RESERVA DA BIOSFERA
Gerês-Xurés
Inclúe unha ampla área de montaña entre o norte de Portugal e o suroeste
da Provincia de Ourense, en Galiza, dominada polas serras do Xurés-
Gerês, Amarela e A Peneda, cunha rede fluvial que se articula
fundamentalmente arredor do Limia/Lima e o Cávado.
SUPERFICIE: Total 330.874 ha:
GALIZA: 62.916 ha. Concellos: Lobios, Entrimo, Muiños, Lobeira, Calvos de
Randín e Bande.
PORTUGAL: 267.958 ha. Concellos: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da
Barca, Terra de Bouro e Montealegre.
TIPO DE PROTECCIÓN
-RESERVA DA BIOSFERA (26/5/ 2009)
Inclúe ademais (totalmente ou en parte):
-Parque Natural Baixa Limia serra do Xurés
-LIC Baixa Limia
-ZEPA Baixa Limia – Serra do Xurés
-Parque Nacional da Peneda - Gerês
-SIC Serras da Peneda e Gerês
-Zona de Protecção Especial (ZPE) da Serra
do Gerês
-Reserva Biogenética Matas de Palheiros-
Albergaria
VALORES NATURAIS
E CULTURAIS:
Ecosistemas de montaña, ríos,
bosques, formacións glaciarias, unha
gran variedade de flora e fauna
atlánticas e mediterráneas, arte,
arqueoloxía, etnografía...
Zona Núcleo
34.434,31 ha (13%). Zonas de reserva integral e zonas de protección especial
establecidas nos Plans Portugués e Galego. Territorios cun valor de conservación
moi alto onde no existen núcleos de poboación e case non hai actividades
humanas.
Cumes da serra
O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés ocupa 20.920 ha no suroeste
da provincia de Ourense nos concellos de Entrimo, Lobios, e Muíños, lindando con Portugal
e unido ao Parque Nacional Portugués da Peneda-Gerês.
O LIC Baixa Limia inclúe, ademais dos terreos do parque natural, a Serra da Pena e a
Serra do Laboreiro nos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios,
Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea.
Cartel informativo da Serra do Xurés no Miradoiro do Pedreiriño (Entrimo).
PARQUE NACIONAL DA PENEDA-GERÊS
CONCELLOS: Terras de Bouro, Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca e
Montalegre.
Esténdese polas serras do Gerês, Amarela, Soajo e A Peneda.
SUPERFICIE: 70 290 hectares
Zona Tampón
89.564,91 ha (35 %). Zonas con distinta consideración integradas no Parque
Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no LIC e ZEPA, no SIC Peneda Gerês e a Zona
de Protecção Especial de Avifauna (Serra do Gerês). Territorios cun valor de
conservación alto, unha elevada naturalidade e diversidade, con actividades
compatibles coa conservación dos hábitats, a flora e a fauna.
Gando nos arredores de Pitões das Junias.
Zona de Transición
135.46,78 ha (52 %) Integrada polo territorio non incluido nas categorías
anteriores, onde se pretende fomentar as actividades económicas que potencien
a conservación dos valores naturais e o desenvolvemento sostible, así como a
cultura e as tradicións.
A Terrachá, capital do concello de Entrimo vista desde o miradoiro do Pedreiriño (na
estrada de A Terrachá a Queguas), desde o que se ve case toda a comarca.
O RELEVO
Unha sucesión de serras forman un arco que marca a fronteira entre Galiza e
Portugal: Leboreiro, Queguas, Montes do Quinxo, Santa Eufemia, Xurés/Gerès e
Pisco. Na zona galega atópanse os montes de Bande e as lombas da Pena da
Edra, polo norte. Na zona portuguesa as serras da Peneda, Amarela e Soajo.
As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados
no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés.
Cumes do Xurés
SERRA DO LABOREIRO
Forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre Galiza e Portugal;
desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata os vales dos
río Castro Laboreiro e Agro (Limia). De morfoloxía suave, formada por granitos de
dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental.
Os cumes máis altos son o Gestosa (1.344 m), en Portugal e o Codesal -marco 34-
(1.334 m), na fronteira.
Nos cumes do Laboreiro fórmase unha ampla penichaira duns 1.200 m de altitude
Desde os cume hai unha vistas impresionantes para os catro puntos cardinais.
Na serra do Laboreiro nacen tributarios do Miño (Deva e Troncoso); e do Limia (Cadós, Grou
e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).
Cumes da Gestosa e serra do Xurés ao fondo.
Plantago radicata.
Unha chantaxe de
pequeno tamaño que
só vive nas
montañas da metade
norte da península
Ibérica, en terreos
pobres, pedregosos
e areentos, por
enriba dos 800 m de
altitude.
Penedo Grade e Pena de AnamãoPenagache
Formacións graníticas na Ameixueira, das derradeiras estribacións do Laboreiro cara ao sur.
SERRA DE QUEGUAS
Con orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Laboreiro, rodeada
polos vales dos ríos Agro e Casal ou da Montaña. Acada as alturas máximas na
fronteira con Portugal, en Corraídos (1.233 m) e Pena Grande (1.208 m).
Conserva restos arqueolóxicos (mámoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas
zonas de bosques autóctonos. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes
sobre todo o Xurés.
Vista xeral da serra de Queguas. No centro a poboación do mesmo nome, desde a
que se poden facer varias rutas de sendeirismo.
MONTES DO QUINXO
Macizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da
Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai
fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con
formacións graníticas de bolos e formas acasteladas.
O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral.
SERRA DE SANTA EUFEMIA
Situada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en
Portugal coa Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa
Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha grande
área da serra está declarada Reserva Integral
Vista xeral da serra de Santa Eufemia, co encoro de Lindoso, no río Limia.
SERRA DO XURÉS/GERÊS
Con orientación NE-SO. Compartida por Galiza (Ourense) e Portugal. Destaca pola
súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos
arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546
m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías
(granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de
picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que
foi explotada no tempo da II Guerra Mundial.
Vista xeral da serra do Xurés desde o mirador do Pedreiriño na estrada de
A Terrachá a Queguas. Á dereita a serra de Santa Eufemia.
