SlideShare a Scribd company logo
O SALNÉS
A NATUREZA
A Lanzada
A comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur
da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo
val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa
recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros.
É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca
Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
SUPERFICIE: 275 km2
POBOACIÓN: 109.884 habitantes
(2016).
CONCELLOS: Cambados, O
Grove, A Illa de Arousa, Meaño,
Meis, Ribadumia, Sanxenxo,
Vilagacía de Arousa e Vilanova
de Arousa
ESPAZOS PROTEXIDOS: Parque
Nacional “Illas Atlánticas”, LIC
“Ons-O Grove”, ZEPA e Humidal
Ramsar “Complexo Intermareal
Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa
Bodeira e Punta do Carreirón.
CLIMA
Meloxo (O Grove)
Oceánico húmido, a temperatura media anul de 14 ºC, unha das máis elevadas de Galiza.
ACTIVIDADES
Astaleiro (Meloxo, O Grove)
As actividades son moi diversificadas. O sector de maior ocupación son os servizos (48%),
cunha grande importancia do turismo e a hostalería. Séguenlle a pesca, o marisqueo e a
acuicultura, a industria e a construción e a agricultura, especializada no cultivo da vida
acollida á Denominación de Orixe “Rías Baixas” e nos produtos hortícolas.
Destaca tamén a presenza de augas termais na Toxa o que a converte nun importante centro
balneario.
Fábrica de conservas
Marisqueo no areal do Serrido (Cambados)
Bateas
Traballo nas bateas
Viñedos no Salnés
PATRIMONIO
Petróglifos de “Os Ballotes” (Bamio, Vilagarcía de Arousa)
É unha comarca cun grande patrimonio cultural: conxuntos monumentais, igrexas, mosteiros,
pazos, castelos, muíños, museos, pontes...
Petroglifo de
Outeiro do Cribo,
nas abas do monte
Castrove (Meis).
Castro de Besomaño (Ribadumia)
Castro Alobre (Vilagarcía)
Castro da Lanzada (Noalla, Sanxenxo). Estivo habitado desde o século VI a. de C. ata a Idade Media.
Necrópole de Adro Vello, a carón da praia do Carreiro (San Vicente-O Grove.
Enterremaneto medieval a carón dunha antiga capela construída sobre unha Vila Romana. Nas proximidades hai um
castro.
Castro da Siradella (O Grove)
Ruínas da igrexa de Santa Mariña Dozo, na actualidade cimeterio parroquial de Cambados. Foi construída no século XV
sobre os restos dunha anterior e derrubouse a mediados do XIX. Foi declarada Monumento histórico-artístico en 1943.
Igrexa de San Bieito de Fefiñáns (Cambados), do século XVIII.
Antigo campanario da igrexa de Vilariño
(Cambados)
Igrexa do Convento (Cambados)
Igrexa de San Vicente de Oubiña (Cambados).
Conserva elementos románicos e varios sartegos
antropomorfos.
Igrexa de Simes (Meaño)
Igrexa de Lores (Meaño).
Construída sobre un antigo castro.
Mosteiro cisterciense de Santa María da
Armenteira. A igrexa é románica, do século XII e
o claustro do século XVIII.
Igrexa románica do Mosteiro (Meis)
Igrexa de San Salvador (Meis)
Igrexa de Paradela (Meis)
Igrexa de Noalla (Sanxenxo)
Ermida románica da Lanzada (Noalla, Sanxenxo).
A finais de Agosto celébrase unha romería de moita sona.
Este lugar está asociado ao rito de fertilidade das nove
ondas.
Igrexa da Adina (Sanxenxo)
Igrexa de Bordóns (Sanxenxo)
Igrexa de Carril
Restos da capela de Cortegada
(Carril, Vilagarcía)
Igrexa de San Martín de Sobrán, románica do
século XII. No interior consérvase o sertego de
Xoán Mariño de Soutomaior
Igrexa de Fontecarmoa (Vilagarcía)
Torre de Cálogo, resto dun antigo mosteiro do
que se teñen referencias do século IX. A torre
usábase fara facer sinais aos barcos.
Igrexa de Caleiro (Vilanova)
Capela da Toxa (O Grove)
Igrexa de San Martiño do Grove
Cruceiro das Quintáns (Castrelo, Cambados) Cruceiro do Adro (Castrelo, Cambados)
Cruz nas ruínas da igrexa de Santa Mariña (Cambados)
Cruceiro do Culebrón (Vilariño, Cambados) Cruceiro de Fornos (Vilariño, Cambados)
Cruceiro de O Tombo (Oubiña, Cambados) San Ramón (Oubiña, Cambados)
Cruceiro en Covas (Meaño) Cruceiro de Santa Baia de Ribadumia
Cruceiro en Roxique
(Sanxenxo)
Cruveiro no
esteiro do Ulla
Igrexa de Carril (Vilagarcía)
Cruceiro en Baión
(Vilanova)
Pazo de Fefiñáns, construído no século XVII
Pazo de Montesacro (Cambados) Casa do antigo hospital (Cambados)
Os Pazos (Cambados) Casa de Salgado (Cambados)
Pazo de Vista Alegre (Vilagarcía)
Pazo de Rubiáns (Vilagarcía)
Pazo do Rial (Vilagarcía)
Escudo do pazo de Barrantes (Ribadumia)
Restos da
Torre de
Xanfardán
(Tremoedo,
Vilanova de
Arousa)
Pazo de Baión
(Vilanova d Arousa)
Torre de San Sadurniño, situada nun pequeno illote fronte á costa de San Tomé (Cambados).
Formaba parte, xunto coas da Lanzada e Catoira, dun sistema defensivo construído no século X para protexer a Ría de
Torre da Lanzada (Sanxenxo)
Ponte da Toxa (O Grove) construída en 1910
Muíño de marea da Seca Situado no
esteiro do río da Ucha em Corvillón
(Cambados). Cosntruído no século XVII
polos señores do Pazo de Fefiñáns. Tén
catro moas. Na actualidade está
convertido em museo.
A Enseada do Umia foi unha importante área de extracción de arxila que se transformaba en tellas e tixolos nas
numerosas telleiras que había en todo o seu perímetro: Castrelo (Cambados), Dena (Meaño), Vilalonga e Roxique
(Sanxenxo) e Ardia e a Toxa (O Grove).
Dena (Meaño)O Couto (Castrelo, Cambados)
Museo da Salga en San Vicente do Grove
Hórreo en Lores (Meaño)
Pazo do Rial, Vilagarcía
Hórreo en Vilanova de Arousa
Hórreo en Xanfardán (Vilanova de Arousa)
Fonte de Castroagudín (Vilagarcía)
Fonte de Cea (Vilagarcía)
Torre do muíño de vento da Illa de Arousa
Muíños no río da Chanca (Meaño)
Ponte sobre o Umia nas Aceñas (Baión, Vilanova)
Reloxo de sol na igrexa de Baión (Vilanova)
Reloxo de sol na Casa da Capitana (Cambados)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 23,38 km2
POBOACIÓN: 13.895 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Cambados, Castrelo,
Corvillón, Oubiña e Vilariño.
Cambados,
vista aérea
CAMBADOS
Situado no centro da comarca á beira da ría de Arousa. Esténdese nunha estreita faixa a
ambas marxes do río Umia que fai de linde do concello nas parroquias de Oubiña e Vilariño e
parte da de Castrelo. O releve é suave con pequenas elevacións e a costa abrigada con
numerosas enseadas e areais onde se crían os bivalvos.
Porto de San Tomé co barrio mariñeiro. O porto principal e alonxa atópanse en Tragobe.
As principais actividades están relacionadas co mar (pesca, marisqueo e acuicultura), co agro
(cultivo da vide, especialmente albariño, e horticultura) e cos servizos. A maioría das
industrias están relacionadas con estes sectores.
Parte do concello está incluído no LIC “Ons-O Grove”.
Cambados conta cun casco histórico moi interesante declarado “Conxunto histórico-artístico”
no 2001, numerosas igrexas, pazos e casas tradicionais.
Ten varios museos: Museo do Viño, o Muíño de Mareas de A Seca e casa natal de Ramón
Cabanillas. A festa principal é a do Albariño, o primeiro domingo de Agosto.
Vista aérea do Grove
coa illa da Toxa
SUPERFICIE: 20,52 km2
POBOACIÓN: 10.758 habitantes (2016)
PARROQUIAS: O Grove (San Martiño) e San Vicente do Grove.
O GROVE
Ocupa a península que pecha a ría de Arousa polo sur, unido a terra polo itsmo areoso da
Lanzada. Nos seus 41,5 km de costa, ao interior e o exterior da ría, hai unha sucesión de
praias e areais con cantís e rochedos e numerosos illotes e illas (a maior é a da Toxa). O cume
máis importante é o monte Siredella, con 159 m, desde o que hai vistas panorámicas de toda
a contorna.
Vista do porto do Grove.
Un importante porto
pesqueiro, de
acuicultura e
especializado en
embarcacións turísticas.
A illa da Toxa é un dos centros termais máis importantes de Galiza. As súas
augas abrollan a temperaturas entre 20 e 60 ºC e son clorurado-sódicas,
bromuradas, fluoradas, ferruxinosas, litínicas e radioactivas. Están indicadas
para problemas dermatolóxicos, respiratorios, circulatorios e reumatismo.
A Toxa convertiuse nun importante centro balneario despois de descubrirse os
mananciais de augas termais. O Primeiro Hotel e a ponte rematáronse en 1910.
Ata esas datas a xente facía uso das augas termais en pozas e bañeiras sen as
mínimas comodidades.
As principais acatividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo. Hai algunhas
industrias relacionadas co mar.
É un concello de grandes valores naturais, cunha grande parte da súa costa protexida no LIC
“Ons-O Grove”.
Tamén acolle un importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico: necrópole de Adro
Vello, castro da Siradella, capela de San Sebastián (A Toxa), museo da Salga.
A festa principal é a do Marisco, no mes de outubro.
Vista panorámica da Illa de Arousa desde o Con do
Forno.
SUPERFICIE: 6,41 km2
POBOACIÓN: 4.965 habitantes (2015)
PARROQUIAS: San Xulián
ILLA DE AROUSA
Ocupa a illa do mesmo nome situada no interior da ría de Arousa, fronte ás costas de Vilanova
de Arousa, a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e) e a máis poboada. Está unida a
terra desde 1985 por unha ponte de 2 km de lonxitude.
O releve é suave e a máxima elevación é o monte do Santo ou Con do Forno, con 63 m, onde
hai un miradoiro que domina a illa e a ría.
A costa é moi recortada con alternancia de zonas rochosas e areosas, onde se extraen
bivalvos, e numerosas praias.
Acea de marea no Carreirón. Situado na enseada da
Brava. Contaba con tres moas, unha para trigo e dúas
para millo.
As rochas dominantes na Arousa son os granitos que
aparecen por toda a illa formando penedos de figuras
curiosas. Unha ruta indicada polo concello (Ruta dos
Cons) permite coñecer algúns dos máis curiosos.
As principais actividades son o cultivo de mexillón en bateas, o marisqueo e a pesca.
A Illa de Arousa foi o último concello de Galiza en constituírse, no ano 1997.
Acolle un importante patrimonio cultural (muíños de marea e vento, patrimonio marítimo,
casas tradicionais...) e natural. No extremo sur atópase o Espazo Natural “O Carreirón”
incluído no LIC Ons-O Grove, de grande interese pola flora das dunas e a presenza de aves
acuáticas.
Vista desde o monte de San Cibrán,
onde conflúen os concellos de
Meño, meis e Ribadumia. Ao fondo
a illa da Toxa e O Grove.
San Cibrán foi un castro (aínda se
poden apreciar os foxos e as
estruturas defensivas) e na
actualidade ten unha área de lecer
e un miradoiro desde o que se ve a
comarca do Salnés e a ría de
Arousa.
SUPERFICIE: 27,77 km2
POBOACIÓN: 5.341 habitantes
(2016).
PARROQUIAS: Covas, Dena,
Lores, Meaño, Padrenda, Simes
e Xil.
MEAÑO
Está situado no centro-sur da comarca, entre a Ría de Arousa (enseada do Umia) e as
estribacións do Castrove. No territorio diferéncianse dúas zonas. No oeste e norte terras
chans que forman parte dunha depresión cuberta de sedimentos. No leste unha aliñación de
pequenas elevación co punto máis alto no Fontefría, con 396 m.
O río máis importante é do da Chanca que atravesa o concello de leste a oeste.
Antigas telleiras en Dena (Meaño). Meaño tivo unha
importante actividade de extracción de arxila e
elaboración de cerámica.
Muíño no río da Chanca
As principais actividades son a agricultura (cultivo do viiñedo da D.O. Rías Baixas), os servizos
e as industrias (adegas, materiais de construción).
A zona costeira está incluída no LIC Ons-O Grove.
Hai varias rutas sinalizadas que permiten percorer os puntos de interese: a “Ruta do Viño”,
incluída nunha máis ampla da comarca, percorre as adegas; a ruta dos Muíños percorre o río
da Chanca desde Lores ata A Armenteira.
