Rías de
Ares/Betanzos
Ría de Ares entre os illotes Miranda e a illa do Mourón. Ao fondo
Montefaro, desde onde se dominan as rías de Ares e Ferrol.
RÍA DE ARES-BETANZOS
Ábrense entre as puntas Coitelada (Ares) e Torrella (Oleiros).
Pódense considerar dúas rías que comparten unha boca común, aínda que cada
unha delas ten as súas propias características.
RÍA DE ARES
RÍA DE
BETANZOS
CONCELLOS:
Ares
Fene
Cabanas
Pontedeume
Paderne
Bergondo
Sada
Oleiros
Pt. Coitelada
Pt. Torrella
ARES
CABANAS
PONTEDEUME
MIÑO
FENE
PADERNE
SADA
OLEIROS
BERGONDO
RÍA DE ARES
RÍA DE
BETANZOS
Pt. Carboeira
Puntas Coitelada (no primeiro plano) e Torrella (ao fondo), pechando a ría de Ares/Betanzos
RÍA DE ARES
Ábrese en dirección Leste-Oeste, entre a punta Coitelada (Ares) e a punta Carboeira
(Pontedeume), onde se xunta coa ría de Betanzos. É a ría do Golfo Ártabro formada polo río
máis longo e caudaloso da zona, o Eume, e tamén recibe outros pequenos regos como os de
Laraxe e A Xunqueira. O fondo, entre o remate das Fragas do Eume e a frecha de Cabanas
está ocupado por sedimentos entre os que o río forma amplos meandros. Desde Cabanas
ata a punta de Camouco é relativamente estreita e logo ábrese entre a enseada de Ares e a
punta da Cruz, no norte, e Ber no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As
rochas dominantes son os xistos e nas puntas, pedra de gran.
O río Eume nace no Seixo Branco (Serra do Xistral) e desemboca na Ría de Ares, despois de
80 km de percorrido. A parte baixa do val do Eume e algúns dos seus afluentes forman parte
do Parque Natural “Fragas do Eume” creado en agosto de 1997.
Ría de Ares, entre a costa de Cabanas e
Pontedeume.
Ría de Ares, entre a costa de Cabanas, Fene e Ares –na marxe dereita- e Pontedeume –na esquerda-.
RÍA DE BETANZOS
Esténdese, con dirección SE-NO desde a punta Torrella, ao norte ata a punta Carboeira, ao
surleste, onde comparte boca coa ría de Ares.
Mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos
ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os materiais transportados
polos ríos Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas zonas lamacentas que quedan
descubertas coa marea baixa. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torrella, é máis amplo
e conflúe coa ría de Ares. Tamén desembocan nela os ríos Lambre e Baxoi.
As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas.
É unha importante zona marisqueira (ameixa, berberecho...)
O RÍO MANDEO nace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes) e desemboca na ría de
Betanzos formando un amplo esteiro. O tramo final do río conserva unhas extensas
marismas de grande riqueza biolóxica.
Ésteiro do Mandeo
Esteiro do mandeo desde o pazo de Mariñán
Esteiro do Mandeo e ponte da autopista
A ría de Betanzos noutros tempos foi navegable en toda a súa extensión.
Os sedimentos depositados nos seus fondos e ribeiras foron reducindo o seu calado.
De Domingo Fontán - Galiciana.
Biblioteca Dixital de Galicia,
Mapa de
Domingo
Fontán
(c 1846).
Na ría de
Betanzos non
había pontes
A ría de Betanzos entre Cirro (Sada) e Lorbé (Oleiros)
Punta Coitelada
Cantís entre as puntas Coitelada e Seira
Punta Seira
Enseada do Areoso
Enseada do Areoso
Punta Avarenta
Punta Promontorio
Castro de Santa Mariña, na punta Insuela
Punta Insuela
Punta Insuela
Punta do Boi
Punta do Boi
Cantís de Augamexa
Fervenza de Augamexa
Punta da Barrosa
Praia da Barrosa
A Barrosa
Punta da Miranda e illotes da Gurita e da Miranda
Punta da Miranda: vista cara á Barrosa
Punta da Gurita
Vista desde a punta da Gurita
Praias de Colado, A Ribada, As Estacas e Centeás
Praia do Colado e punta da Gurita
Praia do Colado
Puntas das Estacas
Puntas das Estacas
Praia da Ribada
Punta e praia de Centeás
Punta Sardiñeiro
Punta do Castelo (Ares)
Enseada de Ares desde O Raso.
Entre a punta do Castelo e a punta do Camouco, atópase a enseada de Ares circundada por tres praias
que forman un conxunto de case tres quilómetros de lonxitude: Ares, Seselle e O Raso.
ARES. Vila pesqueira e turística asentada no leste da enseada entre a
desembocadura do rego Vieira ou Xunqueira e a punta do Castelo.
