SlideShare a Scribd company logo
1 of 137
A MARIÑA CENTRAL
A NATUREZA
As turbeiras do Xistral desde o Cadramón, no nacemento do río Pedrido, cabeceira do Masma
A Mariña Central, forma parte, xunto coa Oriental e Occidental dunha grande comarca
coñecida como A Mariña que ocupa toda a costa norte da provincia de Lugo, con fronte ao
mar Cantábrico. A Mariña Central é o tramo comprendido entre a ría de Foz e Burela. O
territorio diferénciase en dúas zonas: a faixa costeira, estreita e chan, que forma parte da
Rasa Cantábrica; e unha sucesión de vales e serras con dirección xeral SO-NO perpendiculares
ao mar que parten do Xistral, A Toxiza e Lourenzá. Os ríos principais son o Masma e o Ouro.
Acolle importantes áreas naturais con varios espazos protexidos.
SUPERFICIE:
500,9 km2
POBOACIÓN:
30.190 habitantes
CONCELLOS:
Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá,
Mondoñedo e O Valadouro
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Serra do Xistral”, “Foz-
Masma” e “Río Ouro”,
Monumento Natural “Cova do Rei
Cintolo”, Reserva da Biosfera
Terras do Miño.
CLIMA
Oceánico húmido, con veráns frescos
ACTIVIDADES
Pesca e marisqueo, industria, agrogandaría e servizos.
Lourenzá
Porto de Burela
PATRIMONIO
Conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico: conxuntos monumentais (a
cidade de Mondoñedo), castros (Fazouro, Zoñán... ), castelos (Alfoz, Tovar...), igrexas e
mosteiros (San Martiño de Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá, catedral e igrexas de
Mondoñedo...), pazos, casas tradicionais, pontes, fontes....
A Ruta Norte do Camiño de Santiago atravesa a comarca desde Lourenzá a Mondoñedo,
camiño de Abadín.
Horreo en Lourenzá Palleira no Valadouro
Cruz do pau da Vella, Montes do Buio.
Na confluencia dos concellos de O Valadouro, Foz, Cervo e
Viveiro.
Hai varias hipóteses arredor deste monumento.
Hai quen considera que puido ser un ara dedicada aos deuses dos
camiños en época romana e que fose adoptada polo cristianismo.
O topónimo coa referencia á “Vella” pode ser alusión a unha
antiga deusa.
Dome de San Tomé de Recaré
(O Valedouro)
Castro de Fazouro, dos séculos I e II d.C. situado no leste
da praia de Arealonga. Nas escavacións atopáronse
cunchas de ostras, vieiras, mexillóns, percebes e
berberechos, así como anzois e pesos para redes.
Castro de Zoñán (Mondoñedo)
Castelo de Castrodouro (Alfoz)
Igrexa de Castrodouro (Alfoz)
Igrexa de Adelán (Alfoz)
Igrexa da Vila do Medio (Burela)
No seu interior conserva unhas
interesantes pinturas do século XVI
Basílica prerrománica de San Martiño de Mondoñedo, dos séculos
IX a XII. Declarada monumento histórico-artístico.
Foi a antiga sé episcopal da diócese de Mondoñedo.
No interior ten unhas pinturas murais dos séculos XIV a XVI.
Nos seus muros pódese ver unha mostra das rochas da zona:
lousas, xistos, calcarias, granito...
Basílica San Martiño de Mondoñedo
Catedral Basílica da Asunción (Mondoñedo), dos séculos
XII a XVIII; declarada Monumento Nacional en 1902.
Acolle os restos do mariscal Pardo de Cela.
Catedral Basílica da Asunción
(Mondoñedo)
Mosteiro dos Picos
(Mondoñedo)
Cemiterio da Couboeira (Mondoñedo)
Cruceiro na catedral de Mondoñedo
Fonte Vella de Mondoñedo, do século XVI
Fortaleza-pazo de Tovar (Lourenzá). Acolle o centro de Interpretación dos Pazos. Est´ña declarado BIC.
CONCELLOS
SUPERFICIE:
77,46 km2
POBOACIÓN:
1.903 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Adelán, Bacoi, Carballido,
O Castro de Ouro, Lagoa,
As Oiras, O Pereiro, O
Reirado e San Pedro de
Mor.
Penedos graníticos na Frouxeira
ALFOZ
Está situado ao sur da comarca, nas abas da serra do Xistral. O territorio está formado por
unha área montañosa nas estribacións do Xistral que ocupa o sur e parte do leste, cos puntos
máis altos no Alto da Cruz (839 m), Montemaior (749 m), Leboreiro (672 m) e Pena do Boi
(588 m); e o val do Ouro que descende ata os 250 m de altitude. A norte atópase o pequeno
macizo da Frouxeira.
Torre do Mariscal pardo de Cela en Alfoz de Castro
de Ouro. Atópase no alto dun castro a carón da
capela de San Salvador, desde o que hai unha
fermosas vistas do val de Alfoz. Declarado Ben de
Interese Turístico Nacional e Autonómico.
As principais actividades son agrogandaría, o sector forestal e os servizos. A capital municipal
é A Seara.
É un concello de paisaxes espectaculares e zonas de grande valor natural protexidas nos LICs
“Río Ouro” e “Serra do Xistral”. Tamén ten un grande patrimonio etnográfico (casas
tradicionais, hórreos, palleiras, muíños) e histórico artístico (igrexas, castelos, pontes).
Varias rutas indicadas permiten percorer a Frouxeira, a Serra do Xistral ou o Río Ouro.
Muíño e Batán na finca Galea, en Alfoz. Unha casa rural
que conta cun pequeno museo etnográfico da auga.
SUPERFICIE: 7,93 km2
POBOACIÓN: 9.580 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Santa María de Burela
Vista de Burela desde o miradoiro da Área de lecer do monte Castelo
BURELA
Situado no estremo suroeste da comarca, no linde con Cervo. O territorio sitúase entre o final
da Rasa Cantábrica, na zona máis baixa e estreita da mesma, e as últimas estribacións dos
Montes do Buio, co cume máis alto no monte Buio ou Abedoenda, con 421 m.
Detalle dunha furna na costa de
Burela no lugar chamado A
Capela de Coedo.
Burela é un dos concellos máis novos,
separado do de Cervo en 1994.
As principais actividades son a pesca, a
industria e os servizos. Nos últimos anos o
seu porto pesqueiro, especializado na pesca
de túnidos, acadou un grande
desenvolvemento.
A súa costa ten un enorme interese natural e
conserva excelentes mostras de pregamentos
e furnas.
Porto de Burela, o principal porto
pesqueiro e de mercadorías da
Galiza cantábrica, especializado en
pesca de altura (gran Sol), e costeira
do bonito. A súa lonxa é unha das
máis importantes de Galiza.
SUPERFICIE:
100,25 km2
POBOACIÓN:
9.899 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Cangas, Cordido, fazouro, Foz,
Nois, San Martiño de
Mondoñedo, Santa Cilla do
Valadouro, Santo Acisclo do
Valadouro e Vilaronte.
Foz desde a punta de San Bartolo.
A vila de Foz é de orixe fenicia. No
verán convértese nun importante
foco de atracción turística.
FOZ
Situado ao noroeste da comarca, entre os montes de Buio, que lle fan de linde polo oeste, e o
val do río Masma no leste. A zona costeira está ocupada por unha faixa chan que forma parte
da Rasa Cantábrica que se estende ao longo da costa, de NO a SE. Perpendicularmente á
costa hai unha alternancia de vales fluviais (Masma, Centiño, Ouro, Moucide) e pequenos
sistemas montañosos que non sobrepasan os 450 m de altitude.
Ao sur sitúanse o Macizo da Frouxeira, Pena do Voitre, Alto de Virín, con 493 m, e Corneira,
nos lindes con Alfoz, Mondoñedo e Lourenzá.
A máxima altitude é o Pelobrinco (477 m), nos montes do Buio.
As principais actividades son os servizos (comercio, hostelería...), a agrogandaría e o sector
forestal e, en menor medida, a pesca.
Ten unha costa interesante con lugares de grande valor xeolóxico e ecolóxico. Parte do
concello forma parte do LIC “Ría de Foz-Masma”.
Acolle un importante patrimonio histórico artistico no que destaca o castro de Fazouro e a
basílica de San Martiño de Mondoñedo.
Varias rutas indicadas permiten percorrer os lugares de maior interese: a costa, os montes da Frouxeira e
Corneira, o miradoiro do Pico da Lebre (Bispo Santo), as igrexas románicas...
Igrexa de Cangas de Foz
Foz
SUPERFICIE:
62,61 km2
POBOACIÓN:
2.338 habitantes (22014)
PARROQUIAS:
Lourenzá, San Tomé de
Lourenzá, San Xurxo de
Lourenzá e Santo Adrao de
Lourenzá.
Vista de Vilanova de Lourenzá
LOURENZÁ
Situado no surleste da comarca. O territorio está formado por unha depresión tectónica
rodeada de montañas, modelada polos ríos Batán e Baos, afluentes do Masma que circulan
con dirección sur-norte. Ao norte pequenos cumes (Pena do Voitre, Alto de Virín, con 493 m,
e Corneira): ao leste a serra da Cadeira (Orrea, con 600 m); ao sur e oeste a serra de Lourenzá,
coa Pena do Porco, a máxima altitude do concello, con 726 m.
O río Masma percorre o norte do concello de oeste a leste.
Mosteiro de San Salvador de Lourenzá e igrexa de Santa María de
Valdeflores. O mosteiro foi fundado polo Conde Santo no século X e
reformado posteriormente. A fachada é do século XVII. No claustro
consérvase un “Pozo Santo”, que segundo a tradición ten augas que
curaban as doenzas dos peregrinos.
As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal, os servizos e a industria. A
capital municipal é Vilanova de Lourenzá. Destaca o cultivo das fabas, ás que se lle dedica
unha festa e un Centro de Interpretación.
Os lugares de interese natural están asociados aos ríos e ás serras nos que se poden facer
rutas de sendeirismo con paisaxes espectaculares.
Ten un importante patrimonio histórico-artístico e etnográfico: pazos, igrexas, mosteiros,
casas tradicionais, hórreos.
SUPERFICIE: 142,60 km2
POBOACIÓN: 4.611 habitantes
(2015).
PARROQUIAS: Argomoso, O
Carme, A Couboeira, Figueiras,
Lindín, Masma, Monmdoñedo,
Oirán, Os Remedios, San
Vicente de Trigás, santa María
Maior, Santiago de
Mondoñedo, Sasdónigas,
Vilamor e Viloalle.
