Ría da
AROUSA
Vista desde A Curotiña, na serra do Barbanza Pasei a ría de Arousa
nunha lanchiña de vela,
non vin cousa máis bonita
nin penso volver a vela.
A ría da Arousa ábrese entre as puntas Falcoeiro, ao norte, e o Con da Aguieira (na
península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de
cumprimento na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos
vales fluviais dos ríos Ulla e Umia.
Está rodeada polas serras de Barbanza e A Muralla, ao norte, o Xiabre ao leste, e o
Castrove ao leste e Sur, que son nacentes de numerosos ríos de menos entidade:
Na banda norte da ría: Morto, Pedras-Barbanza-Lérez, Coroño, Grande, Beluso e Te.
Na banda sur: Catoira, do Con, de Currás e da Chanca.
Ría da Arousa desde o Castelo de Vitres (A Pobra do Caramiñal)
É unha ría ampla e
aberta de perfil moi
irregular na que se
poden atopar múltiples
formacións: cantís, illas
e illotes, areais, dunas,
esteiros, rochedos...
A banda norte da ría en
xeral é de maiores
fonduras (ata 70 m na
boca da ría).
Punta Falcoeira
Con da Aguieira
Sálvora
Cortegada
Arousa
Serra do
Barbanza
O Castrove
O Xiabre
CONCELLOS:
Ribeira
A Pobra
Boiro
Rianxo
Catoira
Vilagarcía da Arousa
Vilanova da Arousa
Illa da Arousa
Cambados
Meaño
Sanxenxo
O Grove
Mapa da ría da Arousa de Domingo Fontán (1828)
Na boca da ría atópanse os arquipélagos de Sálvora e Sagres e numerosas illas, illotes e
baixos que fan desta zona un lugar complicado para a navegación.
Banda norte da ría de Arousa e serra do Barbanza
Vista desde o miradoiro da Curotiña (A Pobra)
No centro da ría atópase a illa de Arousa que, segundo algúns autores, formou parte dun
terreo elevado que separaba os vales do Ulla e do Umia, que se atopaban moito máis
preto da actual boca da ría e, fronte ao mar aberto, as illas de Sálvora Bionta e Nor.
Miradoiro da Figueira (Boiro)
Vista desde o monte Xiabre co arquipélago de Cortegada
Señor San Bartolomeu
que estás no medio da Ría,
dunha banda tes Rianxo
e doutra Vilagarcía.
Ría de Arousa desde o Faro das Lúas
Ría de Arousa desde o Castrove
Ría de Arousa desde o monte da Siradella (O Grove)
Abrente desde a Illa da Arousa coa Serra de Castrove ao fondo
Punta Falcoeiro (Ribeira), formada por grandes bloques de granito con
bolos e covas. Moi preto están as illas de Sagres e Falcoeiro.
Arquipélago de Sagres
ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA
Situado na boca da Ría de Arousa. Formado pola illa de Sálvora e numerosos illotes:
Vionta, Gaivoteira, Herbosa, Con de Nor, Insuabela, Centoleiros e Sagres.
A illa de Sálvora ten 248 ha de superficie, cun perfil achairado e unha altura máxima de 77
m, con cantís de pouca altura na cara oeste e praias alternadas con rochedos na cara que
mira á ría.
Boca da ría de Arousa e illa de Sálvora desde A Covasa
Con de Nor/Noro
Punta e illa de Couso
AGUIÑO (Ribeira). Primeiro porto do norte da Ría de Arousa
Entre as praias do Castro e da Tasca
atópase un conxunto de illotes rochosos
As Centoleiras e O Carreiro (illa das Sete
Línguas) con pequenas praias entre eles.
Illotes do Carreiro
e As Centoleiras
Praia da Furna
RIBEIRA. Ao fondo a Praia de Coroso de 1.780 m de lonxitude.
Punta das Grades e Illa das Cabras
Palmeira. Praia do Baluarte.
Illa de Rúa. Illote totalmente rochoso de 4 hectáreas de superficie.
O faro foi construido en 1864.
As Touzas da Corna (A Pobra do Caramiñal)
Praia da Illa ou da Laxe
As praias da Lombiña e da Barca son máis coñecidas como as praias de Cabío.
Ao fondo a punta de Cabío.
Esteiro do río Morto. O río Morto fórmase con varios regos que baixan da aba sur da serra do
Barbanza. Na desembocadura forma una frecha na que se asenta a Praia do Areal.
A Pobra do Caramiñal desde o miradoiro da Curotiña
A POBRA DO CARAMIÑAL. Vila mariñeira cun importante porto onde conviven
embarcacións dedicadas ao marisqueo, á pesca e ao comercio. Acolle un importante
patrimonio histórico artístico.
Punta de San Lázaro. Esteiro do río Pedras.
O río Pedras fórmase ao xuntarse o Barbanza e o San Xoán que nacen na vertente sur da serra do
Barbanza e despois dun curto percorrido con case 600 m de desnivel desemboca xunto á praia de
San Lázaro, na ría de Arousa formando un pequeño delta mareal.
No mesmo esteiro desemboca o río Lérez.
Praia Raposiños
Escarabote (Boiro).
Ao fondo Outeiro dos Corvos e o Castelo de Vitres, na serra do Barbanza
Esteiro do río Coroño. Nace na vertente oriental da serra do Barbanza en Moimenta e despois
de percorer terras do concello de Boiro desemboca na Ría de Arousa.
Areais de Boiro ou Barraña. Conxuntamente miden preto dos 4 km e pódense percorrer
por un paseo, ou polo mar con marea baixa: praias do Río, Pedra Sartaña, Praia Xardín e
Barraña, e no remate, a praia de Rebordelo.
BOIRO, a capital municipal, atópase detrás das praias de Barraña no fondo do seo
de Boiro que se forma entre o Cabo da Cruz e a punta da Mercé.
Litoral de Boiro, coa península do Cabo da Cruz
Praia de Tras das Eiras e punta da Granxa
CABO DA CRUZ. Vila cunha importante actividade pesqueira, marisqueira e de acuicultura
situada na punta do Cabo.
Panorámica entre a Punta Piñeirón e a Punta do Cabo
Praia de Carragueiros
Praia Mañóns e illa Ostral
Lagoa de Abanqueiro (inverno)
Punta do Neixón
Río Grande. Nace no monte Tállara e desemboca no seo de Beluso.
Rego de Beluso.
Nace nos montes de Siroña e desauga no seo de Beluso.
Seo de Beluso, entre Boiro e Rianxo
O seo de Beluso ábrese entre as puntas Neixón (Boiro) e Iñobre (Rianxo) e no seu
fondo desemboca o río Beluso.
Praia da Torre, Rianxo e seo de Beluso
Río Te
Nace ao sur do Monte Muralla e, despois de percorrer o concello de Rianxo, desemboca
na ría de Arousa, no seo da Carballeira.
RIANXO
Unha vila mariñeira que acolle un importante patrimonio: casas e rúas tradicionais,
pazos, igrexas, cruceiros. Rianxo é vila natal de importantes persoeiros galegos: Castelao,
Manuel Antonio e Rafael Dieste.
Praia do Porrón, entre as puntas do Salto do Ladrón e do Castro
Seo de Rial.
No primeiro plano as puntas Palleiro e Tres Cruces.
Punta Patiño, Illa das Tres Cruces. Indican o comezo do esteiro do Ulla.
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, na serra da Vacaloura. Percorre varias comarcas, ás que lle da
nome: a Ulloa, a Ulla e o Ullán, e, despois de 132 km de percorrido, desemboca na ría de
Arousa, entre Padrón e Pontecesures. É a fronteira natural entre as provincias de
Pontevedra e A Coruña.
Esteiro do Ulla entre Catoira e Rianxo
Vista aérea do litoral de Catoira coa ponte entre Rianxo e Catoira e as Torres de Oeste
Praia do Progreso
Río Catoira. Fórmase con varios regos
que baixan do Monte Xiabre (Beco,
Casiriro e Caldón) e, despois dun curto
percorrido, desemboca en Catoira, na
ría de Arousa.
Vilagarcía da Arousa: vista desde o Xiabre
O Carril, Cortegada e As Malveiras
O CARRIL
Unha vila con moita historia e un porto especializado no marisqueo.
Foi un concello de seu ata 1913, que se incorporou a Vilagarcía. O porto era un dos mais
importantes de Galiza no século XVIII. O primeiro ferrocarril de Galiza unía O Carril con
Santiago de Compostela
Cortegada e Malveiras
O arquipélago de Cortegada está formado polas illas de Cortegada, Malveira Grande e
Pequena, Briñas e illote do Con. Situadas ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do
Ulla, fronte a Carril.
Cortegada, O Carril e o litoral de Bamio, co Xiabre como fondo
ILLA DE CORTEGADA. Está situada ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla,
fronte a Carril. Ten unha extensión de 50 ha. Está formada por granitos e gneis
mesturados con depósitos aluviais. O seu relevo é case chan.
