SlideShare a Scribd company logo
Ría de
VIGO
CANGAS
VILABOA
PONTEVEDRA
SOUTOMAIOR
REDONDELA
VIGO
NIGRÁN
BAIONA
MOAÑA
Cabo Home
Illas
Cíes
Seo de
San Simón
Cabo Silleiro
A RÍA DE VIGO ábrese entre o Cabo Home, ao norte e o Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis
longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km. e unha profundidade máxima de 44
km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior
chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior,
máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura,
os areais e as marismas.
CONCELLOS:
Cangas
Moaña
Viaboa
Pontevedra
Soutomaior
Redondela
Vigo
Nigrán
Baiona
Boca de ría de Vigo, vista desde o Facho de Donón.
Está rodeada polas serras de Domaio e da Madalena ao norte (na
península do Morrazo), O Galleiro e os Montes do Galiñeiro ao leste,
e A Groba ao sur.
RÍOS:
Banda norte: Ríos de Donón, das Presas, das Saíñas, da Fragas, Pontillón, do
Faro, Verdeal, Maior, Tuimil, Ulló.
RÍO VERDUGO
Banda sur: Alvedosa, Fondón, Lagares, dos Muíños, Miñor, da Groba, Baíña,
Tres Regueiras.
Ría de Vigo. Ao fondo o Morrazo co monte Faro de Domaio
Ría de Vigo e ponte de Rande
Litoral entre Rande e Chapela
Litoral de Moaña na ría de Vigo
Vista da Ría de Vigo desde o Coto Águia
Vista da Ría de Vigo desde o Coto Águia
Vista da Ría de Vigo desde o monte da Guía.
Vigo desde o monte Alba
Vista da Ría de Vigo desde Rande. No centro o monte da Guía, en Vigo.
Estreito de Rande
Vista aérea do litoral da Ría de Vigo. Á dereira o cabo Estai .
Litoral de Nigrán. Detrás os montes do Galiñeiro.
SEO DE SAN SIMÓN
Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir
do estreito de Rande. No interior
atópanse as illas de San Simón e
Alvedosas. É unha cubeta tectónica
moi colmatada de sedimentos
procedentes das achegas dos ríos.
Unha zona abrigada con augas pouco
profundas, agás no estreito de Rande,
con alternancia de costa rochosa, de
pouca altura, e costa areosa formada
por pequenas praias e unha grande
superficie de marisma que queda
descuberta ao debalar o mar.
Seo de San Simón
Seo de San Simón
Vista desde A Peneda
A Ría de Vigo e a desembocadura do Verdugo desde a Peneda
Monte da Peneda (Soutomaior e Redondela)
Vista da ría desde a illa de San Simón
Cabo Home, praia de Melide, punta Sobrido e praias de Barra e Nerga
Cantís de Cabo Home.
Arco na furna dos Fenos
e faro, construído en 1853.
Punta Robaleira
Praia de Melide
Vista aérea: praia de Barra, Punta Preguntouro, Area Meán, Praia Nova, Punta
Mexiloeira, Praia de Nerga, O Con de Nerga e praia da Folla de Nerga.
A praias de Barra e Nerga están situadas entre Punta Subrido e Punta dos Castros, separadas
entre sí por uns saíntes rochosos. Forman un areal de dous quilómetros de lonxitude e
conservan un amplo sistema dunar.
No extremo da praia de barra desemboca o rego de Donón.
Praias Folla de Nerga, O Con e Nerga.
Praia de Liméns
Praia e porto da Congorza
O Salgueirón, co porto e antiga fábrica de Massó
CANGAS. Unha vila mariñeira, turística e industrial.
Vista desde a capela de San Roque
Punta e praia Rodeira
Moaña desde Meira
Monte da Costa (Moaña). Un tramo do litoral da parroquia de Tirán no que aparece un
conxunto de formacións rochosas de enorme interese (afloramentos de vaugneritas)
Praia do Con
Seo do Con
Moaña desde o monte da Guía, na outra banda da ría de Vigo
Boca do Río. O rego de Fraga nace no Coto do Home e desemboca na praia de Moaña.
Praia da Xunqueira
Seo de Meira coa marea baixa. A Barra e O Areeiro.
Seo de Moaña. Punta do Arroás.
Praia de Borna
Rego Miñouva. Nace entre os montes de Domaio e os Pedrouzos e desemboca en
Domaio, no seo do Mouro. Destaca a fervenza do Verdeal.
Desembocadura do rego Miñouva
Punta do Aradoiro (Vilaboa)
Peirao de Santo Adrao de Cobres
Santa Cristina de Cobres
Praia de Deilán
Seo de Larache
Muros da presa das Saíñas do Ulló, onde houbo tamén un muíño de marea
Praia do Areeiro (Paredes)
Desembocadura do río Ulló.
O rio Ulló nace na serra da Fracha e desemboca na ría de Vigo, facendo linde entre os
concellos de Pontevedra e Vilaboa.
O Vao (Pontevedra)
Illote do Castelo
Ponte Sampaio, entre a ponte do ferrocarril e a ponte antiga
Desembocadura do Río Verdugo entre Pontevedra e Soutomaior
O RÍO VERDUGO nace no Outeiro Grande, na Serra de Cando, e, despois de 40 km de
percorrido, desemboca en Ponte Sampaio, na ría de Vigo. O principal afluente é o
Oitavén que nace na Serra do Suído e, despois de 33 km de percorrido, xúntase co
Verdugo sete quilómetros antes da desembocadura.
Pontes na desembocadura do Verdugo
Litoral de Arcade (Soutomaior )
Arcade e a ría de Vigo desde A Peneda
Illas Alvedosas
Praia do Peirao
Porto de Arcade
Seo e praia de Soutoxusto (Redondela). Ao fondo a punta do Puntal (Soutomaior).
Punta Sobreira
Praia e punta do Cabo (Cesantes)
ILLAS DE SAN SIMÓN E DE SAN ANTÓN. Xunto cos illotes San Bartolomeu e San Norberto
forman un pequeno arquipélago situado no seo de San Simón. Pertencen á parroquia de
Cesantes (Redondela)
Porto de Cesantes
REDONDELA. Capital municipal, centro de servizos e importante no de comunicacións.
Redondela e o esteiro do río Alvedosa desde o monte Galleiro
Vista dos Alto da Cabaleira e a ría de Vigo desde o monte da Peneda, un espléndido
miradoiro sobre a ría e o litoral do concello
Chapela desde o monte da Madroa
RÍO ALVEDOSA. Nace ao norte da serra do Galleiro e despois de percorrer 9 km polos
concellos de Pazos de Borbén e Redondela, desauga no seo de San Simón, na ría de Vigo.
O Socorro
Peirao de Soutelo e antiga salga A Regasenda
Ponte de Rande. Inaugurado en 1978 e aberto ao tráfico en 1981.
Punta e porto do Cubillón
Praia de Area Longa (Redondela)
Praia de Ríos e porto de Teis (Vigo)
VIGO
A cidade máis grande de Galiza, é o máis importante porto pesqueiro e conserveiro do
Estado e un dos primeiros de Europa. É o primeiro centro industrial de Galiza, no que
destacan a construción naval, a produción de automóbiles e a industria conserveira.
Porto de Guixar e monte da Guía
Porto de Vigo desde A Guía
Porto de Vigo e ría desde o monte do Castro, un excelente miradoiro sobre a cidade e a ría.
Praia do Adro.
Bouzas é unha das zonas de Vigo que conserva o seu aspecto tradicional.
Praia de Samil, un areal de 1.700 m de lonxitude. A súa proximidade ao centro de Vigo
convértea na máis concurrida e mellor dotada de servizos.
Desembocadura do río Lagares.
O Río Lagares nace nos montes no
Coto Ferreira e desemboca na Ría de
Vigo, entre as praias de Samil e A Foz.
Na parte baixa do curso existe un
sendeiro que se pode percorrer a pé
ou en bicicleta.
Praia do Vao e illa de Toralla
Illa e praias de Toralla
Porto de Canido
Cabo Estai
Praia dos Muíños de Fortiñón ou de Saiáns
ILLAS CÍES (Vigo)
Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas do Medio ou do Faro,
Monteagudo, San Martiño e varios illotes: Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños,
Carabelos, Ruzo ...
As costas occidentais das tres illas son cantís abruptos batidos polos temporais do
Atlántico e as orientais ladeiras suaves con areais e sistemas de dunas. A altitude máxima
atópase na illa Norte ou Monteagudo (Alto Cíes, con 186 m).
Na illa do Faro consérvanse os restos do mosteiro do Santo Estevo do século XVIII, na
actualidade acondicionado como centro de visitantes do parque Nacional.
As illas Cíes teñen un grande interese xeolóxico, paisaxístico e biolóxico.
Plinio e Ptolomeo referíronse ás CÍES como as Illas Siccas. Puideron formar parte das lexendarias
Casitérides dos Fenicios. Nelas refuxíaronse os irreductibles herminios, tribu galaica que resisteu á
dominación romana das lexións de Xulio César.
O primeiro asentamento do que hai constancia data da Idade do Bronce (500 a 100 anos a c). Na illa do
Medio foi excavado un castro nas ladeiras do monte Faro.
Durante a Idade Media (século XI) permaneceron alí un grupo de monxes en constante conflito cos
piratas. Hai referencia a mosteiros na illa Sur e na do Medio. Consérvanse os restos do mosteiro do
Santo Estevo do século XVIII que estivo ocupado polas ordes de Cluny, Beneditinos e Franciscanos.
No século XVIII instálanse fábricas de salga sobre as ruínas do mosteiro da illa Sur (San Martiño).
Ata o século XIX non volveron a ter habitantes estables (en 1945 acadou os 50 habitantes e os últimos
abandonáronas en 1970). Na actualidade só están ocupadas polos servicios do parque e os do camping
e restaurantes.
A partir de 1960 comezaron a ser invadidas polo turismo.
Illa de Monteagudo. Punta do Peito e faro.
Punta do Príncipe de Avante. Miradoiro do Alto do Príncipe.
Seo do Lago. Boca do Lago.
As illas Norte e do Faro están unidas por un istmo de area (praia das Rodas) e un
pequeno dique entre os que se forma unha lagoa mareal.
Faro de Cíes
Na ladeira do monte do Faro consérvanse, perdidos entre a vexetación, os restos do
castro das Hortas, un antigo poboado castrexo, o depósito arqueolóxico máis importante
atopado ata o momento no arquipélago das Cíes.
Area da Nosa Señora. Illa dos Viños. Praia dos Bolos.
Area das Rodas. Lagoa dos Nenos.
Unha das zonas de maior interese e fraxilidade do Parque Nacional. Está delimitada polo
dique, unha estrutura artificial construída a finais do século XIX para facilitar a
comunicación entre as dúas illas (a raíz da instalación de varias fábricas de salgadura e
dun viveiro de marisco na propia lagoa). O dique e as rochas protexen a lagoa e regulan
a entradas da auga mariña. A escasa profundidade, tranquilidade e maior temperatura
da auga fan da lagoa un lugar ideal para refuxio e cría de multitude de especies.
Vista da Illa de San Martiño desde o mar.
Freu da Porta, un estreito canal de 500 m con fortes correntes que separa do resto do
arquipélago da illa de San Martiño.
Faro do Cabo dos Bicos, na illa de San Martiño
O Boeiro
Litoral de NIGRÁN visto desde os montes da Groba:
Monteferro, Panxón, monte Lourido e esteiro do río Miñor.
Praia da Patos (Nigrán)
Monteferro (143 m).
Consérvanse restos da antiga batería costeira para a defensa da boca sur da ría de Vigo e no cume hai un
monumento á Mariña Universal feito en 1013. Desde o alto hai panorámicas da ría de Vigo, as costas de
Nigrán e Baiona ata o Cabo Silleiro, as illas e o océano.
Monteferro. Punta Meda.
As Illas Estelas son dúas pequenas illas graníticas (Estela Grande e Estela Pequena),
situadas fronte á punta de Meda entre a Ría de Vigo e a de Baiona, fronte a Panxón.
A costa é rochosa agás algunha pequena praia. Non teñen árbores e están
practicamente cubertas de mato de toxos e breixos. Os seus fondos mariños son dunha
grande riqueza biolóxica.
Illas Estelas e Cabo Silleiro desde Monteferro
Punta e praia da Madorra
PANXÓN é unha vila mariñeira e turística situada ao abrigo de Monteferro ao pé dos
areais de Panxón e Praia América, separadas polo río Muíños ou Lourido.
Vista aérea de Panxón, Monteferro e as praias
Praia de Panxón ou Area Alta
Río dos Muíños. Nace nos montes de Chandebrito e ten todo o seu curso polo concello
de Nigrán, onde desemboca entre as praias de Panxón e Area Loura.
Praia América ou Area Loura
Monte Lourido
Seo e esteiro da Ramallosa
Espazo situado na desembocadura do río Miñor, nos concellos de Baiona e Nigrán.
É unha zona de marismas separada e defendida do mar aberto pola ampla barra
areosa da praia Ladeira.
Seo e esteiro da Ramallosa
RÍO MIÑOR.
Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as augas
da serra do Galiñeiro e, despois de 16 km, desauga entre Nigrán e Baiona (Sabarís)
formando un amplo esteiro.
Monte Lourido, esteiro do Miñor e praia Ladeira.
A Ramallosa, coa frecha da praia Ladeira e os esteiros dos ríos Miñor e da Grova