Vista de Mondoñedo desde o Alto da Cruz da Cancelada
MONDOÑEDO
Situado ao sur da comarca. O centro do territorio é un profundo e amplo val en forma de Y
invertido polo que circulan o Valiñadares e o Tronceda. O Masma percorre o concello polo
noroeste. Rodeando este val un conxunto de serras. Ao norte as estribacións da serra da
Cadeira, ao oeste a Toxiza e O Pico e no sur e leste as serras de Lourenzá e Carracedo. O cume
máis alto do concello é A Toxiza, con 833 m.
Alameda dos Remedios, onde se
celebrou a primeira Festa da árbore de
Europa, no século XVI.
As principais actividades son os servizos (comercio, hostelaría, turismo), a agrogandaría, a
silvicultura e a industria.
Ten importantes valores naturais: o Monumento Natural “Covas do rei Cintolo”, a serra da
Toxiza, incluída no LIC “Serra do Xistral”, fervenzas e paisaxes espectaculares.
O patrimonio histórico artístico e etnográfico é moi relevante: o conxunto histórico de
Mondoñedo (Catedral-Basílica da Asunción, Seminario Maior de Santa Caterina, Fonte Vella,
Igrexa dos Remedios), o convento dos Picos, casas tradicionais, muíños, pontes, fornos de
cal... A Ruta Norte do Camiño de Santiago cruza o concello procedente de Lourenzá.
Praza da Catedral
SUPERFICIE:
110,39 km2
POBOACIÓN:
2.069 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Budián, O Cadramón,
Ferreira, Frexulfe, A Laxe,
Moucide, Recaré, San
Tomé de Recaré, Santa
Cruz do Valadouro e
Vilacampa.
Paisaxe rural do Valadouro co Cadramón ao fondo,
o cume máis altos do concello e da comarca.
O VALADOURO
Ocupa o suroeste da comarca. O val do río Ouro ocupa o leste do concello e atravésao de SO a
NL formando unha ampla veiga xunto cos numerosos afluentes que baixan das serras (o
principal é o río Ferreira). No norte están as serras dos Cabaleiros e O Buio; no leste e sur o
Xistral, co cume máis alto do concello no Cadramón, con 1.060 m.
O Valadouro é un concello de fortes contrastes entre o val e as serras con grandes diferenzas
paisaxísticas e ambientais, desde os húmidos cumes do Xistral ocupados por turbeiras, ata o
acolledor val de Ferreira, xa nas proximidades da costa.
Igrexa de Santa Filomena
do Cadramón
As principais actividades son a agrogandaría, o
sector forestal e os servizos. A capital municipal
é Ferreira.
Parte do territorio está protexido nos LICs
“Serra do Xistral” e “Río Ouro”.
Ten importantes restos arqueolóxicos: antas,
mámoas, castros e un rico patrimonio histórico-
artístico e etnográfico: pazos, igrexas, casas
tradicionais, hórreos, palleiras, pontes...
Casa labrega
característica da
Mariña
RELEVO
A Toxiza desde o Cadramón.
O Cadramón, na serra do Xistral, e A Toxiza, son os cumes máis altos da comarca.
Agás unha estreita faixa costeira, o relevo da comarca é unha sucesión de serras e vales
orientados cara ao nordeste. Ao sur atópanse as serras da Toxiza, Lourenzá e Carracedo; ao
oeste o Buio e O Xistral (coa máxima altura da comarca no monte Cadramón, con 1.060 m) e
ao leste a serra da Cadeira.
Rasa Cantábrica e Montes do Xirgo e Pelobrinco (detrás vese a serra dos Cabaleiros) desde a costa de Cangas de Foz.
Os montes perden altura a medida que se aproximan á costa da que os separa a Rasa Cantábrica.
Os materiais son moi variados: xistos, lousas, cuarcitas, granitos, calcárias... o que da lugar
tamén a formas de relevo moi diversas: cumes redondeados de formas suaves, macizos
graníticos con grandes bolos e penedos, cristas de cuarcita, covas...
Granitos no Cadramón
Pena Abaladoira no Xistral
Penedos no Campo da Cruz, O Xistral
Fraga do río Seco entre as abas dos
montes de Carracedo e Lourenzá
A vexetación é moi variada, nos cumes e vales de montaña hai turbeiras, pasteiros ou mato
formado por breixos e toxos. Nas abas escarpadas e nos lugares máis afastados fragas
naturais formadas por carballos acompañados doutras especies atlánticas, e nas áreas de
mellor acceso grandes masas de eucaliptos e piñeiros de repoboación. A fauna das montañas
é tamén moi variada cunha grande riqueza de mamíferos, aves, réptiles, anfibios e
invertebrados, en especial insectos.
Landras de carballo (Quercus robur), a árbore
máis representativa das fragas atlánticas.
Acivros (Ilex aquifolium) nos
montes do Buio
Vexetación típica de turbeiras: esfagnos e rorela (Drosera rotundifolia), unha planta carnívora típica de espazos
asolagados pobres en nutrintes.
Nos cumes, debido á grande pluviosidade e humidade, fórmanse numerosa cursos de auga e zonas asulagadas que dan
lugar a turbeiras ou tremoais.
Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa
en medios con alto nivel de humidade.
Xuncas de algodón (Eriophorum
angustifolium), unha especie típica de solos
asolagados coas envolturas florais (perianto)
formadas por finas febras brancas, de ata 5 cm
de lonxitude, que lle dan un aspecto
Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe)
Lebre (Lepus granatensis)
Coenonympha glycerion, bolboreta de espazos húmidos e abertos
SERRA DO XISTRAL
Orientada NNE-SSO, ao longo de 13 km, entre os concellos de Valadouro, Abadín e Muras.
Formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, e
nas partes altas hai afloramentos de granito.
Os picos máis altos nesta comarca son o Cadramón (1.060 m), e o Seixo Branco (1.015 m), no
linde entre O Valadouro, Abadín e Muras).
A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos
e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.
O Cadramón, o cume máis alto da comarca
Serra do Xistral desde o Cadramón. Ao fondo o pico do Xistral.
O Xistral ten un grande interese ecolóxico por acoller unhas das mellores turbeiras de Europa
e especies únicas ou moi escasas e de grande valor.
Vista desde o Xistral cara á Toxiza
Está declarada LIC xunto coa serra da Carba e A Toxiza, e forma parte da Reserva da Biosfera
“Terras do Miño”. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares da Mariña e a Terra Cha.
Accedese desde Ferreira e Alfoz.
Masas rochosas do Cadramón e cara leste da serra do Xistral
Penido Novo e Penido Vello, os últimos cumes do Xistral cara ao norte
“Prado das Chantas”, un espazo circular rodeado de pedras fincadas. Non se sabe se son os restos dun antigo curro ou
un dos poucos círculos líticos que se conservan en Galiza.
Treboada no Xistral
No Xistral rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m2
) e ás abondantes
néboas que producen precipitacións horizontais.
O alto nivel de humidade permite a pervivencia de especies arbustivas enriba das pedras
Pau da Vella, o cume máis alto da serra, cuberto de turbeiras
MONTES DE BUIO
Son a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, nos concellos de O Valadouro,
Viveiro e Xove. Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que
da lugar a unha paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos,
coas rochas fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O cume máis alto e o
Pau da Vella, con 702 m, na confluencia de O Valadouro, Xove, Cervo e Viveiro. Na aba leste
dos montes do Buio nacen varios regos afluentes do Ouro.
O Pau da Vella
Montes do Buio e detrás Montes dos Cabaleiros.
O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras de cobertor.
Accedese desde a estrada de O Valadouro a Viveiro, por Laxamoura (pista de terra) ou polo
curro de Candaoso.
Vista da serra da Toxiza. Á esquerda o pico da Toxiza, no centro o
Miradoiro da Toxiza e á dereita as cristas rochosas do Pombeiro.
SERRA DA TOXIZA
É un macizo de contorno circular formado por unha grande masa de granodioritas que chega
desde preto de Mondoñedo ata Ferreira do Valedouro. Acada 838 m de altura máxima. A
erosión do granito formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está
repoboado con piñeiros. Destacan as formacións de turbeiras.
Desde o cume hai unhas excelentes vistas sobre Mondoñedo, a Serra do Xistral e o Valadouro.
Accedese desde Mondoñedo pola estrada de Zuñán, desde a área recreativa da Fervenza,
desde Tronceda, desde Alfoz ou desde Abadín.
Penedo granítico de grandes dimensións ao pé do cume da Toxiza
Turbeira
Penedos graníticos. O alto nivel de humidade favorece o asentamento de vexetación nos ocos das pedras e a formación,
sobre elas, de capas de turba.
AS TURBEIRAS
Son medios permanentemente saturados de auga nos que as condicións de asolagamento
permanente provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos
microorganismos descompoñedores que viven no solo, polo que as achegas de materia
vexetal non se mineralizan e acumúlanse en forma de turba. Tamén se coñecen co nome de
tremoais, brañas ou veigas.
No Xistral podemos atopar varios tipos de
turbeiras:
TURBEIRAS DE COBERTOR: recobren os cumios
dos montes máis altos e instálanse sobre
depósitos de tipo periglaciar. O Xistral contén o
maior sistema de turbeiras de cobertor da Península
Ibérica
TURBEIRAS DE LADEIRA: aparecen en pendentes
nas que a auga escorre xusto por debaixo da
superficie nas que a falta de solo so permite o
asentamento de brións. Xeralmente levan un
rego asociado.
TURBEIRAS DE OBTURACIÓN DE VAL: fórmanse
en vales onde na época glaciar se depositaron
morrenas que dificultaron a saída da auga.
TURBEIRAS DE ALVÉOLO: aparecen en áreas de
rochas graníticas na que as rochas disgregadas
deposítanse nas canles de drenaxe e provocan a
retención de auga creando o ambiente propicio
para o desenvolvemento dos vexetais
formadores de turba.
TURBEIRAS DE FONDO DE VAL: desenvólvense
en vales onde a auga non evacua
suficientemente. Son zonas achairadas recheas
de sedimentos. Estas turbeira adoitan ser de
grandes dimensións. Pódese ver no nacemento
do Ouro.
Detalle de turba. Nalgúns puntos do Xistral a turba
acada os 3 m de espersor, co que considerando a súa
velocidade de formación, dalle unha antigüidade de
máis de 7.000 anos.