A costa é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha. Na súa contorna atópanse os
ricos bancos marisqueiros do Carril (Lombos do Ulla).
Praias do Carril, Compostela e A Cuncha.
Un paseo permite percorrelas en toda a súa lonxitude (case 2 km).
VILAGARCÍA DE AROUSA
A cidade de Vilagarcía é un importante centro de servizos comarcal que conta con
ferrocarril e portos de mercadorías e deportivo.
O porto comercial é o máis importante da Ría de Arousa.
Vista aérea de Vilagarcía co monte Xiabre ao fondo
Río do Con. Nace no Xiabre e desemboca no centro urbano de Vilagarcía da Arousa
Punta de Ferrazo
VILAXOÁN.
Unha vila mariñeira cun importante patrimonio cultural
Vista aérea de Vilaxoán
(Ao fondo o litoral de Vilanova da Arousa e a Illa da Arousa)
Punta Laxe de Borreiro (Vilanova da Arousa)
Praia e punta das Sinas
Punta e praia do Bornal
VILANOVA DE AROUSA
Unha vila mariñeira que acolle un importante patrimonio histórico artístico e etnográfico.
O Esteiro. Fórmase na desembocadura do Rego de Currás.
No interior hai dúas illas: Illa de Curras e Ansuíña da Pantigueira.
Rego de Currás. Nace nos montes de Tremoedo e desemboca no Esteiro.
O Esteiro
Praia do Terrón
Vista aérea de Vilanova de Arousa
Na praia da Pasaxe ou do Bote era o antigo paso a pé á Illa de Arousa e punto de
arranque da ponte que une a Illa coa costa de Vilanova.
Praia do Castelete
Ponte entre Vilanova da Arousa e a Illa da Arousa
Vista aérea da Illa da Arousa
Ría de Arousa desde A Curotiña
Vista panorámica da Illa de Arousa desde o Con do Forno.
O cume máis alto da Illa de Arousa é o Con do Forno ou monte do Santo, con 63 m,
onde hai un miradoiro que domina a illa e a ría.
ILLA DA AROUSA. A maior parte da poboación da Arousa (preto dos 5.000
habitantes) sitúase no istmo entre os peiraos do Xufre e O Campo.
O Xufre desde o Con do Forno
Vista aérea da Illa da Arousa
Praia Sapeira
Punta do Cabalo
Semoíño
Vista aérea da Illa da Arousa: desde a punta Arruda ata o seo de San Xulián
Punta do Carreirón
Lagoa do Carreirón
Praia Lameira
O Galiñeiro
Praia e punta de Xastelas
Praia do Vao
(Illa da Arousa)
Vista aérea de Cambados
San Tomé: porto e vila
Ribeira de Mouta e illote de San Sadurniño
Litoral entre Cambados e a punta Espiñeiro
Desembocadura do Umia
(ao fondo O Grove)
RÍO UMIA
Nace nas abas do Candán e
desemboca na Ría de Arousa,
entre Cambados e Ribadumia
logo de 70 km de percorrido.
Desembocadura do Umia en Cambados. Illotes As Illeiras.
O Serrido, espazo que queda ao descuberto ao debalar o mar no esteiro e seo do Umia.
Un importante banco marisqueiro.
Punta e praia de Correlo. A Insuíña (Castrelo).
Litoral de Castrelo e A Toxa Pequena
Illote O Beiró
Rego do Francón (linde entre os concellos de Cambados e Meaño) e punta do Becho
Litoral do concello de Meaño, co esteiro do río da Chanca
Seixiños
Rego Trilleiro: entre os concellos de Meaño e Sanxenxo
Seo do Umia-O Grove, área comprendida entre o istmo da
Lanzada e a desembocadura do Río Umia en Cambados.
O seo do Umia é unha zona de costa recortada e protexida con augas pouco profundas e
mornas. A grande cantidade de sedimentos deixados polos ríos forma bancos de area que
alternan con zonas lamacentas e dan lugar a ecosistemas dunha enorme diversidade
biolóxica. É criadeiro de numerosas especies mariñas (especialmente moluscos) e zona de
enorme importancia para o paso e o descanso das aves mariñas, en especial as limícolas.
Vista do Seo do Umia desde A Siradella
Litoral de Sanxenxo (Noalla) e istmo da Lanzada
Punta da Fianteira.
As explotacións de arxilas e as actividades industriais derivadas (telleiras, fábricas de
cerámicas) foron moi importantes na ría da Arousa desde Catoira a O Grove.
Punta e seo da Arnosa e pozas de Roxique
Desembocadura do Rego dos Mouros (Noalla, Sanxenxo) e marismas do Vao
O Grove
Seo do Umia, A Toxa e O Grove
Vista do Istmo da Lanzada desde o Monte da Siradella
Istmo ou tómbolo da Lanzada. Un brazo areoso que une O Grove ao continente. Na parte
que da ao mar aberto aséntase a praia da Lanzada; a zona intermedia está formada por
dunas fixadas pola vexetación, entre as que hai varias lagoas estacionais orixinadas por
antigas explotación de area; e a interior da ao seo do Umia-O Grove. Nesta zona a marea
baixa deixa ao descuberto unha ampla chaira intermareal na que se alimentan as
numerosas aves que a frecuentan.
Illa da Toxa. Un dos centros termais máis importantes de Galiza. Convertiuse nun
importante centro balneario despois de descubrirse os mananciais de augas termais. O
primeiro hotel e a ponte rematáronse en 1910. Ata esas datas a xente facía uso das augas
termais en pozas e bañeiras sen as mínimas comodidades.
Punta e praia da Mourisca (A Toxa)
O GROVE, capital do concello e vila mariñeira e turística.
Un importante porto pesqueiro, de acuicultura e especializado en embarcacións turísticas.
Meloxo: porto, seo e praia. Conserva o aire tradicional xunto cos avances no cultivo
de mexillón, no que está especializado.
Punta Moreiras.
Acolle un acuario e o Museo da Salga e do Mar.
Praia
Mexilloeira,
lagoa
Bodeira,
punta
Moreiras e,
ao fondo,
Meloxo
Lagoa Bodeira. Pequena lagoa litoral separada do mar
pola praia e as dunas da Mexilloeira.
O Pombeiro
Praia Baleela e puntas Pateiro e de San Vicente
Praia e seo de Castiñeiras.
Praia e punta Barreiro
Praia Aguieira ou da Poza e punta Aguieira
XEOLOXÍA
As rochas maioritarias na ría da Arousa son os granitos con algunas bandas de gneis e
xistos. Hai amplas áreas seimentarias, en especial nos esteiros dos ríos e no seo do
Umia-O Grove
MAPA LITOLÓXICO
Punta da Graña (Ribeira)
En moitas áreas do litoral da ría de Arousa podemos atopar rochas graníticas, illadas, ou
formando parte de grandes grupos, nas que a erosión creou curiosas formas.
Area Basta (Ribeira)
Touro (Ribeira)
Con de Nor/Noro (Ribeira)
Sálvora (Ribeira)
As Touzas da Corna (A Pobra do Caramiñal)
Pedra Cabalgada (Vilanova da Arousa)
Con do Faro (Punta do Cabalo, Illa da Arousa)
Con dos Tres Pés, na punta Barbafeita (Illa da Arousa))
Unha ruta preparada polo concello da Illa da Arousa (Ruta dos Cons) permite visitar numerosos
cons con figuras curiosas que se atopan na costa da Illa de Arousa e nos montes próximos.
Curiosa forma de erosión en capas (pel de cebola) nos granitos da punta dos Testos (Illa da Arousa)
Cons e laxes na Toxa Pequena (Cambados)
Punta Pateiro (O Grove)
Pedra Cabaleira. Monte da Siradella (O Grove).
Sienita de Ardia
Punta Aguiúncho (Ribeira)
Xistos no litoral de San Vicente (O Grove)
Erosión nos sedimentos antigos
( O Cabodeiro, Illa da Arousa)
Delta mareal na desembocadura do Umia. Os materiais que trae o río deposítanse na
desembocadura nunha ampla área en forma de delta, que ao ser nunha zona de augas
calmas queda cuberto coas mareas e forma unha ampla chaira cando baixan.
TMP014 – Praia e dunas dos Bois-Milreu (Sálvora)
Interés: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado de orixe fluvial e eólico.
Situación: ao nordeste da illa de Sálvora (Ribeira).
Bo exemplo de sistema sedimentario praia-duna con desenvolvemento, terra adentro de dunas rampantes
e dun manto eólico que, principalmente desde esta playa, se extiende polo sector norte da illa.
TMP015 - Praia de coios da Volta de Roque (Sálvora)
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: ao noroeste da illa de Sálvora (Ribeira).
Praia de cantos, representativa da costa oeste da illa. Os máis retirados da liña de costa teñen un
recubrimento de líques, o que apunta a unha maior antigüidade, probablemente eemiense, dos cordóns
de cantos interiores.
