4. 2.1. Os monarcas do século XVI
• Cando falece Isabel I de Castela (a Raíña Católica.
1501) e Fernando de Aragón (1516), os seus
reinos e territorios pasan a ser posesión do seu
neto Carlos I, nacido en Gante (Países Baixos).
• Con Carlos I de España e V de Alemaña, comeza
en España o reinado da dinastía dos Austrias, que
perduraría ata 1700.
• No século XVI a casa de Austria estaría
representada por Carlos I e Felipe II, o seu fillo.
5. • CARLOS I:
– Herdou os
territorios dos seus
avós maternos e
paternos, o que
suporía numerosos
territorios ao norte
de Europa, Italia e
América.
– Ademáis, acadaría
o título de
emperador do
Sacro Imperio
Romano
Xermánico.
6. • FELIPE II:
– Tras a morte do seu pai en 1556, herdaría parte das
posesións do seu pai, sen embargo non herdaría o título
de emperador nin as posesións centroeuropeas.
– Pola súa parte incorporaría aos seus territorios Filipinas e
o Reino de Portugal. Foi tan grande o seu imperio que,
dicíase na súa época que nel “nunca se poñía o sol”.
7. • PUNTOS EN COMÚN DOS DOUS MONARCAS:
– Consolidaron a monarquía autoritaria.
– Enfrontáronse a numerosos conflitos internos e
externos.
– Gobernaron un extenso Imperio, que lles permitiu
impoñer a monarquía hispánica en Europa.
– OS seus reinados coincidiron co chamado Século
de Ouro, etapa de gran prosperidade demográfica
e económica e enorme florecemento da literatura
e a arte.
8. 2.2. A organización da monarquía
• ADMINISTRACIÓN BEN ORGANIZADA:
– Ambos monarcas contaron con secretarios reais,
engargados de estudar os diversos asuntos e asesorar aos
monarcas.
– Consellos: eran os que se encargaban de gobernar
determinados territorios, como o Consello de Castela ou
temas, como o Consello da Inquisición.
• ORGANIZACIÓN TERRITORIAL:
– Tratábase dunha asociación de estados que tiñan como
vínculo común o soberano, pero mantendo as súas propias
institucións, leis e costumes.
– En cada territorio, o monarca estaba representado por un
vicerrei con amplos poderes (como convocar e presidir as
Cortes).
10. 3.1. O reinado de Carlos I (1516-1556)
• CONFLITOS INTERIORES
O comezo do seu reinado non foi doado. Era un príncipe extranxeiro que
fora educado en Gante, un país atrasado socialmente e quixo gobernar ao
modo tradicional daqueles lugares
Ademáis, ao chegar a España reparte os cargos políticos principáis a
extranxeiros que formaban parte da súa corte belga (conselleiros e
eclesiásticos), de entre os cales destaca o bispo Adriano de Utrech (futuro
Papa Adriano VI), en definitiva, un grupo de persoas que descoñecían el
país, a súa lingua e as súas costumes.
Estos factores van a suscitar a oposición das Comunidades de Castela, que
tratarán de apoiarse na súa nai, a herdeira lexítima de Castela.
Este movemento, coñecido como a Rebelión dos Comuneiros de Castela
(1520-21), foi solventado con éxito polo novo monarca que entendeu que
debía estar de acordo cos cidadáns da Coroa de Castela, posto que eran
os seus súbditos máis poderosos e proporcionaban o diñeiros dos seus
impostos e o ouro de América, de tal modo, que en lugar dos seus
conselleiros flamentcos, acabaría poñendo no goberno conselleiros
casteláns.
11.
12. Rebelión das Xermanías (1519-23):
Esta rebelión prodúcese nos Estados da Coroa de Aragón,
de maneira casi paralela á dos Comuneiros de Castela.
Neste caso, tratouse dunha revolta dos artesáns, pequena
burguesía e os campesiños (grupos débiles) contra a
oligarquía cidadá, a nobleza e o alto clero (grupos fortes).
Os rebeldes pedían:
A democratización dos cargos municipais.
Melloras nos arrendamentos campesiños.
Os membros das xermanías pediron axuda ao monarca
para frear os abusos cometidos contra eles, sen
embargo, Carlos I aliouse coa nobreza e os
xermanizados foron derrotados.
