SlideShare a Scribd company logo
BARBANZA
Arousa Norte
A NATUREZA
A Barbanza desde a ría
A comarca do Barbanza ou Arousa Norte atópase no suroeste da provincia da Coruña,
ocupando a parte sur na península do mesmo nome. O territorio está ocupado na súa maior
parte pola serra do Barbanza e a costa da banda norte da ría de Arousa e un tramo de mar
aberto ata pasado o cabo Corrubedo.
O último tramo do esteiro do Ulla ocupa parte das costas de Rianxo, e numerosos cursos
fluviais de pequeno percorrido baixan da serra directamente ao mar.
As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, a industria (sobre todo
relacionada coa pesca) e a construción.
Ten un rico patrimonio natural centrado especialmente na costa exterior e no esteiro do Ulla.
SUPERFICIE:
246,8 km2
POBOACIÓN:
67.683 habitantes
(2014)
CONCELLOS:
Boiro, A Pobra do
Caramiñal, Rianxo e
Ribeira.
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
-Parque Nacional da
Illas Atlánticas
-Parque Natural de
Corrubedo
-LICs “Sistema Fluvial
Ulla-Deza”, “Ons-O
Grove” “Complexo
Húmido de
Corrubedo”
-Sitio de Interese
Nacional “Cumio da
Curotiña”.
-Humidal RAMSAR e
ZEPA Corrubedo
CLIMA
Cabo da Cruz
Oceánico moi húmido, cunha temperatura suave (na costa a media anual é de 14,9 ºC).
ACTIVIDADES
Porto de Ribeira
As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, o marisqueo e os
cultivos mariños, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción.
Barcos pescando na boca da Ría de Arousa. A Confraría da Pobra ofrece, dentro do proxecto Pescanatur, a posibilidade
de facer turismo mariñeiro cos mariscadores a flote ou nas praias e cos mariñeiros e mariscadoras.
Bateas
PATRIMONIO
É unha comarca que acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, dolmes,
mámoas...) e unha grande variedade de elementos etnográficos (embarcacións tradicionais,
hórreos, nucleos tradicionais, peiraos, pontes...) e monumentos histórico-artisticos (igrexas,
pazos, faros...).
Casota do Páramo, no lugar de A Graña, nos cumes da serra da
Barbanza. Nunha das pedras ten gravado un petróglifo.
Arca da Barbanza
Por toda a serra existen numerosas
necrópoles megalíticas do Neolítico (entre
4.500 e 2.800 a.C.). Unha ruta indicada
permite percorrer unha zona con trinta
mámoas, algunhas escavadas: Outeriño do
Pan, O Páramo, O Armadoiro, Pozo da Lagoa,
Pedra da Xesta, A Cavad, O Carqueixal, Porto
Travesoo, O Outeiro, A Barbanza...
Dolme de Axeitos, na parroquia de Oleiros, con aproximadamente 4.000 anos de antigüidade. Nos arredores de
Corrubedo consérvanse abondantes restos arqueolóxicos que dan mostra de que estivo poboada desde tempos antigos.
Hai numerosas lendas que fan referencia a un poboado palafítico ou á existencia da cidade de Valverde ou Reirís
debaixo das dunas e na lagoa do Carregal. Tamén din que hai un barco afundido que fai soar a serea as noites de néboa.
Outros dín que é unha serea ou o Boi Bruón.
Laxe das Cabras (Palmeira, Ribeira)
Nas terras da Barbanza hai localizados numerosos petróglifos. Algúns deles poden visitarse ao estaren sinalizados ou
formar parte de rutas indicadas.
Petróglifo “Os Mouchos” en Rianxo
Castro do Neixón, na península do mesmo nome na parroquia de Cespón (Boiro). É un conxunto formado por dous
castros (Pequeno e Grande) con máis de 2.500 anos de antigüidade, e o Centro Arqueolóxico do Barbanza onde se
recollen diversos restos arqueolóxicos e se explica a vida nos castros.
Castro da Cidá (Ribeira)
Castro do Porto Baixo (Anquieiro, Carreira), no interio do Parque Natural de Corrubedo. Descuberto por casualidade no
ano 1978, facendo extraccións ilegais de area. Está moi deteriorado.
Igrexa de Santa María A Antiga (A Pobra do Caramiñal)
Igrexa de Santiago do Deán
(A Pobra do Caramiñal)
Igrexa de Cespón (Boiro)
Igrexa de Abanqueiro (Boiro)
Igrexa de Santa Comba (Rianxo)
Igrexa Guadalupe (Rianxo)
Restos do Castelo da Lúa (Rianxo)
Pazo de Xunqueiras (A Pobra do Caramiñal)
Casa Grande de Aguiara (A Pobra do Caramiñal). Un pazo barroco que ten a súa orixe nunha torre do século XVI
Cruceiro de Brión (Rianxo)
Cruceiro da Santa
(Moldes, A Pobra do Caramiñal) (imaxe de 1981)
Cruceiro de Meiquiz (Rianxo)Cruceiro da Igrexa de Santa Comba (Rianxo)
Graneiras de Meiquiz (Rianxo)
Hórreo de Araño (Rianxo), o máis amplo de Galiza
Curro da Curota, no Chan das Brañas (Serra da Barbanza)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 86,47 km2
POBOACIÓN: 19.060 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Abanqueiro,
Bealo, Boiro, Castro, Cespón,
Cures, Lampón e Macenda.
Antigo porto de Cabo da Cruz.
Ao fondo Escarabote e a serra
do Barbanza.
BOIRO
Está situado no centro da comarca, entre a serra do Barbanza e a costa da Ría de Arousa.
O territorio está formado en gran parte pola serra da Barbanza cos cumes máis elevados no
Pouso Cabalo (692 m), Fonte da Égoas (626 m) e monte Meán (594 m), e unha estreita faixa
costeira de releve achairado. A costa é moi recortada con dúas amplas enseadas (Beluso e
Escarabote) separadas pola península do Cabo da Cruz, e amplos areais.
Os ríos máis importantes son o Beluso, Grande, Coroño e Barbanza (curso alto).
Escarabote desde a
praia de Barrañán
As principais actividades son a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os servizos e a industria
conserveira.
As áreas de maior valor natural atópanse nos ríos (fervenzas do río Cadarnoxo), na costa
(praias, dunas e esteiros) e na serra.
Ten un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: petróglifos (Petón do Castro,
Agüeiros), dolmes (Casota do Páramo, Arca do Barbanza), mámoas, castros (O Neixón, O
Achadizo), calzada romana (monte Vitres), pontes, igrexas...
A Pobra vista
desde o cume da
Curotiña
SUPERFICIE: 32,37 km2
POBOACIÓN: 9.672
habitantes (2014)
PARROQUIAS: O
Caramiñal, Lesón,
Posmarcos e O Xobre
ou O Maño.
A POBRA DO CARAMIÑAL
Situada entre a serra do Barbanza e a costa da Ría de Arousa. O Territorio ocupa, na súa maior
parte a aba sur da serra do Barbanza, coas máximas altitudes no monte Barbanza (648 m),
Campo Raposo (630 m) e Os Forcados (618 m). Ao longo da costa esténdese unha faixa
achairada que non supera os 100 m de ancho. Os ríos máis importantes son o Pedras (co
Barbanza e o Lérez) e o Tilleiros.
Porto e vila da Pobra. A Pobra é un importante porto de
descarga de túnidos destinados á industria conserveira.
As principais actividades son os servizos e as relacionadas co mar: pesca, marisqueo,
acuicultura e industrias derivadas.
Os espazos de maior interese natural atópanse na serra do Barbanza, que inclúe o Sitio de
Interese Nacional “Cumio da Curotiña”, e no Río Pedras-Barbanza, onde hai fermosas
fervenzas e pozas.
O patrimonio cultural é moi variado: petróglifos, castros, pontes antigas, pazos, igrexas... No
pazo de Bermúdez atópase o Museo de Valle Inclán e no Parque do Castelo a Casa Mariñeira,
que acolle a Oficina Turística e unha sala de exposicións.
Detalle do pazo de Bermúdez, de
estilo renacentista, que acolle o
Museo de Valle Inclán.
Porto e vila de Rianxo.
Rianxo é un porto de
baixura dedicado a artes
tradicionais que recibeu
un pulo importante cos
cultivos en bateas.
SUPERFICIE: 58,82 km2
POBOACIÓN: 11.386
habitantes (2015)
PARROQUIAS: O Araño,
Asados, Isorna, Leiro,
Rianxo e Taragoña.
RIANXO
Está situado ao leste da comarca, entre a aba sur da serra da Muralla, o fondo da ría de
Arousa e a desembocadura do Ulla. No relevo distínguense varias zonas, a faixa costeira,
baixa e irregular, unha fileira de pequenos cumes paralelos á costa, o val do Río Te e a serra
da Muralla, onde se atopan as máximas elevacións (A Muralla, con 678 m, monte Freito, con
624 m e Pedride, con 604 m).
Detalle da sala dedicada á
carpintería de ribeira no
Museo do Mar.
As principais actividades son a pesca de baixura, o marisqueo, a acuicultura e os servizos.
Os lugares de maior interese natural atópanse na costa, onde unha parte está protexida no
LIC “Sistema Fluvial Ulla Deza”, no río Te e nos cumes da Muralla, desde onde se divisan
unhas estupendas vistas da ría.
Acolle un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico: mámoas, castros, petroglifos,
hórreos, pazos, igrexas... Na vila de Rianxo atópase o Museo e A Aula Activa do Mar.
Monumento a Castelao,
importante político, escritor
e debuxante, nado en
Rianxo
Vista aérea de Ribeira,
con Castiñeiras no
primeiro plano
SUPERFICIE: 66,30 km2
POBOACIÓN: 27.565
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Aguiño,
Artes, Carreiras,
Castiñeiras, Corrubedo,
Oleiros, Olveira, Palmeira
e Ribeira.
RIBEIRA
Ocupa o extremo suroeste da península da Barbanza, entre o final da ría de Arousa e as costas
abertas de Corrubedo. O Territorio repártese entre as últimas estribacións da serra da