Val de Vilameá e A Nevosa
Nestas serras consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis
occidentais de Europa: circos glaciares, vales, moreas, rochas estriadas, acumulacións de
depósitos fluvioglaciais... (Vilameá, Homen, Coucelinho, Cervas...)
A Penafurada, nas proximidads das Albas.
O Sobreiro e, ao fondo, A Nevosa desde Portugal
A Fontefría
As Gralleiras
A Pica das Gralleiras
Cabras feras nas Gralleiras
As Gralleiras
A Fontefría e Brazaleite
Val glaciar do río Homen, en Portugal
A Roca Negra (á esquerda) e o Caucãu (á dereita) en Portugal
Domo granítico da Rocalva (Portugal)
A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso
de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación.
Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, érbedos, sobreiras e algúns
loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas
especies endémicas.
LOMBAS DA PENA DA EDRA
Prolongación cara ao nordeste da Serra do Laboreiro no concello de Verea. É
unha serra de cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto
máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m. Desde os cumes hai unhas vistas
espectaculares para toda a contorna: Serra do Xurés, O Laboreiro, terras de
Bande e Celanova...
SERRA DO PISCO
Compartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida
ao Xurés polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As
formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados
de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na súa maior parte
está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha zona
repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a
ao val do Salas.
Desde os cumes hai unha vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río
Salas e arredores.
Vista xeral da serra do Pisco desde Portugal.
Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.
MONTES DE BANDE
Pequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se
prolonga cara ao norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto
máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m.
SERRA DA PENEDA
Esténdese con dirección N-S e a máxima elevación é o Outeiro Alvo con 1.314
metros. Está formada por rochas graníticas espidas.
Serra da Peneda desde o Laboreiro.
Penameda na Serra da Peneda
Serra da Peneda
SERRA DE SOAJO
Esténdese con dirección NE-SO e está formada por masas graníticas que
sobresaen nos cumes e forman curiosas paisaxes de penedos. O monte máis alto
é A Pedrada, con 1.416 m.
SERRA AMARELA
Esténdese con dirección NE-SO entre os ríos Lima e Homen, en Portugal. Acada
1.362 m na Louriça.
A Serra Amarela, detrás do monte de Santa Eufemia
GLACIARISMO:
No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha
superficie duns 60 km2
, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo,
especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares
(Ramisquedo, Coucelinho, Cervas); vales glaciares (Homen, O Cabril, Vilameá - punto de
interese xeolóxico-, Alto Vez); moreas glaciares (Ramisquedo, val do Vez, O Cabril, Vilameá,
Muíño Vello -San Paio, Lobios-).
Depósito glaciario
no Val de Vilameá
(Xurés)
OS RÍOS
O río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa
lonxitude, é o Limia, e completan a rede todos os afluentes (Salas, Grou, Caldo,
Castro Laboreiro, Vez, Adrão, Froufe, Germil e Cabril) que baixan a el desde a
serras que o rodean. O Cávado percórreo polo sur. O Miño serve de linde ao
espazo polo norte, no concello de Melgaço e recolle as augas do Barxa o Mouro e
outros afluentes. No leste do espazo nace o río Vilaza (Támega).
En xeral, os ríos teñen cursos
curtos e con fortes pendentes, nos
que se forman series de rápidos e
algunhas fervenzas importantes.
Están retidos en varios encoros
para a produción de enerxía
hidroeléctrica.
RÍO LIMIA/LIMA
Nace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer
maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e
rápido, que é freado polos encoros das Cunchas e Lindoso. Desde os 600 m de
altitude da Limia baixa aos 250 m na fronteira portuguesa. Desemboca en Viana
do Castelo. Recibe pola dereita as augas do Cadós, Grou, río do Casal ou da
Montaña, Castro Laboreiro, Adrão e Vez; e pola esquerda o Rousa, Salas, Lobios,
Caldo, Cabril, Froufe e Germil.
Encoro de Lindoso, compartido con Portugal. O Limia, neste
espazo, está encorado en case todo o seu percorrido.
Encoro das Cunchas, na Baixa Limia.
RÍO CADÓS
Recolle as augas das Lombas da
Edra e lévaas ao encoro das
Cunchas, drenando unha grande
parte do concello de Bande. Está
explotado por unha minicentral.
Fervenza en Ponte Cadós.
RÍO GROU
Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por
unha minicentral.
RÍO DA MONTAÑA, DE PACÍN OU DO CASAL
Nace entre o Codesal e a Gestosa e recolle auga da serra de Queguas. O principal afluente é
o Agro que nace entre o Pedroso e a Ameixueira. Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en
Lantamil.
O Río da Montaña na serra de Queguas
Un afluente do Agro na serra do Laboreiro
RÍO BARCIA ou CASTRO LEBOREIRO
Nace en Portugal e durante unha grande parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos
de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e
recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.
O río Castro Leboreiro no barranco de Olelas.
O río Castro Leboreiro en Castro Laboreiro (Portugal)
O río da Peneda e un afluente que cae
nun gran salto ao pé do Santuario da
Nosa Señora da Peneda.
RÍO SALAS
Nace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes
máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Está axplotado por unha
central eléctrica. Ten numerosas fervenzas.
Desembocadura do Salas no Limia, no encoro de Lindoso.
Pozo Negro ou Pozo da Seima no
río Salas (Cela, Lobios).
RÍO CALDO
Nace na Portela do Home e
descende nun curso recto cheo
de rápidos e pequenos saltos
ata o Limia, no encoro de
Lindoso. O principal afluente é
o Vilameá.
O río Caldo recibe o seu nome da
surxencia de augas termais que se
producen na mesma canle do río e
que son aproveitadas con fins
medicinais.
Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita).
Na parte alta atópase o paso fronteirizo da Portela do Home.
FERVENZA DE CORGA DA FECHA
Na parroquia de Riocaldo do concello
de Lobios.
O regato da Fecha, afluente do río
Caldo pola dereita, salva varios saltos
cun total de 200 m de altura en rochas
graníticas.
RÍO VILAMEÁ
É un afluente pola dereita do río Caldo que nace no Alto dos Cabrós e baixa por un val
profundo no que se aprecian claramente as pegadas do glaciarismo.