Ponte da Ciscada no rego da Xunqueira
Praia da Ciscada
Punta e praias do Castro
Praias de Seselle (A Campa e O Raso)
Praia da Campa
Rochas entre as praias da Campa e O Raso
Praia do Raso
Punta e illa Mourón
Punta e illa Mourón
Praia de Sabadelle
Punta da Agra
Punta do Castelo (Redes)
Punta do Castelo
Redes, pequeno e acolledor porto pesqueiro situado nunha das
zonas máis abrigadas da ría.
Praia de Area Morta (Redes)
Punta entre as praias de Redes e Río Sandeo
Praia do Río Sandeo (compartida con Fene)
Praia do Coído
Praia do Coído
Praia do Coído
Costa desde As Almieiras ao Coído
Praia de Almieiras
O Lapido
Praia do río Castro
Desembocadura do río Castro. Nace entre o Pico do Castro e o Coto do Castro e desemboca
facendo linde entre os concellos de Fene a Cabanas.
Pena do Altar
Costa entre a Pena do Altar e Chamoso
Costa entre a Pena do Altar e Chamoso
Praia de Chamoso
Praia de Chamoso e punta da Illa
Punta da Illa
O Covo
Praia de Cabanas ou da Madalena, de 1.400 m de lonxitude. Está asentada sobre a frecha
que pecha parcialmente o esteiro do Eume. Na trasduna hai un piñeiral entre que se
atopan numerosas sobreiras, algunhas xa vellas e outras plantadas hai poucos anos.
Vista parcial de Cabanas coa praia da Madalena
Praia da Madalena
Praia no esteiro do Eume
Esteiro do Eume O Areal
Pontes do camiño de ferro e da autopista sobre a
desembocadura do Eume, entre Cabanas e Pontedeume
Esteiro do Eume
Porto no esteiro do Eume (Cabanas)
PONTEDEUME. Coa torre dos Andrade dominando o conxunto. Esta vila, situada no esteiro do
Eume conserva un bo casco antigo con casas tradicionais e monumentos de interese. É un
importante centro turístico e porta de entrada ao parque Natural das Fragas do Eume.
Porto de Pontedeume
Boca do Río e ponte do camiño de ferro
Praia Sopazos
Punta da Macuca
Praia de Centroña
Enseada da Mina
Puntas Celeiro e Louseira
Punta Louseira
Punta Cabritas
Praia de Ber
Praia e cantís de Ber
Praia de Paredes
Punta Camoureda
Praia do Coído
As Cales e e Pena Roiba
As Cales e a punta do Coto
Punta do Coto e illa Carboeira
Punta do Coto
Praia da Ínsua
Punta de San Pedro
Porto de Andaío
Praia de Andaío
Praia de San Pedro (Perbes-Miño)
Illa do Carbón (ao fondo Sada)
Praia de San Pedro (Perbes)
Praia de Marín
Punta
do Toxo
Praia do Lago e punta Redonda
Praia do Lago
Río Xarío
Punta do Río de Bañobre desde a praia Grande de Miño
Praia Grande de Miño
Enseada de Bañobre
Praia Grande de Miño (1.360 m), formada sobre a frecha que pecha o esteiro do río Baxoi.
Miño é un dos centros de veraneo máis importantes de Galiza.
Esteiro do río Baxoi
O Baxoi fórmase cos ríos Anduriña e Vilariño que nacen en Monfero, na serra do
Queixeiro. Desemboca en Miño orixinando, en acción conxunta co mar, unha frecha de
area que forma a praia Grande de Miño.
Esteiro do río Baxoi
Punta Satareixas
MIÑO: porto e praia da Ribeira
Praia Pequena de Miño, de Sumiño ou da Ribeira
Punta Sumiño e ao fondo a punta Xurelos
Punta Sumiño
Punta do Gafo
Praia da Alameda (Miño). Conserva un bo sistema dunar.
Esteiro do río Lambre
O RÍO LAMBRE nace no Monte da Pena da Uz (Monfero) e desemboca na Ponte do Porco
facendo fronteira entre os concellos Miño e Paderne.
Ponte do Porco e desembocadura do Lambre
Desembocadura do Lambre na Ponte do Porco, entre Miño e Paderne
Praia da Abeleira. Coa marea baixa forma un extenso areal que se une á praia Xurela e polo
que se pode camiñar.
Punta Xurela: entre os esteiros do Lambre e do Mandeo
Punta Xurela
Punta Xurela
Praia Xurela, moi abrigosa e tranquila na que antes se recollía moito berberecho,
longueirón, mexillón, mincha e en menor cantidade ameixa.
Praia Xurela
O Pontón (Paderne)
Ría de Betanzos entre Paderne e Bergondo
Ría de Betanzos desde Ponte Pedrido, na desembocadura do Mandeo, o río principal que
alimenta a ría de Betanzos. O tramo final do río conserva unhas extensas marismas de
enorme riqueza biolóxica.
