da burguesía e
de fortalecemento da monarquía.
O CRECEMENTO DEMOGRÁFICO E AGRÍCOLA

●   A desaparición das grandes epidemias e o
    aumento da natalidade permitiron un paulatino
    incremento da poboación.
●   As cidades aumentaron a poboación. O
    abastecemento    desta     estimulou    o
    desenvolvemento agrícola e, sobre todo, o
    comercio.
●   Ao haber maior demanda moitas terras
    abandonadas foron postas de novo en cultivo e
    a agricultura empezou a xerar excedentes que
    podían ser comercializados.
●   Mantívose a concentración da propiedade en
    mans da nobreza e do clero e os impostos
    señoriais que recaían sobre o campesiñado.
O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL
●   O comercio terrestre revitalizouse e polos camiños de Europa circulaban as sedas italianas,
    a la de Castela, os panos dos Países Baixos e Inglaterra, os metais alemáns e os viños
    franceses.
●   As rutas marítimas do Mediterráneo, do Báltico e do mar do Norte retomaron a súa
    actividade comercial. A través do Mediterráneo chegaban a Europa as especias de Oriente,
    tan necesarias para conservar os alimentos: canela, noz moscada, pementa…
●   A expansión do comercio incrementou a produción artesanal, o desenvolvemento das
    manufacturas e o crecemento daquelas cidades portuarias.
A AUXE DA BANCA
 ●   A banca aumentou a súa importancia como prestamista de capitais sobre todo aos
     comerciantes.
 ●   Para facilitar os intercambios e os pagamentos fixéronse as letras de cambio.
 ●   O aumento dos intercambios produciu unha suba dos tipos de xuros, o que
     enriqueceu a cambiadores, prestamistas e banqueiros, e os converteu no grupo
     social máis influente das cidades.

A letra de cambio era un documento que facilitaba
os pagamentos nas transaccións comerciais. Un
comerciante entregáballe unha cantidade de cartos a un
banqueiro que tiña delegacións noutros países, e este
expedíalle unha letra de cambio que garantía o seu
diñeiro. Así, o comerciante podía realizar os seus
pagamentos en calquera outro lugar sen necesidade de
transportar o diñeiro, que naqueles tempos só existía
en forma de moedas.
O ASCENSO DA BURGUESÍA
●   O crecemento do comercio, das actividades manufactureiras e da banca
    orixinou grandes beneficios para a burguesía.
●   O seu poder económico non se baseaba na propiedade de terras, senón na
    posesión de capital que investía en viaxes comerciais e manufacturas o que lle
    proporcionaban beneficios, sentándo as bases do capitalismo comercial.
●   Algunhas familias de comerciantes e banqueiros foron os Médicis en Florencia e
    os Fugger en Alemaña




                                                   Jakob Fugger
                     Juan de Médicis
O FORTALECEMENTO DA MONARQUÍA
●   Durante o século XV, os reis
    consolidaron un novo modelo de
    goberno: a monarquía autoritaria.
     –   Os monarcas crearon exércitos
         permanentes.
     –   Instauraron unha burocracia e unha
         facenda para controlar os ingresos
         e mais os gastos do reino.
     –   Crearon unha diplomacia de
         Estado para establecer relacións
         entre Estados aliados.
●   Exemplos de monarquías autoritarias
    foron as dos Reis Católicos en Castela,
    Luís XI en Francia e Henrique VIII en
    Inglaterra.
2
O HUMANISMO
UN NOVO XEITO DE PENSAR
●   O Humanismo foi un movemento de renovación cultural
    xurdido en Italia no século XV.
●   Características:
     –   Rexeitamento á mentalidade medieval, centrada na
         idea de Deus (teocentrismo), e exaltación do ser
         humano (antropocentrismo), ao que consideraron
         como o único dotado de razón e liberdade.
     –   A inspiración na cultura grecolatina.
     –   O interese pola ciencia e o progreso técnico, que
         levou á difusión dun novo espírito científico,
         baseado na observación e na experimentación.
     –   A utilización das linguas vernáculas (francés,
         italiano, castelán…) como vehículos de transmisión
         cultural en lugar do latín e do grego.
●   Á cultura clásica e ao interese científico, moitos
    humanistas pretenderon xuntar os valores cristiáns. De
    entre eles destaca Erasmo de Róterdam = Humanismo
    cristián.
A EXPANSIÓN DO HUMANISMO
            ●   Invención da imprenta de caracteres
                móviles deseñada por Gutenberg (cara
                a 1450): facilitou a impresión de libros
                en maiores cantidades e a menor prezo.
            ●   As Academias: estaban integradas por
                eruditos que, baixo a protección
                económica dun mecenas, se dedicaban
                á tradución de manuscritos e ao
                intercambio de ideas.
            ●   As Universidades, como as de Boloña,
                Padua, Florencia, Lovaina e Alcalá de
                Henares, onde se creaban e transmitían
                novos coñecementos.
3
A REFORMA RELIXIOSA
CAUSAS DA REFORMA
●   Cara ao final da Idade Media, existía malestar en sectores da sociedade polas
    prácticas da Igrexa:
    –   Luxo esaxerado que rodeaba á alta xerarquía eclesiástica.
    –   Escasa cultura e a relaxación dos costumes do clero.
    –   Compravenda de cargos eclesiásticos.
    –   Venda de bulas e indulxencias para obter o perdón dos pecados.