Turbeira nos cumes do Penido Vello
Serra de Lourenzá vista desde o alto da Cruz da
Cancelada. Á dereita o monte Padornelo.
SERRA DE LOURENZÁ
Cadea montañosa de direción NE-SO, nos concellos de A Pastoriza e Mondoñedo, limitada
polo leste polo val do Valiñadares, afluente do Masma. Os picos máis altos son A Revolta, con
785 m, o Monte da Farrapa, con 746 m e O Padornelo con 620 m. Desde o Padornelo, ao que
se accede desde Lindín, hai unhas boas vistas da serra da Toxiza, do val de Mondoñedo e a
costa de Foz. Na ladeira occidental da serra de Lourenzá atópase a Cova do Rei Cintolo
Accedese desde a estrada de Mondoñedo a Meira.
O Padornelo desde Mondoñedo
Vista de Mondoñedo desde O Padornelo, nun día de tormenta
Alto da Corda
A FROUXEIRA
É unha montaña de 429 m de altura situada
entre os concellos de Foz e Alfoz. Én un
grande domo de granito rosado con
formacións de grandes penedos e bolos. No
cume atópanse os restos do castelo do
Mariscal Pardo de Cela, e desde el pódense
gozar de vistas panorámicas da costa de Foz
e do Valadouro.
Accedese desde a estrada de Foz a Alfoz.
Restos do castelo do
Mariscal Pardo de
Cela no cume da
Frouxeira.
Vista da costa de Foz desde o alto da Frouxeira
Cume do monte Carracedo, entre as comarcas
da Mariña Central, Meira e A Terra Cha
MONTES DE CARRACEDO
Fan de linde entre Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto e A Pastoriza. O punto máis alto é O
Carracedo, con 833 m. Están cubertos por pasteiros agás nos terreos en costa onde se
conservan fragas en bo estado, ou están repoboados con piñeiros e eucaliptos.
Accedese desde a estrada de Lourenzá ou Mondoñedo a Meira e A Pastoriza. No cruce da
estrada de Mondoñedo e Lourenzá, no Alto da Cancelada hai unha vista panorámica do Val
de Lourenzá e as serras limítrofes.
Vista sobre o val do río de Batán en Lourenzá
SERRA DA CADEIRA
Situada ao leste do río Masma, entre o Val
de Lourenzá e o val do Eo. O punto máis
alto é Cerrochán, con 776 m.
Accedese desde San Tomé de Lourenzá.
Bosque na aba da Cadeira
OS RÍOS
Río Masma
A comarca da Mariña Central está drenada por varios ríos que circulan con dirección xeral SO-
NE, desde as serras septentrionais cara ao Cantábrico: o Masma, que fai de linde polo leste en
parte do territorio coa Mariña Oriental, o Centiño, o Ouro e o Moucide.
Os ríos teñen os cursos altos encaixados, con rápidos, saltos e fervenzas e con numerosos
afluentes que baixan das serras e que incrementan o caudal en grande medida. Teñen um
réxime pluvial, con augas altas no inverno e primavera.
Curso alto do
río Ouro
Barrio dos Muíños en Mondeñedo.
Conxunto etnográfico e artesanal ao pé do río Valiñadares
Arredor dos cursos fluviais consérvanse ecosistemas de grande riqueza, tanto nas súas augas,
como nas beiras, e un rico patrimonio etnográfico (muíños, canles de rego, lavadoiros) e
histórico-artístico (pontes).
Pe de boi e amieiras Algas e espigas de auga nunha das lagoas en Alfoz
Patinadores ou zapateiros, insectos que vive nas zonas
remansadas onde se alimenta de pequenos animais.
Desprázanse sobre a superficie da auga aproveitando a
tensión superficial.
Garza real (Ardea cinerea)
Esteiro do Masma, no fondo da ría Foz.
RÍO MASMA
Nace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral). No seu tramo superior o
Masma, cando aínda se chama Pedrido e logo Tronceda, presenta unha forte pendente que se
suaviza nos seus derradeiros 20 km. Discorre sinuoso drenando os amplos vales de
Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros e desemboca na ría de Foz despois dun percorrido de 46,2
km. Tén un réxime pluvial oceánico. Recibe pola dereita o Valiñadares (Cesuras) e Batán
(Baus); e pola esquerda o Fraga Vella ou Figueiras, Couboeira e Oirán.
Está declarado LIC. O esteiro está incluído tamén no Inventario de Áreas Importantes para as
Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife)
Ponte sobre o Masma en Mondoñedo
Ponte do Pasatempo sobre o Valiñadares en
Mondoñedo. Segundo a tradición nesta ponte
entretiveron á muller de Pardo ce Cela cando viña
co indulto, sen poder así evitar que mataran ao
Mariscal.
Río Baos en Vilanova
de Lourenzá. Xunto co
Batán forman o val de
Lourenzá.
SALTO DO CORO
Na parroquia de Santiago de Fora
(Mondoñedo).
No rego do Coro, afluente do Río Valiñadares
(que despois se xunta con Tronceda ou
Masma). O salto principal cae en lousas e
xistos desde unha altura de 15 m e forma un
pozo moi acolledor. Río abaixo hai outros
pequenos saltos. A zona está acondicionada.
Accedese desde Mondoñedo pola estrada que
vai a Argomoso e á Cova do Rei Cintolo.
A FERVENZA
Entre as parroquias de Viloalle e Mondoñedo (concello de
Mondoñedo).
O río Tronceda, que máis adiante se chama Masma, nace na
Serra do Xistral entre os Picos do Seixo Branco e O
Cadramón. Ao seu paso pola zona de Mondoñedo encáixase
nun canón de granito formando varias fervenzas e tobogáns.
A máis grande ten 15 metros en tre saltos.
Accedese desde a estrada de Mondoñedo a Foz, polo descvío
que vaia a Ferreira (Valedouro). Ao chegar a Ferrería,
aproximadamente a 2,5 km, crúzase a ponte e cóllese a pista
da esquerda que segue río arriba e chégase a unha área de
lecer.
FERRERÍA
Na parroquia de Viloalle (Mondoñedo).O rego de Ferrería
ou Augavalva, é un afluente do Figueiras (Masma) que
ven da Serra da Toxiza. Cae en grandes saltos verticais en
rochas graníticas con numerosas fervenzas e rápidos, a
de máis altura pode acadar máis de 30 m. Accédese
desde a estrada de Mondoñedo a Foz polo o desvío a
Ferreira (Valedouro). Desde alí sóbese polo monte
seguindo o val do río. É dificil de ver polo accidentado do
releve e a presenza de eucaliptos.
Muíño no tramo final do río Centiño (Foz)
RÍO CENTIÑO
Nace no Couto da Frouxeira (Serra do Xistral), pasa por terras de Mondoñedo e desemboca en
Vilaxoane na ría de Foz.
RÍO OURO
Nace no Cadramón (Serra do Xistral). No seu curso alto descende torrencialmente. Logo
remánsase no amplo val do Valadouro e ata a súa desembocadura en Fazouro, recolle as
augas de Alfoz e Foz nun curso case meándrico. Na desembocadura, despois 30 km de
percorrido, forma unha ampla marisma ao atoparse coa barra areosa da praia de Fazouro.
Recibe pola dereita o Beloi e Cobos; e pola esquerda o Furna, Porto, Fraga das Lerias, Bao e
Ferreira. Os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe están protexidos no LIC
“Río Ouro”
O Ouro en Esteleiro
(O Cadramón)
RÍO FURNA
Nace entre O Cadramón e O Xistral e xúntase co Ouro en Esteleiro. É a fonte máis lonxana do río Ouro.
RÍO DA FRAGA DAS LERIAS
Nace no monte do Curro (O Xistral) e
xúntase co Ouro en Frexulfe.
Fervenza en Frexulfe
A FERVENZA, FERVENZA SO ESCOURIDAL
No río Guilfonso, tramo alto do Ouro. No linde entre O
Cadramón (O Valadouro) e O Pereiro (Alfoz). Unha sucesión de
saltos e tobogáns en rochas graníticas que en conxunto acadan
uns 70 m de altura.
Accedese desde a igrexa de O Cadramón. Cóllese a estrada que
vai a O Pereiro e un pouco máis adiante o desvío que vai a
Liñarega, A Abeleira e Asteleiro. En Asteleiro déixase o coche e
a carón dos hórreos collése un sendeiro, á dereita, que atravesa
a eira dunha casa e baixa cara ao río rodeando o monte onde
podemos ver unha pequena fervenza. Logo continuamos
subindo e chegamos á parte baixa da fervenza principal (1 km).
Outra ruta condúcenos á parte alta da fervenza e tamén se
pode ver de lonxe desde a entrada que vai ao Pereiro.
REGO DE CORVELLE
Un afluente do Ouro que baixa do Pena da Cadela
(Xistral). Nas proximidades das Rozadas (O Cadramón)
cae nun forte desnivel con varias fervenzas, a máis
grande duns 50 m de altura.
Accedese desde San Xurxo do Cadramón. Cóllese, ao pé da
igrexa, a estrada ao Pereiro e nela o primeiro desvío á esquerda
que vai ás Rozadas. Dentro da localidade o desvío á esquerda e a
douscentos metros un camiño á esquerda, que logo desaparece.
Hai que camiñar cara á dereita por entre os eucaliptos ata un
punto no que se ve un resalte rochoso ao outro lado do val e
varios grupos de pedras pola beira que imos. Hai que achegarse a
elas, por entre o mato por onde se poida, deixándoas sempre á
esquerda, pola dereita a caída é vertical e o acceso imposible.
Subindo ao grupo de pedras do medio temos unha boa vista da
fervenza.
Para ver as fervenzas pequenas, da parte alta, pódese ir desde as
Rozadas collendo un camiño á esquerda que baixa ao río e
cruzalo. Xusto despois cóllese un camiño á dereita que vai a uns
muíños en ruínas, entre os que están as fervenzas. Tamén se
pode ir saíndo do Cadramón cara a Ferreira e, pasado o río, coller
o primeiro camiño á dereita ata chegar ao río e, sen cruzalo, o
camiño á esquerda que vai aos muíños.
O Ouro entre Lagoa e San Pedro Mor (Alfoz)
Lagoas a carón do Ouro En Lagoa (Alfoz)
RÍO FERREIRA
Nace no monte Lapide e xúntase co Ouro
nas proximidades de Vilaúde (Alfoz).