RÍO NAU
Nace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. En
parte do seu curso hai rápidos e pequenos saltos.
RÍO VEZ: nace na serra de Soajo e ten un percorrido de 36 km. Xúntase co
Lima preto de Ponte da Barca.
Arcos de Valdevez
RÍO CÁVADO
Nace nas abas portuguesas da serra do Larouco e desemboca en Esposende. Os
principais afluentes son o Beredo, Cabril, Fafião, Arado e Homen pola dereita; e o
Rabagào, o e o Saltadouro, pola esquerda.
Río Homen
Cascata do Arado
Cascata no rego do Campesinho, un afluente
do río Beredo en Pitões das Junias.
Poço Azul no río Conho (Fafião)
RÍO MIÑO
Neste tramo discorre polo norte de Melgaço, facendo linde con Arbo e Crecente.
recolle as augas do río Barxas e do Riveiro do Porto.
RÍO BARXAS
Un afluente do Miño que nace na serra do Laboreiro e ao longo de case todo o seu percorrido fai
fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal.
Río Barxas en Ponte Barxas
RÍO MOURO
Nace na serra da Peneda e xúntase co Miño preto de Mato (Monçao) .
Val do Mouro entre a Serra da Peneda
e a Fonte Seca
Río Mouro en Lamas de Mouro
LAGOAS:
Nos cumes achairados das serras consérvanse algunhas lagoas naturais (Marinho) e outras
reforzadas por pequenas presas (A Peneda, Os Carríns, Olelas).
Lagoa da Meadinha na serra da Peneda.
AS AUGAS TERMAIS
Xorden en distintos puntos do espazo aproveitando as liñas de fallas: ás beiras
do Limia (Bande), Caldo (Riocaldo) e Gerès (Caldas de Gerés).
Surxencia na canle do río Caldo.
As augas saen a unha temperatura
entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas,
sódicas e fluoradas.
FLORA
As especiais características físicas e xeolóxicas das serras e a súa ubicación no
límite entre as áreas de influencia climática atlántica e mediterránea, converten a
esta área nun lugar no que se mesturan as especies de ámbalas dúas zonas
ademais de área de reserva de especies residuais e outras endémicas únicas.
No espazo Xerés-Gerês atópanse 807 especies vexetais cun número considerable de especies
endémicas ou raras Destaca a presenza de dous endemismos lusitano-galaicos: Armeria sampaioi e
Ceratocapnos claviculata subsp. picta, e 117 endemismos ibéricos
Armeria humilis, endemismo dos cumes do Xerés-Gerês.
Lirio do Xurés (Iris boissieri), endemismo do
noroeste Ibérico, en perigo de extinción. En
Galiza só se atopa no Xurés e ocasionalmente
no Courel.
Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp.
juresianum), especie endémica do Xurés.
AS ÁRBORES
Nalguhas zonas atópanse pequenas
masas boscosas de calidade:
Carballeira da Barxa (Muíños), unha
das poucas carballeiras naturais da
serra do Xurés; Mata de Alberguería,
Parque Nacional Peneda-Gerês con
carballos centenarios, faias, teixos e
acivros; Fraga de Brazalite, Mata do
río Mau, Mata do Beredo, Mata do
Cabril, Mata do Mezio, Mata do
Ramiscal, mata de Fieiras.
Destaca a presenza de Loro ou
acereiro (Prunus lusitanica), recordo
da flora de épocas pasadas (única
localización en Galiza).
Faias na mata da Albergaría
Loro ou acereiro (Prunus lusitanica).
Carballeira da Barcia, na Reserva Integral
Reboleira en Muíños, na beira do encoro das Cunchas.
Mata de Albergaría (Portugal)
Carballos da Praza de San Roque en Bande.
ÁRBORES
SENLLEIRAS
Carballos (Quercus robur):
-Praza de San Roque en Bande.
Dous exemplares de 5,5 e 6,5 m de
perímetro. Incluídos no catálogo de
Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
-Monte da Clamadoira, no Barrío de
Muíños (concello de Muíños) (5 m de
perímetro).
-Calvos de Randín, a carón da
Igrexa, (5,70 m de perímetro)
-Capela de San Antón, Randín (o
máis groso mide 5,70 m de
perímetro)
-San Pedro de Ludeiros, en Manín,
Lobios.
-Capela de San Bieito de Grou
(Lobios), varios exemplares.
-Capela da Nosa Señora do Xurés en
Vilameá, Lobios (varios exemplares
de ata 5,57 m de perímetro).
-Mata da Albergaría.
Cerquiño en Queguas.
Cerquiños ou rebolos (Quercus
pyrenaica).
-Capela da Clamadoira, do Barrio de
Muíños.
-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios
(3,53 m de perímetro)
-Casas da Carballeira en Queguas,
Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído
no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta
de Galiza.
Castiñeiro
(Castanea sativa)
-Mugueimes, Muíños
(8 m de perímetro)
Sobreiras (Quercus suber)
-Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de
perímetro).
Érbedo (Arbutus unedo) á beira do río Conho (Portugal)
FAUNA
Este territorio proporciona refuxio
a fauna de gran valor natural
como consecuencia da
interacción entre as
características orográficas e as
diversas comunidades vexetais
presentes: 268 vertebrados
(61.4% aves) e 1.196 especies de
invertebrados, entre as que se
atopan numerosas especies en
perigo de extinción.
A cabra brava (Capra pyrenaica
lusitanica), subespecie endémica do
Gêres-Xurés desapareceu hai máis
dun século. Actualmente hai un
programa de recuperación con Capra
pirenaica victoriae.
Bolboreta Euphydryas aurinia.
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). Gosta de lugares cálidos,
cubertos de mato baixo, polo que só se atopa na metade sur de Galiza.
As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de
Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos
estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección
das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.
Vaca barrosã portuguesa.
Nalgunhas serras da zona (Portugal) críanse cabalos “garranos” en liberdade.
HISTORIA E PATRIMONIO CULTURAL
As terras do Xurés-Gerês foron habitadas desde tempos moi antigos. Nelas
deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os
romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de
comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes
valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico.
