SlideShare a Scribd company logo
1 of 116
A MARIÑA
OCCIDENTAL
A NATUREZA
Serra do Xistral
A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido
entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña,
polo oeste. O relevo é moi irregular cunha sucesión de serras, de dirección S-N,
perpendiculares á costa e que separan os vales dos diferentes ríos. A costa é igualmento moi
variada con alternancia de rías e costa exposta con cantís e illas. As principais alturas
atópanse no sur, nas estribación do Xistral, no linde entre Ourol, O Valadouro e Muras.
Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e
cultural.
SUPERFICIE: 426,4 km2
POBOACIÓN: 26.729
habitantes (2014)
CONCELLOS: Cervo, Ourol, O
Vicedo, Viveiro e Xove.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Costa da Mariña
Occidental”, “Río Landro”,
“Serra do Xistral”;
Monumento Natural “Souto
da Retorta de Chavín”;
Reserva da Biosfera “Terras
do Miño”.
CLIMA
Oceánico húmido, con veráns frescos.
Cantís de Morás e illa Ansarón
ACTIVIDADES
Pesca, marisqueo, industria, servizos, agrogandaría e explotacións forestais.
Porto de Celeiro (Viveiro)
PATRIMONIO
O patrimonio etnográfico e histórico artístico é un dos atractivos desta comarca na que
podemos atopar conxuntos históricos como o de Viveiro, numerosos núcleos tradicionais,
pazos, igrexas, mosteiros, pontes, muíños, salgas, ferrerías...
Antigo forno da fábrica de Sargadelos
Salga en San Cibrao
Unha rúa de Viveiro Igrexa de Santa María do Campo (Viveiro)
Igrexa de San Francisco (Viveiro)
CONCELLOS
CERVO
Está situado ao norte da comarca, á beira do mar Cantábtico. O territorio tén dúas zonas
diferenciadas. A do norte de releve chan, con pequenas elevacións e a do sur na que aparecen
as serras dos Cabaleiros, e os montes de Buio. O cume mais alto do concello é o Pau da Vella,
con 705 m, onde se xuntan Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove.
Os ríos máis importantes son o Xunco e o Covo que circulan con dirección sur-norte.
SUPERFICIE:
77,74 km2
POBOACIÓN:
4.369 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa,
San Román de Vilaestrofe
e Sargadelos.
Vista de San Cibrao
Instalacións da fábrica de cerámica de Sargadelos nas
que se producen louza e figuras dunha alta calidade
material, técnica e artística. As instalacións pódense
visitar durante a xornada laboral.
As principais actividades son a pesca, a industria (destaca a presenza das fábricas de
Sargadelos e Alúmina-Alumnio), os servizos, a agrogandaría e as explotacións forestais.
Acolle importantes valores naturais, sobre todo na costa, nos vales dos ríos e nos montes.
Unha pequena parte (no monte Pau da Vella) está protexida no LIC “Serra do Xistral”.
No patrimonio cultural destaca a presenza de varios pazos, os restos da antiga fábrica de
Sargadelos, salgas, pontes medievais, casas tradicionais...
Museo do mar de San Cibrao
SUPERFICIE:
142 km2
POBOACIÓN:
1.090 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Ambrosores, Bravos,
Merille, Miñotos, Ourol, San
Pantaleón de Cabanas, O
Sisto e Xerdiz.
Paisaxe de Ourol coa serra do Xistral ao fondo
OUROL
Ocupa o sur da comarca, nun terreo de transición entre as serras que separan a chaira
Luguesa e as zonas baixas da costa. O terreo é moi irregular e vai perdendo altura de sur a
norte, cara á costa. En xeral está formado por unha alternancia de pequenas serras, zonas
amesetadas e vales profundos escavados polos ríos aproveitando as numerosas fallas. Na
metade oeste, entre o val do Sor e o do Landro (Grandal), sucédense pequenas serras como a
de Montalén (659 m) e Couteiro (636 m). No centro hai unha área máis achairada cortada
polos vales do Landro e os seus afluentes (Grandal, Xanceda, Besteburiz e Balsadas) e ao
surleste atópanse as máximas altitudes, nas estribacións da serra do Xistral (937 m).
Fervenza no río Xestosa
As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacún), o sector foestal e
os servizos.
Forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e parte do concello está protexido nos
LICs “Río Landro” e “Serra do Xistral”.
Acolle numerosos restos arqueolóxicos (castros, mámoas), etnográficos (ferrerías, muíños) e
histórico-artísticos (igrexas, cruceiros, casas de indianos...)
Serra de Sabucedo
Cantís do Fució de Porco
O VICEDO
Situado ao oeste da comarca. O relevo presenta dúas zonas diferenciadas: a metade sur do
concello máis accidentado, con pequenas alturas como o Chao do Outeiro (496 m) ou o
Padrón (509 m) que se inclinan cara ao río Sor, que fai de linde coa provincia de A Coruña
polo oeste, e recibe aos regatos de San Miguel, Río Barba e Porto Cabanas; e o norte onde o
terreo se fai máis chan e remata nunha costa recortada con numerosos entrantes e cantís
entre os que se atopan fermosas praias.
SUPERFICIE: 75,72 km2
POBOACIÓN: 1.882
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Cabanas,
Mosende, Río Barba, San
Miguel de Negradas, San
Román de Vale, Suegos e O
Vicedo.
Ponte de ferro sobre o río Sor, construída en
1901 e recentemente restaurada.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo, o sector forestal, pequenas industrias
relacionadas co mar e a madeira e os servizos.
Tén interesantes espazos naturais, no curso do Sor e na costa, que está protexida no LIC
“Costa da Mariña Occidental”.
No patrimonio cultural destacan as igrexas de Cabanas e Rio Barba e as pontes do Porto (Río
Barba) e Sor.
Praia e cantís de Xilloi
SUPERFICIE: 109,29 km2
POBOACIÓN: 15.932 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Celeiro, Chavín, Covas, Faro, Galdo, Landrove, Magazos, San Pedro de Viveiro, Santo André
de Boimente, Valcarría, Vieiro e Viveiro.
Vista xeral de Viveiro desde o monte de San Roque
VIVEIRO
Ocupa a zona centro-norte da comarca no último tramo do val do río Landro e nas marxes da
ría de Viveiro, cunha superficie de e distribuídos nas parroquias de Polo leste do concello
esténdese a serra do Buio, coa máxima altitude no Pan da vella, con 702 m. Ao leste e sur
pequenas elevancións como o Couto Padrón (509 m) ou o Penido Gordo (527 m). O río Landro
aproveita a chamada falla de Viveiro para establecer o seu cauce e divide o territorio en dúas
áreas de diferentes características, ao leste con dominancia de granitos e ao oeste xistos.
Porto de Celeiro, especializado en pesca (de altura e
baixura) e carga.
A lonxa de Celeiro, unha das máis importantes de Galiza,
destaca sobre todo pola pescada do pincho.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos, e a industria.
É un concello cun importante patrimonio natural (río Landro, cantís, praias) e cultural,
centrado sobre todo na vila de Viveiro na que se conservan restos da antiga muralla, pontes
antigas, igrexas (Santa María de Viveiro, convento de San Francisco, mosteiro de Valdeflores,
San Pedro), pazos e casas tradicionais. Unha variante do Camiño de Santiago sae de Viveiro a
Muras.
Parte do territorio está protexido nos LICs “Costa da Mariña Occidental”, “Montemaior” e
“Souto da Retorta de Chavín”.
Porta de Carlos V, do século XVI. A porta principal da
muralla atópase en fronte da ponte Maior ou da
Misericordia, do século XV.
SUPERFICIE:
89,04 km2
POBOACIÓN:
3.456 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Lago, O Monte, Morás,
Portocelo, A Rigueira,
Sumoas, Xove e Xuances.
A factoría de Alúmina- aluminio desde Morás
XOVE
Situado ao leste da comarca. No territorio distínguense tres zonas. Ao norte unha costa
exposta e con fortes contrastes entre cantís abruptos (pola proximidade dos montes ao mar)
e pequenas praias e enseadas abrigadas, No centro unha zona de releve suave e no leste e sur
os montes do Buio que acadan a máxima altura no Pan da Vella (702 m). Os ríos máis
importantes son o Guilán e Rigueira que baixan dos montes de Buio e desembocan na
enseada de Morás.
As principais actividades son a gandaría (vacún), a silvicultura, a industria (factoría Alúmina-
Aluminio) e a pesca.
Tén importantes valores naturais: espectaculares cantís, praias, montes con fragas e
turbeiras, fervenzas... Unha grande parte do territorio está protexido nos LICs “Costa da
Mariña Occidental”, e “Montemaior”.
Tamén conserva un importante patrimonio etnográfico (pequenos portos pesqueiros con
restos de factorías baleeiras como o de Morás, muíños...) e histórico artístico (pazos, igrexas,
castros, faros...).
