DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
A CIVILIZACIÓN GREGA
1.- O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
1.1.- O ESPAZO FÍSICO
● As orixes da civilización grega sitúanse ao sur da peninsula dos Balcáns, e axiña se estendeu polas illas
dos mares Exeo e Xónico e as costas de Asia Menor. Todo este territorio recibiría o nome de Hélade.
● Os gregos, influídos pola orografía, organizáronse en pequenas cidades- Estado independentes unhas das
outras chamadas polis, pero compartían unha mesma lingua, relixión, cultura e territorio.
● Os gregos vivían da agricultura, do pastoreo, da pesca e do comercio que desenvolveron ao longo de
todo o Mediterráneo.
● A relixión grega era politeísta. Os deuses habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de
todos eles.
1.2.- A HISTORIA DE GRECIA
● Durante a Idade dos Metais, viviron na península Balcánica varios pobos que se uniron e deron
lugar ás civilizacións prehelénicas:
 A civilización cretense ou minoica desenvolveuse na illa de Creta durante o III milenio a. C. o
seu dominio eran as illas do Exeo.
 A civilización micénica desenvolveuse entre os anos 1600 e 1200 a.C. Foi fundada polos
aqueos, pobos procedentes do norte que dominarían a Grecia continental.
 Época escura. Deuse no territorio grego sobre o 1200 a. C. e estivo protagonizada polos
dorios, uns pobos procedentes do norte que someteron o resto dos habitantes da península do
Peloponeso. Desde este momento ata o século VIII a. C., produciuse unha etapa de decadencia.
● A época arcaica: entre os séculos VIII e VI a. C. Neste período os gregos asentaron as polis e
colonizaron as costas do mar Mediterráneo.
● A época clásica: desde o século V a. C. ata a primeira metade do século IV a. C. Foi a etapa de
maior esplendor de Grecia. Nela destacaron as polis de Atenas e de Esparta.
● A época helenística: desde mediados do século IV ata o século I a. C. Durante este período
apareceu unha das figuras máis relevantes da historia: Alexandre Magno. Do seu magno imperio
xurdiron os reinos helenísticos que, co paso do tempo, serían sometidos polos romanos.
2.- A ÉPOCA ARCAICA (SÉC. VIII – VI a. C.)
2.1.- A FORMACIÓN DAS POLIS
● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes chamadas POLIS e
contaban coas súas leis, moedas, exércitos e gobernos propios.
● As partes máis importantes dunha polis era:
• A Acrópole: situada na zona elevada da cidade, era un lugar de refuxio, onde tamén se construían
os templos.
• A Ágora: unha praza central de grandes dimensións, onde se desenvolvía a vida comercial e
política
1
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
● As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns poucos aristócratas, grandes
propietarios agrícolas que constituían a elite guerreira. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno.
● Na polis de Atenas xurdiu unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA: poder exercido polos
cidadáns, reunidos periodicamente en Asembleas. As reformas de Solón e Clístenes contribuíron á súa
implantación.
2.2.- AS COLONIZACIÓNS GREGAS
● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares
das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras.
● As causas desta emigración foron:
• A escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas,
• A miseria na que vivían moitos campesiños porque en Grecia habitaba moita xente e non había
terras nin alimentos para todos.
• A existencia de escravitude por débedas.
• O espírito comercial e navegante dos gregos que buscaban comerciar cos indíxenas e extraeren
materias primas.
● As zonas máis importantes de colonización foron: a Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia
(sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro.
● Nestas zonas os gregos fundaron colonias, polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE)
aínda que mantiñan con ela relacións comerciais e culturais. Introduciron novos cultivos, uso da moeda,
escritura, etc.
3.- A ÉPOCA CLÁSICA (SÉC. V – IV a. C.)
3.1.- A ATENAS DE PERICLES
● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles, Atenas converteuse na polis hexemónica de Grecia.
