SlideShare a Scribd company logo
FERROL
A NATUREZA
Ría de Ferrol desde o Coto do Rei (Fene)
A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha
grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que
se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes.
É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol,
onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias.
Acolle importantes espazos naturais moi diversos.
SUPERFICIE: 623,5 km2
POBOACIÓN: 159.274
habitantes (2014)
CONCELLOS: Ares,
Cedeira, Fene, Ferrol,
Moeche, Mugardos,
Narón, Neda, San
Sadurniño, As Somozas
e Valdoviño
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs a “Costa Ártabra”,
“Xuvia-Castro” e
“Ortigueira-Mera”.
Ademais conta con
destacados humidais
como as lagoas de
Doniños e Valdoviño.
CLIMA
Oceánico húmido cunha media anual de algo máis de 13 ºC, con verán frescos e invernos
suaves.
Punta Frouxeira
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos, a industria e a construcción e, en menor medida a
agricultura e a pesca e o marisqueo.
Embarcacións en Mugardos
Ferrol
Doniños
PATRIMONIO
O patrimonio histórico-artístico e etnográfico é moi importante: o casco histórico da cidade
de Ferrol, numerosas igrexas románicas e barrocas, castelos, pazos, pontes, faros...
Mosteiro franciscano de Santa Catalina de Montefaro (Ares).
Fundado en 1393. Foi cuartel do exército e na actualidade é
de propiedade municipal.
Antigo convento do Rosario (San Sadurniño)
Santa Olaia de Lubre (Ares)
Ermida de Chanteiro (Ares)
Igrexa de San Xiao (Ferrol)
Igrexa de Santo André de Teixido. Con orixe no século XII, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza
o 8 de setembro. Conta a lenda que a Santo André de Teixido “vai de morto (rencarnado nun pequeno animal) o que non
foi de vivo”. Segundo a lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de
Pazo de Isabel II, fundado en 1841 como
fábrica de tecidos. Empregaba como forza
motriz a auga do río Belelle.
Ponte da Ferrería (Naraío, San
Sadurniño) sobre o río Castro
Ares
CONCELLOS
SUPERFICIE: 18,27 km2
POBOACIÓN: 5.741
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Ares,
Caamouco e Cervás.
Ares, vila pesqueira e turística
asentada no leste da enseada
entre a desembocadura do
rego Vieira ou Xunqueira e a
punta do Castelo.
ARES
Está situado ao suroeste da comarca, no extremo da península que separa as rías de Ferrol e
Betanzos-Ares. O relevo é suave, formado por rochas xistosas na súa maioría agás unha
pequena intrusión de granodiorita que forma o monte Faro ou Bailadoira, no extremo da ría,
con 265 m de altura. O principal curso fluvial é o rego Xunqueira (co seu afluente o Novo) que
desemboca no porto de Ares. A costa é moi variada, desde os cantís das puntas Segaño e
Coitelada ata os tranquilos areais de Ares, Raso e Campa ou Seselle.
Ponte da Ciscada, construída no século XVI, sobre o río Xunqueira
Os lugares de maior interese natural atópanse nas puntas Segaña e Coitelada, protexidas no
LIC “Costa Ártabra” e nos areais costeiros.
Conserva un rico patrimonio cultural no que destacan o convento de Montefaro, a igrexa de
Cervás e a ponte medieval sobre o río Xunqueira.
Redes, pequeno e acolledor porto pesqueiro
situado nunha das zonas máis abrigadas da ría
SUPERFICIE: 85,36 km2
POBOACIÓN: 7.147
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Cedeira,
Cervo, Esteiro,
Montoxo, Piñeiro,
Régoa e San Román de
Montoxo.
Cedeira e a ría
CEDEIRA
Situado no nordeste da comarca. O relevo é moi accidentado con alternancia de vales fondos,
cumes achairados e montes que rematan en cantís abruptos sobre a costa. A serra máis
importante é a Capelada, ao nordeste do concello, cos cumes máis altos no Vixía Herbeira
(617 m) e Poza da Auga (572 m). Paralela á anterior e seguindo a costa atópase a serra do
Eixil, cos cumes máis altos no Vilar (394 m) e na Candieira. As zonas máis baixas atópanse na
marxe dereita da ría de Cedeira onde hai bos areais como o da Magdalena e Area Longa. Os
ríos máis importantes son o Condomiñas e o das Mestas ou Porto do Cabo que desembocan
na ría.
Porto de Cedeira desde o castelo
Cedeira é un concello de grandes valores
naturais, cunha costa que está en grande
parte protexida no LIC “Costa Ártabra”.
Conserva tamén un importante
patrimonio cultural: o casco histórico de
Cedeira, a capela de Santo André de
Teixido, o castelo da Concepción...
Santo André de Teixido
SUPERFICIE: 27,38 km2
POBOACIÓN: 13.498
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Barallobre, Fene,
Limodre, Magalofes,
Maniños, Perlío, San
Valentín e Sillobre.
A vila de Fene desde o cume do Coto do Rei, un excelente
mirador sobre a ría de Ferrol e o interior da comarca.
FENE
Está situado ao sur da comarca, entre as rías de Ferrol e Ares. O relevo é moi irregular cunha
sucesión de vales e lombas que van aumentando en altura cara ao leste onde se atopan as
estribacións da serra do Forgoselo co Coto do Rei (395 m) e o Coto de Nodias (341 m).
O río Belelle circula polo leste e fai de linde nun tramo co concello de Neda. Outros ríos de
menor importancia son o Magalofes e o Cádavo.
Asteleiros en Fene
As principais actividades son a
industria (en crise a causa do peche
dos astaleiros) e os servizos.
Os espazos naturais máis importantes
atópanse no río Belelle que ten unha
zona con rápidos e fervenzas e
bosques de ribeira ben conservados.
O patrimonio cultural está
representado por varias igrexas
barrocas e a ponte medieval de
Sillobre.
En Fene convivían o
marisqueo e a pesca
artesanal coa
construción de grandes
buques. Na actualidade
as instalacións de Astano
(agora Navantia) están
pechadas.
SUPERFICIE: 83,08 km2
POBOACIÓN: 70.389 habitantes
(2014).
PARROQUIAS: Brión, A Cabana,
Covas, Doniños, Esmelle, Ferrol,
A Graña, Leixa, Mandiá,
Marmancón, San Xurxo da
Mariña, Santa Cecilia de
Trasancos e Serantes.
Casa do concello na
praza de Armas
FERROL
Está situado no suroeste da comarca, na banda norte da ría de Ferrol. O territorio é moi
diverso, cunha ampla faixa costeira que se reparte entre o interior da Ría de Ferrol e a costa
exterior entre o Cabo Prioriño e a punta Ferruxeda onde se atopan cantís e extensos areias
como o de Santa Comba, San Xurxo ou Doniños.
O releve é moi irregular e está intensamente fracturado. A maior parte do terreo é de xistos e
unha faixa de rochas graníticas esténdese por unha serie de cumes paralelos á costa que van
desde o Lagoa (309 m) ata o Monte Ventoso, nas proximidades do cabo Prioriño. Os ríos son
de pequena entidade, destacan os regos de San Xurxo e Doniños.
Vista do porto e Arsenal de Ferrol.
Ferrol é unha cidade ligada á
actividade naval desde o século
XV, cando a Corona mandou
construír nela os maiores
estaleiros de España. O Arsenal
militar de Ferrol, construído no
século XVIII ocupa unha gran parte
da fachada marítima da cidade.
As principais actividades son a industria (en
crise polo peche dos asteleiros) e os
servizos. Ferrol é a cidade que concentra o
comercio e os servizos na comarca.
Os espazos de maior interese natural
atópanse na costa, protexida no LIC “Costa
Ártabra”.
Acolle un importante patrimonio histórico
artístico, concentrado na cidade de Ferrol e
a súa contorna: Casco Vello, barrio da
Magdalena, castelo de San Felipe, Arsenal,
ermida de Chamorro...
Vista do Castelo de San Felipe desde o castelo da Palma.
Comezouse a construir en 1589 por mandato de Felipe II
para defender a ría de Ferrol dos corsarios ingleses
SUPERFICIE: 48,47 km2
POBOACIÓN: 1.303
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Abade,
Labancegos, San Xoán
de Moeche, san Xurxo
de Moeche e Santa Cruz
de Moeche.
Vista de Moeche desde o Pico Ferreira
MOECHE
Situado no centro-leste da comarca. O territorio do concello é unha sucesión de vales e
pequenos cumes. Ao sur destacan o Alto do Cadaval (383 m) e a Pena da Cabra (368 m) e ao
norte, no linde con Valdoviño, o monte Agudo, con 376 m.
O río máis importante é o Grande de Xuvia, que no seu curso alto atravesa o sur do concello
de leste a oeste e recibe os regos de Moeche, A Fraga e As Ferrerías.
Castelo de Moeche.
Construído no século XV.
As principais actividades son a
agrogandaría e o sector forestal.
Os espazos de interese natural atópanse
nas beiras dos ríos onde se conservan
bosques de ribeira. No patrimonio
cultural destaca o castelo de Moeche e a
igrexa de san Xurxo.
Curioso lavadeiro feito dunha soa peza en
Ponte-Norte-Moeche, na beira do río Xuvia
SUPERFICIE: 12,77 km2
POBOACIÓN: 5.417
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Franza,
Meá, Mugardos e
Piñeiro.
Vista da Enseada do
Baño, na ría de
Ferrol.
Ao fondo Mugardos
e á dereita a praia de
Bestarruza.
MUGARDOS
Está situado ao sur da comarca, ocupando unha faixa costeira con fronte á marxe esquerda da
ría do Ferrol. O relevo é moi suave con pequenas ondulacións que non superan os 100 m de
altitude. A costa é abrigada, con numerosas enseadas (A Barca, O Baño, Santa Lucía e Nande),
cantís de pouca altura e poucas praias (praia de Bestarruza). Os ríos son regos de curto
percorrido e escasa entidade.
Castelo da Palma
As principais actividades son a pesca e o
marisqueo, a industria e os servizos.
Os lugares de maior interese natural
atópanse na costa.
O patrimonio histórico artístico está
representado por varias igrexas, entre as
que destaca a de Franza, e polo castelo
da Palma, na boca da ría de Ferrol.
Vila e porto de Mugardos
SUPERFICIE: 66,97 km2
POBOACIÓN: 39.426
habitantes (2016)
PARROQUIAS: Castro,
Doso, Pedroso, San Xiao
de Narón, Sedes,
Trasancos, O Val e Xuvia
(Nosa Señora dos
Desamparados, San
Martiño, San Xosé
Obreiro, Santa Icía, Santa
Rita e Santiago Apóstolo.
Vista de Narón desde o miradoiro do Coto de Ancos (Neda)
NARÓN
O territorio esténdese desde a marxe norte da ría de Ferrol, cunha costa baixa e con
enseadas, até a costa de mar aberto, entre as puntas Lopesa e Ferruxeda, con cantís e
pequenas praias como as de Casal, Hortiña e Lopesa. A maior parte é un terreo de releve
irregular e escasa altura que non supera os 100 m. Os cumes atópanse ao oeste, nunha
aliñación paralela á costa (Lagoa, con 309 m), e no nordeste, co Coto dos Nenos, con 366 m.
O río máis importante é o Xuvia que percorre o concello de leste a oeste e fai parcialmente de
linde con Neda. Outros regos de menor entidade desembocan na ría de Ferrol como o
Freixeiro e o Seco.
Acea de Xuvia. Muíño de marea construído no século XVIII, foi
unha das principais fábricas de fariña de Galiza no século XIX
que moía trigo procedente de Ucraína e América.
As principais actividades son a industria eos servizos.
Os espazos de maior interese natural atópanse na costa e no río Xuvia, protexidos nos LICs
“Costa Ártabra” e “Xuvia-Castro”.