Portocelo, pequeno e recollido porto nun dos abrigos da costaFaro e cantís da Punta Roncadoira
RELEVO
Cumes do Buio. O máis característico destes cumes son
as turbeiras e a cría de gando en libertade.
A Mariña Occidental é unha comarca de releve moi accidentado cunha contínua alternancia
de vales e montañas que, de forma xeral, teñen orientación norte-sur, perpendiculares á
costa.
Polo leste esténdense os montes dos Cabaleiros formando un arco no linde coa Mariña
Central. Ao sur as derradeiras estribacións do Xistral, onde se atopa o cume máis alto da
comarca (Pasada Lamoso, con 937 m); e as prolongacións cara ao norte do Guriscado e A
Gañidoira. No oeste, e seguindo o curso do Sor, unha sucesión de montes que non superan os
700 m, onde destaca o Montalén con 659 m. No norte, paralelos á costa, dúas serras, os
montes de Buio e Montemaior, separados polo val do Covo.
Monte Faro, en Viveiro. Unha das
numerosas pequenas elevacións que
destacan na liña da costa.
Vista desde Celeiro do relevo costeiro. Á dereita o monte de San Roque, sobre Viveiro, e detrás o Penido Gordo.
Os materiais son moi diversos: granitos, lousas, xistos, cuarcitas...
Curiosas formas labradas pola auga nas rochas graníticas
A vexetación é rica e variada. Hai grandes áreas de turbeiras nos cumes do Xistral, Pau da
Vella, Buio e Montemaior. Nas áreas máis afastadas hai fragas atlánticas e nos terreos máis
achegados á costa dominan os eucaliptos e os piñeiros.
Carballeira nas abas dos montes dos Cabaleiros. Entre o monocultivo de eucaliptos destes montes quedan algúnhas
manchas residuais de bosques autóctonos.
Esfagnos, elementos básicos na formación de turba Rorela (Drosera sp.) planta carnívora típica das turbeiras
Breixo de turbeira (Erica tetralis) A súa presenza está
asociada aos lugares asolagados.
Xunco. Nas turbeiras das serras atópanse
numerosas especies asociadas aos medios húmidos
entre as que hai varias especies de xuncos.
Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), visitante
estival que cría nos espazos rochosos abertos.
Pica dos prados (Anthus pratensis). Aliméntase dos
pequenos animais que viven entre as herbas,
Visitante invernal procedente do norte de Europa.
Lebre, un habitante dos espazos abertos
Cabalos bravos nos
montes do Buio
Escaravello bosteiro
O Xistral desde Ourol
SERRA DO XISTRAL
Orientada NNE-SSO, entre A Mariña e a Terra Cha de Lugo. Nesta comarca penetran as
últimas estribacións no concello de Ourol, co cume máis destacado no Pasada Lamoso, con
937 m. Na súa aba oeste nacen os regos Besteburiz e das Balsadas, afluentes do Grandal, que
vai ao Masma. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan
un perfil suave, con afloramentos graníticos nas partes altas.
A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos
e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.
A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos
e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.
O Xistral ten un enorme interese ecolóxico por acoller unhas das mellores turbeiras de Europa
e especies únicas ou moi escasas e de grande valor.
Está declarada LIC xunto coa serra da Carba e A Toxiza, e forma parte da Reserva da Biosfera
“Terras do Miño”.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares da Mariña e a Terra Cha.
Accedese desde Ourol, por Xerdiz.
As zonas próximas aos cumes do Buio están ocupadas por pradeiras
naturais nas que se alimenta o gando que vive en semiliberdade.
MONTES DE BUIO
Son a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, nos concellos de Viveiro e Xove. Son
montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha
paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas
fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O cume máis alto e o Pau da
Vella, con 702 m, na zona sur. Nos montes do Buio nacen varios afluentes do Landro (Rego
Loureiro, Rego das Cerdeiras, Rego da Fontecova) e outros regatos que desembocan
directamente no Cantábrico (Rigueiro, Cobo e Xunco).
Pau da Vella, o cume máis alto da serra, cuberto de turbeira
O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras de cobertor, que acadan nalgúns
puntos os 3 m de espesor e que están sendo explotadas industrialmente como substrato para
xardinería.
Nas partes altas hai pasteiros, monte baixo e repoboacións de piñeiro bravo. Quedan algúns
pequenos bosques de carballos e bidueiros. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e
vacas). No Curro de Candaoso celébra A Rapa das Bestas cada ano.
Uha parte está declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais co nome de
“Montemaior”, proposto para a Rede Natura 2000.
Accedese desde a estrada de Viveiro ao Valadouro, por Laxamoura (pista de terra) ou polo
curro de Candaoso.
Candaoso, onde se celebra un
dos curros máis importantes
das serras do norte.
Turba
MONTE MAIOR
Sistema de montañas que se estenden dirección N-S que forman parte dos montes de Buio.
As rochas dominantes son os gneis e xistos no norte e os granitos no sur. A maior parte do
terreo está cuberto de plantacións de eucaliptos, algúns piñeiros e pasteiros. As turbeiras sen
alterar ocupan só pequenas superficies nos cumes. Os puntos máis altos son O Penedo (552
m) e Montemaior (516 m). Están protexidos como LIC/ZEC.
Cume de O Penedo (552 m), no centro
MONTES DOS CABALEIROS
Situados ao norte do Xistral e unidos polo sur aos montes de Buio, entre os concellos de
Cervo, Foz, O Valadouro e Burela. Separan os vales dos ríos Xunco e Covo. Son montes de
pouca altura que describen unha curva con orientación NE-SO. A máxima cota é o monte
Pedroso Novo, con 557 m. Accedese desde Cervo ou Ferreira.
Monte Guriscado desde A Gañidoira.
MONTE GURISCADO
Situado ao norte da Carba, no linde entre os concellos de Ourol e Muras, limitado polos vales
dos ríos Xestosa e Xanceda (Landro). O cume máis alto é o Guriscado, con 932 m. Desde o
cume vai perdendo altura cara ao norte formando unha aliñación que se coñece co nome de
Montes do rei, na que destaca o alto da Curuxeira (886 m).
Accedese desde o Alto da Gañidoira, na estrada de Vilalba a Viveiro. Desde o cume hai unhas
boas vistas da serra do Xistral e do val do Landro.
Abas na Curuxeira na que destaca a cor rosa dos breixos de turbeira
SERRA DE SABUCEDO
Esténdese con direcón N-S polo concello
de Ourol entre os cursos altos dos ríos
Grandal e Bravos (Landro). O pico máis
alto é o Couteiro, con 652 m.
Destaca a verticalidade das paredes da
cara leste que forman paisaxes
impresionantes.
Desde o cume hai unhas fermosas vistas
da zona. Accedese pola estrada de Ourol
ao Sixto.
Zona sur da serra de Montalén, de cumes suaves aproveitados por pasteiros
SERRA DE MONTALEN
Esténdese con orientación N-S polo concello de Ourol entre as concas do Landro e o Sor. O
cume máis alto é o Montalén, con 659 m. Accedese pola estrada que vai de Bravos a San
Pantaleón, ou de Ourol a Ambosores.
Vista desde o cume de Pena Ventosa, de fortes pendentes cara ao leste.
En fronte o Penido Gordo e ao fondo os Montes de Buio.
RÍOS
O Landro en landrove, ao pé da ponte
A comarca da Mariña Occidental está drenada por varios ríos que circulan do sur ao norte,
desde as serras septentrionais cara ao Cantábrico: o Xunco, o Cobo, o Landro e o Sor, que fai
de linde polo oeste coa comarca de Ortegal.
Os ríos teñen os cursos altos encaixados, con rápidos e fervenzas e con numerosos afluentes
que baixan das serras. Agás o sor e o Landro, son de curto percorrido. Teñen un réxime
pluvial, con augas altas no inverno e primavera.
O Sor en Ambosores, no
límite entre Ourol e As Pontes
de García Rodríguez.
Os brións desenvólvense nos ambientes
sombrizos e húmidos das beiras dos ríos
Nos ríos e nas súas beiras consérvanse ecosistemas de grande valor e un rico patrimonio
etnográfico (muíños, canles de rego, lavadoiros, ferrerías) e histórico-artístico (pontes).
Por toda a comarca hai numerosas áreas de lecer e rutas de sendeirismo que percorren os
principais cursos fluviais.
Pradairo (Acer pseudoplatanus)
Fentos (dentabrús) e amieiras
Picaxuncos (Cisticola juncidis)Libeliña, un dos insectos máis común
nas beiras dos ríos
RÍO XUNCO
Nace no Pico de Madriñán, entre a serra dos Cabaleiros e os montes de Buio en Rúa (Cervo) e
desemboca na enseada da Ruela, no Cantábrico. O principal afluente é o Vileriño, pola
esquerda. Unha ruta de sendeirismo percorre o río desde San Cibrao ata Sargadelos onde está
o paseo dos Namorados.
