SlideShare a Scribd company logo
1 of 145
MUROS
A NATUREZA
Carnota desde o Monte das Forcadas
A comarca de Muros sitúase na marxe norte da ría de Muros e Noia e na costa de mar aberto
ata a desembocadura do Xallas.
É unha comarca eminentemente costeira cun releve moi en pendente que pasa en moi pouca
distancia dos 0 a máis de 500 m de altura nos que sobresaen o macizo do Pindo a Serra das
Forcadas e o Pedregal.
É unha comarca cun grande patrimonio natural na que se atopan dous espazos protexidos e
dun gran interese paisaxístico e etnográfico.
SUPERFICIE:
143,8 km2
POBOACIÓN:
13.493 habitantes
(2014)
CONCELLOS:
Muros e Carnota
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Carnota Pindo” e
“Monte Louro”
CLIMA
Ría de Muros e Noia desde o monte Enxa
Atlántico, caracterizado polas temperaturas suaves e abundantes precipitacións. As chuvias
concéntranse principalmente no período outono-inverno e redúcense notablemente (ata un
90 %) na época estival.
ACTIVIDADES
Porto de Lira
Pesca, marisqueo, actividades forestais, servizos, turismo...
TURISMO MARIÑEIRO
Proxecto Mar de Lira
É unha iniciativa de turismo activo que
naceu na confraría de pescadores de
Lira (Carnota) co fin de dar a coñecer a
vida arredor do mar (o medio, os
traballos, as tradicións, a fala) e
dinamizar o mundo mariñeiro da zona.
Ofrecen rutas guiadas con diferentes temas.
Na saída ao mar pásase unha xornada de
pesca cos mariñeiros e remátase na taberna
do porto cunha degustación de polbo.
Como complemento contan cunha
construción mariñeira que acolle unha
exposición sobre o porto, as embarcacións
tradicionais e as artes de pesca e marisqueo,
e un encascadoiro (único en Galiza que se
pode visitar).
Vista desde o porto das casetas que acollen o museo
PATRIMONIO
Laxe das Rodas, na
parroquia de Louro.
Chégase polo camino
que vai de Louro a
Taxes. Desde a Igrexa
da Madalena en Louro
parte unha ruta
circular sinalada que
leva aos petroglifos e
permite seguir o río
Longarela e ver os
restos de numerosos
muíños.
É unha comarca cun grande patrimonio cultural que estivo habitada desde tempos moi
antigos: petróglifos, castros, cascos antigos, construcións tradicionais, igrexas...
Igrexa do Carme (Muros)
Igrexa de San Pedro (Muros)
Igrexa de Santa María do
campo, antiga Colexiata
Convento de San Francisco do Rial. Situado ao pé do monte Oroso. Fundouse en 1223 para servir de crematorio e máis
adiante levantouse sobre el unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial, que no ano 1432 pasou a ser
convento. Pechou durante a Desamortización e en 1873 volveu a ser ocupado polos franciscanos que se encargaron da
súa restauración. Destaca a igrexa de estilo gótico e un interesante claustro do século XVII (1646). Na actualidade acolle
unha hospedería.
Hórreo de Lira
Hórreos en Bornalle (Muros)
Un exemplo de tradición mariñeira, as tumbas no camposanto de Lira.
A íntima relación co mar das xentes de Lira maniféstase en todos os ámbitos da vida e máis alá.
Rúas tradicionais de Muros
Lavadoiro en Muros
CONCELLOS
SUPERFICIE: 70,64 km2
POBOACIÓN: 4.376
habitantes (2014
PARROQUIAS: San Mamede
de Carnota, Santa Comba de
Carnota, Lariño, Lira e O
Pindo.
CARNOTA
Está situado ao norte da comarca de Muros. O releve ofrece un forte contraste entre o
interior, no Monte Pindo (Bico da Moa, con 641 m) e nas Forcadas, e a chaira litoral. O
territorio está drenado por varios ríos e regatos (Valdebois, Louredo, Muíños, Lariño) que
nacen na vertente leste dos montes e, despois dun curto percorrido, desembocan no océano.
O Pindo, pequena vila
costeira ao abrigo do
monte Pindo.
Hórreo de Carnota.
No concello de Carnota atópanse os dous hórreos máis
longos de Galiza (teñen máis de 34 m de lonxitude).
Foron construídos no século XVIII nas casas rectorais das
parroquias de Lira e Carnota.
Os principais núcleos de poboación son Carnota, O Pindo, Lira e Lariño e as actividades máis
destacadas son a pesca, a acuicultura, o sector forestal e o turismo.
Aproximadamente o 65 % da superficie do concello está ocupada por terreo forestal, sobre
todo de piñeiros e eucaliptos e algúns carballos, nas abas dos montes e salgueiros e amieiras,
nas áreas colmatadas das marismas.
Quilmas
Muros, vila mariñeira que acada preto dos 3.000 habitantes. O porto de Muros é o
máis importante do seu distrito pesqueiro.
SUPERFICIE: 72,78 m
POBOACIÓN: 9.117
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Abelleira, Esteiro,
Louro, Muros, Serres,
Tal e Torea.
Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia. O territorio está formado, na súa
grande parte por pequenas serras que o limitan polo oeste e norte: As Forcadas, Castelo
Grande, O Pedragal, O Tremuzo... das que baixan ríos de pouco percorrido (Maior, Rateira,
Valdexeira...). A costa é, na súa mair parte, abrigada formada por praias, enseadas e cantís de
pouca altura. Destaca o Monte Louro, que pecha a ría polo norte.
A vila de Muros conta cun importante patrimonio artístico e
etnográfico entre os que destacan as casas mariñeiras con arcos e
galerías, e a igrexa parroquia de San Pedro dos séculos XIV a XVI.
É un concello que combina un grande atractivo natural (LIC Monte Louro, praias de mar
aberto e protexidas, enseadas, ríos, esteiros, monte...) cun importante patrimonio
etnográfico e artístico.
As principais actividades son a pesca e os seus derivados e o turismo.
O concello de muros acolle importantes restos históricos de todas as épocas. É unha das
principais estacións rupestres de Galiza (hai quince localizacións da Idade do Bronce, sobre
todo nas parroquias de Louro, Muros e Serres).
RELEVO
Vista xeral das serra da comarca. No primeiro plano o Monte Louro e ao fondo o Pindo
As serras desta comarca están formadas por rochas graníticas e caen bruscamente cara ao
mar. Na parte alta son amesetadas con cumes planos. Destacan O Pindo, ao norte, As
Forcadas, no centro, e o Pedregal (Tremuzo) ao leste.
En toda a zona abondan as formas erosivas creadas nos granitos que conforman conxuntos
espectaculares de bolos, penedos, formas acasteladas, pedras de equilibrio, figuras de formas
suxerentes, pías, cacholas...
Cumes do Pindo
Cume da Cruz do Santo, nas proximidades da ermida de San Mamede (Carnota).
Desde o alto gózase dunha panorámica do val e praia de Carnota.
O Pindo e a enseada de Fisterra
A proximidade das serras ao mar e a súa caída brusca, convérteas en expléndidos miradoiros
sobre a paisaxe da zona. Hai moitos lugares aos que se pode acceder por estrada ou
camiñando aos que merece a pena achegarse: Adraño, O Pindo, Louredo (nas proximidades
de Monte Cubelo), O Adraño e As Forcadas (no percorrido entre Muros e Carnota pasando
polo alto das Paxareiras), a Cruz dos Pelos (en Salto-Muros)
Carballo anano (Quercus lusitanica) no Pind. Atópase na
metade sur de Portugal, SO de Andalucía e norte de
África. É un carballo de estrutura arbustiva que pode
acadar os 2 m de altura. Emite ponlas a rente do chan e
ten un cremento moi lento.
A vexetación dominante é o monte baixo de toxo, xunto con breixos e xestas. Aparecen
esporadicamente algúns carballos, acivros e loureiros. Hai grandes áreas repoboadas con
eucalipto, piñeiro marítimo e piñeiro de Monterrei.
Acivro (Ilex aquifolium)
Centaurea corcubionensis.
É unha planta que medra nos
rochedos próximos ao mar. É un
endemismo no NW da Península
Ibérica que se atopa na costa desde O
Pindo ata o cabo de San Adrián
(Malpica) e polo interior ata Santa
Comba e Zas.
Leucanthemum merinoi.
Unha margarida con flores de gran tamaño,
endémica do noroeste da Península Ibérica.
Toxo, unha das especies máis
abundantes do mato nos montes da
comarca.
Cabalos no Pindo. Nalgúns montes criase gando en liberdade.
A fauna é a típica de espazos abertos e matogueiras, sobre todo aves, réptiles e insectos.
Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
Chasco (Saxicola torcuata)
O Pindo amosando a forza das súas formas e
cores á tardiña. Vista desde o cabo Fisterra.
O PINDO
O macizo tectónico do Pindo ten unha orientación NE-SO e está separado dos montes de
Buxantes polo val encaixado do río Xallas. Está constituído por granodiorita (granito vermello
de grandes cristais) formada despois da Oroxenia Hercínica. A erosión deu lugar a bolos,
penedos, paredes lisas e pías moi espectaculares.
O punto mái alto é o Pico da Moa, con 627 m. Desde os cumes hai unhas vistas
espectaculares.
Ten un grande interese xeolóxico e botánico. Está protexido como LIC.
Alto da Moa, cume do Pindo
Penafiel (390 m de altura)
Vista desde o Pindo sobre o mar de Fisterra.