Barbanza (Os Forcados, con 618m; San Alberte, con 215 m e O Castro, con 209 m) e unha
ampla chaira litoral. A costa é moi recortada e con abundancia de illas e illotes que pechan a
boca da ría, entre as que destacan Sálvora, Bionta e Nor.
O río principal é o Arlés que baixa da Barbanza e desemboca en Corrubedo formando a lagoa
de Carregal.
Porto e vila de Ribeira. O porto pesqueiro máis
importante da Ría de Arousa e un dos máis importantes
en pesca de baixura do país.
As actividades máis importantes están relacionadas coa pesca, que xenera unha variada gama
de empresas dedicadas á captura, comercialización e transformación. Tamén son importantes
os servizos e a construción, cunha grande relevancia do turismo.
Acolle importantes espazos naturais protexidos no “Parque Nacional da Illas Atlánticas”
(arquipélago de Sálvora), e do LIC e Parque Natural de Corrubedo.
O patrimonio cultural está representado por castros, dolmes, petróglifos, igrexas, pazos,
portos antigos... En Artes hai un Museo Arqueolóxico e en Vilar (Carreira) está o Centro de
Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galiza.
Lonxa de Ribeira. As lonxas son lugares
interesantes para observar o traballo das xentes
do mar e estudar as especies que capturan.
RELEVO
Serra da Barbanza desde a banda sur da ría de Arousa
O territorio da comarca forma parte da aba sur da serra do Barbanza e a oeste da Muralla,
dous macizos graníticos que se estenden desde a Depresión Meridiana con dirección NE-SO
polo centro da península, separando as rías de Arousa e Noia.
Son bloques elevados e fracturados por fallas con direción N-S polas que circulan os principais
cursos fluviais. A falla máis ampla sitúase entre Boiro e Noia e por ela circulan os ríos Tállara,
cara ao norte e Coroño, cara ao sur.
En xeral os montes teñen ladeiras de moito desnivel que caen bruscamente cara ao mar, e
nos cumes hai amplas superficies achairadas.
Por toda a liña costeira sitúase unha faixa estreita de terreo chan que, en xeral, non supera os
2 km de ancho. A zona máis ampla atópase na área de Corrubedo.
Vista do Outeiro do Corvo (Barbanza) e A Muralla ao fondo
Abrótega (Asphodelus albus)
A vexetación dos cumes está dominada polo mato de toxos, breixos e xestas. Está repoboada
con piñeiros nas partes altas e piñeiros e eucalitos nas zonas baixas.
No fondo dos vales, quedan pequenas manchas de bosque autóctono con carballos,
sobreiras, sanguiños, pereiras bravas, estripos... Hai cabalos e vacas en libertade.
A serra do Barbanza acolle un importante patrimonio arqueolóxico: antas, mámoas,
petróglifos, vía romana, pontes medievais...
Breixos (Erica cinerea)
Laverca (Alauda arvensis)
Saltón (Stenobothrus...)
Cabalos nos cumes da Barbanza
A serra da Barbanza vai perdendo altura ata rematar no extremo da península, nas proximidades da Punta Falcoeira
SERRA DA BARBANZA
Esténdese con dirección NE-SO ao longo da península do Barbanza entre as Rías de Noia, ao
Norte e a de Arousa, ao Sur, facendo de linde entre as comarca de Barbanza e Noia. É un
grande bloque de granitos e xistos paleozoicos que se ergueron nos últimos tempos da
Oroxenia Alpina. As alturas máximas nesta comarca son o Iroite (685), Barbanza (652 m) e Os
Forcados (618 m). Por riba dos 500 m a península do Barbanza é un extenso altiplán
erosionado, dividido en dúas áreas por unha falla que vai de Boiro a Portosín.
Os ríos teñen cursos curtos e de grandes desniveis.
Cumes achairados da Barbanza co monte Iroite, o cume máis alto da serra
Vista desde o cume da Curotiña sobra A Pobra e a Ría de Arousa
Un dos aspectos máis interesantes desta serra son as vistas panorámicas sobre as rías de
Arousa e Noia e, e as costas de Corrubedo e Aguiño.
Pódese acceder desde Boiro, A Pobra ou Ribeira.
Alto da Torre (656 m), o segundo cume da serra
Vista desde o Alto da Torre: A Curotiña, A Curota e os Forcados.
Os cumes da Curotiña, con 368 m e A Curota con 498 m forman parte dun espazo protexido como Sitio Natural de
Interese Nacional, polas vistas impresionantes sobre as rías de Arousa e a costa de Corrubedo e Xuño.
MONTE TAÚME
Un pequeno cume de 240 m de altitude situado no linde entre Ribeira e Porto do Son. Está
coroado por unha torre de vixiancia e salvamento marítimo. Desde o cume hai unhas vistas
espectaculares sobre a costa. Accédese desde Seráns (Porto do Son).
Punta Pardiñeiras co monte Taúme ao fondo
Vista desde o monte Taúme cara ao cabo de Corrubedo
A MURALLA
Chamada tamén monte Treito. Esténdese con direción norte-sur entre a serra da Barbanza e a
Depresión Meridiana, nos lindes das comarcas da Barbanza, Noia e O Sar. Os cumes máis altos
son a Muralla, con 674 m e Monte Freire, con 624 m. A zona noroeste, no linde con Lousame
coñécese como montes da Xenela. Na aba sur e oeste nacen os ríos Beluso e Te.
Accedese desde Rianxo por Araño e Vilar á Cruz do Treito, lugar onde se xuntan os concellos
de Rianxo, Lousame, Dodro e Rois e as comarcas do Barbanza, Noia e Padrón.
Cumes do Muralla e o monte Freire. As rochas dominantes son granitos moi deformados e erosionados
Vista desde a Muralla sobre a Ría de Arousa coas luces da mañán.
No primeiro plano o núcleo de Vilar (Rianxo) nas abas sur da Serra.
OS RÍOS
Pequeno salto no río Pedras
O río máis importante da comarca é o Ulla, que ten en terras de Rianxo o último tramo do seu
esteiro no encontro coa ría de Arousa. O resto dos cursos fluviais caen directamente ao mar
desde as serras do Barbanza e Muralla, con cursos de grande desnivel e curto percorrido nos
que abondan os rápidos e as fervenzas. Os máis importantes que desembocan na ría de
Arousa, de leste o oeste, son o Te, Beluso, Grande, Coroño e Pedras-Barbanza-Lérez. O Artes
desauga en Corrubedo.
Esteiro do Ulla entre Rianxo e Catoira
Bosque de ribeira no río Te
Os ecosistemas máis interesantes son
os bosques de ribeira que se
conservan nos vales máis abruptos e
os numerosos esteiros que se forman
nas desembocaduras nos que hai
unha rica flora e fauna acuática e de
ribeira.
Amieira (Alnus glutinosa) unha das
árbores de ribeira máis comúns
Brotes novos do fento palla real
(Osmunda regalis)
Pé de boi (Oenanthe crocata)
Estroza ou rela (Hyla molleri )
Garza real (Ardea cinerea)
O Ulla en Rianxo, nunha mañán de inverno
RÍO ULLA
O río Ulla, cunha lonxitude de 130 km, é o segundo máis importante de Galiza despois do
Miño-Sil. nace en terras de Monterroso a 640 m de altura, ao norte da serra do Farelo e
desemboca na ría de Arousa formando un amplo esteiro dunha grande riqueza ecolóxica que
está protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
O Ulla debaixo da ponte que une Rianxo e Catoira
Illa de Bexo, entre Rianxo e Dodro
RÍO TE
Nace ao sur do Monte Muralla e despois de percorrer o concello de Rianxo desemboca na ría
de Arousa na enseada da Carballeira. Os principais afluentes son o Muíño do Conde, Batán e
Muíños pola dereita; e o Devesa, pola esquerda.
Fervenza nunha das cabeceiras do Te que baixa da
Muralla, no linde entre Rianxo e Dodro
FERVENZA DO BASTÓN
Araño (Rianxo). O río Treito, afluente do Te, forma
numerosos rápidos e fervenzas. en rochas graníticas. A máis
grande, a fervenza do Bastón, ten uns 3 m de altura.
COMO CHEGAR: na estrada de Padrón a Ribeira entre Burés e
Araño cóllese á dereita un cruce que vai a Ermida e Ferreiría.
Séguese ata Ferreiría onde remata a pista asfaltada (2,3 km),
continúase por unha pista de terra durante uns 800 m e logo
andando por un camiño que segue e despois por unha
desviación á dereita baixa cara ao río (outros 700 m).
Esteiro do Te
RÍO BELUSO
Nace nos montes de Siroña e atravesa terras do concello de Rianxo e desauga na Enseada de
Beluso, na Ría de Arousa.
RÍO GRANDE
Nace en Macenda, nas últimas
estribación da Barbanza cara ao leste,
atravesa terras do concello de Rianxo e
desauga na Enseada de Beluso. Os
principais afluentes son o Confurco e
Bouza. Un sendeiro sinalizado permite
seguir o río nunha grande parte do seu
curso.
Esteiro do río Coroño en Boiro
RÍO COROÑO
Nace na vertente oriental da serra da Barbanza en Moimenta (Macenda-Boiro) e despois de
percorrer o concello de Boiro desemboca na Ría de Arousa, nas proximidades da praia de
Barraña. O principal afluente é o Graña.
Desembocadura do río Coroño
FERVENZA DE CUBELOS OU CADARNOXO
(Cures, Boiro)
No río Graña, afluente do Coroño na ladeira
occidental da serra da Barbanza. O río cae nun
desnivel de 30 m en rochas graníticas.
COMO CHEGAR: na estrada de Boiro a Noia cóllese
un desvío en Moimenta que vai ata a Estación de
Vixiancia Aérea e despois de 500 m a estrada que
pasa pola fervenza.
Vista dos vales do San Xoán (esquerda) e Barbanza (de fronte), desde o miradoiro da Curota
RÍO PEDRAS