●   Humanistas, como Erasmo de Róterdam, criticaron estas prácticas e defenderon
    unha relixiosidade máis íntima, baseada na lectura da Biblia.
●   A venda de novas indulxencias polo papa León X, para sufragar a construción da
    igrexa de San Pedro no Vaticano, desencadeou o enfrontamento dentro da Igrexa
    a partir de 1515.
A RUPTURA DE MARTIN LUTERO
●   Martin Lutero, un sacerdote e monxe agostiño
    alemán, en 1517 publicou as 95 teses contra a
    doutrina católica e a xerarquía eclesiástica, nas
    que negaba o valor das indulxencias e propoñía
    unha nova relixiosidade.
●   A Reforma luterana baseábase na salvación
    pola fe e non polas boas obras e en que cada
    crente convertíase no seu propio sacerdote,
    (sacerdocio universal) e podía interpretar a
    Biblia segundo a súa propia conciencia
    (autoridade da Biblia)
●   A doutrina luterana negou a soberanía do Papa
    e a xerarquía eclesiástica, eliminou as ordes
    relixiosas e o culto ás imaxes e reduciu o número
    de sacramentos a dous: bautismo e eucaristía
    (comunión).
●   Lutero contou co apoio de príncipes e nobres
    alemáns.
O PROTESTANTISMO EN EUROPA
●   O luteranismo difundiuse rapidamente por Alemaña,
    Suecia, Dinamarca, Noruega, Países Baixos, Inglaterra e
    Suíza. De xeito paralelo, xurdiron novas doutrinas
    reformistas:
●   O calvinismo propagouse en Suíza con Xoán Calvino.
    Defendía a doutrina da predestinación: Segundo esta
    crenza, tan só algunhas persoas están predestinadas
    para acadaren a salvación, mentres todos os demais
    serán condenados. Estas doutrinas difundíronse por
    Francia (hugonotes), Inglaterra (puritanos) e Escocia
    (presbiterianos)
●   O anglicanismo xurdiu en Inglaterra co monarca
    Henrique VIII, cando o papa Clemente VII se negou a lle
    conceder a anulación do seu casamento con Catarina de
    Aragón. Ante esta negativa, o monarca proclamou a Acta
    de Supremacía (1534), mediante a cal se separaba de
    Roma e se proclamaba xefe supremo da Igrexa de
    Inglaterra.
DIFUSIÓN REFORMA PROTESTANTE
4
          A CONTRARREFORMA CATÓLICA
Para frear a rápida expansión da Reforma, a Igrexa perseguiu aos protestantes
e iniciou a súa propia reforma.
A LOITA CONTRA OS PROTESTANTES
●   En     1542    o    Papa     creou a
    Congregación do Santo Oficio ou
    Inquisición. Tratábase dun tribunal
    eclesiástico que perseguía a quen se
    desviaba dos dogmas da Igrexa e
    castigaba os delitos contra a fe.
●   Os sospeitosos de herexía eran
    sometidos a un auto de fe no que
    debían renegar das súas crenzas. Os
    que non o facían eran condenados,
    nalgúns casos, á fogueira.
●   Tamén se creou a Congregación do
    Índice, que se encargaba de publicar a
    listaxe de libros contrarios á doutrina
    católica, e cuxa lectura lles estaba
    prohibida aos crentes.
O CONCILIO DE TRENTO
●   A Contrarreforma foi un movemento de renovación da Igrexa católica co obxectivo de
    corrixir os propios erros e defender os dogmas da fe católica.
●   No Concilio de Trento (1545 e 1563) reafirmáronse os principais dogmas da doutrina
    católica.
     –   A fe era importante, pero que a salvación debía conseguirse tamén mediante as
         boas obras.
     –   Reafirmou os sete sacramentos, o carácter sagrado da misa e o culto á Virxe e aos
         santos.
     –   A Vulgata, a Biblia en latín, foi declarada a única interpretación válida das Sagradas
         Escrituras.
●   Vontade de reformar a administración e a disciplina eclesiásticas. Medidas:
     –   Prohibiuse a venda de indulxencias.
     –   Creáronse seminarios para garantir a axeitada formación do clero.
     –   Instouse ao clero a levar unha vida exemplar e a gardar o celibato.
●   A necesidade de instruír á infancia na correcta doutrina implicou a publicación do
    catecismo, que recompila as crenzas fundamentais da Igrexa.
A DIFUSIÓN DA CONTRARREFORMA
●   Para difundir o novo espírito relixioso,
    iniciouse a reforma de numerosas
    ordes relixiosas: A reforma dos
    franciscanos deu lugar á Orde dos
    Capuchinos, e Santa Teresa de Xesús
    renovou a orde do Carmelo.
●   Creación de novas ordes como a
    Compañía de Xesús, fundada por
    Santo Ignacio de Loyola en 1540 que
    destacou polo seu labor educativo e
    misioneiro.
TÁBOA COMPARATIVA
5
          O ESPÍRITO DO RENACEMENTO.
                A ARQUITECTURA
Renacemento: foi unha nova concepción artística que se iniciou en Italia no
século XV (Quattrocento) e acadou a súa plenitude no século XVI
(Cinquecento).
UNHA NOVA CONCEPCIÓN DO ARTE
●   Os      artistas inspiráronse    na
    Antigüidade e recuperaron as regras
    da arte clásica.
●   Quixeron plasmar nas súas obras a
    beleza ideal.
●   Consideraron o ser humano como a
    obra máis perfecta de Deus e
    preocupáronse polo estudo da natureza
    e mais pola anatomía humana.
●   A arte secularizouse e abriuse a novos
    temas profanos e mitolóxicos.
●   Os artistas deixaron de ser anónimos e
    empezaron a gozar de prestixio e
    recoñecemento social.