DOLMES: Casiña
de Moura e Casola
do Foxo ao pé do
encoro de Salas;
Casa da Moura
(Queguas), Castro
Leboreiro, Outeiro
do Ferro, Mourela,
Lapa da Moura
(Serra Amarela).
Dolme Casiña de
Moura, ao pé do
encoro de Salas.
RESTOS ROMANOS
Na época romana foi unha
importante zona de paso. Por
esta zona discorría unha das
catro vías, a que cruzaba pola
Portela do Home, que
atravesaban Galiza para unir
Braga e Astorga.
Calzada e miliarios en Riocaldo (Lobios)
Ruínas romanas de Aquis Querquernis, en Bande. Nas proximidades atópase o centro de interpretación
“A Vila Romana”.
Restos da vila termal romana de Riocaldo (Lobios)
IGREXAS: santuario da Peneda, San Bento da Porta Aberta, Bom Jesus do
Monte, mosteiro de Pitôes das Júnias, capelas da Nosa Señora do Xurés, A
Clamadoira e San Benito de Grou: igrexa visigótica de Santa Comba de Bande,
igrexa de Entrimo...
Capela da Nosa Señora do Xurés
Santa Comba de Bande, unha das pricipais
representacións da arte visigótica na
Península, construída a finais do século VII.
Restos do mosteiro de Pitões das Junias
Pontella en Queguas
(Río da Montaña)
PONTES
Castro Laboreiro, Cava da
Velha (Mezio), Dorna, A
Peneda, Soaxo, río Lobios,
Ferreiros (Entrimo), Arcos de
Valdevez, Ponte da Barca...
Ponte da Barca (río Lima)
Río Agro (Entrimo)
Río Cabril
Ponte sobre o río Mouro (Lamas de Mouro).
Ponte Cava da Vella, sobre o río Castro Laboreiro (Assureira).
Pontella en Portos (Castro Laboreiro).
HÓRREOS/ESPIGUEIROS: Vilameá, Soajo, Lindoso, Cidadelhe, Parada...
Espigueiros en Soajo (Portugal)
Espigueiros en Lindoso (Portugal)
Hórreos en Vilameá (Lobios)
FORNOS COMUNAIS:
Tourem, Ameijoeira,
Rubiás dos Mistos...
Forno en Ameijoeira
CHIVANAS OU
CASAROTAS:
Refuxios temporais dos
pastores na montaña, ou para
gardar os animais: Cabaniña do
Curro, Curral do Mouro, Pión de
Paredes, Portela da Amoreira,
Curral do Marabaixo, Curral da
Carballa...
Val de Vilameá
Os Carríns
As Gralleiras
CORTES:
Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán.
Cortíns da Carballeira (Queguas).
Abrigo nos Carríns (Serra do Xurés)
BRANDAS:
Asentamentos habitados durante o verán mentres se mantiña o gando nas partes
altas da serra. Actualmente algunhas son residencias permanentes.
O resto do ano habitaban nas inverneiras (asentamentos de máis baixa altitude).
O traslado do gando ás brandas consérvase como tradición e día de celebración
comunitaria.
Brandas de Portos (Castro Laboreiro)
ALBARIZAS OU SILHAS DOS URSOS:
Estruturas de pedra que protexen os cortizos: Olelas, Alvite, Silhas do Moninho,
Sarillão, Várcea, Xertelo...
As producións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que
producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas.
Albariza tradicional en Alvite.
Lapelas
FOXOS DO LOBO:
Construcións para cazar
lobos.
Pitões das Junias
Fafião
CASTELOS:
Lindoso, Castro Laboreiro, Araúxo...
Castro Laboreiro
Lindoso
Baños de Bande (río Limia).
As augas abrollan a unha
temperatura de 48ºC.
TERMAS:
Riocaldo, Bande, Caldas de Gerès.
Un dos valores da Baixa Limia, aprezado xa polos romanos, son as augas termais
que xorden en distintos puntos da comarca ao longo do curso dos ríos Limia
Caldo e Gerès.
Surxencias do río Caldo. As augas saen a unha temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas,
sódicas e fluoradas. Na actualidade están aproveitadas pola Vila Termal de Riocaldo. Unha parte da
surxencia termal do río Caldo é recollida nunha piscina de uso público moi frecuentada por veciños da
zona galegos e portugueses, xa que son augas recomendadas para tratar problemas da pel, vías
respiratorias e reúma.
EXPLOTACIÓNS MINEIRAS:
Especialmente para a explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra
Mundial, pecharon definitivamente na década de 1970.
Os Carríns (Portugal), Mina das Sombras (Lobios).
Os Carríns
MUÍÑOS HIDRÁULICOS:
Na maioría dos ríos do espazo.
Río Nau (Lobios)
Conxunto etnográfico de Paredes do Río
LAGARES DE ACEITE
Para moer as olivas
As Olas (Portugal)
Peto de ánimas en Grou
Fonte, pía e lavadoiro en Paredes do Río
PRINCIPAIS ACTIVIDADES:
Agrogandeira, forestal, turismo, producción enerxía eléctrica...
Unha das principais actividades das serras é o pastoreo.
Na serra do laboreiro consérvase unha raza autóctona de can, o can da serra.
Presa e encoro das Cunchas no río Limia
Albufeira da Caniçada, no encontro dos ríos Gerês e Cávado
Pitóes das Junias (Montalegre, Portugal)
Cainheiras (Portugal)
Rouças (Arcos de Valdevez, Portugal)
Torneiros e Riocaldo (Lobios).
Alvite (Lobios), unha das poboacións máis altas do Xurés.
Salgueiros na década de 1980, antes de comezar a súa rehabilitación. Esta poboación foi abandoada a
mediados do século XX e na actualidade é propiedade da Xunta de Galiza que está rehabilitándoa para
servizo do Parque Nacional.
Casas tradicionais en Venceáns (Entrimo)
Local do centro de
Interpretación do Parque
Natural “Baixa Limia-Serra
do Xurés”.
INFORMACIÓN VISITANTES, MUSEOS
-Sede do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xerés (Lovios)
-Parque Natural Peneda-Gerês: varias Casas do Parque, centro de interpretación de Lamas
de Mouro.