REGO DO VAL DOS INFERNOS
Nace no Pau da Vella (O Xistral) e
xúntase co Ouro en Rolle (Alfoz).
POZO DA ONZA
No lugar de San Cristobo, parroquia de Budían
(O Valedouro).
No rego Val dos Infernos, afluente do río Ouro. A
fervenza ten unha caída de 20 m de altura en
cuarcitas.
Accedese desde Ferreira pola vella estrada que
vai a Burela e antes de chegar a Budián hai un
indicador que sinala Pozo da Onza. Ao chegar ao
lugar de San Cristobo hai un sendeiro que en 500
m conduce á fervenza.
O río Ouro na ponte medieval en Alfoz
O Ouro en San Acisclo (Foz)
Pena da Ruxida (Foz)
A Ponte Vella (Fazouro)A Ponte Vella (Fazouro)
DESEMBOCADURA: Ría de Fazouro (mar Cantábrico)
Esteiro do Ouro
Desembocadura do Alemparte
RÍO MOUCIDE ou ALEMPARTE
Nace no Couto do Azibro (serra dos Cabaleiros) e
desemboca en Alemparte (Cangas de Foz).
A COSTA
A Ronqueira (Foz)
A costa da Mariña central forma parte do tramo de costa Galega coñecido como Arco
Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, que vai desde Ribadeo ata o Cabo Ortegal, á beira do
mar Cantábrico. Comprende desde a desembocadura do río Masma, na banda esquerda da ría
de Foz, ata a punta das Laxes, en Burela e forma parte da Rasa de Ribadeo, unha plataforma
aplanada e elevada que cae directamente ao mar.
Pregamento en Burela. A costa da Mariña Central ten un grande interese xeolóxico:
cantís, furnas, pregues, praias, coídos...
Coído e cantís de Coedo, en Burela
Nas fendas húmidas dos cantís da costa cantábrica
galega podemos atopar o fento capilaria (Adiantum
capillus-veneris), un representante escaso da flora de
tempos máis cálidos, moi común como planta
Arenaria ( Honkenya peploides)
Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
Véspora sobre un cardo mariño (Eryngium
maritimum). As vésporas visitan as plantas para
cazar insectos cos que alimentan ás súas crías.
Polbo (Octopus vulgaris), nunha poza dos cantís de Foz
Ría de Foz desde San Cosme de Barreiros
RÍA DE FOZ
É unha ría de pequeno tamaño en forma de funil (máis aberta na saída ao mar que no seu
fondo) rodeada de xistos e areíscas. Nela desembocan os ríos Masma e Centiño e o rego do
Esteiro. Ten unha ampla chaira intermareal lamacenta rodeada por marismas que se
concentran na marxe dereita do interior da ría.
A Ría de Foz, xunto con parte do río Masma están protexidos como LIC. Está incluída tamén no Inventario
de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife), por ser un
importante ponto de invernada de aves acuáticas.
As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de
profundidade) e forma de funil.
Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e
posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo.
Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas de area e lama, porque a forza do
mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fora.
Praia da Rapadoira, de 340 m de lonxitude e 100 m de largor medio, abrigada e de area fina.
Na boca da ría de Foz existía unha frecha de máis de 500 m acompañada dun sistema dunar que a causa da construción
dun espigón convertiuse nun areal de grande tamaño.
Punta Escoira, límite oeste da ría de Foz
Punta dos Castelos
As Salseiras
Praia de Llas
Praia de Peizás
Praia da Pampillosa (Fazouro)
Praia da Pampillosa e desembocadura do río Ouro
RÍA DE FAZOURO
O río Ouro forma unha ampla marisma e unha pequena ría moi colmatada, pechada pola
barra areosa da praia da Pampillosa.
A marisma de Fazouro forma parte do LIC/ZEC “Río Ouro”.
Praia Area Longa desde Fazouro.
Mide 850 m de lonxitude e 21 m de largor medio. É unha praia moi batida polo vento e a ondada.
Praia de Area da Fame
Praia de San Pedro, en Cangas de Foz
Punta dos castro, en Cangas de Foz
Praia de Areoura, unha pequena praia abrigada no linde de Foz con Burela
Cantís de Arca e Punta Cabrouro, linde entre os concellos de Foz e Burela
Cantís de Arca
Cantís de Arca
Cantís, coído e pregamentos do Perdouro (Burela).
Entre o Predouro e o porto de Burela atópase Castrelo, un conxunto de grande interese xeolóxico formado por
pregamentos, distintos tipos de rochas e furnas, que so se poden visitar coa marea baixa.
A Capela, curiosa furna producida pola erosión diferencial no cantil do Castrelo (Burela)
Cantís e praia do Ril (Burela)
Praia da Marosa (Burela), unida ao casco urbano por un paseo marítimo
Curiosas formas producidas pola erosión noas rochas da Marosa (Burela)
AS ÁRBORES
Fraga no Xistral
As formacións arbóreas máis abundantes na zona costeira e nas partes baixas dos montes son
as plantacións de eucaliptos e piñeiros. Nas serras, nas áreas máis afastadas consérvanse
algunhas manchas de bosque caducifolio no que predominan os carballos, xunto con
bideuiros, capudres, pradairos, castiñeiros, pereiras bravas, acivros… Nas proximidades dos
cursos de auga consérvanse árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, lamagueiros...)
Palmeira canaria (Phoenix canariensis). Casa de Oia. Vilanova de Lourenzá.
Miden 22 e 21 m de altura.
Oliveira en Tovar (Vilanova de Lourenzá)
-2,82 m de perímetro.
Eucalipto (Eucalyptus globulus) da Casa de Reimunde
(Reiriz, Foz). -48 m de altura e máis de 10 m de perímetro.
Moreira de Cangas de Foz
ESPAZOS PROTEXIDOS
A ría de Foz é un importante punto de
invernada de aves acuáticas: corvo mariño
real, garza (real e pequena), lavanco real,
pato rabilongo, mazarico galego, pirlo
curlibico, avoceta... O corvo mariño
cristado cría nos illotes próximos e o
alavanco real nas marismas.
LIC FOZ-MASMA
O espazo inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga
Vella e Batán, a ría de Foz, e a costa ata Benquerencia; 643 ha, nesta comarca nos concellos
de Foz, Lourenzá e Mondoñedo. Parte da costa de Foz foi declarada tamén Zona de Especial
Proteción para as Aves (ZEPA), pola importancia das aves acuáticas e está incluída no
Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía
(SEO/BirdLife).
No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas e bosques de
ribeira. Destaca a presenza dun endemismo, a Cochlearia aestuarica, e o fento capilaria
(Adiantum capillus-veneris) nas fendas húmidas dos cantís.
Píllara riscada (Arenaria interpes),
unha limícola invernante habitual.
LIC RIO OURO
Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe (O Valadouro) ata a
desembocadura en Fazouro, 109 ha en terreos dos concellos de Alfoz, Foz e O Valadouro.
Os ecosistemas máis interesantes deste espazo son os bosques de ribeira ao longo de todo o
curso do río, as marismas e os areais da desembocadura.
O Ouro é un río de grande riqueza piscícola, no curso alto abonda a anguía e a troita e no baixo o reo, o
escalo e o salmón. Nas marismas podemos atopar unha boa variedade de plantas e animais. É unha
importante área de refuxio e descanso para as aves acuáticas invernantes.
Vista parcial da serra
do Xistral con
turbeiras de ladeira e
cobertor.
LIC SERRA DO XISTRAL
Espazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Nesta comarca nos
concellos de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo. A Serra do Xistral está incluída en parte na
Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.
Ten un grande interese xeolóxico (restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas,
xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo
xeo; formación graníticas) e ecolóxico (turbeiras, fragas atlánticas, especies únicas...)
A fauna é moi rica e variada. Destaca a presenza de varios endemismos mundiais como as
bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphron xistralensis.
Esfagnos
Segundo os expertos nas turbeiras do Xistral e Cadramón
atópanse o maior número de especies de esfagnos de
toda a Península ibérica e 26 especies de plantas
consideradas en perigo de extinción.
Nas turbeiras hai esfagnos (Sphagnum spp. e Sphagnum pylaessi, este último a maior poboación da
Península e unha das poucas que existen no mundo), rorellas, pinguícolas, viola (Viola palustris) hipérico
das brañas (Hypericum helodes), herba das brañas (Nardus stricta), xunca de algodón (Eriophorum
angustifolium), Narcisus triandrus e os endemismos Arnica montana subsp. atlantica, Carex durieui e
Ranunculus bulbosus subsp. gallaecicus.
Obradoiro dun zoqueiro. A elaboración de zocas
ou madreñas é un oficio moi extendido na
comarca da Mariña, aínda que na actualidade a
zoca case non se emprega para o seu uso
tradicional. No barrio dos muíños, en
Mondoñedo, hai varios obradoiros-museo onde
se pode ver o traballo dos artesáns e adquirir
pezas (cerámica, zocas, tecidos...)
RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO
Espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que
están Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz. Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de
2002.
A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior valor
ecolóxico. Nes comarca inclúe a Serra do Xistral.
Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza
e actividades humanas. Nas Terras do Miño desenvólvense todo tipo de actividades, pero
unha grande parte da poboación (o 46,7 % ) vive do sector primario, especialmente
agricultura e gandaría.
MONUMENTO NATURAL
COVAS DO REI CINTOLO
Situada en Argomoso, ao sur de
Mondoñedo, no val do río Abrea-
Valiñadares, nun terreo onde abondan
cuarcitas e lousas do Cámbrico e unha
estreita faixa de calcárias do mesmo
período.
É unha cova orixinada polas filtracións da
auga da chuvia nas rochas calcarias. A
auga fíltrase a través do terreo e
desprázase a través das diáclases e
rexurde de novo no rego Teixide.
O grande interese deste espazo reside no
valor xeolóxico das formacións calcárias e
nas especies animais pouco comúns ou
únicas que viven nel.
A Cova do rei Cintolo é a maior e máis
importante de Galiza. As súas galerías
ocupan 5,25 ha de superficie e ten unhs
6.500 m de percorridos laberínticos. Foi
declarada Monumento Natural en
novembro de 2003.
