SlideShare a Scribd company logo
Natureza e Medio Ambiente en Catoira Texto e Fotos: Alicia López Regueiro Montaxe Multimedia: Josep Girona Edita: Concello de Catoira
[object Object],Dando unha volta polas seguintes imaxes, verás cales son as características dos subsistemas ambientais en Catoira. INTRODUCCIÓN
[object Object],XEOSFERA
 
Materiais Sedimentarios Depósitos de fondo de canal (QT) nas Barreiras (Catoira), con estratifica-ción cruzada Conglomerado ferruxinoso na zona das Lombas (Catoira) asociado a materiais QT  Sedimentos típicos de xunqueira (QM), na marxe do río Ulla Depósitos na zona  de praia antiga (Q1P-RL) no límite Abalo.Bamio
Rochas Plutónicas e metamórficas O granito de dúas micas é o material máis abundante en todo o concello, aparecendo nalgúns casos como xabre, e nos outeiros pode aparecer sen cuberta vexetal , e con pías debido ó ataque da auga. Os materiais metamórficos , xistos e gneis da mesma antigüidade ca dos granitos,son moi escasos e atópanse en zonas de difícil localización. Na foto queda ilustrado o aspecto dun gneis glandular. Foto recollida da px. www.monte.upm.es
Os materiais xeolóxicos que aparecen hoxe en  día  en Catoira,  maila característica forma dos vales que quedan enmarcados entre O Xiabre e o Ulla  son froito dunha historia, que  pode  resumirse  do  seguinte xeito: A finais do Paleozoico( fai uns 300 millóns de anos)  tódolos  continentes  que  había  entón,  colisionaron.  Formáronse  grandes montañas  por  pregamento de materiais e sedimentos  do  fondo  do  mar  nos  seus bordes.  Galicia  formaba  parte  dunha especie  de  Himalaia,  con  rochas sedimentarias pregadas na superficie,  e granitos  e rochas  metamórficas nas súas raíces. Durante o Mesozoico (entre 200 e 65 millóns de anos), os continentes separáronse novamente,  quedando Galicia  bañada  polo  Atlántico  e despois  o  Cantábrico.  Os rasgos xerais  do  relevo  quedan  xa perfilados ó final desta era.
No Cenozoico(entre os 65 e 2 millóns de anos ) vaise definindo o perfil das Rías, por mor  da  erosión de sistemas fluviais aproveitando antigas fallas e vales. O Ulla e os seus  afluentes  circulaban  40  metros  máis  alto  que  agora,  deixando  con cada enchente depósitos de “recheo de canal” ás súas beiras. O  Ulla  e  os seus  afluentes escavan  nos seus  antigos vales, quedando abandonados os seus  depósitos, chegándose  á actual situa-ción, represen-tada no  corte xeolóxico da  esquerda. Nos  últimos  200 millóns  de anos do Cenozoico, é dicir, no Cuaternario, o nivel do mar varía por mor das glaciacións, o fondo  da  ría  de Arousa sufre afundimento ,
Os depósitos de As Lombas e Borreiros  son  os  sedimentos aluviais cuaternarios  máis  antigos  do concello, a falta de máis  datos, tamén da comarca. Quedan  xa fora da  acción de calquera dos ríos actuais, pero dannos pistas da historia pasada Así  sabemos  que  por  estes lugares, nalgún tempo circulaban ríos  ricos  en  materiais  grosos, con  barras  de  grava  e area no medio  da  canle  cambiando  de posición en cada enchente. Con  cada  seca, quedaría  unha costra  de  arxilas na  canle abando-nada, de  tal xeito que  cada  nivel de arxilas  marca  un episodio no que a canle  estivo  sen auga , e  foi  logo erosionada  na seguinte enchente.
A  HIDROSFERA A  hidrosfera  comprende todo o  conxunto de augas  superfi-ciais (ríos e regueiros) mailas augas  subterráneas  (acuí-feros).  No  mapa  adxunto representamos as  principais redes  hidrográficas  do concello, que van modelando a superficie. Tamén  queda  sinalada  a posición  dos  manancias máis  importantes,  por onde saen ó exterior as augas  acumuladas nas zonas onde o granito está fracturado.  Ás  veces  na súa viaxe  subterránea  cárganse  de  partículas  minerais, como as  fontes  de  As Torres e Laxiñas,  de augas sulfurosas, indicadas para problemas da pel .
No tocante ás  augas superficiais  , hai que destacar que o propio territorio do concello queda delimitado pola divisoria de augas natural que  son  os cumios  do  Xiabre e Fontebecha. Entre estas zonas altas e  o Ulla flúen  un conxunto de  ríos  de curto precorrido, sendo o principal o río Catoira, de mais lonxitude e maior número de afluentes. No  curso alto,  coa súa erosión, marcan estreitos  vales en V  encaixados nas rochas graní-ticas. No  curso medio  os  ríos modelan vales máis amplos nos que deixan depósitos  en zonas  planas:  As chairas de inundación  , (QI/Qal no mápa xeolóxico).   Estas chairas son mais  exten-sas en Oeste (no curso do Rego de Pozas) e  en  Dimo  e  Catoira  (no curso do río Catoira e algúns afluentes).  En Abalo, os ríos Freixeiro e Souto da Vila non chegan a crear chairas de inundación de superficie comparable.
No  curso baixo ,  a pendente  pola  que  van  estes  ríos  redúcese fortemente. As augas vense freadas ó confluir  coas  do  Ulla e  polo tanto a corrente perde enerxía . Nestas circunstancias deposítanse os  materiais  mais  finos: limos e arxilas  que dan  lugar ás zonas de xunqueira (materiais QM  no mapa xeolóxico).  As  máis  importantes corresponden coa desembocadura do Rego de Pozas e do Río Catoira.