TMP012 - Pedreira de Gralleiros (Sálvora)
Interés: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares
representativos da acción do clima.
Situación: ao sur da illa de Sálvora (Ribeira).
Pedreira con bolos, lombos de balea e bloques de formas variadas, produto da alteración do macizo
granítico e a posterior eliminación do material areoso producido pola meteorización.
TMP013 - Seo de Balde (Sálvora)
Interese: Tectónico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: ao sur da illa de Sálvora (Ribeira).
Profundo seo na costa sur da illa, controlado pola presenza dunha fractura que favoreceu a acción
erosiva do mar.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO TMP006 - Turbeira de Punta Corveiro (Cortegada)
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos
da acción do clima.
Situación: ao nordeste da illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa).
Limos e arxilas con abundante materia orgánica que se interpretan como restos dunha turbeira formada
durante a baixada do nivel do mar no último período glaciar (Würm).
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO TMP007 - Praia de cantos fósil de Fradiño
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costero e litoral.
Situación: ao nordeste da illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa).
Praia de cantos fósil indicativa da posición algo máis elevada do nivel do mar durante o último período
interglaciar.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM050 Augas termais da Toxa.
(LIX pendente de descrición e delimitación definitiva)
A illa da Toxa está formada por granitos que están afectados por importantes fracturas
NE-SO e N-S, ademais de aparecer cubertos por sedimentos aluviais de espesor variable.
As augas termais abrollan a uns 40ºC. A súa composición química é clorurada sódica
radioactiva, con concentracións importantes de boro e sulfatos.
Interese principal: hidroxeolóxico.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM049. Tómbolo da Lanzada.
(LIX pendente de descrición e delimitación definitiva)
Tómbolo de grandes dimensións (2,5 km de lonxitude e comprimento variable entre 1,4 e
0,5 km) praias, dunas e coídos
Interese principal: xeomorfolóxico.
Tómbolo da Lanzada e seo do Umia
Duna remontante (Tómbolo da Lanzada)
PROTECCIÓN
-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza (Arquipélago de Salvora e illas de Cortegada e
as Malveiras)
-LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
-LIC/ZEC “Ons-O Grove”
-ZEPAs “Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta do
Carreirón” e “Espazo Mariño Rías Baixas de Galiza”
-Humidal de Importancia Internacional RAMSAR “Complexo intermareal Umia-O Grove”
-Reserva ornitolóxica da SEO/BirdLife “O Grove”
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA
ARQUIPÉLAGOS DE SÁLVORA E CORTEGADA
Illa de Cortegada
Sálvora está incluída no inventario de ÁREAS IMPORTANTES PARA A
HERPETOFAUNA ESPAÑOLA e no OSPAR (Convenio para a protección do medio
ambiente mariño do Atlántico do nordés “Illas Atlánticas de Galiza”
Boqueixón
LIC “SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA”
Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da
desembocadura e os bosques de ribeira.
LIC ONS-O GROVE.
Acolle ecosistemas dunha
grande diversidade
biolóxica. É criadeiro de
numerosas especies
mariñas (especialmente
moluscos) e zona de
enorme importancia para
o paso e o descanso das
aves mariñas, en especial
as limícolas.
FLORA
A ría da Arousa acolle una enorme diversidade de hábitats e ecosistemas, tanto mariños
como litorais, que varían en función da profundidade, o substrato, a maior ou menor
exposición á ondada ou ao vento… e neles unha grande biodiversidade e algunhas especies
únicas ou pouco comúns.
Bochos ou botelleiras (Fucus vesiculosus)
Bifurcaria bifurcata, leituga do mar e outras algas e animais nunha rocha do intermareal
Sebas
Halimione portulacoides
Nas beiras asolagadas
diariamente pola preamar,
aparece unha vexetación
formada por plantas halófilas, é
dicir, adaptadas aos solos
salobres. Entre as máis comúns
destacan a Sueda Marítima, a
Sueda vera, e a Halimione
Portulacoides.
Xunco
(Juncus maritimus)
Cardo leiteiro (Cistanche phelipaea).
Ten como único punto de referencia en toda Galizia o litoral dao So do Umia. É unha planta que
parasita a outras leñosas da beiramar. So é visible cando florece entre os meses de abril e xuño.
No istmo da Lanzada aséntase un sistema dunar que conta con máis de 100 especies, entre
as que se atopan endemismos locais e rexionais. Silene littorea, Iberis procumbens, Linaria
polygalifolia, Armeria pubigera, Armeria maritima subsp. miscella, Rumex biformis...
Linaria arenaria, unha
planta dos areais que só
se atopa no oeste de
Francia e en Galiza,
onde cada vez é máis
rara. Un dos poucos
lugares onde vive é nas
praias do Carreirón.
Alyssum loiseleurii,
unha especie vulnerable
Lique (Xanthoria parietina)
Herba de namorar
(Armeria Pubigera)
Piñeiro na praia das Patiñas (Vilanova da Arousa)
Bosque de loureiros (Laurus nobilis) de Cortegada, con exemplares que acadan ata
12 m de altura. É un bosque dun grande valor ecolóxico.
Campanela caesia
As especiais características do bosque de loureiros da illa de Cortegada fai que nel se
desenvolva unha rica comunidade de fungos macromicetes, algúns raros ou únicos.
Salgueiro (Salix atrocinerea) de grande porte e
antigüidade na Illa de Cortegada.
Piñeiros na Toxa
Figueira do Meco (monte da
Siradella, O Grove)
Unha árbore ligada a lendas
tradicionais. Incluída no Catálogo
de Árbores Senlleiras da Xunta de
Galiza.
FAUNA
A ría e os espazos litorais acolle unha enorme diversidade de espécies. É criadeiro
de numerosas especies mariñas (especialmente moluscos) e zona de enorme
importancia para o paso e o descanso das aves mariñas, en especial no Carreirón,
no esteiro do Ulla e no Seo do Umia-O Grove.
Miñoca (Nereis diversicolor)
Ameixa
Vieiras (Pecten maximus )
Anguía (Anguilla anguilla)
Lavanco real (Anas platyrhynchos).
É o parrulo máis común de Europa. Nesta área é sedentario e cría nas lagoas, zonas asolagadas e
xunqueiras. Á poboación autóctona súmanselle un bo número de invernantes.
Rascón
(Rallus
aquaticus)
Garza real (Ardea cinerea)
Gaivotas
Limícolas no Vao. O seo do Umia-O Grove acolle regularmente (xaneiro) de 13.000 a 16.000
aves acuáticas (sen ter en conta as gaivotas).
As limícolas, polo seu número e variedade, fan deste enclave un dos lugares de maior
interese ornitolóxico do litoral galego.
Mazarico (Numenius arquata). Entre as aves limícolas que visitan a zona é a de
maior tamaño, e resulta inconfundible polo seu longo e curvo peteiro.
Gabitas (Haematoups ostralegus)
Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu curioso peteiro en forma de culler filtran a
lama e capturan pequenos animais. No seo do Umia hai unha importante poboación
invernante, a mais importante de Galiza (máis de cen exemplares)
Corvos mariños nunha batea
-Pesca e marisqueo, acuicultura
-Industrias (estaleiros, conserveiras, conxeladoreas, envasadoras...)
-Navegación
-Deportes, lecer
USOS/APROVEITAMENTO
Palmeira (Ribeira) conserva un porto coa estrutura tradicional en pedra
A ría da Arousa é dunha enorme riqueza biolóxica que serve de base a unha importante actividade
pesqueira, marisqueira e acuícola, e dun grande interese turístico, fonte de recursos importante para a
comarca.
Porto e vila de Ribeira. O porto pesqueiro máis importante da Ría de Arousa e un dos
máis importantes en pesca de baixura do país.
Porto da Pobra do Caramiñal
Porto de Escarabote (Boiro)
Porto de Cabo da Cruz (Boiro)
Porto e vila de Rianxo.
Rianxo é un porto de baixura dedicado a artes tradicionais que recibiu un pulo
importante cos cultivos en bateas.
Porto do Carril
Porto de Vilagarcía de Arousa
Porto de Vilaxoán
Porto de Vilanova de Arousa, un porto de pesca tradicional ampliado e remodelado hai
poucos anos a consecuencia do importante desenvolvemento do cultivo do mexillón.
Porto do Xufre (Illa da Arousa)
Porto de Tragove.
O porto principal e a lonxa de Cambados.
Peirao e San Tomé e pantaláns
Porto do Grove
Porto de Meloxo
Marisqueo a pé na Vía (O Grove)
O traballo do marisqueo a pé ocupa a un grande número de persoas (a maioria mulleres) nas poboacións
de toda a ría de Arousa. Recentemente constituíronse varias asociacións que teñen como finalidade
fomentar o turismo mariñeiro: Guimatur, en Cambados, Pescanatur no Grove...