Canle pola que se abastecía a antiga
fábrica de Sargadelos.
Presa de Sargadelos. As augas do Xunco empregáronse
para alimentar os mecanismos das antigas fábricas de
fundición e louza de Sargadelos.
Desembocadura do Xunco
Esteiro do Covo (Ría de Lieiro) en San Cibrao
RÍO COVO
Baixa desde o monte Pau da Vella (Serra do Buio) e discorre facendo linde entre os concellos
de Cervo e Xove ata case a desembocadura. Desauga na ría de Lieiro, ao pé de San Cibrao. As
súas augas están encoradas para fornecer a factoría de Alúmina-aluminio de San Cibrao.
Ponte medieval en Lieiro
FERVENZA DO TURRILLÓN
No lugar de Turrillón, na parroquia de Rigueira (Xove) nun dos
afluentes do río Rigueira que ten un curto percorrido con moito
desnivel no que abondan os rápidos e pequenas fervenzas.
As fervenzas atópanse a carón da presa da captación de augas.
RÍO RIGUEIRA
Nace nos montes de Buio e ten todo o seu percorrido polo concello de Xove. Desemboca na
enseada da Cova.
O Landro no Naseiro, onde se celebra
unha grande romería por San Roque.
RÍO LANDRO
Nace entre o cumio do Xistral e Coto
Balsego. No comezo discorre sinuoso e
encaixado cun forte desnivel case
todo o seu percorrido ata remansarse
nunha ampla chaira fluvial nas
proximidades da ría de Viveiro, onde
desemboca despois de 31 km. A súa
cunca exténdese por terras de Muras,
Ourol e Viveiro.
Afluentes pola dereita: Besteburiz, As
Balsadas, Boimente, Loureiro,
Fontecova e Trasposta.
Afluentes pola esquerda: Xanceda,
Grandal, Bravos e Silvarrosa.
O curso medio e baixo (ata Os
Miñotos) está protexido dentro do LIC
“Río Landro”.
Minicentral en Chavín. O río Landro, nas proximidades de Chavín, sempre tivo un
aproveitamento enerxético importante, para mover a maquinaria dunha fábrica de
coches, varios muíños e, máis tarde, para xerar enerxía eléctrica.
Pozo do Piago no esteiro do Landro
Aceña (muíño de marea) no esteiro do Landro
Ponte medieval de Viveiro, no esteiro do Landro
RÍO BRAVOS
O principal afluente pola esquerda do
Landro. Nace no Sixto (Ourol) ao pé da
Gañidoira, atravesa o concello de Ourol
de sur a norte e xúntase co Landro preto
de Landrove.
O río Bravos en Galdo
Rego das Balsadas en Santa Mariña Rego de Besteburiz en Miñotos.
REGO DE BESTEBURIZ
Nace na serra do Xistral e xúntase
co Landro en Miñotos.
REGO DAS BALSADAS
Nace no Pau da Vella e
xúntase co Landro en
Miñotos.
FERVENZA DA XESTOSA
No río da Xestosa, unha das cabeceiras
do Landro entre as serras da Gañidoira
e os montes do Rei. O río fai a primeira
parte do seu percorrido polo concello
de Muras e ao pouco de etrar no de
Ourol cae nun desnivel de
aproximadamente 20 m de altura.
Atópase xusto debaixo da ponte da
estrada vella de Ourol a Muras no
linde do concello.
FERVENZA DO POZO DA FERIDA
Na parroquia de Monte (Xove).
O río cae nun desnivel de rochas graníticas
duns 30 m de altura e forma unha poza
circular rodeada de amieiros, salgueiros,
carballos e fentos.
Na estrada de Viveiro a Mondoñedo cóllese
un desvío a Valcarría (nas proximidades de
Chavín) e séguese en dirección á aldea de
Monte. Pouco antes de chegar hai un desvío
que vai á fervenza.
RÍO LOUREIRO
Nace na Campela (Montes do Buio) e
xúntase co Landro nos Chaos (Viveiro).
O Sor entre Ourol
e Mañón
RÍO SOR
As súas cabeceiras son o Xantos (que nace no Pico Montouto) e o Tras da Serra co Batán e
Solloso, que nacen no Alto de San Xoán.
Desde o seu nacemento percorre en dirección S-N o linde dos concellos de Ourol e O Vivedo
con Mañón, recolle as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada. Corre
bastante rápido e encaixado ata preto da desembocadura onde forma un amplo esteiro na ría
do Barqueiro, despois de 49 km
Afluentes pola dereita: Foxo, Toxoso, San Pantaleón, Porto, Riobarba e San Miguel.
O Sor en Ambosores, entre Ourol e As Pontes de García Rodríguez
Fervenza na desembocadura do Rego de Muro Novo San Miguel de negradas (O Vicedo)
Nas proximidades do monte da Ínsua hai
instalada un sistema de cables para cruzar o
río nunha cadeira que foi construído para
servizo dos pescadores.
Ponte de Pordatranca
Esteiro do Sor coa illa de San Martiño, na que houbo un mosteiro de monxas
COSTA
As praias aberta ao
Cantábrico son de area fina
procedente de rochas de
gran miúdo.
A costa da Mariña Occidental vai desde o Cabo de Burela ata a desembocadura do río Sor.
Forma parte do tramo coñecido como Arco Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, costa
orientada ao norte, de Ribadeo ao Cabo Ortegal, á beira do mar Cantábrico. É unha zona moi
exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con rías e pequenos esteiros, illas e
illotes.
Ría de Viveiro desde Fuciño do Porco
As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e
menos de 15 m de profundidade) e forma de funil. Formáronse cando os ríos que discorren
cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os
vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do
mesmo. Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas
de area e lama, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída
dos sedimentos cara a fora.
Nesta comarca atópanse as rías de Viveiro e a parte leste da do Barqueiro
Xistos nos cantís de Punta Louseira. As rochas, ao seren atacadas polas ondas desgástanse e rompen de forma diferente
segundo a súa consistencia e orientación.
Os ecosistemas máis destacados son as marismas das desembocaduras dos ríos, os areais e os
cantís que acollen unha grande riqueza en flora e fauna.
Nos illotes refúxianse as aves mariñas.
Feos suxeitando as dunas da praia
Algas nunha poza de marea
Garzota (Egretta garcetta)
Percebes e mexillóns soportan a forza do
mar ben suxeitos ás rochas dos cantís.
PRAIA DA RUELA, na desembocadura do río Xunco.
Conta unha lenda que á enseada de Coído en San Cibrao achégase cada sete anos a poñer os seus ovos
unha serpe mariña xigante que mide arredor de trinta metros.
Restos dunha antiga factoría de salga e cantís da Barrosa en San Cibrao (concello de Cervo).
FARO DA ATALAIA, no cabo San Cibrao.
A torre antiga foi construída en 1860 e a nova en 1979 (comezou a funcionar en 1983) polo aumento de
tráfico marítimo debido á instalación da factoría de alúmina-aluminio.
Saída ao mar do río Covo na RÍA DE LIEIRO
PRAIA E VILA DE SAN CIBRAO. A parte antiga da poboación está asentada sobre unha península unida á
terra por un istmo areoso formado polas praias de San Cibrao e Cubelas.
PORTO DE SAN CIBRAO e factoría de alúmina-aluminio, inaugurada en 1980. A maior planta de Europa:
ocupa máis de dous millóns de m2
de superficie e produce 1.300.000 tn de alúmina e 200.000 tn de
aluminio primario.
OS FARALLÓNS, formado polas illas Baixa, Sombriza e Pé.
A Maruxaina é unha serea da Mariña de Lugo que atrae aos homes cos seus cantos e berros facendo que
naufraguen nos Farallóns. Outra lenda conta que é unha serea ou Afogada (metade peixe, metade muller)
que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. Vive nas covas dos Farallóns, debaixo do illote
da Sombriza. En San Cibrao celébrase unha festa para conmemorar o día en que os mariñeiros prenderon
e queimaron á Maruxaina.
PRAIA E PORTO DE MORÁS. En tempos houbo unha factoría baleeira
PUNTA DE MORÁS E CANTÍS DA ENSEADA
ILLA SARÓN OU ANSARÓN E PUNTA DE ARXENTES desde a punta Roncadoira. Ao fondo a punta de Morás
e os Farallóns.
ENSEADA E PRAIA DE PORTOCELO
Vista desde a PUNTA RONCADOIRA cara á boca da Ría de Viveiro. A punta Roncadoira é un espléndido
miradoiro sobre a costa da Mariña.