Conserva importantes restos etnográficos (muíño de vento, muíño de marea, muíños
hidráulicos) e histórico-artísticos (igrexa de San Martiño).
Ábside da igrexa-mosteiro de San Martiño
do Couto, obra do século XII, sobre un
mosteiro cluniacente máis antigo.
SUPERFICIE: 23,98 km2
POBOACIÓN: 5.327
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Anca, Neda,
Santa María de Neda e
Viladonelle.
Neda, á beira da ría
de Ferrol, desde o
miradoiro do monte
Ancos
NEDA
Está situado no centro-sur da comarca. O releve é moi irregular. Na zona costeira é achairado,
con pequenas alturas e vaise elevando cara ao leste e sur. No leste atópanse as últimas
elevacións do Forgoselo, co cume máis alto no Coto Louseira (461 m). Ao sur o Fervenza (311
m) e o Marraxón (337 m). O río Grande de Xuvia e o seu afluente, o Castro, circulan polo
norte, facendo parcialmente de linde. O Belelle atravesa o concello de leste a oeste, nun
percorrido encaixado onde hai varias fervenzas.
A costa forma parte da banda sur da ría de Ferrol, é baixa e fangosa, con varios esteiros.
Antigo muíño de papel no Belelle
As principais actividades son os servizos
e a industria.
Os lugares de maior interese natural
atópanse nas marxes dos ríos Xuvia (LIC
“Xuvia-Castro”) e Belelle.
O patrimonio etnográfico é moi variado
con numerosos muíños e fábricas que
empregaban a enerxía dos ríos (papel,
fundición). Os principais monumentos
histórico-artisticos son as igrexas de
Santa María e San Nicolás.
O río Belelle, no inverno, na
área de lecer de Maciñeira
SUPERFICIE: 99,86 km2
POBOACIÓN: 3.019
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Bardaos,
Ferreira, Igrexafeita,
Lamas, Naraío, San
Sadurniño e Santa Mariña
do Monte.
Vista do territorio de San Sadurniño desde o Pico Ferreira
SAN SADURNIÑO
Situado no centro-sur da comarca. O releve é moi irregular. As maiores alturas atópanse no
leste e sur na serra do Forgoselo cos cumes de Racamonde (542 m), Escoitadoira (518 m) e
Forgoselo (508 m).
O río Grande de Xuvia e o seu afluente o Castro circulan con dirección leste-oeste e forman
amplos vales no centro do concello. Máis ao norte atópanse as cabeceiras do río Forcados.
Sartego excavado na rocha no cume do Pico Ferreira. Segundo
unha antiga lenda, antes había aquí unha ermida dedicada a
San Paio que foi abandoada ao se construír a igrexa máis
abaixo onde instalaron ao santo. Este, incómodo co traslado,
subía todas as noites á súa cama orixinal e os veciños, cansos
de ter que ir buscalo cada mañá, acordaron encadealo.
É un concello eminentemente rural cunha importante superficie forestal dedicada a
eucaliptos. As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún de leite), o sector
forestal e industrias derivadas da madeira.
Os espazos naturais de interese atópanse nos ríos e no macizo do Forgoselo protexidos no LIC
“Xuvia-Castro-Forgoselo”.
Conserva a igrexa románica e o castelo de Naraío e os restos do antigo convento do Rosario,
na actualidade edificio do concello.
Castelo de Naraío, construído sobre
un cume no estreito val do río Castro
SUPERFICIE: 70,92 km2
POBOACIÓN: 1.211
habitantes (2014)
PARROQUIAS: As
Enchousas, Recemel,
Seixas e As Somozas.
Paisaxe das Somozas na aba do monte dos Ladrós
AS SOMOZAS
Está situado ao leste da comarca. A maior parte do territorio está ocupada por unha antiga
superficie de erosión de forma achairada. Os cumes máis elevados atópanse ao leste e sur nas
estribacións da serra da Faladoira (Pena dos Ladrós, con 620 m) e nos montes da Serra.
Estás atravesada polos cursos altos do río Mera, que circula cara ao norte e fai de linde polo
leste; e polos Xuvia, que circula cara ao oeste e recibe o Cibrao, Grande, Ferreiros e Igrexa.
Instalacións de Sogarisa, especializadas no
tratamento de resíduos industriais.
As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o vacún de carne), o sector
forestal e a industria. Neste último sector destaca a especialización na reciclaxe e tratamento
de resíduos tóxicos e industriais e a fabricación de elementos para xeradores eólicos.
Os espazos naturais de maior interesse atópanse no curso do río Mera, protexido no LIC
“Ortigueira-Mera”.
No patrimonio cultural destacan os muíños e machucos e a igrexa de Santa María de Recemel.
A capital municipal é A Igrexa.
Área de lecer á beira do rego da Igrexa,
unha das cabeceiras do Xuvia, na capital
do concello de As Somozas.
SUPERFICIE: 88,14 km2
POBOACIÓN: 6.796
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Lago, Loira,
Meirás, Pantín, O Sequeiro,
Valdoviño, Vilaboa e
Vilarrube.
Vista xeral de Valdoviño,
coa praia da Frouxeira en
primeiro plano
VALDOVIÑO
Está situado no centro-oeste da comarca. O territorio é moi irregular e fragmentado. Na zona
sur é de releve suave e pequenas alturas con dominancia de xistos. Ao norte o relevo é máis
accidentado e movido e vai ascendendo cara ao leste co punto máis alto no Monteagudo, con
375 m. Os ríos máis importantes son o Forcadas ou Porto do Cabo, que desemboca na ría de
Cedeira e o Vilar que forma a lagoa da Frouxeira.
Ten unha costa moi variada que inclúe parte da ría de Cedeira, na marxe esquerda, e unha
sucesión de cantís (puntas Chrirlateira, Corveira, Frouxeira, Castelo...), enseadas (Graxal,
Pantín, A Frouxeira, Meirás....) e extensos areais (Vilarrube, Baleo, Pantín, A Frouxeira,
Meirás...).
Cantís en Punta Frouxeira. En todo o concello de
Valdoviño hai paisaxes naturais dunha grande beleza
onde podemos atopar cantís abruptos, como os da
imaxe e areais protexidos ou expostos.
As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún e avícola), os servizos (en especial
o turismo) e pequenas industrias.
Toda a costa está protexida no LIC “Golfo Ártabro”.
No patrimonio cultural destacan varios faros, muíños e a ponte medieval sobre o río Porto do
Cabo.
Faro de Punta Frouxeira
RELEVO
Vista da cormarca
de Ferrol desde o
cume do Forgoselo
O territorio da comarca do Ferrol presenta unha grande diversidade litolóxica e morfolóxica e
está dividido por varias fallas. As maiores alturas sitúanse nunha faixa de cumes que rodean a
comarca describindo un arco de norte a suroeste.
A norte a serra da Capelada, cos puntos máis altos no Vixía Herbeira, con 617 m, onde
dominan as rochas básicas e ultrabásicas. Ao leste atópanse as estribacións da serra da
Faladoira (Pena dos Ladrós, con 620 m), con dominancia de xistos e lousas; e no sur o macizo
granítico do Forgoselo.
O resto do terreo é unha sucesión de vales separados por pequenas elevacións, cunha grande
superficie achairada no centro, cunha altitude media de 200 m. Ao longo da costa aparecen
pequenos cumes illados como o Lagoa (309 m) ou o Monte da Vela (243 m).
Monte Faro desde o monte Lagoa. A proximidade dos cumes ao mar
da lugar a cantís cortados a pico, moi comúns na Costa Ártabra.
Cumes achairados da Capelada
A vexetación dominante nos montes son as plantacións de eucaliptos, agás nos cumes máis
altos onde aparecen piñeiros e monte baixo formado por un mato de toxos e breixos.
Nalgunhas zonas de dificil acceso e nos vales dos ríos consérvanse algúns anacos de bosques
naturais.
A maior parte das área altas de montaña están protexidas nos LICs a “Costa Ártabra”, “Xuvia-
Castro” e “Ortigueira-Mera”.
Leucanthemum x corunnense. É un endemismo da provincia da Coruña que se
atopa nos montes da Capelada, en especial preto da costa.
Liques, uvas de lagarto e brións, os primeiros colonizadores das rochas
As partes altas da serra, chans e co fondo rochoso, almacenan
auga en numerosas brañas e lagoas temporais
Cabalos na serra do Forgoselo
Laverca (Alauda arvensis)
Pedreiro (Oenanthe oenanthe)
Cumes da Capelada
SERRA DA CAPELADA
Esténdese ao longo da costa desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, con
orientación NE-SO.
O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas,
peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre
arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes.
A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada
dun forte basculamento cara ao leste a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E. A
vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira,
mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís.
O cume máis alto é o Vixía Herbeira con 613 m de altura.
Brañas e rego no alto da serra, onde nacen varios ríos
Vixía Herbeira. Os cantís da Capelada son os máis
altos da Península e uns dos máis altos de Europa.
A zona é un punto de interese xeolóxico internacional, polo grande interese dalgunhas das
súas rochas, as máis antigas da Península Ibérica, con máis de 1.100 millóns de anos. Unha
parte está protexida no LIC “Costa Ártabra”.
Accedese desde Cedeira.
Un dos maiores intereses da Capelada reside nas súas rochas, porque alí aparecen formacións metamórficas, restos da
antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica.
As ecloxitas orixináronse na codia interior e no manto interior a elevadas temperaturas. Están formadas por piroxenos
verdes e granates vermellos. As anfibolitas están constituídas por anfíboles, plaxioclasa con minerais accesorios como
ilmenita, granates, e epidota.
Cumes dos montes da Serra
MONTES DA SERRA
Pódense considerar unha plolongación polo oeste da serra da Faladoira. Esténdense polo
leste da comarca, nos lindes entre os concellos de As Somozas e As Pontes de García
Rodríguez.
Son unha aliñación de cumes entre 500 e 600 m, entre os que destacan a Pena dos Ladrós
(624 m), Vilalbesa (583 m) e Pena do Mosqueiro (554 m).
Están formado maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis, xistos cristalinos e
areíscas das que sobresaen cristas de cuarcitas.
As augas da vertente oeste van ao Mera e ao Xuvia.
Cristas de cuarcitas
Carballeira nas abas dos montes da serra
Nalguns vales conserva carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por eucaliptos. Na
parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos.
Unha parte (as cabeceiras do río Soutochao) está incluída no LIC “Ortigueira-Mera”.
Accedese desde As Somozas por Seixas e Recemel.
O Forgoselo e a Ría de Ferrol desde o Alto de Racamonde
MACIZO DO FORGOSELO
É un extenso aplanamento situado entre a Depresión das Pontes e a costa, ao norte do río
Eume, en terreos dos concellos de A Capela, As Pontes e San Sadurniño. Aséntase sobre un
afloramento circular de granito intrusivo de dúas micas que contrasta coas rochas xistosas da
contorna. O relevo é suave e o punto máis alto é o Monte Forgoselo ou Racamonde con 542
m. É frecuente atopar bolos, pías e cacholas.
Antigo curro no monte Racamonde
A vexetación dominante é o monte baixo con uces de pequena talla, toxos e abrótegas. Nas
zonas altas hai brañas asolagadas temporalmente e pasteiros que aproveitan vacas e cabalos.
Hai zonas repoboadas con piñeiro de Monterrei e piñeiro bravo. Nas partes baixas
consérvanse áreas de bosque autóctono.
A parte norte está incluída no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”.
Nos cumes hai un parque eólico.
Accedese desde Naraio (San Sadurniño) ou Viladonelle (Neda).
Penedo dos tres pés, fronteira entre os concellos
de As Pontes, A Capela e San Sadurniño
OS RÍOS
O principal curso fluvial desta comarca é o Grande de Xuvia que percorre o territorio de leste
a oestee e desauga na ría de Ferrol. Na mesma ría desauga tamén o Belelle.