Marisqueo a pé no areal do Serrido (Cambados)
Marisqueo a flote no Vao
Recollendo nasas en Carril.
Na ría da Arousa conviven actividades tradicionais coas que aplican as novas tecnoloxías
Pesca con Chinchorro
Pezas do xeito a secar no peirao de Rianxo (imaxe de 1980)
Dúas imaxes con 35 anos de distancia
(O Grove)
Bateas
Unha das principais
actividades da Ría da
Arousa é o cultivo de
mexillón en bateas.
Viveiros do Carril
Lonxa de Ribeira
Estaleiro en Meloxo (O Grove)
Redeiras
Fábrica de conservas
Praia da Barca e Os Aguillóns (A Pobra do Caramiñal)
Centro de Investigacións Mariñas na Punta Laxe de Borreiro
Centro de interpretación do LIC “Ons O Grove” no monte da Siradella
Acuario na punta Moreiras (O Grove)
Museo da Salga e do Mar (O Grove)
Museo do Mar de Rianxo
Fábrica de conservas de Goday. Unha das
primeiras industrias conserveiras instaladas
en Galiza (1843) actualmente convertida en
museo.
Imaxe de 2004
A Illa da Arousa conta
cunha Escola de
Navegación Tradicional
Centro de Usos Naúticos (Illa da Arousa)
A Ría da Arousa é un magnífico lugar para pasear e
para gozar da tranquilidade, dos horizontes
abertos, da frescura do aire, das luces
incomparables do abrente ou do solpor, da
natureza e a paisaxe, e do mar. E para facer todo
esto máis doado conta con percorridos variados,
atractivos e ben acondicionados.
O Ulla foi lugar de entrada para embarcacións cara ao porto de Pontecesures, moi
importante durante a Idade Media e Moderna. Por el penetraron invasores que pretendían
chegar a Santiago de Compostela e navegaban naves comerciais. Segundo a tradición polo
Ulla entrou ata Iria Flavia o corpo do Apóstolo Santiago. Desde 1965 a Ruta Xacobea do Mar
de Arousa e río Ulla percorre o camiño fluvial ata unirse en Pontecesures e Padrón co que
ven de Portugal.
Recreación de barcos para a festa viquinga en Catoira
Cruceiro en Cortegada,
na ruta Xacobea do Ulla
En moitas das poboacións da Ría da
Arousa celébranse festas
relacionadas con produtos do mar:
marisco en xeral, ameixa, mexillón,
ostra, sardiña, navalla,
percebe,vieira, polbo... A mais
antiga é a do Grove que se celebra
desde 1963.
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A ría da Arousa estivo explotada e habitada desde tempos moi antigos e acolle un
importante patrimonio cultural de todas as épocas.
Castro do Neixón (Boiro). Nas proximidades atópase o Centro Arqueolóxico do Barbanza
onde se recollen diversos restos arqueolóxicos e se explica a vida nos castros.
Illote Guidoiro Areoso (Illa da Arousa). Descubríronse recentemente restos
arqueolóxicos (ata cinco mámoas da idade do Bronce)
Necrópole de Adro Vello, na parte alta da praia do Carreiro (O Grove). Enterramento
medieval a carón dunha antiga capela construída sobre unha Vila Romana. Nas
proximidades hai un castro.
Antiga fábrica de salga e capela na illa de Sálvora. En 1870 instalouse en Sálvora a
primeira fábrica de salga da ría de Arousa. Posteriormente convertiuse en residencia.
Punta do Castro, en Aguiño (restos de salgas)
Faro de Sálvora, na punta dos Besugueiros.
Funciona desde 1847 e foi reformado en varias ocasións.
Faro da Punta do Cabalo (lla da Arousa), construído en 1852.
Imaxe de 1890
Plinio cita a CORTEGADA como
Corticata na súa Historia Natural e
hai constancia de que estivo habitada
desde tempos moi antigos.
Houbo unha poboación estable
(contaba con perto de 2.000 leiras
cultivadas) ata que en setembro de
1907 foi doada ao rei Alfonso XIII
para construír unha residencia de
verán. Os colonos foron forzados a
abandonar as terras. A propiedade
foi vendida en 1978 a unha
inmobiliaria. Actualmente é
propiedade da Xunta de Galiza.
Antiga ermida de Cortegada
Restos do antiguo peirao da Covasa Ribeira).
Coñecido como “peirao fenicio”, non se sabe con seguridade a súa orixe.
Cabo da Cruz Boiro).
Porto antigo.
Construído
totalmente en pedra,
con dous espigóns
que forman un
pequeno abrigo.
Torre de Bermúdez (a Pobra
do Caramiñal).
Foi empregado como
almacén de salgadura e
desde 1987 acolle o Museo
Valle-Inclán.
Casas no casco histórico de
Vilanova da Arousa
Torres do Oeste na entrada do río Ulla desde a ría de Arousa.
Formaron parte da fortaleza “Castellum Honesti” levantado no no século XI por Alfonso V para
defender Santiago da entrada dos normandos. Das sete torres orixinais consérvanse dúas, e unha
pequena capela do século XII dedicada a Santiago Apóstolo. Nas súa base atopáronse restos de
época romana . O primeiro domingo de agosto celébrase aquí a Romería Vikinga.
Castelo da Lúa (Rianxo). Foi construído posiblemente no século XIII, derrubado polos
Irmandiños contra 1465, reedificado novamente, e de novo derrubado no 1480. Quedou
abandonado en 1600 e os restos foron empregados en construcións da zona.
Torre de San Sadurniño (Cambados). Formaba parte, xunto coas da Lanzada e Catoira,
dun sistema defensivo construído no século X para defender a Ría de Arousa dos
ataques normandos.
Muíño de vento na Illa da Arousa
Muíño de mareas do Cura, na desembocadura do río Catoira. Tiña un sistema de comportas
para reter e aproveitar tanto a auga das mareas como as do río. Contaba con dúas moas.
Acea de marea. Situada No seo da Brava, na Illa da Arousa.
Contaba con tres moas, unha para trigo e dúas para millo.
Muíño de marea da Seca. Situado
no esteiro do río da Ucha en
Corvillón (Cambados). Construído
no século XVII polos señores do
Pazo de Fefiñáns. Tén catro moas.
Na actualidade está convertido en
museo.
Imaxe da telleira de Noia (Seixiños, Meaño) cando aínda traballaba.
Traballou desde a segunda metade do século XIX ata 1989.
O transporte dos materiais facíase en barco (galeón).
Imaxes das telleiras do Facho
(Castrelo, Cambados) desaparecidas
e dunha reconstruída
Ponte da Toxa
As embarcacións tradicionais, xunto co resto da cultura mariñeira, son
importantes valores a conservar.
Encontro de embarcacións tradicionais, na Illa da Arousa (2003)
Punta Falcoeiro, illotes de Falcoeiro e arquipélago de Sagres. Na entrada norte da ría de Arousa, entre
Sálvora e a punta Falcoeiro hai numerosos illotes e baixos rochosos que dificultan a navegación sobre os
que hai unha lenda moi curiosa. Os illotes Sagres e Falcoeiro estaban namorados da illa Forcadiña.
Pelexaron a morte, e dun puñetazo Sagres mandou ao Falcoeiro para a outra punta e partiulle a lingua e
sete anacos que formaron o arrecife do Carreiro ou das Sete Línguas fronte a Aguiño. Os dentes
esparexéronse dando lugar os farallóns de Prexeiros.
Tradición oral
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
PROBLEMAS
Nassarius pfeifferi, ten so seo do Umia
unha da súas dúas únicas poboacións en
Galiza e a máis setentrional da súa área
de distribución.
Cíclopes (Cyclope neritaea), pequenos
caramuxos preeiros localizados por primeira
vez en Galiza no Seo do Umia.
Herba do coitelo (Carpobrotus) unha planta invasora de orixe surafricana
Adela Leiro, Mon Daporta
xuño 2021
Sol de vran. O mar de Arousa,
De praia a praia tendido,
canso de loitar, repousa.
Ceo azuado e senlleiro.
Limpóu de néboa â Curota
o maino vento mareiro.
Alá, na boca da ría,
dende a solana da costa
o Con de Noro vixía.
Ramón Cabanillas
DA TERRA ASOBALLADA (1.926)

Ria da Arousa

  • 1.
    Ría da AROUSA Vista desdeA Curotiña, na serra do Barbanza Pasei a ría de Arousa nunha lanchiña de vela, non vin cousa máis bonita nin penso volver a vela.
  • 2.
    A ría daArousa ábrese entre as puntas Falcoeiro, ao norte, e o Con da Aguieira (na península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de cumprimento na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia. Está rodeada polas serras de Barbanza e A Muralla, ao norte, o Xiabre ao leste, e o Castrove ao leste e Sur, que son nacentes de numerosos ríos de menos entidade: Na banda norte da ría: Morto, Pedras-Barbanza-Lérez, Coroño, Grande, Beluso e Te. Na banda sur: Catoira, do Con, de Currás e da Chanca. Ría da Arousa desde o Castelo de Vitres (A Pobra do Caramiñal)
  • 3.