Vista da Ría de Viveiro desde Monte Maior
RÍA DE VIVEIRO
Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as
puntas de Cameiro e da Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e bastante profundidade.
Na formación desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa
beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra.
No seu interior acolle as praias de Area, Celeiro e Esteiro, na marxe dereita; e Covas, Abrela, A
Cuncha, Sacido, Teixoso e Area Grande, na esquerda.
O fondo da ría (Marismas do Landro) forma parte do LIC “Río Landro”. Figura tamén como
Punto de Interese Xeolóxico de Galiza e como Paisaxe Sobresaínte.
PUNTA DA MANSA, límite leste da Ría de Viveiro
ENSEADA E PRAIA DO ESTEIRO
MONTE FARO
Vista da boca da ría
desde o Faro
Illa de Area, chamada tamén A Ínsua
PRAIA DE AREA desde o Monte Faro. Ten máis de 1 km de lonxitude. Na praia de Area hai unha lenda que
fai referencia á cidade de Estabañón que quedou asolagada por unha maldición.
Esteiro do Landro e Viveiro desde o monte San Roque
Praia de Covas (Viveiro), de 1380 m de lonxitude
ILLOTES DOS CASTELOS na praia de Covas. No pozo Piago, no medio do mar, preto de Viveiro vive unha serpe mariña
xigante que se deixa ver na mañán de San Xoán.
Área de lecer creada no antigo
EMBARCADOIRO DE MINERAL DA
SILVAROSA, unhas minas de ferro
pechadas.
ILLOTES DOS CASTELOS
e PRAIA DE SACIDO
PRAIA DA ABRELA (O Vicedo), de 560 m de lonxitude, e PUNTA DA ÍNSUA
PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO e ILLOTE GAVEIRA
PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO
ENSEADA DA PEREIRA E PUNTA LODELAS
PRAIA DE AREA GRANDE (San Román, O Vicedo). Mide case 1 km de lonxitude e conta cun importante
sistema dunar que obstaculiza a saída ao mar do río Rendo.
PRAIA DE AREA GRANDE, Os Castelos e Punta Merceira
OS CASTELOS
PUNTA DO CAMEIRO, e ILLA COELLEIRA, no remate da ría do Barqueiro
Faro da Illa Coelleira (O Vicedo) construído en 1893
Altura: 7 m sobre o terreo e 89 m sobre o nivel do mar
Alcance: 7 millas
Esta pequena illa, hoxe importante colonia de aves acuáticas, tivo unha historia moi movida. No século XI nela
refuxiáronse e foron exterminados os Templarios, e segundo conta a lenda só un conseguiu salvarse e cruzou a nado
ata O Vicedo cunha imaxe de Santo Estevo.
Vista xeral da Ría do Barqueiro desde o Semáforo de Bares
RÍA DO BARQUEIRO
Ábrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do
Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abundantes sedimentos
que quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de Barqueiro,
ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís, máis
altos entre O Vicedo e Punta Cabeiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e do Santo.
Destacan as praias de Arealonga, O Vicedo e Xilloi.
As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen
tamén cuarcitas, lousas e gneises. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo
de sapo.
PUNTA DO EMBARCADOIRO E ILLA COELLEIRA
PRAIA DE XILLOI
E PUNTA CHILATEIRA
FARO DE PUNTA DO
CASTRO (O Vicedo)
PRAIA DO CAOLÍN (O Vicedo) e PUNTA CONGREIRA
PRAIAS DO CHAMADOIRO E AREALONGA na frecha do Sor na ría do Barqueiro
PRAIA DE AREALONGA E PENA FURADA
A PENA FURADA no extremo da praia de Arealonga, unha cova en cuarcitas á que se accde coa marea baixa
Desembocadura do Sor
AS ÁRBORES
As formacións arbóreas máis abundantes na zona costeira e nas partes baixas dos montes son
as plantacións de eucaliptos e piñeiros.
Nas serras, nas áreas máis afastadas consérvanse algunhas manchas de bosque caducifolio no
que predominan os carballos, xunto con bideuiros, capudres, pradairos, castiñeiros, pereiras
bravas, acivros… Nas proximidades dos cursos de auga consérvanse árbores de ribeira
(salgueiros, freixos, amieiras, lamagueiros...).
Fraga en Ambosores Fraga no Xistral
Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa).
A Misericordia (Viveiro). -23 m de altura e 8 m de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ESPECIES PROTEXIDAS DA XUNTA DE GALIZA
Eucalipto “O Avó”, na Retorta de Chavín. Unha
das árbores máis altas de Europa con 70 m altura
e 7, 55 m de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ESPECIES
PROTEXIDAS DA XUNTA DE GALIZA
Paisaxe de Ourol coa serra do Xistral ao fondo
RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO
Espazo de 363.668,9 ha repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que está o de
Ourol. Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002.
A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior valor
ecolóxico. Nes comarca inclúe a Serra do Xistral.
Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza
e actividades humanas e o fomento de actividades de desenvolvemento sostible.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Turbeira. Nestes ecosistemas húmidos atópanse numerosas
especies vexetais e animais de grande interese ecolóxico: esfagnos,
rorelas, pinguícolas, viola (Viola palustris), hipérico das brañas
(Hypericum helodes), herba das brañas (Nardus stricta), xunca de
algodón (Eriophorum angustifolium)...
LIC SERRA DO XISTRAL
Espazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Nesta comarca unha
pequena parte do concello de Ourol, entre os regos de Besteburiz e As Balsadas.
Ten un grande interese xeolóxico. Destacan as turbeiras e as fragas atlánticas.
A fauna é moi rica e variada e conta coa presenza de varios endemismos mundiais como as
bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphron xistralensis.
Pinguicola grandiflora, unha planta
carnívora que se alimenta dos insectos que
quedan apegados nas súas follas.
LIC MONTE MAIOR
A protección inclúe 1.247 ha nos concellos de Viveiro e Xove.
Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha
paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas
fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos.
O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras. Nas partes altas hai pasteiros,
monte baixo e repoboacións de piñeiro bravo. Quedan algúns pequenos bosques de carballos
e bidueiros. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e vacas).
LIC RÍO LANDRO
Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Landro,desde Ourol ata Viveiro e o seu
afluente Bravos; 127 ha pertencentes aos concellos de Ourol e Viveiro.
Os ecosistemas máis interesentas son os bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos,
carballos, pradairos... e unha rica flora no soutobosque formada por fentos, brións, silvas,
herba salgueira. Destaca a área de bosque chamada o Val do Naseiro e unha área plantada de
eucalitos na zona de Chavín. Nas súas augas podemos atopar salmóns e nas beiras e no
esteiro aves acuáticas como garzas, somorgullos, corvos mariños, gaivotas, merlos rieiros...
Punta do Campanario
LIC COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL
Espazo de 491 ha nos concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove. Inclúe as illas Farallóns de
Cervo e a costa desde a Enseda, en Morás, ata a frecha do río Sor, na ría do Barqueiro e os
illotes fronte a ela. Exclúe os espazos urbáns.
É unha costa moi variada con cantis abruptos, enseadas, esteiros, praias, illas e rías.
O espazo tén un grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico. Podense atopar
ecosistemas mariños areosos e rochosos, cantís, dunas e esteiros cunha gran diversidade de
flora e fauna.
ZEPA: COSTA DA MARIÑA
OCCIDENTAL
2.169 ha, unha estreita faixa costeira entre
a ría do Barqueiro e Xove (concellos de
Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove) e a área
mariña limítrofe.
O máis destacado deste espazo son as aves
mariñas. Os illotes acollen importantes
colonias de aves nidificantes, ás que hai que
engadir un grande número de especies nas
épocas de paso (carráns, mascatos, corvos
mariños...)
Carrán
O Avó é a árbore máis alta de Galiza.
O eucalipto é unha árbore de folla perenne orixinaria de
Australia que se atopa polas partes baixas de Galicia, sobre
todo pola costa, formando bosques de plantación. É unha
árbore de crecemento moi rápido que pode acadar unha
gran altura (en Australia hainos de 100 m) e que ten un
cheiro moi característico.
SOUTO DA RETORTA DE CHAVÍN
É unha plantación de eucaliptos (3,2 ha) situada na marxe dereita do río Landro en Chavín.
Os case 600 eucaliptos foron plantados a partir de 1860 como protección contra as avenidas
do río. Algúns acadan tamaños espectaculares.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO (LIG) 2001. Ría de Viveiro
Interese: Xeomorfolóxico. Estratigráfico. Tectónico. Mineiro-metaloxenético. Petrolóxico-
xeoquímico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiros e litorais.
A ría de Viveiro ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Na formación
desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e
a dereita de granito de mica negra.
