NOIA
A costa
O concello de Noia está
situado no fondo da ría de
Muros e Noia, entre a
desembocadura do Tambre e
a Punta do Cabalo Baixo.
Ten unha costa baixa e
protexida, onde alternan
rochedos con areais e
esteiros dunha grande
riqueza biolóxica que da
lugar a importantes bancos
marisqueiros.
Noia acolle un importante patrimonio natural (en especial o río Tambre e os areais)
e cultural (en especial na vila de Noia).
PROTECCIÓNS
-LIC “Esteiro do Tambre”
A RÍA DE MUROS E NOIA ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur,
orientada seguindo unha fractura con orientación SO-NO. Ten 18 km de lonxitude e unha
superficie de 125 km2. Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan
extensos areais e zonas lamacentas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a
ricos bancos marisqueiros.
Vista desde o monte de San Lois cara ao exterior da ría
Vista desde o monte de San Lois cara ao interior da ría
Vista da ría de Muros e Noia desde o monte Culou
Monte San Lois, un espléndido miradoiro sobre Noia e a ría. Pódese facer a subida a pé
desde distintos puntos ou en coche por Taramancos.
Monte San Lois
Monte San Lois, un espléndido miradoiro sobre Noia e a ría. Pódese facer a subida a pé
desde distintos puntos ou en coche por Taramancos.
1-Praia Boa Grande
2-Punta Redondelo Vista aérea do litoral de Noia coa Praia de Boa
Grande e a punta Redondelo no primeiro plano
3-Praia Boa Pequena 4-Punta Mexilloiro
6-Viñas Novas
7- Praia do Testal, de 1850 m de lonxitude.
Un dos mellores bancos marisqueiros da ría de Noia.
Praia do Testal
Praia do Testal
Dunas no Testal
Vista aérea de Noia coa Praia e punta do Testal no primeiro plano
8-Punta do Testal
Marisqueo nos areais do Testal
Porto do Testal
Porto do Testal
9-A Pereira a a punta do Testal
Restos do edifício da fábrica de curtidos de coiro da Chaínza, documentada no ano 1700. No século XIX foi
un complexo industrial que funcionaba tamén como serradoiro e ebanistería. Tiña un peirao proprio “O
Peirao das Señoritas”
No lugar, nun pequeno barrio histórico, consérvanse tamén parte do Camiño Real e unha ponte medieval,
un lavadoiro e unha fonte rehabilitadas no ano 2011.
Rego de Vilaboa, cun muíño
e una ponte medieval.
Río Tállara en Noia
RÍO TÁLLARA: nace na serra do Barbanza en Moimenta (Boiro), percorre terreos de
Lousame e Noia e desemboca en Noia preto do esteiro do Traba.
Esteiro do Tállara
Río Traba en Noia
O RÍO TRABA está formado pola unión dos ríos Soñora ou Vilacova, que nace no Monte da
Muralla e o San Xusto que nace no monte Cortoio. Desemboca en Noia, no fondo da ría.
Recibe pola esquerda o Pesqueira.
Río Traba
11-NOIA, no fondo da Ría, no esteiro que forman os ríos Traba e Tállara.
Vista de Noia desde O Tremuzo
Vista aérea de Noia (ao fondo a serra da Barbanza)
Vista aérea de Noia
Vista aérea de Noia
NOIA. Unha antiga vila mariñeira que conserva
un fermoso casco histórico, declarado
Conxunto Histórico Artístico en 1981, e acolle
importantes restos arqueolóxicos e boas
representacións da arte románica e gótica.
Fiestra e Cruceiro góticos na praza do Tapal
Igrexa de Santa María a Nova, de estilo gótico mariñeiro, construída en 1327 sobre outra do século XII.
Conserva unha mostra de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ao XIX. Foi declarada
monumento histórico artístico en 1973. Actualmente está dedicada a Museo.
Igrexa de San Martiño, de estilo oxival, do século XV.
Paseo pola beira do litoral de Noia
13-A Barquiña 14-Punta da Barquiña
15-Punta Paralada 16-A Saíña
Punta Paralada
Punta Peón
17-Esteiro do Tambre
18-Ponte Nafonso, entre Noia e Outes. Ponte medieval reformada en varias ocasións.
Conserva vinte arcos dos vinte e sete que tivo orixinalmente.