A  BIOSFERA A  Biosfera  comprende a capa de atmosfera, xeosfera e hidrosfera habitada por seres vivos e modificada por eles. Ou dito doutro xeito, sería o conxunto de  ecosistemas  que podemos atopar. No caso de Catoira temos os seguintes: As xunqueiras, os bosques de ribeira, as zonas de monte baixo, e os bosques autóctonos e de replantación. As xunqueiras  que temos en  Catoira  son humedais de  tipo  esteiro  ou  estuario ,  incluidas  na Rede  Natura  2000  e catalogadas  como  LICs ou  Lugares de  Interese Comunitario  dentro  do Sistema  Fluvial  Ulla-Deza, debendo axustarse a  súa  xestión ás  direc-trices europeas  e  auto-nómicas  para  este  tipo  de entidades protexidas.
Estas  zonas  de  “estuario” ca-racterízanse pola mestura das augas doces  do  río  na súa  desembocadura coas  augas salgadas mariñas. A influencia da subidas e baixadas das mareas é forte. O  complexo de  sedimentos  finos  do seu substrato está cargado de bacterias  e outro microorganismos que xogan un papel decisivo  no reciclado  da materia  no ecosis-tema.  Poderíamos  afirmar  que  estas  xun-queiras actúan  como auténticos “riles”,  que depuran as augas. De aí a importancia da súa protección e conservación. Fotos obtidas da px web da Universidade de Florida A vexetación dominante nestes ecosistemas son os xuncos e carrizos, ainda que tamén é posible observar especies como a Cotula coronopifolia  (na foto da esquerda) florecendo nas zonas menos sometidas ás subidas da marea.
Os  bosques de ribeira  forman franxas que bordean os distintos ríos do concello, especialmente no seu curso medio e baixo. A especies típicas é o ameneiro (Alnus glutinosa).  Aparecen tamén manchas de carballo (Quercus robur) e freixos ,o que a veces aparece reflectido na toponimia (caso do río Freixeiro en Abalo). Cabe destacar  a abundancia do fento Osmunda regalis.
Os bosques autóctonos  non pasan de ser pequenas manchas de pouca extensión, asociadas a bosques de ribeira, ou bordeando zonas de cultivo. As poucas carballeiras que quedan están situadas en zonas de uso comunitario, como en San Mamede de Abalo, ou a Carballeira da ermida de San Xibrán (na foto da dereita). As   zonas de mato  ocupan case máis da metade da extensión do concello. Concéntran-se nas áreas de máis pendente e menos profundida-de do solo.  A especie dominante é o toxo (Ulex europaeus e Ulex minor). Nos casos en que o terreo é moi probe poden aparecer intercalacións de carqueixa (Chamaespartium tridentatum).
Os bosques de replantación  forman realmente máis do 80% da masa forestal do concello, dominando o Pinus pinaster (piñeiro do pais) e o Eucaliptus glóbulus , que con frecuencia aparecen en masas mixtas. No estrato arbustivo abundan toxos(Ulex) , xestas e codesos(Sarotamus e Cytisus sp), sendo significativas tamén as carrouchas ou carrascos (dos xéneros Erica, Cayuna e Daboecia, respectivamente).É de destacar igualmente a presencia frecuente de plantas de carballo dominando este estrato, xa que na súa fase xuvenil medran mellor á sombra, competindo con vantaxe frente ós brotes de piñeiro, que precisan de zonas máis abertas. No estrato herbáceo é posible observar especies como a Arenaria sp (na foto da dereita) ou o ouropés (Simethis planifolia), na foto da esquerda.
Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Peixes Salmo salar Salmón Salmón Salmo trutta Reo Trucha asalmonada Pleuronectes platessa Solla Solla/platija Anguilla anguilla Anguila Anguila Petromyzum marinus Lamprea Lamprea Anfibios Salamandra salamandra Sarabanduxa Salamandra común Chioglosa lusitánica Sarabaduxa rabilonga Salamandra rabilarga Triturus boscai Limpafontes Triton ibérico Triturus marmoratus Limpafontes Tritón jaspeado Rana ibérica Rá patilonga Rana patilarga Rana ridibunda Rá verde Rana comun Discoglossus pictus Sapo pintojo Alytes obstetricans Sapo parteiro Sapo partero Bufo bufo Sapo común Sapo común Réptiles Lacerta viridis Lagarto arnal Lagarto verde Lacerta schreiberi Lagarto Lagarto verdinegro Podarcis bocagei Lagarta Lagartija de bocage Anguis fragilis Escáncer Lución Chalcides sp Eslizón tridáctilo Natrix natrix Cobrega /cobra Culebra de collar Natrix maura Cobrega/cobra Culebra viperina Coronella austríaca Cóbrega lisa Culebra lisa europea Coronella giróndica Cobra Culebra lisa meridional Vipera seoanei Vibora de Seonae Víbora de Seonae FAUNA DE VERTEBRADOS (I)
Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Mamíferos Erinaceus europaeus Ourizo cacho Erizo Talpa europaea Toupa Topo Suncus etruscus Muraño Musaraña Ratus ratus Rata Rata Arvícola sp Rato de auga Rata de agua Microtus Rato do campo Ratilla agreste Apodemus silvática Rato do campo Ratón listado Genetta Genetta Xineta Gineta Lutra lutra Lontra Nutria Meles sp Porco teixo Tejón Mustela erminea Armiño Armiño Mustela nivalis Denociña Comadreja Putorious putorius Turón Hurón FAUNA DE VERTEBRADOS (II)
Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Aves Phalacrocórax carvo Corvo mariño Cormorán Ardea  cinerea Garza real Garza real Anas platirhincos Alabanco real Anade  real Accipiter nissus Gabián Gavilan Buteo buteo Miñato Ratonero Falco subbutueo Azo r Azor Falco peregrinus Falcón Halcón Falco tinunculus Falcon pequeno Alcotán Coturnix coturnix Paspallas Codorniz Gallinula chloropus Galiña de río Polla de agua Vanellus vanellus Avefría Avefría Tringa sp Pastoriña Andarríos Larus argentatus Gaivota crara Gaviota argéntea Streptopelia turtur Rula Tórtola Columba palumbus Pombo Paloma torcaz Tyto alba Curuxa Lechuza FAUNA DE VERTEBRADOS (III)
Categoría taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Aves Pica pica Pega rabuda Urraca Hirundo daurica Anduriña Golondrina Fringila coelebs Pinpín Pinzón Passer domesticus Pardal Gorrión Carduelis carduelis Xílgaro Jilguero Alcedo atthis Martiño peixeiro Martín pesacdor Cinclus cinclus Merlo rieiro Mirlo acuático Upupa epops Bubela Abubilla Cuculus canorus Cuco Cuco Erithracus rubecula Paporrubio Petirrojo Corvus corone Corvo Corvo Athene noctua Moucho Mochuelo Picus viridis Peto verdeal Pico real As táboas anteriores están elaboradas a partir de datos do “Proxecto Brañas”,  realizado no ano 1985 pola Sociedade Galega de Historia Natural para os concellos da desembocadura do Ulla. Nelas quedaban reseñadas as especies que, en teoría,  poderíamos atopar  en ecosistemas como as xunqueiras, brañas e bosques lindantes.  Pero hai que ter en conta que toda a zona está intensamente afectada polas actividades humanas, coa conseguinte perda de biodiversidade.
Aínda asi, é posible engadir dúas especies máis a esa lista : O xabarín (Sus scrofa) , mailo esquío (Sciurus vulgaris) que tamén teñen medrado pola influencia humana. Marcas de xabarín despois de comer raíces Piñas rilladas por esquíos e ratos de campo Tampouco hai que esquence-la importancia da fauna de invertebrados. Como mostra, este exemplar de “Papilio machaon”, atopado nas inmediacións da Fonte Gaiteira.
A  EDAFOSFERA O solo  é a capa superficial formada pola alteración da rocha e a interacción dos seres vivos, na que se desenvolve a vida vexetal, a vida animal asociada. A  edafosfera  , ou conxunto dos  solos da zona , é a fronteira e intersección entre tódolos subsistemas ,  xa que entre os seus compoñentes teremos: ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Tal e como se aprecia no mapa anterior, os principais tipos de solos que atoparemos no concello de Catoira serán: Fluvisoles e Gleysoles : Nas zonas de xunqueira, onde son de tipo “tiónico” por teren acumulación de sulfuros.Tamén están na beira dos ríos e teñen capas enchoupadas de auga case todo o ano. Antrosoles : Nome que se lle da ós solos alterados polos seres humanos (por compactación, recheos,etc) para facer construccións enriba (casas, estradas, industrias...). Coinciden coas zonas urbanizadas. Regosoles : Solos máis delgados e menos fértiles ca os cambisoles, en zonas de máis pendente, e normalmente sobre granito alterado. Leptosoles : Teñen un espesor de menos de 25 cm, ou presentan moi alta pedregosidade, pouco espesor do horizonte A (ou capa “abonada”). Estan normalmente nas zonas de cumios. Cambisoles/Umbrisoles : Nas zonas de cultivo ou onde hai pouca pendente e boa vexetación. Teñen unha capa de terra escura abonada (horizonte A) de mais de 25 cm, ou unha capa debaixo desta, chamada horizonte B.
TIPOS DE SOLOS Cambisol /Umbrisol Leptosol Regosol
FACTORES DE FORMACIÓN Rocha, clima,topografía, seres vivos,tempo TIPOS DE SOLOS Cambisoles, regosoles, leptosoles... dan como resultado van determinar USOS DO SOLO Cultivos, pasto,forestal, urbano, protección
A  SOCIOSFERA A  sociosfera  está formada por todo o  conxunto de asentamentos e accións humanas  sobre o entorno. Todas estas accións sempre van encamiñadas a  explotación de recursos naturais.  Na  actualidade en Catoira hai recursos ,como a pesca artesanal, que xa non son relevantes. Ordenación do territorio axuda a xestionar os RECURSOS NATURAIS poden ser RENOVABLES NON RENOVABLES ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],SOLOS DE ORIXE MINERAL ELEMENTOSRADIACTIVOS COMBUSTIBLESFÓSILES ,[object Object],[object Object],METÁLICOS NON METÁLICOS ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
RECURSOS MINERAIS Aínda que hai no concello empresas que traballan con recursos minerais para a fabricación de materiais de construcción, os recursos que as abastecen veñen de fora. Os recursos minerais que foron explotados no concello foron os granitos de dúas micas de Outeiro da Vila, e os sedimentos aluviais de A Balastrera (Borreiros) e As Barreiras, cun uso preferente para áridos. Hoxe estas explotacións están abandonadas, convertidas en lagoas ou aproveitadas para a construcción de instalacións deportivas.