                                             Cánon renacentista
                                             Leonardo da Vinci
A ARQUITECTURA
●   Os arquitectos inspiráronse nos modelos grecorromanos:
    –   Usáronse columnas e pilastras coas ordes gregas (dórica, xónica e corintia) e
        romanas (toscana e composta)
    –   Arcos de medio punto, frontóns, cornixas e cúpulas.
    –   As igrexas recuperaron a planta centralizada (cruz grega ou circular), aínda
        que se continuou a utilizar a planta de cruz latina con tres naves.
●   Os principais arquitectos do Quattrocento foron Filippo Brunelleschi e Leon
    Battista Alberti.
●   No Cinquecento, os edificios acadaron unha maior monumentalidade e robustez.
    O mellor exemplo é a basílica de San Pedro do Vaticano, na que interviñeron
    Donato Bramante e, máis tarde, Michelangelo, quen construíu a gran cúpula.
QUATTROCENTO
  BRUNELLESCHI




Santa María dei Fiore - Florencia   Igrexa de San Lourenzo - Florencia
QUATTROCENTO
ALBERTI




 Santa María Novella - Florencia
                                   Palacio Rucellai - Florencia
CINQUECENTO
      BRAMANTE




 San Pietro in Montorio - Roma
MIGUEL ANXO
                     CINQUECENTO




     Basílica de San Pedro - Roma
CINQUECENTO




Basílica de San Pedro - Roma
6
A ESCULTURA E A PINTURA ITALIANAS
A ESCULTURA
●   Os escultores interesáronse por representar o corpo humano seguindo os
    modelos da antigüidade grecorromana. Por iso aos temas bíblicos engadíronselle
    os mitolóxicos.
●   Entre os materiais utilizados salientan o mármore e mais o bronce.
●   Os escultores máis destacados foron Donatello (David) e Lorenzo Ghiberti (Portas
    do Baptisterio de Florencia).
●   No século XVI apréciase un predominio das liñas curvas, reforzando o dinamismo.
●   A figura principal foi Michelangelo, en cuxa obra predomina a expresión dos
    sentimentos. A Piedade, David e Moisés son algunhas das súas esculturas máis
    destacadas.
QUATTROCENTO
GHIBERTI