Ponte Nafonso
VALOR XEOLÓXICO
No litoral de Noia atopamos unha boa variedade de rochas (xistos, granitos, gneis...) e
unha ampla zona sedimentaria ocupada por areais e lameiros.
MAPA LITOLÓXICO
Granitos na punta Paralada
Marea Baixa en Noia
Sistema dunar da praia do Testal (vista desde o monte de San Lois)
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM046. Ría de Muros-Noia (pendente de descrición e
delimitación definitiva).
No litoral da ría combínanse cantís, plataformas litorais, praias-barreira, lagoas, esteiros...
Destaca a importancia das paleoformas que aparecen debido ao retroceso dos depósitos
sedimentarios (paleoacantís rochosos, furnas...).
Interese principal: xeomorfológico.
Praia do Testal
VALOR BIOLÓXICO
No litoral de Noia dominan os lameiros e areais cunha gran diversidade de flora e fauna
terrestre e mariña.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis
comúns nas rochas das áreas abrigadas.
Soportan ben a desecación e serven de
acobillo a pequenos animais...
Nas rochas do litoral e nos fondos mariños hai unha grande variedade
de algas e algunha planta vascular (seba...)
Seba (Nanozostera noltii)
Vexetación no esteiro do Tambre
Carrizos (Phragmites communis)
Spartina maritima
Halimione portulacoides
Vexetación de dunas e esteiro na praia do Testal
Feos (Ammophila arenaria) suxeitando as dunas. Unha planta perfectamente adaptada á vida
nos areas, con longos e profundos talos subterráneos que deteñen a area que arrastra o vento
e contribúen a formar e fixar as dunas.
Os fondos mariños da ría, dos esteiros e marismas son un hábitat excelente para multitude
de invertebrados e para a cría de peixes. Nesta zona concéntranse numerosas aves
acuáticas, especialmente nos pasos invernais. As aves sedentarias máis comúns son a pita
de auga, o somorgullo pequeno e o lavanco real.
Cagón, cagulo, bichoca
(Arenicola marina)
Miñoca de tubo
(Diopatra neapolitana)
Galiñola negra (Fulica atra). É común en lagoas, encoros e ata en ríos de corrente lenta.
Construé un curioso niño que aboia ancorado na vexetación.
Parella de Lavancos (Anas platyrhynchos)
Garza real (Ardea cinerea)
Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
Gabitas (Haematophus ostralegus) e gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)
Gaivota escura, maroto ou papón (Larus fuscus)
Berberechos (Cerastoderma edule). Os areais do fondo da ría de Noia son importantes bancos
marisqueiros nos que destaca, sobre todo, a produción de berberechos
Piñeiro manso de 5,8 m de perímetro nas Viñas Novas
LIC “Esteiro do Tambre”
Ocupa o fondo da ría de
Muros e Noia e o tramo baixo
do río Tambre.
CONCELLOS:
Brión, Negreira, Noia, Outes,
Porto do Son.
VALORES NATURAIS:
marismas, esteiro, praias,
flora e fauna
USOS/APROVEITAMENTO
-Pesca, marisqueo e acuicultura
-Turismo, lecer e deportes
-Industrias
Porto do Testal. Embarcacións e artes (raños) de marisqueo a flote
Marisqueo a pé
Porto do Testal
Lonxa do Testal
Lonxa do Testal.
Selección de berberechos, o
marisco máis importante que se
recolle e comercializa en Noia
Moitos puntos da costa de Noia non
teñen acceso doado ao ser un litoral no
que abondan os esteiros e lameiros.
Propoñemos un curto percorrido cun vehículo
que se completa con camiñadas, máis ou
menos longas en función do tempo que se lle
queira dedicar. É importante facer o roteiro
coa marea baixa para ver mellor a costa, en
especial os amplos areais que quedan ao
descuberto co debalo da marea.
PERCORRIDO: 17 km (lineal) + camiñadas
Desde Boa ata a Ponte Nafonso, na
desembocadura do Tambre.
Se dispoñemos de tempo podemos completar
a viaxe subindo ao monte San Lois.
PROBLEMAS/AGRESIÓNS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Adela Leiro, Mon Daporta
marzo 2021

Noia, A Costa

  • 1.
  • 2.