Ponte do Pedrido sobre a desembocadura do Mandeo, entre
os concellos de Paderne e Bergondo
Pazo de Mariñán e ría de Betanzos
A Pasaxe
A Pasaxe
Ponte do Pedrido
Ponte e praia do Pedrido
Praia do Pedrido (Bergondo). O Mandeo forma uns amplos areais ao atoparse co mar.
Praia da Cabana
Cantil entre as praias da Cabana e do Regueiro/Moruxo
Praia do Regueiro/Moruxo
Punta de Moruxo. A Pedreira.
Punta de Gandarío
Praia de Gandarío, de 700 m de lonxitude
Punta Corveiroa
SADA
Sada, un porto de orixe fenicia e poboado desde a antigüidade, como dan testemuña os
numerosos achádegos arqueolóxicos da zona. Na actualidade é unha vila pesqueira e
turística. Sada acolle importantes mostras de patrimonio histórico artístico: castros, igrexas,
pazos, edificios modernistas...
Praia de Sada: Nova e As Delicias, separadas polo río Maior
Río Maior. Un dos afluentes forma, pouco antes da desembocadura, unha unha zona
húmida catalogada no Inventario de humidais de Galiza (Brañas de Sada).
Porto de Fontán (Sada)
Punta de Fontán
Praia de Morazón
Pena da Herba
Praia e punta Arnela
Praia de Lobos
Praia de Lobos
Punta de Armenteiro
Enseada, praia e punta de Lourido
Enseada Garroteira
Punta de San Mamede
A punta de San Mamede, na que se localizan os restos dun castro da idade de ferro, é un interesante
punto panorámico sobre a ría de Ares, nunha contorna de abruptos e elevados cantís con furnas,
ensedas, Illotes coroados de vexetación e pequenos coídos.
Punta de San Mamede
Punta Pereirós
Punta das Xardas
O Gaivoteiro
Costa do Raio
Praia de San Pedro e Pena da Herba (Sada)
Punta do Castelo
Praias de Cirro (Area Grande e Areal do Mar da Grande)
Punta do Cirro (Lorbé-Oleiros)
Pena da Herba e enseada de Lorbé
Lorbé. Pena Roxa.
Lorbé é un porto pesqueiro con grande actividade de acuicultura.
Lorbé
Lorbé
Punta Rabaleira
Enseada da Garroteira
Punta Torrella
Punta Torrella
XEOLOXÍA
A maior parte das rochas do litoral das rías de Ares e Betanzos son xistos, agás algunas
masas de granitos no extremo norte da ría de Ares. Nos esteiros dos ríos e nas súas
proximidades abondan os sedimentos de lamas e areas.
MAPA
LITOLÓXICO
Nos cantís hai una grande variedade de formas debidos á tectónica (fallas, dobras) ou a
erosión (furnas, illotes, arcos…)
Granodioritas
na Punta Coitelada
Punta Coitelada. A erosión nos granitos adoita producir formas redondeadas
Plataforma de abrasión na praia da Barrosa (Ares)
Dobras na praia da Barrosa (Ares)
Erosión nos xistos. Praia do Colado (Ares)
Puntas das Estacas (ares)
Punta Augamexa (Ares)
Costa entre a Pena do Altar e Chamoso (Ares)
Cantís entre as puntas Sumiño e do Gafo (Miño)
Cantil entre as praias da Cabana e do Regueiro/Moruxo (Bergondo)
Punta de San Mamede (Sada)
Punta Rabaleira (Oleiros)
Punta Rabaleira
O río Eume forma unha flecha ao atoparse co mar, na que se asenta a praia da Madalena.
As dunas están ocupadas por plantacións de piñeiros e a beira limitada por un espigón.
Areal do Pedrido
PROTECCIÓN
-LIC/ZEC “Costa Ártabra”.
-LIC/ZEC “Betanzos-Mandeo”.
-LIC/ZEC “Esteiro do Baxoi”: está proposto e pendente de aprobación.
Inclúe o tramo
entre as puntas
Coitelada e
Avarenta
LIC “Costa
Ártabra” nas
comarcas de
Ferrol e Ortegal.
LIC/ZEC “Betanzos-Mandeo” Inclúe o esteiro do Mandeo/Mendo e a ría entre a punta
de Gandarío e a praia pequena de Miño.
Bergondo
Paneis informativos do LIC/ZEC “Betanzos-Mandeo” a carón do Pazo de Mariñán
No litoral das rías podemos atopar diversos hábitata: augas libres, esteiros, lameiros, costa
rochosa abrigada e exposta, areais … nos que se asenta una variada flora adaptada á vida
sobre as rochas, nos fondos de lama e area e nas praias e dunas.