Fórmase ao xuntarse o Barbanza e o San Xoán e despois de 12 km de percorrido en terreos da
Pobra do Caramiñal desemboca xunto á praia de San Lázaro, na ría de Arousa. O seu principal
afluente é o Salgueiros pola esquerda. Salva grandes desniveis en rochas graníticas nas que
forma tobogáns, pozas e fervenzas.
Ponte da Misarela sobre o río San Xoán. Crese que formou parte da Vía Romana que cruzaba a Barbanza. Debe o seu
nome a un mosteiro que existíu antigamente na zona. Fray Martín Sarmiento cita na súa viaxe a Galicia (1745) esta
ponte ao pé do mosteiro xa abandoado.
Curso baixo do río Pedras
O RÍO BARBANZA baixa do monte Xestoso (Boiro) e no seu percorrido escava un val profundo con fortes desniveis entre
rochas graníticas onde alternan pozas, rápidos e pequenas fervenzas. A vexetación das ribeiras é unha mestura de
eucaliptos, piñeiros, sobreiras, amieitas, toxos, xestas… Xúntase co San Xoán na parroquia de Lesón.
Cabeceiras do Barbanza no Chan da Graña
FERVENZA DA MISARELA
(Lesón, A Pobra do Caramiñal).
O río San Xoán ou Folgoso, afluente do río Pedras
baixa da Pedra Furada, na vertente oriental da
Serra da Babanza e xunto co río Barbanza forma o
río Pedras. Na parte alta da serra esbara por
unhas empinadas ladeiras graníticas nunha longa
sucesión de tobogáns, saltos e pozas.
COMO CHEGAR : na Pobra do Caramiñal cóllese a
estrada ata Aldeavella (3,8 km) e logo vaise a pe
ata a ponte da Misarela. Despois de cruzar a
ponte e os restos do mosteiro de San Xoán da
Misarela ascéndese por un camiño ata chegar ás
fervenzas e pozas do río Folgoso. Pola dereita
báixase ata a confluencia co río Barbanza e o
canón.
Desembocaduras dos ríos Pedras, á esquerda, e Lérez, á dereita
Desembocadura dos ríos Pedras e Lérez
RÍO LÉREZ
Nace no monte Meán (Boiro) e desemboca
no mesmo esteiro que o Pedras, ao pé da
praia de Raposiños, na Pobra.
Desembocadura do rego de Artes, entre as praias da Ferreira e da Lagoa
RÍO de ARTES
Nace en Folgoso, na Curota e desemboca en Corrubedo, formando unha ampla marisma que
da lugar á lagoa de Carregal, unha área de gran valor ecolóxico incluída no Parque Natural de
Corrubedo.
FERVENZA DE PORTAS OU SAN AMEDIO
Oleiros (Ribeira), no río de Artes. Hai varias
fervenzas, rápidos e tobogáns. A máis alta
mide uns 15 m de altura. Na parte alta da
fervenza consérvanse os restos dun encoro
que collía a auga para unha antiga central
eléctrica.
COMO CHEGAR: pódese acceder desde
Oleiros ou desde A Pobra (pola estrada da
Curota). Vese desde o camping Ría de
Arousa 2 e pódese acceder polo camiño que
rodea o camping pola dereita e sobe ao
monte. Tamén se pode baixar desde San
Amedio, na Curota.
A COSTA
Costa de Arousa Norte
As comarca da Barbanza ten unha ampla liña costeira, na marxe norte da ría de Arousa e a
costa exterior desde a punta de Sagres ata a o comezo da praia de Espiñeirido e a Punta da
Laxe Brava.
É unha costa moi recortada onde alternan illas, illotes, esteiros, praias e areais, enseadas,
tramos rochosos baixos e cantís, en zonas abrigadas, orientadas ao sur, no interior da ría, e en
áreas expostas de mar aberto con orientación ao oeste.
Ondas no Cabo Corrubedo
A costa da Barbanza acolle ecosistemas de gran valor biolóxico que dan lugar a espazos
naturais de gran interese e son a base dunha importante actividade marisqueira, pesqueira,
acuícola, industrial e turística.
Varios tramos están protexidos no Parque Nacional da Illas Atlánticas, no Parque Natural de
Corrubedo e nos LICs “Sistema Fluvial Ulla-Deza” e “Ons-O Grove”.
Con de Nor, un característico illote rochoso que destaca na boca da ría
Silene Scabriflora subsp. gallaecica
(endemismo do NO peninsular)
As espigas lanudas de rabo de lebre (Lagurus
ovatus) aparecen durante o verán nos areais do
Por todas partes, entre as rochas do litoral, medra o
prixel do mar (Crithmun maritimum) unha planta
que os navengantes dos tempos antigos comían en
ensalada para previr o escorbuto.
As rochas da zona supralitoral atópanse
cubertas por varias clases de liques.
Xunco mariño.
Forma grandes pradeiras nas marismas
que so cobre ocasionalmente a marea.
Bocho e verdello, dúas algas comúns nos esteiros
Ameixas. Os areais protexidos do interior da ría son un excelente lugar para o desenvolvemento de bivalvos que se
atopan por toda a zona intermareal e son unha importante fonte de recursos para as xentes do mar.
Mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas e cangrexos,
habitantes habituais das rochas do litoral.
Cagón (Arenicola marina), un verme que vive nos
fondos areoso-fangosos alimentándose de
partículas que filtra da area.
Escarabellos de area (Eurynebria complanata)
Bilurico (Tringa totanus). Individuos procedentes de
Europa invernan por toda a costa galega nas zonas
lamacentas de marismos e esteiros.
A COSTA EXTERIOR da comarca da Barbanza mira ao mar aberto entre as rías de Muros e
Noia e Arousa, desde a Punta da Laxe Brava ata a punta de Sagres. Inclúe parte da praia de
Espiñeirido, a praia de Balieiros ou Basoña, o Cabo Corrubedo, as praias de Prado, Ladeira,
Pozas e Vilar, as lagoas e marismas de Carregal e Vixán e as puntas Falcoeiro e Sagres, nas que
se atopan numerosos illotes rochosos. É unha área de costa exposta dunha gran beleza
paisaxística e un enorme valor ecolóxico, protexida no Parque Natural de Corrubedo e no LIC
“Complexo Húmido de Corrubedo”. Está acollida tamén ao Convenio de RAMSAR e protexida
como ZEPA (Zona de Especial Protección para as aves).
Praia Reecabeira, Punta do Corgo, praia Balieiros, punta e praia de Corrubedo e boca da ría de Arousa
Praia de Balieiros, puntas Corgo, Laxe Brava e Pardiñeiras e praia do Rial, no comezo da costa da comarca
PUNTA PARDIÑEIRA
PRAIA DE BALIEIROS, praia exposta situada no fondo da enseada do mesmo nome entre as puntas Corgo e Corrubedo.
O Portiño (Corrubedo)
Cabo Corrubedo
Cabo Corrubedo
Faro do Cabo Corrubedo
Corrubedo e praia Robeira
Praia e porto de Corrubedo. Ao fondo a praia Ladeira e a gran duna móbil.
Vista xeral da área dunar de Corrubedo desde o monte Castro da Cidade. Ao fondo o cabo Corrubedo, á esquerda as
praias Ladeira e Lagoa de 4.250 m de lonxitude e no primeiro plano a lagoa de Artes.
COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO
Unha barreira areosa de máis de 4 km de lonxitude, na que destaca unha gran duna móbil de 1 km.
Formouse no período cuaternario, hai uns 12.000 ou 15.000 anos pola acumulación da area que pechou
unha antiga badía e impedíu a saída ao mar de varios regatos o que deu orixe a varias lagoas pouco
fondas que, co paso do tempo, se foron colmatando cos restos vexetais e os sedimentos. Na actualidade a
área interior está ocupada por marismas e varias lagoas, unhas de auga salgada (Carregal e Artes)
comunicadas co mar pola canle de desaugadoiro do rego Arles, e a outra de auga doce (Vixán). A zona de
praia está formada por cordóns de dunas fixadas pola vexetación e a gran duna móbil que avanza lenta e
constantemente cara ao interior.
A DUNA MÓBIL DE CORRUBEDO ten máis de 1 km de lonxitude, 200-250 m de anchura e 20 a15 m de altura e avanza en
dirección noroeste.
Duna móbil
Duna móbil
LAGOA DE CARREGAL. Está alimentada polos ríos Artes, Silves e Longo e comunicada polo mar por unha canle pola
que penetra auga salgada coas pleamares.
LAGOA DE VIXÁN. Está separada do mar pola cadea de dunas da praia. Ao fondo a punta de Sagres.
Panorámica das praias e dunas de Corrubedo
Corrubedo co monte Taúme ao fondo
Praia de Corrubedo
O rego de Artes separa as praias Ladeira, da Lagoa e de Vilar
Praia de Corrubedo e illote Ferreira
PUNTA DA GRAÑA (Ribeira)
PUNTA DA GRAÑA (Ribeira)
PUNTA DA GRAÑA (Ribeira)
PRAIA E PUNTA AREA BASTA (Ribeira)
Illote Falcoeira (Ribeira)
Canle de Sagres (Ribeira)
Illas de Sagres (Ribeira)
PUNTA FALCOEIRA. Formada por grandes bloques de granito con bolos e covas.
Moi preto están as illas de Sagres e Falcoeiro.
Punta Falcoeiro e illotes de Sagres. Na entrada norte da ría de Arousa, entre Sálvora e a punta Falcoeiro hai numerosos
illotes e baixos rochosos que dificultan a navegación sobre os que hai unha lenda moi curiosa. Os illotes Sagres e
Falcoeiro estaban namorados da illa Forcadiña. Pelexaron a morte, e dun puñetazo Sagres mandou ao Falcoeiro para a
outra punta e partiulle a lingua e sete anacos que formaron o arrecife do Carreiro ou das Sete Línguas fronte a Aguiño.
Vista xeral da ría de Arousa desde o Barbanza
RÍA DE AROUSA
Ábrese entre as puntas Covasa e Sagres, ao norte e O Castelo (na península do Grove), ao sur,
separada da ría de Muros e Noia polo macizo montañoso da serra da Barbanza. É a maior das
rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de ancho na zona máis ampla e 230 km2
de
superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia, e nela desaugan
numerosos ríos de menor entidade, nesta comarca, na banda norte da ría o Te, Beluso,
Grande, Coroño e Pedras-Barbanza-Lérez, que baixan da serra da Barbanza e Muralla. A
marxe dereita da ría, desde o esteiro do Ulla até a boca, é máis abrupta e de maiores
fonduras. Na entrada atópanse as illas de Sálvora, Bionta e Nor.
Boca norte da Ría de Arousa coas illas de Sálvora, Vionta, Nor, Sagres... e a punta Falcoeira
É unha ría ampla e aberta de perfil moi irregular na que se poden atopar múltiples
formacións. Nesta comarca illas (Rúa, O Carreiro, Coroso, Benencia...), penínsulas (Cabo da
Cruz), esteiros (Ulla, Te, Beluso, Coroño, Pedras...), enseadas (Santa Uxía, Palmeira,
Taragoña...), areais (Castiñeiras, Coroso, Cabío, Esteiro, Barraña...).
As condicións ambientais desta ría e a súa produtividade fan que teña unha alta densidade de
poboación e numerosos núcleos habitados entre os que destacan Ribeira, Palmeira, A Pobra,
Boiro, Cabo de Cruz e Rianxo.
Acolle áreas de grande interese ecolóxico, en especial para as aves mariñas.
PRAIA DE COUSO (Aguiño, Ribeira)
A Covasa (Aguiño), cos restos dun porto de posible orixe fenicia
AGUIÑO (Ribeira), primeiro porto do norte da Ría de Arousa
Entre as praias do Castro e das Tascas atópase un
conxunto de illotes rochosos AS CENTOLEIRAS e O
CARREIRO (illa das Sete Línguas).
PRAIA CELEIRÁNS (Aguiño)
PRAIA DAS TASCAS (Aguiño)
PRAIA DO CASTRO (Aguiño)
A ILLA DE SÁLVORA e os illotes próximos (Vionta, Gaivoteira, Herbosa e Nor) están situadas na boca da Ría
de Arousa. Sálvora é a illa máis grande, de perfil chan, algo máis escarpada polo sur, cunha altura máxima
de 77 m. Forman parte do Parque Natural das Illas Atlánticas.
Sálvora e Aguiño
Illa de Sálvora: faro, vivendas e pazo no
que houbo unha
fábrica de salga. En 1870 instalouse em
Sálvora a primeira fábrica de salga da ría
de Arousa. Posteriormente convertiuse en
residencia.
O poboado de Sálvora estivo habitado ata
1960.
Illa Con de Nor e Vionta
CON DE NOR
PRAIA DE CASTIÑEIRAS
RIBEIRA
PRAIA DE COROSO e Serra de Barbanza desde a punta Fontán
PRAIA DE COROSO, de 1780 m de lonxitude, e vila de Ribeira
ILLA DE COROSO (Ribeira)
PALMEIRA (Ribeira) conserva un porto coa estrutura tradicional no que todo está feito en pedra
PALMEIRA (Ribeira) e PRAIA DE CRUCES
Praia da Corna e da Illa desde o porto de Palmeira
PRAIA DA CORNA na Pobra do Caramiñal
ILLA DE RÚA (Ribeira), formada por grandes bloques graníticos. Está protexida no LIC “Ons-O Grove”.
ÍNSUA DA RÚA (A Pobra do Caramiñal), ao pé da praia da Illa, e ao fondo a illa de Rúa
PRAIA E PUNTA DE CABÍO (A Pobra do Caramiñal).
Conta con todos os servizos e un paseo que permite percorrer varios quilómetros.
PUNTA DE CABÍO (A Pobra do Caramiñal)
PRAIA DO AREAL na Pobra do Caramiñal
PRAIA DO AREAL na Pobra do Caramiñal
PRAIA RAPOSIÑOS na Pobra do Caramiñal
ENSEADA DE BOIRO e PENÍNSULA DO CABO DA CRUZ.
No fondo da enseada atópase a praia de Barraña.
ESCARABOTE (Boiro). Detrás o monte Castelo na Barbanza.
PRAIA DE BARRAÑA, un areal de 2.150 m de lonxitude situado moi preto do núcleo de Boiro
PRAIA DE BARRAÑA e Escarabote
PUNTA FUCIÑOS (Cabo da Cruz, Boiro)
ENSEADA DE CABO DA CRUZ desde a punta do Piñeirón
ENSEADA DE CABO DA CRUZ
PRAIA DE CARRAGUEIROS, en cabo da Cruz
PRAIA DA RETORTA, ínsua de Bous e illa Venencia.
PUNTA DE CHAZO e illa da Bensa (Boiro)
ILLA DA BENSA (Boiro)
PRAIA DE CHAZO (Cabo da Cruz, Boiro)
PRAIA DE MAÑÓNS e illa do Ostral (Boiro)
ILLA DO OSTRAL (Boiro)
PRAIA FONTENLA (Cabo da Cruz, Boiro)
PRAIA e PORTO DE AGAÑÁN (Boiro)
ENSEADA DE RIANXO desde PORTOMOURO
ENSEADA DE BELUSO desde Rianxo. A enseada de Beluso ábrese entre as puntas
Neixón e Iñobre, no seu fondo desemboca o río Beluso.
PRAIA DA TORRE (Rianxo)
RIANXO, coas praias de QUENXO e TANXIL
PRAIA DE TANXIL (Rianxo). Nun extremo atópase un pequeno porto tradicional.
Porto de Cortes (Rianxo)
PRAIA DO PORRÓN (Rianxo), entre as puntas do do Salto do Ladrón e O Castro.
PRAIA DAS CUNCHAS E PONTA DO CASTRO (Rianxo)
ESTEIRO DO ULLA desde o monte Xiabre
PUNTA PATIÑO (Rianxo)
PUNTA DE PATIÑO E AS TRES CRUCES (Rianxo) que indican o comezo do esteiro do Ulla.
AS ÁRBORES
Sobreiras á beira do río Pedras
A maior parte do terreo forestal está ocupado por piñeiros nas partes altas e piñeiros e
eucalitos nas zonas baixas.
No fondo dos vales, quedan pequenas manchas de bosque autóctono con carballos,
sobreiras, sanguiños, pereiras bravas, estripos... Nalgúns parques e xardíns atópanse
exemplares de especies ornamentais de interese.
Acacias (Acacia melanoxilon) no pazo de Tanxil (Rianxo)
Magnolia grandiflora do Pazo de
Xunqueiras (A Pobra do Caramiñal)
-3,89 m de perímetro
Sobreira (Quercus suber) en Asados (Rianxo).
-5 m de perímetro no toro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Vista desde Sálvora sobre a boca norte da ría de Arousa
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
A illa de Sálvora e os illotes próximos (Vionta, Gaivoteira, Herbosa e Nor), situadas na boca da
Ría de Arousa, están incluídas no Parque Natural das Illas Atlánticas, que protexe unha área
de 781,67 ha, das que 242,86 son emerxidas.
Sálvora, a illa máis grande, está formada por granito vermello, ten un perfil chan, algo máis
escarpado polo sur, cunha altura máxima de 77 m.
A meirande parte da illa está cuberta de mato de toxo e na zona central hai plantacións de
eucaliptos. Nela aniñan gaivotas e corvos mariños cristados. Os seus propietarios Introduciron
especies cinexéticas como faisáns, coellos, perdices e cervos.
Vista aérea de Corrubedo. O sistema dunar exténdese ao longo dos 4 km de praia. A meirande parte das dunas están
fixadas pola vexetación e hai unha gran duna móbil.
PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO
E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
Abrangue 966 ha, no suroeste da Península do Barbanza en terreos do concello de Ribeira.
Está formado por un amplo areal de 4 km de lonxitude limitado por cantís rochosos nos seus
extremos; a marisma do Carregal e a lagoa de auga doce de Vixán.
O LIC “Complexo húmido de Corrubedo” inclúe desde a Punta do Castro ata a illa de Sálvora
(926 ha).
Está declarado tamén ZONA HÚMIDA DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL acollida ao
Convenio de RAMSAR e ZONA DE ESPECIAL PROTECIÓN PARA AS AVES (ZEPA)
Centro de Interpretación do Parque
e dos Ecosistemas litorais.
No complexo de Corrubedo atópanse representados diversos ecosistemas de gran interese
ecolóxico: costa rochosa e areosa, cantís, dunas fixas e móbiles, marismas, lagoas de auga
doce e de auga salgada e mato. Na área hai censadas arredor de 250 especies vexetais entre
as que se atopan endemismos de gran interese como Ranunculus ophioglossifolius,
Spiranthes aestivalis... A fauna é moi variada. Destacan especialmente as aves, con máis de 70
especies (limícolas, anátidas e mariñas), 10 especies de anfibios e 14 especies de réptiles.
As especiais condicións biolóxicas desta zona convértena na principal área de cría de peixes e
crustáceos que habitan na costa circundante.
Lagoa Vixán
Esteiro do Ulla
LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA
O Ulla é a fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. O espazo protexido
abrangue 1.153 ha no curso do Ulla desde Arzúa ata a desembocadura, e varios afluentes.
Nesta comarca parte da costa do concello de Rianxo.
É unha zona de grande interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o
esteiro e marismas da desembocadura. As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. É o
único río da vertente atlántica galega no que hai salmón. Ademais pódense atopar lampreas,
troitas, sábalos, escalos, muxes...
LIC ONS-O GROVE
É un amplo espazo situado que abrangue o arquipélago de Ons e diferentes zonas da ría de
Arousa (a enseada do Umia, as dunas e praia da Lanzada, a lagoa Bodeira, as lagoas
naturalizadas de Rouxique, a punta do Carreirón e as pequenas illas e illotes de Areoso,
Pedregoso e Rúa. Os valores máis importantes residen na flora e fauna das cantís e fondos
mariños.
Nesta comarca está incluída Rúa, unha pequena illa rochosa situada fronte á costa de
Palmeira.
Illa de Rúa
SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL (SIN) CUMIO DA CUROTIÑA
A zona protexida abrangue 50,26 ha na Pobra do Caramiñal. Son dous cumes de granito: A
Curotiña, con 368 m e A Curota con 498 m. O seu maior interese reside na vistas
impresionantes sobre a ría de Arousa e a costa de Corrubedo e Xuño.
Está rodeada de toxos e piñeiros. Hai cabalos e vacas en libertade.
Vista desde a Curotiña cara a Corrubedo
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
revisado en xullo de 2017