Vista parcial do concello de Meis desde o Castrove
SUPERFICIE: 52,71 km2
POBOACIÓN: 4.844 habitantes (2016)
PARROQUIAS: A Armenteira, Meis, Nogueira, Paradela, San Lourenzo de Nogueira, San Martiño de Meis e
San Tomé de Nogueira.
MEIS
Está situado ao leste da comarca, nas abas do Castrove. No terreo distínguense dúas zonas.
Ao leste a serra do Castrove, co cume máis alto no monte Castrove (604 m). Ao oeste o val do
Salnés, terreos de releve suave con pequenas elevacións e cunha inclinación cara ao río Umia.
Os ríos principais son o Cañón e o Rego da Armenteira, afluentes do Umia.
Muíño en San Martiño de Meis, no río da Armenteira.
Dúas rutas permiten percorer o río da Armenteira e o seu
afluente o río de San Salvador que baixan da serra do
Castrove. Hai varias áreas de lecer e muíños restaurados.
As principais actividades son a agricultura, o sector forestal e a industria.
Acolle importantes valores naturais asociacdos ao curso dos ríos e ao monte Castrove.
Ten un patrimonio histórico-artístico e etnográfico moi importantes: mosteiro da Armenteira,
igrexas románicas de Santa María de Nogueira, San Martiño e San Salvador de Meis,
Paradela, San Vicente..., numerosos pazos, muíños, petróglifos...
A capital do concello é O Mosteiro.
Cruceiro na Armenteira
Vista da zona de Ribadumia e o Val do Salnés
desde o alto do monte de San Martiño.
SUPERFICIE: 19,86 km2
POBOACIÓN: 5.087 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Barrantes, Besomaño,
Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán.
RIBADUMIA
Situado no centro da comarca, en pleno val do Salnés ás beiras do Umia. A maior parte do
territorio é chan e vaise elevando cara ao leste onde acada as máximas altitudes nos montes
San Cibrán (209 m) e San Martiño (206 m).
O río Umia atravesa o concello de nodeste a suroeste e fai de linde nun amplo tramo con
Vilanova de Arousa e Cambados. Recibe varios afluentes pola marxe esquerda: o Cañón (no
linde con Meis), o Batán, O Grande ou de Armenteira, o Ponte Espiña e o Taboeiros.
Área de lecer no río Grande, un afluente do Umia coñecido
tamén co nome de rego de San Martiño ou da Armenteira. Unha
ruta que comeza en Barrantes (A Torre) e enlaza coa do concello
de Meis chega ata A A Armenteira. Os domingos e festivos os
muíños funcionan e faise pan.
Cruceiro e igrexa de Santa Baia
(Ribadumia)
As principais actividades son a agricultura, especialmente viñedos da D.O. Rías Baixas, os
servizos e a industria.
Os espazos de interese natural atópanse nos cursos do río Umia e dos seus afluentes.
Ten un rico patrimonio etnográfico (muíños, pontes) e histórico artístico (igrexas, cruceiros,
pazos, castros...).
Vista aérea de Sanxenxo
SUPERFICIE: 44,96 km2
POBOACIÓN: 17.314 habitantes (2016)
PARROQUIAS: Adina, Arra, Bordóns, Dorrón,
Gondar, Nantes, Noalla, Padriñán e Vilalonga.
SANXENXO
Situado ao sur da Comarca, entre as rías de Arousa e Pontevedra. A maior parte do territorio
é chan con pequenas elevacións e acadan a máxima altura ao leste no monte Gorita, con 257
m.
Nos 36 km de costa, moi recortada e variada atópanse enseadas, cantís e praias expostas e
protexidas.
Portonovo, o principal porto pesqueiro de Sanxenxo
As principais actividades son a pesca, o turismo e o cultivo da vide. O principal núcleo
pesqueiro é a vila de Portonovo. Sanxenxo é un importante centro turístico cun importante
incremento da poboación no verán.
Os principais valores naturais atópanse nas costas do interior da ría de Arousa (enseada do
Umia e lagoas de Rouxique) e nos cantís e praias entre a Lanzada e Portonovo que forman
parte do LIC Ons-O Grove.
Conta tamén cun rico patrimonio cultural: necrópole, ermida e torre de A Lanzada, pazos,
igrexas, muíños, cruceiros...
Península da Punta da Ermida. Foi un castro e
conserva os restos dunha torre defensiva
medieval e unha ermida románica.
Vista de Vilagarcía desde o monte Lobeira. Ao fondo as illas Cortegada e Malveiras. A cidade de Vilagarcía é un
importante centro de servizos comarcal que conta cun porto de mercadoría e ferrocarril
SUPERFICIE: 43,49 km2
POBOACIÓN: 37.283 habitantes (2016)
PARROQUIAS: Arealonga, Bamio, O Carril, Cea, Cornazo,
Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Solobeira e Vilagarcía.
VILAGARCÍA DE AROUSA
Situada ao norte da comarca no fondo da ría de Arousa, no esteiro do Ulla. O relevo é moi
accidentado, agás unha pequena faixa costeira ao oeste do concello, o resto do territorio está
formado por unha sucesión de pequenos cumes que culminan no Xiabre, con 641 m. Ao sur
atópanse os montes de Lobeira e Renza. O Xiabre esténdese polo norte e leste.
A costa é pouco recortada e baixa con varias praias. Na desembocadura do Ulla atópanse as
illas de Cortegada, Malveiras e Briñas.
O río máis importante é o do Con que baixa do Xiabre.
O Carril
As principais actividades son os servizos (comercio, porto, ferrocarril), a industria, a pesca e a
acuicultura.
Acolle un importante patrimonio cultural: petróglifos de Bamio (Os Ballotes), castros, igrexas
románicas e numerosos pazos.
Desde o concello hai varias rutas de sendeirismo sinalizadas que van ao Xiabre e Lobeira.
Porto e praia de Vilagarcía
Vista de Vilanova e a praia do Terrón desde a Illa de Arousa
SUPERFICIE: 33,70 km2
POBOACIÓN: 10.406 habitantes (2016)
PARROQUIAS: András, Baión, Caleiro,
Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa.
VILANOVA DE AROUSA
Situado no centro-norte da comarca, á beira do mar de Arousa. A zona oeste é chan e cara ao
norte e leste vaise elevando en pequenos montes, co cume máis alto en Lobeira, no linde con
Vilagarcía.
O río Umia fai de linde do concello polo sur e o rego de Tarrío, de curto percorrido,
desemboca no esteiro, na capital do concello. A costa é baixa e areosa con numerosas praias
abrigadas.
Pazo do Cuadrante que acolle a
casa Museo de Valle Inclán.
As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura (bateas), a pesca de baixura e a
agricultura (cultivo do viñedo da D.O. Rías Baixas e produtos de horta).
Os principais valores naturais atópanse na contorna do río Umia e na costa.
O patrimonio histórico artístico está representado por nummerosos pazos, igrexas, muíños e
pontes.
Conta con dous museos dedicados a Valle Inclán e os Irmáns Camba.
Monte Lobeira. O seu cume, desde o que hai unha
magníficas vistas da comarca, estivo ocupado por unha
fortaleza destruída na Revolta Irmandiña. Nel conflúen
os concellos de Vilanova e Vilagarcía.
RELEVO
Val do Salnés desde o monte de San Martiño, nas
estribacións do Castrove. Ao fondo Lobeira e o Xiabre.
O territorio do Salnés está dividido em tres áreas. A parte central está ocupada polo chamado
Val do Salnés, o curso baixo do río Umia, unha chaira de menos de 100 m de altitude que
forma parte dunha ampla superficie erosionada e afundida que foi parcialmente anegada
polo mar. Nesta área atópanse granitos moi alterables (os chamados granitos de Caldas, que
se desfán en bolos) e unha grande variedade de sediementos que testemuñan as sucesivas
variacións do nivel do mar e períodos de xeo-desxeo durante as glaciacións (arxilas e caolíns,
areas, gravas).
Pena cabaleira no alto do MONTE SIRADELLA (O Grove).
O Cume da Siradella domina a Península do Grove e a ría de Arousa. Conta cunha Aula da Natureza e unha área de lecer.
De norte a sur-leste unha aliñación de pequenas elevacións (Xiabre, Lobeira e Castrove)
formadas por granitos de dúas micas, máis resistentes á acción química. Son frecuentes os
grandes bolos e penedos labrados pola erosión que dan lugar a penas cabaleiras, penas do
equilibrio ou figuras con curiosas formas.
MONTE LOBEIRA, un macizo granítico de 290 m de altura situado entre Vilanova e Vilagarcía. Nas
proximidades atópase o Faro das Lúas. Ambos son excelentes miradoiros sobre O Salnés.
Vista cara á Costa de Portonovoe Sanxenxo
Na zona costeira entre a praia da Lanzada e a ría de Pontevedra atópase unha rasa costeira
moi fracturada que remata en cantís sobre o mar, onde se atopan formacións metamórficas
moi fracturadas e pregadas formadas por cuarcitas, xistos e neis.
Monte Castrove
A maioria dos montes están cubertos por plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos ou por
un mato de toxos e xestas. So nlagún vales máis afastados se conservan carballeiras con
especies autóctonas. No Castrove hai plantacións de diferentes especies forestais e
ornamentais.
Breixo (Erica cinerea)
Toxo (Ulex europaeus)
Bolboreta (Hipparchia fidia)
A fauna é a típica do mato e dos espazos forestais: paxaros, lagartos, raposos, coellos,
furafollas, insectos...
Chasco (Saxicola torquata)
Vista xeral da serra do Castrove desde a Illa de Arousa
MONTE CASTROVE
É unha pequena serra con orientación NE-SO, situada entre as rías de Arousa e Pontevedra.
Está formada maioritariamente por granito de dúas micas con algunhas bandas de xistos. O
cume máis elevado é o Castrove, con 613 m. Desde o alto hai unhas boas vistas sobre o Salnés
e A Ría de Arousa cara ao oeste e da ría de Pontevedra polo sur.
A maioría das árbores son piñeiros e eucaliptos de repoboación, xunto con pequenas áreas de
especies ornamentais variadas.
O acceso pódese facer desde Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, ou Meis.
O Salnés e a ría de Arousa desde O Castrove
Vista xeral da serra do Castrove desde Cambados
Cabalos no Castrove. O primeiro domingo de agosto celébrase a rapa das bestas
Alto do Xiabre
MONTE XIABRE
Está situado fronte á ría de Arousa entre os vales do Umia e o Ulla. O punto máis alto ten 646
m. As rochas dominantes son os granitos. A maior parte do terreo está ocupado por piñeiros e
eucaliptos de repoboación e as partes altas por pasteiros e toxeiras. Desde o alto hai unha
excelentes vistas da Ría de Arousa, a zona de Caldas de Reis e o esteiro do Ulla.
Pódese acceder desde Vilagarcía.
Cume do Xiabre
Vilagarcía e a Illa de Arousa desde O Xiabre
O Xiabre desde a ría de Arousa
OS RÍOS
ESTEIRO DO ULLA desde Cortegada. Una pequena parte do último tramo do esteiro está no comarca do Salnés, en
Vilagarcía e acolle un importante banco marisqueiro explotado polos mariscadores e mariscadoras de Carril.
O principal curso fluvial da comarca é o Umia que a atavesa de nordeste a suroeste e recibe
pequenos afluentes. Ao norte, en Vilagarcía atópase o remate do Ulla, entre a illa de
Cortegada e Carril. Outros pequenos ríos baixan das serras do Xiabre (río do Con) e Castrove
(río da Chanca).
Os cursos dos ríos, agás o Umia, teñen fortes desniveis e percorren distancias curtas. É
habitual a presenza de rápidos e pequenas fervenzas, aproveitados para a instalación de
muíños.
O Umia, o río principal da comarca, nas Aceñas, entre Vilanova e Meis.
Os ríos da comarca experimentan fortes secas estivais.
Na imaxe o encoro de Castroagudín (Vilagarcía) nun verán de seca.
Arredor dos ríos fórmanse ricos ecosistemas, especialmente nos numerosos esteiros onde hai
unha rica flora e fauna de augas salobres, sobre todo aves acuáticas.
Nos bosques de ribeira podemos atopar amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, avelairas,
castiñeiros, carballos, loureiros, cereixeiras...
Nas zonas remansadas hai Myriophylum, oucas, espigas de auga, herba das ras, bricios, eneas,
carrizos, espadainas, trevo de auga... e nas marismas dominans os xuncos e a espartina.
Esteiro do Umia. A vexetación dos esteiros retén as
partículas que arrastra o río e fai de filtro natural.
Escalo (Chondrostoma arcasii)
Nas augas dos ríos hai troitas, anguías e reos e ocasionalmente salmón e lamprea (Ulla e
Umia). Tamén se poden ver mexillón, caracol e lapa de río. Nas súas beiras hai lontra, rata de
auga, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavandeiras, andoriñas, garzas, xirrios, ra patilonga,
verde e vermella, estroza, saramaganta, limpafontes e unha grande diversidade de insectos e
arañas.