● A forma de goberno que se estableceu en Atenas foi a democracia: poder do pobo. As institucións
básicas deste sistema político eran:
• Asemblea ou Ekklesia: reunión de todos os cidadáns de Atenas (), para votar as leis, decidir as
declaracións de guerra e elixir aos maxistrados.
• Consello ou Boulé: 500 cidadáns que tiñan como función supervisar os maxistrados e facer que se
cumprisen as leis.
• Maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os
máis importantes eran os Estrategos: dirixían a política exterior e o exército e os Arcontes:
presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas.
• Tribunais populares de xustiza ou heliea: 6.000 cidadáns.
● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política os cidadáns: todos os homes
libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Formaban parte do exército, eran os
hoplitas.
● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e os escravos., polo
tanto non se consideraban cidadáns.
2
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
3.2.- A OLIGARQUÍA EN ESPARTA
● Era unha sociedade militarista encabezada por unha aristocracia militar, onde había periecos
(homes libres sen dereitos políticos) e ilotas (escravos)
● O goberno consistía nun sistema oligárquico e diárquico: Tiñan á fronte a dous reis, pertencentes
a dúas familias distintas, que exercían poderes militares e relixiosos.
● O resto do goberno estaba composto por:
• O Consello de Anciáns ou Xerusía: Estaba formado por 28 anciáns das familias máis
poderosas e tamén polos dous reis. A súa función era propoñer leis e administrar xustiza,
incluso aos propios reis.
• Os maxistrados ou éforos: Eran 5, encargados de poñer en funcionamento as decisións da
Xerusía, asesorar os reis e manter a orde interna.
• A asemblea ou apella: Estaba formada por homes libres maiores de 30 anos (espartiatas ou
hómoioi). O seu poder era escaso; as súas funcións limitábanse a elixir os éforos e os membros
da Xerusía.
3.2.- ESPLENDOR E DECADENCIA DE ATENAS
● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, producíndose as Guerras
Médicas (492-449 a.C) .
● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e
Salamina ) aos persas que acabarán retirándose.
● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as
cales formaron a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos
persas.
● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro
da Liga de Delos.
● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta
impedíullelo pola forza estalando as Guerras do Peloponeso ( 431 - 404 a.C ). Esparta encabezou unha
coalición de cidades, Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas.
● Estas guerras remataron coa derrota de Atenas e a decadencia das polis gregas.
4.- A GRECIA HELENÍSTICA (SÉC. IV – I a. C.)
● Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado.
● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente
exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C.
● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre Magno sucedeuno no goberno, e conseguiu unificar as
cidades gregas, derrotar aos persas e chegar ata a India, creando un gran Imperio.
● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse o imperio, xurdindo reinos
independentes chamados reinos helenísticos. Os máis importantes foron Exipto, con centro en
Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía. Entre os século II e I a. C. pasaron a depender do Imperio
Romano.
3
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
5.- A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA GREGA
● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é a base da nosa cultura occidental.
● En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a
democracia como forma de goberno.
5.1.- A RELIXIÓN
● A relixión grega era politeísta: os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos e
inmortais: Zeus, Hera, Poseidón, Apolo, Ares, Dionisio,… Existían ademais heroes: fillos de deuses e
mortais.
● As historias dos Deuses denomínase mitoloxía. Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo.
Exemplos: mito do talón de Aquiles ou o mito de Pandora.
● Celebraban moitas cerimonias ou cultos para adorar aos seus deuses:
- Cultos familiares: o pai era quen facía os ritos
- Cultos das cidades: cada cidade tiña as súas cerimonias: en Atenas celebrábanse as Panateneas,
culto á deusa Atenea, no que unha procesión percorría as rúas da cidade.
- Cultos panhelénicos (de todos os gregos): Destacan o Oráculo de Delfos no que unha
sacerdotisa (pitonisa) facía preguntas ao deus Apolo sobre o futuro das persoas; Xogos olímpicos
en honor a Zeus.
5.2.- A CULTURA GREGA
● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos trataron de buscar unha
explicación lóxica da realidade.