    É unha ríaampla e aberta de perfil moi irregular na que se poden atopar múltiples formacións: cantís, illas e illotes, areais, dunas, esteiros, rochedos... A banda norte da ría en xeral é de maiores fonduras (ata 70 m na boca da ría).
  • 4.
    Punta Falcoeira Con daAguieira Sálvora Cortegada Arousa Serra do Barbanza O Castrove O Xiabre
  • 5.
    CONCELLOS: Ribeira A Pobra Boiro Rianxo Catoira Vilagarcía daArousa Vilanova da Arousa Illa da Arousa Cambados Meaño Sanxenxo O Grove
  • 6.
    Mapa da ríada Arousa de Domingo Fontán (1828)
  • 7.
    Na boca daría atópanse os arquipélagos de Sálvora e Sagres e numerosas illas, illotes e baixos que fan desta zona un lugar complicado para a navegación.
  • 8.
    Banda norte daría de Arousa e serra do Barbanza
  • 9.
    Vista desde omiradoiro da Curotiña (A Pobra) No centro da ría atópase a illa de Arousa que, segundo algúns autores, formou parte dun terreo elevado que separaba os vales do Ulla e do Umia, que se atopaban moito máis preto da actual boca da ría e, fronte ao mar aberto, as illas de Sálvora Bionta e Nor.
  • 10.
  • 11.
    Vista desde omonte Xiabre co arquipélago de Cortegada Señor San Bartolomeu que estás no medio da Ría, dunha banda tes Rianxo e doutra Vilagarcía.
  • 12.
    Ría de Arousadesde o Faro das Lúas
  • 13.
    Ría de Arousadesde o Castrove
  • 14.
    Ría de Arousadesde o monte da Siradella (O Grove)
  • 15.
    Abrente desde aIlla da Arousa coa Serra de Castrove ao fondo
  • 16.
    Punta Falcoeiro (Ribeira),formada por grandes bloques de granito con bolos e covas. Moi preto están as illas de Sagres e Falcoeiro.
  • 17.
  • 18.
    ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA Situadona boca da Ría de Arousa. Formado pola illa de Sálvora e numerosos illotes: Vionta, Gaivoteira, Herbosa, Con de Nor, Insuabela, Centoleiros e Sagres. A illa de Sálvora ten 248 ha de superficie, cun perfil achairado e unha altura máxima de 77 m, con cantís de pouca altura na cara oeste e praias alternadas con rochedos na cara que mira á ría.
  • 19.
    Boca da ríade Arousa e illa de Sálvora desde A Covasa
  • 20.
  • 21.
    Punta e illade Couso
  • 22.
    AGUIÑO (Ribeira). Primeiroporto do norte da Ría de Arousa
  • 23.
    Entre as praiasdo Castro e da Tasca atópase un conxunto de illotes rochosos As Centoleiras e O Carreiro (illa das Sete Línguas) con pequenas praias entre eles. Illotes do Carreiro e As Centoleiras
  • 24.
  • 25.
    RIBEIRA. Ao fondoa Praia de Coroso de 1.780 m de lonxitude.
  • 26.
    Punta das Gradese Illa das Cabras
  • 27.
  • 28.
    Illa de Rúa.Illote totalmente rochoso de 4 hectáreas de superficie. O faro foi construido en 1864.
  • 29.
    As Touzas daCorna (A Pobra do Caramiñal)
  • 30.
    Praia da Illaou da Laxe
  • 31.
    As praias daLombiña e da Barca son máis coñecidas como as praias de Cabío. Ao fondo a punta de Cabío.
  • 32.
    Esteiro do ríoMorto. O río Morto fórmase con varios regos que baixan da aba sur da serra do Barbanza. Na desembocadura forma una frecha na que se asenta a Praia do Areal.
  • 33.
    A Pobra doCaramiñal desde o miradoiro da Curotiña A POBRA DO CARAMIÑAL. Vila mariñeira cun importante porto onde conviven embarcacións dedicadas ao marisqueo, á pesca e ao comercio. Acolle un importante patrimonio histórico artístico.
  • 34.
    Punta de SanLázaro. Esteiro do río Pedras. O río Pedras fórmase ao xuntarse o Barbanza e o San Xoán que nacen na vertente sur da serra do Barbanza e despois dun curto percorrido con case 600 m de desnivel desemboca xunto á praia de San Lázaro, na ría de Arousa formando un pequeño delta mareal. No mesmo esteiro desemboca o río Lérez.
  • 35.
  • 36.
    Escarabote (Boiro). Ao fondoOuteiro dos Corvos e o Castelo de Vitres, na serra do Barbanza
  • 37.
    Esteiro do ríoCoroño. Nace na vertente oriental da serra do Barbanza en Moimenta e despois de percorer terras do concello de Boiro desemboca na Ría de Arousa.
  • 38.
    Areais de Boiroou Barraña. Conxuntamente miden preto dos 4 km e pódense percorrer por un paseo, ou polo mar con marea baixa: praias do Río, Pedra Sartaña, Praia Xardín e Barraña, e no remate, a praia de Rebordelo.
  • 39.
    BOIRO, a capitalmunicipal, atópase detrás das praias de Barraña no fondo do seo de Boiro que se forma entre o Cabo da Cruz e a punta da Mercé. Litoral de Boiro, coa península do Cabo da Cruz
  • 40.
    Praia de Trasdas Eiras e punta da Granxa
  • 41.
    CABO DA CRUZ.Vila cunha importante actividade pesqueira, marisqueira e de acuicultura situada na punta do Cabo.
  • 42.
    Panorámica entre aPunta Piñeirón e a Punta do Cabo
  • 43.
  • 44.
    Praia Mañóns eilla Ostral
  • 45.
  • 46.
  • 47.
    Río Grande. Naceno monte Tállara e desemboca no seo de Beluso.
  • 48.
    Rego de Beluso. Nacenos montes de Siroña e desauga no seo de Beluso.
  • 49.
    Seo de Beluso,entre Boiro e Rianxo
  • 50.
    O seo deBeluso ábrese entre as puntas Neixón (Boiro) e Iñobre (Rianxo) e no seu fondo desemboca o río Beluso. Praia da Torre, Rianxo e seo de Beluso
  • 51.
    Río Te Nace aosur do Monte Muralla e, despois de percorrer o concello de Rianxo, desemboca na ría de Arousa, no seo da Carballeira.
  • 52.
    RIANXO Unha vila mariñeiraque acolle un importante patrimonio: casas e rúas tradicionais, pazos, igrexas, cruceiros. Rianxo é vila natal de importantes persoeiros galegos: Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste.
  • 53.
    Praia do Porrón,entre as puntas do Salto do Ladrón e do Castro
  • 54.
    Seo de Rial. Noprimeiro plano as puntas Palleiro e Tres Cruces.
  • 55.
    Punta Patiño, Illadas Tres Cruces. Indican o comezo do esteiro do Ulla.
  • 56.
    RÍO ULLA Nace nomonte Picouzo, na serra da Vacaloura. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome: a Ulloa, a Ulla e o Ullán, e, despois de 132 km de percorrido, desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures. É a fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. Esteiro do Ulla entre Catoira e Rianxo
  • 57.
    Vista aérea dolitoral de Catoira coa ponte entre Rianxo e Catoira e as Torres de Oeste
  • 58.
  • 59.
    Río Catoira. Fórmasecon varios regos que baixan do Monte Xiabre (Beco, Casiriro e Caldón) e, despois dun curto percorrido, desemboca en Catoira, na ría de Arousa.
  • 60.
    Vilagarcía da Arousa:vista desde o Xiabre
  • 61.
    O Carril, Cortegadae As Malveiras O CARRIL Unha vila con moita historia e un porto especializado no marisqueo. Foi un concello de seu ata 1913, que se incorporou a Vilagarcía. O porto era un dos mais importantes de Galiza no século XVIII. O primeiro ferrocarril de Galiza unía O Carril con Santiago de Compostela
  • 62.
    Cortegada e Malveiras Oarquipélago de Cortegada está formado polas illas de Cortegada, Malveira Grande e Pequena, Briñas e illote do Con. Situadas ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a Carril.
  • 63.
    Cortegada, O Carrile o litoral de Bamio, co Xiabre como fondo ILLA DE CORTEGADA. Está situada ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a Carril. Ten unha extensión de 50 ha. Está formada por granitos e gneis mesturados con depósitos aluviais. O seu relevo é case chan. A costa é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha. Na súa contorna atópanse os ricos bancos marisqueiros do Carril (Lombos do Ulla).
  • 64.
    Praias do Carril,Compostela e A Cuncha. Un paseo permite percorrelas en toda a súa lonxitude (case 2 km).
  • 65.