Garza (Ardea cinerea)
Encoro do río do Con e estación Hidrobiolóxica
RÍO DO CON
Nace no monte Xiabre e despois dun curto percorrido con moita pendente desemboca en
Vilagarcía. En Castroagudín está encorado para aproveitar a auga para Vilagarcía. Á beira do
encoro atópase a estación de Hidrobioloxía de Galiza.
O río do Con en Vilagarcía está totalmente canalizado e nos días de moita chuvia
produce importantes enchentes que anegan rúas e casas construídas na súa beira.
O río de Currás no Esteiro
REGO DE CURRÁS
Chamado tamén rego de Tarrío. Nace en Manga, nas abas do Lobeira e atravesa o concello de
Vilanova de leste a oeste. Desemboca na enseada do Esteiro, ao pé de Vilanova.
O Umia entre Baión (Vilanova) e Meis (Paradela)
RÍO UMIA
Nace nas abas do Candán e na comarca recolle augas dos concellos de Vilanova de Arousa,
Ribadumia, Meis e Cambados, no seu curso baixo. Polo Salnés discorre lentamente ata
desembocar na Ría de Arousa, en Cambados, logo de 70 km de percorrido. Ten augas altas en
febreiro e marzo e estíaxe moi marcada no mes de agosto.
Os principais afluentes na comarca son o Cañón e o Grande ou da Armenteira.
O Umia abastece de auga á maioría das poboacións do Salnés.
Os esteiro forma parte do LIC“Ons-O Grove”, da ZEPA “Umia-O Grove” e está acollida ao
convenio RAMSAR.
O Umia en Ponte Arnelas. Nesta zona hai unha área de lecer cunha praia fluvial. Tamén se conserva a ponte que deu
nome ao lugar, de orixe medieval, moi modificada pola estrada. Segundo a tradición nesta ponte realizábase o rito dos
bautismos prenatais.
Aula na Natureza en Cabanelas, ao pé do Umia
Desembocadura do Umia entre Cambados e Ribadumia
Rego de San Salvador, en Meis, nunha pequena área acondicionada á que se accede por unha pista desde a igrexa
RÍO GRANDE
Chamado tamén Rego de San Martiño ou da Armenteira. Fórmase con varios regos que baixan do
Castrove e percorre os concellos de Meis e Ribadumia, onde se xunta do Umia. Varios tramos están
acondicionados con paseos e áreas de lecer e hai muíños restaurados. Unha ruta permite percorrelo ata o
mosteiro da Armenteira.
O rego da Armenteira en San Martiño
No curso alto do rego da Armenteira
abondans as fervenzas
O rego da Armenteira en Ribadumia
O río Cañón en Arcos (meis), onde hai unha área de lecer e varias fervenzas
RÍO CAÑÓN
Fórmase con varios regos que nacen no Castrove e percorre de leste a Oeste o concello de Meis. No último
tramo, antes de se xuntar ao Umia, fai fronteira con Ribadumia.
RÍO DA CHANCA
Nace nos montes da Escusa (O Castrove) e desemboca na Enseada do Umia, na ría de Arousa
(Meaño).
Unha ruta de senderismo percorre un tramo con muíños, desde Lores ata a Armenteira.
A COSTA
A comarca do Salnés tén unha costa moi variada que inclúe tramos protexidos, nas rías de
Arousa e Pontevedra, com abundantes esteiros, marismas e areais; e tramos de mar aberto
nos que se suceden cantís e praias.
Hai numerosas illas e illotes. Na boca da desembocadura do Ulla atópase Cortegada e o grupo
das Malveiras. No medio da ría a Illa de Arousa e os illotes Areoso e Xidoiros. En Cambados a
illa de San Sadurniño e na enseada do Umia A Toxa (Grande e Pequena) As Illeiras, O Beiró,
Tourís, Marma...
Conta ademais cunha lagoa litoral, A Bodeira, na costa de O Grove e varias lagoas artificiais
formadas en antigas explotacións de arxila ao pé da costa de Noalla (Roxique).
Marisqueo en Cambados. O traballo do marisqueo ocupa a un gran número de mulleres e homes nas poboación de toda
a ría de Arousa.
Recentemente constituíronse varias asociación que teñen como finalidade fomentar o turismo mariñeiro: Guimatur, en
Cambados, Pescanatur no Grove...
É unha costa dunha grande riqueza biolóxica que serve de base a unha importante actividade
pesqueira, marisqueira e acuícola, e dun importante interese turístico, fonte de recursos
importante para a comarca.
Varios tramos están protexidos na Parque Nacional “Illas Atlánticas de Galiza” e no LIC “Ons-O
Grove.
Bateas entre a Illa de Arousa e a pequena illa de Areoso
Por toda a costa hai variedade de ecosistemas acuáticos e costeiros que acollen unha
importante biodiversidade.
Dunas e praia da Lanzada.
A flora das dunas da Lanzada
ten máis de 100 especies,
entre as que se atopan
endemismos locais e
rexionais: Silene littorea,
Iberis procumbens, Linaria
polygalifolia, Armeria
pubigera, Armeria maritima
subsp. miscella, Angelica
pachycarpa, Rumex biformis,
Linaria caesia, subsp.
decumbens...
Cardo leiteiro (Cistanche phelipaea).
Ten como único ponto de referencia en toda
Galiza o litoral da Enseada do Umia. É unha planta
que parasita a outras leñosas da beiramar. So é
visible cando florece entre os meses de abril a
Linaria arenaria nas praias do Carreirón (Illa de
Arousa), un dos poucos lugares de Galiza onde se
atopa esta especie.
Limícolas no Vao.
As limícolas, polo seu número e variedade, fan da Enseada do Umia un dos lugares de maior interese orniolóxico do
litoral galego.
Nestas costas censáronse 13.000 aves invernantes, de 220 especies diferentes: espátulas, gabitas, pilros, mazaricos,
agullas, píllaras, distintas especies de parrulos...
Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu curioso peteiro en forma de culler filtran o fango e capturan pequenos animais.
Na Enseada do Umia hai unha importante poboación invernante única en Galiza (máis de cen exemplares)
Corvos mariños nunha batea
Apegón, ourizo,
mexillóns, caracolas e
diferentes clases de
algas, un mundo diverso
dentro das reducidas
dimensións dunha poza
de marea nos cantís de
Fontiñas.
Lagoa de orixe antrópica en Rouxique. Nas lagoas crían galiñolas negras, alavancos e mergullóns...
Vista da ría de Arousa desde O Castrove
RÍA DE AROUSA
Ábrese entre as puntas de Couso (Ribeira), ao norte e San Vicenzo ou O Carreiro (na península
do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de ancho na zona
máis ampla e 230 km2
de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e
Umia, e nela desaugan numerosos ríos de menor entidade: o Pedras, Lérez, Coroño, Te, que
baixan da serra da Barbanza, na marxe dereita da ría e o da Chanca, que baixa do Castrove, na
marxe esquerda. A zona norte da ría é máis abrupta e de maiores fonduras, e a zona sur está
ocupada por extensos areais e enseadas fangosas, nos arredores do esteiro do Umia.
Illa de Arousa
No centro da ría atópase a illa de Arousa que, segundo algúns autores, formou parte dun terreo elevado
que separaba os vales do Ulla e do Umia, que se atopaban moito máis preto da actual boca da ría e, fronte
ao mar aberto, as illas de Sálvora Bionta e Nor.
É unha ría ampla e aberta de perfil moi irregular na que se poden atopar múltiples formacións: illas
(Arousa, Cortegada, Rúa, A Toxa, Beiró...), penínsulas (O Grove, Cabo da Cruz), esteiros (Ulla, Umia...),
enseadas (Umia-O Grove, Taragoña...), areais (Castiñeiras, Coroso, Cabío, Esteiro, Barraña, Compostela, O
Terrón, O Bao, Xastelas, Mexilloeira...), lagoas costeirras (Bodeira).
As condicións ambientais desta ría e a súa productividade fan que teña unha alta densidade de poboación
e numerosos núcleos habitados.
Acolle áreas de grande interese ecolóxico, en especial para as aves mariñas.
Costa de Carril e illa de Cortegada
PORTO DE CARRIL E ILLAS DE CORTEGADA E MALVEIRAS.
A Illa de Cortegada está situada ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a Carril. Ten unha
extensión de 50 ha. Está formada por granitos e gneis mesturados con depósitos aluviais. O seu relevo é case chan.
A costa de Cortegada é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha.
Na súa contorna atópanse os ricos bancos marisqueiros de Carril.
PRAIA DE COMPOSTELA (Vilagarcía de Arousa)
Costa de Vilagarcía
Porto de Vilaxoán (Vilagarcia). Ao fondo Vilanova (coa praia das Sinas) e a illa de Arousa.
Porto de Vilaxoán (Vilagarcia)
PRAIA MOSQUEIRA, en Vilanova
PRAIA DA PASAXE en Vilanova, antigo paso a pé á Illa de Arousa e punto de arranque da ponte que une a Illa coa costa
de Vilanova. Ao fondo a praia do Terrón.
ILLA DE AROUSA
É a illa máis grande de Galiza e a máis poboada, con 16 km de costa na que se alternan zonas rochosas,
enseadas, praias e dunas. No extremo sur acolle o Espazo Natural “O Carreirón” incluído no LIC Ons-O
Grove, de grande interese pola flora das dunas e a presenza de aves acuáticas.
PRAIA AREA DA SECADA E PUNTA DO FARO, no norte da illa de
Arousa
CON DOS TRES PÉS, na punta Barbafeita. Unha ruta preparada polo concello permite visitar numerosos cons con figuras
curiosas que se atopan na costa da Illa de Arousa e nos montes próximos.
Praia de Xestelas, na costa do parque do Carreirón.
No Carreirón hai unha gran diversidade de ecosistemas: areais e praias, dunas, zonas rochosas, mato e zonas húmidas...
A flora de maior valor ecolóxito atópase nas dunas onde se poden localizar numerosas especies protexidas. É lugar de
invernada de limícolas: píldora cincenta, mazarico, bilurico, pilro... tamén se poden ver garzas, corvos mariños, parrulos,
mergos....
ILLA DA TORRE E AREAL DO SERRIDO (Cambados).
O areal do Serrido é un importante banco marisqueiro que ocupa case totalmente o esteiro do río Umia.
Desembocadura do Umia en Cambados. Ao fondo a Toxa Pequena, A Toxa e O Grove.
ENSEADA DO UMIA, ILLA DA TOXA é a área comprendida entre o istmo da Lanzada e a desembocadura do Río Umia en
Cambados. É unha zona de costa recortada e protexida con augas pouco profundas e mornas. Ten varias illas: A Toxa, A
Toxa Pequena, O Beiró, Loraña, Bico da Ran e illotes areosos (Tourís e Marma). A gran cantidade de sedimentos deixados
polos Ríos Umia, A Chanca, Francón, rego dos Mouros... forma bancos de area que alternan con zonas fangosas e dan
lugar a ecosistemas dunha grande diversidade biolóxica. É criadeiro de numerosas especies mariñas (especialmente
moluscos) e zona de moita importancia para o paso e o descanso das aves mariñas, en especial as limícolas.
Vista da Enseada do Umia
desde A Siradella.
Ao debalr o mar dixa en seco
unha ampla chaira litoral.
ISTMO DA LANZADA e enseada do Umia
Vista DO ISTMO DA LANZADA desde o Monte da Siradella, un cume de 157 m, o máis alto da península do Grove, un
expléndido mirador sobre a ría de Arousa e a costa da Lanzada, no que se atopa o Centro de Interpretación do LIC “Ons-
O Grove”.
O istmo da Lanzada é un istmo areoso que une O Grove ao continente. Na parte que da ao mar aberto aséntase a praia
da Lanzada; a zona intermedia está formada por dunas fixadas pola vexetación, entre as que hai varias lagoas
estacionais orixinadas por antigas explotación de area; e a interior da á Enseada. Nesta zona a marea baixa deixa ao
descuberto unha amplia chaira intermareal na que se alimentan as numerosas aves que a frecuentan.
No istmo aséntase un sistema dunar que conta con máis de 100 especies, entre as que se atopan endemismos locais e
rexionais.
O Grove, illa de Toxa e illotes Toxa Pequena e Beiró. Ao fondo a illa de Arousa.
A Toxa Pequena
PRAIA DO VAO, un importante banco marisqueiro, entre a illa da Toxa e O Grove
PRAIA E PORTO DE MELOXO (O Grove), conserva o aire tradicional xunto cos avances no cultivo de mexillón, no que está
especializado.
PRAIA DAS PIPAS (O Grove)
LAGOA BODEIRA E PRAIA MEXILOEIRA.
No lugar de Reboredo (San Vicente-O Grove). As dunas teñen unha gran riqueza botánica.
LAGOA BODEIRA. Na lagoa viven e crían aves como a galiñola negra, o somorgullo pequeno e o lavanco real.
PRAIA DE AREA GRANDE. Ao fondo A Mexilloeira,
A costa norte da península do Grove é unha sucesión de praias separadas unhas doutras por saíntes de bolos graníticos.
