A Limia é unha comarca formada polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. É unha área de marcado carácter rural que ten como núcleo fundamental a vila de Xinzo de Limia. Acolle unha gran diversidade de hábitats, desde as veigas húmidas da antiga lagoa da Antela, ata a alta montaña dos cumes que superan os mil metrose conserva importantes restos histórico-artísticos e etnográficos e festas de interese cultural como o Entroido.
Concellos: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con Portugal. O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao norte, nas serras do Macizo Central.
Acolle zonas de gran interese natural.
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
CONCELLOS: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
A comarca de Ordes está situada no centro da provincia da Coruña e articúlase arredor do río Tambre e os seus afluentes pola dereita, sobre todo o Samo e o Lengüelle que forman amplos vales. As maiores alturas atópanse no norte e sobrepasan pouco os 500 m.
Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos, en especial do Tambre.
CONCELLOS: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca de Terra de Lemos está situada no sur da Provincia de Lugo, entre os vales dos ríos Miño e Sil e os contrafortes do Courel. É unha área dunha grande diversidade morfolóxica e climática o que da lugar a unha grande variedade de ecosistemas con especies atlánticas e mediterráneas e a paisaxes dun grande interese. Ademais acolle un valioso patrimonio cultural.
Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
Comprende os concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. Desde o punto de vista natural ten varias zonas claramente diferenciadas: as depresións de Maceda e unha pequena parte da Limia, o val do Arnoia e as serras que a limitan polo leste (Meda, San Mamede), onde se atopan as maiores alturas, en terreos dos concellos de Xunqueira de Espadañedo e Maceda. É unha comarca dunha gran riqueza natural, en especial na contorna dos ríos e serras; histórica, artística e etnográfica.
A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e está formado polas serras Serras (Laboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao) e os vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes. É unha área dun grande interesse natural e cultural.
Concellos: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense. Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.
Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
CONCELLOS: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela.
Concellos: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
Está situada no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e Enciña da Lastra.
O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.
CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira
A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil.
É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes.
Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
O BAIXO MIÑO ocupa o extremo SO da provincia de Pontevedra, entre o río Miño e o mar. O territorio ten inclinación N-S, entre as estribacións cara ao leste da serra da Groba e as estribacións cara ao oeste da serra do Galiñeiro, e o río Miño. Está formado polos vales polos que baixan os últimos afluentes do Miño, todos eles de curto percorrido.
Pódense distinguir, a nivel paisaxístico, tres zonas: a costa, rectilinea, rochosa, sen apenas abrigos e batida constantemente polo mar; a montaña, unha sucesión de cumes achairados que ocupan o norte e o oeste; e os vales nos que se desenvolve unha intensa actividade agrícola.
É unha comarca con importantes valores históricos, etnográficos, paisaxísticos e ecolóxicos.
CONCELLOS: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
A comarca dos Ancares inclúe os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.
CONCELLOS: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A comarca do Deza está situada no centro de Galiza, ao nordeste da provincia de Pontevedra.
O territorio é moi diverso en canto ao relevo e á paisaxe, desde as terras baixas nos arredores do Ulla ata os cumes do Faro. Está rodeada polo leste e sur polas serras da Dorsal Galega e forma parte por completo da cunca do Ulla e os seus dous afluentes principais na comarca, o Arnego e o Deza.
Ten áreas dun grande valor natural incluídas en diferentes espazos protexidos.
A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
Está situada ao surleste de Pontevedra, lindando con Ourense e Portugal dos que a separa o río Miño. O relevo, irregular, está condicionado pola serra do Suído, ao norte, a do Faro de Avión ao norleste, a Paradanta no centro, cruzando a comarca do norleste ao suroeste, entre as que se atopa o val e o curso alto do río Tea; e o río Miño ao leste e ao sur cara ao que se dirixen as pendentes e os afluentes Ribadil, Deva e Cea.
É unha comarca que acolle importantes valores naturais, ligados sobre todo aos rios e as serras.
CONCELLOS: Arbo, A Cañiza, Crecente e Covelo.
Concellos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
Vigo é unha comarca que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña. O relevo é irregular sen grandes elevacións pero con fortes pendentes e poucas zonas chans, agás a Depresión Meridiana que atravesa a comarca de norte a sur e os tramos finais dos vales dos ríos.
A rede fluvial é moi densa e diversificada: forma parte da as cuncas do Miño e Verdugo e hai numerosos ríos menores que van directamente ao mar.
A pesar da intensa presión humana conserva numerosos lugares de interese natural, varios deles protexidos e numerosos parques urbanos e forestais, nos que se poden realizar rutas de sendeirismo.
CONCELLOS: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur; flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os montes de Budiño. Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
CONCELLOS: Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra.
CONCELLOS: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra
A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra.
O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica en parques e xardíns, tanto públicos como privados.

Concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.
A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña, polo oeste.
Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e cultural.

Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco). É un espazo cun grande valor paisaxístico ecolóxico e cultural no que se atopan especies pouco comúns ou únicas.
CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
CONCELLOS: A Capela, Cabanas, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.
A comarca do Eume esténdese desde as serras da Dorsal Galega, ao leste ata a ría de Ares ao oeste, nun territorio moi diverso onde se dan grandes diferenzas de altitude, de formas de releve e litolóxicas no que o río Eume é o principal protagonista.
É unha comarca con numerosos espazos naturais e cunha paisaxe moi rica en matices.
