A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
O concello de Cambados atópase á beira da ría de Arousa, no centro da comarca do Salnés. Ten 17 km de litoral (sen contar as illas) e a súa maior parte está no esteiro do Umia (espazo con varias figuras de protección). É unha costa abrigada e recortada que alterna areais, rochedos, pequenas praias e esteiros; de augas calmas e de pouca profundidade e grandes áreas que quedan en seco coa marea baixa, que acollen ricos bancos marisqueiros.
A ría da Arousa ábrese entre as puntas Falcoeiro, ao norte, e o Con da Aguieira (na península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de cumprimento na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia.
Acolle importantes valores naturais, culturais e económicos e conta con varias proteccións.
O concello de Baiona está situado no banda sur da Ría de Vigo. O litoral ten dúas partes contrapostas o fondo do seo e o esteiro do Miñor onde a costa é protexida, baixa e areosa, e a outra, a partir do monte do Boi ata o cabo Silleiro, rochosa e exposta.
As principais actividades son o turismo, os servizos, a pesca e o marisqueo. Baiona acolle un importante patrimonio natural e cultural.
A RÍA DE CORCUBIÓN, RÍA DE CEE ou ría de CORCUBIÓN E CEE está considerada a máis septentrional das Rías Baixas. En realidade é un grande seo en forma de arco (SEO DE FISTERRA) que se estende entre o Cabo Fisterra, ao norte, e a punta dos Remedios, ao sur. Inclúe a ría ou seo do Ézaro e a chamada tradicionalmente ría de Corcubión ou Cee. Acolle importantes valores naturais e culturais.
Vilagarcía da Arousa está situada ao norte da comarca do Salnés, no fondo da ría de Arousa, en parte no esteiro do Ulla. Ten unha costa típica de fondo de ría, baixa e recortada, na que se suceden puntas, areais e lameiros nos pequenos esteiros dos regos que baixan dos montes que a rodean (Xiabre e Lobeira). Destaca a presenza das illas de Cortegada e as Malveiras e os lombos da desembocadura do Ulla, que son importantes bancos marisqueiros. Unha parte importante do litoral está ocupada polas áreas portuarias.
Concellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.

A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
Un litoral dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexido nos LICs/ZECs "Río Ouro" e "Ría de Foz-Masma", e como Lugar de Interese Xeolóxico Internacional
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.

A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
É unha cadea montañosa de 210 km de lonxitude que se estende de norte a sur, desde Estaca de Bares ao Miño, na raia con Portugal. Marca a linde entre as provincias de A Coruña e Pontevedra (ao oeste) coas de Lugo e Ourense (ao leste). É un bloque que se elevou a finais do Período Terciario sobre montañas anteriores moi erosionadas.
O concello da Illa de Arousa ocupa a illa do mesmo nome, situada no interior da ría da Arousa. É a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e 7 km2 de superficie) e a máis poboada. Conta cuns 36 km de costa na que alternan as zonas rochosas, os seos, as praias e as dunas. Está unida a terra desde 1985 por unha ponte de 2 km de lonxitude. Foi o último concello de Galiza en constituírse, no ano 1997.
Moitos dos areais da Ila de Arousa son ricos bancos marisqueiros.
A costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral cara ao interior dos continentes e remata nos lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a paisaxe e os ecosistemas.
A Costa galega: características e formas máis representativas.
O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
O concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
Neste espazo está incluída a parte oriental da ría do Barqueiro, a zona exterior da ría de Viveiro e a costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe tamén as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...).
Concellos: Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove (Lugo).
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Poio está situado na marxe dereita da ría de Pontevedra, desde Raxó ata o esteiro do Lérez, onde está conectado con Pontevedra pola ponte da Barca.
O relevo é moi accidentado, as abas dos montes caen bruscamente cara ao mar e só hai algúns territorios chans na pequena faixa costeira, con numerosos ríos que baixan do Castrove, de curto percorrido e pendentes pronunciadas.
