Xénero Juniperus
Comprende entre 50 e 67 especies
coñecidas como xenebreiros (os que
teñen sempre follas xuvenís) ou sabinas
(que só teñen follas xuvenís os primeiros
anos). Poden ser árbores de 20 a 30 m de
altura ou arbustos rastreiros, de folla
perenne e xeralmente dioicos, que se
atopan amplamente distribuidos por
todo o hemisferio norte, desde o Ártico
ata África e Asia tropicais e as montañas
de Centroamérica.
As follas poden ser aciculares de ata 2,5
cm de longo, ou escamas de 3 ou 4 mm,
opostas ou verticiladas. Os conos
masculinos son pequenos, ovais e
aparecen nas puntas das ponlas. Os
femininos (gálbulos) son globosos ou
ovoides, sempre carnosos (arcestidas) e
moitas veces olorosos polo que se usan
como aromatizante e como
condimento.
CLASE
pinopsida
ORDE
pinales
FAMILIA
cupresáceas
Xenebreiro
Juniperus communis
Pequena árbore ou arbusto que pode
acadar máis de 10 m de altura.
Hai tres subespecies:
-Juniperus communis
subsp. Communis
Arbusto ou pequena árbore coa copa
cónica estreita. É a subespecie máis
espallada por Europa.
Juniperus communis subsp. alpina
(xenebreiro rastreiro)
Arbusto de zonas alpinas e subalpinas que
se atopa en áreas subárticas e, en altitude,
en áreas temperadas. En Galiza aparece
nos Ancares, Pena Trevinca...
Juniperus communis
subsp. hemisphaerica
Arbusto de 3 ou 4 metros, aínda que
tamén pode ter un porte deitado. Atópase
nas montañas do Mediterráneo.
Xenebreiro
cimbro
Juniperus communis subsp. alpina
enebro
common juniper
genévrier commun
genebreiro, zimbro
Xenebreiros en Pena Trevinca
Xenebreiros no Maluro
Xenebreiros no Mostallar (Os Ancares)
TALO
Toro curto ramificado desde a base coa tona de cor gris que se desprende en
pequenas tiras. A copa é irregular.
FOLLAS
Aciculares e agudas, de 1 a 1,15 cm de lonxitude, dispostas en verticilos alternos
de tres.
FLORES
Os conos masculinos son pequenos, ovais e aparecen nas axilas das follas. Os
conos femininos son globosos, de cor verde azulada e aparecen en grupos de
tres.
CONOS (GÁLBULOS)
Son globosos, carnosos (arcestidas) e olorosos, de cor azul-negra coa pel cerosa.
Xenebreiro común
Juniperus communis subsp. communis
Arbusto ou pequena árbore de copa cónica.
As follas son máis grandes (de 8 a 20 mm de lonxitude), formando un ángulo
máis aberto e cos verticilos máis separados.
Xenebreiro común
Juniperus communis
Pobra de Sanabria.
Xenebreiro común (Juniperus communis)
Serra do Gerês.
Xenebreiro chorón,
xenebreiro do
himalaia
Juniperus recurva
Nativo do Himalaia.
Arbusto ou árbore que pode
acadar os 20 m de altura, coa
copa cónica ou redondeada e
as ponlas novas colgantes.
Xenebreiro do Himalaia
Juniperus recurva
Xardín de Padrón
-0,70 m de perímetro
Sabinas 
Especies de Juniperus que 
cando son adultos teñen as 
follas en forma de escama.
USOS
Os gálbulos empréganse para 
aromatizar xenebra e outros licores, 
para elaborar mollos e como 
condimento.
Uso medicinal: a infusión dos froitos 
ou a decocción das ponlas emprégase 
como diurético, antirreumático, 
carminativo...
Emprégase habitualmente como 
especie ornamental.
MONTAXE: Adela Leiro
 IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
Agosto 2015

Xenebreiro