Destacan as praias das Pipas, Mexiloeira, Piñeiróns, Area Grande e O Carreiro. Nesta zona atópanse numerosas
instalacións de salga e no Carreiro a necrópole de Adro Vello.
PRAIA DO CARREIRO
PUNTA PATEIRO E ILLOTE POMBEIRO. Entre eles e Sálvora (ao fondo) ábrese a boca sur da ría de Arousa.
Granitos no Grove
Entre as rías de Arousa e Pontevedra atópase a costa exterior da península do Grove e a de Noalla
(Sanxenxo) na que se alternan formacións rochosas de distinta composición, con alturas de ata 15 m, e
areais.
As rochas da costa do Grove, desde San Vicente ata a Capela da Lanzada son maioritariamente graníticas
con pequenas intrusións de gneis. As rochas da costa de Noalla forman parte do complexo metamórfico
chamado Cabo Home-A Lanzada, formacións de rochas diversas entre as que se atopan cuarcitas, xistos e
gneis nas que se poden observar diferentes pregamentos e micropregamentos.
Gneis na Lanzada
Cons traballados polo mar na zona do CON NEGRO (San Vicente-O Grove).
A erosión produce nos granitos grandes bloques de formas redondeadas,
PRAIA DE CON NEGRO (O Grove)
PRAIA DE BALEA OU AREA DA CRUZ (O Grove)
Praias da Lanzada, Paxareiros e Balea
PRAIA DA LANZADA (O Grove e Sanxenxo), unha praia emblemática en Galiza, pola súa extensión (2.400 m), pola
situación, no corazón das Rías Baixas e pola historia e os ritos e crenzas asociados a ela.
Rochas na praia da Lanzada
Ondas no mar da Lanzada.
Unha das tradicións que perviven en Galiza é o rito de fecundidade das “nove ondas” o día da Festa da Nosa Señora da
Lanzada (último domingo de agosto). As mulleres infértiles teñen que bañarse espidas á doce da noite con lúa chea e
deixar que embistan nove ondas sobre o seu corpo. Remata o ríto rezándolle á Virxe na capela.
PRAIA DE AREA GORDA E ILLOTE OUTEIRIÑO
PRAIA DE FOXOS E PUNTA DA ERMIDA
PRAIA DE FONTIÑAS (Noalla, Sanxenxo)
Esta praia e os cantís que a rodean son unha lección de
xeoloxía na que se poden apreciar distintos tipos e
estruturas rochosas, as forzas tectónicas e a dos
axentes erosivos, e rochas e minerais pouco comúns
PUNTA CORVEIRO E PRAIA DE FOXOS (SANXENXO)
OS FORNOS (Sanxenxo)
Cantís entre PUNTA FAXILDA e Punta Corveiro
PRAIA MAGOR (Sanxenxo)
Pregamento na PRAIA DE BASCUAS. Nos cantís podemos atopar rochas metamórficas nas que os estratos se dispoñen
das formas máis variadas combinando pregues, fallas e filóns con vetas de diferentes minerais.
PUNTA DE MONTALBO
PRAIA DE MONTALBO
PRAIA DE PAXARIÑAS (Sanxenxo)
Costa exterior de Sanxenxo, punta Cabicastro e parte da ría de Pontevedra
PUNTA CABICASTRO, límite norte da ría de Pontevedra
RÍA DE PONTEVEDRA
É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre
as puntas de Cabicastro, ao norte e o o cabo Udra, ao Sur. O río máis importante que desauga
nela e que lle deu orixe é o Lérez e do Castrove e Domaio baixan pequenos regatos. Na boca
da ría atópase o arquipélago de Ons e no seu interior a pequena illa de Tambo.
É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira e industrial. Nesta
comarca está incluída a costa de ría de Pontevedra que pertence ao concello de Sanxenxo.
PRAIA DE BALTAR e Portonovo, unha vila mariñeira e turística
PRAIA DE SILGAR e Sanxenxo, unha das vilas turísticas máis coñecidas do país.
Praia de Sanxenxo nun día de verán
PRAIA DE AREAS, un areal de 600 m de lonxitude orientado ao sur e abrigada entre as puntas de Barreiros e do Festiñazo
Costa de Sanxenxo na ría de Pontevedra
AS ÁRBORES
Loureiros de Cortegada
A comarca do Salnés está moi humanizada e amplamente cuberta de cultivos. A maior parte
das árbores son piñeiros e eucaliptos. Só quedan algunhas manchas de bosque autóctono en
lugares afastados e consérvanse carballos e sobreiras mesturados cos piñeiros. Destaca o
bosque de loureiros da illa de Cortegada e o bosque do pazo do monte nas beiras do Umia
entre Paradela e Ribadumia. Hai numerosos parques e xardíns, públicos ou particulares que
teñen bos exemplares de árbores monumentais.
(P): incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Xunta de Galiza.
Bosque do Pazo do Monte. Ocupa 7,7 ha desde Paradela
(Meis) ata Lois (Ribadumia). É un bosque mixto no que se
mesturan especies mediterráneas e atlánticas e abondan
as especies de ribeira.
ÁRBORES EN CAMBADOS
-Sobreiras: A Pastora e A Xesteira (Castrelo)
-Chopos negros da Calzada e O Convento
-Washingtonias da casa Zárate (Fefiñáns)
-Araucarias da casa da Francesa
-Buxos da casa da Capitana
-Plátanos do Parador
-Palmeiras da praza de Alfredo Brañas
-Piñeiros mansos de Cortiñas (A Modia)
Sobreira da Pastora. Ten arredor de 300 anos
e uns 12 m de altura.
PAZO FEFIÑÁNS (Cambados): freixo de folla
estreita, loureiros, washingtonias robustas, árbore
do amor, araucaria excelsa, acacia, eucalipto do
maná, figueira, piñeiro de Monterrei, carballos...
Freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia)
- 3,48 de perímetro e 22 m de altura.
Washingtonia robusta (22 e 23 m de altura) e
loureiros (2,50 m de perímetro e 15 m de altura)
do Pazo de Fefiñáns.
PAZO SERANTELLOS (Castrelo, Cambados):
magnolia grandiflora, rododendro arbóreo.
Rododendro (Rododendron arboreum) do
pazo de Serantellos (Cambados).
Dous exemplares de 12,5 e 13,5 m de altura
e aproximadamente 150 anos.
Camelias do xapón (Camellia japonica)
Varios exemplares no xardín.
CASA DE MAZA: (Cortiñas, Cambados): piñeiros
mansos, plátanos, camelias, araucaria excelsa...
A figueira do Meco atópase nunha pedra da Siradella e
está relacionada cunha lenda.
Conta a tradición que o Meco era un cacique (un crego)
do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite
apareceu colgado da figueira. Cando a xustiza preguntou
Quen matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo
todos!. Segundo os veciños esa figueira daba figos
vermellos. Posiblemente existiu outra figueira máis
antiga á que xa fai referencia Frai Martín Sarmento.
ÁRBORES DO GROVE:
Figueira do Meco
ILLA DA TOXA: piñeiros, eucaliptos, robinia, chopo
branco, evónimo...
ÁRBORES NA ILLA DE AROUSA
-Estripo
-Piñeiro no Carreirón
Piñeiro (Pinus pinaster). Punta da Ruda. O Carreirón.
Oliveiras da igrexa de Simes
ÁRBORES DE MEAÑO
-Capela de San Bieito de Lores: castiñeiro, robinia e
carballo.
-Río da Chanca: abelairas
-Igrexa de Simes: oliveiras
-Plátano de Meaño
ÁRBORES DE MEIS
-Pazo de Quintáns: alcipreste de California
-Rego da Armenteira: salgueiros e
abelairas en Couso e Cabeza de Boi
-Couso (Armenteira): sobreiras
-Arcos (San Tomé de Nogueira): sobreiras
-As Portelas (Paradela): piñeiro manso
Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa)
do Pazo de Quintáns
-30 m de altura e 8,6 m de perímetro
Paseo de eucaliptos (Eucaliptus
globulus) na entrada do pazo de
Barrantes. Teñen 32 a 44 m de altura.
ÁRBORES DE RIBADUMIA
-Pazo de Barrantes: eucaliptos
-O Freixo: érvedos
-Pontearnelas: loureiro
-A Ponte (Sisán): alcanforeiro
Salgueiro na illa de Cortegada
-4,25 m de perímetro e 13 m de altura.
ÁRBORES DE VILAGARCÍA DE AROUSA
PAZO DA GOLPILLEIRA: calocedro de California
ILLA DE CORTEGADA: salgueiro, loureiros
PAZO DO RIAL: sobreiras
CORNAZO e OS BORRIZOS: carballos
CASA DAS 100 VENTÁS (A Veiga, Vilaboa-
Sobradelo): plátanos
...
PAZO DE RUBIÁNS: : alcanforeiros (P),
calocedros, criptomeria elegante,
criptomeria japonica, eucalipto da
pementa, eucaliptos globulus (P),
freixo de folla estreita, magnolias
grandiflora (P), carballos americanos,
carballos, sobreiras, piñeiro bravo,
plátanos, tilleira...
Eucaliptos (Eucalyptus globulus) do
Pazo de Rubiáns.
Miden 42 e 40 m de altura e o máis
groso acada os 12 m de perímetro.
XARDÍN DE ARTIME: arces negundos,
secuoia vermella, taxodios (P)
Taxodio do Xardín de Artime
-5,85 m de perímetro e 33 m de altura.
Está considerado un dos mellores
exemplares da Península ibérica.
PARQUE COMPOSTELA: eucalito
maculado, eucaliptos cornudos,
eucaliptos vermellos, piñeiro de
monterrei, piñeiro manso.
Eucalito maculado (Eucalyptus maculata)
-19 m de altura e 2,40 m de perímetro.
PARQUE VALDÉS BERMEJO: eucalipto
robusta, cedro, alcanforeiros,
nogueira negra...
ÁRBORES DE VILANOVA DE AROUSA
-A Torre (Xanfardán, Tremoedo): sobreiras,
salgueiro, carballos...
-Pazo de Baión: palmeiras
-Pazo de Cabido (Baión): piñeiro manso, camelia
-A Torre (Baión): magnolia
-Tirabao (Baión): freixo de folla estreita
-Pazo Vista Real: araucaria excelsa, sobreira,
castiñeiros de indias, plátano, grevillea, tuia.
-Vista Real: allocasuarina, eucalipto maculado
Piñeiro manso (Pinus pinea)
Pazo de Cabido (A Torre, Baión).
-6,25 m de perímetro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Illa de Cortegada.
Cortegada contaba cunha poboación estable e con numerosas leiras cultivadas. En setembro de 1907 foi doada ao rei
Alfonso XIII para construír unha residencia de verán. Os colonos foron forzados a abandoar as terras. A propiedade foi
vendida en 1978 a unha inmobiliaria e na actualidade é de novo de propiedade pública. Os arredores da Illa de
Cortegada son unha importante área de marisqueo e cultivo en viveiros, en especial de berberecho e ameixa.
PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE
DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA
Está formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes,
Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras. Ten unha superficie de 8.400 ha, das que
7.200 son marítimas. Na comarca inclúe o conxunto de Cortegada e Malveiras (Malveira
Grande e Pequena) e os illotes das Briñas.
O interés desta zona reside nos fondos mariños e no bosque de loureiros da Illa de Cortegada.
O bosque de loureiros (Laurus nobilis) de Cortegada é unha masa de varias hectáreas de extensión con exemplares que
acadan ata 12 m de altura. Polas súas características é un bosque dun grande valor ecolóxico, posiblemente o único de
Europa.
As especiais características do bosque de loureiros fai que nel se desenvolva unha rica comunidade de fungos
macromicetes. Segundo un estudio da Sociedade Galega de Historia Natural contabilízanse 45 especies que son as
primeiras citas para Galiza (5 da Península Ibérica) e un endemismo mundial: Hypoxilon cohaerens var. microsporum.
LIC ONS-O GROVE
COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA
BODEIRA E PUNTA DO CARREIRÓN
Declarada Zona Húmida de Importancia Internacional polo Convenio de Ramsar (BOE
8/5/1990) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Reserva Ornitolóxica pola SEO
BirdLife. Na comarca a área protexida afecta aos concellos de O Grove, Sanxenxo, Meaño,
Cambados e a Illa de Arousa. Abrangue diferentes zonas con características e valores
específicos: a enseada do Umia, as dunas e praia da Lanzada, a lagoa Bodeira, as lagoas
naturalizadas de Roxique e a punta do Carreirón. Os valores máis importantes deste espazo
residen na flora e fauna das marismas dunas e cantís e especialmente na cantidade e
variedade de aves acuáticas que utiliza os diferentes hábitats para vivir de xeito permanentes
ou durante os pasos migratorios, en especial no inverno.
