É unha árboreorixinaria de
Europa e oeste de Asia que pode
acadar ata 30 m de altura, de
forma columnar, coa copa longa
e estreita, algo máis ensanchada
nas femias e nos exemplares
vellos.
4.
En Galiza émáis abundante na zona
oriental, especialmente á beira dos
ríos. Foi introducida desde a Idade
Media e atópase como especie
cultivada ou subespontánea.
Medra moi rápido nos primeiros
anos e gosta de terreos húmidos.
5.
TALO
Toro dereito coasponlas
ascendentes que comezan a saír
desde o pé. A tona é lisa, de cor
gris-castaña nos novos e con
fendas verticas negras a medida
que se fai vello.
6.
FOLLAS
Caedizas, simples, alternas,co
limbo de forma triangular ou ovo-
romboidal, coa punta prolongada
e a beira dentada, de 5 a 9 cm de
lonxitude, de cor verde brillante
polo dereito e máis claras polo
envés. Cando nacen son de cor
verde-amarela nos exemplares
machos e verde-encarnada nos
exemplares femia. No outono
adquiren unha cor amarela viva.
7.
FLORES
Unisexuais, separadas
en distintospés e saen
antes que as follas.
As flores femininas
son amentos de 6 a
7 cm de lonxitude.
As flores masculinas
son amentos 5 cm de
lonxitude, cos
estames vermellos.
8.
FROITOS
Cápsulas de corverde e despois
castaña que se abren na madurez
para liberar unhas sementes
diminutas rodeadas de peliños
brancos. Maduran a finais da
primavera.
A forma longae estreita é a
característica máis destacada
dos chopos da variedade
“Itálica”, coñecida como
chopo lombardo.
12.
Nalgunhas zonas doSil, a Terra Chá e
o Xurés aparece naturalizado o chopo
tremedor (Populus tremula) que se
caracteriza por ter os rabos das follas
aplanados e máis longos.
13.
Pazo de Mariñán(Bergondo)
-26 m de altura e 4,60 m de perímetro.
14.
Xardíns do Campode San Francisco. Noia.
Hai 14 chopos, de ata 26 m de altura,
plantados na segunda metade do século XIX.
USOS
A madeira ébranda e lixeira e utilízase
especialmente para embalaxes, xoguetería
e carpintería lixeira. A tona emprégase en
curtiduría e para facer tintes.
En mediciña popular as infusión das
xemas empréganse contra as afeccións
das vías urinarias, bronquite, artrite,
reumatismo, hemorroides.
Foto de Internet
21.
Os chopos cultívansepolo seu
rápido desenvolvemento.
Tamén se poden plantar como
depuradores dos solos e das
augas residuiais porque
reteñen os metais pesados.
O chopo é a árbore máis produtiva
que existe. Hai variedades que
poden talarse en turnos de 8-10
anos. A especie máis cultivada é o
Populus deltoides e o “chopo
americano” (P. x euramerican),
híbrido deste e do P. canadensis.
22.
Os lamigueiros, tantremelantes sempre,
adormentáronse
dentro da tarde.
Luis Pimentel “Sombra do aire na herba”