RECURSOS ENERXÉTICOS A excelente orientación dos outeiros da zona cara os ventos dominantes, fixo que a  enerxía eólica  fose aproveitada de xeito tradicional para a moenda de grans de cereal (trigo, millo). Os muíños de vento mellor conservados e nos que se fixeron restauracións nos últimos anos son os de Catoira (Outeiro da Vila) e Abalo (Cores). Pero aínda se conservan  ruínas de antigos muíños en Monte Cabreira (preto do camiño de Vilar) mais en Oeste(nas cercanías de Fonte do Xeixo).
Outra das singularidades é a existencia dun muíño de marea (Muíño do Cura) na desembocadura do río Catoira, no enclave coñecido como O Machón. É dos escasos exemplos de aproveitamento de  enerxía maremotriz  na ría de Arousa. Actualmente está en ruínas, ainda que se acometeron algunhas labores de acondicionamento e limpeza no entorno nos últimos tempos.
A  enerxía hidráulica  tamén foi intensamente aproveitada de xeito tradicional nos diversos ríos do concello: 13 muíños no Río Patiño, 2 no Río Freixeiro, 2 no Rego de Gondomil e 1 no de Pozas, 25 en total no Río Catoira, 17 no Rego de San Xibrán, 1 no rego de Collariñas e 1 no regueiro de Beco. Un total de 62 muíños catalogados, dos que 48 atópanse en estado de abandono. Algúns foron parcialmente restaurados nos últimos anos, pero a meirande parte deles están en ruínas. Na actualidade só 11 funcionan normalmente.
O SOLO COMO RECURSO No mapa, ademáis de representarse a explotación doutros recursos, como muíños e canteiras, quedan recollidos os principais usos do solo: ,[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],En xeral,a especie preferida para as repoboacións en montes veciñais é o Pinus pinaster, por adaptarse mellor ó clima e o solo, dando máis producción e  menos risco de incendio que o eucalipto. Esta última especie aparece en montes privados principalmente, aínda que nos montes da parroquia de Catoira aparecen 3 Ha de eucalipto conservadas de talas anteriores.
O COIDADO DO ENTORNO Unha xestión planificada dos recursos na sociosfera ten que contemplar sempre a corrección de impactos e o coidado do entorno.  Sen dúbida, os desafíos para o futuro serán a total eliminación de puntos de vertido incontrolado de lixo, a protección integral dos enclaves naturais catalogados de interese, e a ampliación e maior acondicionamento das rotas de sendeirismo, que permitan disfrutar e apreciar a riqueza ambiental do Concello de Catoira. Ata o momento, os esforzos feitos neste campo no concello son a canalización e  depuración de augas  residuais, a incorporación á  recollida selectiva de lixo , mailo acondicionamento das primeiras rotas de  sendeirismo  e puntos de  observación de paxaros.
BIBLIOGRAFÍA: Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-8(120)PADRÓN.”  Servicio Geográfico del Ejército  . Madrid.1980. Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-9(152) VILAGARCÍA.”  Servicio Geográfico del Ejército  . Madrid. 1981. Mapa geológico de España.E=1:50.000.Padrón. Hoja Nº 120 . Servicio de Publicaciones del  Ministerio de Industria y Energía.IGME.Madrid.1981. Mapa geológico de España .E=1:50.000. Villagarcía de Arosa . Hoja Nº 152”.  Servicio de publicaciones Ministerio de Industria y Energía.IGME. Madrid.1978 Mapas de suelos, hojas 120 y 152 , escala 1:50.000 . Servicio de publicacións da Coselleria de Medio Ambiente. Santiago 2000 Catálogo dos muíños de auga do Concello de Catoira, característica e estado de  conservación Informe do “Proxecto Brañas” realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural BLAS ARITIO,L (1984):  “Guia de Campo de los mamíferos españoles” .Ed Omega.Barcelona FITZ-PATRICK,E.A.(1984): “ Suelos”.  Ed CECSA. México FONT QUER, P (1982):  “Plantas medicinales ”.Ed Labor.Barcelona MACIAS , F  /CALVO DE ANTA,R  (1992)  : “Tipos de suelo” y “Usos del suelo en Galicia”  Guía de la Naturaleza de Galicia. Fascículo s  nº 1 18 y 19 . Ed. Faro de Vigo. Vigo NONN, H. (1966) : “  Les régions côtiéres de la Galice ( Espagne ).Étude géomorphologique.  Pub. Fac. Lettres. Strasbourg. PANNEKOEK, A.J.(1966) : “ The morfology of the surroundings of the Ría de Arosa (Galicia,NW Spain)  Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 7-32 PANNEKOEK, A.J (1970) :  “ Additional data on the ría area of western Galicia”  Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 185-194 READING, H.G. (1986 e 1996) :  “Sedimentary environments: Processes, facies and stratigraphy” . Blackwell Science.Hd Oxford .Massachusetts.   VARIOS AUTORES (1986) :  “O meio natural galego.Cadernos do Seminario de Sargadelos.Nº 47”.  Edicións do Castro. Sada (A Coruña) VARIOS AUTORES (2002): “Ciencias de la Tierra y medio ambiente” .Editex .Madrid VARIOS AUTORES (2002): “Geología” .Editex .Madrid
AGRADECEMENTOS: FOTOS E ILUSTRACIÓNS: ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Rematado de redactar e montar o 1 de Maio de 2003