 Portas do Paraíso - Florencia
QUATTROCENTO
DONATELLO




                                Condotiero Gattamelata - Padua
San Xurxo
            David - Florencia
CINQUECENTO
MIGUEL ANXO




Piedade




                   David    Moisés
A PINTURA
●   A pintura renacentista estivo determinada pola vontade de reproducir a realidade
    dun xeito fiel. Para isto os pintores utilizaron dous recursos:
●   As leis da perspectiva, que permiten crear sensación de profundidade nunha
    superficie plana.
●   Fondos con paisaxes arquitectónicas e naturais.
●   As técnicas máis utilizadas foron, nun primeiro momento, o fresco e o tempero e a
    finais do século XV, a pintura ao óleo que usaba aceites mesturados con pigmentos
    minerais
QUATTROCENTO
 MASACCIO




                        O tributo da moeda




A Santísima Trindade
QUATTROCENTO
PIERO DELLA FRANCESCA




 A flaxelación de Cristo


                           Virxe da Galería Brera
QUATTROCENTO
                       BOTTICELLI




O nacemento de Venus                A primavera
CINQUECENTO
LEONARDO DA VINCI: inventor da perspectiva aérea, que utiliza a luz e a cor para amosar
a profundidade do espazo, e da técnica do sfumato que, a través dunhas contornas imprecisas,
ofrece unha sensación de vaguidade e de distancia.




                                                       A Derradeira Cea


        A Gioconda
CINQUECENTO
RAFAEL: gran retratista, destacou polo absoluto dominio do debuxo, da luz e pola
elegancia e harmonía das súas composicións.




.




                                                           Virxe do xílgaro
           A Escola de Atenas
CINQUECENTO
MIGUEL ANXO: presenta un gran coñecemento dos volumes do corpo humano e dos xestos
con que se expresan os sentimentos. O mellor exemplo son os frescos da Capela Sixtina do
Vaticano.




                                                                Xesús e María




                  Xuizo final
CINQUECENTO
MIGUEL ANXO




               Bóveda da Capela Sixtina
CINQUECENTO
MIGUEL ANXO


                                     Creación de Adán




              Expulsión do Paraíso
CINQUECENTO
                                   TIZIANO




                                             Amor sacro e amor profano
Danae recibindo a chuvia de ouro
CINQUECENTO
                  GIORGIONE




                              A Venus dormida




A tempestade
7
A DIFUSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA
DIFUSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA

●   A influencia do Renacemento italiano noutros países de Europa non se deixou sentir
    plenamente ata o século XVI.
●   En Flandres, esta influencia foi escasa, pois a súa escola pictórica posuía unha
    marcada personalidade. Os artistas desenvolveron un estilo propio, con gusto polo
    detalle, polo realismo e polos retratos, así como o rexeitamento dos temas da
    Antigüidade clásica.
     –   Destacou Pieter Brueghel o Vello, que xuntou as achegas renacentistas coa
         tradición flamenga.
●   En Francia, a influencia renacentista foi temperá, impulsada sobre todo polo rei
    Francisco I. Destacaron a arquitectura (castelo de Chambord) e as pinturas
    decorativas da Escola de Fontainebleau.
●   En Alemaña, a Reforma luterana apartou a pintura da temática relixiosa, dando
    preferencia aos retratos, ás paisaxes e aos temas mitolóxicos.
     –   Alberto Durero introduciu a estética renacentista. Outros pintores foron H.
         Holbein e L. Cranach o Vello.
DIFUSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA
Pieter Brueghel o Vello - Flandres




                                     Boda campesiña
            Paisaxe invernal
DIFUSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA
Alberto Durero - Alemaña