CONCELLOS: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
A comarca da Ulloa está situada na zona suroriental da provincia de Lugo a carón das serras da Dorsal Galega que lle fan de linde polo leste e sur. Ocupa un territorio chan resto dunha antiga superficie de erosión formada por bloques afundidos, con suaves ondulacións e moi incidido pola erosión dos ríos. Está rodeado en todo o seu contorno por serras de formas suaves e alturas que non sobrepasan os 800 m. O río principal é o Ulla que lle da nome á comarca e ten nela o seu curso alto e parte do medio. Acolle espazos de grande valor natural: a Serra do Careón, o canón do Ulla e en xeral todos os cursos dos ríos e as serras.
CONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
CONCELLOS: A Estrada e Forcarei
A comarca de Tabeirós-Terra de Montes está situada ao norte da provincia de Pontevedra, separada da Coruña polo río Ulla e de Ourense e a comarca do Deza polas serras da Dorsal que a limitan polo leste. É unha comarca cun relevo moi variado na que se diferencian tres áreas con características específicas. Ao norte as terras máis, baixas, no Val do Ulla, no centro terras de media altura e no sur e leste serras que acadan ata máis de 1.000 m de altitude.
A rede fluvial é tamén diversa e está estruturada arredor do Ulla, o Umia e o Lérez que, xunto cos seus afluentes forman multitude de vales.
A riqueza paisaxística e de espazos naturais é un dos importantes atractivos desta comarca na que se atopan varios espazos protexidos.
Tradicionalmente Cerdedo e Forcarei formaron a comarca coñecida como Terra de Montes.
A comarca de Sarria está situada no centro-sur da provincia de Lugo, entre o val do Miño e as serras orientais galegas. No territorio diferéncianse tres unidades claras. O centro está ocupado pola depresión de Sarria, o leste e sur polas serras de Albela, Oribio, Lóuzara e Trapa, e o oeste polos restos dunha penichaira moi erosionada na que o Miño escavou a súa canle e na que se ergue a serra do Páramo.
Os ríos forman parte da cunca do Miño (Neira-Sarria) e do Sil (Cabe-Mao, Lóuzara).
CONCELLOS: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. SUPERFICIE:
801,7 km2
POBOACIÓN:
21.649 habitantes
(2015)
CONCELLOS:
Baltar, Os Blancos, Calvos de
Randín, A Porqueira, Rairiz de
Veiga, Sandiás, Sarreaus,
Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar
de Santos e Xinzo de Limia
ESPAZOS PROTEXIDOS:
Parque Natural e LIC “Baixa
Limia-Serra do Xurés”; LIC Veiga
de Ponteliñares e ZEPA “A
Limia”.
3. A comarca de A Limia está situada no sur de Ourense e esténdese desde as abas da
Serra de San Mamede ata os lindes con Portugal, nas serras do Larouco, Seca e A
Pena. Xunto coa Baixa Limia, da que a separan os montes de Bande, forma parte
dun gran territorio artellado pola cunca do Limia.
A Limia Alta é unha comarca de marcado carácter rural que ten como núcleo
fundamental a vila de Xinzo de Limia.
4.
5. Unha gran parte do territorio está ocupado pola chaira da Limia, unha depresión de
fondo chan, de orixe tectónica, cunha altitude media de 600 m e que noutros
tempos acollía a lagoa de Antela, que foi desecada para crear terreos de cultivo.
6. Liña de cumes que separa a chaira da Antela (á dereita) do val do Limia
7. As principais actividades son a agricultura (en especial o cultivo da pataca e os
cereais), a mineiría, as pequenas industrias e os servizos.
8. VACA LIMIÁ
A comarca acolle a raza autóctona de bovino máis escasa de Galiza. Atópase en
Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
De tamaño grande, cor castaña, coa cabeza mediana, os cornos en gancho (curtos
nos machos e máis longos nas femias) e as orellas grandes e peludas. É boa para
producir leite e carne, e para o traballo.
9. É unha comarca cunha gran diversidade de hábitats, desde as veigas húmidas da
antiga lagoa da Antela, ata a alta montaña dos cumes que superan os mil metros.
Acolle varios espazos protexidos (de gran importancia, sobre todo, para as aves).
Conserva importantes restos histórico-artísticos e etnográficos e festas de interese
cultural como o Entroido.
11. CONCELLOS
BALTAR
Está no sur-leste da comarca, nos lindes con Portugal. O territorio é de montañas con dúas
aliñacións de serras. Ao sur, no linde con Portugal, a serra do Larouco e Seca; ao norte os
montes do Cebreiro e Gomariz. Entre as serras fórmanse os vales dos ríos Salas, que circula
con dirección Oeste e recibe os regos Frouxín, Cancelo e Castelo; e o Faramontaos, que no
curso alto chámase Rousía, circula cara ao leste e recibe os regos Campelos, Forcadas e
Caneiro.
SUPERFICIE: 93,95 km2
POBOACIÓN: 1.002 habitantes
PARROQUIAS: Abades, Baltar, Garabelos do Bouzo, Niñodaguía, Texós, Tosende e Vilamaior
da Boullosa.
Monte Castro.
12. Baltar é un concello rural moi despoboado e coa poboación moi avellentada. As principais
actividades son a agrogandaría e os servizos.
Os principais valores naturais atópanse nas serras onde se poden facer rutas de
sendeirismo para contemplar as paisaxes ou internarse por bosques autóctonos onde
abondan os carballos e os pradairos. Tamén tén un rico patrimonio etnográfico; pontellas,
muíños, casas tradicionais, fornos comunais...
Parte do concello ocupa o territorio do antigo Couto Mixto,
Ponte sobre o río Faramontaos na Rousía.