Ao longo da costa atópanse outros ríos de menor entidade como o Condomiñas, As Mestas, e
Forcadas que desembocan na ría de Cedeira e os regos de Vilar, Riomaior e San Xurxo que
desaugan directamente na costa de mar aberto. Polo linde leste circula o río Mera, no seu
curso alto.
Ponte medieval de Sillobre, sobre o río
Belelle, entre Fene e Neda.
Muíño-museo na área recreativa de
Entrerríos, en Pedroso, á beira do río
Grande de Xuvia.
Presa do Rei, no río Grande de Xuvia, construída para mover
a maquinaria da antiga fábrica de moeda de Xuvia
As augas dos ríos da comarca foron empregadas desde moi antigo para mover todo tipo de
mecanismos e por todos eles quedan testemuñas etnográficas de gran valor: muíños, fábricas
de papel, caneiros…
Os cursos dos ríos teñen tramos moi encaixados e con bastantes desniveis nos que aparecen
fermosas fervenzas, pozas e rápidos.
Arredor dos cursos de auga consérvanse espazos naturais de grande valor que están
protexidos nos LICs “Xuvia-Castro” e “Ortigueira-Mera”.
Rápidos e fentos (dentabrús) no curso
alto do río Castro, en San Sadurniño
Caltha palustris, florece en primavera nas zonas
húmidas (brañas, beiras dos ríos)
Herba das almorranas ou celidinia
menor (Ranunculus ficaria).
Fento (Blechnum spicant), común nas beiras dos ríos limpos. As frondes
fértiles, portadoras de esporanxios, son máis altas e estreitas
Libeliña (Calopteryx virgo), un insecto común nas
beiras dos ríos que destaca pola cor azul metálica
dos machos.
Ra verde (Pelophyllax perezi)
O río Mera en Queiroga
(As Somozas).
Accedese por Vilar da
Fraga, na estrada a
Ortigueira.
RÍO MERA
Nace no monte Caxado (serra da Faladoira) e recolle augas dos concellos de As Pontes,
Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cun curso tortuoso por vales cada vez máis
amplos ata a súa desembocadura na Ría de Ortigueira, despois de 29 km de percorrido. Na
comarca fai de linde leste no concello das Somozas, xunto co seu principal afluente pola
esquerda, o Soutochao.
Está protexido dentro do LIC “Ortigueira-Mera”.
Desembocadura do Condomiñas en Cedeira
RÍO CONDOMIÑAS
Nace da confluencia do Reboredo e o Chimparra, que baixan da Capelada, en Corveiro (Cervo-
Cedeira) e desemboca en Cedeira. Ten unha minicentral.
FERVENZA DE ERBELLÁS
Na parroquia de Régoa (Cedeira). O río Erbellás,
afluente do Condomiñas, salva un desnivel duns 8
m de altura en serpentinas.
FERVENZA DE CHÍMPARRA
No curso alto do río Condomiñas
Esteiro do río das Mestas, na ría de Cerdido
RÍO DAS MESTAS
Nace en Penela (Montoxo-Cedeira), percorre os límites entre Cedeira e Cerdido e desemboca
na enseada de Esteiro (Ría de Cedeira). Recibe pola dereita ao Da Braxe e pola esquerda ao
Porto do Cabo. O esteiro está protexido dentro do LIC “Costa Ártabra”.
FERVENZA DO RÍO MESTAS
No linde entre Cedeira e Cerdido. Unha
sucesión de rápidos e pequenas
fervenzas en rochas metamórficas; a
máis grande ten 2 m de altura.
Esteiro do río das
Forcadas en Vilarrube
RÍO DAS FORCADAS
Fórmase cos regos de Porto, A
Bañoca e Bardaos en Veiga
(Bardaos-San Sadurniño). Percorre
terreos dos concellos de San
Sadurniño e Valdoviño e
desemboca na praia de Vilarrube,
na ría de Cedeira. O seu principal
afluente é o Donelle, pola
esquerda. O esteiro está protexido
dentro do LIC/ZEC “Costa Ártabra”
Encoro das Forcadas. Abastece de auga a unha minicentral, á cidade de Ferrol e outros concellos da comarca.
O río Grande de Xuvia
en San Sadurniño
RÍO GRANDE DE XUVIA
Desde o seu nacemento nos montes
de Serra en terras das Somozas ata a
súa desembocadura en Xubia, na Ría
do Ferrol, percorre 31 km e drena os
concellos de Moeche, San Sadurniño,
Neda e Narón. Ten un perfil
pronunciado no seu tramo inicial e
con escasas pendentes no resto do
seu traxecto. Recibe pola pola dereita
o Ferrerías, Moeche, Fontenova e
Prados; e pola esquerda o Pequeno o
Castro (co Cando).
Ten dúas minicentrais en Neda (no río
Grande) e Naraío (río Castro).
Parte do curso do Xubia e todo o do
seu afluente Castro están protexidos
no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”
FERVENZA NO RÍO CASTRO,
en Naraío.
O río ten unha sucesión de
rápidos e fervenzas e discorre
por un estreito canón
aproveitado por unha
minicentral eléctrica.
Accedese pola ruta que vai
ao castelo ou desde a
minicentral.
Confluencia dos ríos Xuvia (Grande) e Castro (Pequeno) na área de lecer de Doso
Desembocadura do
río Grande de
Xuvia.
Coas súas augas
funcionou desde
1903 a Real
Fábrica, que nos
primeiros tempos
foi de caldeirería
de cobre, no 1909
de armas, logo de
moeda e máis
tarde fábrica téxtil.
Muíño en Neda
RÍO BELELLE
Baixa desde o Forgoselo por terras de Capela e Neda e desauga na ría de Ferrol, en Neda.
Recibe pola dereitao Filgueira, Sande de Vilar, Carboeiro, Sabugueiro, Graña, Ameneiro e
Regadoiros; e pola esquerda o Piñeiro e Fornelos
Foi un río cun grande aproveitamento para mover mecanismos en muíños, fábricas de papel,
e téxtiles, e nel instalouse unha das primeiras centrais hidroeléctricas. Hoxe move dúas
minicentrais.
FERVENZA DO MARRAXÓN
Entre O Roxal (Anca, Neda) e O Marraxón (Fene).
O río salta un desnivel de rochas graníticas duns 45
m de altura. Nos arredores hai unha interesante
fraga con especies de ribeira, érbedos, carballos,
loureiros, pereiras bravas…
A COSTA
Praia de Doniños
A costa da comarca de Ferrol esténdese desde os cantís de Vixía Herbeira ata a enseada de
Redes, na ría de Ares. É unha costa ampla e variada na que se atopan os cantís máis altos da
Península Ibérica, as rías de Ferrol e Ares e numerosos areais.
É unha área densamente poboada desde tempos moi antigos, como dan testemuña os
numerosos asentamentos prehistóricos e os achádegos arqueolóxicos de distintos tempos. Na
actualidade ten unha intensa actividade pesqueira, industrial e turística e a costa está
intensamente explotada e ocupada, presidida polo núcleo de poboación de Ferrol.
Cantís de Punta Frouxeira
“Bosque Petrificado” nos cantís da Capelada
As rochas son moi variadas: granitos, lousas, xistos, gneis, serpentinas,
Granitos na punta Coitelada
Rocha metamórfica da Capelada
Lousas na punta Frouxeira
Praia de Doniños
Ao longo da costa podemos atopar diferentes ecosistemas acuáticos e terrestres nos que as
especies se adaptan a cada ambiente: fondos areosos e rochosos, cantís, dunas móbiles e
fixas, con áreas de mar aberto e zonas protexidas nas rías... Destaca a presenza de especies
pouco comúns de plantas nos cantís e a variedade de aves mariñas sedentarias e migratorias.
Herba de namorar (Armeria maritima). É a planta máis
coñecida da Capelada. Segundo conta a lenda, recollíana
os mozos para namorar ás mozas.
Abelleira común (Ophris apifera), unha orquídea
que se atopa nas dunas fixadas. Imita a forma e
as cores dunha abella femia para atraer aos
machos que a polinizan.
Herba do can (Antirrhinum majus). Unha
planta en perigo de extinción que se atopa
nunhas poucas localidades da comarca.
Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)
Choias (Phyrrocorax phyrrocorax)
Carrán cristado (Thalasseus sandvicensis)
Gaivotas na praia de Campelo
Mexillóns e percebes
Lapas
A CAPELADA
Desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardilosa, na entrada da ría de Cedeira esténdese unha costa
formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas
(anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto
terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis
recentes.
Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en
magnesio e ferro) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en
especies pouco comúns ou únicas. Nos cantis máis inacesibles habitan colonias de aves
mariñas.
Está protexida no LIC “Costa Ártabra” e considerada un Punto de Interese Xeolóxico
Internacional.
Cantís de Santo André de Teixido e Penas Gabeiras. Nesta poboación atópase unha igrexa, con orixe no século XII,
dedicada a Santo André, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza o 8 de setembro.
Conta a lenda que a Santo André de Teixido “vai de morto (rencarnado nun pequeno animal) o que non foi de vivo”.
Segundo unha lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de peregrinar ao
santuario, por iso non se deben matar.
Cantís de Santo André de Teixido, coa enseada de Santo André e as puntas de San Domingo e Balteira
Solpor na Capelada
Praia de Cortes e Punta de San Domingo
Punta Candieira. Con cantís de 200 m de altura. O faro sitúase a 90 m por enriba do mar.
Os Galos de Punta Candieira
Cantís do Frontón da Candieira.
Teñen un grande interese xeolóxico polas formacións de gneis moi repregados, serpentinitas e granulitas.
Ría de Cedeira e praia da Madalena, con 1.300 m de lonxitude, abrigada e de area fina. A vila de Cedeira ten un
importante porto de baixura e unha lonxa na que destaca a venta dos percebes que se recollen nos cantís próximos.
RÍA DE CEDEIRA
Ábrese entre as puntas Ardilosa e Chirlateira. Ten 5 km de fondo e 4 de largor. Está Formada
polos ríos Condomiñas, Porto do Cabo e Forcadas. A parte máis fonda da ría está ocupada
polo esteiro, moi colmatado, do río Porto do Cabo. O exterior da ría ábrese sobre anfibolitas e
o interior é de xistos.
Na banda norte atópase a vila de Cedeira cun importante porto pesqueiro de baixura.
Punta Sarridal, co castelo e o peirao de Cedeira
Vista da ría de Cedeira desde Vilarrube
Faro de Punta Robaleira (Cedeira)
Ría de Cedeira e praia de Vilarrube
Praia Loira ou de Vilarrube (Valdoviño), de 1.420 m de lonxitude e 75 m de largor medio, formada polas frechas de area
que se acumulan nas desembocaduras dos ríos Porto do Cabo e As Forcadas. Ten un amplo sistema dunar fixado pola
vexetación.
Praia de Vilarrube (Valdoviño)
Praia de Vilarrube (Valdoviño)
Ría de Cedeira: Puntas Chirlateira (á esquerda) e Sarridal (á dereita)
Ría de Cedeira: Puntas Sarridal (á esquerda) e Robaleira (no centro)
Punta Chirlateira
Parte exterior da ría de Cedeira, coa punta Chirlateira en primeiro
plano e as puntas Ardilosa e Candieira ao fondo.
Punta Chirlateira
Vistas desde a Punta Chirlateira sobre as Puntas Oural, Torella e Corveira
Punta Oural
Praia de Baleo
Punta Torrella
Praia do Rodo e punta Gabeiras, desde a punta Corveira. A praia do Rodo en Pantín (Valdoviño) mide 950 m e conserva,
detrás do sistema de dunas, unha lagoa case totalmente colmatada. Na marisma de Pantín atópanse as camariñas máis
norteñas de Galiza e a herba becerra (Antirrhinum majus subsp. linkianum), única cita galega.