More Related Content

What's hot

Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
Agrela Elvixeo
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
monadela
 
O relevo da Península Ibérica
O relevo da Península IbéricaO relevo da Península Ibérica
O relevo da Península Ibérica
profesor historia
 
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de GaliciaClimas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
ccssdidactica ddoval
 
Canon do sil
Canon do silCanon do sil
Canon do siliesasorey
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
xosea
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoasiesasorey
 
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturaisEvolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
Agrela Elvixeo
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
raquel
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
MonContos
 
Auga, VexetacióN E Solos
Auga, VexetacióN E SolosAuga, VexetacióN E Solos
Auga, VexetacióN E SolosAulagalicia Hxg
 
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachcaruncho
 
UNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: HidroloxíaUNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: Hidroloxía
camposseijo
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a secaiesasorey
 
Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Proxecto ríos valiñadares grupo 1Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Unidade 1 Relevo
Unidade 1 RelevoUnidade 1 Relevo
Unidade 1 Relevo
camposseijo
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.XeneralidadesLOPEZMOURENZA
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
monadela
 

What's hot (19)

Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
O relevo da Península Ibérica
O relevo da Península IbéricaO relevo da Península Ibérica
O relevo da Península Ibérica
 
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de GaliciaClimas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
 
Canon do sil
Canon do silCanon do sil
Canon do sil
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
 
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturaisEvolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Auga, VexetacióN E Solos
Auga, VexetacióN E SolosAuga, VexetacióN E Solos
Auga, VexetacióN E Solos
 
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
 
UNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: HidroloxíaUNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: Hidroloxía
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a seca
 
Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Proxecto ríos valiñadares grupo 1Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Proxecto ríos valiñadares grupo 1
 
Unidade 1 Relevo
Unidade 1 RelevoUnidade 1 Relevo
Unidade 1 Relevo
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidades
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 

Similar to 44 2 natureza

Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
tambre
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoasmonadela
 
Valdoviño
ValdoviñoValdoviño
Valdoviñocenlf
 
Presentacion pdf
Presentacion pdfPresentacion pdf
Presentacion pdf
tambre
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
monadela
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérez
monadela
 
Meaño, A Costa
Meaño, A CostaMeaño, A Costa
Meaño, A Costa
MonContos
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Cha
monadela
 
LIC Xuvia-Castro
LIC Xuvia-CastroLIC Xuvia-Castro
LIC Xuvia-Castro
monadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
monadela
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
quiquehs
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
MonContos
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobrado
monadela
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louro
monadela
 
Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A Costa
MonContos
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
monadela
 
Lic Río Eo
Lic Río EoLic Río Eo
Lic Río Eo
monadela
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambre
monadela
 

Similar to 44 2 natureza (20)

Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
 
Valdoviño
ValdoviñoValdoviño
Valdoviño
 
Presentacion pdf
Presentacion pdfPresentacion pdf
Presentacion pdf
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérez
 
Meaño, A Costa
Meaño, A CostaMeaño, A Costa
Meaño, A Costa
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Cha
 
LIC Xuvia-Castro
LIC Xuvia-CastroLIC Xuvia-Castro
LIC Xuvia-Castro
 
Rio Eume
Rio EumeRio Eume
Rio Eume
 
Río Eume
Río EumeRío Eume
Río Eume
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobrado
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louro
 
Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A Costa
 
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de BurónReserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
Reserva da Biosfera río Eo, Os Oscos e Terras de Burón
 
Lic Río Eo
Lic Río EoLic Río Eo
Lic Río Eo
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambre
 

