A Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiáns
1. A PENÍNSULA IBÉRICA DURANTE A
IDADE MEDIA: OS REINOS CRISTIÁNS
2ºESO (CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA)
SERGIO FOLGUEIRA ARIAS
2. -Caracterízase pola presenza musulmá.
-Os reinos cristiáns que se forman tras a conquista
islámica avanzarán sobre o territorio de Al-Andalus a
partir do século XI.
-Este proceso, que dura até o ano 1492, deuse en
chamar co nome de Reconquista.
-Con todo, non debemos entender a Reconquista como
un proceso lineal, no que os cristiáns avanzaron de xeito
continuo sobre territorio islámico.
-Pola contra, producíronse:
- Avances e retrocesos.
- Épocas de paz e coexistencia.
- Pactos entre musulmáns e cristiáns.
- Alianzas de reis cristiáns cos musulmáns para facer
fronte a outros monarcas cristiáns.
- Expedicións de castigo para conseguir riquezas.
- Pago de parias para evitar ser invadidos.
A IDADE MEDIA NA PENÍNSULA IBÉRICA
3. VISIGODOS
MUSULMÁNS
Cando os musul-
máns chegan á
Península (711),
moitos visigodos
fuxen ás montañas
do norte. Alí apa-
recen os primeiros
núcleos de
resistencia.
4.
5. A resistencia na metade occidental da Península organízase arredor do reino de
Asturias, que ten a súa orixe na resistencia dos pobos da Cordilleira Cantábrica
fronte á inxerencia islámica.
Ten a súa orixe -en gran medida mítica- na batalla de Covadonga (722), que,
malia ter sido mitificada polas fontes cristiás, posibelmente non fora máis que
unha simple escaramuza. O seu primeiro rei foi un aristócrata de orixe incerta
chamado Pelayo.
7. Tras frear a expansión islámica -batalla de Poitiers, 732-, os francos
sentiron a necesidade de protexer a súa fronteira sur. Para iso,
conquistaron unha serie de territorios ao sur dos Pireneos, aos que deron
o nome da Marca Hispánica. Co tempo, coa crise do Imperio Carolinxio,
estes territorios atinxirían a súa independencia.
8. Até o século XI os
reinos cristiáns apenas
avanzan sobre territorio
musulmán. Até ese
momento non se pode
falar de conquista
cristiá, xa que os
únicos territorios cos
que se fan son aqueles
que os musulmáns
abandonaran, como os
situados ao norte do
Douro.
9.
10. A EXPANSIÓN TERRITORIAL DOS SÉCULOS XI E XII
- A “reconquista”
propiamente dita comeza
cando, no ano 1031, se
descompuxo o Califato
de Córdoba.
- Al-Andalus dividiuse en
pequenos reinos de
taifas, que por si sós non
podían facer fronte ás
embestidas cristiás.
- Para evitar ser
atacados tiveron que
pagar aos reinos
cristiáns uns tributos,
denominados parias.
- Cos ingresos das parias, os reinos cristiáns do norte puideron reforzar o seu
poder militar, o que lles permitiu, nun primeiro momento, avanzar ao sur do
Douro.
11. - Durante o último terzo do
século XI e o primeiro do
século XII deuse un dos
maiores saltos da conquista
cristiás. Este avance deuse
en dúas fases.
- A primeira delas foi a
conquista de Toledo (1085)
polo rei Afonso VI de León e
Castela. Esta conquista tivo
unha enorme carga simbólica,
ao tratarse da antiga capital
visigoda.
- A caída de Toledo fixo que
cundira o pánico en Al-
Andalus, e facilitou a chegada
dos guerreiros almorábides.
- O segundo paso foi ca
conquista de Zaragoza
(1118) por Afonso I o Batallador de Aragón.
- Estas conquistas levaron as fronteiras cristiás aos ríos Texo e Ebro. A chegada dos
almohades (1046) freou o avance cristián até 1212.
12. REPOBOACIÓN
Ocupación das terras que se mantiveran deshabitadas ou que os reis
cristiáns lle arrebataran aos musulmáns
PROPIEDADE DO REI
entrega a
Nobres MonxesCampesiños libres
Carta de poboamentoLiberdade persoal
Exención impostos e servizo militar
Permiso de comercio
13.
14. REPOBOACIÓN
LIBRE
REPOBOACIÓN
DOS CONCELLOS
-S. XI no val do Douro e ao
sur dos condados pirenaicos.
-Comunidades de
campesiños libres que
ocupaban pequenas parcelas
de terra.
EVOLUCIÓN:
-A necesidade de defender o
territorio deu poder a nobres
e monxes.
-Moitos campesiños perden
as súas terras e convírtense
en servos.
-S. XII no val do Texo e do Ebro,
moi poboados por musulmáns.
-Existencia de cidades
fronteirizas.
-Os reis outorgan foros nos que
se recoñecen dereitos e
privilexios aos seus habitantes.
15. -Durante a Idade Media coexistiron as
tres grandes culturas e relixións
monoteístas: xudeus, cristiáns e
musulmáns.
-Esta coexistencia foi, normalmente, pacífica.
-Un exemplo desta coexistencia e do intercambio cultural entre
estas comunidades foi a Escola de Tradutores de Toledo.
-A partir do século XIV viviuse un aumento da intolerancia da
maioría cristiá con respecto ás minorías. Isto tivo a súa tradución,
incluso, en episodios de violencia e persecución. Finalmente foron
expulsados.
-A coexistencia destas tres culturas foi un elemento esencial para
a configuración das culturas hispánicas.
A PENÍNSULA IBÉRICA:
ENCONTRO DE CULTURAS
17. SOCIEDADE NOS REINOS CRISTIÁNS
CRISTIÁNS
Poboación
dominante
MUDÉXARES
Musulmáns en
territorio cristián
Nas capitulacións
os reis cristiáns
comprometíanse
a respectalos, pero
moitos emigraron a
territorio musulmán
XUDEUS
Minoría que mantivo
Relacións tensas
Coa maioría cristiá
Expulsados de
España polos Reis
Católicos en 1492
VIVÍAN NA
MEIRANDE PARTE
DA CIDADE
VIVÍAN NA
MOURARÍA
VIVÍAN NA
ALXAMA OU
XUDARÍA
18. XUDEUS
Cristiáns
Causas:
Obriga de saldar débedas
Envexa pola súa situación
económica
Realizaban préstamos con xuros,
mentres que os cristiáns non podían
facelo
Cúlpanos das fames e da peste do
século XIV
Odio á comunidade xudía
Consecuencias:
Asalto ás xudarías
Conversión obrigada ao
cristianismo
Fuxida da Península Ibérica
19. MOURISCOS
Foron os musulmáns convertidos ao cristianismo.
Os mudéxares -musulmáns en terras cristiás- foron
obrigados a converterse ao catolicismo durante o
reinado dos Reis Católicos (1502), e pasaron a
denominarse mouriscos.
Vivían principalmente en Valencia e en Aragón.
No século XVI foron expulsados de España.
Conversión dos mouriscos
Expulsión dos mouriscos no
porto de Denia (Alacante)
23. COROA DE CASTELA: un só reino, coas
mesmas institucións e coa autoridade do
rei indiscutible.
COROA DE ARAGÓN: varios reinos
cun mesmo rei, pero cada un coas
súas institucións.
A ORGANIZACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS A FINAIS DA
IDADE MEDIA