    VILAGARCÍA DE AROUSA Acidade de Vilagarcía é un importante centro de servizos comarcal que conta con ferrocarril e portos de mercadorías e deportivo. O porto comercial é o máis importante da Ría de Arousa. Vista aérea de Vilagarcía co monte Xiabre ao fondo
  • 66.
    Río do Con.Nace no Xiabre e desemboca no centro urbano de Vilagarcía da Arousa
  • 67.
  • 68.
    VILAXOÁN. Unha vila mariñeiracun importante patrimonio cultural
  • 69.
    Vista aérea deVilaxoán (Ao fondo o litoral de Vilanova da Arousa e a Illa da Arousa)
  • 70.
    Punta Laxe deBorreiro (Vilanova da Arousa)
  • 71.
    Praia e puntadas Sinas
  • 72.
    Punta e praiado Bornal
  • 73.
    VILANOVA DE AROUSA Unhavila mariñeira que acolle un importante patrimonio histórico artístico e etnográfico.
  • 74.
    O Esteiro. Fórmasena desembocadura do Rego de Currás. No interior hai dúas illas: Illa de Curras e Ansuíña da Pantigueira.
  • 75.
    Rego de Currás.Nace nos montes de Tremoedo e desemboca no Esteiro. O Esteiro
  • 76.
  • 77.
    Vista aérea deVilanova de Arousa
  • 78.
    Na praia daPasaxe ou do Bote era o antigo paso a pé á Illa de Arousa e punto de arranque da ponte que une a Illa coa costa de Vilanova.
  • 79.
  • 80.
    Ponte entre Vilanovada Arousa e a Illa da Arousa
  • 81.
    Vista aérea daIlla da Arousa
  • 82.
    Ría de Arousadesde A Curotiña
  • 83.
    Vista panorámica daIlla de Arousa desde o Con do Forno. O cume máis alto da Illa de Arousa é o Con do Forno ou monte do Santo, con 63 m, onde hai un miradoiro que domina a illa e a ría. ILLA DA AROUSA. A maior parte da poboación da Arousa (preto dos 5.000 habitantes) sitúase no istmo entre os peiraos do Xufre e O Campo.
  • 84.
    O Xufre desdeo Con do Forno
  • 85.
    Vista aérea daIlla da Arousa
  • 86.
  • 87.
  • 88.
  • 89.
    Vista aérea daIlla da Arousa: desde a punta Arruda ata o seo de San Xulián
  • 90.
  • 91.
  • 92.
  • 93.
  • 94.
    Praia e puntade Xastelas
  • 95.
  • 96.
  • 97.
  • 98.
    Ribeira de Moutae illote de San Sadurniño
  • 99.
    Litoral entre Cambadose a punta Espiñeiro
  • 100.
    Desembocadura do Umia (aofondo O Grove) RÍO UMIA Nace nas abas do Candán e desemboca na Ría de Arousa, entre Cambados e Ribadumia logo de 70 km de percorrido.
  • 101.
    Desembocadura do Umiaen Cambados. Illotes As Illeiras.
  • 102.
    O Serrido, espazoque queda ao descuberto ao debalar o mar no esteiro e seo do Umia. Un importante banco marisqueiro.
  • 103.
    Punta e praiade Correlo. A Insuíña (Castrelo).
  • 104.
    Litoral de Castreloe A Toxa Pequena
  • 105.
  • 106.
    Rego do Francón(linde entre os concellos de Cambados e Meaño) e punta do Becho
  • 107.
    Litoral do concellode Meaño, co esteiro do río da Chanca
  • 108.
  • 109.
    Rego Trilleiro: entreos concellos de Meaño e Sanxenxo
  • 110.
    Seo do Umia-OGrove, área comprendida entre o istmo da Lanzada e a desembocadura do Río Umia en Cambados.
  • 111.
    O seo doUmia é unha zona de costa recortada e protexida con augas pouco profundas e mornas. A grande cantidade de sedimentos deixados polos ríos forma bancos de area que alternan con zonas lamacentas e dan lugar a ecosistemas dunha enorme diversidade biolóxica. É criadeiro de numerosas especies mariñas (especialmente moluscos) e zona de enorme importancia para o paso e o descanso das aves mariñas, en especial as limícolas. Vista do Seo do Umia desde A Siradella
  • 112.
    Litoral de Sanxenxo(Noalla) e istmo da Lanzada
  • 113.
    Punta da Fianteira. Asexplotacións de arxilas e as actividades industriais derivadas (telleiras, fábricas de cerámicas) foron moi importantes na ría da Arousa desde Catoira a O Grove.
  • 114.
    Punta e seoda Arnosa e pozas de Roxique
  • 115.
    Desembocadura do Regodos Mouros (Noalla, Sanxenxo) e marismas do Vao
  • 116.
  • 117.
    Seo do Umia,A Toxa e O Grove
  • 118.
    Vista do Istmoda Lanzada desde o Monte da Siradella Istmo ou tómbolo da Lanzada. Un brazo areoso que une O Grove ao continente. Na parte que da ao mar aberto aséntase a praia da Lanzada; a zona intermedia está formada por dunas fixadas pola vexetación, entre as que hai varias lagoas estacionais orixinadas por antigas explotación de area; e a interior da ao seo do Umia-O Grove. Nesta zona a marea baixa deixa ao descuberto unha ampla chaira intermareal na que se alimentan as numerosas aves que a frecuentan.
  • 119.
    Illa da Toxa.Un dos centros termais máis importantes de Galiza. Convertiuse nun importante centro balneario despois de descubrirse os mananciais de augas termais. O primeiro hotel e a ponte rematáronse en 1910. Ata esas datas a xente facía uso das augas termais en pozas e bañeiras sen as mínimas comodidades.
  • 120.
    Punta e praiada Mourisca (A Toxa)
  • 121.
    O GROVE, capitaldo concello e vila mariñeira e turística. Un importante porto pesqueiro, de acuicultura e especializado en embarcacións turísticas.
  • 122.
    Meloxo: porto, seoe praia. Conserva o aire tradicional xunto cos avances no cultivo de mexillón, no que está especializado.
  • 123.
    Punta Moreiras. Acolle unacuario e o Museo da Salga e do Mar.
  • 124.
  • 125.
    Lagoa Bodeira. Pequenalagoa litoral separada do mar pola praia e as dunas da Mexilloeira.
  • 126.
  • 127.
    Praia Baleela epuntas Pateiro e de San Vicente
  • 128.
    Praia e seode Castiñeiras. Praia e punta Barreiro
  • 129.
    Praia Aguieira ouda Poza e punta Aguieira
  • 130.
    XEOLOXÍA As rochas maioritariasna ría da Arousa son os granitos con algunas bandas de gneis e xistos. Hai amplas áreas seimentarias, en especial nos esteiros dos ríos e no seo do Umia-O Grove MAPA LITOLÓXICO
  • 131.
    Punta da Graña(Ribeira) En moitas áreas do litoral da ría de Arousa podemos atopar rochas graníticas, illadas, ou formando parte de grandes grupos, nas que a erosión creou curiosas formas. Area Basta (Ribeira)
  • 132.
  • 133.
    Con de Nor/Noro(Ribeira)
  • 134.
  • 135.
    As Touzas daCorna (A Pobra do Caramiñal)
  • 136.
  • 137.
    Con do Faro(Punta do Cabalo, Illa da Arousa)
  • 138.
    Con dos TresPés, na punta Barbafeita (Illa da Arousa)) Unha ruta preparada polo concello da Illa da Arousa (Ruta dos Cons) permite visitar numerosos cons con figuras curiosas que se atopan na costa da Illa de Arousa e nos montes próximos.
  • 139.
    Curiosa forma deerosión en capas (pel de cebola) nos granitos da punta dos Testos (Illa da Arousa)
  • 140.
    Cons e laxesna Toxa Pequena (Cambados)
  • 141.
  • 142.
    Pedra Cabaleira. Monteda Siradella (O Grove).
  • 143.
  • 144.
  • 145.
    Xistos no litoralde San Vicente (O Grove)
  • 146.
    Erosión nos sedimentosantigos ( O Cabodeiro, Illa da Arousa)
  • 147.
    Delta mareal nadesembocadura do Umia. Os materiais que trae o río deposítanse na desembocadura nunha ampla área en forma de delta, que ao ser nunha zona de augas calmas queda cuberto coas mareas e forma unha ampla chaira cando baixan.
  • 148.
    TMP014 – Praiae dunas dos Bois-Milreu (Sálvora) Interés: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado de orixe fluvial e eólico. Situación: ao nordeste da illa de Sálvora (Ribeira). Bo exemplo de sistema sedimentario praia-duna con desenvolvemento, terra adentro de dunas rampantes e dun manto eólico que, principalmente desde esta playa, se extiende polo sector norte da illa. TMP015 - Praia de coios da Volta de Roque (Sálvora) Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: ao noroeste da illa de Sálvora (Ribeira). Praia de cantos, representativa da costa oeste da illa. Os máis retirados da liña de costa teñen un recubrimento de líques, o que apunta a unha maior antigüidade, probablemente eemiense, dos cordóns de cantos interiores.