-Ecomuseo: Barroso (Gerês)
-Museo etnográfico da auga: Paredes do Río (Gerês)
-Centro de Educación Ambientel: Vidoeiro (Gerês)
-Centro de Interpretación Aquis Querquernis
Por todo o espazo hai indicadas numerosas rutas de sendeirismo de diferente dificultade
para visitar os lugares de maior interese natural, etnográfico, histórico...
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro
Xuño 2016
Pena de Anamão e Penedo Grande,
na serra do Laboreiro

Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

  • 1.
  • 2.
    Inclúe unha amplaárea de montaña entre o norte de Portugal e o suroeste da Provincia de Ourense, en Galiza, dominada polas serras do Xurés- Gerês, Amarela e A Peneda, cunha rede fluvial que se articula fundamentalmente arredor do Limia/Lima e o Cávado.
  • 3.
    SUPERFICIE: Total 330.874ha: GALIZA: 62.916 ha. Concellos: Lobios, Entrimo, Muiños, Lobeira, Calvos de Randín e Bande. PORTUGAL: 267.958 ha. Concellos: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montealegre.
  • 4.
    TIPO DE PROTECCIÓN -RESERVADA BIOSFERA (26/5/ 2009) Inclúe ademais (totalmente ou en parte): -Parque Natural Baixa Limia serra do Xurés -LIC Baixa Limia -ZEPA Baixa Limia – Serra do Xurés -Parque Nacional da Peneda - Gerês -SIC Serras da Peneda e Gerês -Zona de Protecção Especial (ZPE) da Serra do Gerês -Reserva Biogenética Matas de Palheiros- Albergaria VALORES NATURAIS E CULTURAIS: Ecosistemas de montaña, ríos, bosques, formacións glaciarias, unha gran variedade de flora e fauna atlánticas e mediterráneas, arte, arqueoloxía, etnografía...
  • 5.
    Zona Núcleo 34.434,31 ha(13%). Zonas de reserva integral e zonas de protección especial establecidas nos Plans Portugués e Galego. Territorios cun valor de conservación moi alto onde no existen núcleos de poboación e case non hai actividades humanas. Cumes da serra
  • 6.
    O Parque Naturalda Baixa Limia-Serra do Xurés ocupa 20.920 ha no suroeste da provincia de Ourense nos concellos de Entrimo, Lobios, e Muíños, lindando con Portugal e unido ao Parque Nacional Portugués da Peneda-Gerês. O LIC Baixa Limia inclúe, ademais dos terreos do parque natural, a Serra da Pena e a Serra do Laboreiro nos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea. Cartel informativo da Serra do Xurés no Miradoiro do Pedreiriño (Entrimo).
  • 7.
    PARQUE NACIONAL DAPENEDA-GERÊS CONCELLOS: Terras de Bouro, Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca e Montalegre. Esténdese polas serras do Gerês, Amarela, Soajo e A Peneda. SUPERFICIE: 70 290 hectares
  • 8.
    Zona Tampón 89.564,91 ha(35 %). Zonas con distinta consideración integradas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no LIC e ZEPA, no SIC Peneda Gerês e a Zona de Protecção Especial de Avifauna (Serra do Gerês). Territorios cun valor de conservación alto, unha elevada naturalidade e diversidade, con actividades compatibles coa conservación dos hábitats, a flora e a fauna. Gando nos arredores de Pitões das Junias.
  • 9.
    Zona de Transición 135.46,78ha (52 %) Integrada polo territorio non incluido nas categorías anteriores, onde se pretende fomentar as actividades económicas que potencien a conservación dos valores naturais e o desenvolvemento sostible, así como a cultura e as tradicións. A Terrachá, capital do concello de Entrimo vista desde o miradoiro do Pedreiriño (na estrada de A Terrachá a Queguas), desde o que se ve case toda a comarca.
  • 10.
    O RELEVO Unha sucesiónde serras forman un arco que marca a fronteira entre Galiza e Portugal: Leboreiro, Queguas, Montes do Quinxo, Santa Eufemia, Xurés/Gerès e Pisco. Na zona galega atópanse os montes de Bande e as lombas da Pena da Edra, polo norte. Na zona portuguesa as serras da Peneda, Amarela e Soajo. As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés. Cumes do Xurés
  • 11.
    SERRA DO LABOREIRO Formaun arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre Galiza e Portugal; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata os vales dos río Castro Laboreiro e Agro (Limia). De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os cumes máis altos son o Gestosa (1.344 m), en Portugal e o Codesal -marco 34- (1.334 m), na fronteira. Nos cumes do Laboreiro fórmase unha ampla penichaira duns 1.200 m de altitude
  • 12.
    Desde os cumehai unha vistas impresionantes para os catro puntos cardinais. Na serra do Laboreiro nacen tributarios do Miño (Deva e Troncoso); e do Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa). Cumes da Gestosa e serra do Xurés ao fondo.
  • 13.
    Plantago radicata. Unha chantaxede pequeno tamaño que só vive nas montañas da metade norte da península Ibérica, en terreos pobres, pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m de altitude.
  • 14.
    Penedo Grade ePena de AnamãoPenagache
  • 15.
    Formacións graníticas naAmeixueira, das derradeiras estribacións do Laboreiro cara ao sur.
  • 16.
    SERRA DE QUEGUAS Conorientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Laboreiro, rodeada polos vales dos ríos Agro e Casal ou da Montaña. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos (1.233 m) e Pena Grande (1.208 m). Conserva restos arqueolóxicos (mámoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre todo o Xurés. Vista xeral da serra de Queguas. No centro a poboación do mesmo nome, desde a que se poden facer varias rutas de sendeirismo.
  • 17.
    MONTES DO QUINXO Macizogranítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas. O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral.
  • 18.
    SERRA DE SANTAEUFEMIA Situada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en Portugal coa Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha grande área da serra está declarada Reserva Integral Vista xeral da serra de Santa Eufemia, co encoro de Lindoso, no río Limia.
  • 19.
    SERRA DO XURÉS/GERÊS Conorientación NE-SO. Compartida por Galiza (Ourense) e Portugal. Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. Vista xeral da serra do Xurés desde o mirador do Pedreiriño na estrada de A Terrachá a Queguas. Á dereita a serra de Santa Eufemia.