A fauna máis representativa das covas son
os morcegos e nesta podemos atopar o
grande de ferradura (Rhinolophus
ferrumequinum), o mediterráneo de
ferradura (Rhinolophus euryale), o
pequeno de ferradura (Rhinolophus
hipposideros) e o das covas (Miniopterus
acheibersi). e invertebrados como o
crustáceo Oniscus sp., o miríapodo
Lithobius sp., o coleóptero Antisphodrus
pelaus subsp. gallaecus (que se alimenta
de excrementos de morcegos), e os
moluscos Elona quimperiana e Pomatias
elegans...
Caracol Pomatias elegans
Morcego das covas
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta
febreiro 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterramonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 

What's hot (20)

Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterra
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 

Similar to Comarca Mariña Central

Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 

Similar to Comarca Mariña Central (16)

Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Hugo b.l
Hugo b.lHugo b.l
Hugo b.l
 
Hugo b.l
Hugo b.lHugo b.l
Hugo b.l
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Mariña Central

  • 2. As turbeiras do Xistral desde o Cadramón, no nacemento do río Pedrido, cabeceira do Masma A Mariña Central, forma parte, xunto coa Oriental e Occidental dunha grande comarca coñecida como A Mariña que ocupa toda a costa norte da provincia de Lugo, con fronte ao mar Cantábrico. A Mariña Central é o tramo comprendido entre a ría de Foz e Burela. O territorio diferénciase en dúas zonas: a faixa costeira, estreita e chan, que forma parte da Rasa Cantábrica; e unha sucesión de vales e serras con dirección xeral SO-NO perpendiculares ao mar que parten do Xistral, A Toxiza e Lourenzá. Os ríos principais son o Masma e o Ouro. Acolle importantes áreas naturais con varios espazos protexidos.
  • 3. SUPERFICIE: 500,9 km2 POBOACIÓN: 30.190 habitantes CONCELLOS: Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Serra do Xistral”, “Foz- Masma” e “Río Ouro”, Monumento Natural “Cova do Rei Cintolo”, Reserva da Biosfera Terras do Miño.
  • 5. ACTIVIDADES Pesca e marisqueo, industria, agrogandaría e servizos. Lourenzá
  • 7.
  • 8. PATRIMONIO Conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico: conxuntos monumentais (a cidade de Mondoñedo), castros (Fazouro, Zoñán... ), castelos (Alfoz, Tovar...), igrexas e mosteiros (San Martiño de Mondoñedo, Vilanova de Lourenzá, catedral e igrexas de Mondoñedo...), pazos, casas tradicionais, pontes, fontes.... A Ruta Norte do Camiño de Santiago atravesa a comarca desde Lourenzá a Mondoñedo, camiño de Abadín. Horreo en Lourenzá Palleira no Valadouro
  • 9. Cruz do pau da Vella, Montes do Buio. Na confluencia dos concellos de O Valadouro, Foz, Cervo e Viveiro. Hai varias hipóteses arredor deste monumento. Hai quen considera que puido ser un ara dedicada aos deuses dos camiños en época romana e que fose adoptada polo cristianismo. O topónimo coa referencia á “Vella” pode ser alusión a unha antiga deusa. Dome de San Tomé de Recaré (O Valedouro)
  • 10. Castro de Fazouro, dos séculos I e II d.C. situado no leste da praia de Arealonga. Nas escavacións atopáronse cunchas de ostras, vieiras, mexillóns, percebes e berberechos, así como anzois e pesos para redes.
  • 11. Castro de Zoñán (Mondoñedo)
  • 14. Igrexa de Adelán (Alfoz)
  • 15. Igrexa da Vila do Medio (Burela) No seu interior conserva unhas interesantes pinturas do século XVI
  • 16. Basílica prerrománica de San Martiño de Mondoñedo, dos séculos IX a XII. Declarada monumento histórico-artístico. Foi a antiga sé episcopal da diócese de Mondoñedo. No interior ten unhas pinturas murais dos séculos XIV a XVI. Nos seus muros pódese ver unha mostra das rochas da zona: lousas, xistos, calcarias, granito...
  • 17. Basílica San Martiño de Mondoñedo
  • 18. Catedral Basílica da Asunción (Mondoñedo), dos séculos XII a XVIII; declarada Monumento Nacional en 1902. Acolle os restos do mariscal Pardo de Cela.
  • 19. Catedral Basílica da Asunción (Mondoñedo)
  • 21. Cemiterio da Couboeira (Mondoñedo)
  • 22. Cruceiro na catedral de Mondoñedo Fonte Vella de Mondoñedo, do século XVI
  • 23. Fortaleza-pazo de Tovar (Lourenzá). Acolle o centro de Interpretación dos Pazos. Est´ña declarado BIC.
  • 24. CONCELLOS SUPERFICIE: 77,46 km2 POBOACIÓN: 1.903 habitantes (2014) PARROQUIAS: Adelán, Bacoi, Carballido, O Castro de Ouro, Lagoa, As Oiras, O Pereiro, O Reirado e San Pedro de Mor. Penedos graníticos na Frouxeira ALFOZ Está situado ao sur da comarca, nas abas da serra do Xistral. O territorio está formado por unha área montañosa nas estribacións do Xistral que ocupa o sur e parte do leste, cos puntos máis altos no Alto da Cruz (839 m), Montemaior (749 m), Leboreiro (672 m) e Pena do Boi (588 m); e o val do Ouro que descende ata os 250 m de altitude. A norte atópase o pequeno macizo da Frouxeira.
  • 25. Torre do Mariscal pardo de Cela en Alfoz de Castro de Ouro. Atópase no alto dun castro a carón da capela de San Salvador, desde o que hai unha fermosas vistas do val de Alfoz. Declarado Ben de Interese Turístico Nacional e Autonómico. As principais actividades son agrogandaría, o sector forestal e os servizos. A capital municipal é A Seara. É un concello de paisaxes espectaculares e zonas de grande valor natural protexidas nos LICs “Río Ouro” e “Serra do Xistral”. Tamén ten un grande patrimonio etnográfico (casas tradicionais, hórreos, palleiras, muíños) e histórico artístico (igrexas, castelos, pontes). Varias rutas indicadas permiten percorer a Frouxeira, a Serra do Xistral ou o Río Ouro. Muíño e Batán na finca Galea, en Alfoz. Unha casa rural que conta cun pequeno museo etnográfico da auga.
  • 26. SUPERFICIE: 7,93 km2 POBOACIÓN: 9.580 habitantes (2015) PARROQUIAS: Santa María de Burela Vista de Burela desde o miradoiro da Área de lecer do monte Castelo BURELA Situado no estremo suroeste da comarca, no linde con Cervo. O territorio sitúase entre o final da Rasa Cantábrica, na zona máis baixa e estreita da mesma, e as últimas estribacións dos Montes do Buio, co cume máis alto no monte Buio ou Abedoenda, con 421 m.
  • 27. Detalle dunha furna na costa de Burela no lugar chamado A Capela de Coedo. Burela é un dos concellos máis novos, separado do de Cervo en 1994. As principais actividades son a pesca, a industria e os servizos. Nos últimos anos o seu porto pesqueiro, especializado na pesca de túnidos, acadou un grande desenvolvemento. A súa costa ten un enorme interese natural e conserva excelentes mostras de pregamentos e furnas. Porto de Burela, o principal porto pesqueiro e de mercadorías da Galiza cantábrica, especializado en pesca de altura (gran Sol), e costeira do bonito. A súa lonxa é unha das máis importantes de Galiza.
  • 28. SUPERFICIE: 100,25 km2 POBOACIÓN: 9.899 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cangas, Cordido, fazouro, Foz, Nois, San Martiño de Mondoñedo, Santa Cilla do Valadouro, Santo Acisclo do Valadouro e Vilaronte. Foz desde a punta de San Bartolo. A vila de Foz é de orixe fenicia. No verán convértese nun importante foco de atracción turística. FOZ Situado ao noroeste da comarca, entre os montes de Buio, que lle fan de linde polo oeste, e o val do río Masma no leste. A zona costeira está ocupada por unha faixa chan que forma parte da Rasa Cantábrica que se estende ao longo da costa, de NO a SE. Perpendicularmente á costa hai unha alternancia de vales fluviais (Masma, Centiño, Ouro, Moucide) e pequenos sistemas montañosos que non sobrepasan os 450 m de altitude. Ao sur sitúanse o Macizo da Frouxeira, Pena do Voitre, Alto de Virín, con 493 m, e Corneira, nos lindes con Alfoz, Mondoñedo e Lourenzá. A máxima altitude é o Pelobrinco (477 m), nos montes do Buio.
  • 29. As principais actividades son os servizos (comercio, hostelería...), a agrogandaría e o sector forestal e, en menor medida, a pesca. Ten unha costa interesante con lugares de grande valor xeolóxico e ecolóxico. Parte do concello forma parte do LIC “Ría de Foz-Masma”. Acolle un importante patrimonio histórico artistico no que destaca o castro de Fazouro e a basílica de San Martiño de Mondoñedo. Varias rutas indicadas permiten percorrer os lugares de maior interese: a costa, os montes da Frouxeira e Corneira, o miradoiro do Pico da Lebre (Bispo Santo), as igrexas románicas... Igrexa de Cangas de Foz Foz
  • 30. SUPERFICIE: 62,61 km2 POBOACIÓN: 2.338 habitantes (22014) PARROQUIAS: Lourenzá, San Tomé de Lourenzá, San Xurxo de Lourenzá e Santo Adrao de Lourenzá. Vista de Vilanova de Lourenzá LOURENZÁ Situado no surleste da comarca. O territorio está formado por unha depresión tectónica rodeada de montañas, modelada polos ríos Batán e Baos, afluentes do Masma que circulan con dirección sur-norte. Ao norte pequenos cumes (Pena do Voitre, Alto de Virín, con 493 m, e Corneira): ao leste a serra da Cadeira (Orrea, con 600 m); ao sur e oeste a serra de Lourenzá, coa Pena do Porco, a máxima altitude do concello, con 726 m. O río Masma percorre o norte do concello de oeste a leste.
  • 31. Mosteiro de San Salvador de Lourenzá e igrexa de Santa María de Valdeflores. O mosteiro foi fundado polo Conde Santo no século X e reformado posteriormente. A fachada é do século XVII. No claustro consérvase un “Pozo Santo”, que segundo a tradición ten augas que curaban as doenzas dos peregrinos. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal, os servizos e a industria. A capital municipal é Vilanova de Lourenzá. Destaca o cultivo das fabas, ás que se lle dedica unha festa e un Centro de Interpretación. Os lugares de interese natural están asociados aos ríos e ás serras nos que se poden facer rutas de sendeirismo con paisaxes espectaculares. Ten un importante patrimonio histórico-artístico e etnográfico: pazos, igrexas, mosteiros, casas tradicionais, hórreos.