  • 149.
    TMP012 - Pedreirade Gralleiros (Sálvora) Interés: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos da acción do clima. Situación: ao sur da illa de Sálvora (Ribeira). Pedreira con bolos, lombos de balea e bloques de formas variadas, produto da alteración do macizo granítico e a posterior eliminación do material areoso producido pola meteorización. TMP013 - Seo de Balde (Sálvora) Interese: Tectónico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: ao sur da illa de Sálvora (Ribeira). Profundo seo na costa sur da illa, controlado pola presenza dunha fractura que favoreceu a acción erosiva do mar.
  • 150.
    LUGAR DE INTERESEXEOLÓXICO TMP006 - Turbeira de Punta Corveiro (Cortegada) Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos da acción do clima. Situación: ao nordeste da illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa). Limos e arxilas con abundante materia orgánica que se interpretan como restos dunha turbeira formada durante a baixada do nivel do mar no último período glaciar (Würm). LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO TMP007 - Praia de cantos fósil de Fradiño Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costero e litoral. Situación: ao nordeste da illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa). Praia de cantos fósil indicativa da posición algo máis elevada do nivel do mar durante o último período interglaciar.
  • 151.
    LUGAR DE INTERESEXEOLÓXICO GM050 Augas termais da Toxa. (LIX pendente de descrición e delimitación definitiva) A illa da Toxa está formada por granitos que están afectados por importantes fracturas NE-SO e N-S, ademais de aparecer cubertos por sedimentos aluviais de espesor variable. As augas termais abrollan a uns 40ºC. A súa composición química é clorurada sódica radioactiva, con concentracións importantes de boro e sulfatos. Interese principal: hidroxeolóxico.
  • 152.
    LUGAR DE INTERESEXEOLÓXICO GM049. Tómbolo da Lanzada. (LIX pendente de descrición e delimitación definitiva) Tómbolo de grandes dimensións (2,5 km de lonxitude e comprimento variable entre 1,4 e 0,5 km) praias, dunas e coídos Interese principal: xeomorfolóxico. Tómbolo da Lanzada e seo do Umia
  • 153.
  • 154.
    PROTECCIÓN -Parque Nacional dasIllas Atlánticas de Galiza (Arquipélago de Salvora e illas de Cortegada e as Malveiras) -LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. -LIC/ZEC “Ons-O Grove” -ZEPAs “Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta do Carreirón” e “Espazo Mariño Rías Baixas de Galiza” -Humidal de Importancia Internacional RAMSAR “Complexo intermareal Umia-O Grove” -Reserva ornitolóxica da SEO/BirdLife “O Grove”
  • 155.
    PARQUE NACIONAL DASILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA ARQUIPÉLAGOS DE SÁLVORA E CORTEGADA Illa de Cortegada Sálvora está incluída no inventario de ÁREAS IMPORTANTES PARA A HERPETOFAUNA ESPAÑOLA e no OSPAR (Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordés “Illas Atlánticas de Galiza”
  • 156.
    Boqueixón LIC “SISTEMA FLUVIALULLA-DEZA” Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
  • 157.
    LIC ONS-O GROVE. Acolleecosistemas dunha grande diversidade biolóxica. É criadeiro de numerosas especies mariñas (especialmente moluscos) e zona de enorme importancia para o paso e o descanso das aves mariñas, en especial as limícolas.
  • 158.
    FLORA A ría daArousa acolle una enorme diversidade de hábitats e ecosistemas, tanto mariños como litorais, que varían en función da profundidade, o substrato, a maior ou menor exposición á ondada ou ao vento… e neles unha grande biodiversidade e algunhas especies únicas ou pouco comúns.
  • 159.
    Bochos ou botelleiras(Fucus vesiculosus)
  • 160.
    Bifurcaria bifurcata, leitugado mar e outras algas e animais nunha rocha do intermareal
  • 161.
  • 162.
    Halimione portulacoides Nas beirasasolagadas diariamente pola preamar, aparece unha vexetación formada por plantas halófilas, é dicir, adaptadas aos solos salobres. Entre as máis comúns destacan a Sueda Marítima, a Sueda vera, e a Halimione Portulacoides.
  • 163.
  • 164.
    Cardo leiteiro (Cistanchephelipaea). Ten como único punto de referencia en toda Galizia o litoral dao So do Umia. É unha planta que parasita a outras leñosas da beiramar. So é visible cando florece entre os meses de abril e xuño.
  • 165.
    No istmo daLanzada aséntase un sistema dunar que conta con máis de 100 especies, entre as que se atopan endemismos locais e rexionais. Silene littorea, Iberis procumbens, Linaria polygalifolia, Armeria pubigera, Armeria maritima subsp. miscella, Rumex biformis...
  • 166.
    Linaria arenaria, unha plantados areais que só se atopa no oeste de Francia e en Galiza, onde cada vez é máis rara. Un dos poucos lugares onde vive é nas praias do Carreirón.
  • 167.
  • 168.
  • 169.
  • 170.
    Piñeiro na praiadas Patiñas (Vilanova da Arousa)
  • 171.
    Bosque de loureiros(Laurus nobilis) de Cortegada, con exemplares que acadan ata 12 m de altura. É un bosque dun grande valor ecolóxico.
  • 172.
    Campanela caesia As especiaiscaracterísticas do bosque de loureiros da illa de Cortegada fai que nel se desenvolva unha rica comunidade de fungos macromicetes, algúns raros ou únicos.
  • 173.
    Salgueiro (Salix atrocinerea)de grande porte e antigüidade na Illa de Cortegada. Piñeiros na Toxa
  • 174.
    Figueira do Meco(monte da Siradella, O Grove) Unha árbore ligada a lendas tradicionais. Incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 175.
    FAUNA A ría eos espazos litorais acolle unha enorme diversidade de espécies. É criadeiro de numerosas especies mariñas (especialmente moluscos) e zona de enorme importancia para o paso e o descanso das aves mariñas, en especial no Carreirón, no esteiro do Ulla e no Seo do Umia-O Grove. Miñoca (Nereis diversicolor)
  • 176.
  • 177.
  • 178.
  • 179.
    Lavanco real (Anasplatyrhynchos). É o parrulo máis común de Europa. Nesta área é sedentario e cría nas lagoas, zonas asolagadas e xunqueiras. Á poboación autóctona súmanselle un bo número de invernantes.
  • 180.
  • 181.
  • 182.
  • 183.
    Limícolas no Vao.O seo do Umia-O Grove acolle regularmente (xaneiro) de 13.000 a 16.000 aves acuáticas (sen ter en conta as gaivotas). As limícolas, polo seu número e variedade, fan deste enclave un dos lugares de maior interese ornitolóxico do litoral galego.
  • 184.
    Mazarico (Numenius arquata).Entre as aves limícolas que visitan a zona é a de maior tamaño, e resulta inconfundible polo seu longo e curvo peteiro.
  • 185.
  • 186.
    Cullereiros (Platalea leucorodia).Co seu curioso peteiro en forma de culler filtran a lama e capturan pequenos animais. No seo do Umia hai unha importante poboación invernante, a mais importante de Galiza (máis de cen exemplares)
  • 187.
  • 188.
    -Pesca e marisqueo,acuicultura -Industrias (estaleiros, conserveiras, conxeladoreas, envasadoras...) -Navegación -Deportes, lecer USOS/APROVEITAMENTO Palmeira (Ribeira) conserva un porto coa estrutura tradicional en pedra A ría da Arousa é dunha enorme riqueza biolóxica que serve de base a unha importante actividade pesqueira, marisqueira e acuícola, e dun grande interese turístico, fonte de recursos importante para a comarca.
  • 189.
    Porto e vilade Ribeira. O porto pesqueiro máis importante da Ría de Arousa e un dos máis importantes en pesca de baixura do país.
  • 190.
    Porto da Pobrado Caramiñal
  • 191.
  • 192.
    Porto de Caboda Cruz (Boiro)
  • 193.
    Porto e vilade Rianxo. Rianxo é un porto de baixura dedicado a artes tradicionais que recibiu un pulo importante cos cultivos en bateas.
  • 194.
  • 195.
  • 196.
  • 197.
    Porto de Vilanovade Arousa, un porto de pesca tradicional ampliado e remodelado hai poucos anos a consecuencia do importante desenvolvemento do cultivo do mexillón.
  • 198.
    Porto do Xufre(Illa da Arousa)
  • 199.
    Porto de Tragove. Oporto principal e a lonxa de Cambados.
  • 200.
    Peirao e SanTomé e pantaláns
  • 201.
  • 202.
  • 203.