  • 20.
    Val de Vilameáe A Nevosa Nestas serras consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa: circos glaciares, vales, moreas, rochas estriadas, acumulacións de depósitos fluvioglaciais... (Vilameá, Homen, Coucelinho, Cervas...)
  • 21.
    A Penafurada, nasproximidads das Albas.
  • 22.
    O Sobreiro e,ao fondo, A Nevosa desde Portugal
  • 23.
  • 24.
  • 25.
    A Pica dasGralleiras
  • 26.
    Cabras feras nasGralleiras
  • 27.
  • 28.
    A Fontefría eBrazaleite
  • 29.
    Val glaciar dorío Homen, en Portugal
  • 30.
    A Roca Negra(á esquerda) e o Caucãu (á dereita) en Portugal
  • 31.
    Domo granítico daRocalva (Portugal)
  • 32.
    A maior partedo terreo dos cumes da serra do Xurés é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, érbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas.
  • 33.
    LOMBAS DA PENADA EDRA Prolongación cara ao nordeste da Serra do Laboreiro no concello de Verea. É unha serra de cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares para toda a contorna: Serra do Xurés, O Laboreiro, terras de Bande e Celanova...
  • 34.
    SERRA DO PISCO Compartidaentre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a ao val do Salas. Desde os cumes hai unha vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río Salas e arredores. Vista xeral da serra do Pisco desde Portugal.
  • 35.
    Vista do Encorodo Salas desde os cumes da Serra do Pisco.
  • 36.
    MONTES DE BANDE Pequenomacizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m.
  • 37.
    SERRA DA PENEDA Esténdesecon dirección N-S e a máxima elevación é o Outeiro Alvo con 1.314 metros. Está formada por rochas graníticas espidas.
  • 38.
    Serra da Penedadesde o Laboreiro.
  • 39.
  • 40.
  • 41.
    SERRA DE SOAJO Esténdesecon dirección NE-SO e está formada por masas graníticas que sobresaen nos cumes e forman curiosas paisaxes de penedos. O monte máis alto é A Pedrada, con 1.416 m.
  • 42.
    SERRA AMARELA Esténdese condirección NE-SO entre os ríos Lima e Homen, en Portugal. Acada 1.362 m na Louriça. A Serra Amarela, detrás do monte de Santa Eufemia
  • 43.
    GLACIARISMO: No Wurmiense desenvolveusenos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2 , entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares (Ramisquedo, Coucelinho, Cervas); vales glaciares (Homen, O Cabril, Vilameá - punto de interese xeolóxico-, Alto Vez); moreas glaciares (Ramisquedo, val do Vez, O Cabril, Vilameá, Muíño Vello -San Paio, Lobios-). Depósito glaciario no Val de Vilameá (Xurés)
  • 44.
    OS RÍOS O ríoprincipal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e completan a rede todos os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro, Vez, Adrão, Froufe, Germil e Cabril) que baixan a el desde a serras que o rodean. O Cávado percórreo polo sur. O Miño serve de linde ao espazo polo norte, no concello de Melgaço e recolle as augas do Barxa o Mouro e outros afluentes. No leste do espazo nace o río Vilaza (Támega).
  • 45.
    En xeral, osríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica.
  • 46.
    RÍO LIMIA/LIMA Nace nomonte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos encoros das Cunchas e Lindoso. Desde os 600 m de altitude da Limia baixa aos 250 m na fronteira portuguesa. Desemboca en Viana do Castelo. Recibe pola dereita as augas do Cadós, Grou, río do Casal ou da Montaña, Castro Laboreiro, Adrão e Vez; e pola esquerda o Rousa, Salas, Lobios, Caldo, Cabril, Froufe e Germil. Encoro de Lindoso, compartido con Portugal. O Limia, neste espazo, está encorado en case todo o seu percorrido.
  • 47.
    Encoro das Cunchas,na Baixa Limia.
  • 48.
    RÍO CADÓS Recolle asaugas das Lombas da Edra e lévaas ao encoro das Cunchas, drenando unha grande parte do concello de Bande. Está explotado por unha minicentral. Fervenza en Ponte Cadós.
  • 49.
    RÍO GROU Recolle asaugas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha minicentral.
  • 50.
    RÍO DA MONTAÑA,DE PACÍN OU DO CASAL Nace entre o Codesal e a Gestosa e recolle auga da serra de Queguas. O principal afluente é o Agro que nace entre o Pedroso e a Ameixueira. Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil.
  • 51.
    O Río daMontaña na serra de Queguas Un afluente do Agro na serra do Laboreiro
  • 52.
    RÍO BARCIA ouCASTRO LEBOREIRO Nace en Portugal e durante unha grande parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. O río Castro Leboreiro no barranco de Olelas.
  • 53.
    O río CastroLeboreiro en Castro Laboreiro (Portugal)
  • 54.
    O río daPeneda e un afluente que cae nun gran salto ao pé do Santuario da Nosa Señora da Peneda.
  • 55.
    RÍO SALAS Nace naSerra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Está axplotado por unha central eléctrica. Ten numerosas fervenzas. Desembocadura do Salas no Limia, no encoro de Lindoso.
  • 56.
    Pozo Negro ouPozo da Seima no río Salas (Cela, Lobios).
  • 57.
    RÍO CALDO Nace naPortela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá. O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais.
  • 58.
    Val do ríoCaldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita). Na parte alta atópase o paso fronteirizo da Portela do Home.
  • 59.
    FERVENZA DE CORGADA FECHA Na parroquia de Riocaldo do concello de Lobios. O regato da Fecha, afluente do río Caldo pola dereita, salva varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas graníticas.
  • 60.
    RÍO VILAMEÁ É unafluente pola dereita do río Caldo que nace no Alto dos Cabrós e baixa por un val profundo no que se aprecian claramente as pegadas do glaciarismo.
  • 61.
    RÍO NAU Nace nosmontes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. En parte do seu curso hai rápidos e pequenos saltos.
  • 62.