14. • CONFLITOS EXTERIORES:
O segundo título que ten Carlos é o de
Emperador, polo que tamén é coñecido como
Carlos V. As circunstancias que se desenvolven en
Europa no momento en que acada o título non
son as máis óptimas, debido a que:
Estamos en plena rebelión contra os protestantes en
Centroeuropa.
Francia pretende dominar Italia (acaba perdendo o
Milanesado).
Cada vez resulta máis amenazadora a expansión
doImperio Otomano (turco) polo Mediterráneo e o sur
de Europa (acaban perdendo Túnez).
15. Guerras contra Francia
As loitas contra Francia tiñan precedentes en
conflitos medievais e incluso foran constantes
dentro da política exterior de Fernando o
Católico. Carlos I herdará estas disputas
contra Francia e incluso pasaralle a testemuña
ao seu fillo Felipe II.
Son moitos os motivos de loita entre ambas
potencias europeas, de feito, os seus motivos
lles conduciron á guerra en catro ocasións.
Algunhas delas son:
A loita polo dominio de diversos reinos e
ducados italianos, como o Milanesado.
A pugna nos territorios de Flandes e Borgoña.
O interese pola hexemonía europea. En época de
Carlos V e incluso na do seu fillo, a superioridade
española non se vai rebater, vai ser no século
XVII cando o Imperio non poida manterse e
cambie ocurso a favor dos franceses.
16. Na primeira guerra contra Francia, Francisco I de Francia e
Carlo V batíronse para acadar o Milanesado. Francia
apoderouse de Milán, pero finalmente sería derrotado e
feito prisioneiro na Batalla de Pavía (1525). Deste modo,
Carlos V apoderaríase do milanesado e Francisco I sería
obligado a renunciar a Flandes e Italia.
17. Nas seguintes, Francisco I buscaría como aliado
principal ao Papa Clemente VII, e incluso a príncipes
alemáns e a destacados membros do Imperio Turco. Na
súa defensa, as tropas de Carlos V levarían a cabo o
Sacco di Roma (Saqueo de Roma) en 1527.
Estes enfrentamentos finalizarían –aínda non
definitivamente- coa Paz de Crépy de 1544.
19. Turquía foise enriquecendo enormemente debido ao monopolio que levaba exercendo un tempo do
mercado das Indias Orientais, por iso é polo que contase con recursos suficientes como para comezar a
expandir o seu territorio por Centroeuropa (os Balcanes, Hungría e Ata Viena) e polo norte de África;
ata, trataba de continuar expandindo o seu dominio ameazando as posesións de Carlos V na zona do
Danubio e o Mediterráneo.
Ademais da súa riqueza económica, este Imperio contaba cun poderoso exército que cosechó
importantes vitorias, como a da Batalla de Mohács. Logo desta contenda, que acabaría coa derrota de
Luís II de Hungría, e tras varios anos de guerra civil, a maior parte de Hungría sería absorbida polo
Imperio Turco. Fernando I, irmán de Carlos V, sería nomeado monarca da parte de Hungría que non
conquistaran os turcos (e de Bohemia). Hungría, deste xeito, pasaría a formar parte da órbita imperial.
Mentres esta era a situación que se vivía no continente, no Mediterráneo occidental, os turcos eran
apoiados polos piratas de Argel, que saqueaban as costas e atacaban ás flotas españolas. O emperador
deixaría de lado este asunto, polo que, si exceptuamos o ataque contra Túnez, sufririamos un
estrepitosos fracaso na conquista de Argel, posto que os ataques dos piratas continuarían.
Expansión do Imperio
Otomano en 1683
Monumento á
Batalla de Mohács
20. A loita contra os protestantes
Ademais da súa loita contra Francia e o perigo
da expansión turca, o terceiro problema
dentro da política imperial de Carlos V foi o
intento de ruptura da unión cristiá entre os
territorios que conformaron o Imperio a causa
dela Reforma Protestante.
21. Como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico,
Carlos V tratou por todos os medios de evitar esta
división entre católicos e protestantes, obrigando aos
príncipes dos territorios que conformaban o Sacro
Imperio a obedecerlle e tratando de que o Papa
convocase un concilio para poder achegar posicións,
pero o Papa dábase conta de que o poder do
emperador en Italia era moi grande e temía que ao
acceder á súa petición discutísese a súa autoridade,
polo que rexeitou a convocatoria.