  • 32. SUPERFICIE: 142,60 km2 POBOACIÓN: 4.611 habitantes (2015). PARROQUIAS: Argomoso, O Carme, A Couboeira, Figueiras, Lindín, Masma, Monmdoñedo, Oirán, Os Remedios, San Vicente de Trigás, santa María Maior, Santiago de Mondoñedo, Sasdónigas, Vilamor e Viloalle. Vista de Mondoñedo desde o Alto da Cruz da Cancelada MONDOÑEDO Situado ao sur da comarca. O centro do territorio é un profundo e amplo val en forma de Y invertido polo que circulan o Valiñadares e o Tronceda. O Masma percorre o concello polo noroeste. Rodeando este val un conxunto de serras. Ao norte as estribacións da serra da Cadeira, ao oeste a Toxiza e O Pico e no sur e leste as serras de Lourenzá e Carracedo. O cume máis alto do concello é A Toxiza, con 833 m.
  • 33. Alameda dos Remedios, onde se celebrou a primeira Festa da árbore de Europa, no século XVI. As principais actividades son os servizos (comercio, hostelaría, turismo), a agrogandaría, a silvicultura e a industria. Ten importantes valores naturais: o Monumento Natural “Covas do rei Cintolo”, a serra da Toxiza, incluída no LIC “Serra do Xistral”, fervenzas e paisaxes espectaculares. O patrimonio histórico artístico e etnográfico é moi relevante: o conxunto histórico de Mondoñedo (Catedral-Basílica da Asunción, Seminario Maior de Santa Caterina, Fonte Vella, Igrexa dos Remedios), o convento dos Picos, casas tradicionais, muíños, pontes, fornos de cal... A Ruta Norte do Camiño de Santiago cruza o concello procedente de Lourenzá. Praza da Catedral
  • 34. SUPERFICIE: 110,39 km2 POBOACIÓN: 2.069 habitantes (2014) PARROQUIAS: Budián, O Cadramón, Ferreira, Frexulfe, A Laxe, Moucide, Recaré, San Tomé de Recaré, Santa Cruz do Valadouro e Vilacampa. Paisaxe rural do Valadouro co Cadramón ao fondo, o cume máis altos do concello e da comarca. O VALADOURO Ocupa o suroeste da comarca. O val do río Ouro ocupa o leste do concello e atravésao de SO a NL formando unha ampla veiga xunto cos numerosos afluentes que baixan das serras (o principal é o río Ferreira). No norte están as serras dos Cabaleiros e O Buio; no leste e sur o Xistral, co cume máis alto do concello no Cadramón, con 1.060 m. O Valadouro é un concello de fortes contrastes entre o val e as serras con grandes diferenzas paisaxísticas e ambientais, desde os húmidos cumes do Xistral ocupados por turbeiras, ata o acolledor val de Ferreira, xa nas proximidades da costa.
  • 35. Igrexa de Santa Filomena do Cadramón As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos. A capital municipal é Ferreira. Parte do territorio está protexido nos LICs “Serra do Xistral” e “Río Ouro”. Ten importantes restos arqueolóxicos: antas, mámoas, castros e un rico patrimonio histórico- artístico e etnográfico: pazos, igrexas, casas tradicionais, hórreos, palleiras, pontes... Casa labrega característica da Mariña
  • 36. RELEVO A Toxiza desde o Cadramón. O Cadramón, na serra do Xistral, e A Toxiza, son os cumes máis altos da comarca. Agás unha estreita faixa costeira, o relevo da comarca é unha sucesión de serras e vales orientados cara ao nordeste. Ao sur atópanse as serras da Toxiza, Lourenzá e Carracedo; ao oeste o Buio e O Xistral (coa máxima altura da comarca no monte Cadramón, con 1.060 m) e ao leste a serra da Cadeira.
  • 37. Rasa Cantábrica e Montes do Xirgo e Pelobrinco (detrás vese a serra dos Cabaleiros) desde a costa de Cangas de Foz. Os montes perden altura a medida que se aproximan á costa da que os separa a Rasa Cantábrica.
  • 38. Os materiais son moi variados: xistos, lousas, cuarcitas, granitos, calcárias... o que da lugar tamén a formas de relevo moi diversas: cumes redondeados de formas suaves, macizos graníticos con grandes bolos e penedos, cristas de cuarcita, covas... Granitos no Cadramón
  • 40. Penedos no Campo da Cruz, O Xistral
  • 41. Fraga do río Seco entre as abas dos montes de Carracedo e Lourenzá A vexetación é moi variada, nos cumes e vales de montaña hai turbeiras, pasteiros ou mato formado por breixos e toxos. Nas abas escarpadas e nos lugares máis afastados fragas naturais formadas por carballos acompañados doutras especies atlánticas, e nas áreas de mellor acceso grandes masas de eucaliptos e piñeiros de repoboación. A fauna das montañas é tamén moi variada cunha grande riqueza de mamíferos, aves, réptiles, anfibios e invertebrados, en especial insectos. Landras de carballo (Quercus robur), a árbore máis representativa das fragas atlánticas.
  • 42. Acivros (Ilex aquifolium) nos montes do Buio
  • 43. Vexetación típica de turbeiras: esfagnos e rorela (Drosera rotundifolia), unha planta carnívora típica de espazos asolagados pobres en nutrintes.
  • 44. Nos cumes, debido á grande pluviosidade e humidade, fórmanse numerosa cursos de auga e zonas asulagadas que dan lugar a turbeiras ou tremoais.
  • 45. Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa en medios con alto nivel de humidade. Xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), unha especie típica de solos asolagados coas envolturas florais (perianto) formadas por finas febras brancas, de ata 5 cm de lonxitude, que lle dan un aspecto
  • 46. Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) Lebre (Lepus granatensis)
  • 47. Coenonympha glycerion, bolboreta de espazos húmidos e abertos
  • 48. SERRA DO XISTRAL Orientada NNE-SSO, ao longo de 13 km, entre os concellos de Valadouro, Abadín e Muras. Formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, e nas partes altas hai afloramentos de granito. Os picos máis altos nesta comarca son o Cadramón (1.060 m), e o Seixo Branco (1.015 m), no linde entre O Valadouro, Abadín e Muras). A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo. O Cadramón, o cume máis alto da comarca
  • 49. Serra do Xistral desde o Cadramón. Ao fondo o pico do Xistral. O Xistral ten un grande interese ecolóxico por acoller unhas das mellores turbeiras de Europa e especies únicas ou moi escasas e de grande valor.
  • 50. Vista desde o Xistral cara á Toxiza Está declarada LIC xunto coa serra da Carba e A Toxiza, e forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares da Mariña e a Terra Cha. Accedese desde Ferreira e Alfoz.
  • 51. Masas rochosas do Cadramón e cara leste da serra do Xistral
  • 52. Penido Novo e Penido Vello, os últimos cumes do Xistral cara ao norte
  • 53. “Prado das Chantas”, un espazo circular rodeado de pedras fincadas. Non se sabe se son os restos dun antigo curro ou un dos poucos círculos líticos que se conservan en Galiza.
  • 54. Treboada no Xistral No Xistral rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m2 ) e ás abondantes néboas que producen precipitacións horizontais.
  • 55. O alto nivel de humidade permite a pervivencia de especies arbustivas enriba das pedras
  • 56. Pau da Vella, o cume máis alto da serra, cuberto de turbeiras MONTES DE BUIO Son a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, nos concellos de O Valadouro, Viveiro e Xove. Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O cume máis alto e o Pau da Vella, con 702 m, na confluencia de O Valadouro, Xove, Cervo e Viveiro. Na aba leste dos montes do Buio nacen varios regos afluentes do Ouro.
  • 57. O Pau da Vella
  • 58. Montes do Buio e detrás Montes dos Cabaleiros. O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras de cobertor. Accedese desde a estrada de O Valadouro a Viveiro, por Laxamoura (pista de terra) ou polo curro de Candaoso.
  • 59. Vista da serra da Toxiza. Á esquerda o pico da Toxiza, no centro o Miradoiro da Toxiza e á dereita as cristas rochosas do Pombeiro. SERRA DA TOXIZA É un macizo de contorno circular formado por unha grande masa de granodioritas que chega desde preto de Mondoñedo ata Ferreira do Valedouro. Acada 838 m de altura máxima. A erosión do granito formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está repoboado con piñeiros. Destacan as formacións de turbeiras. Desde o cume hai unhas excelentes vistas sobre Mondoñedo, a Serra do Xistral e o Valadouro. Accedese desde Mondoñedo pola estrada de Zuñán, desde a área recreativa da Fervenza, desde Tronceda, desde Alfoz ou desde Abadín.
  • 60. Penedo granítico de grandes dimensións ao pé do cume da Toxiza
  • 62. Penedos graníticos. O alto nivel de humidade favorece o asentamento de vexetación nos ocos das pedras e a formación, sobre elas, de capas de turba.
  • 63. AS TURBEIRAS Son medios permanentemente saturados de auga nos que as condicións de asolagamento permanente provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores que viven no solo, polo que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse en forma de turba. Tamén se coñecen co nome de tremoais, brañas ou veigas.
  • 64. No Xistral podemos atopar varios tipos de turbeiras: TURBEIRAS DE COBERTOR: recobren os cumios dos montes máis altos e instálanse sobre depósitos de tipo periglaciar. O Xistral contén o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica TURBEIRAS DE LADEIRA: aparecen en pendentes nas que a auga escorre xusto por debaixo da superficie nas que a falta de solo so permite o asentamento de brións. Xeralmente levan un rego asociado. TURBEIRAS DE OBTURACIÓN DE VAL: fórmanse en vales onde na época glaciar se depositaron morrenas que dificultaron a saída da auga. TURBEIRAS DE ALVÉOLO: aparecen en áreas de rochas graníticas na que as rochas disgregadas deposítanse nas canles de drenaxe e provocan a retención de auga creando o ambiente propicio para o desenvolvemento dos vexetais formadores de turba. TURBEIRAS DE FONDO DE VAL: desenvólvense en vales onde a auga non evacua suficientemente. Son zonas achairadas recheas de sedimentos. Estas turbeira adoitan ser de grandes dimensións. Pódese ver no nacemento do Ouro. Detalle de turba. Nalgúns puntos do Xistral a turba acada os 3 m de espersor, co que considerando a súa velocidade de formación, dalle unha antigüidade de máis de 7.000 anos.