    RÍO VEZ: nacena serra de Soajo e ten un percorrido de 36 km. Xúntase co Lima preto de Ponte da Barca. Arcos de Valdevez
  • 63.
    RÍO CÁVADO Nace nasabas portuguesas da serra do Larouco e desemboca en Esposende. Os principais afluentes son o Beredo, Cabril, Fafião, Arado e Homen pola dereita; e o Rabagào, o e o Saltadouro, pola esquerda. Río Homen
  • 64.
    Cascata do Arado Cascatano rego do Campesinho, un afluente do río Beredo en Pitões das Junias.
  • 65.
    Poço Azul norío Conho (Fafião)
  • 66.
    RÍO MIÑO Neste tramodiscorre polo norte de Melgaço, facendo linde con Arbo e Crecente. recolle as augas do río Barxas e do Riveiro do Porto.
  • 67.
    RÍO BARXAS Un afluentedo Miño que nace na serra do Laboreiro e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal. Río Barxas en Ponte Barxas
  • 68.
    RÍO MOURO Nace naserra da Peneda e xúntase co Miño preto de Mato (Monçao) . Val do Mouro entre a Serra da Peneda e a Fonte Seca Río Mouro en Lamas de Mouro
  • 69.
    LAGOAS: Nos cumes achairadosdas serras consérvanse algunhas lagoas naturais (Marinho) e outras reforzadas por pequenas presas (A Peneda, Os Carríns, Olelas). Lagoa da Meadinha na serra da Peneda.
  • 70.
    AS AUGAS TERMAIS Xordenen distintos puntos do espazo aproveitando as liñas de fallas: ás beiras do Limia (Bande), Caldo (Riocaldo) e Gerès (Caldas de Gerés). Surxencia na canle do río Caldo. As augas saen a unha temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas, sódicas e fluoradas.
  • 71.
    FLORA As especiais característicasfísicas e xeolóxicas das serras e a súa ubicación no límite entre as áreas de influencia climática atlántica e mediterránea, converten a esta área nun lugar no que se mesturan as especies de ámbalas dúas zonas ademais de área de reserva de especies residuais e outras endémicas únicas. No espazo Xerés-Gerês atópanse 807 especies vexetais cun número considerable de especies endémicas ou raras Destaca a presenza de dous endemismos lusitano-galaicos: Armeria sampaioi e Ceratocapnos claviculata subsp. picta, e 117 endemismos ibéricos Armeria humilis, endemismo dos cumes do Xerés-Gerês.
  • 72.
    Lirio do Xurés(Iris boissieri), endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de extinción. En Galiza só se atopa no Xurés e ocasionalmente no Courel. Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp. juresianum), especie endémica do Xurés.
  • 73.
    AS ÁRBORES Nalguhas zonasatópanse pequenas masas boscosas de calidade: Carballeira da Barxa (Muíños), unha das poucas carballeiras naturais da serra do Xurés; Mata de Alberguería, Parque Nacional Peneda-Gerês con carballos centenarios, faias, teixos e acivros; Fraga de Brazalite, Mata do río Mau, Mata do Beredo, Mata do Cabril, Mata do Mezio, Mata do Ramiscal, mata de Fieiras. Destaca a presenza de Loro ou acereiro (Prunus lusitanica), recordo da flora de épocas pasadas (única localización en Galiza). Faias na mata da Albergaría
  • 74.
    Loro ou acereiro(Prunus lusitanica).
  • 75.
    Carballeira da Barcia,na Reserva Integral
  • 76.
    Reboleira en Muíños,na beira do encoro das Cunchas.
  • 77.
  • 78.
    Carballos da Prazade San Roque en Bande. ÁRBORES SENLLEIRAS Carballos (Quercus robur): -Praza de San Roque en Bande. Dous exemplares de 5,5 e 6,5 m de perímetro. Incluídos no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza. -Monte da Clamadoira, no Barrío de Muíños (concello de Muíños) (5 m de perímetro). -Calvos de Randín, a carón da Igrexa, (5,70 m de perímetro) -Capela de San Antón, Randín (o máis groso mide 5,70 m de perímetro) -San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios. -Capela de San Bieito de Grou (Lobios), varios exemplares. -Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro). -Mata da Albergaría.
  • 79.
    Cerquiño en Queguas. Cerquiñosou rebolos (Quercus pyrenaica). -Capela da Clamadoira, do Barrio de Muíños. -Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro) -Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 80.
  • 81.
    Sobreiras (Quercus suber) -Bubán,en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).
  • 82.
    Érbedo (Arbutus unedo)á beira do río Conho (Portugal)
  • 83.
    FAUNA Este territorio proporcionarefuxio a fauna de gran valor natural como consecuencia da interacción entre as características orográficas e as diversas comunidades vexetais presentes: 268 vertebrados (61.4% aves) e 1.196 especies de invertebrados, entre as que se atopan numerosas especies en perigo de extinción. A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica), subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu hai máis dun século. Actualmente hai un programa de recuperación con Capra pirenaica victoriae.
  • 84.
  • 85.
    Lagarta rabuda (Psammodromusalgirus). Gosta de lugares cálidos, cubertos de mato baixo, polo que só se atopa na metade sur de Galiza.
  • 86.
    As cachenas sonas vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.
  • 87.
  • 88.
    Nalgunhas serras dazona (Portugal) críanse cabalos “garranos” en liberdade.
  • 89.
    HISTORIA E PATRIMONIOCULTURAL As terras do Xurés-Gerês foron habitadas desde tempos moi antigos. Nelas deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico. DOLMES: Casiña de Moura e Casola do Foxo ao pé do encoro de Salas; Casa da Moura (Queguas), Castro Leboreiro, Outeiro do Ferro, Mourela, Lapa da Moura (Serra Amarela). Dolme Casiña de Moura, ao pé do encoro de Salas.
  • 90.
    RESTOS ROMANOS Na épocaromana foi unha importante zona de paso. Por esta zona discorría unha das catro vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga. Calzada e miliarios en Riocaldo (Lobios)
  • 91.
    Ruínas romanas deAquis Querquernis, en Bande. Nas proximidades atópase o centro de interpretación “A Vila Romana”.
  • 92.
    Restos da vilatermal romana de Riocaldo (Lobios)
  • 93.