Ara romana na capela da Asunción, en Baltar
13. OS BLANCOS
Está situado no centro-sur da comarca, no rebordo montañoso do sur da chaira da Limia. O
terreo é montañoso e está atravesado de oeste a leste polo río Airoa ou Mouril que forma un
val cunha altitude de 600 a 800 m. Ao norte atópanse alturas de 800 a 900 m no Castelo de
Ouvigo e o Outeiral e ao sur os cumes máis altos nos montes do Cebreiro (1.266 m), A Xorita
(1.150 m) e Fonte do Lobo (1.115 m).
SUPERFICIE: 47,54 km2
POBOACIÓN: 1.135 habitantes
PARROQUIAS: Aguís, Os Blancos, Covas, Covelas, Guntín, Nocedo e Peixeiros.
Nocedo, á beira do río Mouril. Detrás os montes da serra de
Gomariz, línde entre Os Blancos e Baltar.
14. Ovellas. A gandaría extensiva é unha das
actividades importantes dos concellos da área
montañosa da Limia.
Área recreativa dos Blancos na que hai varios castiñeiros
de máis de 6 m de perímetro.
Ouvigo: complexo paleocristián formado por
unha necrópole e unha edificación tardorromana
15. CALVOS DE RANDÍN
Está situado ao surleste da comarca, lindando con Portugal polo sur e polo leste. O terreo é
montañoso. Distínguense tres zonas: ao norte os montes de San Tomé e Aguioncha; no centro
o val do Salas e os seus afluentes (Nosa Señora, Fondón, Bouza, Barxa e Calvos); e no sur a
serra da Pena onde se atopan as maiores alturas do concello (Alto do Candal, con 1.424 m e
Monteagudo, con 1.363 m). A parte norte está drenada polo río Fírveda, un afluente do Limia
que circula con dirección norte e recibe o Mestas e Ponte Maior).
SUPERFICIE: 97,66 km2
POBOACIÓN: 922 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Calvos, Castelaus, Feás, Golpellás, Lobás, Randín, Rioseco, Rubiás dos Mixtos e
Vila.
Vista de Randín e do encoro de Salas desde a serra da Pena.
16. As principais actividades son a gandaría (vacún,
ovino e caprino), as explotacións forestais e os
servizos. É un concello que ten un rico
patrimonio natural (ríos, serras, bosques) e
etnográfico (casas, fornos, muíños, petos de
ánimas...).
Unha parte do territorio (a serra da Pena) está
incluído no LIC “Baixa Limia”.
Calvos de Randín.
Gando de razas
autóctonas (cachena e
rubia) en réxime
extensivo nas abas da
serra da Pena.
18. A PORQUEIRA
Situada no centro-oeste da comarca, na marxe esquerda e ao sur do río Limia que lle serve de
linde polo norte. A capital municipal é A Forxa.
O territorio ocupa un estreitamento do val do Limia, na parte sur da chaira da Limia e elévase
cara ao sur, acadando as máximas altitudes nos montes dos Blancos e Gomariz, no linde cos
concellos de Calvos de Randín e Os Blancos (Monte de Candás, con 1.006 m, Mazaira, con 982
m, Couto, con 972 m e Penouzos con 908 m).
SUPERFICIE: 43,38 km2
POBOACIÓN: 901 habitantes
PARROQUIAS: Paradela de Abeleda, Porqueira, Sabucedo, San Lourenzo de Abeleda, San
Martiño de Porqueira e Sobreganade.
Eira de hórreos na praza principal da Forxa.
19.
20. As principais actividades son a agricultura, a gandaría e os servizos. Ten importantes valores
naturais (fervenzas e canóns no río Fírveda, soutos e carballeiras con exemplares
monumentais), etnográficos (hórreos, casas, pontes) e histórico-artísticos (castelos,
igrexas...).
Na marxe esquerda do Limia atópase o LIC “Veigas de Ponteliñares” compartido con Rairiz da
Veiga. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
Ponte medieval sobre o Fírveda na Forxa.
21. RAIRIZ DE VEIGA
Situado ao oeste da comarca. O territorio ocupa, na súa maior parte, a depresión da Limia con
altitude de 600 a 900 m. As maiores alturas atópanse no norte (Penamá, con 910 m) e leste
(Congostro, con 910 m). O río Limia percorre o sur, no linde con A Porqueira.
SUPERFICIE: 72,08 km2
POBOACIÓN: 1.456 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Candás, Congostro, Guillamil, Lampaza, Ordes, Rairiz da Veiga, Sabariz e
Zapeaus.
Torre construída na Saínza para a celebración da
tradicional batalla de mouros e cristiáns que ten lugar
durante as festas da Mercede en setembro.
Peto de ánimas na Saínza.
22. As principais actividades son a agricultura e a gandaría.
O territorio de Rairiz da Veiga forma parte de varios espazos protexidos o LIC “Veigas de
Ponteliñares” chamado tamén Veigas da Limia; a ZEPA “A Limia”, a reserva da Biosfera “Área
de Allariz” e acolle o Monumento Natural “Carballa da Rocha”.
Conserva tamén importantes valores histórico artísticos: restos da Via Romana XVIII, igrexas,
xacementos prehistóricos...
Veigas de Ponteliñares
Carballo en Ordes. No concello de Rairiz da Veiga hai
bastantes carballeiras e nalgunhas exemplares de
carballos monumentais.