A erosión deu lugar a suxerentes formas talladas na rocha granítica que converten ao Pindo nun lugar dunha especial
beleza e misterio cheo de lendas e tradicións.
O Pindo desde o miradoiro do Adraño, ao que se accede pola
estrada de Carnota a Santa Comba polo alto das Paxareiras.
O “Xigante”. A erosión creou curiosas
formas nos granitos do Pindo
No Pindo hai restos arqueolóxicos e
petróglifos, restos de castelos
destruídos na revolta irmandiña
(Penafiel e O Pedrullo) e numerosas
lendas que fan referencia á prehistoria.
Noutros tempos houbo explotacións de
wolframio, ao pé da Moa e do Pedrullo.
O macizo do Pindo está cheo de lendas e
tradicións relacionadas con serpes de
sete cabezas, tesouros agochados,
fadas, e sacrificios. Ata hai pouco tempo
facíanse ritos de fertilidade e nas rochas
antropomórficas. Numerosos
historiadores de todos os tempos fan
referencia a el. O Padre Sarmiento
(século XVIII) fala das ruínas do castelo e
de pedras de virtudes fecundadoras e
con poder para facer que as mulleres
collesen mozo e as nais tivesen un bo
parto e abundancia de leite. Para Otero
Pedrayo é o Olimpo Celta, o monte
sagrado dos celtas galegos.
Unha das numerosas formas
suxerentes das rochas do Pindo.
Percorrer o Monte Pindo é unha experiencia inesquecible onde se combinan vistas espectaculares da
costa, curiosas formacións rochosas e unha flora e fauna de grande interese ecolóxico.
Ao Pindo só se pode acceder a pé, desde as poboacións do Pindo ou Fieiro. Desde a vila do Pindo hai unha
ruta que parte de detrás da igrexa e vai percorrendo toda a vertente sur ata chegar ao Pedrullo e a Moa.
Desde a aldea de Fieiro, á que se accede por unha estrada desde Ézaro cruzando o encoro do Xallas, hai
unha ruta, máis curta e cómoda, que sobe ata a Moa. Tamén se pode facer unha travesía completa se se
conta con vehículo no outro lado ou se volve a punto de partida pola estrada.
“Cacholas” no cume da Moa
Serra das Forcadas desde o mar
AS FORCADAS
Serra granítica que se estende con dirección norte-sur entre os concellos de Carnota e Muros.
Os puntos máis altos son Medoña (584 m), As Forcadas (474 m), O Boqueirón (466 m).
Panorámica de Muros e a Ría desde o Alto das Forcadas. Accedese desde a estrada de Muros ás Paxareiras collendo
unha pista de terra que leva ata a caseta de vixilancia de incendios que hai no cume.
Monte Louro desde o mar
Segundo a tradición Noé admiraba moito a beleza deste monte e bautizouno co nome da súa filla. No alto do monte
houbo un forte e unha torre de vixilancia (levantada en 1520 por orde do arzobispo Alonso III de Fonseca) para protexer
a entrada da ría de piratas e normandos.
MONTE LOURO
É un pequeno macizo granítico (granito de dúas micas de gran fino e granito de megacristais
de gran medio) situado no extremo noroccidental da Ría de Muros e Noia. Remata en dous
cumes: Pico da Garita (239 m) e Monte Louro (223 m). Ten interesantes formas erosivas como
pías e cacholas. No pe do monte hai restos de asentamentos prehistóricos e nas proximidades
a lagoa das Xarfas. É un lugar moi castigado polos incendios.
Forma parte do LIC “Monte Louro”. Accedese desde a estrada de Muros a Carnota. Unha pista
percorre a contorna pola parte baixa. Para subir aos cumes non hai camiños, pero as vistas
son impresionantes.
Vista desde o mar
Vista de Monte Louro desde a estrada que sobe de Louro a Taxes.
Á esquerda a poboación de Louro e á dereita as dunas e praia de Area Grande e a lagoa das Xarfas.
Curiosas formas erosivas nos
granitos do monte Louro
Vista xeral do Tremuzo e O Pedregal desde o Monte Enxa, na serra da Barbanza.
O TREMUZO E O PEDREGAL
É un macizo granítico situado ao norte da Ría de Muros e Noia. Fai de linde entre as comarcas
de Muros e Noia e entre os concellos de Muros, Serra de Outes e Mazaricos. O punto máis
alto é o Tremuzo, en Serra de Outes, con 525 m. Os puntos máis altos de Muros son Neno do
Corvo (371 m) e O Pedregal (356 m). Accedese desde O Freixo.
Desde o cume hai unhas boas vistas da ría de Muros e Noia, de Monte Louro e da Serra da
Barbanza.
O Pedregal e Monte Louro vistos desde o alto do Tremuzo.
O Pedregal é un macizo rochoso formado por grandes bolos graníticos que separa os vales dos ríos Maior e San Lourenzo
(afluente do Rateira)
Castro de Torea, na aba oeste do Pedregal
OS RÍOS
Val do río Rateira
Os ríos desta comarca son de curto percorrido e pendente forte debido á proximidade das
serras ao mar, o que favorece a presenza de rápidos e fervenzas. Debido á súa forte pendente
teñen un grande poder erosivo e, na época de abondantes chuvias, un comportamento
torrencial. No verán acusan a seca. O Xallas, que fai de linde entre esta comarca e a de
Fisterra, é o máis longo e de maior caudal.
Tramo final do curso do Xallas debaixo do encoro de Santa Uxía
Os ecosistemas máis destacados son os bosques de ribeira, que se extenden ata onde chega a
influencia da auga. Na mesma beira atopamos distintas variedades de salgueiros e os
amieiros.
Aséntase logo outra liña formada por bidueiras, freixos, abeleiras... e en terreos máis secos
os carballos e outras árbores. No sotobosque medran arbustos como o sabugueiro, sanguiño,
silvas e plantas rubideiras como a hedra, madreselva, saltasebes e valdeba.
Amieira (Alnus glutinosa), flores e froitos
Corpos reprodutores de
dentabrú ou palla real
(Osmunda regalis), un
fento de gran tamaño
común nas beiras dos ríos
limpos.
Os xuncos son as plantas máis comúns das marismas pola súa
capacidade para soportar o mergullo e a salinidade.
Libeliña (Calopteris virgo)
A fauna máis destacada son os insectos e os anfibios que viven na auga ou nas ribeiras.
Pintafontes
Canón do Xallas ao pé dos montes de
Buxantes (no verán, sen auga)
RÍO XALLAS
Nace no Monte Castelo, percorre terras
de Santa Comba, Zas, Dumbría,
Mazaricos e Carnota e, depois de 64,5
km cae nun salto de 30 m de altura na
enseada de Ézaro.
Nas proximidades de Ézaro, entre
Dumbría e Carnota, forma un abrupto
canón escavado nos duros granitos dos
macizos do Pindo e Buxantes.
É un río dun grande interese
paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico.
Parte do Xallas (desde o remate do
encoro de Santa Uxía até Ézaro) está
incluído LIC “Carnota-Pindo”.
Para percorrer o canón hai que subir ao
encoro desde Ézaro e para ver a
fervenza cóllese un desvío, tamén
desde Ézaro, que vai á central
hidroeléctrica.
Fervenza do Xallas, entre Carnota e Dumbría.
A do Xallas é unha fervenza con moita historia.
Estivo sen auga durante moitos anos, logo
abríase por horas e, despois de moitas
denuncias mantense co caudal ecolóxico.
Unha lenda conta que detrás da fervenza
existía unha porta máxica vixiada por bruxas.
O mozo que se atrevía a pasar chegaba a
debaixo do río e podía casar cunha fermosa
princesa encantada e acadar unha grande
fortuna.
Curso alto do río Valdebois baixando do Pindo
RÍO VALDEBOIS ou VADEBOIS
Nace no Pindo e, despois dun curto percorrido, desemboca na lagoa de Caldebarcos ou
Estivariña. O Louredo únese a el na lagoa.
Marisma de Estivariña na desembocadura do Valdebois.
A forza do mar acumula area e dificulta a saída do río polo que se forma unha marisma moi ampla.
Muíños no rego de Amil, un afluente do Valdebois (Carnota).
Un conxunto de sete muíños (o máis antigo de 1792) que se
poden percorrer nunha pequena ruta.
RÍO PEDRAFIGUEIRA
Nace na vertente oeste serra das Forcadas e desemboca na praia de Carnota.
FERVENZAS DAS FONTES
No lugar de Pedrafigueira, da parroquia de Santa Comba
de Carnota (Concello de Carnota).
O río Pedrafigueira descende entre rochas de granito rosa
e forma varios saltos e rápidos. O salto máis grande ten
uns 10 m de altura.
COMO CHEGAR: cóllese un desvío que sobe ao monte e
despois duns 800 m sen asfaltar hai un sendeiro
(indicado) que baixa á fervenza. Baixando desde o
primeiro salto atópase unha sucesión de pequenas
fervenzas e rápídos de máis dificil acceso.
Rego de Lariño, perdido na praia do mesmo nome. Ao fondo o faro de Punta Ínsua
RÍO DE LARIÑO
É un pequeno rego que baixa da serra das Forcadas e desemboca na praia de Lariño, onde
case desaparece entra as dunas e a area da praia.
Val do río Valdexeira preto da desembocadura na enseada de Muros
RÍO VALDEXEIRA
Nace na vertente leste da serra das Forcadas e desemboca na enseada de Muros, onde foi
encorado para mover un muíño de mareas.