Praia, lagoa e punta Frouxeira
A lagoa da Frouxeira ou de Valdoviño é unha lagoa litoral de 1500 m de lonxitude e 500 m de largor, separada do mar
por unha barra de area contínua e comunicada con el por unha canle fronte ao illote da Percebelleira. Na parte oriental
existe unha barreira de dunas fixadas pola vexetación. A lagoa estivo a piques de desaparecer por mor do cambio da
canle orixinal por unha artificial aberta no cordón dunar. En 1984 repúxose a canle orixinal.
A lagoa de Valdoviño conserva unha importante flora de lagoa e de duna. É unha importante zona de paso e descanso
invernal para as aves. Na lagoa pódese ver: gallinola negra, parrulo común, parrulo cristado común, corvo mariño real,
garza, alavanco real, pato cincento, cerceta real, martiño peixeiro, píllara real, pilro groso, mazarico rabipinto, mazarico
rabinegro, bilurico común, bilurico patirrubio, mazarico curlí, píllara cincenta, becacina, galiña de río, gaivota
patiamarela, gaivota chorona, gaivota escura, gaivotón, mobella... Aparecen tamén especies invernantes raras como
ganso sangano, ánsar bravo, pato rubio, éider, pato branco... Como migradoras estivais destacan: o cuco, a rula común,
a rapiña cincenta, a andoriña de mar, e moi ocasionalmente a águia peixeira...
Está recoñecida como Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR).
Lagoa de Valdoviño
Praia da Frouxeira. É unha praia exposta ao vento e con forte ondada. Mide 3 km de lonxitude e 45 m de largor medio.
Sistema dunar, entre a lagoa e o mar.
Praia de Valdoviño e punta Faluchos
Praia de Valdoviño desde a Punta Frouxeira
Dunas na praia de Valdoviño
Punta Frouxeira
Punta Frouxeira
Punta Frouxeira
Monte da Vela desde Montefaro
Punta Campelo
Praia de Campelo (Valdoviño)
Praia de Ponzos, de 1400 m de lonxitude. Ao fondo vese o Monte da Vela
Illa de Santa Comba á que se pode acceder coa marea baixa. Conta a tradición que houbo un naufraxio e que os
mariñeiros salváronse de morrer afogados grazas a que a Virxe lles ofreceu unha barca de pedra, que segundo os
paisanos, consérvase nas costas da illa. Hai unha capela do século XI en honor a Santa Comba.
Praia de Santa Comba, de case 1 km de lonxitude
Cabo Prior. Forma unha península entre as praias de Santa Comba e San Xurxo. Está formado por rochas graníticas
erosionadas en forma de grandes bolos.
Faro do Cabo Prior, situado a 107 m sobre o Nivel do mar, cun alcande ce 22 millas mariñas.
Cabo Prior
Praia de San Xurxo Vista desde o cabo Prior. Ao fondo a Punta Herbosa.
Praia de San Xurxo e Cabo Prior. Nas proximidades, en Covas, houbo minas romanas para a extracción de cuarzo aurífero
que foron explotadas tamén entre 1912 e 1914 por unha empresa francesa.
Punta do Castro
Illas Gabeiras
Praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro
A praia de Doniños forma un sistema dunar que pecha a lagoa
Lagoa e praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro
LAGOA DE DONIÑOS, de forma ovalada, cun largor máximo de 500 m, separada do mar por unha praia de 2 km de
lonxitude e un cordón de dunas fixadas pola vexetación. As augas están lixeiramente salinizadas por filtracións do mar.
Está considerada unha zona húmida con importancia nacional polas formacións vexetais acuáticas. As especies máis
destacadas dentro da lagoa son a Chara fragifera, Ceratophyllum demersum, ouca (Ranunculus aquatilis), espigas de
auga (Potamogeton natans, P. perfoliatus e P. polygonifolius), ambroíño de río (Nymphaea alba)... Nas beiras atópanse
sobre todo xuncos, cyperus, carrizos, salgueiros e amieiras. Nas dunas e praias consérvase unha variada flora psamófila.
Nas marxes aniña a galiñola negra, o somorgullo pequeño, a galiña de río e o lavanco real. Durante a época invernal
aumenta considerablemente a cantidade e variedade de aves (mariñas, anátidas e limícolas).
Praia de Doniños
Praia de Doniños
Solpor en Doniños
Vista desde Cabo Prioriño cara ao norte. Ao fondo o Cabo Prior
Cabo Prioriño
Punta Penencia e praia de Doniños
Faro do Cabo Prioriño
O Cabo Prioriño sinala o extremo norte da Ría de Ferrol. A costa está formada por cantís graníticos de media altura con
pequenas praias. Nas proximidades atópase o porto exterior.
RÍA DE FERROL
Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada 17 km de
lonxitude e 2 km de largor medio. É unha ría con dúas partes ben definidas: unha canle de
entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varias enseadas. Na parte
interior ten unha grande acumulación de sedimentos lamacentos. O río principal que a
alimenta é o Grande de Xubia. Tamén desemboca nela o río Belelle.
As rochas dominantes son granitos na zona da boca e xistos no interior.
É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está densamente poboada e con unha
importante actividade industrial. As vilas máis importantes son Ferrol, Narón, Xubia, Neda,
Fene e Mugardos.
Canle de entrada da ría de Ferrol, de 3 km de lonxitude e 500 m de largor, flanqueada por rochas graníticas. O acceso á
parte interior da ría estaba protexido polos castelos de San Felipe en Ferrol e A Palma en Mugardos.
Ría de Ferrol
Esteiro do Belelle (Ría de Ferrol)
Ría de Ferrol desde a enseada do Baño, en Mugardos
Acea de Xuvia. Muíño de mareas construído a finais do século XVIII. Foi nomeado Real Fábrica por Carlos IV e funcionou
como muíño industrial ata 1970.
Praia de Bestarruza (Mugardos)
Baliza do Castelo da Palma, na boca da ría de Ferrol
Praia de Chanteiro, entre Punta Segaño e Punta Coitelada (entre as rías de Ferrol e Ares)
Cantil da punta Coitelada
RÍA DE ARES-BETANZOS
As rías de Ares e Betanzos comparten unha grande parte da súa extensión nunha boca común
entre a punta Coitelada e a costa de Dexo.
RÍA DE ARES
É a ría do Golfo Ártabro formada polo río máis longo e caudaloso da zona, o Eume. O fondo,
entre o final das Fragas do Eume e a frecha de Cabanas está ocupado por sedimentos entre
os que o río forma amplos meandros. Desde Cabanas ata a punta de Camouco é
relativamente estreita e logo ábrese entre a enseada de Ares e a punta da Cruz, no norte, e
Ber, no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As rochas dominantes son os
xistos e nas puntas, pedra de gran.
Na comarca de Ferrol está incluída a marxa norte da ría de Ares, en terreos dos concellos de
Ares e Fene.
Ría de Ares entre os illotes Miranda e a illa do Mourón.
Ao fondo Montefaro, desde onde se dominan as rías de Ares e Ferrol.
Ares
O Raso.
Entre a punta do Castelo e a punta do Camouco, atópase a enseada de Ares circundada por tres praias que forman un
conxunto de case tres quilómetros de lonxitude: Ares, Seselle, e O Raso.
Ares
AS ÁRBORES
Amieira (Alnus glutinosa) en San Sadurniño,
á beira do río Grande de Xuvia.
A maioría das árbores desta comarca son
plantacións de eucaliptos que ocupan
grandes extensión forestais,
especialmente polos montes próximos á
costa. Nalgúns montes atópanse tamén
plantacións de piñeiros.
O bosque atlántico autóctono está
reducido a pequenas masas nos vales máis
profundos das serras do leste da comarca
e nas beiras dos ríos mesturados cos
bosques de ribeira.
Nos parques e xardíns das vilas e pazos
atópanse algunhas especies monumentais
de árbores exóticas.
Magnolia grandiflora de Santa Rita. (Narón). É a máis vella das que se coñecen en Galiza. Ten máis de douscentos anos,
mide 14 m de altura e 6 m de perímetro.
Está incluída no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALIZA
Carballeira do Pazo do Monte (Ferrol)
Chopos brancos de Xuvia (Narón)
Salgueiro chorón na Praia de Vilarrube (Valdoviño)
-2,4 m de perímetro
Magnolia acuminada (Magnolia acuminata) do
Xardín das Angustias (Ferrol). Mide 16, 50 m de
altura e 3,50 m de perímetro. Acivro Casa Quintana (O Val) Narón
Teixo no adro da igrexa de santo André de
Viladonelle (Neda). Mide 3,50 m de perímetro.
Teixo da Malata (Ferrol)
Araucaria de Vila Herminia (Vilarrube, Valdoviño)
-4,33 m de perímetro
Estripo na praia de Vilarrube
(Valdoviño)
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC “COSTA ÁRTABRA”
O espazo protexido abrangue 7.659 ha, desde a Enseada de Areosa, en Ares, ata Mugardos,
incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata o cabo Ortegal (agás
a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de
Landoi; en terreos dos concellos de Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Narón, Mugardos e Ares.
Inclúe a Lagoa e areal de Valdoviño protexida como Zona Húmida de Importancia
Internacional (RAMSAR).
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico. Inclúe ecosistemas mariños (costa de
Ares), cantís (cabos Prior e Prioriño, Punta Frouxeira, costa desde Cedeira até os cantís de Vixía Herbeira),
praias e sistemas dunares (Doniños, San Xurxo, Santa Comba, Ponzos, Meirás, Frouxeira, Vilarrube...), illas
e illotes (Gabeiras, Herbosa, Aguillóns...), lagoas e marismas, montes (A Capelada) e brañas.
Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en magnesio, ferro e metais
pesados como cromo e níquel) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco
comúns ou únicas, como os endemismos locais Centaurea borjae, Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum
corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel mundial que so se coñece en Canarias e no
noroeste ibérico).
Centaurea borjae
Penedos na Serra do Forgoselo, a carón dun antigo curro
LIC XUVIA-CASTRO
O espazo protexido, de 1.986 ha, inclúe gran parte do curso do Río Xuvia (desde o límite do
concello de As Somozas e Moeche ata a desembocadura), o curso do río Castro, e a Serra do
Forgoselo. Nesta comarca terreos dos concellos de Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño e As
Somozas. As beiras dos ríos están ocupadas por bosque de ribeira no que abondan as
amieiras, salgueiros e fentos. Na Serra do Forgoselo destacan as formacións graníticas con
bolos, pías e cacholas.
Escáncer (Anguis fragilis), un lagarto
sen patas que se pode atopar en
prados e zonas húmidas.
Rego de Soutochao,
principal afluente do Mera
nas Somozas. Está
protexido en todo o seu
percorrido, incluídos os
bosques da contorna das
súas cabeceiras.
LIC ORTIGUEIRA-MERA
Un gran espazo de 3.795 ha que inclúe a Ría de Ortigueira e o río Mera. Nesta comarca un
pequeno tramo no concello de As Somozas, nas cabeceiras do Mera e os montes dos Ladrós.
O río Mera conserva nas súas augas e nas súas beiras ricos ecosistemas nos que hai unha
variada flora e fauna acuáticas e de ribeira.
ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES)
“COSTA FERROL-VALDOVIÑO”
Superficie: 4.266 ha.
Concellos: Ferrol, Narón e Valdoviño.
Destaca pola presenza de colonias
interesantes de aves mariñas e de cantís e
areais.
Paíño (Hydrobates pelagicus) ten
nas illas Gabeiras o mellor punto
de cría de Galiza.