24. SANDIÁS
Ocupa o centro norte da comarca. No territorio do concello distínguense dúas áreas. No
noroeste atópanse os terreos máis elevados, nas estribacións de Penamá, no linde con Allariz,
con altitudes de 700 a 900 m (Cantariños, Coalloso, Souteiro e Nogueira). O resto forma parte
da depresión da Limia, na antiga Lagoa de Antela, unha chaira aluvial desecada atravesada
pola canle de desaugue da lagoa e o rego de Piñeira. O Limia fai de linde polo sur con Xinzo de
Limia nun pequeno tramo.
SUPERFICIE: 52,80 km2
POBOACIÓN: 1.307 habitantes
PARROQUIAS: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás.
Restos do Castelo de
Sandiás (Torre do
Castro). Construído
sobre un antigo
castro arredor do
século XII.
25. As principais actividades son a agricultura (en especial o cultivo da pataca), a mineiría
(extracción de áridos) e os servizos.
Os principais valores naturais están asociados ao río Limia e ás lagoas naturalizadas que se
formaron ao quedar abandoadas as explotacións de áridos. Parte do territorio está incluído
na ZEPA “A Limia”. Conserva un importante patrimonio histórico-artístico (igrexas, castelos,
restos romanos...).
Sementeira de patacas.
26. Igrexa de San Estevo de Sandiás. Unha das
mellores representacións do renacemento galego.
Construída polo mestre canteiro Bartolomé de
Nosendo antes de 1520. Destaca a portada de
estilo manuelino.
27. Miliarios romanos en Vilariño das Poldras. Por aquí pasaba a
Vía Nova que unía Braga con Astorga. Nesta zona atopábase a
antiga Ponte das Poldras que foi derrubada ao desecarse a
lagoa de Antela.
Miliario romanos en Zadagós.
28. SARREAUS
Está situado no centro-norte da comarca, na beira da depresión da Limia. No territorio
distínguense dúas áreas diferenciadas: ao nordeste unha aliñación de montañas no linde con
Laza (serra da Requeixada) coas máximas altitudes no Talariño e Paradiña, con 986 m, e
Madosa, con 940 m. O leste e o sur forman parte da depresión da Limia, un terreo chan cunha
altitude media de 600 m. Os ríos forman parte das cabeceiras do Limia que nace no monte
Talariño: Lodoselo, Freixo, Pedroso e Valdelobos.
SUPERFICIE: 77,25 km2
POBOACIÓN: 1.283 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Bresmaus, Codosedo, Cortegada, Freixo, Lodoselo, Nocelo da Pena, Paradiña,
Perrelos e Sarreaus.
Sarreaus, no val do Limia.
29. As principais actividades son a agricultura e os servizos.
Os valores naturais están asociados aos montes e aos ríos. No patrimonio cultural destaca o
xacemento prehistórico de Roufelo (Nocelo da Pena), o dolme “Pedra Alta da Antela” e as
igrexas románicas de Cortegada da Limia, Perrelos e Codesedo.
Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
Pedra do Arangaño, en Perrelos. Segundo a tradición os
nenos entarangañados facíanse fasar polo burato da pedra
para que curasen.
A Pedra Alta da Antela, un menhir situado no linde entre
Sarreaus, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia.
31. TRASMIRAS
Situado no centro-leste da comarca no rebordo da depresión da Limia, no linde coa comarca
de Monterrei. A maior parte do territorio forma parte da chaira da Limia, cunha altitude de
650 a 700 m. No leste e sur atópanse as maiores alturas nas serras das Estivadas e Cualedro: O
Castelo (850 m), A Ermida, Pena Alta, Seixo, Alto do Picotiño...
Está atravesada de leste a oeste por varios afluentes da Limia: Rego da Veiga, Trasmiras e
Faramontaos.
Paisaxe agrícola.
SUPERFICIE: 56,72 km2
POBOACIÓN: 1456
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Abavides,
Chamosiños,
Escornabois, Lobaces,
Trasmiras, Vila de Rei,
Vilar de Lebres,
Vilaseca e Zos.
32. As principais actividades son agricultura
(patacas, cereais), a gandaría e o sector
forestal.
Os principais valores naturais atópanse nas
Veigas da Limia e nas carballeiras das zonas
altas.
Acolle un impotante patrimonio cultural entre
o qu destacan as igrexas románicas de San
Salvador de Vilar de Lebres e Santa María de
Zos. Parte do territorio está incluído na ZEPA
“A Limia”. Detalle da igrexa de Zos.
Ponte medieval sobre o río Faramontaos,
entre Xinzo de Limia e Trasmiras.
33. VILAR DE BARRIO
Atópase na zona nordeste da comarca. No territorio distínguense tres zonas diferenciadas. Ao
norte e ao leste a serra de San Mamede, onde se atopan as maiores altitudes: San Mamede,
con 1.618 m e Penedos das Mazas, con 1.569. No centro, con orientacón oeste-surleste, o val
do Arnoia que descende desde os 800 m ata os 450 m abríndose cara a depresión de Maceda.
Ao oeste a depresión da Limia, separada do val do Arnoia por pequenos cumes que serven de
divisoria de augas.
SUPERFICIE: 106,69 km2
POBOACIÓN: 1.500 habitantes (2014)
PARROQUIAS: A Alberguería, Arnuíde, Bóveda, As Maus, Padreda, Prado, Rebordechao, Seiró
e Vilar de Barrio.
Vilar do Barrio desde os
montes da Requeixada.
34.
35. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos. Ten importantes
valores naturais asociados á serra de San Mamede e ao río Arnoia. O patrimonio etnográfico
está representado por muíños e pontes e o histórico-artístico por castros, pazos e igrexas.
Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
Ponte medieval sobre o Arnoia en Arnuíde.