Na área costeira alternan os esteiros e marismas formados polos numerosos ríos que achegan os seus sedimentos, algunhas praias e pequenas zonas rochosas de pouca altura. Hai importantes zonas de marisqueo a pé e parques de cultivo. As principais poboacións costeiras son Raxó, Combarro e Campelo.
O Concello de Vilaboa está situado na marxe dereita (oeste) da ría de Vigo. O litoral forma parte do Seo de San Simón e exténdese desde a punta do Aradoiro (no linde con Moaña) ata a desembocadura do río Ulló (linde con Pontevedra).
É unha costa abrigada que alterna rochedos de pouca altura con areais e seos nos que desembocan pequenos regos que nacen nos montes do Morrazo. As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura, os servizos e a industria (estaleiros, conserveiras...).

O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
A RÍA DE VIGO ábrese entre o Cabo Home, ao norte e o Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. É unha ría intensamente poboada e cunha grande actividade pesqueira, marisqueira, comercial e industrial.
CONCELLOS: Cangas, Moaña, Viaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona.
O concello da Guarda está situado no extremo SO de Galiza, cunha parte na costa do Arco Miniano-Duriense, cara ao mar aberto e outra no esteiro do río Miño, con Portugal na outra banda.
A costa atlántica da Guarda é rectilínea, rochosa, exposta, con dous seos na parte central que acollen a localidade e os únicos areais costeiros da contorna. A ribeira do Miño, entre a desembocadura e a Pasaxe, é unha costa baixa e areosa na que os areais perden extensión e amplitude canto máis se adentran no esteiro.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo . Ademais dos valores naturais A Guarda conta cun importante patrimonio histórico e etnográfico.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Dumbría, un concello maiormente de interior que estende o seu territorio polas alturas que separan os ríos Xallas e Castro e polos montes de Buxantes, ten un pequeno tramo de costa na contorna do Ézaro, na desembocadura do río Xallas. Non son máis que 2 km, pero acolle uns fermosos areais e un lugar espectacular, dos máis coñecidos de Galiza, a fervenza, de máis de 40 m de altura, pola que o río Xallas cae ao mar.
Nos concellos de Cariño e Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Cabo Ortegal", “Estaca de Bares” e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
O concello de Outes está situado na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre facendo linde polo sur. A costa é abrigada e está ocupada por amplas áreas de marismas nos esteiros dos ríos (Tambre, Entíns, Bendimón...), algúns areais, e zonas de cantís de pouca altura. Acolle importantes bancos marisqueiros. As principais actividades son os servizos, a industria (estaleiros, serradoiros...), a pesca, o marisqueo e a agricultura. Conta con áreas de grande interese natural e conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados localmente moas), cruceiros, igrexas...
Abrangue a zona comprendida entre a praia do Eirón en Espasante e a Punta Almeiro en Bares, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña).
A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón.
É unha área de grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico.
Litoral do concello de Ortigueira, na ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Estaca de Bares" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
Litoral do concello de Cariño, entre os cantís da serra da Capelada e a ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Cabo Ortegal" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
CONCELLOS: Porto do Son e Ribeira (A Coruña)
Inclúe o tramo costeiro entre a Punta do Castro (Porto do Son) e a Punta do Francés, no Cabo Corrubedo; a costa desde o comezo da praia Ladeira ata a Punta Falcoeiro e as illas da boca da ría de Arousa ata o arquipélago de Sálvora, así como as áreas mariñas próximas o e sistema dunar e húmido de Corrubedo e as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro ou Basoñas.
É un espazo cun grande valor ecolóxico, paisaxístico e histórico-etnográfico.
Luisa e Roxelio tentan encherlle as horas mortas aos nenos con entretementos sinxelos, para o que lles aprenderon a facer barcos, avións, paxariñas e outras cousiñas con papel que tiveron remates sorpresa.

2. A RÍA DE CAMARIÑAS está situada no centro da costa da morte. Ábrese entre o Cabo Vilán,
ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do
Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese
o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro.
CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Muxía
Cabo Vilán
9. CABO VILÁN
É un farallón con cantís de ata 80 m de altura. No extremo do cabo atópanse os illotes de
Vilán de Terra e Vilán de Fóra
Foi declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1933.
24. Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na que se levanta a ermida da
Virxe do Monte. Desde o alto do monte Farelo hai unha boas vistas da costa.
56. O RÍO GRANDE coñecido tamén como Río do Porto, fórmase pola unión de varios
regos que baixan da serra de Soneira e desemboca na ría de Camariñas despois de
39 km de percorrido.
Ponte do Porto
57. Esteiro do río Grande no fondo da ría
O litoral, de Vimianzo no interior da Ría de Camariñas vai desde a desembocadura do Río Grande (A
Esquipa) ata a Furna do Sapo. É unha área de esteiro e marismas, na parte máis protexida da ría,
unha zona de valor etnográfico (muiño de marea na desembocadura do rego de Carnés) e histórico
artístico (Torres e igrexa de Santiago do Cereixo) e carballo monumental no adro.
72. Punta de Lago.
A farola é unha torre de enfiada que forma con outra que está, detrás, no monte, un aliñamento para
entrar e saír da ría evitando uns baixos.
73. Praia do Lago. Mide 640 m de lonxitude. Nela desemboca o rego de Ozón ou do Lago.
74. Río do Lago ou de Ozón. Fórmase,
un pouco antes da desembocadura,
pola confluencia dos regos de
Valiño, de Quintáns e de San
Martiño e desemboca na ría de
Camariñas, na praia do Lago.
75. A praia do Lago ten unha fisonomía moi cambiante polas variacións do curso do
rego de Ozón entre as dunas de area movidas constantemete polo mar.
84. Río Negro ou rego dos Muíños. Ten unha pequena ruta acondicionada con muíños restaurados desde
a localidade ata a desembocadura na praia pola que baixa o camiño dos faros.
99. Muxía. Vila mariñeira e centro comercial e de servizos do concello.
Conta cun importante porto de pesca e marisqueo e un interesante patrimonio cultural.
100. Muxía, co Monte do Corpiño (onde hai un miradoiro) ao fondo
105. Punta da Barca. Pecha a ría de Camariñas polo sur. Entre as rochas atópanse a Pedra de
Abalar, a Pedra dos Cadrís e outras relacionadas con diferentes ritos.
106. Punta da Barca. Cos dous faros que gardan a boca da ría de Camariñas.
107. XEOLOXÍA
A costa da Ría de Camariñas ten un enorme valor xeolóxico. Está formada case toda por
granitos que dan lugar a cantís de considerable altura e variadas formas creadas pola
erosión (penedos, furnas, bolos, boleiras ou coídos...) Nos esteiros dos ríos e nos
entrantes da costa fórmense areais e sistemas dunares.
MAPA LITOLÓXICO
108. Curiosa rocha en Cabo Vilán
coñecida co nome da Moa
O Cabo Vilán está formado
na súa maior parte de
rochas graníticas de cor
vermella (granito de dúas
micas) acompañado de
xistos e cuarcitas
112. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO 67001. Pedras Abaladoiras de Muxia
Interese: Xeomorfolóxico. Estratigráfico. Petrolóxico-xeoquímico.
Unidade Xeolóxica: estruturas e formacións do Oróxeno Varisco no Macizo Ibérico.
Un conxunto de rochas partidas e separadas pola formación de grandes diaclasas. Están
ligadas a numerosas lendas e tradicións e son obxectos de culto: Pedra de Abalar, Pedra dos
Cadrís, Pedra da Cabeza…
Pedra Abaladoira
113. A Pedra de Abalar só podían movela os inocentes. Un temporal desprazouna e rompeu.
114. A pedra dos Cadrís ten un oco
polo que pasan os que desexan
curarse de males dos cadrís.
Pedra da Cabeza
116. LIC/ZEC Costa da Morte: comprende o litoral desde
Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta
da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas
e as zonas próximas á áreas urbanas. É o espazo de
maior distribución territorial costeira do país.
117. FLORA
No litoral da ría de Camariñas podemos atopar una rica flora mariña e terrestre.
Na zona infralitoral e na intermareal hai una grande variedade de algas.
