A costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral cara ao interior dos continentes e remata nos lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a paisaxe e os ecosistemas.
A Costa galega: características e formas máis representativas.
A costa éa área terrestre que vai desde a liña litoral
cara ao interior dos continentes e remata nos
lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a
paisaxe e os ecosistemas.
3.
A costa galega
prolóngasedebaixo
da superficie do mar
nunha estreita
plataforma continental
que acada o seu maior
desenvolvemento
fronte á Coruña con
só 15 millas.
5.
Nas áreas costeirasé onde se fai máis perceptible
a interacción entre o aire, o mar e a terra.
6.
A estrutura dacosta depende da interacción de varios factores:
-Procesos xeolóxicos e tectónicos
-Natureza das rochas
-Procesos climáticos
-A acción das ondas
-Acción dos seres vivos
-Actividade humana
7.
A liña decosta é un lugar de cambio permanente, onde se aprecia máis de
preto a interacción dos elementos: auga (mar), aire (vento) e terra (rochas).
8.
A nivel xeolóxicoatópanse dúas grandes zonas na costa galega, a
Asturoccidental-leonesa, con xistos precámbricos e enriba deles
materiais discordantes do Paleozoico, e a Centroibérica, formada
por materiais paleozoicos con diferentes graos de metamorfismo.
Ambas zonas están separadas pola falla de Viveiro.
Xistos en Ribadeo
Granitos en Cabo Vilán
9.
As rochas máisresistentes como o granito, migmatitas e granodioritas
forman os cabos ou puntas e as menos resistentes dan lugar á
formación de seos e inflúen na disposición dalgunhas rías.
10.
O nivel domar foi variando ao longo do tempo debido a causas
climáticas (glaciacións) ou tectónicas (elevacións e afundimentos
continentais) e deixou as súas pegadas no litoral.
Praia fósil en Maior (Sanxenxo).
As ondas quexera o vento proporcionan a maior
parte da enerxía que modela a liña de costa.
14.
FORMAS DA COSTA
lagoalitoral
istmo
frecha
dunas
praia
illa
enseada
tómbolo
l
esteiro
cantil
península
cabo
rasa
arco
barra aguillón
15.
COSTA ROCHOSA
Formada porrochas de distintos aspectos e tamaños.
Pode ser exposta ou protexida, baixa ou alta (cantís).
16.
Costa das IllasCíes, exposta cara ao océano
e protexida cara ao interior da Ría.
17.
CANTÍS
Lugares, de pendenteacusada,
nos que o material rochoso
continental se atopa bruscamente
co mar.
Nos cantís a enerxía das ondas
acaba rompendo a parte máis
baixa, que se derruba.
Os fragmentos rochosos
arrincados e arrastrados polas
ondas aumentan o poder erosivo
do mar golpeando e rompendo a
base das rochas.
18.
A enerxía dasondas vai destruíndo de maneira desigual o cantil, erosiona a
maior velocidade as rochas máis brandas ou as que están máis fracturadas,
mentres que algunhas rochas manifestan unha grande resistencia ao desgaste.
Así fórmanse covas ou furnas e arcos rochosos. Cando un arco se derruba,
deixa restos rochosos illados que forman os aguillóns ou chemineas. Co paso
do tempo tamén estes residuos do cantil acabarán por desaparecer baixo o
efecto destrutor das ondas, pasando a formar parte da plataforma litoral.
Plataforma litoral formada
porrochas estratificadas.
Plataforma litoral formada
por rochas graníticas.
PLATAFORMA
LITORAL OU DE
ABRASIÓN
Zona achairada na
base do cantil formada
polos materiais
desgastados. Varía
segundo o tipo de
rochas.
27.
O nivel domar adoita variar co transcorrer do tempo. Estas variacións poden producirse
por motivos climáticos, como as glaciacións, ou por causas tectónicas que produzan a
elevación ou o descenso dos continentes con respecto ao nivel do mar.
28.
Cantil fósil naPraia de Foxos (A Lanzada). Na metade da imaxe pódese apreciar a base
erosionada do antigo cantil situado hoxe a case dous metros por enriba do nivel máximo da marea.
29.
Rasa costeira deRibadeo. As plataformas de abrasión poden quedar por riba do nivel do mar
formando unha rasa costeira. Isto pode producirse polo ascenso tectónico do continente ou
ben pola diminución da cantidade de auga oceánica, que se produce cando hai unha glaciación e
como consecuencia unha grande parte da auga da Terra está en forma de xeo continental.
30.
COÍDOS OU BOLEIRAS
Acumulaciónsde rochas redondeadas desprendidas dos cantís
que se despositan na parte máis alta da plataforma litoral
Coído da Punta do Boi no Cabo do Trece
COSTA AREOSA
Formada pordepósitos de partículas finas (limo, area, grava...).