Muíño do Pozo do Cachón, situado en Valdexeira (parroquia de Serres) na desembocadura do río do mesmo nome. É un
muíño de marea construído no primeiro cuarto do século XIX que se comezou a rehabilitar non ano 1990. É un dos
muíños desta tipoloxía máis grandes que se coñecen. A súa planta é rectangular, cunha zona de muíños e a parte que
antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última parte funcionaron a comezos do século XX os Baños de Santa Rita,
unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños temperados de algas e auga mariña. Na
actualidade é un centro cultural. Nas inmediacións hai unha área de lecer.
Río Rateira en Bornalle
RÍO RATEIRA
Nace no monte Lucerna de Seixos Brancos (parroquia de Torea-Muros) e, despois de 9 km de
percorrido, desemboca na enseada de Bornalle, na ría de Muros, formando unha frecha que
serve de abrigo ao porto de Bornalle. O afluente principal é o San Lourenzo.
Río Rateira en Bornalle
O río Maior en Esteiro
RÍO MAIOR
Nace nos montes de Tremuzo (Silvosa-Esteiro) e desemboca na enseada de Esteiro. É un río
moito caudal que na desembocadura forma un amplo abrigo protexido por unha frecha de
area.
O río Maior na Silvosa, no curso alto, ten un
percorrido con moito desnivel con pequenos
saltos e rápidos.
A COSTA
Vista da cara norte da ría de Muros e Noia, no centro a enseada de Muros
Na comarca de Muros podemos atopar dous tramos de costa ben diferenciados: de costa
exposta e de ría protexida. No tramo desde a desembocadura do Xallas, ata o Monte Louro a
costa é exposta e alternan grandes areais con tramos rochosos bravíos, pero de pouca altura.
A partir do Monte Louro e ata o límite coa comarca de Noia atopamos unha sucesión de
praias abrigadas, enseadas e costa rochosa baixa con algunhas pequenas illas.
Costa de Carnota desde As Forcadas
Neste tramo de costa podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais,
marismas, illas e illotes, fondos mariños rochosos e areosos...) que acollen unha gran
biodiversidade, entre as que se atopan especies únicas ou moi escasas.
Vexetación típica dos areais (Praia de Caldebarcos)
Carrapuchos (Chondrus crispus). Esta pequena alga que
vive en lugares que case nunca descobre o mar recóllese
para a industria. Dela obtéñense produtos que se usan
para mellorar as cualidades organolépticas e a
conservación dos alimentos.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis comúns
nas rochas das áreas abrigadas. Soportan ben a
desecación e serven de acobillo a caramuxos, caracolas,
O alhelí mariño (Mathiola
sinuata) florece durante a
primavera e o verán nos
areais costeiros. Todas as
plantas que viven nas praias
presentan adaptacións
específicas que lles permiten
soportar as duras condicións
ambientais (seca, forte
exposición solar e ao
vento...). No alhelí podemos
ver cores craras que reflicten
a luz, pelos que illan do vento,
reducen a seca e reteñen a
humidade e forma redonda e
compacta para ofrecer menos
resistencia ao vento.
Feos (Ammophila arenaria) suxeitando as dunas. Unha planta perfectamente adaptada á vida nos areas, con longos e
profundos talos subterráneos que deteñen a area que arrastra o vento e constribúen a formar e fixar as dunas.
Liques sobre as rochas
Blackstonia perfoliata, unha planta que se atopa
nas dunas preto das zonas máis húmidas.
Leiteira (Euphorbia paralias), medra
nas areas soltas das praias
Silene portensis. A pesar da súa aparente fraxilidade
está perfectamente adaptada para soportar as duras
condicións que se dan nas dunas das praias.
Pan de paxaro (Sedum acre), de flores amarelas e uvas
de lagarto ou piñeiriña (Sedum album), de flores
brancas. Son plantas adaptadas a lugares secos, pobres e
expostos ao sol (pedregais, tellados) que tamén viven
nas dunas almacenando auga nas súas follas carnosas.
Honckenya peploides. É a planta con flores que vive
máis preto do mar nas praias entre area solta.
Tamén é a que máis sofre os impactos dos usuarios
dos areais.
Mazaricos en Caldebarcos
A grande diversidade de hábitats mariños e terrestres da lugar á presenza dunha grande
varidade de especies. Destaca o número de aves, especialmente invernantes, das lagoas de
Caldebarcos e As Xarfas e os invertebrados mariños que se acobillan entre as rochas e nos
areais.
As rochas son o lugar idóneo para o asentamento das
chuponas ou ventosas (Anemonia sulcata).
Varias especies de caracois: Colchlicella (arriba) e
Theba pisana (abaixo) descansan formando grupos
nas partes máis altas das plantas.
Chinche sobre unha flor de carraspique (Iberis
procumbens). A capacidade para pasar desapercibidos é
fundamental para a supervivencia dos animais
Eiruga da avelaíña Brithys crini que se alimenta
unicamente de cebola das gaivotas (Pancratium
maritimum), unha planta común das dunas
fixadas.
Os muxos son peixes comúns nas áreas costeiras abrigadas.
Gostan das augas mornas e penetran polos esteiros dos ríos
Queimacasas (Pachygrapsus marmoratus), un
cangrexo que vive nas rochas e que pasa moito
tempo fora da auga. So se atopa en lugares limpos.
Sapiños de esporas (Pelobates cultripes), anfibios de
costumes nocturnas, raros en Galiza, que teñen o límite
norte de distribución nos areais de carnota.
Pernileiro (Burhinus oedicnemus). Unha ave propia
de terreos áridos de costumes crepusculares, rara en
Galiza, que aniña nos areais de Carnota, onde se
alimenta de insectos, caracois e outros pequenos
animais.
Galiñola negra (Fulica atra). É común en
lagoas, encoros e ata en ríos de corrente
lenta. Constrúe un curioso niño que aboia
ancorado na vexetación.
O ciño (Cignus olor) visita ocasionalmente a lago
das Xarfas, especialmente nos invernos duros.
Vista desde o mirador do Ézaro:
DESEMBOCADURA DO XALLAS, NO LÍMITE DA COMARCA, PUNTA, PRAIA E PORTO DO PINDO.
O porto do pindo aséntase ao abrigo da punta do Sinal na que se prolonga o peirao.
PRAIA DE SAN PEDRO
Pequeno areal de forma rectangular situado entre as puntas de As Morroas e Crusiña.
Rochas traballadas polo mar na punta de QUILMAS
PRAIA DE QUILMAS
Segundo a tradición nestra praia reparaban os normandos as súas naves
Chabolas da praia de Quilmas ambientadas para a rodaxe dunha película
COSTA DE CABRA. É un tramo de costa rochosa con moitos baixos e illotes a algúns areais solitarios
(Carballiños, Insuela ou Porto Negros...). Abondan as algas que son recollidas para a industria.
PUNTA DE CALDEBARCOS
Acolle un pequeno porto ao pé dos restos de factorías de salga.
Vista da enseada de Carnota coas praias de Caldebarcos e Carnota,
separadas pola Boca do Río, e as marismas de Estivariña.
ENSEADA DE CARNOTA
Ábrese entre as puntas de Caldebarcos e dos Remedios. O fondo está ocupado por un extenso
areal formado polas praias de Caldebarcos, Carnota, Mar de Lira, Cons, Xaxebe e Portocubelo.
O río Valdebois e o rego de Louredo forman na súa desembocadura unha ampla marisma
parcialmente pechada por unha frecha de area na que se asenta un importante sistema
dunar. A marisma de Estivariña, o areal interior de Caldebarcos chamado tamén a
Berberecheira é unha área dunha grande riqueza ecolóxica que acolle un importante banco
de berberechos.
CARNOTA-CALDEBARCOS
A praia de Carnota e as dunas de Caldebarcos forman un sistema de marismas e dunas fixadas pola
vexetación separadas do mar por un gran areal de máis de 7 km de lonxitude (o máis grande de Galiza).
Nelas desembocan os ríos Valdebois e Pedrafigueira. A zona de marismas está dividida en dúas partes:
Caldebarcos, ao Norte e A Lagoa, ao Sur, divididas pola punta Larada que separa as praias de Carnota e
Caldebarcos ou San Mamede.
Conservan unha rica flora e fauna típica de marismas e dunas. É unha importante área de invernada de
aves acuáticas. Nas dunas aniñan a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o pernileiro (Burhinus
oedicnemus).
Forman parte, xunto cos Montes do Pindo e Buxantes e as Illas Lobeiras do LIC Carnota-Monte Pindo,
Marismas de Caldebarcos
Dunas fixadas e marismas de Caldebarcos
Boca do Río co Pindo ao fondo
Dunas de Caldebarcos coa praia de Carnota ao fondo
Costa de Lira e Punta dos Remedios desde as Forcadas
Praia MAR DE LIRA
PRAIA DE PORTOCUBELO, un pequeno areal de 150 m de lonxitude situado no fondo da enseada de Lira.
PUNTA DOS REMEDIOS
Unha península rodeada de illotes (Os Forcados, O Anguieiro), cons e baixos que dificultan a navegación.
Entre as rochas atópanse pequenas praias como as de Porto Ancho, Gabota, Porto da Barca, Porto do
Curro e Ximprón. É unha área rica en percebes.
O tramo situado entre Porto Cubelo na punta dos Remedios e o Monte Louro
(1.161 ha pertencentes aos concellos de Carnota e Muros) está protexido como
LIC/ZEC. Está formado polo Monte Louro, a lagoa e marismas das Xarfas, as
praias de Area Maior, Lariño, Ancoradoiro e Raposeiros e os illotes dos Forcados.