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro
marzo 2017

More Related Content

What's hot

Ría de Ferrol
Ría de FerrolRía de Ferrol
Ría de Ferrol
monadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
monadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
monadela
 
Guía Galicia
Guía GaliciaGuía Galicia
Guía Galicia
Carmela Rodríguez
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
monadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
monadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
monadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
monadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
monadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
monadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
monadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
monadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
monadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
monadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
monadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
monadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
monadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
monadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
monadela
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
monadela
 

What's hot (20)

Ría de Ferrol
Ría de FerrolRía de Ferrol
Ría de Ferrol
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Guía Galicia
Guía GaliciaGuía Galicia
Guía Galicia
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 

Similar to Comarca Ferrol

A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
monadela
 
Narón, A costa
Narón, A costaNarón, A costa
Narón, A costa
monadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
MonContos
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
monadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
monadela
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
MonContos
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
monadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
monadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
monadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
monadela
 
Fene. A Costa
Fene. A CostaFene. A Costa
Fene. A Costa
monadela
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
monadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
monadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
monadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
monadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
monadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
monadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
monadela
 

Similar to Comarca Ferrol (18)

A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
Narón, A costa
Narón, A costaNarón, A costa
Narón, A costa
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Fene. A Costa
Fene. A CostaFene. A Costa
Fene. A Costa
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
monadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
monadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
monadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
monadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
monadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
monadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
monadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
monadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
monadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
monadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
monadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
monadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
monadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
monadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
monadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
monadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
monadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
monadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Comarca Ferrol

  • 2. Ría de Ferrol desde o Coto do Rei (Fene) A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes. É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol, onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias. Acolle importantes espazos naturais moi diversos.
  • 3. SUPERFICIE: 623,5 km2 POBOACIÓN: 159.274 habitantes (2014) CONCELLOS: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs a “Costa Ártabra”, “Xuvia-Castro” e “Ortigueira-Mera”. Ademais conta con destacados humidais como as lagoas de Doniños e Valdoviño.
  • 4. CLIMA Oceánico húmido cunha media anual de algo máis de 13 ºC, con verán frescos e invernos suaves. Punta Frouxeira
  • 5. ACTIVIDADES As principais actividades son os servizos, a industria e a construcción e, en menor medida a agricultura e a pesca e o marisqueo. Embarcacións en Mugardos
  • 8. PATRIMONIO O patrimonio histórico-artístico e etnográfico é moi importante: o casco histórico da cidade de Ferrol, numerosas igrexas románicas e barrocas, castelos, pazos, pontes, faros... Mosteiro franciscano de Santa Catalina de Montefaro (Ares). Fundado en 1393. Foi cuartel do exército e na actualidade é de propiedade municipal.
  • 9. Antigo convento do Rosario (San Sadurniño)
  • 10. Santa Olaia de Lubre (Ares) Ermida de Chanteiro (Ares)
  • 11. Igrexa de San Xiao (Ferrol)
  • 12. Igrexa de Santo André de Teixido. Con orixe no século XII, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza o 8 de setembro. Conta a lenda que a Santo André de Teixido “vai de morto (rencarnado nun pequeno animal) o que non foi de vivo”. Segundo a lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de
  • 13. Pazo de Isabel II, fundado en 1841 como fábrica de tecidos. Empregaba como forza motriz a auga do río Belelle.
  • 14. Ponte da Ferrería (Naraío, San Sadurniño) sobre o río Castro
  • 15. Ares
  • 16. CONCELLOS SUPERFICIE: 18,27 km2 POBOACIÓN: 5.741 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ares, Caamouco e Cervás. Ares, vila pesqueira e turística asentada no leste da enseada entre a desembocadura do rego Vieira ou Xunqueira e a punta do Castelo. ARES Está situado ao suroeste da comarca, no extremo da península que separa as rías de Ferrol e Betanzos-Ares. O relevo é suave, formado por rochas xistosas na súa maioría agás unha pequena intrusión de granodiorita que forma o monte Faro ou Bailadoira, no extremo da ría, con 265 m de altura. O principal curso fluvial é o rego Xunqueira (co seu afluente o Novo) que desemboca no porto de Ares. A costa é moi variada, desde os cantís das puntas Segaño e Coitelada ata os tranquilos areais de Ares, Raso e Campa ou Seselle.
  • 17. Ponte da Ciscada, construída no século XVI, sobre o río Xunqueira Os lugares de maior interese natural atópanse nas puntas Segaña e Coitelada, protexidas no LIC “Costa Ártabra” e nos areais costeiros. Conserva un rico patrimonio cultural no que destacan o convento de Montefaro, a igrexa de Cervás e a ponte medieval sobre o río Xunqueira. Redes, pequeno e acolledor porto pesqueiro situado nunha das zonas máis abrigadas da ría
  • 18. SUPERFICIE: 85,36 km2 POBOACIÓN: 7.147 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cedeira, Cervo, Esteiro, Montoxo, Piñeiro, Régoa e San Román de Montoxo. Cedeira e a ría CEDEIRA Situado no nordeste da comarca. O relevo é moi accidentado con alternancia de vales fondos, cumes achairados e montes que rematan en cantís abruptos sobre a costa. A serra máis importante é a Capelada, ao nordeste do concello, cos cumes máis altos no Vixía Herbeira (617 m) e Poza da Auga (572 m). Paralela á anterior e seguindo a costa atópase a serra do Eixil, cos cumes máis altos no Vilar (394 m) e na Candieira. As zonas máis baixas atópanse na marxe dereita da ría de Cedeira onde hai bos areais como o da Magdalena e Area Longa. Os ríos máis importantes son o Condomiñas e o das Mestas ou Porto do Cabo que desembocan na ría.
  • 19. Porto de Cedeira desde o castelo Cedeira é un concello de grandes valores naturais, cunha costa que está en grande parte protexida no LIC “Costa Ártabra”. Conserva tamén un importante patrimonio cultural: o casco histórico de Cedeira, a capela de Santo André de Teixido, o castelo da Concepción... Santo André de Teixido
  • 20. SUPERFICIE: 27,38 km2 POBOACIÓN: 13.498 habitantes (2014) PARROQUIAS: Barallobre, Fene, Limodre, Magalofes, Maniños, Perlío, San Valentín e Sillobre. A vila de Fene desde o cume do Coto do Rei, un excelente mirador sobre a ría de Ferrol e o interior da comarca. FENE Está situado ao sur da comarca, entre as rías de Ferrol e Ares. O relevo é moi irregular cunha sucesión de vales e lombas que van aumentando en altura cara ao leste onde se atopan as estribacións da serra do Forgoselo co Coto do Rei (395 m) e o Coto de Nodias (341 m). O río Belelle circula polo leste e fai de linde nun tramo co concello de Neda. Outros ríos de menor importancia son o Magalofes e o Cádavo.
  • 21. Asteleiros en Fene As principais actividades son a industria (en crise a causa do peche dos astaleiros) e os servizos. Os espazos naturais máis importantes atópanse no río Belelle que ten unha zona con rápidos e fervenzas e bosques de ribeira ben conservados. O patrimonio cultural está representado por varias igrexas barrocas e a ponte medieval de Sillobre. En Fene convivían o marisqueo e a pesca artesanal coa construción de grandes buques. Na actualidade as instalacións de Astano (agora Navantia) están pechadas.
  • 22. SUPERFICIE: 83,08 km2 POBOACIÓN: 70.389 habitantes (2014). PARROQUIAS: Brión, A Cabana, Covas, Doniños, Esmelle, Ferrol, A Graña, Leixa, Mandiá, Marmancón, San Xurxo da Mariña, Santa Cecilia de Trasancos e Serantes. Casa do concello na praza de Armas FERROL Está situado no suroeste da comarca, na banda norte da ría de Ferrol. O territorio é moi diverso, cunha ampla faixa costeira que se reparte entre o interior da Ría de Ferrol e a costa exterior entre o Cabo Prioriño e a punta Ferruxeda onde se atopan cantís e extensos areias como o de Santa Comba, San Xurxo ou Doniños. O releve é moi irregular e está intensamente fracturado. A maior parte do terreo é de xistos e unha faixa de rochas graníticas esténdese por unha serie de cumes paralelos á costa que van desde o Lagoa (309 m) ata o Monte Ventoso, nas proximidades do cabo Prioriño. Os ríos son de pequena entidade, destacan os regos de San Xurxo e Doniños.
  • 23. Vista do porto e Arsenal de Ferrol. Ferrol é unha cidade ligada á actividade naval desde o século XV, cando a Corona mandou construír nela os maiores estaleiros de España. O Arsenal militar de Ferrol, construído no século XVIII ocupa unha gran parte da fachada marítima da cidade. As principais actividades son a industria (en crise polo peche dos asteleiros) e os servizos. Ferrol é a cidade que concentra o comercio e os servizos na comarca. Os espazos de maior interese natural atópanse na costa, protexida no LIC “Costa Ártabra”. Acolle un importante patrimonio histórico artístico, concentrado na cidade de Ferrol e a súa contorna: Casco Vello, barrio da Magdalena, castelo de San Felipe, Arsenal, ermida de Chamorro... Vista do Castelo de San Felipe desde o castelo da Palma. Comezouse a construir en 1589 por mandato de Felipe II para defender a ría de Ferrol dos corsarios ingleses
  • 24. SUPERFICIE: 48,47 km2 POBOACIÓN: 1.303 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abade, Labancegos, San Xoán de Moeche, san Xurxo de Moeche e Santa Cruz de Moeche. Vista de Moeche desde o Pico Ferreira MOECHE Situado no centro-leste da comarca. O territorio do concello é unha sucesión de vales e pequenos cumes. Ao sur destacan o Alto do Cadaval (383 m) e a Pena da Cabra (368 m) e ao norte, no linde con Valdoviño, o monte Agudo, con 376 m. O río máis importante é o Grande de Xuvia, que no seu curso alto atravesa o sur do concello de leste a oeste e recibe os regos de Moeche, A Fraga e As Ferrerías.
  • 25. Castelo de Moeche. Construído no século XV. As principais actividades son a agrogandaría e o sector forestal. Os espazos de interese natural atópanse nas beiras dos ríos onde se conservan bosques de ribeira. No patrimonio cultural destaca o castelo de Moeche e a igrexa de san Xurxo. Curioso lavadeiro feito dunha soa peza en Ponte-Norte-Moeche, na beira do río Xuvia
  • 26. SUPERFICIE: 12,77 km2 POBOACIÓN: 5.417 habitantes (2014) PARROQUIAS: Franza, Meá, Mugardos e Piñeiro. Vista da Enseada do Baño, na ría de Ferrol. Ao fondo Mugardos e á dereita a praia de Bestarruza. MUGARDOS Está situado ao sur da comarca, ocupando unha faixa costeira con fronte á marxe esquerda da ría do Ferrol. O relevo é moi suave con pequenas ondulacións que non superan os 100 m de altitude. A costa é abrigada, con numerosas enseadas (A Barca, O Baño, Santa Lucía e Nande), cantís de pouca altura e poucas praias (praia de Bestarruza). Os ríos son regos de curto percorrido e escasa entidade.
  • 27. Castelo da Palma As principais actividades son a pesca e o marisqueo, a industria e os servizos. Os lugares de maior interese natural atópanse na costa. O patrimonio histórico artístico está representado por varias igrexas, entre as que destaca a de Franza, e polo castelo da Palma, na boca da ría de Ferrol. Vila e porto de Mugardos
  • 28. SUPERFICIE: 66,97 km2 POBOACIÓN: 39.426 habitantes (2016) PARROQUIAS: Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos, O Val e Xuvia (Nosa Señora dos Desamparados, San Martiño, San Xosé Obreiro, Santa Icía, Santa Rita e Santiago Apóstolo. Vista de Narón desde o miradoiro do Coto de Ancos (Neda) NARÓN O territorio esténdese desde a marxe norte da ría de Ferrol, cunha costa baixa e con enseadas, até a costa de mar aberto, entre as puntas Lopesa e Ferruxeda, con cantís e pequenas praias como as de Casal, Hortiña e Lopesa. A maior parte é un terreo de releve irregular e escasa altura que non supera os 100 m. Os cumes atópanse ao oeste, nunha aliñación paralela á costa (Lagoa, con 309 m), e no nordeste, co Coto dos Nenos, con 366 m. O río máis importante é o Xuvia que percorre o concello de leste a oeste e fai parcialmente de linde con Neda. Outros regos de menor entidade desembocan na ría de Ferrol como o Freixeiro e o Seco.