    O concello deNoia está situado no fondo da ría de Muros e Noia, entre a desembocadura do Tambre e a Punta do Cabalo Baixo. Ten unha costa baixa e protexida, onde alternan rochedos con areais e esteiros dunha grande riqueza biolóxica que da lugar a importantes bancos marisqueiros.
  • 3.
    Noia acolle unimportante patrimonio natural (en especial o río Tambre e os areais) e cultural (en especial na vila de Noia).
  • 4.
  • 5.
    A RÍA DEMUROS E NOIA ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, orientada seguindo unha fractura con orientación SO-NO. Ten 18 km de lonxitude e unha superficie de 125 km2. Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan extensos areais e zonas lamacentas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros. Vista desde o monte de San Lois cara ao exterior da ría
  • 6.
    Vista desde omonte de San Lois cara ao interior da ría
  • 7.
    Vista da ríade Muros e Noia desde o monte Culou
  • 8.
    Monte San Lois,un espléndido miradoiro sobre Noia e a ría. Pódese facer a subida a pé desde distintos puntos ou en coche por Taramancos.
  • 9.
  • 10.
    Monte San Lois,un espléndido miradoiro sobre Noia e a ría. Pódese facer a subida a pé desde distintos puntos ou en coche por Taramancos.
  • 11.
  • 12.
    2-Punta Redondelo Vistaaérea do litoral de Noia coa Praia de Boa Grande e a punta Redondelo no primeiro plano
  • 13.
    3-Praia Boa Pequena4-Punta Mexilloiro
  • 14.
  • 15.
    7- Praia doTestal, de 1850 m de lonxitude. Un dos mellores bancos marisqueiros da ría de Noia.
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19.
    Vista aérea deNoia coa Praia e punta do Testal no primeiro plano
  • 20.
  • 21.
  • 22.
  • 23.
  • 24.
    9-A Pereira aa punta do Testal
  • 25.
    Restos do edifícioda fábrica de curtidos de coiro da Chaínza, documentada no ano 1700. No século XIX foi un complexo industrial que funcionaba tamén como serradoiro e ebanistería. Tiña un peirao proprio “O Peirao das Señoritas” No lugar, nun pequeno barrio histórico, consérvanse tamén parte do Camiño Real e unha ponte medieval, un lavadoiro e unha fonte rehabilitadas no ano 2011.
  • 26.
    Rego de Vilaboa,cun muíño e una ponte medieval.
  • 27.
    Río Tállara enNoia RÍO TÁLLARA: nace na serra do Barbanza en Moimenta (Boiro), percorre terreos de Lousame e Noia e desemboca en Noia preto do esteiro do Traba.
  • 28.
  • 29.
    Río Traba enNoia O RÍO TRABA está formado pola unión dos ríos Soñora ou Vilacova, que nace no Monte da Muralla e o San Xusto que nace no monte Cortoio. Desemboca en Noia, no fondo da ría. Recibe pola esquerda o Pesqueira.
  • 30.
  • 31.
    11-NOIA, no fondoda Ría, no esteiro que forman os ríos Traba e Tállara.
  • 32.
    Vista de Noiadesde O Tremuzo
  • 33.
    Vista aérea deNoia (ao fondo a serra da Barbanza)
  • 34.
  • 35.
  • 36.
    NOIA. Unha antigavila mariñeira que conserva un fermoso casco histórico, declarado Conxunto Histórico Artístico en 1981, e acolle importantes restos arqueolóxicos e boas representacións da arte románica e gótica.
  • 37.
    Fiestra e Cruceirogóticos na praza do Tapal
  • 38.
    Igrexa de SantaMaría a Nova, de estilo gótico mariñeiro, construída en 1327 sobre outra do século XII. Conserva unha mostra de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ao XIX. Foi declarada monumento histórico artístico en 1973. Actualmente está dedicada a Museo.
  • 39.
    Igrexa de SanMartiño, de estilo oxival, do século XV.
  • 40.
    Paseo pola beirado litoral de Noia
  • 41.
  • 42.
  • 43.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
    18-Ponte Nafonso, entreNoia e Outes. Ponte medieval reformada en varias ocasións. Conserva vinte arcos dos vinte e sete que tivo orixinalmente.
  • 47.
  • 48.