    IGREXAS: santuario daPeneda, San Bento da Porta Aberta, Bom Jesus do Monte, mosteiro de Pitôes das Júnias, capelas da Nosa Señora do Xurés, A Clamadoira e San Benito de Grou: igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, igrexa de Entrimo... Capela da Nosa Señora do Xurés
  • 94.
    Santa Comba deBande, unha das pricipais representacións da arte visigótica na Península, construída a finais do século VII.
  • 95.
    Restos do mosteirode Pitões das Junias
  • 96.
    Pontella en Queguas (Ríoda Montaña) PONTES Castro Laboreiro, Cava da Velha (Mezio), Dorna, A Peneda, Soaxo, río Lobios, Ferreiros (Entrimo), Arcos de Valdevez, Ponte da Barca...
  • 97.
    Ponte da Barca(río Lima)
  • 98.
  • 99.
  • 100.
    Ponte sobre orío Mouro (Lamas de Mouro).
  • 101.
    Ponte Cava daVella, sobre o río Castro Laboreiro (Assureira).
  • 102.
    Pontella en Portos(Castro Laboreiro).
  • 103.
    HÓRREOS/ESPIGUEIROS: Vilameá, Soajo,Lindoso, Cidadelhe, Parada... Espigueiros en Soajo (Portugal)
  • 104.
  • 105.
  • 106.
    FORNOS COMUNAIS: Tourem, Ameijoeira, Rubiásdos Mistos... Forno en Ameijoeira
  • 107.
    CHIVANAS OU CASAROTAS: Refuxios temporaisdos pastores na montaña, ou para gardar os animais: Cabaniña do Curro, Curral do Mouro, Pión de Paredes, Portela da Amoreira, Curral do Marabaixo, Curral da Carballa... Val de Vilameá Os Carríns As Gralleiras
  • 108.
    CORTES: Asentamentos estacionais parasubir co gando aos pastos de verán. Cortíns da Carballeira (Queguas).
  • 109.
    Abrigo nos Carríns(Serra do Xurés)
  • 110.
    BRANDAS: Asentamentos habitados duranteo verán mentres se mantiña o gando nas partes altas da serra. Actualmente algunhas son residencias permanentes. O resto do ano habitaban nas inverneiras (asentamentos de máis baixa altitude). O traslado do gando ás brandas consérvase como tradición e día de celebración comunitaria. Brandas de Portos (Castro Laboreiro)
  • 111.
    ALBARIZAS OU SILHASDOS URSOS: Estruturas de pedra que protexen os cortizos: Olelas, Alvite, Silhas do Moninho, Sarillão, Várcea, Xertelo... As producións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas. Albariza tradicional en Alvite. Lapelas
  • 112.
    FOXOS DO LOBO: Construciónspara cazar lobos. Pitões das Junias Fafião
  • 113.
    CASTELOS: Lindoso, Castro Laboreiro,Araúxo... Castro Laboreiro Lindoso
  • 114.
    Baños de Bande(río Limia). As augas abrollan a unha temperatura de 48ºC. TERMAS: Riocaldo, Bande, Caldas de Gerès. Un dos valores da Baixa Limia, aprezado xa polos romanos, son as augas termais que xorden en distintos puntos da comarca ao longo do curso dos ríos Limia Caldo e Gerès.
  • 115.
    Surxencias do ríoCaldo. As augas saen a unha temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas, sódicas e fluoradas. Na actualidade están aproveitadas pola Vila Termal de Riocaldo. Unha parte da surxencia termal do río Caldo é recollida nunha piscina de uso público moi frecuentada por veciños da zona galegos e portugueses, xa que son augas recomendadas para tratar problemas da pel, vías respiratorias e reúma.
  • 116.
    EXPLOTACIÓNS MINEIRAS: Especialmente paraa explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra Mundial, pecharon definitivamente na década de 1970. Os Carríns (Portugal), Mina das Sombras (Lobios). Os Carríns
  • 117.
    MUÍÑOS HIDRÁULICOS: Na maioríados ríos do espazo. Río Nau (Lobios)
  • 118.
    Conxunto etnográfico deParedes do Río
  • 119.
    LAGARES DE ACEITE Paramoer as olivas As Olas (Portugal)
  • 120.
    Peto de ánimasen Grou Fonte, pía e lavadoiro en Paredes do Río
  • 121.
    PRINCIPAIS ACTIVIDADES: Agrogandeira, forestal,turismo, producción enerxía eléctrica... Unha das principais actividades das serras é o pastoreo. Na serra do laboreiro consérvase unha raza autóctona de can, o can da serra.
  • 122.
    Presa e encorodas Cunchas no río Limia
  • 123.
    Albufeira da Caniçada,no encontro dos ríos Gerês e Cávado
  • 124.
    Pitóes das Junias(Montalegre, Portugal)
  • 125.
  • 126.
    Rouças (Arcos deValdevez, Portugal)
  • 127.
  • 128.
    Alvite (Lobios), unhadas poboacións máis altas do Xurés.
  • 129.
    Salgueiros na décadade 1980, antes de comezar a súa rehabilitación. Esta poboación foi abandoada a mediados do século XX e na actualidade é propiedade da Xunta de Galiza que está rehabilitándoa para servizo do Parque Nacional.
  • 130.
    Casas tradicionais enVenceáns (Entrimo)
  • 131.
    Local do centrode Interpretación do Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”. INFORMACIÓN VISITANTES, MUSEOS -Sede do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xerés (Lovios) -Parque Natural Peneda-Gerês: varias Casas do Parque, centro de interpretación de Lamas de Mouro. -Ecomuseo: Barroso (Gerês) -Museo etnográfico da auga: Paredes do Río (Gerês) -Centro de Educación Ambientel: Vidoeiro (Gerês) -Centro de Interpretación Aquis Querquernis
  • 132.
    Por todo oespazo hai indicadas numerosas rutas de sendeirismo de diferente dificultade para visitar os lugares de maior interese natural, etnográfico, histórico...
  • 133.
    Montaxe: Adela Leiro,Mon Daporta Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro Xuño 2016 Pena de Anamão e Penedo Grande, na serra do Laboreiro