  • 29. Acea de Xuvia. Muíño de marea construído no século XVIII, foi unha das principais fábricas de fariña de Galiza no século XIX que moía trigo procedente de Ucraína e América. As principais actividades son a industria eos servizos. Os espazos de maior interese natural atópanse na costa e no río Xuvia, protexidos nos LICs “Costa Ártabra” e “Xuvia-Castro”. Conserva importantes restos etnográficos (muíño de vento, muíño de marea, muíños hidráulicos) e histórico-artísticos (igrexa de San Martiño). Ábside da igrexa-mosteiro de San Martiño do Couto, obra do século XII, sobre un mosteiro cluniacente máis antigo.
  • 30. SUPERFICIE: 23,98 km2 POBOACIÓN: 5.327 habitantes (2014) PARROQUIAS: Anca, Neda, Santa María de Neda e Viladonelle. Neda, á beira da ría de Ferrol, desde o miradoiro do monte Ancos NEDA Está situado no centro-sur da comarca. O releve é moi irregular. Na zona costeira é achairado, con pequenas alturas e vaise elevando cara ao leste e sur. No leste atópanse as últimas elevacións do Forgoselo, co cume máis alto no Coto Louseira (461 m). Ao sur o Fervenza (311 m) e o Marraxón (337 m). O río Grande de Xuvia e o seu afluente, o Castro, circulan polo norte, facendo parcialmente de linde. O Belelle atravesa o concello de leste a oeste, nun percorrido encaixado onde hai varias fervenzas. A costa forma parte da banda sur da ría de Ferrol, é baixa e fangosa, con varios esteiros.
  • 31. Antigo muíño de papel no Belelle As principais actividades son os servizos e a industria. Os lugares de maior interese natural atópanse nas marxes dos ríos Xuvia (LIC “Xuvia-Castro”) e Belelle. O patrimonio etnográfico é moi variado con numerosos muíños e fábricas que empregaban a enerxía dos ríos (papel, fundición). Os principais monumentos histórico-artisticos son as igrexas de Santa María e San Nicolás. O río Belelle, no inverno, na área de lecer de Maciñeira
  • 32. SUPERFICIE: 99,86 km2 POBOACIÓN: 3.019 habitantes (2014) PARROQUIAS: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraío, San Sadurniño e Santa Mariña do Monte. Vista do territorio de San Sadurniño desde o Pico Ferreira SAN SADURNIÑO Situado no centro-sur da comarca. O releve é moi irregular. As maiores alturas atópanse no leste e sur na serra do Forgoselo cos cumes de Racamonde (542 m), Escoitadoira (518 m) e Forgoselo (508 m). O río Grande de Xuvia e o seu afluente o Castro circulan con dirección leste-oeste e forman amplos vales no centro do concello. Máis ao norte atópanse as cabeceiras do río Forcados.
  • 33. Sartego excavado na rocha no cume do Pico Ferreira. Segundo unha antiga lenda, antes había aquí unha ermida dedicada a San Paio que foi abandoada ao se construír a igrexa máis abaixo onde instalaron ao santo. Este, incómodo co traslado, subía todas as noites á súa cama orixinal e os veciños, cansos de ter que ir buscalo cada mañá, acordaron encadealo. É un concello eminentemente rural cunha importante superficie forestal dedicada a eucaliptos. As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún de leite), o sector forestal e industrias derivadas da madeira. Os espazos naturais de interese atópanse nos ríos e no macizo do Forgoselo protexidos no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”. Conserva a igrexa románica e o castelo de Naraío e os restos do antigo convento do Rosario, na actualidade edificio do concello. Castelo de Naraío, construído sobre un cume no estreito val do río Castro
  • 34. SUPERFICIE: 70,92 km2 POBOACIÓN: 1.211 habitantes (2014) PARROQUIAS: As Enchousas, Recemel, Seixas e As Somozas. Paisaxe das Somozas na aba do monte dos Ladrós AS SOMOZAS Está situado ao leste da comarca. A maior parte do territorio está ocupada por unha antiga superficie de erosión de forma achairada. Os cumes máis elevados atópanse ao leste e sur nas estribacións da serra da Faladoira (Pena dos Ladrós, con 620 m) e nos montes da Serra. Estás atravesada polos cursos altos do río Mera, que circula cara ao norte e fai de linde polo leste; e polos Xuvia, que circula cara ao oeste e recibe o Cibrao, Grande, Ferreiros e Igrexa.
  • 35. Instalacións de Sogarisa, especializadas no tratamento de resíduos industriais. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o vacún de carne), o sector forestal e a industria. Neste último sector destaca a especialización na reciclaxe e tratamento de resíduos tóxicos e industriais e a fabricación de elementos para xeradores eólicos. Os espazos naturais de maior interesse atópanse no curso do río Mera, protexido no LIC “Ortigueira-Mera”. No patrimonio cultural destacan os muíños e machucos e a igrexa de Santa María de Recemel. A capital municipal é A Igrexa. Área de lecer á beira do rego da Igrexa, unha das cabeceiras do Xuvia, na capital do concello de As Somozas.
  • 36. SUPERFICIE: 88,14 km2 POBOACIÓN: 6.796 habitantes (2014) PARROQUIAS: Lago, Loira, Meirás, Pantín, O Sequeiro, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube. Vista xeral de Valdoviño, coa praia da Frouxeira en primeiro plano VALDOVIÑO Está situado no centro-oeste da comarca. O territorio é moi irregular e fragmentado. Na zona sur é de releve suave e pequenas alturas con dominancia de xistos. Ao norte o relevo é máis accidentado e movido e vai ascendendo cara ao leste co punto máis alto no Monteagudo, con 375 m. Os ríos máis importantes son o Forcadas ou Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira e o Vilar que forma a lagoa da Frouxeira. Ten unha costa moi variada que inclúe parte da ría de Cedeira, na marxe esquerda, e unha sucesión de cantís (puntas Chrirlateira, Corveira, Frouxeira, Castelo...), enseadas (Graxal, Pantín, A Frouxeira, Meirás....) e extensos areais (Vilarrube, Baleo, Pantín, A Frouxeira, Meirás...).
  • 37. Cantís en Punta Frouxeira. En todo o concello de Valdoviño hai paisaxes naturais dunha grande beleza onde podemos atopar cantís abruptos, como os da imaxe e areais protexidos ou expostos. As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún e avícola), os servizos (en especial o turismo) e pequenas industrias. Toda a costa está protexida no LIC “Golfo Ártabro”. No patrimonio cultural destacan varios faros, muíños e a ponte medieval sobre o río Porto do Cabo. Faro de Punta Frouxeira
  • 38. RELEVO Vista da cormarca de Ferrol desde o cume do Forgoselo O territorio da comarca do Ferrol presenta unha grande diversidade litolóxica e morfolóxica e está dividido por varias fallas. As maiores alturas sitúanse nunha faixa de cumes que rodean a comarca describindo un arco de norte a suroeste. A norte a serra da Capelada, cos puntos máis altos no Vixía Herbeira, con 617 m, onde dominan as rochas básicas e ultrabásicas. Ao leste atópanse as estribacións da serra da Faladoira (Pena dos Ladrós, con 620 m), con dominancia de xistos e lousas; e no sur o macizo granítico do Forgoselo. O resto do terreo é unha sucesión de vales separados por pequenas elevacións, cunha grande superficie achairada no centro, cunha altitude media de 200 m. Ao longo da costa aparecen pequenos cumes illados como o Lagoa (309 m) ou o Monte da Vela (243 m).
  • 39. Monte Faro desde o monte Lagoa. A proximidade dos cumes ao mar da lugar a cantís cortados a pico, moi comúns na Costa Ártabra.
  • 40. Cumes achairados da Capelada A vexetación dominante nos montes son as plantacións de eucaliptos, agás nos cumes máis altos onde aparecen piñeiros e monte baixo formado por un mato de toxos e breixos. Nalgunhas zonas de dificil acceso e nos vales dos ríos consérvanse algúns anacos de bosques naturais. A maior parte das área altas de montaña están protexidas nos LICs a “Costa Ártabra”, “Xuvia- Castro” e “Ortigueira-Mera”.
  • 41. Leucanthemum x corunnense. É un endemismo da provincia da Coruña que se atopa nos montes da Capelada, en especial preto da costa.
  • 42. Liques, uvas de lagarto e brións, os primeiros colonizadores das rochas
  • 43. As partes altas da serra, chans e co fondo rochoso, almacenan auga en numerosas brañas e lagoas temporais
  • 44. Cabalos na serra do Forgoselo
  • 45. Laverca (Alauda arvensis) Pedreiro (Oenanthe oenanthe)
  • 46. Cumes da Capelada SERRA DA CAPELADA Esténdese ao longo da costa desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, con orientación NE-SO. O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento cara ao leste a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E. A vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís. O cume máis alto é o Vixía Herbeira con 613 m de altura.
  • 47. Brañas e rego no alto da serra, onde nacen varios ríos
  • 48. Vixía Herbeira. Os cantís da Capelada son os máis altos da Península e uns dos máis altos de Europa. A zona é un punto de interese xeolóxico internacional, polo grande interese dalgunhas das súas rochas, as máis antigas da Península Ibérica, con máis de 1.100 millóns de anos. Unha parte está protexida no LIC “Costa Ártabra”. Accedese desde Cedeira.
  • 49. Un dos maiores intereses da Capelada reside nas súas rochas, porque alí aparecen formacións metamórficas, restos da antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica. As ecloxitas orixináronse na codia interior e no manto interior a elevadas temperaturas. Están formadas por piroxenos verdes e granates vermellos. As anfibolitas están constituídas por anfíboles, plaxioclasa con minerais accesorios como ilmenita, granates, e epidota.
  • 50. Cumes dos montes da Serra MONTES DA SERRA Pódense considerar unha plolongación polo oeste da serra da Faladoira. Esténdense polo leste da comarca, nos lindes entre os concellos de As Somozas e As Pontes de García Rodríguez. Son unha aliñación de cumes entre 500 e 600 m, entre os que destacan a Pena dos Ladrós (624 m), Vilalbesa (583 m) e Pena do Mosqueiro (554 m). Están formado maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de cuarcitas. As augas da vertente oeste van ao Mera e ao Xuvia.
  • 52. Carballeira nas abas dos montes da serra Nalguns vales conserva carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por eucaliptos. Na parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos. Unha parte (as cabeceiras do río Soutochao) está incluída no LIC “Ortigueira-Mera”. Accedese desde As Somozas por Seixas e Recemel.
  • 53. O Forgoselo e a Ría de Ferrol desde o Alto de Racamonde MACIZO DO FORGOSELO É un extenso aplanamento situado entre a Depresión das Pontes e a costa, ao norte do río Eume, en terreos dos concellos de A Capela, As Pontes e San Sadurniño. Aséntase sobre un afloramento circular de granito intrusivo de dúas micas que contrasta coas rochas xistosas da contorna. O relevo é suave e o punto máis alto é o Monte Forgoselo ou Racamonde con 542 m. É frecuente atopar bolos, pías e cacholas.
  • 54. Antigo curro no monte Racamonde A vexetación dominante é o monte baixo con uces de pequena talla, toxos e abrótegas. Nas zonas altas hai brañas asolagadas temporalmente e pasteiros que aproveitan vacas e cabalos. Hai zonas repoboadas con piñeiro de Monterrei e piñeiro bravo. Nas partes baixas consérvanse áreas de bosque autóctono. A parte norte está incluída no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”. Nos cumes hai un parque eólico. Accedese desde Naraio (San Sadurniño) ou Viladonelle (Neda).