Golfos (Saccorhiza polyschides), vive
nas costas rochosas expostas.
Leituga do mar (Ulva lactuca), vive nas costas
protexidas en fondos areosos e lameiros.
118. Algas, xuncos, espartinas e salgueiros no esteiro do río Grande.
No interior da ría e nos esteiros abondan os xuncos, as espartinas, a portulaca,
os carrizos…
126. FAUNA
Destaca a grande riqueza dos hábitats mariños nos que se poden atopar especies que viven
nas augas libres, apegadas ás rochas ou nos fondos de area ou lama.
Apegón, chupona (Actinia equina)
127. Ameixa, un molusco obxecto de explotación
nos bancos marisqueiros da ría. As miñocas son elementos importante dos
ecosistemas areosos e lamacentos. Limpan o
substrato e serven de alimento a outros animais.
138. As especies que se capturan na
ría comercialízanse nas lonxas de
Camariñas e Muxía.
139. En Muxía hai tradición de secar o congro desde tempos antigos. Na Idade Media comezou a
exportación como intercambio comercial cos provedores de cordelería de Calatayud.
Na actualidade consérvanse dous secadoiros.
Secadoiro dos Cascóns (imaxe de 1979)
140. Praia e punta do Lago
O litoral da Ría de Camariñas da para varias rutas, para ver cada recuncho, coñecer os
seus valores ou simplemente gozar das camiñadas en paisaxes espectaculares en
compaña do mar e do vento.
141. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
O litoral da ría de Camariñas
estivo poboado desde tempos
moi antigos.
Por toda a contorna
consérvase un importante
patrimonio cultural de
distintas épocas, tanto
material como inmaterial.
As embarcacións tradicionais son
una importante representación
do patrimonio cultural da ría.
(O Cereixo. Vimianzo).
142. Faro de Cabo Vilán, inaugurado en 1854 e posteriormente renovado, foi o primeiro de
España en ter luz eléctrica (desde 1896).
151. Santuario da Virxe da Barca. Construído no século XVIII a carón dunha antiga capela. Recibe moitas
visitas durante todo o ano, algunhas a cumplir cos ritos relacionados cos beneficios das pedras.
Conta a tradición que a Virxe chegou a Muxía nunha barca de Pedra.
152. A Romaría da Virxe da Barca é o fenómeno cultural máis importante de todo o ano en Muxía e unha
das festas máis grandes que se celebran en Galiza. É unha mestura de actos relixiosos e profanos que
xira en torno á historia do Santuario da Virxe da Barca e as peregrinacións a Muxía polo Camiño
Xacobeo de Santiago de Compostela a Fisterra e Muxía.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o puidera ter de ouro
miña Virxe, se quixera.
(Popular)
153. A Punta da Barca é un importante punto turístico e de devoción
154. A pedra dos Cadrís ten un oco polo
que pasan os que desexan curarse de
males dos cadrís.
Pedra da Cabeza
155. A Pedra de Abalar só podían movela os inocentes. Un temporal desprazouna e rompeu.
156. “A Ferida”, monumento que recorda a Marea Negra do “Prestige” e ao voluntariado
que traballou para combatela.
157. Muíño de mareas da Torre ou das Arceas, na desembocadura do río do Cereixo. O edificio
orixinal (do século XVII) sufriu moitos cambios, antigamente só tiña un andar, hoxe hai
dous e foi adaptado para vivenda.
160. Palilleira. En Camariñas e na comarca hai un bo número de mulleres dedicadas a esta
actividade artesanal importada dos Países Baixos no século XVI e que hoxe é unha
importante fonte de recursos e atractivo desta zona. Na vila de Camariñas hai un museo do
encaixe e obradoiros de formación, e desde 1991 realízase unha Mostra do Encaixe.
162. -Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
PROBLEMAS
163. Cabo Vilán. A pesar de ser un dos espazos protexidos máis emblemáticos de Galiza sufriu algunhas
alteracións pouco axeitadas ao seu valor natural e paisaxístico como a construción dun parque eólico e
unha piscifactoría.