INTRODUCIÓN
● O Islamé unha relixión monoteísta, que cre
nun Deus único (Alá). Segundo os seus
seguidores, foi transmitida a través dun
profeta chamado Mahoma.
● A nova relixión foi predicada por Mahoma na
Arabia do século VII, de onde era orixinario.
Á súa morte, os árabes espallárona por
África, Asia e parte de Europa.
● Os musulmáns iniciaron no ano 711 a
conquista da Península Ibérica na que
permaneceron ata a súa expulsión en 1492.
● O Estado que os musulmáns crearon na
Península Ibérica recibiu o nome de Al-
Andalus e tivo o seu máximo esplendor no
século X, cando se proclamou o Califato de
Córdoba. Nos séculos posteriores, os seus
territorios foron conquistados de xeito
progresivo polos reinos cristiáns
peninsulares.
● A relixiónislámica tivo a súa orixe en Arabia, unha península desértica situada en Oriente
Medio. A maioría dos seus habitantes vivían en tribos preto dos oasis. Eran politeístas e
peregrinaban á Meca, un centro relixioso que acollía a pedra negra da Kaaba.
● Mahoma naceu na Meca no ano 570 e, segundo a tradición, aos 40 anos, o arcanxo Gabriel
anuncioulle que era o novo profeta elixido por Alá (Deus en árabe) para predicar unha nova
relixión: o Islam. As autoridades perseguírono polas súas ideas.
● No ano 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiouse na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou
fuxida, e a súa data marca o comezo da era musulmá. O profeta converteu os habitantes de
Medina e, coa súa axuda, no ano 630, conquistou A Meca. Á súa morte (632), a maioría de
árabes eran musulmáns e a península arábiga unificárase politicamente.
● As verdades que Alá lle revelou a Mahoma foron recollidas e escritas, despois da súa morte, no
Corán, o libro sagrado dos musulmáns.
● Logo da morte do profeta, a comunidade de fieis foi guiada polos califas (sucesor ou
representante en árabe). Os seguidores de Mahoma non aceptaron unanimemente a autoridade
dos primeiros califas e dividíronse en dúas grandes tendencias: Sunismo e Xiismo.
● Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición. Estas normas, conforman
a lei islámica ou sharia.
● Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam: a profesión de fe en Alá
como único Deus, o rezo diario cinco veces ao día, a esmola, o xaxún no mes do Ramadán e
a peregrinación á Meca. Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de
porco.
● O Islam non ten sacerdotes, pero existen directores de oracións (imáns) e intérpretes dos textos
sagrados (ulemas). Os xuíces (cadís) aplican a xustiza seguindo as normas do Corán.
● A expansióndo Islam continuou baixo o goberno dos catro primeiros califas (632-
661) cara a Exipto, Siria e Iraq.
● Despois ocuparon o Norte de África e cruzaron a Península Ibérica (711). Foron
freados no seu avance en Francia, na batalla de Poitiers (732).
● Cara ao leste, ocuparon Irán e Afganistán, e chegaron a Asia central e ao actual
Paquistán.
● Os territorios conquistados quedaron baixo o control dos califas da familia Omeia
de Damasco, que delegaban o seu poder nun visir (primeiro ministro). Cada
provincia estaba gobernada por un emir ou valí. (Califato de Damasco)
● No 750, a familia dos Abasís de Bagdad derrotou aos Omeias e conseguiu o
Califato. (Califato de Bagdad)
● En 1258, o saqueo de Bagdad polos mongois púxolle fin á dinastía abasí.
● En 1453, tras a toma de Constantinopla polos turcos, o Imperio otomán ou turco
exerceu o seu dominio no mundo islámico ata o século XIX.
● Os pobos conquistados (cristiáns e xudeus) podían manter a súa relixión a
cambio do pago dun tributo, pero moitos convertéronse ao Islam, pois os
musulmáns tiñan vantaxes sociais e económicas.
● Os exércitosmusulmáns que invadiron a Península cruzaron o estreito de Xibraltar
no ano 711 iniciaron a conquista do reino visigodo.
● Os visigodos, debilitados polas loitas internas, foron incapaces de detelos. Tras a
batalla de Guadalete, o rei Rodrigo morreu e os seus exércitos dispersáronse.