36. VILAR DE SANTOS
Situado ao norte da comarca, no rebordo montañoso da depresión da Limia. No territorio
distínguente dúas unidades. Ao norte está ocupado por pequenas elevacións: a caída do
monte Cantariña (700 m), o Castro (842 m) e o Cubelo (736 m). As alturas van descendendo
cara ao sur e oeste ata a beira do río Limia que fai de linde polo sur do concello. O seu
afluente, Lameiras, percorre Vilar de Santos de norte a sur.
SUPERFICIE: 20,69 km2
POBOACIÓN: 894 habitantes
PARROQUIAS: Parada de Outeiro e Vilar de Santos.
Vilarde Santos.
37. As principais actividades son a agricultura, os servizos e pequenas industrias.
Os recursos naturais están asociados aos ríos e conserva carballeiras con exemplares
monumentais. O patrimonio cultural está representado na arquitectura popular e no Museo
da Limia que recolle as principais manifestación da cultura da zona.
Vilar de Santos forma parte da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” e está integrado na rede
de Centros Europeos de Intercambio, Arte, Cultura e Tradición. Parte do territorio está
incluído na ZEPA “A Limia”.
Mazadeiras do liño no museo da Limia.
Portada da igrexa de Vilar de Santos.
38. XINZO DE LIMIA
Situado no centro da comarca, ocupando gran parte da chamada depresión da Limia. A maior
parte as superficie do concello é unha chaira dunha altitude media de 600 m, coa zona máis
baixa cara ao suroeste, na antiga Lagoa de Antela. Ao nordeste atópanase os cumes de A Pena
(759 m) e ao sur, nos lindes cos Blancos e Baltar, As Cavadas (902 m), Castelo de Oubigo (006
m), Cruz (853 m) e a Serra de Cualedro (Pena Muller, con 1.026, no linde com Cualedro). O río
Limia atravesa o concello de leste a oeste e recibe o Nocelo e o Faramontaos.
SUPERFICIE: 132,61 km2
POBOACIÓN: 10.043 habitantes
PARROQUIAS: Boado, Cima de Ribeira, Damil, Faramontaos, Granade, Gudín, Guntimil,
Lamas, Laroá, Moreiras, Morgade, Mosteiro de Ribeira, Novás, Parada de Ribeira, A Pena,
Piñeira Seca, San Pedro de Laroá, Seoane de Oleiros, Solbeira de Limia e Xinzo de Limia.
39. de Limia, a capital do concello e da comarca, concentra a maioría dos servizos e os polígonos
industriais. A Natureza está asociada ao curso do río Limia e os seus afluentes.
É un concello cun importante patrimonio histórico-artístico (castelos, igrexas, mosteiros...) e
etnográfico. O camiño xacobeo coñecido como “Ruta da Prata” cruza o concello.
Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
O entroido de Xinzo de Limia é un dos máis importantes de Galiza (declarado Festa de
Interese Turístico Nacional).
Envasado de patacas. As patacas da Limia están protexidas
na denominación de orixe Pataca Galega.
Torre da Pena, situada nun dos cumes que separan a Antela do val
do Limia. Desde os montes que a rodean hai unhas vistas
excelentes sobre a Limia e pódense facer varias rutas de
42. RELEVE
Na comarca da Limia Alta distínguense dúas zonas moi diferenciadas: a depresión achairada
de orixe tectónica da Limia e as serras que a rodean. Ao norte A Serra de San Mamede e unha
aliñación de alturas de 900 a 700 m (O Castro...) que separan a comarca das de Allariz-
Maceda, Terra de Caldelas e Verín. Ao leste e sur a serra do Larouco, ao sur as serras Seca e da
Pena e ao leste os montes de Bande. Entre os vales dos ríos Limia e Salas sitúase a serra do
Cebreiro.
As rochas dominantes son os granitos, que nos cumes dan lugar a formas acasteladas debido
á erosión diferencial.
A Limia.
43. Penas no monte do Arangaño. As montañas da Limia forman parte dun releve moi antigo e erosionado no que abondan,
coroando os cumes, os penedos graníticos con caprichosas formas creadas pola erosión da auga.
44. A vexetación das serras está dominada por matogueiras e pasteiros nas partes altas e algúns
bosques naturais (carballeiras, bidueirais) nas abas máis sombrizas e afastadas. Unha gran
parte do terreo forestal está repoboado con piñeiros e na proximidade das poboación
abondan os soutos.
Matogueira na serra da Pena.
46. SERRA DE SAN MAMEDE
Formada por xistos e areíscas que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves e nos
cumes por granitos de dúas micas que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes
penedos e algunha cuarcita. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. Esta serra
domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia e ten unhas boas vistas sobre as serras
da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión. Na vertente sur nace o río Arnoia e varios dos
seus afluentes. Accedese desde desde Vilar de Barrio por pistas de terra.
San Mamede.
47. As zonas altas, por mor das queimas sucesivas están cubertas por un mato de xestas, piornos, queirugas...
nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún teixo. Unha
parte está repoboada con piñeiros silvestres.
A fauna é tamén moi abundante e variada: lobos, raposos, corzos, xabaríns, lebres, perdices, aves de
rapina, réptis, anfibios...
Detalle dos cumes graníticos na primavera.
48. SERRA DO LAROUCO
É unha serra con orientación NE-SO de cumes suaves que van gañando altura cara ao sur. Fai
de límite entre A Limia e Portugal e prolóngase cara ao norte ata tocar coa serra de San
Mamede polo cordal que fai de divisoria entre as depresións de A Limia e Monterrei. Está
formada maioritariamente por materiais graníticos rotos por fracturas NNE-SSO e NNO-SSE, e
algunhas rochas metamórficas. O punto máis alto é o Coto Farelo (1.398 m), na intersección
de Portugal cos concellos de Baltar e Cualedro.