Coído e praia do XIMPRÓN (Carnota)
Punta de PROUSO LOIRO (Carnota)
Coído de PORTO DAS CABRAS (Carnota)
Rochedo e praia de ARDELEIRO (Carnota)
Monumento ao naufraxio do Ariete
En 1966 naufragou, nas proximidades da praia de Ardeleiro a fragata Ariete da Armada Española. A rápida intervención
das xentes do lugar salvou moitas vidas.
Vista desde a PUNTA DOS RAPOSEIROS (Carnota)
Praia/coído SURRESECO(Carnota)
Praia da AREA (Carnota)
Praia da AREA (Carnota)
Praia XEDA (Carnota)
Coído de XEDA (Carnota)
Restos dun muíño de vento na
punta da Ínsua (Lariño-Carnota)
Faro de PUNTA ÍNSUA
PUNTA ÍNSUA E PRAIA DE LARIÑO
A praia de Lariño, situada entre as puntas Ínsua e de Lens, pertence aos concellos de Carnota e Muros
(onde se chama Ancoradoiro). Mide 1.870 m de lonxitude e ten un largor medio de 55 m. Está formada por
area branca de grao medio. As augas son frías e algo perigosas e moi aptas para practicar wind-surf.
Praia de LARIÑO desde a punta Ínsua. Ao fondo montes Rodeiro e Louro
PRAIA DE ANCORADOIRO
Mide 900 m de lonxitude e 50 de largor medio. Está formada por area fina e branca. Nas proximidades ten
un piñeiral, servizos e camping.
Praia de ANCORADOIRO (Muros). Ao fondo Lariño
Porto de ANCORADOIRO
Vista da praia co monte Louro ao fondo
PRAIA DE LOURO, AREA MAIOR OU AREALONGA
De 1.470 m de lonxitude e 50 m de largor medio. De area fina e branca, pouca ondada e abrigada do
vento. Está asentada sobre unha frecha que pecha case totalmente a desembocadura do rego Longarelo
formando a lagoa das Xarfas. Conserva un bo sistema dunar no que se asentan especies típicas das costas
areosas, entre as que se atopan numerosas especies protexidas. Accedese a pé.
Vista desde As Forcadas: Monte Louro, lagoa das Xarfas e praia de Areamaior
Vista da lagoa a comezos do verán
A LAGOA DE LOURO OU DAS XARFAS está alimentada polo río Longarelo, é de auga doce e non ten
comunicacióm co mar. So en temporais e épocas de mareas vivas o mar penetra a través dunha pequena
boca. A beira da lagoa máis próxima á terra está poboada de salgueiros, carrizos e espadanas.
É unha importante zona de invernada de aves: lavanco real, pato cullerete, parrulo cristado, parrulo
chupón, pato asubión, cerceta real, pato cincento, garza, garzota, demo negro, corvo mariño cristado,
gaivotas, bilurico (común e pativerde), mazaricos (rabipinto, rabinegro e curlí), pilro curlibico, píllara
(cincenta e real), gabita, becacina cabra, mascatos, arao dos cons, arao romeiro, arao papagaio, parrulo
pentumeiro común... e ocasionalmente gaivotóns ou cisnes. Entre maio e xullo crían o alavanco real, a
galiñola negra, o mergullón pequeno e o rascón.
Vista da lagoa no inverno
Vista xeral da ría desde o Barbanza
RÍA DE MUROS E NOIA
Ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, seguindo unha fractura con
orientación SO-NO. Ten 18 km de lonxitude e unha superficie de 125 km2
. É máis recortada na
marxe dereita, ata a desembocadura do Tambre, co monte Tremuzo como fondo.
Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan extensos areais e zonas
fangosas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros.
FARO DE MONTE LOURO
Monte Louro é o límite norte da ría de Muros e Noia. Na punta Queixal aséntase o faro, construído en 1862. A costa que
rodea a península de Monte Louro está formada por cantís rochosos de pouca altura e abundantes illotes e cons: Rochas
do Neixón, Pedra do Con, A Ínsua...
Vista desde Monte Louro: enseada de San Francisco e punta da Roxa
PRAIA DE SAN FRANCISCO
A máis longa con 760 m de lonxitude, e unha das máis concurridas da banda norte da Ría de Muros e Noia.
De area branca e fina e abrigada. Esta zona era coñecida co nome de Lugar de Fomento, polas tres fábricas
de salga que aquí estiveron instaladas.
A continuación, cara a Monte Louro está a praia de Fogareiro, de 460 m de lonxitude, tamén moi abrigada
e de area fina.
ENSEADA DE MUROS
Ábrese entre o cabo Rebordiño e a punta de Santa Catalina. Ao seu abrigo instálase a vila de Muros. En
realidade dúas enseadaas cunha boca común, a de Muros, ao oeste, entre o Cabo e a Punta Ostreira, e a
de Bornalle, entre a Punta Ostreira e a illa de Santa Catalina.
Vista da enseada de Muros desde o miradoiro das Forcadas
Punta do Cabo e enseada de Muros
Porto de Muros
PRAIA DA ROCHA.
Á dereita a unha antiga fábrica de salga. Á esquerda o Monte da Cruz dos Pelos (onde hai un miradoiro
sobre a ría) e a punta de San Antón. Na liña de costa aséntanse Valdexeira, O Baño e Boavista.
PRAIA DE BORNALLE
Situada non lugar de Bornalle (Abelleira) ocupando a frecha que se forma na desembocadura do río
Rateira. Mide 550 m de lonxitude, tranquila e de area branca e fina.
Enseada de Bornalle (Muros)
Enseada na desembocadura do río rateira en Bornalle
Costa de Muros desde Esteiro. En primeiro termo a punta de Esteiro co monte Sestebadiñas, detrás o cabo Rebordiño e
ao fondo Monte Louro. Entre Bornalle e Esteiro, en Tal, podemos achegarnos ao pequeno e recollido porto de Cabanas
asentado no istmo que une a Insuela á costa.
Punta de SANTA CATALINA (Tal, Muros) e restos dun muíño de vento
Praia do COÍDO (Tal, Muros)
Praia de AREA DO MEDIO (Tal, Muros)
PORTO CABANAS (Tal, Muros)
Porto Cabanas, e Puntas
de Santa Catalina e A
Insuela (Tal, Muros)
PORTO CABANAS (Tal, Muros)
Salgadeira na Punta Insuela (Tal, Muros).
Traballo como salga e fábrica de conservas desde 1871 a 1945
ENSEADA DE ESTEIRO E ILLA DA CREBA co Tremuzo ao fondo.
Vista desde o monte Enxa, na outra banda da ria.
A enseada de Esteiro ábrese entre a punta de Esteiro e a punta do Carreiro. No seu abrigo atópanse as
praias de Somorto, Esteiro, Artón e Parameáns.
Frecha que pecha a saída ao mar do río Maior en Esteiro
PRAIA DE ESTEIRO
De 530 m de lonxitude, situada sobre a frecha que pecha parcialmente a desembocadura do río Maior. De
area branca e fina.
ILLA DA CREBA
Fronte ao cabo Uhía. Ao fondo o Monte Enxa (serra da Barbanza), na outra banda da ría.
Contan os máis vellos da zona que noutros tempos houbo unha ermida (a Virxe da Creba) e unha ponte
que unía a illa con terra. Na actualidade é de propiedade privada e está ocupada por un pazo. Hai moitas
lendas sobre mouros e princesas enfeitizadas.
Entre o Freixo e Esteiro consérvanse os restos dunha calzada romana.
Costa de Muros desde o monte San Lois. No primeiro plano a Illa da Creba e as puntas do Carreiro e Cancelada
AS ÁRBORES
Alciprestes de California (Cupresus
macrocarpa), de grande porte na entrada do
convento de San Francisco. Amosan os
efectos do lume que estivo a punto de acabar
con eles nos últimos incendios forestais que
asolaron a zona.
A maior parte do territorio desta
comarca está ocupado por
plantacións de piñeiros e eucaliptos e
só en pequenas áreas se conservaan
manchas de bosque autóctono.
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC CARNOTA-PINDO
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e
Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos
areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e
fervenzas.
O Pindo, a praia de Carnota e a Punta dos Remedios
LIC MONTE LOURO
Espazo litoral marítimo-terrestre que alterna zonas rochosas e areosas, situado entre o Monte
Louro e o porto Cubelo, na punta dos Remedios.
Está formado polo Monte Louro, a lagoa e marismas do mesmo nome, as praias de Area
Maior, Lariño e Raposeiros, os illotes dos Forcados e o espazo mariño próximo.
É un espazo dun grande valor xeolóxico e biolóxico.
O seu principal obxectivo é a recuperación e conservación das
poboacións de especies explotadas, posibilitando a sostibilidade
das pesquerías na contorna do ecosistema mariño.
Toda actividade profesional, tanto pesqueira coma marisqueira,
que se vaia desenvolver dentro da reserva mariña queda suxeita
ás medidas adoptadas nun Plan de Xestión Integral.
RESERVA MARIÑA DE “OS MIÑARZOS”,
Situada entre Punta Raposeiros e Punta Larada.