    VALOR XEOLÓXICO No litoralde Noia atopamos unha boa variedade de rochas (xistos, granitos, gneis...) e unha ampla zona sedimentaria ocupada por areais e lameiros. MAPA LITOLÓXICO
  • 49.
  • 50.
  • 51.
    Sistema dunar dapraia do Testal (vista desde o monte de San Lois)
  • 52.
    LUGAR DE INTERESEXEOLÓXICO GM046. Ría de Muros-Noia (pendente de descrición e delimitación definitiva). No litoral da ría combínanse cantís, plataformas litorais, praias-barreira, lagoas, esteiros... Destaca a importancia das paleoformas que aparecen debido ao retroceso dos depósitos sedimentarios (paleoacantís rochosos, furnas...). Interese principal: xeomorfológico. Praia do Testal
  • 53.
    VALOR BIOLÓXICO No litoralde Noia dominan os lameiros e areais cunha gran diversidade de flora e fauna terrestre e mariña. Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis comúns nas rochas das áreas abrigadas. Soportan ben a desecación e serven de acobillo a pequenos animais... Nas rochas do litoral e nos fondos mariños hai unha grande variedade de algas e algunha planta vascular (seba...)
  • 54.
  • 55.
  • 56.
  • 57.
  • 58.
  • 59.
    Vexetación de dunase esteiro na praia do Testal
  • 60.
    Feos (Ammophila arenaria)suxeitando as dunas. Unha planta perfectamente adaptada á vida nos areas, con longos e profundos talos subterráneos que deteñen a area que arrastra o vento e contribúen a formar e fixar as dunas.
  • 61.
    Os fondos mariñosda ría, dos esteiros e marismas son un hábitat excelente para multitude de invertebrados e para a cría de peixes. Nesta zona concéntranse numerosas aves acuáticas, especialmente nos pasos invernais. As aves sedentarias máis comúns son a pita de auga, o somorgullo pequeno e o lavanco real. Cagón, cagulo, bichoca (Arenicola marina) Miñoca de tubo (Diopatra neapolitana)
  • 62.
    Galiñola negra (Fulicaatra). É común en lagoas, encoros e ata en ríos de corrente lenta. Construé un curioso niño que aboia ancorado na vexetación.
  • 63.
    Parella de Lavancos(Anas platyrhynchos)
  • 64.
    Garza real (Ardeacinerea) Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
  • 65.
    Gabitas (Haematophus ostralegus)e gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)
  • 66.
    Gaivota escura, marotoou papón (Larus fuscus)
  • 67.
    Berberechos (Cerastoderma edule).Os areais do fondo da ría de Noia son importantes bancos marisqueiros nos que destaca, sobre todo, a produción de berberechos
  • 68.
    Piñeiro manso de5,8 m de perímetro nas Viñas Novas
  • 69.
    LIC “Esteiro doTambre” Ocupa o fondo da ría de Muros e Noia e o tramo baixo do río Tambre. CONCELLOS: Brión, Negreira, Noia, Outes, Porto do Son. VALORES NATURAIS: marismas, esteiro, praias, flora e fauna
  • 70.
    USOS/APROVEITAMENTO -Pesca, marisqueo eacuicultura -Turismo, lecer e deportes -Industrias Porto do Testal. Embarcacións e artes (raños) de marisqueo a flote
  • 71.
  • 72.
  • 73.
  • 74.
    Lonxa do Testal. Selecciónde berberechos, o marisco máis importante que se recolle e comercializa en Noia
  • 75.
    Moitos puntos dacosta de Noia non teñen acceso doado ao ser un litoral no que abondan os esteiros e lameiros. Propoñemos un curto percorrido cun vehículo que se completa con camiñadas, máis ou menos longas en función do tempo que se lle queira dedicar. É importante facer o roteiro coa marea baixa para ver mellor a costa, en especial os amplos areais que quedan ao descuberto co debalo da marea. PERCORRIDO: 17 km (lineal) + camiñadas Desde Boa ata a Ponte Nafonso, na desembocadura do Tambre. Se dispoñemos de tempo podemos completar a viaxe subindo ao monte San Lois.
  • 76.
    PROBLEMAS/AGRESIÓNS -Construcións na liñade costa, dragados, recheos -Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies -Especies invasoras -Contaminación
  • 77.
    Adela Leiro, MonDaporta marzo 2021