44 2 natureza

  • 1. Natureza e Medio Ambiente en Catoira Texto e Fotos: Alicia López Regueiro Montaxe Multimedia: Josep Girona Edita: Concello de Catoira
  • 2.
  • 3.
  • 4.  
  • 5. Materiais Sedimentarios Depósitos de fondo de canal (QT) nas Barreiras (Catoira), con estratifica-ción cruzada Conglomerado ferruxinoso na zona das Lombas (Catoira) asociado a materiais QT Sedimentos típicos de xunqueira (QM), na marxe do río Ulla Depósitos na zona de praia antiga (Q1P-RL) no límite Abalo.Bamio
  • 6. Rochas Plutónicas e metamórficas O granito de dúas micas é o material máis abundante en todo o concello, aparecendo nalgúns casos como xabre, e nos outeiros pode aparecer sen cuberta vexetal , e con pías debido ó ataque da auga. Os materiais metamórficos , xistos e gneis da mesma antigüidade ca dos granitos,son moi escasos e atópanse en zonas de difícil localización. Na foto queda ilustrado o aspecto dun gneis glandular. Foto recollida da px. www.monte.upm.es
  • 7. Os materiais xeolóxicos que aparecen hoxe en día en Catoira, maila característica forma dos vales que quedan enmarcados entre O Xiabre e o Ulla son froito dunha historia, que pode resumirse do seguinte xeito: A finais do Paleozoico( fai uns 300 millóns de anos) tódolos continentes que había entón, colisionaron. Formáronse grandes montañas por pregamento de materiais e sedimentos do fondo do mar nos seus bordes. Galicia formaba parte dunha especie de Himalaia, con rochas sedimentarias pregadas na superficie, e granitos e rochas metamórficas nas súas raíces. Durante o Mesozoico (entre 200 e 65 millóns de anos), os continentes separáronse novamente, quedando Galicia bañada polo Atlántico e despois o Cantábrico. Os rasgos xerais do relevo quedan xa perfilados ó final desta era.
  • 8. No Cenozoico(entre os 65 e 2 millóns de anos ) vaise definindo o perfil das Rías, por mor da erosión de sistemas fluviais aproveitando antigas fallas e vales. O Ulla e os seus afluentes circulaban 40 metros máis alto que agora, deixando con cada enchente depósitos de “recheo de canal” ás súas beiras. O Ulla e os seus afluentes escavan nos seus antigos vales, quedando abandonados os seus depósitos, chegándose á actual situa-ción, represen-tada no corte xeolóxico da esquerda. Nos últimos 200 millóns de anos do Cenozoico, é dicir, no Cuaternario, o nivel do mar varía por mor das glaciacións, o fondo da ría de Arousa sufre afundimento ,
  • 9. Os depósitos de As Lombas e Borreiros son os sedimentos aluviais cuaternarios máis antigos do concello, a falta de máis datos, tamén da comarca. Quedan xa fora da acción de calquera dos ríos actuais, pero dannos pistas da historia pasada Así sabemos que por estes lugares, nalgún tempo circulaban ríos ricos en materiais grosos, con barras de grava e area no medio da canle cambiando de posición en cada enchente. Con cada seca, quedaría unha costra de arxilas na canle abando-nada, de tal xeito que cada nivel de arxilas marca un episodio no que a canle estivo sen auga , e foi logo erosionada na seguinte enchente.
  • 10. A HIDROSFERA A hidrosfera comprende todo o conxunto de augas superfi-ciais (ríos e regueiros) mailas augas subterráneas (acuí-feros). No mapa adxunto representamos as principais redes hidrográficas do concello, que van modelando a superficie. Tamén queda sinalada a posición dos manancias máis importantes, por onde saen ó exterior as augas acumuladas nas zonas onde o granito está fracturado. Ás veces na súa viaxe subterránea cárganse de partículas minerais, como as fontes de As Torres e Laxiñas, de augas sulfurosas, indicadas para problemas da pel .
  • 11. No tocante ás augas superficiais , hai que destacar que o propio territorio do concello queda delimitado pola divisoria de augas natural que son os cumios do Xiabre e Fontebecha. Entre estas zonas altas e o Ulla flúen un conxunto de ríos de curto precorrido, sendo o principal o río Catoira, de mais lonxitude e maior número de afluentes. No curso alto, coa súa erosión, marcan estreitos vales en V encaixados nas rochas graní-ticas. No curso medio os ríos modelan vales máis amplos nos que deixan depósitos en zonas planas: As chairas de inundación , (QI/Qal no mápa xeolóxico). Estas chairas son mais exten-sas en Oeste (no curso do Rego de Pozas) e en Dimo e Catoira (no curso do río Catoira e algúns afluentes). En Abalo, os ríos Freixeiro e Souto da Vila non chegan a crear chairas de inundación de superficie comparable.
  • 12. No curso baixo , a pendente pola que van estes ríos redúcese fortemente. As augas vense freadas ó confluir coas do Ulla e polo tanto a corrente perde enerxía . Nestas circunstancias deposítanse os materiais mais finos: limos e arxilas que dan lugar ás zonas de xunqueira (materiais QM no mapa xeolóxico). As máis importantes corresponden coa desembocadura do Rego de Pozas e do Río Catoira.
  • 13. A BIOSFERA A Biosfera comprende a capa de atmosfera, xeosfera e hidrosfera habitada por seres vivos e modificada por eles. Ou dito doutro xeito, sería o conxunto de ecosistemas que podemos atopar. No caso de Catoira temos os seguintes: As xunqueiras, os bosques de ribeira, as zonas de monte baixo, e os bosques autóctonos e de replantación. As xunqueiras que temos en Catoira son humedais de tipo esteiro ou estuario , incluidas na Rede Natura 2000 e catalogadas como LICs ou Lugares de Interese Comunitario dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza, debendo axustarse a súa xestión ás direc-trices europeas e auto-nómicas para este tipo de entidades protexidas.
  • 14. Estas zonas de “estuario” ca-racterízanse pola mestura das augas doces do río na súa desembocadura coas augas salgadas mariñas. A influencia da subidas e baixadas das mareas é forte. O complexo de sedimentos finos do seu substrato está cargado de bacterias e outro microorganismos que xogan un papel decisivo no reciclado da materia no ecosis-tema. Poderíamos afirmar que estas xun-queiras actúan como auténticos “riles”, que depuran as augas. De aí a importancia da súa protección e conservación. Fotos obtidas da px web da Universidade de Florida A vexetación dominante nestes ecosistemas son os xuncos e carrizos, ainda que tamén é posible observar especies como a Cotula coronopifolia (na foto da esquerda) florecendo nas zonas menos sometidas ás subidas da marea.