Punta Fuciño
do Porco
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
febreiro 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 

What's hot (20)

Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Guía Galicia
Guía GaliciaGuía Galicia
Guía Galicia
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 

Similar to Comarca,Aa Mariña Occidental

Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterramonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 

Similar to Comarca,Aa Mariña Occidental (19)

Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterra
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca,Aa Mariña Occidental

  • 2. Serra do Xistral A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña, polo oeste. O relevo é moi irregular cunha sucesión de serras, de dirección S-N, perpendiculares á costa e que separan os vales dos diferentes ríos. A costa é igualmento moi variada con alternancia de rías e costa exposta con cantís e illas. As principais alturas atópanse no sur, nas estribación do Xistral, no linde entre Ourol, O Valadouro e Muras. Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e cultural.
  • 3. SUPERFICIE: 426,4 km2 POBOACIÓN: 26.729 habitantes (2014) CONCELLOS: Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Costa da Mariña Occidental”, “Río Landro”, “Serra do Xistral”; Monumento Natural “Souto da Retorta de Chavín”; Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.
  • 4. CLIMA Oceánico húmido, con veráns frescos. Cantís de Morás e illa Ansarón
  • 5. ACTIVIDADES Pesca, marisqueo, industria, servizos, agrogandaría e explotacións forestais. Porto de Celeiro (Viveiro)
  • 6. PATRIMONIO O patrimonio etnográfico e histórico artístico é un dos atractivos desta comarca na que podemos atopar conxuntos históricos como o de Viveiro, numerosos núcleos tradicionais, pazos, igrexas, mosteiros, pontes, muíños, salgas, ferrerías... Antigo forno da fábrica de Sargadelos Salga en San Cibrao
  • 7. Unha rúa de Viveiro Igrexa de Santa María do Campo (Viveiro)
  • 8. Igrexa de San Francisco (Viveiro)
  • 9. CONCELLOS CERVO Está situado ao norte da comarca, á beira do mar Cantábtico. O territorio tén dúas zonas diferenciadas. A do norte de releve chan, con pequenas elevacións e a do sur na que aparecen as serras dos Cabaleiros, e os montes de Buio. O cume mais alto do concello é o Pau da Vella, con 705 m, onde se xuntan Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove. Os ríos máis importantes son o Xunco e o Covo que circulan con dirección sur-norte. SUPERFICIE: 77,74 km2 POBOACIÓN: 4.369 habitantes (2014) PARROQUIAS: Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, San Román de Vilaestrofe e Sargadelos. Vista de San Cibrao
  • 10. Instalacións da fábrica de cerámica de Sargadelos nas que se producen louza e figuras dunha alta calidade material, técnica e artística. As instalacións pódense visitar durante a xornada laboral. As principais actividades son a pesca, a industria (destaca a presenza das fábricas de Sargadelos e Alúmina-Alumnio), os servizos, a agrogandaría e as explotacións forestais. Acolle importantes valores naturais, sobre todo na costa, nos vales dos ríos e nos montes. Unha pequena parte (no monte Pau da Vella) está protexida no LIC “Serra do Xistral”. No patrimonio cultural destaca a presenza de varios pazos, os restos da antiga fábrica de Sargadelos, salgas, pontes medievais, casas tradicionais... Museo do mar de San Cibrao
  • 11. SUPERFICIE: 142 km2 POBOACIÓN: 1.090 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ambrosores, Bravos, Merille, Miñotos, Ourol, San Pantaleón de Cabanas, O Sisto e Xerdiz. Paisaxe de Ourol coa serra do Xistral ao fondo OUROL Ocupa o sur da comarca, nun terreo de transición entre as serras que separan a chaira Luguesa e as zonas baixas da costa. O terreo é moi irregular e vai perdendo altura de sur a norte, cara á costa. En xeral está formado por unha alternancia de pequenas serras, zonas amesetadas e vales profundos escavados polos ríos aproveitando as numerosas fallas. Na metade oeste, entre o val do Sor e o do Landro (Grandal), sucédense pequenas serras como a de Montalén (659 m) e Couteiro (636 m). No centro hai unha área máis achairada cortada polos vales do Landro e os seus afluentes (Grandal, Xanceda, Besteburiz e Balsadas) e ao surleste atópanse as máximas altitudes, nas estribacións da serra do Xistral (937 m).
  • 12. Fervenza no río Xestosa As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o gando vacún), o sector foestal e os servizos. Forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e parte do concello está protexido nos LICs “Río Landro” e “Serra do Xistral”. Acolle numerosos restos arqueolóxicos (castros, mámoas), etnográficos (ferrerías, muíños) e histórico-artísticos (igrexas, cruceiros, casas de indianos...) Serra de Sabucedo
  • 13. Cantís do Fució de Porco O VICEDO Situado ao oeste da comarca. O relevo presenta dúas zonas diferenciadas: a metade sur do concello máis accidentado, con pequenas alturas como o Chao do Outeiro (496 m) ou o Padrón (509 m) que se inclinan cara ao río Sor, que fai de linde coa provincia de A Coruña polo oeste, e recibe aos regatos de San Miguel, Río Barba e Porto Cabanas; e o norte onde o terreo se fai máis chan e remata nunha costa recortada con numerosos entrantes e cantís entre os que se atopan fermosas praias. SUPERFICIE: 75,72 km2 POBOACIÓN: 1.882 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cabanas, Mosende, Río Barba, San Miguel de Negradas, San Román de Vale, Suegos e O Vicedo.
  • 14. Ponte de ferro sobre o río Sor, construída en 1901 e recentemente restaurada. As principais actividades son a pesca e o marisqueo, o sector forestal, pequenas industrias relacionadas co mar e a madeira e os servizos. Tén interesantes espazos naturais, no curso do Sor e na costa, que está protexida no LIC “Costa da Mariña Occidental”. No patrimonio cultural destacan as igrexas de Cabanas e Rio Barba e as pontes do Porto (Río Barba) e Sor. Praia e cantís de Xilloi
  • 15. SUPERFICIE: 109,29 km2 POBOACIÓN: 15.932 habitantes (2014) PARROQUIAS: Celeiro, Chavín, Covas, Faro, Galdo, Landrove, Magazos, San Pedro de Viveiro, Santo André de Boimente, Valcarría, Vieiro e Viveiro. Vista xeral de Viveiro desde o monte de San Roque VIVEIRO Ocupa a zona centro-norte da comarca no último tramo do val do río Landro e nas marxes da ría de Viveiro, cunha superficie de e distribuídos nas parroquias de Polo leste do concello esténdese a serra do Buio, coa máxima altitude no Pan da vella, con 702 m. Ao leste e sur pequenas elevancións como o Couto Padrón (509 m) ou o Penido Gordo (527 m). O río Landro aproveita a chamada falla de Viveiro para establecer o seu cauce e divide o territorio en dúas áreas de diferentes características, ao leste con dominancia de granitos e ao oeste xistos.
  • 16. Porto de Celeiro, especializado en pesca (de altura e baixura) e carga. A lonxa de Celeiro, unha das máis importantes de Galiza, destaca sobre todo pola pescada do pincho. As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos, e a industria. É un concello cun importante patrimonio natural (río Landro, cantís, praias) e cultural, centrado sobre todo na vila de Viveiro na que se conservan restos da antiga muralla, pontes antigas, igrexas (Santa María de Viveiro, convento de San Francisco, mosteiro de Valdeflores, San Pedro), pazos e casas tradicionais. Unha variante do Camiño de Santiago sae de Viveiro a Muras. Parte do territorio está protexido nos LICs “Costa da Mariña Occidental”, “Montemaior” e “Souto da Retorta de Chavín”. Porta de Carlos V, do século XVI. A porta principal da muralla atópase en fronte da ponte Maior ou da Misericordia, do século XV.
  • 17. SUPERFICIE: 89,04 km2 POBOACIÓN: 3.456 habitantes (2014) PARROQUIAS: Lago, O Monte, Morás, Portocelo, A Rigueira, Sumoas, Xove e Xuances. A factoría de Alúmina- aluminio desde Morás XOVE Situado ao leste da comarca. No territorio distínguense tres zonas. Ao norte unha costa exposta e con fortes contrastes entre cantís abruptos (pola proximidade dos montes ao mar) e pequenas praias e enseadas abrigadas, No centro unha zona de releve suave e no leste e sur os montes do Buio que acadan a máxima altura no Pan da Vella (702 m). Os ríos máis importantes son o Guilán e Rigueira que baixan dos montes de Buio e desembocan na enseada de Morás.
