Slideshare is an online community for sharing presentations, documents, and videos. Users can upload PowerPoint, PDFs, and other file formats to share publicly or privately. Uploads can be shared on social media or embedded on external websites. The site allows users to create "slidecast" presentations that combine slides with an audio narration track or embedded YouTube videos.
SlideShare is a Web 2.0 based slide hosting service. Users can upload files privately or publicly in the following file formats: PowerPoint, PDF, Keynote or OpenDocument presentations. Slide decks can then be viewed on the site itself, on hand held devices or embedded on other sites.
2. Al-Andalus
A comezos do século VIII o exército musulmán,
formado por bérberes e dirixido por unha minoría
árabe, se deciden a cruzar o estreito de Xibraltar,
derrotando en batalla o rei visigodo Don Rodrigo,
vendo a débil resistencia que atoparon,
emprenden a conquista da Península. En catro
anos conquistan todo o territorio agás algúns
núcleos na cordilleira Cantábrica e nos Perineos.
3. Emirato
O territorio conquistado chamarase Al-Andalus e pasará
a ser unha provincia do Islam gobernada por un Emir,
dependente dos califas de Damasco, e establécese a
súa capital en Córdoba.
Co cambio de dinastía (Omeias>Abasís) a mediados do
século VIII, o único sobrevivente da dinastía omeia,
fuxiu a Al-Andalus e fíxose co poder establecendo o
Emirato independente (Abd al-Rahmán I).
4. O Califato
Xa no século X Abd al-Rahmán III frea o empuxe dos
reinos cristiáns do norte, e vese lexitimado para
proclamarse califa, nace así o Califato de Córdoba, o
período máis brillante de Al-Andalus. Esta etapa
chega ata a morte de Al-Mansur (Almanzor, gran
xeneral que fixo importantes expedicións e saqueos
contra os reinos cristiáns), trala cal o califato
desintégrase en reinos independentes chamados
Taifas.
5. Taifas
A disgregación favorece o avance dos reinos
cristiáns sobre territorio andalusí, a pesar de
que houbo taifas predominantes e poderosas
que se anexionaron outras menores, a
conquista cristiá non retrocedeu xa, aínda
cando chegaron reforzos dende África
(Almorábides e Almohades). Así no século XIII
so queda unha taifa que resistirá dous séculos
máis (Reino de Granada).
7. A sociedade
Al-Andalus era unha sociedade fundamentalmente urbana, composta por
xente diversa, entre os propios conquistadores había:
● Árabes e sirios: eran poucos pero tiñan altos cargos e as mellores terras.
●
Bérberes: máis numerosos pero discriminados nos beneficios da
conquista.
Entre os Hispanos ou conquistados:
●
Muladís: a maioría da poboación, eran hispanos convertidos ó Islam.
●
Mozárabes: os cristiáns que conservaron a súa relixión.
●
Xudeus.
10. Os Reinos Cristiáns
Algunhas zonas da cornixa cantábrica (Asturias e Cantabria actuais) foron o
único territorio que deixaron os Musulmáns sen conquistar, outros non lle
agradaron como Galicia (clima, humidade,...), e dende estes territorios
levarase a cabo o intento de quitarlle terreo ós invasores (Reconquista). Co
reinado de Alfonso I, os cristiáns logran quitarlle terreo ós musulmáns,
néganse a pagar impostos ó Emirato, e avanzan cara o sur conformando na
zona do río Douro unha terra de ninguén entre as dúas potencias. Máis tarde
o reino astur anexionará Galicia, e seguidamente se descubrirá o sartego do
Apóstolo. Segundo se avanza na conquista e se chega o Douro, a capital do
reino trasládase a León e o reino tamén tomará o nome da capital, así poden
controlar máis as novas terras e o posterior avance. Pero este reino tamén
sufre crises internas, e a finais do século X o Condado de Castela se declara
independente, e posteriormente por vínculos matrimoniais pasa a ser do rei de
Navarra.
11. Na zona dos Perineos os francos detiveron o avance musulmán e para manter a
fronteira crearon a Marca Hispánica, e dividírona en condados, pero a comezos do IX
navarros e aragoneses independizáronse do dominio franco, e xa no século XI no
reinado de Sancho III, únense os reinos de Navarra, Castela e Aragón.
Cara o século XI a situación cambia e coa descomposición de Al-Ándalus en Taifas, os
reinos cristiáns teñen superioridade militar, e os musulmáns estarán obrigados ó pago
de Parias (tributos para comprar a paz). A finais deste século o rei de Castela e León
(xa unidos) consegue conquistar Toledo e levar as fronteiras ata o Texo. Pero a
entrada dos Almorábides frea o avance cristiá.
12. Os territorios que conquistaban os reinos cristiáns, quedaban
baleiros na maior parte dos casos, polo que había que
repoboalos, e para isto o sistema que se usou sobre todo no
Val do Douro, foi a concesión da propiedade da terra (por
parte do rei) ós campesiños que se animaban a cultivala. Así
establécense pequenas comunidades de campesiños libres
(de orixe mozárabe, ou das zonas do norte) que se estruturan
en vilas, e estas se agrupan en concellos. Pero a partir do
século XI, estes campesiños renuncian a súa propiedade en
favor dos nobres para obter protección. No Val do Texo a
repoboación xa foi máis doada, xa que gran parte da
poboación musulmá permaneceu.
13. O Camiño de Santiago
Alfonso II rei de Asturias mandou construír unha igrexa no
lugar onde, segundo a lenda, se atopa a tumba do Apóstolo
Santiago, converténdose así Compostela nun dos
principais centro de peregrinación da cristiandade.
Isto fai que o Camiño de Santiago sexa un elemento que
favorece a unidade dos reinos cristiáns, xa que percorre
todo o norte da Península, e tamén difunde ideas chegadas
do resto do continente europeo (o románico e o gótico por
exemplo).
14. A evolución dos Reinos
Cara ó 1230 tras varias unións e separacións no século anterior, os reinos de Castela e de León quedan
definitivamente unificados, cando Fernando III herda un do pai e outro da nai, nacendo así a Coroa de
Castela. Portugal independizárase no 1128, mentres que Navarra como reino independente queda
encerrado entre Castela e Aragón, o que impide a súa expansión cara o sur (reconquista).
O Reino de Aragón e os condados cataláns se vinculan a causa dunha unión matrimonial, e o fillo de
esta (Alfonso II), será o primeiro rei da Coroa de Aragón.
Nos séculos XII e XIII as coroas de Castela, Aragón e o reino de Portugal, avanzarán dende o seu
territorio caro o sur, so freados polos Almohades, aínda que finalmente un exército conxunto de Castela,
Navarra e Aragón, os derrota na batalla das Navas de Tolosa (1212), conseguindo arrecunchar ós
musulmáns no Reino de Granada. A Coroa de Castela é a que máis territorio peninsular conquista, pero
a de Aragón comeza a expandirse polo Mediterráneo, comezando polas Illas Baleares, logo Sicilia,
Sardeña, chegando ata Grecia e conquistando finalmente o Reino de Nápoles.