               Autorretrato




                              Adán e Eva
DIFUSIÓN DO RENACEMENTO EN EUROPA
Holbein - Alemaña




                        Os embaixadores
                    (técnica do anamorfismo)
FIN

Tema 7 O nacemento do mundo moderno

  • 1.
    TEMA 7 O NACEMENTODO MUNDO MODERNO 2º ESO
  • 2.
    INTRODUCIÓN ● A expansión económica dos séculos XV e XVI estivo acompañada do xurdimento dunha nova forma de comprender o mundo: o Humanismo. ● Criticouse a corrupción e os abusos da Igrexa. Isto deu orixe á Reforma, un movemento relixioso que dividiu Europa entre protestantes e católicos. ● Os artistas inspíranse en novos modelos baseados no clasicismo e na mitoloxía grecorromana. A palabra Renacemento foi creada precisamente para facer evidente o inicio duns tempos novos.
  • 3.
    1 A RECUPERACIÓN ECONÓMICA DO SÉCULO XV Na segunda metade do século XV, Europa superou a grave crise de finais da Idade Media e iniciou unha fase de crecemento económico, de enriquecemento da burguesía e de fortalecemento da monarquía.
  • 4.
    O CRECEMENTO DEMOGRÁFICOE AGRÍCOLA ● A desaparición das grandes epidemias e o aumento da natalidade permitiron un paulatino incremento da poboación. ● As cidades aumentaron a poboación. O abastecemento desta estimulou o desenvolvemento agrícola e, sobre todo, o comercio. ● Ao haber maior demanda moitas terras abandonadas foron postas de novo en cultivo e a agricultura empezou a xerar excedentes que podían ser comercializados. ● Mantívose a concentración da propiedade en mans da nobreza e do clero e os impostos señoriais que recaían sobre o campesiñado.
  • 5.
    O DESENVOLVEMENTO COMERCIAL ● O comercio terrestre revitalizouse e polos camiños de Europa circulaban as sedas italianas, a la de Castela, os panos dos Países Baixos e Inglaterra, os metais alemáns e os viños franceses. ● As rutas marítimas do Mediterráneo, do Báltico e do mar do Norte retomaron a súa actividade comercial. A través do Mediterráneo chegaban a Europa as especias de Oriente, tan necesarias para conservar os alimentos: canela, noz moscada, pementa… ● A expansión do comercio incrementou a produción artesanal, o desenvolvemento das manufacturas e o crecemento daquelas cidades portuarias.
  • 6.
    A AUXE DABANCA ● A banca aumentou a súa importancia como prestamista de capitais sobre todo aos comerciantes. ● Para facilitar os intercambios e os pagamentos fixéronse as letras de cambio. ● O aumento dos intercambios produciu unha suba dos tipos de xuros, o que enriqueceu a cambiadores, prestamistas e banqueiros, e os converteu no grupo social máis influente das cidades. A letra de cambio era un documento que facilitaba os pagamentos nas transaccións comerciais. Un comerciante entregáballe unha cantidade de cartos a un banqueiro que tiña delegacións noutros países, e este expedíalle unha letra de cambio que garantía o seu diñeiro. Así, o comerciante podía realizar os seus pagamentos en calquera outro lugar sen necesidade de transportar o diñeiro, que naqueles tempos só existía en forma de moedas.
  • 7.
    O ASCENSO DABURGUESÍA ● O crecemento do comercio, das actividades manufactureiras e da banca orixinou grandes beneficios para a burguesía. ● O seu poder económico non se baseaba na propiedade de terras, senón na posesión de capital que investía en viaxes comerciais e manufacturas o que lle proporcionaban beneficios, sentándo as bases do capitalismo comercial. ● Algunhas familias de comerciantes e banqueiros foron os Médicis en Florencia e os Fugger en Alemaña Jakob Fugger Juan de Médicis
  • 8.
    O FORTALECEMENTO DAMONARQUÍA ● Durante o século XV, os reis consolidaron un novo modelo de goberno: a monarquía autoritaria. – Os monarcas crearon exércitos permanentes. – Instauraron unha burocracia e unha facenda para controlar os ingresos e mais os gastos do reino. – Crearon unha diplomacia de Estado para establecer relacións entre Estados aliados. ● Exemplos de monarquías autoritarias foron as dos Reis Católicos en Castela, Luís XI en Francia e Henrique VIII en Inglaterra.