Verdello na enseada de Ares
FLORA
Esteiro do río Baxoi
Nos esteiros e marismas atópanse
plantas adaptadas ás augas salobres:
sebas, xuncos, salicornias, verdoaga
mariña, acelga salgada, herba das
anduriñas...
Bocho (Fucus vesiculosus)
Algas verdes e pardas
Herba salgada (Spartina maritima)
Chantaxe mariño
(Plantago maritima)
Reichardia gaditana. Só se atopa en praias pouco alteradas.
Na parte alta dos cantís abonda o mato de toxos e breixos e nas paredes rochosas
aséntanse o pirixel do mar, a herba de namorar, o fento mariño, os liques...
Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
Herba de namorar
(Armeria pubigera)
Carballo na Punta da Illa
Piñeiro bravo (Pinus pinaster)
na praia de Cabanas
FAUNA
Garza real (Ardea cinerea)
Os esteiros e marismas acollen unha importante
representación de aves acuáticas: garza,
garzota, picapeixes, gabita, gaivotas
(patiamarela, chorona e escura), mazarico
(galego e curlí), píllara real, lavanco real, pato
cincento, pato asubión, corvo mariño real...
Parella de lavancos (Anas platyrhynchos)
Aves na Praia de Sada
Mazaricos
Pilro curlibico (Calidris alpina)
Gabitas (Haematopus ostralegus)
Pesca, marisqueo, acuicultura, deportes, lecer...
USOS/APROVEITAMENTO
Porto de Miño
Porto de Sada
Lorbé, pequeno porto pesqueiro con grande actividade de acuicultura.
Porto de Ares
Antigos viveiros na ría de Betanzos (Paderne)
Un estreito carreiro polos
cantís da Punta Seira
Por todo o litorals das rías de
Ares/Betanzos podemos facer
roteiros para coñecer os lugares de
máis interese natural ou cultural e
gozar de paseos coa compaña do
mar e o vento.
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
O litoral da ría estivo habitado desde tempos prehistóricos, do que dan testemeña o grande
número de castros costeiros.
Na actualidade hai numerosos núcleos de poboación que conservan un patrimonio de
interese: portos, núcleos tradicionais, edificios singulares, embarcacións tradicionais…
Ademais podemos atopar pontes, un muíño de marea…
Castro de Santa Mariña na Punta Insuela (Ares). Unhas instalación de baterías militares desfixeron
bastante o xacemento. Ao leste do castro hai unha galería coñecida como Cova dos Mouros, duns 120
m de lonxitude e escavada na rocha. É de orixe desconhecida, pero hai moitas lendas, algúns supoñen
que chegaba ata Mehá (Mugardos), na ribeira da ría de Ferrol.
Restos do Castelo de Redes (punta Modias), unhas baterías militares construídas entre 1757 y 1773.
Restos do Castelo na punta de Fontán (Sada). Unha batería militar construída a comezos do
século XVI. Na punta Corbeiroa, na outra parte da praia, había outra batería.
Redes (Ares)
“A Terraza”, un edificio modernista declarado
Monumento Histórico-Artístico (Sada).
Restos do muíño de marea na desembocadura do río Castro (Cabanas)
Porto de Pontedeume: antigos almacéns
Punta das Saíñas, onde houbo unhas antigas exlotacións para a extracción de sal (Bergondo)
http://sigpac.mapa.es/fega/visor/
Área de interpretación das Saíñas, da Pasaxe e das embarcacións tradicionais (Bergondo)
Área de interpretación das Saíñas, da Pasaxe e das embarcacións tradicionais (Bergondo)
Ponte na desembocadura do Eume, entre Cabanas e Pontedeume, construída entre 1864 e 1870.
A primeira ponte foi mandada facer en pedra na Idade Media por Fernández de Andrade e tivo 79
arcos apuntados, dúas torres e un hospital para os peregrinos.
Pazo de Mariñán, á beira do esteiro do
Mandeo. Acolle un Centro Cultural da
Deputación de A Coruña. Nos xardíns, abertos
ao público, conserva especies monumentais de
numerosas árbores.
camelia, buxo, plátano, eucalipto, chopo, freixo
florido, pacana de illinois, palmeira datileira,
érbedo, mirto, teixo...
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Ostra rizada, ostra xaponesa, ostra do Pacífico, ostra portuguesa ou ostión (Cassostrea gigas), unha
especie de ostra procedente dos mares de Xapón, China e Corea, e que debido á súa boa adaptación e ao
seu rápido crecemento, converteuse nunha especie invasora das rías do norte de Galiza.
PROBLEMAS
Praias de Sada
Praia de Andaío (Pontedeume)
Ares
Eucaliptos ata a beira do mar
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Novembro 2020

Rias de Ares/Betanzos