Vendo que desta forma resultaba imposible, Carlos V
convocou varias dietas entre os representantes do
Imperio precisamente para tratar de aproximar ambas
posturas, e ata tratou de conceder títulos e terras a
algúns príncipes para poder solucionar esta situación,
pero tanto príncipes como nobres negáronse.
Dentro destas dietas destaca a Dieta de Worms (1521)
na que se lle pediu a Lutero que se retractase, pero este
negouse e púxose baixo a protección de Federico de
Sajonia, primeiro príncipe en aceptar as ideas luteranas.
O emperador, como defensor da Igrexa, debía combater
o protestantismo por todos os medios, preservar a
unidade relixiosa e a alianza entre Papado e Imperio. A
partir deste momento comezou a loita entre o
catolicismo e o reformismo/protestantismo.
22. O enfrontamento tivo lugar en
dúas frontes:
A político-militar: Batalla de
Mülhberg (1547).
A eclesiástica: Concilio de Trento
(Italia. 1545-1563).
Na Batalla de Mülhberg Carlos V
venceu sobre os protestantes, sen
embargo non conseguiu a unidade
que desexaba, polo que
finalmente na Paz de Augsburgo
(1555) acabouse recoñecendo a
división relixiosa, permitindo a
cada príncipe católico ou
protestante elixir a súa relixión e
impoñerlla aos seus súbditos.
23. 3.2. O reinado de Felipe II (1556-1598)
• CONFLITOS INTERIORES
– Rebelión contra os mouriscos
nas Alpujarras granadinas. Tivo
lugar debido ás presións que
sufrían para abandonar as súa
relixión e os seus costumes. Tras
dous anos de loita, a rebelión foi
sufocada e a poboación mourisca
expulsada do reino de Granada e
dispersada por Castela.
– Rebelión en Aragón.
Consideraban que o monarca
non respectaba os seus foros ou
dereitos tradicionais. Rematou
sendo sofocada polo rei.
24. • CONFLITOS EXTERIORES
– Os problemas con Francia herdados do seu pai remataron
coa derrota dos franceses da Batalla de San Quintín (1557).
– Con respecto aos turcos, venceunos na Natalla de Lepanto
(1571), grazas a unha alianza naval con Venecia e o Papa.
– O seu apoio á causa católica enfrontouno a unha rebelión
cos Países Baixos do Norte, que adoptaran o
protestantismo e se independizaron de feito en 1579.
Tamén provocou a súa inimizade con Inglaterra, un país
protestante que apoiaba a sublevación dos Países Baixos e
os ataques dos corsarios ao comercio español con América.
Felipe II planeou a invasión británica enviando á Armada
Invencible; pero o seu fracaso, en 1588, supuxo a primeira
gran derrota da monarquía hispánica.
25. As loitas de Felipe II contra Francia
• Baixo o reinado de Felipe II, a
inimizade con Francia continuou,
aínda que baixo outro escenario. O
primeiro episodio bélico de
renombre foi a Batalla de San
Quintín (Parides) de 1557, na que os
terzos españois vencerían e de cuxa
celebración nacería o Monasterio do
Escorial.
• Este primeiro enfrontamento sería
sufocado coa firma da Paz de
Cateau-Cambrésis de 1559, que
reafirmaría a hegemonía de España
en Europa e valeríalle a España a
anexión dalgúns territorios. Con
todo, as disputas con Francia non
cesarían e, malia diversas ?paces?
intermedias, reiniciaríanse na Guerra
dos Trinta Anos.
26. A Batalla de Lepanto
• A Batalla de Lepanto, en palabras de Miguel de
Cervantes «a máis alta ocasión que viron os
séculos», foi un combate naval de capital
importancia que tivo lugar o 7 de outubro de
1571 no golfo de Lepanto, situado entre o
Peloponeso e Epiro, na Grecia continental.
• Enfrontáronse nela os turcos otománs contra
unha coalición cristiá, chamada Liga Santa,
formada por España, Venecia, Génova e a
Santa Sé. Os cristiáns resultaron vencedores,
salvándose só 30 galeras turcas. Freouse así o
expansionismo turco polo Mediterráneo
occidental. Malia a determinante participación
dos estados italianos, a vitoria pódese
considerar española dado que o verdadeiro
combate sostivérono os terzos embarcados.