Promovida pola confraría de Lira, e aprobada en abril de 2007, é a primeira reserva mariña do
litoral atlántico da península, con 1.200 ha. Trátase dun espazo mariño amparado legalmente
co fin de promover una utilización sostible e protexer o seu patrimonio natural e cultural.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
xuño 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurésmonadela
 

What's hot (20)

Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 

Similar to Comarca: Muros

Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterramonadela
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Espazos naturais de galicia ale mendez
Espazos naturais de galicia   ale mendezEspazos naturais de galicia   ale mendez
Espazos naturais de galicia ale mendezCMEDIOMRIVERO
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiromonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneiramonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costaMonContos
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costaMonContos
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Mortemonadela
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindomonadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 

Similar to Comarca: Muros (19)

Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterra
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Espazos naturais de galicia ale mendez
Espazos naturais de galicia   ale mendezEspazos naturais de galicia   ale mendez
Espazos naturais de galicia ale mendez
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneira
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 
LIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-PindoLIC Carnota-Pindo
LIC Carnota-Pindo
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Comarca: Muros

  • 2. Carnota desde o Monte das Forcadas A comarca de Muros sitúase na marxe norte da ría de Muros e Noia e na costa de mar aberto ata a desembocadura do Xallas. É unha comarca eminentemente costeira cun releve moi en pendente que pasa en moi pouca distancia dos 0 a máis de 500 m de altura nos que sobresaen o macizo do Pindo a Serra das Forcadas e o Pedregal. É unha comarca cun grande patrimonio natural na que se atopan dous espazos protexidos e dun gran interese paisaxístico e etnográfico.
  • 3. SUPERFICIE: 143,8 km2 POBOACIÓN: 13.493 habitantes (2014) CONCELLOS: Muros e Carnota ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Carnota Pindo” e “Monte Louro”
  • 4. CLIMA Ría de Muros e Noia desde o monte Enxa Atlántico, caracterizado polas temperaturas suaves e abundantes precipitacións. As chuvias concéntranse principalmente no período outono-inverno e redúcense notablemente (ata un 90 %) na época estival.
  • 5. ACTIVIDADES Porto de Lira Pesca, marisqueo, actividades forestais, servizos, turismo...
  • 6. TURISMO MARIÑEIRO Proxecto Mar de Lira É unha iniciativa de turismo activo que naceu na confraría de pescadores de Lira (Carnota) co fin de dar a coñecer a vida arredor do mar (o medio, os traballos, as tradicións, a fala) e dinamizar o mundo mariñeiro da zona. Ofrecen rutas guiadas con diferentes temas. Na saída ao mar pásase unha xornada de pesca cos mariñeiros e remátase na taberna do porto cunha degustación de polbo. Como complemento contan cunha construción mariñeira que acolle unha exposición sobre o porto, as embarcacións tradicionais e as artes de pesca e marisqueo, e un encascadoiro (único en Galiza que se pode visitar). Vista desde o porto das casetas que acollen o museo
  • 7. PATRIMONIO Laxe das Rodas, na parroquia de Louro. Chégase polo camino que vai de Louro a Taxes. Desde a Igrexa da Madalena en Louro parte unha ruta circular sinalada que leva aos petroglifos e permite seguir o río Longarela e ver os restos de numerosos muíños. É unha comarca cun grande patrimonio cultural que estivo habitada desde tempos moi antigos: petróglifos, castros, cascos antigos, construcións tradicionais, igrexas...
  • 8. Igrexa do Carme (Muros) Igrexa de San Pedro (Muros)
  • 9. Igrexa de Santa María do campo, antiga Colexiata
  • 10. Convento de San Francisco do Rial. Situado ao pé do monte Oroso. Fundouse en 1223 para servir de crematorio e máis adiante levantouse sobre el unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial, que no ano 1432 pasou a ser convento. Pechou durante a Desamortización e en 1873 volveu a ser ocupado polos franciscanos que se encargaron da súa restauración. Destaca a igrexa de estilo gótico e un interesante claustro do século XVII (1646). Na actualidade acolle unha hospedería.
  • 13. Un exemplo de tradición mariñeira, as tumbas no camposanto de Lira. A íntima relación co mar das xentes de Lira maniféstase en todos os ámbitos da vida e máis alá.
  • 16. CONCELLOS SUPERFICIE: 70,64 km2 POBOACIÓN: 4.376 habitantes (2014 PARROQUIAS: San Mamede de Carnota, Santa Comba de Carnota, Lariño, Lira e O Pindo. CARNOTA Está situado ao norte da comarca de Muros. O releve ofrece un forte contraste entre o interior, no Monte Pindo (Bico da Moa, con 641 m) e nas Forcadas, e a chaira litoral. O territorio está drenado por varios ríos e regatos (Valdebois, Louredo, Muíños, Lariño) que nacen na vertente leste dos montes e, despois dun curto percorrido, desembocan no océano. O Pindo, pequena vila costeira ao abrigo do monte Pindo.
  • 17. Hórreo de Carnota. No concello de Carnota atópanse os dous hórreos máis longos de Galiza (teñen máis de 34 m de lonxitude). Foron construídos no século XVIII nas casas rectorais das parroquias de Lira e Carnota. Os principais núcleos de poboación son Carnota, O Pindo, Lira e Lariño e as actividades máis destacadas son a pesca, a acuicultura, o sector forestal e o turismo. Aproximadamente o 65 % da superficie do concello está ocupada por terreo forestal, sobre todo de piñeiros e eucaliptos e algúns carballos, nas abas dos montes e salgueiros e amieiras, nas áreas colmatadas das marismas. Quilmas
  • 18. Muros, vila mariñeira que acada preto dos 3.000 habitantes. O porto de Muros é o máis importante do seu distrito pesqueiro. SUPERFICIE: 72,78 m POBOACIÓN: 9.117 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia. O territorio está formado, na súa grande parte por pequenas serras que o limitan polo oeste e norte: As Forcadas, Castelo Grande, O Pedragal, O Tremuzo... das que baixan ríos de pouco percorrido (Maior, Rateira, Valdexeira...). A costa é, na súa mair parte, abrigada formada por praias, enseadas e cantís de pouca altura. Destaca o Monte Louro, que pecha a ría polo norte.
  • 19. A vila de Muros conta cun importante patrimonio artístico e etnográfico entre os que destacan as casas mariñeiras con arcos e galerías, e a igrexa parroquia de San Pedro dos séculos XIV a XVI. É un concello que combina un grande atractivo natural (LIC Monte Louro, praias de mar aberto e protexidas, enseadas, ríos, esteiros, monte...) cun importante patrimonio etnográfico e artístico. As principais actividades son a pesca e os seus derivados e o turismo. O concello de muros acolle importantes restos históricos de todas as épocas. É unha das principais estacións rupestres de Galiza (hai quince localizacións da Idade do Bronce, sobre todo nas parroquias de Louro, Muros e Serres).
  • 20. RELEVO Vista xeral das serra da comarca. No primeiro plano o Monte Louro e ao fondo o Pindo As serras desta comarca están formadas por rochas graníticas e caen bruscamente cara ao mar. Na parte alta son amesetadas con cumes planos. Destacan O Pindo, ao norte, As Forcadas, no centro, e o Pedregal (Tremuzo) ao leste. En toda a zona abondan as formas erosivas creadas nos granitos que conforman conxuntos espectaculares de bolos, penedos, formas acasteladas, pedras de equilibrio, figuras de formas suxerentes, pías, cacholas...
  • 22. Cume da Cruz do Santo, nas proximidades da ermida de San Mamede (Carnota). Desde o alto gózase dunha panorámica do val e praia de Carnota.
  • 23. O Pindo e a enseada de Fisterra A proximidade das serras ao mar e a súa caída brusca, convérteas en expléndidos miradoiros sobre a paisaxe da zona. Hai moitos lugares aos que se pode acceder por estrada ou camiñando aos que merece a pena achegarse: Adraño, O Pindo, Louredo (nas proximidades de Monte Cubelo), O Adraño e As Forcadas (no percorrido entre Muros e Carnota pasando polo alto das Paxareiras), a Cruz dos Pelos (en Salto-Muros)
  • 24. Carballo anano (Quercus lusitanica) no Pind. Atópase na metade sur de Portugal, SO de Andalucía e norte de África. É un carballo de estrutura arbustiva que pode acadar os 2 m de altura. Emite ponlas a rente do chan e ten un cremento moi lento. A vexetación dominante é o monte baixo de toxo, xunto con breixos e xestas. Aparecen esporadicamente algúns carballos, acivros e loureiros. Hai grandes áreas repoboadas con eucalipto, piñeiro marítimo e piñeiro de Monterrei. Acivro (Ilex aquifolium)
  • 25. Centaurea corcubionensis. É unha planta que medra nos rochedos próximos ao mar. É un endemismo no NW da Península Ibérica que se atopa na costa desde O Pindo ata o cabo de San Adrián (Malpica) e polo interior ata Santa Comba e Zas.
  • 26. Leucanthemum merinoi. Unha margarida con flores de gran tamaño, endémica do noroeste da Península Ibérica. Toxo, unha das especies máis abundantes do mato nos montes da comarca.
  • 27. Cabalos no Pindo. Nalgúns montes criase gando en liberdade. A fauna é a típica de espazos abertos e matogueiras, sobre todo aves, réptiles e insectos.
  • 28. Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica) Chasco (Saxicola torcuata)
  • 29. O Pindo amosando a forza das súas formas e cores á tardiña. Vista desde o cabo Fisterra. O PINDO O macizo tectónico do Pindo ten unha orientación NE-SO e está separado dos montes de Buxantes polo val encaixado do río Xallas. Está constituído por granodiorita (granito vermello de grandes cristais) formada despois da Oroxenia Hercínica. A erosión deu lugar a bolos, penedos, paredes lisas e pías moi espectaculares. O punto mái alto é o Pico da Moa, con 627 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares. Ten un grande interese xeolóxico e botánico. Está protexido como LIC.