  • 65. Turbeira nos cumes do Penido Vello
  • 66. Serra de Lourenzá vista desde o alto da Cruz da Cancelada. Á dereita o monte Padornelo. SERRA DE LOURENZÁ Cadea montañosa de direción NE-SO, nos concellos de A Pastoriza e Mondoñedo, limitada polo leste polo val do Valiñadares, afluente do Masma. Os picos máis altos son A Revolta, con 785 m, o Monte da Farrapa, con 746 m e O Padornelo con 620 m. Desde o Padornelo, ao que se accede desde Lindín, hai unhas boas vistas da serra da Toxiza, do val de Mondoñedo e a costa de Foz. Na ladeira occidental da serra de Lourenzá atópase a Cova do Rei Cintolo Accedese desde a estrada de Mondoñedo a Meira.
  • 67. O Padornelo desde Mondoñedo Vista de Mondoñedo desde O Padornelo, nun día de tormenta
  • 69. A FROUXEIRA É unha montaña de 429 m de altura situada entre os concellos de Foz e Alfoz. Én un grande domo de granito rosado con formacións de grandes penedos e bolos. No cume atópanse os restos do castelo do Mariscal Pardo de Cela, e desde el pódense gozar de vistas panorámicas da costa de Foz e do Valadouro. Accedese desde a estrada de Foz a Alfoz. Restos do castelo do Mariscal Pardo de Cela no cume da Frouxeira.
  • 70. Vista da costa de Foz desde o alto da Frouxeira
  • 71. Cume do monte Carracedo, entre as comarcas da Mariña Central, Meira e A Terra Cha MONTES DE CARRACEDO Fan de linde entre Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto e A Pastoriza. O punto máis alto é O Carracedo, con 833 m. Están cubertos por pasteiros agás nos terreos en costa onde se conservan fragas en bo estado, ou están repoboados con piñeiros e eucaliptos. Accedese desde a estrada de Lourenzá ou Mondoñedo a Meira e A Pastoriza. No cruce da estrada de Mondoñedo e Lourenzá, no Alto da Cancelada hai unha vista panorámica do Val de Lourenzá e as serras limítrofes.
  • 72. Vista sobre o val do río de Batán en Lourenzá SERRA DA CADEIRA Situada ao leste do río Masma, entre o Val de Lourenzá e o val do Eo. O punto máis alto é Cerrochán, con 776 m. Accedese desde San Tomé de Lourenzá. Bosque na aba da Cadeira
  • 73. OS RÍOS Río Masma A comarca da Mariña Central está drenada por varios ríos que circulan con dirección xeral SO- NE, desde as serras septentrionais cara ao Cantábrico: o Masma, que fai de linde polo leste en parte do territorio coa Mariña Oriental, o Centiño, o Ouro e o Moucide. Os ríos teñen os cursos altos encaixados, con rápidos, saltos e fervenzas e con numerosos afluentes que baixan das serras e que incrementan o caudal en grande medida. Teñen um réxime pluvial, con augas altas no inverno e primavera. Curso alto do río Ouro
  • 74. Barrio dos Muíños en Mondeñedo. Conxunto etnográfico e artesanal ao pé do río Valiñadares Arredor dos cursos fluviais consérvanse ecosistemas de grande riqueza, tanto nas súas augas, como nas beiras, e un rico patrimonio etnográfico (muíños, canles de rego, lavadoiros) e histórico-artístico (pontes).
  • 75. Pe de boi e amieiras Algas e espigas de auga nunha das lagoas en Alfoz
  • 76. Patinadores ou zapateiros, insectos que vive nas zonas remansadas onde se alimenta de pequenos animais. Desprázanse sobre a superficie da auga aproveitando a tensión superficial. Garza real (Ardea cinerea)
  • 77. Esteiro do Masma, no fondo da ría Foz. RÍO MASMA Nace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral). No seu tramo superior o Masma, cando aínda se chama Pedrido e logo Tronceda, presenta unha forte pendente que se suaviza nos seus derradeiros 20 km. Discorre sinuoso drenando os amplos vales de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros e desemboca na ría de Foz despois dun percorrido de 46,2 km. Tén un réxime pluvial oceánico. Recibe pola dereita o Valiñadares (Cesuras) e Batán (Baus); e pola esquerda o Fraga Vella ou Figueiras, Couboeira e Oirán. Está declarado LIC. O esteiro está incluído tamén no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife)
  • 78. Ponte sobre o Masma en Mondoñedo Ponte do Pasatempo sobre o Valiñadares en Mondoñedo. Segundo a tradición nesta ponte entretiveron á muller de Pardo ce Cela cando viña co indulto, sen poder así evitar que mataran ao Mariscal.
  • 79. Río Baos en Vilanova de Lourenzá. Xunto co Batán forman o val de Lourenzá.
  • 80. SALTO DO CORO Na parroquia de Santiago de Fora (Mondoñedo). No rego do Coro, afluente do Río Valiñadares (que despois se xunta con Tronceda ou Masma). O salto principal cae en lousas e xistos desde unha altura de 15 m e forma un pozo moi acolledor. Río abaixo hai outros pequenos saltos. A zona está acondicionada. Accedese desde Mondoñedo pola estrada que vai a Argomoso e á Cova do Rei Cintolo.
  • 81. A FERVENZA Entre as parroquias de Viloalle e Mondoñedo (concello de Mondoñedo). O río Tronceda, que máis adiante se chama Masma, nace na Serra do Xistral entre os Picos do Seixo Branco e O Cadramón. Ao seu paso pola zona de Mondoñedo encáixase nun canón de granito formando varias fervenzas e tobogáns. A máis grande ten 15 metros en tre saltos. Accedese desde a estrada de Mondoñedo a Foz, polo descvío que vaia a Ferreira (Valedouro). Ao chegar a Ferrería, aproximadamente a 2,5 km, crúzase a ponte e cóllese a pista da esquerda que segue río arriba e chégase a unha área de lecer.
  • 82. FERRERÍA Na parroquia de Viloalle (Mondoñedo).O rego de Ferrería ou Augavalva, é un afluente do Figueiras (Masma) que ven da Serra da Toxiza. Cae en grandes saltos verticais en rochas graníticas con numerosas fervenzas e rápidos, a de máis altura pode acadar máis de 30 m. Accédese desde a estrada de Mondoñedo a Foz polo o desvío a Ferreira (Valedouro). Desde alí sóbese polo monte seguindo o val do río. É dificil de ver polo accidentado do releve e a presenza de eucaliptos.
  • 83. Muíño no tramo final do río Centiño (Foz) RÍO CENTIÑO Nace no Couto da Frouxeira (Serra do Xistral), pasa por terras de Mondoñedo e desemboca en Vilaxoane na ría de Foz.
  • 84. RÍO OURO Nace no Cadramón (Serra do Xistral). No seu curso alto descende torrencialmente. Logo remánsase no amplo val do Valadouro e ata a súa desembocadura en Fazouro, recolle as augas de Alfoz e Foz nun curso case meándrico. Na desembocadura, despois 30 km de percorrido, forma unha ampla marisma ao atoparse coa barra areosa da praia de Fazouro. Recibe pola dereita o Beloi e Cobos; e pola esquerda o Furna, Porto, Fraga das Lerias, Bao e Ferreira. Os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe están protexidos no LIC “Río Ouro” O Ouro en Esteleiro (O Cadramón)
  • 85. RÍO FURNA Nace entre O Cadramón e O Xistral e xúntase co Ouro en Esteleiro. É a fonte máis lonxana do río Ouro.
  • 86. RÍO DA FRAGA DAS LERIAS Nace no monte do Curro (O Xistral) e xúntase co Ouro en Frexulfe. Fervenza en Frexulfe
  • 87. A FERVENZA, FERVENZA SO ESCOURIDAL No río Guilfonso, tramo alto do Ouro. No linde entre O Cadramón (O Valadouro) e O Pereiro (Alfoz). Unha sucesión de saltos e tobogáns en rochas graníticas que en conxunto acadan uns 70 m de altura. Accedese desde a igrexa de O Cadramón. Cóllese a estrada que vai a O Pereiro e un pouco máis adiante o desvío que vai a Liñarega, A Abeleira e Asteleiro. En Asteleiro déixase o coche e a carón dos hórreos collése un sendeiro, á dereita, que atravesa a eira dunha casa e baixa cara ao río rodeando o monte onde podemos ver unha pequena fervenza. Logo continuamos subindo e chegamos á parte baixa da fervenza principal (1 km). Outra ruta condúcenos á parte alta da fervenza e tamén se pode ver de lonxe desde a entrada que vai ao Pereiro.
  • 88. REGO DE CORVELLE Un afluente do Ouro que baixa do Pena da Cadela (Xistral). Nas proximidades das Rozadas (O Cadramón) cae nun forte desnivel con varias fervenzas, a máis grande duns 50 m de altura. Accedese desde San Xurxo do Cadramón. Cóllese, ao pé da igrexa, a estrada ao Pereiro e nela o primeiro desvío á esquerda que vai ás Rozadas. Dentro da localidade o desvío á esquerda e a douscentos metros un camiño á esquerda, que logo desaparece. Hai que camiñar cara á dereita por entre os eucaliptos ata un punto no que se ve un resalte rochoso ao outro lado do val e varios grupos de pedras pola beira que imos. Hai que achegarse a elas, por entre o mato por onde se poida, deixándoas sempre á esquerda, pola dereita a caída é vertical e o acceso imposible. Subindo ao grupo de pedras do medio temos unha boa vista da fervenza. Para ver as fervenzas pequenas, da parte alta, pódese ir desde as Rozadas collendo un camiño á esquerda que baixa ao río e cruzalo. Xusto despois cóllese un camiño á dereita que vai a uns muíños en ruínas, entre os que están as fervenzas. Tamén se pode ir saíndo do Cadramón cara a Ferreira e, pasado o río, coller o primeiro camiño á dereita ata chegar ao río e, sen cruzalo, o camiño á esquerda que vai aos muíños.
  • 89. O Ouro entre Lagoa e San Pedro Mor (Alfoz)
  • 90. Lagoas a carón do Ouro En Lagoa (Alfoz)
  • 91. RÍO FERREIRA Nace no monte Lapide e xúntase co Ouro nas proximidades de Vilaúde (Alfoz).