Centro de Interpretación no monte da Siradella (O Grove)
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
setembro de 2017

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
Ria de Cedeira
Ria de CedeiraRia de Cedeira
Ria de Cedeira
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Ria da Arousa
Ria da ArousaRia da Arousa
Ria da Arousa
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabra
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 

Similar to Comarca O Salnés

Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
bienesgalicia
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
monadela
 

Similar to Comarca O Salnés (20)

Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de Vigo
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
Ria de Ortigueira
Ria de OrtigueiraRia de Ortigueira
Ria de Ortigueira
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
LIC Ons o Grove
LIC Ons o GroveLIC Ons o Grove
LIC Ons o Grove
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)
 

More from monadela

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
 

Comarca O Salnés

  • 2. A Lanzada A comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros. É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
  • 3. SUPERFICIE: 275 km2 POBOACIÓN: 109.884 habitantes (2016). CONCELLOS: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagacía de Arousa e Vilanova de Arousa ESPAZOS PROTEXIDOS: Parque Nacional “Illas Atlánticas”, LIC “Ons-O Grove”, ZEPA e Humidal Ramsar “Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta do Carreirón.
  • 4. CLIMA Meloxo (O Grove) Oceánico húmido, a temperatura media anul de 14 ºC, unha das máis elevadas de Galiza.
  • 5. ACTIVIDADES Astaleiro (Meloxo, O Grove) As actividades son moi diversificadas. O sector de maior ocupación son os servizos (48%), cunha grande importancia do turismo e a hostalería. Séguenlle a pesca, o marisqueo e a acuicultura, a industria e a construción e a agricultura, especializada no cultivo da vida acollida á Denominación de Orixe “Rías Baixas” e nos produtos hortícolas. Destaca tamén a presenza de augas termais na Toxa o que a converte nun importante centro balneario. Fábrica de conservas
  • 6. Marisqueo no areal do Serrido (Cambados)
  • 9.
  • 11. PATRIMONIO Petróglifos de “Os Ballotes” (Bamio, Vilagarcía de Arousa) É unha comarca cun grande patrimonio cultural: conxuntos monumentais, igrexas, mosteiros, pazos, castelos, muíños, museos, pontes...
  • 12. Petroglifo de Outeiro do Cribo, nas abas do monte Castrove (Meis).
  • 13. Castro de Besomaño (Ribadumia)
  • 15. Castro da Lanzada (Noalla, Sanxenxo). Estivo habitado desde o século VI a. de C. ata a Idade Media.
  • 16. Necrópole de Adro Vello, a carón da praia do Carreiro (San Vicente-O Grove. Enterremaneto medieval a carón dunha antiga capela construída sobre unha Vila Romana. Nas proximidades hai um castro.
  • 17. Castro da Siradella (O Grove)
  • 18. Ruínas da igrexa de Santa Mariña Dozo, na actualidade cimeterio parroquial de Cambados. Foi construída no século XV sobre os restos dunha anterior e derrubouse a mediados do XIX. Foi declarada Monumento histórico-artístico en 1943.
  • 19. Igrexa de San Bieito de Fefiñáns (Cambados), do século XVIII.
  • 20. Antigo campanario da igrexa de Vilariño (Cambados) Igrexa do Convento (Cambados)
  • 21. Igrexa de San Vicente de Oubiña (Cambados). Conserva elementos románicos e varios sartegos antropomorfos.
  • 22. Igrexa de Simes (Meaño) Igrexa de Lores (Meaño). Construída sobre un antigo castro.
  • 23. Mosteiro cisterciense de Santa María da Armenteira. A igrexa é románica, do século XII e o claustro do século XVIII.
  • 24. Igrexa románica do Mosteiro (Meis)
  • 25. Igrexa de San Salvador (Meis)
  • 27. Igrexa de Noalla (Sanxenxo) Ermida románica da Lanzada (Noalla, Sanxenxo). A finais de Agosto celébrase unha romería de moita sona. Este lugar está asociado ao rito de fertilidade das nove ondas.
  • 28. Igrexa da Adina (Sanxenxo) Igrexa de Bordóns (Sanxenxo)
  • 29. Igrexa de Carril Restos da capela de Cortegada (Carril, Vilagarcía)
  • 30. Igrexa de San Martín de Sobrán, románica do século XII. No interior consérvase o sertego de Xoán Mariño de Soutomaior
  • 31. Igrexa de Fontecarmoa (Vilagarcía)
  • 32. Torre de Cálogo, resto dun antigo mosteiro do que se teñen referencias do século IX. A torre usábase fara facer sinais aos barcos. Igrexa de Caleiro (Vilanova)
  • 33. Capela da Toxa (O Grove) Igrexa de San Martiño do Grove
  • 34. Cruceiro das Quintáns (Castrelo, Cambados) Cruceiro do Adro (Castrelo, Cambados)
  • 35. Cruz nas ruínas da igrexa de Santa Mariña (Cambados)
  • 36. Cruceiro do Culebrón (Vilariño, Cambados) Cruceiro de Fornos (Vilariño, Cambados)
  • 37. Cruceiro de O Tombo (Oubiña, Cambados) San Ramón (Oubiña, Cambados)
  • 38. Cruceiro en Covas (Meaño) Cruceiro de Santa Baia de Ribadumia
  • 40. Cruveiro no esteiro do Ulla Igrexa de Carril (Vilagarcía)
  • 42. Pazo de Fefiñáns, construído no século XVII
  • 43. Pazo de Montesacro (Cambados) Casa do antigo hospital (Cambados) Os Pazos (Cambados) Casa de Salgado (Cambados)
  • 44. Pazo de Vista Alegre (Vilagarcía) Pazo de Rubiáns (Vilagarcía) Pazo do Rial (Vilagarcía)
  • 45. Escudo do pazo de Barrantes (Ribadumia) Restos da Torre de Xanfardán (Tremoedo, Vilanova de Arousa) Pazo de Baión (Vilanova d Arousa)
  • 46. Torre de San Sadurniño, situada nun pequeno illote fronte á costa de San Tomé (Cambados). Formaba parte, xunto coas da Lanzada e Catoira, dun sistema defensivo construído no século X para protexer a Ría de
  • 47. Torre da Lanzada (Sanxenxo)
  • 48. Ponte da Toxa (O Grove) construída en 1910
  • 49. Muíño de marea da Seca Situado no esteiro do río da Ucha em Corvillón (Cambados). Cosntruído no século XVII polos señores do Pazo de Fefiñáns. Tén catro moas. Na actualidade está convertido em museo.
  • 50. A Enseada do Umia foi unha importante área de extracción de arxila que se transformaba en tellas e tixolos nas numerosas telleiras que había en todo o seu perímetro: Castrelo (Cambados), Dena (Meaño), Vilalonga e Roxique (Sanxenxo) e Ardia e a Toxa (O Grove). Dena (Meaño)O Couto (Castrelo, Cambados)
  • 51. Museo da Salga en San Vicente do Grove
  • 52. Hórreo en Lores (Meaño)
  • 53. Pazo do Rial, Vilagarcía Hórreo en Vilanova de Arousa Hórreo en Xanfardán (Vilanova de Arousa)
  • 54. Fonte de Castroagudín (Vilagarcía)
  • 55. Fonte de Cea (Vilagarcía)
  • 56. Torre do muíño de vento da Illa de Arousa
  • 57. Muíños no río da Chanca (Meaño)
  • 58. Ponte sobre o Umia nas Aceñas (Baión, Vilanova)
  • 59. Reloxo de sol na igrexa de Baión (Vilanova) Reloxo de sol na Casa da Capitana (Cambados)
  • 60. CONCELLOS SUPERFICIE: 23,38 km2 POBOACIÓN: 13.895 habitantes (2015) PARROQUIAS: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño. Cambados, vista aérea CAMBADOS Situado no centro da comarca á beira da ría de Arousa. Esténdese nunha estreita faixa a ambas marxes do río Umia que fai de linde do concello nas parroquias de Oubiña e Vilariño e parte da de Castrelo. O releve é suave con pequenas elevacións e a costa abrigada con numerosas enseadas e areais onde se crían os bivalvos.
  • 61. Porto de San Tomé co barrio mariñeiro. O porto principal e alonxa atópanse en Tragobe. As principais actividades están relacionadas co mar (pesca, marisqueo e acuicultura), co agro (cultivo da vide, especialmente albariño, e horticultura) e cos servizos. A maioría das industrias están relacionadas con estes sectores. Parte do concello está incluído no LIC “Ons-O Grove”. Cambados conta cun casco histórico moi interesante declarado “Conxunto histórico-artístico” no 2001, numerosas igrexas, pazos e casas tradicionais. Ten varios museos: Museo do Viño, o Muíño de Mareas de A Seca e casa natal de Ramón Cabanillas. A festa principal é a do Albariño, o primeiro domingo de Agosto.
  • 62. Vista aérea do Grove coa illa da Toxa SUPERFICIE: 20,52 km2 POBOACIÓN: 10.758 habitantes (2016) PARROQUIAS: O Grove (San Martiño) e San Vicente do Grove. O GROVE Ocupa a península que pecha a ría de Arousa polo sur, unido a terra polo itsmo areoso da Lanzada. Nos seus 41,5 km de costa, ao interior e o exterior da ría, hai unha sucesión de praias e areais con cantís e rochedos e numerosos illotes e illas (a maior é a da Toxa). O cume máis importante é o monte Siredella, con 159 m, desde o que hai vistas panorámicas de toda a contorna.
  • 63. Vista do porto do Grove. Un importante porto pesqueiro, de acuicultura e especializado en embarcacións turísticas. A illa da Toxa é un dos centros termais máis importantes de Galiza. As súas augas abrollan a temperaturas entre 20 e 60 ºC e son clorurado-sódicas, bromuradas, fluoradas, ferruxinosas, litínicas e radioactivas. Están indicadas para problemas dermatolóxicos, respiratorios, circulatorios e reumatismo. A Toxa convertiuse nun importante centro balneario despois de descubrirse os mananciais de augas termais. O Primeiro Hotel e a ponte rematáronse en 1910. Ata esas datas a xente facía uso das augas termais en pozas e bañeiras sen as mínimas comodidades. As principais acatividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo. Hai algunhas industrias relacionadas co mar. É un concello de grandes valores naturais, cunha grande parte da súa costa protexida no LIC “Ons-O Grove”. Tamén acolle un importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico: necrópole de Adro Vello, castro da Siradella, capela de San Sebastián (A Toxa), museo da Salga. A festa principal é a do Marisco, no mes de outubro.
  • 64. Vista panorámica da Illa de Arousa desde o Con do Forno. SUPERFICIE: 6,41 km2 POBOACIÓN: 4.965 habitantes (2015) PARROQUIAS: San Xulián ILLA DE AROUSA Ocupa a illa do mesmo nome situada no interior da ría de Arousa, fronte ás costas de Vilanova de Arousa, a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e) e a máis poboada. Está unida a terra desde 1985 por unha ponte de 2 km de lonxitude. O releve é suave e a máxima elevación é o monte do Santo ou Con do Forno, con 63 m, onde hai un miradoiro que domina a illa e a ría. A costa é moi recortada con alternancia de zonas rochosas e areosas, onde se extraen bivalvos, e numerosas praias.
  • 65. Acea de marea no Carreirón. Situado na enseada da Brava. Contaba con tres moas, unha para trigo e dúas para millo. As rochas dominantes na Arousa son os granitos que aparecen por toda a illa formando penedos de figuras curiosas. Unha ruta indicada polo concello (Ruta dos Cons) permite coñecer algúns dos máis curiosos. As principais actividades son o cultivo de mexillón en bateas, o marisqueo e a pesca. A Illa de Arousa foi o último concello de Galiza en constituírse, no ano 1997. Acolle un importante patrimonio cultural (muíños de marea e vento, patrimonio marítimo, casas tradicionais...) e natural. No extremo sur atópase o Espazo Natural “O Carreirón” incluído no LIC Ons-O Grove, de grande interese pola flora das dunas e a presenza de aves acuáticas.
  • 66. Vista desde o monte de San Cibrán, onde conflúen os concellos de Meño, meis e Ribadumia. Ao fondo a illa da Toxa e O Grove. San Cibrán foi un castro (aínda se poden apreciar os foxos e as estruturas defensivas) e na actualidade ten unha área de lecer e un miradoiro desde o que se ve a comarca do Salnés e a ría de Arousa. SUPERFICIE: 27,77 km2 POBOACIÓN: 5.341 habitantes (2016). PARROQUIAS: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil. MEAÑO Está situado no centro-sur da comarca, entre a Ría de Arousa (enseada do Umia) e as estribacións do Castrove. No territorio diferéncianse dúas zonas. No oeste e norte terras chans que forman parte dunha depresión cuberta de sedimentos. No leste unha aliñación de pequenas elevación co punto máis alto no Fontefría, con 396 m. O río máis importante é do da Chanca que atravesa o concello de leste a oeste.
  • 67. Antigas telleiras en Dena (Meaño). Meaño tivo unha importante actividade de extracción de arxila e elaboración de cerámica. Muíño no río da Chanca As principais actividades son a agricultura (cultivo do viiñedo da D.O. Rías Baixas), os servizos e as industrias (adegas, materiais de construción). A zona costeira está incluída no LIC Ons-O Grove. Hai varias rutas sinalizadas que permiten percorer os puntos de interese: a “Ruta do Viño”, incluída nunha máis ampla da comarca, percorre as adegas; a ruta dos Muíños percorre o río da Chanca desde Lores ata A Armenteira.