As partículas arrincadas do cantil polo poder erosivo das ondas e, sobre todo,
os materiais sedimentarios transportados polos ríos ata o mar, son arrastrados
polas correntes e empurrados polas ondas que os depositan cando perden
enerxía dando lugar a unha grande diversidade de estruturas areosas.
33.
Praia de Carnota,a máis longa de
Galiza, con 7 km de lonxitude.
PRAIAS
Depósitos de sedimentos finos na liña de costa.
Son as formacións sedimentarias máis comúns das costas areosas.
En Galiza hai moitas, en xeral de pequeno tamaño e limitadas por
saíntes rochosos.
34.
Galiza ten máisde 300 km de areais compostos sobre todo por partículas de
cuarzo, feldespato e mica procedentes da descomposición dos granitos.
Nalgunhas pódense atopar pequenas cantidades de ouro (Laxe, Corme, Esteiro
Miño...), circón (A Lanzada, Fisterra...) ou granates (Carnota). En moitas hai tamén
restos de cubertas de animais.
As ondas quevan rompendo lixeiramente inclinadas contra a praia orixinan a corrente
litoral e a deriva litoral que producen o desprazamento da area ao longo da praia.
37.
A area daspraias presenta unha grande mobilidade. As ondas, as correntes e o
vento son os causantes de que a area dunha praia estea en constante
movemento. A praia pódese considerar como un elemento vivo e activo, no que
o material que a forma simplemente está de paso.
Praia exposta, en mar aberto
38.
O perfil dunhapraia varía ao longo do ano debido a que no inverno, as violentas
ondas dos temporais provocan unha grande resaca que arrastra a area da praia
cara ao mar. As suaves ondas do verán acumulan sedimento continuamente na
praia, facendo que esta adquira un perfil máis elevado.
Moitas praias galegasestán protexidas
entre costas rochosas altas, polo que as
areas transportadas polo vento
ascenden pendente arriba e vanse
depositando e formando as chamadas
placas eólicas ou dunas remontantes.
Duna remontante do Monte
Branco, na praia do Trece.
Dunas fixas. Moipoucos vexetais conseguen
adaptarse á vida sobre as dunas, polo que o
conxunto de plantas que coloniza este medio ten
un gran interese botánico e ecolóxico. Ademais
esta vexetación axuda a capturar a area
transportada polo vento que será unha reserva de
sedimento para a praia.
47.
Frecha na desembocadurado río
Anllóns na ría de Corme e Laxe.
FRECHA
Depósito de area que se vai proxectando desde un extremo dun seo ata o
contrario polo choque de dúas correntes (a corrente e a deriva litorais contra
unha corrente fluvial). Fórmanse en praias próximas a un seo ou entrante
costeiro, onde desembocan ríos ou regatos.
BARRAS
Fórmanse a partirde frechas que pechan a saída dun río.
Istmo da Lanzada. Os istmos ou tómbolos son
barras de area que unen unha illa coa costa.
Lagoa de Carregal(Ribeira), con comunicación
co mar por medio dunha canle.
Lagoa de Traba Laxe), sen comunicación directa co mar.
LAGOA
LITORAL
Fórmanse cando
unha barra de area
pecha a saída dun
pequeno río ao mar.
Poden ter
comunicación con el
ou estar illadas, pero
sempre hai filtracións
a través da area.
52.
As lagoas litoraisson medios que experimentan unha rápida evolución que as leva á
desaparición nun período de tempo relativamente curto. A continua achega de
sedimentos vainas colmatando e transformándoas en ecosistemas terrestres.
ESTEIROS E MARISMAS
Asdesembocaduras dos ríos rompen a continuidade do litoral e
presentan unhas características diferenciais con respecto ás costas
rochosas ou areosas. Caracterízanse pola confluencia das augas
dóces, procedentes do río, e das augas salgadas, de orixe mariño, e
pola grande acumulación de material sedimentario.
Esteiro do Miño
55.
Os esteiros estáninfluenciados pola dinámica das mareas e a do propio río.
As descargas fluviais achegan de forma continuada materiais areosos e
lamacentos que van cubrindo os fondos do esteiro e durante a baixamar
quedan ao descuberto, desaugando o río por unha rede de canles que
atravesan os depósitos de area e lama.
Esteiro do Umia con marea baixa e alta.
ESTEIRO
Desembocadura dun río influída pola marea.
No interior dasrías, onde a enerxía do
mar é menor, os depósitos areosos
dalgúns esteiros poden adquirir unha
forma semellante aos característicos
deltas dos ríos mediterráneos, aínda que
na preamar permanecen mergullados.
Delta-mareal do Río Umia
59.
MARISMAS
Fórmanse nas zonasinternas e protexidas do esteiro como consecuencia
do depósito de lamas sobre as que medran xuncos e outra vexetación de
auga salobre, que diminúen aínda máis a enerxía da auga provocando a
deposición de máis material sedimentario.
60.