  • 30. Alto da Moa, cume do Pindo
  • 31. Penafiel (390 m de altura)
  • 32. Vista desde o Pindo sobre o mar de Fisterra.
  • 33. A erosión deu lugar a suxerentes formas talladas na rocha granítica que converten ao Pindo nun lugar dunha especial beleza e misterio cheo de lendas e tradicións.
  • 34. O Pindo desde o miradoiro do Adraño, ao que se accede pola estrada de Carnota a Santa Comba polo alto das Paxareiras.
  • 35. O “Xigante”. A erosión creou curiosas formas nos granitos do Pindo No Pindo hai restos arqueolóxicos e petróglifos, restos de castelos destruídos na revolta irmandiña (Penafiel e O Pedrullo) e numerosas lendas que fan referencia á prehistoria. Noutros tempos houbo explotacións de wolframio, ao pé da Moa e do Pedrullo. O macizo do Pindo está cheo de lendas e tradicións relacionadas con serpes de sete cabezas, tesouros agochados, fadas, e sacrificios. Ata hai pouco tempo facíanse ritos de fertilidade e nas rochas antropomórficas. Numerosos historiadores de todos os tempos fan referencia a el. O Padre Sarmiento (século XVIII) fala das ruínas do castelo e de pedras de virtudes fecundadoras e con poder para facer que as mulleres collesen mozo e as nais tivesen un bo parto e abundancia de leite. Para Otero Pedrayo é o Olimpo Celta, o monte sagrado dos celtas galegos.
  • 36. Unha das numerosas formas suxerentes das rochas do Pindo. Percorrer o Monte Pindo é unha experiencia inesquecible onde se combinan vistas espectaculares da costa, curiosas formacións rochosas e unha flora e fauna de grande interese ecolóxico. Ao Pindo só se pode acceder a pé, desde as poboacións do Pindo ou Fieiro. Desde a vila do Pindo hai unha ruta que parte de detrás da igrexa e vai percorrendo toda a vertente sur ata chegar ao Pedrullo e a Moa. Desde a aldea de Fieiro, á que se accede por unha estrada desde Ézaro cruzando o encoro do Xallas, hai unha ruta, máis curta e cómoda, que sobe ata a Moa. Tamén se pode facer unha travesía completa se se conta con vehículo no outro lado ou se volve a punto de partida pola estrada.
  • 38. Serra das Forcadas desde o mar AS FORCADAS Serra granítica que se estende con dirección norte-sur entre os concellos de Carnota e Muros. Os puntos máis altos son Medoña (584 m), As Forcadas (474 m), O Boqueirón (466 m).
  • 39. Panorámica de Muros e a Ría desde o Alto das Forcadas. Accedese desde a estrada de Muros ás Paxareiras collendo unha pista de terra que leva ata a caseta de vixilancia de incendios que hai no cume.
  • 40. Monte Louro desde o mar Segundo a tradición Noé admiraba moito a beleza deste monte e bautizouno co nome da súa filla. No alto do monte houbo un forte e unha torre de vixilancia (levantada en 1520 por orde do arzobispo Alonso III de Fonseca) para protexer a entrada da ría de piratas e normandos. MONTE LOURO É un pequeno macizo granítico (granito de dúas micas de gran fino e granito de megacristais de gran medio) situado no extremo noroccidental da Ría de Muros e Noia. Remata en dous cumes: Pico da Garita (239 m) e Monte Louro (223 m). Ten interesantes formas erosivas como pías e cacholas. No pe do monte hai restos de asentamentos prehistóricos e nas proximidades a lagoa das Xarfas. É un lugar moi castigado polos incendios. Forma parte do LIC “Monte Louro”. Accedese desde a estrada de Muros a Carnota. Unha pista percorre a contorna pola parte baixa. Para subir aos cumes non hai camiños, pero as vistas son impresionantes.
  • 42. Vista de Monte Louro desde a estrada que sobe de Louro a Taxes. Á esquerda a poboación de Louro e á dereita as dunas e praia de Area Grande e a lagoa das Xarfas.
  • 43. Curiosas formas erosivas nos granitos do monte Louro
  • 44. Vista xeral do Tremuzo e O Pedregal desde o Monte Enxa, na serra da Barbanza. O TREMUZO E O PEDREGAL É un macizo granítico situado ao norte da Ría de Muros e Noia. Fai de linde entre as comarcas de Muros e Noia e entre os concellos de Muros, Serra de Outes e Mazaricos. O punto máis alto é o Tremuzo, en Serra de Outes, con 525 m. Os puntos máis altos de Muros son Neno do Corvo (371 m) e O Pedregal (356 m). Accedese desde O Freixo. Desde o cume hai unhas boas vistas da ría de Muros e Noia, de Monte Louro e da Serra da Barbanza.
  • 45. O Pedregal e Monte Louro vistos desde o alto do Tremuzo. O Pedregal é un macizo rochoso formado por grandes bolos graníticos que separa os vales dos ríos Maior e San Lourenzo (afluente do Rateira)
  • 46. Castro de Torea, na aba oeste do Pedregal
  • 47. OS RÍOS Val do río Rateira Os ríos desta comarca son de curto percorrido e pendente forte debido á proximidade das serras ao mar, o que favorece a presenza de rápidos e fervenzas. Debido á súa forte pendente teñen un grande poder erosivo e, na época de abondantes chuvias, un comportamento torrencial. No verán acusan a seca. O Xallas, que fai de linde entre esta comarca e a de Fisterra, é o máis longo e de maior caudal.
  • 48. Tramo final do curso do Xallas debaixo do encoro de Santa Uxía
  • 49. Os ecosistemas máis destacados son os bosques de ribeira, que se extenden ata onde chega a influencia da auga. Na mesma beira atopamos distintas variedades de salgueiros e os amieiros. Aséntase logo outra liña formada por bidueiras, freixos, abeleiras... e en terreos máis secos os carballos e outras árbores. No sotobosque medran arbustos como o sabugueiro, sanguiño, silvas e plantas rubideiras como a hedra, madreselva, saltasebes e valdeba. Amieira (Alnus glutinosa), flores e froitos Corpos reprodutores de dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), un fento de gran tamaño común nas beiras dos ríos limpos.
  • 50. Os xuncos son as plantas máis comúns das marismas pola súa capacidade para soportar o mergullo e a salinidade.
  • 51. Libeliña (Calopteris virgo) A fauna máis destacada son os insectos e os anfibios que viven na auga ou nas ribeiras. Pintafontes
  • 52. Canón do Xallas ao pé dos montes de Buxantes (no verán, sen auga) RÍO XALLAS Nace no Monte Castelo, percorre terras de Santa Comba, Zas, Dumbría, Mazaricos e Carnota e, depois de 64,5 km cae nun salto de 30 m de altura na enseada de Ézaro. Nas proximidades de Ézaro, entre Dumbría e Carnota, forma un abrupto canón escavado nos duros granitos dos macizos do Pindo e Buxantes. É un río dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico. Parte do Xallas (desde o remate do encoro de Santa Uxía até Ézaro) está incluído LIC “Carnota-Pindo”. Para percorrer o canón hai que subir ao encoro desde Ézaro e para ver a fervenza cóllese un desvío, tamén desde Ézaro, que vai á central hidroeléctrica.
  • 53. Fervenza do Xallas, entre Carnota e Dumbría. A do Xallas é unha fervenza con moita historia. Estivo sen auga durante moitos anos, logo abríase por horas e, despois de moitas denuncias mantense co caudal ecolóxico. Unha lenda conta que detrás da fervenza existía unha porta máxica vixiada por bruxas. O mozo que se atrevía a pasar chegaba a debaixo do río e podía casar cunha fermosa princesa encantada e acadar unha grande fortuna.
  • 54. Curso alto do río Valdebois baixando do Pindo RÍO VALDEBOIS ou VADEBOIS Nace no Pindo e, despois dun curto percorrido, desemboca na lagoa de Caldebarcos ou Estivariña. O Louredo únese a el na lagoa.
  • 55. Marisma de Estivariña na desembocadura do Valdebois. A forza do mar acumula area e dificulta a saída do río polo que se forma unha marisma moi ampla.
  • 56. Muíños no rego de Amil, un afluente do Valdebois (Carnota). Un conxunto de sete muíños (o máis antigo de 1792) que se poden percorrer nunha pequena ruta.
  • 57. RÍO PEDRAFIGUEIRA Nace na vertente oeste serra das Forcadas e desemboca na praia de Carnota. FERVENZAS DAS FONTES No lugar de Pedrafigueira, da parroquia de Santa Comba de Carnota (Concello de Carnota). O río Pedrafigueira descende entre rochas de granito rosa e forma varios saltos e rápidos. O salto máis grande ten uns 10 m de altura. COMO CHEGAR: cóllese un desvío que sobe ao monte e despois duns 800 m sen asfaltar hai un sendeiro (indicado) que baixa á fervenza. Baixando desde o primeiro salto atópase unha sucesión de pequenas fervenzas e rápídos de máis dificil acceso.
  • 58. Rego de Lariño, perdido na praia do mesmo nome. Ao fondo o faro de Punta Ínsua RÍO DE LARIÑO É un pequeno rego que baixa da serra das Forcadas e desemboca na praia de Lariño, onde case desaparece entra as dunas e a area da praia.
  • 59. Val do río Valdexeira preto da desembocadura na enseada de Muros RÍO VALDEXEIRA Nace na vertente leste da serra das Forcadas e desemboca na enseada de Muros, onde foi encorado para mover un muíño de mareas.