Serra de Larouco, vista oeste, desde Calvos de Randín.
Vista dos cumes máis altos do Larouco na fronteira portuguesa.
49. Unha grande parte da serra do Larouco está
cuberta de vexetación de mato e
repoboacións forestais de piñeiros.
Consérvanse zonas de bosques de cerquiño,
entre os que destaca o da Rousía en Baltar.
Desde as partes altas hai unhas vistas
espectaculares sobre toda a comarca.
Accedese desde Cualedro ou Baltar. Pódese
subir aos cumes polas pistas do parque
eólico.
Vista desde os cumes do Larouco cara a Baltar.
Bosque de cerquiños.
“Cortiñas da Casa da Neve” ou “Pozo dos Mouros”, un
neveiro datado no século XV. Nestas construcións
conservábase a neve convertida en xeo para empregala
durante o ano ou comercializala.
50. A serra Seca desde Baltar.
SERRA SECA
Aliñación situada no linde con Portugal entre as serras da Pena e o Larouco. Os cumes máis
altos son o Outeiro de Fonte de Chao, con 1.274 m e O Castro, con 1.230 m.
51. SERRA DA PENA
Ocupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín, con altitudes entre os 850 m no
val superior do Salas e máis de 1.400 nos cumios (na zona portuguesa). Hai unha grande área
de migmatitas e algún gneis glandular da serie ollo de Sapo, unha gran intrusión de granito de
dúas micas e algúns diques de aplita e pegmatita.
O punto máis alto é o Alto do Candal, con 1.424 m. Na vertente norte nacen varios regos que
van ao Salas. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares do toda a contorna.
Accedese desde Calvos de Randín.
52. Conserva bos bosques de
cerquiños e na vagoadas hai
bidueiros, salgueiros, acivros,
castiñeiros, escambróns...
Téñense contabilizado máis de
100 especies de vertebrados.
Forma parte do LIC“Baixa Limia-
Serra do Xurés.
Vacas no alto da serra da Pena.
Matogueiras e cumes graníticos.
As touzas, ou bosques de cerquiños ocupan unha boa
área ao sur de Vilar e Vilariño. Nas zonas dos cumes os
cerquiños non pasan de arbustos.
53. SERRA DO CEBREIRO
Chamada tamén Serra da Raíña Loba. Está situada entre A Limia e a Serra do Larouco, da que
a separa o val do río Salas. Formada pola Serra de Gomariz, co punto máis alto no Penedo da
Raíña Loba (1.161) e os montes do Cebreiro, cos puntos máis altos no Penedo das Fatigas, con
1.258 m e O Cebreiro con 1.265. Está constituída por granitos dos que sobresaen bolos,
formas acasteladas e penedos en equilibrio. Desde os altos hai boas vistas sobre A Limia, o
encoro de Salas e as serras do Larouco e A Pena.
Accédese desde Baltar, Os Blancos ou Calvos de Randín.
O Cebreiro.
54. Conserva boas áreas de bosques de
rebolos con bidueiros, pereiras bravas e
carballos; outra parte está repoboada con
piñeiros, e o resto vexetación arbustiva.
Vista xeral da cara sur da serra da Raíña Loba.
A Xorita.
56. OS RÍOS
O río principal da comarca é o Limia que a percorre de leste a suroeste e recolle as augas das
serras que rodean a depresión da Limia. Só unha pequena parte da comarca pertence á conca
do Arnoia, nas abas da serra de San Mamede, en terreos de Vilar de Barrio.
Arredor dos ríos consérvase unha vexetación de ribeira de gran diversidade na que se atopa
unha variada fauna, en especial aves acuáticas que teñen nas veigas inundadas do Limia unha
importante área de cría e invernada.
Vexetación na canle da lagoa de Antela.
58. Parrulo cinsento (Anas estrepera). É invernante
común de esteiros e lagoas interiores.
Femia e crías de lavanco real (Anas platirhynchos).
Mergullón pequeno.
59. RÍO LIMIA
Nace no Monte Talariño (Sarreaus). As súas cabeceiras son o Freixo, Valdelobos, Sas de
Pedros e Lodoselo; e desemboca en Viana do Castelo (Portugal). No tramo galego o Limia
descende rápido desde o nacemento á depresión da Antela por onde discorre mainamente
ata encaixarse lixeiramente a partir de Ponteliñares. Desde este tramo entra na Baixa Limia
para precipitarse en fortes pendentes ata entrar en Portugal, despois de 75 km por territorio
galego. Na comarca recibe pola dereita o Antela (co Lameiros) e o Vidueiro e pola esquerda o
Lodoselo, Veiga, Trasmiras, Faramontaos, Nocelo, Grande, Fírveda e Salas.
Nesta comarca está protexido no LIC “Veigas de Ponteliñares” e na ZEPA “A Limia”.
O Limia en Sarreaus.
60. O Limia en Xinzo na primavera.
O Limia canalizado despois de unírselle o
desaugadoiro da Lagoa de Antela. Na Limia
atopábase a lagoa máis Grande de España,
cunha gran riqueza biolóxica. Foi desecada
polo IRYDA en 1958. Na actualidade, sobre
todo no inverno, consérvanse áreas
asolagadas e veigas, así como algunhas
lagoas de orixe antrópica formadas pola
extracción de area.
O Limia en Xinzo no verán.
O río sofre unha forte seca estival.