  • 55. Penedo dos tres pés, fronteira entre os concellos de As Pontes, A Capela e San Sadurniño
  • 56. OS RÍOS O principal curso fluvial desta comarca é o Grande de Xuvia que percorre o territorio de leste a oestee e desauga na ría de Ferrol. Na mesma ría desauga tamén o Belelle. Ao longo da costa atópanse outros ríos de menor entidade como o Condomiñas, As Mestas, e Forcadas que desembocan na ría de Cedeira e os regos de Vilar, Riomaior e San Xurxo que desaugan directamente na costa de mar aberto. Polo linde leste circula o río Mera, no seu curso alto. Ponte medieval de Sillobre, sobre o río Belelle, entre Fene e Neda. Muíño-museo na área recreativa de Entrerríos, en Pedroso, á beira do río Grande de Xuvia.
  • 57. Presa do Rei, no río Grande de Xuvia, construída para mover a maquinaria da antiga fábrica de moeda de Xuvia As augas dos ríos da comarca foron empregadas desde moi antigo para mover todo tipo de mecanismos e por todos eles quedan testemuñas etnográficas de gran valor: muíños, fábricas de papel, caneiros…
  • 58. Os cursos dos ríos teñen tramos moi encaixados e con bastantes desniveis nos que aparecen fermosas fervenzas, pozas e rápidos. Arredor dos cursos de auga consérvanse espazos naturais de grande valor que están protexidos nos LICs “Xuvia-Castro” e “Ortigueira-Mera”. Rápidos e fentos (dentabrús) no curso alto do río Castro, en San Sadurniño
  • 59. Caltha palustris, florece en primavera nas zonas húmidas (brañas, beiras dos ríos) Herba das almorranas ou celidinia menor (Ranunculus ficaria).
  • 60. Fento (Blechnum spicant), común nas beiras dos ríos limpos. As frondes fértiles, portadoras de esporanxios, son máis altas e estreitas
  • 61. Libeliña (Calopteryx virgo), un insecto común nas beiras dos ríos que destaca pola cor azul metálica dos machos. Ra verde (Pelophyllax perezi)
  • 62. O río Mera en Queiroga (As Somozas). Accedese por Vilar da Fraga, na estrada a Ortigueira. RÍO MERA Nace no monte Caxado (serra da Faladoira) e recolle augas dos concellos de As Pontes, Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cun curso tortuoso por vales cada vez máis amplos ata a súa desembocadura na Ría de Ortigueira, despois de 29 km de percorrido. Na comarca fai de linde leste no concello das Somozas, xunto co seu principal afluente pola esquerda, o Soutochao. Está protexido dentro do LIC “Ortigueira-Mera”.
  • 63. Desembocadura do Condomiñas en Cedeira RÍO CONDOMIÑAS Nace da confluencia do Reboredo e o Chimparra, que baixan da Capelada, en Corveiro (Cervo- Cedeira) e desemboca en Cedeira. Ten unha minicentral.
  • 64. FERVENZA DE ERBELLÁS Na parroquia de Régoa (Cedeira). O río Erbellás, afluente do Condomiñas, salva un desnivel duns 8 m de altura en serpentinas. FERVENZA DE CHÍMPARRA No curso alto do río Condomiñas
  • 65. Esteiro do río das Mestas, na ría de Cerdido RÍO DAS MESTAS Nace en Penela (Montoxo-Cedeira), percorre os límites entre Cedeira e Cerdido e desemboca na enseada de Esteiro (Ría de Cedeira). Recibe pola dereita ao Da Braxe e pola esquerda ao Porto do Cabo. O esteiro está protexido dentro do LIC “Costa Ártabra”.
  • 66. FERVENZA DO RÍO MESTAS No linde entre Cedeira e Cerdido. Unha sucesión de rápidos e pequenas fervenzas en rochas metamórficas; a máis grande ten 2 m de altura.
  • 67. Esteiro do río das Forcadas en Vilarrube RÍO DAS FORCADAS Fórmase cos regos de Porto, A Bañoca e Bardaos en Veiga (Bardaos-San Sadurniño). Percorre terreos dos concellos de San Sadurniño e Valdoviño e desemboca na praia de Vilarrube, na ría de Cedeira. O seu principal afluente é o Donelle, pola esquerda. O esteiro está protexido dentro do LIC/ZEC “Costa Ártabra”
  • 68. Encoro das Forcadas. Abastece de auga a unha minicentral, á cidade de Ferrol e outros concellos da comarca.
  • 69. O río Grande de Xuvia en San Sadurniño RÍO GRANDE DE XUVIA Desde o seu nacemento nos montes de Serra en terras das Somozas ata a súa desembocadura en Xubia, na Ría do Ferrol, percorre 31 km e drena os concellos de Moeche, San Sadurniño, Neda e Narón. Ten un perfil pronunciado no seu tramo inicial e con escasas pendentes no resto do seu traxecto. Recibe pola pola dereita o Ferrerías, Moeche, Fontenova e Prados; e pola esquerda o Pequeno o Castro (co Cando). Ten dúas minicentrais en Neda (no río Grande) e Naraío (río Castro). Parte do curso do Xubia e todo o do seu afluente Castro están protexidos no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”
  • 70. FERVENZA NO RÍO CASTRO, en Naraío. O río ten unha sucesión de rápidos e fervenzas e discorre por un estreito canón aproveitado por unha minicentral eléctrica. Accedese pola ruta que vai ao castelo ou desde a minicentral.
  • 71. Confluencia dos ríos Xuvia (Grande) e Castro (Pequeno) na área de lecer de Doso
  • 72. Desembocadura do río Grande de Xuvia. Coas súas augas funcionou desde 1903 a Real Fábrica, que nos primeiros tempos foi de caldeirería de cobre, no 1909 de armas, logo de moeda e máis tarde fábrica téxtil.
  • 73. Muíño en Neda RÍO BELELLE Baixa desde o Forgoselo por terras de Capela e Neda e desauga na ría de Ferrol, en Neda. Recibe pola dereitao Filgueira, Sande de Vilar, Carboeiro, Sabugueiro, Graña, Ameneiro e Regadoiros; e pola esquerda o Piñeiro e Fornelos Foi un río cun grande aproveitamento para mover mecanismos en muíños, fábricas de papel, e téxtiles, e nel instalouse unha das primeiras centrais hidroeléctricas. Hoxe move dúas minicentrais.
  • 74. FERVENZA DO MARRAXÓN Entre O Roxal (Anca, Neda) e O Marraxón (Fene). O río salta un desnivel de rochas graníticas duns 45 m de altura. Nos arredores hai unha interesante fraga con especies de ribeira, érbedos, carballos, loureiros, pereiras bravas…
  • 75. A COSTA Praia de Doniños A costa da comarca de Ferrol esténdese desde os cantís de Vixía Herbeira ata a enseada de Redes, na ría de Ares. É unha costa ampla e variada na que se atopan os cantís máis altos da Península Ibérica, as rías de Ferrol e Ares e numerosos areais. É unha área densamente poboada desde tempos moi antigos, como dan testemuña os numerosos asentamentos prehistóricos e os achádegos arqueolóxicos de distintos tempos. Na actualidade ten unha intensa actividade pesqueira, industrial e turística e a costa está intensamente explotada e ocupada, presidida polo núcleo de poboación de Ferrol. Cantís de Punta Frouxeira
  • 76. “Bosque Petrificado” nos cantís da Capelada As rochas son moi variadas: granitos, lousas, xistos, gneis, serpentinas,
  • 77. Granitos na punta Coitelada Rocha metamórfica da Capelada
  • 78. Lousas na punta Frouxeira
  • 79. Praia de Doniños Ao longo da costa podemos atopar diferentes ecosistemas acuáticos e terrestres nos que as especies se adaptan a cada ambiente: fondos areosos e rochosos, cantís, dunas móbiles e fixas, con áreas de mar aberto e zonas protexidas nas rías... Destaca a presenza de especies pouco comúns de plantas nos cantís e a variedade de aves mariñas sedentarias e migratorias.
  • 80. Herba de namorar (Armeria maritima). É a planta máis coñecida da Capelada. Segundo conta a lenda, recollíana os mozos para namorar ás mozas. Abelleira común (Ophris apifera), unha orquídea que se atopa nas dunas fixadas. Imita a forma e as cores dunha abella femia para atraer aos machos que a polinizan.
  • 81. Herba do can (Antirrhinum majus). Unha planta en perigo de extinción que se atopa nunhas poucas localidades da comarca. Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)
  • 82. Choias (Phyrrocorax phyrrocorax) Carrán cristado (Thalasseus sandvicensis)
  • 83. Gaivotas na praia de Campelo
  • 85. A CAPELADA Desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardilosa, na entrada da ría de Cedeira esténdese unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en magnesio e ferro) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas. Nos cantis máis inacesibles habitan colonias de aves mariñas. Está protexida no LIC “Costa Ártabra” e considerada un Punto de Interese Xeolóxico Internacional.
  • 86. Cantís de Santo André de Teixido e Penas Gabeiras. Nesta poboación atópase unha igrexa, con orixe no século XII, dedicada a Santo André, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza o 8 de setembro. Conta a lenda que a Santo André de Teixido “vai de morto (rencarnado nun pequeno animal) o que non foi de vivo”. Segundo unha lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de peregrinar ao santuario, por iso non se deben matar.
  • 87. Cantís de Santo André de Teixido, coa enseada de Santo André e as puntas de San Domingo e Balteira
  • 89. Praia de Cortes e Punta de San Domingo
  • 90. Punta Candieira. Con cantís de 200 m de altura. O faro sitúase a 90 m por enriba do mar.
  • 91. Os Galos de Punta Candieira
  • 92. Cantís do Frontón da Candieira. Teñen un grande interese xeolóxico polas formacións de gneis moi repregados, serpentinitas e granulitas.
  • 93. Ría de Cedeira e praia da Madalena, con 1.300 m de lonxitude, abrigada e de area fina. A vila de Cedeira ten un importante porto de baixura e unha lonxa na que destaca a venta dos percebes que se recollen nos cantís próximos. RÍA DE CEDEIRA Ábrese entre as puntas Ardilosa e Chirlateira. Ten 5 km de fondo e 4 de largor. Está Formada polos ríos Condomiñas, Porto do Cabo e Forcadas. A parte máis fonda da ría está ocupada polo esteiro, moi colmatado, do río Porto do Cabo. O exterior da ría ábrese sobre anfibolitas e o interior é de xistos. Na banda norte atópase a vila de Cedeira cun importante porto pesqueiro de baixura.
  • 94. Punta Sarridal, co castelo e o peirao de Cedeira
  • 95. Vista da ría de Cedeira desde Vilarrube
  • 96. Faro de Punta Robaleira (Cedeira)
  • 97. Ría de Cedeira e praia de Vilarrube
  • 98. Praia Loira ou de Vilarrube (Valdoviño), de 1.420 m de lonxitude e 75 m de largor medio, formada polas frechas de area que se acumulan nas desembocaduras dos ríos Porto do Cabo e As Forcadas. Ten un amplo sistema dunar fixado pola vexetación.
  • 99. Praia de Vilarrube (Valdoviño)
  • 100. Praia de Vilarrube (Valdoviño)
  • 101. Ría de Cedeira: Puntas Chirlateira (á esquerda) e Sarridal (á dereita)
  • 102. Ría de Cedeira: Puntas Sarridal (á esquerda) e Robaleira (no centro)
  • 104. Parte exterior da ría de Cedeira, coa punta Chirlateira en primeiro plano e as puntas Ardilosa e Candieira ao fondo.