  • 68. Vista parcial do concello de Meis desde o Castrove SUPERFICIE: 52,71 km2 POBOACIÓN: 4.844 habitantes (2016) PARROQUIAS: A Armenteira, Meis, Nogueira, Paradela, San Lourenzo de Nogueira, San Martiño de Meis e San Tomé de Nogueira. MEIS Está situado ao leste da comarca, nas abas do Castrove. No terreo distínguense dúas zonas. Ao leste a serra do Castrove, co cume máis alto no monte Castrove (604 m). Ao oeste o val do Salnés, terreos de releve suave con pequenas elevacións e cunha inclinación cara ao río Umia. Os ríos principais son o Cañón e o Rego da Armenteira, afluentes do Umia.
  • 69. Muíño en San Martiño de Meis, no río da Armenteira. Dúas rutas permiten percorer o río da Armenteira e o seu afluente o río de San Salvador que baixan da serra do Castrove. Hai varias áreas de lecer e muíños restaurados. As principais actividades son a agricultura, o sector forestal e a industria. Acolle importantes valores naturais asociacdos ao curso dos ríos e ao monte Castrove. Ten un patrimonio histórico-artístico e etnográfico moi importantes: mosteiro da Armenteira, igrexas románicas de Santa María de Nogueira, San Martiño e San Salvador de Meis, Paradela, San Vicente..., numerosos pazos, muíños, petróglifos... A capital do concello é O Mosteiro. Cruceiro na Armenteira
  • 70. Vista da zona de Ribadumia e o Val do Salnés desde o alto do monte de San Martiño. SUPERFICIE: 19,86 km2 POBOACIÓN: 5.087 habitantes (2015) PARROQUIAS: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán. RIBADUMIA Situado no centro da comarca, en pleno val do Salnés ás beiras do Umia. A maior parte do territorio é chan e vaise elevando cara ao leste onde acada as máximas altitudes nos montes San Cibrán (209 m) e San Martiño (206 m). O río Umia atravesa o concello de nodeste a suroeste e fai de linde nun amplo tramo con Vilanova de Arousa e Cambados. Recibe varios afluentes pola marxe esquerda: o Cañón (no linde con Meis), o Batán, O Grande ou de Armenteira, o Ponte Espiña e o Taboeiros.
  • 71. Área de lecer no río Grande, un afluente do Umia coñecido tamén co nome de rego de San Martiño ou da Armenteira. Unha ruta que comeza en Barrantes (A Torre) e enlaza coa do concello de Meis chega ata A A Armenteira. Os domingos e festivos os muíños funcionan e faise pan. Cruceiro e igrexa de Santa Baia (Ribadumia) As principais actividades son a agricultura, especialmente viñedos da D.O. Rías Baixas, os servizos e a industria. Os espazos de interese natural atópanse nos cursos do río Umia e dos seus afluentes. Ten un rico patrimonio etnográfico (muíños, pontes) e histórico artístico (igrexas, cruceiros, pazos, castros...).
  • 72. Vista aérea de Sanxenxo SUPERFICIE: 44,96 km2 POBOACIÓN: 17.314 habitantes (2016) PARROQUIAS: Adina, Arra, Bordóns, Dorrón, Gondar, Nantes, Noalla, Padriñán e Vilalonga. SANXENXO Situado ao sur da Comarca, entre as rías de Arousa e Pontevedra. A maior parte do territorio é chan con pequenas elevacións e acadan a máxima altura ao leste no monte Gorita, con 257 m. Nos 36 km de costa, moi recortada e variada atópanse enseadas, cantís e praias expostas e protexidas.
  • 73. Portonovo, o principal porto pesqueiro de Sanxenxo As principais actividades son a pesca, o turismo e o cultivo da vide. O principal núcleo pesqueiro é a vila de Portonovo. Sanxenxo é un importante centro turístico cun importante incremento da poboación no verán. Os principais valores naturais atópanse nas costas do interior da ría de Arousa (enseada do Umia e lagoas de Rouxique) e nos cantís e praias entre a Lanzada e Portonovo que forman parte do LIC Ons-O Grove. Conta tamén cun rico patrimonio cultural: necrópole, ermida e torre de A Lanzada, pazos, igrexas, muíños, cruceiros... Península da Punta da Ermida. Foi un castro e conserva os restos dunha torre defensiva medieval e unha ermida románica.
  • 74. Vista de Vilagarcía desde o monte Lobeira. Ao fondo as illas Cortegada e Malveiras. A cidade de Vilagarcía é un importante centro de servizos comarcal que conta cun porto de mercadoría e ferrocarril SUPERFICIE: 43,49 km2 POBOACIÓN: 37.283 habitantes (2016) PARROQUIAS: Arealonga, Bamio, O Carril, Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Solobeira e Vilagarcía. VILAGARCÍA DE AROUSA Situada ao norte da comarca no fondo da ría de Arousa, no esteiro do Ulla. O relevo é moi accidentado, agás unha pequena faixa costeira ao oeste do concello, o resto do territorio está formado por unha sucesión de pequenos cumes que culminan no Xiabre, con 641 m. Ao sur atópanse os montes de Lobeira e Renza. O Xiabre esténdese polo norte e leste. A costa é pouco recortada e baixa con varias praias. Na desembocadura do Ulla atópanse as illas de Cortegada, Malveiras e Briñas. O río máis importante é o do Con que baixa do Xiabre.
  • 75. O Carril As principais actividades son os servizos (comercio, porto, ferrocarril), a industria, a pesca e a acuicultura. Acolle un importante patrimonio cultural: petróglifos de Bamio (Os Ballotes), castros, igrexas románicas e numerosos pazos. Desde o concello hai varias rutas de sendeirismo sinalizadas que van ao Xiabre e Lobeira. Porto e praia de Vilagarcía
  • 76. Vista de Vilanova e a praia do Terrón desde a Illa de Arousa SUPERFICIE: 33,70 km2 POBOACIÓN: 10.406 habitantes (2016) PARROQUIAS: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa. VILANOVA DE AROUSA Situado no centro-norte da comarca, á beira do mar de Arousa. A zona oeste é chan e cara ao norte e leste vaise elevando en pequenos montes, co cume máis alto en Lobeira, no linde con Vilagarcía. O río Umia fai de linde do concello polo sur e o rego de Tarrío, de curto percorrido, desemboca no esteiro, na capital do concello. A costa é baixa e areosa con numerosas praias abrigadas.
  • 77. Pazo do Cuadrante que acolle a casa Museo de Valle Inclán. As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura (bateas), a pesca de baixura e a agricultura (cultivo do viñedo da D.O. Rías Baixas e produtos de horta). Os principais valores naturais atópanse na contorna do río Umia e na costa. O patrimonio histórico artístico está representado por nummerosos pazos, igrexas, muíños e pontes. Conta con dous museos dedicados a Valle Inclán e os Irmáns Camba. Monte Lobeira. O seu cume, desde o que hai unha magníficas vistas da comarca, estivo ocupado por unha fortaleza destruída na Revolta Irmandiña. Nel conflúen os concellos de Vilanova e Vilagarcía.
  • 78. RELEVO Val do Salnés desde o monte de San Martiño, nas estribacións do Castrove. Ao fondo Lobeira e o Xiabre. O territorio do Salnés está dividido em tres áreas. A parte central está ocupada polo chamado Val do Salnés, o curso baixo do río Umia, unha chaira de menos de 100 m de altitude que forma parte dunha ampla superficie erosionada e afundida que foi parcialmente anegada polo mar. Nesta área atópanse granitos moi alterables (os chamados granitos de Caldas, que se desfán en bolos) e unha grande variedade de sediementos que testemuñan as sucesivas variacións do nivel do mar e períodos de xeo-desxeo durante as glaciacións (arxilas e caolíns, areas, gravas).
  • 79. Pena cabaleira no alto do MONTE SIRADELLA (O Grove). O Cume da Siradella domina a Península do Grove e a ría de Arousa. Conta cunha Aula da Natureza e unha área de lecer. De norte a sur-leste unha aliñación de pequenas elevacións (Xiabre, Lobeira e Castrove) formadas por granitos de dúas micas, máis resistentes á acción química. Son frecuentes os grandes bolos e penedos labrados pola erosión que dan lugar a penas cabaleiras, penas do equilibrio ou figuras con curiosas formas.
  • 80. MONTE LOBEIRA, un macizo granítico de 290 m de altura situado entre Vilanova e Vilagarcía. Nas proximidades atópase o Faro das Lúas. Ambos son excelentes miradoiros sobre O Salnés.
  • 81. Vista cara á Costa de Portonovoe Sanxenxo Na zona costeira entre a praia da Lanzada e a ría de Pontevedra atópase unha rasa costeira moi fracturada que remata en cantís sobre o mar, onde se atopan formacións metamórficas moi fracturadas e pregadas formadas por cuarcitas, xistos e neis.
  • 82. Monte Castrove A maioria dos montes están cubertos por plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos ou por un mato de toxos e xestas. So nlagún vales máis afastados se conservan carballeiras con especies autóctonas. No Castrove hai plantacións de diferentes especies forestais e ornamentais.
  • 83. Breixo (Erica cinerea) Toxo (Ulex europaeus)
  • 84. Bolboreta (Hipparchia fidia) A fauna é a típica do mato e dos espazos forestais: paxaros, lagartos, raposos, coellos, furafollas, insectos... Chasco (Saxicola torquata)
  • 85. Vista xeral da serra do Castrove desde a Illa de Arousa MONTE CASTROVE É unha pequena serra con orientación NE-SO, situada entre as rías de Arousa e Pontevedra. Está formada maioritariamente por granito de dúas micas con algunhas bandas de xistos. O cume máis elevado é o Castrove, con 613 m. Desde o alto hai unhas boas vistas sobre o Salnés e A Ría de Arousa cara ao oeste e da ría de Pontevedra polo sur. A maioría das árbores son piñeiros e eucaliptos de repoboación, xunto con pequenas áreas de especies ornamentais variadas. O acceso pódese facer desde Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, ou Meis.
  • 86. O Salnés e a ría de Arousa desde O Castrove
  • 87. Vista xeral da serra do Castrove desde Cambados
  • 88. Cabalos no Castrove. O primeiro domingo de agosto celébrase a rapa das bestas
  • 89. Alto do Xiabre MONTE XIABRE Está situado fronte á ría de Arousa entre os vales do Umia e o Ulla. O punto máis alto ten 646 m. As rochas dominantes son os granitos. A maior parte do terreo está ocupado por piñeiros e eucaliptos de repoboación e as partes altas por pasteiros e toxeiras. Desde o alto hai unha excelentes vistas da Ría de Arousa, a zona de Caldas de Reis e o esteiro do Ulla. Pódese acceder desde Vilagarcía.
  • 91. Vilagarcía e a Illa de Arousa desde O Xiabre
  • 92. O Xiabre desde a ría de Arousa
  • 93. OS RÍOS ESTEIRO DO ULLA desde Cortegada. Una pequena parte do último tramo do esteiro está no comarca do Salnés, en Vilagarcía e acolle un importante banco marisqueiro explotado polos mariscadores e mariscadoras de Carril. O principal curso fluvial da comarca é o Umia que a atavesa de nordeste a suroeste e recibe pequenos afluentes. Ao norte, en Vilagarcía atópase o remate do Ulla, entre a illa de Cortegada e Carril. Outros pequenos ríos baixan das serras do Xiabre (río do Con) e Castrove (río da Chanca). Os cursos dos ríos, agás o Umia, teñen fortes desniveis e percorren distancias curtas. É habitual a presenza de rápidos e pequenas fervenzas, aproveitados para a instalación de muíños.
  • 94. O Umia, o río principal da comarca, nas Aceñas, entre Vilanova e Meis.
  • 95. Os ríos da comarca experimentan fortes secas estivais. Na imaxe o encoro de Castroagudín (Vilagarcía) nun verán de seca.
  • 96. Arredor dos ríos fórmanse ricos ecosistemas, especialmente nos numerosos esteiros onde hai unha rica flora e fauna de augas salobres, sobre todo aves acuáticas. Nos bosques de ribeira podemos atopar amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, avelairas, castiñeiros, carballos, loureiros, cereixeiras... Nas zonas remansadas hai Myriophylum, oucas, espigas de auga, herba das ras, bricios, eneas, carrizos, espadainas, trevo de auga... e nas marismas dominans os xuncos e a espartina. Esteiro do Umia. A vexetación dos esteiros retén as partículas que arrastra o río e fai de filtro natural.
