Esteiro
do río Baxoi
Superficie: 93 ha (64,8 terrestres e 28,2 acuáticas)
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a
punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a
praia Grande de Miño.
Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e
un pequeno bosque de ribeira.
CONCELLOS: Miño
RÍO BAXOI
Os ríos Anduriña e Vilariño que nacen en Monfero, na serra do Queixeiro,
forman o Baxoi que desemboca en Miño (na ría de Betanzos), onde
orixina en acción conxunta co mar, unha frecha de area na que se asenta
a praia Grande de Miño.
Esteiro do Baxoi (vista interior).
TIPO DE PROTECCIÓN
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona
especial de conservación (ZEC).
Esteiro do Baxoi.
A vía do tren cruza o esteiro e divídeo en dúas partes.
Esteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi coa frecha da praia de Miño
Esteiro do Baxoi. Interior da frecha de Miño
Esteiro do Baxoi. Interior da frecha de Miño
Esteiro do Baxoi. Interior da frecha de Miño
Cantíl de Bañobre
Praia Grande de Miño (1360 m), formada sobre a frecha que pecha o esteiro do río
Baxoi. O último tramo está incluído no espazo.
FLORA
Na frecha hai unha interesante vexetación de dunas e praia: feo da praia,
linarias, correolas, cardos mariños, alhelí das praias, rabo de lebre,
Reichardia gaditana...
No esteiro hai xuncos, seba, espartina, Limonium, chantaxe, herba coral,
sosa, estrela das xunqueiras, verdoaga mariña...
Nas beiras e no bosque amieiras, salgueiros... e outras plantas asociadas
aos bosque de ribeira.
Reichardia gaditana. Só se atopa en praias pouco alteradas.
Correola mariña (Calystegia soldanella)
Spartina maritima e verdello no esteiro
Xunco
(Juncus effussus)
Lolium, unha gramínea que se atopa nas beiras das marismas.
FAUNA
O máis destacado son os animais acuáticos: aves (lavanco real, garza,
garzota, biluricos...), moluscos, vermes... e os paxaros.
Cagón (Arenicola marina)
Picaxuncos (Cisticola juncidis)
Garza real (Ardea cinerea)
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (Xuño 2012)

Esteiro do Baxoi