More Related Content

What's hot

Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
monadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
monadela
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
monadela
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
monadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
monadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
monadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
monadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
monadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
monadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
monadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
monadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
monadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
monadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
monadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
monadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
monadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
monadela
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
monadela
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
monadela
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
monadela
 

What's hot (20)

Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 

Similar to Comarca: Barbanza

Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
MonContos
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
MonContos
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
MonContos
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
MonContos
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
monadela
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costa
monadela
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nósA MARALEIXA
 
Ribeira
RibeiraRibeira
Ribeira
lebasis
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)tamaruskio
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
monadela
 
Ria do Barqueiro
Ria do BarqueiroRia do Barqueiro
Ria do Barqueiro
monadela
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
monadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
monadela
 
Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A Costa
MonContos
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A Costa
MonContos
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
monadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
monadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
monadela
 

Similar to Comarca: Barbanza (20)

Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costa
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nós
 
Ribeira
RibeiraRibeira
Ribeira
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Ria do Barqueiro
Ria do BarqueiroRia do Barqueiro
Ria do Barqueiro
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A Costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
monadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
monadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
monadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
monadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
monadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
monadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
monadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
monadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
monadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
monadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
monadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
monadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
monadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
monadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
monadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
monadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
monadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
monadela
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
monadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
 

Comarca: Barbanza

  • 2. A Barbanza desde a ría A comarca do Barbanza ou Arousa Norte atópase no suroeste da provincia da Coruña, ocupando a parte sur na península do mesmo nome. O territorio está ocupado na súa maior parte pola serra do Barbanza e a costa da banda norte da ría de Arousa e un tramo de mar aberto ata pasado o cabo Corrubedo. O último tramo do esteiro do Ulla ocupa parte das costas de Rianxo, e numerosos cursos fluviais de pequeno percorrido baixan da serra directamente ao mar. As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción. Ten un rico patrimonio natural centrado especialmente na costa exterior e no esteiro do Ulla.
  • 3. SUPERFICIE: 246,8 km2 POBOACIÓN: 67.683 habitantes (2014) CONCELLOS: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. ESPAZOS PROTEXIDOS: -Parque Nacional da Illas Atlánticas -Parque Natural de Corrubedo -LICs “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, “Ons-O Grove” “Complexo Húmido de Corrubedo” -Sitio de Interese Nacional “Cumio da Curotiña”. -Humidal RAMSAR e ZEPA Corrubedo
  • 4. CLIMA Cabo da Cruz Oceánico moi húmido, cunha temperatura suave (na costa a media anual é de 14,9 ºC).
  • 5. ACTIVIDADES Porto de Ribeira As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, o marisqueo e os cultivos mariños, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción.
  • 6. Barcos pescando na boca da Ría de Arousa. A Confraría da Pobra ofrece, dentro do proxecto Pescanatur, a posibilidade de facer turismo mariñeiro cos mariscadores a flote ou nas praias e cos mariñeiros e mariscadoras.
  • 8. PATRIMONIO É unha comarca que acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, dolmes, mámoas...) e unha grande variedade de elementos etnográficos (embarcacións tradicionais, hórreos, nucleos tradicionais, peiraos, pontes...) e monumentos histórico-artisticos (igrexas, pazos, faros...). Casota do Páramo, no lugar de A Graña, nos cumes da serra da Barbanza. Nunha das pedras ten gravado un petróglifo.
  • 9. Arca da Barbanza Por toda a serra existen numerosas necrópoles megalíticas do Neolítico (entre 4.500 e 2.800 a.C.). Unha ruta indicada permite percorrer unha zona con trinta mámoas, algunhas escavadas: Outeriño do Pan, O Páramo, O Armadoiro, Pozo da Lagoa, Pedra da Xesta, A Cavad, O Carqueixal, Porto Travesoo, O Outeiro, A Barbanza...
  • 10. Dolme de Axeitos, na parroquia de Oleiros, con aproximadamente 4.000 anos de antigüidade. Nos arredores de Corrubedo consérvanse abondantes restos arqueolóxicos que dan mostra de que estivo poboada desde tempos antigos. Hai numerosas lendas que fan referencia a un poboado palafítico ou á existencia da cidade de Valverde ou Reirís debaixo das dunas e na lagoa do Carregal. Tamén din que hai un barco afundido que fai soar a serea as noites de néboa. Outros dín que é unha serea ou o Boi Bruón.
  • 11. Laxe das Cabras (Palmeira, Ribeira) Nas terras da Barbanza hai localizados numerosos petróglifos. Algúns deles poden visitarse ao estaren sinalizados ou formar parte de rutas indicadas.
  • 13. Castro do Neixón, na península do mesmo nome na parroquia de Cespón (Boiro). É un conxunto formado por dous castros (Pequeno e Grande) con máis de 2.500 anos de antigüidade, e o Centro Arqueolóxico do Barbanza onde se recollen diversos restos arqueolóxicos e se explica a vida nos castros.
  • 14. Castro da Cidá (Ribeira)
  • 15. Castro do Porto Baixo (Anquieiro, Carreira), no interio do Parque Natural de Corrubedo. Descuberto por casualidade no ano 1978, facendo extraccións ilegais de area. Está moi deteriorado.
  • 16. Igrexa de Santa María A Antiga (A Pobra do Caramiñal)
  • 17. Igrexa de Santiago do Deán (A Pobra do Caramiñal)
  • 18. Igrexa de Cespón (Boiro)
  • 20. Igrexa de Santa Comba (Rianxo)
  • 22. Restos do Castelo da Lúa (Rianxo)
  • 23. Pazo de Xunqueiras (A Pobra do Caramiñal)
  • 24. Casa Grande de Aguiara (A Pobra do Caramiñal). Un pazo barroco que ten a súa orixe nunha torre do século XVI
  • 25. Cruceiro de Brión (Rianxo) Cruceiro da Santa (Moldes, A Pobra do Caramiñal) (imaxe de 1981)
  • 26. Cruceiro de Meiquiz (Rianxo)Cruceiro da Igrexa de Santa Comba (Rianxo)
  • 28. Hórreo de Araño (Rianxo), o máis amplo de Galiza
  • 29. Curro da Curota, no Chan das Brañas (Serra da Barbanza)
  • 30. CONCELLOS SUPERFICIE: 86,47 km2 POBOACIÓN: 19.060 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abanqueiro, Bealo, Boiro, Castro, Cespón, Cures, Lampón e Macenda. Antigo porto de Cabo da Cruz. Ao fondo Escarabote e a serra do Barbanza. BOIRO Está situado no centro da comarca, entre a serra do Barbanza e a costa da Ría de Arousa. O territorio está formado en gran parte pola serra da Barbanza cos cumes máis elevados no Pouso Cabalo (692 m), Fonte da Égoas (626 m) e monte Meán (594 m), e unha estreita faixa costeira de releve achairado. A costa é moi recortada con dúas amplas enseadas (Beluso e Escarabote) separadas pola península do Cabo da Cruz, e amplos areais. Os ríos máis importantes son o Beluso, Grande, Coroño e Barbanza (curso alto).
  • 31. Escarabote desde a praia de Barrañán As principais actividades son a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os servizos e a industria conserveira. As áreas de maior valor natural atópanse nos ríos (fervenzas do río Cadarnoxo), na costa (praias, dunas e esteiros) e na serra. Ten un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: petróglifos (Petón do Castro, Agüeiros), dolmes (Casota do Páramo, Arca do Barbanza), mámoas, castros (O Neixón, O Achadizo), calzada romana (monte Vitres), pontes, igrexas...