62. O RÍO DO ESQUECEMENTO
O mito clásico do río Leteo no que as almas dos mortos bebían o esquecemento á entrada dos felices Campos Elíseos
localízase en Galicia no río Limia. Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadealo perdería
a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non
se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu
primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.
63. A escasa profundidade das lagoas e da canle do Limia favorece o asentamento
de plantas acuáticas e bosques de ribeira que á súa vez serven de hábitat para
multitude de especies, especialmente aves, anfibios, insectos...
64. RÍO FÍRVEDA
É un afluente do Limia que nace na parroquia de Vila (Calvos de Randín). No concello de A Porqueira
forma un pequeño cavorco con varias fervenzas entre migmatitas que conteñen seixo, feldespato e algúns
minerais ricos en ferro e magnesio.
Fervenza do Fírveda Na Forxa (A Porqueira, no
linde cos Blancos). O río Fírveda salva un resalte
granítico con varias fervenzas.
Canón do
Fírveda.
65. RÍO NOCEDO
Chamado tamén río Mouril. Nace na serra de Gomariz e discorre por terreos de Os Blancos e Xinzo de
Limia, onde se xunta co Limia na capital do concello.
66. RÍO FARAMONTAOS
Nace na aba norte da serra do Larouco, percorre terreos de Baltar e Trasmiras e xúntase ao Limia un
pouco antes de Xinzo de Limia. No primeiro tramo chámase río da Rousía.
O río da Rousía na Rousía, en Baltar.
Ponte en Faramontaos (Xinzo)
67. RÍO SALAS
Nace na Serra do Larouco. Fai a primeira parte do seu percorrido na comarca da Limia, entre a serra da
Pena e os montes dos Blancos, por un val amplo e con pouca pendente. Comeza a encaixarse un pouco
antes de entrar en Portugal e, logo dun breve percorrido, entra na Baixa Limia onde o atranca o encoro de
Salas. Logo continúa nun descenso bastante pronunciado ata a súa entrada no Limia, no encoro de
Lindoso.
Veigas do Salas en Calvos de Randín.
O Salas en Calvos de Randín, pouco antes do encoro.
68. RÍO ARNOIA
Nace na serra de San Mamede pola unión do Bouzas, Canadas e Busteiro; na parroquia de
Rebordechao (Vilar de Barrio). Na comarca percorre terras dos concellos de Vilar de Barrio.
Desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia), despois dun percorrido de 87 km.
O Arnoia en Porto (Vilar de Barrio).
Unha ruta segue o río desde Arnuíde ou Vilar do Barrio até
Rebordechao pasando por Parada, Riobó, Arruás, Prado e
A Ermida
Aliviadoiro dunha levada en Arnuíde.
70. A depresión da Limia orixinose pola relaxación posterior á Oroxénese Alpina na que se
ergueron e afundiron grandes bloques aproveitando antigas fallas primarias. A zona
deprimida está cuberta por un depósito aluvial areoso do Cuaternario de grande importancia.
Os sedimentos da antiga lagoa da Antela constituídos por areas, arxilas, turba e lignito acadan
nalgunhas zonas os 200 m.
AS LAGOAS
Na depresión da Limia atopábase a lagoa da Antela, a
máis grande de España con 9 km de longo, 5 de ancho
e 3 m de profundidade, uns 40 km2
de superficie, e
unha enorme riqueza biolóxica. Foi desecada polo
IRYDA en 1958 para aproveitar o espazo como terreo
agrícola. Na actualidade so quedan a canle de
desecación e algúns asolagamentos estacionais.
Ademais hai grandes pozas artificiais moi profundas
producidas polas explotacións areeiras, algunhas
acondicionadas como espazos naturais. Na lagoa da
Antela descubríronse poboados palafíticos con
achádegos de puntas de frecha datadas no 2600-2500
a.C. Hai numerosas mámoas e castros. Foi poboada
polos romanos, que fixeron varias canles para tentar
desecar a lagoa e construíron unha via que
comunicaba Braga con Astorga e discorría polas
beiras da Antela.
O Limia canalizado
71. Pozas de Sandiás, orixinadas polas
actividades de extracción de áridos.
73. Lagoa estacional nas Veigas de Ponteliñares.
Lagoa en Sandiás. Lagoa en Sarreaus.
74. Tres plantas que viven nas augas pouco
fondas, quedas ou de correntes lentas.
Lirio amarelo.
Antela (Scirpus
lacustris), o xunco
que lle deu nome á
zona. Pode acadar 2
m de altura e máis de
2 cm de grosor.
Oucas.
75. Cabalos do demo (Pyrrhosoma nymphula).
Lavanco real (Anas platirhynchos). Crían habitualmente
na zona e pódense ver durante todo o ano.
Cegoñas (Ciconia ciconia) no niño.
76. AS ÁRBORES
Por toda a comarca, especialmente das beiras da depresión da Limia, atópanse pequenas
carballeiras formadas por carballo do país (Quercus robur) acompañado de rebolos, bidueiros,
castiñeiros... Nas veigas e beiras dos ríos hai bosques húmidos onde dominan as amieiras e os
salgueiros Nas proximidades das poboacións atópanse soutos con castiñeiros de gran porte.
Rebolos ou cerquiños na serra da Pena.
77. MONUMENTO NATURAL CARBALLA DA ROCHA (1 de marzo de 2007). A Saínza de Abaixo (Rairiz de Veiga).
Carballo (Quercus robur) con 33 m de altura e 6,90 m de perímetro. Forma parte do escudo municipal de
Rairiz da Veiga. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
ÁRBORES SENLLEIRAS
78. Carballo de As Lamas (A Porqueira). -5,23 m de
perímetro. Atópase ao pé da Estrada Xinzo-Bande,
despois de pasar A Forxa, á dereita.