  • 97. Escalo (Chondrostoma arcasii) Nas augas dos ríos hai troitas, anguías e reos e ocasionalmente salmón e lamprea (Ulla e Umia). Tamén se poden ver mexillón, caracol e lapa de río. Nas súas beiras hai lontra, rata de auga, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavandeiras, andoriñas, garzas, xirrios, ra patilonga, verde e vermella, estroza, saramaganta, limpafontes e unha grande diversidade de insectos e arañas. Garza (Ardea cinerea)
  • 98. Encoro do río do Con e estación Hidrobiolóxica RÍO DO CON Nace no monte Xiabre e despois dun curto percorrido con moita pendente desemboca en Vilagarcía. En Castroagudín está encorado para aproveitar a auga para Vilagarcía. Á beira do encoro atópase a estación de Hidrobioloxía de Galiza.
  • 99. O río do Con en Vilagarcía está totalmente canalizado e nos días de moita chuvia produce importantes enchentes que anegan rúas e casas construídas na súa beira.
  • 100. O río de Currás no Esteiro REGO DE CURRÁS Chamado tamén rego de Tarrío. Nace en Manga, nas abas do Lobeira e atravesa o concello de Vilanova de leste a oeste. Desemboca na enseada do Esteiro, ao pé de Vilanova.
  • 101. O Umia entre Baión (Vilanova) e Meis (Paradela) RÍO UMIA Nace nas abas do Candán e na comarca recolle augas dos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis e Cambados, no seu curso baixo. Polo Salnés discorre lentamente ata desembocar na Ría de Arousa, en Cambados, logo de 70 km de percorrido. Ten augas altas en febreiro e marzo e estíaxe moi marcada no mes de agosto. Os principais afluentes na comarca son o Cañón e o Grande ou da Armenteira. O Umia abastece de auga á maioría das poboacións do Salnés. Os esteiro forma parte do LIC“Ons-O Grove”, da ZEPA “Umia-O Grove” e está acollida ao convenio RAMSAR.
  • 102. O Umia en Ponte Arnelas. Nesta zona hai unha área de lecer cunha praia fluvial. Tamén se conserva a ponte que deu nome ao lugar, de orixe medieval, moi modificada pola estrada. Segundo a tradición nesta ponte realizábase o rito dos bautismos prenatais.
  • 103. Aula na Natureza en Cabanelas, ao pé do Umia
  • 104. Desembocadura do Umia entre Cambados e Ribadumia
  • 105. Rego de San Salvador, en Meis, nunha pequena área acondicionada á que se accede por unha pista desde a igrexa RÍO GRANDE Chamado tamén Rego de San Martiño ou da Armenteira. Fórmase con varios regos que baixan do Castrove e percorre os concellos de Meis e Ribadumia, onde se xunta do Umia. Varios tramos están acondicionados con paseos e áreas de lecer e hai muíños restaurados. Unha ruta permite percorrelo ata o mosteiro da Armenteira.
  • 106. O rego da Armenteira en San Martiño
  • 107. No curso alto do rego da Armenteira abondans as fervenzas
  • 108. O rego da Armenteira en Ribadumia
  • 109. O río Cañón en Arcos (meis), onde hai unha área de lecer e varias fervenzas RÍO CAÑÓN Fórmase con varios regos que nacen no Castrove e percorre de leste a Oeste o concello de Meis. No último tramo, antes de se xuntar ao Umia, fai fronteira con Ribadumia.
  • 110. RÍO DA CHANCA Nace nos montes da Escusa (O Castrove) e desemboca na Enseada do Umia, na ría de Arousa (Meaño). Unha ruta de senderismo percorre un tramo con muíños, desde Lores ata a Armenteira.
  • 111. A COSTA A comarca do Salnés tén unha costa moi variada que inclúe tramos protexidos, nas rías de Arousa e Pontevedra, com abundantes esteiros, marismas e areais; e tramos de mar aberto nos que se suceden cantís e praias. Hai numerosas illas e illotes. Na boca da desembocadura do Ulla atópase Cortegada e o grupo das Malveiras. No medio da ría a Illa de Arousa e os illotes Areoso e Xidoiros. En Cambados a illa de San Sadurniño e na enseada do Umia A Toxa (Grande e Pequena) As Illeiras, O Beiró, Tourís, Marma... Conta ademais cunha lagoa litoral, A Bodeira, na costa de O Grove e varias lagoas artificiais formadas en antigas explotacións de arxila ao pé da costa de Noalla (Roxique).
  • 112. Marisqueo en Cambados. O traballo do marisqueo ocupa a un gran número de mulleres e homes nas poboación de toda a ría de Arousa. Recentemente constituíronse varias asociación que teñen como finalidade fomentar o turismo mariñeiro: Guimatur, en Cambados, Pescanatur no Grove... É unha costa dunha grande riqueza biolóxica que serve de base a unha importante actividade pesqueira, marisqueira e acuícola, e dun importante interese turístico, fonte de recursos importante para a comarca. Varios tramos están protexidos na Parque Nacional “Illas Atlánticas de Galiza” e no LIC “Ons-O Grove.
  • 113. Bateas entre a Illa de Arousa e a pequena illa de Areoso
  • 114. Por toda a costa hai variedade de ecosistemas acuáticos e costeiros que acollen unha importante biodiversidade. Dunas e praia da Lanzada. A flora das dunas da Lanzada ten máis de 100 especies, entre as que se atopan endemismos locais e rexionais: Silene littorea, Iberis procumbens, Linaria polygalifolia, Armeria pubigera, Armeria maritima subsp. miscella, Angelica pachycarpa, Rumex biformis, Linaria caesia, subsp. decumbens...
  • 115. Cardo leiteiro (Cistanche phelipaea). Ten como único ponto de referencia en toda Galiza o litoral da Enseada do Umia. É unha planta que parasita a outras leñosas da beiramar. So é visible cando florece entre os meses de abril a Linaria arenaria nas praias do Carreirón (Illa de Arousa), un dos poucos lugares de Galiza onde se atopa esta especie.
  • 116. Limícolas no Vao. As limícolas, polo seu número e variedade, fan da Enseada do Umia un dos lugares de maior interese orniolóxico do litoral galego. Nestas costas censáronse 13.000 aves invernantes, de 220 especies diferentes: espátulas, gabitas, pilros, mazaricos, agullas, píllaras, distintas especies de parrulos...
  • 117. Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu curioso peteiro en forma de culler filtran o fango e capturan pequenos animais. Na Enseada do Umia hai unha importante poboación invernante única en Galiza (máis de cen exemplares)
  • 119. Apegón, ourizo, mexillóns, caracolas e diferentes clases de algas, un mundo diverso dentro das reducidas dimensións dunha poza de marea nos cantís de Fontiñas.
  • 120. Lagoa de orixe antrópica en Rouxique. Nas lagoas crían galiñolas negras, alavancos e mergullóns...
  • 121. Vista da ría de Arousa desde O Castrove RÍA DE AROUSA Ábrese entre as puntas de Couso (Ribeira), ao norte e San Vicenzo ou O Carreiro (na península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de ancho na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia, e nela desaugan numerosos ríos de menor entidade: o Pedras, Lérez, Coroño, Te, que baixan da serra da Barbanza, na marxe dereita da ría e o da Chanca, que baixa do Castrove, na marxe esquerda. A zona norte da ría é máis abrupta e de maiores fonduras, e a zona sur está ocupada por extensos areais e enseadas fangosas, nos arredores do esteiro do Umia.
  • 122. Illa de Arousa No centro da ría atópase a illa de Arousa que, segundo algúns autores, formou parte dun terreo elevado que separaba os vales do Ulla e do Umia, que se atopaban moito máis preto da actual boca da ría e, fronte ao mar aberto, as illas de Sálvora Bionta e Nor. É unha ría ampla e aberta de perfil moi irregular na que se poden atopar múltiples formacións: illas (Arousa, Cortegada, Rúa, A Toxa, Beiró...), penínsulas (O Grove, Cabo da Cruz), esteiros (Ulla, Umia...), enseadas (Umia-O Grove, Taragoña...), areais (Castiñeiras, Coroso, Cabío, Esteiro, Barraña, Compostela, O Terrón, O Bao, Xastelas, Mexilloeira...), lagoas costeirras (Bodeira). As condicións ambientais desta ría e a súa productividade fan que teña unha alta densidade de poboación e numerosos núcleos habitados. Acolle áreas de grande interese ecolóxico, en especial para as aves mariñas.
  • 123. Costa de Carril e illa de Cortegada
  • 124. PORTO DE CARRIL E ILLAS DE CORTEGADA E MALVEIRAS. A Illa de Cortegada está situada ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a Carril. Ten unha extensión de 50 ha. Está formada por granitos e gneis mesturados con depósitos aluviais. O seu relevo é case chan.
  • 125. A costa de Cortegada é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha. Na súa contorna atópanse os ricos bancos marisqueiros de Carril.
  • 126. PRAIA DE COMPOSTELA (Vilagarcía de Arousa)
  • 128. Porto de Vilaxoán (Vilagarcia). Ao fondo Vilanova (coa praia das Sinas) e a illa de Arousa.
  • 129. Porto de Vilaxoán (Vilagarcia)
  • 130. PRAIA MOSQUEIRA, en Vilanova
  • 131. PRAIA DA PASAXE en Vilanova, antigo paso a pé á Illa de Arousa e punto de arranque da ponte que une a Illa coa costa de Vilanova. Ao fondo a praia do Terrón.
  • 132. ILLA DE AROUSA É a illa máis grande de Galiza e a máis poboada, con 16 km de costa na que se alternan zonas rochosas, enseadas, praias e dunas. No extremo sur acolle o Espazo Natural “O Carreirón” incluído no LIC Ons-O Grove, de grande interese pola flora das dunas e a presenza de aves acuáticas.
  • 133. PRAIA AREA DA SECADA E PUNTA DO FARO, no norte da illa de Arousa
  • 134. CON DOS TRES PÉS, na punta Barbafeita. Unha ruta preparada polo concello permite visitar numerosos cons con figuras curiosas que se atopan na costa da Illa de Arousa e nos montes próximos.
  • 135. Praia de Xestelas, na costa do parque do Carreirón. No Carreirón hai unha gran diversidade de ecosistemas: areais e praias, dunas, zonas rochosas, mato e zonas húmidas... A flora de maior valor ecolóxito atópase nas dunas onde se poden localizar numerosas especies protexidas. É lugar de invernada de limícolas: píldora cincenta, mazarico, bilurico, pilro... tamén se poden ver garzas, corvos mariños, parrulos, mergos....
  • 136. ILLA DA TORRE E AREAL DO SERRIDO (Cambados). O areal do Serrido é un importante banco marisqueiro que ocupa case totalmente o esteiro do río Umia.
  • 137. Desembocadura do Umia en Cambados. Ao fondo a Toxa Pequena, A Toxa e O Grove.
  • 138. ENSEADA DO UMIA, ILLA DA TOXA é a área comprendida entre o istmo da Lanzada e a desembocadura do Río Umia en Cambados. É unha zona de costa recortada e protexida con augas pouco profundas e mornas. Ten varias illas: A Toxa, A Toxa Pequena, O Beiró, Loraña, Bico da Ran e illotes areosos (Tourís e Marma). A gran cantidade de sedimentos deixados polos Ríos Umia, A Chanca, Francón, rego dos Mouros... forma bancos de area que alternan con zonas fangosas e dan lugar a ecosistemas dunha grande diversidade biolóxica. É criadeiro de numerosas especies mariñas (especialmente moluscos) e zona de moita importancia para o paso e o descanso das aves mariñas, en especial as limícolas.
  • 139. Vista da Enseada do Umia desde A Siradella. Ao debalr o mar dixa en seco unha ampla chaira litoral.
  • 140. ISTMO DA LANZADA e enseada do Umia
  • 141. Vista DO ISTMO DA LANZADA desde o Monte da Siradella, un cume de 157 m, o máis alto da península do Grove, un expléndido mirador sobre a ría de Arousa e a costa da Lanzada, no que se atopa o Centro de Interpretación do LIC “Ons- O Grove”. O istmo da Lanzada é un istmo areoso que une O Grove ao continente. Na parte que da ao mar aberto aséntase a praia da Lanzada; a zona intermedia está formada por dunas fixadas pola vexetación, entre as que hai varias lagoas estacionais orixinadas por antigas explotación de area; e a interior da á Enseada. Nesta zona a marea baixa deixa ao descuberto unha amplia chaira intermareal na que se alimentan as numerosas aves que a frecuentan. No istmo aséntase un sistema dunar que conta con máis de 100 especies, entre as que se atopan endemismos locais e rexionais.
  • 142. O Grove, illa de Toxa e illotes Toxa Pequena e Beiró. Ao fondo a illa de Arousa.
  • 144. PRAIA DO VAO, un importante banco marisqueiro, entre a illa da Toxa e O Grove
  • 145. PRAIA E PORTO DE MELOXO (O Grove), conserva o aire tradicional xunto cos avances no cultivo de mexillón, no que está especializado.
  • 146. PRAIA DAS PIPAS (O Grove)
  • 147. LAGOA BODEIRA E PRAIA MEXILOEIRA. No lugar de Reboredo (San Vicente-O Grove). As dunas teñen unha gran riqueza botánica.
  • 148. LAGOA BODEIRA. Na lagoa viven e crían aves como a galiñola negra, o somorgullo pequeno e o lavanco real.