  • 106. Vistas desde a Punta Chirlateira sobre as Puntas Oural, Torella e Corveira
  • 110. Praia do Rodo e punta Gabeiras, desde a punta Corveira. A praia do Rodo en Pantín (Valdoviño) mide 950 m e conserva, detrás do sistema de dunas, unha lagoa case totalmente colmatada. Na marisma de Pantín atópanse as camariñas máis norteñas de Galiza e a herba becerra (Antirrhinum majus subsp. linkianum), única cita galega.
  • 111. Praia, lagoa e punta Frouxeira
  • 112. A lagoa da Frouxeira ou de Valdoviño é unha lagoa litoral de 1500 m de lonxitude e 500 m de largor, separada do mar por unha barra de area contínua e comunicada con el por unha canle fronte ao illote da Percebelleira. Na parte oriental existe unha barreira de dunas fixadas pola vexetación. A lagoa estivo a piques de desaparecer por mor do cambio da canle orixinal por unha artificial aberta no cordón dunar. En 1984 repúxose a canle orixinal.
  • 113. A lagoa de Valdoviño conserva unha importante flora de lagoa e de duna. É unha importante zona de paso e descanso invernal para as aves. Na lagoa pódese ver: gallinola negra, parrulo común, parrulo cristado común, corvo mariño real, garza, alavanco real, pato cincento, cerceta real, martiño peixeiro, píllara real, pilro groso, mazarico rabipinto, mazarico rabinegro, bilurico común, bilurico patirrubio, mazarico curlí, píllara cincenta, becacina, galiña de río, gaivota patiamarela, gaivota chorona, gaivota escura, gaivotón, mobella... Aparecen tamén especies invernantes raras como ganso sangano, ánsar bravo, pato rubio, éider, pato branco... Como migradoras estivais destacan: o cuco, a rula común, a rapiña cincenta, a andoriña de mar, e moi ocasionalmente a águia peixeira... Está recoñecida como Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR).
  • 115. Praia da Frouxeira. É unha praia exposta ao vento e con forte ondada. Mide 3 km de lonxitude e 45 m de largor medio. Sistema dunar, entre a lagoa e o mar.
  • 116. Praia de Valdoviño e punta Faluchos
  • 117. Praia de Valdoviño desde a Punta Frouxeira
  • 118. Dunas na praia de Valdoviño
  • 122. Monte da Vela desde Montefaro
  • 124. Praia de Campelo (Valdoviño)
  • 125. Praia de Ponzos, de 1400 m de lonxitude. Ao fondo vese o Monte da Vela
  • 126. Illa de Santa Comba á que se pode acceder coa marea baixa. Conta a tradición que houbo un naufraxio e que os mariñeiros salváronse de morrer afogados grazas a que a Virxe lles ofreceu unha barca de pedra, que segundo os paisanos, consérvase nas costas da illa. Hai unha capela do século XI en honor a Santa Comba.
  • 127. Praia de Santa Comba, de case 1 km de lonxitude
  • 128. Cabo Prior. Forma unha península entre as praias de Santa Comba e San Xurxo. Está formado por rochas graníticas erosionadas en forma de grandes bolos.
  • 129. Faro do Cabo Prior, situado a 107 m sobre o Nivel do mar, cun alcande ce 22 millas mariñas.
  • 131. Praia de San Xurxo Vista desde o cabo Prior. Ao fondo a Punta Herbosa.
  • 132. Praia de San Xurxo e Cabo Prior. Nas proximidades, en Covas, houbo minas romanas para a extracción de cuarzo aurífero que foron explotadas tamén entre 1912 e 1914 por unha empresa francesa.
  • 135. Praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro
  • 136. A praia de Doniños forma un sistema dunar que pecha a lagoa
  • 137. Lagoa e praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro LAGOA DE DONIÑOS, de forma ovalada, cun largor máximo de 500 m, separada do mar por unha praia de 2 km de lonxitude e un cordón de dunas fixadas pola vexetación. As augas están lixeiramente salinizadas por filtracións do mar. Está considerada unha zona húmida con importancia nacional polas formacións vexetais acuáticas. As especies máis destacadas dentro da lagoa son a Chara fragifera, Ceratophyllum demersum, ouca (Ranunculus aquatilis), espigas de auga (Potamogeton natans, P. perfoliatus e P. polygonifolius), ambroíño de río (Nymphaea alba)... Nas beiras atópanse sobre todo xuncos, cyperus, carrizos, salgueiros e amieiras. Nas dunas e praias consérvase unha variada flora psamófila. Nas marxes aniña a galiñola negra, o somorgullo pequeño, a galiña de río e o lavanco real. Durante a época invernal aumenta considerablemente a cantidade e variedade de aves (mariñas, anátidas e limícolas).
  • 141. Vista desde Cabo Prioriño cara ao norte. Ao fondo o Cabo Prior
  • 143. Punta Penencia e praia de Doniños
  • 144. Faro do Cabo Prioriño
  • 145. O Cabo Prioriño sinala o extremo norte da Ría de Ferrol. A costa está formada por cantís graníticos de media altura con pequenas praias. Nas proximidades atópase o porto exterior. RÍA DE FERROL Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada 17 km de lonxitude e 2 km de largor medio. É unha ría con dúas partes ben definidas: unha canle de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varias enseadas. Na parte interior ten unha grande acumulación de sedimentos lamacentos. O río principal que a alimenta é o Grande de Xubia. Tamén desemboca nela o río Belelle. As rochas dominantes son granitos na zona da boca e xistos no interior. É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está densamente poboada e con unha importante actividade industrial. As vilas máis importantes son Ferrol, Narón, Xubia, Neda, Fene e Mugardos.
  • 146. Canle de entrada da ría de Ferrol, de 3 km de lonxitude e 500 m de largor, flanqueada por rochas graníticas. O acceso á parte interior da ría estaba protexido polos castelos de San Felipe en Ferrol e A Palma en Mugardos.
  • 148. Esteiro do Belelle (Ría de Ferrol)
  • 149. Ría de Ferrol desde a enseada do Baño, en Mugardos
  • 150. Acea de Xuvia. Muíño de mareas construído a finais do século XVIII. Foi nomeado Real Fábrica por Carlos IV e funcionou como muíño industrial ata 1970.
  • 151. Praia de Bestarruza (Mugardos)
  • 152. Baliza do Castelo da Palma, na boca da ría de Ferrol
  • 153. Praia de Chanteiro, entre Punta Segaño e Punta Coitelada (entre as rías de Ferrol e Ares)
  • 154. Cantil da punta Coitelada RÍA DE ARES-BETANZOS As rías de Ares e Betanzos comparten unha grande parte da súa extensión nunha boca común entre a punta Coitelada e a costa de Dexo.
  • 155. RÍA DE ARES É a ría do Golfo Ártabro formada polo río máis longo e caudaloso da zona, o Eume. O fondo, entre o final das Fragas do Eume e a frecha de Cabanas está ocupado por sedimentos entre os que o río forma amplos meandros. Desde Cabanas ata a punta de Camouco é relativamente estreita e logo ábrese entre a enseada de Ares e a punta da Cruz, no norte, e Ber, no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As rochas dominantes son os xistos e nas puntas, pedra de gran. Na comarca de Ferrol está incluída a marxa norte da ría de Ares, en terreos dos concellos de Ares e Fene. Ría de Ares entre os illotes Miranda e a illa do Mourón. Ao fondo Montefaro, desde onde se dominan as rías de Ares e Ferrol.
  • 156. Ares
  • 157. O Raso. Entre a punta do Castelo e a punta do Camouco, atópase a enseada de Ares circundada por tres praias que forman un conxunto de case tres quilómetros de lonxitude: Ares, Seselle, e O Raso.
  • 158. Ares
  • 159. AS ÁRBORES Amieira (Alnus glutinosa) en San Sadurniño, á beira do río Grande de Xuvia. A maioría das árbores desta comarca son plantacións de eucaliptos que ocupan grandes extensión forestais, especialmente polos montes próximos á costa. Nalgúns montes atópanse tamén plantacións de piñeiros. O bosque atlántico autóctono está reducido a pequenas masas nos vales máis profundos das serras do leste da comarca e nas beiras dos ríos mesturados cos bosques de ribeira. Nos parques e xardíns das vilas e pazos atópanse algunhas especies monumentais de árbores exóticas.
  • 160. Magnolia grandiflora de Santa Rita. (Narón). É a máis vella das que se coñecen en Galiza. Ten máis de douscentos anos, mide 14 m de altura e 6 m de perímetro. Está incluída no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALIZA
  • 161. Carballeira do Pazo do Monte (Ferrol)
  • 162. Chopos brancos de Xuvia (Narón) Salgueiro chorón na Praia de Vilarrube (Valdoviño) -2,4 m de perímetro
  • 163. Magnolia acuminada (Magnolia acuminata) do Xardín das Angustias (Ferrol). Mide 16, 50 m de altura e 3,50 m de perímetro. Acivro Casa Quintana (O Val) Narón
  • 164. Teixo no adro da igrexa de santo André de Viladonelle (Neda). Mide 3,50 m de perímetro. Teixo da Malata (Ferrol)
  • 165. Araucaria de Vila Herminia (Vilarrube, Valdoviño) -4,33 m de perímetro Estripo na praia de Vilarrube (Valdoviño)
  • 166. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC “COSTA ÁRTABRA” O espazo protexido abrangue 7.659 ha, desde a Enseada de Areosa, en Ares, ata Mugardos, incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata o cabo Ortegal (agás a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de Landoi; en terreos dos concellos de Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Narón, Mugardos e Ares. Inclúe a Lagoa e areal de Valdoviño protexida como Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR). Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico. Inclúe ecosistemas mariños (costa de Ares), cantís (cabos Prior e Prioriño, Punta Frouxeira, costa desde Cedeira até os cantís de Vixía Herbeira), praias e sistemas dunares (Doniños, San Xurxo, Santa Comba, Ponzos, Meirás, Frouxeira, Vilarrube...), illas e illotes (Gabeiras, Herbosa, Aguillóns...), lagoas e marismas, montes (A Capelada) e brañas.
  • 167. Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en magnesio, ferro e metais pesados como cromo e níquel) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas, como os endemismos locais Centaurea borjae, Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel mundial que so se coñece en Canarias e no noroeste ibérico). Centaurea borjae
  • 168. Penedos na Serra do Forgoselo, a carón dun antigo curro LIC XUVIA-CASTRO O espazo protexido, de 1.986 ha, inclúe gran parte do curso do Río Xuvia (desde o límite do concello de As Somozas e Moeche ata a desembocadura), o curso do río Castro, e a Serra do Forgoselo. Nesta comarca terreos dos concellos de Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño e As Somozas. As beiras dos ríos están ocupadas por bosque de ribeira no que abondan as amieiras, salgueiros e fentos. Na Serra do Forgoselo destacan as formacións graníticas con bolos, pías e cacholas. Escáncer (Anguis fragilis), un lagarto sen patas que se pode atopar en prados e zonas húmidas.
  • 169. Rego de Soutochao, principal afluente do Mera nas Somozas. Está protexido en todo o seu percorrido, incluídos os bosques da contorna das súas cabeceiras. LIC ORTIGUEIRA-MERA Un gran espazo de 3.795 ha que inclúe a Ría de Ortigueira e o río Mera. Nesta comarca un pequeno tramo no concello de As Somozas, nas cabeceiras do Mera e os montes dos Ladrós. O río Mera conserva nas súas augas e nas súas beiras ricos ecosistemas nos que hai unha variada flora e fauna acuáticas e de ribeira.
  • 170. ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES) “COSTA FERROL-VALDOVIÑO” Superficie: 4.266 ha. Concellos: Ferrol, Narón e Valdoviño. Destaca pola presenza de colonias interesantes de aves mariñas e de cantís e areais. Paíño (Hydrobates pelagicus) ten nas illas Gabeiras o mellor punto de cría de Galiza.
  • 171. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro marzo 2017