  • 15. Os bosques de ribeira forman franxas que bordean os distintos ríos do concello, especialmente no seu curso medio e baixo. A especies típicas é o ameneiro (Alnus glutinosa). Aparecen tamén manchas de carballo (Quercus robur) e freixos ,o que a veces aparece reflectido na toponimia (caso do río Freixeiro en Abalo). Cabe destacar a abundancia do fento Osmunda regalis.
  • 16. Os bosques autóctonos non pasan de ser pequenas manchas de pouca extensión, asociadas a bosques de ribeira, ou bordeando zonas de cultivo. As poucas carballeiras que quedan están situadas en zonas de uso comunitario, como en San Mamede de Abalo, ou a Carballeira da ermida de San Xibrán (na foto da dereita). As zonas de mato ocupan case máis da metade da extensión do concello. Concéntran-se nas áreas de máis pendente e menos profundida-de do solo. A especie dominante é o toxo (Ulex europaeus e Ulex minor). Nos casos en que o terreo é moi probe poden aparecer intercalacións de carqueixa (Chamaespartium tridentatum).
  • 17. Os bosques de replantación forman realmente máis do 80% da masa forestal do concello, dominando o Pinus pinaster (piñeiro do pais) e o Eucaliptus glóbulus , que con frecuencia aparecen en masas mixtas. No estrato arbustivo abundan toxos(Ulex) , xestas e codesos(Sarotamus e Cytisus sp), sendo significativas tamén as carrouchas ou carrascos (dos xéneros Erica, Cayuna e Daboecia, respectivamente).É de destacar igualmente a presencia frecuente de plantas de carballo dominando este estrato, xa que na súa fase xuvenil medran mellor á sombra, competindo con vantaxe frente ós brotes de piñeiro, que precisan de zonas máis abertas. No estrato herbáceo é posible observar especies como a Arenaria sp (na foto da dereita) ou o ouropés (Simethis planifolia), na foto da esquerda.
  • 18. Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Peixes Salmo salar Salmón Salmón Salmo trutta Reo Trucha asalmonada Pleuronectes platessa Solla Solla/platija Anguilla anguilla Anguila Anguila Petromyzum marinus Lamprea Lamprea Anfibios Salamandra salamandra Sarabanduxa Salamandra común Chioglosa lusitánica Sarabaduxa rabilonga Salamandra rabilarga Triturus boscai Limpafontes Triton ibérico Triturus marmoratus Limpafontes Tritón jaspeado Rana ibérica Rá patilonga Rana patilarga Rana ridibunda Rá verde Rana comun Discoglossus pictus Sapo pintojo Alytes obstetricans Sapo parteiro Sapo partero Bufo bufo Sapo común Sapo común Réptiles Lacerta viridis Lagarto arnal Lagarto verde Lacerta schreiberi Lagarto Lagarto verdinegro Podarcis bocagei Lagarta Lagartija de bocage Anguis fragilis Escáncer Lución Chalcides sp Eslizón tridáctilo Natrix natrix Cobrega /cobra Culebra de collar Natrix maura Cobrega/cobra Culebra viperina Coronella austríaca Cóbrega lisa Culebra lisa europea Coronella giróndica Cobra Culebra lisa meridional Vipera seoanei Vibora de Seonae Víbora de Seonae FAUNA DE VERTEBRADOS (I)
  • 19. Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Mamíferos Erinaceus europaeus Ourizo cacho Erizo Talpa europaea Toupa Topo Suncus etruscus Muraño Musaraña Ratus ratus Rata Rata Arvícola sp Rato de auga Rata de agua Microtus Rato do campo Ratilla agreste Apodemus silvática Rato do campo Ratón listado Genetta Genetta Xineta Gineta Lutra lutra Lontra Nutria Meles sp Porco teixo Tejón Mustela erminea Armiño Armiño Mustela nivalis Denociña Comadreja Putorious putorius Turón Hurón FAUNA DE VERTEBRADOS (II)
  • 20. Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Aves Phalacrocórax carvo Corvo mariño Cormorán Ardea cinerea Garza real Garza real Anas platirhincos Alabanco real Anade real Accipiter nissus Gabián Gavilan Buteo buteo Miñato Ratonero Falco subbutueo Azo r Azor Falco peregrinus Falcón Halcón Falco tinunculus Falcon pequeno Alcotán Coturnix coturnix Paspallas Codorniz Gallinula chloropus Galiña de río Polla de agua Vanellus vanellus Avefría Avefría Tringa sp Pastoriña Andarríos Larus argentatus Gaivota crara Gaviota argéntea Streptopelia turtur Rula Tórtola Columba palumbus Pombo Paloma torcaz Tyto alba Curuxa Lechuza FAUNA DE VERTEBRADOS (III)
  • 21. Categoría taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán Aves Pica pica Pega rabuda Urraca Hirundo daurica Anduriña Golondrina Fringila coelebs Pinpín Pinzón Passer domesticus Pardal Gorrión Carduelis carduelis Xílgaro Jilguero Alcedo atthis Martiño peixeiro Martín pesacdor Cinclus cinclus Merlo rieiro Mirlo acuático Upupa epops Bubela Abubilla Cuculus canorus Cuco Cuco Erithracus rubecula Paporrubio Petirrojo Corvus corone Corvo Corvo Athene noctua Moucho Mochuelo Picus viridis Peto verdeal Pico real As táboas anteriores están elaboradas a partir de datos do “Proxecto Brañas”, realizado no ano 1985 pola Sociedade Galega de Historia Natural para os concellos da desembocadura do Ulla. Nelas quedaban reseñadas as especies que, en teoría, poderíamos atopar en ecosistemas como as xunqueiras, brañas e bosques lindantes. Pero hai que ter en conta que toda a zona está intensamente afectada polas actividades humanas, coa conseguinte perda de biodiversidade.
  • 22. Aínda asi, é posible engadir dúas especies máis a esa lista : O xabarín (Sus scrofa) , mailo esquío (Sciurus vulgaris) que tamén teñen medrado pola influencia humana. Marcas de xabarín despois de comer raíces Piñas rilladas por esquíos e ratos de campo Tampouco hai que esquence-la importancia da fauna de invertebrados. Como mostra, este exemplar de “Papilio machaon”, atopado nas inmediacións da Fonte Gaiteira.
  • 23.