O río da Groba nace na serra da Groba e despois dun percorrido moi encaixado
desemboca no esteiro da Ramallosa, en Sabarís (Baiona), moi preto do Miñor.
Seo de Baiona e praia Ladeira, asentada na frecha que pecha o esteiro da Ramallosa
Praia Ladeira
Punta Santa Marta
BAIONA.
A vila de Baiona é na actualidade un dos centros turísticos máis coñecidos de Galiza que
conta cun concurrido porto deportivo. Foi durante os séculos XVI e XVII a base da flota
defensiva de Galiza e o lugar da arribada da primeira carabela que viña de América.
Foi un porto de grande importancia no comercio internacional.
Vista aérea de Baiona
Vista de Baiona desde o alto da Virxe da Rocha. Ao fondo o cabo Silleiro.
Monte Real
Monte e punta da Rocha
O Bombardeiro
Cabo Silleiro
O Cabo Silleiro prolóngase no mar polas illas Carral e Polbeiras nas que bate
continuamente o mar. Ao dobrar o cabo a costa segue a manter o seu aspecto rochoso e
rexo ata o límite do concello na punta das Negras e as súas rochas.
XEOLOXÍA
O litoral da ría de Vigo está constituído, na súa mayoría, por granitos (alcalinos e
calcoalcalinos), gneis e xistos, com pequeñas bandas doutras rochas. Hai amplos
espazossedimentarios nas desembocaduras dos ríos, nos seos e nos fondos da ría.
MAPA LITOLÓXICO
As forzas tectónicas e a erosión, ou a combinación de ambas, deu lugar a una enorme
variedade de formas de modelado costeiras: cantís, furnas, illotes, areais, frechas, dunas,
boleiras….
As rochas do cabo Home (Cangas)
son metamórficas (xistos) e
forman parte do dun complexo
que vai desde Malpica ata o Sur de
Galiza. A cor escura e a disposición
dos estratos en distintas
orientacións con fallas e pregues
da lugar a formas de paisaxe
dunha beleza especial.
Conta unha lenda que un mostro
mariño morreu nunha batalla cosas
xentes do lugar e permanece deitado
no cabo coas cristas de fóra. Hai que
ter coidado de non espertalo.
Cabo Home (Cangas)
Cabo Home (Cangas): xistos e cuarcitas
Granitos na praia de Barra (Cangas)
Granito na punta dos Castros (Cangas)
Entre a praia de Rodeira (Cangas) e O Con, en Moaña, en especial na punta do Niño do
Corvo, aparece o que se chama un “corredor de enclaves”, fragmentos de rochas
contidos ou encaixados noutra. Este fenómeno de mestura orixínase no interior da
codia terrestre cando entran en contacto dous magmas de composición diferente antes
do seu arrefriamento definitivo: neste caso o magma básico que da lugar ás rochas de
cor máis escura (gabros, cuarzodioritas e tonalitas) introduciuse no magma ácido que
orixina rochas máis claras (granitos).
Estas rochas de tipo plutónico son coñecidas como vaugneritas. Forman parte dunha
banda de granodioritas que se extende de norte a sur polo occidente de Galiza
Nestas rochas podemos observar diferentes fenómenos erosivos: por descompresión, que da
lugar á erosión por capas concéntricas (como de cebola); diferencial, pola diferente resistencia
dos materiais, e polo efecto mecánico do mar.
Punta de Priegue (Vigo)
Cantís de Cíes (Vigo)
Monteferro (Nigrán)
Plataforma litoral (xistos) en Patos, debaixo de Monteferro
Xistos en Lourido (Nigrán)
Cabo Silleiro (Baiona)
Cabo Silleiro (Baiona)
Punta Salgueira (Baiona)
Coído na punta Salgueira (Baiona)
Zona sedimentaria entre as illas do Faro e Monteagudo (Cíes)
LUGARES DE INTERESE XEOLÓXICO
222001. Illas Cies
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado
costeiro e litoral.
As illas Cíes está formadas maiormente por granitos de
feldespato alcalino con algúns diques e enclaves de
micaxistos, seixos, xistos e paragneis.
Na costa podemos atopar areais, complexos dunares,
cantís furnas, cacholas…
TMP002. Recheo würmiense da furna de Monteagudo (Cies)
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos
da acción do clima.
Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes)
Durante o Eemiense (último interglaciar) formáronse furnas como ésta, que durante o último periodo
glaciar (Würm), coa la retirada do mar, colmatáronse de derrubios. No presente interglaciar (Holoceno), co
avance d mar, estas furnas están volvendo a ser erosionadas e puestas ao descubierto.
TMP001. Praias fósiles de area e de cantos das Margaridas (Cíes)
Interese: sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes)
Areas e cantos cementados, con coloracións vermellas, pertenecientes a restos de playas fósiles de arena
y de cantos, pertencentes al último periodo interglaciar.
Illa de Monteagudo, costa leste
TMP061 - Pías e tafoni do Alto do Príncipe (Cies)
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos
da acción do clima.
Situación: no Alto do Príncipe, no oeste da illa de Monteagudo (Cíes)
Unha grande cantidade de pías que destacan polo seu notable desenvolvemento. A maior parte ten o
fondo plano, con exutorio ou non.
TMP063 - Morfoloxía tableada no granito de Punta Ferreiros (Cies)
Interese: Petrolóxico-xeoquímico.
Unidade Xeolóxica: estruturas e formacións do Oróxeno Varisco no Macizo Ibérico.
Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes)
Granito con aspecto tableado debido á disposición en bandas paralelas dos seus mineris. A meteorización
diferencial dos minerais da orixen ao marcado tableado.
TMP062 - Duna fósil de Figueiras (Cies)
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado de orixe fluvial e eólico.
Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes)
Afloramento no que se superpoñen, sobre a praia actual, unha praia fósil de arena vermella, un depósito
areoso con características dunares, tamén fósil, éste último recuberto por derrubios de ladeira. Ademáis,
a media ladeira se observan restos de dunas rampantes fósiles.
TMP003. Derrubios e praia de coios do Seo de Chancelos (Cies)
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: na costa oeste da illa de Monteagudo (Cíes)
Neste punto obsérvase cómo os bloque angulosos dun derrubio de ladeira nutren de material ao mar para
que forme a praia de cantos. Algúns conservan aínda unha forma angulosa namentras que outros xa foron
redondeados pola acción da ondada.
TMP058 - Praia-duna-lagoa das Rodas, conglomerados cementados e rasa (Cies)
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: entre as illas de Monteagudo e do Faro (Cíes)
Bo exemplo de sistema sedimentario praia-illa barreira dunar-lagoa. Ademáis nas dunas situadas ao norte
da Praia das Rodas poden observarse exemplos de cubetas de deflación eólica. Obsérvanse ao norte da
Lagoa dos Nenos unha praia fósil de cantos a un nivel algo superior ao da praia actual, indicativa dunha
variación do nivel do mar.
TMP059 - Pedra da Campá e derrubios de ladeira erosionados (Cies)
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: Depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos
da acción do clima.
Situación: no oeste da illa do Faro (Cíes)
A meteorización profundizou tanto os tafoni nesta rocha granítica que fixeron desaparecer
parte dela, dándolle unha forma de ponte. Desde o miradoiro pódense observar antigos
derrubios de ladeira no cantil.
TMP060 - Derrubios cementados do peirao de Carracido (Cies)
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos
da acción do clima.
Situación: no surleste da illa do Faro (Cíes)
Derrubios cementados non funcionais.
Son herdanza dunha etapa fría do
pasado máximo glaciar.
Pedra da Campá
TMP004. Praias e dunas actuais e fósiles de San Martiño. Formas poligonais de
meteorización (Cies, S. Martiño)
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: Depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: ao nordeste da illa de San Martiño (Cíes)
Un bo exemplo de praia con dunas actuais e fósiles. Nas rochas do extremo sur da praia obsérvanse
formas poligonais de meteorización.
TMP005 - Praia fósil, derrubios e coluvións do Seo de Fornos
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: ao sur da illa de San Martiño (Cíes)
Os coluvións son máis escuros pola presenza de abundante materia orgánica, depositada nos periodos
máis húmidos do Würm, con maior abundancia de vexetación.
PROTECCIÓN
LIC/ZEC: “Costa da Vela” “Seo de San Simón” “Esteiro da Ramallosa”, “Monteferro e illas
Estelas”.
ILLAS CÍES:
-Forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas
-Parque Natural e LIC/ZEC “Illas Cíes”.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)
-Están incluídas nos inventarios de Áreas Importantes para a Herpetofauna Española
(Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004) e de Áreas Importantes para as Aves
en España (SEO/BirdLife, 1998).
-OSPAR (Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordés
“Illas Atlánticas de Galiza”.
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA
CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra) e Ribeira (A Coruña).
Inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes
situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta,
Cortegada e Malveiras e un amplo espazo mariño na
súa contorna.
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e
cultural.
Esta zona é ademais un importante punto de cría de peixes e
mariscos e visitada habitualmente por golfiños,
baleas e tartarugas mariñas.
Golfiño (Tursiops truncatus)
LIC/ZEC COSTA DA VELA
Situado no extremo Sur-Leste da
Península do Morrazo, limitando coa ría
de Vigo polo Sur.
O terreo protexido c omprende os cantís da
Costa da Vela, co espazo marítimo situado
fronte a eles, o Cabo Home, a punta Sobrido
e as praias e sistemas dunares de Melide e
Barra. O primeiro tramo, entre as puntas de
Couso e Cabo Home é de cantís graníticos,
abruptos e altos. Ao chegar a Cabo Home o
aspecto cambia bruscamente debido á
intrusión de rochas metamórficas (xistos) que
forman parte dun complexo que vai desde
Malpica ata o Sur de Galiza.
A zona ten un grande valor biolóxico (en
especial os fondos mariños), xeolóxico e
paisaxístico. Pódense atopar ecosistemas
diversos: costa rochosa e areosa, areais e
dunas, bosque de piñeiros, cantís e monte
baixo.
LIC/ZEC SEO DE SAN SIMÓN
Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a
partir do estreito de Rande. No
concello de Moaña ata a punta de
Domaio.
É unha cubeta tectónica moi
colmatada de sedimentos
procedentes das achegas dos ríos.
LIC/ZEC ILLAS ESTELAS
O espazo protexido abrangue as illas
Estelas (dúas pequenas illas, Estela de
Dentro e de Fóra), algún pequeno illote e
o litoral de Monteferro. Pertence ao
concello de Nigrán. Das 713 ha protexidas
unha gran parte é ecosistema mariño, cun
fondos mariños dunha enorme riqueza
biolóxica.
LIC/ZEC A RAMALLOSA
Espazo na desembocadura do río Miñor, na
parte más interna da ría ou seo de Baiona.
Esta pequena área, ben abrigada e de
augas tranquilas e mornas, mantén unha
enorme diversidade de invertebrados que
serven de alimento a numerosas aves
mariñas, especialmente limícolas, que
teñen nesta zona unha importante área de
descanso, sobre todo no inverno.
FLORA
A ría de Vigo acolle unha enorme variedade de hábitats e ecosistemas mariños e
terrestres de augas libre ou zonas litorais abrigadas (marismas, esteiros, lameiros, areais,
rochedos) ou expostas (cantís, furnas, dunas...). No mar e nas rochas do litoral dominan
as algas que se suxeitan ás rochas ou viven nas auhgas libres.
Golfo (Saccorhiza polyschides)
Verdellos (Ulva intestinalis) e bochos (Fucus vesiculosus)
As marismas son ecosistemas húmidos costeiros dun grande valor ecolóxico. Nelas conflúen
a auga doce dos ríos coa salgada do mar e están variando periodicamente co abalar e
debalar das mareas o que determina un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura
da auga ao longo do día e amplas zonas quedan en seco.
A verdoaga mariña (Halimione portulacoides) medra en lugares lamacentos por todo o
límite da marea. Nestas zonas atopamos tamén seba, salicornia, herba coral, estrela das
xunqueiras, sosa, portulaca, xuncos, espartina...
Carrizos no rego dos Muíños
Xunco mariño.
Forma grandes pradeiras nas marismas
que so cobre ocasionalmente a marea.
A Spartina maritima soporta as inmersións
periódicas das mareas, aínda que case nunca
queda cuberta totalmente pola auga.
Nas rochas dos cantís atopamos liques, herba de namorar, pirixel do mar... Na zona terrestre
hai mato de breixos e toxos e plantacións de piñeiros e eucaliptos.
As rochas da zona
supralitoral están cubertas
por varias clases de liques.
Nos cantís, rochedos e algunhas praias podemos atopar distintas especies de herba de
namorar (Armeria...). A Armeria pubigera ten as follas máis pequenas e veludas. É un
endemismo do NW da Península Ibérica.
Esparragueira brava
(Asparagus aphyllus)
Breixos (Erica umbellata)
Pirixel do mar (Critmum maritimum)
Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)
FLORA DAS PRAIAS E DUNAS:
Feo da praia (Ammophila arenaria subsp. australis), grama do mar (Elytrigia juncea subsp.
boreali-atlanticus), correola das praias (Calystegia soldanela), eiruga mariña (Cakile
maritima), leiteiriña (Euphorbia paralias e Euphorbia segetalis), Honkeknya peploides, alhelí
da praia (Malcoioa littorea), alhelí mariño (Mathiola sinuata), barriña (Salsola kali), polígono
da praia (Polygonum maritimum), cebola das gaivotas (Pancratium maritimum), cardo da
ribeira (Eryngium maritimum), colexa (Silene littorea), Viola kittaibelliana var. henriquesii,
tomelo bravo (Helichrysum italicum subsp. setotinum), carraspique (Iberis procumbens),
paxariños (Linaria polygafolia), Linaria arenaria, carrasca de San Xoán (Otanthus maritimus),
espigadiña do mar (Crucianella maritima), acelga mariña (Beta vulgaris subsp. maritima),
Orobanche arenaria, madroa das praias (Artemisia crihmifolia), herba de namorar (Armeria
pungens), Scrophularia frutescens, var frutescens....
Orobanche arenaria
Centaurea sphaerocephala
Rabo de lebre (Lagurus ovatus). Atópase nas dunas.
Cardo mariño (Eryngium maritimum). Vive nas dunas e praias.
O complexo dunar de Figueiras-
Muxieiro, nas Illas Cíes, é un sistema
dunar moi importante, tanto pola
súa extensión como polo seu estado
de conservación. Nel poden
observarse alunhas especies vexetais
adaptadas ás duras condicións
ambientais deste hábitat. Destacan o
tomelo bravo (Helichrysum picardii
var. viresceis), a camariña (Corema
album), e a herba de namorar
(Armeria pungens).
Camariña
(Corema album)
Armeria pungens, única poboación galega, localizada nas dunas de Figueiras-Muxieiro
Paseo dos buxos da Illa de San Simón (Buxus sempervirens). -7,60 a 10,80 m de altura.
Incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Xunta de Galiza.
Piñeiro de monterrei, piñeiro insigne (Pinus radiata) da Illa de San Simón
-3,10 m de perímetro.
Eucalipto azul (Eucalyptus globulus)
da Illa de san Simón
-varios exemplares que superan os 6 m
de perímetro.
Eucalipto de 5,20 m de perímetro.
As Saíñas (Vilaboa).
FAUNA
A ría de Vigo acolle unha enorme variedade de especies animais sedentarios ou visitantes
ocasionais, desde mamíferos (lontras, golfiños, arroases...), aves (mariñas, limícolas,
terrestres), réptiles (tartaruga mariña), peixes (sardiña, xurelo, xarda, linguado, rodaballo,
raias, maragota, muxe, sargo, lírio, cabalo do mar...), crustáceos (centolo, nécora, camarón,
percebe, cangrexos...), moluscos (ameixas, berberecho, caramuxos, mexillón, caracolas...) e
unha grande variedade de vermes, celentéreos, equinodermos... algúns explotados
comercialmente.
sargo,
Sargos
Cabaliño do mar
Poza mareal
Na costa rochosa exposta o mar bate sen
descanso. Nestes hábitats viven seres que
desenvolven mecanismos para resistir os
movementos do mar e o constante choque
das ondas. Os animais agóchanse nas
fendas e pozas das rochas (polbo,
cangrexos, cóngaro, ourizo, gradicelas),
entre as algas (maragotas, sargos, badexos)
ou fíxanse ás rochas con dististos
mecanismos (lapas, chuponas, caracolas,
percebes, arneiróns...).
Ourizo de mar
(Paracentrotus lividus)
Chupona ou apegón (Actinia equina)
Os percebes (Polycipes
cornucopia) son
crustáceos coloniais que
viven apegados ás rochas
da zona mediolitoral e
infralitoral das zonas de
mar batido.
Ameixas enterrándose na area
Cagón (Arenicola marina), un verme que vive nos fondos areoso-
lamacentos alimentándose de partículas que filtra da area.
Polbo (Octopus vulgaris)
Garza real (Ardea cinérea)
Garzota
(Egretta garzetta)
Pilro curlibico (Calidis alpina)
Bilurico común (Tringa totanus)
Corvos mariños e gaivotas
Gaivota patiamarela
(Larus michahellis).
O máis destacado da
fauna terrestre das Cíes
son as aves mariñas
sobre todo as gaivotas
(unhas 7.000 parellas),
e os corvos mariños
cristados (a colonia
máis importante do
suroeste de Europa
cunhas).
Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
USOS/APROVEITAMENTO
-Pesca, marisqueo e acuicultura
-Navegación
-Turismo, lecer e deportes
-Industrias
Porto de Cangas
A ría de Vigo foi intensamente poboada e explotada desde tempos moi antiguos. Na
actualidade conta con numerosos portos pesqueiros, de transportes ou deportivos e
importantes polígonos de cultivo a flote (bateas) ou bancos de pesca e marisqueo.
Peirao do Con (Moaña)
O Real (Moaña)
peirao deportivo
Porto de Domaio
Vigo: porto pesqueiro
Vigo (Guixar)
Porto de Bouzas: cargando coches
Vigo, terminal de pasaxe
Porto do Santo (Meira)
Peirao de Santo Adrao de Cobres (Vilaboa)
Porto de Chapela (Redondela) Porto de Arcade (Soutomaior)
Porto de Cesantes
Redondela
Porto de Panxón (Nigrán)
Porto de Baiona
Grada dun estaleiro (Vigo)
Botabaixo dun barco en Barreras (Vigo)
Marisqueo a pé
Bateas
Vigo: lonxa
po
Praia das Rodas (Cíes)
Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Ao longo do litoral e nos fondos da ría de Vigo consérvase un importante patrimonio
cultural: restos de naufraxios, asentamientos castrexos, petróglifos, construcións
tradicionais, igrexas, pontes, peiraos, patrimonio marítimo…
Punta do Muíño e instalacións do museo do Mar de Galiza,
un centro cultural e científico inaugurado en 2002.
Penisas Pequenas: un conxunto de gravados rupestres e muíños
naviculares (Monteferro, Nigrán)
Restos do castro de Alcabre. Na actualidade forman parte do recinto
do Museo do Mar de Galiza.
Restos do Castro de Vigo e reconstrución de vivendas.
Ponte Sampaio. Ponte de dez arcos de orixe romana e contruída de novo na Idade Media.
Aquí liberouse a famosa batalla contra os franceses en 1809.
Ponte da Ramallosa, ou ponte da
Xunqueira, do século XIII, compartida
entre Nigrán e Baiona. É unha das
pontes de Galiza na que se realizaba o
ritual do Bautismo Prenatal.
Ponte de Rande. Inaugurado en 1978 e aberto ao tráfico en 1981.
En Rande (Redondela) quedan os restos do cargadoiro da Mineiro Siderúrxica de
Ponferrada (Coto Wagner), construído nos anos 60 e abandoado na década de 1987.
Empregouse primeiro para ferro e logo para carbón.
A Fábrica do Alemán (salga transformada en conserveira na Segunda Guerra Mundial) acolle o
Centro de Interpretación da Batalla de Rande, inaugurado en 2013.
Restos do cargadoiro de Rande (ao pé da ponte).
Construido, entre 1924 e 1926, por Minerales de Hierro de Galicia, S.A., que explotaba as
minas de ferro do Freixo (Monforte de Lemos) e traía o mineral en tren para envialo a
Alemania. Tivo una importante actividade durante a segunda Guerra Mundial e pechou en
As Saíñas do Ulló están, situadas no remate do esteiro do Ulló, en Paredes. Funcionaron
desde o século XVII (cara ao ano 1637) e foron moi importantes para abastecer de sal á
cidade de Pontevedra durante o século XVIII.
Comezaron a ser explotadas polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e
acadaron grande importancia nos seguintes anos. A finais do século XIX, neste mesmo
lugar, construíuse un muíño de marea do que so quedan algúns restos (os muros de
peche e construcións en ruínas).
Museo das Carreiras, actividade artesanal de confección de cabos e cordas,
da que Meira foi un importante centro de produción.
Restos do Muíño de Marea do Ulló
Rampas da antiga
factoría baleeira
No concello de Cangas houbo unha importante industria relacionada co mar: salgas,
estaleiros, baleeiras, fábricas de conservas... Algunhas destas actividades foron
desaparecendo en distintas épocas.
Na factoría baleeira procesáronse baleas e cachalotes desde 1955 ata o ano 1985 en que se
pecha, tras a firma de España do acordo internacional que prohibe a explotación comercial
dos grandes cetáceos.
Antiga fábrica de conservas de Massó. Funcionou de 1942 a 1993.
Faro de Cabo Home (Cangas)
Faro e punta Sobrido (Cangas)
Faro da Guía.
O monte da Guía é un magnífico miradoiro sobre a ría e a cidade de Vigo.
Faros das
illas Cíes
Faro da Porta (na illa do Faro)
Faro dos Bicos, na illa de San Martiño
Illa do Faro
Faro do Peito na illa de Monteagudo
Baliza de Panxón
Faro do cabo Silleiro. Inaugurado en 1924.
Desde 1960 ten una lámpada de 3.000 w cun
alcance de 40 millas. Está situado nun punto
alto cunha vistas excepcionais sobre a costa.
Faro vello do Cabo Silleiro, inaugurado en 1866. Funciounou cunha lámpada de mecha de
aceite vexetal e desde 1909 cunha lámpada de petróleo. Na súa contorna hai unha área de
lecer e un miradoiro
Mosteiro de San Estevo na Illa Faro
(Cíes). Na actualidade acolle o
Centro de Interpretación do Parque
Nacional.
Durante a Idade Media un grupo de
monxes benedictinos ocuparon as
illas, e no século XIV cada illa tiña o
seu mosteiro. Sucesivos ataques de
piratas árabes e normandos
acabaron por despoboalas. Xa no
século XIX vólvense a instalar
familias que sobrevivían da pesca,
agricultura e gandaría.
Monte Alba (Vigo)
Capela de Santa Marta (Baiona)
Un dos monumentos máis representativos
de Panxón é a igrexa de San Xoán (Templo
Votivo do Mar) deseñada polo arquitecto
Antonio Palacios, construida entre 1932 e
1937. Unha xoia de armonía e do
característico estilo do autor.
Igrexa de Tirán (Moaña)
Santa María de Baiona, igrexa
románica do século XIII
Illas de San Simón e San Antón (Redondela): acollen un importante patrimonio cultural, de
especial importancia en relación coa memória histórica.
Aínda que se cree que estiveron habitadas desde tempos moi antigos, a primeira referencia
histórica de presenza humana nas illas é do século XII, coa existencia dun mosteiro fundado
pola Orde do Temple. Foron lazareto e entre 1936 e 1943 funcionaron como cadea para
presos políticos do réxime franquista.
En 1998 o arquitecto César Portela elaborou un Plan Director para a rehabilitación e
recuperación dos edificios e espazos e adaptalos para usos culturais e públicos.
En 1999 foron declaradas Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galiza. No ano 2006 a
Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no
Ano da Memoria.
Francisco Leiro
Silverio Rivas
Esculturas na illa de San Simón
Virxe da Rocha (Baiona), imaxe
monumental deseñada polo
arquitecto Antonio Palacios. Está
situada nun outeiro ao pé da vila. A
propia imaxe é un miradoiro ao que
se ascende por unha escaleira
interior.
Castelo de Monte Real ou fortaleza do Monte do Boi (Baiona).
Construído entre os séculos XII e XVI sobre un posible castro do século II aC.
Funciona como Parador de Turismo desde 1966.
O Berbés: soportais nas casas tradicionais
Gamelas na praia da Fontaíña
PROBLEMAS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Arcade (Soutomaior)
Illa de Toralla (Vigo)
Adela Leiro, Mon Daporta
xullo 2021

More Related Content

What's hot

Ria de Muros e Noia
Ria de Muros e NoiaRia de Muros e Noia
Ria de Muros e Noia
MonContos
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
MonContos
 
Poio, A Costa
Poio, A CostaPoio, A Costa
Poio, A Costa
MonContos
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
MonContos
 
Ria da Arousa
Ria da ArousaRia da Arousa
Ria da Arousa
MonContos
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
monadela
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
MonContos
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
monadela
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de Corcubion
MonContos
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
monadela
 
Cervo, a costa
Cervo, a costaCervo, a costa
Cervo, a costa
monadela
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
MonContos
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
MonContos
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
monadela
 
LIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San SimónLIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
monadela
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de Pontevedra
MonContos
 
O Grove, A Costa
O Grove, A CostaO Grove, A Costa
O Grove, A Costa
MonContos
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
monadela
 
Cangas, A costa
Cangas, A costaCangas, A costa
Cangas, A costa
MonContos
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
MonContos
 

What's hot (20)

Ria de Muros e Noia
Ria de Muros e NoiaRia de Muros e Noia
Ria de Muros e Noia
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Poio, A Costa
Poio, A CostaPoio, A Costa
Poio, A Costa
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
 
Ria da Arousa
Ria da ArousaRia da Arousa
Ria da Arousa
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de Corcubion
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Cervo, a costa
Cervo, a costaCervo, a costa
Cervo, a costa
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
LIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San SimónLIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de Pontevedra
 
O Grove, A Costa
O Grove, A CostaO Grove, A Costa
O Grove, A Costa
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
 
Cangas, A costa
Cangas, A costaCangas, A costa
Cangas, A costa
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
 

Similar to Ría de Vigo

A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
monadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
monadela
 
Soutomaior, a costa
Soutomaior, a costaSoutomaior, a costa
Soutomaior, a costa
MonContos
 
Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costa
MonContos
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
MonContos
 
Pontevedra, A Costa
Pontevedra, A CostaPontevedra, A Costa
Pontevedra, A Costa
MonContos
 
As rías de galicia hoxe
As rías de galicia hoxeAs rías de galicia hoxe
As rías de galicia hoxeAna Urbieta
 
As rías de galicia
As rías de galiciaAs rías de galicia
As rías de galiciaAna Urbieta
 
Ría de Ferrol
Ría de FerrolRía de Ferrol
Ría de Ferrol
monadela
 
Ribeira, A Costa
Ribeira, A CostaRibeira, A Costa
Ribeira, A Costa
MonContos
 
Vigo, a costa
Vigo, a costaVigo, a costa
Vigo, a costa
MonContos
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
monadela
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
monadela
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
MonContos
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
monadela
 
Baiona, a costa
Baiona, a costaBaiona, a costa
Baiona, a costa
MonContos
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
monadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
monadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 

Similar to Ría de Vigo (20)

A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Soutomaior, a costa
Soutomaior, a costaSoutomaior, a costa
Soutomaior, a costa
 
Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costa
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
 
Pontevedra, A Costa
Pontevedra, A CostaPontevedra, A Costa
Pontevedra, A Costa
 
As rías de galicia hoxe
As rías de galicia hoxeAs rías de galicia hoxe
As rías de galicia hoxe
 
As rías de galicia
As rías de galiciaAs rías de galicia
As rías de galicia
 
Ría de Ferrol
Ría de FerrolRía de Ferrol
Ría de Ferrol
 
Ribeira, A Costa
Ribeira, A CostaRibeira, A Costa
Ribeira, A Costa
 
Vigo, a costa
Vigo, a costaVigo, a costa
Vigo, a costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
Baiona, a costa
Baiona, a costaBaiona, a costa
Baiona, a costa
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
MonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
MonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
MonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
MonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
MonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
MonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
MonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
MonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
MonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
MonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
MonContos
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
MonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
MonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
MonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
MonContos
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
MonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
MonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Ría de Vigo

  • 3.
  • 4. A RÍA DE VIGO ábrese entre o Cabo Home, ao norte e o Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km. e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. CONCELLOS: Cangas Moaña Viaboa Pontevedra Soutomaior Redondela Vigo Nigrán Baiona Boca de ría de Vigo, vista desde o Facho de Donón. Está rodeada polas serras de Domaio e da Madalena ao norte (na península do Morrazo), O Galleiro e os Montes do Galiñeiro ao leste, e A Groba ao sur. RÍOS: Banda norte: Ríos de Donón, das Presas, das Saíñas, da Fragas, Pontillón, do Faro, Verdeal, Maior, Tuimil, Ulló. RÍO VERDUGO Banda sur: Alvedosa, Fondón, Lagares, dos Muíños, Miñor, da Groba, Baíña, Tres Regueiras.
  • 5. Ría de Vigo. Ao fondo o Morrazo co monte Faro de Domaio
  • 6. Ría de Vigo e ponte de Rande
  • 8. Litoral de Moaña na ría de Vigo
  • 9. Vista da Ría de Vigo desde o Coto Águia
  • 10. Vista da Ría de Vigo desde o Coto Águia
  • 11. Vista da Ría de Vigo desde o monte da Guía.
  • 12. Vigo desde o monte Alba
  • 13. Vista da Ría de Vigo desde Rande. No centro o monte da Guía, en Vigo.
  • 15. Vista aérea do litoral da Ría de Vigo. Á dereira o cabo Estai .
  • 16. Litoral de Nigrán. Detrás os montes do Galiñeiro.
  • 17. SEO DE SAN SIMÓN Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande. No interior atópanse as illas de San Simón e Alvedosas. É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos. Unha zona abrigada con augas pouco profundas, agás no estreito de Rande, con alternancia de costa rochosa, de pouca altura, e costa areosa formada por pequenas praias e unha grande superficie de marisma que queda descuberta ao debalar o mar.
  • 18. Seo de San Simón
  • 19. Seo de San Simón
  • 20. Vista desde A Peneda
  • 21. A Ría de Vigo e a desembocadura do Verdugo desde a Peneda
  • 22. Monte da Peneda (Soutomaior e Redondela)
  • 23. Vista da ría desde a illa de San Simón
  • 24. Cabo Home, praia de Melide, punta Sobrido e praias de Barra e Nerga
  • 25. Cantís de Cabo Home. Arco na furna dos Fenos e faro, construído en 1853.
  • 28. Vista aérea: praia de Barra, Punta Preguntouro, Area Meán, Praia Nova, Punta Mexiloeira, Praia de Nerga, O Con de Nerga e praia da Folla de Nerga.
  • 29. A praias de Barra e Nerga están situadas entre Punta Subrido e Punta dos Castros, separadas entre sí por uns saíntes rochosos. Forman un areal de dous quilómetros de lonxitude e conservan un amplo sistema dunar. No extremo da praia de barra desemboca o rego de Donón.
  • 30. Praias Folla de Nerga, O Con e Nerga.
  • 32. Praia e porto da Congorza
  • 33. O Salgueirón, co porto e antiga fábrica de Massó
  • 34. CANGAS. Unha vila mariñeira, turística e industrial. Vista desde a capela de San Roque
  • 35. Punta e praia Rodeira
  • 37. Monte da Costa (Moaña). Un tramo do litoral da parroquia de Tirán no que aparece un conxunto de formacións rochosas de enorme interese (afloramentos de vaugneritas)
  • 40. Moaña desde o monte da Guía, na outra banda da ría de Vigo
  • 41. Boca do Río. O rego de Fraga nace no Coto do Home e desemboca na praia de Moaña.
  • 43. Seo de Meira coa marea baixa. A Barra e O Areeiro.
  • 44. Seo de Moaña. Punta do Arroás.
  • 46. Rego Miñouva. Nace entre os montes de Domaio e os Pedrouzos e desemboca en Domaio, no seo do Mouro. Destaca a fervenza do Verdeal. Desembocadura do rego Miñouva
  • 47. Punta do Aradoiro (Vilaboa)
  • 48. Peirao de Santo Adrao de Cobres
  • 52. Muros da presa das Saíñas do Ulló, onde houbo tamén un muíño de marea
  • 53. Praia do Areeiro (Paredes)
  • 54. Desembocadura do río Ulló. O rio Ulló nace na serra da Fracha e desemboca na ría de Vigo, facendo linde entre os concellos de Pontevedra e Vilaboa.
  • 57. Ponte Sampaio, entre a ponte do ferrocarril e a ponte antiga
  • 58. Desembocadura do Río Verdugo entre Pontevedra e Soutomaior O RÍO VERDUGO nace no Outeiro Grande, na Serra de Cando, e, despois de 40 km de percorrido, desemboca en Ponte Sampaio, na ría de Vigo. O principal afluente é o Oitavén que nace na Serra do Suído e, despois de 33 km de percorrido, xúntase co Verdugo sete quilómetros antes da desembocadura.
  • 60. Litoral de Arcade (Soutomaior )
  • 61. Arcade e a ría de Vigo desde A Peneda
  • 65. Seo e praia de Soutoxusto (Redondela). Ao fondo a punta do Puntal (Soutomaior).
  • 67. Praia e punta do Cabo (Cesantes)
  • 68. ILLAS DE SAN SIMÓN E DE SAN ANTÓN. Xunto cos illotes San Bartolomeu e San Norberto forman un pequeno arquipélago situado no seo de San Simón. Pertencen á parroquia de Cesantes (Redondela)
  • 70. REDONDELA. Capital municipal, centro de servizos e importante no de comunicacións. Redondela e o esteiro do río Alvedosa desde o monte Galleiro
  • 71. Vista dos Alto da Cabaleira e a ría de Vigo desde o monte da Peneda, un espléndido miradoiro sobre a ría e o litoral do concello
  • 72. Chapela desde o monte da Madroa
  • 73. RÍO ALVEDOSA. Nace ao norte da serra do Galleiro e despois de percorrer 9 km polos concellos de Pazos de Borbén e Redondela, desauga no seo de San Simón, na ría de Vigo.
  • 75. Peirao de Soutelo e antiga salga A Regasenda
  • 76. Ponte de Rande. Inaugurado en 1978 e aberto ao tráfico en 1981.
  • 77. Punta e porto do Cubillón
  • 78. Praia de Area Longa (Redondela)
  • 79. Praia de Ríos e porto de Teis (Vigo)
  • 80. VIGO A cidade máis grande de Galiza, é o máis importante porto pesqueiro e conserveiro do Estado e un dos primeiros de Europa. É o primeiro centro industrial de Galiza, no que destacan a construción naval, a produción de automóbiles e a industria conserveira.
  • 81. Porto de Guixar e monte da Guía
  • 82. Porto de Vigo desde A Guía
  • 83. Porto de Vigo e ría desde o monte do Castro, un excelente miradoiro sobre a cidade e a ría.
  • 84. Praia do Adro. Bouzas é unha das zonas de Vigo que conserva o seu aspecto tradicional.
  • 85. Praia de Samil, un areal de 1.700 m de lonxitude. A súa proximidade ao centro de Vigo convértea na máis concurrida e mellor dotada de servizos.
  • 86. Desembocadura do río Lagares. O Río Lagares nace nos montes no Coto Ferreira e desemboca na Ría de Vigo, entre as praias de Samil e A Foz. Na parte baixa do curso existe un sendeiro que se pode percorrer a pé ou en bicicleta.
  • 87. Praia do Vao e illa de Toralla
  • 88. Illa e praias de Toralla
  • 91. Praia dos Muíños de Fortiñón ou de Saiáns
  • 92. ILLAS CÍES (Vigo) Arquipélago situado na boca da ría de Vigo formado polas illas do Medio ou do Faro, Monteagudo, San Martiño e varios illotes: Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos, Ruzo ... As costas occidentais das tres illas son cantís abruptos batidos polos temporais do Atlántico e as orientais ladeiras suaves con areais e sistemas de dunas. A altitude máxima atópase na illa Norte ou Monteagudo (Alto Cíes, con 186 m). Na illa do Faro consérvanse os restos do mosteiro do Santo Estevo do século XVIII, na actualidade acondicionado como centro de visitantes do parque Nacional.
  • 93. As illas Cíes teñen un grande interese xeolóxico, paisaxístico e biolóxico. Plinio e Ptolomeo referíronse ás CÍES como as Illas Siccas. Puideron formar parte das lexendarias Casitérides dos Fenicios. Nelas refuxíaronse os irreductibles herminios, tribu galaica que resisteu á dominación romana das lexións de Xulio César. O primeiro asentamento do que hai constancia data da Idade do Bronce (500 a 100 anos a c). Na illa do Medio foi excavado un castro nas ladeiras do monte Faro. Durante a Idade Media (século XI) permaneceron alí un grupo de monxes en constante conflito cos piratas. Hai referencia a mosteiros na illa Sur e na do Medio. Consérvanse os restos do mosteiro do Santo Estevo do século XVIII que estivo ocupado polas ordes de Cluny, Beneditinos e Franciscanos. No século XVIII instálanse fábricas de salga sobre as ruínas do mosteiro da illa Sur (San Martiño). Ata o século XIX non volveron a ter habitantes estables (en 1945 acadou os 50 habitantes e os últimos abandonáronas en 1970). Na actualidade só están ocupadas polos servicios do parque e os do camping e restaurantes. A partir de 1960 comezaron a ser invadidas polo turismo.
  • 94. Illa de Monteagudo. Punta do Peito e faro.
  • 95. Punta do Príncipe de Avante. Miradoiro do Alto do Príncipe.
  • 96. Seo do Lago. Boca do Lago. As illas Norte e do Faro están unidas por un istmo de area (praia das Rodas) e un pequeno dique entre os que se forma unha lagoa mareal.
  • 97. Faro de Cíes Na ladeira do monte do Faro consérvanse, perdidos entre a vexetación, os restos do castro das Hortas, un antigo poboado castrexo, o depósito arqueolóxico máis importante atopado ata o momento no arquipélago das Cíes.
  • 98. Area da Nosa Señora. Illa dos Viños. Praia dos Bolos.
  • 99. Area das Rodas. Lagoa dos Nenos. Unha das zonas de maior interese e fraxilidade do Parque Nacional. Está delimitada polo dique, unha estrutura artificial construída a finais do século XIX para facilitar a comunicación entre as dúas illas (a raíz da instalación de varias fábricas de salgadura e dun viveiro de marisco na propia lagoa). O dique e as rochas protexen a lagoa e regulan a entradas da auga mariña. A escasa profundidade, tranquilidade e maior temperatura da auga fan da lagoa un lugar ideal para refuxio e cría de multitude de especies.
  • 100. Vista da Illa de San Martiño desde o mar. Freu da Porta, un estreito canal de 500 m con fortes correntes que separa do resto do arquipélago da illa de San Martiño.
  • 101. Faro do Cabo dos Bicos, na illa de San Martiño
  • 103. Litoral de NIGRÁN visto desde os montes da Groba: Monteferro, Panxón, monte Lourido e esteiro do río Miñor.
  • 104. Praia da Patos (Nigrán)
  • 105. Monteferro (143 m). Consérvanse restos da antiga batería costeira para a defensa da boca sur da ría de Vigo e no cume hai un monumento á Mariña Universal feito en 1013. Desde o alto hai panorámicas da ría de Vigo, as costas de Nigrán e Baiona ata o Cabo Silleiro, as illas e o océano.
  • 107. As Illas Estelas son dúas pequenas illas graníticas (Estela Grande e Estela Pequena), situadas fronte á punta de Meda entre a Ría de Vigo e a de Baiona, fronte a Panxón. A costa é rochosa agás algunha pequena praia. Non teñen árbores e están practicamente cubertas de mato de toxos e breixos. Os seus fondos mariños son dunha grande riqueza biolóxica. Illas Estelas e Cabo Silleiro desde Monteferro
  • 108. Punta e praia da Madorra PANXÓN é unha vila mariñeira e turística situada ao abrigo de Monteferro ao pé dos areais de Panxón e Praia América, separadas polo río Muíños ou Lourido.
  • 109. Vista aérea de Panxón, Monteferro e as praias
  • 110. Praia de Panxón ou Area Alta
  • 111. Río dos Muíños. Nace nos montes de Chandebrito e ten todo o seu curso polo concello de Nigrán, onde desemboca entre as praias de Panxón e Area Loura.
  • 112. Praia América ou Area Loura
  • 114. Seo e esteiro da Ramallosa Espazo situado na desembocadura do río Miñor, nos concellos de Baiona e Nigrán. É unha zona de marismas separada e defendida do mar aberto pola ampla barra areosa da praia Ladeira.
  • 115. Seo e esteiro da Ramallosa
  • 116. RÍO MIÑOR. Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as augas da serra do Galiñeiro e, despois de 16 km, desauga entre Nigrán e Baiona (Sabarís) formando un amplo esteiro. Monte Lourido, esteiro do Miñor e praia Ladeira.
  • 117. A Ramallosa, coa frecha da praia Ladeira e os esteiros dos ríos Miñor e da Grova O río da Groba nace na serra da Groba e despois dun percorrido moi encaixado desemboca no esteiro da Ramallosa, en Sabarís (Baiona), moi preto do Miñor.
  • 118. Seo de Baiona e praia Ladeira, asentada na frecha que pecha o esteiro da Ramallosa
  • 121. BAIONA. A vila de Baiona é na actualidade un dos centros turísticos máis coñecidos de Galiza que conta cun concurrido porto deportivo. Foi durante os séculos XVI e XVII a base da flota defensiva de Galiza e o lugar da arribada da primeira carabela que viña de América. Foi un porto de grande importancia no comercio internacional.
  • 122. Vista aérea de Baiona
  • 123. Vista de Baiona desde o alto da Virxe da Rocha. Ao fondo o cabo Silleiro.
  • 125. Monte e punta da Rocha
  • 128. O Cabo Silleiro prolóngase no mar polas illas Carral e Polbeiras nas que bate continuamente o mar. Ao dobrar o cabo a costa segue a manter o seu aspecto rochoso e rexo ata o límite do concello na punta das Negras e as súas rochas.
  • 129. XEOLOXÍA O litoral da ría de Vigo está constituído, na súa mayoría, por granitos (alcalinos e calcoalcalinos), gneis e xistos, com pequeñas bandas doutras rochas. Hai amplos espazossedimentarios nas desembocaduras dos ríos, nos seos e nos fondos da ría. MAPA LITOLÓXICO
  • 130. As forzas tectónicas e a erosión, ou a combinación de ambas, deu lugar a una enorme variedade de formas de modelado costeiras: cantís, furnas, illotes, areais, frechas, dunas, boleiras….
  • 131. As rochas do cabo Home (Cangas) son metamórficas (xistos) e forman parte do dun complexo que vai desde Malpica ata o Sur de Galiza. A cor escura e a disposición dos estratos en distintas orientacións con fallas e pregues da lugar a formas de paisaxe dunha beleza especial. Conta unha lenda que un mostro mariño morreu nunha batalla cosas xentes do lugar e permanece deitado no cabo coas cristas de fóra. Hai que ter coidado de non espertalo.
  • 133. Cabo Home (Cangas): xistos e cuarcitas
  • 134. Granitos na praia de Barra (Cangas)
  • 135. Granito na punta dos Castros (Cangas)
  • 136. Entre a praia de Rodeira (Cangas) e O Con, en Moaña, en especial na punta do Niño do Corvo, aparece o que se chama un “corredor de enclaves”, fragmentos de rochas contidos ou encaixados noutra. Este fenómeno de mestura orixínase no interior da codia terrestre cando entran en contacto dous magmas de composición diferente antes do seu arrefriamento definitivo: neste caso o magma básico que da lugar ás rochas de cor máis escura (gabros, cuarzodioritas e tonalitas) introduciuse no magma ácido que orixina rochas máis claras (granitos). Estas rochas de tipo plutónico son coñecidas como vaugneritas. Forman parte dunha banda de granodioritas que se extende de norte a sur polo occidente de Galiza
  • 137. Nestas rochas podemos observar diferentes fenómenos erosivos: por descompresión, que da lugar á erosión por capas concéntricas (como de cebola); diferencial, pola diferente resistencia dos materiais, e polo efecto mecánico do mar.
  • 138.
  • 139. Punta de Priegue (Vigo)
  • 140. Cantís de Cíes (Vigo)
  • 142. Plataforma litoral (xistos) en Patos, debaixo de Monteferro
  • 143. Xistos en Lourido (Nigrán)
  • 147. Coído na punta Salgueira (Baiona)
  • 148. Zona sedimentaria entre as illas do Faro e Monteagudo (Cíes)
  • 149. LUGARES DE INTERESE XEOLÓXICO 222001. Illas Cies Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. As illas Cíes está formadas maiormente por granitos de feldespato alcalino con algúns diques e enclaves de micaxistos, seixos, xistos e paragneis. Na costa podemos atopar areais, complexos dunares, cantís furnas, cacholas…
  • 150. TMP002. Recheo würmiense da furna de Monteagudo (Cies) Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos da acción do clima. Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes) Durante o Eemiense (último interglaciar) formáronse furnas como ésta, que durante o último periodo glaciar (Würm), coa la retirada do mar, colmatáronse de derrubios. No presente interglaciar (Holoceno), co avance d mar, estas furnas están volvendo a ser erosionadas e puestas ao descubierto. TMP001. Praias fósiles de area e de cantos das Margaridas (Cíes) Interese: sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes) Areas e cantos cementados, con coloracións vermellas, pertenecientes a restos de playas fósiles de arena y de cantos, pertencentes al último periodo interglaciar. Illa de Monteagudo, costa leste
  • 151. TMP061 - Pías e tafoni do Alto do Príncipe (Cies) Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos da acción do clima. Situación: no Alto do Príncipe, no oeste da illa de Monteagudo (Cíes) Unha grande cantidade de pías que destacan polo seu notable desenvolvemento. A maior parte ten o fondo plano, con exutorio ou non.
  • 152. TMP063 - Morfoloxía tableada no granito de Punta Ferreiros (Cies) Interese: Petrolóxico-xeoquímico. Unidade Xeolóxica: estruturas e formacións do Oróxeno Varisco no Macizo Ibérico. Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes) Granito con aspecto tableado debido á disposición en bandas paralelas dos seus mineris. A meteorización diferencial dos minerais da orixen ao marcado tableado. TMP062 - Duna fósil de Figueiras (Cies) Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado de orixe fluvial e eólico. Situación: na costa leste da illa de Monteagudo (Cíes) Afloramento no que se superpoñen, sobre a praia actual, unha praia fósil de arena vermella, un depósito areoso con características dunares, tamén fósil, éste último recuberto por derrubios de ladeira. Ademáis, a media ladeira se observan restos de dunas rampantes fósiles. TMP003. Derrubios e praia de coios do Seo de Chancelos (Cies) Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: na costa oeste da illa de Monteagudo (Cíes) Neste punto obsérvase cómo os bloque angulosos dun derrubio de ladeira nutren de material ao mar para que forme a praia de cantos. Algúns conservan aínda unha forma angulosa namentras que outros xa foron redondeados pola acción da ondada.
  • 153. TMP058 - Praia-duna-lagoa das Rodas, conglomerados cementados e rasa (Cies) Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: entre as illas de Monteagudo e do Faro (Cíes) Bo exemplo de sistema sedimentario praia-illa barreira dunar-lagoa. Ademáis nas dunas situadas ao norte da Praia das Rodas poden observarse exemplos de cubetas de deflación eólica. Obsérvanse ao norte da Lagoa dos Nenos unha praia fósil de cantos a un nivel algo superior ao da praia actual, indicativa dunha variación do nivel do mar.
  • 154. TMP059 - Pedra da Campá e derrubios de ladeira erosionados (Cies) Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: Depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos da acción do clima. Situación: no oeste da illa do Faro (Cíes) A meteorización profundizou tanto os tafoni nesta rocha granítica que fixeron desaparecer parte dela, dándolle unha forma de ponte. Desde o miradoiro pódense observar antigos derrubios de ladeira no cantil. TMP060 - Derrubios cementados do peirao de Carracido (Cies) Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos, solos edáficos e formas de modelado singulares representativos da acción do clima. Situación: no surleste da illa do Faro (Cíes) Derrubios cementados non funcionais. Son herdanza dunha etapa fría do pasado máximo glaciar. Pedra da Campá
  • 155. TMP004. Praias e dunas actuais e fósiles de San Martiño. Formas poligonais de meteorización (Cies, S. Martiño) Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: Depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: ao nordeste da illa de San Martiño (Cíes) Un bo exemplo de praia con dunas actuais e fósiles. Nas rochas do extremo sur da praia obsérvanse formas poligonais de meteorización. TMP005 - Praia fósil, derrubios e coluvións do Seo de Fornos Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: ao sur da illa de San Martiño (Cíes) Os coluvións son máis escuros pola presenza de abundante materia orgánica, depositada nos periodos máis húmidos do Würm, con maior abundancia de vexetación.
  • 156. PROTECCIÓN LIC/ZEC: “Costa da Vela” “Seo de San Simón” “Esteiro da Ramallosa”, “Monteferro e illas Estelas”. ILLAS CÍES: -Forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas -Parque Natural e LIC/ZEC “Illas Cíes”. -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) -Están incluídas nos inventarios de Áreas Importantes para a Herpetofauna Española (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004) e de Áreas Importantes para as Aves en España (SEO/BirdLife, 1998). -OSPAR (Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordés “Illas Atlánticas de Galiza”.
  • 157. PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña). Inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras e un amplo espazo mariño na súa contorna. Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e cultural. Esta zona é ademais un importante punto de cría de peixes e mariscos e visitada habitualmente por golfiños, baleas e tartarugas mariñas. Golfiño (Tursiops truncatus)
  • 158. LIC/ZEC COSTA DA VELA Situado no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo, limitando coa ría de Vigo polo Sur. O terreo protexido c omprende os cantís da Costa da Vela, co espazo marítimo situado fronte a eles, o Cabo Home, a punta Sobrido e as praias e sistemas dunares de Melide e Barra. O primeiro tramo, entre as puntas de Couso e Cabo Home é de cantís graníticos, abruptos e altos. Ao chegar a Cabo Home o aspecto cambia bruscamente debido á intrusión de rochas metamórficas (xistos) que forman parte dun complexo que vai desde Malpica ata o Sur de Galiza. A zona ten un grande valor biolóxico (en especial os fondos mariños), xeolóxico e paisaxístico. Pódense atopar ecosistemas diversos: costa rochosa e areosa, areais e dunas, bosque de piñeiros, cantís e monte baixo.
  • 159. LIC/ZEC SEO DE SAN SIMÓN Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande. No concello de Moaña ata a punta de Domaio. É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos.
  • 160. LIC/ZEC ILLAS ESTELAS O espazo protexido abrangue as illas Estelas (dúas pequenas illas, Estela de Dentro e de Fóra), algún pequeno illote e o litoral de Monteferro. Pertence ao concello de Nigrán. Das 713 ha protexidas unha gran parte é ecosistema mariño, cun fondos mariños dunha enorme riqueza biolóxica.
  • 161. LIC/ZEC A RAMALLOSA Espazo na desembocadura do río Miñor, na parte más interna da ría ou seo de Baiona. Esta pequena área, ben abrigada e de augas tranquilas e mornas, mantén unha enorme diversidade de invertebrados que serven de alimento a numerosas aves mariñas, especialmente limícolas, que teñen nesta zona unha importante área de descanso, sobre todo no inverno.
  • 162. FLORA A ría de Vigo acolle unha enorme variedade de hábitats e ecosistemas mariños e terrestres de augas libre ou zonas litorais abrigadas (marismas, esteiros, lameiros, areais, rochedos) ou expostas (cantís, furnas, dunas...). No mar e nas rochas do litoral dominan as algas que se suxeitan ás rochas ou viven nas auhgas libres. Golfo (Saccorhiza polyschides)
  • 163. Verdellos (Ulva intestinalis) e bochos (Fucus vesiculosus)
  • 164. As marismas son ecosistemas húmidos costeiros dun grande valor ecolóxico. Nelas conflúen a auga doce dos ríos coa salgada do mar e están variando periodicamente co abalar e debalar das mareas o que determina un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura da auga ao longo do día e amplas zonas quedan en seco.
  • 165. A verdoaga mariña (Halimione portulacoides) medra en lugares lamacentos por todo o límite da marea. Nestas zonas atopamos tamén seba, salicornia, herba coral, estrela das xunqueiras, sosa, portulaca, xuncos, espartina...
  • 166. Carrizos no rego dos Muíños
  • 167. Xunco mariño. Forma grandes pradeiras nas marismas que so cobre ocasionalmente a marea. A Spartina maritima soporta as inmersións periódicas das mareas, aínda que case nunca queda cuberta totalmente pola auga.
  • 168. Nas rochas dos cantís atopamos liques, herba de namorar, pirixel do mar... Na zona terrestre hai mato de breixos e toxos e plantacións de piñeiros e eucaliptos.
  • 169. As rochas da zona supralitoral están cubertas por varias clases de liques.
  • 170. Nos cantís, rochedos e algunhas praias podemos atopar distintas especies de herba de namorar (Armeria...). A Armeria pubigera ten as follas máis pequenas e veludas. É un endemismo do NW da Península Ibérica.
  • 172. Pirixel do mar (Critmum maritimum)
  • 173. Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus) FLORA DAS PRAIAS E DUNAS: Feo da praia (Ammophila arenaria subsp. australis), grama do mar (Elytrigia juncea subsp. boreali-atlanticus), correola das praias (Calystegia soldanela), eiruga mariña (Cakile maritima), leiteiriña (Euphorbia paralias e Euphorbia segetalis), Honkeknya peploides, alhelí da praia (Malcoioa littorea), alhelí mariño (Mathiola sinuata), barriña (Salsola kali), polígono da praia (Polygonum maritimum), cebola das gaivotas (Pancratium maritimum), cardo da ribeira (Eryngium maritimum), colexa (Silene littorea), Viola kittaibelliana var. henriquesii, tomelo bravo (Helichrysum italicum subsp. setotinum), carraspique (Iberis procumbens), paxariños (Linaria polygafolia), Linaria arenaria, carrasca de San Xoán (Otanthus maritimus), espigadiña do mar (Crucianella maritima), acelga mariña (Beta vulgaris subsp. maritima), Orobanche arenaria, madroa das praias (Artemisia crihmifolia), herba de namorar (Armeria pungens), Scrophularia frutescens, var frutescens.... Orobanche arenaria
  • 175. Rabo de lebre (Lagurus ovatus). Atópase nas dunas.
  • 176. Cardo mariño (Eryngium maritimum). Vive nas dunas e praias.
  • 177. O complexo dunar de Figueiras- Muxieiro, nas Illas Cíes, é un sistema dunar moi importante, tanto pola súa extensión como polo seu estado de conservación. Nel poden observarse alunhas especies vexetais adaptadas ás duras condicións ambientais deste hábitat. Destacan o tomelo bravo (Helichrysum picardii var. viresceis), a camariña (Corema album), e a herba de namorar (Armeria pungens). Camariña (Corema album)
  • 178. Armeria pungens, única poboación galega, localizada nas dunas de Figueiras-Muxieiro
  • 179. Paseo dos buxos da Illa de San Simón (Buxus sempervirens). -7,60 a 10,80 m de altura. Incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Xunta de Galiza.
  • 180. Piñeiro de monterrei, piñeiro insigne (Pinus radiata) da Illa de San Simón -3,10 m de perímetro.
  • 181. Eucalipto azul (Eucalyptus globulus) da Illa de san Simón -varios exemplares que superan os 6 m de perímetro.
  • 182. Eucalipto de 5,20 m de perímetro. As Saíñas (Vilaboa).
  • 183. FAUNA A ría de Vigo acolle unha enorme variedade de especies animais sedentarios ou visitantes ocasionais, desde mamíferos (lontras, golfiños, arroases...), aves (mariñas, limícolas, terrestres), réptiles (tartaruga mariña), peixes (sardiña, xurelo, xarda, linguado, rodaballo, raias, maragota, muxe, sargo, lírio, cabalo do mar...), crustáceos (centolo, nécora, camarón, percebe, cangrexos...), moluscos (ameixas, berberecho, caramuxos, mexillón, caracolas...) e unha grande variedade de vermes, celentéreos, equinodermos... algúns explotados comercialmente. sargo, Sargos Cabaliño do mar
  • 185. Na costa rochosa exposta o mar bate sen descanso. Nestes hábitats viven seres que desenvolven mecanismos para resistir os movementos do mar e o constante choque das ondas. Os animais agóchanse nas fendas e pozas das rochas (polbo, cangrexos, cóngaro, ourizo, gradicelas), entre as algas (maragotas, sargos, badexos) ou fíxanse ás rochas con dististos mecanismos (lapas, chuponas, caracolas, percebes, arneiróns...). Ourizo de mar (Paracentrotus lividus) Chupona ou apegón (Actinia equina)
  • 186. Os percebes (Polycipes cornucopia) son crustáceos coloniais que viven apegados ás rochas da zona mediolitoral e infralitoral das zonas de mar batido.
  • 188. Cagón (Arenicola marina), un verme que vive nos fondos areoso- lamacentos alimentándose de partículas que filtra da area.
  • 189.
  • 191. Garza real (Ardea cinérea) Garzota (Egretta garzetta)
  • 192. Pilro curlibico (Calidis alpina) Bilurico común (Tringa totanus)
  • 193. Corvos mariños e gaivotas
  • 194. Gaivota patiamarela (Larus michahellis). O máis destacado da fauna terrestre das Cíes son as aves mariñas sobre todo as gaivotas (unhas 7.000 parellas), e os corvos mariños cristados (a colonia máis importante do suroeste de Europa cunhas). Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
  • 195. USOS/APROVEITAMENTO -Pesca, marisqueo e acuicultura -Navegación -Turismo, lecer e deportes -Industrias Porto de Cangas
  • 196. A ría de Vigo foi intensamente poboada e explotada desde tempos moi antiguos. Na actualidade conta con numerosos portos pesqueiros, de transportes ou deportivos e importantes polígonos de cultivo a flote (bateas) ou bancos de pesca e marisqueo.
  • 197. Peirao do Con (Moaña) O Real (Moaña) peirao deportivo
  • 201. Porto de Bouzas: cargando coches
  • 202. Vigo, terminal de pasaxe
  • 203. Porto do Santo (Meira) Peirao de Santo Adrao de Cobres (Vilaboa) Porto de Chapela (Redondela) Porto de Arcade (Soutomaior)
  • 204. Porto de Cesantes Redondela Porto de Panxón (Nigrán) Porto de Baiona
  • 206. Botabaixo dun barco en Barreras (Vigo)
  • 208. Bateas
  • 210. po Praia das Rodas (Cíes)
  • 211. Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo
  • 212. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL Ao longo do litoral e nos fondos da ría de Vigo consérvase un importante patrimonio cultural: restos de naufraxios, asentamientos castrexos, petróglifos, construcións tradicionais, igrexas, pontes, peiraos, patrimonio marítimo… Punta do Muíño e instalacións do museo do Mar de Galiza, un centro cultural e científico inaugurado en 2002.
  • 213. Penisas Pequenas: un conxunto de gravados rupestres e muíños naviculares (Monteferro, Nigrán)
  • 214. Restos do castro de Alcabre. Na actualidade forman parte do recinto do Museo do Mar de Galiza.
  • 215. Restos do Castro de Vigo e reconstrución de vivendas.
  • 216. Ponte Sampaio. Ponte de dez arcos de orixe romana e contruída de novo na Idade Media. Aquí liberouse a famosa batalla contra os franceses en 1809.
  • 217. Ponte da Ramallosa, ou ponte da Xunqueira, do século XIII, compartida entre Nigrán e Baiona. É unha das pontes de Galiza na que se realizaba o ritual do Bautismo Prenatal.
  • 218. Ponte de Rande. Inaugurado en 1978 e aberto ao tráfico en 1981.
  • 219. En Rande (Redondela) quedan os restos do cargadoiro da Mineiro Siderúrxica de Ponferrada (Coto Wagner), construído nos anos 60 e abandoado na década de 1987. Empregouse primeiro para ferro e logo para carbón. A Fábrica do Alemán (salga transformada en conserveira na Segunda Guerra Mundial) acolle o Centro de Interpretación da Batalla de Rande, inaugurado en 2013.
  • 220. Restos do cargadoiro de Rande (ao pé da ponte). Construido, entre 1924 e 1926, por Minerales de Hierro de Galicia, S.A., que explotaba as minas de ferro do Freixo (Monforte de Lemos) e traía o mineral en tren para envialo a Alemania. Tivo una importante actividade durante a segunda Guerra Mundial e pechou en
  • 221. As Saíñas do Ulló están, situadas no remate do esteiro do Ulló, en Paredes. Funcionaron desde o século XVII (cara ao ano 1637) e foron moi importantes para abastecer de sal á cidade de Pontevedra durante o século XVIII. Comezaron a ser explotadas polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. A finais do século XIX, neste mesmo lugar, construíuse un muíño de marea do que so quedan algúns restos (os muros de peche e construcións en ruínas).
  • 222. Museo das Carreiras, actividade artesanal de confección de cabos e cordas, da que Meira foi un importante centro de produción.
  • 223. Restos do Muíño de Marea do Ulló
  • 224. Rampas da antiga factoría baleeira No concello de Cangas houbo unha importante industria relacionada co mar: salgas, estaleiros, baleeiras, fábricas de conservas... Algunhas destas actividades foron desaparecendo en distintas épocas. Na factoría baleeira procesáronse baleas e cachalotes desde 1955 ata o ano 1985 en que se pecha, tras a firma de España do acordo internacional que prohibe a explotación comercial dos grandes cetáceos.
  • 225. Antiga fábrica de conservas de Massó. Funcionou de 1942 a 1993.
  • 226. Faro de Cabo Home (Cangas)
  • 227. Faro e punta Sobrido (Cangas)
  • 228. Faro da Guía. O monte da Guía é un magnífico miradoiro sobre a ría e a cidade de Vigo.
  • 229. Faros das illas Cíes Faro da Porta (na illa do Faro) Faro dos Bicos, na illa de San Martiño Illa do Faro Faro do Peito na illa de Monteagudo
  • 231. Faro do cabo Silleiro. Inaugurado en 1924. Desde 1960 ten una lámpada de 3.000 w cun alcance de 40 millas. Está situado nun punto alto cunha vistas excepcionais sobre a costa.
  • 232. Faro vello do Cabo Silleiro, inaugurado en 1866. Funciounou cunha lámpada de mecha de aceite vexetal e desde 1909 cunha lámpada de petróleo. Na súa contorna hai unha área de lecer e un miradoiro
  • 233. Mosteiro de San Estevo na Illa Faro (Cíes). Na actualidade acolle o Centro de Interpretación do Parque Nacional. Durante a Idade Media un grupo de monxes benedictinos ocuparon as illas, e no século XIV cada illa tiña o seu mosteiro. Sucesivos ataques de piratas árabes e normandos acabaron por despoboalas. Xa no século XIX vólvense a instalar familias que sobrevivían da pesca, agricultura e gandaría.
  • 235. Capela de Santa Marta (Baiona)
  • 236. Un dos monumentos máis representativos de Panxón é a igrexa de San Xoán (Templo Votivo do Mar) deseñada polo arquitecto Antonio Palacios, construida entre 1932 e 1937. Unha xoia de armonía e do característico estilo do autor.
  • 237. Igrexa de Tirán (Moaña)
  • 238. Santa María de Baiona, igrexa románica do século XIII
  • 239. Illas de San Simón e San Antón (Redondela): acollen un importante patrimonio cultural, de especial importancia en relación coa memória histórica. Aínda que se cree que estiveron habitadas desde tempos moi antigos, a primeira referencia histórica de presenza humana nas illas é do século XII, coa existencia dun mosteiro fundado pola Orde do Temple. Foron lazareto e entre 1936 e 1943 funcionaron como cadea para presos políticos do réxime franquista. En 1998 o arquitecto César Portela elaborou un Plan Director para a rehabilitación e recuperación dos edificios e espazos e adaptalos para usos culturais e públicos. En 1999 foron declaradas Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galiza. No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.
  • 241. Virxe da Rocha (Baiona), imaxe monumental deseñada polo arquitecto Antonio Palacios. Está situada nun outeiro ao pé da vila. A propia imaxe é un miradoiro ao que se ascende por unha escaleira interior.
  • 242. Castelo de Monte Real ou fortaleza do Monte do Boi (Baiona). Construído entre os séculos XII e XVI sobre un posible castro do século II aC. Funciona como Parador de Turismo desde 1966.
  • 243. O Berbés: soportais nas casas tradicionais
  • 244. Gamelas na praia da Fontaíña
  • 245. PROBLEMAS -Construcións na liña de costa, dragados, recheos -Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies -Especies invasoras -Contaminación Arcade (Soutomaior)
  • 246. Illa de Toralla (Vigo)
  • 247.
  • 248. Adela Leiro, Mon Daporta xullo 2021