Carballo Grande de Reboreda (A Porqueira). No bosque
da Caraveleira. -27 m de altura e 5,45 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de
Galiza.
79. Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). Mide 7,50 m de
perímetro no toro. Atópase nunha carballeira onde
hai varios exemplares monumentais.
Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga).
-5,30 m de perímetro.
80. Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). -6,45 m de perímetro.
Carballos na Saínza (Rairiz de Veiga). Tres exemplares,
ao pé do cruce da estrada. O máis grande mide 4,83 m
de perímetro.
81. Carballo en Cortegada (Sarreaus).
-5 m de perímetro.
Carballos en Randín, a carón da capela. O máis
grande mide 6,30 m de perímetro no toro.
82. Carballo do adro da igrexa de Calvos de Randín:
-5,70 m de perímetro no toro.
Carballos en Loureses (Aguís, Os Blancos). No adro
da ermida do Santo Antonio. -Tres carballos de 3; 4
e 4,5 m de perímetro.
83. Castiñeiros de Peninvello. (Xinzo de Limia-Ourense).
Dous exemplares con case 500 anos. O máis grande ten 16 m
de altura e sobrepasa os 8 m de perímetro no toro. Castiñeiro na A Forxa (A Porqueira). Oito
ponlas, -8,30 m de perímetro.
Na parte alta da localidade, no camiño que
sobe á fervenza.
84. Castiñeiro de Maus (Vilar do Barrio). Atópase a
carón da estrada que baixa a Porto e Alemparte.
Mide 7,50 m de perímetro no toro.
Castiñeiros de Os Blancos. Mide 6,40 m de perímetro.
Están situado no centro da poboación nunha zona
acondicionada como área de lecer na que se atopan
varios exemplares que superan os 6 m de perímetro no
toro. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da
Xunta de Galiza.
85. Castiñeiro de Pexeiroos (Guntín, Os Blancos). -13,5
m de altura e 12 m de perímetro. Incluído no
Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
Castiñeiro de Pexeiros (Os Blancos).
-13,10 m de perímetro.
86. Castiñeiro en Loureses (Aguís, Os Blancos)
-10,85 m de perímetro.
Castiñeiro en Pexeiroos (Guntín, Os
Blancos). A carón da igrexa.
87. Castiñeiro en Lampaza (Rairiz da Veiga)
-10 m de perímetro.
Castiñeiro en Lampaza (Rairiz da Veiga)
88. Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga)
Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga)
-8,7 m de perímetro.
89. Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga)
-8 m de perímetro. Freixo en Cortegada (Sarreaus).
90. ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS
Espazo de 33.920 ha que nesta comarca inclúe a Serra da Pena en terreos de Calvos de
Randin. A maior parte da superficie é terreo de montaña no que se practica o pastoreo e
arredor dos asentamentos humanos as terras están adicadas á agricultura.
É un espazo cun gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico.
Chícharos dos raposos ou tremoceiros
(Lupinus ). Comúns na zona sur da provincia
de Ourense.Breixos, carqueixas, uces e rebolos.
91. VEIGA DE PONTELIÑARES
É unha pequena área nas veigas do río Limia (130 ha) pertencente aos concellos de Porqueira
e Rairiz de Veiga. Atópanse ao pasar a confluencia da canle de desecación do Limia e o río.
Son extensos pasteiros asolagados no inverno rodeados de vexetación de ribeira. A
vexetación da zona é a típica das áreas húmidas. A maior importancia deste espazo reside no
número de especies de aves acuáticas
92. ZEPA A LIMIA
É un espazo que abrangue as veigas do Limia e da canle da Antela e os terreos cultivados das
áreas próximas, 10.3383 ha en nove concellos da comarca. A maior importancia reside na gran
variedade e cantidade de aves acuáticas e terrestres. Destaca a presenza do sisón, a tartaraña
cinsenta e o pernileiro.
Galiñola (Gallinula chloropus).
Aliméntanse e crían entre a vexetación
das beiras dos ríos e lagoas.
Laverca (Alauda arvensis)
93. BRAÑAS DE GOLPELLÁS
Un espazo proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de
conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Abrangue as cuncas dos regos Lama da Veiga Pequena e Lama de Gustomeau nas cabeceiras
do Fírveda, un afluente do Limia, nos concellos de Calvos de Randín e Muíños.
É unha depresión entre as serras de San Tomé, polo norte e Lobás, polo leste ocupada por
brañas, pasteiros e matogueira. O máis interesante son as aves de lugares húmidos (avefría) e
de espazos abertos (laverca, cotovía...), os anfibios e os insectos.
Avefría (Vanellus vanellus). Invernante
común en Galiza que ten neste espazo un
dos escasos lugares de cría.
94. BRAÑAS DO RÍO CALVOS
Un pequeno espazo (292,2 ha) proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC)
e Zona especial de conservación (ZEC) que está pendente de aprobación.
É unha zona de brañas e pasteiros rodeada de pequenas elevacións. Destaca pola presenza de
ecosistemas húmidos.
Breixo das brañas (Erica ciliaris)Río Calvos
95. VEIGAS DO SALAS
Espazo de 723,1 ha proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona
especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
É unha ampla zona de veigas e brañas á beira do río Salas, limitada ao norte pola serra de
Gomariz e o Penedo dos Tres Condes e ao sur por unha sucesión de cumes nos que destaca o
alto da Frieira (1249 m). Acolle especies especies típicas de zonas húmidas.