  • 60. Muíño do Pozo do Cachón, situado en Valdexeira (parroquia de Serres) na desembocadura do río do mesmo nome. É un muíño de marea construído no primeiro cuarto do século XIX que se comezou a rehabilitar non ano 1990. É un dos muíños desta tipoloxía máis grandes que se coñecen. A súa planta é rectangular, cunha zona de muíños e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última parte funcionaron a comezos do século XX os Baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños temperados de algas e auga mariña. Na actualidade é un centro cultural. Nas inmediacións hai unha área de lecer.
  • 61. Río Rateira en Bornalle RÍO RATEIRA Nace no monte Lucerna de Seixos Brancos (parroquia de Torea-Muros) e, despois de 9 km de percorrido, desemboca na enseada de Bornalle, na ría de Muros, formando unha frecha que serve de abrigo ao porto de Bornalle. O afluente principal é o San Lourenzo. Río Rateira en Bornalle
  • 62. O río Maior en Esteiro RÍO MAIOR Nace nos montes de Tremuzo (Silvosa-Esteiro) e desemboca na enseada de Esteiro. É un río moito caudal que na desembocadura forma un amplo abrigo protexido por unha frecha de area. O río Maior na Silvosa, no curso alto, ten un percorrido con moito desnivel con pequenos saltos e rápidos.
  • 63. A COSTA Vista da cara norte da ría de Muros e Noia, no centro a enseada de Muros Na comarca de Muros podemos atopar dous tramos de costa ben diferenciados: de costa exposta e de ría protexida. No tramo desde a desembocadura do Xallas, ata o Monte Louro a costa é exposta e alternan grandes areais con tramos rochosos bravíos, pero de pouca altura. A partir do Monte Louro e ata o límite coa comarca de Noia atopamos unha sucesión de praias abrigadas, enseadas e costa rochosa baixa con algunhas pequenas illas.
  • 64. Costa de Carnota desde As Forcadas
  • 65. Neste tramo de costa podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais, marismas, illas e illotes, fondos mariños rochosos e areosos...) que acollen unha gran biodiversidade, entre as que se atopan especies únicas ou moi escasas. Vexetación típica dos areais (Praia de Caldebarcos)
  • 66. Carrapuchos (Chondrus crispus). Esta pequena alga que vive en lugares que case nunca descobre o mar recóllese para a industria. Dela obtéñense produtos que se usan para mellorar as cualidades organolépticas e a conservación dos alimentos. Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis comúns nas rochas das áreas abrigadas. Soportan ben a desecación e serven de acobillo a caramuxos, caracolas,
  • 67. O alhelí mariño (Mathiola sinuata) florece durante a primavera e o verán nos areais costeiros. Todas as plantas que viven nas praias presentan adaptacións específicas que lles permiten soportar as duras condicións ambientais (seca, forte exposición solar e ao vento...). No alhelí podemos ver cores craras que reflicten a luz, pelos que illan do vento, reducen a seca e reteñen a humidade e forma redonda e compacta para ofrecer menos resistencia ao vento.
  • 68. Feos (Ammophila arenaria) suxeitando as dunas. Unha planta perfectamente adaptada á vida nos areas, con longos e profundos talos subterráneos que deteñen a area que arrastra o vento e constribúen a formar e fixar as dunas.
  • 69. Liques sobre as rochas Blackstonia perfoliata, unha planta que se atopa nas dunas preto das zonas máis húmidas.
  • 70. Leiteira (Euphorbia paralias), medra nas areas soltas das praias Silene portensis. A pesar da súa aparente fraxilidade está perfectamente adaptada para soportar as duras condicións que se dan nas dunas das praias.
  • 71. Pan de paxaro (Sedum acre), de flores amarelas e uvas de lagarto ou piñeiriña (Sedum album), de flores brancas. Son plantas adaptadas a lugares secos, pobres e expostos ao sol (pedregais, tellados) que tamén viven nas dunas almacenando auga nas súas follas carnosas. Honckenya peploides. É a planta con flores que vive máis preto do mar nas praias entre area solta. Tamén é a que máis sofre os impactos dos usuarios dos areais.
  • 72. Mazaricos en Caldebarcos A grande diversidade de hábitats mariños e terrestres da lugar á presenza dunha grande varidade de especies. Destaca o número de aves, especialmente invernantes, das lagoas de Caldebarcos e As Xarfas e os invertebrados mariños que se acobillan entre as rochas e nos areais.
  • 73. As rochas son o lugar idóneo para o asentamento das chuponas ou ventosas (Anemonia sulcata). Varias especies de caracois: Colchlicella (arriba) e Theba pisana (abaixo) descansan formando grupos nas partes máis altas das plantas.
  • 74. Chinche sobre unha flor de carraspique (Iberis procumbens). A capacidade para pasar desapercibidos é fundamental para a supervivencia dos animais Eiruga da avelaíña Brithys crini que se alimenta unicamente de cebola das gaivotas (Pancratium maritimum), unha planta común das dunas fixadas.
  • 75. Os muxos son peixes comúns nas áreas costeiras abrigadas. Gostan das augas mornas e penetran polos esteiros dos ríos Queimacasas (Pachygrapsus marmoratus), un cangrexo que vive nas rochas e que pasa moito tempo fora da auga. So se atopa en lugares limpos.
  • 76. Sapiños de esporas (Pelobates cultripes), anfibios de costumes nocturnas, raros en Galiza, que teñen o límite norte de distribución nos areais de carnota. Pernileiro (Burhinus oedicnemus). Unha ave propia de terreos áridos de costumes crepusculares, rara en Galiza, que aniña nos areais de Carnota, onde se alimenta de insectos, caracois e outros pequenos animais.
  • 77. Galiñola negra (Fulica atra). É común en lagoas, encoros e ata en ríos de corrente lenta. Constrúe un curioso niño que aboia ancorado na vexetación. O ciño (Cignus olor) visita ocasionalmente a lago das Xarfas, especialmente nos invernos duros.
  • 78. Vista desde o mirador do Ézaro: DESEMBOCADURA DO XALLAS, NO LÍMITE DA COMARCA, PUNTA, PRAIA E PORTO DO PINDO. O porto do pindo aséntase ao abrigo da punta do Sinal na que se prolonga o peirao.
  • 79. PRAIA DE SAN PEDRO Pequeno areal de forma rectangular situado entre as puntas de As Morroas e Crusiña.
  • 80. Rochas traballadas polo mar na punta de QUILMAS
  • 81. PRAIA DE QUILMAS Segundo a tradición nestra praia reparaban os normandos as súas naves
  • 82. Chabolas da praia de Quilmas ambientadas para a rodaxe dunha película
  • 83. COSTA DE CABRA. É un tramo de costa rochosa con moitos baixos e illotes a algúns areais solitarios (Carballiños, Insuela ou Porto Negros...). Abondan as algas que son recollidas para a industria.
  • 84. PUNTA DE CALDEBARCOS Acolle un pequeno porto ao pé dos restos de factorías de salga.
  • 85. Vista da enseada de Carnota coas praias de Caldebarcos e Carnota, separadas pola Boca do Río, e as marismas de Estivariña. ENSEADA DE CARNOTA Ábrese entre as puntas de Caldebarcos e dos Remedios. O fondo está ocupado por un extenso areal formado polas praias de Caldebarcos, Carnota, Mar de Lira, Cons, Xaxebe e Portocubelo. O río Valdebois e o rego de Louredo forman na súa desembocadura unha ampla marisma parcialmente pechada por unha frecha de area na que se asenta un importante sistema dunar. A marisma de Estivariña, o areal interior de Caldebarcos chamado tamén a Berberecheira é unha área dunha grande riqueza ecolóxica que acolle un importante banco de berberechos.
  • 86. CARNOTA-CALDEBARCOS A praia de Carnota e as dunas de Caldebarcos forman un sistema de marismas e dunas fixadas pola vexetación separadas do mar por un gran areal de máis de 7 km de lonxitude (o máis grande de Galiza). Nelas desembocan os ríos Valdebois e Pedrafigueira. A zona de marismas está dividida en dúas partes: Caldebarcos, ao Norte e A Lagoa, ao Sur, divididas pola punta Larada que separa as praias de Carnota e Caldebarcos ou San Mamede. Conservan unha rica flora e fauna típica de marismas e dunas. É unha importante área de invernada de aves acuáticas. Nas dunas aniñan a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o pernileiro (Burhinus oedicnemus). Forman parte, xunto cos Montes do Pindo e Buxantes e as Illas Lobeiras do LIC Carnota-Monte Pindo,
  • 88. Dunas fixadas e marismas de Caldebarcos
  • 89. Boca do Río co Pindo ao fondo
  • 90. Dunas de Caldebarcos coa praia de Carnota ao fondo
  • 91. Costa de Lira e Punta dos Remedios desde as Forcadas
  • 92. Praia MAR DE LIRA
  • 93. PRAIA DE PORTOCUBELO, un pequeno areal de 150 m de lonxitude situado no fondo da enseada de Lira.
  • 94. PUNTA DOS REMEDIOS Unha península rodeada de illotes (Os Forcados, O Anguieiro), cons e baixos que dificultan a navegación. Entre as rochas atópanse pequenas praias como as de Porto Ancho, Gabota, Porto da Barca, Porto do Curro e Ximprón. É unha área rica en percebes.
  • 95. O tramo situado entre Porto Cubelo na punta dos Remedios e o Monte Louro (1.161 ha pertencentes aos concellos de Carnota e Muros) está protexido como LIC/ZEC. Está formado polo Monte Louro, a lagoa e marismas das Xarfas, as praias de Area Maior, Lariño, Ancoradoiro e Raposeiros e os illotes dos Forcados.