  • 18. As principais actividades son a gandaría (vacún), a silvicultura, a industria (factoría Alúmina- Aluminio) e a pesca. Tén importantes valores naturais: espectaculares cantís, praias, montes con fragas e turbeiras, fervenzas... Unha grande parte do territorio está protexido nos LICs “Costa da Mariña Occidental”, e “Montemaior”. Tamén conserva un importante patrimonio etnográfico (pequenos portos pesqueiros con restos de factorías baleeiras como o de Morás, muíños...) e histórico artístico (pazos, igrexas, castros, faros...). Portocelo, pequeno e recollido porto nun dos abrigos da costaFaro e cantís da Punta Roncadoira
  • 19. RELEVO Cumes do Buio. O máis característico destes cumes son as turbeiras e a cría de gando en libertade. A Mariña Occidental é unha comarca de releve moi accidentado cunha contínua alternancia de vales e montañas que, de forma xeral, teñen orientación norte-sur, perpendiculares á costa. Polo leste esténdense os montes dos Cabaleiros formando un arco no linde coa Mariña Central. Ao sur as derradeiras estribacións do Xistral, onde se atopa o cume máis alto da comarca (Pasada Lamoso, con 937 m); e as prolongacións cara ao norte do Guriscado e A Gañidoira. No oeste, e seguindo o curso do Sor, unha sucesión de montes que non superan os 700 m, onde destaca o Montalén con 659 m. No norte, paralelos á costa, dúas serras, os montes de Buio e Montemaior, separados polo val do Covo.
  • 20. Monte Faro, en Viveiro. Unha das numerosas pequenas elevacións que destacan na liña da costa. Vista desde Celeiro do relevo costeiro. Á dereita o monte de San Roque, sobre Viveiro, e detrás o Penido Gordo.
  • 21. Os materiais son moi diversos: granitos, lousas, xistos, cuarcitas... Curiosas formas labradas pola auga nas rochas graníticas
  • 22. A vexetación é rica e variada. Hai grandes áreas de turbeiras nos cumes do Xistral, Pau da Vella, Buio e Montemaior. Nas áreas máis afastadas hai fragas atlánticas e nos terreos máis achegados á costa dominan os eucaliptos e os piñeiros. Carballeira nas abas dos montes dos Cabaleiros. Entre o monocultivo de eucaliptos destes montes quedan algúnhas manchas residuais de bosques autóctonos.
  • 23. Esfagnos, elementos básicos na formación de turba Rorela (Drosera sp.) planta carnívora típica das turbeiras
  • 24. Breixo de turbeira (Erica tetralis) A súa presenza está asociada aos lugares asolagados. Xunco. Nas turbeiras das serras atópanse numerosas especies asociadas aos medios húmidos entre as que hai varias especies de xuncos.
  • 25. Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), visitante estival que cría nos espazos rochosos abertos. Pica dos prados (Anthus pratensis). Aliméntase dos pequenos animais que viven entre as herbas, Visitante invernal procedente do norte de Europa.
  • 26. Lebre, un habitante dos espazos abertos Cabalos bravos nos montes do Buio Escaravello bosteiro
  • 27. O Xistral desde Ourol SERRA DO XISTRAL Orientada NNE-SSO, entre A Mariña e a Terra Cha de Lugo. Nesta comarca penetran as últimas estribacións no concello de Ourol, co cume máis destacado no Pasada Lamoso, con 937 m. Na súa aba oeste nacen os regos Besteburiz e das Balsadas, afluentes do Grandal, que vai ao Masma. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos graníticos nas partes altas. A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.
  • 28. A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo. O Xistral ten un enorme interese ecolóxico por acoller unhas das mellores turbeiras de Europa e especies únicas ou moi escasas e de grande valor. Está declarada LIC xunto coa serra da Carba e A Toxiza, e forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares da Mariña e a Terra Cha. Accedese desde Ourol, por Xerdiz.
  • 29. As zonas próximas aos cumes do Buio están ocupadas por pradeiras naturais nas que se alimenta o gando que vive en semiliberdade. MONTES DE BUIO Son a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, nos concellos de Viveiro e Xove. Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O cume máis alto e o Pau da Vella, con 702 m, na zona sur. Nos montes do Buio nacen varios afluentes do Landro (Rego Loureiro, Rego das Cerdeiras, Rego da Fontecova) e outros regatos que desembocan directamente no Cantábrico (Rigueiro, Cobo e Xunco).
  • 30. Pau da Vella, o cume máis alto da serra, cuberto de turbeira O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras de cobertor, que acadan nalgúns puntos os 3 m de espesor e que están sendo explotadas industrialmente como substrato para xardinería. Nas partes altas hai pasteiros, monte baixo e repoboacións de piñeiro bravo. Quedan algúns pequenos bosques de carballos e bidueiros. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e vacas). No Curro de Candaoso celébra A Rapa das Bestas cada ano. Uha parte está declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais co nome de “Montemaior”, proposto para a Rede Natura 2000. Accedese desde a estrada de Viveiro ao Valadouro, por Laxamoura (pista de terra) ou polo curro de Candaoso.
  • 31. Candaoso, onde se celebra un dos curros máis importantes das serras do norte. Turba
  • 32. MONTE MAIOR Sistema de montañas que se estenden dirección N-S que forman parte dos montes de Buio. As rochas dominantes son os gneis e xistos no norte e os granitos no sur. A maior parte do terreo está cuberto de plantacións de eucaliptos, algúns piñeiros e pasteiros. As turbeiras sen alterar ocupan só pequenas superficies nos cumes. Os puntos máis altos son O Penedo (552 m) e Montemaior (516 m). Están protexidos como LIC/ZEC. Cume de O Penedo (552 m), no centro
  • 33. MONTES DOS CABALEIROS Situados ao norte do Xistral e unidos polo sur aos montes de Buio, entre os concellos de Cervo, Foz, O Valadouro e Burela. Separan os vales dos ríos Xunco e Covo. Son montes de pouca altura que describen unha curva con orientación NE-SO. A máxima cota é o monte Pedroso Novo, con 557 m. Accedese desde Cervo ou Ferreira.
  • 34. Monte Guriscado desde A Gañidoira. MONTE GURISCADO Situado ao norte da Carba, no linde entre os concellos de Ourol e Muras, limitado polos vales dos ríos Xestosa e Xanceda (Landro). O cume máis alto é o Guriscado, con 932 m. Desde o cume vai perdendo altura cara ao norte formando unha aliñación que se coñece co nome de Montes do rei, na que destaca o alto da Curuxeira (886 m). Accedese desde o Alto da Gañidoira, na estrada de Vilalba a Viveiro. Desde o cume hai unhas boas vistas da serra do Xistral e do val do Landro.
  • 35. Abas na Curuxeira na que destaca a cor rosa dos breixos de turbeira
  • 36. SERRA DE SABUCEDO Esténdese con direcón N-S polo concello de Ourol entre os cursos altos dos ríos Grandal e Bravos (Landro). O pico máis alto é o Couteiro, con 652 m. Destaca a verticalidade das paredes da cara leste que forman paisaxes impresionantes. Desde o cume hai unhas fermosas vistas da zona. Accedese pola estrada de Ourol ao Sixto.
  • 37. Zona sur da serra de Montalén, de cumes suaves aproveitados por pasteiros SERRA DE MONTALEN Esténdese con orientación N-S polo concello de Ourol entre as concas do Landro e o Sor. O cume máis alto é o Montalén, con 659 m. Accedese pola estrada que vai de Bravos a San Pantaleón, ou de Ourol a Ambosores.
  • 38. Vista desde o cume de Pena Ventosa, de fortes pendentes cara ao leste. En fronte o Penido Gordo e ao fondo os Montes de Buio.
  • 39. RÍOS O Landro en landrove, ao pé da ponte A comarca da Mariña Occidental está drenada por varios ríos que circulan do sur ao norte, desde as serras septentrionais cara ao Cantábrico: o Xunco, o Cobo, o Landro e o Sor, que fai de linde polo oeste coa comarca de Ortegal. Os ríos teñen os cursos altos encaixados, con rápidos e fervenzas e con numerosos afluentes que baixan das serras. Agás o sor e o Landro, son de curto percorrido. Teñen un réxime pluvial, con augas altas no inverno e primavera. O Sor en Ambosores, no límite entre Ourol e As Pontes de García Rodríguez.
  • 40. Os brións desenvólvense nos ambientes sombrizos e húmidos das beiras dos ríos Nos ríos e nas súas beiras consérvanse ecosistemas de grande valor e un rico patrimonio etnográfico (muíños, canles de rego, lavadoiros, ferrerías) e histórico-artístico (pontes). Por toda a comarca hai numerosas áreas de lecer e rutas de sendeirismo que percorren os principais cursos fluviais. Pradairo (Acer pseudoplatanus)
  • 42. Picaxuncos (Cisticola juncidis)Libeliña, un dos insectos máis común nas beiras dos ríos
  • 43. RÍO XUNCO Nace no Pico de Madriñán, entre a serra dos Cabaleiros e os montes de Buio en Rúa (Cervo) e desemboca na enseada da Ruela, no Cantábrico. O principal afluente é o Vileriño, pola esquerda. Unha ruta de sendeirismo percorre o río desde San Cibrao ata Sargadelos onde está o paseo dos Namorados. Canle pola que se abastecía a antiga fábrica de Sargadelos. Presa de Sargadelos. As augas do Xunco empregáronse para alimentar os mecanismos das antigas fábricas de fundición e louza de Sargadelos.