  • 32. A Pobra vista desde o cume da Curotiña SUPERFICIE: 32,37 km2 POBOACIÓN: 9.672 habitantes (2014) PARROQUIAS: O Caramiñal, Lesón, Posmarcos e O Xobre ou O Maño. A POBRA DO CARAMIÑAL Situada entre a serra do Barbanza e a costa da Ría de Arousa. O Territorio ocupa, na súa maior parte a aba sur da serra do Barbanza, coas máximas altitudes no monte Barbanza (648 m), Campo Raposo (630 m) e Os Forcados (618 m). Ao longo da costa esténdese unha faixa achairada que non supera os 100 m de ancho. Os ríos máis importantes son o Pedras (co Barbanza e o Lérez) e o Tilleiros.
  • 33. Porto e vila da Pobra. A Pobra é un importante porto de descarga de túnidos destinados á industria conserveira. As principais actividades son os servizos e as relacionadas co mar: pesca, marisqueo, acuicultura e industrias derivadas. Os espazos de maior interese natural atópanse na serra do Barbanza, que inclúe o Sitio de Interese Nacional “Cumio da Curotiña”, e no Río Pedras-Barbanza, onde hai fermosas fervenzas e pozas. O patrimonio cultural é moi variado: petróglifos, castros, pontes antigas, pazos, igrexas... No pazo de Bermúdez atópase o Museo de Valle Inclán e no Parque do Castelo a Casa Mariñeira, que acolle a Oficina Turística e unha sala de exposicións. Detalle do pazo de Bermúdez, de estilo renacentista, que acolle o Museo de Valle Inclán.
  • 34. Porto e vila de Rianxo. Rianxo é un porto de baixura dedicado a artes tradicionais que recibeu un pulo importante cos cultivos en bateas. SUPERFICIE: 58,82 km2 POBOACIÓN: 11.386 habitantes (2015) PARROQUIAS: O Araño, Asados, Isorna, Leiro, Rianxo e Taragoña. RIANXO Está situado ao leste da comarca, entre a aba sur da serra da Muralla, o fondo da ría de Arousa e a desembocadura do Ulla. No relevo distínguense varias zonas, a faixa costeira, baixa e irregular, unha fileira de pequenos cumes paralelos á costa, o val do Río Te e a serra da Muralla, onde se atopan as máximas elevacións (A Muralla, con 678 m, monte Freito, con 624 m e Pedride, con 604 m).
  • 35. Detalle da sala dedicada á carpintería de ribeira no Museo do Mar. As principais actividades son a pesca de baixura, o marisqueo, a acuicultura e os servizos. Os lugares de maior interese natural atópanse na costa, onde unha parte está protexida no LIC “Sistema Fluvial Ulla Deza”, no río Te e nos cumes da Muralla, desde onde se divisan unhas estupendas vistas da ría. Acolle un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico: mámoas, castros, petroglifos, hórreos, pazos, igrexas... Na vila de Rianxo atópase o Museo e A Aula Activa do Mar. Monumento a Castelao, importante político, escritor e debuxante, nado en Rianxo
  • 36. Vista aérea de Ribeira, con Castiñeiras no primeiro plano SUPERFICIE: 66,30 km2 POBOACIÓN: 27.565 habitantes (2014) PARROQUIAS: Aguiño, Artes, Carreiras, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira. RIBEIRA Ocupa o extremo suroeste da península da Barbanza, entre o final da ría de Arousa e as costas abertas de Corrubedo. O Territorio repártese entre as últimas estribacións da serra da Barbanza (Os Forcados, con 618m; San Alberte, con 215 m e O Castro, con 209 m) e unha ampla chaira litoral. A costa é moi recortada e con abundancia de illas e illotes que pechan a boca da ría, entre as que destacan Sálvora, Bionta e Nor. O río principal é o Arlés que baixa da Barbanza e desemboca en Corrubedo formando a lagoa de Carregal.
  • 37. Porto e vila de Ribeira. O porto pesqueiro máis importante da Ría de Arousa e un dos máis importantes en pesca de baixura do país. As actividades máis importantes están relacionadas coa pesca, que xenera unha variada gama de empresas dedicadas á captura, comercialización e transformación. Tamén son importantes os servizos e a construción, cunha grande relevancia do turismo. Acolle importantes espazos naturais protexidos no “Parque Nacional da Illas Atlánticas” (arquipélago de Sálvora), e do LIC e Parque Natural de Corrubedo. O patrimonio cultural está representado por castros, dolmes, petróglifos, igrexas, pazos, portos antigos... En Artes hai un Museo Arqueolóxico e en Vilar (Carreira) está o Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galiza. Lonxa de Ribeira. As lonxas son lugares interesantes para observar o traballo das xentes do mar e estudar as especies que capturan.
  • 38. RELEVO Serra da Barbanza desde a banda sur da ría de Arousa O territorio da comarca forma parte da aba sur da serra do Barbanza e a oeste da Muralla, dous macizos graníticos que se estenden desde a Depresión Meridiana con dirección NE-SO polo centro da península, separando as rías de Arousa e Noia. Son bloques elevados e fracturados por fallas con direción N-S polas que circulan os principais cursos fluviais. A falla máis ampla sitúase entre Boiro e Noia e por ela circulan os ríos Tállara, cara ao norte e Coroño, cara ao sur. En xeral os montes teñen ladeiras de moito desnivel que caen bruscamente cara ao mar, e nos cumes hai amplas superficies achairadas. Por toda a liña costeira sitúase unha faixa estreita de terreo chan que, en xeral, non supera os 2 km de ancho. A zona máis ampla atópase na área de Corrubedo.
  • 39. Vista do Outeiro do Corvo (Barbanza) e A Muralla ao fondo
  • 40. Abrótega (Asphodelus albus) A vexetación dos cumes está dominada polo mato de toxos, breixos e xestas. Está repoboada con piñeiros nas partes altas e piñeiros e eucalitos nas zonas baixas. No fondo dos vales, quedan pequenas manchas de bosque autóctono con carballos, sobreiras, sanguiños, pereiras bravas, estripos... Hai cabalos e vacas en libertade. A serra do Barbanza acolle un importante patrimonio arqueolóxico: antas, mámoas, petróglifos, vía romana, pontes medievais... Breixos (Erica cinerea)
  • 42. Cabalos nos cumes da Barbanza
  • 43. A serra da Barbanza vai perdendo altura ata rematar no extremo da península, nas proximidades da Punta Falcoeira SERRA DA BARBANZA Esténdese con dirección NE-SO ao longo da península do Barbanza entre as Rías de Noia, ao Norte e a de Arousa, ao Sur, facendo de linde entre as comarca de Barbanza e Noia. É un grande bloque de granitos e xistos paleozoicos que se ergueron nos últimos tempos da Oroxenia Alpina. As alturas máximas nesta comarca son o Iroite (685), Barbanza (652 m) e Os Forcados (618 m). Por riba dos 500 m a península do Barbanza é un extenso altiplán erosionado, dividido en dúas áreas por unha falla que vai de Boiro a Portosín. Os ríos teñen cursos curtos e de grandes desniveis.
  • 44. Cumes achairados da Barbanza co monte Iroite, o cume máis alto da serra
  • 45. Vista desde o cume da Curotiña sobra A Pobra e a Ría de Arousa Un dos aspectos máis interesantes desta serra son as vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Noia e, e as costas de Corrubedo e Aguiño. Pódese acceder desde Boiro, A Pobra ou Ribeira.
  • 46. Alto da Torre (656 m), o segundo cume da serra
  • 47. Vista desde o Alto da Torre: A Curotiña, A Curota e os Forcados. Os cumes da Curotiña, con 368 m e A Curota con 498 m forman parte dun espazo protexido como Sitio Natural de Interese Nacional, polas vistas impresionantes sobre as rías de Arousa e a costa de Corrubedo e Xuño.
  • 48. MONTE TAÚME Un pequeno cume de 240 m de altitude situado no linde entre Ribeira e Porto do Son. Está coroado por unha torre de vixiancia e salvamento marítimo. Desde o cume hai unhas vistas espectaculares sobre a costa. Accédese desde Seráns (Porto do Son). Punta Pardiñeiras co monte Taúme ao fondo
  • 49. Vista desde o monte Taúme cara ao cabo de Corrubedo
  • 50. A MURALLA Chamada tamén monte Treito. Esténdese con direción norte-sur entre a serra da Barbanza e a Depresión Meridiana, nos lindes das comarcas da Barbanza, Noia e O Sar. Os cumes máis altos son a Muralla, con 674 m e Monte Freire, con 624 m. A zona noroeste, no linde con Lousame coñécese como montes da Xenela. Na aba sur e oeste nacen os ríos Beluso e Te. Accedese desde Rianxo por Araño e Vilar á Cruz do Treito, lugar onde se xuntan os concellos de Rianxo, Lousame, Dodro e Rois e as comarcas do Barbanza, Noia e Padrón.
  • 51. Cumes do Muralla e o monte Freire. As rochas dominantes son granitos moi deformados e erosionados
  • 52. Vista desde a Muralla sobre a Ría de Arousa coas luces da mañán. No primeiro plano o núcleo de Vilar (Rianxo) nas abas sur da Serra.
  • 53. OS RÍOS Pequeno salto no río Pedras O río máis importante da comarca é o Ulla, que ten en terras de Rianxo o último tramo do seu esteiro no encontro coa ría de Arousa. O resto dos cursos fluviais caen directamente ao mar desde as serras do Barbanza e Muralla, con cursos de grande desnivel e curto percorrido nos que abondan os rápidos e as fervenzas. Os máis importantes que desembocan na ría de Arousa, de leste o oeste, son o Te, Beluso, Grande, Coroño e Pedras-Barbanza-Lérez. O Artes desauga en Corrubedo.
  • 54. Esteiro do Ulla entre Rianxo e Catoira
  • 55. Bosque de ribeira no río Te Os ecosistemas máis interesantes son os bosques de ribeira que se conservan nos vales máis abruptos e os numerosos esteiros que se forman nas desembocaduras nos que hai unha rica flora e fauna acuática e de ribeira. Amieira (Alnus glutinosa) unha das árbores de ribeira máis comúns
  • 56. Brotes novos do fento palla real (Osmunda regalis) Pé de boi (Oenanthe crocata)
  • 57. Estroza ou rela (Hyla molleri )
  • 58. Garza real (Ardea cinerea)
  • 59. O Ulla en Rianxo, nunha mañán de inverno RÍO ULLA O río Ulla, cunha lonxitude de 130 km, é o segundo máis importante de Galiza despois do Miño-Sil. nace en terras de Monterroso a 640 m de altura, ao norte da serra do Farelo e desemboca na ría de Arousa formando un amplo esteiro dunha grande riqueza ecolóxica que está protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
  • 60. O Ulla debaixo da ponte que une Rianxo e Catoira
  • 61. Illa de Bexo, entre Rianxo e Dodro
  • 62. RÍO TE Nace ao sur do Monte Muralla e despois de percorrer o concello de Rianxo desemboca na ría de Arousa na enseada da Carballeira. Os principais afluentes son o Muíño do Conde, Batán e Muíños pola dereita; e o Devesa, pola esquerda.