  • 9.
  • 10.
    UN NOVO XEITODE PENSAR ● O Humanismo foi un movemento de renovación cultural xurdido en Italia no século XV. ● Características: – Rexeitamento á mentalidade medieval, centrada na idea de Deus (teocentrismo), e exaltación do ser humano (antropocentrismo), ao que consideraron como o único dotado de razón e liberdade. – A inspiración na cultura grecolatina. – O interese pola ciencia e o progreso técnico, que levou á difusión dun novo espírito científico, baseado na observación e na experimentación. – A utilización das linguas vernáculas (francés, italiano, castelán…) como vehículos de transmisión cultural en lugar do latín e do grego. ● Á cultura clásica e ao interese científico, moitos humanistas pretenderon xuntar os valores cristiáns. De entre eles destaca Erasmo de Róterdam = Humanismo cristián.
  • 11.
    A EXPANSIÓN DOHUMANISMO ● Invención da imprenta de caracteres móviles deseñada por Gutenberg (cara a 1450): facilitou a impresión de libros en maiores cantidades e a menor prezo. ● As Academias: estaban integradas por eruditos que, baixo a protección económica dun mecenas, se dedicaban á tradución de manuscritos e ao intercambio de ideas. ● As Universidades, como as de Boloña, Padua, Florencia, Lovaina e Alcalá de Henares, onde se creaban e transmitían novos coñecementos.
  • 12.
  • 13.
    CAUSAS DA REFORMA ● Cara ao final da Idade Media, existía malestar en sectores da sociedade polas prácticas da Igrexa: – Luxo esaxerado que rodeaba á alta xerarquía eclesiástica. – Escasa cultura e a relaxación dos costumes do clero. – Compravenda de cargos eclesiásticos. – Venda de bulas e indulxencias para obter o perdón dos pecados. ● Humanistas, como Erasmo de Róterdam, criticaron estas prácticas e defenderon unha relixiosidade máis íntima, baseada na lectura da Biblia. ● A venda de novas indulxencias polo papa León X, para sufragar a construción da igrexa de San Pedro no Vaticano, desencadeou o enfrontamento dentro da Igrexa a partir de 1515.
  • 14.
    A RUPTURA DEMARTIN LUTERO ● Martin Lutero, un sacerdote e monxe agostiño alemán, en 1517 publicou as 95 teses contra a doutrina católica e a xerarquía eclesiástica, nas que negaba o valor das indulxencias e propoñía unha nova relixiosidade. ● A Reforma luterana baseábase na salvación pola fe e non polas boas obras e en que cada crente convertíase no seu propio sacerdote, (sacerdocio universal) e podía interpretar a Biblia segundo a súa propia conciencia (autoridade da Biblia) ● A doutrina luterana negou a soberanía do Papa e a xerarquía eclesiástica, eliminou as ordes relixiosas e o culto ás imaxes e reduciu o número de sacramentos a dous: bautismo e eucaristía (comunión). ● Lutero contou co apoio de príncipes e nobres alemáns.
  • 15.
    O PROTESTANTISMO ENEUROPA ● O luteranismo difundiuse rapidamente por Alemaña, Suecia, Dinamarca, Noruega, Países Baixos, Inglaterra e Suíza. De xeito paralelo, xurdiron novas doutrinas reformistas: ● O calvinismo propagouse en Suíza con Xoán Calvino. Defendía a doutrina da predestinación: Segundo esta crenza, tan só algunhas persoas están predestinadas para acadaren a salvación, mentres todos os demais serán condenados. Estas doutrinas difundíronse por Francia (hugonotes), Inglaterra (puritanos) e Escocia (presbiterianos) ● O anglicanismo xurdiu en Inglaterra co monarca Henrique VIII, cando o papa Clemente VII se negou a lle conceder a anulación do seu casamento con Catarina de Aragón. Ante esta negativa, o monarca proclamou a Acta de Supremacía (1534), mediante a cal se separaba de Roma e se proclamaba xefe supremo da Igrexa de Inglaterra.
  • 16.
  • 17.