  • 96. Coído e praia do XIMPRÓN (Carnota)
  • 97. Punta de PROUSO LOIRO (Carnota)
  • 98. Coído de PORTO DAS CABRAS (Carnota)
  • 99. Rochedo e praia de ARDELEIRO (Carnota)
  • 100. Monumento ao naufraxio do Ariete En 1966 naufragou, nas proximidades da praia de Ardeleiro a fragata Ariete da Armada Española. A rápida intervención das xentes do lugar salvou moitas vidas.
  • 101. Vista desde a PUNTA DOS RAPOSEIROS (Carnota)
  • 103. Praia da AREA (Carnota)
  • 104. Praia da AREA (Carnota)
  • 106. Coído de XEDA (Carnota) Restos dun muíño de vento na punta da Ínsua (Lariño-Carnota)
  • 107. Faro de PUNTA ÍNSUA
  • 108. PUNTA ÍNSUA E PRAIA DE LARIÑO A praia de Lariño, situada entre as puntas Ínsua e de Lens, pertence aos concellos de Carnota e Muros (onde se chama Ancoradoiro). Mide 1.870 m de lonxitude e ten un largor medio de 55 m. Está formada por area branca de grao medio. As augas son frías e algo perigosas e moi aptas para practicar wind-surf.
  • 109. Praia de LARIÑO desde a punta Ínsua. Ao fondo montes Rodeiro e Louro
  • 110. PRAIA DE ANCORADOIRO Mide 900 m de lonxitude e 50 de largor medio. Está formada por area fina e branca. Nas proximidades ten un piñeiral, servizos e camping.
  • 111. Praia de ANCORADOIRO (Muros). Ao fondo Lariño
  • 113. Vista da praia co monte Louro ao fondo PRAIA DE LOURO, AREA MAIOR OU AREALONGA De 1.470 m de lonxitude e 50 m de largor medio. De area fina e branca, pouca ondada e abrigada do vento. Está asentada sobre unha frecha que pecha case totalmente a desembocadura do rego Longarelo formando a lagoa das Xarfas. Conserva un bo sistema dunar no que se asentan especies típicas das costas areosas, entre as que se atopan numerosas especies protexidas. Accedese a pé.
  • 114. Vista desde As Forcadas: Monte Louro, lagoa das Xarfas e praia de Areamaior
  • 115. Vista da lagoa a comezos do verán A LAGOA DE LOURO OU DAS XARFAS está alimentada polo río Longarelo, é de auga doce e non ten comunicacióm co mar. So en temporais e épocas de mareas vivas o mar penetra a través dunha pequena boca. A beira da lagoa máis próxima á terra está poboada de salgueiros, carrizos e espadanas. É unha importante zona de invernada de aves: lavanco real, pato cullerete, parrulo cristado, parrulo chupón, pato asubión, cerceta real, pato cincento, garza, garzota, demo negro, corvo mariño cristado, gaivotas, bilurico (común e pativerde), mazaricos (rabipinto, rabinegro e curlí), pilro curlibico, píllara (cincenta e real), gabita, becacina cabra, mascatos, arao dos cons, arao romeiro, arao papagaio, parrulo pentumeiro común... e ocasionalmente gaivotóns ou cisnes. Entre maio e xullo crían o alavanco real, a galiñola negra, o mergullón pequeno e o rascón.
  • 116. Vista da lagoa no inverno
  • 117. Vista xeral da ría desde o Barbanza RÍA DE MUROS E NOIA Ábrese entre Monte Louro, ao norte e o cabo Corrubedo, ao sur, seguindo unha fractura con orientación SO-NO. Ten 18 km de lonxitude e unha superficie de 125 km2 . É máis recortada na marxe dereita, ata a desembocadura do Tambre, co monte Tremuzo como fondo. Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan extensos areais e zonas fangosas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros.
  • 118. FARO DE MONTE LOURO Monte Louro é o límite norte da ría de Muros e Noia. Na punta Queixal aséntase o faro, construído en 1862. A costa que rodea a península de Monte Louro está formada por cantís rochosos de pouca altura e abundantes illotes e cons: Rochas do Neixón, Pedra do Con, A Ínsua...
  • 119. Vista desde Monte Louro: enseada de San Francisco e punta da Roxa
  • 120. PRAIA DE SAN FRANCISCO A máis longa con 760 m de lonxitude, e unha das máis concurridas da banda norte da Ría de Muros e Noia. De area branca e fina e abrigada. Esta zona era coñecida co nome de Lugar de Fomento, polas tres fábricas de salga que aquí estiveron instaladas. A continuación, cara a Monte Louro está a praia de Fogareiro, de 460 m de lonxitude, tamén moi abrigada e de area fina.
  • 121. ENSEADA DE MUROS Ábrese entre o cabo Rebordiño e a punta de Santa Catalina. Ao seu abrigo instálase a vila de Muros. En realidade dúas enseadaas cunha boca común, a de Muros, ao oeste, entre o Cabo e a Punta Ostreira, e a de Bornalle, entre a Punta Ostreira e a illa de Santa Catalina. Vista da enseada de Muros desde o miradoiro das Forcadas
  • 122. Punta do Cabo e enseada de Muros
  • 124. PRAIA DA ROCHA. Á dereita a unha antiga fábrica de salga. Á esquerda o Monte da Cruz dos Pelos (onde hai un miradoiro sobre a ría) e a punta de San Antón. Na liña de costa aséntanse Valdexeira, O Baño e Boavista.
  • 125. PRAIA DE BORNALLE Situada non lugar de Bornalle (Abelleira) ocupando a frecha que se forma na desembocadura do río Rateira. Mide 550 m de lonxitude, tranquila e de area branca e fina.
  • 127. Enseada na desembocadura do río rateira en Bornalle
  • 128. Costa de Muros desde Esteiro. En primeiro termo a punta de Esteiro co monte Sestebadiñas, detrás o cabo Rebordiño e ao fondo Monte Louro. Entre Bornalle e Esteiro, en Tal, podemos achegarnos ao pequeno e recollido porto de Cabanas asentado no istmo que une a Insuela á costa.
  • 129. Punta de SANTA CATALINA (Tal, Muros) e restos dun muíño de vento
  • 130. Praia do COÍDO (Tal, Muros)
  • 131. Praia de AREA DO MEDIO (Tal, Muros)
  • 133. Porto Cabanas, e Puntas de Santa Catalina e A Insuela (Tal, Muros)
  • 135. Salgadeira na Punta Insuela (Tal, Muros). Traballo como salga e fábrica de conservas desde 1871 a 1945
  • 136. ENSEADA DE ESTEIRO E ILLA DA CREBA co Tremuzo ao fondo. Vista desde o monte Enxa, na outra banda da ria. A enseada de Esteiro ábrese entre a punta de Esteiro e a punta do Carreiro. No seu abrigo atópanse as praias de Somorto, Esteiro, Artón e Parameáns.
  • 137. Frecha que pecha a saída ao mar do río Maior en Esteiro
  • 138. PRAIA DE ESTEIRO De 530 m de lonxitude, situada sobre a frecha que pecha parcialmente a desembocadura do río Maior. De area branca e fina.
  • 139. ILLA DA CREBA Fronte ao cabo Uhía. Ao fondo o Monte Enxa (serra da Barbanza), na outra banda da ría. Contan os máis vellos da zona que noutros tempos houbo unha ermida (a Virxe da Creba) e unha ponte que unía a illa con terra. Na actualidade é de propiedade privada e está ocupada por un pazo. Hai moitas lendas sobre mouros e princesas enfeitizadas. Entre o Freixo e Esteiro consérvanse os restos dunha calzada romana.
  • 140. Costa de Muros desde o monte San Lois. No primeiro plano a Illa da Creba e as puntas do Carreiro e Cancelada
  • 141. AS ÁRBORES Alciprestes de California (Cupresus macrocarpa), de grande porte na entrada do convento de San Francisco. Amosan os efectos do lume que estivo a punto de acabar con eles nos últimos incendios forestais que asolaron a zona. A maior parte do territorio desta comarca está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos e só en pequenas áreas se conservaan manchas de bosque autóctono.
  • 142. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC CARNOTA-PINDO Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa. É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas. O Pindo, a praia de Carnota e a Punta dos Remedios
  • 143. LIC MONTE LOURO Espazo litoral marítimo-terrestre que alterna zonas rochosas e areosas, situado entre o Monte Louro e o porto Cubelo, na punta dos Remedios. Está formado polo Monte Louro, a lagoa e marismas do mesmo nome, as praias de Area Maior, Lariño e Raposeiros, os illotes dos Forcados e o espazo mariño próximo. É un espazo dun grande valor xeolóxico e biolóxico.
  • 144. O seu principal obxectivo é a recuperación e conservación das poboacións de especies explotadas, posibilitando a sostibilidade das pesquerías na contorna do ecosistema mariño. Toda actividade profesional, tanto pesqueira coma marisqueira, que se vaia desenvolver dentro da reserva mariña queda suxeita ás medidas adoptadas nun Plan de Xestión Integral. RESERVA MARIÑA DE “OS MIÑARZOS”, Situada entre Punta Raposeiros e Punta Larada. Promovida pola confraría de Lira, e aprobada en abril de 2007, é a primeira reserva mariña do litoral atlántico da península, con 1.200 ha. Trátase dun espazo mariño amparado legalmente co fin de promover una utilización sostible e protexer o seu patrimonio natural e cultural.
  • 145. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta xuño 2017