  • 63. Fervenza nunha das cabeceiras do Te que baixa da Muralla, no linde entre Rianxo e Dodro FERVENZA DO BASTÓN Araño (Rianxo). O río Treito, afluente do Te, forma numerosos rápidos e fervenzas. en rochas graníticas. A máis grande, a fervenza do Bastón, ten uns 3 m de altura. COMO CHEGAR: na estrada de Padrón a Ribeira entre Burés e Araño cóllese á dereita un cruce que vai a Ermida e Ferreiría. Séguese ata Ferreiría onde remata a pista asfaltada (2,3 km), continúase por unha pista de terra durante uns 800 m e logo andando por un camiño que segue e despois por unha desviación á dereita baixa cara ao río (outros 700 m).
  • 65. RÍO BELUSO Nace nos montes de Siroña e atravesa terras do concello de Rianxo e desauga na Enseada de Beluso, na Ría de Arousa.
  • 66. RÍO GRANDE Nace en Macenda, nas últimas estribación da Barbanza cara ao leste, atravesa terras do concello de Rianxo e desauga na Enseada de Beluso. Os principais afluentes son o Confurco e Bouza. Un sendeiro sinalizado permite seguir o río nunha grande parte do seu curso.
  • 67. Esteiro do río Coroño en Boiro RÍO COROÑO Nace na vertente oriental da serra da Barbanza en Moimenta (Macenda-Boiro) e despois de percorrer o concello de Boiro desemboca na Ría de Arousa, nas proximidades da praia de Barraña. O principal afluente é o Graña.
  • 69. FERVENZA DE CUBELOS OU CADARNOXO (Cures, Boiro) No río Graña, afluente do Coroño na ladeira occidental da serra da Barbanza. O río cae nun desnivel de 30 m en rochas graníticas. COMO CHEGAR: na estrada de Boiro a Noia cóllese un desvío en Moimenta que vai ata a Estación de Vixiancia Aérea e despois de 500 m a estrada que pasa pola fervenza.
  • 70. Vista dos vales do San Xoán (esquerda) e Barbanza (de fronte), desde o miradoiro da Curota RÍO PEDRAS Fórmase ao xuntarse o Barbanza e o San Xoán e despois de 12 km de percorrido en terreos da Pobra do Caramiñal desemboca xunto á praia de San Lázaro, na ría de Arousa. O seu principal afluente é o Salgueiros pola esquerda. Salva grandes desniveis en rochas graníticas nas que forma tobogáns, pozas e fervenzas.
  • 71. Ponte da Misarela sobre o río San Xoán. Crese que formou parte da Vía Romana que cruzaba a Barbanza. Debe o seu nome a un mosteiro que existíu antigamente na zona. Fray Martín Sarmiento cita na súa viaxe a Galicia (1745) esta ponte ao pé do mosteiro xa abandoado.
  • 72. Curso baixo do río Pedras
  • 73. O RÍO BARBANZA baixa do monte Xestoso (Boiro) e no seu percorrido escava un val profundo con fortes desniveis entre rochas graníticas onde alternan pozas, rápidos e pequenas fervenzas. A vexetación das ribeiras é unha mestura de eucaliptos, piñeiros, sobreiras, amieitas, toxos, xestas… Xúntase co San Xoán na parroquia de Lesón.
  • 74. Cabeceiras do Barbanza no Chan da Graña
  • 75. FERVENZA DA MISARELA (Lesón, A Pobra do Caramiñal). O río San Xoán ou Folgoso, afluente do río Pedras baixa da Pedra Furada, na vertente oriental da Serra da Babanza e xunto co río Barbanza forma o río Pedras. Na parte alta da serra esbara por unhas empinadas ladeiras graníticas nunha longa sucesión de tobogáns, saltos e pozas. COMO CHEGAR : na Pobra do Caramiñal cóllese a estrada ata Aldeavella (3,8 km) e logo vaise a pe ata a ponte da Misarela. Despois de cruzar a ponte e os restos do mosteiro de San Xoán da Misarela ascéndese por un camiño ata chegar ás fervenzas e pozas do río Folgoso. Pola dereita báixase ata a confluencia co río Barbanza e o canón.
  • 76. Desembocaduras dos ríos Pedras, á esquerda, e Lérez, á dereita
  • 77. Desembocadura dos ríos Pedras e Lérez
  • 78. RÍO LÉREZ Nace no monte Meán (Boiro) e desemboca no mesmo esteiro que o Pedras, ao pé da praia de Raposiños, na Pobra.
  • 79. Desembocadura do rego de Artes, entre as praias da Ferreira e da Lagoa RÍO de ARTES Nace en Folgoso, na Curota e desemboca en Corrubedo, formando unha ampla marisma que da lugar á lagoa de Carregal, unha área de gran valor ecolóxico incluída no Parque Natural de Corrubedo.
  • 80. FERVENZA DE PORTAS OU SAN AMEDIO Oleiros (Ribeira), no río de Artes. Hai varias fervenzas, rápidos e tobogáns. A máis alta mide uns 15 m de altura. Na parte alta da fervenza consérvanse os restos dun encoro que collía a auga para unha antiga central eléctrica. COMO CHEGAR: pódese acceder desde Oleiros ou desde A Pobra (pola estrada da Curota). Vese desde o camping Ría de Arousa 2 e pódese acceder polo camiño que rodea o camping pola dereita e sobe ao monte. Tamén se pode baixar desde San Amedio, na Curota.
  • 81. A COSTA Costa de Arousa Norte As comarca da Barbanza ten unha ampla liña costeira, na marxe norte da ría de Arousa e a costa exterior desde a punta de Sagres ata a o comezo da praia de Espiñeirido e a Punta da Laxe Brava. É unha costa moi recortada onde alternan illas, illotes, esteiros, praias e areais, enseadas, tramos rochosos baixos e cantís, en zonas abrigadas, orientadas ao sur, no interior da ría, e en áreas expostas de mar aberto con orientación ao oeste.
  • 82. Ondas no Cabo Corrubedo A costa da Barbanza acolle ecosistemas de gran valor biolóxico que dan lugar a espazos naturais de gran interese e son a base dunha importante actividade marisqueira, pesqueira, acuícola, industrial e turística. Varios tramos están protexidos no Parque Nacional da Illas Atlánticas, no Parque Natural de Corrubedo e nos LICs “Sistema Fluvial Ulla-Deza” e “Ons-O Grove”.
  • 83. Con de Nor, un característico illote rochoso que destaca na boca da ría
  • 84. Silene Scabriflora subsp. gallaecica (endemismo do NO peninsular) As espigas lanudas de rabo de lebre (Lagurus ovatus) aparecen durante o verán nos areais do
  • 85. Por todas partes, entre as rochas do litoral, medra o prixel do mar (Crithmun maritimum) unha planta que os navengantes dos tempos antigos comían en ensalada para previr o escorbuto. As rochas da zona supralitoral atópanse cubertas por varias clases de liques.
  • 86. Xunco mariño. Forma grandes pradeiras nas marismas que so cobre ocasionalmente a marea. Bocho e verdello, dúas algas comúns nos esteiros
  • 87. Ameixas. Os areais protexidos do interior da ría son un excelente lugar para o desenvolvemento de bivalvos que se atopan por toda a zona intermareal e son unha importante fonte de recursos para as xentes do mar.
  • 88. Mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas e cangrexos, habitantes habituais das rochas do litoral. Cagón (Arenicola marina), un verme que vive nos fondos areoso-fangosos alimentándose de partículas que filtra da area.
  • 89. Escarabellos de area (Eurynebria complanata) Bilurico (Tringa totanus). Individuos procedentes de Europa invernan por toda a costa galega nas zonas lamacentas de marismos e esteiros.
  • 90. A COSTA EXTERIOR da comarca da Barbanza mira ao mar aberto entre as rías de Muros e Noia e Arousa, desde a Punta da Laxe Brava ata a punta de Sagres. Inclúe parte da praia de Espiñeirido, a praia de Balieiros ou Basoña, o Cabo Corrubedo, as praias de Prado, Ladeira, Pozas e Vilar, as lagoas e marismas de Carregal e Vixán e as puntas Falcoeiro e Sagres, nas que se atopan numerosos illotes rochosos. É unha área de costa exposta dunha gran beleza paisaxística e un enorme valor ecolóxico, protexida no Parque Natural de Corrubedo e no LIC “Complexo Húmido de Corrubedo”. Está acollida tamén ao Convenio de RAMSAR e protexida como ZEPA (Zona de Especial Protección para as aves). Praia Reecabeira, Punta do Corgo, praia Balieiros, punta e praia de Corrubedo e boca da ría de Arousa
  • 91. Praia de Balieiros, puntas Corgo, Laxe Brava e Pardiñeiras e praia do Rial, no comezo da costa da comarca
  • 93. PRAIA DE BALIEIROS, praia exposta situada no fondo da enseada do mesmo nome entre as puntas Corgo e Corrubedo.
  • 97. Faro do Cabo Corrubedo
  • 98. Corrubedo e praia Robeira
  • 99. Praia e porto de Corrubedo. Ao fondo a praia Ladeira e a gran duna móbil.
  • 100. Vista xeral da área dunar de Corrubedo desde o monte Castro da Cidade. Ao fondo o cabo Corrubedo, á esquerda as praias Ladeira e Lagoa de 4.250 m de lonxitude e no primeiro plano a lagoa de Artes. COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO Unha barreira areosa de máis de 4 km de lonxitude, na que destaca unha gran duna móbil de 1 km. Formouse no período cuaternario, hai uns 12.000 ou 15.000 anos pola acumulación da area que pechou unha antiga badía e impedíu a saída ao mar de varios regatos o que deu orixe a varias lagoas pouco fondas que, co paso do tempo, se foron colmatando cos restos vexetais e os sedimentos. Na actualidade a área interior está ocupada por marismas e varias lagoas, unhas de auga salgada (Carregal e Artes) comunicadas co mar pola canle de desaugadoiro do rego Arles, e a outra de auga doce (Vixán). A zona de praia está formada por cordóns de dunas fixadas pola vexetación e a gran duna móbil que avanza lenta e constantemente cara ao interior.
  • 101. A DUNA MÓBIL DE CORRUBEDO ten máis de 1 km de lonxitude, 200-250 m de anchura e 20 a15 m de altura e avanza en dirección noroeste.
  • 104. LAGOA DE CARREGAL. Está alimentada polos ríos Artes, Silves e Longo e comunicada polo mar por unha canle pola que penetra auga salgada coas pleamares.
  • 105. LAGOA DE VIXÁN. Está separada do mar pola cadea de dunas da praia. Ao fondo a punta de Sagres.
  • 106. Panorámica das praias e dunas de Corrubedo
  • 107. Corrubedo co monte Taúme ao fondo
  • 108. Praia de Corrubedo O rego de Artes separa as praias Ladeira, da Lagoa e de Vilar
  • 109. Praia de Corrubedo e illote Ferreira
  • 110. PUNTA DA GRAÑA (Ribeira)
  • 111. PUNTA DA GRAÑA (Ribeira)
  • 112. PUNTA DA GRAÑA (Ribeira)
  • 113. PRAIA E PUNTA AREA BASTA (Ribeira)
  • 115. Canle de Sagres (Ribeira)
  • 116. Illas de Sagres (Ribeira)
  • 117. PUNTA FALCOEIRA. Formada por grandes bloques de granito con bolos e covas. Moi preto están as illas de Sagres e Falcoeiro.