    4 A CONTRARREFORMA CATÓLICA Para frear a rápida expansión da Reforma, a Igrexa perseguiu aos protestantes e iniciou a súa propia reforma.
  • 18.
    A LOITA CONTRAOS PROTESTANTES ● En 1542 o Papa creou a Congregación do Santo Oficio ou Inquisición. Tratábase dun tribunal eclesiástico que perseguía a quen se desviaba dos dogmas da Igrexa e castigaba os delitos contra a fe. ● Os sospeitosos de herexía eran sometidos a un auto de fe no que debían renegar das súas crenzas. Os que non o facían eran condenados, nalgúns casos, á fogueira. ● Tamén se creou a Congregación do Índice, que se encargaba de publicar a listaxe de libros contrarios á doutrina católica, e cuxa lectura lles estaba prohibida aos crentes.
  • 19.
    O CONCILIO DETRENTO ● A Contrarreforma foi un movemento de renovación da Igrexa católica co obxectivo de corrixir os propios erros e defender os dogmas da fe católica. ● No Concilio de Trento (1545 e 1563) reafirmáronse os principais dogmas da doutrina católica. – A fe era importante, pero que a salvación debía conseguirse tamén mediante as boas obras. – Reafirmou os sete sacramentos, o carácter sagrado da misa e o culto á Virxe e aos santos. – A Vulgata, a Biblia en latín, foi declarada a única interpretación válida das Sagradas Escrituras. ● Vontade de reformar a administración e a disciplina eclesiásticas. Medidas: – Prohibiuse a venda de indulxencias. – Creáronse seminarios para garantir a axeitada formación do clero. – Instouse ao clero a levar unha vida exemplar e a gardar o celibato. ● A necesidade de instruír á infancia na correcta doutrina implicou a publicación do catecismo, que recompila as crenzas fundamentais da Igrexa.
  • 20.
    A DIFUSIÓN DACONTRARREFORMA ● Para difundir o novo espírito relixioso, iniciouse a reforma de numerosas ordes relixiosas: A reforma dos franciscanos deu lugar á Orde dos Capuchinos, e Santa Teresa de Xesús renovou a orde do Carmelo. ● Creación de novas ordes como a Compañía de Xesús, fundada por Santo Ignacio de Loyola en 1540 que destacou polo seu labor educativo e misioneiro.
  • 21.
  • 22.
    5 O ESPÍRITO DO RENACEMENTO. A ARQUITECTURA Renacemento: foi unha nova concepción artística que se iniciou en Italia no século XV (Quattrocento) e acadou a súa plenitude no século XVI (Cinquecento).
  • 23.
    UNHA NOVA CONCEPCIÓNDO ARTE ● Os artistas inspiráronse na Antigüidade e recuperaron as regras da arte clásica. ● Quixeron plasmar nas súas obras a beleza ideal. ● Consideraron o ser humano como a obra máis perfecta de Deus e preocupáronse polo estudo da natureza e mais pola anatomía humana. ● A arte secularizouse e abriuse a novos temas profanos e mitolóxicos. ● Os artistas deixaron de ser anónimos e empezaron a gozar de prestixio e recoñecemento social. Cánon renacentista Leonardo da Vinci
  • 24.
    A ARQUITECTURA ● Os arquitectos inspiráronse nos modelos grecorromanos: – Usáronse columnas e pilastras coas ordes gregas (dórica, xónica e corintia) e romanas (toscana e composta) – Arcos de medio punto, frontóns, cornixas e cúpulas. – As igrexas recuperaron a planta centralizada (cruz grega ou circular), aínda que se continuou a utilizar a planta de cruz latina con tres naves. ● Os principais arquitectos do Quattrocento foron Filippo Brunelleschi e Leon Battista Alberti. ● No Cinquecento, os edificios acadaron unha maior monumentalidade e robustez. O mellor exemplo é a basílica de San Pedro do Vaticano, na que interviñeron Donato Bramante e, máis tarde, Michelangelo, quen construíu a gran cúpula.
  • 25.
    QUATTROCENTO BRUNELLESCHI SantaMaría dei Fiore - Florencia Igrexa de San Lourenzo - Florencia
  • 26.
    QUATTROCENTO ALBERTI Santa MaríaNovella - Florencia Palacio Rucellai - Florencia
  • 27.
    CINQUECENTO BRAMANTE San Pietro in Montorio - Roma
  • 28.
    MIGUEL ANXO CINQUECENTO Basílica de San Pedro - Roma
  • 29.
  • 30.
    6 A ESCULTURA EA PINTURA ITALIANAS