    Marisqueo a péna Vía (O Grove) O traballo do marisqueo a pé ocupa a un grande número de persoas (a maioria mulleres) nas poboacións de toda a ría de Arousa. Recentemente constituíronse varias asociacións que teñen como finalidade fomentar o turismo mariñeiro: Guimatur, en Cambados, Pescanatur no Grove...
  • 204.
    Marisqueo a péno areal do Serrido (Cambados)
  • 205.
  • 206.
    Recollendo nasas enCarril. Na ría da Arousa conviven actividades tradicionais coas que aplican as novas tecnoloxías
  • 207.
  • 208.
    Pezas do xeitoa secar no peirao de Rianxo (imaxe de 1980)
  • 209.
    Dúas imaxes con35 anos de distancia (O Grove)
  • 210.
  • 211.
    Unha das principais actividadesda Ría da Arousa é o cultivo de mexillón en bateas.
  • 212.
  • 213.
  • 214.
  • 215.
  • 216.
  • 217.
    Praia da Barcae Os Aguillóns (A Pobra do Caramiñal)
  • 218.
    Centro de InvestigaciónsMariñas na Punta Laxe de Borreiro
  • 219.
    Centro de interpretacióndo LIC “Ons O Grove” no monte da Siradella
  • 220.
    Acuario na puntaMoreiras (O Grove)
  • 221.
    Museo da Salgae do Mar (O Grove)
  • 222.
    Museo do Marde Rianxo
  • 223.
    Fábrica de conservasde Goday. Unha das primeiras industrias conserveiras instaladas en Galiza (1843) actualmente convertida en museo. Imaxe de 2004
  • 224.
    A Illa daArousa conta cunha Escola de Navegación Tradicional
  • 225.
    Centro de UsosNaúticos (Illa da Arousa)
  • 226.
    A Ría daArousa é un magnífico lugar para pasear e para gozar da tranquilidade, dos horizontes abertos, da frescura do aire, das luces incomparables do abrente ou do solpor, da natureza e a paisaxe, e do mar. E para facer todo esto máis doado conta con percorridos variados, atractivos e ben acondicionados.
  • 227.
    O Ulla foilugar de entrada para embarcacións cara ao porto de Pontecesures, moi importante durante a Idade Media e Moderna. Por el penetraron invasores que pretendían chegar a Santiago de Compostela e navegaban naves comerciais. Segundo a tradición polo Ulla entrou ata Iria Flavia o corpo do Apóstolo Santiago. Desde 1965 a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla percorre o camiño fluvial ata unirse en Pontecesures e Padrón co que ven de Portugal. Recreación de barcos para a festa viquinga en Catoira Cruceiro en Cortegada, na ruta Xacobea do Ulla
  • 228.
    En moitas daspoboacións da Ría da Arousa celébranse festas relacionadas con produtos do mar: marisco en xeral, ameixa, mexillón, ostra, sardiña, navalla, percebe,vieira, polbo... A mais antiga é a do Grove que se celebra desde 1963.
  • 229.
    HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A ríada Arousa estivo explotada e habitada desde tempos moi antigos e acolle un importante patrimonio cultural de todas as épocas.
  • 230.
    Castro do Neixón(Boiro). Nas proximidades atópase o Centro Arqueolóxico do Barbanza onde se recollen diversos restos arqueolóxicos e se explica a vida nos castros.
  • 231.
    Illote Guidoiro Areoso(Illa da Arousa). Descubríronse recentemente restos arqueolóxicos (ata cinco mámoas da idade do Bronce)
  • 232.
    Necrópole de AdroVello, na parte alta da praia do Carreiro (O Grove). Enterramento medieval a carón dunha antiga capela construída sobre unha Vila Romana. Nas proximidades hai un castro.
  • 233.
    Antiga fábrica desalga e capela na illa de Sálvora. En 1870 instalouse en Sálvora a primeira fábrica de salga da ría de Arousa. Posteriormente convertiuse en residencia.
  • 234.
    Punta do Castro,en Aguiño (restos de salgas)
  • 235.
    Faro de Sálvora,na punta dos Besugueiros. Funciona desde 1847 e foi reformado en varias ocasións.
  • 236.
    Faro da Puntado Cabalo (lla da Arousa), construído en 1852.
  • 237.
    Imaxe de 1890 Pliniocita a CORTEGADA como Corticata na súa Historia Natural e hai constancia de que estivo habitada desde tempos moi antigos. Houbo unha poboación estable (contaba con perto de 2.000 leiras cultivadas) ata que en setembro de 1907 foi doada ao rei Alfonso XIII para construír unha residencia de verán. Os colonos foron forzados a abandonar as terras. A propiedade foi vendida en 1978 a unha inmobiliaria. Actualmente é propiedade da Xunta de Galiza. Antiga ermida de Cortegada
  • 238.
    Restos do antiguopeirao da Covasa Ribeira). Coñecido como “peirao fenicio”, non se sabe con seguridade a súa orixe.
  • 239.
    Cabo da CruzBoiro). Porto antigo. Construído totalmente en pedra, con dous espigóns que forman un pequeno abrigo.
  • 240.
    Torre de Bermúdez(a Pobra do Caramiñal). Foi empregado como almacén de salgadura e desde 1987 acolle o Museo Valle-Inclán.
  • 241.
    Casas no cascohistórico de Vilanova da Arousa
  • 242.
    Torres do Oestena entrada do río Ulla desde a ría de Arousa. Formaron parte da fortaleza “Castellum Honesti” levantado no no século XI por Alfonso V para defender Santiago da entrada dos normandos. Das sete torres orixinais consérvanse dúas, e unha pequena capela do século XII dedicada a Santiago Apóstolo. Nas súa base atopáronse restos de época romana . O primeiro domingo de agosto celébrase aquí a Romería Vikinga.
  • 243.
    Castelo da Lúa(Rianxo). Foi construído posiblemente no século XIII, derrubado polos Irmandiños contra 1465, reedificado novamente, e de novo derrubado no 1480. Quedou abandonado en 1600 e os restos foron empregados en construcións da zona.
  • 244.
    Torre de SanSadurniño (Cambados). Formaba parte, xunto coas da Lanzada e Catoira, dun sistema defensivo construído no século X para defender a Ría de Arousa dos ataques normandos.
  • 245.
    Muíño de ventona Illa da Arousa
  • 246.
    Muíño de mareasdo Cura, na desembocadura do río Catoira. Tiña un sistema de comportas para reter e aproveitar tanto a auga das mareas como as do río. Contaba con dúas moas.
  • 247.
    Acea de marea.Situada No seo da Brava, na Illa da Arousa. Contaba con tres moas, unha para trigo e dúas para millo.
  • 248.
    Muíño de mareada Seca. Situado no esteiro do río da Ucha en Corvillón (Cambados). Construído no século XVII polos señores do Pazo de Fefiñáns. Tén catro moas. Na actualidade está convertido en museo.
  • 249.
    Imaxe da telleirade Noia (Seixiños, Meaño) cando aínda traballaba. Traballou desde a segunda metade do século XIX ata 1989. O transporte dos materiais facíase en barco (galeón).
  • 250.
    Imaxes das telleirasdo Facho (Castrelo, Cambados) desaparecidas e dunha reconstruída
  • 251.
  • 252.
    As embarcacións tradicionais,xunto co resto da cultura mariñeira, son importantes valores a conservar. Encontro de embarcacións tradicionais, na Illa da Arousa (2003)
  • 253.
    Punta Falcoeiro, illotesde Falcoeiro e arquipélago de Sagres. Na entrada norte da ría de Arousa, entre Sálvora e a punta Falcoeiro hai numerosos illotes e baixos rochosos que dificultan a navegación sobre os que hai unha lenda moi curiosa. Os illotes Sagres e Falcoeiro estaban namorados da illa Forcadiña. Pelexaron a morte, e dun puñetazo Sagres mandou ao Falcoeiro para a outra punta e partiulle a lingua e sete anacos que formaron o arrecife do Carreiro ou das Sete Línguas fronte a Aguiño. Os dentes esparexéronse dando lugar os farallóns de Prexeiros. Tradición oral
  • 254.
    -Construcións na liñade costa, dragados, recheos -Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies -Especies invasoras -Contaminación PROBLEMAS
  • 256.
    Nassarius pfeifferi, tenso seo do Umia unha da súas dúas únicas poboacións en Galiza e a máis setentrional da súa área de distribución. Cíclopes (Cyclope neritaea), pequenos caramuxos preeiros localizados por primeira vez en Galiza no Seo do Umia.
  • 257.
    Herba do coitelo(Carpobrotus) unha planta invasora de orixe surafricana
  • 258.
    Adela Leiro, MonDaporta xuño 2021 Sol de vran. O mar de Arousa, De praia a praia tendido, canso de loitar, repousa. Ceo azuado e senlleiro. Limpóu de néboa â Curota o maino vento mareiro. Alá, na boca da ría, dende a solana da costa o Con de Noro vixía. Ramón Cabanillas DA TERRA ASOBALLADA (1.926)