  • 92. REGO DO VAL DOS INFERNOS Nace no Pau da Vella (O Xistral) e xúntase co Ouro en Rolle (Alfoz). POZO DA ONZA No lugar de San Cristobo, parroquia de Budían (O Valedouro). No rego Val dos Infernos, afluente do río Ouro. A fervenza ten unha caída de 20 m de altura en cuarcitas. Accedese desde Ferreira pola vella estrada que vai a Burela e antes de chegar a Budián hai un indicador que sinala Pozo da Onza. Ao chegar ao lugar de San Cristobo hai un sendeiro que en 500 m conduce á fervenza.
  • 93. O río Ouro na ponte medieval en Alfoz
  • 94. O Ouro en San Acisclo (Foz)
  • 95. Pena da Ruxida (Foz)
  • 96. A Ponte Vella (Fazouro)A Ponte Vella (Fazouro)
  • 97. DESEMBOCADURA: Ría de Fazouro (mar Cantábrico) Esteiro do Ouro
  • 98. Desembocadura do Alemparte RÍO MOUCIDE ou ALEMPARTE Nace no Couto do Azibro (serra dos Cabaleiros) e desemboca en Alemparte (Cangas de Foz).
  • 99. A COSTA A Ronqueira (Foz) A costa da Mariña central forma parte do tramo de costa Galega coñecido como Arco Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, que vai desde Ribadeo ata o Cabo Ortegal, á beira do mar Cantábrico. Comprende desde a desembocadura do río Masma, na banda esquerda da ría de Foz, ata a punta das Laxes, en Burela e forma parte da Rasa de Ribadeo, unha plataforma aplanada e elevada que cae directamente ao mar.
  • 100. Pregamento en Burela. A costa da Mariña Central ten un grande interese xeolóxico: cantís, furnas, pregues, praias, coídos...
  • 101. Coído e cantís de Coedo, en Burela
  • 102. Nas fendas húmidas dos cantís da costa cantábrica galega podemos atopar o fento capilaria (Adiantum capillus-veneris), un representante escaso da flora de tempos máis cálidos, moi común como planta Arenaria ( Honkenya peploides) Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
  • 103. Véspora sobre un cardo mariño (Eryngium maritimum). As vésporas visitan as plantas para cazar insectos cos que alimentan ás súas crías. Polbo (Octopus vulgaris), nunha poza dos cantís de Foz
  • 104. Ría de Foz desde San Cosme de Barreiros RÍA DE FOZ É unha ría de pequeno tamaño en forma de funil (máis aberta na saída ao mar que no seu fondo) rodeada de xistos e areíscas. Nela desembocan os ríos Masma e Centiño e o rego do Esteiro. Ten unha ampla chaira intermareal lamacenta rodeada por marismas que se concentran na marxe dereita do interior da ría. A Ría de Foz, xunto con parte do río Masma están protexidos como LIC. Está incluída tamén no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife), por ser un importante ponto de invernada de aves acuáticas. As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de profundidade) e forma de funil. Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo. Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas de area e lama, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fora.
  • 105. Praia da Rapadoira, de 340 m de lonxitude e 100 m de largor medio, abrigada e de area fina. Na boca da ría de Foz existía unha frecha de máis de 500 m acompañada dun sistema dunar que a causa da construción dun espigón convertiuse nun areal de grande tamaño.
  • 106. Punta Escoira, límite oeste da ría de Foz
  • 111. Praia da Pampillosa (Fazouro)
  • 112. Praia da Pampillosa e desembocadura do río Ouro RÍA DE FAZOURO O río Ouro forma unha ampla marisma e unha pequena ría moi colmatada, pechada pola barra areosa da praia da Pampillosa. A marisma de Fazouro forma parte do LIC/ZEC “Río Ouro”.
  • 113. Praia Area Longa desde Fazouro. Mide 850 m de lonxitude e 21 m de largor medio. É unha praia moi batida polo vento e a ondada.
  • 114. Praia de Area da Fame
  • 115. Praia de San Pedro, en Cangas de Foz
  • 116. Punta dos castro, en Cangas de Foz
  • 117. Praia de Areoura, unha pequena praia abrigada no linde de Foz con Burela
  • 118. Cantís de Arca e Punta Cabrouro, linde entre os concellos de Foz e Burela
  • 121. Cantís, coído e pregamentos do Perdouro (Burela). Entre o Predouro e o porto de Burela atópase Castrelo, un conxunto de grande interese xeolóxico formado por pregamentos, distintos tipos de rochas e furnas, que so se poden visitar coa marea baixa.
  • 122. A Capela, curiosa furna producida pola erosión diferencial no cantil do Castrelo (Burela)
  • 123. Cantís e praia do Ril (Burela)
  • 124. Praia da Marosa (Burela), unida ao casco urbano por un paseo marítimo
  • 125. Curiosas formas producidas pola erosión noas rochas da Marosa (Burela)
  • 126. AS ÁRBORES Fraga no Xistral As formacións arbóreas máis abundantes na zona costeira e nas partes baixas dos montes son as plantacións de eucaliptos e piñeiros. Nas serras, nas áreas máis afastadas consérvanse algunhas manchas de bosque caducifolio no que predominan os carballos, xunto con bideuiros, capudres, pradairos, castiñeiros, pereiras bravas, acivros… Nas proximidades dos cursos de auga consérvanse árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, lamagueiros...)
  • 127. Palmeira canaria (Phoenix canariensis). Casa de Oia. Vilanova de Lourenzá. Miden 22 e 21 m de altura.
  • 128. Oliveira en Tovar (Vilanova de Lourenzá) -2,82 m de perímetro. Eucalipto (Eucalyptus globulus) da Casa de Reimunde (Reiriz, Foz). -48 m de altura e máis de 10 m de perímetro.
  • 129. Moreira de Cangas de Foz
  • 130. ESPAZOS PROTEXIDOS A ría de Foz é un importante punto de invernada de aves acuáticas: corvo mariño real, garza (real e pequena), lavanco real, pato rabilongo, mazarico galego, pirlo curlibico, avoceta... O corvo mariño cristado cría nos illotes próximos e o alavanco real nas marismas. LIC FOZ-MASMA O espazo inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella e Batán, a ría de Foz, e a costa ata Benquerencia; 643 ha, nesta comarca nos concellos de Foz, Lourenzá e Mondoñedo. Parte da costa de Foz foi declarada tamén Zona de Especial Proteción para as Aves (ZEPA), pola importancia das aves acuáticas e está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife). No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas e bosques de ribeira. Destaca a presenza dun endemismo, a Cochlearia aestuarica, e o fento capilaria (Adiantum capillus-veneris) nas fendas húmidas dos cantís. Píllara riscada (Arenaria interpes), unha limícola invernante habitual.
  • 131. LIC RIO OURO Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe (O Valadouro) ata a desembocadura en Fazouro, 109 ha en terreos dos concellos de Alfoz, Foz e O Valadouro. Os ecosistemas máis interesantes deste espazo son os bosques de ribeira ao longo de todo o curso do río, as marismas e os areais da desembocadura. O Ouro é un río de grande riqueza piscícola, no curso alto abonda a anguía e a troita e no baixo o reo, o escalo e o salmón. Nas marismas podemos atopar unha boa variedade de plantas e animais. É unha importante área de refuxio e descanso para as aves acuáticas invernantes.
  • 132. Vista parcial da serra do Xistral con turbeiras de ladeira e cobertor. LIC SERRA DO XISTRAL Espazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Nesta comarca nos concellos de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo. A Serra do Xistral está incluída en parte na Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Ten un grande interese xeolóxico (restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo; formación graníticas) e ecolóxico (turbeiras, fragas atlánticas, especies únicas...) A fauna é moi rica e variada. Destaca a presenza de varios endemismos mundiais como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphron xistralensis.
  • 133. Esfagnos Segundo os expertos nas turbeiras do Xistral e Cadramón atópanse o maior número de especies de esfagnos de toda a Península ibérica e 26 especies de plantas consideradas en perigo de extinción. Nas turbeiras hai esfagnos (Sphagnum spp. e Sphagnum pylaessi, este último a maior poboación da Península e unha das poucas que existen no mundo), rorellas, pinguícolas, viola (Viola palustris) hipérico das brañas (Hypericum helodes), herba das brañas (Nardus stricta), xunca de algodón (Eriophorum angustifolium), Narcisus triandrus e os endemismos Arnica montana subsp. atlantica, Carex durieui e Ranunculus bulbosus subsp. gallaecicus.
  • 134. Obradoiro dun zoqueiro. A elaboración de zocas ou madreñas é un oficio moi extendido na comarca da Mariña, aínda que na actualidade a zoca case non se emprega para o seu uso tradicional. No barrio dos muíños, en Mondoñedo, hai varios obradoiros-museo onde se pode ver o traballo dos artesáns e adquirir pezas (cerámica, zocas, tecidos...) RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO Espazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que están Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz. Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002. A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior valor ecolóxico. Nes comarca inclúe a Serra do Xistral. Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza e actividades humanas. Nas Terras do Miño desenvólvense todo tipo de actividades, pero unha grande parte da poboación (o 46,7 % ) vive do sector primario, especialmente agricultura e gandaría.
  • 135. MONUMENTO NATURAL COVAS DO REI CINTOLO Situada en Argomoso, ao sur de Mondoñedo, no val do río Abrea- Valiñadares, nun terreo onde abondan cuarcitas e lousas do Cámbrico e unha estreita faixa de calcárias do mesmo período. É unha cova orixinada polas filtracións da auga da chuvia nas rochas calcarias. A auga fíltrase a través do terreo e desprázase a través das diáclases e rexurde de novo no rego Teixide. O grande interese deste espazo reside no valor xeolóxico das formacións calcárias e nas especies animais pouco comúns ou únicas que viven nel. A Cova do rei Cintolo é a maior e máis importante de Galiza. As súas galerías ocupan 5,25 ha de superficie e ten unhs 6.500 m de percorridos laberínticos. Foi declarada Monumento Natural en novembro de 2003.
  • 136. A fauna máis representativa das covas son os morcegos e nesta podemos atopar o grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum), o mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) e o das covas (Miniopterus acheibersi). e invertebrados como o crustáceo Oniscus sp., o miríapodo Lithobius sp., o coleóptero Antisphodrus pelaus subsp. gallaecus (que se alimenta de excrementos de morcegos), e os moluscos Elona quimperiana e Pomatias elegans... Caracol Pomatias elegans Morcego das covas
  • 137. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta febreiro 2017