  • 31.
    A ESCULTURA ● Os escultores interesáronse por representar o corpo humano seguindo os modelos da antigüidade grecorromana. Por iso aos temas bíblicos engadíronselle os mitolóxicos. ● Entre os materiais utilizados salientan o mármore e mais o bronce. ● Os escultores máis destacados foron Donatello (David) e Lorenzo Ghiberti (Portas do Baptisterio de Florencia). ● No século XVI apréciase un predominio das liñas curvas, reforzando o dinamismo. ● A figura principal foi Michelangelo, en cuxa obra predomina a expresión dos sentimentos. A Piedade, David e Moisés son algunhas das súas esculturas máis destacadas.
  • 32.
    QUATTROCENTO GHIBERTI Portas doParaíso - Florencia
  • 33.
    QUATTROCENTO DONATELLO Condotiero Gattamelata - Padua San Xurxo David - Florencia
  • 34.
  • 35.
    A PINTURA ● A pintura renacentista estivo determinada pola vontade de reproducir a realidade dun xeito fiel. Para isto os pintores utilizaron dous recursos: ● As leis da perspectiva, que permiten crear sensación de profundidade nunha superficie plana. ● Fondos con paisaxes arquitectónicas e naturais. ● As técnicas máis utilizadas foron, nun primeiro momento, o fresco e o tempero e a finais do século XV, a pintura ao óleo que usaba aceites mesturados con pigmentos minerais
  • 36.
    QUATTROCENTO MASACCIO O tributo da moeda A Santísima Trindade
  • 37.
    QUATTROCENTO PIERO DELLA FRANCESCA A flaxelación de Cristo Virxe da Galería Brera
  • 38.
    QUATTROCENTO BOTTICELLI O nacemento de Venus A primavera
  • 39.
    CINQUECENTO LEONARDO DA VINCI:inventor da perspectiva aérea, que utiliza a luz e a cor para amosar a profundidade do espazo, e da técnica do sfumato que, a través dunhas contornas imprecisas, ofrece unha sensación de vaguidade e de distancia. A Derradeira Cea A Gioconda
  • 40.
    CINQUECENTO RAFAEL: gran retratista,destacou polo absoluto dominio do debuxo, da luz e pola elegancia e harmonía das súas composicións. . Virxe do xílgaro A Escola de Atenas
  • 41.
    CINQUECENTO MIGUEL ANXO: presentaun gran coñecemento dos volumes do corpo humano e dos xestos con que se expresan os sentimentos. O mellor exemplo son os frescos da Capela Sixtina do Vaticano. Xesús e María Xuizo final
  • 42.
    CINQUECENTO MIGUEL ANXO Bóveda da Capela Sixtina
  • 43.
    CINQUECENTO MIGUEL ANXO Creación de Adán Expulsión do Paraíso
  • 44.
    CINQUECENTO TIZIANO Amor sacro e amor profano Danae recibindo a chuvia de ouro
  • 45.
    CINQUECENTO GIORGIONE A Venus dormida A tempestade
  • 46.
    7 A DIFUSIÓN DORENACEMENTO EN EUROPA
  • 47.
    DIFUSIÓN DO RENACEMENTOEN EUROPA ● A influencia do Renacemento italiano noutros países de Europa non se deixou sentir plenamente ata o século XVI. ● En Flandres, esta influencia foi escasa, pois a súa escola pictórica posuía unha marcada personalidade. Os artistas desenvolveron un estilo propio, con gusto polo detalle, polo realismo e polos retratos, así como o rexeitamento dos temas da Antigüidade clásica. – Destacou Pieter Brueghel o Vello, que xuntou as achegas renacentistas coa tradición flamenga. ● En Francia, a influencia renacentista foi temperá, impulsada sobre todo polo rei Francisco I. Destacaron a arquitectura (castelo de Chambord) e as pinturas decorativas da Escola de Fontainebleau. ● En Alemaña, a Reforma luterana apartou a pintura da temática relixiosa, dando preferencia aos retratos, ás paisaxes e aos temas mitolóxicos. – Alberto Durero introduciu a estética renacentista. Outros pintores foron H. Holbein e L. Cranach o Vello.
  • 48.
    DIFUSIÓN DO RENACEMENTOEN EUROPA Pieter Brueghel o Vello - Flandres Boda campesiña Paisaxe invernal
  • 49.
    DIFUSIÓN DO RENACEMENTOEN EUROPA Alberto Durero - Alemaña Autorretrato Adán e Eva
  • 50.
    DIFUSIÓN DO RENACEMENTOEN EUROPA Holbein - Alemaña Os embaixadores (técnica do anamorfismo)
  • 51.