Espazo que abrangue a costa desde a punta do Penedo do Corvo, ao leste, ata punta Corbeira (no inicio da praia de Lóngara), ao oeste, e un tramo do curso baixo do Regueiro da Barranca que desemboca na praia de Arealonga (concellos de Ribadeo e Barreiros).
É unha área costeira na que alternan cantís, cabos, illotes e praias (Arealonga, Reinante, As Catedrais, O Esteiro, Marbadas, Cabalar e Os Castros) dun grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico
O maior interese do espazo reside nos cantís traballados polo mar nos xistos e areiscas da rasa de Ribadeo. A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares.