CONCELLOS: Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.
A comarca de Noia está situada no suroeste da provincia de A Coruña, con fronte ao centro e sur da ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas Galegas. É unha comarca de paisaxes asociados ao mar e ás serras, onde as estreitas chairas costeiras están rodeadas en toda a súa contorna por aliñacións de cumes que van do Tremuzo, ao norte, ata o Barbanza, ao sur. O río Tambre é a principal arteria da comarca e forma o maior esteiro que ocupa o fondo da ría.
As áreas de maior interese natural atópanse ao longo de toda a costa onde hai numerosas praias e cantís de grande valor ecolóxico, e no esteiro do Tambre.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
CONCELLOS: Carnota e Muros
A comarca de Muros sitúase na marxe norte da ría de Muros e Noia e na costa de mar aberto ata a desembocadura do Xallas.
É unha comarca eminentemente costeira cun releve moi en pendente que pasa en moi pouca distancia dos 0 a máis de 500 m de altura nos que sobresaen o macizo do Pindo a Serra das Forcadas e o Pedregal.
É unha comarca cun grande patrimonio natural na que se atopan dous espazos protexidos e dun gran interese paisaxístico e etnográfico.
Concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.
A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña, polo oeste.
Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e cultural.

Espazo natural, situado nas as rías de Arousa e de Pontevedra constituído por varios sectores diferenciados.
-A punta do Carreirón, no extremo sur da Illa de Arousa, e varios illotes próximos (Rúa, Guidoiro Areoso, Guidoiro Pedregoso...)
-A enseada do Grove e o esteiro do río Umia, separados do mar aberto polo istmo da Lanzada;
-A costa de San Vicente do Grove coa lagoa Bodeira;
-A costa de Sanxenxo (Noalla e Portonovo) con alternancia de cantís e praias;
-A illa de Ons, na boca da ría de Pontevedra.
-Unha ampla extensión de augas mariñas entre Areoso e a illa de Arousa, na Enseada do Umia e entre Ons e A Lanzada.
CONCELLOS: A Capela, Cabanas, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.
A comarca do Eume esténdese desde as serras da Dorsal Galega, ao leste ata a ría de Ares ao oeste, nun territorio moi diverso onde se dan grandes diferenzas de altitude, de formas de releve e litolóxicas no que o río Eume é o principal protagonista.
É unha comarca con numerosos espazos naturais e cunha paisaxe moi rica en matices.

CONCELLOS: A Baña e Negreira
A comarca de a Barcala está situada no centro-oeste da provincia da Coruña.
O territorio está formado por unha sucesión de vales amplos e cumes de formas suaves e redondeadas con poucas diferenzas de altitude.
O río máis importante é o Tambre que percorre o linde sur e leste e o seu principal afluente é o Barcala que lle da nome á comarca.
A maior parte do territorio está ocupado por pasteiros e cultivos forraxeiros e por piñeiros e eucaliptos. Os espazos de maior interese natural atópanse na contorna dos ríos, sobre todo ao longo do percorrido do Tambre.
Nesta segunda parte do traballos sobre o LIC “Os Ancares-O Courel” incluímos o territorio que se estende desde Pedrafita do Cebreiro e o val do Navia ata o val do Sil, terras que se agrupan arredor da Serra do Courel e outras serras próximas, unha sucesión de terreos montesíos, vales e carrozos que acollen fermosas paisaxes e numerosos tesouros naturais.
CONCELLOS: Carnota e Muros
Espazo litoral marítimo-terrestre que alterna zonas rochosas e areosas, situado entre o Monte Louro e o porto Cubelo, na punta dos Remedios.
Está formado polo Monte Louro, a lagoa e marismas do mesmo nome, as praias de Area Maior, Lariño e Raposeiros, os illotes dos Forcados e o espazo mariño próximo.
O espazo protexido abrangue desde a Punta Avarenta, en Ares, ata Mugardos, incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata a punta do Seixo en cariño (agás a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de Landoi.
Na zona atópanse ecosistemas mariños, cantís, praias e sistemas dunares, illas e illotes, montes e brañas. Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico.
CONCELLOS: Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Narón, Ferrol, Mugardos, Ares.
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
O LIC “Ancares-Courel” é un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales e que acolle importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.
Este primeiro traballo está dedicado aos Ancares, o terreo situado na contorna da serra dos Ancares e o val do río Navia.
Neste espazo está incluída a parte oriental da ría do Barqueiro, a zona exterior da ría de Viveiro e a costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe tamén as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...).
Concellos: Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove (Lugo).
Inclúe as serras do Eixe, A Mina, Calva e unha pequena parte da Segundeira, unha parte da do Canizo, os montes do Covelo e varios tramos do val do Bibei.
Linda co Parque Natural “Lago de Sanabria e arredores” (Zamora) e o Monumento Natural Lago da Baña (León).
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición dunha grande diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
Inclúe unha ampla área de montaña entre o norte de Portugal e o suroeste da Provincia de Ourense, en Galiza, dominada polas serras do Xurés-Gerês, Amarela e A Peneda, e cunha rede fluvial que se articula fundamentalmente arredor do Limia/Lima. É un grande espazo cun enorme valor ecolóxico, paisaxístico e cultural.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
O espazo protexido inclúe A Serra do Careón, as Gándaras de Melide, un pequeno tramo do río Ulla e os cursos dos seus afluentes Furelos e Seco. É unha área dun grande interese xeolóxico, pola presenza de rochas pouco comúns e formacións xeolóxicas de interes e dunha excepcional relevancia botánica, por acoller especies vexetais únicas.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Toques (A Coruña), Friol e Palas de Rei (Lugo)
É unha cadea montañosa de 210 km de lonxitude que se estende de norte a sur, desde Estaca de Bares ao Miño, na raia con Portugal. Marca a linde entre as provincias de A Coruña e Pontevedra (ao oeste) coas de Lugo e Ourense (ao leste). É un bloque que se elevou a finais do Período Terciario sobre montañas anteriores moi erosionadas.
Concellos: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con Portugal. O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao norte, nas serras do Macizo Central.
Acolle zonas de gran interese natural.
O BAIXO MIÑO ocupa o extremo SO da provincia de Pontevedra, entre o río Miño e o mar. O territorio ten inclinación N-S, entre as estribacións cara ao leste da serra da Groba e as estribacións cara ao oeste da serra do Galiñeiro, e o río Miño. Está formado polos vales polos que baixan os últimos afluentes do Miño, todos eles de curto percorrido.
Pódense distinguir, a nivel paisaxístico, tres zonas: a costa, rectilinea, rochosa, sen apenas abrigos e batida constantemente polo mar; a montaña, unha sucesión de cumes achairados que ocupan o norte e o oeste; e os vales nos que se desenvolve unha intensa actividade agrícola.
É unha comarca con importantes valores históricos, etnográficos, paisaxísticos e ecolóxicos.
CONCELLOS: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa o espazo de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
CONCELLOS: Brión, Negreira, Noia, Outes e Porto do Son
O espazo inclúe o curso baixo do Tambre desde o encoro Barrié de la Maza, o esteiro do Tambre e outros pequenos ríos: Soñora (Noia), Donas e Entins (Serra de Outes) e Bendimón, e parte da Ría de Noia, desde a praia da Arnela ata a praia de Boa Grande.
CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
CONCELLOS: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
A comarca de Ordes está situada no centro da provincia da Coruña e articúlase arredor do río Tambre e os seus afluentes pola dereita, sobre todo o Samo e o Lengüelle que forman amplos vales. As maiores alturas atópanse no norte e sobrepasan pouco os 500 m.
Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos, en especial do Tambre.

A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
CONCELLOS: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
A comarca do Barbanza ou Arousa Norte atópase no suroeste da provincia da Coruña, ocupando a parte sur na península do mesmo nome. O territorio está ocupado na súa maior parte pola serra do Barbanza e a costa da banda norte da ría de Arousa e un tramo de mar aberto ata pasado o cabo Corrubedo. O último tramo do esteiro do Ulla ocupa parte das costas de Rianxo, e numerosos cursos fluviais de pequeno percorrido baixan da serra directamente ao mar.
As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción. Ten un rico patrimonio natural centrado especialmente na costa exterior e no esteiro do Ulla.
Vigo é unha comarca que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña. O relevo é irregular sen grandes elevacións pero con fortes pendentes e poucas zonas chans, agás a Depresión Meridiana que atravesa a comarca de norte a sur e os tramos finais dos vales dos ríos.
A rede fluvial é moi densa e diversificada: forma parte da as cuncas do Miño e Verdugo e hai numerosos ríos menores que van directamente ao mar.
A pesar da intensa presión humana conserva numerosos lugares de interese natural, varios deles protexidos e numerosos parques urbanos e forestais, nos que se poden realizar rutas de sendeirismo.
CONCELLOS: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
A comarca dos Ancares inclúe os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.
CONCELLOS: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela.
O concello de Noia está situado no fondo da ría de Muros e Noia, entre a desembocadura do Tambre e a Punta do Cabalo Baixo. Ten unha costa baixa e protexida, onde alternan rochedos con areais e esteiros dunha grande riqueza biolóxica que da lugar a importantes bancos marisqueiros.
O concello de Muros está situado no norte da ría de Muros e Noia, cunha costa que alterna áreas protexidas do interior da ría -na que abondan os areais, os esteiros e as enseadas con amplas zonas rochosas de pouca altura- e zonas expostas no mar aberto con rochedos e areais. É un concello que combina un grande atractivo natural cun importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico. As principais actividades son a pesca e os seus derivados, e o turismo.
A comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros.
É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
Concellos: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagacía de Arousa e Vilanova de Arousa
A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
CONCELLOS: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño
A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes.
É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol, onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias.
Acolle importantes espazos naturais moi diversos.
CONCELLOS: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca de Terra de Lemos está situada no sur da Provincia de Lugo, entre os vales dos ríos Miño e Sil e os contrafortes do Courel. É unha área dunha grande diversidade morfolóxica e climática o que da lugar a unha grande variedade de ecosistemas con especies atlánticas e mediterráneas e a paisaxes dun grande interese. Ademais acolle un valioso patrimonio cultural.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
CONCELLOS: Porto do Son e Ribeira (A Coruña)
Inclúe o tramo costeiro entre a Punta do Castro (Porto do Son) e a Punta do Francés, no Cabo Corrubedo; a costa desde o comezo da praia Ladeira ata a Punta Falcoeiro e as illas da boca da ría de Arousa ata o arquipélago de Sálvora, así como as áreas mariñas próximas o e sistema dunar e húmido de Corrubedo e as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro ou Basoñas.
É un espazo cun grande valor ecolóxico, paisaxístico e histórico-etnográfico.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
Rías da Costa Átártabra nos concellos de Ares, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Sada e Oleiros. Ábrense entre as puntas Coitelada (Ares) e Torrella (Oleiros). Pódense considerar dúas rías que comparten unha boca común, aínda que cada unha delas ten as súas propias características.
2. A comarca desde o alto do Tremuzo
A comarca de Noia está situada no suroeste da provincia de A Coruña, con fronte ao centro e
sur da ría de Muros e Noia, nas Rías Baixas Galegas. É unha comarca de paisaxes asociados ao
mar e ás serras, onde as estreitas chairas costeiras están rodeadas en toda a súa contorna por
aliñacións de cumes que van do Tremuzo, ao norte, ata o Barbanza, ao sur. O río Tambre é a
principal arteria da comarca e forma o maior esteiro que ocupa o fondo da ría.
As áreas de maior interese natural atópanse ao longo de toda a costa onde hai numerosas
praias e cantís de grande valor ecolóxico, e no esteiro do Tambre.
7. Pesca do cerco nas augas da ría de Muros e Noia
A ría de Muros e Noia e as costas próximas acollen
unha importantes riqueza pesqueira e marisqueira,
fonte de recursos para a poboación costeira.
Descarga de peixe en Portosín
9. PATRIMONIO
Castro de Baroña (Porto do Son)
Foi descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artístico Nacional. Está situado nunha pequena
península rochosa e unido a terra por un pequeno istmo areoso protexido con muros defensivos.
A comarca de noia acolle un importante patrimonio arqueolóxico (castros, mámoas,
petróglifos...), histórico artístico (igrexas, cruceiros, pontes, cascos históricos...) e etnográfico
(muíños, hórreos, embarcacións tradicionais, oficios artesanais, cultura marítima...)
10. Dorme de Argalo (Noia)
“Desde a Cova da moura ata o Dolme de Argalo
hai os saberes de sete reinados”
Segundo contan unha moura moraba nesta anta e no seu interior hai un pozo con escaleiras e un túnel
que comunica con lugares onde aparece un “encanto”.
Tamén din que hai unha trabe de ouro ou un cabalo de ouro soterrados.
12. Igrexa de Santa María a Nova (Noia).
Actualmente acolle un museo cunha mostra
singular de laudas sepulcrais que datan dos
séculos XIV ao XIX. Foi declarada
monumento histórico artístico en 1973.
20. Ruínas do Pazo da Chaínza e fábrica de curtidos de Cadarso de 1700.
Na contorna do Barrio Preindustrial da Chaínza (Noia)
21. CONCELLOS
SUPERFICIE: 93,58 km2
POBOACIÓN: 3.513 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Camboño,
Fruíme, Lesende, Lousame,
Tállara, Toxos Outos e
Vilacova.
Val de Lousame desde o cume da Muralla
LOUSAME
Está situado ao leste da comarca, no interior da península do Barbanza. É un concello
marcadamente rural totalmente interior cun territorio que se reparte entre as serras do
Barbanza, ao oeste (co cume máis alto no Iroite, de 691 m), unha aliñación de cumes polo
leste (Costoia, Siroña e Muralla) e os vales fluviais que os separan. Está atravesada por
numerosos ríos de curto percorrido: o Tállara, e o Pesqueira, Vilacova e San Xusto (afluentes
do Traba), van á Ría de Noia, e o Beluso á de Arousa.
22. Área de lecer no río San Xusto en
Toxosoutos. Unha ruta permite seguir o
río ver o mosteiro e varias fervenzas.
As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos.
As áreas de maior interese natural atópanse nas serras e nos ríos, onde se poden facer rutas
de sendeirismo e gozar de vistas impresionantes.
Acolle un rico patrimonio etnográfico, sobre todo asociado aos ríos: muíños, restos de
fábricas de papel, pontes...
Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, situado nun
estreito val ao pé do río, nunha paraxe natural cun
fermoso bosque de ribeira e varias fervenzas.
23. Noia, no fondo da Ría, no esteiro que
forman os ríos Traba e Tállara
SUPERFICIE: 27,19 km2
POBOACIÓN: 14.571
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Argalo, Barro,
Boa, Noia, O Obre e Roo.
NOIA
Atópase no centro da comarca, no fondo da ría de Muros e Noia, na marxe esquerda e co río
Tambre facéndolle de linde polo norte. Ocupa unha superficie de e tén distribuídos nas
parroquias O territorio está formado por terras costeiras baixas, na entorna do esteiro do
Tambre e dos ríos Traba, Tállara e Vilaboa, rodeadas de cumes de media altura, entre os que
destacan o Costoira (529 m) e Pena de Ferro (526 m) ao nordeste, e o Tállara (429 m) ao sur.
24. As principais actividades son os servizos, en especial o comercio; o marisqueo e a pesca e
pequenas industrias relacionadas co mar e co sector forestal.
O patrimonio natural está asociado ao río Tambre, protexido no LIC “Esteiro do Tambre” e no
espazo municipal “Devesa de Nimo”.
Ten un importante casco histórico, declarado Conxunto Histórico Artístico en 1981, no que se
conservan numerosas rúas e casas medievais, pazos e igrexas
Rúa no casco antigo. Noia é unha antiga vila mariñeira que
conserva un fermoso casco histórico, importantes restos
arqueolóxicos e boas representacións da arte románica e gótica.
Cruceiro
de Eiroa
25. Vista do concello de Outes
desde o Tremuzo
SUPERFICIE: 99,64 km2
POBOACIÓN: 6.804 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Cando, Entíns, O Freixo de Sabardes, Matasueiro, Outes, Roo, San Cosme de Outeiro, Santo
Ourente de Entíns, Tarás e Valadares.
OUTES
Está situado ao norte da comarca, na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre
facendo linde polo sur. O territorio do concello é de releve moi irregular. A maior parte está
ocupado por serras moi próximas ao mar: ao noroeste o Tremuzo (526 m), no nordeste o Coto
de Eiras (511 m) e os montes da Pena (Vilar, con 497 m). Na beira da ría e no esteiro do
Tambre atópase unha estreita faixa de terreo achairado onde se asentan os principais núcleos
de poboación: A Serra de Outes (capital municipal), Roo e O Freixo.
26. Sancosmeiro
A elaboración de sombreiros de
palla coñecidos como sancosmeiros
é unha actividade artesanal
característica da parroquia de San
Cosme, en Outes.
As principais actividades son os servizos, a industria (astaleiros e serradoiros), a pesca e o
marisqueo, a agricultura e o sector forestal.
Acolle áreas de grande interese natural asociadas aos montes, desde os que se divisan
paisaxes impresionantes, e ao río Tambre, protexido no LIC “Esteiro do Tambre”.
Conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados
localmente moas), cruceiros, igrexas...
Antigo porto de O Freixo
27. Vista de Porto do Son desde o Mar, cos montes Dordo e Enxa detrás
SUPERFICIE: 94,57 km2
POBOACIÓN: 9.436 habitantes
PARROQUIAS: Baroña, Caamaño, Goiáns, Miñortos, Nebra, Noal, Queiruga, Ribasieira, San Pedro de Muro
e Xuño.
PORTO DO SON
Esténdese pola beira esquerda da ría de Arousa, ao sur de comarca. Ten un releve moi
accidentado marcado pola proximidade ao mar da serra do Barbanza, que en menos de 6 km
descende 600 m. Os cumes máis importantes son o Iroite (691 m), Enxa (543), Barazal (644 m)
e Os Forcados (618 m). Numerosos ríos de pequeno percorrido e grande desnivel baixan da
serra á ría: Cans, Quintáns, Portovello, Maior, Ribasieira... Nos máis de 25 km de costa
podemos atopar extensos areais, cantís, dunas e lagoas litorais.
28. Portosín, un porto especializado en pesca de baixura
que conta cunha importante flota de cerco
As principais actividades son a pesca (porto de Porto do Son e Portosín) e os servizos.
Os principais valores naturais atópanse asociados á costa onde se conservan complexos
dunares, lagoas e cantís de grande interese. Unha parte está protexida no LIC “Complexo
Húmido de Corrubedo”.
O patrimonio cultural é tamén moi variado (igrexas, castros, mámoas, muíños, petróglifos...).
Destaca a presenza do castro de Baroña, un dos máis representativos de Galiza, que se
complementa cun museo para interpretar a cultura castrexa en Porto do Son.
Península onde se asenta o Castro de Baroña
29. RELEVO
O Iroite, o cume máis alto da serrado Barbanza e da comarca
Na comarca de Noia diferéncianse dúas áreas que seguen a liña costeira. Pola beira do mar
unha estreita faixa de releve achairado que se fai máis ampla no esteiro do Tambre, e
formando un arco de norte a sur unha serie de serras que separan as terras costeiras das
penichairas interiores. Ao norte atópanse os monte do Tremuzo e a Serra de Outes que se
prolongan en alturas menores ata o val do Tambre. Polo leste unha aliñación de montes que
chagan ata o cume máis alto na Muralla (674 m), e polo sur a serra do Barbanza, co cume
máximo no Iroite, con 691 m.
30. Vista desde o Tremuzo dos cumes que rodean a comarca polo leste
31. Os materiais dominantes nas serras son os granitos que aparecen frecuentemente
erosionados formando grandes bolos e penedos.
32. Toxo, a planta máis abundante no mato dos montes da comarca
A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo nos cumes e plantacións de piñeiros e
eucaliptos nas partes máis baixas. Só nalgunhas áreas afastadas se conservan pequenas
formacións de bosque autóctono.
Abrodia (Asphodelus albus) con escarabellos
(Oxythyrea funesta). A abrodia é unha planta que se
desenvolve ben nos terreos queimados.
33. Cotovía (Galerida cristata)
A fauna é a típica de espazos abertos e degradados. Destaca unha grande variedade de aves
de mato rochedos.
Lagarta galega, macho e femia, (Podarcis bocagei)
34. Vista do Tremuzo desde a ría
O TREMUZO
É un macizo granítico situado ao norte da Ría de Muros e Noia. O punto máis alto é o Tremuzo
con 525 m. Na aba sur nacen pequenos regos que van á ría de Noia, entre os que destaca o
Bendimón, e na aba norte afluentes do Xallas.
A vexetación dominante son toxeiras nas partes altas e piñeirais nas baixas. Desde o cume hai
unhas boas vistas da ría e da Serra da Barbanza.
Accedese pola estrada de Noia a Muros desde O Freixo.
35. Monte Seixo Branco, na serra do Tremuzo. A vexetación dominante é o monte baixo nos cumes, os piñeiros nas partes
altas e algúns castiñeiros e carballos residuais.
36. Vista desde o Tremuzo sobre a banda sur da ría de Muros e Noia
38. Serra da Pena desde San Ourente de Entíns
SERRA DA PENA
Pequena aliñación que se estende con dirección norte-sur entre o linde do concello de Serra
de Outes e Negreira.
Os cumes máis altos son o Alto do Vilar, con 497 m e o Monteagudo, con 491 m.
40. O Río Tambre encaixase pouco antes da súa desembocadura entre os montes de Paradela, O
Vilar e Pena Serpal (423 m) no concello de Outes, e o Monte Castelo (506 m) no concello de
Noia, en abruptas paredes graníticas. Unha parte deste canón forma parte do espazo
coñecido como Devesa de Nimo, incluída no LIC “Esteiro do Tambre”.
41. Monte Castelo e Pena do Ferro. No primeiro plano a Ponte Nafonso.
43. Vista da serra da Muralla desde o Tremuzo
A MURALLA
Esténdese con direción norte-sur entre a serra de Barbanza e a Depresión Meridiana, nos
lindes das comarcas de Barbanza, Noia e Sar. Os cumes máis altos son a Muralla, con 674 m e
Monte Treito, con 658 m. A zona noroeste, no linde con Lousame coñécese como montes da
Xenela. Na aba sur e oeste nacen os ríos Beluso e Te.
45. Noia, a ría, Outes e parte de Lousame desde a Muralla. No primeiro plano os montes de Siroña e Chan da Fonte nos que
se atopan as minas de San Fins.
46. Minas de San Fins, na parroquia de Vilacova (Lousame).
Foron explotadas ata 1989 para obter estano e
wolframio. A época de maior intensidade foi durante a II
Guerra Mundial. Chegou a ter mil traballadores.
Recentemente rehabilitouse o poboado da mina, e a
antiga escola foi acondicionada como museo e centro de
interpretación.
Nos últimos anos estase poendo de novo en activo, con
grandes protestas pola posible contaminación da ría e
dos bancos marisqueiros.
Boca dun filón
explotado por
aventureiros para obter
mineral.
47. Panorámica da serra desde o monte Enxa. Á esquerda o Iroite e á dereita a Curota.
SERRA DO BARBANZA
A península da Barbanza está situada entre as Rías de Noia, ao Norte e a de Arousa, ao Sur. É
un grande bloque de granitos e xistos paleozoicos que se ergueron nos últimos tempos da
Oroxenia Alpina. As alturas máximas son o Iroite (685m), o Barbanza (652 m) e o Enxa (543
m). Por riba dos 500 m a península do Barbanza é un extenso altiplán erosionado.
Os ríos teñen cursos curtos e de grandes desniveis.
Un dos aspectos máis interesantes desta zona son as vistas panorámicas sobre as rías de Noia
e Arousa, e as costas de Corrubedo e Aguiño.
Pódese acceder desde Boiro, A Pobra, Ribeira, Porto do Son ou Noia.
48. A Barbanza entre o Iroite e o Enxa
A maioría da serra está cuberta dun mato de toxo, xestas, fentos e uces. Está repoboada con
piñeiros nas partes altas e piñeiros e eucalitos nas zonas baixas.
No fondo dos vales, quedan pequenas manchas de bosque autóctono con carballos, sobreiras,
sanguiños, pereiras bravas, estripos... Hai cabalos e vacas en libertade.
49. Monte Enxa e Ría de Noia. No cume do Enxa está instalada unha Estación de Vixilancia Marítima.
50. Os Forcados (618 m), un dos últimos cumes do barbanza cara ao sur, no linde entre Porto do Son e Ribeira.
51. MONTE CULOU
Un cume de 510 m de altitude situado ao leste da comarca, en terreos de Lousame. Desde o
alto hai unhas vistas espectaculares sobre a ría.
Accedese desde a estrada de Noia a Santiago, nas proximidades de Cedofeito.
53. MONTE DE SAN MAMEDE
Situado entre as serras do barbanza e a Muralla. Nos seus cumes graníticos abondan os
penedos, as penas de equilibrios e as pedras de curiosas figuras.
Desde os cumes (319 m de altitude) hai vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Noia.
Accedese desde a estrada de Ponte Beluso a Confurco
54. MONTE DE SAN LOIS
Un pequeno cume de 363 m de altitude situado entre a ría e o río Tállara. Desde o cume hai
unhas vistas espectaculares sobre Noia e a ría.
Accedese desde Noia por Boiro.
55. Vistas desde o Monte
de San Lois sobre Noia e
a banda sur da ría
56. MONTE TAÚME
Un pequeno cume de 240
m de altitude situado no
linde entre Porto do Son e
Ribeira. Está coroado por
unha torre de vixiancia e
salvamento marítimo.
Desde o cume hai unhas
vistas espectaculares sobre
a costa. Accédese desde
Seráns (Porto do Son).
57. OS RÍOS
Esteiros do Tins (Enseada do Engano) e do Tambre
O principal curso fluvial da comarca é o Tambre que ten aquí o último tramo e un amplo
esteiro que se sitúa no fondo da ría de Muros e Noia. O resto dos ríos son de curto percorrido
e baixan ao mar salvando fortes desniveis desde as serras costeiras. Na banda norte da ría
desaugan o o Tins e Bendimón. Na banda sur o Vilacova, Tállara e Sieira. O Beluso, que
desemboca na ría de Arousa, ten o seu curso alto no concello de Lousame.
58. Bosque de ribeira no río Sieira
Nas augas dos ríos e nas súas ribeiras
atópanse ecosistemas de gran valor
ecolóxico: esteiros, fervenzas, rápidos,
pozas, bosques de ribeira e son varias
as rutas que se poden facer para visitar
fervenzas como as de Toxosoutos ou
Ribasieira ou a Devesa de Nimo, nas
beiras do Tambre.
61. Pontenafonso, sobre o Tambre, entre Outes e Noia. Construída nos
séculos XIV-XV. Ten 270 m de lonxitude con 20 arcos oxivais.
Son ríos que foron intensamente explotados e arredor deles consérvase un variado
patrimonio etnográfico e histórico-artístico: pontes, lavadoiros, muíños, fábricas de papel,
acuedutos...
62. Desembocadura e esteiro do Bendimón
na enseada de Broña (Outes).
RÍO BENDIMÓN
Nace serra do Tremuzo e desemboca na enseada de Broño. Todo o seu percorrido (5 km)
faino por terreos do concello de Outes.
Pontella en Bendimón
63. Esteiro do Tins
RÍO TINS
Nace en Mazaricos e despois de 12 quilómetros desemboca formando un amplo esteiro na
Enseada do Engano, moi preto da desembocadura do Tambre. Os afluentes máis importantes
son o Santabaia e o Nosiño. Drena o concello de Outes.
66. Devesa de Nimo, no último tramo do Tambre
antes do encoro de Barrié de la Maza.
RÍO TAMBRE
Nace na Serra do Bocelo e percorre o último
tramo do seu curso entre os concellos de
Noia e Outes, encaixado nun fondo canón
rochoso. Despois de 124,5 km desemboca en
Ponte Nafonso, na ría de Muros e Noia
formando un amplo esteiro. Presenta augas
altas de decembro a marzo e estiaxe en
agosto. Na comarca recibe pola dereita o
Donas (co Banzas e Portomourelo) e o
Laxoso e pola esquerda os regos do Souto e
do Muíño.
O curso do Tambre está protexido
parcialmente no LIC “Esteiro do Tambre”.
69. Pesqueira, redeira ou canle. Instalacións para a pesca da lamprea que foron moi abundantes no Tambre noutros tempos
e deixaron de ser útiles a partir da construción dos encoros.
71. Ponte dos Arados (Outes), unha pequena área de lecer con praia
fluvial no río Donas, o último afluente do Tambre pola dereita
72. O Traba en Noia
RÍO TRABA
Está formado pola unión dos ríos Soñora ou Vilacova, que nace no Monte da Muralla e o San
Xusto que nace no monte da Costoira. Desemboca en Noia, no fondo da ría. Recibe pola
esquerda o Pesqueira.
73. O Vilacova en Brandía. Neste lugar comeza unha ruta polo concello de Lousame que percorre o río e visita paraxes moi
fermosos onde se conservan os restos de varias papeleiras, pontes e muíños.
74. Fábrica de papel de Fontán.
Ao longo do curso do río Vilacova hai restos de varias instalacións hidráulicas para facer papel (Brandía, Labarta, Fontán,
Galiñeira, Baña e Maciriñas).
76. Río Rabaceiras que baixa de San Fins e
xúntase co Pesqueira, afluente do Traba
Atranco polo que se desviaba a auga do río
Vilacova para abastecer a fábrica de papel de
Fontán.
O Río Vilacova alterna tramos onde discorre
totalmente encaixado con vales abertos. No seu
curso hai varias instalacións hidráulicas, pontes
e muíños. Unha ruta sinalizada permite
percorrer case todo o seu curso polo concello de
Lousame.
77. FERVENZAS DE TOXOSOUTOS
No concello de Lousame
O río San Xusto salva un forte desnivel en granitos e xistos
con varias fervenzas, rápidos e pozas. A primeira ten uns 5
m e a segunda 10 m.
Está rodeado dunha vexetación de ribeira ben conservada:
amieiras, salgueiros, carballos, castiñeiros… Nas
proximidades están os restos do mosteiro de San Xusto de
Toxosoutos.
COMO CHEGAR: na estrada de Noia a Santiago, no lugar de
Toxosoutos (Lousame), xusto ao rematar a localidade
atópase o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos e hai un
carreiro sinalizado que leva ás fervenzas.
80. Ponte medieval sobre o río Pesqueira, un afluente do Traba, en Berrimes (Lousame)
81. O Tállara en Noia. Un paseo permite percorrer parte do esteiro.
Río arriba, no concello de Lousame hai unha ruta con muíños.
RÍO TÁLLARA
Nace na serra do Barbanza en Moimenta (Boiro), percorre terreos de Lousame e Noia e
desemboca en Noia preto do esteiro do Traba. Coñécese tamén co nome de río Lobo.
83. Muíños no rego de Portovello
REGO DE PORTOVELLO
Un pequeno río que nace nas abas
do monte Enxa e desemboca en
Porto do Son, na praia de Suaigrexa.
84. O Beluso en Fruíme
RÍO BELUSO ou DA ESCABIA
Nace na Portela de Aldarís. No seu curso alto percorre o concello de Lousame e logo intérnase
no de Boiro para desembocar na ría de Arousa.
Pequena fervenza dun afluente
que desemboca no Beluso, en
85. Ponte medieval sobre o río Sieira en Pontesieira
RÍO SIEIRA
Nace na Serra da Barbanza e desemboca na praia de Río Sieira. Todo o seu curso discorre polo
concello de Porto do Son e salva un grande desnivel en poucos quilómetros.
86. FERVENZAS DE RIBASIEIRA OU DA MADALENA
Na parroquia de Ribasieira, concello de Porto do Son.
Forma varias fervenzas e rápidos nun corte de gneis con intrusións graníticas. O conxunto de fervenzas máis interesante
está formado por varios saltos de 15, 10, e 4 m. Máis arriba e máis abaixo hai outras fervenzas máis pequenas.
COMO CHEGAR: pódese acceder desde Porto do Son, pola estrada que está sinalada (9,5 km) ou desde Xuño pola
estrada que vai a A Trabe e á igrexa da Madalena (7,5 km). Déixase o coche no aparcamento da igrexa da Madalena e un
pouco máis arriba, en dirección á Trabe hai un camiño que en 10 minutos a pé conduce a varios miradoiros sobre as
88. A COSTA
Fondo da ría de Muros e Noia
A comarca de Noia está integramente na ría de Noia e tres son os concellos costeiros: Serra de
Outes, Noia e Porto do Son. A liña de costa vai desde a Punta Cambrona, no linde con Muros,
ata a praia de Espiñeirido, no linde con Ribeira.
89. Neste tramo de costa podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais,
marismas, illas e illotes, fondos mariños rochosos e areosos...) que acollen unha grande
biodiversidade, entre as que se atopan especies únicas ou moi escasas.
Vexetación típica dos areais (Praia de San Pedro de Muro)
90. Golfos (Laminaria ochroleuca ), comúns nas zonas
infralitorais de costas expostas onde forman
bosques submariños.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis
comúns nas rochas das áreas abrigadas. Soportan
ben a desecación e serven de acobillo a caramuxos,
caracolas, cangrexos...
91. O alhelí mariño (Mathiola sinuata) florece durante a
primavera e o verán nos areais costeiros. Todas as
plantas que viven nas praias presentan adaptacións
específicas que lles permiten soportar as duras
condicións ambientais (seca, forte exposición solar e ao
vento...). No alhelí podemos ver cores craras que
reflicten a luz, pelos que illan do vento, reducen a seca
e reteñen a humidade e forma redonda e compacta
para ofrecer menos resistencia ao vento.
Antelas (Scirpus lacustris), xuncos típicos de
lagoas, de talos grosos de ata 2 m de alto.
92. Honckenya peploides. É a planta con flores que vive
máis preto do mar nas praias entre area solta.
Tamén é a que máis sofre os impactos dos usuarios
dos areais.
Cardo mariño (Eryngium maritimum)un
representante común da flora especialmente
adaptada ás duras condicións ambientais dos
sistemas dunares das praias.
93. Ambroíños e ra na lagoa de Xuño. Algunhas lagoas de auga dóce aparecen
parcialmente cubertas polos ambroíños ou tapadeiras.
94. Pilro curlibico (Calidris alpina)
A grande diversidade de hábitats mariños e terrestres da lugar á presenza dunha grande
varidade de especies. Destaca o número de aves, especialmente invernantes, das lagoas de
Xuño e Muro e do esteiro do Tambre e os invertebrados mariños que se acobillan entre as
rochas e nos areais.
97. As rochas son o lugar idóneo para o asentamento das
chuponas ou ventosas (Anemonia sulcata).
Berberechos (Cerastoderma edule). Os areais do fondo
da ria de Noia son importantes bancos marisqueiros
nos que destaca, sobre todo, a produción de
berberechos.
98. Chinche sobre unha flor de carraspique (Iberis
procumbens). A capacidade para pasar desapercibidos é
fundamental para a supervivencia dos animais
Eiruga da avelaíña Brithys crini que se alimenta
unicamente de cebola das gaivotas (Pancratium
maritimum), unha planta común das dunas
fixadas.
99. Costa da comarca na banda sur da ría de Muros e Noia, desde o Tremuzo.
RÍA DE MUROS E NOIA
Ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, orientada seguindo unha
fractura con orientación SO-NO. Ten 18 km de lonxitude e unha superficie de 125 km2
.
É máis recortada na marxe dereita, ata a desembocadura do Tambre, co monte Tremuzo
como fondo. Na marxe esquerda está flanqueda pola Serra da Barbanza e destacan os areais
de Portosín, Anguieira e Xuño.
Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan extensos areais e zonas
fangosas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros.
Parte da ría está protexida no LIC “Esteiro do Tambre”
100. O FREIXO (Outes) desde o monte Tremuzo. Na outra banda da ría as praias Mexilloeira e Boa.
169. Praia de RÍO SIEIRA ou do PRADO DO RÍO (Porto do Son).
Mide 800 m de lonxitude e nela desemboca o río Sieira.
170. Praia de Río Sieira, entre as puntas Río Sieira e das Pedras Negras
171. PUNTA DE PEDRAS NEGRAS. Punta xistosa con estratos verticais dispostos perpendicularmente á liña de
costa o que favorece a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos.