  • 45. Esteiro do Covo (Ría de Lieiro) en San Cibrao RÍO COVO Baixa desde o monte Pau da Vella (Serra do Buio) e discorre facendo linde entre os concellos de Cervo e Xove ata case a desembocadura. Desauga na ría de Lieiro, ao pé de San Cibrao. As súas augas están encoradas para fornecer a factoría de Alúmina-aluminio de San Cibrao. Ponte medieval en Lieiro
  • 46. FERVENZA DO TURRILLÓN No lugar de Turrillón, na parroquia de Rigueira (Xove) nun dos afluentes do río Rigueira que ten un curto percorrido con moito desnivel no que abondan os rápidos e pequenas fervenzas. As fervenzas atópanse a carón da presa da captación de augas. RÍO RIGUEIRA Nace nos montes de Buio e ten todo o seu percorrido polo concello de Xove. Desemboca na enseada da Cova.
  • 47. O Landro no Naseiro, onde se celebra unha grande romería por San Roque. RÍO LANDRO Nace entre o cumio do Xistral e Coto Balsego. No comezo discorre sinuoso e encaixado cun forte desnivel case todo o seu percorrido ata remansarse nunha ampla chaira fluvial nas proximidades da ría de Viveiro, onde desemboca despois de 31 km. A súa cunca exténdese por terras de Muras, Ourol e Viveiro. Afluentes pola dereita: Besteburiz, As Balsadas, Boimente, Loureiro, Fontecova e Trasposta. Afluentes pola esquerda: Xanceda, Grandal, Bravos e Silvarrosa. O curso medio e baixo (ata Os Miñotos) está protexido dentro do LIC “Río Landro”.
  • 48. Minicentral en Chavín. O río Landro, nas proximidades de Chavín, sempre tivo un aproveitamento enerxético importante, para mover a maquinaria dunha fábrica de coches, varios muíños e, máis tarde, para xerar enerxía eléctrica.
  • 49. Pozo do Piago no esteiro do Landro
  • 50. Aceña (muíño de marea) no esteiro do Landro
  • 51. Ponte medieval de Viveiro, no esteiro do Landro
  • 52. RÍO BRAVOS O principal afluente pola esquerda do Landro. Nace no Sixto (Ourol) ao pé da Gañidoira, atravesa o concello de Ourol de sur a norte e xúntase co Landro preto de Landrove. O río Bravos en Galdo
  • 53. Rego das Balsadas en Santa Mariña Rego de Besteburiz en Miñotos. REGO DE BESTEBURIZ Nace na serra do Xistral e xúntase co Landro en Miñotos. REGO DAS BALSADAS Nace no Pau da Vella e xúntase co Landro en Miñotos.
  • 54. FERVENZA DA XESTOSA No río da Xestosa, unha das cabeceiras do Landro entre as serras da Gañidoira e os montes do Rei. O río fai a primeira parte do seu percorrido polo concello de Muras e ao pouco de etrar no de Ourol cae nun desnivel de aproximadamente 20 m de altura. Atópase xusto debaixo da ponte da estrada vella de Ourol a Muras no linde do concello.
  • 55. FERVENZA DO POZO DA FERIDA Na parroquia de Monte (Xove). O río cae nun desnivel de rochas graníticas duns 30 m de altura e forma unha poza circular rodeada de amieiros, salgueiros, carballos e fentos. Na estrada de Viveiro a Mondoñedo cóllese un desvío a Valcarría (nas proximidades de Chavín) e séguese en dirección á aldea de Monte. Pouco antes de chegar hai un desvío que vai á fervenza. RÍO LOUREIRO Nace na Campela (Montes do Buio) e xúntase co Landro nos Chaos (Viveiro).
  • 56. O Sor entre Ourol e Mañón RÍO SOR As súas cabeceiras son o Xantos (que nace no Pico Montouto) e o Tras da Serra co Batán e Solloso, que nacen no Alto de San Xoán. Desde o seu nacemento percorre en dirección S-N o linde dos concellos de Ourol e O Vivedo con Mañón, recolle as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada. Corre bastante rápido e encaixado ata preto da desembocadura onde forma un amplo esteiro na ría do Barqueiro, despois de 49 km Afluentes pola dereita: Foxo, Toxoso, San Pantaleón, Porto, Riobarba e San Miguel.
  • 57. O Sor en Ambosores, entre Ourol e As Pontes de García Rodríguez
  • 58. Fervenza na desembocadura do Rego de Muro Novo San Miguel de negradas (O Vicedo)
  • 59. Nas proximidades do monte da Ínsua hai instalada un sistema de cables para cruzar o río nunha cadeira que foi construído para servizo dos pescadores. Ponte de Pordatranca
  • 60. Esteiro do Sor coa illa de San Martiño, na que houbo un mosteiro de monxas
  • 61. COSTA As praias aberta ao Cantábrico son de area fina procedente de rochas de gran miúdo. A costa da Mariña Occidental vai desde o Cabo de Burela ata a desembocadura do río Sor. Forma parte do tramo coñecido como Arco Cantábrico, chamado tamén Rías Altas, costa orientada ao norte, de Ribadeo ao Cabo Ortegal, á beira do mar Cantábrico. É unha zona moi exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con rías e pequenos esteiros, illas e illotes.
  • 62. Ría de Viveiro desde Fuciño do Porco As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de profundidade) e forma de funil. Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo. Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas de area e lama, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fora. Nesta comarca atópanse as rías de Viveiro e a parte leste da do Barqueiro
  • 63. Xistos nos cantís de Punta Louseira. As rochas, ao seren atacadas polas ondas desgástanse e rompen de forma diferente segundo a súa consistencia e orientación.
  • 64. Os ecosistemas máis destacados son as marismas das desembocaduras dos ríos, os areais e os cantís que acollen unha grande riqueza en flora e fauna. Nos illotes refúxianse as aves mariñas. Feos suxeitando as dunas da praia
  • 65. Algas nunha poza de marea
  • 66. Garzota (Egretta garcetta) Percebes e mexillóns soportan a forza do mar ben suxeitos ás rochas dos cantís.
  • 67. PRAIA DA RUELA, na desembocadura do río Xunco. Conta unha lenda que á enseada de Coído en San Cibrao achégase cada sete anos a poñer os seus ovos unha serpe mariña xigante que mide arredor de trinta metros.
  • 68. Restos dunha antiga factoría de salga e cantís da Barrosa en San Cibrao (concello de Cervo).
  • 69. FARO DA ATALAIA, no cabo San Cibrao. A torre antiga foi construída en 1860 e a nova en 1979 (comezou a funcionar en 1983) polo aumento de tráfico marítimo debido á instalación da factoría de alúmina-aluminio.
  • 70. Saída ao mar do río Covo na RÍA DE LIEIRO
  • 71. PRAIA E VILA DE SAN CIBRAO. A parte antiga da poboación está asentada sobre unha península unida á terra por un istmo areoso formado polas praias de San Cibrao e Cubelas.
  • 72. PORTO DE SAN CIBRAO e factoría de alúmina-aluminio, inaugurada en 1980. A maior planta de Europa: ocupa máis de dous millóns de m2 de superficie e produce 1.300.000 tn de alúmina e 200.000 tn de aluminio primario.
  • 73. OS FARALLÓNS, formado polas illas Baixa, Sombriza e Pé. A Maruxaina é unha serea da Mariña de Lugo que atrae aos homes cos seus cantos e berros facendo que naufraguen nos Farallóns. Outra lenda conta que é unha serea ou Afogada (metade peixe, metade muller) que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. Vive nas covas dos Farallóns, debaixo do illote da Sombriza. En San Cibrao celébrase unha festa para conmemorar o día en que os mariñeiros prenderon e queimaron á Maruxaina.
  • 74. PRAIA E PORTO DE MORÁS. En tempos houbo unha factoría baleeira
  • 75. PUNTA DE MORÁS E CANTÍS DA ENSEADA
  • 76. ILLA SARÓN OU ANSARÓN E PUNTA DE ARXENTES desde a punta Roncadoira. Ao fondo a punta de Morás e os Farallóns.
  • 77. ENSEADA E PRAIA DE PORTOCELO
  • 78. Vista desde a PUNTA RONCADOIRA cara á boca da Ría de Viveiro. A punta Roncadoira é un espléndido miradoiro sobre a costa da Mariña.