  • 149. PRAIA DE AREA GRANDE. Ao fondo A Mexilloeira, A costa norte da península do Grove é unha sucesión de praias separadas unhas doutras por saíntes de bolos graníticos. Destacan as praias das Pipas, Mexiloeira, Piñeiróns, Area Grande e O Carreiro. Nesta zona atópanse numerosas instalacións de salga e no Carreiro a necrópole de Adro Vello.
  • 151. PUNTA PATEIRO E ILLOTE POMBEIRO. Entre eles e Sálvora (ao fondo) ábrese a boca sur da ría de Arousa.
  • 152. Granitos no Grove Entre as rías de Arousa e Pontevedra atópase a costa exterior da península do Grove e a de Noalla (Sanxenxo) na que se alternan formacións rochosas de distinta composición, con alturas de ata 15 m, e areais. As rochas da costa do Grove, desde San Vicente ata a Capela da Lanzada son maioritariamente graníticas con pequenas intrusións de gneis. As rochas da costa de Noalla forman parte do complexo metamórfico chamado Cabo Home-A Lanzada, formacións de rochas diversas entre as que se atopan cuarcitas, xistos e gneis nas que se poden observar diferentes pregamentos e micropregamentos. Gneis na Lanzada
  • 153. Cons traballados polo mar na zona do CON NEGRO (San Vicente-O Grove). A erosión produce nos granitos grandes bloques de formas redondeadas,
  • 154. PRAIA DE CON NEGRO (O Grove)
  • 155. PRAIA DE BALEA OU AREA DA CRUZ (O Grove)
  • 156. Praias da Lanzada, Paxareiros e Balea
  • 157. PRAIA DA LANZADA (O Grove e Sanxenxo), unha praia emblemática en Galiza, pola súa extensión (2.400 m), pola situación, no corazón das Rías Baixas e pola historia e os ritos e crenzas asociados a ela.
  • 158. Rochas na praia da Lanzada
  • 159. Ondas no mar da Lanzada. Unha das tradicións que perviven en Galiza é o rito de fecundidade das “nove ondas” o día da Festa da Nosa Señora da Lanzada (último domingo de agosto). As mulleres infértiles teñen que bañarse espidas á doce da noite con lúa chea e deixar que embistan nove ondas sobre o seu corpo. Remata o ríto rezándolle á Virxe na capela.
  • 160. PRAIA DE AREA GORDA E ILLOTE OUTEIRIÑO
  • 161. PRAIA DE FOXOS E PUNTA DA ERMIDA
  • 162. PRAIA DE FONTIÑAS (Noalla, Sanxenxo) Esta praia e os cantís que a rodean son unha lección de xeoloxía na que se poden apreciar distintos tipos e estruturas rochosas, as forzas tectónicas e a dos axentes erosivos, e rochas e minerais pouco comúns
  • 163. PUNTA CORVEIRO E PRAIA DE FOXOS (SANXENXO)
  • 165. Cantís entre PUNTA FAXILDA e Punta Corveiro
  • 167. Pregamento na PRAIA DE BASCUAS. Nos cantís podemos atopar rochas metamórficas nas que os estratos se dispoñen das formas máis variadas combinando pregues, fallas e filóns con vetas de diferentes minerais.
  • 170. PRAIA DE PAXARIÑAS (Sanxenxo)
  • 171. Costa exterior de Sanxenxo, punta Cabicastro e parte da ría de Pontevedra
  • 172. PUNTA CABICASTRO, límite norte da ría de Pontevedra RÍA DE PONTEVEDRA É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre as puntas de Cabicastro, ao norte e o o cabo Udra, ao Sur. O río máis importante que desauga nela e que lle deu orixe é o Lérez e do Castrove e Domaio baixan pequenos regatos. Na boca da ría atópase o arquipélago de Ons e no seu interior a pequena illa de Tambo. É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira e industrial. Nesta comarca está incluída a costa de ría de Pontevedra que pertence ao concello de Sanxenxo.
  • 173. PRAIA DE BALTAR e Portonovo, unha vila mariñeira e turística
  • 174. PRAIA DE SILGAR e Sanxenxo, unha das vilas turísticas máis coñecidas do país.
  • 175. Praia de Sanxenxo nun día de verán
  • 176. PRAIA DE AREAS, un areal de 600 m de lonxitude orientado ao sur e abrigada entre as puntas de Barreiros e do Festiñazo
  • 177. Costa de Sanxenxo na ría de Pontevedra
  • 178. AS ÁRBORES Loureiros de Cortegada A comarca do Salnés está moi humanizada e amplamente cuberta de cultivos. A maior parte das árbores son piñeiros e eucaliptos. Só quedan algunhas manchas de bosque autóctono en lugares afastados e consérvanse carballos e sobreiras mesturados cos piñeiros. Destaca o bosque de loureiros da illa de Cortegada e o bosque do pazo do monte nas beiras do Umia entre Paradela e Ribadumia. Hai numerosos parques e xardíns, públicos ou particulares que teñen bos exemplares de árbores monumentais. (P): incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Xunta de Galiza.
  • 179. Bosque do Pazo do Monte. Ocupa 7,7 ha desde Paradela (Meis) ata Lois (Ribadumia). É un bosque mixto no que se mesturan especies mediterráneas e atlánticas e abondan as especies de ribeira.
  • 180. ÁRBORES EN CAMBADOS -Sobreiras: A Pastora e A Xesteira (Castrelo) -Chopos negros da Calzada e O Convento -Washingtonias da casa Zárate (Fefiñáns) -Araucarias da casa da Francesa -Buxos da casa da Capitana -Plátanos do Parador -Palmeiras da praza de Alfredo Brañas -Piñeiros mansos de Cortiñas (A Modia) Sobreira da Pastora. Ten arredor de 300 anos e uns 12 m de altura.
  • 181. PAZO FEFIÑÁNS (Cambados): freixo de folla estreita, loureiros, washingtonias robustas, árbore do amor, araucaria excelsa, acacia, eucalipto do maná, figueira, piñeiro de Monterrei, carballos... Freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia) - 3,48 de perímetro e 22 m de altura. Washingtonia robusta (22 e 23 m de altura) e loureiros (2,50 m de perímetro e 15 m de altura) do Pazo de Fefiñáns.
  • 182. PAZO SERANTELLOS (Castrelo, Cambados): magnolia grandiflora, rododendro arbóreo. Rododendro (Rododendron arboreum) do pazo de Serantellos (Cambados). Dous exemplares de 12,5 e 13,5 m de altura e aproximadamente 150 anos.
  • 183. Camelias do xapón (Camellia japonica) Varios exemplares no xardín. CASA DE MAZA: (Cortiñas, Cambados): piñeiros mansos, plátanos, camelias, araucaria excelsa...
  • 184. A figueira do Meco atópase nunha pedra da Siradella e está relacionada cunha lenda. Conta a tradición que o Meco era un cacique (un crego) do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite apareceu colgado da figueira. Cando a xustiza preguntou Quen matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo todos!. Segundo os veciños esa figueira daba figos vermellos. Posiblemente existiu outra figueira máis antiga á que xa fai referencia Frai Martín Sarmento. ÁRBORES DO GROVE: Figueira do Meco ILLA DA TOXA: piñeiros, eucaliptos, robinia, chopo branco, evónimo...
  • 185. ÁRBORES NA ILLA DE AROUSA -Estripo -Piñeiro no Carreirón Piñeiro (Pinus pinaster). Punta da Ruda. O Carreirón.
  • 186. Oliveiras da igrexa de Simes ÁRBORES DE MEAÑO -Capela de San Bieito de Lores: castiñeiro, robinia e carballo. -Río da Chanca: abelairas -Igrexa de Simes: oliveiras -Plátano de Meaño
  • 187. ÁRBORES DE MEIS -Pazo de Quintáns: alcipreste de California -Rego da Armenteira: salgueiros e abelairas en Couso e Cabeza de Boi -Couso (Armenteira): sobreiras -Arcos (San Tomé de Nogueira): sobreiras -As Portelas (Paradela): piñeiro manso Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) do Pazo de Quintáns -30 m de altura e 8,6 m de perímetro
  • 188. Paseo de eucaliptos (Eucaliptus globulus) na entrada do pazo de Barrantes. Teñen 32 a 44 m de altura. ÁRBORES DE RIBADUMIA -Pazo de Barrantes: eucaliptos -O Freixo: érvedos -Pontearnelas: loureiro -A Ponte (Sisán): alcanforeiro
  • 189. Salgueiro na illa de Cortegada -4,25 m de perímetro e 13 m de altura. ÁRBORES DE VILAGARCÍA DE AROUSA PAZO DA GOLPILLEIRA: calocedro de California ILLA DE CORTEGADA: salgueiro, loureiros PAZO DO RIAL: sobreiras CORNAZO e OS BORRIZOS: carballos CASA DAS 100 VENTÁS (A Veiga, Vilaboa- Sobradelo): plátanos ...
  • 190. PAZO DE RUBIÁNS: : alcanforeiros (P), calocedros, criptomeria elegante, criptomeria japonica, eucalipto da pementa, eucaliptos globulus (P), freixo de folla estreita, magnolias grandiflora (P), carballos americanos, carballos, sobreiras, piñeiro bravo, plátanos, tilleira... Eucaliptos (Eucalyptus globulus) do Pazo de Rubiáns. Miden 42 e 40 m de altura e o máis groso acada os 12 m de perímetro.
  • 191. XARDÍN DE ARTIME: arces negundos, secuoia vermella, taxodios (P) Taxodio do Xardín de Artime -5,85 m de perímetro e 33 m de altura. Está considerado un dos mellores exemplares da Península ibérica.
  • 192. PARQUE COMPOSTELA: eucalito maculado, eucaliptos cornudos, eucaliptos vermellos, piñeiro de monterrei, piñeiro manso. Eucalito maculado (Eucalyptus maculata) -19 m de altura e 2,40 m de perímetro.
  • 193. PARQUE VALDÉS BERMEJO: eucalipto robusta, cedro, alcanforeiros, nogueira negra...
  • 194. ÁRBORES DE VILANOVA DE AROUSA -A Torre (Xanfardán, Tremoedo): sobreiras, salgueiro, carballos... -Pazo de Baión: palmeiras -Pazo de Cabido (Baión): piñeiro manso, camelia -A Torre (Baión): magnolia -Tirabao (Baión): freixo de folla estreita -Pazo Vista Real: araucaria excelsa, sobreira, castiñeiros de indias, plátano, grevillea, tuia. -Vista Real: allocasuarina, eucalipto maculado Piñeiro manso (Pinus pinea) Pazo de Cabido (A Torre, Baión). -6,25 m de perímetro.
  • 195. ESPAZOS PROTEXIDOS Illa de Cortegada. Cortegada contaba cunha poboación estable e con numerosas leiras cultivadas. En setembro de 1907 foi doada ao rei Alfonso XIII para construír unha residencia de verán. Os colonos foron forzados a abandoar as terras. A propiedade foi vendida en 1978 a unha inmobiliaria e na actualidade é de novo de propiedade pública. Os arredores da Illa de Cortegada son unha importante área de marisqueo e cultivo en viveiros, en especial de berberecho e ameixa. PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA Está formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras. Ten unha superficie de 8.400 ha, das que 7.200 son marítimas. Na comarca inclúe o conxunto de Cortegada e Malveiras (Malveira Grande e Pequena) e os illotes das Briñas. O interés desta zona reside nos fondos mariños e no bosque de loureiros da Illa de Cortegada.
  • 196. O bosque de loureiros (Laurus nobilis) de Cortegada é unha masa de varias hectáreas de extensión con exemplares que acadan ata 12 m de altura. Polas súas características é un bosque dun grande valor ecolóxico, posiblemente o único de Europa. As especiais características do bosque de loureiros fai que nel se desenvolva unha rica comunidade de fungos macromicetes. Segundo un estudio da Sociedade Galega de Historia Natural contabilízanse 45 especies que son as primeiras citas para Galiza (5 da Península Ibérica) e un endemismo mundial: Hypoxilon cohaerens var. microsporum.
  • 197. LIC ONS-O GROVE COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA BODEIRA E PUNTA DO CARREIRÓN Declarada Zona Húmida de Importancia Internacional polo Convenio de Ramsar (BOE 8/5/1990) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Reserva Ornitolóxica pola SEO BirdLife. Na comarca a área protexida afecta aos concellos de O Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados e a Illa de Arousa. Abrangue diferentes zonas con características e valores específicos: a enseada do Umia, as dunas e praia da Lanzada, a lagoa Bodeira, as lagoas naturalizadas de Roxique e a punta do Carreirón. Os valores máis importantes deste espazo residen na flora e fauna das marismas dunas e cantís e especialmente na cantidade e variedade de aves acuáticas que utiliza os diferentes hábitats para vivir de xeito permanentes ou durante os pasos migratorios, en especial no inverno.
  • 198. Centro de Interpretación no monte da Siradella (O Grove)
  • 199. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta setembro de 2017