Ría de Pontevedra
ASRÍAS
Vales fluviais anegados polo mar. Xeralmente teñen forma triangular,
cunha boca moi ampla, no seu contacto co océano, que se vai estreitando
cara ao interior (cabeceira da ría) onde se atopa a desembocadura do río
(esteiro) que alimenta de augas dóces e sedimentos a ría e onde se forman
amplas marismas.
Son un dos elementos da paisaxe que mellor definen a costa galega.
61.
Esquema da formación
dasrías.
No Terciario, durante a
Oroxenia Alpina, o terreo
galego elevouse e logo
rompeu en varios bloques.
Os bloques litorais bascularon
cara ao mar e a auga anegou
os vales dos ríos.
Outros factores como a
presenza de fallas, as formas
do relevo, a orientacións dos
materiais, a diferente
resistencia das rochas á
erosión… fan que as rías
galegas presenten unha
morfoloxía moi diversa, e cada
unha delas teña
características propias.
62.
Circulación da auganas rías.
A pesar de semellar sistemas case pechados,
nas rías prodúcese un contínuo trasvase e
renovación das augas.
A auga dóce achegada polos ríos, menos
densa, circula maiormente pola superficie cara
ao mar exterior mesturada coa auga salgada.
Esta corrente compénsase coa entrada, polo
fondo, de auga mariña procedente do exterior,
fría e cargada de minerais.
63.
Os ríos vanachegando materiais ás rías que se distribuirán segundo o seu tamaño e a
enerxía do medio. Os de maior tamaño, gravas e areas, sitúanse cara á boca da ría,
mentres que o material máis fino, limos e arxilas, deposítase na cabeceira.
64.
Os ríos vanachegando materiais ás rías que se distribuirán segundo o seu tamaño e a
enerxía do medio. Os de maior tamaño, gravas e areas, sitúanse cara á boca da ría,
mentres que o material máis fino, limos e arxilas, deposítase na cabeceira.
Ría de Arousa. É a máis extensa, rica e variada das Rías Baixas. A illa de
Sálvora divide a súa boca en dúas, a do norte inzada de illotes e cons, e a do
sur máis profunda que se prolonga ata sobrepasar a Illa de Arousa.
Numerosos ríos desembocan nela destacando o Ulla e o Umia.
65.
Vista panorámica daRía de Muros e Noia, entre a serra do Barbanza
(ao sur) e os montes do Tremuzo (ao norte).
O emprazamento que ocupan as rías, coincide con fallas ou fracturas do terreo
galego que se produciron hai moitos millóns de anos. Os ríos de cabeceira
aproveitaron esas gretas do terreo para formar a súa canle en dirección ao mar.
As illas son as elevacións do terreo que sobresaen do mar.
A ría deOrtigueira, con 12 Km de lonxitude, é a maior das rias altas.
A súa forma é moi sinuosa e nela desembocan seis ríos, dos que os
máis importantes son o Mera e o Baleo.
68.
A Ría deRibadeo é alongada e estreita,
con orientación norte-sur.
69.
Marisqueo a floteno Vao
Polas combinación de características físicas, oceanográficas e
biolóxicas as rías son espazos naturais únicos no mundo, de grande
productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica.
AS ILLAS
Na costagalega hai numerosas illas, illotes e cons como
consecuencia da diversidade xeolóxica, da actividade mariña e dos
movementos tectónicos.
Podemos atopar dous tipos de illas, as de mar aberto con abruptos
cantís pola parte exposta, e as interiores, de perfil case chan.
Illas Cíes, na boca da Ría de Vigo. Considéranse como a parte emerxente do que
sería a última serra da provincia de Pontevedra mergullada no Atlántico.
72.
Illa de Arousa,a máis grande de Galiza, con 6 km de lonxitude e 8
km2 de superficie, situada no interior da Ría de Arousa.
A Illa deOns é a máis grande das illas exteriores. Está formada por unha
mole de granito de superficie amesetada con cantís abruptos na parte
oriental e costa baixa con praias na parte occidental.
75.
O arquipélago dasSisargas (Malpica) está constituído por tres illas
(Malante, Sisarga Peqena e Sisarga Grande) e varios illotes próximos ao
Cabo de Santo Hadrián na costa de Malpica. As Illas, de natureza
xeolóxica diversa, unhas formadas por granitos e outras por unha rocha
metamórfica chamada gneis glandular, presentan un perfil amesetado
que remata en abruptos cantís no seu encontro co mar.
76.
As Illas deSan Simón e San Antonio forman un conxunto unido
por unha pequena ponte. Están no interior da Ría de Vigo.
77.
Con de Nor.Illote granítico situado na boca da ría de Arousa.
78.
MONTAXE: Adela Leiro
TEXTOS:Adela Leiro, Mon Daporta,
Victor Caamaño, Isaac Pontanilla.
FOTOS: Adela Leiro
DEBUXOS: Mon Daporta
Maio 2010