  • 24. Tal e como se aprecia no mapa anterior, os principais tipos de solos que atoparemos no concello de Catoira serán: Fluvisoles e Gleysoles : Nas zonas de xunqueira, onde son de tipo “tiónico” por teren acumulación de sulfuros.Tamén están na beira dos ríos e teñen capas enchoupadas de auga case todo o ano. Antrosoles : Nome que se lle da ós solos alterados polos seres humanos (por compactación, recheos,etc) para facer construccións enriba (casas, estradas, industrias...). Coinciden coas zonas urbanizadas. Regosoles : Solos máis delgados e menos fértiles ca os cambisoles, en zonas de máis pendente, e normalmente sobre granito alterado. Leptosoles : Teñen un espesor de menos de 25 cm, ou presentan moi alta pedregosidade, pouco espesor do horizonte A (ou capa “abonada”). Estan normalmente nas zonas de cumios. Cambisoles/Umbrisoles : Nas zonas de cultivo ou onde hai pouca pendente e boa vexetación. Teñen unha capa de terra escura abonada (horizonte A) de mais de 25 cm, ou unha capa debaixo desta, chamada horizonte B.
  • 25. TIPOS DE SOLOS Cambisol /Umbrisol Leptosol Regosol
  • 26. FACTORES DE FORMACIÓN Rocha, clima,topografía, seres vivos,tempo TIPOS DE SOLOS Cambisoles, regosoles, leptosoles... dan como resultado van determinar USOS DO SOLO Cultivos, pasto,forestal, urbano, protección
  • 27.
  • 28. RECURSOS MINERAIS Aínda que hai no concello empresas que traballan con recursos minerais para a fabricación de materiais de construcción, os recursos que as abastecen veñen de fora. Os recursos minerais que foron explotados no concello foron os granitos de dúas micas de Outeiro da Vila, e os sedimentos aluviais de A Balastrera (Borreiros) e As Barreiras, cun uso preferente para áridos. Hoxe estas explotacións están abandonadas, convertidas en lagoas ou aproveitadas para a construcción de instalacións deportivas.
  • 29. RECURSOS ENERXÉTICOS A excelente orientación dos outeiros da zona cara os ventos dominantes, fixo que a enerxía eólica fose aproveitada de xeito tradicional para a moenda de grans de cereal (trigo, millo). Os muíños de vento mellor conservados e nos que se fixeron restauracións nos últimos anos son os de Catoira (Outeiro da Vila) e Abalo (Cores). Pero aínda se conservan ruínas de antigos muíños en Monte Cabreira (preto do camiño de Vilar) mais en Oeste(nas cercanías de Fonte do Xeixo).
  • 30. Outra das singularidades é a existencia dun muíño de marea (Muíño do Cura) na desembocadura do río Catoira, no enclave coñecido como O Machón. É dos escasos exemplos de aproveitamento de enerxía maremotriz na ría de Arousa. Actualmente está en ruínas, ainda que se acometeron algunhas labores de acondicionamento e limpeza no entorno nos últimos tempos.
  • 31. A enerxía hidráulica tamén foi intensamente aproveitada de xeito tradicional nos diversos ríos do concello: 13 muíños no Río Patiño, 2 no Río Freixeiro, 2 no Rego de Gondomil e 1 no de Pozas, 25 en total no Río Catoira, 17 no Rego de San Xibrán, 1 no rego de Collariñas e 1 no regueiro de Beco. Un total de 62 muíños catalogados, dos que 48 atópanse en estado de abandono. Algúns foron parcialmente restaurados nos últimos anos, pero a meirande parte deles están en ruínas. Na actualidade só 11 funcionan normalmente.
  • 32.
  • 33.
  • 34. O COIDADO DO ENTORNO Unha xestión planificada dos recursos na sociosfera ten que contemplar sempre a corrección de impactos e o coidado do entorno. Sen dúbida, os desafíos para o futuro serán a total eliminación de puntos de vertido incontrolado de lixo, a protección integral dos enclaves naturais catalogados de interese, e a ampliación e maior acondicionamento das rotas de sendeirismo, que permitan disfrutar e apreciar a riqueza ambiental do Concello de Catoira. Ata o momento, os esforzos feitos neste campo no concello son a canalización e depuración de augas residuais, a incorporación á recollida selectiva de lixo , mailo acondicionamento das primeiras rotas de sendeirismo e puntos de observación de paxaros.
  • 35. BIBLIOGRAFÍA: Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-8(120)PADRÓN.” Servicio Geográfico del Ejército . Madrid.1980. Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-9(152) VILAGARCÍA.” Servicio Geográfico del Ejército . Madrid. 1981. Mapa geológico de España.E=1:50.000.Padrón. Hoja Nº 120 . Servicio de Publicaciones del Ministerio de Industria y Energía.IGME.Madrid.1981. Mapa geológico de España .E=1:50.000. Villagarcía de Arosa . Hoja Nº 152”. Servicio de publicaciones Ministerio de Industria y Energía.IGME. Madrid.1978 Mapas de suelos, hojas 120 y 152 , escala 1:50.000 . Servicio de publicacións da Coselleria de Medio Ambiente. Santiago 2000 Catálogo dos muíños de auga do Concello de Catoira, característica e estado de conservación Informe do “Proxecto Brañas” realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural BLAS ARITIO,L (1984): “Guia de Campo de los mamíferos españoles” .Ed Omega.Barcelona FITZ-PATRICK,E.A.(1984): “ Suelos”. Ed CECSA. México FONT QUER, P (1982): “Plantas medicinales ”.Ed Labor.Barcelona MACIAS , F /CALVO DE ANTA,R (1992) : “Tipos de suelo” y “Usos del suelo en Galicia” Guía de la Naturaleza de Galicia. Fascículo s nº 1 18 y 19 . Ed. Faro de Vigo. Vigo NONN, H. (1966) : “ Les régions côtiéres de la Galice ( Espagne ).Étude géomorphologique. Pub. Fac. Lettres. Strasbourg. PANNEKOEK, A.J.(1966) : “ The morfology of the surroundings of the Ría de Arosa (Galicia,NW Spain) Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 7-32 PANNEKOEK, A.J (1970) : “ Additional data on the ría area of western Galicia” Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 185-194 READING, H.G. (1986 e 1996) : “Sedimentary environments: Processes, facies and stratigraphy” . Blackwell Science.Hd Oxford .Massachusetts. VARIOS AUTORES (1986) : “O meio natural galego.Cadernos do Seminario de Sargadelos.Nº 47”. Edicións do Castro. Sada (A Coruña) VARIOS AUTORES (2002): “Ciencias de la Tierra y medio ambiente” .Editex .Madrid VARIOS AUTORES (2002): “Geología” .Editex .Madrid
  • 36.