● Os exércitos musulmáns, con Tariq e Muza ao mando, avanzaron con gran rapidez
e en poucos anos controlaron toda a Península, coa excepción das zonas máis
montañosas ou despoboadas.
● Algúns nobres e cregos hispanovisigodos, xunto cunha pequena parte da
poboación, refuxiáronse na zona asturiana, que permaneceu á marxe da
ocupación.
● A conquista foi rápida (711-718) porque a maioría da poboación hispanovisigoda
apenas se resistiu. A nobreza estableceu pactos cos conquistadores para conservar
as súas terras e o seu poder. Os campesiños pasaron a depender de novos señores.
● O territorio peninsular pasou a chamarse Al-Andalus e converteuse nun Emirato
(provincia) dependente (718-756) do Califato Omeia de Damasco, con capital en
Córdoba. (Emirato de Córdoba)
● Tras a caída dos Omeias de Damasco, o omeia Abd al- Rahman I estableceuse en
Al-Andalus e declarouse emir independente de Bagdad (756-929) (rompe os lazos
políticos), ainda que se mantivo baixo a autoridade relixiosa do califa (de Bagdad).
● O emirAbd al-Rahman III chegou ao poder no ano 912. No ano 929, Abd al-
Rahman III independizouse da autoridade relixiosa de Bagdad e proclamouse califa
de Al-Andalus. Nacía deste xeito o Califato de Córdoba.
● O Califato foi a época de máximo esplendor de Al-Andalus. A isto contribuíron as
vitoriosas expedicións militares contra os reinos cristiáns do Norte que organizou al-
Mansur (Almanzor), a finais do século X.
● Entre o 1031 e o 1238 Al-Andalus fragmentouse en máis de 25 taifas, uns reinos
independentes que tiñan aunha cidade como principal centro económico.
● A fragmentación política debilitou militarmente Al-Andalus. Malia a axuda dos
exércitos musulmáns procedentes do Norte de África (almorábides e almohades),
no século XIII, os reis cristiáns ocuparon case todos os territorios de Al-
Andalus.
● O único territorio andalusí que sobreviviu ao avance dos reinos cristiáns foi o reino
nazarí de Granada. No 1492 foi conquistado polos Reis Católicos.
14.
Califato de Córdobano século X Reinos de taifas no século XI
Reino nazarí de Granada no século XV
● O centroeconómico no mundo musulmán era a cidade. Alí desenvolvíanse:
– A artesanía era unha actividade florecente que poñía á venda os seus produtos
nos zocos.
– O comercio xeraba moita riqueza. Al-Andalus comerciaba con Europa, co Norte
de África e con Oriente.
● A agricultura ocupaba a maior parte da poboación. Os musulmáns introduciron
novas técnicas como o regadío e novos cultivos (o arroz, os cítricos...).
● A sociedade en Al-Andalus:
– A poboación andalusí musulmá formábana:
● Os árabes, que eran a minoría gobernante.
● Os bérberes, chegados do Norte de África, un grupo de extracción humilde.
● Os muladís (a maioría da poboación), que eran os hispanovisigodos
convertidos ao Islam.
– A poboación non musulmá:
● Os mozárabes (hispanovisigodos cristiáns)
● Xudeus.
● Entre osséculos VIII e XII, a civilización islámica destacaba polo seu esplendor,
mentres a Europa feudal padecía empobrecemento económico e cultural.
● Ao compartiren unha lingua común, o árabe, os coñecementos transmitíanse
polos territorios que dominaban.
● Desenvolveron os estudos matemáticos, a medicina, a cirurxía e a astronomía,
así como as ciencias aplicadas: desenvolveron os sistemas hidráulicos e de rego,
a fabricación de porcelanas, papel, perfumes...
● A arte islámica reúne moitas influencias pero tamén mantén uns trazos
homoxéneos, como a importancia das súas artes decorativas con motivos
caligráficos (textos relixiosos con escritura árabe), xeométricos, arabescos e
vexetais., a raíz da prohibición de representar imaxes sagradas.
● En arquitectura destacan edificios como a mesquita, a alcazaba ou os palacios.
Construíanse en ladrillo, utilizando arcos e cúpulas, e unha profusa decoración.