173. Praias das Basoñas ou Muro, Xuño e das Furnas, unha barreira areosa de 2.700 m de lonxitude que pecha
as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro.
174. LAGOA DE XUÑO. Ten forma redondeada e non ten comunicación co mar. As plantas máis abondosas son
os carrizos, ambroíños, ranúnculos, espigas de auga, utricularia...
175. PRAIA de SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS
Acolle un interesante sistema dunar no que se atopan varias especies de interese: Iberis procumbens
(endemismo galego) e unha pequena poboación de Omphalodes littoralis, subsp gallaecica, endemismo
de algunhas praias da Coruña
177. LAGOA DE SAN PEDRO DE MURO OU BASOÑAS
Está separada do mar por un cordón de dunas fixas e pola praia de Basoñas.
Nas mareas vivas a auga do mar chega a penetrar por unha canle no extremo norte da lagoa.
Destaca a presenza da alga Nitella gracilis, única cita en España, e a espiga de auga (Potamogeton
trichoides), novidade provincial.
Nas dunas cría a píllara papuda. No inverno visítana gran cantidade de aves acuáticas.
181. AS ÁRBORES
Devesa de Nimo na beira do
canón do Tambre.
Na Devesa de Nimo podemos
atopar unha grande variedade
de árbores: carballos, rebolos,
loureiros, acivros, avelairas,
estripos, cereixeiras, maceiras
silvestres, salgueiros,
amieiras, freixos, sanguiños,
erbedos, pereiras bravas...
A maior parte das árbores da comarca son piñeiros e eucaliptos que ocupan extensas áreas
forestais nos montes e terras sen cultivar. Nos vales máis afastados consérvanse algunhas
carballeiras de interese cunha grande biodiversidade. A máis interesante é a Devesa de Nimo,
no val do Tambre, en Noia. Nos parques e xardíns de Noia e dalgúns pazos consérvanse
exemplares monumentais de especies ornamentais.
182. Carballo (Quercus robur) da igrexa do Carme
(Cando-Outes)
-4 m de perímetro.
Carballos (Quercus robur) na central do Tambre (Noia)
183. Sobreiral (Quercus suber) de San Lourenzo,
(no monte de San Mamede, en Lousame)
Na contorna da capela de San Lourenzo.
Varios exemplares que sobrepasan os 3 m
de perímetro
Accedese desde a estrada de Noia a Ponte
Beluso no Confurco.
184. Piñeiros bravos (Pinus pinaster)
da praia de Broña (Outes)
Dous piñeiros de bo porte con
máis de 4 m de perímetro.
185. Oliveira (Olea europaea) do
cimeterio de San Ourente de
Entíns (Outes).
-Dous brazos de 2,80 e 1,70 m de
perímetro
186. Acacia (Acacia melanoxylon) da Casa do
Enxido (Outes). Á beira do Tambre.
-24 m de altura, 4,23 m de perímetro.
187. Chopos (Populus nigra) Campo da
Feira (Noia).
-varios exemplares plantados na
segunda metade do século XIX.
189. PAZO PENADOURO (Noia): abeto branco, amieiras
italianas, araucaria excelsa, carpes, maclura pomífera e
secuoia, plátanos...
Abeto branco (Abies alba)
-25 m de altura; 3,34 m de perímetro.
Secuoia vermella e plátanos
190. PAZO QUINTAHERMOSA (Noia):
Carreira de araucarias, Magnolia de Yulán
Araucarias de Bidwill (Araucaria bidwilli)
-24 e 27 m de altura; 2,85 e 3,05 m de perímetro.
Incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla)
-29,50 m de altura e 3,55 m de perímetro.
191. ESPAZOS PROTEXIDOS
Lagoa de Xuño
LIC COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDO
Inclúe desde a Punta do Castro até a illa de Sálvora (926 ha). Está protexida tamén como
ZONA DE ESPECIAL PROTECIÓN PARA AS AVES E ZONA HÚMIDA DE IMPORTANCIA
INTERNACIONAL acollida ao Convenio de RAMSAR.
Nesta comarca inclúe a costa entre a Punta do Castro e a praia de Espiñeirido, unha costa que
alterna cantís rochosos e praias como as de Espiñeirido, Serán Basoñas, Río Sieira, Queiruga,
Arealonga e Baroña. Ademáis dúas lagoas litorais, as de Xuño e San Pedro de Muro.
192. LIC ESTEIRO DO TAMBRE
Abrangue 1.583 ha situadas nos concellos de Brión, Negreira, Noia, Outes e Porto do Son.
Inclúe o curso baixo do Tambre desde o encoro, o esteiro do Tambre e outros pequenos ríos:
Soñora (Noia), Donas e Tines (Serra de Outes) e Bendimón, e parte da Ría de Noia, desde a
praia da Arnela ata a praia de Boa Grande. Na marxe esquerda do río, entre a Central do
Tambre e o concello de Brión, atópase a Devesa de Nimo, un bosque atlántico ben
conservado.
Amplas zonas do esteiro e as marismas están colonizadas por plantas acuáticas que forman
extensos carrizais e xunqueiras. Os fondos mariños da ría, dos esteiros e marismas son un
hábitat excelente para multitude de invertebrados e para a cría de peixes. Nesta zona
concéntranse numerosas aves acuáticas, especialmente nos pasos invernais.
193. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
actualizado en xullo 2017