• Nesta batalla participou Miguel de Cervantes,
que resultou ferido, sufrindo a perda de
movilidad da súa man esquerda, o que valeu o
sobrenome de «manco de Lepanto».
27. A rebelión dos Países Baixos
• A rebelión dos Países Baixos foi o conflito máis rechamante do reinado de
Felipe II, rebelión que originalmente foi provocada polas diferenzas entre
a relixión do soberano e a dalgúns dos seus súbditos nos Países Baixos.
• A relixión que marcaba a ortodoxia española era o catolicismo, mentres
que nos Países Baixos, un grupo de calvinistas trataban de desvincularse
dos parámetros reais.
• Cal foi a resposta de Felipe II? Enviou ás tropas do Duque de Alba a estas
zonas; a súa política era extremadamente dura e baseada en disposicións
moi semellantes ás levadas a cabo pola Santa Inquisición.
• Ante esta situación os Países Baixos subleváronse e trataron de obter o
goberno parlamentario, é dicir, sen dependencia real, situación que
produciu unha longa guerra entre España e estes territorios.
• Os Países Baixos souberon rodearse de bos aliados e contaron coa axuda
dos protestantes alemáns e franceses, todos eles (holandeses, franceses e
alemáns) dirixidos por Guillermo de Orange.
29. • Felipe II trataría de facelos entrar en razón mediante diplomacia, política
que non daría os seus froitos; ademais, as tropas españolas, cansas e sen
cobrar salario algún, non demostraban ningún interese na loita armada
contra os Países Baixos.
• A situación era difícil, con todo, o gobernador español Alejandro Farnesio,
conseguiu que as provincias do Sur dos Países Baixos continuasen baixo
dominio español, mentres que no norte nacería a República das Sete
Provincias Unidas. Estas tratarían de proclamar a súa independencia, con
todo, a monarquía tardaría un tempo en recoñecela.
• Esta división en provincias do sur e do norte, así como a dependencia do
sur á Coroa Española e a creación das Sete Provincias Unidas do Norte
asinouse na Unión de Arras ou Unión de Utrech, no ano 1579.
• Esta firma non supuxo o fin da guerra senón que, por unha banda, se
fomentó nas provincias do norte un sentimento nacional e un crecente
odio aos españois e, doutra banda, a guerra acabou xeneralizándose, e
levou á loita española non só cos pobos do norte, senón tamén con
Francia e Inglaterra.
30.
31. La disputa
con Inglaterra
• Inglaterra contaba cunha importante
expansión marítima que chocaba co
poder territorial do Imperio Español.
Ambas potencias anhelaban o
Atlántico, fundamentalmente polos
beneficios económicos que reportaba
o Continente Americano.
• En época de Carlos V non houbo
problemas graves entre ambas
potencias e o que é máis, a diplomacia
de Carlos V favoreceu o matrimonio
entre Felipe II e María Tudor, herdeira
de Enrique VIII. O matrimonio non
tivo descendencia, María foi
repudiada e o trono de Inglaterra
pasaría á medio irmán de María, a
raíña Isabel I, partidaria acérrima da
Reforma Protestante.
32. • Isabel I cada vez máis
interesada no comercio
Americano, lanzaba
continuos ataques de
piratería (Hawkins,
Drake) ás escuadras
españolas, con todo, o
desencadenante da
loita entre ambos
países foi a táctica de
Isabel I ao aliarse cos
Países Baixos e
axudarlles no seu
rebelión para poder,
así, reducir a
territorialidad e o poder
de Felipe II.
33. • Como respondeu Felipe II? Formando a
coñecida “Grande e Felicísima
Armada” ou Armada Invencible; En
1588 partiu cara a Flandes co propósito
de recoller máis tropas para invadir
Inglaterra e así frear a súa política
expansionista.
• A pesar do poderío marítimo español, a
escuadra española non tivo nada que
facer na loita contra Inglaterra, xa fose
na loita contra os barcos ingleses, xa
fose polos temporais que axexaron o
Mar do Norte.
• Coa chegada ao trono dos Estuardo, as
hostilidades diminuirían e ata España
continuaría mantendo -aínda que por
pouco tempo: Batalla das Dunas, 1639-
a supremacía nos mares.