● Os grandes filósofos gregos foron Sócrates, Platón e Aristóteles.
● Nas ciencias destacaron: Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina),
Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía)
.● O teatro naceu en Grecia. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia.
– A traxedia, unha peza que ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron Esquilo,
Sófocles e Eurípides.
– A comedia obra divertida cun desenlace feliz. Neste xénero salienta Aristófenes.
6.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA
6.1.- ARQUITECTURA
● Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda.
● A arquitectura grega é arquitrabada ou alintelada: unión de columnas e trabes horizontais.
● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos:
• Dórico: non ten basa e o fuste ten arestas moi marcadas.
• Xónico: ten basa e o seu chapitel está decorado con volutas.
• Corintio: ten basa e o seu chapitel está decorado cunha especie de follas de acanto.
● Os templos constaban de tres partes fundamentais:
• Naos: sala principal e central onde se resgardaba a estatua da divindade.
4
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
• Pronaos: vestíbulo dun templo.
• Opistodomo: lugar no que se depositaban as ofrendas realizadas polos fieis.
● Os edificios máis representativos foron os templos como o Partenón de Atenas e os teatros como o
Teatro de Epidauro.
6.2.- ESCULTURA
● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con vivas cores.
● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento.
● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a súa
representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo: o canon.
● Tres etapas:
• Época arcaica: Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas
ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en posición frontal,
cos brazos pegados ao corpo e rostro inexpresivo. Koré do peplos; Kourós de Anavyssos; Cleobis
e Bitón; Dama de Auxerre.
• Época clásica: Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de
maneira proporcionada (canon) e darlle movemento. Escultores destacados: Mirón (Discóbolo),
Fidias, Polícleto (Doríforo), Praxíteles (Hermes con Dionisos) e Lisipo (Apoxiómeno).
• Época helenística: Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista,
xa que se buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...).. Gálata moribundo;
Laoconte e os seus fillos; Venus de Milo.
6.3.- A PINTURA
● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas imaxes
proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida dos gregos.
● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas sobre fondo
negro.
5
1º ESO

A civilización grega (1º ESO)

  • 1.
    DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍAE HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA A CIVILIZACIÓN GREGA 1.- O NACEMENTO DO MUNDO GREGO 1.1.- O ESPAZO FÍSICO ● As orixes da civilización grega sitúanse ao sur da peninsula dos Balcáns, e axiña se estendeu polas illas dos mares Exeo e Xónico e as costas de Asia Menor. Todo este territorio recibiría o nome de Hélade. ● Os gregos, influídos pola orografía, organizáronse en pequenas cidades- Estado independentes unhas das outras chamadas polis, pero compartían unha mesma lingua, relixión, cultura e territorio. ● Os gregos vivían da agricultura, do pastoreo, da pesca e do comercio que desenvolveron ao longo de todo o Mediterráneo. ● A relixión grega era politeísta. Os deuses habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de todos eles. 1.2.- A HISTORIA DE GRECIA ● Durante a Idade dos Metais, viviron na península Balcánica varios pobos que se uniron e deron lugar ás civilizacións prehelénicas:  A civilización cretense ou minoica desenvolveuse na illa de Creta durante o III milenio a. C. o seu dominio eran as illas do Exeo.  A civilización micénica desenvolveuse entre os anos 1600 e 1200 a.C. Foi fundada polos aqueos, pobos procedentes do norte que dominarían a Grecia continental.  Época escura. Deuse no territorio grego sobre o 1200 a. C. e estivo protagonizada polos dorios, uns pobos procedentes do norte que someteron o resto dos habitantes da península do Peloponeso. Desde este momento ata o século VIII a. C., produciuse unha etapa de decadencia. ● A época arcaica: entre os séculos VIII e VI a. C. Neste período os gregos asentaron as polis e colonizaron as costas do mar Mediterráneo. ● A época clásica: desde o século V a. C. ata a primeira metade do século IV a. C. Foi a etapa de maior esplendor de Grecia. Nela destacaron as polis de Atenas e de Esparta. ● A época helenística: desde mediados do século IV ata o século I a. C. Durante este período apareceu unha das figuras máis relevantes da historia: Alexandre Magno. Do seu magno imperio xurdiron os reinos helenísticos que, co paso do tempo, serían sometidos polos romanos. 2.- A ÉPOCA ARCAICA (SÉC. VIII – VI a. C.) 2.1.- A FORMACIÓN DAS POLIS ● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes chamadas POLIS e contaban coas súas leis, moedas, exércitos e gobernos propios. ● As partes máis importantes dunha polis era: • A Acrópole: situada na zona elevada da cidade, era un lugar de refuxio, onde tamén se construían os templos. • A Ágora: unha praza central de grandes dimensións, onde se desenvolvía a vida comercial e política 1 1º ESO
  • 2.
    DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍAE HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ● As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns poucos aristócratas, grandes propietarios agrícolas que constituían a elite guerreira. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno. ● Na polis de Atenas xurdiu unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA: poder exercido polos cidadáns, reunidos periodicamente en Asembleas. As reformas de Solón e Clístenes contribuíron á súa implantación. 2.2.- AS COLONIZACIÓNS GREGAS ● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras. ● As causas desta emigración foron: • A escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas, • A miseria na que vivían moitos campesiños porque en Grecia habitaba moita xente e non había terras nin alimentos para todos. • A existencia de escravitude por débedas. • O espírito comercial e navegante dos gregos que buscaban comerciar cos indíxenas e extraeren materias primas. ● As zonas máis importantes de colonización foron: a Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia (sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro. ● Nestas zonas os gregos fundaron colonias, polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE) aínda que mantiñan con ela relacións comerciais e culturais. Introduciron novos cultivos, uso da moeda, escritura, etc. 3.- A ÉPOCA CLÁSICA (SÉC. V – IV a. C.) 3.1.- A ATENAS DE PERICLES ● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles, Atenas converteuse na polis hexemónica de Grecia. ● A forma de goberno que se estableceu en Atenas foi a democracia: poder do pobo. As institucións básicas deste sistema político eran: • Asemblea ou Ekklesia: reunión de todos os cidadáns de Atenas (), para votar as leis, decidir as declaracións de guerra e elixir aos maxistrados. • Consello ou Boulé: 500 cidadáns que tiñan como función supervisar os maxistrados e facer que se cumprisen as leis. • Maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importantes eran os Estrategos: dirixían a política exterior e o exército e os Arcontes: presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas. • Tribunais populares de xustiza ou heliea: 6.000 cidadáns. ● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política os cidadáns: todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Formaban parte do exército, eran os hoplitas. ● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e os escravos., polo tanto non se consideraban cidadáns. 2 1º ESO
  • 3.
    DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍAE HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 3.2.- A OLIGARQUÍA EN ESPARTA ● Era unha sociedade militarista encabezada por unha aristocracia militar, onde había periecos (homes libres sen dereitos políticos) e ilotas (escravos) ● O goberno consistía nun sistema oligárquico e diárquico: Tiñan á fronte a dous reis, pertencentes a dúas familias distintas, que exercían poderes militares e relixiosos. ● O resto do goberno estaba composto por: • O Consello de Anciáns ou Xerusía: Estaba formado por 28 anciáns das familias máis poderosas e tamén polos dous reis. A súa función era propoñer leis e administrar xustiza, incluso aos propios reis. • Os maxistrados ou éforos: Eran 5, encargados de poñer en funcionamento as decisións da Xerusía, asesorar os reis e manter a orde interna. • A asemblea ou apella: Estaba formada por homes libres maiores de 30 anos (espartiatas ou hómoioi). O seu poder era escaso; as súas funcións limitábanse a elixir os éforos e os membros da Xerusía. 3.2.- ESPLENDOR E DECADENCIA DE ATENAS ● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, producíndose as Guerras Médicas (492-449 a.C) . ● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e Salamina ) aos persas que acabarán retirándose. ● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as cales formaron a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos persas. ● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro da Liga de Delos. ● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza estalando as Guerras do Peloponeso ( 431 - 404 a.C ). Esparta encabezou unha coalición de cidades, Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas. ● Estas guerras remataron coa derrota de Atenas e a decadencia das polis gregas. 4.- A GRECIA HELENÍSTICA (SÉC. IV – I a. C.) ● Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado. ● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C. ● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre Magno sucedeuno no goberno, e conseguiu unificar as cidades gregas, derrotar aos persas e chegar ata a India, creando un gran Imperio. ● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse o imperio, xurdindo reinos independentes chamados reinos helenísticos. Os máis importantes foron Exipto, con centro en Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía. Entre os século II e I a. C. pasaron a depender do Imperio Romano. 3 1º ESO
  • 4.
    DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍAE HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 5.- A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA GREGA ● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é a base da nosa cultura occidental. ● En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a democracia como forma de goberno. 5.1.- A RELIXIÓN ● A relixión grega era politeísta: os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos e inmortais: Zeus, Hera, Poseidón, Apolo, Ares, Dionisio,… Existían ademais heroes: fillos de deuses e mortais. ● As historias dos Deuses denomínase mitoloxía. Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo. Exemplos: mito do talón de Aquiles ou o mito de Pandora. ● Celebraban moitas cerimonias ou cultos para adorar aos seus deuses: - Cultos familiares: o pai era quen facía os ritos - Cultos das cidades: cada cidade tiña as súas cerimonias: en Atenas celebrábanse as Panateneas, culto á deusa Atenea, no que unha procesión percorría as rúas da cidade. - Cultos panhelénicos (de todos os gregos): Destacan o Oráculo de Delfos no que unha sacerdotisa (pitonisa) facía preguntas ao deus Apolo sobre o futuro das persoas; Xogos olímpicos en honor a Zeus. 5.2.- A CULTURA GREGA ● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos trataron de buscar unha explicación lóxica da realidade. ● Os grandes filósofos gregos foron Sócrates, Platón e Aristóteles. ● Nas ciencias destacaron: Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina), Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía) .● O teatro naceu en Grecia. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia. – A traxedia, unha peza que ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron Esquilo, Sófocles e Eurípides. – A comedia obra divertida cun desenlace feliz. Neste xénero salienta Aristófenes. 6.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA 6.1.- ARQUITECTURA ● Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda. ● A arquitectura grega é arquitrabada ou alintelada: unión de columnas e trabes horizontais. ● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos: • Dórico: non ten basa e o fuste ten arestas moi marcadas. • Xónico: ten basa e o seu chapitel está decorado con volutas. • Corintio: ten basa e o seu chapitel está decorado cunha especie de follas de acanto. ● Os templos constaban de tres partes fundamentais: • Naos: sala principal e central onde se resgardaba a estatua da divindade. 4 1º ESO
  • 5.
    DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍAE HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA • Pronaos: vestíbulo dun templo. • Opistodomo: lugar no que se depositaban as ofrendas realizadas polos fieis. ● Os edificios máis representativos foron os templos como o Partenón de Atenas e os teatros como o Teatro de Epidauro. 6.2.- ESCULTURA ● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con vivas cores. ● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento. ● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo: o canon. ● Tres etapas: • Época arcaica: Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en posición frontal, cos brazos pegados ao corpo e rostro inexpresivo. Koré do peplos; Kourós de Anavyssos; Cleobis e Bitón; Dama de Auxerre. • Época clásica: Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de maneira proporcionada (canon) e darlle movemento. Escultores destacados: Mirón (Discóbolo), Fidias, Polícleto (Doríforo), Praxíteles (Hermes con Dionisos) e Lisipo (Apoxiómeno). • Época helenística: Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista, xa que se buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...).. Gálata moribundo; Laoconte e os seus fillos; Venus de Milo. 6.3.- A PINTURA ● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas imaxes proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida dos gregos. ● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas sobre fondo negro. 5 1º ESO