  • 118. Punta Falcoeiro e illotes de Sagres. Na entrada norte da ría de Arousa, entre Sálvora e a punta Falcoeiro hai numerosos illotes e baixos rochosos que dificultan a navegación sobre os que hai unha lenda moi curiosa. Os illotes Sagres e Falcoeiro estaban namorados da illa Forcadiña. Pelexaron a morte, e dun puñetazo Sagres mandou ao Falcoeiro para a outra punta e partiulle a lingua e sete anacos que formaron o arrecife do Carreiro ou das Sete Línguas fronte a Aguiño.
  • 119. Vista xeral da ría de Arousa desde o Barbanza RÍA DE AROUSA Ábrese entre as puntas Covasa e Sagres, ao norte e O Castelo (na península do Grove), ao sur, separada da ría de Muros e Noia polo macizo montañoso da serra da Barbanza. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de ancho na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia, e nela desaugan numerosos ríos de menor entidade, nesta comarca, na banda norte da ría o Te, Beluso, Grande, Coroño e Pedras-Barbanza-Lérez, que baixan da serra da Barbanza e Muralla. A marxe dereita da ría, desde o esteiro do Ulla até a boca, é máis abrupta e de maiores fonduras. Na entrada atópanse as illas de Sálvora, Bionta e Nor.
  • 120. Boca norte da Ría de Arousa coas illas de Sálvora, Vionta, Nor, Sagres... e a punta Falcoeira É unha ría ampla e aberta de perfil moi irregular na que se poden atopar múltiples formacións. Nesta comarca illas (Rúa, O Carreiro, Coroso, Benencia...), penínsulas (Cabo da Cruz), esteiros (Ulla, Te, Beluso, Coroño, Pedras...), enseadas (Santa Uxía, Palmeira, Taragoña...), areais (Castiñeiras, Coroso, Cabío, Esteiro, Barraña...). As condicións ambientais desta ría e a súa produtividade fan que teña unha alta densidade de poboación e numerosos núcleos habitados entre os que destacan Ribeira, Palmeira, A Pobra, Boiro, Cabo de Cruz e Rianxo. Acolle áreas de grande interese ecolóxico, en especial para as aves mariñas.
  • 121. PRAIA DE COUSO (Aguiño, Ribeira)
  • 122. A Covasa (Aguiño), cos restos dun porto de posible orixe fenicia
  • 123. AGUIÑO (Ribeira), primeiro porto do norte da Ría de Arousa
  • 124. Entre as praias do Castro e das Tascas atópase un conxunto de illotes rochosos AS CENTOLEIRAS e O CARREIRO (illa das Sete Línguas). PRAIA CELEIRÁNS (Aguiño)
  • 125. PRAIA DAS TASCAS (Aguiño)
  • 126. PRAIA DO CASTRO (Aguiño)
  • 127. A ILLA DE SÁLVORA e os illotes próximos (Vionta, Gaivoteira, Herbosa e Nor) están situadas na boca da Ría de Arousa. Sálvora é a illa máis grande, de perfil chan, algo máis escarpada polo sur, cunha altura máxima de 77 m. Forman parte do Parque Natural das Illas Atlánticas. Sálvora e Aguiño
  • 128. Illa de Sálvora: faro, vivendas e pazo no que houbo unha fábrica de salga. En 1870 instalouse em Sálvora a primeira fábrica de salga da ría de Arousa. Posteriormente convertiuse en residencia. O poboado de Sálvora estivo habitado ata 1960.
  • 129. Illa Con de Nor e Vionta
  • 133. PRAIA DE COROSO e Serra de Barbanza desde a punta Fontán
  • 134. PRAIA DE COROSO, de 1780 m de lonxitude, e vila de Ribeira
  • 135. ILLA DE COROSO (Ribeira)
  • 136. PALMEIRA (Ribeira) conserva un porto coa estrutura tradicional no que todo está feito en pedra
  • 137. PALMEIRA (Ribeira) e PRAIA DE CRUCES
  • 138. Praia da Corna e da Illa desde o porto de Palmeira
  • 139. PRAIA DA CORNA na Pobra do Caramiñal
  • 140. ILLA DE RÚA (Ribeira), formada por grandes bloques graníticos. Está protexida no LIC “Ons-O Grove”.
  • 141. ÍNSUA DA RÚA (A Pobra do Caramiñal), ao pé da praia da Illa, e ao fondo a illa de Rúa
  • 142. PRAIA E PUNTA DE CABÍO (A Pobra do Caramiñal). Conta con todos os servizos e un paseo que permite percorrer varios quilómetros.
  • 143. PUNTA DE CABÍO (A Pobra do Caramiñal)
  • 144. PRAIA DO AREAL na Pobra do Caramiñal
  • 145. PRAIA DO AREAL na Pobra do Caramiñal
  • 146. PRAIA RAPOSIÑOS na Pobra do Caramiñal
  • 147. ENSEADA DE BOIRO e PENÍNSULA DO CABO DA CRUZ. No fondo da enseada atópase a praia de Barraña.
  • 148. ESCARABOTE (Boiro). Detrás o monte Castelo na Barbanza.
  • 149. PRAIA DE BARRAÑA, un areal de 2.150 m de lonxitude situado moi preto do núcleo de Boiro
  • 150. PRAIA DE BARRAÑA e Escarabote
  • 151. PUNTA FUCIÑOS (Cabo da Cruz, Boiro)
  • 152. ENSEADA DE CABO DA CRUZ desde a punta do Piñeirón
  • 153. ENSEADA DE CABO DA CRUZ
  • 154. PRAIA DE CARRAGUEIROS, en cabo da Cruz
  • 155. PRAIA DA RETORTA, ínsua de Bous e illa Venencia.
  • 156. PUNTA DE CHAZO e illa da Bensa (Boiro)
  • 157. ILLA DA BENSA (Boiro)
  • 158. PRAIA DE CHAZO (Cabo da Cruz, Boiro)
  • 159. PRAIA DE MAÑÓNS e illa do Ostral (Boiro)
  • 160. ILLA DO OSTRAL (Boiro)
  • 161. PRAIA FONTENLA (Cabo da Cruz, Boiro)
  • 162. PRAIA e PORTO DE AGAÑÁN (Boiro)
  • 163. ENSEADA DE RIANXO desde PORTOMOURO
  • 164. ENSEADA DE BELUSO desde Rianxo. A enseada de Beluso ábrese entre as puntas Neixón e Iñobre, no seu fondo desemboca o río Beluso.
  • 165. PRAIA DA TORRE (Rianxo)
  • 166. RIANXO, coas praias de QUENXO e TANXIL
  • 167. PRAIA DE TANXIL (Rianxo). Nun extremo atópase un pequeno porto tradicional.
  • 168. Porto de Cortes (Rianxo)
  • 169. PRAIA DO PORRÓN (Rianxo), entre as puntas do do Salto do Ladrón e O Castro.
  • 170. PRAIA DAS CUNCHAS E PONTA DO CASTRO (Rianxo)
  • 171. ESTEIRO DO ULLA desde o monte Xiabre
  • 173. PUNTA DE PATIÑO E AS TRES CRUCES (Rianxo) que indican o comezo do esteiro do Ulla.
  • 174. AS ÁRBORES Sobreiras á beira do río Pedras A maior parte do terreo forestal está ocupado por piñeiros nas partes altas e piñeiros e eucalitos nas zonas baixas. No fondo dos vales, quedan pequenas manchas de bosque autóctono con carballos, sobreiras, sanguiños, pereiras bravas, estripos... Nalgúns parques e xardíns atópanse exemplares de especies ornamentais de interese.
  • 175. Acacias (Acacia melanoxilon) no pazo de Tanxil (Rianxo)
  • 176. Magnolia grandiflora do Pazo de Xunqueiras (A Pobra do Caramiñal) -3,89 m de perímetro Sobreira (Quercus suber) en Asados (Rianxo). -5 m de perímetro no toro.
  • 177. ESPAZOS PROTEXIDOS Vista desde Sálvora sobre a boca norte da ría de Arousa PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS A illa de Sálvora e os illotes próximos (Vionta, Gaivoteira, Herbosa e Nor), situadas na boca da Ría de Arousa, están incluídas no Parque Natural das Illas Atlánticas, que protexe unha área de 781,67 ha, das que 242,86 son emerxidas. Sálvora, a illa máis grande, está formada por granito vermello, ten un perfil chan, algo máis escarpado polo sur, cunha altura máxima de 77 m. A meirande parte da illa está cuberta de mato de toxo e na zona central hai plantacións de eucaliptos. Nela aniñan gaivotas e corvos mariños cristados. Os seus propietarios Introduciron especies cinexéticas como faisáns, coellos, perdices e cervos.
  • 178. Vista aérea de Corrubedo. O sistema dunar exténdese ao longo dos 4 km de praia. A meirande parte das dunas están fixadas pola vexetación e hai unha gran duna móbil. PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN Abrangue 966 ha, no suroeste da Península do Barbanza en terreos do concello de Ribeira. Está formado por un amplo areal de 4 km de lonxitude limitado por cantís rochosos nos seus extremos; a marisma do Carregal e a lagoa de auga doce de Vixán. O LIC “Complexo húmido de Corrubedo” inclúe desde a Punta do Castro ata a illa de Sálvora (926 ha). Está declarado tamén ZONA HÚMIDA DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL acollida ao Convenio de RAMSAR e ZONA DE ESPECIAL PROTECIÓN PARA AS AVES (ZEPA)
  • 179. Centro de Interpretación do Parque e dos Ecosistemas litorais. No complexo de Corrubedo atópanse representados diversos ecosistemas de gran interese ecolóxico: costa rochosa e areosa, cantís, dunas fixas e móbiles, marismas, lagoas de auga doce e de auga salgada e mato. Na área hai censadas arredor de 250 especies vexetais entre as que se atopan endemismos de gran interese como Ranunculus ophioglossifolius, Spiranthes aestivalis... A fauna é moi variada. Destacan especialmente as aves, con máis de 70 especies (limícolas, anátidas e mariñas), 10 especies de anfibios e 14 especies de réptiles. As especiais condicións biolóxicas desta zona convértena na principal área de cría de peixes e crustáceos que habitan na costa circundante. Lagoa Vixán
  • 180. Esteiro do Ulla LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA O Ulla é a fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. O espazo protexido abrangue 1.153 ha no curso do Ulla desde Arzúa ata a desembocadura, e varios afluentes. Nesta comarca parte da costa do concello de Rianxo. É unha zona de grande interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura. As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. É o único río da vertente atlántica galega no que hai salmón. Ademais pódense atopar lampreas, troitas, sábalos, escalos, muxes...
  • 181. LIC ONS-O GROVE É un amplo espazo situado que abrangue o arquipélago de Ons e diferentes zonas da ría de Arousa (a enseada do Umia, as dunas e praia da Lanzada, a lagoa Bodeira, as lagoas naturalizadas de Rouxique, a punta do Carreirón e as pequenas illas e illotes de Areoso, Pedregoso e Rúa. Os valores máis importantes residen na flora e fauna das cantís e fondos mariños. Nesta comarca está incluída Rúa, unha pequena illa rochosa situada fronte á costa de Palmeira. Illa de Rúa
  • 182. SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL (SIN) CUMIO DA CUROTIÑA A zona protexida abrangue 50,26 ha na Pobra do Caramiñal. Son dous cumes de granito: A Curotiña, con 368 m e A Curota con 498 m. O seu maior interese reside na vistas impresionantes sobre a ría de Arousa e a costa de Corrubedo e Xuño. Está rodeada de toxos e piñeiros. Hai cabalos e vacas en libertade. Vista desde a Curotiña cara a Corrubedo
  • 183. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta revisado en xullo de 2017