  • 79. Vista da Ría de Viveiro desde Monte Maior RÍA DE VIVEIRO Ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Ábrese entre as puntas de Cameiro e da Mansa ou Saíñas, cun largor de 7 km e bastante profundidade. Na formación desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. No seu interior acolle as praias de Area, Celeiro e Esteiro, na marxe dereita; e Covas, Abrela, A Cuncha, Sacido, Teixoso e Area Grande, na esquerda. O fondo da ría (Marismas do Landro) forma parte do LIC “Río Landro”. Figura tamén como Punto de Interese Xeolóxico de Galiza e como Paisaxe Sobresaínte.
  • 80. PUNTA DA MANSA, límite leste da Ría de Viveiro
  • 81. ENSEADA E PRAIA DO ESTEIRO
  • 82. MONTE FARO Vista da boca da ría desde o Faro Illa de Area, chamada tamén A Ínsua
  • 83. PRAIA DE AREA desde o Monte Faro. Ten máis de 1 km de lonxitude. Na praia de Area hai unha lenda que fai referencia á cidade de Estabañón que quedou asolagada por unha maldición.
  • 84. Esteiro do Landro e Viveiro desde o monte San Roque
  • 85. Praia de Covas (Viveiro), de 1380 m de lonxitude
  • 86. ILLOTES DOS CASTELOS na praia de Covas. No pozo Piago, no medio do mar, preto de Viveiro vive unha serpe mariña xigante que se deixa ver na mañán de San Xoán.
  • 87. Área de lecer creada no antigo EMBARCADOIRO DE MINERAL DA SILVAROSA, unhas minas de ferro pechadas. ILLOTES DOS CASTELOS e PRAIA DE SACIDO
  • 88. PRAIA DA ABRELA (O Vicedo), de 560 m de lonxitude, e PUNTA DA ÍNSUA
  • 89. PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO e ILLOTE GAVEIRA
  • 90. PUNTA DO FUCIÑO DO PORCO
  • 91. ENSEADA DA PEREIRA E PUNTA LODELAS
  • 92. PRAIA DE AREA GRANDE (San Román, O Vicedo). Mide case 1 km de lonxitude e conta cun importante sistema dunar que obstaculiza a saída ao mar do río Rendo.
  • 93. PRAIA DE AREA GRANDE, Os Castelos e Punta Merceira
  • 95. PUNTA DO CAMEIRO, e ILLA COELLEIRA, no remate da ría do Barqueiro
  • 96. Faro da Illa Coelleira (O Vicedo) construído en 1893 Altura: 7 m sobre o terreo e 89 m sobre o nivel do mar Alcance: 7 millas Esta pequena illa, hoxe importante colonia de aves acuáticas, tivo unha historia moi movida. No século XI nela refuxiáronse e foron exterminados os Templarios, e segundo conta a lenda só un conseguiu salvarse e cruzou a nado ata O Vicedo cunha imaxe de Santo Estevo.
  • 97. Vista xeral da Ría do Barqueiro desde o Semáforo de Bares RÍA DO BARQUEIRO Ábrese entre as puntas de Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abundantes sedimentos que quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de Barqueiro, ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís, máis altos entre O Vicedo e Punta Cabeiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e do Santo. Destacan as praias de Arealonga, O Vicedo e Xilloi. As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneises. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo de sapo.
  • 98. PUNTA DO EMBARCADOIRO E ILLA COELLEIRA
  • 99. PRAIA DE XILLOI E PUNTA CHILATEIRA
  • 100. FARO DE PUNTA DO CASTRO (O Vicedo)
  • 101. PRAIA DO CAOLÍN (O Vicedo) e PUNTA CONGREIRA
  • 102. PRAIAS DO CHAMADOIRO E AREALONGA na frecha do Sor na ría do Barqueiro
  • 103. PRAIA DE AREALONGA E PENA FURADA
  • 104. A PENA FURADA no extremo da praia de Arealonga, unha cova en cuarcitas á que se accde coa marea baixa
  • 106. AS ÁRBORES As formacións arbóreas máis abundantes na zona costeira e nas partes baixas dos montes son as plantacións de eucaliptos e piñeiros. Nas serras, nas áreas máis afastadas consérvanse algunhas manchas de bosque caducifolio no que predominan os carballos, xunto con bideuiros, capudres, pradairos, castiñeiros, pereiras bravas, acivros… Nas proximidades dos cursos de auga consérvanse árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, lamagueiros...). Fraga en Ambosores Fraga no Xistral
  • 107. Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa). A Misericordia (Viveiro). -23 m de altura e 8 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ESPECIES PROTEXIDAS DA XUNTA DE GALIZA Eucalipto “O Avó”, na Retorta de Chavín. Unha das árbores máis altas de Europa con 70 m altura e 7, 55 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ESPECIES PROTEXIDAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 108. Paisaxe de Ourol coa serra do Xistral ao fondo RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO Espazo de 363.668,9 ha repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que está o de Ourol. Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002. A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior valor ecolóxico. Nes comarca inclúe a Serra do Xistral. Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza e actividades humanas e o fomento de actividades de desenvolvemento sostible. ESPAZOS PROTEXIDOS
  • 109. Turbeira. Nestes ecosistemas húmidos atópanse numerosas especies vexetais e animais de grande interese ecolóxico: esfagnos, rorelas, pinguícolas, viola (Viola palustris), hipérico das brañas (Hypericum helodes), herba das brañas (Nardus stricta), xunca de algodón (Eriophorum angustifolium)... LIC SERRA DO XISTRAL Espazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Nesta comarca unha pequena parte do concello de Ourol, entre os regos de Besteburiz e As Balsadas. Ten un grande interese xeolóxico. Destacan as turbeiras e as fragas atlánticas. A fauna é moi rica e variada e conta coa presenza de varios endemismos mundiais como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphron xistralensis. Pinguicola grandiflora, unha planta carnívora que se alimenta dos insectos que quedan apegados nas súas follas.
  • 110. LIC MONTE MAIOR A protección inclúe 1.247 ha nos concellos de Viveiro e Xove. Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras. Nas partes altas hai pasteiros, monte baixo e repoboacións de piñeiro bravo. Quedan algúns pequenos bosques de carballos e bidueiros. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e vacas).
  • 111. LIC RÍO LANDRO Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Landro,desde Ourol ata Viveiro e o seu afluente Bravos; 127 ha pertencentes aos concellos de Ourol e Viveiro. Os ecosistemas máis interesentas son os bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, carballos, pradairos... e unha rica flora no soutobosque formada por fentos, brións, silvas, herba salgueira. Destaca a área de bosque chamada o Val do Naseiro e unha área plantada de eucalitos na zona de Chavín. Nas súas augas podemos atopar salmóns e nas beiras e no esteiro aves acuáticas como garzas, somorgullos, corvos mariños, gaivotas, merlos rieiros...
  • 112. Punta do Campanario LIC COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL Espazo de 491 ha nos concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove. Inclúe as illas Farallóns de Cervo e a costa desde a Enseda, en Morás, ata a frecha do río Sor, na ría do Barqueiro e os illotes fronte a ela. Exclúe os espazos urbáns. É unha costa moi variada con cantis abruptos, enseadas, esteiros, praias, illas e rías. O espazo tén un grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico. Podense atopar ecosistemas mariños areosos e rochosos, cantís, dunas e esteiros cunha gran diversidade de flora e fauna.
  • 113. ZEPA: COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL 2.169 ha, unha estreita faixa costeira entre a ría do Barqueiro e Xove (concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove) e a área mariña limítrofe. O máis destacado deste espazo son as aves mariñas. Os illotes acollen importantes colonias de aves nidificantes, ás que hai que engadir un grande número de especies nas épocas de paso (carráns, mascatos, corvos mariños...) Carrán
  • 114. O Avó é a árbore máis alta de Galiza. O eucalipto é unha árbore de folla perenne orixinaria de Australia que se atopa polas partes baixas de Galicia, sobre todo pola costa, formando bosques de plantación. É unha árbore de crecemento moi rápido que pode acadar unha gran altura (en Australia hainos de 100 m) e que ten un cheiro moi característico. SOUTO DA RETORTA DE CHAVÍN É unha plantación de eucaliptos (3,2 ha) situada na marxe dereita do río Landro en Chavín. Os case 600 eucaliptos foron plantados a partir de 1860 como protección contra as avenidas do río. Algúns acadan tamaños espectaculares.
  • 115. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO (LIG) 2001. Ría de Viveiro Interese: Xeomorfolóxico. Estratigráfico. Tectónico. Mineiro-metaloxenético. Petrolóxico- xeoquímico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiros e litorais. A ría de Viveiro ocupa o comezo da chamada falla de Viveiro que chega case ata o Courel. Na formación desta ría tivo unha grande influencia a diferente resistencia das rochas. A súa beira esquerda é de xistos e a dereita de granito de mica negra. Punta Fuciño do Porco
  • 116. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017